SlideShare a Scribd company logo
1 of 2
Download to read offline
XXII DOMINGO DEL TIEMPO ORDINARIO 30 de agosto de 2009
CONFERENCIA EPISCOPAL ESPAÑOLA
http://www.conferenciaepiscopal.es 1
DOMINGO XXII ORDINARIO (B)
PRIMEIRA LECTURA (Dt 4, 1-2. 6-8)
Lectura do libro do Deuteonomio
Naqueles días, faloulle Moisés ó pobo dicindo: - E agora, Israel, escoita as leis e
decretos que eu vos ensino a cumprir para que vivades, entredes e tomedes posesión da
terra que o Señor, Deus dos vosos pais, vos entrega. Non engadades nada ás palabras
dos mandamentos que eu vos ordeno, nin lles quitedes nada, cumprindo as ordes do
Señor, voso Deus, que eu vos impoño. Observádeos e poñédeos en práctica, pois isto
será a vosa pericia e a vosa sabedoría ós ollos dos pobos. Estes, ó escoitaren todos
estes mandamentos, dirán: esta gran nación é o pobo máis experto e máis sabio, pois,
¿que gran nación ten os seus deuses tan cerca de si como está o Señor, noso Deus,
sempre que o invocamos? E ¿que gran nación ten mandamentos e preceptos tan xustos
coma esta lei que hoxe eu vos propoño?
SALMO RESPONSORIAL Sal 14, 2-3a. 3cd-4ab. 5
R/. (1a): ¿Quen, Señor, se hospedará na túa tenda?
Aquel que procede honradamente
e practica a xustiza;
o que ten sinceridade no corazón
e non calumnia coa súa lingua.
O que non lle fai mal ó seu próximo
e non difama o seu veciño;
o que despreza os malvados,
mais enaltece os que temen o Señor.
O que non presta con usura o seu diñeiro,
e non se deixa subornar contra o inocente.
Quen así se comporta,
endexamais o abalarán.
XXII DOMINGO DEL TIEMPO ORDINARIO 30 de agosto de 2009
CONFERENCIA EPISCOPAL ESPAÑOLA
http://www.conferenciaepiscopal.es 2
SEGUNDA LECTURA (Sant 1, 17-18. 21b-22. 27)
Lectura da carta do Apóstolo Santiago
Irmáns benqueridos: Todo bo regalo e toda dádiva perfecta vén de arriba, do Pai dos
luceiros, en quen nin hai cambios nin tempos de sombras.
Pola súa vontade tróuxonos á vida coa palabra da verdade, para que fosemos como as
primicias das súas criaturas. Acollede docilmente a Palabra enxertada en vós, que pode
salva-las vosas vidas. Sede cumpridores da Palabra e non vos contentedes con
escoitala xustificándovos con razóns enganosas. A relixión limpa e sen lixo ningún ós
ollos de Deus Pai é esta: mirar polos orfos e polas viúvas nas súas coitas e gardarse da
contaminación deste mundo.
EVANXEO (Mc 7, 1-8. 14-15. 21-23)
Lectura do Santo Evanxeo segundo Marcos
Naquel tempo, reuníronse con Xesús un grupo de fariseos con algúns letrados
chegados de Xerusalén, e viron os discípulos comer con mans impuras, é dicir, sen
antes lavaren as mans. (É sabido que os fariseos e os xudeus todos non comen sen
lavaren ben as mans, seguindo así as vellas tradicións; e cando chegan da rúa,
tampouco comen sen se bañaren antes; tamén están moi apegados a outras tradicións,
como o lavar vasos, xerras e bandexas). Por iso os fariseos e mailos escribas
preguntáronlle: - ¿Por que os teus discípulos non se portan conforme a tradición dos
devanceiros, senón que comen con mans impuras? El contestoulles: - ¡Que ben
profetizou Isaías de vós, hipócritas, como está escrito: Este pobo hónrame cos labios,
pero o seu corazón está lonxe de min. Danme un culto inútil, porque a doutrina que
ensinan non son máis que costumes humanos. Rexeitáde-los mandados de Deus e
agarrádesvos ás tradicións dos homes. E convocando a xente, dicíalles: - Escoitádeme
todos e procurade entender. Nada do que hai fóra do home pode manchalo ó entrar nel;
pero o que sae do home, iso si que o mancha. Porque de dentro, do corazón do home,
xorden os malos pensamentos, as fornicacións, os roubos, os asasinatos, os adulterios,
as cobizas, as maldades, os fraudes, os desenfreos, as envexas, as blasfemias, a
soberbia, os desatinos. Todos eses males saen de dentro e manchan o home.

More Related Content

Similar to Ordinario22 (14)

Galician - The Epistle of Paul the Apostle to the Laodiceans.pdf
Galician - The Epistle of Paul the Apostle to the Laodiceans.pdfGalician - The Epistle of Paul the Apostle to the Laodiceans.pdf
Galician - The Epistle of Paul the Apostle to the Laodiceans.pdf
 
Galician - Book of Baruch.pdf
Galician - Book of Baruch.pdfGalician - Book of Baruch.pdf
Galician - Book of Baruch.pdf
 
Ordinario26
Ordinario26Ordinario26
Ordinario26
 
Galician - Testament of Benjamin.pdf
Galician - Testament of Benjamin.pdfGalician - Testament of Benjamin.pdf
Galician - Testament of Benjamin.pdf
 
Galician - Ecclesiasticus.pdf
Galician - Ecclesiasticus.pdfGalician - Ecclesiasticus.pdf
Galician - Ecclesiasticus.pdf
 
Domino III b lecturas
Domino III b lecturasDomino III b lecturas
Domino III b lecturas
 
Lecturas b
Lecturas bLecturas b
Lecturas b
 
CELEBRACIÓN 26 DE ABRIL
CELEBRACIÓN 26 DE ABRILCELEBRACIÓN 26 DE ABRIL
CELEBRACIÓN 26 DE ABRIL
 
Ordinario23
Ordinario23Ordinario23
Ordinario23
 
Galician - Testament of Naphtali.pdf
Galician - Testament of Naphtali.pdfGalician - Testament of Naphtali.pdf
Galician - Testament of Naphtali.pdf
 
Galician - Titus.pdf
Galician - Titus.pdfGalician - Titus.pdf
Galician - Titus.pdf
 
Galician - The Book of Prophet Zephaniah.pdf
Galician - The Book of Prophet Zephaniah.pdfGalician - The Book of Prophet Zephaniah.pdf
Galician - The Book of Prophet Zephaniah.pdf
 
Pascua VI
Pascua VIPascua VI
Pascua VI
 
2º nadal sda. familia b 2011
2º nadal sda. familia  b  20112º nadal sda. familia  b  2011
2º nadal sda. familia b 2011
 

More from Manuel Lage Lorenzo (20)

Plano biblio
Plano biblioPlano biblio
Plano biblio
 
Ordinario20
Ordinario20Ordinario20
Ordinario20
 
Ordinario19
Ordinario19Ordinario19
Ordinario19
 
Lecturas domingo xviii b
Lecturas domingo xviii bLecturas domingo xviii b
Lecturas domingo xviii b
 
Ordinario17
Ordinario17Ordinario17
Ordinario17
 
Ordinario16
Ordinario16Ordinario16
Ordinario16
 
Papa francesco 20150624-udienza-generale
Papa francesco 20150624-udienza-generalePapa francesco 20150624-udienza-generale
Papa francesco 20150624-udienza-generale
 
Ordinario14
Ordinario14Ordinario14
Ordinario14
 
Papa francesco 20150617-udienza-generale
Papa francesco 20150617-udienza-generalePapa francesco 20150617-udienza-generale
Papa francesco 20150617-udienza-generale
 
Ordinario13
Ordinario13Ordinario13
Ordinario13
 
La familia 18 familia e enfermidade
La familia 18 familia e enfermidadeLa familia 18 familia e enfermidade
La familia 18 familia e enfermidade
 
Ordinario12
Ordinario12Ordinario12
Ordinario12
 
Pasatempos domingo xi do tempo odinario
Pasatempos domingo xi do tempo odinarioPasatempos domingo xi do tempo odinario
Pasatempos domingo xi do tempo odinario
 
15 evan-ord-11-b-semillas en-manos_de_dios
15 evan-ord-11-b-semillas en-manos_de_dios15 evan-ord-11-b-semillas en-manos_de_dios
15 evan-ord-11-b-semillas en-manos_de_dios
 
Lecturas domingo x to b
Lecturas domingo x to bLecturas domingo x to b
Lecturas domingo x to b
 
Pasatempo corpus
Pasatempo corpusPasatempo corpus
Pasatempo corpus
 
Evangelio 15-ord-b-10-corpus christi-esto_es_mi-cuerpo_esta_es_mi_sangre_sangre
Evangelio 15-ord-b-10-corpus christi-esto_es_mi-cuerpo_esta_es_mi_sangre_sangreEvangelio 15-ord-b-10-corpus christi-esto_es_mi-cuerpo_esta_es_mi_sangre_sangre
Evangelio 15-ord-b-10-corpus christi-esto_es_mi-cuerpo_esta_es_mi_sangre_sangre
 
Corpus lecturas b
Corpus lecturas bCorpus lecturas b
Corpus lecturas b
 
Sen título 1
Sen título 1Sen título 1
Sen título 1
 
15 evan-ord-9-b-trinidad
15 evan-ord-9-b-trinidad15 evan-ord-9-b-trinidad
15 evan-ord-9-b-trinidad
 

Ordinario22

  • 1. XXII DOMINGO DEL TIEMPO ORDINARIO 30 de agosto de 2009 CONFERENCIA EPISCOPAL ESPAÑOLA http://www.conferenciaepiscopal.es 1 DOMINGO XXII ORDINARIO (B) PRIMEIRA LECTURA (Dt 4, 1-2. 6-8) Lectura do libro do Deuteonomio Naqueles días, faloulle Moisés ó pobo dicindo: - E agora, Israel, escoita as leis e decretos que eu vos ensino a cumprir para que vivades, entredes e tomedes posesión da terra que o Señor, Deus dos vosos pais, vos entrega. Non engadades nada ás palabras dos mandamentos que eu vos ordeno, nin lles quitedes nada, cumprindo as ordes do Señor, voso Deus, que eu vos impoño. Observádeos e poñédeos en práctica, pois isto será a vosa pericia e a vosa sabedoría ós ollos dos pobos. Estes, ó escoitaren todos estes mandamentos, dirán: esta gran nación é o pobo máis experto e máis sabio, pois, ¿que gran nación ten os seus deuses tan cerca de si como está o Señor, noso Deus, sempre que o invocamos? E ¿que gran nación ten mandamentos e preceptos tan xustos coma esta lei que hoxe eu vos propoño? SALMO RESPONSORIAL Sal 14, 2-3a. 3cd-4ab. 5 R/. (1a): ¿Quen, Señor, se hospedará na túa tenda? Aquel que procede honradamente e practica a xustiza; o que ten sinceridade no corazón e non calumnia coa súa lingua. O que non lle fai mal ó seu próximo e non difama o seu veciño; o que despreza os malvados, mais enaltece os que temen o Señor. O que non presta con usura o seu diñeiro, e non se deixa subornar contra o inocente. Quen así se comporta, endexamais o abalarán.
  • 2. XXII DOMINGO DEL TIEMPO ORDINARIO 30 de agosto de 2009 CONFERENCIA EPISCOPAL ESPAÑOLA http://www.conferenciaepiscopal.es 2 SEGUNDA LECTURA (Sant 1, 17-18. 21b-22. 27) Lectura da carta do Apóstolo Santiago Irmáns benqueridos: Todo bo regalo e toda dádiva perfecta vén de arriba, do Pai dos luceiros, en quen nin hai cambios nin tempos de sombras. Pola súa vontade tróuxonos á vida coa palabra da verdade, para que fosemos como as primicias das súas criaturas. Acollede docilmente a Palabra enxertada en vós, que pode salva-las vosas vidas. Sede cumpridores da Palabra e non vos contentedes con escoitala xustificándovos con razóns enganosas. A relixión limpa e sen lixo ningún ós ollos de Deus Pai é esta: mirar polos orfos e polas viúvas nas súas coitas e gardarse da contaminación deste mundo. EVANXEO (Mc 7, 1-8. 14-15. 21-23) Lectura do Santo Evanxeo segundo Marcos Naquel tempo, reuníronse con Xesús un grupo de fariseos con algúns letrados chegados de Xerusalén, e viron os discípulos comer con mans impuras, é dicir, sen antes lavaren as mans. (É sabido que os fariseos e os xudeus todos non comen sen lavaren ben as mans, seguindo así as vellas tradicións; e cando chegan da rúa, tampouco comen sen se bañaren antes; tamén están moi apegados a outras tradicións, como o lavar vasos, xerras e bandexas). Por iso os fariseos e mailos escribas preguntáronlle: - ¿Por que os teus discípulos non se portan conforme a tradición dos devanceiros, senón que comen con mans impuras? El contestoulles: - ¡Que ben profetizou Isaías de vós, hipócritas, como está escrito: Este pobo hónrame cos labios, pero o seu corazón está lonxe de min. Danme un culto inútil, porque a doutrina que ensinan non son máis que costumes humanos. Rexeitáde-los mandados de Deus e agarrádesvos ás tradicións dos homes. E convocando a xente, dicíalles: - Escoitádeme todos e procurade entender. Nada do que hai fóra do home pode manchalo ó entrar nel; pero o que sae do home, iso si que o mancha. Porque de dentro, do corazón do home, xorden os malos pensamentos, as fornicacións, os roubos, os asasinatos, os adulterios, as cobizas, as maldades, os fraudes, os desenfreos, as envexas, as blasfemias, a soberbia, os desatinos. Todos eses males saen de dentro e manchan o home.