2. Os moluscos son animais
invertebrados co corpo brando sen
segmentar, formado por cabeza, pé e
manto, que pode estar cuberto por
unha ou varias cunchas ou placas.
Teñen reprodución ovípara.
Coñécense unhas 100.000 especies.
4. CAUDOFOVEADOS
Aspecto vermiforme, viven nos sedimentos mariños
facendo galerías.
Coñécense 70 especies.
aparato dixestivo
aparato circulatorio
manto
bránquias
gónadas
boca
rádula
sistema nervoso
cavidade paleal
ano
5. SOLENOGASTRES
Aspecto de verme, sen cabeza diferenciada, corpo
recuberto de pezas de carbonato cálcico.
Coñécense 250 especies.
aparato dixestivo
manto
gónadas
sistema nervoso
ano
boca
órgano
sensitivo
cavidade paleal
rádula
6. POLIPLACÓFOROS
Cabeza diferenciada, pé ben desenvolvido e
corpo cuberto por oito placas articuladas.
Coñécense 600 especies (en Galicia hai 12).
aparato dixestivo
aparato circulatorio
gónadas
placas
boca
sistema nervoso
pé
aparato excretor
bránquias
ano
7. Apegón (Chaetopleura angulata).
Un poliplacóforo que se suxeita co
seu potente músculo ás rochas e
outros obxectos da zona
intermareal. Aliméntase de
pequenas algas.
10. TRIBLIDIOS
Chamados tamén monoplacóforos.
Teñen unha cuncha dorsal cónica suxeita con 78 pares de músculos. Viven en augas mariñas
profundas. En Galicia coñécense 24 especies.
aparato circulatorio
aparato dixestivo
gónadas
sistema nervoso
cuncha
manto
ano
pé
bránquias
rádula
aparato excretor
boca
11. GASTERÓPODOS
Teñen un pé musculoso en forma de ventosa que
utilizan para desprazarse reptando, a cabeza ben
diferenciada e moitos protéxense cunha cuncha que
pode ser cónica ou enrolada en espiral. Viven na
terra, no mar e nas augas dóces.
Coñécense 75.000 especies.
12.
13. Caracol (Helix aspersa)
Molusco gasterópodo que pode acadar 7 cm de
lonxitude. Aliméntase de plantas que raspa coa
rádula (lingua cuns dentes duros). É
hermafrodita pero precisa ser fecundado por
outro individuo. Desenvolvese mellor en tempo
húmido e é máis activo pola noite.
19. Lesma (Geomalacus maculosus).
Unha especial lesma endémica da
área lusitánica que se atopa en
bosques húmidos ben
conservados. Solo sae nas noites
cálidas e húmidas. É a única lesma
protexida.
25. Nucella lapillus. Carnívoro
perforador que se alimenta de
mexillóns e arneiróns.
Ocenebra erinacea. Carnívoro
perforador que se alimenta
doutros moluscos.
30. Lapa (Patella…). Gasterópodo que vive apegado ás rochas da
intermareal e aliméntase de algas. Desprázase para alimentarse e volve
logo ao mesmo sitio para descansar, por iso a súa cuncha se adapta tan
ben á pedra na que se atopa
34. Lebre de mar, borracha (Aplisia punctata).
Vive an augas limpas preto da costa.
ovos
35. Nudibránquios: moluscos sen
cuncha coas bránquias
externas. Hai moitas
variedades, de cores e formas
moi chamativas.
Chromodoris purpurea
Lesma de mar (Doris
verrucosa). Aliméntase de
esponxas.
Hypselodoris cantabrica
36. BIVALVOS
Teñen a cabeza sen diferenciar e o corpo protexido por dúas
valvas ou cunchas. Son todos acuáticos, a maioría mariños.
Coñécense 13.000 especies.
En Galicia hai 196 especies de bivalvos mariños.
37. CICLO REPRODUTIVO DUN MOLUSCO BIVALVO
expulsión de óvulos e espermatozoides
larva en foma de D
ovos
larva trocófora
larva umbonada
xuvenil
adultos
40. Berberecho (Cerastoderma edule). Bibalvo que se atopa en
fondos de area fina ou fango-areosos desde o intermareal
ata uns 10 m de profundidade. Soporta ben os cambios de
salinidade e temperatura.
41. Ameixa lexítima, fina ou san
(Tapes decussatus).
Resiste moi ben as desecacións
e as variacións de temperatura e
salinidade.
48. volandeira
(Chlamys opercularis)
Vieiras (Pecten maximus). Bivalvo
que pode acadar os 15 cm de
lonxitude. Vive semienterrada en
fondos de area e e cascallo ata os
100 m de profundidade.
zamburiña
(Chlamys varia)
53. Mexillón de río (Margaritifera margaritifera)
Pode medir ata 10 cm de longo e vivir máis
de 30 anos. Como consecuencia da
contaminación das augas e das obras
hidráulicas é cada día máis escaso.
Ameixa de río (Corbicula fluminea)
unha especie que invadeu
recentemente algúns ríos galegos
Ameixa de río
56. CEFALÓPODOS
Teñen o pé dividido en tentáculos provistos de
ventosas e cabeza diferenciada. Son todos mariños.
Coñécense 800 especies (en Galicia hai 80).
58. Xiba (Sepia officinalis). Cefalópodo que pode acadar 40 cm de
lonxitude. Vive en fondos de area e fango con vexetación, en
zonas próximas á costa ata os 150 m de profundidade.
59. Lura (Loligo vulgaris), Vive en augas de 10 a 500 m
de profundidade. Ten un gran valor comercial para
consumo en fresco ou conxelado.
60. Polbo (Octopus vulgaris). Pode medir ata 1,50 m de lonxitude e
acadar os 5 kg. Vive en fondos rochosos do litoral.
61.
62. Nautlilus. Moluscos moi primitivos con
numerosos tentáculos (ata 90) sen ventosas.
Corpo metido nunha cunha dividida en cámaras.
63. USOS:
Alimentación humana. As cunchas
para facer distintos obxectos, en
decoración, coleccionismo...
das ostras extráense as pérolas.