Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.

Animais

557 views

Published on

Traballo sobre os animais

Published in: Education
  • Be the first to comment

Animais

  1. 1. FUNCIÓNS VITAIS: A NUTRICIÓN ● Carnívoros os que comen carne. ● Preeiros os que comen cadáveres. ● Detritívoros os que comen restos de outros seres vivos. ● Omnívoros os que comen tanto de orixe animal coma vexetal. ● Herbívoros os que comen plantas.
  2. 2. RELACIÓN DOS ANIMAIS Os animais reciben a información do que os rodea mediante os órganos dos sentidos. Estes órganos envían a información ao cerebro para que dea unha resposta adecuada.
  3. 3. FUNCIÓN DE REPRODUCIÓN A función de reprodución permite que os animais teñan descendencia. Poden ser ovíparos nacen de ovos ou vivíparos nacen do ventre da súa nai.
  4. 4. ANIMAIS VERTEBRADOS Mamíferos Aves Teñen columna vertebral e ósos. Peixes Réptiles Anfibios.
  5. 5. MAMÍFEROS Os mamíferos respiran por pulmóns, case todos teñen catro patas, nacen do ventre da súa nai, son vivíparos. As crías aliméntanse do leite que producen as nais. Teñen a pel cuberta de pelo. Existen mamíferos voadores coma o morcego, tamén hai mamíferos mariños como o golfiño.
  6. 6. OS MAMíFEROS PODEN SER: ● Os ungulados teñen patas con pezuños. Son terrestres y hervíboros. ● Os carnívoros teñen cairos afiados e poutas nas patas.
  7. 7. Os primates son mamíferos terrestres que teñen 5 dedos nas mans e nos pés. Os cetáceos son mamíferos acuáticos que respiran por pulmóns. Desprázanse nadando movendo as aletas e o rabo. Respiran polo espiráculo.
  8. 8. AS AVES As aves son ovíparas, respiran por pulmóns, teñen o corpo cuberto de plumas, ás e patas cubertas de escamas. Teñen un peteiro para alimentarse, desprázanse voando ou camiñando.
  9. 9. Grupos de aves As corredoras, como a avestruz, non poden voar. As súas ás son pequenas e as patas, moi fortes. Os paxaros, como o gorrión, son o grupo máis numeroso. Son aves pequenas e moitas delas cantan. As rapaces, como os falcóns, son carnívoras. As poutas e peteiro son fortes e afiados para cazar. As nadadoras, como os cisnes, teñen as dedas unidas por unha membrana para nadar.
  10. 10. OS ANFIBIOS Os anfibios teñen a pel espida, cando nacen son acuáticos, respiran por branquias. Desprázanse cun rabo. Cando son adultos transfórmanse: respiran por pulmóns, desprázanse con patas e poden vivir na terra. Son ovíparos, poñen os ovos na auga e non adoitan coidalos.
  11. 11. Hai dous grupos de anfibios: Os anfibios sen rabo: Son as ras e os sapos. As súas patas traseiras son moi longas e sérvelles para saltar. Os anfibios con rabo: Son as píntegas e os tritóns. As súas catro patas teñen a mesma lonxitude. A metamorfose: A metamorfose é o proceso polo que os anfibios se transforman e pasan de cágados a adultos.
  12. 12. OS RÉPTILES Os réptiles respiran por pulmóns case todos teñen catro patas, algúns arrástranse, son ovíparos e non adoitan coidar as crías e os seus ovos. Teñen o corpo cuberto de escamas.
  13. 13. COMO SON OS RÉPTILES: Lagartos: A maioría son terrestres e carnívoros. O seu corpo é alongado e as catro patas son curtas. O rabo é longo e algúns pódeno desprender para distraer os depredadores. Serpes: Teñen o corpo alongado e carecen de patas. Desprázanse reptando con grande axilidade e poden subir ás árbores, nadar e, incluso, saltar. Moitas delas producen veleno que inxectan nas súas vítimas cos dentes.
  14. 14. CROCODILOS: As escamas dos crocodilos únense formando escudos moi resistentes. Todos eles son carnívoros e viven na auga, aínda que deben saír á superficie para respirar. Neste grupo encontramos os crocodilos, os caimáns, os aligátores... TARTARUGAS: Teñen o lombo protexido por unha cuberta. Hainas terrestes e acuáticas, aínda que estas últimas saen á terra para respirar e para poñer os ovos.
  15. 15. OS PEIXES Os peixes viven na auga e respiran a través de branquias. Teñen a pel cuberta de escamas e as extremidades son aletas. Son ovíparos. A maioría poñen moitos ovos que non adoitan coidar.
  16. 16. CLASIFICACIÓN DOS PEIXES POLO ESQUELETO Peixes con ósos: O esqueleto dos peixes óseos está feito de espiñas. A maior parte dos peixes son peixes óseos. Peixes sen ósos: O esqueleto dos peixes cartilaxinosos está feito de cartilaxe, máis flexible ca o óso. Neste grupo inclúense as quenllas, as raias e as mantas.
  17. 17. ANIMAIS INVERTEBRADOS ESPONXAS MEDUSAS VERMES MOLUSCOS ARTRÓPODOS INSECTOS ARÁCNÍDOS CRUSTACEOS MIRIAPODOS
  18. 18. OS INVERTEBRADOS Os invertebrados non teñen ósos nin columna vertebral, a maioría son ovíparos. Os invertebrados encóntranse tanto na terra firme coma na auga. Existe un gran número de grupos de invertebrados.
  19. 19. AS ESPONXAS Son animais acuáticos de corpo irregular que viven fixos sobre o fondo mariño. Aliméntanse dos anacos de materia comestible que hai na auga. Están cubertas de poros, por onde entra e sae a auga. Así, funcionan como coadores da auga do mar.
  20. 20. AS MEDUSAS Son acuáticas e viven no mar. Teñen corpos xelatinosos con aspecto de prato ou fonte. Posúen tentáculos con pequenos aguillóns velenosos. Provocan dolorosas picaduras, se as tocamos.
  21. 21. OS VERMES Son animais alongados de corpo brando que non teñen patas. Hai varios tipos de vermes, algúns deles son prexudiciais para a saúde, como a tenia e as lombrigas intestinais. Outros son beneficiosos como as miñocas, que fertilizan a terra.
  22. 22. OS MOLUSCOS: Son invertebrados de corpo brando. A maioría teñen unha ou dúas cunchas que os protexen. Gran parte dos moluscos viven na auga, outros na terra. Os moluscos son ovíparos. A cría e moi diferente a o adulto e chámanlle larva.
  23. 23. Os moluscos pódense clasificar en: Bivalvos: teñen o corpo protexido por dúas cunchas. Son todos acuáticos, a maioría mariños. Caracois: son terrestres e mariños, teñen unha soa cuncha que se enrola nunha espiral. O animal protéxese dentro da súa cuncha. Algúns deles, como as lesmas, non teñen cuncha Os polbos, as luras e sepias: teñen tentáculos con ventosas para capturar o alimento. Os polbos non teñen cuncha, mentres que as luras e sepias téñena no seu interior.
  24. 24. Os equinodermos Os equinodermos teñen un esqueleto formado por placas duras debaixo da súa pel. Ademais , adoitan ter espiñas. Os principais grupos de equinodermos son as estrelas de mar e os ourizos de mar. Todos son mariños.
  25. 25. Grupos de equinodermos: As estrelas de mar teñen cinco brazos. Móvense libremente polo fondo mariño grazas a un gran número de pequenos pés que posúen na súa parte inferior. Os ourizos de mar teñen forma redondeada. Viven sobre o fondo do mar. Teñen numerosas espiñas que empregan para protexerse e para desprazarse.
  26. 26. CARACTERÍSTICAS DOS ARTRÓPODOS Os artrópodos constitúen o grupo de animais máis numerosos. A súa principal característica é que están revestidos por unha cuberta dura, que é, coma un esqueleto externo. Este esqueleto está formado por varias pezas unidas por articulacións, como unha armadura. Outra característica común é que teñen patas, que tamén están articuladas. Hai varios grupos de artrópodos: os insectos, crustáceos, os miriápodos e os arácnidos. s
  27. 27. Os insectos Os insectos son artrópodos máis abundantes. Case todos son terrestres pero tamén son acuáticos. Os insectos teñen dúas antenas e seis patas. Algúns teñen ás, que poden ser dúas ou catro, o seu corpo esta dividido en tres partes. Cabeza: Ten boca, ollos e antenas, que conteñen diversos órganos dos sentidos. Tórax: Del saen as patas e as ás. Abdome: Está dividido en varios segmentos. Os insectos son ovíparos. En moitos insectos, do ovo sae unha larva, eiruga. Tras un tempo, a eiruga transfórmase en crisálida e esta transfórmanse na adulta. A transformación de esta larva a adulto chamase metamorfose.
  28. 28. Os arácnidos Os arácnidos son artrópodos que teñen oito patas e carecen de antenas. Case todos eles son terrestres. Neste grupo inclúense todas as arañas e os escorpións. Moitas das arañas producen seda, coa que fabrican as súas arañeiras.
  29. 29. Crustáceos Os crustáceos son artrópodos que teñen unha cuberta que adoita ser bastante dura. Teñen antenas, moitas deles teñen dez patas. A maioría dos crustáceos son mariños, aínda que tamén os hai de auga doce e terrestres. Exemplos: cangrexos, gambas, camaróns, bichos bóla...
  30. 30. OS MIRIÁPODOS Os miriápodos teñen un corpo longo dividido en moitos segmentos , dos cales saen as patas que son numerosas. Tamén teñen antenas. Neste grupo inclúense os cempés e os milpés.
  31. 31. Un hábitat é o lugar ou área onde reside unha especie animal ou vexetal. É o espazo que reúne as condicións adecuadas para que unha especie poida vivir e reproducirse. Eses hábitats son: * acuáticos * terrestres Os seres vivos temos características que nos permiten vivir nun lugar específico e desenvolvernos de diferentes formas nel. A esta propiedade que temos os seres vivos chámaselle adaptacións.
  32. 32. Os hábitats divídense en terrestres e acuáticos. Os seres vivos poden vivir ou non neses lugares, segundo a súa propiedade de adaptación. Os hábitats acuáticos poden ser de auga doce como de auga salgada. Auga salgada: Propia do mar e dos océanos. Alí habitan algas, esponxas, corais, polbos, baleas, tartarugas, etc.
  33. 33. Auga doce: Refírese aos ríos, lagoas, lagos e fervenzas de auga doce. Neles atópanse organismos como plantas acuáticas e algas. Hai peixes que se desprazan dun lugar a outro, a través das súas aletas e colas; posúen branquias coas que extraen o osíxeno da auga co cal respiran.
  34. 34. ANIMAIS TERRESTRES Os animais terrestres son aqueles que se trasladan por terra, a través da auga ou do aire. Os animais terrestres aliméntanse de plantas e doutros animais. Algúns son enormes e outros moi pequenos. Segundo a súa adaptación o seu hábitat pode ser:
  35. 35. Os polos Son zonas de intenso frío, onde chove neve.
  36. 36. O bosque: É unha zona con vexetación que alcanza alturas de 30 metros. Atópanse venados, raposos, esquíos, lobos, cabras, osos e moitas aves.
  37. 37. As selvas: É un sitio moi húmido e rico en plantas e animais como mamíferos,insectos,aves,serpes, etc. por exemplo, a selva amazónica.
  38. 38. O deserto: Un deserto é un territorio que recibe escasas precipitacións pluviométricas, que ten un solo moi pobre e onde a calor é moi alta. Os animais que habitan alí son as serpes, que están no día baixo a area e os camelos, que nas súas chepas almacenan auga, ademais dos insectos.
  39. 39. OS ANIMAIS DE GALICIA O oso pardo vive nas serras orientais de Galicia. Animais protexidos A aguia real habita nas montañas da provincia de Ourense. O lagarto arnal é forte e robusto. O pintafontes ten a pel espida con manchas negras e verdes. A troita vive en ríos de montaña de aguas limpas e frías.
  40. 40. Autores: Bruno Blanco Cal Martín Couce Prego Víctor M. Cuiña Andrade Sofía Curbeira Villar Sara Dopico Carrera Ana Fachal Freijomil Olga Fernández Abad Ricardo Folla Bretón Roberto Folla Bretón Aaron Infante Rodríguez Lucía Lamas Gallego Pablo Ortega Silvar Mauro Piñeiro Barro Carlos Rodríguez Espilla Antón Salido Carballo Claudia Sánchez Rial Alejandro Silva Díaz Nicolás Vázquez Pena

×