SlideShare a Scribd company logo
1 of 66
O CAMIÑO DA LOMCE
UN CAMBIO RADICAL
NA CONCEPCIÓN DO ENSINO E DA SOCIEDADE
Federación de Anpas
Compostela
Rúa Roma, 21
15703 – Santiago de Compostela
anpascompostela@gmail.com
• A CONTRARREFORMA DA
LOMCE. A FILOSOFIA DA LEI E
A ORGANIZACIÓN DOS
CENTROS
• AS NOVIDADES EN PRIMARIA
• UNHA OLLADA Á FP BÁSICA
• AS NOVIDADES EN
SECUNDARIA
• AS NOVIDADES EN
BACHARELATO
• CONCLUSIÓNS. A LOE
CONSOLIDADA
A CONTRARREFORMA DA LOMCE
A FILOSOFIA DA LEI
E A ORGANIZACIÓN DOS CENTROS
A chamada reforma da LOE, máis
coñecida como LOMCE ou aínda
máis como Lei Wert, precisou
tres borradores, unha versión
“reforzada” tras o seu paso polo
Senado, unha versión definitiva
promulgada o 9 de Decembro de
2013 e o texto coñecido como
“LOE CONSOLIDADA”, publicado
no BOE o 20/XII/2013, para
acabar sendo a máis grande
contrarreforma levada a cabo no
Sistema Educativo Español.
Supón
realmente a
LOMCE
unha reforma
educativa ou é
unha
contrarreforma?
Do estado social ao estado liberal
Estado social Estado liberal
O ensino debe ser
un dereito da
cidadanía, un
servizo público no
que reside a
equidade do
propio sistema, é
dicir, a consecución
dunha sociedade
máis igualitaria,
máis xusta e máis
democrática.
O ensino consiste, como recolle a
LOMCE, “nunha prestación de servizos
educativos” por parte de “axentes
públicos e privados”, cuxos
“beneficiarios” son os cidadáns e
cidadás . A función básica da educación é
“a mellora da empregabilidade” (para
un tipo de alumnado) e “o estímulo do
espírito emprendedor” (para outro tipo
de alumnado), posto que o sistema
educativo debe estar no centro do
sistema económico.
Do estado social ao estado liberal
Estado social Estado liberal
LOE, 2006. (pedagoxía
inclusiva)
Coa LOXSE entrara no sistema
educativo o alumnado con
necesidades educativas
específicas. Tras a LOE, hoxe
conviven nos centros alumnado
de excelente nivel académico
xunto a alumnos/as que antes
eran apartados do sistema
educativo por seren “os
pacientes máis enfermos,
practicamente desafiuzados”.
LOMCE, 2013. (pedagoxía exclusiva)
A lóxica da reforma baséase na
evolución a un sistema capaz de
canalizar aos estudantes cara ás
traxectorias máis adecuadas ás súas
capacidades, que se convirtan en
rotas que faciliten a
empregabilidade e estimulen o
espírito emprendedor, porque a
economía actual, cada vez máis
global e máis exixente na formación
de traballadores e empresarios así o
exixe.
Do estado social ao estado liberal.
O cambio radical que supón a LOMCE é un
cambio que vai máis alá do modelo
educativo; trátase dun cambio no modelo de
sociedade, para poder cambiar, sen mediar
referendo popular, o modelo de estado.
Enténdese por Sistema Educativo Español o
conxunto das Administracións Educativas,
profesionais da educación e outros axentes
públicos e privados.
1º borrador da LOMCE
A educación é o motor que promove a
competitividade da economía e as cotas de
prosperidade dun país; o seu nivel educativo
determina a súa capacidade de competir con
éxito na area internacional e de afrontar os
desafíos que se presenten no futuro. (...)
representa unha aposta polo crecemento
económico e por conseguir vantaxes
competitivas no mercado global.
A LOMCE resta servizo público
•Promove un espírito economicista
•O Sistema Educativo Español pasa a ser “público e privado”.
•Fortalece os centros privados:
•Amplíanse os concertos de 4 a 6 anos en Primaria
•Concértase unha etapa non obrigatoria: Bacharelato
•Concértase a nova Formación Profesional Básica
•Ofértase solo público para a construción de centros
privados
•Elimina a obriga de garantir prazas públicas suficientes.
•Os centros concertados poderán recibir maior dotación de
recursos que os centros públicos, aínda que segreguen o
alumnado por razón de sexo.
A LOMCE resta servizo público
Cales son os
motivos que o
lexislador dá
para xustificar
a necesidade
desta lei?
O sistema actual non permite
progresar cara a unha mellora
da calidade educativa, como
poñen en evidencia os pobres
resultados obtidos polos
alumnos nas probas de
avaliación internacionais como
PISA.
1º motivo:
os pobres resultados
nas probas PISA
1ª mentira da LOMCE
PISA
2012
Os resultados difundidos por
EUROSTAT (2011) apuntan con
claridade ao abandono educativo
temperán como unha das debilidades
do sistema educativo español, ao
situar a taxa de abandono no 26,5%
en 2011, con tendencia ao descenso
pero moi lonxe do valor medio
europeo actual (13,5%)...
2º motivo:
as elevadas taxas de
abandono escolar en
EUROSTAT
2ª mentira da LOMCE
•España é o segundo país da UE
que máis conseguiu reducir, nos
tres anos anteriores, a
porcentaxe de xoves de 18 a 24
anos que deixaran de estudar sen
conseguir un título de
bacharerlato ou de FP.
•A baixada aínda non é suficiente
como para sacar a España dos
postos de cola nesta estatística,
pois sitúase como o segundo país
do continente coa taxa máis alta
só por diante de Malta.
Que dicía EUROSTAT, 2011? De onde viña España?
•En 1999, dous
terzos da poboación
non remataba a
etapa obrigatoria.
•Hoxe é un cuarto
do estudantado que
non remata a etapa
obrigatoria.
Non hai maior falta de equidade que
un sistema que iguale na desidia ou
na mediocridade. Para a sociedade
española non basta coa
escolarización para atender o
dereito á educación, a calidade é un
elemento constituínte dese dereito.
3º motivo:
a falta de calidade educativa
(…) a calidade educativa debe medirse en
función do "output" (resultados dos
estudantes) e non do "input" (niveis de
inversión, número de profesores, número
de centros, etc.).
3ª mentira da LOMCE
En equidad, España es uno de los ejemplos
más sobresalientes de la OCDE. El entorno
socioeconómico y cultural, influye, pero no
determina los resultados del alumno. Este
factor no impide a un alumno progresar en
sus resultados académicos. (...) La variación
en los resultados de los alumnos entre centros
se sitúa en España en el 19,5%, es el segundo
menor porcentaje de la toda la OCDE tras
Finlandia. En cuanto a las Comunidades
Autónomas, PISA refleja que los resultados
entre unas y otras es mínimo, sólo de un 4%.
Fuente: PISA
2009
database,
Vol. II, Table
II.5.1.
Elaboración:
Instituto de
Evaluación,
Anexo 3,
Tabla 3.2.
PISA 2009.
Informe
español
Cales son as
medidas coas que
o lexislador
pretende corrixir
as carencias do
sistema educativo
español?
A lóxica da reforma baséase na
evolución a un sistema capaz de
canalizar aos estudantes cara ás
traxectorias máis adecuadas ás
súas capacidades, que sexan rotas
que faciliten a empregabilidade e
estimulen o espírito emprendedor,
porque a economía actual, cada
vez máis global e máis exixente na
formación de traballadores e
empresarios así o exixe.
1ª medida.
Flexibilización de traxectorias
A LOMCE resta equidade e xustiza social
(resta servizo público)
•Selecciona (“canaliza”) aos mellor preparados, aos
mellor dotados, para convertilos en “excelentes”.
•Aparta (“canaliza”) aos que “non serven” para acadar a
excelencia, para que non perturben o sistema,
desviándoos a unha FP Básica (“para reducir as altas
taxas de abandono escolar”) ou a un Programa de
Mellora da Aprendizaxe e do Rendemento.
•Abandónanse todas as medidas de atención á
diversidade e restaurase a pedagoxía exclusiva propia
de tempos predemocráticos e con ela as reválidas, sen
as que o alumnado non poderá obter o título da ESO nin
o de Bacharelato.
A LOMCE resta equidade e xustiza social
(resta servizo público)
•CONSECUENCIAS:
•A equidade, na que España ocupaba o 2º posto,
só por detrás de Finlandia, saltará polos aires.
•Abrirase unha grande fenda no sistema
educativo que reflitirá a sociedade na que
vivimos, fracturada económica e laboralmente
coa escusa da crise .
•Non formaremos cidadáns, senón súbditos ao
servizo dunha sociedade mercantilista.
A LOMCE resta equidade e xustiza social
(resta servizo público)
Crearanse distintos tipos de centros
segundo a súa especialización curricular,
funcional ou por tipoloxía do alumnado.
2ª medida.
Aumento da autonomia dos centros
As Administracións educativas poderán
asignar maiores dotacións de recursos a
determinados centros públicos ou privados
concertados en razón dos seus proxectos
educativos.
A actividade realizada polo persoal afecto
na execución das accións de calidade
educativa deberá serlle recoñecida tanto
na provisión de postos de traballo como a
efectos de carreira profesional.
2ª medida.
Aumento da autonomía dos centros
• O director poderá propor o
nomeamento de profesorado; así
como rexeitar o nomeamento de
profesorado interino.
• Apoiaranse as accións destinadas a
fomentar os programas de calidade
mediante a potenciación da función
directiva.
• O director poderá reservar ao
rendemento académico do alumno
un 20% da puntuación nas
solicitudes de admisión a ensinanzas
postobrigatorias.
2ª medida.
Aumento da autonomía dos centros
Non constitúe
discriminación a
admisión de alumnado
ou a organización da
ensinanza diferenciada
por sexos.
A LOMCE resta democracia
•Elimínase a representación democrática do Consello Escolar
•Elimínase a elección democrática do director
•Refórzase a figura do director, establecendo unha estrutura
xerárquica nos centros:
 Poderá decidir sobre a admisión de alumnado.
 Poderá decidir sobre a incorporación ou rexeitamento
do profesorado.
 Poderá aprobar a programación xeral anual.
 Poderá aprobar a obtención de recursos
complementarios.
• Elimínase a non discriminación por razón de sexo e, na
práctica, a defensa da igualdade entre homes e mulleres.
A LOMCE resta democracia
(...) reforzando en todas as
etapas a aprendizaxe de
materias troncais que
contribúan á adquisición das
competencias fundamentais
(...). A simplificación
curricular é un elemento
esencial para a
transformación do sistema
educativo.
3ª medida.
Racionalización da oferta educativa
A materia de Relixión, así como a
de Valores Culturais e Sociais (EP)
e de Valores Éticos (ESO) terá
unha carga horaria equivalente á
carga horaria media do resto de
materias ofrecidas no bloque de
materias específicas.
3ª medida.
Racionalización da oferta educativa
A determinación do currículo e dos criterios
de avaliación da materia será competencia
das respectivas autoridades relixiosas. A
elección de libros de texto e de persoal
docente tamén lles compete a elas.
A LOMCE resta laicidade
•O ensino confesional vese reforzado co ensino dunha
materia específica, cuxa alternativa é Valores; pero
que, de non escollela na primeira opción, tamén pode
ser escollida como unha optativa dentro das materias
específicas; en consecuencia un alumno/a poderá
artellar o seu propio currículo atendendo
exclusivamente ás materias troncais, á Ed. Física, aos
Valores Éticos e á Educación Relixiosa.
•Desaparecen Educación para a Cidadanía e Ética.
•Desaparece do currículo de 2º de Bacharelato a
Filosofía.
A LOMCE resta laicidade
A Administración educativa deberá
garantir unha oferta docente sostida
con fondos públicos na que o castelán
sexa utilizado como lingua vehícular. Se
non fose así, os pais terán dereito a
elexir o sistema de ensino que reciban
os seus fillos. Se a programación anual
da Administración Educativa non
contemplase oferta docente sostida con
fondos públicos, poderán optar por
escolarizar aos seus fillos en centros
privados, correspondendo á
Administración educativa sufragar os
gastos de escolarización.
3ª medida.
Racionalización da oferta educativa
A LOMCE resta galego
•O castelán pasa a ser a lingua vehicular do
ensino en todo o Estado.
•A partir do segundo borrador, as materias
xerarquízanse en tres rangos: troncais (as
importantes), específicas (as “marías”) e de libre
configuración autonómica (o galego). Sitúase
polo tanto a Lingua Galega por detrás da Lingua
Estranxeira (materia troncal), da 2ª Lingua
Estranxeira ou mesmo da Relixión (materias
específicas).
A LOMCE resta galego
CONSECUENCIAS:
• Promove o descoñecemento do idioma propio ao decretar o
dereito do alumnado a negarse a estudar no noso idioma
(seguindo o modelo do Decreto de Plurilingüismo, a pesar das
sentenzas en contra).
• Tal e como afirmara no seu momento o ministro Wert, trátase
de “españolizar” o ensino.
• Uniformiza o sistema educativo a través dos currículos e a
través das Reválidas. O Goberno Central deseñará esas probas.
• O Estado resérvase fixar o 50% dos contidos, horarios e
criterios de avaliación, podendo chegar ao 100% nas materias
troncais. Os contidos galegos, como xa se ve nos borradores,
desaparecen dos currículos.
A LOMCE resta galego
COMPETENCIAS MATERIAS TRONCAIS MATERIAS
ESPECÍFICAS
MATERIAS DE
LIBRE
CONFIGURACIÓN
AUTONÓMICA
GOBERNO
CENTRAL
•Contidos comúns
•Horario (non menos
do 50% , até o 100%)
•Criterios de Avaliación
•Modelos das probas
•Horario máximo
•Criterios de
avaliación
•Modelo das probas
XUNTA DE
GALICIA
•Completar contidos
•Fixar o horario
máximo
•Contidos
•Horario
•Completar os
criterios de avaliación
•Contidos
•Horario
•Criterios de
Avaliación
CENTROS
DOCENTES
Desenvolver o currículo
nas etapas e ciclos
Desenvolver o
currículo nas etapas e
ciclos
Desenvolver o
currículo nas
etapas e ciclos
A LOMCE resta autonomía
As competencias do Estado e das CCAA
+ CONCERTOS /- SERVIZO PÚBLICO
+ XERARQUIZACIÓN / - DEMOCRACIA
+ RELIXIÓN / - LAICIDADE
+ ESPAÑOL / - GALEGO
+ CENTRALIZACIÓN / - AUTONOMÍA
IDEOLOXÍA LOMCE
A contrarreforma da LOMCE
A LOMCE restaura:
Unha visión do ensino anti e predemocrática
Unha pedagoxía exclusiva
Unha visión da muller contraria á coeducación
Unha visión centralista do Estado
Unha visión relixiosa e confesional da educación
Unha visión hexemónica da lingua castelá fronte ás
outras linguas oficiais do Estado español
Tres anteproxectos, un proxecto, unha lei e case 500 días despois non
estamos ante unha reforma educativa, estamos ante unha verdadeira
“contrarreforma”.
AS NOVIDADES DA LOMCE EN PRIMARIA
Os ciclos, as materias e as avaliacións da etapa
ASPECTOS EDUCATIVOS.
NOVIDADES EN PRIMARIA
CURSOS
MATERIAS
TRONCAIS MATERIAS ESPECÍFICAS
MATERIAS
DE LIBRE
CONFIGURACIÓN
AUTONÓMICA
De 1º a 6º
•CCNN
•CCSS
•LCL
•1ª LE (inglés)
•Matemáticas
•Obrigatorias para todo o alumnado:
•Ed. Física
•Relixión / Valores Sociais e Cívicos
•Optativas. A escoller 1:
•Ed. Artística
•2ª LE (francés, port. …)
•Relixión (se non se escolleu
antes)
•Valores (se non se escolleu antes)
•Lingua Galega e
Literatura
•Desaparecen os ciclos
•Suprímese Ed. Para a Cidadanía e Dereitos Humanos
•Realizarase unha Avaliación individualizada a todo o alumnado ao acabaren 3º EP
•Realizarase unha Avaliación Final de Primaria ao acabaren 6º EP
ASPECTOS EDUCATIVOS.
NOVIDADES EN PRIMARIA
AVALIACIÓN INDIVIDUALIZADA EN 3º EP
•Comprobará o grao de dominio das
Competencias Básicas en:
• Matemática
•Comunicación lingüística
•De resultar desfavorable, o equipo docente
deberá adoptar as medidas ordinarias e
extraordinarias máis adecuadas.
ASPECTOS EDUCATIVOS.
NOVIDADES EN PRIMARIA
AVALIACIÓN FINAL EN 6º EP
•Comprobará o grao de adquisición das Competencias Básicas en:
•Matemática
•Lingua Estranxeira
•Ciencia e Tecnoloxía.
•Os resultados serán recollidos nun INFORME , expresados en tres
graos:
•baixo,
•intermedio
•alto.
•Terá carácter informativo e orientador.
•De resultar desfavorable para o conxunto do centro, as
Administracións Educativas establecerán Plans Específicos de
Mellora.
AS NOVIDADES DA LOMCE EN SECUNDARIA
Os ciclos, as materias, os itinerarios e a reválida
ASPECTOS EDUCATIVOS.
NOVIDADES EN SECUNDARIA
CURSOS
do
1º CICLO
MATERIAS TRONCAIS MATERIAS ESPECÍFICAS
MATERIAS
DE LIBRE
CONFIGURACIÓN
AUTONÓMICA
1º curso
•Bioloxía e Xeoloxía
•Xeografía e Historia
•LCL
•1ª LE (inglés)
•Matemáticas
•Obrigatorias para todo o alumnado:
•Ed. Física
•Relixión / Valores Éticos
•Optativas. A escoller entre 1 e 4:
•Cultura Clásica
•Iniciación á Actividade
Emprendedora e Empresarial
•Tecnoloxía
•Ed. Plástica
•Música
•2ª LE (francés, port. …)
•Relixión (se non se escolleu antes)
•Valores (se non se escolleu antes)
•Lingua
Galega e
Literatura
•Outras…
2º curso
•Física e Química
•Xeografía e Historia
•LCL
•1ª LE (inglés)
•Matemáticas
•Lingua
Galega e
Literatura
•Outras…
3º curso
•Bioloxía e Xeoloxía
•Física e Química
•Xeografía e Historia
•LCL
•1ª LE (inglés)
•Matemáticas:
•Aplicadas
•Académicas
•Lingua
Galega e
Literatura
•Outras…
CURSOS
do
2º CICLO
MATERIAS TRONCAIS MATERIAS
ESPECÍFICAS
MATERIAS
DE LIBRE
CONFIGURACIÓN
AUTONÓMICAENSINANZAS ACADÉMICAS / ENSINANZAS APLICADAS
4º curso
ENSINANZAS ACADÉMICAS (Iniciación a Bacharelato)
Obrigatorias:
•Xeografía e Historia
•LCL
•1ª LE (inglés)
•Matemáticas Académicas
Escoller dúas:
•Bioloxía e Xeoloxía
•Física e Química
•Economía
•Latín
•Obrigatorias:
•Ed. Física
•Relixión / Valores
Éticos
•Escoller entre 1 e 4:
•Artes Escénicas e
Danza
•Cultura Científica
•Cultura Clásica
•Iniciación á
Actividade
Emprendedora e
Empresarial
•Tecnoloxía
•Música
•Ed. Plástica
•2ª LE
•Filosofía
•Relixión
•Valores
•Materia para
ampliación de Troncal
•Materia Troncal non
cursada
•Lingua
Galega e
Literatura
•Outras…
(Materias
ofertadas
polas
CCAA ou
polos
Centros,
dentro
das
Materias
non
cursadas
ou outras
que
decidan)
ENSINANZAS APLICADAS (Iniciación a FP)
Obrigatorias:
•Xeografía e Historia
•LCL
•1ª LE (inglés)
•Matemáticas Aplicadas
Escoller dúas:
•CC Aplicadas
•Tecnoloxía
•Iniciación á Actividade Emprendedora e Empresarial
ASPECTOS EDUCATIVOS.
NOVIDADES EN SECUNDARIA
CONSELLO ORIENTADOR EN 1º, 2º e 3º ESO
•Incluirá os obxectivos e competencias acadados
•Proporá o itinerario máis adecuado:
•Incorporación a un Programa de Mellora
•Incorporación á FP Básica. Ao finalizar este 1º
ciclo de ESO ou cursado 2º ESO, se o alumno/a
vai a incorporarse á FPB, entregarase un
Certificado de Estudos Cursados.
•Iniciación á FP (4ºESO Ensinanzas Aplicadas)
•Iniciación ao Bacharelato (4ºESO Ensinanzas
Académicas) FLEXIBILIZACIÓN DE TRAXECTORIAS
ASPECTOS EDUCATIVOS.
NOVIDADES EN SECUNDARIA
PROGRAMA DE MELLORA DA APRENDIZAXE E DO RENDEMENTO
•Substitúe aos Programas de Diversificación
Curricular (PDC).
•Desenvolverase a partir de 2ºESO, durante un ou
dous cursos.
•Pensado para o alumnado con necesidades
educativas, para poder obter o título da ESO.
•Incorporará ao alumnado que repetira algunha vez
en calquera etapa e que non estea en condicións de
promocionar a 2º, 3º ou 4ºESO.
FLEXIBILIZACIÓN DE TRAXECTORIAS
ASPECTOS EDUCATIVOS.
NOVIDADES EN SECUNDARIA
FORMACIÓN PROFESIONAL BÁSICA
•Medida para loitar contra o abandono educativo temperán
•Substituirá aos Programas de Cualificación Profesional Inicial (PCPI)
•Destinado a aquel alumnado que non aproveite as aprendizaxes en 1º e/ou 2º ESO.
•2 anos de duración (2.000h.). Ampliables a 3 cursos, se houbese FP Dual.
•Poderán permanecer nel até 4 anos.
•Carácter obrigatorio e gratuíto.
•ACCESO: con 15 anos, cursado o 1º ciclo de ESO ou cursando 2ºESO e tendo repetido algún
ano.
•MÓDULOS:
•Módulos Profesionais
•Módulos de FCT
•Módulo de Integración das CCBB
•Comunicación e CCSS
•CC Aplicadas.
•TITULACIÓN: Título de Técnico Profesional Básico. Permitirá acceder á FP de Grao Medio.
•METODOLOXÍA: Flexible, individualizada e globalizadora. Para o cal tratarase de diminuír o
número de docentes que interveñan nun mesmo grupo.
ATENCIÓN Á DIVERSIDADE
IMPULSO DA FORMACIÓN PROFESIONAL
(40% do horario)
(20% do horario)
ASPECTOS EDUCATIVOS.
NOVIDADES EN SECUNDARIA
REVÁLIDA AO FINALIZAR 4ºESO
•Avaliará o grao de obxectivos e competencias adquiridos nas seguintes
materias:
•Todas as Troncais e a Lingua Galega e Literatura (LGL)
•1 das Específicas, que non sexan: Ed. Física, Relixión ou Valores.
•2 opcións: Aplicadas ou Académicas, con independencia da opción de 4º.
•Presentarase o alumnado cun máximo de 3 suspensas
•Dúas das suspensas non poden ser LGL, LCL ou Matemáticas
•No nº de suspensas só entrarán no cómputo as materias que o
alumnado deba cursar en cada bloque como mínimo.
•No bloque de materias de libre configuración autonómica só
computará LGL.
•As materias coa mesma denominación en cursos distintos serán
consideradas materias distintas.
•Será preciso un 5 sobre 10, para superar a proba.
ASPECTOS EDUCATIVOS.
NOVIDADES EN SECUNDARIA
REVÁLIDA AO FINALIZAR 4ºESO
•Realizadas polo Ministerio a través de profesorado alleo ao centro.
•Poderase repetir a proba, previa solicitude.
•Celebraranse 2 convocatorias anuais.
•Título de Graduado en ESO
•Deberase superar a Reválida (mínimo dun 5 sobre 10)
•Vía Académica
•Vía Aplicada
•O reparto proporcional para a nota final será:
•Nota media das materias de 4ºESO: 70%
•Nota da Reválida: 30%
•Permitirá acceder a Bacharelato ou a FP de Grao Medio
•O alumnado que non supere a Reválida:
• Non obterá o título
•Recibirá unha certificación oficial dos estudos cursados.
AS NOVIDADES DA LOMCE EN
BACHARELATO
Os cursos, as materias, os itinerarios e a reválida
MODALIDADES
1º curso MATERIAS TRONCAIS MATERIAS ESPECÍFICAS
MATERIAS
DE LIBRE
CONFIGURACIÓN
AUTONÓMICA
BACHARELATO
de CIENCIAS
Obrigatorias:
•Filosofía
•LCL
•Matemáticas
•1ªLE (inglés)
Elexir 2:
•Bioloxía e Xeoloxía
•Física e Química
•Debuxo Técnico
Obrigatoria:
•Ed. Física
Escoller entre 2 e 3:
•Análise Musical
•Linguaxe Musical
•Lingua
Galega e
Literatura
BACHARELATO
de
HUMANIDADES
e CCSS
Obrigatorias:
•Filosofía
•LCL
•1ªLE (inglés)
•Matemáticas
Aplicadas (Só para
CCSS)
•Latín (só para
Humanidades)
Escoller 2:
•Economía
•Grego
•Historia do Mundo
Contemporáneo
•Literatura
Universal
•Cultura Científica
•Debuxo Artístico
•Debuxo Técnico
•Volume
•Anatomía Aplicada
•2ª LE (fr., port. …)
•Tecnoloxía Industrial
• Tecnoloxía (TIC)
•Outras…
(Materias
ofertadas
polas CCAA
ou polos
Centros,
dentro das
Materias
non
BACHARELATO
de ARTES
Obrigatorias:
•Filosofía
•LCL
•1ªLE (inglés)
•Fundamentos da
Arte
Elexir 2:
•Cultura
Audiovisual
•Historia do Mundo
Contemporáneo
•Literatura
Universal
•Relixión
•Materia Troncal non
cursada
cursadas ou
outras que
decidan)
MODALIDADES
2º curso MATERIAS TRONCAIS MATERIAS ESPECÍFICAS
MATERIAS
DE LIBRE
CONFIGURACIÓN
AUTONÓMICA
BACHARELATO
de CIENCIAS
Obrigatorias:
•Hª de España
•LCL
•Matemáticas
•1ª LE (inglés)
Elexir 2:
•Bioloxía
•Xeoloxía
•Física
•Química
•Debuxo Técnico
Escoller entre 2 e 3:
•Análise Musical
•Hª da Música e da Danza
•Imaxe e Son
•Debuxo Artístico
•Debuxo Técnico
•Lingua
Galega e
Literatura
BACHARELATO
de
HUMANIDADES
e CCSS
Obrigatorias:
•Hª de España
•LCL
•1ª LE (inglés)
•Matemáticas
Aplicadas (Só para
CCSS)
•Latín (só para
Humanidades)
Escoller 2:
•Economía da
Empresa
•Xeografía
•Grego
•Historia da Arte
•VolumeTécnicas de
Expresión Gráfico-
Plasticas
•CC da Terra e do Medio
•Tecnoloxía Industrial
• Tecnoloxía (TIC)
•Fundamentos da
Administración e Xestión
•Outras…
(Materias
ofertadas
polas CCAA
ou polos
Centros,
dentro das
Materias
non
BACHARELATO
de ARTES
Obrigatorias:
•Hª de España
•LCL
•1ª LE (inglés)
•Fundamentos da
Arte
Elexir 2:
•Cultura
Audiovisual
•Deseño
•Artes Escénicas
•2ª LE (fr., port. …)
•Hª da Filosofía
•Psicoloxía
•Relixión
•Materia Troncal non
cursada
cursadas ou
outras que
decidan)
ASPECTOS EDUCATIVOS.
NOVIDADES EN BACHARELATO
CAMBIOS EN 1ºBACH.
•Hª do Mundo Contemporáneo pasa a ser unha optativa
para os Bacharelatos de Humanidades, CCSS e Artes.
•Desaparece a Filosofía de 2ºBACH., contemplada só
como optativa entre as Materias Específicas.
• Desaparece do Bacharelato a materia de CC para o
Mundo Contemporáneo.
Racionalización da oferta educativa, reforzando en todas
as etapas a aprendizaxe de materias troncais.
ASPECTOS EDUCATIVOS.
NOVIDADES EN BACHARELATO
REVÁLIDA AO FINALIZAR 2º BACH.
•Avaliará o grao de obxectivos e competencias adquiridos nas
seguintes materias:
•Todas as Troncais e a Lingua Galega e Literatura (LGL)
•1 das Específicas, que non sexan: Ed. Física, Relixión ou Valores.
•Presentarase o alumnado con todo aprobado.
•No nº de suspensas só entrarán no cómputo as materias que o
alumnado deba cursar en cada bloque como mínimo.
•No bloque de materias de libre configuración autonómica só
computará LGL.
•As materias coa mesma denominación en cursos distintos serán
consideradas materias distintas.
•Será preciso un 5 sobre 10, para superar a proba.
ASPECTOS EDUCATIVOS.
NOVIDADES EN BACHARELATO
REVÁLIDA AO FINALIZAR 2º BACH.
•Realizadas polo Ministerio a través de profesorado alleo ao centro.
•Poderase repetir a proba, previa solicitude.
•Celebraranse 2 convocatorias anuais.
•Título de Bacharelato
•Deberase superar a Reválida (mínimo dun 5 sobre 10)
•O reparto proporcional para a nota final será:
•Nota media das materias de 2ºBACH.: 60%
•Nota da Reválida: 40%
•Permitirá acceder á Universidade
•O alumnado que non supere a Reválida:
• Non obterá o título
•Recibirá unha CERTIFICACIÓN OFICIAL:
•Efectos laborais
•Efectos Académicos: Permitirá acceder ao Ciclo Superior de FP
ASPECTOS EDUCATIVOS.
NOVIDADES EN BACHARELATO
ACCESO Á UNIVERSIDADE
•Calificación final do Bacharelato.
•Modalidade e materias cursadas no Bacharelato, en
relación coa titulación elexida.
•Calificacións obtidas en materias concretas dos cursos
de Bacharelato ou da avaliación final de Bacharelato.
•Formación académica ou profesional complementaria.
•Estudos superiores cursados con anterioridade.
•De forma excepcional poderán establecer avaliacións
específicas de coñecementos e/ou de competencias.
(SELECTIVIDADE)
Procedementos de admisión
en ensinanzas universitarias
ASPECTOS EDUCATIVOS.
NOVIDADES EN FORMACIÓN PROFESIONAL
IMPLANTACIÓN DA FP BÁSICA
IMPLANTACIÓN DA MODALIDADE DE
ENSINANZAS APLICADAS (Iniciación á FP)
ACCESO A CICLOS
IMPLANTACIÓN DA FP DUAL
ASPECTOS EDUCATIVOS.
NOVIDADES EN FORMACIÓN PROFESIONAL
ACCESO A CICLOS
Formación Profesional de Grao Medio:
•Título de Graduado en ESO pola modalidade de Ensinanzas
Aplicadas ou pola modalidade Académica se se supera a
Reválida por Aplicadas.
•Título de Técnico Profesional Básico
•Superando a proba de acceso, con 17 anos.
•MATERIAS: recupéranse as materias instrumentais:
Comunic. en LG
Comunic. en LE
Comunic. en L Estranxeira
Matemáticas aplicadas
•TITULACIÓN: Título de Técnico en Grao Medio, co que se pode
acceder a todas as modalidades de Bacharelato e á FP Grao
Superior previa superación dunha proba de admisión.
ASPECTOS EDUCATIVOS.
NOVIDADES EN FORMACIÓN PROFESIONAL
ACCESO A CICLOS
Formación Profesional de Grao Superior:
•Ser admitido polo Centro de FP
•Título de Bacharelato
•Certificado de ter superadas todas as materias de Bach.
•Título de Técnico en Grao Medio e ter superada unha proba
de admisión do centro ao que se pretenda acceder.
•Superando un curso de formación para acceso a ciclos de
grao superior.
•Superando unha proba de acceso, con 19 anos.
•TITULACIÓN: Título de Técnico Superior, co que se pode
acceder aos estudos universitarios de grao.
ASPECTOS EDUCATIVOS.
NOVIDADES EN FORMACIÓN PROFESIONAL
IMPLANTACIÓN DA FP DUAL
O currículo
das
ensinanzas
de F P
incluirá unha
fase de
formación
práctica nos
centros de
traballo:
formación
dual
(empresas +
centros
docentes)
ASPECTOS EDUCATIVOS.
NOVIDADES NAS ENSINANZAS ARTÍSTICAS
ACCESO TITULACIÓNS E EQUIVALENCIAS
•Os maiores de 16 anos poderán acceder directamente ás ensinanzas
artísticas superiores mediante a superación dunha proba específica.
•O alumnado que finalice as ensinanzas profesionais de música e danza
obterán o título de Técnico.
•O alumnado que finalice as ensinanzas profesionais de música e danza
obterán o título de Bacharelato se superan as materias troncais na
Reválida .
•O alumnado que remate os estudos superiores de música e danza
obterán o Título Superior na especialidade de que se trate, que
formará parte do nivel 2 do Marco Español de Cualificacións, é dicir,
será equivalente ao título universitario de grao. O mesmo ocorrerá
cos Títulos Superiores de Arte Dramática, de Artes Plásticas, de Deseño
e de Conservación e Restauración de Bens Culturais.
CALENDARIO DE APLICACIÓN
CURSO 2014-15 CURSO 2015-16 CURSO 2016-17 CURSO 2017-18
PRIMARIA
•1º, 3º e 5º de EP
•Modificación
currículos
•2º, 4º e 6º EP
•Modificación
currículos
SECUN-
DARIA
•1º e 3º ESO
•Modificación
currículos
•2º e 4º ESO
•Modificación
currículos
BACHA-
RELATO
•1ºBACH
•Modificación
currículos
•2ºBACH
•Modificación
currículos
FP
•1º curso de FPB
•Eliminación
módulos obrigatorios
de PCPI
•2º curso de FPB
•Modificación
currículos Ciclos de
Grao Medio
•Modificación
currículos Ciclos de
Grao Superior
AVALIACIÓNS
e
REVÁLIDAS
•Avaliación de 3ºEP •Aval. Final de 6ºEP •Reválida na ESO sen
efectos académicos.
•Reválida en BACH só
para acceder á Univ.
•Reválida para o
título de ESO
•Reválida para o
título de BACH.
ACCESO
UNIVERSIDADE
Proba de acceso
actual
Proba de acceso
actual
Sistema de acceso
fixado na LOMCE
A LOMCE ENTROU EN VIGOR O 20 de DECEMBRO de 2013
CONCLUSIÓNS e DEBATE
A contrarreforma LOMCE ou a LOE “consolidada”

More Related Content

Viewers also liked

LOMCE (Lei Wert)
LOMCE (Lei Wert)LOMCE (Lei Wert)
LOMCE (Lei Wert)Marlou
 
Caracteristicas e materias ESO e Bacharelato na LOMCE
Caracteristicas e materias ESO e Bacharelato na LOMCECaracteristicas e materias ESO e Bacharelato na LOMCE
Caracteristicas e materias ESO e Bacharelato na LOMCECPR Colegio Labor
 
Manuel María. Letras Galegas. 2016
Manuel María. Letras Galegas. 2016Manuel María. Letras Galegas. 2016
Manuel María. Letras Galegas. 2016Marlou
 
Un mundo de linguas
Un mundo de linguasUn mundo de linguas
Un mundo de linguasMarlou
 
O texto argumentativo
O texto argumentativoO texto argumentativo
O texto argumentativoMarlou
 
O texto
O textoO texto
O textoMarlou
 
Febreiro
FebreiroFebreiro
FebreiroMarlou
 
Xaneiro
XaneiroXaneiro
XaneiroMarlou
 
Calendario 2017
Calendario 2017Calendario 2017
Calendario 2017Marlou
 

Viewers also liked (10)

LOMCE (Lei Wert)
LOMCE (Lei Wert)LOMCE (Lei Wert)
LOMCE (Lei Wert)
 
Caracteristicas e materias ESO e Bacharelato na LOMCE
Caracteristicas e materias ESO e Bacharelato na LOMCECaracteristicas e materias ESO e Bacharelato na LOMCE
Caracteristicas e materias ESO e Bacharelato na LOMCE
 
Manuel María. Letras Galegas. 2016
Manuel María. Letras Galegas. 2016Manuel María. Letras Galegas. 2016
Manuel María. Letras Galegas. 2016
 
Un mundo de linguas
Un mundo de linguasUn mundo de linguas
Un mundo de linguas
 
O texto argumentativo
O texto argumentativoO texto argumentativo
O texto argumentativo
 
O texto
O textoO texto
O texto
 
Marzo
MarzoMarzo
Marzo
 
Febreiro
FebreiroFebreiro
Febreiro
 
Xaneiro
XaneiroXaneiro
Xaneiro
 
Calendario 2017
Calendario 2017Calendario 2017
Calendario 2017
 

Similar to O camiño da LOMCE (Federación de ANPAS de Compostela)

Similar to O camiño da LOMCE (Federación de ANPAS de Compostela) (20)

A LOMCE resta aínda máis galego
A LOMCE resta aínda máis galegoA LOMCE resta aínda máis galego
A LOMCE resta aínda máis galego
 
Analise lomce mariló candedo gunturiz
Analise lomce mariló candedo gunturizAnalise lomce mariló candedo gunturiz
Analise lomce mariló candedo gunturiz
 
Folleto gallego 2015
Folleto gallego 2015Folleto gallego 2015
Folleto gallego 2015
 
O proceso de Bolonia. Un cambio estructural.
O proceso de Bolonia. Un cambio estructural.O proceso de Bolonia. Un cambio estructural.
O proceso de Bolonia. Un cambio estructural.
 
Proxecto Difusión PIALE 2016 Gabriela
Proxecto Difusión PIALE 2016 GabrielaProxecto Difusión PIALE 2016 Gabriela
Proxecto Difusión PIALE 2016 Gabriela
 
H2040 programa electoral (only text)
H2040 programa electoral (only text)H2040 programa electoral (only text)
H2040 programa electoral (only text)
 
presentacion espazo abalar
presentacion espazo abalarpresentacion espazo abalar
presentacion espazo abalar
 
01 tema 1 estracto para a web
01 tema 1 estracto para a web01 tema 1 estracto para a web
01 tema 1 estracto para a web
 
24 propostas para Tecer Galicia de cara ao 2024.pdf
24 propostas para Tecer Galicia de cara ao 2024.pdf24 propostas para Tecer Galicia de cara ao 2024.pdf
24 propostas para Tecer Galicia de cara ao 2024.pdf
 
Sen profes non hai escola primaria
Sen profes non hai escola primariaSen profes non hai escola primaria
Sen profes non hai escola primaria
 
convocatoria_edurefrentes_2023-24.pdf
convocatoria_edurefrentes_2023-24.pdfconvocatoria_edurefrentes_2023-24.pdf
convocatoria_edurefrentes_2023-24.pdf
 
Boletín nº 6 galego (1)
Boletín nº 6 galego (1)Boletín nº 6 galego (1)
Boletín nº 6 galego (1)
 
DesLigaTe VOLUMEN 2
DesLigaTe VOLUMEN 2DesLigaTe VOLUMEN 2
DesLigaTe VOLUMEN 2
 
Carta aos pais do IES As Lagoas
Carta  aos pais do IES As LagoasCarta  aos pais do IES As Lagoas
Carta aos pais do IES As Lagoas
 
Escrito aos pais
Escrito aos paisEscrito aos pais
Escrito aos pais
 
Escrito aos pais
Escrito aos paisEscrito aos pais
Escrito aos pais
 
Escrito aos pais do IES As Lagoas
Escrito aos pais do IES As LagoasEscrito aos pais do IES As Lagoas
Escrito aos pais do IES As Lagoas
 
Escrito aos pais
Escrito aos paisEscrito aos pais
Escrito aos pais
 
Pcpi
PcpiPcpi
Pcpi
 
Pcpi
PcpiPcpi
Pcpi
 

More from Marlou

Despois de ver... Sempre Xonxa
Despois de ver... Sempre XonxaDespois de ver... Sempre Xonxa
Despois de ver... Sempre XonxaMarlou
 
Literaturas peninsulares na idade media
Literaturas peninsulares na idade mediaLiteraturas peninsulares na idade media
Literaturas peninsulares na idade mediaMarlou
 
Bases concurso microrrelatos medo 19 20
Bases concurso microrrelatos medo 19 20Bases concurso microrrelatos medo 19 20
Bases concurso microrrelatos medo 19 20Marlou
 
Como escribir un microrrelato
Como escribir un microrrelatoComo escribir un microrrelato
Como escribir un microrrelatoMarlou
 
Contextos 1. la belle epoque (90 10-20)
Contextos 1. la belle epoque (90 10-20)Contextos 1. la belle epoque (90 10-20)
Contextos 1. la belle epoque (90 10-20)Marlou
 
O galego nos SSEE
O galego nos SSEEO galego nos SSEE
O galego nos SSEEMarlou
 
25abril1974 (carla vidal)
25abril1974 (carla vidal)25abril1974 (carla vidal)
25abril1974 (carla vidal)Marlou
 
A muller na Literatura Galega (Mercedes Queixas)
A muller na Literatura Galega (Mercedes Queixas)A muller na Literatura Galega (Mercedes Queixas)
A muller na Literatura Galega (Mercedes Queixas)Marlou
 
100mulleres
100mulleres100mulleres
100mulleresMarlou
 
Calendario 2019 (AS-PG)
Calendario 2019 (AS-PG)Calendario 2019 (AS-PG)
Calendario 2019 (AS-PG)Marlou
 
Milicianos
MilicianosMilicianos
MilicianosMarlou
 
Cartel 2019 - Actos Castelao - Concello de Rianxo
Cartel 2019 - Actos Castelao - Concello de RianxoCartel 2019 - Actos Castelao - Concello de Rianxo
Cartel 2019 - Actos Castelao - Concello de RianxoMarlou
 
Cartel 2019 - Actos Castelao - Concello de Rianxo
Cartel 2019 - Actos Castelao - Concello de RianxoCartel 2019 - Actos Castelao - Concello de Rianxo
Cartel 2019 - Actos Castelao - Concello de RianxoMarlou
 
Cartaz semana 26n18
Cartaz semana 26n18Cartaz semana 26n18
Cartaz semana 26n18Marlou
 
Folleto triptico rianxo en negro
Folleto triptico rianxo en negroFolleto triptico rianxo en negro
Folleto triptico rianxo en negroMarlou
 
Bases concurso microrrelatos Samaín 18-19
Bases concurso microrrelatos Samaín 18-19Bases concurso microrrelatos Samaín 18-19
Bases concurso microrrelatos Samaín 18-19Marlou
 
Atila en Galiza
Atila en GalizaAtila en Galiza
Atila en GalizaMarlou
 
Galiza mártir
Galiza mártirGaliza mártir
Galiza mártirMarlou
 
O reino de_Galiza
O reino de_GalizaO reino de_Galiza
O reino de_GalizaMarlou
 
Decembro
DecembroDecembro
DecembroMarlou
 

More from Marlou (20)

Despois de ver... Sempre Xonxa
Despois de ver... Sempre XonxaDespois de ver... Sempre Xonxa
Despois de ver... Sempre Xonxa
 
Literaturas peninsulares na idade media
Literaturas peninsulares na idade mediaLiteraturas peninsulares na idade media
Literaturas peninsulares na idade media
 
Bases concurso microrrelatos medo 19 20
Bases concurso microrrelatos medo 19 20Bases concurso microrrelatos medo 19 20
Bases concurso microrrelatos medo 19 20
 
Como escribir un microrrelato
Como escribir un microrrelatoComo escribir un microrrelato
Como escribir un microrrelato
 
Contextos 1. la belle epoque (90 10-20)
Contextos 1. la belle epoque (90 10-20)Contextos 1. la belle epoque (90 10-20)
Contextos 1. la belle epoque (90 10-20)
 
O galego nos SSEE
O galego nos SSEEO galego nos SSEE
O galego nos SSEE
 
25abril1974 (carla vidal)
25abril1974 (carla vidal)25abril1974 (carla vidal)
25abril1974 (carla vidal)
 
A muller na Literatura Galega (Mercedes Queixas)
A muller na Literatura Galega (Mercedes Queixas)A muller na Literatura Galega (Mercedes Queixas)
A muller na Literatura Galega (Mercedes Queixas)
 
100mulleres
100mulleres100mulleres
100mulleres
 
Calendario 2019 (AS-PG)
Calendario 2019 (AS-PG)Calendario 2019 (AS-PG)
Calendario 2019 (AS-PG)
 
Milicianos
MilicianosMilicianos
Milicianos
 
Cartel 2019 - Actos Castelao - Concello de Rianxo
Cartel 2019 - Actos Castelao - Concello de RianxoCartel 2019 - Actos Castelao - Concello de Rianxo
Cartel 2019 - Actos Castelao - Concello de Rianxo
 
Cartel 2019 - Actos Castelao - Concello de Rianxo
Cartel 2019 - Actos Castelao - Concello de RianxoCartel 2019 - Actos Castelao - Concello de Rianxo
Cartel 2019 - Actos Castelao - Concello de Rianxo
 
Cartaz semana 26n18
Cartaz semana 26n18Cartaz semana 26n18
Cartaz semana 26n18
 
Folleto triptico rianxo en negro
Folleto triptico rianxo en negroFolleto triptico rianxo en negro
Folleto triptico rianxo en negro
 
Bases concurso microrrelatos Samaín 18-19
Bases concurso microrrelatos Samaín 18-19Bases concurso microrrelatos Samaín 18-19
Bases concurso microrrelatos Samaín 18-19
 
Atila en Galiza
Atila en GalizaAtila en Galiza
Atila en Galiza
 
Galiza mártir
Galiza mártirGaliza mártir
Galiza mártir
 
O reino de_Galiza
O reino de_GalizaO reino de_Galiza
O reino de_Galiza
 
Decembro
DecembroDecembro
Decembro
 

Recently uploaded

Como atopar informacion de confianza na rede
Como atopar informacion de confianza na redeComo atopar informacion de confianza na rede
Como atopar informacion de confianza na redeEduNoia1
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónRemoeaLinguaLinguaGa
 
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfNon penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docxGUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docxAgrela Elvixeo
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfA memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdfa cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfRevista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfAntonio Gregorio Montes
 

Recently uploaded (12)

Como atopar informacion de confianza na rede
Como atopar informacion de confianza na redeComo atopar informacion de confianza na rede
Como atopar informacion de confianza na rede
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
 
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfNon penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
 
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docxGUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
 
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfA memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
 
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
 
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdfa cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
 
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfRevista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
 

O camiño da LOMCE (Federación de ANPAS de Compostela)

  • 1. O CAMIÑO DA LOMCE UN CAMBIO RADICAL NA CONCEPCIÓN DO ENSINO E DA SOCIEDADE
  • 2. Federación de Anpas Compostela Rúa Roma, 21 15703 – Santiago de Compostela anpascompostela@gmail.com
  • 3. • A CONTRARREFORMA DA LOMCE. A FILOSOFIA DA LEI E A ORGANIZACIÓN DOS CENTROS • AS NOVIDADES EN PRIMARIA • UNHA OLLADA Á FP BÁSICA • AS NOVIDADES EN SECUNDARIA • AS NOVIDADES EN BACHARELATO • CONCLUSIÓNS. A LOE CONSOLIDADA
  • 4. A CONTRARREFORMA DA LOMCE A FILOSOFIA DA LEI E A ORGANIZACIÓN DOS CENTROS
  • 5. A chamada reforma da LOE, máis coñecida como LOMCE ou aínda máis como Lei Wert, precisou tres borradores, unha versión “reforzada” tras o seu paso polo Senado, unha versión definitiva promulgada o 9 de Decembro de 2013 e o texto coñecido como “LOE CONSOLIDADA”, publicado no BOE o 20/XII/2013, para acabar sendo a máis grande contrarreforma levada a cabo no Sistema Educativo Español.
  • 7. Do estado social ao estado liberal Estado social Estado liberal O ensino debe ser un dereito da cidadanía, un servizo público no que reside a equidade do propio sistema, é dicir, a consecución dunha sociedade máis igualitaria, máis xusta e máis democrática. O ensino consiste, como recolle a LOMCE, “nunha prestación de servizos educativos” por parte de “axentes públicos e privados”, cuxos “beneficiarios” son os cidadáns e cidadás . A función básica da educación é “a mellora da empregabilidade” (para un tipo de alumnado) e “o estímulo do espírito emprendedor” (para outro tipo de alumnado), posto que o sistema educativo debe estar no centro do sistema económico.
  • 8. Do estado social ao estado liberal Estado social Estado liberal LOE, 2006. (pedagoxía inclusiva) Coa LOXSE entrara no sistema educativo o alumnado con necesidades educativas específicas. Tras a LOE, hoxe conviven nos centros alumnado de excelente nivel académico xunto a alumnos/as que antes eran apartados do sistema educativo por seren “os pacientes máis enfermos, practicamente desafiuzados”. LOMCE, 2013. (pedagoxía exclusiva) A lóxica da reforma baséase na evolución a un sistema capaz de canalizar aos estudantes cara ás traxectorias máis adecuadas ás súas capacidades, que se convirtan en rotas que faciliten a empregabilidade e estimulen o espírito emprendedor, porque a economía actual, cada vez máis global e máis exixente na formación de traballadores e empresarios así o exixe.
  • 9. Do estado social ao estado liberal. O cambio radical que supón a LOMCE é un cambio que vai máis alá do modelo educativo; trátase dun cambio no modelo de sociedade, para poder cambiar, sen mediar referendo popular, o modelo de estado. Enténdese por Sistema Educativo Español o conxunto das Administracións Educativas, profesionais da educación e outros axentes públicos e privados.
  • 10. 1º borrador da LOMCE A educación é o motor que promove a competitividade da economía e as cotas de prosperidade dun país; o seu nivel educativo determina a súa capacidade de competir con éxito na area internacional e de afrontar os desafíos que se presenten no futuro. (...) representa unha aposta polo crecemento económico e por conseguir vantaxes competitivas no mercado global.
  • 11. A LOMCE resta servizo público •Promove un espírito economicista •O Sistema Educativo Español pasa a ser “público e privado”. •Fortalece os centros privados: •Amplíanse os concertos de 4 a 6 anos en Primaria •Concértase unha etapa non obrigatoria: Bacharelato •Concértase a nova Formación Profesional Básica •Ofértase solo público para a construción de centros privados •Elimina a obriga de garantir prazas públicas suficientes. •Os centros concertados poderán recibir maior dotación de recursos que os centros públicos, aínda que segreguen o alumnado por razón de sexo.
  • 12. A LOMCE resta servizo público
  • 13. Cales son os motivos que o lexislador dá para xustificar a necesidade desta lei?
  • 14. O sistema actual non permite progresar cara a unha mellora da calidade educativa, como poñen en evidencia os pobres resultados obtidos polos alumnos nas probas de avaliación internacionais como PISA. 1º motivo: os pobres resultados nas probas PISA
  • 15. 1ª mentira da LOMCE PISA 2012
  • 16. Os resultados difundidos por EUROSTAT (2011) apuntan con claridade ao abandono educativo temperán como unha das debilidades do sistema educativo español, ao situar a taxa de abandono no 26,5% en 2011, con tendencia ao descenso pero moi lonxe do valor medio europeo actual (13,5%)... 2º motivo: as elevadas taxas de abandono escolar en EUROSTAT
  • 17. 2ª mentira da LOMCE •España é o segundo país da UE que máis conseguiu reducir, nos tres anos anteriores, a porcentaxe de xoves de 18 a 24 anos que deixaran de estudar sen conseguir un título de bacharerlato ou de FP. •A baixada aínda non é suficiente como para sacar a España dos postos de cola nesta estatística, pois sitúase como o segundo país do continente coa taxa máis alta só por diante de Malta. Que dicía EUROSTAT, 2011? De onde viña España? •En 1999, dous terzos da poboación non remataba a etapa obrigatoria. •Hoxe é un cuarto do estudantado que non remata a etapa obrigatoria.
  • 18. Non hai maior falta de equidade que un sistema que iguale na desidia ou na mediocridade. Para a sociedade española non basta coa escolarización para atender o dereito á educación, a calidade é un elemento constituínte dese dereito. 3º motivo: a falta de calidade educativa (…) a calidade educativa debe medirse en función do "output" (resultados dos estudantes) e non do "input" (niveis de inversión, número de profesores, número de centros, etc.).
  • 19. 3ª mentira da LOMCE En equidad, España es uno de los ejemplos más sobresalientes de la OCDE. El entorno socioeconómico y cultural, influye, pero no determina los resultados del alumno. Este factor no impide a un alumno progresar en sus resultados académicos. (...) La variación en los resultados de los alumnos entre centros se sitúa en España en el 19,5%, es el segundo menor porcentaje de la toda la OCDE tras Finlandia. En cuanto a las Comunidades Autónomas, PISA refleja que los resultados entre unas y otras es mínimo, sólo de un 4%. Fuente: PISA 2009 database, Vol. II, Table II.5.1. Elaboración: Instituto de Evaluación, Anexo 3, Tabla 3.2. PISA 2009. Informe español
  • 20. Cales son as medidas coas que o lexislador pretende corrixir as carencias do sistema educativo español?
  • 21. A lóxica da reforma baséase na evolución a un sistema capaz de canalizar aos estudantes cara ás traxectorias máis adecuadas ás súas capacidades, que sexan rotas que faciliten a empregabilidade e estimulen o espírito emprendedor, porque a economía actual, cada vez máis global e máis exixente na formación de traballadores e empresarios así o exixe. 1ª medida. Flexibilización de traxectorias
  • 22. A LOMCE resta equidade e xustiza social (resta servizo público) •Selecciona (“canaliza”) aos mellor preparados, aos mellor dotados, para convertilos en “excelentes”. •Aparta (“canaliza”) aos que “non serven” para acadar a excelencia, para que non perturben o sistema, desviándoos a unha FP Básica (“para reducir as altas taxas de abandono escolar”) ou a un Programa de Mellora da Aprendizaxe e do Rendemento. •Abandónanse todas as medidas de atención á diversidade e restaurase a pedagoxía exclusiva propia de tempos predemocráticos e con ela as reválidas, sen as que o alumnado non poderá obter o título da ESO nin o de Bacharelato.
  • 23. A LOMCE resta equidade e xustiza social (resta servizo público) •CONSECUENCIAS: •A equidade, na que España ocupaba o 2º posto, só por detrás de Finlandia, saltará polos aires. •Abrirase unha grande fenda no sistema educativo que reflitirá a sociedade na que vivimos, fracturada económica e laboralmente coa escusa da crise . •Non formaremos cidadáns, senón súbditos ao servizo dunha sociedade mercantilista.
  • 24. A LOMCE resta equidade e xustiza social (resta servizo público)
  • 25. Crearanse distintos tipos de centros segundo a súa especialización curricular, funcional ou por tipoloxía do alumnado. 2ª medida. Aumento da autonomia dos centros As Administracións educativas poderán asignar maiores dotacións de recursos a determinados centros públicos ou privados concertados en razón dos seus proxectos educativos. A actividade realizada polo persoal afecto na execución das accións de calidade educativa deberá serlle recoñecida tanto na provisión de postos de traballo como a efectos de carreira profesional.
  • 26. 2ª medida. Aumento da autonomía dos centros • O director poderá propor o nomeamento de profesorado; así como rexeitar o nomeamento de profesorado interino. • Apoiaranse as accións destinadas a fomentar os programas de calidade mediante a potenciación da función directiva. • O director poderá reservar ao rendemento académico do alumno un 20% da puntuación nas solicitudes de admisión a ensinanzas postobrigatorias.
  • 27. 2ª medida. Aumento da autonomía dos centros Non constitúe discriminación a admisión de alumnado ou a organización da ensinanza diferenciada por sexos.
  • 28. A LOMCE resta democracia •Elimínase a representación democrática do Consello Escolar •Elimínase a elección democrática do director •Refórzase a figura do director, establecendo unha estrutura xerárquica nos centros:  Poderá decidir sobre a admisión de alumnado.  Poderá decidir sobre a incorporación ou rexeitamento do profesorado.  Poderá aprobar a programación xeral anual.  Poderá aprobar a obtención de recursos complementarios. • Elimínase a non discriminación por razón de sexo e, na práctica, a defensa da igualdade entre homes e mulleres.
  • 29. A LOMCE resta democracia
  • 30. (...) reforzando en todas as etapas a aprendizaxe de materias troncais que contribúan á adquisición das competencias fundamentais (...). A simplificación curricular é un elemento esencial para a transformación do sistema educativo. 3ª medida. Racionalización da oferta educativa
  • 31. A materia de Relixión, así como a de Valores Culturais e Sociais (EP) e de Valores Éticos (ESO) terá unha carga horaria equivalente á carga horaria media do resto de materias ofrecidas no bloque de materias específicas. 3ª medida. Racionalización da oferta educativa A determinación do currículo e dos criterios de avaliación da materia será competencia das respectivas autoridades relixiosas. A elección de libros de texto e de persoal docente tamén lles compete a elas.
  • 32. A LOMCE resta laicidade •O ensino confesional vese reforzado co ensino dunha materia específica, cuxa alternativa é Valores; pero que, de non escollela na primeira opción, tamén pode ser escollida como unha optativa dentro das materias específicas; en consecuencia un alumno/a poderá artellar o seu propio currículo atendendo exclusivamente ás materias troncais, á Ed. Física, aos Valores Éticos e á Educación Relixiosa. •Desaparecen Educación para a Cidadanía e Ética. •Desaparece do currículo de 2º de Bacharelato a Filosofía.
  • 33. A LOMCE resta laicidade
  • 34. A Administración educativa deberá garantir unha oferta docente sostida con fondos públicos na que o castelán sexa utilizado como lingua vehícular. Se non fose así, os pais terán dereito a elexir o sistema de ensino que reciban os seus fillos. Se a programación anual da Administración Educativa non contemplase oferta docente sostida con fondos públicos, poderán optar por escolarizar aos seus fillos en centros privados, correspondendo á Administración educativa sufragar os gastos de escolarización. 3ª medida. Racionalización da oferta educativa
  • 35. A LOMCE resta galego •O castelán pasa a ser a lingua vehicular do ensino en todo o Estado. •A partir do segundo borrador, as materias xerarquízanse en tres rangos: troncais (as importantes), específicas (as “marías”) e de libre configuración autonómica (o galego). Sitúase polo tanto a Lingua Galega por detrás da Lingua Estranxeira (materia troncal), da 2ª Lingua Estranxeira ou mesmo da Relixión (materias específicas).
  • 36. A LOMCE resta galego CONSECUENCIAS: • Promove o descoñecemento do idioma propio ao decretar o dereito do alumnado a negarse a estudar no noso idioma (seguindo o modelo do Decreto de Plurilingüismo, a pesar das sentenzas en contra). • Tal e como afirmara no seu momento o ministro Wert, trátase de “españolizar” o ensino. • Uniformiza o sistema educativo a través dos currículos e a través das Reválidas. O Goberno Central deseñará esas probas. • O Estado resérvase fixar o 50% dos contidos, horarios e criterios de avaliación, podendo chegar ao 100% nas materias troncais. Os contidos galegos, como xa se ve nos borradores, desaparecen dos currículos.
  • 37. A LOMCE resta galego
  • 38. COMPETENCIAS MATERIAS TRONCAIS MATERIAS ESPECÍFICAS MATERIAS DE LIBRE CONFIGURACIÓN AUTONÓMICA GOBERNO CENTRAL •Contidos comúns •Horario (non menos do 50% , até o 100%) •Criterios de Avaliación •Modelos das probas •Horario máximo •Criterios de avaliación •Modelo das probas XUNTA DE GALICIA •Completar contidos •Fixar o horario máximo •Contidos •Horario •Completar os criterios de avaliación •Contidos •Horario •Criterios de Avaliación CENTROS DOCENTES Desenvolver o currículo nas etapas e ciclos Desenvolver o currículo nas etapas e ciclos Desenvolver o currículo nas etapas e ciclos A LOMCE resta autonomía As competencias do Estado e das CCAA
  • 39. + CONCERTOS /- SERVIZO PÚBLICO + XERARQUIZACIÓN / - DEMOCRACIA + RELIXIÓN / - LAICIDADE + ESPAÑOL / - GALEGO + CENTRALIZACIÓN / - AUTONOMÍA IDEOLOXÍA LOMCE
  • 40. A contrarreforma da LOMCE A LOMCE restaura: Unha visión do ensino anti e predemocrática Unha pedagoxía exclusiva Unha visión da muller contraria á coeducación Unha visión centralista do Estado Unha visión relixiosa e confesional da educación Unha visión hexemónica da lingua castelá fronte ás outras linguas oficiais do Estado español Tres anteproxectos, un proxecto, unha lei e case 500 días despois non estamos ante unha reforma educativa, estamos ante unha verdadeira “contrarreforma”.
  • 41. AS NOVIDADES DA LOMCE EN PRIMARIA Os ciclos, as materias e as avaliacións da etapa
  • 42. ASPECTOS EDUCATIVOS. NOVIDADES EN PRIMARIA CURSOS MATERIAS TRONCAIS MATERIAS ESPECÍFICAS MATERIAS DE LIBRE CONFIGURACIÓN AUTONÓMICA De 1º a 6º •CCNN •CCSS •LCL •1ª LE (inglés) •Matemáticas •Obrigatorias para todo o alumnado: •Ed. Física •Relixión / Valores Sociais e Cívicos •Optativas. A escoller 1: •Ed. Artística •2ª LE (francés, port. …) •Relixión (se non se escolleu antes) •Valores (se non se escolleu antes) •Lingua Galega e Literatura •Desaparecen os ciclos •Suprímese Ed. Para a Cidadanía e Dereitos Humanos •Realizarase unha Avaliación individualizada a todo o alumnado ao acabaren 3º EP •Realizarase unha Avaliación Final de Primaria ao acabaren 6º EP
  • 43. ASPECTOS EDUCATIVOS. NOVIDADES EN PRIMARIA AVALIACIÓN INDIVIDUALIZADA EN 3º EP •Comprobará o grao de dominio das Competencias Básicas en: • Matemática •Comunicación lingüística •De resultar desfavorable, o equipo docente deberá adoptar as medidas ordinarias e extraordinarias máis adecuadas.
  • 44. ASPECTOS EDUCATIVOS. NOVIDADES EN PRIMARIA AVALIACIÓN FINAL EN 6º EP •Comprobará o grao de adquisición das Competencias Básicas en: •Matemática •Lingua Estranxeira •Ciencia e Tecnoloxía. •Os resultados serán recollidos nun INFORME , expresados en tres graos: •baixo, •intermedio •alto. •Terá carácter informativo e orientador. •De resultar desfavorable para o conxunto do centro, as Administracións Educativas establecerán Plans Específicos de Mellora.
  • 45. AS NOVIDADES DA LOMCE EN SECUNDARIA Os ciclos, as materias, os itinerarios e a reválida
  • 46. ASPECTOS EDUCATIVOS. NOVIDADES EN SECUNDARIA CURSOS do 1º CICLO MATERIAS TRONCAIS MATERIAS ESPECÍFICAS MATERIAS DE LIBRE CONFIGURACIÓN AUTONÓMICA 1º curso •Bioloxía e Xeoloxía •Xeografía e Historia •LCL •1ª LE (inglés) •Matemáticas •Obrigatorias para todo o alumnado: •Ed. Física •Relixión / Valores Éticos •Optativas. A escoller entre 1 e 4: •Cultura Clásica •Iniciación á Actividade Emprendedora e Empresarial •Tecnoloxía •Ed. Plástica •Música •2ª LE (francés, port. …) •Relixión (se non se escolleu antes) •Valores (se non se escolleu antes) •Lingua Galega e Literatura •Outras… 2º curso •Física e Química •Xeografía e Historia •LCL •1ª LE (inglés) •Matemáticas •Lingua Galega e Literatura •Outras… 3º curso •Bioloxía e Xeoloxía •Física e Química •Xeografía e Historia •LCL •1ª LE (inglés) •Matemáticas: •Aplicadas •Académicas •Lingua Galega e Literatura •Outras…
  • 47. CURSOS do 2º CICLO MATERIAS TRONCAIS MATERIAS ESPECÍFICAS MATERIAS DE LIBRE CONFIGURACIÓN AUTONÓMICAENSINANZAS ACADÉMICAS / ENSINANZAS APLICADAS 4º curso ENSINANZAS ACADÉMICAS (Iniciación a Bacharelato) Obrigatorias: •Xeografía e Historia •LCL •1ª LE (inglés) •Matemáticas Académicas Escoller dúas: •Bioloxía e Xeoloxía •Física e Química •Economía •Latín •Obrigatorias: •Ed. Física •Relixión / Valores Éticos •Escoller entre 1 e 4: •Artes Escénicas e Danza •Cultura Científica •Cultura Clásica •Iniciación á Actividade Emprendedora e Empresarial •Tecnoloxía •Música •Ed. Plástica •2ª LE •Filosofía •Relixión •Valores •Materia para ampliación de Troncal •Materia Troncal non cursada •Lingua Galega e Literatura •Outras… (Materias ofertadas polas CCAA ou polos Centros, dentro das Materias non cursadas ou outras que decidan) ENSINANZAS APLICADAS (Iniciación a FP) Obrigatorias: •Xeografía e Historia •LCL •1ª LE (inglés) •Matemáticas Aplicadas Escoller dúas: •CC Aplicadas •Tecnoloxía •Iniciación á Actividade Emprendedora e Empresarial
  • 48. ASPECTOS EDUCATIVOS. NOVIDADES EN SECUNDARIA CONSELLO ORIENTADOR EN 1º, 2º e 3º ESO •Incluirá os obxectivos e competencias acadados •Proporá o itinerario máis adecuado: •Incorporación a un Programa de Mellora •Incorporación á FP Básica. Ao finalizar este 1º ciclo de ESO ou cursado 2º ESO, se o alumno/a vai a incorporarse á FPB, entregarase un Certificado de Estudos Cursados. •Iniciación á FP (4ºESO Ensinanzas Aplicadas) •Iniciación ao Bacharelato (4ºESO Ensinanzas Académicas) FLEXIBILIZACIÓN DE TRAXECTORIAS
  • 49. ASPECTOS EDUCATIVOS. NOVIDADES EN SECUNDARIA PROGRAMA DE MELLORA DA APRENDIZAXE E DO RENDEMENTO •Substitúe aos Programas de Diversificación Curricular (PDC). •Desenvolverase a partir de 2ºESO, durante un ou dous cursos. •Pensado para o alumnado con necesidades educativas, para poder obter o título da ESO. •Incorporará ao alumnado que repetira algunha vez en calquera etapa e que non estea en condicións de promocionar a 2º, 3º ou 4ºESO. FLEXIBILIZACIÓN DE TRAXECTORIAS
  • 50. ASPECTOS EDUCATIVOS. NOVIDADES EN SECUNDARIA FORMACIÓN PROFESIONAL BÁSICA •Medida para loitar contra o abandono educativo temperán •Substituirá aos Programas de Cualificación Profesional Inicial (PCPI) •Destinado a aquel alumnado que non aproveite as aprendizaxes en 1º e/ou 2º ESO. •2 anos de duración (2.000h.). Ampliables a 3 cursos, se houbese FP Dual. •Poderán permanecer nel até 4 anos. •Carácter obrigatorio e gratuíto. •ACCESO: con 15 anos, cursado o 1º ciclo de ESO ou cursando 2ºESO e tendo repetido algún ano. •MÓDULOS: •Módulos Profesionais •Módulos de FCT •Módulo de Integración das CCBB •Comunicación e CCSS •CC Aplicadas. •TITULACIÓN: Título de Técnico Profesional Básico. Permitirá acceder á FP de Grao Medio. •METODOLOXÍA: Flexible, individualizada e globalizadora. Para o cal tratarase de diminuír o número de docentes que interveñan nun mesmo grupo. ATENCIÓN Á DIVERSIDADE IMPULSO DA FORMACIÓN PROFESIONAL (40% do horario) (20% do horario)
  • 51. ASPECTOS EDUCATIVOS. NOVIDADES EN SECUNDARIA REVÁLIDA AO FINALIZAR 4ºESO •Avaliará o grao de obxectivos e competencias adquiridos nas seguintes materias: •Todas as Troncais e a Lingua Galega e Literatura (LGL) •1 das Específicas, que non sexan: Ed. Física, Relixión ou Valores. •2 opcións: Aplicadas ou Académicas, con independencia da opción de 4º. •Presentarase o alumnado cun máximo de 3 suspensas •Dúas das suspensas non poden ser LGL, LCL ou Matemáticas •No nº de suspensas só entrarán no cómputo as materias que o alumnado deba cursar en cada bloque como mínimo. •No bloque de materias de libre configuración autonómica só computará LGL. •As materias coa mesma denominación en cursos distintos serán consideradas materias distintas. •Será preciso un 5 sobre 10, para superar a proba.
  • 52. ASPECTOS EDUCATIVOS. NOVIDADES EN SECUNDARIA REVÁLIDA AO FINALIZAR 4ºESO •Realizadas polo Ministerio a través de profesorado alleo ao centro. •Poderase repetir a proba, previa solicitude. •Celebraranse 2 convocatorias anuais. •Título de Graduado en ESO •Deberase superar a Reválida (mínimo dun 5 sobre 10) •Vía Académica •Vía Aplicada •O reparto proporcional para a nota final será: •Nota media das materias de 4ºESO: 70% •Nota da Reválida: 30% •Permitirá acceder a Bacharelato ou a FP de Grao Medio •O alumnado que non supere a Reválida: • Non obterá o título •Recibirá unha certificación oficial dos estudos cursados.
  • 53. AS NOVIDADES DA LOMCE EN BACHARELATO Os cursos, as materias, os itinerarios e a reválida
  • 54. MODALIDADES 1º curso MATERIAS TRONCAIS MATERIAS ESPECÍFICAS MATERIAS DE LIBRE CONFIGURACIÓN AUTONÓMICA BACHARELATO de CIENCIAS Obrigatorias: •Filosofía •LCL •Matemáticas •1ªLE (inglés) Elexir 2: •Bioloxía e Xeoloxía •Física e Química •Debuxo Técnico Obrigatoria: •Ed. Física Escoller entre 2 e 3: •Análise Musical •Linguaxe Musical •Lingua Galega e Literatura BACHARELATO de HUMANIDADES e CCSS Obrigatorias: •Filosofía •LCL •1ªLE (inglés) •Matemáticas Aplicadas (Só para CCSS) •Latín (só para Humanidades) Escoller 2: •Economía •Grego •Historia do Mundo Contemporáneo •Literatura Universal •Cultura Científica •Debuxo Artístico •Debuxo Técnico •Volume •Anatomía Aplicada •2ª LE (fr., port. …) •Tecnoloxía Industrial • Tecnoloxía (TIC) •Outras… (Materias ofertadas polas CCAA ou polos Centros, dentro das Materias non BACHARELATO de ARTES Obrigatorias: •Filosofía •LCL •1ªLE (inglés) •Fundamentos da Arte Elexir 2: •Cultura Audiovisual •Historia do Mundo Contemporáneo •Literatura Universal •Relixión •Materia Troncal non cursada cursadas ou outras que decidan)
  • 55. MODALIDADES 2º curso MATERIAS TRONCAIS MATERIAS ESPECÍFICAS MATERIAS DE LIBRE CONFIGURACIÓN AUTONÓMICA BACHARELATO de CIENCIAS Obrigatorias: •Hª de España •LCL •Matemáticas •1ª LE (inglés) Elexir 2: •Bioloxía •Xeoloxía •Física •Química •Debuxo Técnico Escoller entre 2 e 3: •Análise Musical •Hª da Música e da Danza •Imaxe e Son •Debuxo Artístico •Debuxo Técnico •Lingua Galega e Literatura BACHARELATO de HUMANIDADES e CCSS Obrigatorias: •Hª de España •LCL •1ª LE (inglés) •Matemáticas Aplicadas (Só para CCSS) •Latín (só para Humanidades) Escoller 2: •Economía da Empresa •Xeografía •Grego •Historia da Arte •VolumeTécnicas de Expresión Gráfico- Plasticas •CC da Terra e do Medio •Tecnoloxía Industrial • Tecnoloxía (TIC) •Fundamentos da Administración e Xestión •Outras… (Materias ofertadas polas CCAA ou polos Centros, dentro das Materias non BACHARELATO de ARTES Obrigatorias: •Hª de España •LCL •1ª LE (inglés) •Fundamentos da Arte Elexir 2: •Cultura Audiovisual •Deseño •Artes Escénicas •2ª LE (fr., port. …) •Hª da Filosofía •Psicoloxía •Relixión •Materia Troncal non cursada cursadas ou outras que decidan)
  • 56. ASPECTOS EDUCATIVOS. NOVIDADES EN BACHARELATO CAMBIOS EN 1ºBACH. •Hª do Mundo Contemporáneo pasa a ser unha optativa para os Bacharelatos de Humanidades, CCSS e Artes. •Desaparece a Filosofía de 2ºBACH., contemplada só como optativa entre as Materias Específicas. • Desaparece do Bacharelato a materia de CC para o Mundo Contemporáneo. Racionalización da oferta educativa, reforzando en todas as etapas a aprendizaxe de materias troncais.
  • 57. ASPECTOS EDUCATIVOS. NOVIDADES EN BACHARELATO REVÁLIDA AO FINALIZAR 2º BACH. •Avaliará o grao de obxectivos e competencias adquiridos nas seguintes materias: •Todas as Troncais e a Lingua Galega e Literatura (LGL) •1 das Específicas, que non sexan: Ed. Física, Relixión ou Valores. •Presentarase o alumnado con todo aprobado. •No nº de suspensas só entrarán no cómputo as materias que o alumnado deba cursar en cada bloque como mínimo. •No bloque de materias de libre configuración autonómica só computará LGL. •As materias coa mesma denominación en cursos distintos serán consideradas materias distintas. •Será preciso un 5 sobre 10, para superar a proba.
  • 58. ASPECTOS EDUCATIVOS. NOVIDADES EN BACHARELATO REVÁLIDA AO FINALIZAR 2º BACH. •Realizadas polo Ministerio a través de profesorado alleo ao centro. •Poderase repetir a proba, previa solicitude. •Celebraranse 2 convocatorias anuais. •Título de Bacharelato •Deberase superar a Reválida (mínimo dun 5 sobre 10) •O reparto proporcional para a nota final será: •Nota media das materias de 2ºBACH.: 60% •Nota da Reválida: 40% •Permitirá acceder á Universidade •O alumnado que non supere a Reválida: • Non obterá o título •Recibirá unha CERTIFICACIÓN OFICIAL: •Efectos laborais •Efectos Académicos: Permitirá acceder ao Ciclo Superior de FP
  • 59. ASPECTOS EDUCATIVOS. NOVIDADES EN BACHARELATO ACCESO Á UNIVERSIDADE •Calificación final do Bacharelato. •Modalidade e materias cursadas no Bacharelato, en relación coa titulación elexida. •Calificacións obtidas en materias concretas dos cursos de Bacharelato ou da avaliación final de Bacharelato. •Formación académica ou profesional complementaria. •Estudos superiores cursados con anterioridade. •De forma excepcional poderán establecer avaliacións específicas de coñecementos e/ou de competencias. (SELECTIVIDADE) Procedementos de admisión en ensinanzas universitarias
  • 60. ASPECTOS EDUCATIVOS. NOVIDADES EN FORMACIÓN PROFESIONAL IMPLANTACIÓN DA FP BÁSICA IMPLANTACIÓN DA MODALIDADE DE ENSINANZAS APLICADAS (Iniciación á FP) ACCESO A CICLOS IMPLANTACIÓN DA FP DUAL
  • 61. ASPECTOS EDUCATIVOS. NOVIDADES EN FORMACIÓN PROFESIONAL ACCESO A CICLOS Formación Profesional de Grao Medio: •Título de Graduado en ESO pola modalidade de Ensinanzas Aplicadas ou pola modalidade Académica se se supera a Reválida por Aplicadas. •Título de Técnico Profesional Básico •Superando a proba de acceso, con 17 anos. •MATERIAS: recupéranse as materias instrumentais: Comunic. en LG Comunic. en LE Comunic. en L Estranxeira Matemáticas aplicadas •TITULACIÓN: Título de Técnico en Grao Medio, co que se pode acceder a todas as modalidades de Bacharelato e á FP Grao Superior previa superación dunha proba de admisión.
  • 62. ASPECTOS EDUCATIVOS. NOVIDADES EN FORMACIÓN PROFESIONAL ACCESO A CICLOS Formación Profesional de Grao Superior: •Ser admitido polo Centro de FP •Título de Bacharelato •Certificado de ter superadas todas as materias de Bach. •Título de Técnico en Grao Medio e ter superada unha proba de admisión do centro ao que se pretenda acceder. •Superando un curso de formación para acceso a ciclos de grao superior. •Superando unha proba de acceso, con 19 anos. •TITULACIÓN: Título de Técnico Superior, co que se pode acceder aos estudos universitarios de grao.
  • 63. ASPECTOS EDUCATIVOS. NOVIDADES EN FORMACIÓN PROFESIONAL IMPLANTACIÓN DA FP DUAL O currículo das ensinanzas de F P incluirá unha fase de formación práctica nos centros de traballo: formación dual (empresas + centros docentes)
  • 64. ASPECTOS EDUCATIVOS. NOVIDADES NAS ENSINANZAS ARTÍSTICAS ACCESO TITULACIÓNS E EQUIVALENCIAS •Os maiores de 16 anos poderán acceder directamente ás ensinanzas artísticas superiores mediante a superación dunha proba específica. •O alumnado que finalice as ensinanzas profesionais de música e danza obterán o título de Técnico. •O alumnado que finalice as ensinanzas profesionais de música e danza obterán o título de Bacharelato se superan as materias troncais na Reválida . •O alumnado que remate os estudos superiores de música e danza obterán o Título Superior na especialidade de que se trate, que formará parte do nivel 2 do Marco Español de Cualificacións, é dicir, será equivalente ao título universitario de grao. O mesmo ocorrerá cos Títulos Superiores de Arte Dramática, de Artes Plásticas, de Deseño e de Conservación e Restauración de Bens Culturais.
  • 65. CALENDARIO DE APLICACIÓN CURSO 2014-15 CURSO 2015-16 CURSO 2016-17 CURSO 2017-18 PRIMARIA •1º, 3º e 5º de EP •Modificación currículos •2º, 4º e 6º EP •Modificación currículos SECUN- DARIA •1º e 3º ESO •Modificación currículos •2º e 4º ESO •Modificación currículos BACHA- RELATO •1ºBACH •Modificación currículos •2ºBACH •Modificación currículos FP •1º curso de FPB •Eliminación módulos obrigatorios de PCPI •2º curso de FPB •Modificación currículos Ciclos de Grao Medio •Modificación currículos Ciclos de Grao Superior AVALIACIÓNS e REVÁLIDAS •Avaliación de 3ºEP •Aval. Final de 6ºEP •Reválida na ESO sen efectos académicos. •Reválida en BACH só para acceder á Univ. •Reválida para o título de ESO •Reválida para o título de BACH. ACCESO UNIVERSIDADE Proba de acceso actual Proba de acceso actual Sistema de acceso fixado na LOMCE A LOMCE ENTROU EN VIGOR O 20 de DECEMBRO de 2013
  • 66. CONCLUSIÓNS e DEBATE A contrarreforma LOMCE ou a LOE “consolidada”