As vangardas na lit. galega

13,611 views
15,561 views

Published on

1 Comment
3 Likes
Statistics
Notes
  • Moi útil e con información moi precisa.
       Reply 
    Are you sure you want to  Yes  No
    Your message goes here
No Downloads
Views
Total views
13,611
On SlideShare
0
From Embeds
0
Number of Embeds
7,201
Actions
Shares
0
Downloads
70
Comments
1
Likes
3
Embeds 0
No embeds

No notes for slide

As vangardas na lit. galega

  1. 1. A POESÍA DE VANGARDA.CARACTERÍSTICAS, AUTORES E OBRAS REPRESENTATIVAS
  2. 2. CONTEXTO HISTÓRICO-SOCIAL.– EUROPA- 1º TERZO DO S. XX Anos de tensións:1.Políticas (I Guerra Mundial. Revolución Bolchevique. Mov. fascistas en Italia e Alemaña). Aparición de novos estados pola desaparición do imperio austro-húngaro e a caída dos tsares.2. Económicas (crack do 1929)3. Sociais (entre burguesía e proletariado).- GALICIA – 1º TERZO DO S. XX1. Emigración2. Agrarismo3. Nacionalismo
  3. 3. ¿QUE SON AS VANGARDAS?• Orixe: do termo “avant garde”, do francés, relacionado coa táctica militar e que define unha actitude de risco, exploración e innovación.• Movementos estéticos (ISMOS) que, no primeiro terzo do século XX, manifestan a crise dos valores culturais burgueses, cuestionan a harmonía e destrúen a percepción tradicional da realidade, alterando formas, cores, imaxes, linguaxe...Tentan, pois, abrir novos camiños artísticos, ao marxe da tradición.• Definen a expresión artística como algo autónomo, sen vinculación co mundo real; de aí que o artista sexa como un pequeno deus. Antisentimentalismo. Innovación na linguaxe poética.• Busca obsesiva da ORIXINALIDADE, facendo da REBELDÍA, EXPERIMENTALIDADE e a LIBERDADE CREATIVA as súas razóns de ser. Hai, polo tanto, un gran inconformismo e desexo de renovación.• Desenvolvemento rápido. Efémeros.• Abranguen distintas manifestacións artísticas (pintura, escultura, cine...).• Fundamentais os textos programáticos (manifestos), nos que se expoñen os principios que han de guiar a creación artística. De carácter dogmático (os seus postulados son os únicos válidos) e afán provocador (abolir todas as normas e convencións artísticas anteriores).• Nacen nos países máis prósperos e modernos (Francia, Alemaña, Inglaterra).
  4. 4. FUTURISMO• Principal representante: o italiano Marinetti publica o manifesto en 1909. Defensor do fascismo (militarismo, patriotismo e a guerra como medios para “purificar” o mundo).• Oposición á exaltación dos sentimentos, propoñendo a celebración do progreso técnico: a máquina convértese en ideal de beleza, exaltándose o automóbil, a velocidade, o ruído...• Estilo rápido e dinámico (eliminación de adxectivos e adverbios). Innovacións tipográficas (sen puntuación). Ruptura da sintaxe.
  5. 5. Deus vehemente dunha raza de aceiro,automóbil ebrio de espazo,que choras cheo de angustia, co freo nos dentesestridentes!Oh formidable monstro xaponés de ollosde fragua,nutrido de lapas e aceites minerais,famento de horizontes e presas sideraiso teu corazón expándese no seu taf-tafdiabólicoque os teus rexos pneumáticos se inchenpara as danzasque bailen polas brancas estradas do mundo.solto, por fin, as túas bridas metálicas...Lánzastecon embriaguez ao Infinito liberador Marinetti
  6. 6. CUBISMO• Aparece primeiro en pintura ( Las señoritas de Avignon, de Picasso), e logo foi, Guillerme Apollianire quen o trasladou á literatura, partindo dos presupostos futuristas.• Descomponse a realidade para volvela reconstruír xeometricamente.• Propuxo unha nova disposición tipográfica do poema, creando poemas visuais como os caligramas (composicións que adoptan a forma dos temas que trata).
  7. 7. TAMARA DE LEMPICKAPintora vinculada co movemento vangardista, formándose en París con artistas de filiación cubista.
  8. 8. TAMARA DE LEMPICKA
  9. 9. DADAÍSMO• Creador: Tristán Tzara.• Orixe do termo: escollido ao azar abrindo un dicionario cun coitelo. Tamén se di que dadá é o nome elixido porque en francés explícase como palabra infantil usada cando se comeza a balbucir.• Negación absoluta de todo para que se tome conciencia do absurdo que é o mundo (a lóxica, a utilidade da arte e a cultura, a capacidade comunicativa da linguaxe e ata as súas propias doutrinas).• Caracterizado pola linguaxe incoherente, o seu sentido do humor e a súa provocación.• O seu procedemento de creación é o collage arbitrario.• Prepara o terreo ao surrealismo, pois non propón outra alternativa que o caos e o absurdo.
  10. 10. Para facer un poema dadaístaColla un xornal.Colla unhas tesoiras.Escolla no xornal un artigo da lonxitude queconta darlle ao poema.Recorte o artigo.Recorte con coidado cada unha daspalabras que forman o artigo e métaasnunha bolsa.Axítea suavemente. Agora saque cadarecorte un tras doutro. Copieconcienzudamente na orde na que saíran dabolsa. O poema semellarase a vostede. E évostede un escritor infinitamente orixinal edunha sensibilidade fascinante, aínda queincomprendida polo vulgo.
  11. 11. Man Ray e Tristan Tzara
  12. 12. Man Ray- El violin de Ingres-1921
  13. 13. MARCEL DUCHAMP
  14. 14. Marcel Duchamp-1919
  15. 15. CREACIONISMO E ULTRAÍSMO• Vicente Huidobro é o iniciador do creacionismo. “A Arte é unha cousa e a Natureza é outra; a emoción do poema debe nacer unicamente da virtude creadora; hai que facer un poema como a natureza fai unha árbore”.• O poeta debe actuar como un pequeno deus e crear unha nova realidade.• O poema créase pola xustaposición de imaxes, baseadas en relacións arbitrarias, pero que teñen unha lóxica interna e razoada (gran influencia en Manuel Antonio).• Ultraísmo: nace en España. Os seus principais cultivadores foron Guillermo de la Torre e Borges.• Caracterízase polo seu gusto pola metáfora, evitar formas métricas tradicionais, disposición especial do verso, etc...
  16. 16. SURREALISMO• Gran movemento vangardista de todo o século XX. Tivo unha grande transcendencia e seguiron producíndose manifestacións neosurrealistas en diversos escritores, sobre todo, poetas (Neruda, García Lorca, Alberti...).• André Breton publica no 1924 o Primeiro Manifesto, que pretende ser unha revolución integral cuxo lema sería “transformar a vida”, mediante a liberación do home e a súa capacidade creadora.• Parte da psicoanálise de Freud (soños e alucinacións convértense en material poético).• Importancia de liberar o ser humano das cadeas impostas pola razón, pola moral tradicional e os costumes sociais.• A liberación do subconsciente esixe o uso de técnicas diversas como: ESCRITURA AUTOMÁTICA, é dicir, sen reflexión, o collage dadaísta, a interpretación de soños, asociacións libres e inesperadas de palabras...• Temática: a fantasía, o erotismo, o infantil, o demencial, o predominio do onírico...• É un ismo que se estende desde a literatura á pintura (Salvador Dalí, Magritte...)
  17. 17. RENÉ MAGRITTE
  18. 18. RENÉ MAGRITTE
  19. 19. Salvador Dalí
  20. 20. Salvador Dalí
  21. 21. Le roy soleil- Dalí (frasco perfume)-1945
  22. 22. A VANGARDA EN GALICIA• Os movementos de vangarda europeos influíron na literatura, pero tamén na pintura galega.• Entre os anos 20 e 30 xorden os pintores coñecidos como “Os novos”.• Destacan Maside, Laxeiro, Seoane, Colmeiro ou Maruja Mallo, entre outros.
  23. 23. Colmeiro: Despedida
  24. 24. Seoane: Mulleres na praia
  25. 25. Maside:Festa
  26. 26. Maruja Mallo: Guía postal de Lugo
  27. 27. PROBLEMÁTICA DAS VANGARDAS LITERARIAS EN GALICIA Difusión lenta e escasa polo carácter periférico e non normalizado da nosa Vangarda enxebre: ambiente literatura literario novo, onde a influencia destes discursos literarios renovadores está matizada pola tradición Reaccionar contra a tradición era romper co pasado máis recente, co galeguismo. Ademais, só o feito de escribir en galego xa era un compromiso
  28. 28. XERACIÓN DO 22 Xeración do 25 NovecentistasRepresentan unha Nacen arredor de 1900. Amado Carballopoética de ruptura Autodidactas Álvaro Cunqueiro e renovación Individualistasfronte á tradición Bouza Brey Orixe burguesa máis inmediata. Galeguistas Rafael Dieste Influídos polas Manuel Antonio vangardas europeas.
  29. 29. ¿COMO SE DAN A COÑECER? Máis Alá (Manuel Antonio e Álvaro Cebreiro)- manifesto estético e político: Alfar, - Crítica do pasado (devanceiros) e presente Danse a coñecer a Ronsel, da literatura galega (vellos e ruralistas). través de revistas(efémeras, bilingües Cristal, - Defensa dos novose cosmopolitas) e un Resol, modelos estéticos e da liberdade creativa, manifesto (¡”Máis alá!”) Yunque, baseándose na individualidade e orixinalidade. Papel de - Defensa da lingua galega. color... - Chamada á rebeldía da mocidade.
  30. 30. TENDENCIAS VANGARDISTAS NA LITERATURA GALEGA NEOTROBADORISMO VANGARDA PURA HILOZOÍSMO Reformulación da lírica Ruptura coa tradición e profana medieval, Poesía sinxela e breve. asimilación das influencias deespecialmente a cantiga de Métrica e rima popular. distintos ismos europeos.amigo, mesturando temas e recursos propios deste Personificación da Cunqueiro (surrealismo e xénero con outros máis cubismo) natureza. vangardistas (imaxes) Euxenio Montes (ultraísmo) Imaxes e recursos Cunqueiro (Cantiga nova M. Luís Acuña (cubismo) que se chama riveira) vangardistas. Manuel AntonioBouza Brey (Nao senlleira) Amado Carballo (Proel) (creacionismo)
  31. 31. MANUEL ANTONIO
  32. 32. Un singular artista de vangarda ANTI- COMPROMISO RUPTURISTA ACADEMICISTA NACIONALISTAINCONFORMISTA AVENTUREIRO SIMPATÍA REBELDE ANARQUISTA
  33. 33. EVOLUCIÓN LITERARIAEtapa de formaciónAlgún poema civil e influencias modernistas.Etapa de ruptura vangardistaImaxes e sintaxe rupturista con afán de evitar a representaciónmimética da realidade. Con anacos do meu interior, Foulas,Sempre e máis dispois, DE CATRO A CATRO.Etapa de retrocesoAusencia de experimentación formal e temática.Viladomar.
  34. 34. POÉTICA MANUELANTONIANA Imaxes independentes da Ausencia de argumento. realidade. MAR Fondo existencial. ORIXINALIDADE Asimilación dos ismos, non imitación Nin imitou nin foi imitado
  35. 35. INFLUENCIAS VANGARDISTAS Léxico estranxeiro Espazos en branco Léxico científico e tecnolóxico. Imaxe polipétala Disposición dos versos CREACIONISMO CUBISMO FUTURISMO Ausencia de rima. Parodia da Perspectiva tradición xeométrica da romántica realidade. Discursos distintos ao poético
  36. 36. IMAXE POLIPÉTALAA noiva goletaenloitada de brancoque cose rotas esquencidasacena no vento as súas velascomo ese pano das despedidas
  37. 37. «DE CATRO A CATRO»
  38. 38. INTERPRETACIÓNS Viaxe marítima real, con oportunidades para a introspección e a identificación coa paisaxe mariña: 1º poema:”Intencións”.Ilusión 2º-18º: Travesía marcada pola monotonía e soidade. Dúas paradas en terra. 19ª poema: “Adeus”. Saudade polo mundo deixado atrás. Están presentes todos os elementos da experiencia marítima, pero o barco non navega, de aí o estatismo e a quietude. Viaxe polo interior dunha voz lírica náufraga e desamparada.
  39. 39. TEMAS O Tempo real é imparable e monótono. O tempo O Mar , falto de persoal só existe no colorido e estacións, interior do eu lírico e serve para Visión está detido, dando a exteriorizar osdesilusionada da sensación de que o sentimentos e vivido se vai repetir, vida, que se vivencias. Escenario sen posibilidade demanifesta nunha de silencio, soidade novas vivencias. e morte. eterna despedida do que o rodea.
  40. 40. ARCIMBOLDO, artista renacentista admirado polos surrealistas
  41. 41. AMADO CARBALLOPublicou en vida “Proel” e de xeito póstumo“O galo”.
  42. 42. AMADO CARBALLO: Características da súa obra* Lírica a medio camiño entre a tradición (da que toma o tema da paisaxe, apersonificación da natureza e das súas forzas presente desde a Idade Media e ogusto polo mundo da terra) e as vangardas (creación de novas imaxes).* Humanización da paisaxe mediante unha pintura impresionista cargada de coresamables, que lles dá aos poemas un aire sensorial e lúdico. A técnica que utilizapara describir as paisaxes asemélla-se á dun pintor naïf.* Sensorialidade como característica máis destacada. Imaxe, metáfora e símilimprímelles matices sensoriais aos seus poemas que non son outra cousa queinstantáneas paisaxísticas.* Mestura imaxes de raíz vangardista con metros e ritmos populares para ofrecerdeste xeito unha visión plástica, e animada, da paisaxe.* Ausencia de artificios sintácticos, brevidade nos períodos e uso de oraciónssimples.* Cosmopolitismo lingüístico con entrada de estranxeirismos* Influencia clara do Ultraísmo que impón a supresión do argumento, a anécdotae do sentimento xa que o poema debe ser a resposta instantánea a un estímulo.Instantaneismo,- brevida-de e riqueza imaxinista son características que o autorcomparte con esta corrente vangardista.* Neopopularismo que entronca cos primeiros Alberti e Lorca.
  43. 43. O neotrobadorismo• Co nome de neotrobadorismo recoñecemos unha dirección da poesía contemporánea que propón unha relectura da lírica galego-portuguesa medieval, utilizando para isto os recursos estilísticos propios dos trobadores. Esta tendencia, tamén coñecida como Escola medievalista ou cancioneirista, está propiciada directamente polo coñecemento da existencia da tradición medieval a través dos estudos de Armando Cotarelo Valledor, e do traballo do profesor portuguésLapa publicado en 1929.• Deste xeito a volta aos cancioneiros representa tamén unha certa dignidade histórica para a nosa literatura, que atopa un esplendor no pasado fronte aos Séculos Escuros.
  44. 44. O neotrobadorismo• O inciador da escola é Bouza Brey con Nao Senlleira(1933), aínda que o mesmo ano se publica Cantiga nova que se chama ribeira de Álvaro Cunqueiro, pero o primeiro é considerado o fundador posto que xa publicara poemas illados nesa liña.
  45. 45. O neotrobadorismo• A tendencia adopta tres modalidades fundamentais: -A que recrea a atmosfera, os símbolos, as estruturas e procedementos paralelísticos. Representada por Bouza Brey e Cunqueiro. -A que usa fórmulas medievais, ben polo seu carácter falsamente popular ou exótico para construír imaxes vangardistas, ben pola súa expresividade lírica, inserida dentro da corrente neopopularista da vangarda. Son os seus representantes tamén Bouza Brey e Cunqueiro. -A que reproduce fielmente os modelos da poesía medieval. O mellor exemplo é Xosé Mª Álvarez Blázquez.
  46. 46. O neotrobadorismo• As obras que podemos englobar dentro desta corrente son : Seis canciones del mar in moto antico (1941) de Filgueira Valverde, Poemas de ti e de min (1949 de Emilio e Xosé Mª Álvarez Blázquez), Cancioneiro de Monfero (1953) de Xosé Mª Álvarez Blázquez e Fabulario Novo (1952) de Manuel Cuña Novás entre outros.• Algúns críticos datan o seu final no ano 1953, coa obra de Xosé Mª Álvarez Blázquez Cancioneiro de Monfero, pero, posteriormente aínda foi cultivado por Manuel María, Novoneyra e Díaz Jácome.
  47. 47. Bouza Brey• Fermín Bouza Brey é un poeta investigador da linguaxe, que pon o centro na perfección da palabra e no seu valor musical. Nao senlleira é o libro emblemático da súa poesía e o iniciador do neotrobadorismo. Componse de 20 poemas onde se pode ver o primeiro como unha declaración de principios ou intencións. Libro de temática variada vai estar estructurado en base a procedementos formais. Estas temáticas son: neotrobadorismo, temática mariñeira, cantigas cívicas de afirmación nacionalista e tres elexías.
  48. 48. Bouza Brey• Nos poemas neotrobadoristas copia os seguintes procedementos da cantiga de amigo: conserva o enunciador lírico feminino, emprega o paralelismo como forma estrutura-do-ra do poema; o refrán; léxico dos cancioneiros e certo medievalismo onomástico. Seitura ve a luz en 1935, unha obra continuadora en moitos aspectos da súa produción anterior.
  49. 49. BOUZA BREY
  50. 50. ÁLVARO CUNQUEIROPublicou “Cantiga nova que se chama riveira”en 1933. Na posguerra publica “Dona docorpo delgado”. Ademais escribiu douspoemarios de tendencia vangardista: “Mar aonorde” e “Poemas do si e do non”.
  51. 51. ÁLVARO CUNQUEIRONo niño novo do ventohai unha pomba dourada,meu amigo!Quén poidera namorala!Canta ao luar e ao menceren frauta de verde olivo.Quén poidera namorala,meu amigo!Ten áers de frol recente,cousas de recén casada,meu amigo!Quén poidera namorala!Tamén ten sombra de sombrae andar primeiro de río.quén poidera namorala,meu amigo! Cantiga nova que se chama Riveira, 1933.

×