SlideShare a Scribd company logo
1 of 54
Arte despois da
segunda Guerra Mundial
Arte despois da 2ª guerra mundial
Contexto
• Tras a Segunda Guerra Mundial o panorama político e social
cambiou, non soamente nas nacións afectadas, senón en todo o
mundo.
• Neste momento debemos destacar a división de Europa en dous
bloques irreconciliables,
• A disolución dos imperios coloniais en África e Asia.
• A confirmación de Estados Unidos como a potencia máis rica e
poderosa do mundo. A sociedade americana, co seu forte
pragmatismo, seu sistema de consumo e mercado, marcará as
pautas do comportamento do chamado “mundo libre
occidental”.
• Desta forma o epicentro artístico trasladouse a Estados
Unidos , e Nova York converteuse na nova capital mundial da
arte.
Arte despois da 2ª guerra mundial
Contexto
• A finais de século a globalización rompeu as
barreiras xeográficas e desapareceu a idea dun
único centro artístico coa aparición de novos
centros emerxentes, algúns produtores de arte
(China, Brasil) e outros como receptores (Emiratos
Árabes Unidos, a mesma China, Rusia...)
• Como indicamos antes a data adoptada para
establecer a liña divisoria entre as Primeiras
Vangardas e as múltiples tendencias que
conforman a segunda metade do século XX en
1945.
Arte despois da 2ª guerra mundial
Contexto
• A interpretación desta segunda metade do século XX é
complexa debido á cantidade e diversidade de
tendencias, que inclúen novos medios artísticos
impulsados polos avances tecnolóxicos e a ruptura dos
límites entre os xéneros artísticos como a pintura e a
escultura.
• As raíces de gran parte das tendencias artísticas de
posguerra están nas vangardas históricas do período
de entreguerras.
• A partir de 1945 xurdiron infinidade de propostas artísticas
que, ata a década de 1990, poden agruparse en dúas
grandes tendencias.
Arte despois da 2ª guerra mundial
Contexto
• Segundas Vangardas, que comezaron en Europa coa aparición do
informalismo e en Estados Unidos coa chegada do
expresionismo abstracto, e se esgotaron coas propostas
conceptuais de finais da década de 1960.
• Tendencias posmodernas, iniciadas co neoexpresionismo
alemán e a transvangarda italiana de mediados dos anos setenta,
e que continúan cos revivals na década de 1980.
• A partir de 1990 (caída do muro de Berlín e fin da bipolarización) a
variedade e interrelación de propostas fai moi difícil establecer liñas
xerais que as engloben. Non obstante, aínda que é certo que o
fenómeno do videoarte arrancou na década de 1960, foi a partir de
1990 cando o uso de novas tecnoloxías con finalidade artística
permite falar da era dixital.
Arte despois da 2ª guerra mundial
Contexto
• Ao comparar o período de arte do século XX correspondente ás
Primeiras Vangardas coas tendencias da segunda metade,
advírtese que, se ben o primeiro mostra unha gran coherencia
interna –malia a gran variedade de estilos-, o segundo aparece
marcado pola heteroxeneidade de opcións.
• Non obstante na época das Segundas Vangardas aínda se
observan certos aspectos que conectan coas formulación
inherentes á experimentación –novos materiais, novas técnicas,
novas formas- para encontrar solucións artísticas orixinais, e
mesmo se poden rastrear aspectos conceptuais procedentes
dalgunha das tendencias das Primeiras Vangardas, como por
exemplo do dadaísmo ou do surrealismo.
Arte despois da 2ª guerra mundial
Contexto
• A ruptura iniciada na primeira metade do século acentúase nesta
segunda metade.
• Cuestionase o cadro de cabalete como soporte e dáse paso a
outros elementos plásticos, e mesmo se chega a usar o corpo
humano como soporte e se realizan grandes intervencións na
natureza ou na cidade.
• En segundo lugar, a obra de arte xa non é valorada polo resultado
final, senón polo seu propio proceso creativo.
• A partir de 1970 a experimentación como principio de acción
chegou ao seu fin.
• No seu lugar impúxose a era da posmodernidade, que non ten
como obxectivos o futuro ou a innovación.
Arte despois da 2ª guerra mundial
Contexto
• Senon que volveu a mirada ao pasado para recuperar
certos elementos de épocas anteriores.
• O slogan “na posmodernidade todo vale” indica a
posibilidade que ten o artista de tomar, de xeito
indiscriminado, fragmentos da arte de épocas pasadas e
situalos, a xeito de citas nas súas propias obras. Este
fenómeno de apropiación atópase presente tamén en
boa medida na arte das novas tecnoloxías por exemplo,
a video arte.
Arte despois da 2ª guerra mundial
Expresionismo abstracto
• A reorganización política e económica tras a II Guerra
Mundial trouxo un cambio da capitalidade artística.
Estados Unidos gañou un protagonismo que se
manifestou coa primeira vangarda americana: o
expresionismo abstracto.
• O nazismo e a guerra desencadearon unha emigración
de importantes artistas europeos a Estados Unidos,
especialmente a Nova York.
Arte despois da 2ª guerra mundial
Expresionismo abstracto
• Este grupo non presentou unha unidade estilística, as súas
figuras tiveron unha acentuada individualidade. A súa arte está
moi relacionada coa corrente existencialista como unha
reacción a ansiedade producida pola era nuclear e a guerra
fría.
• A súa expresión é abstracta igual que o informalismo, corrente
que se desenvolve paralelamente en Europa.
• Partindo do automatismo surrealista e do expresionismo
europeo, os xoves artistas estadounidenses utilizan todo tipo de
técnicas para deixar patente a pegada do artista na obra. O
resultado eran lenzos de gran forza ainda con aparente ausencia
de mensaxe.
• O autor máis destacado é Jackson Pollock cando en 1947 realizou o seu
primeiro dripping (técnica pictórica na que o artista deixa pingar a pintura
sobre o lenzo estendido no chan, coa axuda dun contedor furado ou
salpicando directamente coas mans ou mediante bastóns ou pinceis), unha
pintura dinámica e xestual, apartada totalmente da linguaxe figurativa e
resultado da fusión do automatismo surrealista e da abstracción.
• Non obstante o, o termo expresionismo abstracto non é moi exacto, posto,
que existen varias subtendencias: corrente xestual (Pollock), corrente
sígnica ou caligráfica (Franz Kline (enormes pinceladas e restrición
cromática de branco e negro) e corrente espacialista (Mark Rothko)
(preocupase polas posibilidades emotivas da xustaposición cromática).
Ademais as obras dalgúns dos seus integrantes non son realmente
abstractas, tal e como o demostran as grotescas personaxes femininas
pintadas por Willem de Kooning.
Arte despois da 2ª guerra mundial
Expresionismo abstracto
O expresionismo abstracto terá varias vertentes como a
xestual (Pollock) ou a corrente espacialista (Rothko).
Pollock, Painting. 1948. Col. Particular
Rothko
Arte despois da 2ª guerra mundial
Expresionismo abstracto
• Rompeu coa pintura de cabalete empregando
teas de grandes dimensións sobre as que
executaba unha técnica persoal coñecida
como dripping (goteo), consistente en
chorrear a pintura sobre o lenzo disposto no
chan e para finalizar a obra aplicaba, con
brochas de gran grosor, raias, manchas e
arabescos.
Arte despois da 2ª guerra mundial
Expresionismo abstracto: Jackson Pollock
Arte despois da 2ª guerra mundial
Expresionismo abstracto: Jackson Pollock
• A obra de Pollock tamén se denomina pintura de acción
(action painting) porque a súa obra está ligada á propia
acción xestual do proceso de creación.
• One: number 31. (1950). É unha obra de dimensións enormes
que evoca os grandes lenzos do pasado. Realmente non ten
un título como tal, é un nomeamento que deixa aberto o
significado da obra. Desta forma o espectador enfróntase á
pintura sen ningún dato que condicione a súa mirada.
Arte despois da 2ª guerra mundial
Expresionismo abstracto: Jackson Pollock
One: number 31
a) Título: Un: número 31
b) Autor: Jackson Pollock
c) Cronoloxía: 1950
d) Estilo: Expresionismo abstracto. Action paiting
e) Material: óleo acrílico sobre lenzo
f) Tema: abstracto.
g) Localización: MoMA (Nova York)
One: number
31
Introdución: Óleo e acrílico sobre lenzo, de grandes dimensións (2,69 x 5,30 m) pintado por
Jackson Pollock en 1950 e que se atopa no MOMA (Museum of Modern Art) de Nova York. A
pintura pertence ao Expresionismo Abstracto, corrente que se desenvolve nos EEUU tras da II
GM e da que Pollock é un dos máximos representantes, creador do dripping (goteo e
salpicaduras) e o expoñente principal da pintura de acción ou action painting.
A vida e maila obra de Pollock foron vertixinosas. Nuns seis anos pasou de ser un artista case
descoñecido ó recoñecemento mundial. Formado en Nova York, a xénese da súa produción
pictórica amosa diferentes influencias: a dos muralistas mexicanos, na composición e nos
grandes formatos (por exemplo Diego Rivera no mural Sono dunha tarde dominical na Alameda;
e o de Siqueiros: O tormento de Cuauhtémoc ); a das vangardas europeas, nas cores e nos trazos
áxiles e soltos -Picasso, Kandinsky ou Miró-; a dos indios navajos de América do Norte, cos seus
rituais de pinturas de area. Os seus problemas de alcoholismo e as conseguintes terapias
psicanalíticas, particularmente coas técnicas de automatismo, teñen tamén que ver coa xénese
da súa obra.
Con todas estes referentes, comezou traballando en lenzos de carácter figurativo (Male and
Female, 1942). Unha pintura dura, mesta, de cores violentas, coñecida como fase totémica.
No 1947 abandona a figuración e inicia unha das experiencias máis apaixonantes do século: o
dripping (goteo). Non era unha técnica totalmente novidosa, xa Max Ernst a tiña empregado,
pero Pollock dálle unha absoluta relevancia.
Contexto: Coa II Guerra Mundial, o centro da arte occidental trasládase, por primeira vez, fóra
de Europa. París cedíalle o cetro a Nova York. Moitos dos artistas das vangardas europeas, como
Duchamp, Mondrian ou Dalí, exílianse nos Estados Unidos (Hitler cualificara as vangardas de arte
dexenerada) e o MOMA actúa como difusor da arte das primeiras vangardas, en especial da obra
de Picasso que sería de gran influencia para os artistas americanos apoiados pola galería de
Peggy Guggenheim (Art of this Century). O mercado artístico collerá un pulo sen precedentes e
determinará a
One: number
31
creación artística, xa sexa como rexeitamento da obra como mercancía (na liña da arte
conceptual e da arte de acción) ou como inserción e aproveitamento das súas canles (como
será o caso do Pop Art).
Os artistas dos anos 40, agrupados na denominada Escola de Nova York, son os primeiros en
desenvolver unha linguaxe identitaria propia, afastada dos parámetros europeos e do
rexionalismo americano. Imbuídos dun espírito de rebeldía creativa, decántanse polo
informalismo (como en Europa, Tapies), é dicir por unha pintura que rompa coas formas da
tradición e que fuxa de toda regulación e racionalidade.
Esta pintura é a expresión dunha época marcada por profundos cambios sociais e políticos nun
mundo que acaba de saír dunha guerra mundial, que ven de descubrir o horror dos campos de
concentración, que está a experimentar coa bomba atómica -Hiroshima e Nagasaki- e que se
acha inmerso no comezo da Guerra Fría.
Partindo do automatismo surrealista, da espiritualidade herdada de Kandinsky (para quen toda
arte é froito dunha necesidade interior) e do expresionismo europeo, os xoves artistas
estadounidenses recorren a todo tipo de técnicas para deixar patente a pegada do artista na
obra. A pincelada xestual, o goteo, as resgaduras (frottage) e os chorretóns, entre outros
recursos, son os transmisores das emocións e sentimentos do artista. O resultado eran lenzos de
gran forza visual que reflectían unha acción intuitiva desenvolta nun momento irrepetible.
Isto denominouse Expresionismo Abstracto e Pollock foi o seu mellor representante, sen
esquecer a De Kooning.
O reverso do Informalismo foi a pintura de campos de cor (color-field paintings) desenvolta por
Rothko. A improvisación, a xestualidade, o automatismo é substituído pola reflexión, a
racionalidade e a meditación para crear amplas áreas rectangulares de cor intermediadas por
zonas de transición.
Análise: A Composición nº 1 é unha obra de dimensións enormes, unhas dimensións heroicas
que evocan a grandiosidade dos grandes lenzos do pasado pero que era absolutamente novo na
pintura moderna. Como todas as outras composicións xa non hai título, simplemente nomea as
obras con números para abrir o significado da obra e non
One: number
31
limitala coa significación dos títulos.
Coloca o lenzo directamente sobre o chan, pois como el mesmo explica así sente que está dentro
da pintura, xira no seu redor e entra nela, incluso quedan as pegadas das súas mans na parte
superior dereita
Prefiro pegar a tela sen enmarcar ao muro ou ao chan. Necesito a resistencia dunha superficie
dura. No chan atópome mais ao meu aire. Síntome mais próximo ao cadro, penso que formo
parte del xa que podo camiñar por arredor, traballar os catro lados e literalmente poñerme
dentro.
(...) Continuo separándome das ferramentas usuais do pintor, tales como cabalete, paleta,
pinceis, etc. Prefiro paos, culleres, coitelos e gotear pintura fluído ou unha densa pasta con area,
vidro moído ou outros materiais inusuais adicionados.
O pintor xa non se sitúa diante do cadro senón que se mete dentro del. Do mesmo modo, o gran
formato fai que o espectador non contemple a obra senón que se sinta dentro dela, que quede
preso nese entretecido de cor que o pintor lle ofrece.
Sobre a tela así disposta deixa caer a pintura, ás veces mesturada con outros materiais, mediante
un goteo máis ou menos intenso xa sexa cun pincel, coa man, cun bote furado que leve pintura
no seu interior ou lanzando directamente chorros de pintura. É a técnica do dripping ou goteo e
salpicaduras que a miúdo retoca con cepillos.
Toda a superficie pictórica se enche de cor e liñas, ou de liñas e cor xa que unha é a outra, non se
diferencian como se facía tradicionalmente. De xeito automático e improvisado, sen
planificación previa, deixando que a intuición controlada guíe a acción de pintar, acaba por crear
unha inextricable maraña de redes filiformes que se engrosan ou adelgaza, que se cortan e
superpoñen, que atravesan todo o lenzo e o ocupan por completo. Non hai baleiros, non hai
centro nin motivo predominante, non hai composición a non ser ese varrido de liñas dispostas en
completo horror vacui, non hai límites previos pois a pintura sobrepasa o lenzo ou este se corta
despois de pintar. O resultado é un espazo óptico bidimensional totalmente cuberto de pintura e
continuo, all over, capaz de expandirse ata o infinito.
Emprega cores primarias e puras, sen mesturar. Nesta obra emprega branco, azul, amarelo, ocre,
gris, negro e rosa lavanda. Aplicados con densidade acaban por xerar
One: number
31
unha sensación de rugosidade táctil.
Certamente a obra parece ter vida, obriga a dirixir a mirada en todas direccións,
porque o que estamos a contemplar non é senón o acto creativo en si, a pegada do
artista ou a pista sobre a súa execución, que se adiviña rápida, enérxica, posuidora
dun frenético e axitado ritmo interno e que expresa o espírito do artista. O proceso
creativo é o que importa, un proceso irrepetible e imposible de copiar, a action
painting que para Pollock era unha especie de ritual, un estado de trance que
conecta co primitivismo de Picasso, co automatismo surrealista, coa psicanálise e cos
rituais navajos das pinturas de area. Pero un ritual no que conxuga a casualidade, a
intuición e o control para crear unha técnica pictórica do presente. El mesmo
explicaba
Creo que as novas necesidades precisan novas técnicas, que o artista moderno
atopou novos camiños e novos medios de transmitir a súa mensaxe. Creo que o
pintor moderno non consegue expresar a época na que vive, o avión, a bomba
atómica, a radio, cos métodos que se empregaron no Renacemento e noutras
culturas do pasado. Cada época atopa a súa propia técnica.
Pollock trata de crear unha arte universal, que non remitira a ningún tipo de
iconografía propia dunha cultura determinada e que puidera ser entendida por
todos. Tres anos antes da súa morte nun accidente de tráfico, con a penas corenta e
catro anos, entra nunha depresión ao entender que as posibilidades do dripping
estaban esgotadas.
Influencias: considerada o paradigma da nova arte norteamericana, o seu particular
estilo creativo interpetouse como un precedente dos happenings, performance e da
body art.
One: number 31
•O resultado
desta acción
abandona a idea
tradicional de
relacións entre
partes.
•Non existe
ningún centro de
atención principal
do cal se deriven o
resto de elementos.
Arte despois da 2ª guerra mundial
Expresionismo abstracto: Jackson Pollock
• Aparece en Europa pouco antes do fin da
Segunda Guerra Mundial. Baixo este termo
agrúpanse artistas europeos que traballan a
pintura abstracta na década dos 40 e 50.
• Dentro do informalismo temos a obra de Antoni
Tapies e mais concretamente na vertente de
“Pintura matérica” xa que as súas obras acollen
outros materiais ademais de pintura para
conseguir relevo.
Arte despois da 2ª guerra mundial
Informalismo
• O lenzo incorpora a pegada persoal do artista, que, por
enriba de calquera outro condicionante, impón a súa
liberdade creadora, tanto na elección dos materiais
como na técnica empregada, e mesmo no xesto ou na
forma en que interactúa co soporte e cos materiais.
• As técnicas empregadas son o collage, frottage ou
dripping.
• Sobresaen os artistas franceses Fautrier e Dubuffet, o
grupo catalán Dau al Set con Tàpies e Cuixat e o grupo
madrileño El Paso con Millares, Saura e Canogar.
Arte despois da 2ª guerra mundial
Informalismo
Arte despois da 2ª guerra mundial
Informalismo: Antoni Tàpies
• Antoni Tàpies, nacido en Barcelona
no seo dunha familia burguesa e
catalanista, foi persoa comprometida
politicamente contra da ditadura
franquista.
• De formación autodidacta, soubo
pasar dun realismo inicial a un
primeiro surrealismo máxico con
influencias de Miró e Klee para
continuar cara á abstracción
xeométrica e ó informalismo e a
pintura matérica. A produción de
tapies caracterízase por unha busca
das calidades táctiles da materia
pictórica, a terra, as arpilleiras,
chatarra, madeira, roupa vella, xeso,
vidro, ... cos que engade todo tipo de
texturas á súa obra.
Pintura
a) Título: Pintura
b) Autor: Antoni
Tàpies
c) Cronoloxía: 1955
d) Estilo: Informalismo
e) Material: técnica
mixta sobre lenzo
f) Tema: abstracto.
g) Localización:
Reina Sofía (Madrid)
Pintura
1955
Introdución: é unha das obras máis representativas da produción
madura de Tàpies, na que utiliza unha linguaxe informal que debe
interpretarse, no contexto do franquismo, como unha investigación
xenuinamente artística pero tamén como unha forma de crítica
política.
Contexto: A arte estadounidense posterior á II Guerra mundial,
decantarase polo Informalismo, entendendo por tal non unha
tendencia concreta senón un espírito de rebeldía creativa que
fracturaba a conexión coas formas da tradición e renunciaba á
programas conceptuais como modo de creación de escolas, primaba
ante todo a individualidade. É o que fixeron Pollock ou de Kooning.
Do mesmo modo en Europa, a tendencia informalista domina o
desolador panorama artístico de posguerra. En España, a situación
era aínda máis complexa, pois a identificación da II República coa
arte de vangarda, supuxo que a derrota militar daquela tras da
guerra civil, levase aparellada a práctica desaparición de calquera
tipo de tendencia plástica de carácter progresista.
Os principais grupos de pintores abstractos españois son o Grupo
Pórtico de Zaragoza, o Dau al Set de Barcelona, ó que pertenceu
Tápies, e El Paso de Madrid. As figuras principais son, xunto con
Tàpies, Saura, Canogar e Millares, entre outros. Son eles os que
conseguiron conectar a arte española coa arte internacional, tras
décadas de illamento.
Pintura
1955
Análise formal: cabe destacar, en primeiro lugar, que se trata dun lenzo dun
tamñao considerable (145 x 96 cm), que presenta unha gama cromática
restrinxida ás corres terra que son características da obra de Tàpies deste
período.
Representante da tendencia matérica do informalismo, o pintor serviuse a
miúdo da mestura de po de mármore, pigmento e aglutinante que aplicaba
sobre o soporte con apariencias semellantes á que temos nesta obra: unha
superficie matérica sólida, froito da aplicación da argamasa obtida mediante a
mestura.
Esta superficie (o lenzo cuberto) actúa como un novo soporte para a aplicación
da técnica xenuinamente informalista coñecida como grattage (esas
características marcas rascadas sobre o soporte), ademais da incorporación de
signos como a cruz moi recorrente na obra de Tàpies.
A estética xeral da obra está completamente afastada dos canons tradicionais
de beleza. Pode falarse dunha estética da pobreza.
Temática: tratándose dunha obra xenuinamente abstracta non existe unha
iconografía ou un tema específico, posto que non se pretende representar a
realidade mimética.
O título, propicia unha interpretación en clave exclusivamente pictórica. Con
todo, as obras do artista foron interpretadas en ocasións, como evocacións da
idea do “muro”.
Resulta revelador contextualizar esta interpretación no marco do período de
privación de liberdade do franquismo. Neste aspecto o muro podería
comprenderse en dous sentidos:
Muro como límite coas súas características superficies matéricas e doutra
banda, muro como plataforma de comunicación tal como sucedo hoxe en día
cos graffiti.
• A arte minimalista é unha corrente artística xurdida nos anos 60 en
Estados Unidos. Ten como tendencia reducir as súas obras ao
fundamental, baseándose na xeometría elemental das formas. É
unha tendencia que se opón a subxectividade do expresionismo
abstracto e apóianse nunha xeometría moi pura e simple.
• Hai tamén un desexo de ocultar a man do autor e así as obras soen
ter un acabado industrial, impersoal que lles quita calquera
aspecto de manualidade.
• É unha arte na que a obra non quere representar nada,
simplemente é. Os obxectos teñen a única finalidade de facernos
experimentar como nos afecta a súa presenza, tanto a nós coma ó
espazo que habitamos.
Arte despois da 2ª guerra mundial
Minimalismo
Equivalente VIII
a) Título: Equivalente VIII
b) Autor: Carl Andre
c) Cronoloxía: 1966
d) Estilo: Minimalismo
e) Material: ladrillos refractarios
f) Tema: abstracto.
g) Localización: Tate Modern
(Londres)
Introdución: Carl André (1935-), artista estadounidense se adicou fundamentalmente á
escultura na arte conceptual, na arte minimalista e no Land art. Usa principalmente
materiais industriais (como no caso que nos ocupa ladrillos cerámicos), madeira ou
metal, preocupándose sempre pola busca de formas xeométricas perfectas.
Contexto: A arte minimal é un estilo artístico xurdido nos anos 50 nos EEUU vencellado
dende un principio á xeometría como obxectivo formal. Deriva directamente do
construtivismo ruso e do neoplasticismo. Os artistas deste movemento queren
conseguir o maior nivel de abstracción posible polo que se someten a unha xeometria
moi pura e simple. Así se reducen os detalles ó máximo (de ahí o nome do estilo),
apostando pola simplicidade e eliminando os elementos sobrantes. Ademais de formas
xeométricas simples tamén empregan cores puras, para conseguir orde e precisión.
Hai tamén un desexo de ocultar a man do autor e así as obras soen ter un acabado
industrial, impersoal que lles quita calquera aspecto de manualidade.
É unha arte na que a obra non quere representar nada, simplemente é. Os obxectos
teñen a única finalidade de facernos experimentar como nos afecta a súa presenza,
tanto a nos coma ó espacio que habitamos.
Outros autores ademáis de Carl André son Donald Judd e Sol Lewitt.
Análise: Estamos diante de 120 ladrillos refractarios dispostos en dúas capas de 10x6
ladrillos. Obra dun escultor que non esculpe, nin talla nin modela, nin funde, toma
materiais e os dispón, iso é todo. Nin sequera as monta sobre un pedestal. Mais esas
configuracións formais adquiren significado por si mesmas e polo espazo que ocupan
obrigando ó espectador a rodealas ou, se o considera, a pisalas.
Esta obra pertence a unha instalación maior chamada Equivalent Series realizada no
ano 1966 na Galería Tibor Nagy de New York e que se compoñía de 8 formacións
diferentes -sempre da mesma altura- de 120 ladrillos -polo tanto, sempre o mesmo
volume-, que superpostos en dúas capas ocupaban todo o espazo da sala e así os
espazos baleiros semellaban ser parte indisoluble do conxunto da obra. Entendemos
dende este punto de vista o título da obra, xa que cada formación aínda que con distinta
configuración ten exactamente a mesma masa, peso e volume, é dicir son equivalentes.
Equivalente
VIII
As oito series de
Equivalente (1966)
André quería xerar a sensación de horizontalidade extrema que recorda o nivel da auga e
o espazo entre as esculturas era tan importante como os ladrillos mesmos polo que é
chamativo como é posible que máis tarde se venderan as obras por separado rompendo
esta unidade espacial. André solucionouno en parte creando en 1995 unha reprodución
desta exposición para devolverlle a unidade á obra.
A compra da obra pola Tate Modern supuxo un pequeno escándalo xa que moita xente
cuestionou mercar 120 ladrillos por 2.000 $, pero como pasa habitualmente co mundo da
arte a obra se revalorizou, e hoxe está tasada en torno ós 850.000 $.
“A escultura resulta completamente abstracta, claramente concisa, simétrica,
premeditada e carente de calquera tipo de efectismo. O artista elaborouna do xeito máis
impersonal posible. André no quere que pensemos que Equivalencia VIII é outra cousa que
o que é: 120 ladrillos que forman un rectángulo, pero… si é unha obra de arte, cal é o seu
obxectivo? Simplemente ser vista, disfrutada e xulgada en termos exclusivamente estéticos
e materiais, polo seu aspecto formal e as sensacións que xenera. Non hai que interpretar a
obra, nin hai ningún significado oculto que desvelar, cousa que na miña opinión é moi
liberadora. Por unha vez non falta trucos nin coñecementos especializados, só se trata de
tomar unha decisión: gústame ou non? A min me gusta!”
Will Gompertz: ¿Que estás mirando? 150 años de arte moderno en un abrir y cerrar de
ojos. Madrid, Taurus, 2013.
A súa obra causou tanta controversia como o urinario de Duchamp. A prensa satirizou o
asunto.
Modelos e influencias: modelo no construtivismo ruso. Influencias: relacionábanse coas
instalacions, onde a plástica escultórica ten un gran protagonismo formal e conceptual.
Equivalente
VIII
Equivalente (1966)
A súa sátira en prensa
• A arte conceptual é un movemento artístico no que a
conceptualización da obra é máis importante que o
obxecto en si.
• O movemento conceptual na arte aparece a finais dos
anos 60 con manifestacións moi diversas. A idea
principal que subxace en todas elas é que a verdadeira
obra de arte non é o obxecto físico producido polo
artista, senón que consiste en conceptos e ideas.
Herda un forte compoñente tomado dos ready-made
de Marcel Duchamp.
Arte despois da 2ª guerra mundial
Arte conceptual
Unha e tres cadeiras
a) Título: Unha e tres cadeiras
b) Autor: Joseph Kosuth
c) Cronoloxía: 1965
d) Estilo: Arte conceptual
e) Material: cadeira de madeira
pregable, copia fotográfica da
cadeira e ampliación da
definición de “cadeira” dun
dicionario.
f) Tema: conceptual.
g) Localización: MoMA (Nova
York)
Introdución: Joseph Kosuth (1945-), artista estadounidense formado no campo artístico
así como nas disciplinas da filosofía e antropoloxía. O seu traballo abraza as ideas
artísticas de Duchamp, pero tamén as teorías dos filósofos Ludwig Wittgenstein
(no seu homenaxe titulou a súas obras máis coñecidas como “Investigacións”) e A. J.
Ayer.
Contexto: A arte conceptual, coñecida como idea art, information art ou software art,
é un movemento artístico no que a conceptualización da obra é máis importante que
o obxecto ou a súa representación real. A idea acerca da obra prevalecen sobre os
aspectos formais ou sensibles.
O movemento conceptual na arte aparece a finais dos anos 60 con manifestacións moi
diversas. A idea principal que subxace en todas elas é que a verdadeira obra de arte
non é o obxecto físico producido polo artista, senón que consiste en conceptos e ideas.
Herda un forte compoñente tomado dos ready-made de Marcel Duchamp.
Na arte conceptual, a idea, o concepto, prima sobra a realización material da obra, e o
mesmo proceso (notas, bocetos, maquetas, diálogos …) pode ser exposto para mostrar
a orixe e desenvolvemento da idea inicial. Outro elemento a resaltar desta tendencia é
que require unha maior implicación do espectador non só na forma de percibilo senón
coa súa acción e participación.
En definitiva, a arte conceptual pretendeu demostrar que se podía facer arte sen
necesidade de desembocar en cousas (artísticas), que existe experiencia estética sen
estar mediada por la obxectualidade. Non se apela ao goce inmediato derivado da
contemplación, senón ao xuízo e a contemplación reflexiva.
Desta maneira, a exhibición final da obra carece de valor respecto ao proceso creativo e
á elaboración da obra. É esta unha forma de expresión onde os obxectos presentados
invitan á estimulación intelectual de quen os observan, destacando na obra de arte esta
capacidade de estimulación sensorial. Os medios utilizados para levar a cabo esta
tarefa son o texto, a fotografía, e o vídeo, os cales presentan todas as características
necesarias para levar a cabo a misión de que a idea tras da obra é máis importante que
a obra en sí.
Entre os seus máis importantes representantes atópanse artistas como Joseph Kosuth,
Laurence Weiner, Dennis Oppenheim, Walter de María …
Unha e tres
cadeiras
Análise: Obra formada por unha cadeira de madeira, a fotografía da mesma e a
ampliación fotográfica da definición da voz “cadeira” no dicionario. É considerada unha
obra emblemática da arte conceptual.
Na obra hai tres cadeiras: a definición dunha cadeira (dereita), a foto dunha cadeira
(esquerda) e, por último, a cadeira (no centro).
O artista pon de manifesto que non é necesaria a creación dos obxectos, chega coa
definición dos mesmos. A través dun obxecto non artístico como unha cadeira, crea un
concepto, unha idea, a idea da cadeira amosándonos o obxecto, a súa representación
(fotografía) e a súa definición (texto). É un único elemento ou son tres elementos
diferentes?
Ver a cadeira como obxecto fai que irremisiblemente pensemos en Duchamp. A obra de
Kosuth remite á descontextualización de obxectos, que tanto desenvolvera Duchamp
durante os ano 1913 e 1921 cos seus “ready-made” ou “xa feitos”.
Ante obras como "unha e tres cadeiras" non cabe máis que preguntarse que é a arte,
que é o artista, que é o que debe facer, e ata onde todo pode entrar no terreo do
artístico. Asistimos así a un traballo autorreflexivo cuxo centro de atención non é o
obxecto alí presentado. O foco está na arte mesma.
Todo na obra é un acto de representación – trátase diso- de algo que é inmaterial e que
ten moitas formas de manifestarse: a idea da cadeira. Trátase dun intento de
aproximarse á totalidade dun concepto mediante multiplicidade de representacións.
Kosuth, a través das súas indagacións nas teorías dos filósofos Wittgenstein e A. J.
Ayer, descobre que a realidade atópase na linguaxe, que é o único que permite a
posibilidade de coñecer e comunicar a realidade. Desta maneira, Kosuth aplicou as
teorías da linguaxe á arte; as ideas e significados dos obxectos pasaban a formar parte
da propia obra, adoptando o paso da apariencia ao concepto e reivindicando o proceso
mental para chegar a un resultado artístico, destacando que a arte é moito máis que a
presentación de obxectos decorativos.
Unha obra como “Una y tres cadeiras” logra: unir o artístico co lingüístico, xuntar os
obxectos coas palabras, articular a imaxe co discurso.
Unha e tres
cadeiras
Esta obra de Kosuth de 1965 é un exemplo claro da
evolución intelectual que sufriu a arte, sobre todo na
segunda metade do s.XX. Dende a arte gremial da
Idade Media ata o impresionismo, a obra final era a gran
protagonista, e a ela asociábase o proceso técnico.
Pero coa chegada dos dadaístas, e fundamentalmente,
de Marcel Duchamp, empeza o verdadeiro
cuestionamento de “que é a arte?”.
O que nos vén dicir Kosuth é que a arte é un estado
mental. Tan importante, ou máis, é o proceso
intelectual como a plasmación do mesmo. Situar a idea
por riba de nocións como beleza ou estilo, intocables
ata o século XX, era revolucionario. A Arte, con
maiúsculas, é unha forma de pensar o mundo.
“Son un artista nunha época no que a filosofía
morreu"
Joseph Kosuth
Unha e tres
cadeiras
Arte despois da 2ª guerra mundial
Arte Pop ou Pop Art
• A arte pop ou pop art foi unha tendencia que apareceu a partir
dos anos 50. O termo provén da “arte popular” que crea a
cultura da publicidade de masas, aínda que mais tarde
ampliouse para abarcar a actividade de aqueles artistas que
usaban imaxes populares dentro dun contexto de arte culto ou
de elite.
• É unha arte que utiliza a linguaxe popular para conectar co
sector da sociedade máis amplo posible e por iso extrae os seus
motivos da rúa, elixindo os elementos máis representativos ou
estereotipados como marcas de alimentos, actores famosos ou
personaxes de cómics.
Arte despois da 2ª guerra mundial
Arte Pop ou Pop Art
• A representación será clara e directa, evitando calquera esforzo
do espectador, posto que é unha arte inspirada nas masas e
para as masas. Por iso a arte pop segue os mesmos principios
da publicidade, buscando a máxima simplicidade no deseño e
cores básicas.
• Unha novidade importante é a seriación. Introducen
procedementos industriais, recorrendo á reprodución en serie
da imaxe ou resaltando signos deste proceso na obra. Con isto
rompen co valor de orixinalidade e unicidade que ata agora se
esixía a unha obra de arte.
Arte despois da 2ª guerra mundial
Arte Pop ou Pop Art
Entre os artistas máis representativos do Pop temos a Lichtenstein e a Andy
Warhol.
Lichtenstein
Muller no baño
Warhol, Marilyn. 1964
Col. Particular
Arte despois da 2ª guerra mundial
Arte Pop ou Pop Art
•Deu os seus primeiros pasos no mundo
publicitario.
•Realmente o que fixo foi unha prolongación,
unha multiplicación dos símbolos cos que
sempre traballara.
Arte despois da 2ª guerra mundial
Arte Pop ou Pop Art: Andy Warhol
• A súa técnica favorita é a serigrafía, que lle
permite fabricar en serie, como unha fábrica.
Nas súas serigrafías representa imaxes de
Marilyn Monroe, Elvis Presley..., botes de
sopa, unha e outra vez recóllense os símbolos
da sociedade americana e os converte en
obras de arte, sacralízaos ao situalos nos
museos.
Arte despois da 2ª guerra mundial
Arte Pop ou Pop Art: Andy Warhol
Marilyn Monroe
a) Título: Marilyn Monroe
b) Autor: Andy Warhol
c) Cronoloxía: 1962
d) Estilo: Arte Pop
e) Material: serigrafía.
f) Tema: retrato.
g) Localización: MoMA (Nova
York)
Introdución: Serigrafía sobre lenzo, realizada por Andy Warhol nos anos 1960. Warhol é
un dos máximos representantes do Pop Art americano, da nova vida dos anos 60 e
exemplo da incidencia do mercado e dos medios de comunicación na arte
contemporánea.
Aínda que comeza facendo debuxos publicitarios e cadros coa temática do cómic, pronto
pasará a pintar personaxes famosos , como é o caso de Marilyn Monroe e obxectos
cotiáns, como os coñecidos botes de Sopa Campbell.
A obra pertence pois ás súas series de personaxes famosos e é un das moitas que
Warhol realiza sobre Marilyn, posto que a serigrafía é unha técnica que permite a
reprodución case infinita da obra.
O Pop Art sería a expresión dun tempo novo no que o consumo, o rock&roll e a cultura
xuvenil acadan gran importancia neste momento en detrimento de outras formas de arte
mais elitistas e reflexivas.
Contexto: O Pop Art é un movemento artístico que nace a mediados dos anos 50 no
Reino Unido (David Hockney) e nos Estados Unidos (Warhol, Lichtenstein,
Wasselmann) e que acada moita forza nos anos 60. Ten o seu antecedente directo na
obra de Eduardo Paolozzi na obra I was a Rich Man's Plaything (1947), un collage no
que mestura obxectos da vida de acotío como representación da sociedade da época. É a
primeira vez que aparece a palabra Pop.
Inician un proceso de renovación plástica que trata de responder á excesiva
intelectualización da arte e ó seu conseguinte afastamento do público, como sucedía coas
elitistas mostras do Expresionismo Abstracto ou do Minimal. Dun xeito irónico, cínico e
provocador, os artistas pop cuestionan a sociedade de consumo e poñen en dúbida o
lugar da obra de arte, agora un obxecto máis de consumo, efémero e reproducible.
Reivindican a arte para a masa, unha arte popular (de aí o termo) que se serva dunha
linguaxe que poida chegar a todo o mundo. Non se trataba de indagar no folclore ou na
tradición senón de representar as subculturas propias das economías avanzadas
eliminando as fronteiras entre a alta e a baixa cultura.
Retoman a figuración, unha figuración obxectiva e simplificada coa que rexuvenecer os
contidos agora cheos de espírito xuvenil e divertido. Se viven nunha sociedade de
benestar e fortemente consumista, a arte ha representar esa sociedade centrada na vida
fácil, sen preocupacións de tipo político ou existencial. Utilizarán todos os recursos que os
Marilyn
Monroe
fácil, sen preocupacións de tipo político ou existencial. Utilizarán todos os recursos que os
medios de comunicación de masas poñen á súa disposición: o cómic, a fotografía, o
cartel publicitario, a fotonovela, a moda, a música, a televisión; deles extraen as imaxes
icónicas da sociedade de consumo e do novo estilo de vida que está nacendo (as estrelas
de cine, os produtos comerciais, as piscinas das vivendas burguesas); e repetirán en
series os seus produtos de tal modo que a man do artista vai perdendo importancia no
canto da produción por medios mecánicos e semimecánicos, como é o caso das
serigrafías de Warhol.
Do mesmo modo que para as imaxes, as novidades reflíctense nos materiais -pinturas
acrílicas, plásticos- e nas cores fluorescentes e metálicas.
Os obxectos de acotío acadan agora un status artístico que non se entendería sen
Duchamp (object trouvé ou obxectos atopados), nin sen os collages e fotomontaxes das
primeiras vangardas. É por iso que as obras pop reflicten unha frialdade en consonancia
coa simplicidade de contidos, unha superficialidade consciente que Warhol expresaría
deste xeito:
Se queredes saber todo o relacionado co suxeito Warhol, mirade simplemente a
superficie dos meus lenzos e dos meus filmes e de min mesmo; aí estou! Non hai nada
mais detrás.
Aínda sen efectuar unha crítica implícita, algunhas obras pop amosan certa crítica á
sociedade de consumo ó presentala fora do seu contexto para que a relación do
espectador co produto sorprenda e motive a reflexión sobre a alienación do individuo. O
Pop finaliza coa idea de sacralización da obra de arte que xa empezara co Dadaísmo, e
expande a arte ao mundo cotián.
Emprende estas actividades na Factory.
Análise: A serigrafía de Marilyn Monroe é unha das obras mais coñecidas de Warhol que
reproduce unha fotografía da diva do cine americano e sex-simbol da época. Foi realizada
por Warhol cando a actriz xa desaparecera e á que a fama que lle precedería, para o cal
Warhol tamén contribuíu coa súa obra, sería moito maior ca que tivera en vida.
Está feita sen prestar atención ao detalle e con cores planas de vivos contrastes
cromáticos. A configuración da obra en dous planos, sen profundidade nin perspectiva,
remite á linguaxe do mundo do cómic e da publicidade, ao mundo xuvenil e da cultura de
Marilyn
Monroe
masas propias dos anos 60.
Esta obra encádrase nunha serie de cadros que o artista realiza a
inicios dos anos 60 de personaxes famosos como James Dean ou
Marlon Brando, obxectos do mundo cotián como as botellas de Coca
Cola ou os botes de sopas Campbell. Todos eles símbolos da
sociedade do momento que mostran a súa superficialidade, a
banalidade sen ningún tipo de subxectividade ou reflexión persoal.
A obra pertence a unha serie na que remite o mesmo motivo ata a
saciedade, algo que lle permite a técnica da serigrafía que se
convertería no seu selo persoal. A Warhol gustáballe a
impersonalidade froito deste tipo de traballo semiautomático, pois el
chegou a afirmar que o que mais lle gustaría sería acabar convertido
nunha máquina. A cara de Marilyn, reproducida infinidade de veces,
resaltaba a superficialidade e a banalidade da fama como algo
pasaxeiro e no fondo, tráxico. Warhol, que buscaba obsesivamente a
fama e que chegaría a ser toda unha estrela en vida no ambiente de
Nova York, adoraba todo o que tiña que ver coa fama e a súa
fugacidade. Chegaría a afirmar que toda persoa ten dereito a quince
minutos de fama.
Así pois, partindo dunha imaxe popular, modificando as cores, acada
un resultado visiblemente distinto pero obxectivamente igual.
Marilyn
Monroe
• Hiperrealismo: en 1966 no Guggenheim de Nova York danse a
coñecer unha serie de artistas obsesionados pola repordución case
literal da realidade; a fotografía constituíu unha parte esencial na
súa obra.
• O hiperrealismo aparece como sucesor do Pop, e en certa forma,
vinculado a el, de aí o seu interese polos aspectos triviais da
sociedade de consumo e polas imaxes populares da cultura
underground.
• Poden distinguirse dúas tendencias: unha vinculada ao realismo
fotográfico de orixe pop e outra más conectada coa tradición
pictórica occidental na liña do academicismo burgués, inspirada nos
grandes mestres.
• Notas comúns das dúas tendencias son a exactitude, sobriedade da
representación e o seu carácter distanciado e frío. O recurso a
procedementos ilusionistas e o uso da cámara fotográfica.
• En España o artista máis representativo é Antonio López.
Arte despois da 2ª guerra mundial
Outras tendencias
Antonio López
Marilyn Monroe
Hiperrealismo
(1974-1981)
• Abstraccións xeométricas: enlazan cos movementos de
entreguerras que están marcados por un forte racionalismo.
Defenden a abstracción xeométrica e o uso de cores planos,
así como a búsqueda do esencial.
• Nesta liña está a arte Minimal, o Estruturalismo inglés, o Op-
Art, a arte Cinética e o Cibernético.
• O Op-art busca lograr efectos ópticos e luminosos cunha
técnica impersonal, xeométrica baseada na idea da
repetición.
• O Cinético introduce o movemento real e tamén a luz,
emprega motores, plásticos... E pódese aplicar ao
escaparatismo ou a calquera outro ámbito.
• O Cibernético apoiase nas posiblidades dos ordenadores.
Arte despois da 2ª guerra mundial
Outras tendencias
Víctor Vasarely
Vega 200
Op Art
(1968)
• Nos últimos anos conviviron correntes mois dispares como Arte Povera,
ou arte pobre, case de desfeito. Landa Art que xoga coa natureza e os
grandes espazos abertos (por iso só queda constancia fotográfica), a Arte
conceptual onde é relevante a idea, non a realización e as Instalacións
(arte efímero que utiliza directamente o espazo de exposición, a menudo
a obra e transitable polo espectador e este pode interaccionar con ela).
• A partir dos anos 80, a crítica denominou Posmodernidade a unha ampla
gama de manifestacións que se caracterizan pola disolución dos discursos
artísticos globais; a perda da homoxeneidade; retorno ás imaxes, co
conseguinte abandono da estética reducionista; fragmentación;
eclecticismo.
• As dúas tendencias europeas máis importantes son: transvangarda
italiana e os novos salvaxes de alemaña.
• En Norteamerica, utilizan obxectos industriais de consumo habitual,
repertorios figurativos e abstractos, así como fotografías publicitarias.
Outros grupos do panorama americano son os artistas dos Graffiti ou os
chamados nova imaxe.
Tendencias Posmodernas

More Related Content

What's hot

Artes figurativas góticas
Artes figurativas góticasArtes figurativas góticas
Artes figurativas góticasAgrela Elvixeo
 
Renacimiento General + Quattrocento
Renacimiento General + QuattrocentoRenacimiento General + Quattrocento
Renacimiento General + QuattrocentoDudas-Historia
 
Neoclasicismo, Goya e Romanticismo
Neoclasicismo, Goya e RomanticismoNeoclasicismo, Goya e Romanticismo
Neoclasicismo, Goya e RomanticismoDudas-Historia
 
Os novos camiños da arte
Os novos camiños da arteOs novos camiños da arte
Os novos camiños da artermferreiro
 
Cinquecento. Bramante, Miguel Ángel y Leonardo
Cinquecento. Bramante, Miguel Ángel y LeonardoCinquecento. Bramante, Miguel Ángel y Leonardo
Cinquecento. Bramante, Miguel Ángel y LeonardoDudas-Historia
 
Escultura e pintura barroca
Escultura e pintura barrocaEscultura e pintura barroca
Escultura e pintura barrocaAgrela Elvixeo
 
Neoclasicismo, romanticismo. Goya
Neoclasicismo, romanticismo. GoyaNeoclasicismo, romanticismo. Goya
Neoclasicismo, romanticismo. GoyaAgrela Elvixeo
 
Arte renacentista
Arte renacentistaArte renacentista
Arte renacentistaChus Polo
 
Barroco 4º Eso
Barroco 4º EsoBarroco 4º Eso
Barroco 4º Esoies masa
 

What's hot (20)

Artes figurativas góticas
Artes figurativas góticasArtes figurativas góticas
Artes figurativas góticas
 
Renacimiento General + Quattrocento
Renacimiento General + QuattrocentoRenacimiento General + Quattrocento
Renacimiento General + Quattrocento
 
Escultura Gótica
Escultura GóticaEscultura Gótica
Escultura Gótica
 
Arquitectura gótica
Arquitectura góticaArquitectura gótica
Arquitectura gótica
 
Neoclasicismo, Goya e Romanticismo
Neoclasicismo, Goya e RomanticismoNeoclasicismo, Goya e Romanticismo
Neoclasicismo, Goya e Romanticismo
 
Os novos camiños da arte
Os novos camiños da arteOs novos camiños da arte
Os novos camiños da arte
 
Arte
ArteArte
Arte
 
Cinquecento. Bramante, Miguel Ángel y Leonardo
Cinquecento. Bramante, Miguel Ángel y LeonardoCinquecento. Bramante, Miguel Ángel y Leonardo
Cinquecento. Bramante, Miguel Ángel y Leonardo
 
Escultura e pintura barroca
Escultura e pintura barrocaEscultura e pintura barroca
Escultura e pintura barroca
 
Tema 7
Tema 7Tema 7
Tema 7
 
Arte
ArteArte
Arte
 
O renacemento
O  renacementoO  renacemento
O renacemento
 
Tema 7
Tema 7Tema 7
Tema 7
 
Tema 7 sociais
Tema 7 sociaisTema 7 sociais
Tema 7 sociais
 
A arte do Renacemento
A arte do RenacementoA arte do Renacemento
A arte do Renacemento
 
A Arte do Barroco
A Arte do BarrocoA Arte do Barroco
A Arte do Barroco
 
Neoclasicismo, romanticismo. Goya
Neoclasicismo, romanticismo. GoyaNeoclasicismo, romanticismo. Goya
Neoclasicismo, romanticismo. Goya
 
Arte do Renacemento
Arte do RenacementoArte do Renacemento
Arte do Renacemento
 
Arte renacentista
Arte renacentistaArte renacentista
Arte renacentista
 
Barroco 4º Eso
Barroco 4º EsoBarroco 4º Eso
Barroco 4º Eso
 

Similar to Arte despois da segunda guerra mundial

Presentacin1 130613085610-phpapp01-140525120116-phpapp02 (1)
Presentacin1 130613085610-phpapp01-140525120116-phpapp02 (1)Presentacin1 130613085610-phpapp01-140525120116-phpapp02 (1)
Presentacin1 130613085610-phpapp01-140525120116-phpapp02 (1)silvanarisitas
 
Presentacin1 130613085610-phpapp01-140525120116-phpapp02 (1)
Presentacin1 130613085610-phpapp01-140525120116-phpapp02 (1)Presentacin1 130613085610-phpapp01-140525120116-phpapp02 (1)
Presentacin1 130613085610-phpapp01-140525120116-phpapp02 (1)silvanarisitas
 
As vanguardas vanse á guerra
As vanguardas vanse á guerraAs vanguardas vanse á guerra
As vanguardas vanse á guerraAntonio
 
Arte contemporánea ata as primeiras vangardas
Arte contemporánea ata as primeiras vangardasArte contemporánea ata as primeiras vangardas
Arte contemporánea ata as primeiras vangardasEvaPaula
 
Unidade 18: pintura despois de 1945
Unidade 18: pintura despois de 1945Unidade 18: pintura despois de 1945
Unidade 18: pintura despois de 1945camposseijo
 
Proxecto 2ª avaliación analizar unha obra de arte contemporánea
Proxecto 2ª avaliación analizar unha obra de arte contemporáneaProxecto 2ª avaliación analizar unha obra de arte contemporánea
Proxecto 2ª avaliación analizar unha obra de arte contemporáneaEvaPaula
 
Tema 7.arte do s. xix
Tema 7.arte do s. xixTema 7.arte do s. xix
Tema 7.arte do s. xixagreloroberto
 
As vangardas
As vangardasAs vangardas
As vangardasMrc558688
 

Similar to Arte despois da segunda guerra mundial (20)

Tema 15
Tema 15Tema 15
Tema 15
 
Presentacin1 130613085610-phpapp01-140525120116-phpapp02 (1)
Presentacin1 130613085610-phpapp01-140525120116-phpapp02 (1)Presentacin1 130613085610-phpapp01-140525120116-phpapp02 (1)
Presentacin1 130613085610-phpapp01-140525120116-phpapp02 (1)
 
Presentacin1 130613085610-phpapp01-140525120116-phpapp02 (1)
Presentacin1 130613085610-phpapp01-140525120116-phpapp02 (1)Presentacin1 130613085610-phpapp01-140525120116-phpapp02 (1)
Presentacin1 130613085610-phpapp01-140525120116-phpapp02 (1)
 
TEMA 15
TEMA 15TEMA 15
TEMA 15
 
Tema 15
Tema 15Tema 15
Tema 15
 
As vanguardas vanse á guerra
As vanguardas vanse á guerraAs vanguardas vanse á guerra
As vanguardas vanse á guerra
 
7
77
7
 
Tema 7
Tema 7Tema 7
Tema 7
 
Sociais tema 7
Sociais tema 7Sociais tema 7
Sociais tema 7
 
Tema7
Tema7Tema7
Tema7
 
Arte contemporánea ata as primeiras vangardas
Arte contemporánea ata as primeiras vangardasArte contemporánea ata as primeiras vangardas
Arte contemporánea ata as primeiras vangardas
 
Tema 7 historia
Tema 7  historiaTema 7  historia
Tema 7 historia
 
Tema 7
Tema 7 Tema 7
Tema 7
 
Tema7
Tema7 Tema7
Tema7
 
Unidade 18: pintura despois de 1945
Unidade 18: pintura despois de 1945Unidade 18: pintura despois de 1945
Unidade 18: pintura despois de 1945
 
Proxecto 2ª avaliación analizar unha obra de arte contemporánea
Proxecto 2ª avaliación analizar unha obra de arte contemporáneaProxecto 2ª avaliación analizar unha obra de arte contemporánea
Proxecto 2ª avaliación analizar unha obra de arte contemporánea
 
Tema 7.arte do s. xix
Tema 7.arte do s. xixTema 7.arte do s. xix
Tema 7.arte do s. xix
 
O debuxo
O debuxoO debuxo
O debuxo
 
Arte s xix
Arte s xixArte s xix
Arte s xix
 
As vangardas
As vangardasAs vangardas
As vangardas
 

More from Agrela Elvixeo

Unidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa VillaltaUnidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa VillaltaAgrela Elvixeo
 
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES MonelosLuísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES MonelosAgrela Elvixeo
 
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES MonelosLuísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES MonelosAgrela Elvixeo
 
Ruth Matilda Anderson. Hispanic Society of America. Imaxes de Galicia
Ruth Matilda Anderson. Hispanic Society of America. Imaxes de GaliciaRuth Matilda Anderson. Hispanic Society of America. Imaxes de Galicia
Ruth Matilda Anderson. Hispanic Society of America. Imaxes de GaliciaAgrela Elvixeo
 
Peixeiras da Coruña. O Muro da Coruña. IES Monelos
Peixeiras da Coruña. O Muro da Coruña. IES MonelosPeixeiras da Coruña. O Muro da Coruña. IES Monelos
Peixeiras da Coruña. O Muro da Coruña. IES MonelosAgrela Elvixeo
 
Xardín de San Carlos (A Coruña) IES Monelos
Xardín de San Carlos (A Coruña) IES MonelosXardín de San Carlos (A Coruña) IES Monelos
Xardín de San Carlos (A Coruña) IES MonelosAgrela Elvixeo
 
Lavandeiras e lavadoiros da Coruña. IES Monelos
Lavandeiras e lavadoiros da Coruña. IES MonelosLavandeiras e lavadoiros da Coruña. IES Monelos
Lavandeiras e lavadoiros da Coruña. IES MonelosAgrela Elvixeo
 
Os xudeus na Coruña durante a Idade Media
Os xudeus na Coruña durante a Idade MediaOs xudeus na Coruña durante a Idade Media
Os xudeus na Coruña durante a Idade MediaAgrela Elvixeo
 
A Galera ou prisión de mulleres da Coruña
A Galera ou prisión de mulleres da CoruñaA Galera ou prisión de mulleres da Coruña
A Galera ou prisión de mulleres da CoruñaAgrela Elvixeo
 
As cigarreiras da Fábrica de Tabacos da Coruña
As cigarreiras da Fábrica de Tabacos da CoruñaAs cigarreiras da Fábrica de Tabacos da Coruña
As cigarreiras da Fábrica de Tabacos da CoruñaAgrela Elvixeo
 
ANTIGA FÁBRICA DE TABACOS DA CORUÑA. HISTORIAS DA CIDADE
ANTIGA FÁBRICA DE TABACOS DA CORUÑA. HISTORIAS DA CIDADEANTIGA FÁBRICA DE TABACOS DA CORUÑA. HISTORIAS DA CIDADE
ANTIGA FÁBRICA DE TABACOS DA CORUÑA. HISTORIAS DA CIDADEAgrela Elvixeo
 
O Muro da Coruña. A actividade pesqueira no porto da Coruña
O Muro da Coruña. A actividade pesqueira no porto da CoruñaO Muro da Coruña. A actividade pesqueira no porto da Coruña
O Muro da Coruña. A actividade pesqueira no porto da CoruñaAgrela Elvixeo
 
Francisco Espoz y Mina. Liberal vinculado A Coruña
Francisco Espoz y Mina. Liberal vinculado A CoruñaFrancisco Espoz y Mina. Liberal vinculado A Coruña
Francisco Espoz y Mina. Liberal vinculado A CoruñaAgrela Elvixeo
 
Historias da Coruña: Juan Díaz Porlier "O Marquesiño"
Historias da Coruña: Juan Díaz Porlier "O Marquesiño"Historias da Coruña: Juan Díaz Porlier "O Marquesiño"
Historias da Coruña: Juan Díaz Porlier "O Marquesiño"Agrela Elvixeo
 
Xoana de Vega (persoeiro importante do liberalismo coruñés)
Xoana de Vega (persoeiro importante do liberalismo coruñés)Xoana de Vega (persoeiro importante do liberalismo coruñés)
Xoana de Vega (persoeiro importante do liberalismo coruñés)Agrela Elvixeo
 
50 aniversario das obras do encoro de Cecebre
50 aniversario das obras do encoro de Cecebre50 aniversario das obras do encoro de Cecebre
50 aniversario das obras do encoro de CecebreAgrela Elvixeo
 
A CORUÑA E A EDICIÓN DO LIBRO EN GALEGO.pptx
A CORUÑA E A EDICIÓN DO LIBRO EN GALEGO.pptxA CORUÑA E A EDICIÓN DO LIBRO EN GALEGO.pptx
A CORUÑA E A EDICIÓN DO LIBRO EN GALEGO.pptxAgrela Elvixeo
 
As Irmandades da Fala. As Irmandades da Fala créanse na Coruña en 1916
As Irmandades da Fala. As Irmandades da Fala créanse na Coruña en 1916As Irmandades da Fala. As Irmandades da Fala créanse na Coruña en 1916
As Irmandades da Fala. As Irmandades da Fala créanse na Coruña en 1916Agrela Elvixeo
 
Castelo de San Diego (A Coruña)
Castelo de San Diego (A Coruña)Castelo de San Diego (A Coruña)
Castelo de San Diego (A Coruña)Agrela Elvixeo
 

More from Agrela Elvixeo (20)

Unidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa VillaltaUnidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
 
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES MonelosLuísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
 
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES MonelosLuísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
 
Ruth Matilda Anderson. Hispanic Society of America. Imaxes de Galicia
Ruth Matilda Anderson. Hispanic Society of America. Imaxes de GaliciaRuth Matilda Anderson. Hispanic Society of America. Imaxes de Galicia
Ruth Matilda Anderson. Hispanic Society of America. Imaxes de Galicia
 
Peixeiras da Coruña. O Muro da Coruña. IES Monelos
Peixeiras da Coruña. O Muro da Coruña. IES MonelosPeixeiras da Coruña. O Muro da Coruña. IES Monelos
Peixeiras da Coruña. O Muro da Coruña. IES Monelos
 
Xardín de San Carlos (A Coruña) IES Monelos
Xardín de San Carlos (A Coruña) IES MonelosXardín de San Carlos (A Coruña) IES Monelos
Xardín de San Carlos (A Coruña) IES Monelos
 
Lavandeiras e lavadoiros da Coruña. IES Monelos
Lavandeiras e lavadoiros da Coruña. IES MonelosLavandeiras e lavadoiros da Coruña. IES Monelos
Lavandeiras e lavadoiros da Coruña. IES Monelos
 
Os xudeus na Coruña durante a Idade Media
Os xudeus na Coruña durante a Idade MediaOs xudeus na Coruña durante a Idade Media
Os xudeus na Coruña durante a Idade Media
 
A Galera ou prisión de mulleres da Coruña
A Galera ou prisión de mulleres da CoruñaA Galera ou prisión de mulleres da Coruña
A Galera ou prisión de mulleres da Coruña
 
As cigarreiras da Fábrica de Tabacos da Coruña
As cigarreiras da Fábrica de Tabacos da CoruñaAs cigarreiras da Fábrica de Tabacos da Coruña
As cigarreiras da Fábrica de Tabacos da Coruña
 
ANTIGA FÁBRICA DE TABACOS DA CORUÑA. HISTORIAS DA CIDADE
ANTIGA FÁBRICA DE TABACOS DA CORUÑA. HISTORIAS DA CIDADEANTIGA FÁBRICA DE TABACOS DA CORUÑA. HISTORIAS DA CIDADE
ANTIGA FÁBRICA DE TABACOS DA CORUÑA. HISTORIAS DA CIDADE
 
O Muro da Coruña. A actividade pesqueira no porto da Coruña
O Muro da Coruña. A actividade pesqueira no porto da CoruñaO Muro da Coruña. A actividade pesqueira no porto da Coruña
O Muro da Coruña. A actividade pesqueira no porto da Coruña
 
Francisco Espoz y Mina. Liberal vinculado A Coruña
Francisco Espoz y Mina. Liberal vinculado A CoruñaFrancisco Espoz y Mina. Liberal vinculado A Coruña
Francisco Espoz y Mina. Liberal vinculado A Coruña
 
Historias da Coruña: Juan Díaz Porlier "O Marquesiño"
Historias da Coruña: Juan Díaz Porlier "O Marquesiño"Historias da Coruña: Juan Díaz Porlier "O Marquesiño"
Historias da Coruña: Juan Díaz Porlier "O Marquesiño"
 
Xoana de Vega (persoeiro importante do liberalismo coruñés)
Xoana de Vega (persoeiro importante do liberalismo coruñés)Xoana de Vega (persoeiro importante do liberalismo coruñés)
Xoana de Vega (persoeiro importante do liberalismo coruñés)
 
50 aniversario das obras do encoro de Cecebre
50 aniversario das obras do encoro de Cecebre50 aniversario das obras do encoro de Cecebre
50 aniversario das obras do encoro de Cecebre
 
A CORUÑA E A EDICIÓN DO LIBRO EN GALEGO.pptx
A CORUÑA E A EDICIÓN DO LIBRO EN GALEGO.pptxA CORUÑA E A EDICIÓN DO LIBRO EN GALEGO.pptx
A CORUÑA E A EDICIÓN DO LIBRO EN GALEGO.pptx
 
As Irmandades da Fala. As Irmandades da Fala créanse na Coruña en 1916
As Irmandades da Fala. As Irmandades da Fala créanse na Coruña en 1916As Irmandades da Fala. As Irmandades da Fala créanse na Coruña en 1916
As Irmandades da Fala. As Irmandades da Fala créanse na Coruña en 1916
 
60 ANOS DE GRIAL.pptx
60 ANOS DE GRIAL.pptx60 ANOS DE GRIAL.pptx
60 ANOS DE GRIAL.pptx
 
Castelo de San Diego (A Coruña)
Castelo de San Diego (A Coruña)Castelo de San Diego (A Coruña)
Castelo de San Diego (A Coruña)
 

Arte despois da segunda guerra mundial

  • 1. Arte despois da segunda Guerra Mundial
  • 2. Arte despois da 2ª guerra mundial Contexto • Tras a Segunda Guerra Mundial o panorama político e social cambiou, non soamente nas nacións afectadas, senón en todo o mundo. • Neste momento debemos destacar a división de Europa en dous bloques irreconciliables, • A disolución dos imperios coloniais en África e Asia. • A confirmación de Estados Unidos como a potencia máis rica e poderosa do mundo. A sociedade americana, co seu forte pragmatismo, seu sistema de consumo e mercado, marcará as pautas do comportamento do chamado “mundo libre occidental”. • Desta forma o epicentro artístico trasladouse a Estados Unidos , e Nova York converteuse na nova capital mundial da arte.
  • 3. Arte despois da 2ª guerra mundial Contexto • A finais de século a globalización rompeu as barreiras xeográficas e desapareceu a idea dun único centro artístico coa aparición de novos centros emerxentes, algúns produtores de arte (China, Brasil) e outros como receptores (Emiratos Árabes Unidos, a mesma China, Rusia...) • Como indicamos antes a data adoptada para establecer a liña divisoria entre as Primeiras Vangardas e as múltiples tendencias que conforman a segunda metade do século XX en 1945.
  • 4. Arte despois da 2ª guerra mundial Contexto • A interpretación desta segunda metade do século XX é complexa debido á cantidade e diversidade de tendencias, que inclúen novos medios artísticos impulsados polos avances tecnolóxicos e a ruptura dos límites entre os xéneros artísticos como a pintura e a escultura. • As raíces de gran parte das tendencias artísticas de posguerra están nas vangardas históricas do período de entreguerras. • A partir de 1945 xurdiron infinidade de propostas artísticas que, ata a década de 1990, poden agruparse en dúas grandes tendencias.
  • 5. Arte despois da 2ª guerra mundial Contexto • Segundas Vangardas, que comezaron en Europa coa aparición do informalismo e en Estados Unidos coa chegada do expresionismo abstracto, e se esgotaron coas propostas conceptuais de finais da década de 1960. • Tendencias posmodernas, iniciadas co neoexpresionismo alemán e a transvangarda italiana de mediados dos anos setenta, e que continúan cos revivals na década de 1980. • A partir de 1990 (caída do muro de Berlín e fin da bipolarización) a variedade e interrelación de propostas fai moi difícil establecer liñas xerais que as engloben. Non obstante, aínda que é certo que o fenómeno do videoarte arrancou na década de 1960, foi a partir de 1990 cando o uso de novas tecnoloxías con finalidade artística permite falar da era dixital.
  • 6. Arte despois da 2ª guerra mundial Contexto • Ao comparar o período de arte do século XX correspondente ás Primeiras Vangardas coas tendencias da segunda metade, advírtese que, se ben o primeiro mostra unha gran coherencia interna –malia a gran variedade de estilos-, o segundo aparece marcado pola heteroxeneidade de opcións. • Non obstante na época das Segundas Vangardas aínda se observan certos aspectos que conectan coas formulación inherentes á experimentación –novos materiais, novas técnicas, novas formas- para encontrar solucións artísticas orixinais, e mesmo se poden rastrear aspectos conceptuais procedentes dalgunha das tendencias das Primeiras Vangardas, como por exemplo do dadaísmo ou do surrealismo.
  • 7. Arte despois da 2ª guerra mundial Contexto • A ruptura iniciada na primeira metade do século acentúase nesta segunda metade. • Cuestionase o cadro de cabalete como soporte e dáse paso a outros elementos plásticos, e mesmo se chega a usar o corpo humano como soporte e se realizan grandes intervencións na natureza ou na cidade. • En segundo lugar, a obra de arte xa non é valorada polo resultado final, senón polo seu propio proceso creativo. • A partir de 1970 a experimentación como principio de acción chegou ao seu fin. • No seu lugar impúxose a era da posmodernidade, que non ten como obxectivos o futuro ou a innovación.
  • 8. Arte despois da 2ª guerra mundial Contexto • Senon que volveu a mirada ao pasado para recuperar certos elementos de épocas anteriores. • O slogan “na posmodernidade todo vale” indica a posibilidade que ten o artista de tomar, de xeito indiscriminado, fragmentos da arte de épocas pasadas e situalos, a xeito de citas nas súas propias obras. Este fenómeno de apropiación atópase presente tamén en boa medida na arte das novas tecnoloxías por exemplo, a video arte.
  • 9. Arte despois da 2ª guerra mundial Expresionismo abstracto • A reorganización política e económica tras a II Guerra Mundial trouxo un cambio da capitalidade artística. Estados Unidos gañou un protagonismo que se manifestou coa primeira vangarda americana: o expresionismo abstracto. • O nazismo e a guerra desencadearon unha emigración de importantes artistas europeos a Estados Unidos, especialmente a Nova York.
  • 10. Arte despois da 2ª guerra mundial Expresionismo abstracto • Este grupo non presentou unha unidade estilística, as súas figuras tiveron unha acentuada individualidade. A súa arte está moi relacionada coa corrente existencialista como unha reacción a ansiedade producida pola era nuclear e a guerra fría. • A súa expresión é abstracta igual que o informalismo, corrente que se desenvolve paralelamente en Europa. • Partindo do automatismo surrealista e do expresionismo europeo, os xoves artistas estadounidenses utilizan todo tipo de técnicas para deixar patente a pegada do artista na obra. O resultado eran lenzos de gran forza ainda con aparente ausencia de mensaxe.
  • 11. • O autor máis destacado é Jackson Pollock cando en 1947 realizou o seu primeiro dripping (técnica pictórica na que o artista deixa pingar a pintura sobre o lenzo estendido no chan, coa axuda dun contedor furado ou salpicando directamente coas mans ou mediante bastóns ou pinceis), unha pintura dinámica e xestual, apartada totalmente da linguaxe figurativa e resultado da fusión do automatismo surrealista e da abstracción. • Non obstante o, o termo expresionismo abstracto non é moi exacto, posto, que existen varias subtendencias: corrente xestual (Pollock), corrente sígnica ou caligráfica (Franz Kline (enormes pinceladas e restrición cromática de branco e negro) e corrente espacialista (Mark Rothko) (preocupase polas posibilidades emotivas da xustaposición cromática). Ademais as obras dalgúns dos seus integrantes non son realmente abstractas, tal e como o demostran as grotescas personaxes femininas pintadas por Willem de Kooning. Arte despois da 2ª guerra mundial Expresionismo abstracto
  • 12. O expresionismo abstracto terá varias vertentes como a xestual (Pollock) ou a corrente espacialista (Rothko). Pollock, Painting. 1948. Col. Particular Rothko Arte despois da 2ª guerra mundial Expresionismo abstracto
  • 13. • Rompeu coa pintura de cabalete empregando teas de grandes dimensións sobre as que executaba unha técnica persoal coñecida como dripping (goteo), consistente en chorrear a pintura sobre o lenzo disposto no chan e para finalizar a obra aplicaba, con brochas de gran grosor, raias, manchas e arabescos. Arte despois da 2ª guerra mundial Expresionismo abstracto: Jackson Pollock
  • 14. Arte despois da 2ª guerra mundial Expresionismo abstracto: Jackson Pollock
  • 15. • A obra de Pollock tamén se denomina pintura de acción (action painting) porque a súa obra está ligada á propia acción xestual do proceso de creación. • One: number 31. (1950). É unha obra de dimensións enormes que evoca os grandes lenzos do pasado. Realmente non ten un título como tal, é un nomeamento que deixa aberto o significado da obra. Desta forma o espectador enfróntase á pintura sen ningún dato que condicione a súa mirada. Arte despois da 2ª guerra mundial Expresionismo abstracto: Jackson Pollock
  • 16. One: number 31 a) Título: Un: número 31 b) Autor: Jackson Pollock c) Cronoloxía: 1950 d) Estilo: Expresionismo abstracto. Action paiting e) Material: óleo acrílico sobre lenzo f) Tema: abstracto. g) Localización: MoMA (Nova York)
  • 17. One: number 31 Introdución: Óleo e acrílico sobre lenzo, de grandes dimensións (2,69 x 5,30 m) pintado por Jackson Pollock en 1950 e que se atopa no MOMA (Museum of Modern Art) de Nova York. A pintura pertence ao Expresionismo Abstracto, corrente que se desenvolve nos EEUU tras da II GM e da que Pollock é un dos máximos representantes, creador do dripping (goteo e salpicaduras) e o expoñente principal da pintura de acción ou action painting. A vida e maila obra de Pollock foron vertixinosas. Nuns seis anos pasou de ser un artista case descoñecido ó recoñecemento mundial. Formado en Nova York, a xénese da súa produción pictórica amosa diferentes influencias: a dos muralistas mexicanos, na composición e nos grandes formatos (por exemplo Diego Rivera no mural Sono dunha tarde dominical na Alameda; e o de Siqueiros: O tormento de Cuauhtémoc ); a das vangardas europeas, nas cores e nos trazos áxiles e soltos -Picasso, Kandinsky ou Miró-; a dos indios navajos de América do Norte, cos seus rituais de pinturas de area. Os seus problemas de alcoholismo e as conseguintes terapias psicanalíticas, particularmente coas técnicas de automatismo, teñen tamén que ver coa xénese da súa obra. Con todas estes referentes, comezou traballando en lenzos de carácter figurativo (Male and Female, 1942). Unha pintura dura, mesta, de cores violentas, coñecida como fase totémica. No 1947 abandona a figuración e inicia unha das experiencias máis apaixonantes do século: o dripping (goteo). Non era unha técnica totalmente novidosa, xa Max Ernst a tiña empregado, pero Pollock dálle unha absoluta relevancia. Contexto: Coa II Guerra Mundial, o centro da arte occidental trasládase, por primeira vez, fóra de Europa. París cedíalle o cetro a Nova York. Moitos dos artistas das vangardas europeas, como Duchamp, Mondrian ou Dalí, exílianse nos Estados Unidos (Hitler cualificara as vangardas de arte dexenerada) e o MOMA actúa como difusor da arte das primeiras vangardas, en especial da obra de Picasso que sería de gran influencia para os artistas americanos apoiados pola galería de Peggy Guggenheim (Art of this Century). O mercado artístico collerá un pulo sen precedentes e determinará a
  • 18. One: number 31 creación artística, xa sexa como rexeitamento da obra como mercancía (na liña da arte conceptual e da arte de acción) ou como inserción e aproveitamento das súas canles (como será o caso do Pop Art). Os artistas dos anos 40, agrupados na denominada Escola de Nova York, son os primeiros en desenvolver unha linguaxe identitaria propia, afastada dos parámetros europeos e do rexionalismo americano. Imbuídos dun espírito de rebeldía creativa, decántanse polo informalismo (como en Europa, Tapies), é dicir por unha pintura que rompa coas formas da tradición e que fuxa de toda regulación e racionalidade. Esta pintura é a expresión dunha época marcada por profundos cambios sociais e políticos nun mundo que acaba de saír dunha guerra mundial, que ven de descubrir o horror dos campos de concentración, que está a experimentar coa bomba atómica -Hiroshima e Nagasaki- e que se acha inmerso no comezo da Guerra Fría. Partindo do automatismo surrealista, da espiritualidade herdada de Kandinsky (para quen toda arte é froito dunha necesidade interior) e do expresionismo europeo, os xoves artistas estadounidenses recorren a todo tipo de técnicas para deixar patente a pegada do artista na obra. A pincelada xestual, o goteo, as resgaduras (frottage) e os chorretóns, entre outros recursos, son os transmisores das emocións e sentimentos do artista. O resultado eran lenzos de gran forza visual que reflectían unha acción intuitiva desenvolta nun momento irrepetible. Isto denominouse Expresionismo Abstracto e Pollock foi o seu mellor representante, sen esquecer a De Kooning. O reverso do Informalismo foi a pintura de campos de cor (color-field paintings) desenvolta por Rothko. A improvisación, a xestualidade, o automatismo é substituído pola reflexión, a racionalidade e a meditación para crear amplas áreas rectangulares de cor intermediadas por zonas de transición. Análise: A Composición nº 1 é unha obra de dimensións enormes, unhas dimensións heroicas que evocan a grandiosidade dos grandes lenzos do pasado pero que era absolutamente novo na pintura moderna. Como todas as outras composicións xa non hai título, simplemente nomea as obras con números para abrir o significado da obra e non
  • 19. One: number 31 limitala coa significación dos títulos. Coloca o lenzo directamente sobre o chan, pois como el mesmo explica así sente que está dentro da pintura, xira no seu redor e entra nela, incluso quedan as pegadas das súas mans na parte superior dereita Prefiro pegar a tela sen enmarcar ao muro ou ao chan. Necesito a resistencia dunha superficie dura. No chan atópome mais ao meu aire. Síntome mais próximo ao cadro, penso que formo parte del xa que podo camiñar por arredor, traballar os catro lados e literalmente poñerme dentro. (...) Continuo separándome das ferramentas usuais do pintor, tales como cabalete, paleta, pinceis, etc. Prefiro paos, culleres, coitelos e gotear pintura fluído ou unha densa pasta con area, vidro moído ou outros materiais inusuais adicionados. O pintor xa non se sitúa diante do cadro senón que se mete dentro del. Do mesmo modo, o gran formato fai que o espectador non contemple a obra senón que se sinta dentro dela, que quede preso nese entretecido de cor que o pintor lle ofrece. Sobre a tela así disposta deixa caer a pintura, ás veces mesturada con outros materiais, mediante un goteo máis ou menos intenso xa sexa cun pincel, coa man, cun bote furado que leve pintura no seu interior ou lanzando directamente chorros de pintura. É a técnica do dripping ou goteo e salpicaduras que a miúdo retoca con cepillos. Toda a superficie pictórica se enche de cor e liñas, ou de liñas e cor xa que unha é a outra, non se diferencian como se facía tradicionalmente. De xeito automático e improvisado, sen planificación previa, deixando que a intuición controlada guíe a acción de pintar, acaba por crear unha inextricable maraña de redes filiformes que se engrosan ou adelgaza, que se cortan e superpoñen, que atravesan todo o lenzo e o ocupan por completo. Non hai baleiros, non hai centro nin motivo predominante, non hai composición a non ser ese varrido de liñas dispostas en completo horror vacui, non hai límites previos pois a pintura sobrepasa o lenzo ou este se corta despois de pintar. O resultado é un espazo óptico bidimensional totalmente cuberto de pintura e continuo, all over, capaz de expandirse ata o infinito. Emprega cores primarias e puras, sen mesturar. Nesta obra emprega branco, azul, amarelo, ocre, gris, negro e rosa lavanda. Aplicados con densidade acaban por xerar
  • 20. One: number 31 unha sensación de rugosidade táctil. Certamente a obra parece ter vida, obriga a dirixir a mirada en todas direccións, porque o que estamos a contemplar non é senón o acto creativo en si, a pegada do artista ou a pista sobre a súa execución, que se adiviña rápida, enérxica, posuidora dun frenético e axitado ritmo interno e que expresa o espírito do artista. O proceso creativo é o que importa, un proceso irrepetible e imposible de copiar, a action painting que para Pollock era unha especie de ritual, un estado de trance que conecta co primitivismo de Picasso, co automatismo surrealista, coa psicanálise e cos rituais navajos das pinturas de area. Pero un ritual no que conxuga a casualidade, a intuición e o control para crear unha técnica pictórica do presente. El mesmo explicaba Creo que as novas necesidades precisan novas técnicas, que o artista moderno atopou novos camiños e novos medios de transmitir a súa mensaxe. Creo que o pintor moderno non consegue expresar a época na que vive, o avión, a bomba atómica, a radio, cos métodos que se empregaron no Renacemento e noutras culturas do pasado. Cada época atopa a súa propia técnica. Pollock trata de crear unha arte universal, que non remitira a ningún tipo de iconografía propia dunha cultura determinada e que puidera ser entendida por todos. Tres anos antes da súa morte nun accidente de tráfico, con a penas corenta e catro anos, entra nunha depresión ao entender que as posibilidades do dripping estaban esgotadas. Influencias: considerada o paradigma da nova arte norteamericana, o seu particular estilo creativo interpetouse como un precedente dos happenings, performance e da body art.
  • 22. •O resultado desta acción abandona a idea tradicional de relacións entre partes. •Non existe ningún centro de atención principal do cal se deriven o resto de elementos. Arte despois da 2ª guerra mundial Expresionismo abstracto: Jackson Pollock
  • 23. • Aparece en Europa pouco antes do fin da Segunda Guerra Mundial. Baixo este termo agrúpanse artistas europeos que traballan a pintura abstracta na década dos 40 e 50. • Dentro do informalismo temos a obra de Antoni Tapies e mais concretamente na vertente de “Pintura matérica” xa que as súas obras acollen outros materiais ademais de pintura para conseguir relevo. Arte despois da 2ª guerra mundial Informalismo
  • 24. • O lenzo incorpora a pegada persoal do artista, que, por enriba de calquera outro condicionante, impón a súa liberdade creadora, tanto na elección dos materiais como na técnica empregada, e mesmo no xesto ou na forma en que interactúa co soporte e cos materiais. • As técnicas empregadas son o collage, frottage ou dripping. • Sobresaen os artistas franceses Fautrier e Dubuffet, o grupo catalán Dau al Set con Tàpies e Cuixat e o grupo madrileño El Paso con Millares, Saura e Canogar. Arte despois da 2ª guerra mundial Informalismo
  • 25. Arte despois da 2ª guerra mundial Informalismo: Antoni Tàpies • Antoni Tàpies, nacido en Barcelona no seo dunha familia burguesa e catalanista, foi persoa comprometida politicamente contra da ditadura franquista. • De formación autodidacta, soubo pasar dun realismo inicial a un primeiro surrealismo máxico con influencias de Miró e Klee para continuar cara á abstracción xeométrica e ó informalismo e a pintura matérica. A produción de tapies caracterízase por unha busca das calidades táctiles da materia pictórica, a terra, as arpilleiras, chatarra, madeira, roupa vella, xeso, vidro, ... cos que engade todo tipo de texturas á súa obra.
  • 26. Pintura a) Título: Pintura b) Autor: Antoni Tàpies c) Cronoloxía: 1955 d) Estilo: Informalismo e) Material: técnica mixta sobre lenzo f) Tema: abstracto. g) Localización: Reina Sofía (Madrid)
  • 27. Pintura 1955 Introdución: é unha das obras máis representativas da produción madura de Tàpies, na que utiliza unha linguaxe informal que debe interpretarse, no contexto do franquismo, como unha investigación xenuinamente artística pero tamén como unha forma de crítica política. Contexto: A arte estadounidense posterior á II Guerra mundial, decantarase polo Informalismo, entendendo por tal non unha tendencia concreta senón un espírito de rebeldía creativa que fracturaba a conexión coas formas da tradición e renunciaba á programas conceptuais como modo de creación de escolas, primaba ante todo a individualidade. É o que fixeron Pollock ou de Kooning. Do mesmo modo en Europa, a tendencia informalista domina o desolador panorama artístico de posguerra. En España, a situación era aínda máis complexa, pois a identificación da II República coa arte de vangarda, supuxo que a derrota militar daquela tras da guerra civil, levase aparellada a práctica desaparición de calquera tipo de tendencia plástica de carácter progresista. Os principais grupos de pintores abstractos españois son o Grupo Pórtico de Zaragoza, o Dau al Set de Barcelona, ó que pertenceu Tápies, e El Paso de Madrid. As figuras principais son, xunto con Tàpies, Saura, Canogar e Millares, entre outros. Son eles os que conseguiron conectar a arte española coa arte internacional, tras décadas de illamento.
  • 28. Pintura 1955 Análise formal: cabe destacar, en primeiro lugar, que se trata dun lenzo dun tamñao considerable (145 x 96 cm), que presenta unha gama cromática restrinxida ás corres terra que son características da obra de Tàpies deste período. Representante da tendencia matérica do informalismo, o pintor serviuse a miúdo da mestura de po de mármore, pigmento e aglutinante que aplicaba sobre o soporte con apariencias semellantes á que temos nesta obra: unha superficie matérica sólida, froito da aplicación da argamasa obtida mediante a mestura. Esta superficie (o lenzo cuberto) actúa como un novo soporte para a aplicación da técnica xenuinamente informalista coñecida como grattage (esas características marcas rascadas sobre o soporte), ademais da incorporación de signos como a cruz moi recorrente na obra de Tàpies. A estética xeral da obra está completamente afastada dos canons tradicionais de beleza. Pode falarse dunha estética da pobreza. Temática: tratándose dunha obra xenuinamente abstracta non existe unha iconografía ou un tema específico, posto que non se pretende representar a realidade mimética. O título, propicia unha interpretación en clave exclusivamente pictórica. Con todo, as obras do artista foron interpretadas en ocasións, como evocacións da idea do “muro”. Resulta revelador contextualizar esta interpretación no marco do período de privación de liberdade do franquismo. Neste aspecto o muro podería comprenderse en dous sentidos: Muro como límite coas súas características superficies matéricas e doutra banda, muro como plataforma de comunicación tal como sucedo hoxe en día cos graffiti.
  • 29. • A arte minimalista é unha corrente artística xurdida nos anos 60 en Estados Unidos. Ten como tendencia reducir as súas obras ao fundamental, baseándose na xeometría elemental das formas. É unha tendencia que se opón a subxectividade do expresionismo abstracto e apóianse nunha xeometría moi pura e simple. • Hai tamén un desexo de ocultar a man do autor e así as obras soen ter un acabado industrial, impersoal que lles quita calquera aspecto de manualidade. • É unha arte na que a obra non quere representar nada, simplemente é. Os obxectos teñen a única finalidade de facernos experimentar como nos afecta a súa presenza, tanto a nós coma ó espazo que habitamos. Arte despois da 2ª guerra mundial Minimalismo
  • 30. Equivalente VIII a) Título: Equivalente VIII b) Autor: Carl Andre c) Cronoloxía: 1966 d) Estilo: Minimalismo e) Material: ladrillos refractarios f) Tema: abstracto. g) Localización: Tate Modern (Londres)
  • 31. Introdución: Carl André (1935-), artista estadounidense se adicou fundamentalmente á escultura na arte conceptual, na arte minimalista e no Land art. Usa principalmente materiais industriais (como no caso que nos ocupa ladrillos cerámicos), madeira ou metal, preocupándose sempre pola busca de formas xeométricas perfectas. Contexto: A arte minimal é un estilo artístico xurdido nos anos 50 nos EEUU vencellado dende un principio á xeometría como obxectivo formal. Deriva directamente do construtivismo ruso e do neoplasticismo. Os artistas deste movemento queren conseguir o maior nivel de abstracción posible polo que se someten a unha xeometria moi pura e simple. Así se reducen os detalles ó máximo (de ahí o nome do estilo), apostando pola simplicidade e eliminando os elementos sobrantes. Ademais de formas xeométricas simples tamén empregan cores puras, para conseguir orde e precisión. Hai tamén un desexo de ocultar a man do autor e así as obras soen ter un acabado industrial, impersoal que lles quita calquera aspecto de manualidade. É unha arte na que a obra non quere representar nada, simplemente é. Os obxectos teñen a única finalidade de facernos experimentar como nos afecta a súa presenza, tanto a nos coma ó espacio que habitamos. Outros autores ademáis de Carl André son Donald Judd e Sol Lewitt. Análise: Estamos diante de 120 ladrillos refractarios dispostos en dúas capas de 10x6 ladrillos. Obra dun escultor que non esculpe, nin talla nin modela, nin funde, toma materiais e os dispón, iso é todo. Nin sequera as monta sobre un pedestal. Mais esas configuracións formais adquiren significado por si mesmas e polo espazo que ocupan obrigando ó espectador a rodealas ou, se o considera, a pisalas. Esta obra pertence a unha instalación maior chamada Equivalent Series realizada no ano 1966 na Galería Tibor Nagy de New York e que se compoñía de 8 formacións diferentes -sempre da mesma altura- de 120 ladrillos -polo tanto, sempre o mesmo volume-, que superpostos en dúas capas ocupaban todo o espazo da sala e así os espazos baleiros semellaban ser parte indisoluble do conxunto da obra. Entendemos dende este punto de vista o título da obra, xa que cada formación aínda que con distinta configuración ten exactamente a mesma masa, peso e volume, é dicir son equivalentes. Equivalente VIII
  • 32. As oito series de Equivalente (1966)
  • 33. André quería xerar a sensación de horizontalidade extrema que recorda o nivel da auga e o espazo entre as esculturas era tan importante como os ladrillos mesmos polo que é chamativo como é posible que máis tarde se venderan as obras por separado rompendo esta unidade espacial. André solucionouno en parte creando en 1995 unha reprodución desta exposición para devolverlle a unidade á obra. A compra da obra pola Tate Modern supuxo un pequeno escándalo xa que moita xente cuestionou mercar 120 ladrillos por 2.000 $, pero como pasa habitualmente co mundo da arte a obra se revalorizou, e hoxe está tasada en torno ós 850.000 $. “A escultura resulta completamente abstracta, claramente concisa, simétrica, premeditada e carente de calquera tipo de efectismo. O artista elaborouna do xeito máis impersonal posible. André no quere que pensemos que Equivalencia VIII é outra cousa que o que é: 120 ladrillos que forman un rectángulo, pero… si é unha obra de arte, cal é o seu obxectivo? Simplemente ser vista, disfrutada e xulgada en termos exclusivamente estéticos e materiais, polo seu aspecto formal e as sensacións que xenera. Non hai que interpretar a obra, nin hai ningún significado oculto que desvelar, cousa que na miña opinión é moi liberadora. Por unha vez non falta trucos nin coñecementos especializados, só se trata de tomar unha decisión: gústame ou non? A min me gusta!” Will Gompertz: ¿Que estás mirando? 150 años de arte moderno en un abrir y cerrar de ojos. Madrid, Taurus, 2013. A súa obra causou tanta controversia como o urinario de Duchamp. A prensa satirizou o asunto. Modelos e influencias: modelo no construtivismo ruso. Influencias: relacionábanse coas instalacions, onde a plástica escultórica ten un gran protagonismo formal e conceptual. Equivalente VIII
  • 34. Equivalente (1966) A súa sátira en prensa
  • 35. • A arte conceptual é un movemento artístico no que a conceptualización da obra é máis importante que o obxecto en si. • O movemento conceptual na arte aparece a finais dos anos 60 con manifestacións moi diversas. A idea principal que subxace en todas elas é que a verdadeira obra de arte non é o obxecto físico producido polo artista, senón que consiste en conceptos e ideas. Herda un forte compoñente tomado dos ready-made de Marcel Duchamp. Arte despois da 2ª guerra mundial Arte conceptual
  • 36. Unha e tres cadeiras a) Título: Unha e tres cadeiras b) Autor: Joseph Kosuth c) Cronoloxía: 1965 d) Estilo: Arte conceptual e) Material: cadeira de madeira pregable, copia fotográfica da cadeira e ampliación da definición de “cadeira” dun dicionario. f) Tema: conceptual. g) Localización: MoMA (Nova York)
  • 37. Introdución: Joseph Kosuth (1945-), artista estadounidense formado no campo artístico así como nas disciplinas da filosofía e antropoloxía. O seu traballo abraza as ideas artísticas de Duchamp, pero tamén as teorías dos filósofos Ludwig Wittgenstein (no seu homenaxe titulou a súas obras máis coñecidas como “Investigacións”) e A. J. Ayer. Contexto: A arte conceptual, coñecida como idea art, information art ou software art, é un movemento artístico no que a conceptualización da obra é máis importante que o obxecto ou a súa representación real. A idea acerca da obra prevalecen sobre os aspectos formais ou sensibles. O movemento conceptual na arte aparece a finais dos anos 60 con manifestacións moi diversas. A idea principal que subxace en todas elas é que a verdadeira obra de arte non é o obxecto físico producido polo artista, senón que consiste en conceptos e ideas. Herda un forte compoñente tomado dos ready-made de Marcel Duchamp. Na arte conceptual, a idea, o concepto, prima sobra a realización material da obra, e o mesmo proceso (notas, bocetos, maquetas, diálogos …) pode ser exposto para mostrar a orixe e desenvolvemento da idea inicial. Outro elemento a resaltar desta tendencia é que require unha maior implicación do espectador non só na forma de percibilo senón coa súa acción e participación. En definitiva, a arte conceptual pretendeu demostrar que se podía facer arte sen necesidade de desembocar en cousas (artísticas), que existe experiencia estética sen estar mediada por la obxectualidade. Non se apela ao goce inmediato derivado da contemplación, senón ao xuízo e a contemplación reflexiva. Desta maneira, a exhibición final da obra carece de valor respecto ao proceso creativo e á elaboración da obra. É esta unha forma de expresión onde os obxectos presentados invitan á estimulación intelectual de quen os observan, destacando na obra de arte esta capacidade de estimulación sensorial. Os medios utilizados para levar a cabo esta tarefa son o texto, a fotografía, e o vídeo, os cales presentan todas as características necesarias para levar a cabo a misión de que a idea tras da obra é máis importante que a obra en sí. Entre os seus máis importantes representantes atópanse artistas como Joseph Kosuth, Laurence Weiner, Dennis Oppenheim, Walter de María … Unha e tres cadeiras
  • 38. Análise: Obra formada por unha cadeira de madeira, a fotografía da mesma e a ampliación fotográfica da definición da voz “cadeira” no dicionario. É considerada unha obra emblemática da arte conceptual. Na obra hai tres cadeiras: a definición dunha cadeira (dereita), a foto dunha cadeira (esquerda) e, por último, a cadeira (no centro). O artista pon de manifesto que non é necesaria a creación dos obxectos, chega coa definición dos mesmos. A través dun obxecto non artístico como unha cadeira, crea un concepto, unha idea, a idea da cadeira amosándonos o obxecto, a súa representación (fotografía) e a súa definición (texto). É un único elemento ou son tres elementos diferentes? Ver a cadeira como obxecto fai que irremisiblemente pensemos en Duchamp. A obra de Kosuth remite á descontextualización de obxectos, que tanto desenvolvera Duchamp durante os ano 1913 e 1921 cos seus “ready-made” ou “xa feitos”. Ante obras como "unha e tres cadeiras" non cabe máis que preguntarse que é a arte, que é o artista, que é o que debe facer, e ata onde todo pode entrar no terreo do artístico. Asistimos así a un traballo autorreflexivo cuxo centro de atención non é o obxecto alí presentado. O foco está na arte mesma. Todo na obra é un acto de representación – trátase diso- de algo que é inmaterial e que ten moitas formas de manifestarse: a idea da cadeira. Trátase dun intento de aproximarse á totalidade dun concepto mediante multiplicidade de representacións. Kosuth, a través das súas indagacións nas teorías dos filósofos Wittgenstein e A. J. Ayer, descobre que a realidade atópase na linguaxe, que é o único que permite a posibilidade de coñecer e comunicar a realidade. Desta maneira, Kosuth aplicou as teorías da linguaxe á arte; as ideas e significados dos obxectos pasaban a formar parte da propia obra, adoptando o paso da apariencia ao concepto e reivindicando o proceso mental para chegar a un resultado artístico, destacando que a arte é moito máis que a presentación de obxectos decorativos. Unha obra como “Una y tres cadeiras” logra: unir o artístico co lingüístico, xuntar os obxectos coas palabras, articular a imaxe co discurso. Unha e tres cadeiras
  • 39. Esta obra de Kosuth de 1965 é un exemplo claro da evolución intelectual que sufriu a arte, sobre todo na segunda metade do s.XX. Dende a arte gremial da Idade Media ata o impresionismo, a obra final era a gran protagonista, e a ela asociábase o proceso técnico. Pero coa chegada dos dadaístas, e fundamentalmente, de Marcel Duchamp, empeza o verdadeiro cuestionamento de “que é a arte?”. O que nos vén dicir Kosuth é que a arte é un estado mental. Tan importante, ou máis, é o proceso intelectual como a plasmación do mesmo. Situar a idea por riba de nocións como beleza ou estilo, intocables ata o século XX, era revolucionario. A Arte, con maiúsculas, é unha forma de pensar o mundo. “Son un artista nunha época no que a filosofía morreu" Joseph Kosuth Unha e tres cadeiras
  • 40. Arte despois da 2ª guerra mundial Arte Pop ou Pop Art
  • 41. • A arte pop ou pop art foi unha tendencia que apareceu a partir dos anos 50. O termo provén da “arte popular” que crea a cultura da publicidade de masas, aínda que mais tarde ampliouse para abarcar a actividade de aqueles artistas que usaban imaxes populares dentro dun contexto de arte culto ou de elite. • É unha arte que utiliza a linguaxe popular para conectar co sector da sociedade máis amplo posible e por iso extrae os seus motivos da rúa, elixindo os elementos máis representativos ou estereotipados como marcas de alimentos, actores famosos ou personaxes de cómics. Arte despois da 2ª guerra mundial Arte Pop ou Pop Art
  • 42. • A representación será clara e directa, evitando calquera esforzo do espectador, posto que é unha arte inspirada nas masas e para as masas. Por iso a arte pop segue os mesmos principios da publicidade, buscando a máxima simplicidade no deseño e cores básicas. • Unha novidade importante é a seriación. Introducen procedementos industriais, recorrendo á reprodución en serie da imaxe ou resaltando signos deste proceso na obra. Con isto rompen co valor de orixinalidade e unicidade que ata agora se esixía a unha obra de arte. Arte despois da 2ª guerra mundial Arte Pop ou Pop Art
  • 43. Entre os artistas máis representativos do Pop temos a Lichtenstein e a Andy Warhol. Lichtenstein Muller no baño Warhol, Marilyn. 1964 Col. Particular Arte despois da 2ª guerra mundial Arte Pop ou Pop Art
  • 44. •Deu os seus primeiros pasos no mundo publicitario. •Realmente o que fixo foi unha prolongación, unha multiplicación dos símbolos cos que sempre traballara. Arte despois da 2ª guerra mundial Arte Pop ou Pop Art: Andy Warhol
  • 45. • A súa técnica favorita é a serigrafía, que lle permite fabricar en serie, como unha fábrica. Nas súas serigrafías representa imaxes de Marilyn Monroe, Elvis Presley..., botes de sopa, unha e outra vez recóllense os símbolos da sociedade americana e os converte en obras de arte, sacralízaos ao situalos nos museos. Arte despois da 2ª guerra mundial Arte Pop ou Pop Art: Andy Warhol
  • 46. Marilyn Monroe a) Título: Marilyn Monroe b) Autor: Andy Warhol c) Cronoloxía: 1962 d) Estilo: Arte Pop e) Material: serigrafía. f) Tema: retrato. g) Localización: MoMA (Nova York)
  • 47. Introdución: Serigrafía sobre lenzo, realizada por Andy Warhol nos anos 1960. Warhol é un dos máximos representantes do Pop Art americano, da nova vida dos anos 60 e exemplo da incidencia do mercado e dos medios de comunicación na arte contemporánea. Aínda que comeza facendo debuxos publicitarios e cadros coa temática do cómic, pronto pasará a pintar personaxes famosos , como é o caso de Marilyn Monroe e obxectos cotiáns, como os coñecidos botes de Sopa Campbell. A obra pertence pois ás súas series de personaxes famosos e é un das moitas que Warhol realiza sobre Marilyn, posto que a serigrafía é unha técnica que permite a reprodución case infinita da obra. O Pop Art sería a expresión dun tempo novo no que o consumo, o rock&roll e a cultura xuvenil acadan gran importancia neste momento en detrimento de outras formas de arte mais elitistas e reflexivas. Contexto: O Pop Art é un movemento artístico que nace a mediados dos anos 50 no Reino Unido (David Hockney) e nos Estados Unidos (Warhol, Lichtenstein, Wasselmann) e que acada moita forza nos anos 60. Ten o seu antecedente directo na obra de Eduardo Paolozzi na obra I was a Rich Man's Plaything (1947), un collage no que mestura obxectos da vida de acotío como representación da sociedade da época. É a primeira vez que aparece a palabra Pop. Inician un proceso de renovación plástica que trata de responder á excesiva intelectualización da arte e ó seu conseguinte afastamento do público, como sucedía coas elitistas mostras do Expresionismo Abstracto ou do Minimal. Dun xeito irónico, cínico e provocador, os artistas pop cuestionan a sociedade de consumo e poñen en dúbida o lugar da obra de arte, agora un obxecto máis de consumo, efémero e reproducible. Reivindican a arte para a masa, unha arte popular (de aí o termo) que se serva dunha linguaxe que poida chegar a todo o mundo. Non se trataba de indagar no folclore ou na tradición senón de representar as subculturas propias das economías avanzadas eliminando as fronteiras entre a alta e a baixa cultura. Retoman a figuración, unha figuración obxectiva e simplificada coa que rexuvenecer os contidos agora cheos de espírito xuvenil e divertido. Se viven nunha sociedade de benestar e fortemente consumista, a arte ha representar esa sociedade centrada na vida fácil, sen preocupacións de tipo político ou existencial. Utilizarán todos os recursos que os Marilyn Monroe
  • 48. fácil, sen preocupacións de tipo político ou existencial. Utilizarán todos os recursos que os medios de comunicación de masas poñen á súa disposición: o cómic, a fotografía, o cartel publicitario, a fotonovela, a moda, a música, a televisión; deles extraen as imaxes icónicas da sociedade de consumo e do novo estilo de vida que está nacendo (as estrelas de cine, os produtos comerciais, as piscinas das vivendas burguesas); e repetirán en series os seus produtos de tal modo que a man do artista vai perdendo importancia no canto da produción por medios mecánicos e semimecánicos, como é o caso das serigrafías de Warhol. Do mesmo modo que para as imaxes, as novidades reflíctense nos materiais -pinturas acrílicas, plásticos- e nas cores fluorescentes e metálicas. Os obxectos de acotío acadan agora un status artístico que non se entendería sen Duchamp (object trouvé ou obxectos atopados), nin sen os collages e fotomontaxes das primeiras vangardas. É por iso que as obras pop reflicten unha frialdade en consonancia coa simplicidade de contidos, unha superficialidade consciente que Warhol expresaría deste xeito: Se queredes saber todo o relacionado co suxeito Warhol, mirade simplemente a superficie dos meus lenzos e dos meus filmes e de min mesmo; aí estou! Non hai nada mais detrás. Aínda sen efectuar unha crítica implícita, algunhas obras pop amosan certa crítica á sociedade de consumo ó presentala fora do seu contexto para que a relación do espectador co produto sorprenda e motive a reflexión sobre a alienación do individuo. O Pop finaliza coa idea de sacralización da obra de arte que xa empezara co Dadaísmo, e expande a arte ao mundo cotián. Emprende estas actividades na Factory. Análise: A serigrafía de Marilyn Monroe é unha das obras mais coñecidas de Warhol que reproduce unha fotografía da diva do cine americano e sex-simbol da época. Foi realizada por Warhol cando a actriz xa desaparecera e á que a fama que lle precedería, para o cal Warhol tamén contribuíu coa súa obra, sería moito maior ca que tivera en vida. Está feita sen prestar atención ao detalle e con cores planas de vivos contrastes cromáticos. A configuración da obra en dous planos, sen profundidade nin perspectiva, remite á linguaxe do mundo do cómic e da publicidade, ao mundo xuvenil e da cultura de Marilyn Monroe
  • 49. masas propias dos anos 60. Esta obra encádrase nunha serie de cadros que o artista realiza a inicios dos anos 60 de personaxes famosos como James Dean ou Marlon Brando, obxectos do mundo cotián como as botellas de Coca Cola ou os botes de sopas Campbell. Todos eles símbolos da sociedade do momento que mostran a súa superficialidade, a banalidade sen ningún tipo de subxectividade ou reflexión persoal. A obra pertence a unha serie na que remite o mesmo motivo ata a saciedade, algo que lle permite a técnica da serigrafía que se convertería no seu selo persoal. A Warhol gustáballe a impersonalidade froito deste tipo de traballo semiautomático, pois el chegou a afirmar que o que mais lle gustaría sería acabar convertido nunha máquina. A cara de Marilyn, reproducida infinidade de veces, resaltaba a superficialidade e a banalidade da fama como algo pasaxeiro e no fondo, tráxico. Warhol, que buscaba obsesivamente a fama e que chegaría a ser toda unha estrela en vida no ambiente de Nova York, adoraba todo o que tiña que ver coa fama e a súa fugacidade. Chegaría a afirmar que toda persoa ten dereito a quince minutos de fama. Así pois, partindo dunha imaxe popular, modificando as cores, acada un resultado visiblemente distinto pero obxectivamente igual. Marilyn Monroe
  • 50. • Hiperrealismo: en 1966 no Guggenheim de Nova York danse a coñecer unha serie de artistas obsesionados pola repordución case literal da realidade; a fotografía constituíu unha parte esencial na súa obra. • O hiperrealismo aparece como sucesor do Pop, e en certa forma, vinculado a el, de aí o seu interese polos aspectos triviais da sociedade de consumo e polas imaxes populares da cultura underground. • Poden distinguirse dúas tendencias: unha vinculada ao realismo fotográfico de orixe pop e outra más conectada coa tradición pictórica occidental na liña do academicismo burgués, inspirada nos grandes mestres. • Notas comúns das dúas tendencias son a exactitude, sobriedade da representación e o seu carácter distanciado e frío. O recurso a procedementos ilusionistas e o uso da cámara fotográfica. • En España o artista máis representativo é Antonio López. Arte despois da 2ª guerra mundial Outras tendencias
  • 52. • Abstraccións xeométricas: enlazan cos movementos de entreguerras que están marcados por un forte racionalismo. Defenden a abstracción xeométrica e o uso de cores planos, así como a búsqueda do esencial. • Nesta liña está a arte Minimal, o Estruturalismo inglés, o Op- Art, a arte Cinética e o Cibernético. • O Op-art busca lograr efectos ópticos e luminosos cunha técnica impersonal, xeométrica baseada na idea da repetición. • O Cinético introduce o movemento real e tamén a luz, emprega motores, plásticos... E pódese aplicar ao escaparatismo ou a calquera outro ámbito. • O Cibernético apoiase nas posiblidades dos ordenadores. Arte despois da 2ª guerra mundial Outras tendencias
  • 54. • Nos últimos anos conviviron correntes mois dispares como Arte Povera, ou arte pobre, case de desfeito. Landa Art que xoga coa natureza e os grandes espazos abertos (por iso só queda constancia fotográfica), a Arte conceptual onde é relevante a idea, non a realización e as Instalacións (arte efímero que utiliza directamente o espazo de exposición, a menudo a obra e transitable polo espectador e este pode interaccionar con ela). • A partir dos anos 80, a crítica denominou Posmodernidade a unha ampla gama de manifestacións que se caracterizan pola disolución dos discursos artísticos globais; a perda da homoxeneidade; retorno ás imaxes, co conseguinte abandono da estética reducionista; fragmentación; eclecticismo. • As dúas tendencias europeas máis importantes son: transvangarda italiana e os novos salvaxes de alemaña. • En Norteamerica, utilizan obxectos industriais de consumo habitual, repertorios figurativos e abstractos, así como fotografías publicitarias. Outros grupos do panorama americano son os artistas dos Graffiti ou os chamados nova imaxe. Tendencias Posmodernas