Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.

Plantas aromáticas e medicinais

1,421 views

Published on

Apresentaçom sobre plantas aromáticas e medicinais, a partir do curso sobre o mesmo tema realizado no Centro Social O Pichel, em Compostela (Galiza, Europa)

Published in: Health & Medicine
  • Be the first to comment

Plantas aromáticas e medicinais

  1. 1. Universidade popular Plantas aromáticas e medicinais
  2. 2. Santolina Chamaeciparissus L . Uso frecuente en xardinería, polas súas flores amarelo intenso. Arbusto de entre 20 e 50 cm. Tende a estenderse horizontalmente, polo que cobre bastante ben as superficies. O mantemento é sinxelo, podando aló onde tivo as flores, unha vez que estas secaron. Tamén se lle pode realizar unha poda de formación para que manteña a forma redondeada. Nese caso mirarase de podar as pólas máis envellecidas. As flores desta planta pódense utilizar, en infusión, para aliviar as dores de estómago. As sementes, utilizarémolas contra os parasitos intestinais.
  3. 3. Physalis alkekengi L. Physalis peruviana L. Arbusto de entre 20 e 60 cm. Característicos son os froitos envoltos nunha cuberta de cor vermello. Pouco utilizada a especie local, si é moi coñecida e cotizada a variedade andina, Physalis peruviana L. Florece en maio e a maduración do froito prodúcese en torno a setembro. Durante o inverno a planta pode secar, mais rebrotará en primavera. As froitas utilízanse como diuréticos (eliminación de auga e sodio do organismo) así mesmo é depurativo.
  4. 4. Vaccinium myrtillus L . Especie tipicamente galega, atopada en en sotobosque. Rara vez supera os 60 cm de alto. O froito, moi valorado, foi desprazado por variedades comerciais, normalmente de maior tamaño, pero menos saborosas. As bagas favorecen a circulación sanguínea, contra a diarrea. Unha decocción das bagas utilízase, en uso externo, para aliviar as hemorroides. Utilización en cociña para distintos usos, tanto para doces como ensaladas.
  5. 5. Arnica montana L. Planta de montaña, que medra entre os 600 e os 2800 metros. Medra entre 20 e 60 cm. Composta con entre 15-20 flores liguladas. A Árnica é moi usada en farmacia polas súas propiedades cicatrizantes. Usada como cicatrizante ou en escordaduras.
  6. 6. Bellis perennis L. A margarida que se atopa nos campos, malia semellar tan só unha flor casual trátase dunha especie con propiedades contra a anxina, bronquite ou a hipertensión, ademais de chagas ou escordaduras. Recollidas as follas e flores case durante todo o ano, secadas á sombra, en infusión ou aplicadas uso externo, os seus usos son moitos e variados.
  7. 7. Prunus Spinosa L. Abruño.- arbusto espiñento de entre 1 e 3 metros de alto. Moi común nas leiras, utilizado como sebe natural. Común tamén nos montes galegos. Como todas as ameixas trátase dun bo laxante e depurativo. Así mesmo, as súas flores poden ser utilizadas contra acné.
  8. 8. Juniperus communis L. Enebro.- Até seis metros de altura. Elemento esencial para a elaboración da xenebra, utilizado tamén contra o acne, bronquite, feridas... O consumo do froito en exceso pode resultar prexudicial para o aparato urinario. Utilízase moito en cociña para afumar embutidos, ou aderezar carnes.
  9. 9. Crataegus monogyna Jacq. Espiño albar.- Arbusto de entre 2 e 4 metros. Moi común nos montes galegos. Utilización contra a hipertensión, celulite entre outros. No consumo das drupas cómpre ser cauto, unha inxesta masiva pode ser perigosa.
  10. 10. Rubus idaeus L. Fragaria vesca L.
  11. 11. Ribes rubrum L. Grosella.- Arbusto dun metro ou metro e medio. Froito depurativo, diurético e aperitivo. Hai tamén de bagas negras en acio e unha única baga verde de maior tamaño.
  12. 12. Foeniculum vulgare Mill. Fiúncho- Planta vivaz, anual. Hai variedades cun engrosamento do talo utilizado comunmente para facer ensaladas, comido cru. Tamén se pode utilizar para aderezar carnes, sobre todo a carne de porco. En Italia, unha comida moi usual na Umbria, a porcheta. Carne de porco asada con fiúncho picado no interior. Rico en vitaminas A, B e C.
  13. 13. Lurus Nobilis L. Loureiro.- Árbore de entre 2 e 10 metros. As follas comunmente usadas en cociña, en infusión favorecen a dixestión. O aceite esencias extraido das súas drupas (lorbagas) calma as articulacións doridas.
  14. 14. Humulus lupulus L . Lúpulo.- Cannabinácea. As inflorescencias femininas desta planta dioica teñen carácter somnífero. Durmir sobre elas recomendado para os insomnes. Ollo, pode causar molestias, cefaleas en persoas especialmente sensibles.
  15. 15. Arbustus unedo L. Érbedo.- Plinio describe este arbusto como Unum edo (eu como un só). Crese que a denominación débese ao feito de que o froito adoita fermentar na propia árbore conseguindo certa graduación alcólica. Ademais diso o froito é diurético e depurativo.
  16. 16. Oraginum vulgare L. Ourego.- Ademais da súa utilización en cociña, as sumidades floridas apenas cortadas e pasadas pola tixola forman unha cataplasma contra posturas musculares.
  17. 17. Sambucus nigra L. Sabugueiro.- Arbusto de entre 2 e 5 m. Utilizado para infinidade de cousas: moitas delas relacionadas co corazón, os froitos son diuréticos. Hai a posibilidade de facer marmelada cos seus froitos maduros.
  18. 18. Tilia Cordata Mill.
  19. 19. Thymus vulgaris L. Tomentelo.- A súa infusión pode substituír ao té ou ao café, dado que é moi enerxético. Ademais combate a anemia.
  20. 20. Rosmarinus Officinalis L. Romeu.- dise que eleva a moral dos deprimidos. O romeu actúa sobre o sistema nervioso.
  21. 21. Urtica dioica L. Ortiga.- moi utilizada polas súas propiedades dende moi antigo. En cociña aconséllase consumilas cocidas ou en sopa, 12 horas despois de recollidas. Adenmais é recollida polas súas fibras Que fiadas producen un moi bo tecido. Como propiedades: antidiabético, antireumático, entre outras.

×