SlideShare a Scribd company logo
1 of 2
Download to read offline
XVII DOMINGO DEL TIEMPO ORDINARIO
CONFERENCIA EPISCOPAL ESPAÑOLA
http://www.conferenciaepiscopal.es 1
DOMINGO XVII ORDINARIO (B)
PRIMEIRA ( 2 Re 4, 42-44)
Lectura do libro segundo dos Reis
Daquela chegou de Baal-Xalixah un home, que lle traía ó home de Deus o pan das
primicias: vinte pans de cebada e trigo novo na alforxa. Eliseo díxolle: - "Dállos á
xente, e que coman". O seu servidor preguntoulle: - "¿Que é isto para cen persoas?".
A iso Eliseo respondeu: - "Dállos á xente, e que coman, pois isto di o Señor: comerán
e sobrará". El serviullos á xente, que comeu; e aínda sobrou, conforme a palabra do
Señor.
SALMO RESPONSORIAL Sal 144, 10-11. 15-16. 17-18
R/. (cf. 16): Abres ti, Señor, a túa man e dásnos fartura.
Que te loen, Señor, as túas obras,
e te bendigan os teus amigos.
Que pregoen a gloria do teu reino,
e falen do teu poder.
Os ollos de todos están postos en ti,
e dáslle-lo sustento ó seu tempo.
Abres ti a túa man,
e dáslle fartura a todo ser vivo.
O Señor é xusto en tódolos seus camiños,
e santo en tódalas súas obras.
O Señor está cerca dos que o chaman,
dos que o chaman con sinceridade.
XVII DOMINGO DEL TIEMPO ORDINARIO
CONFERENCIA EPISCOPAL ESPAÑOLA
http://www.conferenciaepiscopal.es 2
SEGUNDA LECTURA (Ef 4, 1-6)
Lectura da carta do Apóstolo San Paulo ós Efesios
Irmáns: Eu, preso polo Señor, pídovos que camiñedes segundo a dignidade da
vocación que recibistes, con total humildade, mansedume e paciencia, aturándovos uns
a outros con amor, esforzándovos por mante-la unidade do espírito no vínculo da paz.
Hai un só corpo e un só Espírito, do mesmo xeito que se vos chamou a unha única
esperanza na vosa vocación. Hai un só Señor, unha soa fe, un só bautismo, e un só
Deus e Pai de todos, que está sobre todos, por todos e en todos.
EVANXEO (Xn 6, 1-15)
Lectura do santo Evanxeo segundo Xoán
Naquel tempo, foi Xesús á outra banda do Mar de Galilea (o de Tiberíades). Seguíao
unha chea de xente, porque viran os sinais que facía nos enfermos. Subiu Xesús ó
monte e sentou alí cos seus discípulos. Estaba a chega-la Pascua, a festa dos xudeus.
Levantou a vista Xesús e, vendo vir tanta xente cara a el, díxolle a Filipe: - ¿Onde
imos mercar pan, para que coma esta xente? (isto dicíao para tantealo, que el ben sabía
xa o que ía facer). Respondeulle Filipe: - Nin medio ano de xornal chega para que cada
un deles reciba un codelo. Un dos seus discípulos, Andrés, o irmán de Simón Pedro,
díxolle: - Hai aquí un rapaz que ten cinco bolos de pan de cebada e dous peixes; pero,
¿que é iso para tantos? Xesús ordenou: - Facede senta-la xente. Había moita herba
naquel sitio. E sentaron como uns cinco mil homes. Entón colleu Xesús os pans e,
dando gracias, repartiu ós sentados canto quixeron; fixo o mesmo cos peixes. Cando se
fartaron, díxolles ós seus discípulos: - Recollede os anacos sobrantes, para que non se
estrague nada. Entón xuntáronos e encheron doce cestas cos anacos dos cinco bolos de
pan de cebada, que lles sobraran ós que comeron. Ó veren aqueles homes o sinal que
fixera, dicían: "Este si que é o profeta que había de vir ó mundo". Entón Xesús,
decatándose de que o ían vir coller para proclama-lo rei, retirouse outra vez ó monte el
só.

More Related Content

What's hot (20)

Lecturas b
Lecturas bLecturas b
Lecturas b
 
2º advento 2017 b
2º advento 2017 b2º advento 2017 b
2º advento 2017 b
 
Corpus
CorpusCorpus
Corpus
 
Pv abril 2012
Pv abril 2012Pv abril 2012
Pv abril 2012
 
Ordinario20
Ordinario20Ordinario20
Ordinario20
 
Pv se xuño 2012
Pv se xuño 2012Pv se xuño 2012
Pv se xuño 2012
 
Cuaresma05
Cuaresma05Cuaresma05
Cuaresma05
 
Coresma 5 A. Xn 11, 1 45
Coresma 5 A. Xn 11, 1 45Coresma 5 A. Xn 11, 1 45
Coresma 5 A. Xn 11, 1 45
 
Lecturas domingo xviii b
Lecturas domingo xviii bLecturas domingo xviii b
Lecturas domingo xviii b
 
14º domingo toa 2014
14º domingo toa 201414º domingo toa 2014
14º domingo toa 2014
 
33º domingo toc 2013
33º domingo toc 201333º domingo toc 2013
33º domingo toc 2013
 
Pv marzo 2012
Pv marzo 2012Pv marzo 2012
Pv marzo 2012
 
Biblia Kennicott
Biblia KennicottBiblia Kennicott
Biblia Kennicott
 
Ordinario19
Ordinario19Ordinario19
Ordinario19
 
Pascua03
Pascua03Pascua03
Pascua03
 
10º corpo e sangue de cristo b 2012
10º corpo e  sangue de cristo  b  201210º corpo e  sangue de cristo  b  2012
10º corpo e sangue de cristo b 2012
 
Cuaresma02
Cuaresma02Cuaresma02
Cuaresma02
 
evangelioxxvii
evangelioxxviievangelioxxvii
evangelioxxvii
 
Domingo iv b lecturas
Domingo iv b lecturasDomingo iv b lecturas
Domingo iv b lecturas
 
6 bautismo do señor a 2014 bene pagola
6 bautismo do señor  a 2014 bene pagola6 bautismo do señor  a 2014 bene pagola
6 bautismo do señor a 2014 bene pagola
 

More from Manuel Lage Lorenzo (20)

Plano biblio
Plano biblioPlano biblio
Plano biblio
 
Ordinario26
Ordinario26Ordinario26
Ordinario26
 
Ordinario23
Ordinario23Ordinario23
Ordinario23
 
Ordinario22
Ordinario22Ordinario22
Ordinario22
 
Papa francesco 20150624-udienza-generale
Papa francesco 20150624-udienza-generalePapa francesco 20150624-udienza-generale
Papa francesco 20150624-udienza-generale
 
Ordinario14
Ordinario14Ordinario14
Ordinario14
 
Papa francesco 20150617-udienza-generale
Papa francesco 20150617-udienza-generalePapa francesco 20150617-udienza-generale
Papa francesco 20150617-udienza-generale
 
Ordinario13
Ordinario13Ordinario13
Ordinario13
 
La familia 18 familia e enfermidade
La familia 18 familia e enfermidadeLa familia 18 familia e enfermidade
La familia 18 familia e enfermidade
 
Ordinario12
Ordinario12Ordinario12
Ordinario12
 
Pasatempos domingo xi do tempo odinario
Pasatempos domingo xi do tempo odinarioPasatempos domingo xi do tempo odinario
Pasatempos domingo xi do tempo odinario
 
15 evan-ord-11-b-semillas en-manos_de_dios
15 evan-ord-11-b-semillas en-manos_de_dios15 evan-ord-11-b-semillas en-manos_de_dios
15 evan-ord-11-b-semillas en-manos_de_dios
 
Lecturas domingo x to b
Lecturas domingo x to bLecturas domingo x to b
Lecturas domingo x to b
 
Pasatempo corpus
Pasatempo corpusPasatempo corpus
Pasatempo corpus
 
Evangelio 15-ord-b-10-corpus christi-esto_es_mi-cuerpo_esta_es_mi_sangre_sangre
Evangelio 15-ord-b-10-corpus christi-esto_es_mi-cuerpo_esta_es_mi_sangre_sangreEvangelio 15-ord-b-10-corpus christi-esto_es_mi-cuerpo_esta_es_mi_sangre_sangre
Evangelio 15-ord-b-10-corpus christi-esto_es_mi-cuerpo_esta_es_mi_sangre_sangre
 
Sen título 1
Sen título 1Sen título 1
Sen título 1
 
15 evan-ord-9-b-trinidad
15 evan-ord-9-b-trinidad15 evan-ord-9-b-trinidad
15 evan-ord-9-b-trinidad
 
Papa francesco 20150527-udienza-generale
Papa francesco 20150527-udienza-generalePapa francesco 20150527-udienza-generale
Papa francesco 20150527-udienza-generale
 
Trinidad
TrinidadTrinidad
Trinidad
 
Pasatempos pentecoste
Pasatempos pentecostePasatempos pentecoste
Pasatempos pentecoste
 

Ordinario17

  • 1. XVII DOMINGO DEL TIEMPO ORDINARIO CONFERENCIA EPISCOPAL ESPAÑOLA http://www.conferenciaepiscopal.es 1 DOMINGO XVII ORDINARIO (B) PRIMEIRA ( 2 Re 4, 42-44) Lectura do libro segundo dos Reis Daquela chegou de Baal-Xalixah un home, que lle traía ó home de Deus o pan das primicias: vinte pans de cebada e trigo novo na alforxa. Eliseo díxolle: - "Dállos á xente, e que coman". O seu servidor preguntoulle: - "¿Que é isto para cen persoas?". A iso Eliseo respondeu: - "Dállos á xente, e que coman, pois isto di o Señor: comerán e sobrará". El serviullos á xente, que comeu; e aínda sobrou, conforme a palabra do Señor. SALMO RESPONSORIAL Sal 144, 10-11. 15-16. 17-18 R/. (cf. 16): Abres ti, Señor, a túa man e dásnos fartura. Que te loen, Señor, as túas obras, e te bendigan os teus amigos. Que pregoen a gloria do teu reino, e falen do teu poder. Os ollos de todos están postos en ti, e dáslle-lo sustento ó seu tempo. Abres ti a túa man, e dáslle fartura a todo ser vivo. O Señor é xusto en tódolos seus camiños, e santo en tódalas súas obras. O Señor está cerca dos que o chaman, dos que o chaman con sinceridade.
  • 2. XVII DOMINGO DEL TIEMPO ORDINARIO CONFERENCIA EPISCOPAL ESPAÑOLA http://www.conferenciaepiscopal.es 2 SEGUNDA LECTURA (Ef 4, 1-6) Lectura da carta do Apóstolo San Paulo ós Efesios Irmáns: Eu, preso polo Señor, pídovos que camiñedes segundo a dignidade da vocación que recibistes, con total humildade, mansedume e paciencia, aturándovos uns a outros con amor, esforzándovos por mante-la unidade do espírito no vínculo da paz. Hai un só corpo e un só Espírito, do mesmo xeito que se vos chamou a unha única esperanza na vosa vocación. Hai un só Señor, unha soa fe, un só bautismo, e un só Deus e Pai de todos, que está sobre todos, por todos e en todos. EVANXEO (Xn 6, 1-15) Lectura do santo Evanxeo segundo Xoán Naquel tempo, foi Xesús á outra banda do Mar de Galilea (o de Tiberíades). Seguíao unha chea de xente, porque viran os sinais que facía nos enfermos. Subiu Xesús ó monte e sentou alí cos seus discípulos. Estaba a chega-la Pascua, a festa dos xudeus. Levantou a vista Xesús e, vendo vir tanta xente cara a el, díxolle a Filipe: - ¿Onde imos mercar pan, para que coma esta xente? (isto dicíao para tantealo, que el ben sabía xa o que ía facer). Respondeulle Filipe: - Nin medio ano de xornal chega para que cada un deles reciba un codelo. Un dos seus discípulos, Andrés, o irmán de Simón Pedro, díxolle: - Hai aquí un rapaz que ten cinco bolos de pan de cebada e dous peixes; pero, ¿que é iso para tantos? Xesús ordenou: - Facede senta-la xente. Había moita herba naquel sitio. E sentaron como uns cinco mil homes. Entón colleu Xesús os pans e, dando gracias, repartiu ós sentados canto quixeron; fixo o mesmo cos peixes. Cando se fartaron, díxolles ós seus discípulos: - Recollede os anacos sobrantes, para que non se estrague nada. Entón xuntáronos e encheron doce cestas cos anacos dos cinco bolos de pan de cebada, que lles sobraran ós que comeron. Ó veren aqueles homes o sinal que fixera, dicían: "Este si que é o profeta que había de vir ó mundo". Entón Xesús, decatándose de que o ían vir coller para proclama-lo rei, retirouse outra vez ó monte el só.