SlideShare a Scribd company logo
1 of 112
anduriñas
Mon
Daporta
COUSIÑAS FEITAS NA CASA
Chegou setembro, acurtáronse os días,
e Roque deixou de escoitar ás veciñas.
Non se sorprendeu porque xa o sabía,
fóronse a África en busca de vida.
e como xa facía tempo que el tamén o quería
foi dar unha volta para saber que facían
e ver a outras parentes, ás demais anduriñas.
das que oíra falar, mais que non coñecía
E co que buscou, veu e xuntou...
Aquí tendes o traballo que armou.
anduriña
golondrina
enara
oreneta
andorinha
swallow
hirondelle
schlucken
rondine
As anduriñas son
paxaros de corpo
esbelto, ás
longas e patas
curtas,
Co peteiro curto, que poden abrir
moito para capturar os insectos
mentres voan.
Aínda que non o fan a miúdo poden pousar
no chan e fanno cando recollen barro para
facer o niños e, ás veces, para beber -
normalmente beben e báñanse sen pousar-.
Anduriña dando un baño
Anduriña
bebendo
Anduriña collendo
barro para facer o
niño
Os machos fanse notar e sinalan o territorio
cantando, dispoñen dun amplo repertorio
de sons. Cantan mentres voan ou pousados
preto da localización do niño.
Machos, femias, e crias producen sons de
aviso, alerta e chamada.
Na primavera
forman parellas
para comezar a
cría.
Despois constrúen, ou reparan,
(con barro ou so con materia
vexetal) e acondicionan (con
palla e plumas) o niño.
Os distintos grupos fan niños diferentes: uns
escavan buratos, máis ou menos fondos, en
noiros brandos, outros aproveitan furados
naturais e hainos que constrúen, con barro,
recipientes -abertos por arriba, pechados
con so un burato para entrar e saír, e
pechados coa entrada prolongada nunha
forma tubular. Niños escavados nun noiro
Niño de barro, en
construción
Niño de barro, pechado,
coa entrada tubular
No que poñen habitualmente
entre dous e sete ovos,
brancos ou apincarados, que
chocan entre 15 e 18 días.
Ovos de anduriña común, e das especies
que constrúen niños abertos
Ovos de anduriñas excavadoras ou que
constrúen niños pechados
As crías nacen pouco
desenvolvidas e son
alimentadas entre 14
e 18 días antes de
deixar o niño,
e unha semana máis despois
de deixalo, antes de seren
independentes.
Ao longo da tempada de cria
cada parella adoita sacar
adiante dúas roladas que xa
crían ao ano seguinte.
Rematada a tempada de cría as
especies migradoras xúntanse
en bandos para faceren a viaxe
aos seus lugares de invernada.
Poden vivir
uns 11 anos,
pero o
promedio de
vida é duns
catro anos.
Modelos de niños
artificiais para anduriñas
Niños colectivos e instalacións para a axuda á cría
das anduriñas nos Estados Unidos
Polos seus hábitos alimentarios e pola súa
proximidade ás persoas fan parte de historias e
lendas, e son aves ben consideradas, polo que
se protexen, e nalgúns sitios tamén se lles axuda
con instalacións para que se reproduzan.
Entre as crenzas
populares máis
estendidas está a de
que son paxaros que
dan boa sorte, cando
aniñan nunha casa, e
que a altura do seu
voo serve para
predicir o tempo -se
voan alto vai facer bo,
e se voan baixo o
tempo vai empeorar-.
En ocasións os niños das anduriñas,
que poden durar varios anos, son
ocupados por outros paxaros.
Pardal macho ocupando un niño de anduriñas
Pardal femia alimentando ás crías que tivo
nun niño de anduriñas
as especies
Hirundo rustica (anduriña común). Atópase en espazos
abertos de todos os continentes, a non ser na Antártida.
Mide entre 15 e 20 cm e pesa uns 20 g.
Fai o niño de barro ao abrigo de estruturas, preto da xente.
Chega de África entre marzo e abril.
Cada niñada está formada por catro ou cinco ovos.
Entre maio e agosto cada parella saca adiante dúas roladas.
A finais de agosto xúntanse en bandos para migraren ao sur.
En Galiza é común en todo o territorio.
Recoñécense 6 subespécies:
H. r. rustica, a subespecie nominal, de Europa -ata o círculo polar ártico- e Asia ata a
cunca do río Ienisei, o oeste do macizo de Altái, Sinkiang (China), e Sikkim (India), polo
leste; Irak, Asia Menor, e o norte de África, polo sur. Migra a África, Arabia e partes da
India e Sri Lanka.
H. r. transitiva, de Oriente Medio, desde o sur de Turquía ata Israel. É parcialmente
sedentaria, aínda que hai exemplares que pasan o inverno en África Oriental.
H. r. savignii, de Exipto. Sedentaria
H. r. gutturalis, de Asia oriental, entre Yakutsk e as costas do mar de Ojotsk e
Kamchatka, Xapón e Corea. Con poboacións nos Himalaias centrais e orientais
H. r. tytleri, do sur de Siberia desde a cunca del río Angará ata Yakutsk e o norte de
Mongolia polo sur. Pasa o inverno no sueste asiático, ata o oeste de Malasia,
H. r. erythrogaster, a subespecie americana, Cría en América do Norte, desde Alaska
ata o sur de México, e migra ás Antillas Menores, Costa Rica, Panamá e Sudamérica
para pasar o inverno.
Os niños da
anduriña común
están abertos todo
por enriba
Hirundo aethiopica
(anduriña etiópica).
Atópase por África ao sur
do Sahara.
Hirundo albigularis
(anduriña de gorxa
branca). Atópase en
espazos abertos e
praderías de lugares
altos, preto da auga, na
África austral, desde
Angola e Zambia ata a
Cidade do Cabo en
Sudáfrica.
Mide de 14 a 17 cm.
Fai curtos
desprazamentos
migratorios cara ao norte.
Hirundo angolensis
(anduriña angoleña).
Atópase en África Central.
Habita Angola, Burundi,
República Democrática do
Congo, Gabón, Kenia,
Malaui, Namibia, Ruanda,
Tanzania, Uganda e Zambia.
Hirundo atrocaerulea (anduriña azul).
Atópase en pasteiros elevados e zonas
boscosas de África oriental. Cría no
sueste de África e pasa o inverno en
terras abertas con árbores do norte
de Uganda e Kenia.
Mide entre 18 a 25 cm.
Fan o niño en buratos e poñen nel 3
ovos.
Hirundo dimidiata (anduriña
perlada). Atópase nas terras
secas, pasteiros, claros de bosque
e preto das poboacións de África
austral. Cría entre o sur de África
e Angola, o sur da República
Democrática do Congo e Tanzania,
e migran cara ao norte, ao sur de
África central, no inverno.
Mide de 13 a 14 cm.
Fai o niño en cavidades naturais
ou en estruturas construídas
polas persoas onde pon 2 ou 3
ovos brancos.
Recoñécense 2 subespecies:
H. d. dimidiata, e
H. d. marwitzi, máis pequena e máis escura.
Hirundo domicola
(anduriña dos Nilgiri -
montes azuis-). É endémica
dos montes do sur da India
e de Sri Lanka.
Mide uns 13 cm.
Fai o niño en paredes e
cantís. Pon ata 4 ovos
Hirundo leucosoma (anduriña
de as pintas). Vive en África
occidental. Ao norte do golfo
de Guinea.
Mide uns 12 cm.
Pon 3 ou 4 ovos.
Hirundo lucida (anduriña de
Guinea ou anduriña de peito
vermello). Vive no oeste de
África, a cunca do río Congo e
Etiopía.
Recoñécense 3 subespecies:
H. l. lucida,
H. l. rothschildi
e H. l. subalaris.
Hirundo megaensis (anduriña de rabo
branco). So vive nos matos tropicais de
gran altura das montañas da área de
Oroma do sur de Etiopía.
Mide uns 13 cm.
Pon 3 ou 4 ovos.
Quedan arredor de 10.000 exemplares
que se atopan ameazados pola destrución
do seu hábitat.
Hirundo neoxena (anduriña
australiana). Vive en áreas
abertas, claros e ambientes
urbanos de Australia e as illas
próximas, e de Nova Zelandia.
Mide uns 15 cm.
Algunhas poboacións migran
entre o sur e o norte de Australia
e as outras son sedentarias.
Hirundo nigrita (anduriña
negriña). Vive en África
ecuatorial occidental e
central.
Hirundo nigrorufa (anduriña
negra e vermella). So se atopa
en praderías con arbustos de
Angola, da República
Democrática do Congo e de
Zambia.
Hirundo smithii (anduriña de rabo longo).
Atópase nas áreas de clima tropical de África, ao sur
do Sahara, e de Asia, desde a India ao sueste do
continente.
Mide uns 14 cm.
Constrúen niños illados en cantís ou estruturas.
Poñen 3 ou 4 ovos en África e ata 5 en Asia.
É bastante sedentaria pero as poboacións de máis ao
norte desprázanse cara ao sur no inverno.
Recoñécense 2 subespecies:
H. s. smithii e H. s filifera, africana, máis grande.
Hirundo tahitica (anduriña do
Pacífico). Atópase polo sueste
asiático e illas do Pacífico, desde
as Riūkiū ata a Melanesia e a
Polinesia francesa. Vive,
maiormente, preto da costa.​
Mide uns 13 cm de lonxitude.
Psalidoprocne albiceps (anduriña de
cabeza branca). Atópase na área arredor
dos grandes lagos de África e no
nordeste de Angola.
Psalidoprocne fuliginosa (anduriña
camerunesa ou anduriña escura). So se atopa
na illa de Bioko (Guinea Ecuatorial) e nos
arredores do monte Camerún, da costa do
Camerún.
Psalidoprocne nitens. (anduriña de rabo
curto). Atópase en África central e
occidental, entre Serra Leona, a cunca do
río Congo e Angola.
Recoñécense 2 subespecies:
P. n. nitens, a nominal, da maior parte do territorio, e
P. n. centralis, do nordeste da República Democrática do
Congo.
Psalidoprocne obscura
(anduriña fanti). Atópase en
África Occidental.
Mide uns 17 cm.
Vive en campos abertos e
bosques non moi densos, preto
da auga, nas terras baixas, desde
Senegal a Camerún. É
principalmente sedentaria.
Aniñan en furados que excavan
en noiros verticais nos que
poñen 2 ovos.
Psalidoprocne pristoptera
(anduriña negra). Atópase por
toda África ao sur do Sahara, a
non ser nas áreas máis secas.
Recoñécense numerosas
subespecies:
P. p. petiti,
P. p. chalybea,
P. p. pristoptera,
P. p. blanfordi,
P. p. antinorii,
P. p. oleaginea,
P. p. mangbettorum,
P. p. ruwenzori,
P. p. reichenowi,
P. p. massaica,
P. p. orientalis,
P. p. holomelas
Pseudhirundo griseopyga (anduriña do cu gris). Atópase,
de forma discontínua, por toda África ao sur do Sahara.
Recoñécense 2 subespecies:
P. g. melbina, das áreas costeiras, desde Gambia ao noroeste de Angola.
P. g. griseopyga, do resto da área.
Cheramoeca leucosterna (anduriña de lombo branco).
É endémica de Australia onde ocupa espazos abertos con
herbeiros e mato.
Mide uns 15 cm.
​Aniña en tobos que excava nos noiros de ríos e regatos
Phedina borbonica (anduriña
das illas Mascareñas). Cría nas
illas Mascareñas (Mauricio e
Reunión e en Madagascar.
Cría en pequenos grupos. Apega
o niño, no que pon 2 ou 3 ovos,
en cornixas, rochedos, edificios,
cantís e covas.
Recoñécense 2 subespecies:
P. b. borbonica, das illas menores, máis
grande e sedentaria,
P. b. madagascariensis, de Madagascar, máis
pequena, con exemplares que migran ao
continente e a outras illas.
Phedina brazzae (anduriña
do Congo ou anduriña de
Brazza). Distribúese entre
Angola, a República do
Congo e a República
Democrática do Congo.
Mide uns 12 cm.
Cava o niño, no que pon ata
3 ovos, nos noiros dos ríos.
Riparia paludicola (anduriña paludícola). Atópase, preto
dos cursos de auga, pola meirande parte de África.
Mide uns 12 cm.
Aniña, en grupos, nos noiros areosos dos ríos onde cava
tobos de ata 60 cm de longo nos que pon de 2 a 4 ovos.
Recoñécense varias subespecies:
R. p. paludicola, do sur de África, coas partes inferiores blancas.
R. p. paludibula, do oeste de África, máis pequeno e escuro que a subespecie
nominal.
R. p. ducis, do leste de África, máis pequeno que a subespecie nominal.
R. p. mauretanica, de Marrocos. Pequeno e claro.
R. p. newtoni, das montañas de Camerún, máis escuro.
R. p. cowani, de Madagascar, pequeno e coas partes inferiores grises.
Riparia chinensis (anduriña das barreiras de
gorxa gris). Vive entre o centro e o sur de
Asia, en herbeiros, sabanas e cultivos, preto
da auga, de Taxikistán, Afganistán o
subcontinente indio ata o sur de China,
Taiwán, e parte do sudeste asiático, incluído
o norte de Filipinas.​
Riparia congica (anduriña das barreiras do Congo).
So se atopa nos bosques de ribeira con noiros areosos,
onde poder cavar os niños, ao longo do río Congo e do
seu afluente Ubangui de onde é endémica.
Mide uns 11 cm.
Riparia riparia (anduriña das barreiras). Atópase
en Europa, Asia, África e América.
Mide uns 12 cm.
Xúntase en grupos para aniñar en furados, que
cava en noiros de terra ou area compactada, nos
que pon 4 ou 5 ovos.
En Galiza é visitante de verán, cría en pequeno
número e repartido de xeito irregular.
Riparia diluta (anduriña das
barreiras pálida). Atópase en
praderías abertas e sabanas,
preto da auga, desde o centro
de Asia ata o sueste de China,
en Afganistán, China, Mongolia,
Kirguistán y Pakistán.
Riparia cincta (anduriña das barreiras
de cellas brancas). Vive en África ao
sur do Sahara.
Mide uns 16 cm.
Non forma colonias para aniñar. Cava
o niño, un tobo de entre 60 e 90 cm de
longo, cunha cámara no fondo na que
amorea palla e plumas, en noiros de
area, no que pon entre 2 e 5 ovos.
Recoñécense 5 subespecies:
N. c. erlangeri, de Etiopía
N. c. suahelica, do sur do Sudán e o oeste de Kenya ao
norte de Zimbabue e o oeste de Mozambique
N. c. parvula, do norte de Angola, o suroeste da
República Democrática do Congo e o noroeste de
Zambia
N. c. xerica, do oeste e o sur de Angola, o norte de
Namibia e o norte de Botsuana
N. c. cincta, do sueste de Botsuana, o sur de Zimbabue
e Sudáfrica.
Tachycineta bicolor (anduriña
bicolor). Cría en América do Norte
e inverna en México, América
Central e as illas do Caribe.
Mide uns 13cm e pesa uns 20 g.
Cava o niño en noiros brandos.
Forma bandos de varios miles de
aves preto dos sitios de
reproducción.
Tachycineta albilinea (anduriña
de mangleiro). Vive nos
mangleiros subtropicais e
tropicais, pasteiros húmidos ou
inundados, humidais e zonas
intermareais de América
Central, México e Perú.
Mide uns 13 cm e pesa arredor
de 14 g.
Constrúe niños voluminosos, en
ocos naturais ou artificiais preto
da auga, nos que pon de 3 a 5
ovos.
Tachycineta stolzmanni
(anduriña de Tumbes).
So se atopa en lugares
abertos, preto da auga,
no noroeste do Perú e
na costa do suroeste de
Ecuador.​
Constrúe o niño, con
plumas e febras, en
ocos de árbores ou de
estructuras.
Tachycineta albiventer (anduriña de
as brancas). Atópase nas áreas de
clima tropical e subtropica,
xeralmente preto da auga, de América
do Sur: desde Panamá, Colombia,
Venezuela e a illa Trinidade ata o
norte da Arxentina. Esta especie non
é migratoria.
Mide uns 13 cm e pesa 17 g.
Fai o niño con plumas e febras
vexetais en furados de árbores,​ entre
rochas ou en estruturas artificiais, no
que pon de 3 a 6 ovos brancos
Tachycineta leucorrhoa
(anduriña de cellas brancas).
Vive en espazos abertos, sabanas
secas e húmidas pasteiros, áreas
de cultivo, e bosques abertos,
preto da auga, en América do Sur
-desde Bolivia e Brasil ata
Paraguai, Uruguai e o centro da
Arxentina- e migra ao norte de
Brasil e de Colombia no inverno..
Mide uns 13 cm.
Tachycineta leucopyga (anduriña chilena ou
anduriña patagónica). Vive en espazos abertos. Cría
na Patagonia e no centro e no sur de Chile e migra
ao centro de Bolivia e o sueste do Brasil no inverno.
Mide uns 13 cm.
Tachycineta euchrysea (anduriña
dourada). So se atopa en claros de
bosque ou sabanas, preto da auga, de
algunhas illas do Caribe: Jamaica e a
Española, tanto en Haití como na
República Dominicana.
Recoñécense 2 subespecies:
T. e. euchrysea, de Jamaica.
T. e. sclateri, da illa Española.
Tachycineta thalassina (anduriña de
cor verdemar). Atópase en bosques,
matos, pasteiros, áreas rochosas,
marismas e intermareais da metade
oeste de Norteamérica. Cría en
América do Norte e pasa o inverno en
América Central e no norte de
Sudamérica.
Recoñécense 3 subespecies:
T. t. brachyptera, que cría no sur (California e México)
T. t. thalassina, que cría no norte (Canadá e Alaska)
T. t. lepida
Tachycineta cyaneoviridis (anduriña
das Bahamas). Cría no norte de
Bahamas e pasa o inverno en
Bahamas e en Cuba.
Fai o niño en furados de árbores e
pon 3 ovos.
Progne chalybea (anduriña
de peito gris​ ou anduriña
doméstica). Atópase en
bosques das zonas baixas,
mangleiros, sabanas,
pasteiros, humidais, terras
cultivadas e áreas urbanas,
desde os Estados Unidos ata
a Arxentina.
Recoñécense 3 subespecies:
P. c. chalybea, cría en Mexico, no sur de
América Central, no centro do Brasil e
na illa da Trinidade.
P. c. warneri, do oeste de Mexico.
P. c. macrorhamphus, cría no sur, en
América do Sur ata o centro da
Arxentina.
A subespecie do sur migra cara ao norte
(Venezuela) no inverno.
Progne cryptoleuca
(anduriña cubana). Atópase
nos mangleiros tropicais,
pasteiros matos e áreas
urbanas de Aruba, as Antillas
Neerlandesas, Cuba e os
Estados Unidos.
Progne dominicensis (anduriña
caribeña). Atópase en cultivos,
pasteiros, áreas urbanas, e
bosques tropicais degradados
de numerosas illas do Caribe.
Mide entre 17 e 20 cm e pesa
ata 40 g.
Progne elegans
(anduriña sureña ou
anduriña negra). Atópase
nos bosques, pasteiros e
áreas urbanas tropicais e
subtropicais de
Arxentina, Bolivia, Brasil,
Colombia, Panamá,
Paraguai, Perú, e
Uruguai.
Mide uns 20 cm.
Progne modesta (anduriña
das Galápagos). É endémica
das illas Galápagos, aínda
que non está presente en
todas as illas. Vive nas áreas
de bosque das partes altas.
Fai o niño en furados e
fendas das rochas e pon nel 2
ou 3 ovos brancos.
Está considerada en perigo,
xa que o seu número está
arredor de so 500
exemplares adultos.
Progne murphyi (anduriña
peruana ou anduriña negra
peruana). So se atopa nas
áreas costeiras do océano
Pacífico, entre o noroeste do
Perú e o norte de Chile. É
unha especie considerada
«Vulnerable», cunha
poboación que se estima
entre un mínimo de 3.500 e
un máximo de 15.000
individuos adultos, e con
tendencia descendente.
Progne sinaloae (anduriña
de Sinaloa ou anduriña
grande bicolor). Atópase
desde o norte de México ata
Guatemala. Cría en zonas
boscosas de coníferas, por
enriba dos 1.000 m, do
oeste da serra Madre e pasa
o inverno no sur de México
e en Guatemala.​
Mide de 17 a 19 cm.
Progne subis (anduriña
purpúrea). É a anduriña
máis grande de
Norteamérica. Pode
medir máis de 20 cm.
Recoñécense 3
subespecies
P. s. subis, cría no leste e no
medio oeste de américa do
Norte.
P. s. hesperia, cría en Mexico e
no suroeste dos Estados Unidos.
P. s. arboricola, das montañas do
oeste dos Estados Unidos.
Progne tapera
(anduriña parda,
anduriña sabaneira,
anduriña parda
grande ou anduriña
de río). Atópase
preto de ríos e
lagoas de América
do Sur e do sur de
América Central.
Mide entre 17 e 18
cm.
Escava o niño en
noiros terreños.
Notiochelidon cyanoleuca
(anduriña barranqueira,
anduriña azul e branca ou
anduriña de lombo negro).
Atópase desde Nicaragua ata o
sur de América do Sur, a non
ser nos desertos e na cunca do
Amazonas.
Mide entre 11 e 12 cm e pesa
arredor de 10 g.
Recoñécense 3 subespecies.
P. c. cyanoleuca, atópase desde Nicaragua e
o sur de Trinidad ata o noroeste de
Arxentina, Paraguai e Uruguai.
P.c. patagónica, das áreas de máis ao sur, é
máis grande (13 cm), de cor máis crara por
debaixo, e migradora
P.c. peruviana, da costa de Perú ata 2500 m
de altitude. É máis pequena, menos branca
por debaixo e máis escura nas ás.
Notiochelidon flavipes (anduriña de patas claras).
Atópase nos bosques húmidos dos Andes de Bolivia,
Colombia, Ecuador, Perú e Venezuela.
Mide uns 12 cm e pesa uns 10 g.
É sedentaria en toda a súa área de distribución
Notiochelidon murina
(anduriña de ventre
pardo). So se atopa en
matos e pasteiros
tropicais e subtropicais de
gran altura de Bolivia,
Colombia, Ecuador, Perú e
Venezuela.
Notiochelidon pileata
(anduriña de cabeza negra
ou golondrina de gorra). É
nativa de América Central:
El Salvador, Honduras,
Guatemala e México onde
se atopa no bosque húmido
tropical e subtropical, áreas
cultivadas e áreas urbanas.
Haplochelidon andecola
(anduriña andina, anduriña
puneña ou anduriña dos
riscos). Atópase en áreas
rochosas e quebradas de gran
altitude con mato e pasteiros
do centro oeste de América do
Sur -o centro do Perú, o oeste
de Bolivia, o norte de Chile e
as provincias do noroeste da
Arxentina.
Recoñécense 2 subespecies:
H. a. oroyae, das montañas do centro do
Perú.
H. a. andecola, do resto da área de
distribución.
Atticora fasciata
(anduriña faixada).
Atópase nas beiras
dos ríos de Bolivia,
Brasil, Colombia,
Ecuador, Guaiana
Francesa, Guiana,
Perú, Surinam e
Venezuela. Mide uns
15 cm e pesa entre 12
e 16 g.
Atticora melanoleuca
(anduriña de colar). Atópase
preto dos ríos en Arxentina,
Bolivia, Brasil, Colombia, a
Guaiana francesa, Guiana,
Paraguai, Surinam e
Venezuela.
Neochelidon tibialis (anduriña de patas brancas).
Atópase nas beiras dos bosques e nos barrancos de
terras baixas de Bolivia, Brasil, Colombia, Ecuador,
Guaiana francesa, Panamá, Perú, Surinam e
Venezuela.
Mide 12 cm entre 9 e 10 g.
Fai o niño en furados de rochas ou de árbores.
Stelgidopteryx ruficollis (anduriña de gorxa
rubia). Atópase en zonas abertas e claros de
bosque de América Central e América do Sur,
desde o sur de Honduras, ao norte de
Arxentina e Uruguai.
Mide 13 cm e pesa 15 g;
Aniña en ocos. Pon de 3 a 6 ovos brancos
Stelgidopteryx serripennis
(anduriña serrada). Cría en
América do Norte e pasa o
inverno en América Central e
nas illas do Caribe. Atópase en
bosques, humidais e áreas
rochosas.
Alopochelidon fucata (anduriña
de cabeza rubia ou anduriña de
cabeza castaña).atópase en
áreas abertas, pasteiros, sabanas
e humidais, de baixa altitude do
centro de América do Sur -sueste
do Perú, e sueste de Bolivia,
centro e sur do Brasil, ata
Uruguai, e o norte e o centro da
Arxentina. Desprázase cara ao
norte no inverno.
Ptyonoprogne rupestris
(anduriña dos penedos)
É unha especie de ampla
distribución por Europa,
África e Asia. Aniña en
casas, paredes rochosas,
pontes…
Mide 15 cm.
En Galiza é bastante
común, hai poboacións
residentes e migradoras, e
o seu número está
aumentando.
O niño da anduriña dos penedos e unha media
cunca aberta por enriba
Ptyonoprogne obsoleta (anduriña dos
penedos pálida). Atópase polo norte de
África e polo suroeste de Asia, ata
Pakistán, nas montañas, e en áreas
rochosas e preto de áreas habitadas.
Mide 12 o 13 cm.
Recoñécense varias subespecies:
P. o. obsoleta, desde Exipto ao suroeste de Irán. É a
subespecie nominal.
P. o. spatzi, do Centro e sur de Arxelia, o sur de
Libia, Chad e Malí. Prumaxe marrón escuro co
pescozo, o peito e o abdome de cor rubio
vermello.
P. o. presaharica, de Marrocos, o norte de Arxelia,
e Mauritania. De cor crara, como a area.
P. o. buchanani, das Montañas de Air, en Níxer. De
cor máis escura.​
P. o. arabica, do suroeste de Arabia, leste de
Sudán, norte de Somalía e a illa de Socotra. Grande
e de prumaxe escura.
P. o. perpallida, do nordeste de Arabia e do sur de
Irak. Co lombo gris crara e o pescozo e o peito
brancos.
P. o. peroplasta, desde o centro e o leste de Irán,
ata Pakistán. Coa plumaxe crara.
Ptyonoprogne fuligula (anduriña dos
penedos africana). Atópase en zonas de
montaña, e en zonas rochosas e preto
de poboados da África subsahariana
Mide de 12 a 15 cm de lonxitude.
Recoñécense varias subespecies:
P. f. fuligula, da Provincia Oriental do Cabo. É a
subespecie nominal.
P. f. pusilla, de Mali ata o oeste de Sudán e gran parte de
Etiopía. Máis crara e máis pequena que a subespecie
nominal.
P. f. fusciventris, desde o sur de Sudán e Etiopía ao norte
de Mozambique. Pequena e escura.
P. f. bansoensis, do centro e do oeste de África. Máis
pequena e escura.
P. f. anderssoni, desde o suroeste da Provincia do Cabo
ao sur de Angola. De tamaño similar á subespecie
nominal, pero de prumaxe máis crara.
P. f. pretoriae, do leste de Sudáfrica. Semellante á
nominal, pero de maior tamaño.
Ptyonoprogne concolor
(anduriña dos penedos
escura). Atópase en áreas de
montaña, con cantís, e áreas
urbanas do sur de Asia: do
subcontinente indio ata o sur
de China e o norte de
Tailandia, Vietnam e Laos.
Mide cerca de 13 cm.
Fai niño de barro. Pon de 2 a
4 ovos.
Recoñécense 2 subespecies:
P. c. concolor, a subespecie nominal, de
gran parte do subcontinente indio, desde
o pé dos Himalaias ao sur, ata as
montañas Nilgiri e o leste de Bengala
Occidental.
P. c. sintaungensis, do suroeste de China
e o norte de Tailandia, Vietnam e Laos.
Delichon urbicum (anduriña de cu
branco). De abril a outubro é moi
frecuente en zonas agrarias, cantís e
canteiras e preto das casas de toda
Europa e o Norte de África. Pasa o
inverno en África
Mide uns 13 cm e pesa arredor de 20 g.
Ave gregaria, cría entre maio e
setembro. Constrúe, en edificios ou
rochedos, un niño de barro no que
adoita facer dúas postas de 4 ou 5 ovos.
En Galiza é común, mais o seu número
está a diminuír.
Os niños da anduriña de cu branco son pechados e
teñen so un burato para a entrada
Delichon dasypus (anduriña do cu
branco asiática). Cría no Himalaia e en
Asia central e oriental, e pasa o inverno
nas montañas do sueste asiático. Vive
nos vales de montaña e nos cantís.
Mide uns 12 cm.
Cría en colonias. Constrúe niños de
barro en cantís e paredes nos que pon
entre 3 e 4 ovos.
Recoñécense 3 subespecies:
D. d. dasypus, a subespecie nominal. Cría no leste de
Rusia, nas illas Kuriles e Xapón
D. d. cashmeriensis, das montañas do Himalaia e Asia
central. No inverno achégase a zonas máis baixas e máis
ao sur.
D. d. nigrimentalis, do sueste da área de cría, é máis
pequena
Delichon nipalense (anduriña de cu branco do
Nepal). Vive nos vales fluviais e nos cantís dos
macizos montañosos dos Himalaias, da India a
Birmania ata o norte de Vietnam.
Mide uns 13 cm.
Aniña en colonias nos cantís. Constrúe niños
de barro nos que pon entre 3 e 4 ovos.
D. n. nipalense, subespecie nominal. Cría nos Himalaias, por
Nepal, o nordeste da India e Bangladés ata o oeste de Nianmar.
D. n. cuttingi, cría desde o norte de Nianmar, ao longo da fronteira
chinesa e no norte de Vietnam. É un pouco máis grande
Cecropis cucullata (anduriña
de cabeza rubia). Vive en
pasteiros de montaña do sur
de África. Cría en Sudáfrica,
Namibia e no sur de Zimbabue,
e pasa o inverno en Angola,
Tanzania e no sur do Congo
Mide entre 18 e 20 cm.
Cecropis abyssinica
(anduriña abisinia).
Atópase, en terras baixas
e boscosas e preto de
poboacións humanas, no
centro-oeste e no sur de
África​ desde Serra Leona
a Sudán do Sur e o leste
de Sudáfrica.
Mide entre 10 e 15 cm.
Recoñécense varias
subespecies que se
diferencian pola cor do
ventre.
Cecropis semirufa
(anduriña de peito rubio).
Atópase en terras abertas
e secas de África, ao sur
do Sahara.
Pode medir ata 24 cm.
Constrúe un niño de barro
en covas, paredes, pontes,
furados de árbores,... Pon
2 ou 3 ovos.
Migra seguindo as
choivas.
Cecropis senegalensis (anduriña
senegalesa). Vive nas terras
abertas con árbores e zonas de
cultivo da África subsahariana.
Mide ata 25 cm.
Fai desprazamentos seguindo as
choivas.
Constrúe o niño con barro en
covas, furados, pontes... no que
pon 3 ou 4 ovos.
Cecropis daurica (anduriña dáurica). Habita nos países de clima
temperado do sur de Europa e de Asia, desde a península
ibérica, no oeste, ata o Xapón, no leste, e en África ata os
trópicos polo sur. Os exemplares da India e de África son
sedentarios, pero os europeos e os das zonas asiáticas de máis
ao norte son migratorias, e pasan o inverno en África e na India.
Mide uns 17 cm.
De maio a xuño fan, en zonas rochosas e altas ou en
construcións, niños de barro cunha entrada longa, nos que
poñen de 3 a 6 ovos.
En Galiza é escasa e so se atopa ao leste da metade sur
Recoñécense 8 subespecies:
C. d. daurica, cría en Mongolia e nos arredores do Baikal e inverna no sur e no sueste de
Asia.
C. d. emini, de Sudán, Uganda, Kenia e Zambia.
C. d. erythropygia, da India.
C. d. japónica, cría no leste de Asia e inverna en Tailandia, a India e o norte de Australia.
C. d. kumboensis, das terras altas de Serra Leona e Camerún
C. d. melanocrissus, das terras altas de Etiopía.
C. d. nipalensis, cría desde Bután ao leste de Arunachal Pradesh, e inverna na India.
C. d. rufula, que cría no sur de Europa e Asia, da península ibérica ao Beluchistán. Migra ao
sur no inverno.
.
O niño da
anduriña dáurica
e pechado e
prolóngase
nunha entrada
tubular
Cecropis hyperythra
(anduriña de Sri Lanka).
É endémica da illa de Sri
Lanka.
Cecropis domicella
(anduriña do Sahel).
So se atopa nas
sabanas secas do sur do
Sahara, O Sahel, desde
Senegal e Gambia ata o
oeste do Sudán, Sudán
do sur e o oeste de
Etiopía.
Cecropis striolata (anduriña estriada ou
anduriña raiada grande) vive nas áreas
abertas e chas e nas zonas de cultivo
aclaradas do sur e o sueste asiático, desde
o norte da India e Taiwán ata Timor polo
sur.
Mide uns 19 cm.
Recoñécense 5 subespecies:
C. s. striolata, cría en Taiwán, as Filipinas e Indonesia.
C. s. mayri, cría desde o nordeste da India ao noroeste de
Nianmar. Ten as listas máis anchas ca subespecie nominal.
C. s. stanfordi, cría desde o nordeste de Nianmar ao norte
de Tailandia. Ten listas anchas.
C. s. vernayi, cría no oeste de Tailandia. Ten a parte de
abaixo máis roxa ca subespecie nominal.
C. s. badia, cría no sur de Tailandia e en Malaisia. Ten a parte
de abaixo rubia e con algunhas listas.
Cecropis badia
(anduriña de ventre
rubio ou de ventre
vermello). É endémica
da península malaia. Sur
de Tailandia e Malaisia.
Petrochelidon rufigula
(anduriña de gorxa
vermella). Vive en África
Central (Angola, República
do Congo, Gabón e Zambia)
Petrochelidon preussi
(anduriña de Preuss).
Atópase por toda África
Occidental (Benín, Burkina
Faso, Camerún, República
Centroafricana, República do
Congo, Costa de Marfil,
Guinea Ecuatorial, Ghana,
Guinea, Guinea-Bissau, Malí,
Níxer, Nixeria, Serra Leona e
Togo)
Petrochelidon perdita
(anduriña do mar
Vermello). É endémica do
leste de Sudán.
So se coñece por un
espécime, atopado en
maio de 1984 no
nordeste de Sudán.
Petrochelidon spilodera
(anduriña sudafricana).
Atópase no sur de África
central e en África austral
(Botsuana, República do
Congo, Gabón, Lesoto, Malaui,
Namibia, Sudáfrica, Zambia e
Zimbabue).
Fai o niño con barro en
edificios e pontes.
Petrochelidon fuliginosa (anduriña
selvática). Vive no oeste de África
Central (Camerún, República do
Congo, Guinea Ecuatorial, Gabón e
Nixeria.
Petrochelidon fluvicola
(anduriña india). É natural de
Pakistán, a India, Nepal e
Bangladés.
Petrochelidon ariel (anduriña
ariel). Vive en espazos
abertos preto da auga de
Australia e Nova Celandia, e
desprázase ás illas do norte
no inverno. Mide uns 12 cm e
pesa 11 g.
Aniña en colonias. Constrúe o
niño de barro en ocos, cantís,
edificios, pontes... e pon 4 ou
5 ovos.
Petrochelidon nigricans (anduriña
arborícola). Atópase en terras
abertas, con árbores, e áreas
urbanas das illas do sueste de Asia,
Australia e illas do Pacífico
(Melanesia). Cría en Australia e
Timor e pasa os invernos nas illas
de máis ao norte e ao leste. Mide
uns 13 cm.
Aniña en ocos e cantís. Pon entre 3
e 5 ovos.
Recoñécense 3 subespecies:
H. n. nigricans, a subespecie máis grande, cría en
case toda Australia e en Nova Celandia.
H. n.neglecta, cría no nordeste de Australia. Mide
entre 11 e 12 cm.
H. n. timoriensis, cría maiormente en Timor. É a
subespecie máis pequena.
Petrochelidon pyrrhonota
(anduriña dos riscos, anduriña
alfareira, anduriña grande,
anduriña de gorxa negra...).
Atópase por case toda América.
Mide uns 13 cm, e pesa arredor
de 20 g.
Petrochelidon fulva (anduriña de Puebla).
Atópase en México, no sur dos Estados
Unidos e nas illas máis grandes das Antillas.
Mide de 12 a 14 cm e pesa arredor de 19 g.
aniñan en ocos, pontes e espazos cubertos.
As poboacións do sur -interior de México,
Iucatán e Antillas meridionais- son
sedentarias, as demais son migratorias.
Recoñécense 3 subespecies:
P. f. fulva, en Florida e Cuba.
P. f. pallida ou P. f. pelodoma, do suroeste dos Estados Unidos
e do nordeste de México.
P. f. citata, das montañas do suroeste dos Estados Unidos e da
península do Iucatán en México.
Petrochelidon rufocollaris
(anduriña de pescozo
vermello). Vive en pasteiros e
bosques de Ecuador e Perú.
Pseudochelidon eurystomina
(anduriña de ribeira africana).
So se atopa en áreas boscosas
con bancos de area nas beiras
de parte do río Congo e
algúns dos seus afluentes, e
nas sabanas costeiras do
Gabón. mide uns 14 cm.
Cría en colonias de ata 800
aves. Cada parella cava un
tobo, nun noiro de area, de 1-
2 m de longo no que poñen
de dous a catro ovos brancos.
Aliméntase de insectos
voadores, maiormente
formigas.
Pseudochelidon sirintarae
(anduriña de ribeira asiática ou
avión de río de ollos brancos).
É endémica del sueste asiático.
Descubriuse en 1968, nun sitio
de invernada en Tailandia, e
non se volveu ver desde 1980.
E agora, que rematei, vou facer unha cousa...
Botarme a durmir ata que volvan!
As imaxes fotográficas foron collidas da internet e a información de fontes varias. Agradézolle aos
autores a súa dispoñibilidade, e agardo saiban disculpar o uso que fixen delas.
Mon Daporta

More Related Content

What's hot

Roque e as pombas II. Rulas
Roque e as pombas II. RulasRoque e as pombas II. Rulas
Roque e as pombas II. RulasMonContos
 
Os sapoconchos I
Os sapoconchos IOs sapoconchos I
Os sapoconchos IMonContos
 
Morcego roque o chasco
Morcego roque o chascoMorcego roque o chasco
Morcego roque o chascoMonContos
 
Os limícolas 2
Os limícolas 2Os limícolas 2
Os limícolas 2MonContos
 
A protección da natureza en Galiza (II). As especies
A protección da natureza en Galiza (II). As especiesA protección da natureza en Galiza (II). As especies
A protección da natureza en Galiza (II). As especiesmonadela
 
Anátidas (2)
Anátidas (2)Anátidas (2)
Anátidas (2)MonContos
 
Outros mamíferos acuáticos (Morcego Roque)
Outros mamíferos acuáticos (Morcego Roque)Outros mamíferos acuáticos (Morcego Roque)
Outros mamíferos acuáticos (Morcego Roque)MonContos
 
Especies de acuicultura. Moluscos.
Especies de acuicultura. Moluscos.Especies de acuicultura. Moluscos.
Especies de acuicultura. Moluscos.MonContos
 
Os picapeixes
Os picapeixesOs picapeixes
Os picapeixesMonContos
 
Curuxas, mouchos e bufos I
Curuxas, mouchos e bufos ICuruxas, mouchos e bufos I
Curuxas, mouchos e bufos IMonContos
 
Mamíferos acuáticos (1) (Morcego Roque)
Mamíferos acuáticos (1) (Morcego Roque)Mamíferos acuáticos (1) (Morcego Roque)
Mamíferos acuáticos (1) (Morcego Roque)MonContos
 
Cocodrilos p
Cocodrilos pCocodrilos p
Cocodrilos pmonadela
 
Cucos e outras aves niñoparásitas
Cucos e outras aves niñoparásitasCucos e outras aves niñoparásitas
Cucos e outras aves niñoparásitasMonContos
 
Especies protexidas animais
Especies protexidas animaisEspecies protexidas animais
Especies protexidas animaisMonContos
 
Roque e as pombas I
Roque e as pombas IRoque e as pombas I
Roque e as pombas IMonContos
 
Aves non voadoras
Aves non voadorasAves non voadoras
Aves non voadorasMonContos
 
O raposo (Morcego Roque)
O raposo (Morcego Roque)O raposo (Morcego Roque)
O raposo (Morcego Roque)MonContos
 
Especies invasoras animais
Especies invasoras animaisEspecies invasoras animais
Especies invasoras animaisMonContos
 

What's hot (20)

Roque e as pombas II. Rulas
Roque e as pombas II. RulasRoque e as pombas II. Rulas
Roque e as pombas II. Rulas
 
Os sapoconchos I
Os sapoconchos IOs sapoconchos I
Os sapoconchos I
 
Morcego roque o chasco
Morcego roque o chascoMorcego roque o chasco
Morcego roque o chasco
 
Os limícolas 2
Os limícolas 2Os limícolas 2
Os limícolas 2
 
A protección da natureza en Galiza (II). As especies
A protección da natureza en Galiza (II). As especiesA protección da natureza en Galiza (II). As especies
A protección da natureza en Galiza (II). As especies
 
Anátidas (2)
Anátidas (2)Anátidas (2)
Anátidas (2)
 
Outros mamíferos acuáticos (Morcego Roque)
Outros mamíferos acuáticos (Morcego Roque)Outros mamíferos acuáticos (Morcego Roque)
Outros mamíferos acuáticos (Morcego Roque)
 
Especies de acuicultura. Moluscos.
Especies de acuicultura. Moluscos.Especies de acuicultura. Moluscos.
Especies de acuicultura. Moluscos.
 
Os picapeixes
Os picapeixesOs picapeixes
Os picapeixes
 
Curuxas, mouchos e bufos I
Curuxas, mouchos e bufos ICuruxas, mouchos e bufos I
Curuxas, mouchos e bufos I
 
Mamíferos acuáticos (1) (Morcego Roque)
Mamíferos acuáticos (1) (Morcego Roque)Mamíferos acuáticos (1) (Morcego Roque)
Mamíferos acuáticos (1) (Morcego Roque)
 
Cocodrilos p
Cocodrilos pCocodrilos p
Cocodrilos p
 
Cucos e outras aves niñoparásitas
Cucos e outras aves niñoparásitasCucos e outras aves niñoparásitas
Cucos e outras aves niñoparásitas
 
Crocodilos
Crocodilos Crocodilos
Crocodilos
 
Especies protexidas animais
Especies protexidas animaisEspecies protexidas animais
Especies protexidas animais
 
Roque e as pombas I
Roque e as pombas IRoque e as pombas I
Roque e as pombas I
 
Aves non voadoras
Aves non voadorasAves non voadoras
Aves non voadoras
 
Limícolas
LimícolasLimícolas
Limícolas
 
O raposo (Morcego Roque)
O raposo (Morcego Roque)O raposo (Morcego Roque)
O raposo (Morcego Roque)
 
Especies invasoras animais
Especies invasoras animaisEspecies invasoras animais
Especies invasoras animais
 

Similar to Morcego Roque, as anduriñas

voitres.pptx
voitres.pptxvoitres.pptx
voitres.pptxMonContos
 
O raposo
O raposoO raposo
O raposomttq
 
Iguana 140904045133-phpapp02 (1)
Iguana 140904045133-phpapp02 (1)Iguana 140904045133-phpapp02 (1)
Iguana 140904045133-phpapp02 (1)LOPEZMOURENZA
 
Os mamiferos e aves de Galicia
Os mamiferos e aves de GaliciaOs mamiferos e aves de Galicia
Os mamiferos e aves de GaliciaBtt Xiabre
 
Plantas carnívoras
Plantas carnívorasPlantas carnívoras
Plantas carnívorasmonadela
 
Os animais típicos dos bosques galegos. ok
Os animais típicos dos bosques galegos. okOs animais típicos dos bosques galegos. ok
Os animais típicos dos bosques galegos. okPaulaReySilva
 
Bosque2
Bosque2Bosque2
Bosque2Fiz
 
Bosque3
Bosque3Bosque3
Bosque3Fiz
 
Os sapoconchos III
Os sapoconchos IIIOs sapoconchos III
Os sapoconchos IIIMonContos
 
Aves da Enseada do Umia-O Grove
Aves da Enseada do Umia-O GroveAves da Enseada do Umia-O Grove
Aves da Enseada do Umia-O Grovecandeadosalnes
 

Similar to Morcego Roque, as anduriñas (20)

voitres.pptx
voitres.pptxvoitres.pptx
voitres.pptx
 
A píntega
A píntegaA píntega
A píntega
 
O merlo
O merloO merlo
O merlo
 
petos.pptx
petos.pptxpetos.pptx
petos.pptx
 
A carriza
A carrizaA carriza
A carriza
 
O raposo
O raposoO raposo
O raposo
 
Iguana 140904045133-phpapp02 (1)
Iguana 140904045133-phpapp02 (1)Iguana 140904045133-phpapp02 (1)
Iguana 140904045133-phpapp02 (1)
 
Iguana
IguanaIguana
Iguana
 
Anfibios e réptiles 2
Anfibios e réptiles  2Anfibios e réptiles  2
Anfibios e réptiles 2
 
Canguros
CangurosCanguros
Canguros
 
Anfibios
AnfibiosAnfibios
Anfibios
 
Os mamiferos e aves de Galicia
Os mamiferos e aves de GaliciaOs mamiferos e aves de Galicia
Os mamiferos e aves de Galicia
 
Plantas carnívoras
Plantas carnívorasPlantas carnívoras
Plantas carnívoras
 
Os animais típicos dos bosques galegos. ok
Os animais típicos dos bosques galegos. okOs animais típicos dos bosques galegos. ok
Os animais típicos dos bosques galegos. ok
 
Animais
AnimaisAnimais
Animais
 
Bosque2
Bosque2Bosque2
Bosque2
 
Suricatos
SuricatosSuricatos
Suricatos
 
Bosque3
Bosque3Bosque3
Bosque3
 
Os sapoconchos III
Os sapoconchos IIIOs sapoconchos III
Os sapoconchos III
 
Aves da Enseada do Umia-O Grove
Aves da Enseada do Umia-O GroveAves da Enseada do Umia-O Grove
Aves da Enseada do Umia-O Grove
 

More from MonContos

publicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdf
publicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdfpublicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdf
publicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdfMonContos
 
rata Luisa o estanque.pptx
rata Luisa o estanque.pptxrata Luisa o estanque.pptx
rata Luisa o estanque.pptxMonContos
 
Rata Luisa Nadal.pptx
Rata Luisa Nadal.pptxRata Luisa Nadal.pptx
Rata Luisa Nadal.pptxMonContos
 
rata Luisa fútbol.pptx
rata Luisa fútbol.pptxrata Luisa fútbol.pptx
rata Luisa fútbol.pptxMonContos
 
rata luisa disfraces.pptx
rata luisa disfraces.pptxrata luisa disfraces.pptx
rata luisa disfraces.pptxMonContos
 
que fan que.pptx
que fan que.pptxque fan que.pptx
que fan que.pptxMonContos
 
a rolada.pptx
a rolada.pptxa rolada.pptx
a rolada.pptxMonContos
 
cactos e euforbias.pptx
cactos e euforbias.pptxcactos e euforbias.pptx
cactos e euforbias.pptxMonContos
 
Serra do Faro de Avión.pptx
Serra do Faro de Avión.pptxSerra do Faro de Avión.pptx
Serra do Faro de Avión.pptxMonContos
 
Serra da Paradanta.pptx
Serra da Paradanta.pptxSerra da Paradanta.pptx
Serra da Paradanta.pptxMonContos
 
Candea, Cabanillas unidade didáctica
Candea, Cabanillas unidade didácticaCandea, Cabanillas unidade didáctica
Candea, Cabanillas unidade didácticaMonContos
 
Calendario Cabanillas Candea 2009
Calendario Cabanillas Candea 2009Calendario Cabanillas Candea 2009
Calendario Cabanillas Candea 2009MonContos
 
Cabanillas Salnés (fotógrafos/as) II
Cabanillas Salnés (fotógrafos/as) IICabanillas Salnés (fotógrafos/as) II
Cabanillas Salnés (fotógrafos/as) IIMonContos
 
Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)
Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)
Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)MonContos
 
Agoiña miragreira (Cabanillas)
Agoiña miragreira (Cabanillas)Agoiña miragreira (Cabanillas)
Agoiña miragreira (Cabanillas)MonContos
 
Rata Luisa, paxariñas de papel
Rata Luisa, paxariñas de papelRata Luisa, paxariñas de papel
Rata Luisa, paxariñas de papelMonContos
 
Rata Luisa, máis papel
Rata Luisa,  máis papelRata Luisa,  máis papel
Rata Luisa, máis papelMonContos
 
Rata Luísa, barcos de papel
Rata Luísa,  barcos de papelRata Luísa,  barcos de papel
Rata Luísa, barcos de papelMonContos
 
Rata Luísa, avións de papel
Rata Luísa,  avións de papelRata Luísa,  avións de papel
Rata Luísa, avións de papelMonContos
 

More from MonContos (20)

publicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdf
publicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdfpublicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdf
publicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdf
 
rata Luisa o estanque.pptx
rata Luisa o estanque.pptxrata Luisa o estanque.pptx
rata Luisa o estanque.pptx
 
Rata Luisa Nadal.pptx
Rata Luisa Nadal.pptxRata Luisa Nadal.pptx
Rata Luisa Nadal.pptx
 
rata Luisa fútbol.pptx
rata Luisa fútbol.pptxrata Luisa fútbol.pptx
rata Luisa fútbol.pptx
 
rata luisa disfraces.pptx
rata luisa disfraces.pptxrata luisa disfraces.pptx
rata luisa disfraces.pptx
 
que fan que.pptx
que fan que.pptxque fan que.pptx
que fan que.pptx
 
a rolada.pptx
a rolada.pptxa rolada.pptx
a rolada.pptx
 
cactos e euforbias.pptx
cactos e euforbias.pptxcactos e euforbias.pptx
cactos e euforbias.pptx
 
Serra do Faro de Avión.pptx
Serra do Faro de Avión.pptxSerra do Faro de Avión.pptx
Serra do Faro de Avión.pptx
 
Serra da Paradanta.pptx
Serra da Paradanta.pptxSerra da Paradanta.pptx
Serra da Paradanta.pptx
 
Candea, Cabanillas unidade didáctica
Candea, Cabanillas unidade didácticaCandea, Cabanillas unidade didáctica
Candea, Cabanillas unidade didáctica
 
Calendario Cabanillas Candea 2009
Calendario Cabanillas Candea 2009Calendario Cabanillas Candea 2009
Calendario Cabanillas Candea 2009
 
Cabanillas Salnés (fotógrafos/as) II
Cabanillas Salnés (fotógrafos/as) IICabanillas Salnés (fotógrafos/as) II
Cabanillas Salnés (fotógrafos/as) II
 
Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)
Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)
Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)
 
Paco Leiro
Paco LeiroPaco Leiro
Paco Leiro
 
Agoiña miragreira (Cabanillas)
Agoiña miragreira (Cabanillas)Agoiña miragreira (Cabanillas)
Agoiña miragreira (Cabanillas)
 
Rata Luisa, paxariñas de papel
Rata Luisa, paxariñas de papelRata Luisa, paxariñas de papel
Rata Luisa, paxariñas de papel
 
Rata Luisa, máis papel
Rata Luisa,  máis papelRata Luisa,  máis papel
Rata Luisa, máis papel
 
Rata Luísa, barcos de papel
Rata Luísa,  barcos de papelRata Luísa,  barcos de papel
Rata Luísa, barcos de papel
 
Rata Luísa, avións de papel
Rata Luísa,  avións de papelRata Luísa,  avións de papel
Rata Luísa, avións de papel
 

Morcego Roque, as anduriñas

  • 2. Chegou setembro, acurtáronse os días, e Roque deixou de escoitar ás veciñas.
  • 3. Non se sorprendeu porque xa o sabía, fóronse a África en busca de vida.
  • 4. e como xa facía tempo que el tamén o quería foi dar unha volta para saber que facían
  • 5. e ver a outras parentes, ás demais anduriñas. das que oíra falar, mais que non coñecía
  • 6. E co que buscou, veu e xuntou... Aquí tendes o traballo que armou.
  • 8. As anduriñas son paxaros de corpo esbelto, ás longas e patas curtas,
  • 9. Co peteiro curto, que poden abrir moito para capturar os insectos mentres voan.
  • 10. Aínda que non o fan a miúdo poden pousar no chan e fanno cando recollen barro para facer o niños e, ás veces, para beber - normalmente beben e báñanse sen pousar-. Anduriña dando un baño Anduriña bebendo Anduriña collendo barro para facer o niño
  • 11. Os machos fanse notar e sinalan o territorio cantando, dispoñen dun amplo repertorio de sons. Cantan mentres voan ou pousados preto da localización do niño. Machos, femias, e crias producen sons de aviso, alerta e chamada.
  • 13. Despois constrúen, ou reparan, (con barro ou so con materia vexetal) e acondicionan (con palla e plumas) o niño.
  • 14. Os distintos grupos fan niños diferentes: uns escavan buratos, máis ou menos fondos, en noiros brandos, outros aproveitan furados naturais e hainos que constrúen, con barro, recipientes -abertos por arriba, pechados con so un burato para entrar e saír, e pechados coa entrada prolongada nunha forma tubular. Niños escavados nun noiro Niño de barro, en construción Niño de barro, pechado, coa entrada tubular
  • 15. No que poñen habitualmente entre dous e sete ovos, brancos ou apincarados, que chocan entre 15 e 18 días. Ovos de anduriña común, e das especies que constrúen niños abertos Ovos de anduriñas excavadoras ou que constrúen niños pechados
  • 16. As crías nacen pouco desenvolvidas e son alimentadas entre 14 e 18 días antes de deixar o niño,
  • 17. e unha semana máis despois de deixalo, antes de seren independentes. Ao longo da tempada de cria cada parella adoita sacar adiante dúas roladas que xa crían ao ano seguinte.
  • 18. Rematada a tempada de cría as especies migradoras xúntanse en bandos para faceren a viaxe aos seus lugares de invernada.
  • 19. Poden vivir uns 11 anos, pero o promedio de vida é duns catro anos.
  • 20. Modelos de niños artificiais para anduriñas Niños colectivos e instalacións para a axuda á cría das anduriñas nos Estados Unidos Polos seus hábitos alimentarios e pola súa proximidade ás persoas fan parte de historias e lendas, e son aves ben consideradas, polo que se protexen, e nalgúns sitios tamén se lles axuda con instalacións para que se reproduzan.
  • 21. Entre as crenzas populares máis estendidas está a de que son paxaros que dan boa sorte, cando aniñan nunha casa, e que a altura do seu voo serve para predicir o tempo -se voan alto vai facer bo, e se voan baixo o tempo vai empeorar-.
  • 22. En ocasións os niños das anduriñas, que poden durar varios anos, son ocupados por outros paxaros. Pardal macho ocupando un niño de anduriñas Pardal femia alimentando ás crías que tivo nun niño de anduriñas
  • 24. Hirundo rustica (anduriña común). Atópase en espazos abertos de todos os continentes, a non ser na Antártida. Mide entre 15 e 20 cm e pesa uns 20 g. Fai o niño de barro ao abrigo de estruturas, preto da xente. Chega de África entre marzo e abril. Cada niñada está formada por catro ou cinco ovos. Entre maio e agosto cada parella saca adiante dúas roladas. A finais de agosto xúntanse en bandos para migraren ao sur. En Galiza é común en todo o territorio. Recoñécense 6 subespécies: H. r. rustica, a subespecie nominal, de Europa -ata o círculo polar ártico- e Asia ata a cunca do río Ienisei, o oeste do macizo de Altái, Sinkiang (China), e Sikkim (India), polo leste; Irak, Asia Menor, e o norte de África, polo sur. Migra a África, Arabia e partes da India e Sri Lanka. H. r. transitiva, de Oriente Medio, desde o sur de Turquía ata Israel. É parcialmente sedentaria, aínda que hai exemplares que pasan o inverno en África Oriental. H. r. savignii, de Exipto. Sedentaria H. r. gutturalis, de Asia oriental, entre Yakutsk e as costas do mar de Ojotsk e Kamchatka, Xapón e Corea. Con poboacións nos Himalaias centrais e orientais H. r. tytleri, do sur de Siberia desde a cunca del río Angará ata Yakutsk e o norte de Mongolia polo sur. Pasa o inverno no sueste asiático, ata o oeste de Malasia, H. r. erythrogaster, a subespecie americana, Cría en América do Norte, desde Alaska ata o sur de México, e migra ás Antillas Menores, Costa Rica, Panamá e Sudamérica para pasar o inverno. Os niños da anduriña común están abertos todo por enriba
  • 25. Hirundo aethiopica (anduriña etiópica). Atópase por África ao sur do Sahara.
  • 26. Hirundo albigularis (anduriña de gorxa branca). Atópase en espazos abertos e praderías de lugares altos, preto da auga, na África austral, desde Angola e Zambia ata a Cidade do Cabo en Sudáfrica. Mide de 14 a 17 cm. Fai curtos desprazamentos migratorios cara ao norte.
  • 27. Hirundo angolensis (anduriña angoleña). Atópase en África Central. Habita Angola, Burundi, República Democrática do Congo, Gabón, Kenia, Malaui, Namibia, Ruanda, Tanzania, Uganda e Zambia.
  • 28. Hirundo atrocaerulea (anduriña azul). Atópase en pasteiros elevados e zonas boscosas de África oriental. Cría no sueste de África e pasa o inverno en terras abertas con árbores do norte de Uganda e Kenia. Mide entre 18 a 25 cm. Fan o niño en buratos e poñen nel 3 ovos.
  • 29. Hirundo dimidiata (anduriña perlada). Atópase nas terras secas, pasteiros, claros de bosque e preto das poboacións de África austral. Cría entre o sur de África e Angola, o sur da República Democrática do Congo e Tanzania, e migran cara ao norte, ao sur de África central, no inverno. Mide de 13 a 14 cm. Fai o niño en cavidades naturais ou en estruturas construídas polas persoas onde pon 2 ou 3 ovos brancos. Recoñécense 2 subespecies: H. d. dimidiata, e H. d. marwitzi, máis pequena e máis escura.
  • 30. Hirundo domicola (anduriña dos Nilgiri - montes azuis-). É endémica dos montes do sur da India e de Sri Lanka. Mide uns 13 cm. Fai o niño en paredes e cantís. Pon ata 4 ovos
  • 31. Hirundo leucosoma (anduriña de as pintas). Vive en África occidental. Ao norte do golfo de Guinea. Mide uns 12 cm. Pon 3 ou 4 ovos.
  • 32. Hirundo lucida (anduriña de Guinea ou anduriña de peito vermello). Vive no oeste de África, a cunca do río Congo e Etiopía. Recoñécense 3 subespecies: H. l. lucida, H. l. rothschildi e H. l. subalaris.
  • 33. Hirundo megaensis (anduriña de rabo branco). So vive nos matos tropicais de gran altura das montañas da área de Oroma do sur de Etiopía. Mide uns 13 cm. Pon 3 ou 4 ovos. Quedan arredor de 10.000 exemplares que se atopan ameazados pola destrución do seu hábitat.
  • 34. Hirundo neoxena (anduriña australiana). Vive en áreas abertas, claros e ambientes urbanos de Australia e as illas próximas, e de Nova Zelandia. Mide uns 15 cm. Algunhas poboacións migran entre o sur e o norte de Australia e as outras son sedentarias.
  • 35. Hirundo nigrita (anduriña negriña). Vive en África ecuatorial occidental e central.
  • 36. Hirundo nigrorufa (anduriña negra e vermella). So se atopa en praderías con arbustos de Angola, da República Democrática do Congo e de Zambia.
  • 37. Hirundo smithii (anduriña de rabo longo). Atópase nas áreas de clima tropical de África, ao sur do Sahara, e de Asia, desde a India ao sueste do continente. Mide uns 14 cm. Constrúen niños illados en cantís ou estruturas. Poñen 3 ou 4 ovos en África e ata 5 en Asia. É bastante sedentaria pero as poboacións de máis ao norte desprázanse cara ao sur no inverno. Recoñécense 2 subespecies: H. s. smithii e H. s filifera, africana, máis grande.
  • 38. Hirundo tahitica (anduriña do Pacífico). Atópase polo sueste asiático e illas do Pacífico, desde as Riūkiū ata a Melanesia e a Polinesia francesa. Vive, maiormente, preto da costa.​ Mide uns 13 cm de lonxitude.
  • 39. Psalidoprocne albiceps (anduriña de cabeza branca). Atópase na área arredor dos grandes lagos de África e no nordeste de Angola.
  • 40. Psalidoprocne fuliginosa (anduriña camerunesa ou anduriña escura). So se atopa na illa de Bioko (Guinea Ecuatorial) e nos arredores do monte Camerún, da costa do Camerún.
  • 41. Psalidoprocne nitens. (anduriña de rabo curto). Atópase en África central e occidental, entre Serra Leona, a cunca do río Congo e Angola. Recoñécense 2 subespecies: P. n. nitens, a nominal, da maior parte do territorio, e P. n. centralis, do nordeste da República Democrática do Congo.
  • 42. Psalidoprocne obscura (anduriña fanti). Atópase en África Occidental. Mide uns 17 cm. Vive en campos abertos e bosques non moi densos, preto da auga, nas terras baixas, desde Senegal a Camerún. É principalmente sedentaria. Aniñan en furados que excavan en noiros verticais nos que poñen 2 ovos.
  • 43. Psalidoprocne pristoptera (anduriña negra). Atópase por toda África ao sur do Sahara, a non ser nas áreas máis secas. Recoñécense numerosas subespecies: P. p. petiti, P. p. chalybea, P. p. pristoptera, P. p. blanfordi, P. p. antinorii, P. p. oleaginea, P. p. mangbettorum, P. p. ruwenzori, P. p. reichenowi, P. p. massaica, P. p. orientalis, P. p. holomelas
  • 44. Pseudhirundo griseopyga (anduriña do cu gris). Atópase, de forma discontínua, por toda África ao sur do Sahara. Recoñécense 2 subespecies: P. g. melbina, das áreas costeiras, desde Gambia ao noroeste de Angola. P. g. griseopyga, do resto da área.
  • 45. Cheramoeca leucosterna (anduriña de lombo branco). É endémica de Australia onde ocupa espazos abertos con herbeiros e mato. Mide uns 15 cm. ​Aniña en tobos que excava nos noiros de ríos e regatos
  • 46. Phedina borbonica (anduriña das illas Mascareñas). Cría nas illas Mascareñas (Mauricio e Reunión e en Madagascar. Cría en pequenos grupos. Apega o niño, no que pon 2 ou 3 ovos, en cornixas, rochedos, edificios, cantís e covas. Recoñécense 2 subespecies: P. b. borbonica, das illas menores, máis grande e sedentaria, P. b. madagascariensis, de Madagascar, máis pequena, con exemplares que migran ao continente e a outras illas.
  • 47. Phedina brazzae (anduriña do Congo ou anduriña de Brazza). Distribúese entre Angola, a República do Congo e a República Democrática do Congo. Mide uns 12 cm. Cava o niño, no que pon ata 3 ovos, nos noiros dos ríos.
  • 48. Riparia paludicola (anduriña paludícola). Atópase, preto dos cursos de auga, pola meirande parte de África. Mide uns 12 cm. Aniña, en grupos, nos noiros areosos dos ríos onde cava tobos de ata 60 cm de longo nos que pon de 2 a 4 ovos. Recoñécense varias subespecies: R. p. paludicola, do sur de África, coas partes inferiores blancas. R. p. paludibula, do oeste de África, máis pequeno e escuro que a subespecie nominal. R. p. ducis, do leste de África, máis pequeno que a subespecie nominal. R. p. mauretanica, de Marrocos. Pequeno e claro. R. p. newtoni, das montañas de Camerún, máis escuro. R. p. cowani, de Madagascar, pequeno e coas partes inferiores grises.
  • 49. Riparia chinensis (anduriña das barreiras de gorxa gris). Vive entre o centro e o sur de Asia, en herbeiros, sabanas e cultivos, preto da auga, de Taxikistán, Afganistán o subcontinente indio ata o sur de China, Taiwán, e parte do sudeste asiático, incluído o norte de Filipinas.​
  • 50. Riparia congica (anduriña das barreiras do Congo). So se atopa nos bosques de ribeira con noiros areosos, onde poder cavar os niños, ao longo do río Congo e do seu afluente Ubangui de onde é endémica. Mide uns 11 cm.
  • 51. Riparia riparia (anduriña das barreiras). Atópase en Europa, Asia, África e América. Mide uns 12 cm. Xúntase en grupos para aniñar en furados, que cava en noiros de terra ou area compactada, nos que pon 4 ou 5 ovos. En Galiza é visitante de verán, cría en pequeno número e repartido de xeito irregular.
  • 52. Riparia diluta (anduriña das barreiras pálida). Atópase en praderías abertas e sabanas, preto da auga, desde o centro de Asia ata o sueste de China, en Afganistán, China, Mongolia, Kirguistán y Pakistán.
  • 53. Riparia cincta (anduriña das barreiras de cellas brancas). Vive en África ao sur do Sahara. Mide uns 16 cm. Non forma colonias para aniñar. Cava o niño, un tobo de entre 60 e 90 cm de longo, cunha cámara no fondo na que amorea palla e plumas, en noiros de area, no que pon entre 2 e 5 ovos. Recoñécense 5 subespecies: N. c. erlangeri, de Etiopía N. c. suahelica, do sur do Sudán e o oeste de Kenya ao norte de Zimbabue e o oeste de Mozambique N. c. parvula, do norte de Angola, o suroeste da República Democrática do Congo e o noroeste de Zambia N. c. xerica, do oeste e o sur de Angola, o norte de Namibia e o norte de Botsuana N. c. cincta, do sueste de Botsuana, o sur de Zimbabue e Sudáfrica.
  • 54. Tachycineta bicolor (anduriña bicolor). Cría en América do Norte e inverna en México, América Central e as illas do Caribe. Mide uns 13cm e pesa uns 20 g. Cava o niño en noiros brandos. Forma bandos de varios miles de aves preto dos sitios de reproducción.
  • 55. Tachycineta albilinea (anduriña de mangleiro). Vive nos mangleiros subtropicais e tropicais, pasteiros húmidos ou inundados, humidais e zonas intermareais de América Central, México e Perú. Mide uns 13 cm e pesa arredor de 14 g. Constrúe niños voluminosos, en ocos naturais ou artificiais preto da auga, nos que pon de 3 a 5 ovos.
  • 56. Tachycineta stolzmanni (anduriña de Tumbes). So se atopa en lugares abertos, preto da auga, no noroeste do Perú e na costa do suroeste de Ecuador.​ Constrúe o niño, con plumas e febras, en ocos de árbores ou de estructuras.
  • 57. Tachycineta albiventer (anduriña de as brancas). Atópase nas áreas de clima tropical e subtropica, xeralmente preto da auga, de América do Sur: desde Panamá, Colombia, Venezuela e a illa Trinidade ata o norte da Arxentina. Esta especie non é migratoria. Mide uns 13 cm e pesa 17 g. Fai o niño con plumas e febras vexetais en furados de árbores,​ entre rochas ou en estruturas artificiais, no que pon de 3 a 6 ovos brancos
  • 58. Tachycineta leucorrhoa (anduriña de cellas brancas). Vive en espazos abertos, sabanas secas e húmidas pasteiros, áreas de cultivo, e bosques abertos, preto da auga, en América do Sur -desde Bolivia e Brasil ata Paraguai, Uruguai e o centro da Arxentina- e migra ao norte de Brasil e de Colombia no inverno.. Mide uns 13 cm.
  • 59. Tachycineta leucopyga (anduriña chilena ou anduriña patagónica). Vive en espazos abertos. Cría na Patagonia e no centro e no sur de Chile e migra ao centro de Bolivia e o sueste do Brasil no inverno. Mide uns 13 cm.
  • 60. Tachycineta euchrysea (anduriña dourada). So se atopa en claros de bosque ou sabanas, preto da auga, de algunhas illas do Caribe: Jamaica e a Española, tanto en Haití como na República Dominicana. Recoñécense 2 subespecies: T. e. euchrysea, de Jamaica. T. e. sclateri, da illa Española.
  • 61. Tachycineta thalassina (anduriña de cor verdemar). Atópase en bosques, matos, pasteiros, áreas rochosas, marismas e intermareais da metade oeste de Norteamérica. Cría en América do Norte e pasa o inverno en América Central e no norte de Sudamérica. Recoñécense 3 subespecies: T. t. brachyptera, que cría no sur (California e México) T. t. thalassina, que cría no norte (Canadá e Alaska) T. t. lepida
  • 62. Tachycineta cyaneoviridis (anduriña das Bahamas). Cría no norte de Bahamas e pasa o inverno en Bahamas e en Cuba. Fai o niño en furados de árbores e pon 3 ovos.
  • 63. Progne chalybea (anduriña de peito gris​ ou anduriña doméstica). Atópase en bosques das zonas baixas, mangleiros, sabanas, pasteiros, humidais, terras cultivadas e áreas urbanas, desde os Estados Unidos ata a Arxentina. Recoñécense 3 subespecies: P. c. chalybea, cría en Mexico, no sur de América Central, no centro do Brasil e na illa da Trinidade. P. c. warneri, do oeste de Mexico. P. c. macrorhamphus, cría no sur, en América do Sur ata o centro da Arxentina. A subespecie do sur migra cara ao norte (Venezuela) no inverno.
  • 64. Progne cryptoleuca (anduriña cubana). Atópase nos mangleiros tropicais, pasteiros matos e áreas urbanas de Aruba, as Antillas Neerlandesas, Cuba e os Estados Unidos.
  • 65. Progne dominicensis (anduriña caribeña). Atópase en cultivos, pasteiros, áreas urbanas, e bosques tropicais degradados de numerosas illas do Caribe. Mide entre 17 e 20 cm e pesa ata 40 g.
  • 66. Progne elegans (anduriña sureña ou anduriña negra). Atópase nos bosques, pasteiros e áreas urbanas tropicais e subtropicais de Arxentina, Bolivia, Brasil, Colombia, Panamá, Paraguai, Perú, e Uruguai. Mide uns 20 cm.
  • 67. Progne modesta (anduriña das Galápagos). É endémica das illas Galápagos, aínda que non está presente en todas as illas. Vive nas áreas de bosque das partes altas. Fai o niño en furados e fendas das rochas e pon nel 2 ou 3 ovos brancos. Está considerada en perigo, xa que o seu número está arredor de so 500 exemplares adultos.
  • 68. Progne murphyi (anduriña peruana ou anduriña negra peruana). So se atopa nas áreas costeiras do océano Pacífico, entre o noroeste do Perú e o norte de Chile. É unha especie considerada «Vulnerable», cunha poboación que se estima entre un mínimo de 3.500 e un máximo de 15.000 individuos adultos, e con tendencia descendente.
  • 69. Progne sinaloae (anduriña de Sinaloa ou anduriña grande bicolor). Atópase desde o norte de México ata Guatemala. Cría en zonas boscosas de coníferas, por enriba dos 1.000 m, do oeste da serra Madre e pasa o inverno no sur de México e en Guatemala.​ Mide de 17 a 19 cm.
  • 70. Progne subis (anduriña purpúrea). É a anduriña máis grande de Norteamérica. Pode medir máis de 20 cm. Recoñécense 3 subespecies P. s. subis, cría no leste e no medio oeste de américa do Norte. P. s. hesperia, cría en Mexico e no suroeste dos Estados Unidos. P. s. arboricola, das montañas do oeste dos Estados Unidos.
  • 71. Progne tapera (anduriña parda, anduriña sabaneira, anduriña parda grande ou anduriña de río). Atópase preto de ríos e lagoas de América do Sur e do sur de América Central. Mide entre 17 e 18 cm. Escava o niño en noiros terreños.
  • 72. Notiochelidon cyanoleuca (anduriña barranqueira, anduriña azul e branca ou anduriña de lombo negro). Atópase desde Nicaragua ata o sur de América do Sur, a non ser nos desertos e na cunca do Amazonas. Mide entre 11 e 12 cm e pesa arredor de 10 g. Recoñécense 3 subespecies. P. c. cyanoleuca, atópase desde Nicaragua e o sur de Trinidad ata o noroeste de Arxentina, Paraguai e Uruguai. P.c. patagónica, das áreas de máis ao sur, é máis grande (13 cm), de cor máis crara por debaixo, e migradora P.c. peruviana, da costa de Perú ata 2500 m de altitude. É máis pequena, menos branca por debaixo e máis escura nas ás.
  • 73. Notiochelidon flavipes (anduriña de patas claras). Atópase nos bosques húmidos dos Andes de Bolivia, Colombia, Ecuador, Perú e Venezuela. Mide uns 12 cm e pesa uns 10 g. É sedentaria en toda a súa área de distribución
  • 74. Notiochelidon murina (anduriña de ventre pardo). So se atopa en matos e pasteiros tropicais e subtropicais de gran altura de Bolivia, Colombia, Ecuador, Perú e Venezuela.
  • 75. Notiochelidon pileata (anduriña de cabeza negra ou golondrina de gorra). É nativa de América Central: El Salvador, Honduras, Guatemala e México onde se atopa no bosque húmido tropical e subtropical, áreas cultivadas e áreas urbanas.
  • 76. Haplochelidon andecola (anduriña andina, anduriña puneña ou anduriña dos riscos). Atópase en áreas rochosas e quebradas de gran altitude con mato e pasteiros do centro oeste de América do Sur -o centro do Perú, o oeste de Bolivia, o norte de Chile e as provincias do noroeste da Arxentina. Recoñécense 2 subespecies: H. a. oroyae, das montañas do centro do Perú. H. a. andecola, do resto da área de distribución.
  • 77. Atticora fasciata (anduriña faixada). Atópase nas beiras dos ríos de Bolivia, Brasil, Colombia, Ecuador, Guaiana Francesa, Guiana, Perú, Surinam e Venezuela. Mide uns 15 cm e pesa entre 12 e 16 g.
  • 78. Atticora melanoleuca (anduriña de colar). Atópase preto dos ríos en Arxentina, Bolivia, Brasil, Colombia, a Guaiana francesa, Guiana, Paraguai, Surinam e Venezuela.
  • 79. Neochelidon tibialis (anduriña de patas brancas). Atópase nas beiras dos bosques e nos barrancos de terras baixas de Bolivia, Brasil, Colombia, Ecuador, Guaiana francesa, Panamá, Perú, Surinam e Venezuela. Mide 12 cm entre 9 e 10 g. Fai o niño en furados de rochas ou de árbores.
  • 80. Stelgidopteryx ruficollis (anduriña de gorxa rubia). Atópase en zonas abertas e claros de bosque de América Central e América do Sur, desde o sur de Honduras, ao norte de Arxentina e Uruguai. Mide 13 cm e pesa 15 g; Aniña en ocos. Pon de 3 a 6 ovos brancos
  • 81. Stelgidopteryx serripennis (anduriña serrada). Cría en América do Norte e pasa o inverno en América Central e nas illas do Caribe. Atópase en bosques, humidais e áreas rochosas.
  • 82. Alopochelidon fucata (anduriña de cabeza rubia ou anduriña de cabeza castaña).atópase en áreas abertas, pasteiros, sabanas e humidais, de baixa altitude do centro de América do Sur -sueste do Perú, e sueste de Bolivia, centro e sur do Brasil, ata Uruguai, e o norte e o centro da Arxentina. Desprázase cara ao norte no inverno.
  • 83. Ptyonoprogne rupestris (anduriña dos penedos) É unha especie de ampla distribución por Europa, África e Asia. Aniña en casas, paredes rochosas, pontes… Mide 15 cm. En Galiza é bastante común, hai poboacións residentes e migradoras, e o seu número está aumentando. O niño da anduriña dos penedos e unha media cunca aberta por enriba
  • 84. Ptyonoprogne obsoleta (anduriña dos penedos pálida). Atópase polo norte de África e polo suroeste de Asia, ata Pakistán, nas montañas, e en áreas rochosas e preto de áreas habitadas. Mide 12 o 13 cm. Recoñécense varias subespecies: P. o. obsoleta, desde Exipto ao suroeste de Irán. É a subespecie nominal. P. o. spatzi, do Centro e sur de Arxelia, o sur de Libia, Chad e Malí. Prumaxe marrón escuro co pescozo, o peito e o abdome de cor rubio vermello. P. o. presaharica, de Marrocos, o norte de Arxelia, e Mauritania. De cor crara, como a area. P. o. buchanani, das Montañas de Air, en Níxer. De cor máis escura.​ P. o. arabica, do suroeste de Arabia, leste de Sudán, norte de Somalía e a illa de Socotra. Grande e de prumaxe escura. P. o. perpallida, do nordeste de Arabia e do sur de Irak. Co lombo gris crara e o pescozo e o peito brancos. P. o. peroplasta, desde o centro e o leste de Irán, ata Pakistán. Coa plumaxe crara.
  • 85. Ptyonoprogne fuligula (anduriña dos penedos africana). Atópase en zonas de montaña, e en zonas rochosas e preto de poboados da África subsahariana Mide de 12 a 15 cm de lonxitude. Recoñécense varias subespecies: P. f. fuligula, da Provincia Oriental do Cabo. É a subespecie nominal. P. f. pusilla, de Mali ata o oeste de Sudán e gran parte de Etiopía. Máis crara e máis pequena que a subespecie nominal. P. f. fusciventris, desde o sur de Sudán e Etiopía ao norte de Mozambique. Pequena e escura. P. f. bansoensis, do centro e do oeste de África. Máis pequena e escura. P. f. anderssoni, desde o suroeste da Provincia do Cabo ao sur de Angola. De tamaño similar á subespecie nominal, pero de prumaxe máis crara. P. f. pretoriae, do leste de Sudáfrica. Semellante á nominal, pero de maior tamaño.
  • 86. Ptyonoprogne concolor (anduriña dos penedos escura). Atópase en áreas de montaña, con cantís, e áreas urbanas do sur de Asia: do subcontinente indio ata o sur de China e o norte de Tailandia, Vietnam e Laos. Mide cerca de 13 cm. Fai niño de barro. Pon de 2 a 4 ovos. Recoñécense 2 subespecies: P. c. concolor, a subespecie nominal, de gran parte do subcontinente indio, desde o pé dos Himalaias ao sur, ata as montañas Nilgiri e o leste de Bengala Occidental. P. c. sintaungensis, do suroeste de China e o norte de Tailandia, Vietnam e Laos.
  • 87. Delichon urbicum (anduriña de cu branco). De abril a outubro é moi frecuente en zonas agrarias, cantís e canteiras e preto das casas de toda Europa e o Norte de África. Pasa o inverno en África Mide uns 13 cm e pesa arredor de 20 g. Ave gregaria, cría entre maio e setembro. Constrúe, en edificios ou rochedos, un niño de barro no que adoita facer dúas postas de 4 ou 5 ovos. En Galiza é común, mais o seu número está a diminuír. Os niños da anduriña de cu branco son pechados e teñen so un burato para a entrada
  • 88. Delichon dasypus (anduriña do cu branco asiática). Cría no Himalaia e en Asia central e oriental, e pasa o inverno nas montañas do sueste asiático. Vive nos vales de montaña e nos cantís. Mide uns 12 cm. Cría en colonias. Constrúe niños de barro en cantís e paredes nos que pon entre 3 e 4 ovos. Recoñécense 3 subespecies: D. d. dasypus, a subespecie nominal. Cría no leste de Rusia, nas illas Kuriles e Xapón D. d. cashmeriensis, das montañas do Himalaia e Asia central. No inverno achégase a zonas máis baixas e máis ao sur. D. d. nigrimentalis, do sueste da área de cría, é máis pequena
  • 89. Delichon nipalense (anduriña de cu branco do Nepal). Vive nos vales fluviais e nos cantís dos macizos montañosos dos Himalaias, da India a Birmania ata o norte de Vietnam. Mide uns 13 cm. Aniña en colonias nos cantís. Constrúe niños de barro nos que pon entre 3 e 4 ovos. D. n. nipalense, subespecie nominal. Cría nos Himalaias, por Nepal, o nordeste da India e Bangladés ata o oeste de Nianmar. D. n. cuttingi, cría desde o norte de Nianmar, ao longo da fronteira chinesa e no norte de Vietnam. É un pouco máis grande
  • 90. Cecropis cucullata (anduriña de cabeza rubia). Vive en pasteiros de montaña do sur de África. Cría en Sudáfrica, Namibia e no sur de Zimbabue, e pasa o inverno en Angola, Tanzania e no sur do Congo Mide entre 18 e 20 cm.
  • 91. Cecropis abyssinica (anduriña abisinia). Atópase, en terras baixas e boscosas e preto de poboacións humanas, no centro-oeste e no sur de África​ desde Serra Leona a Sudán do Sur e o leste de Sudáfrica. Mide entre 10 e 15 cm. Recoñécense varias subespecies que se diferencian pola cor do ventre.
  • 92. Cecropis semirufa (anduriña de peito rubio). Atópase en terras abertas e secas de África, ao sur do Sahara. Pode medir ata 24 cm. Constrúe un niño de barro en covas, paredes, pontes, furados de árbores,... Pon 2 ou 3 ovos. Migra seguindo as choivas.
  • 93. Cecropis senegalensis (anduriña senegalesa). Vive nas terras abertas con árbores e zonas de cultivo da África subsahariana. Mide ata 25 cm. Fai desprazamentos seguindo as choivas. Constrúe o niño con barro en covas, furados, pontes... no que pon 3 ou 4 ovos.
  • 94. Cecropis daurica (anduriña dáurica). Habita nos países de clima temperado do sur de Europa e de Asia, desde a península ibérica, no oeste, ata o Xapón, no leste, e en África ata os trópicos polo sur. Os exemplares da India e de África son sedentarios, pero os europeos e os das zonas asiáticas de máis ao norte son migratorias, e pasan o inverno en África e na India. Mide uns 17 cm. De maio a xuño fan, en zonas rochosas e altas ou en construcións, niños de barro cunha entrada longa, nos que poñen de 3 a 6 ovos. En Galiza é escasa e so se atopa ao leste da metade sur Recoñécense 8 subespecies: C. d. daurica, cría en Mongolia e nos arredores do Baikal e inverna no sur e no sueste de Asia. C. d. emini, de Sudán, Uganda, Kenia e Zambia. C. d. erythropygia, da India. C. d. japónica, cría no leste de Asia e inverna en Tailandia, a India e o norte de Australia. C. d. kumboensis, das terras altas de Serra Leona e Camerún C. d. melanocrissus, das terras altas de Etiopía. C. d. nipalensis, cría desde Bután ao leste de Arunachal Pradesh, e inverna na India. C. d. rufula, que cría no sur de Europa e Asia, da península ibérica ao Beluchistán. Migra ao sur no inverno. . O niño da anduriña dáurica e pechado e prolóngase nunha entrada tubular
  • 95. Cecropis hyperythra (anduriña de Sri Lanka). É endémica da illa de Sri Lanka.
  • 96. Cecropis domicella (anduriña do Sahel). So se atopa nas sabanas secas do sur do Sahara, O Sahel, desde Senegal e Gambia ata o oeste do Sudán, Sudán do sur e o oeste de Etiopía.
  • 97. Cecropis striolata (anduriña estriada ou anduriña raiada grande) vive nas áreas abertas e chas e nas zonas de cultivo aclaradas do sur e o sueste asiático, desde o norte da India e Taiwán ata Timor polo sur. Mide uns 19 cm. Recoñécense 5 subespecies: C. s. striolata, cría en Taiwán, as Filipinas e Indonesia. C. s. mayri, cría desde o nordeste da India ao noroeste de Nianmar. Ten as listas máis anchas ca subespecie nominal. C. s. stanfordi, cría desde o nordeste de Nianmar ao norte de Tailandia. Ten listas anchas. C. s. vernayi, cría no oeste de Tailandia. Ten a parte de abaixo máis roxa ca subespecie nominal. C. s. badia, cría no sur de Tailandia e en Malaisia. Ten a parte de abaixo rubia e con algunhas listas.
  • 98. Cecropis badia (anduriña de ventre rubio ou de ventre vermello). É endémica da península malaia. Sur de Tailandia e Malaisia.
  • 99. Petrochelidon rufigula (anduriña de gorxa vermella). Vive en África Central (Angola, República do Congo, Gabón e Zambia)
  • 100. Petrochelidon preussi (anduriña de Preuss). Atópase por toda África Occidental (Benín, Burkina Faso, Camerún, República Centroafricana, República do Congo, Costa de Marfil, Guinea Ecuatorial, Ghana, Guinea, Guinea-Bissau, Malí, Níxer, Nixeria, Serra Leona e Togo)
  • 101. Petrochelidon perdita (anduriña do mar Vermello). É endémica do leste de Sudán. So se coñece por un espécime, atopado en maio de 1984 no nordeste de Sudán.
  • 102. Petrochelidon spilodera (anduriña sudafricana). Atópase no sur de África central e en África austral (Botsuana, República do Congo, Gabón, Lesoto, Malaui, Namibia, Sudáfrica, Zambia e Zimbabue). Fai o niño con barro en edificios e pontes.
  • 103. Petrochelidon fuliginosa (anduriña selvática). Vive no oeste de África Central (Camerún, República do Congo, Guinea Ecuatorial, Gabón e Nixeria.
  • 104. Petrochelidon fluvicola (anduriña india). É natural de Pakistán, a India, Nepal e Bangladés.
  • 105. Petrochelidon ariel (anduriña ariel). Vive en espazos abertos preto da auga de Australia e Nova Celandia, e desprázase ás illas do norte no inverno. Mide uns 12 cm e pesa 11 g. Aniña en colonias. Constrúe o niño de barro en ocos, cantís, edificios, pontes... e pon 4 ou 5 ovos.
  • 106. Petrochelidon nigricans (anduriña arborícola). Atópase en terras abertas, con árbores, e áreas urbanas das illas do sueste de Asia, Australia e illas do Pacífico (Melanesia). Cría en Australia e Timor e pasa os invernos nas illas de máis ao norte e ao leste. Mide uns 13 cm. Aniña en ocos e cantís. Pon entre 3 e 5 ovos. Recoñécense 3 subespecies: H. n. nigricans, a subespecie máis grande, cría en case toda Australia e en Nova Celandia. H. n.neglecta, cría no nordeste de Australia. Mide entre 11 e 12 cm. H. n. timoriensis, cría maiormente en Timor. É a subespecie máis pequena.
  • 107. Petrochelidon pyrrhonota (anduriña dos riscos, anduriña alfareira, anduriña grande, anduriña de gorxa negra...). Atópase por case toda América. Mide uns 13 cm, e pesa arredor de 20 g.
  • 108. Petrochelidon fulva (anduriña de Puebla). Atópase en México, no sur dos Estados Unidos e nas illas máis grandes das Antillas. Mide de 12 a 14 cm e pesa arredor de 19 g. aniñan en ocos, pontes e espazos cubertos. As poboacións do sur -interior de México, Iucatán e Antillas meridionais- son sedentarias, as demais son migratorias. Recoñécense 3 subespecies: P. f. fulva, en Florida e Cuba. P. f. pallida ou P. f. pelodoma, do suroeste dos Estados Unidos e do nordeste de México. P. f. citata, das montañas do suroeste dos Estados Unidos e da península do Iucatán en México.
  • 109. Petrochelidon rufocollaris (anduriña de pescozo vermello). Vive en pasteiros e bosques de Ecuador e Perú.
  • 110. Pseudochelidon eurystomina (anduriña de ribeira africana). So se atopa en áreas boscosas con bancos de area nas beiras de parte do río Congo e algúns dos seus afluentes, e nas sabanas costeiras do Gabón. mide uns 14 cm. Cría en colonias de ata 800 aves. Cada parella cava un tobo, nun noiro de area, de 1- 2 m de longo no que poñen de dous a catro ovos brancos. Aliméntase de insectos voadores, maiormente formigas.
  • 111. Pseudochelidon sirintarae (anduriña de ribeira asiática ou avión de río de ollos brancos). É endémica del sueste asiático. Descubriuse en 1968, nun sitio de invernada en Tailandia, e non se volveu ver desde 1980.
  • 112. E agora, que rematei, vou facer unha cousa... Botarme a durmir ata que volvan! As imaxes fotográficas foron collidas da internet e a información de fontes varias. Agradézolle aos autores a súa dispoñibilidade, e agardo saiban disculpar o uso que fixen delas. Mon Daporta