SlideShare a Scribd company logo
1 of 8
Download to read offline
A NOITE XUSTO ANTES
Bernard-Marie Koltès
adaptación e interpretación ADRIÁN RÍOS
DOS BOSQUES
A noite xusto antes dos bosques. DOSSIER
Arre Vento
teatro
A noite xusto antes dos bosques. DOSSIER
ÍNDICE
A compañía...................................................1
Sinopse................................................................2
Sobre o autor...........................................3
Ficha artística..........................................4
Requerimentos técnicos.....................6
Contacto e distribución..................6
Arre Vento
teatro
A COMPAÑÍA:
1
A noite xusto antes dos bosques. DOSSIER
Arre vento Teatro é unha compañía creada por Adrián Ríos no ano
2015. O proxecto nace da necesidade de poder levar á escena un
teatro actual, de aires novos, capaz de levarlle ao público historias
cheas de forza e intensidade. Xorde nun momento de cambio, dunha
transición sociocultural que esixe alentos de reivindicación, de contar
o que é preciso contar, posuíndo un estilo propio e definido no marco
lúdico que será sempre o Teatro. Ao mesmo tempo, a transición
socioeconómica que estamos a vivir fai cada día máis dificultosa a
acción teatral, esa comunicación cultural da que queremos comezar
a formar parte neste intre. Por iso é preciso facernos escoitar con
textos que mostren a máis actual necesidade de ser transmitidos e
removan a conciencia do público, amosándolle os nosos mundos
sobre a escena.
Comezamos así o camiño dunha compañía con desexos de continui-
dade e constante auto renovación a prol da escena galega.
Cremos na verdade e de tal xeito amosámola, transformando a pala-
bra escrita en realidades que a todos se nos antolla acadar. Encadra-
mos as nosas historias nun marco de crueza e visceralidade, definido
pola naturalidade no estilo e alimentado polas mellores dramaturxias.
A noite xusto antes dos bosques é o primeiro exemplo que Arre vento
Teatro pon en marcha, levándolle ao espectador unha cuestión de
controversia actual, que convive con nós cada día e que, indiferente-
mente, deixamos de atender. Sen esquecernos da poética, esta
primeira montaxe convértese nese berro colectivo que todos confia-
mos escoitar pero que, por mor da “indefensión aprendida”, non
somos quen de esgarrar.
“Só teño ganas, un día, de contar ben, coas palabras máis simples, a cousa máis importante
que coñeza e que poida contarse, un desexo, unha emoción, un lugar, luz, sons, calquera
cousa que sexa un fragmento do noso mundo e que pertenza a todos”.
Bernard-Marie Koltès.
Arre Vento
teatro
SINOPSE:
A noite xusto antes dos bosques. DOSSIER
2
A noite xusto antes dos bosques, obra escrita no ano 1976 polo dramaturgo francés Ber-
nard-Marie Koltès e representada por vez primeira en 1977 no Festival de Avignon Off,
constitúese non coma un monólogo senón coma un “monodiálogo”: un diálogo no que só
están rexistradas as intervencións dun interlocutor. A poética concéntrase no dicir dunha
soa personaxe que evoca, dende a súa propia, outras voces. A omisión deliberada da
palabra do outro produce un efecto multiplicador do sentimento de soidade.
O protagonista, un "estraño", resístese a aceptar a realidade dos
feitos. Na noite, pouco despois de ser roubado e maltratado,
aborda a un descoñecido para pedirlle que o escoite, compartir
un cuarto, mostrarlle a súa angustia, os seus problemas e facelo
partícipe dos seus imposibles plans de liberación e vinganza.
Procura continuas estratexias para que o receptor fique con el e
atenda ao seu discurso. Nel circula de xeito impetuoso a espe-
ranza depositada nun futuro que a todos se nos antolla acadar e
no que, sobre unha linguaxe áspera, se pon de manifesto a súa
insoportable soidade e o desprezo que sinte por aqueles que o
rexeitan.
A peza pon sobre o tapete unha cuestión que co paso do tempo
adquiriu unha potente actualidade: a marxinación do emigrante
estranxeiro, eses brotes de racismo provocados por outros mar-
xinados que lle impiden sobrevivir ao protagonista incluso no
medio sórdido no que quizais pensou que podía atoparse.
Porén, a personaxe que atopamos no texto non é unha voz mar-
xinal, senón unha multitude de voces pola capacidade que ten
de evocar personaxes e situacións.
Este “estraño” que fala atiborra ao seu receptor cunha gran can-
tidade de descricións sobre as emocións e sentimentos arraiga-
dos nunha soa persoa que significan unha masa. É a súa forma
férrea de curarse da soidade e irse vivir ao bosque. A necesida-
de de comunicarse, de ser escoitado, de procurar a compañía de
alguén, a frustración, o odio, o medo, o amor, a esperanza, a
soidade, o racismo, a desigualdade social, entre outros, son
algúns dos principais temas que o espectador poderá ver
reflexados neste abrumador e poderoso discurso como é A noite
xusto antes dos bosques.
Arre Vento
teatro
SOBRE O AUTOR:
A noite xusto antes dos bosques. DOSSIER
Bernard-Marie Koltès é un dramaturgo francés nado en Metz
no ano 1948. Entre a súa produción teatral destacan: Legado
(1971), A noite xusto antes dos bosques (1977), Combate de
Negro e de cans (1979), Na soidade dos campos de algodón
(1985), Regreso ao deserto (1988) e Roberto Zucco (1988), entre
outras obras.
É complexo atopar un dramaturgo máis alegoricamente
contemporáneo e ao mesmo tempo universal que
Bernard-Marie Koltès. É o autor dos esquecidos, dos anónimos,
dos solitarios, dos asasinos... Sen xuízo cédelles a palabra para
que expoñan a súa profunda realidade, as súas ilusións e
desilusións. Creador de lugares á marxe do social, de lugares
sen nome, reclusos, abandonados, na procura da dimensión
universal.
O mundo de Koltès é o mundo dos suxeitos e as conciencias, o mundo do simbólico e dos inter-
cambios humanos.
Koltès comezou a escribir dende o comezo dos anos setenta, dirixindo el mesmo nun inicio as súas
obras. Pero foi o famoso director francés Patrice Chéreau quen o fixo saír do anonimato no ano
1983, cando dirixiu Combrate de Negro e de cans.
Dende 1983 ata a súa morte Chéreau foi o único en montar as obras de Koltès en Francia. É
soamente despois da súa morte prematura cando comeza a ser realmente coñecido a nivel inter-
nacional. Hoxe en día volveuse un clásico no repertorio dramático, sendo o autor francés contem-
poráneo máis representado.
3
Arre Vento
teatro
4
FICHA ARTÍSTICA:
Adrián Ríos é un actor nado en Moaña no ano 1990.
Iniciou a súa traxectoria interpretativa no eido do teatro afecio-
nado na compañía Teatro Aurín, da que formou parte entre os
anos 2000 e 2007 e na que destacan montaxes como A pousa-
deira ou Comedia bífida. Comezou a súa formación de arte
DIRECCIÓN E INTERPRETACIÓN:
A noite xusto antes dos bosques. DOSSIER
dramática na Escola Municipal das Artes Escénicas de Cangas
(2007-2009) da man de profesionais como Casilda Alfaro e Pepa Barreiro, entre outros.
Neses anos formou parte do elenco nas montaxes A balada do cárcere de Circe e O des-
embarco dos turcos. María Soliño, producidas por Ningures Teatro. No ano 2009 comeza
os seus estudos na Escola Superior de Arte Dramática de Galicia, dentro da especialidade
de Interpretación Textual. Paralelos aos estudos superiores realiza formación complemen-
taria, impartida por referentes teatrais como José Piris, nos seminarios intensivos de
Teatro Xestual na escola internacional de teatro Total Nouveau Colombier.
No 2009 comeza a súa traxectoria profesional, iniciando a súa labor teatral na Compañía
Escénica da ESAD Galicia ata 2010 coa montaxe Os soños de Walla e representando,
posteriormente, clásicos do teatro como A tempestade (2012), Edipo rei (2013) e Antígona
(2013). No ano 2011 participa na peza O dondo sabor das mazás, espectáculo de teatro
contemporáneo producido por Butaca Zero, baixo a dirección de Xavier Castiñeira e com-
partindo escena cos profesionais galegos Machi Salgado, Fernando González, Laura
Míguez, Melania Cruz, entre outros. No 2013 interpreta Matanza, de Roberto Salgueiro,
adaptada ao micro-teatro e dirixida por Toni Salgado. Dende o ano 2013 ata o 2015 inté-
grase no traballo activo das compañías teatrais Moito Morro Teatro e 8mm Teatro, coas
producións Es-ketches I: microzapping e Unha historia de amor ao Tarantino, respectiva-
mente.
No tocante á súa traxectoria profesional no mundo audiovisual, comeza no ano 2010
cando participa no filme galego-brasileiro Onde está a felicidade?, dirixido polo cineasta
Carlos Alberto Riccelli e no que interveñen tamén os actores Luis Zahera, María Pujalte,
Marta Larralde, Bruna Lombardi e Marcelo Airoldi, entre outros. A partires de aí continúa a
aumentar a súa experiencia traballando en diversas curtametraxes e webseries, entre as
que destacan Los malos hábitos, Maleteiro, Clases de lo social ou Dando la lata; tamén
aparece en series de TV, como Escoba, Serramoura e Pazo de familia.
Arre Vento
teatro
Fran Soaje
J. Pablo Pintor (Incongo Art)
Marielvy Martínez
Aurín
Arre Vento Teatro
Deseño de iluminación e técnico
Fotografía e vídeo
Deseño gráfico
Vestiario
Produción
EQUIPO ARTÍSTICO:
A noite xusto antes dos bosques. DOSSIER
5
AGRADECEMENTOS:
Ricardo Solveira
Pepa Barreiro
Henrique Harguindey
Xavier Castiñeira
ESAD Galicia
Arre Vento
teatro
· 6m de ancho
· 6m de fondo
· 4m de altura
REQUERIMENTOS TÉCNICOS:
(Posibilidade de realizar
en espazos máis reducidos)
CONTACTO E DISRIBUCIÓN:
ARRE VENTO TEATRO -Tlf: 647 190 021 / e-mail: arreventoteatro@gmail.com
A noite xusto antes dos bosques. DOSSIER
6
Arre Vento
teatro

More Related Content

What's hot

What's hot (19)

A literatura. Características da linguaxe literaria. Os xéneros literarios (1...
A literatura. Características da linguaxe literaria. Os xéneros literarios (1...A literatura. Características da linguaxe literaria. Os xéneros literarios (1...
A literatura. Características da linguaxe literaria. Os xéneros literarios (1...
 
Suso de toro
Suso de toroSuso de toro
Suso de toro
 
Luz pozo garza
Luz pozo garzaLuz pozo garza
Luz pozo garza
 
Manuel lourenzo
Manuel lourenzoManuel lourenzo
Manuel lourenzo
 
Entrevista Anibal C. Malvar
Entrevista Anibal C. MalvarEntrevista Anibal C. Malvar
Entrevista Anibal C. Malvar
 
Arthur Rimbaud
Arthur RimbaudArthur Rimbaud
Arthur Rimbaud
 
Mulleres
MulleresMulleres
Mulleres
 
Os xéneros literarios
Os xéneros literariosOs xéneros literarios
Os xéneros literarios
 
Celso Emilio Ferreiro: Longa noite de pedra
Celso Emilio Ferreiro: Longa noite de pedraCelso Emilio Ferreiro: Longa noite de pedra
Celso Emilio Ferreiro: Longa noite de pedra
 
Rosalía
RosalíaRosalía
Rosalía
 
Luz pozo garza
Luz pozo garzaLuz pozo garza
Luz pozo garza
 
María Casares por María Casares
María Casares por María CasaresMaría Casares por María Casares
María Casares por María Casares
 
Xohana Torres, natureza de illa
Xohana Torres, natureza de illaXohana Torres, natureza de illa
Xohana Torres, natureza de illa
 
María Casares
María CasaresMaría Casares
María Casares
 
Mª Victoria Moreno en 25 diapositivas
Mª Victoria Moreno en 25 diapositivasMª Victoria Moreno en 25 diapositivas
Mª Victoria Moreno en 25 diapositivas
 
Muller homenaxe do home
Muller homenaxe do homeMuller homenaxe do home
Muller homenaxe do home
 
Que me queres
Que me queresQue me queres
Que me queres
 
Helena villar janeiro
Helena villar janeiroHelena villar janeiro
Helena villar janeiro
 
Homes
HomesHomes
Homes
 

Similar to Dossier a noite xusto antes dos bosques

tema12_2010
tema12_2010tema12_2010
tema12_2010xenevra
 
O teatro galego entre 1950 e 1976
O teatro galego entre 1950 e 1976O teatro galego entre 1950 e 1976
O teatro galego entre 1950 e 1976María Sánchez
 
2.1. a poesía de vangarda. características xerais
2.1. a poesía de vangarda. características xerais2.1. a poesía de vangarda. características xerais
2.1. a poesía de vangarda. características xeraisLourenço Alvarez Ruiz
 
Papeis de muller, mulleres de papel
Papeis de muller, mulleres de papelPapeis de muller, mulleres de papel
Papeis de muller, mulleres de papeltudense
 
Roberto vidal bolaño ceip celeiro
Roberto vidal bolaño ceip celeiroRoberto vidal bolaño ceip celeiro
Roberto vidal bolaño ceip celeiroMarta Pérez Lage
 
Vangardas Galegas
Vangardas GalegasVangardas Galegas
Vangardas Galegasnoagaliza
 
10. a poesía de fins do séc. xx e comezos do xxi
10. a poesía de fins do séc. xx e comezos do xxi10. a poesía de fins do séc. xx e comezos do xxi
10. a poesía de fins do séc. xx e comezos do xxiLourenço Alvarez Ruiz
 
Mulleres de armas tomar
Mulleres de armas tomarMulleres de armas tomar
Mulleres de armas tomarequipobiblio
 
Roberto Vidal Bolaño
Roberto Vidal BolañoRoberto Vidal Bolaño
Roberto Vidal Bolañoraul22555
 
Boletín abril 2012
Boletín abril 2012Boletín abril 2012
Boletín abril 2012martafp
 
Leccion 3 texto_bola_o_4_-1
Leccion 3 texto_bola_o_4_-1Leccion 3 texto_bola_o_4_-1
Leccion 3 texto_bola_o_4_-1raulconstenla
 
Entrevista a Ramón Caride
Entrevista a Ramón CarideEntrevista a Ramón Caride
Entrevista a Ramón CarideAsnosasletras
 
Manuel María: a natureza, as aves
Manuel María: a natureza, as avesManuel María: a natureza, as aves
Manuel María: a natureza, as avesmonadela
 

Similar to Dossier a noite xusto antes dos bosques (20)

tema12_2010
tema12_2010tema12_2010
tema12_2010
 
O teatro galego entre 1950 e 1976
O teatro galego entre 1950 e 1976O teatro galego entre 1950 e 1976
O teatro galego entre 1950 e 1976
 
2.1. a poesía de vangarda. características xerais
2.1. a poesía de vangarda. características xerais2.1. a poesía de vangarda. características xerais
2.1. a poesía de vangarda. características xerais
 
Papeis de muller, mulleres de papel
Papeis de muller, mulleres de papelPapeis de muller, mulleres de papel
Papeis de muller, mulleres de papel
 
Roberto vidal bolaño ceip celeiro
Roberto vidal bolaño ceip celeiroRoberto vidal bolaño ceip celeiro
Roberto vidal bolaño ceip celeiro
 
Vangardas Galegas
Vangardas GalegasVangardas Galegas
Vangardas Galegas
 
Euloxio r. ruibal
Euloxio r. ruibalEuloxio r. ruibal
Euloxio r. ruibal
 
Roberto Vidal Bolaño: Letras Galegas 2013
Roberto Vidal Bolaño: Letras Galegas 2013Roberto Vidal Bolaño: Letras Galegas 2013
Roberto Vidal Bolaño: Letras Galegas 2013
 
10. a poesía de fins do séc. xx e comezos do xxi
10. a poesía de fins do séc. xx e comezos do xxi10. a poesía de fins do séc. xx e comezos do xxi
10. a poesía de fins do séc. xx e comezos do xxi
 
Euloxio r
Euloxio rEuloxio r
Euloxio r
 
Leccion4 (1)
Leccion4 (1)Leccion4 (1)
Leccion4 (1)
 
Mulleres de armas tomar
Mulleres de armas tomarMulleres de armas tomar
Mulleres de armas tomar
 
Vazquez pintor
Vazquez pintorVazquez pintor
Vazquez pintor
 
Vangardas
VangardasVangardas
Vangardas
 
Roberto Vidal Bolaño
Roberto Vidal BolañoRoberto Vidal Bolaño
Roberto Vidal Bolaño
 
Boletín abril 2012
Boletín abril 2012Boletín abril 2012
Boletín abril 2012
 
Leccion 3 texto_bola_o_4_-1
Leccion 3 texto_bola_o_4_-1Leccion 3 texto_bola_o_4_-1
Leccion 3 texto_bola_o_4_-1
 
Entrevista a Ramón Caride
Entrevista a Ramón CarideEntrevista a Ramón Caride
Entrevista a Ramón Caride
 
Este roberto
Este robertoEste roberto
Este roberto
 
Manuel María: a natureza, as aves
Manuel María: a natureza, as avesManuel María: a natureza, as aves
Manuel María: a natureza, as aves
 

Dossier a noite xusto antes dos bosques

  • 1. A NOITE XUSTO ANTES Bernard-Marie Koltès adaptación e interpretación ADRIÁN RÍOS DOS BOSQUES A noite xusto antes dos bosques. DOSSIER Arre Vento teatro
  • 2. A noite xusto antes dos bosques. DOSSIER ÍNDICE A compañía...................................................1 Sinopse................................................................2 Sobre o autor...........................................3 Ficha artística..........................................4 Requerimentos técnicos.....................6 Contacto e distribución..................6 Arre Vento teatro
  • 3. A COMPAÑÍA: 1 A noite xusto antes dos bosques. DOSSIER Arre vento Teatro é unha compañía creada por Adrián Ríos no ano 2015. O proxecto nace da necesidade de poder levar á escena un teatro actual, de aires novos, capaz de levarlle ao público historias cheas de forza e intensidade. Xorde nun momento de cambio, dunha transición sociocultural que esixe alentos de reivindicación, de contar o que é preciso contar, posuíndo un estilo propio e definido no marco lúdico que será sempre o Teatro. Ao mesmo tempo, a transición socioeconómica que estamos a vivir fai cada día máis dificultosa a acción teatral, esa comunicación cultural da que queremos comezar a formar parte neste intre. Por iso é preciso facernos escoitar con textos que mostren a máis actual necesidade de ser transmitidos e removan a conciencia do público, amosándolle os nosos mundos sobre a escena. Comezamos así o camiño dunha compañía con desexos de continui- dade e constante auto renovación a prol da escena galega. Cremos na verdade e de tal xeito amosámola, transformando a pala- bra escrita en realidades que a todos se nos antolla acadar. Encadra- mos as nosas historias nun marco de crueza e visceralidade, definido pola naturalidade no estilo e alimentado polas mellores dramaturxias. A noite xusto antes dos bosques é o primeiro exemplo que Arre vento Teatro pon en marcha, levándolle ao espectador unha cuestión de controversia actual, que convive con nós cada día e que, indiferente- mente, deixamos de atender. Sen esquecernos da poética, esta primeira montaxe convértese nese berro colectivo que todos confia- mos escoitar pero que, por mor da “indefensión aprendida”, non somos quen de esgarrar. “Só teño ganas, un día, de contar ben, coas palabras máis simples, a cousa máis importante que coñeza e que poida contarse, un desexo, unha emoción, un lugar, luz, sons, calquera cousa que sexa un fragmento do noso mundo e que pertenza a todos”. Bernard-Marie Koltès. Arre Vento teatro
  • 4. SINOPSE: A noite xusto antes dos bosques. DOSSIER 2 A noite xusto antes dos bosques, obra escrita no ano 1976 polo dramaturgo francés Ber- nard-Marie Koltès e representada por vez primeira en 1977 no Festival de Avignon Off, constitúese non coma un monólogo senón coma un “monodiálogo”: un diálogo no que só están rexistradas as intervencións dun interlocutor. A poética concéntrase no dicir dunha soa personaxe que evoca, dende a súa propia, outras voces. A omisión deliberada da palabra do outro produce un efecto multiplicador do sentimento de soidade. O protagonista, un "estraño", resístese a aceptar a realidade dos feitos. Na noite, pouco despois de ser roubado e maltratado, aborda a un descoñecido para pedirlle que o escoite, compartir un cuarto, mostrarlle a súa angustia, os seus problemas e facelo partícipe dos seus imposibles plans de liberación e vinganza. Procura continuas estratexias para que o receptor fique con el e atenda ao seu discurso. Nel circula de xeito impetuoso a espe- ranza depositada nun futuro que a todos se nos antolla acadar e no que, sobre unha linguaxe áspera, se pon de manifesto a súa insoportable soidade e o desprezo que sinte por aqueles que o rexeitan. A peza pon sobre o tapete unha cuestión que co paso do tempo adquiriu unha potente actualidade: a marxinación do emigrante estranxeiro, eses brotes de racismo provocados por outros mar- xinados que lle impiden sobrevivir ao protagonista incluso no medio sórdido no que quizais pensou que podía atoparse. Porén, a personaxe que atopamos no texto non é unha voz mar- xinal, senón unha multitude de voces pola capacidade que ten de evocar personaxes e situacións. Este “estraño” que fala atiborra ao seu receptor cunha gran can- tidade de descricións sobre as emocións e sentimentos arraiga- dos nunha soa persoa que significan unha masa. É a súa forma férrea de curarse da soidade e irse vivir ao bosque. A necesida- de de comunicarse, de ser escoitado, de procurar a compañía de alguén, a frustración, o odio, o medo, o amor, a esperanza, a soidade, o racismo, a desigualdade social, entre outros, son algúns dos principais temas que o espectador poderá ver reflexados neste abrumador e poderoso discurso como é A noite xusto antes dos bosques. Arre Vento teatro
  • 5. SOBRE O AUTOR: A noite xusto antes dos bosques. DOSSIER Bernard-Marie Koltès é un dramaturgo francés nado en Metz no ano 1948. Entre a súa produción teatral destacan: Legado (1971), A noite xusto antes dos bosques (1977), Combate de Negro e de cans (1979), Na soidade dos campos de algodón (1985), Regreso ao deserto (1988) e Roberto Zucco (1988), entre outras obras. É complexo atopar un dramaturgo máis alegoricamente contemporáneo e ao mesmo tempo universal que Bernard-Marie Koltès. É o autor dos esquecidos, dos anónimos, dos solitarios, dos asasinos... Sen xuízo cédelles a palabra para que expoñan a súa profunda realidade, as súas ilusións e desilusións. Creador de lugares á marxe do social, de lugares sen nome, reclusos, abandonados, na procura da dimensión universal. O mundo de Koltès é o mundo dos suxeitos e as conciencias, o mundo do simbólico e dos inter- cambios humanos. Koltès comezou a escribir dende o comezo dos anos setenta, dirixindo el mesmo nun inicio as súas obras. Pero foi o famoso director francés Patrice Chéreau quen o fixo saír do anonimato no ano 1983, cando dirixiu Combrate de Negro e de cans. Dende 1983 ata a súa morte Chéreau foi o único en montar as obras de Koltès en Francia. É soamente despois da súa morte prematura cando comeza a ser realmente coñecido a nivel inter- nacional. Hoxe en día volveuse un clásico no repertorio dramático, sendo o autor francés contem- poráneo máis representado. 3 Arre Vento teatro
  • 6. 4 FICHA ARTÍSTICA: Adrián Ríos é un actor nado en Moaña no ano 1990. Iniciou a súa traxectoria interpretativa no eido do teatro afecio- nado na compañía Teatro Aurín, da que formou parte entre os anos 2000 e 2007 e na que destacan montaxes como A pousa- deira ou Comedia bífida. Comezou a súa formación de arte DIRECCIÓN E INTERPRETACIÓN: A noite xusto antes dos bosques. DOSSIER dramática na Escola Municipal das Artes Escénicas de Cangas (2007-2009) da man de profesionais como Casilda Alfaro e Pepa Barreiro, entre outros. Neses anos formou parte do elenco nas montaxes A balada do cárcere de Circe e O des- embarco dos turcos. María Soliño, producidas por Ningures Teatro. No ano 2009 comeza os seus estudos na Escola Superior de Arte Dramática de Galicia, dentro da especialidade de Interpretación Textual. Paralelos aos estudos superiores realiza formación complemen- taria, impartida por referentes teatrais como José Piris, nos seminarios intensivos de Teatro Xestual na escola internacional de teatro Total Nouveau Colombier. No 2009 comeza a súa traxectoria profesional, iniciando a súa labor teatral na Compañía Escénica da ESAD Galicia ata 2010 coa montaxe Os soños de Walla e representando, posteriormente, clásicos do teatro como A tempestade (2012), Edipo rei (2013) e Antígona (2013). No ano 2011 participa na peza O dondo sabor das mazás, espectáculo de teatro contemporáneo producido por Butaca Zero, baixo a dirección de Xavier Castiñeira e com- partindo escena cos profesionais galegos Machi Salgado, Fernando González, Laura Míguez, Melania Cruz, entre outros. No 2013 interpreta Matanza, de Roberto Salgueiro, adaptada ao micro-teatro e dirixida por Toni Salgado. Dende o ano 2013 ata o 2015 inté- grase no traballo activo das compañías teatrais Moito Morro Teatro e 8mm Teatro, coas producións Es-ketches I: microzapping e Unha historia de amor ao Tarantino, respectiva- mente. No tocante á súa traxectoria profesional no mundo audiovisual, comeza no ano 2010 cando participa no filme galego-brasileiro Onde está a felicidade?, dirixido polo cineasta Carlos Alberto Riccelli e no que interveñen tamén os actores Luis Zahera, María Pujalte, Marta Larralde, Bruna Lombardi e Marcelo Airoldi, entre outros. A partires de aí continúa a aumentar a súa experiencia traballando en diversas curtametraxes e webseries, entre as que destacan Los malos hábitos, Maleteiro, Clases de lo social ou Dando la lata; tamén aparece en series de TV, como Escoba, Serramoura e Pazo de familia. Arre Vento teatro
  • 7. Fran Soaje J. Pablo Pintor (Incongo Art) Marielvy Martínez Aurín Arre Vento Teatro Deseño de iluminación e técnico Fotografía e vídeo Deseño gráfico Vestiario Produción EQUIPO ARTÍSTICO: A noite xusto antes dos bosques. DOSSIER 5 AGRADECEMENTOS: Ricardo Solveira Pepa Barreiro Henrique Harguindey Xavier Castiñeira ESAD Galicia Arre Vento teatro
  • 8. · 6m de ancho · 6m de fondo · 4m de altura REQUERIMENTOS TÉCNICOS: (Posibilidade de realizar en espazos máis reducidos) CONTACTO E DISRIBUCIÓN: ARRE VENTO TEATRO -Tlf: 647 190 021 / e-mail: arreventoteatro@gmail.com A noite xusto antes dos bosques. DOSSIER 6 Arre Vento teatro