SlideShare a Scribd company logo
1 of 2
Download to read offline
ESCRITO PARA ENVIAR AOS PAIS E NAIS:

       Este curso escolar iniciouse cun recorte drástico no Ensino público que
afectou á dotación de persoal docente nos centros escolares. Nas diferentes etapas
educativas, reducíronse máis de 1.000 postos de traballo en Galicia, é dicir, 1.000
profesores e profesoras menos dos que viñan impartindo docencia no curso pasado,
malia o incremento do alumnado matriculado. Na provincia de Ourense pecháronse
este curso 16 aulas de Educación Primaria e 2 de Ed. Infantil. Elimináronse tamén
as aulas de ESO e Bacaharelato do IES Portovello e as de Bacharelato do IES
Abrente, o que supuxo a desaparición de 29 postos de traballo docentes nestes
centros.

        Ademais disto, a Consellaría de Educación aplicou un incremento horario a
todo o profesorado e modificou os cadros de persoal dos centros, reducindo o
profesorado necesario para impartir todas as materias e obrigando a agrupar ao
alumnado até o máximo que a lexislación permite: 25 alumnos e alumnas por aula
en Educación Infantil e Primaria e 30 en Secundaria. Estas rateos vénse superadas,
ademais, porque o alumnado repetidor segue sen computar e porque, unha vez
iniciado o curso, a inspección pode obrigar a matricular máis alumnos/as. Deste
xeito aforraron con respecto ao curso pasado outros 31 profesores e profesoras nos
Institutos de Ensino Secundario na provincia de Ourense.

As consecuencias deste “aforro” para o ensino público son:
- Un maior número de alumnos e alumnas en cada aula o que dificulta a
   necesaria atención individualizada ao alumnado dados os diferentes ritmos de
   aprendizaxe.
- A supresión de desdobres, reforzos, e outros agrupamentos específicos,
   o que sempre perxudica ao alumnado que ten máis dificultades de aprendizaxe.
- A redución de grupos e supresión de materias optativas.
- A obriga de que o profesorado imparta materias das que non é
   especialista, as chamadas “afíns” que pode levar a disparates como que un
   profesor de Bioloxía imparta tamén Historia, Inglés e Matemáticas.
      En resumo, a calidade do ensino público vese seriamente ameazada e
haberá un notable incremento do fracaso escolar.

        Pola contra, a Consellaría de Educación non aplica esta política de
“austeridade” no ensino privado, ao incrementar, e mesmo outorgar, novos
concertos educativos como o do colexio Guillelme Brown, que o curso pasado
recibiu a subvención por un aula de Infantil e este curso por outra máis, e o colexio
Miraflores que concertou este curso un aula de Infantil. Cómpre saber que cada
aula de infantil concertada ten un coste para Consellaría de máis de 46.000 euros
cada ano. Estes dous novos centros concertados están no concello do Pereiro de
Aguiar, onde ao colexio público Ben-Cho-Shey se lle nega o desdobre dun aula de
infantil de 4 anos obrigando a manter dúas aulas moi masificadas e unha aula
mixta (con alumnado de diferente idade). Esta precariedade no colexio público é
para “aforrar” un docente, cando regala case 150.000 euros nos dous privados
concertados este curso que se incrementarán en case 100.000 euros anuais cada
ano, até obter o concerto de todo o ensino obrigatorio. Medidas como esta, poñen
en evidencia que non estamos ante un problema económico como se nos pretende
facer crer, senón ante unha decisión política de favorecer o privado en detrimento
do público. Todos os recortes que se están a practicar afectan única e
exclusivamente á pública, mentres a concertada incrementa os ingresos de
diñeiro público que pagamos todas e todos.
Ademais, a Consellaría adícase a atacar ao seu propio profesorado
procurando o desprestixio da función docente e tentando trasladar á cidadanía
continuas falsidades, como dar a entender que o profesorado soamente traballa 18
ou 20 horas, ocultando todas as tarefas que, no centro ou fóra del, debe realizar.
Tarefas que se viron incrementadas ao impoñerlle a Consellaría unha nova función
que non lle corresponde: a vixilancia do alumnado transportado, que ten dúas
consecuencias: a primeira, que deste xeito se impide a ampliación de xornada de
traballo e retribucións das coidadoras do transporte e, a segunda, que a realización
desta tarefa resta tempo e dispoñibilidade para realizar outras tarefas moito máis
necesarias para o desenvolvemento pedagóxico do alumnado.

       As profesoras e os profesores vimos desenvolvendo numerosas tarefas sen
importarnos, moitas veces, as horas que nelas tiñamos que investir. A nosa
vontade é manter ese compromiso, sabedores de que o ensino público é un
ensino de calidade, a mellor oferta educativa para as mozas e os mozos
que formarán a sociedade do futuro. Negámonos, pois, a que os prexuízos
ideolóxicos desta Consellaría contra o ensino público boten por terra o traballo
realizado durante anos e anos ou pretendan restarnos dedicación para manter os
niveis de calidade que consideramos necesarios. Por iso, seguimos loitando para
recuperar o noso horario lectivo, para rexeitar a imposición da custodia do
alumnado transportado e para impedir os recortes; en definitiva, para defender o
ensino público galego. Temos a seguridade de que, nesta loita, estamos todos do
mesmo lado e podemos contar co seu apoio.

More Related Content

What's hot

What's hot (7)

Prazas de fp
Prazas de fpPrazas de fp
Prazas de fp
 
Pregunta para a súa resposta por escrito.
Pregunta para a súa resposta por escrito.Pregunta para a súa resposta por escrito.
Pregunta para a súa resposta por escrito.
 
Perseguir o galego
Perseguir o galegoPerseguir o galego
Perseguir o galego
 
O sistema educativo canadiense
O sistema educativo canadienseO sistema educativo canadiense
O sistema educativo canadiense
 
Plan de difusión
Plan de difusiónPlan de difusión
Plan de difusión
 
Crónica semana da prensa na escola
Crónica semana da prensa na escolaCrónica semana da prensa na escola
Crónica semana da prensa na escola
 
Piale 2016
Piale 2016 Piale 2016
Piale 2016
 

Viewers also liked (18)

A5 offices
A5 officesA5 offices
A5 offices
 
Profesionales en europa
Profesionales en europaProfesionales en europa
Profesionales en europa
 
Rebeca palmero d.r
Rebeca palmero d.rRebeca palmero d.r
Rebeca palmero d.r
 
Rays Brochure
Rays BrochureRays Brochure
Rays Brochure
 
Trail
TrailTrail
Trail
 
Accroupir
AccroupirAccroupir
Accroupir
 
Present perfect simple
Present perfect simplePresent perfect simple
Present perfect simple
 
IT Lösungen für kleine und mittelstaendische Unternehmen
IT Lösungen für kleine und mittelstaendische UnternehmenIT Lösungen für kleine und mittelstaendische Unternehmen
IT Lösungen für kleine und mittelstaendische Unternehmen
 
Achaler
AchalerAchaler
Achaler
 
Escrito aos pais do IES As Lagoas
Escrito aos pais do IES As LagoasEscrito aos pais do IES As Lagoas
Escrito aos pais do IES As Lagoas
 
Homero
HomeroHomero
Homero
 
BüroService Kronberg Leistungsportfolio
BüroService Kronberg LeistungsportfolioBüroService Kronberg Leistungsportfolio
BüroService Kronberg Leistungsportfolio
 
2.- Medición de fuerzas
2.- Medición de fuerzas2.- Medición de fuerzas
2.- Medición de fuerzas
 
Präsentation: Einsatz von Social Media in Kreditinstituten
Präsentation: Einsatz von Social Media in KreditinstitutenPräsentation: Einsatz von Social Media in Kreditinstituten
Präsentation: Einsatz von Social Media in Kreditinstituten
 
Bla
BlaBla
Bla
 
Procedimiento regular conflictos infantil
Procedimiento regular conflictos infantilProcedimiento regular conflictos infantil
Procedimiento regular conflictos infantil
 
Pedidos señores de scribd
Pedidos   señores de scribdPedidos   señores de scribd
Pedidos señores de scribd
 
Parent Involvement Policy- WES
Parent Involvement Policy- WESParent Involvement Policy- WES
Parent Involvement Policy- WES
 

Similar to Escrito aos pais

Plan de desenvolvemento europeo
Plan de desenvolvemento europeoPlan de desenvolvemento europeo
Plan de desenvolvemento europeoAgualada
 
Good bye, adios, adeus Jesús Vázquez, conselleiro de educación e cultura.
Good bye, adios, adeus Jesús Vázquez, conselleiro de educación e cultura.Good bye, adios, adeus Jesús Vázquez, conselleiro de educación e cultura.
Good bye, adios, adeus Jesús Vázquez, conselleiro de educación e cultura.A Curuxa da Veiga
 
A revista escolar definitiva
A revista escolar definitivaA revista escolar definitiva
A revista escolar definitivaA Solaina
 
Impreso para recollida de firmas pola gratuidade dos libros de texto
Impreso para recollida de firmas pola gratuidade dos libros de textoImpreso para recollida de firmas pola gratuidade dos libros de texto
Impreso para recollida de firmas pola gratuidade dos libros de textoanpaluispardo
 
O sistema educativo canadiense.
O sistema educativo canadiense. O sistema educativo canadiense.
O sistema educativo canadiense. TeresaCorral2
 
Understanding at school
Understanding at schoolUnderstanding at school
Understanding at schoolMarisa Gómez
 
Plan de acollida ies pedro floriani
Plan de acollida ies pedro florianiPlan de acollida ies pedro floriani
Plan de acollida ies pedro florianipedrofloriani
 
Emendas UXT Decr Galego
Emendas UXT Decr GalegoEmendas UXT Decr Galego
Emendas UXT Decr Galegocenlf
 
Analise lomce mariló candedo gunturiz
Analise lomce mariló candedo gunturizAnalise lomce mariló candedo gunturiz
Analise lomce mariló candedo gunturizCIG-Ensino
 
Proxectos ies valadares
Proxectos ies valadaresProxectos ies valadares
Proxectos ies valadaresIESVALADARES1
 
Memoria biblio2019
Memoria biblio2019Memoria biblio2019
Memoria biblio2019vilabarreiro
 
Presentacion de la Agrupación ARCE al Claustro
Presentacion de la Agrupación ARCE al ClaustroPresentacion de la Agrupación ARCE al Claustro
Presentacion de la Agrupación ARCE al ClaustroLoudes Otero
 
Presentacion arce (amanual def)
Presentacion arce (amanual def)Presentacion arce (amanual def)
Presentacion arce (amanual def)Loudes Otero
 
Proxecto de xornada continua pereiro
Proxecto de xornada continua pereiroProxecto de xornada continua pereiro
Proxecto de xornada continua pereiroMaria Pato
 
Proxecto de xornada continua
Proxecto de xornada continua Proxecto de xornada continua
Proxecto de xornada continua Maria Pato
 
Proxecto de xornada continua
Proxecto de xornada continua Proxecto de xornada continua
Proxecto de xornada continua Maria Pato
 

Similar to Escrito aos pais (20)

Plan de desenvolvemento europeo
Plan de desenvolvemento europeoPlan de desenvolvemento europeo
Plan de desenvolvemento europeo
 
Good bye, adios, adeus Jesús Vázquez, conselleiro de educación e cultura.
Good bye, adios, adeus Jesús Vázquez, conselleiro de educación e cultura.Good bye, adios, adeus Jesús Vázquez, conselleiro de educación e cultura.
Good bye, adios, adeus Jesús Vázquez, conselleiro de educación e cultura.
 
A revista escolar definitiva
A revista escolar definitivaA revista escolar definitiva
A revista escolar definitiva
 
Impreso para recollida de firmas pola gratuidade dos libros de texto
Impreso para recollida de firmas pola gratuidade dos libros de textoImpreso para recollida de firmas pola gratuidade dos libros de texto
Impreso para recollida de firmas pola gratuidade dos libros de texto
 
O sistema educativo canadiense.
O sistema educativo canadiense. O sistema educativo canadiense.
O sistema educativo canadiense.
 
Understanding at school
Understanding at schoolUnderstanding at school
Understanding at school
 
Plan de acollida ies pedro floriani
Plan de acollida ies pedro florianiPlan de acollida ies pedro floriani
Plan de acollida ies pedro floriani
 
Emendas UXT Decr Galego
Emendas UXT Decr GalegoEmendas UXT Decr Galego
Emendas UXT Decr Galego
 
Piale 2019 NAT RL
Piale 2019 NAT RLPiale 2019 NAT RL
Piale 2019 NAT RL
 
Manifesto
ManifestoManifesto
Manifesto
 
A LOMCE resta aínda máis galego
A LOMCE resta aínda máis galegoA LOMCE resta aínda máis galego
A LOMCE resta aínda máis galego
 
Analise lomce mariló candedo gunturiz
Analise lomce mariló candedo gunturizAnalise lomce mariló candedo gunturiz
Analise lomce mariló candedo gunturiz
 
Carta familias avaliacion_3ep
Carta familias avaliacion_3epCarta familias avaliacion_3ep
Carta familias avaliacion_3ep
 
Proxectos ies valadares
Proxectos ies valadaresProxectos ies valadares
Proxectos ies valadares
 
Memoria biblio2019
Memoria biblio2019Memoria biblio2019
Memoria biblio2019
 
Presentacion de la Agrupación ARCE al Claustro
Presentacion de la Agrupación ARCE al ClaustroPresentacion de la Agrupación ARCE al Claustro
Presentacion de la Agrupación ARCE al Claustro
 
Presentacion arce (amanual def)
Presentacion arce (amanual def)Presentacion arce (amanual def)
Presentacion arce (amanual def)
 
Proxecto de xornada continua pereiro
Proxecto de xornada continua pereiroProxecto de xornada continua pereiro
Proxecto de xornada continua pereiro
 
Proxecto de xornada continua
Proxecto de xornada continua Proxecto de xornada continua
Proxecto de xornada continua
 
Proxecto de xornada continua
Proxecto de xornada continua Proxecto de xornada continua
Proxecto de xornada continua
 

More from Víctor Calviño Pérez

More from Víctor Calviño Pérez (6)

Entrevista con Agustín Moreno
Entrevista con Agustín MorenoEntrevista con Agustín Moreno
Entrevista con Agustín Moreno
 
Entrevista con Agustín Moreno
Entrevista con Agustín MorenoEntrevista con Agustín Moreno
Entrevista con Agustín Moreno
 
Cartaxefaterritorial
CartaxefaterritorialCartaxefaterritorial
Cartaxefaterritorial
 
Escrito aos pais
Escrito aos paisEscrito aos pais
Escrito aos pais
 
Escrito aos pais
Escrito aos paisEscrito aos pais
Escrito aos pais
 
Carta aos pais do IES As Lagoas
Carta  aos pais do IES As LagoasCarta  aos pais do IES As Lagoas
Carta aos pais do IES As Lagoas
 

Escrito aos pais

  • 1. ESCRITO PARA ENVIAR AOS PAIS E NAIS: Este curso escolar iniciouse cun recorte drástico no Ensino público que afectou á dotación de persoal docente nos centros escolares. Nas diferentes etapas educativas, reducíronse máis de 1.000 postos de traballo en Galicia, é dicir, 1.000 profesores e profesoras menos dos que viñan impartindo docencia no curso pasado, malia o incremento do alumnado matriculado. Na provincia de Ourense pecháronse este curso 16 aulas de Educación Primaria e 2 de Ed. Infantil. Elimináronse tamén as aulas de ESO e Bacaharelato do IES Portovello e as de Bacharelato do IES Abrente, o que supuxo a desaparición de 29 postos de traballo docentes nestes centros. Ademais disto, a Consellaría de Educación aplicou un incremento horario a todo o profesorado e modificou os cadros de persoal dos centros, reducindo o profesorado necesario para impartir todas as materias e obrigando a agrupar ao alumnado até o máximo que a lexislación permite: 25 alumnos e alumnas por aula en Educación Infantil e Primaria e 30 en Secundaria. Estas rateos vénse superadas, ademais, porque o alumnado repetidor segue sen computar e porque, unha vez iniciado o curso, a inspección pode obrigar a matricular máis alumnos/as. Deste xeito aforraron con respecto ao curso pasado outros 31 profesores e profesoras nos Institutos de Ensino Secundario na provincia de Ourense. As consecuencias deste “aforro” para o ensino público son: - Un maior número de alumnos e alumnas en cada aula o que dificulta a necesaria atención individualizada ao alumnado dados os diferentes ritmos de aprendizaxe. - A supresión de desdobres, reforzos, e outros agrupamentos específicos, o que sempre perxudica ao alumnado que ten máis dificultades de aprendizaxe. - A redución de grupos e supresión de materias optativas. - A obriga de que o profesorado imparta materias das que non é especialista, as chamadas “afíns” que pode levar a disparates como que un profesor de Bioloxía imparta tamén Historia, Inglés e Matemáticas. En resumo, a calidade do ensino público vese seriamente ameazada e haberá un notable incremento do fracaso escolar. Pola contra, a Consellaría de Educación non aplica esta política de “austeridade” no ensino privado, ao incrementar, e mesmo outorgar, novos concertos educativos como o do colexio Guillelme Brown, que o curso pasado recibiu a subvención por un aula de Infantil e este curso por outra máis, e o colexio Miraflores que concertou este curso un aula de Infantil. Cómpre saber que cada aula de infantil concertada ten un coste para Consellaría de máis de 46.000 euros cada ano. Estes dous novos centros concertados están no concello do Pereiro de Aguiar, onde ao colexio público Ben-Cho-Shey se lle nega o desdobre dun aula de infantil de 4 anos obrigando a manter dúas aulas moi masificadas e unha aula mixta (con alumnado de diferente idade). Esta precariedade no colexio público é para “aforrar” un docente, cando regala case 150.000 euros nos dous privados concertados este curso que se incrementarán en case 100.000 euros anuais cada ano, até obter o concerto de todo o ensino obrigatorio. Medidas como esta, poñen en evidencia que non estamos ante un problema económico como se nos pretende facer crer, senón ante unha decisión política de favorecer o privado en detrimento do público. Todos os recortes que se están a practicar afectan única e exclusivamente á pública, mentres a concertada incrementa os ingresos de diñeiro público que pagamos todas e todos.
  • 2. Ademais, a Consellaría adícase a atacar ao seu propio profesorado procurando o desprestixio da función docente e tentando trasladar á cidadanía continuas falsidades, como dar a entender que o profesorado soamente traballa 18 ou 20 horas, ocultando todas as tarefas que, no centro ou fóra del, debe realizar. Tarefas que se viron incrementadas ao impoñerlle a Consellaría unha nova función que non lle corresponde: a vixilancia do alumnado transportado, que ten dúas consecuencias: a primeira, que deste xeito se impide a ampliación de xornada de traballo e retribucións das coidadoras do transporte e, a segunda, que a realización desta tarefa resta tempo e dispoñibilidade para realizar outras tarefas moito máis necesarias para o desenvolvemento pedagóxico do alumnado. As profesoras e os profesores vimos desenvolvendo numerosas tarefas sen importarnos, moitas veces, as horas que nelas tiñamos que investir. A nosa vontade é manter ese compromiso, sabedores de que o ensino público é un ensino de calidade, a mellor oferta educativa para as mozas e os mozos que formarán a sociedade do futuro. Negámonos, pois, a que os prexuízos ideolóxicos desta Consellaría contra o ensino público boten por terra o traballo realizado durante anos e anos ou pretendan restarnos dedicación para manter os niveis de calidade que consideramos necesarios. Por iso, seguimos loitando para recuperar o noso horario lectivo, para rexeitar a imposición da custodia do alumnado transportado e para impedir os recortes; en definitiva, para defender o ensino público galego. Temos a seguridade de que, nesta loita, estamos todos do mesmo lado e podemos contar co seu apoio.