Unidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Algas
1.
2. As algas son vexetais unicelulares, ou pluricelulares coas células
sen diferenciar (non forman tecidos), e nutrición autótrofa.
Todas posúen clorofila, aínda que algunhas téñena enmascarada
con pigmentos doutras cores.
A maior parte viven na auga e absorben directamente dela o
osíxeno e os nutrientes, aínda que tamén se poden atopar nos
toros das árbores, apegadas ás pedras ou no chan.
Todas elas precisan da auga para reproducírense.
3. As algas absorben substancias da
auga por todo o aparato vexetativo.
Son os máis importanten produtores
de osíxeno do planeta.
4. Algunhas algas do Océano Pacífico poden medrar 50 cm
ao día e acadar os 80 m de lonxitude.
kelp xigante (Macrocystis pyrifera)
5. REPRODUCIÓN
Sexual, con fecundación na auga, ou asexual
(vexetativa, a partir de fragmentos do talo).
conceptáculos
masculinos
conceptáculos
femininos
6. No mundo coñécense unhas 25.000 especies de algas,
das que se utilizan arredor de 600.
En Galicia hai máis de 5.000 especies, entre as que
destacan 200 especies de macroalgas mariñas.
11. As algas do litoral teñen unha distribucións
típica (zonación) en pisos ou niveis influídos
pola marea. Esta distribución caracterízase pola
presenza de especies típicas en cada zona
segundo sexa o litoral exposto ou protexido.
12. CLASES DE ALGAS
CLOROFÍCEAS
(algas verdes)
FEOFÍCEAS
(algas pardas)
RODOFÍCEAS
(algas vermellas)
teñen a clorofila
visible e adoitan vivir
máis perto da
superficie da auga.
teñen a clorofila
enmascarada con
pigmentos pardos e
xeralmente son de
maior tamaño.
viven en augas máis
profundas e teñen a
clorofila enmascarada
con pigmentos
vermellos.
OUTRAS:
EUGLENAS
DINOFLAXELADOS
HAPTOFITOS
CRIPTOFITOS
...
16. LEITUGA DE MAR (Ulva rigida).
Talo laminar coas beiras onduladas.
Atópase sobre as rochas ou aboiando na auga
das costas protexidas e de pouca fondura.
17. FIDEO, RAMALLO DE MAR ou CARRASCA
BRAVA (Codium tomentosum).
Alga verde con aspecto veludo que vive no
infralitoral das costas semiexpostas.
18. VERDELLO ou VERDÍN. Con
este nome coñécense varios
tipos de algas filamentosas
de auga dóce (Zygnema,
Spirogyra…) habituais nas
pozas, estanques e lagos.
20. BOCHO. (Fucus vesiculosus).
Algas pardas comúns na
zona intermareal das costas
protexidas. As vesículas son
máis abundantes e grandes
nas especies que viven en
augas tranquilas nos esteiros
e marismas.
25. PLANCHÍN (Padina pavonica). O talo ten precipitados de
carbonato cálcico e outros sales que lle dan un aspecto
característico. Vive no infralitoral de augas calmas.
26. GOLFOS (Laminaria ochroleuca). Son as algas das
costas galegas que poden acadar máis tamaño (ata 3 m
de lonxitude). Forman bosques submariños nas costas
rochosas expostas.
28. Colpomenia peregrina. Talo oco e globular que se fixa sobre
outras algas. Vive no infralitoral de costas expostas.
29. CORREA DE MAR, FIDEOS (Himanthalia elongata).
Frondes acintadas de ata 2 m de lonxitude.
Vive sobre as rochas do infralitoral de costas
expostas e semiexpostas.
30. GOLFOS (Saccorhiza
polyschides). As frondes poden
acadar ata 3 m de lonxitude.
O estipe ten unhas ondas
características. Vive no
infralitoral das costas rochosas
expostas e semiexpostas
32. CARRAPUCHOS ou BRIÓN DE IRLANDA (Chondrus
crispus). Forma matos de ata 20 cm de altura nas rochas
do litoral inferior e primeiros metros do infralitoral en
zonas expostas e semiexpostas
33. Corallina elongata. As algas
coralinas caracterízanse por teren
tecidos pétreos. Viven nas pozas
de marea.
34. Lithophyllum tortuosum. Alga vermella incrustante que
aparece tapizando as fendas e pozas nas rochas do
intermareal de zonas expostas.
36. ALGAS VERDE-AZUIS
Cianobacterias
Están formados por
células procariotas (sen
núcleo diferenciado) que
viven illadas ou
agrupadas en colonias.
Rivularia bullata. Forma colonias
visibles que se pode observar no
verán sobre as rochas mariñas.
37. Algunha algas azuis poden vivir
en ambientes extremos, como as
fontes de augas termais, a altas
temperaturas.
38. DINOFLAXELADOS
A maioría son microscópicos e
forman parte do planto mariño. Unha
gran parte son fotosintéticos.
A este grupo pertencen os causantes
das mareas vermellas que producen
toxinas que se acumulan nos
moluscos e afectan ao ser humano.
Ceratium azoricum
Noctiluca scintillans
41. USOS DAS ALGAS
DIETÉTICA
•Complementos nutricionais
•Bebidas de réxime e reconstituíntes
•Alimentación macrobiótica
INDUSTRIA ALIMENTARIA
Aditivos:
E-400: ácido alxínico
E-401: alxinato de sodio
E-402: alxinato de potasio
E-403: alxinato de aminio
E-404: alxinato de calcio
E-405: alxinato de
propilenglicol
E-409: agar
E-407: carraxenina
•Sopas, salsas, ensaladas, peixes retexturados,
galletas, pan, xelatinas...
•Aditivos (espesantes, estabilizadores, emulsionantes e
antioxidantes) para cremas, postres, xelados,
chocolates, derivados lácteos, xaropes, cervexa,
bebidas refrescantes, caramelos, fiambres
•Clarificador de bebidas
•Alimentos para animais
42. COSMÉTICA
•Tónicos, perfumes, cremas, champús, xeles...
MEDICINA
•Excipientes (espesantes, xelificantes, estabilizantes e
emulsionantes) que acompañan aos medicamentos)
•Suplementos dietéticos
•Tratamentos de desintoxicación
•Tratamentos da pel
•Vendaxes para queimaduras
•Antibióticos
•Tratamento da diabetes, bocio, escorbuto, reúma, úlceras
gástricas...
•Vermífugo e astrinxente
•Pastas dentríficas
•Moldes para dentaduras postizas...
43. AGRICULTURA
•Fertilizantes
ACUICULTURA
•Alimentación de moluscos e peixes en
criadeiros (cultivos de fitoplanto)
INDUSTRIA
•Fabricación de sosa, potasa e carbonato
cálcico (para xabón e vidro)
•Obtención de iodo
•Obtención de tintes e colorantes
•Fabricación de pinturas e betúns
•Fabricación de aprestos e
impermeabilizantes
•Obtención de celulosa
•Obtención de metano
•Industria papeleira e fotográfica
•Recubrimento de electrodos
•Lubrificante en perforacións petrolíferas.
INVESTIGACIÓN
•Soporte de cultivos
•Ecoloxía: bioindicadores de contaminación
RESÍDUOS
•Tratamento de augas residuais e
contaminadas.
cultivo de microalgas para alimentar ameixas
44. En Galicia as algas son un
produto de aproveitamento
tradicional como fertilizantes
para os cultivos terrestres nas
zonas da beiramar. Recóllense
sobre todo as que abeiran á
praia despois dos temporais.
45. Recóllense algunhas especies
de algas vermellas (Chondrus
crispus, Gigartina stellata,
Gelidium sesquipedale...) e
pardas (Laminaria hyperborea,
Laminaria ochroleuca...) para
usos alimentarios e industriais.
A tempada de recolección vai
de abril a setembro.
As algas máis abundantes de Galicia
son as laminarias ou golfos (máis de un
millón de toneladas segundo estudios
do Centro de Investigacións
Submariñas).
preparando algas
para a conserva.
carrapuchos a secar
46. algas a secar en Portugal
MONTAXE: Adela Leiro Lois
FOTOS: Adela Leiro, Mon Daporta
DEBUXOS: Mon Daporta