SlideShare a Scribd company logo

Caderno agricultura ecolóxica 2014

I
iesasorey
1 of 10
Download to read offline
Organiza: 
Asistencia técnica, deseño e textos: 
www.ventos.es 
Horta urbana
Deseño e textos: Ventos Estudos Ambientais 
Ilustracións: Manuel Domínguez (Ventos), agás portada (Abraldes) 
Feito en papel reciclado, aforrando madeira, auga e enerxía 
CONTIDO 
Por qué Agricultura Ecolóxica 3 
Que é a Agricultura Ecolóxica? 4 
Manexo do solo 5 
Fertilización e compostaxe 6 
Uso do compost 9 
Outros abonos 10 
Organización da horta 11 
Manexo da cuberta vexetal 12 
Os acolchados 13 
Asociacións e rotacións de cultivos 14 
Enfermedades e coidados 15 
Preparacións 16 
Para saber máis… 18 
Para saber máis... 
Aubert, C. El huerto biológico. (4° Ed). Ed. Integral. Barcelona, 1997. 
Bueno, M. El huerto familiar ecológico. Ed. Integral. Barcelona, 1999. 
Caballero de Segovia, G.; Mtnez, T. El huerto ecológico escolar y familiar. Ed. AFAE-Prensa 
Universitaria. Palma de Mallorca, 1999. 
Del Val, Alfonso. El libro del reciclaje (3ª Ed.). Ed. Integral. Barcelona. 1997. 
Guérin, H.P. El balcón de las plantas medicinales. Ed. Daimón. Barcelona, 1981. 
Mainardi, F. El cultivo biológico de hortalizas y frutales. De Vecchi. Barcelona, 2003. 
Pouliquen, Xan. Horta ecolóxica na Galiza. Guía práctica para o cultivo. Col. Baía 
Verde. Ed. Baía. A Coruña, 2005. 
Seymour, J. La vida en el campo. Ed. Blume. Barcelona, 1991. 
Soto, M. e outros. A compostaxe. Col. Adega Cadernos. Ed. ADEGA, 1998. 
VARIOS AUTORES. Guia de compostatge. Guies d´educació ambiental. Ajuntament 
de Barcelona. 1998. 
Revista La Fertilidad de la Tierra. Apdo. 115. 31200 Estella (Navarra). 
 948 539216 8, lafertilidad@wanadoo.es 
Revista Savia. Apdo. 10. 31300 Tafalla (Navarra).  948 755404 
Asoc. Agroecoloxía Alberte Rodríguez Pérez. Apdo. 336. 27080 Lugo. 
Na rede 
Asociación Galega de Horta Urbana  www.hortaurbana.info 
Revista Integral.  www.larevistaintegral.com 
Revista Ecohabitar.  www.ecohabitar.org 
Asociación Vida Sana. C/ Clot, 39. 08018 Barcelona. ( 93 2450661  www.vidasana.org 
Fundación Ecología y Desarrollo.  www.ecodes.org 
Portal Terra.org  www.terra.org 
Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia (CRAEGA).  www.craega.es 
UE  http://ec.europa.eu/agriculture/qual/organic/index_es.htm 
Compostaxe: 
www.todoverde.com 
 www.compostadores.com 
 www.hortadaformiga.com
18 
Maceración de follas de tomate: macerar dúas cuncas de brotes/follas nun litro 
de auga por 48h; coar, e engadir ouitro litro de auga. Aplicar sobre chan e plantas. 
Maceración de aquilea (Achillea millefolium): macerar flores en auga (20g/l), pulveri-zar 
diluído ao 10%.Preventiva contra bacterias e fungos. Coa mesma fin, purín de 
artemisa (Artemisia absinthium): talos e follas en auga (150g/l en fresco, 15 g/l en 
seco), e deixar macerar 12 días. 
Leite desnatado: reforza as defensas das plantas e axuda a prever ataques de insec-tos. 
Aplicar diluído ao 10%. 
Auga xabonosa: xabón de potasa, ou caseiro, ou “Lagarto”. 5 – 10g /l. Útil contra 
cochinillas e pulgóns, tamén axudando a outros preparados. 
Terra fina: pasar terra pola peneira ou coador, quedando coa fracción fina (limos e 
arxilas). Pulverizar cun fol pola mañá, cando as follas aínda teñen orballo, ou logo 
dun tratamento líquido. Incomoda a pulgóns e cochinillas, e dana as mandíbulas dos 
mastigadores (eirugas, escaravellos...). 
Caldo bordelés: 500g de sulfato de cobre diluídos en 12 l de auga; noutro recipien-te 
apagar 300 g de cal viva en auga. Mesturar logo, removendo, ata 100 l. 
Trampas cromáticas. Láminas ou bandexas de plástico (marelas para pulgóns e 
mosca branca, azul para trips), impregnadas con aceite de cociña. Colocalas á altura 
das plantas. 
Por que Agricultura Ecolóxica? 
A produción agrícola convencional está a causar: 
– Contaminación por fertilizante, afectando ás augas de consumo. 
– Contaminación por pesticidas en terra, auga e aire. 
– Redución da biodiversidade (por variedades e especies foráneas, implanta-ción 
de grandes monocultivos, organismos xeneticamente modificados... ) 
– Erosión e perda de solo fértil por mala práctica de laboreo e cultivo. 
Isto leva, en conxunto, a un modelo cada vez máis impactante sobre o contorno, 
con plantas e animais cada vez menos equilibrados e nutritivos, dependente de insu-mos 
alleos á explotación (producidos por un oligopolio cada vez máis concentrado), 
e con graves efectos a medio e longo prazo para a saúde e o medio. 
As técnicas agrícolas ecolóxicas son aquelas que aplican a ciencia ecolóxica á agricultu-ra, 
tratando á horta coma un ecosistema en equilibrio. Os obxectivos ou criterios 
que debe cumprir son: 
– Producir suficientes alimentos, con alta calidade nutricional. 
– Traballar cos sistemas naturais (non pretendendo dominalos). Poténcianse os 
ciclos biolóxicos dos microorganismos, flora e fauna. 
– Manter e aumentar a fertilidade do solo. 
– Traballar nun sistema pechado: reutilízase a materia orgánica sobrante da 
colleita. 
– Evitar todas as formas de polución da agricultura convencional. 
– Manter a diversidade xenética (variedades xa adaptadas á zona). 
– Asegurarlles aos agricultores un ambiente de traballo seguro, satisfacción 
3
Manexo do solo 
O solo non é un simple soporte, senón que é un medio vivo, que se interrelaciona 
co noso cultivo. A formación e maduración do solo dependen de: rocha, clima, tem-po, 
seres vivos e o relevo da zona.. 
Os seres vivos teñen unha gran influenza na fertilidade. Algunhas plantas teñen nas 
súas raíces nódulos con colonias de bacterias fixadoras de Nitróxeno. De aí a capa-cidade 
fertilizante de trevos, o emprego de toxo no estrume e na corrección do 
compost, o manexo de legumes nas rotacións, etc. 
Do noso solo deberemos vixiar a súa estrutura (evitando a compactación), textura 
(que non sexa demasiado areoso nin arxiloso), acidez e contido en materia orgánica. 
Os nosos solos teñen un grande contido de aluminio, que dificulta a absorción de 
nutrientes (Ca, Mg) nas raíces; para evitar isto, recoméndase engadir calizas, mellor 
acompañadas dun abono orgánico. 
4 
Preparacións 
Maceración, caldos: deixar a planta en auga 1 – 2 semanas, removendo de cando 
en vez. O resultado será un líquido escuro. 
Infusión: botar as plantas trituradas sobre auga fervendo (co lume apagado), e dei-xar 
arrefriar nela. 
Decocción: deixar amolecer a planta en auga, e logo ferver 15 – 20 min. 
Purín de ortiga: deixar 200g de ortigas secas (1 Kg se son frescas) en 10 l de auga, 
e deixar repousar unha semana; filtrar, pulverizar logo sobre a planta, diluído ao 
10%. Reforza as defensas da planta, previndo ataques de fungos e algúns animais. Co 
mesmo fin, infusión de macela: 50g flor seca por litro. 
Purín de sabugueiro (Sambucus nigra): macerar follas e flores (50 g / l) un par de 
semanas. Pulverizar sen diluír. Para repeler ratos e toupas. 
Decocción de fento común (Pteridium aquilinum). 
Botar 50 g de frondes ("follas") secas de fento nun litro de auga, e deixar macerar 
24 horas.Ferver entón durante 10 minutos, e diluír con 9 litros de auga, aos que se 
lle pode engadir media cullerada de xabón de coco ou de tipo "lagarto". Eficaz con-tra 
ácaros e diversos insectos (en especial pulgóns). 
Decocción de equiseto (Equisetum arvense): 15-20 g de planta seca por litro. Mace-rar 
2 días, ferver logo 20 min. Prevén de fungos, ácaros e pulgóns. 
Infusión de allo: 50g de allo triturado nun litro de auga, e deixar tapado. Pódese 
engadir un chisco de xabón. Aplicar diluído ao 20%. 
17
16 
Planta 
Sementeira/ 
plantación 
Terra, abono 
Coidados 
Recolleita 
Obs. 
Amorodo (Fresa) 
Fragaria vesca 
Rosáceas 
Estolóns, planta- dos en ago – set cada 30cm 
Require bte materia org 
Lugar abrigado e 
soleado. 
Leituga 
Lactuca sativa 
Asteráceas 
(Ext) Sem. Marzo a setembro. 
Só abono maduro. 
Rego no verán, ou grelarán. 
Escalonada, segun- do tamaño. 
Macela 
Matricaria chamomilla 
Asteráceas 
Na primavera. Tamén por división das matas. 
Chan seco, ben drena- do. 
Orientación soleada. 
Recoller os capítu- los florais e secalos inmediatamente. 
Prop. dixesti- vas, antiinfla- matorias e cicatrizantes. 
Menta 
Mentha sp 
Labiadas 
Plant. en prima- vera ou outo- no.Tamén por división da mata. 
Húmido e rico en materia orgánica. 
Orientación semisolea- da. 
Recoller as follas antes da floración. 
Propiedades dixestivas. 
Millo 
Zea mays 
Poáceas 
Abril a xuño, cada 20 cm. 
Require bte materia org, chan sen compactar 
O cavado non debe ser tardío, para non danar as raíces superficiais. 
Consumo direc- to:antes de que o gran estea comple- tamente maduro. 
Serve de titor para legumes e cabazas. 
Papoula 
Papaver rhoeas 
Papaveráceas 
Na primavera – comezos do verán. 
Pouco esixente. 
Pouco esixente. 
Recoller os pétalos, deixar madurar a cápsula coas se- mentes. 
Pétalos en infusión, comba- ten a tose e o insomnio. 
Pataca 
Solanum tuberosum 
Solanáceas 
Plant. Patacas xermoladas (varias semanas nun lugar aireado e iluminado). 
Febreiro-abril, separadas 40cm 
Atura relati- vamente ben o abono fresco. 
Require bte materia org 
Xudía e liño nos bor- dos prevé ao escarave- llo. Tamén berenxena como planta-trampa. 
Chícharos medrando entre elas semellan previr enfermidades. 
Cando seca a folla. 
Tamén se pode escalonar. 
Asocian ben con legumes, millo e coles. 
Pementos 
Capsicum annuum 
Solanáceas 
Sem. a cuberto, dende marzo. 
Plant. Maio (antes a cuberto). 
Deixar 35 cm entre plantas. 
Atura ben o abono fresco. 
Require bte materia org(pero ollo co exceso de N) 
Cubrir con terra fina ante vermes ou pul- góns. 
Escalonada. 
Impte rotar (non repetir na mesma parcela antes de 3 anos) 
Remolacha 
Beta vulgaris 
Quenopodiáceas 
Abril – maio. 
15-20 cm de separación. 
Terras non compactas, con bte abono org 
Acolchado. 
En tempo seco. 
Sacar as follas e a punta da raíz para que se conserven. 
Tomate 
Lycopersicum escu- lentum 
Solanáceas 
Sem. Abril – maio 
(Antes se é a cuberto) 
Plant. Abril - xuño 
Require bte materia org, pref. madura (anque ature a fresca) 
Acolchado. Entitorado. 
“Capado” dos brotes axilares, en tempo seco e cálido. 
Rega por baixo para previr fungos. 
Cando maduros. A final de temporada, quitar as follas baixas para acelerar a maduración. 
Contra fungos: caldo de equise- to ou ortigas. Cravar un fío de cobre na parte baixa do talo. 
Trampas marelas contra minador das follas e mosca branca 
Xarxa, salvia 
Salvia officinalis 
Labiadas 
Sem. nrimavera, plant. no verán. 
Tamén transplante. 
Solo ben drenado. 
Orientación soleada. 
En primavera e outono. 
Cicatrizante. Contra afeccións dixestivas e sudoración. 
Xudía 
Phaseolus vulgaris 
Fabáceas 
Abril a xullo ext. 
Marzo a cuberto. 
Só abono maduro. 
Evitar exce- so de humi- dade. 
Entitoralos a paus, canas... 
Gradual 
Máis afectada polo frío que outras legu- mes. 
5 
Fertilización e compostaxe 
Os abonos que empregaremos serán sempre orgánicos (principalmente compost, e outros como complemento), ou minerais (calizas...) con moderación. Nunca empre- garemos abonos sintéticos (agroquímicos). 
O compost é un substrato equilibrado, que mellora as propiedades do solo: 
 achega nutrientes 
 favorece a asimilación doutros abonos 
 favorece a inmunidade das plantas 
 mellora a estrutura e evita a compactación do chan 
 evita a erosión e retén auga 
 aumenta a temperatura do chan 
O compost é un abono feito a partir da fermentación aerobia de materiais orgánicos (follas, palla, restos de comida e de colleitas…), en dúas fases: 
 Descomposición (2 - 3 semanas), na que os microbios comezan a desfacer os compoñentes da materia. Nesta fase aumenta a temperatura, o cal permite hixienizar a mestura ao eliminar patóxenos e inactivar sementes e parasitos. 
 Maduración (3 a 6 meses), ata conformar unha masa escura e estable, con aspecto de terra de bosque. 
A compostaxe poderá facerse nun montón nunha esquina da horta (directamente sobre o chan) ou, se queremos acelerar o proceso, empregar un composteiro.
Sempre que sexa posible, o composteiro estará en contacto co chan, facilitando a 
chegada de miñocas e microbios (unha rede evitará o paso de ratos). estexa aireada 
e sen compactar. 
En calquera caso, colocarase nun lugar protexido do vento e sol excesivos. 
Para que o compost sexa equilibrado, deberá ter unha relación C/N equilibrada: debe-mos 
combinar materiais ricos en carbono (palla, serraduras e labras, follas…) con 
materiais ricos en nitróxeno (plantas novas, esterco, restos de comida…). Estes 
restos mesturaranse cun pouco de terra, que achegará os microbios fermentadores. 
Debe remexerse de cando en vez para evitar apelmazamentos, e regar o conxunto 
sen encharcar (o compost non deberá ficar seco nin pingar auga) de xeito que entre 
o osíxeno. 
É recomendable tapar o composteiro ou montón, protexéndoo da choiva ou calor 
excesivos. 
Restos “verdes” 
Ricos en nitróxeno 
C/N = 1 - 25 
Proporción equilibrada 
C/N = 25-40 
Restos “marróns” 
Ricos en carbono 
C/N = 40 - 1000 
Esterco de galiñeiro 
Esterco fresco 
Céspede fresco 
Legumes 
Restos vexetais frescos 
Pousos de café 
Restos de cociña, alimentos 
Esterco de ovella, cabra 
Esterco de cabalo 
Herba seca 
Follas de froiteiras 
Labras e serraduras 
Papel, cartón 
Palla 
Leña, Ramas de poda 
Follas de carballo, 
castiñeiro... 
6 15 
Planta 
Sementeira/ 
plantación 
Terra, 
abono 
Coidados Recolleita Obs. 
Acelga 
Beta vulgaris 
Quenopodiáceas 
Abril a xuño. 
Finais de verán. 
Atura ben 
compost 
fresco. 
Deixar 35 cm de sepa-ración 
entre cada 
planta. 
Gradual, recollen-do 
as follas ou 
plantas máis desen-volvidas. 
Sementar con 
lúa minguante. 
Allo 
Allium sativum 
Liliáceas 
Plantar dentes 
coa punta cara 
arriba, 2-3 cm 
no chan 
Só compost 
moi maduro. 
Plantar os dentes cada 
10-12 cm. 
Evitar o exceso de 
humidade. 
Xullo – agosto, en 
tempo seco. Dei-xar 
secar 2 días ao 
sol. 
Non cultivar 
con legumes. 
Alfádeg(“albahaca”) 
Ocimum basilicum 
Labiadas 
Sem. en marzo, 
plantación en 
maio. 
Ben drenada, 
sen exceso 
de humidade. 
Zonas soleadas. 
Rego frecuente. 
Fins do verán, 
outono. 
Apio 
Apium graveolens 
Apiáceas 
Sem. marzo-abril 
(cuberto) 
Maio-Xuño (ext) 
Plant. Maio - ago 
Só abono 
moi maduro. 
Manter a humidade 
mediante acolchado. 
Gradual, a medida 
que a planta vai 
branqueando. 
Sementar con 
lúa minguante. 
Berenxena 
Solanum melongena 
Solanáceas 
Sem. a cuberto, 
dende marzo. 
Plant. Maio (antes 
a cuberto).35 cm 
entre plantas. 
Atura ben o 
abono fresco. 
Require 
bastante 
materia org 
Require calor. 
“Capado” das ramas 
axilares, coma no 
tomate. 
Cabazas 
Cucurbita sp 
Cucurbitáceas 
Sem. abril – maio. 
Atura ben o 
abono fresco. 
Acolchado o antes 
posible. 
Cabaza: coa planta 
seca. 
Cabaciña: antes de 
madurar completa-mente 
o froito. 
Cantroxo, lavanda 
Lavandula sp 
Labiadas 
Multiplicación 
por sementeira 
ou por división 
das matas. 
Chan seco 
(drenado). 
Orientación soleada. 
Flores: cando 
estean totalmente 
abertas. 
Infusión das 
flores dixestiva e 
alivia irritacións 
resp orias. 
Cebola 
Allium cepa 
Liliáceas 
Case todo o ano, 
atura ben o frío. 
Só compost 
moi maduro. 
Evitar o exceso de 
humidade. 
Cando a folla estea 
seca para conser-var 
longo prazo. 
Sementar con 
lúa minguante. 
Cenoria 
Daucus carota 
Apiáceas 
Prexermolar: 
deixar uns días 
en auga; secar e 
sementar. 
Na primavera (en 
xuño variedades 
de inverno).. 
Só abono 
moi maduro. 
Quere chan 
solto, non 
compacto. 
Aclareo. 
Acolchado con com-postas 
ou fento. 
Recalce para que a raíz 
non se poña verde. 
-- 
Asocia moi 
ben con 
cebolas e allos 
Tamén con 
leitugas. 
Coles 
Brassica oleracea 
Brasicáceas 
Depende da 
variedade. 
Atura ben 
abono fresco. 
Require 
bastante 
materia org 
Evitar a seca: no verán, 
rega frecuente e som-bra. 
Acolchado. 
Gradual. 
Asocialas con 
tomate pre-vén 
das eiru-gas. 
Chícharo 
Pisum sativum 
Fabáceas 
Case todo o ano, 
agás xullo e 
agosto (cultivo 
dificultoso no 
verán). 
Só abono 
maduro. 
Evitar o 
exceso de 
humidade. 
Entitoralos a paus, 
canas... 
Gradual. 
Non cultivar 
con allos e 
cebolas. 
Espinaca 
Spinacia oleracea 
Quenopodiáceas 
Marzo – abril. 
Agosto - outubro 
Só abonos 
maduros. 
Acolchado. 
Evitar a seca: no verán, 
rega frecuente. 
Gradual, respectan-do 
o grupo central. 
Amorodo (Fresa) 
Fragaria vesca 
Rosáceas 
Estolóns, planta-dos 
en ago – set 
cada 30cm 
Require 
bastante 
materia 
orgánica. 
Lugar abrigado e 
soleado.
Enfermidades e coidados en agricultura ecolóxica 
O tratamento baséase na prevención, mantendo un solo vivo e san no cal poidan 
medrar plantas equilibradas. Regas pouco abondosas, e sen tocar a parte aérea, axu-darán 
a previr os ataques de fungos. O emprego de tratamentos farase como último 
recurso, e sen abusar dos preventivos. 
Buscaranse potenciar a resistencia natural das plantas: variedades adaptadas e boas 
condicións de cultivo. Buscaremos o control das pragas, non o exterminio total. 
Procuraremos manter un sistema variado: as pragas espállanse mellor nos monoculti-vos. 
Así, intercalaremos os cultivos (respectando as asociacións e rotacións xa vis-tas), 
coa fin de que os cultivos se protexan. Allos, cebolas e plantas aromáticas 
(menta, ourego, romeu) repelen diversas pragas de varios cultivos. 
14 7
Uso do compost 
O tempo de elaboración do compost variará segundo o material de partida, o tipo 
de composteiro ou montón, o manexo... En xeral, o compost fresco obterase logo 
de 4 a 10 semanas, e o maduro a partir de 3 meses. Unha compostaxe ben realizada 
elimina patóxenos e parasitos, e non produce cheiros molestos. 
Pode ser moi útil peneirar o compost, devolvendo os anacos maiores e pouco des-compostos 
á mestura. 
Compost fresco: Sobre cultivos que o aturen sen problemas (pataca, tomate, millo, 
cabazas e cogombros). Tamén como cobertor de outono, logo das colleitas, ou 
sobre chans nus, queimados, usos forestais, etc. 
Compost maduro: con menor poder fertilizante que o fresco, pero válido para 
todo tipo de cultivos e momentos. Preferiblemente, reservarase para cultivos que 
non aturen o compost fresco: cobertura en sementeiros, leitugas e verduras, chícha-ros, 
remolachas, cereais, cenoria, allo e cebola. 
Varios exemplos de composteiros 
8 13 
Asociacións e rotacións de cultivos 
Cada especie vexetal ten unhas necesidades de nutrientes, sol, auga... Na horta 
plantaremos varios cultivos preto, por iso é importante coñecer as “relacións diplo-máticas” 
das plantas, para seguir o “protocolo” de cultivo. 
En xeral, non se deben plantar xuntas hortalizas da mesma familia: patacas con to-mates, 
nin chícharos con xudías, etc. Tamén evitaremos xuntar cultivos dos que se 
aproveite a mesma parte: non xuntar dous cultivos de raíz, dous cultivos de folla, 
etc. 
Este mesmo criterio serve, en xeral, para as rotacións de cultivos: evitar cultivar 
unha legume despois doutra na mesma parcela, etc. 
Un bo manexo de asociacións e rotacións permitiranos mellorar o rendemento e 
saúde dos cultivos, e mesmo aforrar en fertilizante: a raíz das legumes fixa nitróxeno 
do aire, polo que o solo estará enriquecido logo do cultivo delas, óptimo para to-mates, 
coles, remolacha… O abono verde a base de trevo baséase neste mesmo 
principio.
O acolchado ou “mulching” 
Consiste en cubrir o chan con material diverso, con varias funcións: 
– Evita a desecación no verán, e a erosión en días de fortes choivas. 
– Limita o medre de herbas ventureiras. 
– Aumenta a temperatura do solo no inverno, reducindo os efectos das xeadas 
e aumentando os procesos biolóxicos do solo. 
Malla téxtil. Resulta cara. Nunca debemos empregar plástico laminado, pois non per-mite 
transpirar ao solo, proliferando fungos non interesantes. 
Palla: Ao igual que as labras e serraduras de madeira, pouco recomendable para cul-tivos 
que precisen moito N. Pode substituírse por frondes de fentos (moi recomen-dable 
baixo de cabazas, fresas... para evitar que podrezan en contacto directo co 
chan). Tamén follas de hortalizas e herba cortada (sen sementes, en capas finas) 
Compost: o maduro será válido para a maioría dos cultivos; o compost novo non é 
ben aceptado por algunhas plantas (a leituga, por exemplo). 
Follas de árbores. As de castiñeiro e nogueira teñen efectos alelopáticos, limitando o 
medre de ventureiras. As de carballo son bastante empregadas. 
Casca de piñeiro e candeas (arume): de descomposición moi lenta, e ricas en lignina, 
farán o solo máis ácido, o que non é moi recomendable para horta. A súa función 
decorativa fai moi interesantes estes materiais para acolchados en xardinería. 
12 9 
Outros abonos 
As achegas de nitróxeno faranse, en xeral, na sementeira ou plantación. 
Esterco de galiñeiro: C/N = 6-10. Rico en K, P e Ca. É moi concentrado, e 
deberá aplicarse con moderación. 
Esterco de vaca: C/N = 15-30. Rico en K e P. É un abono equilibrado. 
Algas: moi ricas en N, K e oligoelementos. Melloran a estrutura do terreo e faci-litan 
a absorción de nutrientes polas plantas. 
As achegas minerais deben empregarse só en terreos con carencias. 
Emendas calizas: para reducir a acidez e desprazar ao aluminio do complexo 
de cambio. Para os nosos solos recoméndase, unha dose de 0,3 Kg/m2 cada 2 – 3 
anos, cando menos. Se a caliza é dolomita, previremos carencias de magnesio. 
Asoc. Vida Sana
Organización da horta 
Neste deseño influirán moitos factores: tipo de chan, presenza de cursos de auga, 
zonas de sombra, orientación... De modo xeral: 
Se a finca ten moita inclinación (pendente), o deseño debe axudar a realizar os 
traballos e laboreos no sentido contrario á pendente (é dicir, seguindo as curvas 
de nivel), evitando así a erosión; se a pendente é moi forte, será moi conveniente 
instalar bancais. Se a finca conxuga unha certa pendente con orientación ao Nor-te, 
teremos limitacións para moitos cultivos. 
Se hai árbores rodeando a finca, mellor que non sexan demasiado altos. Son moi 
interesantes para protexer dos ventos fríos do N e NE. 
Un feche de sebes rodeando á finca reduce a influenza das parcelas veciñas 
(tratamentos químicos...), ademais de servir como base para un exército de come-dores 
de insectos e ratos: paxaros, donicelas, ourizos... 
Diversificar: as froiteiras mobilizan nutrientes e acollen predadores das pragas; as 
plantas aromáticas atraen polinizadores e repelen insectos prexudiciais; as herbas 
ventureiras nas marxes da finca acollen a inimigos das pragas (as estrugas acollen a 
parasitos do pulgón) ou poden ser “plantas trampa” para as pragas; valados ou 
moreas de pedras acollerán a réptiles, paxaros insectívoros... 
10 11 
Manexo da cuberta vexetal 
Non hai “malas herbas”. As herbas ventureiras non son “malas” en si mesmas, e a 
miúdo poden ter efectos beneficiosos sobre a horta: acollen a depredadores ou 
parasitos das pragas, evitan a erosión e o lavado de nutrientes en momentos sen 
cultivos, poden ter usos (medicinal, corrector do compost, abono verde...). Así pois, 
non buscaremos o seu exterminio, senón o manexo e control para evitar que che-guen 
a “afogar” aos cultivos. Algunhas medidas preventivas son: 
 Facer un manexo correcto do solo. Algunhas herbas ventureiras dispáranse con 
exceso de fertilizante rico en N. Un laboreo no verán, deixando as partes sub-terráneas 
ao sol, axuda a controlalas (e, de paso, aos ovos de insectos nocivos). 
 Facer un manexo correcto do compost. A calor que acada a pila ao compostar 
destrúe moitas sementes das herbas; se non acada a calor suficiente, o compost 
resultante podería espallar sementes de herbas. Controlar a rega, aireación e 
mesmo engadir activador (p.ex. estrugas). 
 Plantar en lugar de sementar. Poñer plantiñas xa medradas sobre a terra labrada 
dálle ao noso cultivo semanas de vantaxe sobre as herbas. 
 Plantar un cultivo de cobertura: plantar fresas baixo froiteiras, ou xudías entre o 
tomate ou o millo (tamén cabazas, neste último caso). Así pódese ter unha 
produción “extra”.

Recommended

More Related Content

Similar to Caderno agricultura ecolóxica 2014

Similar to Caderno agricultura ecolóxica 2014 (20)

Cousas das plantas
Cousas das plantasCousas das plantas
Cousas das plantas
 
Unudade 6 moneras e outros
Unudade 6 moneras e outrosUnudade 6 moneras e outros
Unudade 6 moneras e outros
 
Usos Da Auga
Usos Da  AugaUsos Da  Auga
Usos Da Auga
 
Allgas cultivadas
Allgas cultivadasAllgas cultivadas
Allgas cultivadas
 
Abono orgánico
Abono orgánico Abono orgánico
Abono orgánico
 
O noso ecosistema
O noso ecosistema O noso ecosistema
O noso ecosistema
 
Compostaxe / Compostaje
Compostaxe / CompostajeCompostaxe / Compostaje
Compostaxe / Compostaje
 
A hortiña (a rata Luisa)
A hortiña (a rata Luisa)A hortiña (a rata Luisa)
A hortiña (a rata Luisa)
 
Traballo Biotecnoloxia
Traballo BiotecnoloxiaTraballo Biotecnoloxia
Traballo Biotecnoloxia
 
Tema 3. o sector primario
Tema 3. o sector primarioTema 3. o sector primario
Tema 3. o sector primario
 
A pataca (primaria)
A pataca (primaria)A pataca (primaria)
A pataca (primaria)
 
Reinos parte ii agrupamento
Reinos parte ii agrupamentoReinos parte ii agrupamento
Reinos parte ii agrupamento
 
A plantas
A plantas A plantas
A plantas
 
O mel. Propiedades do mel. O mel transxénico.
O mel. Propiedades do mel. O mel transxénico.O mel. Propiedades do mel. O mel transxénico.
O mel. Propiedades do mel. O mel transxénico.
 
Kit astro plant
Kit astro plantKit astro plant
Kit astro plant
 
Os cereais-o pan
Os cereais-o panOs cereais-o pan
Os cereais-o pan
 
Tranxenicos
TranxenicosTranxenicos
Tranxenicos
 
IMPORTANCIA DA AUGA
IMPORTANCIA DA AUGAIMPORTANCIA DA AUGA
IMPORTANCIA DA AUGA
 
AS PLANTAS
AS PLANTASAS PLANTAS
AS PLANTAS
 
Os ecosistemas novo
Os ecosistemas novoOs ecosistemas novo
Os ecosistemas novo
 

More from iesasorey

Macroinvertebrados Elena.pptx
Macroinvertebrados Elena.pptxMacroinvertebrados Elena.pptx
Macroinvertebrados Elena.pptxiesasorey
 
Macro Invertebrados Saray.pptx
Macro Invertebrados Saray.pptxMacro Invertebrados Saray.pptx
Macro Invertebrados Saray.pptxiesasorey
 
RÍOS macroinv..pptx
RÍOS macroinv..pptxRÍOS macroinv..pptx
RÍOS macroinv..pptxiesasorey
 
P.PROXECTA-ROTEIRO MATEMÁTICO-23.pdf
P.PROXECTA-ROTEIRO MATEMÁTICO-23.pdfP.PROXECTA-ROTEIRO MATEMÁTICO-23.pdf
P.PROXECTA-ROTEIRO MATEMÁTICO-23.pdfiesasorey
 
Proxecto_23.ppt
Proxecto_23.pptProxecto_23.ppt
Proxecto_23.pptiesasorey
 
Proxecto_rIos_21-22_FeQ1.ppt
Proxecto_rIos_21-22_FeQ1.pptProxecto_rIos_21-22_FeQ1.ppt
Proxecto_rIos_21-22_FeQ1.pptiesasorey
 
Proxecto_rios_2122_FeQ.pdf
Proxecto_rios_2122_FeQ.pdfProxecto_rios_2122_FeQ.pdf
Proxecto_rios_2122_FeQ.pdfiesasorey
 
PLAN PROXECTA-MATEMÁTICAS - NATURÉZATE.pdf
PLAN PROXECTA-MATEMÁTICAS - NATURÉZATE.pdfPLAN PROXECTA-MATEMÁTICAS - NATURÉZATE.pdf
PLAN PROXECTA-MATEMÁTICAS - NATURÉZATE.pdfiesasorey
 
Río Limia María Aitana e Carlota.pdf
Río Limia María Aitana e Carlota.pdfRío Limia María Aitana e Carlota.pdf
Río Limia María Aitana e Carlota.pdfiesasorey
 
Traballo Laura Conde (1º Eso B) río Lérez.pdf
Traballo Laura Conde (1º Eso B) río Lérez.pdfTraballo Laura Conde (1º Eso B) río Lérez.pdf
Traballo Laura Conde (1º Eso B) río Lérez.pdfiesasorey
 
Carlos 1º C.pdf
Carlos 1º C.pdfCarlos 1º C.pdf
Carlos 1º C.pdfiesasorey
 
PLAN PROXECTA-MATEMÁTICAS - NATURÉZATE.pdf
PLAN PROXECTA-MATEMÁTICAS - NATURÉZATE.pdfPLAN PROXECTA-MATEMÁTICAS - NATURÉZATE.pdf
PLAN PROXECTA-MATEMÁTICAS - NATURÉZATE.pdfiesasorey
 
Alexander Von Humboldt 2019
Alexander Von Humboldt 2019Alexander Von Humboldt 2019
Alexander Von Humboldt 2019iesasorey
 
Humbolt IES F. Asorey
Humbolt IES F. AsoreyHumbolt IES F. Asorey
Humbolt IES F. Asoreyiesasorey
 
Manuel María o carballo
Manuel María o carballoManuel María o carballo
Manuel María o carballoiesasorey
 
Fotosenelánguloexacto
FotosenelánguloexactoFotosenelánguloexacto
Fotosenelánguloexactoiesasorey
 
As estradas mais incríveis do mundo
As estradas mais incríveis do mundoAs estradas mais incríveis do mundo
As estradas mais incríveis do mundoiesasorey
 
Conrad Gesner, 500 anos
Conrad Gesner, 500 anosConrad Gesner, 500 anos
Conrad Gesner, 500 anosiesasorey
 
Hawai adrián alonso vilar
Hawai   adrián alonso vilarHawai   adrián alonso vilar
Hawai adrián alonso vilariesasorey
 

More from iesasorey (20)

Macroinvertebrados Elena.pptx
Macroinvertebrados Elena.pptxMacroinvertebrados Elena.pptx
Macroinvertebrados Elena.pptx
 
Macro Invertebrados Saray.pptx
Macro Invertebrados Saray.pptxMacro Invertebrados Saray.pptx
Macro Invertebrados Saray.pptx
 
RÍOS macroinv..pptx
RÍOS macroinv..pptxRÍOS macroinv..pptx
RÍOS macroinv..pptx
 
P.PROXECTA-ROTEIRO MATEMÁTICO-23.pdf
P.PROXECTA-ROTEIRO MATEMÁTICO-23.pdfP.PROXECTA-ROTEIRO MATEMÁTICO-23.pdf
P.PROXECTA-ROTEIRO MATEMÁTICO-23.pdf
 
Proxecto_23.ppt
Proxecto_23.pptProxecto_23.ppt
Proxecto_23.ppt
 
Proxecto_rIos_21-22_FeQ1.ppt
Proxecto_rIos_21-22_FeQ1.pptProxecto_rIos_21-22_FeQ1.ppt
Proxecto_rIos_21-22_FeQ1.ppt
 
Proxecto_rios_2122_FeQ.pdf
Proxecto_rios_2122_FeQ.pdfProxecto_rios_2122_FeQ.pdf
Proxecto_rios_2122_FeQ.pdf
 
PLAN PROXECTA-MATEMÁTICAS - NATURÉZATE.pdf
PLAN PROXECTA-MATEMÁTICAS - NATURÉZATE.pdfPLAN PROXECTA-MATEMÁTICAS - NATURÉZATE.pdf
PLAN PROXECTA-MATEMÁTICAS - NATURÉZATE.pdf
 
Río Limia María Aitana e Carlota.pdf
Río Limia María Aitana e Carlota.pdfRío Limia María Aitana e Carlota.pdf
Río Limia María Aitana e Carlota.pdf
 
Traballo Laura Conde (1º Eso B) río Lérez.pdf
Traballo Laura Conde (1º Eso B) río Lérez.pdfTraballo Laura Conde (1º Eso B) río Lérez.pdf
Traballo Laura Conde (1º Eso B) río Lérez.pdf
 
Carlos 1º C.pdf
Carlos 1º C.pdfCarlos 1º C.pdf
Carlos 1º C.pdf
 
PLAN PROXECTA-MATEMÁTICAS - NATURÉZATE.pdf
PLAN PROXECTA-MATEMÁTICAS - NATURÉZATE.pdfPLAN PROXECTA-MATEMÁTICAS - NATURÉZATE.pdf
PLAN PROXECTA-MATEMÁTICAS - NATURÉZATE.pdf
 
Alexander Von Humboldt 2019
Alexander Von Humboldt 2019Alexander Von Humboldt 2019
Alexander Von Humboldt 2019
 
Humbolt IES F. Asorey
Humbolt IES F. AsoreyHumbolt IES F. Asorey
Humbolt IES F. Asorey
 
Marzo 2016
Marzo 2016Marzo 2016
Marzo 2016
 
Manuel María o carballo
Manuel María o carballoManuel María o carballo
Manuel María o carballo
 
Fotosenelánguloexacto
FotosenelánguloexactoFotosenelánguloexacto
Fotosenelánguloexacto
 
As estradas mais incríveis do mundo
As estradas mais incríveis do mundoAs estradas mais incríveis do mundo
As estradas mais incríveis do mundo
 
Conrad Gesner, 500 anos
Conrad Gesner, 500 anosConrad Gesner, 500 anos
Conrad Gesner, 500 anos
 
Hawai adrián alonso vilar
Hawai   adrián alonso vilarHawai   adrián alonso vilar
Hawai adrián alonso vilar
 

Caderno agricultura ecolóxica 2014

  • 1. Organiza: Asistencia técnica, deseño e textos: www.ventos.es Horta urbana
  • 2. Deseño e textos: Ventos Estudos Ambientais Ilustracións: Manuel Domínguez (Ventos), agás portada (Abraldes) Feito en papel reciclado, aforrando madeira, auga e enerxía CONTIDO Por qué Agricultura Ecolóxica 3 Que é a Agricultura Ecolóxica? 4 Manexo do solo 5 Fertilización e compostaxe 6 Uso do compost 9 Outros abonos 10 Organización da horta 11 Manexo da cuberta vexetal 12 Os acolchados 13 Asociacións e rotacións de cultivos 14 Enfermedades e coidados 15 Preparacións 16 Para saber máis… 18 Para saber máis... Aubert, C. El huerto biológico. (4° Ed). Ed. Integral. Barcelona, 1997. Bueno, M. El huerto familiar ecológico. Ed. Integral. Barcelona, 1999. Caballero de Segovia, G.; Mtnez, T. El huerto ecológico escolar y familiar. Ed. AFAE-Prensa Universitaria. Palma de Mallorca, 1999. Del Val, Alfonso. El libro del reciclaje (3ª Ed.). Ed. Integral. Barcelona. 1997. Guérin, H.P. El balcón de las plantas medicinales. Ed. Daimón. Barcelona, 1981. Mainardi, F. El cultivo biológico de hortalizas y frutales. De Vecchi. Barcelona, 2003. Pouliquen, Xan. Horta ecolóxica na Galiza. Guía práctica para o cultivo. Col. Baía Verde. Ed. Baía. A Coruña, 2005. Seymour, J. La vida en el campo. Ed. Blume. Barcelona, 1991. Soto, M. e outros. A compostaxe. Col. Adega Cadernos. Ed. ADEGA, 1998. VARIOS AUTORES. Guia de compostatge. Guies d´educació ambiental. Ajuntament de Barcelona. 1998. Revista La Fertilidad de la Tierra. Apdo. 115. 31200 Estella (Navarra).  948 539216 8, lafertilidad@wanadoo.es Revista Savia. Apdo. 10. 31300 Tafalla (Navarra).  948 755404 Asoc. Agroecoloxía Alberte Rodríguez Pérez. Apdo. 336. 27080 Lugo. Na rede Asociación Galega de Horta Urbana  www.hortaurbana.info Revista Integral.  www.larevistaintegral.com Revista Ecohabitar.  www.ecohabitar.org Asociación Vida Sana. C/ Clot, 39. 08018 Barcelona. ( 93 2450661  www.vidasana.org Fundación Ecología y Desarrollo.  www.ecodes.org Portal Terra.org  www.terra.org Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia (CRAEGA).  www.craega.es UE  http://ec.europa.eu/agriculture/qual/organic/index_es.htm Compostaxe: www.todoverde.com  www.compostadores.com  www.hortadaformiga.com
  • 3. 18 Maceración de follas de tomate: macerar dúas cuncas de brotes/follas nun litro de auga por 48h; coar, e engadir ouitro litro de auga. Aplicar sobre chan e plantas. Maceración de aquilea (Achillea millefolium): macerar flores en auga (20g/l), pulveri-zar diluído ao 10%.Preventiva contra bacterias e fungos. Coa mesma fin, purín de artemisa (Artemisia absinthium): talos e follas en auga (150g/l en fresco, 15 g/l en seco), e deixar macerar 12 días. Leite desnatado: reforza as defensas das plantas e axuda a prever ataques de insec-tos. Aplicar diluído ao 10%. Auga xabonosa: xabón de potasa, ou caseiro, ou “Lagarto”. 5 – 10g /l. Útil contra cochinillas e pulgóns, tamén axudando a outros preparados. Terra fina: pasar terra pola peneira ou coador, quedando coa fracción fina (limos e arxilas). Pulverizar cun fol pola mañá, cando as follas aínda teñen orballo, ou logo dun tratamento líquido. Incomoda a pulgóns e cochinillas, e dana as mandíbulas dos mastigadores (eirugas, escaravellos...). Caldo bordelés: 500g de sulfato de cobre diluídos en 12 l de auga; noutro recipien-te apagar 300 g de cal viva en auga. Mesturar logo, removendo, ata 100 l. Trampas cromáticas. Láminas ou bandexas de plástico (marelas para pulgóns e mosca branca, azul para trips), impregnadas con aceite de cociña. Colocalas á altura das plantas. Por que Agricultura Ecolóxica? A produción agrícola convencional está a causar: – Contaminación por fertilizante, afectando ás augas de consumo. – Contaminación por pesticidas en terra, auga e aire. – Redución da biodiversidade (por variedades e especies foráneas, implanta-ción de grandes monocultivos, organismos xeneticamente modificados... ) – Erosión e perda de solo fértil por mala práctica de laboreo e cultivo. Isto leva, en conxunto, a un modelo cada vez máis impactante sobre o contorno, con plantas e animais cada vez menos equilibrados e nutritivos, dependente de insu-mos alleos á explotación (producidos por un oligopolio cada vez máis concentrado), e con graves efectos a medio e longo prazo para a saúde e o medio. As técnicas agrícolas ecolóxicas son aquelas que aplican a ciencia ecolóxica á agricultu-ra, tratando á horta coma un ecosistema en equilibrio. Os obxectivos ou criterios que debe cumprir son: – Producir suficientes alimentos, con alta calidade nutricional. – Traballar cos sistemas naturais (non pretendendo dominalos). Poténcianse os ciclos biolóxicos dos microorganismos, flora e fauna. – Manter e aumentar a fertilidade do solo. – Traballar nun sistema pechado: reutilízase a materia orgánica sobrante da colleita. – Evitar todas as formas de polución da agricultura convencional. – Manter a diversidade xenética (variedades xa adaptadas á zona). – Asegurarlles aos agricultores un ambiente de traballo seguro, satisfacción 3
  • 4. Manexo do solo O solo non é un simple soporte, senón que é un medio vivo, que se interrelaciona co noso cultivo. A formación e maduración do solo dependen de: rocha, clima, tem-po, seres vivos e o relevo da zona.. Os seres vivos teñen unha gran influenza na fertilidade. Algunhas plantas teñen nas súas raíces nódulos con colonias de bacterias fixadoras de Nitróxeno. De aí a capa-cidade fertilizante de trevos, o emprego de toxo no estrume e na corrección do compost, o manexo de legumes nas rotacións, etc. Do noso solo deberemos vixiar a súa estrutura (evitando a compactación), textura (que non sexa demasiado areoso nin arxiloso), acidez e contido en materia orgánica. Os nosos solos teñen un grande contido de aluminio, que dificulta a absorción de nutrientes (Ca, Mg) nas raíces; para evitar isto, recoméndase engadir calizas, mellor acompañadas dun abono orgánico. 4 Preparacións Maceración, caldos: deixar a planta en auga 1 – 2 semanas, removendo de cando en vez. O resultado será un líquido escuro. Infusión: botar as plantas trituradas sobre auga fervendo (co lume apagado), e dei-xar arrefriar nela. Decocción: deixar amolecer a planta en auga, e logo ferver 15 – 20 min. Purín de ortiga: deixar 200g de ortigas secas (1 Kg se son frescas) en 10 l de auga, e deixar repousar unha semana; filtrar, pulverizar logo sobre a planta, diluído ao 10%. Reforza as defensas da planta, previndo ataques de fungos e algúns animais. Co mesmo fin, infusión de macela: 50g flor seca por litro. Purín de sabugueiro (Sambucus nigra): macerar follas e flores (50 g / l) un par de semanas. Pulverizar sen diluír. Para repeler ratos e toupas. Decocción de fento común (Pteridium aquilinum). Botar 50 g de frondes ("follas") secas de fento nun litro de auga, e deixar macerar 24 horas.Ferver entón durante 10 minutos, e diluír con 9 litros de auga, aos que se lle pode engadir media cullerada de xabón de coco ou de tipo "lagarto". Eficaz con-tra ácaros e diversos insectos (en especial pulgóns). Decocción de equiseto (Equisetum arvense): 15-20 g de planta seca por litro. Mace-rar 2 días, ferver logo 20 min. Prevén de fungos, ácaros e pulgóns. Infusión de allo: 50g de allo triturado nun litro de auga, e deixar tapado. Pódese engadir un chisco de xabón. Aplicar diluído ao 20%. 17
  • 5. 16 Planta Sementeira/ plantación Terra, abono Coidados Recolleita Obs. Amorodo (Fresa) Fragaria vesca Rosáceas Estolóns, planta- dos en ago – set cada 30cm Require bte materia org Lugar abrigado e soleado. Leituga Lactuca sativa Asteráceas (Ext) Sem. Marzo a setembro. Só abono maduro. Rego no verán, ou grelarán. Escalonada, segun- do tamaño. Macela Matricaria chamomilla Asteráceas Na primavera. Tamén por división das matas. Chan seco, ben drena- do. Orientación soleada. Recoller os capítu- los florais e secalos inmediatamente. Prop. dixesti- vas, antiinfla- matorias e cicatrizantes. Menta Mentha sp Labiadas Plant. en prima- vera ou outo- no.Tamén por división da mata. Húmido e rico en materia orgánica. Orientación semisolea- da. Recoller as follas antes da floración. Propiedades dixestivas. Millo Zea mays Poáceas Abril a xuño, cada 20 cm. Require bte materia org, chan sen compactar O cavado non debe ser tardío, para non danar as raíces superficiais. Consumo direc- to:antes de que o gran estea comple- tamente maduro. Serve de titor para legumes e cabazas. Papoula Papaver rhoeas Papaveráceas Na primavera – comezos do verán. Pouco esixente. Pouco esixente. Recoller os pétalos, deixar madurar a cápsula coas se- mentes. Pétalos en infusión, comba- ten a tose e o insomnio. Pataca Solanum tuberosum Solanáceas Plant. Patacas xermoladas (varias semanas nun lugar aireado e iluminado). Febreiro-abril, separadas 40cm Atura relati- vamente ben o abono fresco. Require bte materia org Xudía e liño nos bor- dos prevé ao escarave- llo. Tamén berenxena como planta-trampa. Chícharos medrando entre elas semellan previr enfermidades. Cando seca a folla. Tamén se pode escalonar. Asocian ben con legumes, millo e coles. Pementos Capsicum annuum Solanáceas Sem. a cuberto, dende marzo. Plant. Maio (antes a cuberto). Deixar 35 cm entre plantas. Atura ben o abono fresco. Require bte materia org(pero ollo co exceso de N) Cubrir con terra fina ante vermes ou pul- góns. Escalonada. Impte rotar (non repetir na mesma parcela antes de 3 anos) Remolacha Beta vulgaris Quenopodiáceas Abril – maio. 15-20 cm de separación. Terras non compactas, con bte abono org Acolchado. En tempo seco. Sacar as follas e a punta da raíz para que se conserven. Tomate Lycopersicum escu- lentum Solanáceas Sem. Abril – maio (Antes se é a cuberto) Plant. Abril - xuño Require bte materia org, pref. madura (anque ature a fresca) Acolchado. Entitorado. “Capado” dos brotes axilares, en tempo seco e cálido. Rega por baixo para previr fungos. Cando maduros. A final de temporada, quitar as follas baixas para acelerar a maduración. Contra fungos: caldo de equise- to ou ortigas. Cravar un fío de cobre na parte baixa do talo. Trampas marelas contra minador das follas e mosca branca Xarxa, salvia Salvia officinalis Labiadas Sem. nrimavera, plant. no verán. Tamén transplante. Solo ben drenado. Orientación soleada. En primavera e outono. Cicatrizante. Contra afeccións dixestivas e sudoración. Xudía Phaseolus vulgaris Fabáceas Abril a xullo ext. Marzo a cuberto. Só abono maduro. Evitar exce- so de humi- dade. Entitoralos a paus, canas... Gradual Máis afectada polo frío que outras legu- mes. 5 Fertilización e compostaxe Os abonos que empregaremos serán sempre orgánicos (principalmente compost, e outros como complemento), ou minerais (calizas...) con moderación. Nunca empre- garemos abonos sintéticos (agroquímicos). O compost é un substrato equilibrado, que mellora as propiedades do solo:  achega nutrientes  favorece a asimilación doutros abonos  favorece a inmunidade das plantas  mellora a estrutura e evita a compactación do chan  evita a erosión e retén auga  aumenta a temperatura do chan O compost é un abono feito a partir da fermentación aerobia de materiais orgánicos (follas, palla, restos de comida e de colleitas…), en dúas fases:  Descomposición (2 - 3 semanas), na que os microbios comezan a desfacer os compoñentes da materia. Nesta fase aumenta a temperatura, o cal permite hixienizar a mestura ao eliminar patóxenos e inactivar sementes e parasitos.  Maduración (3 a 6 meses), ata conformar unha masa escura e estable, con aspecto de terra de bosque. A compostaxe poderá facerse nun montón nunha esquina da horta (directamente sobre o chan) ou, se queremos acelerar o proceso, empregar un composteiro.
  • 6. Sempre que sexa posible, o composteiro estará en contacto co chan, facilitando a chegada de miñocas e microbios (unha rede evitará o paso de ratos). estexa aireada e sen compactar. En calquera caso, colocarase nun lugar protexido do vento e sol excesivos. Para que o compost sexa equilibrado, deberá ter unha relación C/N equilibrada: debe-mos combinar materiais ricos en carbono (palla, serraduras e labras, follas…) con materiais ricos en nitróxeno (plantas novas, esterco, restos de comida…). Estes restos mesturaranse cun pouco de terra, que achegará os microbios fermentadores. Debe remexerse de cando en vez para evitar apelmazamentos, e regar o conxunto sen encharcar (o compost non deberá ficar seco nin pingar auga) de xeito que entre o osíxeno. É recomendable tapar o composteiro ou montón, protexéndoo da choiva ou calor excesivos. Restos “verdes” Ricos en nitróxeno C/N = 1 - 25 Proporción equilibrada C/N = 25-40 Restos “marróns” Ricos en carbono C/N = 40 - 1000 Esterco de galiñeiro Esterco fresco Céspede fresco Legumes Restos vexetais frescos Pousos de café Restos de cociña, alimentos Esterco de ovella, cabra Esterco de cabalo Herba seca Follas de froiteiras Labras e serraduras Papel, cartón Palla Leña, Ramas de poda Follas de carballo, castiñeiro... 6 15 Planta Sementeira/ plantación Terra, abono Coidados Recolleita Obs. Acelga Beta vulgaris Quenopodiáceas Abril a xuño. Finais de verán. Atura ben compost fresco. Deixar 35 cm de sepa-ración entre cada planta. Gradual, recollen-do as follas ou plantas máis desen-volvidas. Sementar con lúa minguante. Allo Allium sativum Liliáceas Plantar dentes coa punta cara arriba, 2-3 cm no chan Só compost moi maduro. Plantar os dentes cada 10-12 cm. Evitar o exceso de humidade. Xullo – agosto, en tempo seco. Dei-xar secar 2 días ao sol. Non cultivar con legumes. Alfádeg(“albahaca”) Ocimum basilicum Labiadas Sem. en marzo, plantación en maio. Ben drenada, sen exceso de humidade. Zonas soleadas. Rego frecuente. Fins do verán, outono. Apio Apium graveolens Apiáceas Sem. marzo-abril (cuberto) Maio-Xuño (ext) Plant. Maio - ago Só abono moi maduro. Manter a humidade mediante acolchado. Gradual, a medida que a planta vai branqueando. Sementar con lúa minguante. Berenxena Solanum melongena Solanáceas Sem. a cuberto, dende marzo. Plant. Maio (antes a cuberto).35 cm entre plantas. Atura ben o abono fresco. Require bastante materia org Require calor. “Capado” das ramas axilares, coma no tomate. Cabazas Cucurbita sp Cucurbitáceas Sem. abril – maio. Atura ben o abono fresco. Acolchado o antes posible. Cabaza: coa planta seca. Cabaciña: antes de madurar completa-mente o froito. Cantroxo, lavanda Lavandula sp Labiadas Multiplicación por sementeira ou por división das matas. Chan seco (drenado). Orientación soleada. Flores: cando estean totalmente abertas. Infusión das flores dixestiva e alivia irritacións resp orias. Cebola Allium cepa Liliáceas Case todo o ano, atura ben o frío. Só compost moi maduro. Evitar o exceso de humidade. Cando a folla estea seca para conser-var longo prazo. Sementar con lúa minguante. Cenoria Daucus carota Apiáceas Prexermolar: deixar uns días en auga; secar e sementar. Na primavera (en xuño variedades de inverno).. Só abono moi maduro. Quere chan solto, non compacto. Aclareo. Acolchado con com-postas ou fento. Recalce para que a raíz non se poña verde. -- Asocia moi ben con cebolas e allos Tamén con leitugas. Coles Brassica oleracea Brasicáceas Depende da variedade. Atura ben abono fresco. Require bastante materia org Evitar a seca: no verán, rega frecuente e som-bra. Acolchado. Gradual. Asocialas con tomate pre-vén das eiru-gas. Chícharo Pisum sativum Fabáceas Case todo o ano, agás xullo e agosto (cultivo dificultoso no verán). Só abono maduro. Evitar o exceso de humidade. Entitoralos a paus, canas... Gradual. Non cultivar con allos e cebolas. Espinaca Spinacia oleracea Quenopodiáceas Marzo – abril. Agosto - outubro Só abonos maduros. Acolchado. Evitar a seca: no verán, rega frecuente. Gradual, respectan-do o grupo central. Amorodo (Fresa) Fragaria vesca Rosáceas Estolóns, planta-dos en ago – set cada 30cm Require bastante materia orgánica. Lugar abrigado e soleado.
  • 7. Enfermidades e coidados en agricultura ecolóxica O tratamento baséase na prevención, mantendo un solo vivo e san no cal poidan medrar plantas equilibradas. Regas pouco abondosas, e sen tocar a parte aérea, axu-darán a previr os ataques de fungos. O emprego de tratamentos farase como último recurso, e sen abusar dos preventivos. Buscaranse potenciar a resistencia natural das plantas: variedades adaptadas e boas condicións de cultivo. Buscaremos o control das pragas, non o exterminio total. Procuraremos manter un sistema variado: as pragas espállanse mellor nos monoculti-vos. Así, intercalaremos os cultivos (respectando as asociacións e rotacións xa vis-tas), coa fin de que os cultivos se protexan. Allos, cebolas e plantas aromáticas (menta, ourego, romeu) repelen diversas pragas de varios cultivos. 14 7
  • 8. Uso do compost O tempo de elaboración do compost variará segundo o material de partida, o tipo de composteiro ou montón, o manexo... En xeral, o compost fresco obterase logo de 4 a 10 semanas, e o maduro a partir de 3 meses. Unha compostaxe ben realizada elimina patóxenos e parasitos, e non produce cheiros molestos. Pode ser moi útil peneirar o compost, devolvendo os anacos maiores e pouco des-compostos á mestura. Compost fresco: Sobre cultivos que o aturen sen problemas (pataca, tomate, millo, cabazas e cogombros). Tamén como cobertor de outono, logo das colleitas, ou sobre chans nus, queimados, usos forestais, etc. Compost maduro: con menor poder fertilizante que o fresco, pero válido para todo tipo de cultivos e momentos. Preferiblemente, reservarase para cultivos que non aturen o compost fresco: cobertura en sementeiros, leitugas e verduras, chícha-ros, remolachas, cereais, cenoria, allo e cebola. Varios exemplos de composteiros 8 13 Asociacións e rotacións de cultivos Cada especie vexetal ten unhas necesidades de nutrientes, sol, auga... Na horta plantaremos varios cultivos preto, por iso é importante coñecer as “relacións diplo-máticas” das plantas, para seguir o “protocolo” de cultivo. En xeral, non se deben plantar xuntas hortalizas da mesma familia: patacas con to-mates, nin chícharos con xudías, etc. Tamén evitaremos xuntar cultivos dos que se aproveite a mesma parte: non xuntar dous cultivos de raíz, dous cultivos de folla, etc. Este mesmo criterio serve, en xeral, para as rotacións de cultivos: evitar cultivar unha legume despois doutra na mesma parcela, etc. Un bo manexo de asociacións e rotacións permitiranos mellorar o rendemento e saúde dos cultivos, e mesmo aforrar en fertilizante: a raíz das legumes fixa nitróxeno do aire, polo que o solo estará enriquecido logo do cultivo delas, óptimo para to-mates, coles, remolacha… O abono verde a base de trevo baséase neste mesmo principio.
  • 9. O acolchado ou “mulching” Consiste en cubrir o chan con material diverso, con varias funcións: – Evita a desecación no verán, e a erosión en días de fortes choivas. – Limita o medre de herbas ventureiras. – Aumenta a temperatura do solo no inverno, reducindo os efectos das xeadas e aumentando os procesos biolóxicos do solo. Malla téxtil. Resulta cara. Nunca debemos empregar plástico laminado, pois non per-mite transpirar ao solo, proliferando fungos non interesantes. Palla: Ao igual que as labras e serraduras de madeira, pouco recomendable para cul-tivos que precisen moito N. Pode substituírse por frondes de fentos (moi recomen-dable baixo de cabazas, fresas... para evitar que podrezan en contacto directo co chan). Tamén follas de hortalizas e herba cortada (sen sementes, en capas finas) Compost: o maduro será válido para a maioría dos cultivos; o compost novo non é ben aceptado por algunhas plantas (a leituga, por exemplo). Follas de árbores. As de castiñeiro e nogueira teñen efectos alelopáticos, limitando o medre de ventureiras. As de carballo son bastante empregadas. Casca de piñeiro e candeas (arume): de descomposición moi lenta, e ricas en lignina, farán o solo máis ácido, o que non é moi recomendable para horta. A súa función decorativa fai moi interesantes estes materiais para acolchados en xardinería. 12 9 Outros abonos As achegas de nitróxeno faranse, en xeral, na sementeira ou plantación. Esterco de galiñeiro: C/N = 6-10. Rico en K, P e Ca. É moi concentrado, e deberá aplicarse con moderación. Esterco de vaca: C/N = 15-30. Rico en K e P. É un abono equilibrado. Algas: moi ricas en N, K e oligoelementos. Melloran a estrutura do terreo e faci-litan a absorción de nutrientes polas plantas. As achegas minerais deben empregarse só en terreos con carencias. Emendas calizas: para reducir a acidez e desprazar ao aluminio do complexo de cambio. Para os nosos solos recoméndase, unha dose de 0,3 Kg/m2 cada 2 – 3 anos, cando menos. Se a caliza é dolomita, previremos carencias de magnesio. Asoc. Vida Sana
  • 10. Organización da horta Neste deseño influirán moitos factores: tipo de chan, presenza de cursos de auga, zonas de sombra, orientación... De modo xeral: Se a finca ten moita inclinación (pendente), o deseño debe axudar a realizar os traballos e laboreos no sentido contrario á pendente (é dicir, seguindo as curvas de nivel), evitando así a erosión; se a pendente é moi forte, será moi conveniente instalar bancais. Se a finca conxuga unha certa pendente con orientación ao Nor-te, teremos limitacións para moitos cultivos. Se hai árbores rodeando a finca, mellor que non sexan demasiado altos. Son moi interesantes para protexer dos ventos fríos do N e NE. Un feche de sebes rodeando á finca reduce a influenza das parcelas veciñas (tratamentos químicos...), ademais de servir como base para un exército de come-dores de insectos e ratos: paxaros, donicelas, ourizos... Diversificar: as froiteiras mobilizan nutrientes e acollen predadores das pragas; as plantas aromáticas atraen polinizadores e repelen insectos prexudiciais; as herbas ventureiras nas marxes da finca acollen a inimigos das pragas (as estrugas acollen a parasitos do pulgón) ou poden ser “plantas trampa” para as pragas; valados ou moreas de pedras acollerán a réptiles, paxaros insectívoros... 10 11 Manexo da cuberta vexetal Non hai “malas herbas”. As herbas ventureiras non son “malas” en si mesmas, e a miúdo poden ter efectos beneficiosos sobre a horta: acollen a depredadores ou parasitos das pragas, evitan a erosión e o lavado de nutrientes en momentos sen cultivos, poden ter usos (medicinal, corrector do compost, abono verde...). Así pois, non buscaremos o seu exterminio, senón o manexo e control para evitar que che-guen a “afogar” aos cultivos. Algunhas medidas preventivas son:  Facer un manexo correcto do solo. Algunhas herbas ventureiras dispáranse con exceso de fertilizante rico en N. Un laboreo no verán, deixando as partes sub-terráneas ao sol, axuda a controlalas (e, de paso, aos ovos de insectos nocivos).  Facer un manexo correcto do compost. A calor que acada a pila ao compostar destrúe moitas sementes das herbas; se non acada a calor suficiente, o compost resultante podería espallar sementes de herbas. Controlar a rega, aireación e mesmo engadir activador (p.ex. estrugas).  Plantar en lugar de sementar. Poñer plantiñas xa medradas sobre a terra labrada dálle ao noso cultivo semanas de vantaxe sobre as herbas.  Plantar un cultivo de cobertura: plantar fresas baixo froiteiras, ou xudías entre o tomate ou o millo (tamén cabazas, neste último caso). Así pódese ter unha produción “extra”.