Club de lectura

383 views

Published on

Que é un club de lectura

Published in: Education
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

Club de lectura

  1. 1. CLUB DE LECTURA «Momentos de silencio compartido» http://trafegandoronseis3.blogspot.com.es/
  2. 2. Que é un club de lectura? Un club de lectura é un grupo de persoas que len ao mesmo tempo un libro. Cada un faino na súa casa pero unha vez á semana, ou ao mes –a periodicidade establecémola nós- nun día e hora fixos, reúnense todos e todas para comentar as páxinas avanzadas desde o encontro anterior.
  3. 3. Que é un club de lectura?  Nas reunións debátese sobre o que se leu na casa: o estilo literario, a acción, os personaxes... mesmo é frecuente derivar dende o libro ás experiencias persoais dos membros do club. Tamén sobre os defectos que vexamos na lectura e as nosas opinións sobre o lido.  En cada reunión acórdase a cantidade a ler nos días posteriores, e é ese anaco soamente o que se comenta na seguinte. Naturalmente, calquera ten o dereito a sobrepasar ese límite, pero non pode desvelar aos seus compañeir@s o que sucede despois do punto marcado.  Pódese ler un libro completo se a periodicidade é cada mes.
  4. 4. A gran aceptación que teñen os clubs de lectura débense, seguramente, a que reúnen dous alicientes: A lectura persoal e íntima A posibilidade de compartir esa lectura con outras persoas.
  5. 5. Así, practícase unha lectura a soas e reflexiva á vez que descobren un dos elementos máxicos das obras literarias: a súa transformación en múltiples historias, tantas como lectores teña, xa que calquera libro, ao pasar pola experiencia e imaxinación dun lector, convértese nunha historia diferente e única.
  6. 6. Polo xeral, as opinións dos membros do grupo enriquecen moito a impresión inicial que cada un saca lendo en solitario. O apoio do grupo é tamén moi positivo no caso dalgúns libros máis esixentes do normal, cara aos que moitos lectores amosan preguiza cando están sós e que se len con gran facilidade se outras persoas o fan ao mesmo tempo.
  7. 7. A quen vai dirixido:  Se vai dirixido a adultos, podemos xuntar un grupo de vinte ou vinte e cinco persoas, xa que se producirán opinións diversas e é doado que tod@s poidan expresalas. Non convén subir de trinta persoas para que poidan intervir nas reunións. Nen@s e moz@s necesitan unha atención máis personalizada que os adultos, polo que convén que non suban de 15 membros e o mínimo sería de 5, aínda que se son de curta idade deberían ser sempre algo máis ca o tope mínimo.
  8. 8. Obxectivos Fomentar o hábito da lectura e o diálogo Ofrecer novas posibilidades para o tempo de lecer. Promocionar o uso da biblioteca e dala a coñecer como equipamento cultural. Proporcionar un punto de encontro entre as persoas interesadas na lectura. Dar a coñecer contornos sociais e culturais diferentes aos nosos. Reflexionar sobre a continua violación dos Dereitos Humanos no mundo e a nosa posición ante iso. Reflexionar sobre a Igualdade da Muller. Reflexionar sobre o poder literario... Constituír un lazo de unión máis compartindo lecturas e opinións.
  9. 9. Que non se fai nun Club de lectura: Non se le en alto nas sesións (é posible ler pequenos anacos para corroborar ou matizar o que se opina na súa intervención) Non hai que intervir forzosamente nos debates Non ten que comprarse o libro cada persoa. Non hai que pagar nada para pertencer ao club.
  10. 10. O que si se fai nun Club de lectura: Si se le na casa, de xeito persoal Si se pode acudir ás reunións aínda que non dese tempo a ler todo o anaco de libro marcado Si se ven películas baseadas nas novelas que se len Si se fan actividades complementarias.
  11. 11. Normas: Non se le en alto durante as sesións Non hai que intervir forzosamente nos debates Non hai que mercar o libro Non hai que pagar nada para pertencer ao club Si, lese na casa. É unha lectura persoal Si, pódese acudir ás reunións aínda que non teñamos lido todo o fragmento marcado Si, vense películas baseadas nas novelas que se van lendo Si, fanse actividades culturais complementarias.
  12. 12. Condicións ideais:  Lonxitude aproximada dunha hora ou dunha hora e media para as sesións. Un entorno no que estean presentes os libros como lugar de reunión Colocación do grupo en círculo, véndose todos e todas as caras É desexable que todos os membros del club coñezan os nomes dos demais.
  13. 13. Desenvolvemento:  Debemos mesturar aprendizaxe con debate: é importante ampliar as marxes do libro convidando a buscar datos dobre a época en que se desenvolve a acción, documentarse sobre o autor... O mediador debe transmitir a idea de que aprender cousas novas é moi doado. O mediador debe preparar a lectura minuciosamente, tomando notas de aspectos destacables, preparando preguntas... É interesante facer unha rolda de conclusións, convidando a tod@s a dar a súa opinión final sobre a obra.
  14. 14. Posibles actividades culturais a partir do club de lectura:  Encontros cos escritores  Visión colectiva –no cine ou en vídeo- das películas baseadas nas novelas que se vaian lendo.  Acudir a representacións teatrais ou espectáculos interesantes  Excursións con fins artísticos  Visitas a exposicións ou a museos  Percorridos por cidades próximas cun guía que explique a súa historia  Calquera outra que poida xurdir  Coñecer as posibilidades que nos ofrece a Internet 2.0
  15. 15. Que é ser mediador/a ??? Cal é a importancia deste???
  16. 16. Reflexionar sobre a mediación Para falar de mediación preguntei ao meu alumnado que significou para eles e elas formar parte do club de lectura.
  17. 17. Do Carballiño ao Sáhara Púxenme en contacto con algunhas das alumnas coas que compartín o primeiro club que puxemos en marcha, alá hai xa oito anos, para falarmos da situación do Sáhara, algo totalmente novidoso que serviría para nos abrir os ollos a unha realidade descoñecida.
  18. 18. Andrea:  O club de lectura comezou como unha extensión da química que existía entre nós, os alumnos, e Gracia, a nosa profe de galego. Para min todo comezou con aquela lista de libros que podiamos ler para a clase. Escolliamos nós, o que chamaba a atención. Foi aí cando a literatura nos enganchou a todos. Todo o que Gracia nos ofrecía eran portas que nós, cada un na medida que quixese explorar, podiamos ir abrindo e descubrindo. Foi unha etapa marabillosa, no club sempre había algún invitado especial, algún autor co que charlar sobre practicamente de todo e pasabámolo xenial. Aquelas tardes convertíanse nun xeito de aprender a comunicarnos, a expresarnos, a escoitar. Agora sei que naquel tempo descubrín tantas cousas nos libros que é imposible expresar o importantes que foron para facerme medrar. Para min é algo demasiado grande como para poder expresalo con palabras. Naquel club de lectura medramos todos, ese é o gran mérito. Cada un de nós descubriu o lector que leva dentro, e moitas cousas máis.
  19. 19. Andrea
  20. 20. Thalía:  Resúltame complicado separar as clases de galego nas que Gracia me aconsellaba moitos libros, do club, pois ambos eran momentos nos que realmente o pasaba ben. Pódese dicir que se espertou en min o gusto pola lectura, o verdadeiro sentimento de satisfacción e de atracción polo mundo ficticio e, ás veces, non tanto. Penso que isto se deu por ler o que me apetecía e non o que estaba ditado polo centro, ou mesmo, porque non me sentía tan obrigada a ler algo. Ou, quen sabe, simplemente porque si, porque era o momento oportuno.  Algúns libros marcaron os meus gustos literarios. Considero que ler libros é unha tarefa vital e importante en todo ser humano, pois é a maneira de manter viva a nosa imaxinación, a nosa inquedanza, a nosa ansia por culturizarnos, por intentar enriquecernos un pouco máis.
  21. 21. Thalía:  Dos clubs de lectura teño que destacar que o que realmente máis me apaixonaba eran as visitas de diferentes autores, algo que nos acercaba as vivencias de quen fixera o libro, nos enriquecía como persoas e nos facía sentirnos importantes e partícipes no que era unha quedada literaria. Creo que clubs coma estes son os que realmente fan ver a importancia da literatura, do gusto por ler.  Non me gustaría rematar esta reflexión sen dicir que recomendaría a todos participar neste tipo de experiencias, pois son realmente positivas. E nas que creo que a figura do mestre/a que te aconsella e que fai posible eses encontros é realmente importante e ao mesmo momento motivante.
  22. 22. Thalía:
  23. 23. O Carballiño: Dereitos Humanos  Un ano intenso e diferente que me agasallou un club que segue reuníndose unha vez ao ano, en Lalín, arredor dunha comida e moitos risos e lembranzas. Así que lle pedín a Mauro, dende Salamanca, e a Ainara, dende Alemaña, que me comentasen algo sobre a súa experiencia.
  24. 24. O Carballiño: Dereitos Humanos
  25. 25. Mauro: No club de lectura aprendín que unha mesma historia agocha moitas cousas que nunca vemos á primeira. Os detalles que uns perciben a outros pásanlle por alto, facendo que a historia sexa diferente para cada un. Antes de estar no club realmente pensaba que os libros contaban historias iguais para todos e que logo cada un sacáballe unha lectura diferente. Agora entendo que a diferenza comeza nada máis ler o libro. Tamén aprendín canto lle podes sacar a unha historia se contas con moitos puntos de vista. Todo o que un non se para a pensar outro dáballe mil voltas e facíache ver canto podemos pasar por alto distintos lectores nas mesmas liñas.
  26. 26. Mauro:  O mellor do club de lectura era a xente. Todos reunidos, divertíndonos cun hobby tan marabilloso como é a lectura, intercambiando opinións, aprendendo os gustos dos demais e recomendando libros para seguir lendo.  Se algo así foi posible foi grazas ao interese que amosou a profesora Gracia en crear o club de lectura. Creo que facía un gran labor: o máis importante é que ela participaba dos debates, mostrando as súas opinións coma unha máis do club, sen mostrar ningunha diferenza connosco. Ademais, ela tamén estaba encantada de que lle recomendasen libros ou que presentasen unha forma distinta de ver unha historia a que ela tiña. Creo que esa apertura cara os alumnos e esa disposición a escoitar é o que facía que resultase tan cómodo asistir ao club e gozar relaxadamente.  Realmente foi una experiencia que repetiría miles de veces. E mil veces máis. Creo que a calquera ao que lle guste a lectura lle encantaría un club coma ese no que poder dar renda solta a unha actividade tan entrañable e máxica como é a lectura.
  27. 27. Mauro:
  28. 28. Ainara:  Foi durante o meu primeiro curso de bacharelato cando tiven o pracer de unirme ó club de lectura. Creado pola nova profesora de galego, Gracia Santorum, todavía descoñecíamos a grande influenza que tanto a pertenza ó club coma a chegada de Gracia ían ter para nós.  Para a maioría tratábase dunha experiencia nova, xa que a pesares de que todos compartiamos o pracer de mergullarnos nun bo libro, sempre o fixeramos en solitario e gardando para cada un todo aquilo que unha nova historia deixaba detrás tras a derradeira páxina. Non podíamos evitar sentir polo tanto unha mestura de nervios e emoción ante a perspectiva de mergullarnos en novos océanos de letras na compañía de outros.
  29. 29. Ainara:  E é que qué curioso é escoitar e coñecer as pegadas que un libro deixa nunha persoa. A satisfacción de discutir entre murmurios a sorte daqueles personaxes que se facían aínda máis reais polo feito de compartilos entre nós. Sentir que construiramos pontes de letras.  Ben grazas ás novas tecnoloxías (como esquecer aquela vídeoconferencia con Agustín Fernández Paz tras derrubar uns cantos Valados) ben formando literalmente parte do noso círculo lector, vivimos unha enchente de novas experiencias. Se durante meses gozaramos das súas obras, a nosa curiosidade cómo lectores quedou máis que satisfeita ó podermos escoitar en primeira persoa a aqueles seres tan cheos de misterio para nós como son OS AUTORES.  Sinto agora mesmo mentres apuro estas liñas, que pasen os anos que pasen, falo no nome de todos cando repito GRAZAS, por darnos a chave para abrir coa lectura portas que nos levaron non so até historias apaixoantes, senón até persoas cheas de paixón con quen poder compartilas.
  30. 30. Ainara:
  31. 31. Lecturas pola Igualdade Dous cursos en Silleda e este curso en Lalín, seguimos a ler sobre a Igualdade, a Violencia de Xénero, a situación da Muller. Quero destacar que todos os integrantes destes clubs coinciden en que grazas a este arestora todas levan postas as gafas violeta e que lles gustaría seguir compartindo as vivencias literarias. Asemade aseguran que foi unha experiencia inesquecible e útil, ao mesmo tempo que sorprendente posto que non maxinaban a cantidade de puntos de vista diferentes que pode suscitar unha mesma lectura.
  32. 32. Lecturas pola Igualdade
  33. 33. Club de lectura de adult@s A carón destes clubs medrou nestes últimos anos un club de lectura de adultos que levo na Biblioteca Municipal do Concello de Silleda. É unha das mellores experiencias da miña vida. Alí hai xente de todo tipo e cruzáronse vidas incribles. Quedei coa opinión de José Villar, un artesán do coiro, quen me ten confesado moitas veces que grazas a min redescubriu e reconciliouse coa Literatura Galega actual. Desde logo, con esta frase xa me reconforta o meu labor:
  34. 34. Club de lectura de adult@s:
  35. 35. José Villar:  Cando me preguntaron se quería participar nun Club de lectura que se estaba poñendo en marcha na Biblioteca Municipal, falei coa miña filla e unha amiga dela do Instituto, preguntei pola impulsora de dito clube, e dixéronme: “Si, unha profesora de galego, que xa montou outro club no Insti; unha miudiña e rebulideira, que sempre anda cun metro cúbico de libros debaixo do brazo, e ten un blogue de libros...”  E ante a posibilidade de coñecer a tal raro especime de perigosa activista/entusiasta dos credos literarios, díxenme: “Apúntome a viaxe”.  Agora, despois desta travesía pido, coma Kavafis, “que a viaxe sexa longa”, pois –ata este ponto- chea de aventuras e coñecemento xa o foi sobradamente.  O goce colectivo de moi diversas propostas literarias -pretéritas ou actuais- , a posta en común da aproximación individual de cada quen a esas propostas -feito moi enriquecedor-, e o inmenso luxo que supón a presenza do “culpable” desas propostas, coido que é algo impagable tanto para aqueles que xa cremos que a literatura é unha gran compañeira na viaxe vital, como para quen se achegue sen tanta devoción.
  36. 36. Club de lectura de adult@s  Este club dáme moitas alegrías porque aumenta cada día. Pero sobre todo porque cando cheguei este outubro para comezar o ano literario topei alí a moitas das miñas alumnas e alumnos que deixaran de selo polo meu traslado. Alí seguían, incondicionais á lectura e ao libro.
  37. 37. Reflexión: Non sei se antes parara a pensar que o noso labor mediador pode chegar a ser tan primordial. Que facelos reflexionar sobre calquera tema, reclamar os nosos Dereitos e observar a sociedade con ollos críticos fose unha parte tan importante do noso traballo. Que se fagan lectores implica que se fagan lectores críticos e persoas conscientes das inxustizas que os rodean. É darlles voz, e alento. É darlles armas, a palabra, para loitar.
  38. 38. Semente: Sementamos. Sementamos literatura e opinión crítica, sementamos igualdade e sementamos a crenza nos dereitos humanos. Sementamos crer que podemos loitar por un mundo máis xusto. E sobre todo, sementamos que a Cultura é a base sobre o que se pode mover o mundo. Só con Cultura teremos destrezas para loitar
  39. 39. Actitude:  Na promoción da lectura o papel de mediador é por tanto fundamental xa que da nosa actitude pode depender a resposta do noso alumnado cara á Literatura e cara á palabra escrita, posto que non só lemos Literatura, e ao xeito en que adopten a lectura como un elemento indispensable nas súas vidas.
  40. 40. Democratización: A nosa actividade mediadora permite desenvolver a capacidade –ou o que é o mesmo, a competencia- dos nosos estudantes. Ler é establecer un pacto, un contrato lector entre o texto e as persoas, e o feito de que se poña en común a lectura garante un mellor termo da actividade. Nun club de lectura apostamos pola democratización lectora, admitindo variedade de temas e de argumentacións que atrapan a un grupo heteroxéneo, desdobrándoo e iluminando as súas propias opinións e vivencias.
  41. 41. Descubrimento:  Porque a lectura pode ser todo un descubrimento, nesa procura de solucións aos problemas existenciais xa que calquera dos seus sentimentos encontrados poden atoparse nos libros, e con eles, unha identificación persoal. Os adolescentes poden escoitar outras voces, e ao mesmo tempo conseguen pórlle voz ás súas emocións, asemade cadaquén escolle diferentes personaxes ou acontecementos dentro dun mesmo libro, porque van elixir o máis significativo para eles ou elas.
  42. 42. Liberdade: Eu creo que aí entra tamén o noso labor, estar atentos a eses pequenos detalles que nos conducen a convidalos a abrirse, a expresarse, a acadar unha liberdade que non teñen dentro da aula. A escoitalos, sobre todo, a facelos partícipes de que calquera opinión é importante, e que o noso papel confidente así o rexistra. Como mediadores, procuramos unha oportunidade ínfima que entre un grupo grande pode esvaecerse. E sobre todo, a min a mediación dáme a satisfacción de velos alí, ao meu arredor, cun sorriso alegre porque se saben importantes e ao mesmo nivel que o resto do grupo.
  43. 43. Poder: A Literatura fai posible coñecer experiencias e maxinar outras. Mediante a Literatura podemos coñecer as desgrazas do mundo pero tamén as propias, agochadas ou non. O poder da Literatura compartida nun club de lectura pode mesmo concedernos saídas para as problemáticas actuais. Os libros teñen poder. Pero o poder da súa presenza non é suficiente. Porén, a presenza dun mediador que axude a descubrir o significado ou a emoción que encerran é imprescindible. Do noso entusiasmo e a oportunidade que deamos á lectura e ao alumnado van depender, en gran medida, os alicerces dun lectora ou lectora interesado
  44. 44. Conclusión: A mediación consiste en exercer un papel de vínculo e diálogo entre o texto e as persoas para favorecer a expresión persoal, dinamizar a interacción fluída nas conversas, propiciar a comunicación, ampliar a interpretación dos textos e crear un clima de aprendizaxe compartido. Implica un concepto democrático da circulación da palabra: todo o mundo ten dereito a intervir e toda intervención é valiosa.
  45. 45. Conclusión: Escoitándoos poderemos descubrilos. Pero tamén debemos lembrar que non somos infalibles, que ninguén está para exhibir erudición, e menos nós. Somos un máis á hora de falar dos nosos gustos e sendo subxectivos nas nosas opinións, o que contribúe a xerar confianza. Non xulgamos, só suxerimos e preguntamos, buscamos conexións e novos camiños polos que pode transcorrer a quedada literaria
  46. 46.  Porque o barco non anda só, senón que ten temoneiro.
  47. 47. Gracia Santorum  http://trafegandoronseis.blogspot.com.es/  http://trafegandoronseis1.blogspot.com.es/  http://trafegandoronseis3.blogspot.com.es/

×