2. Co nome de peixes coñécense tres
clases de vertebrados (animais co
esqueleto interno articulado) acuáticos
co corpo hidrodinámico, a pel lisa ou
cuberta de escamas, aletas, respiración
branquial e reprodución ovípara.
3. PEIXES
AGNATOS
Peixes primitivos sen
mandíbulas, nin opérculo
e co esqueleto febroso ou
de cartílaxe.
CONDRICTIOS
Peixes con mandíbulas,
sen opérculo
(con fendas branquiais),
co esqueleto cartilaxinoso.
Fecundación interna.
OSTEITIOS
Con mandíbulas,
opérculo
e esqueleto óseo.
Fecundación externa.
5. Lamprea (Petromyzon marinus). Un dos peixes máis primitivos.
Non ten escamas, nen mandíbulas, nen aletas laterais. A boca é
unha ventosa con ganchos que lle permite fixarse ás presas
para poder zugarlles o sangue. Nace nos ríos, vive no mar, e
volve aos ríos para desovar antes de morrer.
6. CONDRICTIOS
Peixes con mandíbulas, sen opérculo (con fendas
branquiais), co esqueleto cartilaxinoso, sen vexiga
natatoria. Fecundación interna.
fendas branquiais
órganos copuladores
7. As raias son peixes de corpo aplanado
que viven nos fondos e teñen as aletas
pectorais moi grandes.
Nas costas galegas pódense atopar ata
11 especies diferentes de raias.
macho de raia
8. Raia (Raja clavata). Vive en fondos
de area e fango ata 500 m de
profundidade. Pode acadar 1 m de
lonxitude.
cápsula do ovo
9. Embrudo, ouxa
(Myliobatis aquila).
A femia pare as
crías desenvolvidas
(ovovivípara).
Ortuga, estruga
(Torpedo marmorata).
Produce pequenas
descargas eléctricas.
10. Can do mar (Scyliorhinus canicula).
Pequeno tiburón que pode acadar os 70
cm de lonxitude. Vive preto da costa.
cápsula do ovo
11. Tiburóns: peixes condríctios de corpo fusiforme, en
xeral voraces depredadores. Coñécense 368 especies
de diversas formas e tamaños. O máis grande é o
tiburón balea que pode acadar os 18 m de lonxitude.
12. OSTEICTIOS
Peixes con mandíbulas, opérculo e esqueleto óseo.
Fecundación externa.
É o grupo de vertebrados con maior diversidade de especies.
En Galicia coñécense 265 especies de litoral.
18. Sardiña (Sardina pilchardus). Vive
nas augas costeiras na primavera
e no verán e no inverno ascende
ata os 15 m de profundidade.
É un dos peixes que máis se
pescan nas nosas costas.
As pequenas chámanse xoubas.
20. Xurel, caneu, chincho (Trachurus trachurus).
Pode acadar os 50 cm de lonxitude. Forma
grandes mandas. Vive en mar aberto e
aproxímase á costa no verán.
38. Espiñento. Atópase nos
ríos de augas limpas.
Escalo.
Carpa, carpín dourado
É o peixe máis común
nos estanques e
acuarios. Hai numerosas
variedades de adorno.
39. Muxe (Chelon labrosus). Vive en toda a costa
desde peiraos a esteiros. Son moi
abundantes debaixo das bateas.
40. Anguía (Angilla anguilla). Peixe óseo de corpo cilíndrico que pode medir ata 1,5 m de
lonxitude. É unha especie migratoria que vive 6/7 anos nos ríos e logo descende ao mar
para chegar a desovar no mar dos Argazos, a máis de 4.000 km das nosas costas.
42. Peixe garabata
(Cepola macrophthalma)
Os peixes que viven a
grande profundidades
adoitar ter cores vermellas
ou brancas, bocas moi
grandes, dentes afiados e
engados (luces,
prolongacións...) para
atraer ás presas.
Peixe sapo abisal
43. Peixe garabata
Os sollos ou esturións (Acipenser...) son peixes que soben aos río
a desovar e dos que se aproveitan as ovas (caviar).
Teñen unha estrutura moi primitiva, coa boca situada em posición
ventral e a cola heterocerca.
46. Agulla, culebriña de mar
(Sygnatus acus)
Cabaliño de mar (Hippocampus ). Vive nas augas
mornas dos esteiros e enseadas. A súa
reprodución é moi curiosa, a femia inxecta os
ovos nunha bolsa especial que ten o macho no
ventre. Iste cóidaos durante catro ou cinco
semanas ata que nacen os alevíns.
51. USOS DOS PEIXES
Alimentación humana e animal:
Elaboración de produtos para a industria, mediciñas…
-Actualmente o peixe proporciona arredor dun 6% das
proteínas da dieta.
-Unhas 100 especies teñen interese comercial.
52. OS PAÍSES QUE
MÁIS PESCAN
(millóns de Tm)
AS ESPECIES MÁIS
CAPTURADAS DO MUNDO
Bacallao de Alaska
Anchoveta
Sardiña xaponesa
Sardiña sudamericana
Badexo chileno
Bacallao atlántico
Xarda do Mediterráneo
Arenque atlántico
Sardiña europea
Bonito
China: 13
Xapón:9
Rusia: 9
Perú: 6
Chile: 6
EEUU: 5
India: 4
Indonesia: 3
Tailandia: 3
Corea: 2,5
60 das 100 especies de peixes
mariños do mundo máis
pescadas explótase por enriba
do que se considera
ecoloxicamente admisible.
53. Moitas especies de peixes de mar (rodaballo,
dourada…) ou río (troitas) críanse e
engórdanse en granxas.
54. CONSUMO DE PEIXE NO MUNDO
(quilos por habitante ao ano, datos de 1996)
Islandia: 93
Xapón: 68
Noruega: 67
Portugal: 57
Malasia: 53
República de Corea: 50
España: 48
Letonia: 39
Gabón: 36
Finlandia: 34
Lituania: 33
Filipinas: 32
Suecia: 29
Francia: 28
Senegal: 27
Rem. Árabes: 26
Media da Comunidade Europea: 22
Media mundial: 12
PEIXES MÁIS
CONSUMIDOS
EN ESPAÑA
merlúcidos: 18%
bocareu: 12%
sardiña: 8%
bacaladilla: 5%
salmón: 4%
gallo: 3%