SlideShare a Scribd company logo
1 of 69
A agricultura é “a arte de cultivar a terra”. 
O traballo que se fai para favorecer o desenvolvemento das 
plantas útiles, aquelas que poidan servir como alimento ou para 
outros usos. 
A agricultura transforma o medio natural para facelo máis apto 
para o desenvolvemento dos vexetais escollidos polas persoas. 
A agricultura é fundamental como fonte de recursos para a 
alimentación humana, para múltiples actividades industrais e pola 
cantidade de xente que emprega.
A agricultura é “a arte de cultivar a terra” 
O traballo que se fai para favorecer o 
desenvolvemento das plantas útiles, aquelas que 
poidan servir como alimento ou para outros usos. 
A agricultura transforma o medio natural para facelo 
máis apto para o desenvolvemento dos vexetais 
escollidos polas persoas.
A agricultura é fundamental como fonte de recursos para a 
alimentación humana, para múltiples actividades industrais e pola 
cantidade de xente que emprega. 
En moitos países da Terra a actividade agrícola ocupa a máis do 50% da poboación 
activa. Nos países máis desenvolvidos a ocupación é inferior ao 5%. 
Calcúlase que existen na Terra 3.200 millóns de hectáreas cultivables. Actualmente 
cultívanse uns 1.400 millóns de Ha.
fonte: 
FAO
fonte: 
FAO
O desenvolvemento da agricultura está condicionado por 
factores físicos, biolóxicos, técnicos e sociais: 
•Un terreo cunhas características que permitan o laboreo. 
•Un solo cunhas condicións determinadas: composición físico-química 
correcta, presenza de materia orgánica, profundidade... 
•Unhas condicións ambientais axeitadas: sol, auga... 
•Nutrintes en cantidades suficientes. 
•Especies seleccionadas en función da súa utilidade ou 
produtividade. 
•Labores para manter as condicións axeitadas para o 
desenvolvemento das plantas e a súa recollida: acondicionar a 
terra, sementar, eliminar malas herbas, fertilizar, regar... 
•Ferramentas e medios de tracción e transporte.
O TERREO 
O relevo condiciona o desenvolvemento da agricultura, afecta ao 
desenvolvemento das plantas e dificulta ou facilita os labores.
O SOLO 
É o elemento fundamental no que se sostén a agricultura. Das súas 
características e propiedades dependen as prácticas agrícolas o tipo 
de vexetación e cultivos... É o lugar onde se interrelacionan a 
hidrosfera, a atmosfera, a litosfera e a biosfera.
CONDICIÓNS AMBIENTAIS 
Temperatura, iluminación (clima, orientación). 
Cultivo de viñedos na cara solleira do canón do Sil.
NUTRINTES 
As plantas precisan: auga, dióxido de carbono (CO2), e diversos 
sales minerais (compostos de nitróxeno, fósforo, potasio, calcio, 
xofre, magnesio… e pequenas cantidades doutros elementos). 
Cando o solo ten carencias engádenselle en forma de fertilizantes 
orgánicos ou químicos.
AS PLANTAS 
As plantas, e o seu correcto desenvolvemento, son o obxectivo 
principal dos labores agrícolas. 
As plantas cultívanse porque producen substancias, que almacenan 
en diferentes partes da súa estrutura, que logo se poden aproveitar 
directamente como alimento ou como materia prima para a 
elaboración de diferentes produtos: pensos, tecidos, mobles, 
recipientes, calzado, papel, aceites, graxas, medicinas... 
As plantas almacenan as substancias, polas que son cultivadas ou 
recolectadas para o seu aproveitamento, en distintas partes.
Sementes 
Garbanzos Lentellas Chícharos 
Noces Piñóns Manises
Froitos 
Xudía Laranxa Claudias Uvas 
Centeo Sandía Plátanos Cabaza (recipiente)
Flores 
Azafrán (condimento) Clavo (condimento) Tilleira (mediciñal) Macela (mediciñal) 
Coliflor Romanesco Brécol Rosa (adorno, perfumes)
Follas 
Cebola Allo Loureiro Repolo 
Leitugas Endivia Nabicol Pirixel
Talos 
Sobreira (cortiza) Piñeiro (resina) Canela (tona) 
Espárrago Madeira Pataca (tubérculo)
Raíces 
Cenoria Rábano 
Remolacha Ginseng e xenxibre (mediciñal)
LABORES 
OS TRABALLOS AGRÍCOLAS son o conxunto de labores que se realizan 
para preparar o terreo, modificando se é necesario as súas 
características, coidar as plantas para que teñan un 
desenvolvemento correcto, eliminarlles os competidores e 
protexelas dos perigos do ambiente e as pragas, e facer as colleitas.
LABORES NO SOLO: fanse para romper o terreo, airealo, mesturarlle 
os fertilizantes e facilitar a penetración e a retención de auga. 
LABORES DE PREPARACIÓN DO TERREO LABORES DE CULTIVO 
labrando 
arrendando 
achanzando cavando
LABORES DE CULTIVO: selección das sementes, sementeira ou 
plantación, aclarados, podas, suxección e dirección das plantas, 
protección contra as condicións ambientais, regas, tratamentos 
contra os parásitos e pragas… 
plantando verdura 
plantando patacas 
podando as viñas 
aplicando tratamentos fitosanitarios
COLLEITA: é o momento de recoller o froito do traballo de varios 
meses ou do ano enteiro. Os labores poden ser manuais ou 
mecanizados. 
vendima 
pañando tomates 
colleitadora de patacas 
colleitadora de trigo
FERRAMENTAS, MEDIOS 
Facilitan os labores e o transporte.
Unha vez feita a colleita os produtos almacénanse, transfórmanse 
e/ou comercialízanse.
TIPOS DE CULTIVOS 
Ao longo da historia o ser humano chegou a consumir ata 3.500 
especies vexetais diferentes, das que 150 se cultivaron en 
cantidades importantes. Na actualidade so unhas 25 especies 
constitúen o núcleo principal dos cultivos destinados á 
alimentación. 
Os cultivos clasifícanse, en función da súa utilidade, en varias 
categorías.
CULTIVOS ALIMENTICIOS BÁSICOS 
Son os destinados a 
producir substancias 
aproveitadas como 
alimentos que se 
concentran xeralmente 
nos órganos de reserva 
das plantas: sementes 
(cereais, legumes, 
froitos secos...), froitos 
carnosos, tubérculos 
(pataca, mandioca...), 
talos, follas...
Cereais 
Son o grupo principal de plantas alimenticias. Producen gran 
utilizable para a alimentación de persoas e animais. Achegan 
enerxía en forma de almidón e, en menor cantidade, graxas, 
vitaminas e proteínas. A súa semente moída utilízase para facer 
pan, tortas, pastas... 
Plantación de arroz. 
Practicamente todo o arroz que se 
cultiva no mundo destínase ao 
consumo humano. 
Arredor da metade do trigo e case todo o 
millo se destinan á alimentación do gando.
Froitas e verduras 
Inclúense neste grupo, ademais dos froitos, os talos, follas, bulbos 
e raíces das hortalizas. 
As verduras achegan proteínas, hidratos de carbono e esencias e a 
froita, sobre todo, vitaminas e minerais.
Legumes 
Achegan proteínas especialmente ricas en aminoácidos como a 
lisina. Os máis utilizados son as fabas, os chícharos, as lentellas e os 
garbanzos. 
Chícharos Fabas
FORRAXES: 
Plantas cultivadas especificamente para a alimentación animal: 
herba, trebo, alfalfa, remolacha...
Plantas oleaxinosas: 
Producen aceites, contidos xeralmente nas súas sementes, e 
achegan enerxía en forma de graxas. Poden destinarse ao 
consumo humano ou á industria. Nos países temperados as máis 
importantes son a soia, o mirasol, o millo, a oliveira, a colza e a 
mostaza; e nos países tropicais a palma de aceite, o maní e o 
coco. 
O mirasol cultívase como produtora de 
aceite, para usar as súas sementes como 
alimento e como planta de flor 
ornamental. Olivas
Cultivos que proporcionan azucres 
Achegan enerxía en forma de hidratos de carbono. Os máis 
importantes son a cana de azucre e a remolacha. Tamén se poden 
empregar para fabricar alcohois para bebidas ou combustibles. 
Cana de azucre Remolacha azucreira
Plantas aromáticas (herbas e especies) 
Utilízanse como potenciadores do sabor, como conservantes, para 
a elaboración de esencias e perfumes... 
O lúpulo cultívase desde hai máis de dez 
séculos. Está sometido a un cultivo limitado. 
Utilízase para aromatizar a cervexa. 
Menta
Plantas mediciñais 
Conteñen substancias activas con aplicacións en medicina: macela, 
te, tila, menta, salvia, eucalipto, salgueiro... 
Cultivo de te nas illas Açores. 
O te (Camellia sinensis), procedente do Sudeste asiático, cultívase porque as infusións 
feitas coas súas follas teñen propiedades estimulantes e medicinais.
Plantas textís 
Producen distintos tipos de febras coas que se elaboran tecidos: 
algodón, cánamo, liño, iute... 
O liño cultívase en Europa e Oriente desde 
comezos do Neolítico. Tivo moita 
importancia en Galicia ata o século pasado. 
O algodón xa era coñecido no antigo 
Exipto. En Europa cultivouse unha 
variedade procedente da India e en 
España foi introducido polos árabes. 
En México e Perú cultívase desde a 
época precolombina.
Especies forestais 
Orientadas principalmente á producción de madeira e pastas de 
papel: coníferas, eucaliptos, carballos, faias, bidueiros, chopos, 
caoba... 
O castiñeiro cultívase en Galicia como especie de utilidade 
mixta para madeira e para producir castañas.
Plantas ornamentais 
Cultívanse como especies decorativas no seu conxunto e, a maioría 
das veces, polas súas flores: rosas, caraveis, tulipáns, cactus... 
Cultivo de roseiras en invernadoiro. A forte demanda de plantas e flores como 
elementos de decoración fai que na súa produción se empreguen os métodos e 
sistemas de cultivo máis avanzados.
Fungos 
O alto contido en minerais e proteínas dos cogomelos fai que 
algunhas especies, como o champiñon, sexan obxecto de cultivo 
desde hai tempo. O cultivo faise, a partir do micelio, sobre 
compost, en lugares escuros mantidos a temperaturas suaves. 
Champiñóns Pleurotus
CULTIVOS MÁIS IMPORTANTES DO MUNDO 
1-MILLO: 1.016 millóns de toneladas (2013) 
Principal produtor: Estados Unidos 
2-ARROZ: 738 millóns de toneladas (2012) 
Principal produtor: China 
3-TRIGO: 675 millóns de toneladas (2012) 
Principal produtor: China 
4-PATACA: 365,3 millóns de toneladas (2013) 
Principal produtor: China
6-IUCA ou MANDIOCA: 
232,9 m de toneladas (2008) 
Principal produtor: Nixeria 
5-SOIA: 285 millóns de toneladas (2013) 
Principal produtor: Brasil 
7-PLÁTANO/BANANO: 
145 millóns de toneladas (2011) 
Principal produtor: India 
8-TOMATE: 211 millóns de toneladas (2012) 
Principal produtor: China
12-ÑAME: 56 millóns de toneladas (2011) 
Principal produtor: China 
9-CÍTRICOS: 
115,5 millóns de toneladas (2011) 
Principal produtor: China 
Laranxas: 70,6 m de toneladas 
11-MAZÁN: 63,4 millóns de toneladas (2012) 
Principal produtor: China 
10-UVA: 67 millóns de toneladas (2011) 
Principal produtor: China
TIPOS DE AGRICULTURA 
Segundo os aspectos que teñamos en conta: tipo de cultivo, espazo 
ocupado, lugar no que se desenvolve, tecnoloxía e métodos 
empregados... podemos facer distintas clasificacións e darlle 
diferentes denominacións á actividade agrícola. Así podemos 
atopar agricultura de secano, de regadío, agricultura de montaña...
Segundo a variedade de cultivos nas parcelas: 
Monocultivo 
Zonas adicadas ao cultivo dunha sola 
especie. Este tipo de agricultura fai que a 
economía da área na que se desenvolve 
dependa do éxito da colleita. 
Policultivo 
Parcelas ou zonas onde se cultivan varias 
especies vexetais. Ofrece moitas 
vantaxes: evítanse ou redúcense os 
efectos das pragas, secas, oscilacións de 
prezos..., producen ingresos máis 
regulares e repartidos ao longo do ano, 
permiten adaptar a cada terreo o cultivo 
máis axeitado e aproveitan mellor os 
recursos humáns e materiais.
Segundo a auga que recibe o cultivo: 
Agricultura de secano 
Cultiva especies resistentes á seca, ou 
de ciclo curto, que só reciben auga das 
chuvias de xeito irregular: cereais, 
oliveiras, viñedos... 
Agricultura de regadío 
O regadío elimina a falta de auga, un dos 
problemas máis graves para o 
desenvolvemento das plantas, aumenta a 
produtividade e permite o cultivo de 
especies alleas á area. Precisa unha 
grande achega de auga.
Segundo o aproveitamento da terra: 
Agricultura intensiva 
Practícase en terreos fértiles e con 
especies de ciclo curto (verduras, 
hortalizas...) para obter un alto 
rendemento. Os terreos están sempre en 
produción xa que uns cultivos suceden 
aos outros. É típica da Europa Occidental 
e do Sureste Asiático. 
Agricultura extensiva 
É propia de zonas con grandes extensións 
de terreo. Produce moita cantidade a baixo 
prezo, utilizando medios mecanizados. Ten 
pouco rendemento por unidade de 
superficie.
Invernadoiros 
Un tipo de cultivo intensivo que se realiza en 
espazos cubertos de material transparente, que 
protexen as plantas e crean no seu interior 
unhas condicións ambientais especiais.
Segundo a forma de ocupación do solo: 
Agricultura itinerante ou de 
rozas 
É a forma de cultivo máis primitiva e simple. 
Elimínase a vexetación natural, xeralmente 
queimándoa, e cultívanse os espazos 
abertos utilizando as cinsas como 
fertilizante. Na actualidade so se practica en 
zonas tropicais. 
Agricultura de barbeito 
Divídese o terreo en parcelas que se cultivan 
alternamente. Mentres unhas están en 
produción, outras descansan ou son usadas 
para pastar o gando. É unha forma de cultivo 
que se practica en terreos empobrecidos.
Agricultura mixta ou asociada 
Explotación conxunta de especies nunha 
mesma parcela: árbores ou arbustos con 
cereias, froiteiras con prado, millo con 
xudías... 
Rotación e sucesión de 
cultivos 
Teñen por obxectivo manter o terreo en 
produción constante. Para iso alternan 
as especies axustándoas á época do ano. 
A rotación permite utilizar todas as 
capas do solo (plantas de raices 
superficiais-profundas), prestar atención 
a diferentes tipos de cultivo (sucesión de 
plantas que reclaman diferentes 
coidados), evitar o desenvolvemento de 
parásitos, loitar contra as malas herbas e 
repartir os traballos agrícolas ao longo 
do ano.
Segundo a forma de traballar: 
Agricultura de subsistencia ou 
tradicional 
Foi a practicada ata hai poucos anos de 
forma xeral, e aínda se practica na 
actualidade nos países pouco 
desenvolvidos, utilizando técnicas e 
ferramentas sinxelas. Ten unha 
productividade moi baixa e está 
destinada ao consumo propio. 
Agricultura tecnificada ou 
industrial 
Practícase nos países desenvolvidos ou 
en grandes propiedades, con medios 
técnicos avanzados e coa finalidade de 
obter o máximo de beneficio ao 
comercializar os produtos.
A agricultura ecolóxica ou biolóxica: 
é a que tenta respectar ao máximo o equilibrio 
natural do solo e utiliza especies adaptadas. 
Non emprega produtos químicos de síntese na 
fertilización do solo, só usa fertilizantes 
orgánicos nun proceso de reciclaxe da materia. 
Non emprega praguicidas, nin herbicidas de 
síntese química, se é o caso usa insecticidas que 
non produzan efectos secundarios. 
Inxírese no ecosistema mantendo vivos os 
ciclos naturais e propiciando a “diversidade” 
como base dun funcionamento armónico, 
protexendo plantas e animais. 
Non emprega produtos transxénicos. 
A agricultura integadra ou 
controlada é un sistema agrícola 
de produción de alimentos con 
métodos que respetan a saúde e o 
medio ambiente co obxectivo de obter 
produtos de alta calidade minimizando 
o uso de produtos agroquímicos e 
diminuíndo os resíduos. Permite a 
utilización de algúns produtos 
químicos cun control e unha 
regulación moi estrictos.
A SILVICULTURA 
É o cultivo das especies forestais 
Das árbores obtense madeira, 
froitas, pasta de celulosa, 
resinas, febras, principios 
mediciñais, tintes, aceites, 
azucres, bálsamos, gomas, 
tecidos... 
A explotación científica do bosque tivo a 
súa orixe en Alemaña e Francia no século 
XVII. 
En moitos lugares o cultivo dos bosques 
e a produción de madeira constitúen 
unha actividade básica. 
Hoxe en día máis de 2.000 millóns de 
persoas no mundo viven da explotación 
dos bosques.
Escea agrícola do Antigo Exipto
Pintura rupestre prehistórica de 
Tassili (Sahara) que representa 
unha escea de recolección.
Mesolítico 
10.000-8.000 a.C. 
Cazadores-recoletores-pescadores en transición á agricultura e 
gandaría. Utilización de cereais silvestres. 
Neolítico 
9000-7000 
a.C. 
Comezo da Era Agraria 
Aparición do excedente: almacenamento de grans e legumes 
Primeiros cultivos de trigo e cebada en Xordania e Siria. 
Domesticación de cabras en Oriente Próximo (8900 a.C.) 
Domesticación de ovellas en Xordania e Irán 
Cultivo de herbas e xudias silvestres en Perú (8500 a. C.) 
7.500 a.C. Domesticación de porcos en Crimea 
Calcolítico 
7000-5000 
a.C. 
Eixada, fouciña, arado de madeira 
7000- 
6500 a.C. 
Domesticación do boi en Tesalia e Anatolia 
Cultivo da pataca en Perú. 
6500 a.C Primeiras comunidades agrícolas do sureste de Europa 
6000 a.C. Cultivo do millo en Mesoamérica 
Regadío no Val do Nilo 
5.000 a.C. Sistemas de rego en Mesopotamia 
Cultivo de arroz en China 
Comezo da agricultura na Europa Occidental 
Comeza a domesticación da llama e da alpaca nos Andes 
4500 a.C. Domesticación do millo en Mesoamérica 
Aparición da agricultura arredor do Ganxes (India) 
4.400 a.C. Doma de cabalos en Rusia 
4000 a.C. Domesticación do millo miúdo 
Domesticación do burro (Exipto) 
3.500 a.C Arado tirado por bois (Mesopotamia) 
Fouce de pedernal (Dinamarca) 
3.200 a.C Roda (Mesopotamia) 
3.000 a.C Xugo (Mesopotamia) 
Arado Arado con sementadora. de rella de madeira 
Mesopotamia
IDADE DO 
BRONCE 
3000-1500 
a.C. 
2500 a.C. Presa de rego máis antiga conservada (Sadd al-Kaffara, Exipto) 
“Shadoof” para regar, un aparello semellante ao bimbastro. 
Doma do cabalo en Asia Central 
2463 a.C. Fouce de bronce (Mesopotamia) 
2220 a.C. Obras de irrigación (Mesopotamia) 
2100 a.C Fouce de ferro 
2000 a.C. Domesticación das aves de corral (Val do Indo) 
IDADE DO 
FERRO 
1500-750 
a.C 
1250 a.C. 
Perfeccionamento do arado (Imperio Asirio Medio) 
Primeiros regadíos tartésicos no Val do Guadalquivir 
1000 a.C. Gadaña e fertilización orgánica (Exipto-Mesopotamia) 
Polinización cruzada do millo (Perú) 
800 v Arado con rella de ferro (Oriente Medio) 
Estandarte de Ur. Sumeria, 2500 a.C. 
Fouce de ferro
CIVILIZACIÓNS 
ANTIGAS 
750 a.C. 
-500 d. C. 
s VI a.C. Arado de ferro (China) 
s II a.C. Arado perfeccionado (pobos bárbaros) 
s.I Nora (China) 
78 Segadoras (Galia) 
236 a.C Parafuso de Arquímedes para regar 
100 a.C. Os pobos anasazi, hohokam e mogollón 
comezan a cultivar o suroeste de Norteamérica. 
s. III Pesticidas biolóxicos (China) 
300 Azucre de cana (India) 
IDADE MEDIA 
500-1500 
600 Arado de volteo (Europa) 
900 Coleira e arnés para o gando 
s. XI Difusión do arado de volteo en Occidente 
1494 Canle de Tauste (España), primeira gran canle de rego 
moderna. 
IDADE 
MODERNA 
1500-1800 
1519 Cortés trae o chocolate de América 
1556 O francés Jean Nicot trae as primeiras sementes de tabaco de 
América. 
1573 Os españois traen a pataca do Perú 
1663 Sementadora mecánica de José Lucatelo (España) 
1701 Sementadora mecánica de Jethro Tull (Reino Unido) 
1771 Primeiro arado con vertedeira de ferro 
1780 Elevador de grans (Evans, EE.UU.) 
Inseminación artificial (Spallanzani, Italia) 
1792 Colleitadora de algodón (Eli Whitney, EE.UU.) 
Arado de volteo. Inglaterra, 1338
IDADE 
CONTEMPO-RÁNEA 
1800... 
1800 Segadora de coitela (Mears, Reino Unido) 
1810 Arado de vapor (Pratt, Reino Unido) 
1814 Jethro Wood patenta o primeiro arado de ferro fundido con 
elementos intercambiables. 
1825 Arado doble ou bravante (Francia) provisto de dous corpos que 
traballaban alternativamente 
1826 Colleitadora (Patrick Bell, Escocia) 
1831 Trilladora (Turnes, EE.UU.) 
1833 Obed Hussey patenta unha segadora tirada por cabalos 
(Maryland). 
1841 Primeiro gran invernadeiro (Paxton, Reino Unido) 
1851 Segadora MacCormick (EE.UU.) 
1854 Abonadora (Chambers, EE.UU.) 
1860 Munxidora, L. O. Colvin (EE.UU.) 
Cultivo hidropónico (Sachs e Knopp, Alemania) 
1862 Fresadora universal (Brown, EE.UU.) 
1864 Bomba solar de rego (Mouchot, Francia) 
1870 Arado de aceiro Deere (EE.UU.) 
1878 Appleby inventa o anudador que permitía facer o atado mecánico 
dos feixes nas segadoras. 
1889 Tractor de gasolina (Charter, EE.UU.) 
1939 Paul Müller (Suiza) demostrou a efectividade do DDT. 
1944 Colleitadora automotriz Massey-Harris (EE.UU.) 
1997 Clonación dun mamífero (Ovella Dolly, Reino Unido)
A AGRICULTURA EN GALICIA 
A agricultura é un pear tradicional da economía galega, 
sobre todo pola cantidade de persoas que emprega, aínda 
que, como consecuencia do minifundismo, a falta de 
especialización, formación e inversións, xera escasas 
rendas. 
Máis da metade das explotacións producen por debaixo do salario mínimo, polo 
que en moitos casos, e nalgúnhas zonas, realízase como unha actividade 
complementaria.
Unha grande parte da agricultura galega actual está orientada á produción 
gandeira, sendo os cultivos forraxeiros os que ocupan unha meirande 
superficie. Cultívanse ademais, patacas, millo, nabos e fabas; e nas zonas 
baixas e de clima máis suave hortalizas, verduras e vides. Prodúcense tamén 
froitas de moitas variedades e boa calidade, sobre todo mazás e castañas.
A maior parte da superficie forestal está dedicada á produción de madeira de 
baixa calidade para a industria.
SUPERFICIE TOTAL: 2.957.841 Ha
CULTIVOS HERBÁCEOS 
Ha % 
Cereais (gran) 41.332 11,30% 
Cultivos forraxeiros 286.545 78% 
Tubérculos 19.672 5,38% 
Leguminosas (gran) 2.121 0,58% 
Hortícolas, flores e viveiros 16.081 4,4% 
TOTAL 365.750 
CULTIVOS LEÑOSOS 
Ha % 
Froiteiras 36.431 59% 
Viñedo 24.904 40,60% 
TOTAL 61.336
Galicia ten unha alta porcentaxe de 
poboación traballando no sector agro-gandeiro 
en comparación coa media 
europea e do Estado. 
O baixo rendemento das actividades 
agrícolas na maior parte do territorio 
galego alonxa do agro á poboación 
máis nova. 
Máis das 3/4 partes das explotacións 
agrarias galegas teñen menos de 5 
hectáreas, en Pontevedra máis do 60% 
no acada 1 hectárea. 
As grandes explotacións supoñen o 1% 
do total e abranguen o 41,3% da 
superficie.
AGRICULTURA E MEDIO AMBIENTE 
Desde que o ser humano comezou a cultivar a terra foi eliminando a 
vexetación orixinal, talou ou queimou grandes extensións de 
bosques, alterou os hábitats de forma drástica e loitou contra as 
especies que podían danar as colleitas ou atacar ao gando. 
A agricultura foi o principal motor do progreso da humanidade, pero tamén é a 
causa dalgúns dos graves problemas ambientais que estamos a sufrir.
PRINCIPAIS IMPACTOS NEGATIVOS DA AGRICULTURA MODERNA 
PRÁCTICAS PROBLEMAS 
-Eliminación sistemática das plantas silvestres 
-Introdución de especies alleas 
-Monocultivo 
-Utilización de especies transxénicas 
-Redución da biodiversidade como consecuencia da eliminación de 
especies vexetais e as animais dependentes delas 
-Aumento do número de pragas e enfermidades 
-Incorporación á cadea alimenticia de elementos alleos pouco 
experimentados que poden causar grandes problemas 
-Aumento da resistencia aos praguicidas e maior demanda do uso 
de produtos químicos 
-Sobrepastoreo -Eliminación da cuberta vexetal 
-Exposición do terreo aos axentes erosivos e desertificación 
-Incendios 
-Queima de restroballos e resíduos de colleitas 
-Destrución da capa vexetal e húmica do solo 
-Erosión 
-Desertificación 
-Contaminación atmosférica 
-Redución da biodiversidade 
-Regadíos excesivos -Degradación química do solo 
-Salinización 
-Desertificación 
-Aplicación excesiva de fertilizantes químicos Degradación física e biolóxica do solo. 
Contaminación do solo, da auga e do aire 
-Aplicación de praguicidas, herbicidas. -Redución da biodiversidade pola eliminación non selectiva de 
especies. 
-Contaminación dos produtos alimenticios 
-Intoxicación dos agricultores por manipulación ou inhalación. 
-Intoxicacións dos consumidores 
-Realización de labores inapropiados -Favorecen os procesos erosivos 
-Alteran as características físicas e biolóxicas do solo 
-Actividades industriais, explotacións gandeiras 
intensivas, verquidos accidentais... 
-Contaminación do solo e dos acuíferos e posibilidade de 
incorporación á cadea alimenticia de produtos tóxicos
Un 25% os terreos agrícolas do mundo están degradados 
e un 8% corre risco de degradación. 
A agricultura consume arredor dun 70% da auga 
que se extrae dos acuíferos. 
Un 40% da poboación mundial vive en rexións con escaseza de auga.
COA AGRICULTURA…XOGA LIMPO 
COMO AGRICULTOR 
•Procura seguir os principios da agricultura ecolóxica. 
•Se utilizas produtos químicos controla con extrema 
precaución as doses e deposita os seus resíduos en lugares 
seguros. 
•Ten especial coidado coa auga, un ben escaso e fráxil, 
calquera cousa que botes nela pode chegar a 
lugares onde faga dano. 
•Fai compost cos restos de materia orgánica. 
Reciclas os resíduos, aforras en fertilizantes e 
mantés a boa saúde do solo. 
•Non deixes desperdicios. Ademáis de emporcallar o sitio 
poden contaminar o solo e favorecer os incendios. 
•Non acendas lume no campo nin no bosque. O que arde 
nun instante tarda moitos anos en recuperarse. 
COMO CONSUMIDOR 
•Procura consumir alimentos da túa zona, de tempada e 
cultivados ecoloxicamente.
Agricultura

More Related Content

Similar to Agricultura

Grelos nabos
Grelos nabosGrelos nabos
Grelos nabosiesasorey
 
Unudade 6 moneras e outros
Unudade 6 moneras e outrosUnudade 6 moneras e outros
Unudade 6 moneras e outroscooonchiiitaaa
 
A pataca (primaria)
A pataca (primaria)A pataca (primaria)
A pataca (primaria)monadela
 
A hortiña (a rata Luisa)
A hortiña (a rata Luisa)A hortiña (a rata Luisa)
A hortiña (a rata Luisa)MonContos
 
Artigo fauna horto 3ºB
Artigo fauna horto 3ºBArtigo fauna horto 3ºB
Artigo fauna horto 3ºBPaulaReySilva
 
Biodivers Vilanova de Arousa
Biodivers Vilanova de ArousaBiodivers Vilanova de Arousa
Biodivers Vilanova de Arousapinksoda
 
Biodiversidade ría de Arousa
Biodiversidade ría de ArousaBiodiversidade ría de Arousa
Biodiversidade ría de Arousapinksoda
 
Herba da Pampa
Herba da PampaHerba da Pampa
Herba da PampaCEIPLIM
 
Plantas medicinais
Plantas medicinaisPlantas medicinais
Plantas medicinaisequipobiblio
 
Plantas medicinais
Plantas medicinaisPlantas medicinais
Plantas medicinaisequipobiblio
 
Tema 4 As Actividades agrarias e a pesca
Tema 4 As Actividades agrarias e a pescaTema 4 As Actividades agrarias e a pesca
Tema 4 As Actividades agrarias e a pescaRosacidgalante
 
Tema 4 as actividades agrarias e a pesca
Tema  4 as actividades agrarias e a pescaTema  4 as actividades agrarias e a pesca
Tema 4 as actividades agrarias e a pescaRosacidgalante
 
Cousas das plantas
Cousas das plantasCousas das plantas
Cousas das plantasMonContos
 
Plantas química
Plantas químicaPlantas química
Plantas químicaiesasorey
 

Similar to Agricultura (20)

O HORTO COMO ECOSISTEMA
O HORTO COMO ECOSISTEMAO HORTO COMO ECOSISTEMA
O HORTO COMO ECOSISTEMA
 
O millo
O milloO millo
O millo
 
Grelos nabos
Grelos nabosGrelos nabos
Grelos nabos
 
Unudade 6 moneras e outros
Unudade 6 moneras e outrosUnudade 6 moneras e outros
Unudade 6 moneras e outros
 
A pataca (primaria)
A pataca (primaria)A pataca (primaria)
A pataca (primaria)
 
Os ecosistemas novo
Os ecosistemas novoOs ecosistemas novo
Os ecosistemas novo
 
A hortiña (a rata Luisa)
A hortiña (a rata Luisa)A hortiña (a rata Luisa)
A hortiña (a rata Luisa)
 
Fentos
FentosFentos
Fentos
 
O millo
O milloO millo
O millo
 
Artigo fauna horto 3ºB
Artigo fauna horto 3ºBArtigo fauna horto 3ºB
Artigo fauna horto 3ºB
 
Biodivers Vilanova de Arousa
Biodivers Vilanova de ArousaBiodivers Vilanova de Arousa
Biodivers Vilanova de Arousa
 
Biodiversidade ría de Arousa
Biodiversidade ría de ArousaBiodiversidade ría de Arousa
Biodiversidade ría de Arousa
 
Herba da Pampa
Herba da PampaHerba da Pampa
Herba da Pampa
 
Plantas medicinais
Plantas medicinaisPlantas medicinais
Plantas medicinais
 
Plantas medicinais
Plantas medicinaisPlantas medicinais
Plantas medicinais
 
Tema 4 As Actividades agrarias e a pesca
Tema 4 As Actividades agrarias e a pescaTema 4 As Actividades agrarias e a pesca
Tema 4 As Actividades agrarias e a pesca
 
Tema 4 as actividades agrarias e a pesca
Tema  4 as actividades agrarias e a pescaTema  4 as actividades agrarias e a pesca
Tema 4 as actividades agrarias e a pesca
 
Cousas das plantas
Cousas das plantasCousas das plantas
Cousas das plantas
 
Millo miudo
Millo miudoMillo miudo
Millo miudo
 
Plantas química
Plantas químicaPlantas química
Plantas química
 

More from iesasorey

Macroinvertebrados Elena.pptx
Macroinvertebrados Elena.pptxMacroinvertebrados Elena.pptx
Macroinvertebrados Elena.pptxiesasorey
 
Macro Invertebrados Saray.pptx
Macro Invertebrados Saray.pptxMacro Invertebrados Saray.pptx
Macro Invertebrados Saray.pptxiesasorey
 
RÍOS macroinv..pptx
RÍOS macroinv..pptxRÍOS macroinv..pptx
RÍOS macroinv..pptxiesasorey
 
Proxecto_23.ppt
Proxecto_23.pptProxecto_23.ppt
Proxecto_23.pptiesasorey
 
Proxecto_rIos_21-22_FeQ1.ppt
Proxecto_rIos_21-22_FeQ1.pptProxecto_rIos_21-22_FeQ1.ppt
Proxecto_rIos_21-22_FeQ1.pptiesasorey
 
Proxecto_rios_2122_FeQ.pdf
Proxecto_rios_2122_FeQ.pdfProxecto_rios_2122_FeQ.pdf
Proxecto_rios_2122_FeQ.pdfiesasorey
 
Río Limia María Aitana e Carlota.pdf
Río Limia María Aitana e Carlota.pdfRío Limia María Aitana e Carlota.pdf
Río Limia María Aitana e Carlota.pdfiesasorey
 
Traballo Laura Conde (1º Eso B) río Lérez.pdf
Traballo Laura Conde (1º Eso B) río Lérez.pdfTraballo Laura Conde (1º Eso B) río Lérez.pdf
Traballo Laura Conde (1º Eso B) río Lérez.pdfiesasorey
 
Carlos 1º C.pdf
Carlos 1º C.pdfCarlos 1º C.pdf
Carlos 1º C.pdfiesasorey
 
Alexander Von Humboldt 2019
Alexander Von Humboldt 2019Alexander Von Humboldt 2019
Alexander Von Humboldt 2019iesasorey
 
Humbolt IES F. Asorey
Humbolt IES F. AsoreyHumbolt IES F. Asorey
Humbolt IES F. Asoreyiesasorey
 
Manuel María o carballo
Manuel María o carballoManuel María o carballo
Manuel María o carballoiesasorey
 
Fotosenelánguloexacto
FotosenelánguloexactoFotosenelánguloexacto
Fotosenelánguloexactoiesasorey
 
As estradas mais incríveis do mundo
As estradas mais incríveis do mundoAs estradas mais incríveis do mundo
As estradas mais incríveis do mundoiesasorey
 
Conrad Gesner, 500 anos
Conrad Gesner, 500 anosConrad Gesner, 500 anos
Conrad Gesner, 500 anosiesasorey
 
Hawai adrián alonso vilar
Hawai   adrián alonso vilarHawai   adrián alonso vilar
Hawai adrián alonso vilariesasorey
 
Febreiro 2016
Febreiro 2016Febreiro 2016
Febreiro 2016iesasorey
 
Aparellos pesca e marisqueo, barcos
Aparellos pesca e marisqueo, barcos Aparellos pesca e marisqueo, barcos
Aparellos pesca e marisqueo, barcos iesasorey
 
IES Francisco Asorey: a contorna (O monte do Rei)
IES Francisco Asorey: a contorna (O monte do Rei) IES Francisco Asorey: a contorna (O monte do Rei)
IES Francisco Asorey: a contorna (O monte do Rei) iesasorey
 

More from iesasorey (20)

Macroinvertebrados Elena.pptx
Macroinvertebrados Elena.pptxMacroinvertebrados Elena.pptx
Macroinvertebrados Elena.pptx
 
Macro Invertebrados Saray.pptx
Macro Invertebrados Saray.pptxMacro Invertebrados Saray.pptx
Macro Invertebrados Saray.pptx
 
RÍOS macroinv..pptx
RÍOS macroinv..pptxRÍOS macroinv..pptx
RÍOS macroinv..pptx
 
Proxecto_23.ppt
Proxecto_23.pptProxecto_23.ppt
Proxecto_23.ppt
 
Proxecto_rIos_21-22_FeQ1.ppt
Proxecto_rIos_21-22_FeQ1.pptProxecto_rIos_21-22_FeQ1.ppt
Proxecto_rIos_21-22_FeQ1.ppt
 
Proxecto_rios_2122_FeQ.pdf
Proxecto_rios_2122_FeQ.pdfProxecto_rios_2122_FeQ.pdf
Proxecto_rios_2122_FeQ.pdf
 
Río Limia María Aitana e Carlota.pdf
Río Limia María Aitana e Carlota.pdfRío Limia María Aitana e Carlota.pdf
Río Limia María Aitana e Carlota.pdf
 
Traballo Laura Conde (1º Eso B) río Lérez.pdf
Traballo Laura Conde (1º Eso B) río Lérez.pdfTraballo Laura Conde (1º Eso B) río Lérez.pdf
Traballo Laura Conde (1º Eso B) río Lérez.pdf
 
Carlos 1º C.pdf
Carlos 1º C.pdfCarlos 1º C.pdf
Carlos 1º C.pdf
 
Alexander Von Humboldt 2019
Alexander Von Humboldt 2019Alexander Von Humboldt 2019
Alexander Von Humboldt 2019
 
Humbolt IES F. Asorey
Humbolt IES F. AsoreyHumbolt IES F. Asorey
Humbolt IES F. Asorey
 
Marzo 2016
Marzo 2016Marzo 2016
Marzo 2016
 
Manuel María o carballo
Manuel María o carballoManuel María o carballo
Manuel María o carballo
 
Fotosenelánguloexacto
FotosenelánguloexactoFotosenelánguloexacto
Fotosenelánguloexacto
 
As estradas mais incríveis do mundo
As estradas mais incríveis do mundoAs estradas mais incríveis do mundo
As estradas mais incríveis do mundo
 
Conrad Gesner, 500 anos
Conrad Gesner, 500 anosConrad Gesner, 500 anos
Conrad Gesner, 500 anos
 
Hawai adrián alonso vilar
Hawai   adrián alonso vilarHawai   adrián alonso vilar
Hawai adrián alonso vilar
 
Febreiro 2016
Febreiro 2016Febreiro 2016
Febreiro 2016
 
Aparellos pesca e marisqueo, barcos
Aparellos pesca e marisqueo, barcos Aparellos pesca e marisqueo, barcos
Aparellos pesca e marisqueo, barcos
 
IES Francisco Asorey: a contorna (O monte do Rei)
IES Francisco Asorey: a contorna (O monte do Rei) IES Francisco Asorey: a contorna (O monte do Rei)
IES Francisco Asorey: a contorna (O monte do Rei)
 

Agricultura

  • 1. A agricultura é “a arte de cultivar a terra”. O traballo que se fai para favorecer o desenvolvemento das plantas útiles, aquelas que poidan servir como alimento ou para outros usos. A agricultura transforma o medio natural para facelo máis apto para o desenvolvemento dos vexetais escollidos polas persoas. A agricultura é fundamental como fonte de recursos para a alimentación humana, para múltiples actividades industrais e pola cantidade de xente que emprega.
  • 2. A agricultura é “a arte de cultivar a terra” O traballo que se fai para favorecer o desenvolvemento das plantas útiles, aquelas que poidan servir como alimento ou para outros usos. A agricultura transforma o medio natural para facelo máis apto para o desenvolvemento dos vexetais escollidos polas persoas.
  • 3. A agricultura é fundamental como fonte de recursos para a alimentación humana, para múltiples actividades industrais e pola cantidade de xente que emprega. En moitos países da Terra a actividade agrícola ocupa a máis do 50% da poboación activa. Nos países máis desenvolvidos a ocupación é inferior ao 5%. Calcúlase que existen na Terra 3.200 millóns de hectáreas cultivables. Actualmente cultívanse uns 1.400 millóns de Ha.
  • 6.
  • 7. O desenvolvemento da agricultura está condicionado por factores físicos, biolóxicos, técnicos e sociais: •Un terreo cunhas características que permitan o laboreo. •Un solo cunhas condicións determinadas: composición físico-química correcta, presenza de materia orgánica, profundidade... •Unhas condicións ambientais axeitadas: sol, auga... •Nutrintes en cantidades suficientes. •Especies seleccionadas en función da súa utilidade ou produtividade. •Labores para manter as condicións axeitadas para o desenvolvemento das plantas e a súa recollida: acondicionar a terra, sementar, eliminar malas herbas, fertilizar, regar... •Ferramentas e medios de tracción e transporte.
  • 8. O TERREO O relevo condiciona o desenvolvemento da agricultura, afecta ao desenvolvemento das plantas e dificulta ou facilita os labores.
  • 9. O SOLO É o elemento fundamental no que se sostén a agricultura. Das súas características e propiedades dependen as prácticas agrícolas o tipo de vexetación e cultivos... É o lugar onde se interrelacionan a hidrosfera, a atmosfera, a litosfera e a biosfera.
  • 10. CONDICIÓNS AMBIENTAIS Temperatura, iluminación (clima, orientación). Cultivo de viñedos na cara solleira do canón do Sil.
  • 11. NUTRINTES As plantas precisan: auga, dióxido de carbono (CO2), e diversos sales minerais (compostos de nitróxeno, fósforo, potasio, calcio, xofre, magnesio… e pequenas cantidades doutros elementos). Cando o solo ten carencias engádenselle en forma de fertilizantes orgánicos ou químicos.
  • 12. AS PLANTAS As plantas, e o seu correcto desenvolvemento, son o obxectivo principal dos labores agrícolas. As plantas cultívanse porque producen substancias, que almacenan en diferentes partes da súa estrutura, que logo se poden aproveitar directamente como alimento ou como materia prima para a elaboración de diferentes produtos: pensos, tecidos, mobles, recipientes, calzado, papel, aceites, graxas, medicinas... As plantas almacenan as substancias, polas que son cultivadas ou recolectadas para o seu aproveitamento, en distintas partes.
  • 13. Sementes Garbanzos Lentellas Chícharos Noces Piñóns Manises
  • 14. Froitos Xudía Laranxa Claudias Uvas Centeo Sandía Plátanos Cabaza (recipiente)
  • 15. Flores Azafrán (condimento) Clavo (condimento) Tilleira (mediciñal) Macela (mediciñal) Coliflor Romanesco Brécol Rosa (adorno, perfumes)
  • 16. Follas Cebola Allo Loureiro Repolo Leitugas Endivia Nabicol Pirixel
  • 17. Talos Sobreira (cortiza) Piñeiro (resina) Canela (tona) Espárrago Madeira Pataca (tubérculo)
  • 18. Raíces Cenoria Rábano Remolacha Ginseng e xenxibre (mediciñal)
  • 19. LABORES OS TRABALLOS AGRÍCOLAS son o conxunto de labores que se realizan para preparar o terreo, modificando se é necesario as súas características, coidar as plantas para que teñan un desenvolvemento correcto, eliminarlles os competidores e protexelas dos perigos do ambiente e as pragas, e facer as colleitas.
  • 20. LABORES NO SOLO: fanse para romper o terreo, airealo, mesturarlle os fertilizantes e facilitar a penetración e a retención de auga. LABORES DE PREPARACIÓN DO TERREO LABORES DE CULTIVO labrando arrendando achanzando cavando
  • 21. LABORES DE CULTIVO: selección das sementes, sementeira ou plantación, aclarados, podas, suxección e dirección das plantas, protección contra as condicións ambientais, regas, tratamentos contra os parásitos e pragas… plantando verdura plantando patacas podando as viñas aplicando tratamentos fitosanitarios
  • 22. COLLEITA: é o momento de recoller o froito do traballo de varios meses ou do ano enteiro. Os labores poden ser manuais ou mecanizados. vendima pañando tomates colleitadora de patacas colleitadora de trigo
  • 23. FERRAMENTAS, MEDIOS Facilitan os labores e o transporte.
  • 24. Unha vez feita a colleita os produtos almacénanse, transfórmanse e/ou comercialízanse.
  • 25. TIPOS DE CULTIVOS Ao longo da historia o ser humano chegou a consumir ata 3.500 especies vexetais diferentes, das que 150 se cultivaron en cantidades importantes. Na actualidade so unhas 25 especies constitúen o núcleo principal dos cultivos destinados á alimentación. Os cultivos clasifícanse, en función da súa utilidade, en varias categorías.
  • 26. CULTIVOS ALIMENTICIOS BÁSICOS Son os destinados a producir substancias aproveitadas como alimentos que se concentran xeralmente nos órganos de reserva das plantas: sementes (cereais, legumes, froitos secos...), froitos carnosos, tubérculos (pataca, mandioca...), talos, follas...
  • 27. Cereais Son o grupo principal de plantas alimenticias. Producen gran utilizable para a alimentación de persoas e animais. Achegan enerxía en forma de almidón e, en menor cantidade, graxas, vitaminas e proteínas. A súa semente moída utilízase para facer pan, tortas, pastas... Plantación de arroz. Practicamente todo o arroz que se cultiva no mundo destínase ao consumo humano. Arredor da metade do trigo e case todo o millo se destinan á alimentación do gando.
  • 28. Froitas e verduras Inclúense neste grupo, ademais dos froitos, os talos, follas, bulbos e raíces das hortalizas. As verduras achegan proteínas, hidratos de carbono e esencias e a froita, sobre todo, vitaminas e minerais.
  • 29. Legumes Achegan proteínas especialmente ricas en aminoácidos como a lisina. Os máis utilizados son as fabas, os chícharos, as lentellas e os garbanzos. Chícharos Fabas
  • 30. FORRAXES: Plantas cultivadas especificamente para a alimentación animal: herba, trebo, alfalfa, remolacha...
  • 31. Plantas oleaxinosas: Producen aceites, contidos xeralmente nas súas sementes, e achegan enerxía en forma de graxas. Poden destinarse ao consumo humano ou á industria. Nos países temperados as máis importantes son a soia, o mirasol, o millo, a oliveira, a colza e a mostaza; e nos países tropicais a palma de aceite, o maní e o coco. O mirasol cultívase como produtora de aceite, para usar as súas sementes como alimento e como planta de flor ornamental. Olivas
  • 32. Cultivos que proporcionan azucres Achegan enerxía en forma de hidratos de carbono. Os máis importantes son a cana de azucre e a remolacha. Tamén se poden empregar para fabricar alcohois para bebidas ou combustibles. Cana de azucre Remolacha azucreira
  • 33. Plantas aromáticas (herbas e especies) Utilízanse como potenciadores do sabor, como conservantes, para a elaboración de esencias e perfumes... O lúpulo cultívase desde hai máis de dez séculos. Está sometido a un cultivo limitado. Utilízase para aromatizar a cervexa. Menta
  • 34. Plantas mediciñais Conteñen substancias activas con aplicacións en medicina: macela, te, tila, menta, salvia, eucalipto, salgueiro... Cultivo de te nas illas Açores. O te (Camellia sinensis), procedente do Sudeste asiático, cultívase porque as infusións feitas coas súas follas teñen propiedades estimulantes e medicinais.
  • 35. Plantas textís Producen distintos tipos de febras coas que se elaboran tecidos: algodón, cánamo, liño, iute... O liño cultívase en Europa e Oriente desde comezos do Neolítico. Tivo moita importancia en Galicia ata o século pasado. O algodón xa era coñecido no antigo Exipto. En Europa cultivouse unha variedade procedente da India e en España foi introducido polos árabes. En México e Perú cultívase desde a época precolombina.
  • 36. Especies forestais Orientadas principalmente á producción de madeira e pastas de papel: coníferas, eucaliptos, carballos, faias, bidueiros, chopos, caoba... O castiñeiro cultívase en Galicia como especie de utilidade mixta para madeira e para producir castañas.
  • 37. Plantas ornamentais Cultívanse como especies decorativas no seu conxunto e, a maioría das veces, polas súas flores: rosas, caraveis, tulipáns, cactus... Cultivo de roseiras en invernadoiro. A forte demanda de plantas e flores como elementos de decoración fai que na súa produción se empreguen os métodos e sistemas de cultivo máis avanzados.
  • 38. Fungos O alto contido en minerais e proteínas dos cogomelos fai que algunhas especies, como o champiñon, sexan obxecto de cultivo desde hai tempo. O cultivo faise, a partir do micelio, sobre compost, en lugares escuros mantidos a temperaturas suaves. Champiñóns Pleurotus
  • 39. CULTIVOS MÁIS IMPORTANTES DO MUNDO 1-MILLO: 1.016 millóns de toneladas (2013) Principal produtor: Estados Unidos 2-ARROZ: 738 millóns de toneladas (2012) Principal produtor: China 3-TRIGO: 675 millóns de toneladas (2012) Principal produtor: China 4-PATACA: 365,3 millóns de toneladas (2013) Principal produtor: China
  • 40. 6-IUCA ou MANDIOCA: 232,9 m de toneladas (2008) Principal produtor: Nixeria 5-SOIA: 285 millóns de toneladas (2013) Principal produtor: Brasil 7-PLÁTANO/BANANO: 145 millóns de toneladas (2011) Principal produtor: India 8-TOMATE: 211 millóns de toneladas (2012) Principal produtor: China
  • 41. 12-ÑAME: 56 millóns de toneladas (2011) Principal produtor: China 9-CÍTRICOS: 115,5 millóns de toneladas (2011) Principal produtor: China Laranxas: 70,6 m de toneladas 11-MAZÁN: 63,4 millóns de toneladas (2012) Principal produtor: China 10-UVA: 67 millóns de toneladas (2011) Principal produtor: China
  • 42. TIPOS DE AGRICULTURA Segundo os aspectos que teñamos en conta: tipo de cultivo, espazo ocupado, lugar no que se desenvolve, tecnoloxía e métodos empregados... podemos facer distintas clasificacións e darlle diferentes denominacións á actividade agrícola. Así podemos atopar agricultura de secano, de regadío, agricultura de montaña...
  • 43. Segundo a variedade de cultivos nas parcelas: Monocultivo Zonas adicadas ao cultivo dunha sola especie. Este tipo de agricultura fai que a economía da área na que se desenvolve dependa do éxito da colleita. Policultivo Parcelas ou zonas onde se cultivan varias especies vexetais. Ofrece moitas vantaxes: evítanse ou redúcense os efectos das pragas, secas, oscilacións de prezos..., producen ingresos máis regulares e repartidos ao longo do ano, permiten adaptar a cada terreo o cultivo máis axeitado e aproveitan mellor os recursos humáns e materiais.
  • 44. Segundo a auga que recibe o cultivo: Agricultura de secano Cultiva especies resistentes á seca, ou de ciclo curto, que só reciben auga das chuvias de xeito irregular: cereais, oliveiras, viñedos... Agricultura de regadío O regadío elimina a falta de auga, un dos problemas máis graves para o desenvolvemento das plantas, aumenta a produtividade e permite o cultivo de especies alleas á area. Precisa unha grande achega de auga.
  • 45. Segundo o aproveitamento da terra: Agricultura intensiva Practícase en terreos fértiles e con especies de ciclo curto (verduras, hortalizas...) para obter un alto rendemento. Os terreos están sempre en produción xa que uns cultivos suceden aos outros. É típica da Europa Occidental e do Sureste Asiático. Agricultura extensiva É propia de zonas con grandes extensións de terreo. Produce moita cantidade a baixo prezo, utilizando medios mecanizados. Ten pouco rendemento por unidade de superficie.
  • 46. Invernadoiros Un tipo de cultivo intensivo que se realiza en espazos cubertos de material transparente, que protexen as plantas e crean no seu interior unhas condicións ambientais especiais.
  • 47. Segundo a forma de ocupación do solo: Agricultura itinerante ou de rozas É a forma de cultivo máis primitiva e simple. Elimínase a vexetación natural, xeralmente queimándoa, e cultívanse os espazos abertos utilizando as cinsas como fertilizante. Na actualidade so se practica en zonas tropicais. Agricultura de barbeito Divídese o terreo en parcelas que se cultivan alternamente. Mentres unhas están en produción, outras descansan ou son usadas para pastar o gando. É unha forma de cultivo que se practica en terreos empobrecidos.
  • 48. Agricultura mixta ou asociada Explotación conxunta de especies nunha mesma parcela: árbores ou arbustos con cereias, froiteiras con prado, millo con xudías... Rotación e sucesión de cultivos Teñen por obxectivo manter o terreo en produción constante. Para iso alternan as especies axustándoas á época do ano. A rotación permite utilizar todas as capas do solo (plantas de raices superficiais-profundas), prestar atención a diferentes tipos de cultivo (sucesión de plantas que reclaman diferentes coidados), evitar o desenvolvemento de parásitos, loitar contra as malas herbas e repartir os traballos agrícolas ao longo do ano.
  • 49. Segundo a forma de traballar: Agricultura de subsistencia ou tradicional Foi a practicada ata hai poucos anos de forma xeral, e aínda se practica na actualidade nos países pouco desenvolvidos, utilizando técnicas e ferramentas sinxelas. Ten unha productividade moi baixa e está destinada ao consumo propio. Agricultura tecnificada ou industrial Practícase nos países desenvolvidos ou en grandes propiedades, con medios técnicos avanzados e coa finalidade de obter o máximo de beneficio ao comercializar os produtos.
  • 50.
  • 51. A agricultura ecolóxica ou biolóxica: é a que tenta respectar ao máximo o equilibrio natural do solo e utiliza especies adaptadas. Non emprega produtos químicos de síntese na fertilización do solo, só usa fertilizantes orgánicos nun proceso de reciclaxe da materia. Non emprega praguicidas, nin herbicidas de síntese química, se é o caso usa insecticidas que non produzan efectos secundarios. Inxírese no ecosistema mantendo vivos os ciclos naturais e propiciando a “diversidade” como base dun funcionamento armónico, protexendo plantas e animais. Non emprega produtos transxénicos. A agricultura integadra ou controlada é un sistema agrícola de produción de alimentos con métodos que respetan a saúde e o medio ambiente co obxectivo de obter produtos de alta calidade minimizando o uso de produtos agroquímicos e diminuíndo os resíduos. Permite a utilización de algúns produtos químicos cun control e unha regulación moi estrictos.
  • 52. A SILVICULTURA É o cultivo das especies forestais Das árbores obtense madeira, froitas, pasta de celulosa, resinas, febras, principios mediciñais, tintes, aceites, azucres, bálsamos, gomas, tecidos... A explotación científica do bosque tivo a súa orixe en Alemaña e Francia no século XVII. En moitos lugares o cultivo dos bosques e a produción de madeira constitúen unha actividade básica. Hoxe en día máis de 2.000 millóns de persoas no mundo viven da explotación dos bosques.
  • 53. Escea agrícola do Antigo Exipto
  • 54. Pintura rupestre prehistórica de Tassili (Sahara) que representa unha escea de recolección.
  • 55. Mesolítico 10.000-8.000 a.C. Cazadores-recoletores-pescadores en transición á agricultura e gandaría. Utilización de cereais silvestres. Neolítico 9000-7000 a.C. Comezo da Era Agraria Aparición do excedente: almacenamento de grans e legumes Primeiros cultivos de trigo e cebada en Xordania e Siria. Domesticación de cabras en Oriente Próximo (8900 a.C.) Domesticación de ovellas en Xordania e Irán Cultivo de herbas e xudias silvestres en Perú (8500 a. C.) 7.500 a.C. Domesticación de porcos en Crimea Calcolítico 7000-5000 a.C. Eixada, fouciña, arado de madeira 7000- 6500 a.C. Domesticación do boi en Tesalia e Anatolia Cultivo da pataca en Perú. 6500 a.C Primeiras comunidades agrícolas do sureste de Europa 6000 a.C. Cultivo do millo en Mesoamérica Regadío no Val do Nilo 5.000 a.C. Sistemas de rego en Mesopotamia Cultivo de arroz en China Comezo da agricultura na Europa Occidental Comeza a domesticación da llama e da alpaca nos Andes 4500 a.C. Domesticación do millo en Mesoamérica Aparición da agricultura arredor do Ganxes (India) 4.400 a.C. Doma de cabalos en Rusia 4000 a.C. Domesticación do millo miúdo Domesticación do burro (Exipto) 3.500 a.C Arado tirado por bois (Mesopotamia) Fouce de pedernal (Dinamarca) 3.200 a.C Roda (Mesopotamia) 3.000 a.C Xugo (Mesopotamia) Arado Arado con sementadora. de rella de madeira Mesopotamia
  • 56. IDADE DO BRONCE 3000-1500 a.C. 2500 a.C. Presa de rego máis antiga conservada (Sadd al-Kaffara, Exipto) “Shadoof” para regar, un aparello semellante ao bimbastro. Doma do cabalo en Asia Central 2463 a.C. Fouce de bronce (Mesopotamia) 2220 a.C. Obras de irrigación (Mesopotamia) 2100 a.C Fouce de ferro 2000 a.C. Domesticación das aves de corral (Val do Indo) IDADE DO FERRO 1500-750 a.C 1250 a.C. Perfeccionamento do arado (Imperio Asirio Medio) Primeiros regadíos tartésicos no Val do Guadalquivir 1000 a.C. Gadaña e fertilización orgánica (Exipto-Mesopotamia) Polinización cruzada do millo (Perú) 800 v Arado con rella de ferro (Oriente Medio) Estandarte de Ur. Sumeria, 2500 a.C. Fouce de ferro
  • 57. CIVILIZACIÓNS ANTIGAS 750 a.C. -500 d. C. s VI a.C. Arado de ferro (China) s II a.C. Arado perfeccionado (pobos bárbaros) s.I Nora (China) 78 Segadoras (Galia) 236 a.C Parafuso de Arquímedes para regar 100 a.C. Os pobos anasazi, hohokam e mogollón comezan a cultivar o suroeste de Norteamérica. s. III Pesticidas biolóxicos (China) 300 Azucre de cana (India) IDADE MEDIA 500-1500 600 Arado de volteo (Europa) 900 Coleira e arnés para o gando s. XI Difusión do arado de volteo en Occidente 1494 Canle de Tauste (España), primeira gran canle de rego moderna. IDADE MODERNA 1500-1800 1519 Cortés trae o chocolate de América 1556 O francés Jean Nicot trae as primeiras sementes de tabaco de América. 1573 Os españois traen a pataca do Perú 1663 Sementadora mecánica de José Lucatelo (España) 1701 Sementadora mecánica de Jethro Tull (Reino Unido) 1771 Primeiro arado con vertedeira de ferro 1780 Elevador de grans (Evans, EE.UU.) Inseminación artificial (Spallanzani, Italia) 1792 Colleitadora de algodón (Eli Whitney, EE.UU.) Arado de volteo. Inglaterra, 1338
  • 58. IDADE CONTEMPO-RÁNEA 1800... 1800 Segadora de coitela (Mears, Reino Unido) 1810 Arado de vapor (Pratt, Reino Unido) 1814 Jethro Wood patenta o primeiro arado de ferro fundido con elementos intercambiables. 1825 Arado doble ou bravante (Francia) provisto de dous corpos que traballaban alternativamente 1826 Colleitadora (Patrick Bell, Escocia) 1831 Trilladora (Turnes, EE.UU.) 1833 Obed Hussey patenta unha segadora tirada por cabalos (Maryland). 1841 Primeiro gran invernadeiro (Paxton, Reino Unido) 1851 Segadora MacCormick (EE.UU.) 1854 Abonadora (Chambers, EE.UU.) 1860 Munxidora, L. O. Colvin (EE.UU.) Cultivo hidropónico (Sachs e Knopp, Alemania) 1862 Fresadora universal (Brown, EE.UU.) 1864 Bomba solar de rego (Mouchot, Francia) 1870 Arado de aceiro Deere (EE.UU.) 1878 Appleby inventa o anudador que permitía facer o atado mecánico dos feixes nas segadoras. 1889 Tractor de gasolina (Charter, EE.UU.) 1939 Paul Müller (Suiza) demostrou a efectividade do DDT. 1944 Colleitadora automotriz Massey-Harris (EE.UU.) 1997 Clonación dun mamífero (Ovella Dolly, Reino Unido)
  • 59. A AGRICULTURA EN GALICIA A agricultura é un pear tradicional da economía galega, sobre todo pola cantidade de persoas que emprega, aínda que, como consecuencia do minifundismo, a falta de especialización, formación e inversións, xera escasas rendas. Máis da metade das explotacións producen por debaixo do salario mínimo, polo que en moitos casos, e nalgúnhas zonas, realízase como unha actividade complementaria.
  • 60. Unha grande parte da agricultura galega actual está orientada á produción gandeira, sendo os cultivos forraxeiros os que ocupan unha meirande superficie. Cultívanse ademais, patacas, millo, nabos e fabas; e nas zonas baixas e de clima máis suave hortalizas, verduras e vides. Prodúcense tamén froitas de moitas variedades e boa calidade, sobre todo mazás e castañas.
  • 61. A maior parte da superficie forestal está dedicada á produción de madeira de baixa calidade para a industria.
  • 63. CULTIVOS HERBÁCEOS Ha % Cereais (gran) 41.332 11,30% Cultivos forraxeiros 286.545 78% Tubérculos 19.672 5,38% Leguminosas (gran) 2.121 0,58% Hortícolas, flores e viveiros 16.081 4,4% TOTAL 365.750 CULTIVOS LEÑOSOS Ha % Froiteiras 36.431 59% Viñedo 24.904 40,60% TOTAL 61.336
  • 64. Galicia ten unha alta porcentaxe de poboación traballando no sector agro-gandeiro en comparación coa media europea e do Estado. O baixo rendemento das actividades agrícolas na maior parte do territorio galego alonxa do agro á poboación máis nova. Máis das 3/4 partes das explotacións agrarias galegas teñen menos de 5 hectáreas, en Pontevedra máis do 60% no acada 1 hectárea. As grandes explotacións supoñen o 1% do total e abranguen o 41,3% da superficie.
  • 65. AGRICULTURA E MEDIO AMBIENTE Desde que o ser humano comezou a cultivar a terra foi eliminando a vexetación orixinal, talou ou queimou grandes extensións de bosques, alterou os hábitats de forma drástica e loitou contra as especies que podían danar as colleitas ou atacar ao gando. A agricultura foi o principal motor do progreso da humanidade, pero tamén é a causa dalgúns dos graves problemas ambientais que estamos a sufrir.
  • 66. PRINCIPAIS IMPACTOS NEGATIVOS DA AGRICULTURA MODERNA PRÁCTICAS PROBLEMAS -Eliminación sistemática das plantas silvestres -Introdución de especies alleas -Monocultivo -Utilización de especies transxénicas -Redución da biodiversidade como consecuencia da eliminación de especies vexetais e as animais dependentes delas -Aumento do número de pragas e enfermidades -Incorporación á cadea alimenticia de elementos alleos pouco experimentados que poden causar grandes problemas -Aumento da resistencia aos praguicidas e maior demanda do uso de produtos químicos -Sobrepastoreo -Eliminación da cuberta vexetal -Exposición do terreo aos axentes erosivos e desertificación -Incendios -Queima de restroballos e resíduos de colleitas -Destrución da capa vexetal e húmica do solo -Erosión -Desertificación -Contaminación atmosférica -Redución da biodiversidade -Regadíos excesivos -Degradación química do solo -Salinización -Desertificación -Aplicación excesiva de fertilizantes químicos Degradación física e biolóxica do solo. Contaminación do solo, da auga e do aire -Aplicación de praguicidas, herbicidas. -Redución da biodiversidade pola eliminación non selectiva de especies. -Contaminación dos produtos alimenticios -Intoxicación dos agricultores por manipulación ou inhalación. -Intoxicacións dos consumidores -Realización de labores inapropiados -Favorecen os procesos erosivos -Alteran as características físicas e biolóxicas do solo -Actividades industriais, explotacións gandeiras intensivas, verquidos accidentais... -Contaminación do solo e dos acuíferos e posibilidade de incorporación á cadea alimenticia de produtos tóxicos
  • 67. Un 25% os terreos agrícolas do mundo están degradados e un 8% corre risco de degradación. A agricultura consume arredor dun 70% da auga que se extrae dos acuíferos. Un 40% da poboación mundial vive en rexións con escaseza de auga.
  • 68. COA AGRICULTURA…XOGA LIMPO COMO AGRICULTOR •Procura seguir os principios da agricultura ecolóxica. •Se utilizas produtos químicos controla con extrema precaución as doses e deposita os seus resíduos en lugares seguros. •Ten especial coidado coa auga, un ben escaso e fráxil, calquera cousa que botes nela pode chegar a lugares onde faga dano. •Fai compost cos restos de materia orgánica. Reciclas os resíduos, aforras en fertilizantes e mantés a boa saúde do solo. •Non deixes desperdicios. Ademáis de emporcallar o sitio poden contaminar o solo e favorecer os incendios. •Non acendas lume no campo nin no bosque. O que arde nun instante tarda moitos anos en recuperarse. COMO CONSUMIDOR •Procura consumir alimentos da túa zona, de tempada e cultivados ecoloxicamente.