Unidade 18: pintura despois de 1945

1,584 views

Published on

0 Comments
1 Like
Statistics
Notes
• Be the first to comment

No Downloads
Views
Total views
1,584
On SlideShare
0
From Embeds
0
Number of Embeds
599
Actions
Shares
0
Downloads
40
Comments
0
Likes
1
Embeds 0
No embeds

No notes for slide

Unidade 18: pintura despois de 1945

1. 1. UNIDADE 18 ARTE DESPOIS DE 1945
2. 2. 1. A ARTE DESPOIS DA II GUERRA MUNDIAL

Tralo remate da II GM, o panorama político e social muda radicalmente  declive europeo e ascenso irresistible de USA  sociedade americana marca e difunde pautas de moda e arte  Nova York toma o relevo de París e Berlín coma capital artística de occidente.

As novas tendencias seguen o exemplo das vangardas  continúan a ruptura coa pintura tradicional  divorcio entre arte e gran público  dependencia do artista en mans de galerías e críticos que promoven cambio artístico en función do comercio  conversión da obra de arte nunha produto con fins mercantís.

3. 3.

Expresionismo abstracto (ou informalismo americano) = tendencia heteroxénea dos anos corenta que exalta mecanismos creativos irracionais  signos informais en espazo indefinido  obxectivo = expresar o inconsciente colectivo da sociedade.

Principais artistas:

 Jackson Pollock (1912-1956) : identifica acto creador con acto físico de pintar ( o importante non é o que se pinta, senón como se pinta)  ritmo gráfico violento (segundo o seu estado de animo)  nova técnica: dripping = desplázase ao redor do cadro pingando e esparexendo pintura

2. EXPRESIONISMO ABSTRACTO
4. 4.

 Willem de Kooning (1904-1997): combina figuración e abstracción  violentos brochazos de figuras monstruosas en espazo enrarecido.

5. 5.

 Mark Rothko (1903-1970) : expresa a súa intimidade en grandes rectángulos de cor sobre fondos de veladuras (transparencias).

6. 6.

Na España franquista, destaca o catalán Antoni Tàpies (1923)  informalismo matérico = cadros sen figuración centrados na expresividade de materiais  texturas insólitas de cromatismo escuro e sobrio

7. 7. 102. NÚMERO 1 JACKSON POLLOCK

Expresionismo abstracto

Pintura e esmalte sobre lenzo.

MOMA, New York. 1949.

Técnica de dripping ou goteo.

8. 8.

En 1947 Pollock comezou a experimentar coa técnica que máis popularidade e fama lle daría: o dripping ou goteo, consistente na aplicación directa da pintura sobre o lenzo, disposto horizontalmente no chan = método directo e inmediato (sen mediación de instrumentos tradicionais) que cadraba ben coas ideas metafísicas de Pollock, o se u desexo de apurar ao límite e esgotar o acto de pintar  espontaneidade dunha técnica onde o azar xoga un papel decisivo, e a súa audacia condúcelle cada vez máis lonxe  acad dimensión monumental de verdadeiros frescos.

Figuración desaparece, e o xesto e o ritmo gráfico define a obra  arabesco de filigranas, feitas ás veces con botes furados ou pingando co pincel = pintura de acción.

Pollock converte así o acto de pintar nun verdadeiro rito, experiencia vital febril, na que o artista traduce literalmente o seu ritmo xestual e físico en ritmo pictórico  manchas e liñas sobre a superficie da tea = choiva de cor e vitalidade.

9. 10.

Nas súas composicións desaparece todo centro de atención, suprime a xerarquía de formas e todo é unha maraña continua que se espalla fóra dos límites do lenzo.

Nesta obra, onde amosa un pleno dominio do dripping, apreciamos o máis característico de Pollock: mestura de cores, liñas e goteos que crean na pintura a sensación de movemento e ritmo, de enerxía e vitalidade nerviosa propia do artista.

A partir de 1950, Pollock prescinde desta intensidade cromática e reduce a súa paleta a un expresivo branco e negro. Aínda que volvería á cor, un acelerado proceso autodestructivo lévalle a abandonar a pintura anos antes do accidente de automóbil que lle costou a vida.

10. 11. 103. PINTURA ANTONI TÀPIES

Pintura informalista matérica.

Materias diversos.

1955/1960.

11. 12.

Antoni Tàpies irrompe na pintura internacional en 1953 co éxite dunha exposición en Nova York, xusto cando a súa obra, evolucionando do dadaísmo e surrealismo, adopta o informalismo, que daquela triunfaba en Europa en pararlelo ao expresionismo abstracto americano.

En Tàpies carece de sentido a dualidade abstracción/figuración. Hai obxectos nos seus cadros pero non representan senón que son parte da pintura e están tratados ao mesmo nivel cás concentracións de materia ou os signos pictóricos.

A súa pintura procura perturbar a percepción, facernos partícipes da realidade máis problemática que se acha trala rutina, mudar o xeito convecional de vermos, levarnos a unha contemplación máis profunda e auténtica.

12. 13.

O seu sentido da cor fuxe de harmonías e contrastes, e adopta tons significativos, inseparables da materia ou da imaxen que evocam.

A materia densa e concentrada que o artista manipula de diversos xeitos, así como a mestura de texturas a base de papel, coiro ou cementos coloreados, dominan a superficie da tea. A pintura constrúe imaxes insólitas, enigmáticas, á vez concretas pero de significado aberto a mil suxestións, cambiando a visión que a xente ten do mundo.

Tales imaxes daoitan, como na obra que comentamos, presentarse illadas ocupando gran parte da superficie do lenzo, mantendo certa simetría. Densos empastes préstanlle sensación de volume. O ton neutro e gris do fondo salienta aínda máis o protagonismo das figuras.

13. 14. 3. O POP ART

O Pop Art asume a cultura visual de masas coma tema e linguaxe artística. De orixe inglesa, asume o estilo de vida americano. Coma Dadá, válese de obxectos triviais e traballa con productos de consumo preexistentes  reivindicación do seu valor artístico.

Principais artistas:

 Roy Lichtenstein: parte de imaxes de comic, copiando o debuxo no lenzo por medios mecánicos  aspecto impersoal e acabado industrial

14. 15.

 Andy Warhol (1928-1987): inventa imaxes serializadas de obxectos de consumo ou mitos da sociedade de masas. A súa intervención minifícase  elixe o tema e deseña a imaxe que se realiza con medios mecánicos de produción en serie.

15. 16. 104. SOPA CAMPBELL ANDY WARHOL

Pintura pop-art.

Acrílico sobre lenzo.

1967.

Varias réplicas.

Motivo: artigo de consumo.

16. 17.

Considerado coma o artista máis representativo e enigmático do Pop art, Warhol iníciase na publicidade comercial, pasando á pintura en 1960. Principia con personaxes sacados de cómic, tema que deixa pronto  introdución na iconografía de obxectos de consumo masivo (latas de Campbell´s ou botellas de Coca Cola.

Desde 1962 adopta a técnica da serigrafía = impresión filtrando cores a través dunha trama de seda impermeabilizando as partes do tecido que deben ser opacas  desenvolvemento dunha peculiar temática de facianas de personaxes famosos (Marilyn Monroe ou Jackie Kennedy) e obxectos de consumo procedentes da publicidade. O emprego de cores puras e rechamantes proporciona ás obras o impacto espectacular das imaxes publicitarias.

17. 18.

O seu labor fica en elexir o motivo estereotipado dos medios de comunicación, encadralo e ordear ao obradoiro de serigrafía unha ampliación de tamaño preciso. Logo decide o formato final: nº de veces que repite o motivo (recurso para magnificar a imaxe), e as cores que van a utilizar, imprimindo de seguido sobre papel ou tea. Pero pronto instala a súa famosa Factory, rodeado de colaboradores  fabricación plenamente industrial de productos uniformes e mecánicos que inundarán o mercado da arte, converténdose nunha celebridade extravagante e cultivando a súa propia imaxe coma obxecto de consumo.

Nesta obra, a lata de sopa ofrécese ao espectador como un producto de consumo, nunha linguaxe totalmente publicitaria mediante un primerísimo primer plano sen fondo que acapara toda a atención do espectador, para o que se axuda dunha combinación espectacular de cores (turquesas, vermellas,…).

18. 19. 4. A NOVA FIGURACIÓN

New Figuration = rección contra o informalismo, conecta co realismo descarnado do Expresionismo histórico.

Destaca o inglés Francis Bacon  imaxes arrepiantes, entre abstracción e figuración  reflexan horrores do seu tempo con figuras amorfas que se retorcen en espazos claustrofóbicos.

19. 21. 105. RETRATO DE HENRIETTA MORALES FRANCIS BACON

Nova Figuración.

Óleo sobre lenzo. 1966.

Motivo: retrato nu feminino.

20. 22.

A obra de Bacon táchase en moitas ocasións de expresionista polas súas deformacións, pero o único que ten en común con eles é a violencia do xesto pictórico e o seu impacto no espectador. Aposta sobre todo pola figuración e cocretamente pola representación da figura humana coma tema case único, pero a distorsión das figuras non reflecte o estado de ánimo do pintor, como faría un expresionista, senón que obedece a un xesto distinto de representar, de forma anticonvencional  reflexión do espectador.

A posta en escena de Bacon funciona desde á tensión entre figura e espazo. A figura humana aparece nos límites da disolución, no intre mesmo de comezar a ser irreconocible.

21. 23.

A figura aparece como unha orxía de carne lacerada, herida e tensa. Polo contrario o espazo pintado é rigorosamente ortodoxo: obxectos identificables coma caixas espaciais prismáticas que prolongan o noso espazo, sen símbolos de ningún tipo.

A presencia humana é básica en toda a obra de Bacon  retrato = xénero máis abundante da súa produción.

Bacon prefire usar fotos que modelos reais, para non perturbar o proceso creativo. Da fotografía toma o estudio do movemento expresado en distorsións centrífugas onde procura captar a dimensión física, animal da figura humana. Nesa deformación de angustia e soidade que tinxe toda a súa creación.

22. 24.

Angustioso é o Retarto de Henrietta Morales, que segue todos os tópicos dos retratos dos anos 60. Domina o contrate comentado entre figura e espazo: dunha banda as longas curvas de pincelada agresiva, a cor cálida e rachamante que acapara a atención, así como as manchas negras e amarelas, lembran o comezo da podremia e a metamorfose convulsa de carne a piques de esvaecer.

Doutra banda, un espazo de perspectiva ortogonal, e mesmo a postura da figura en total abandono, alude ao un clásico e funde tradición con innovación

23. 25. 5. HIPERREALISMO.

Nos anos 60 triunfa en Nova York o hiperrealismo, tendencia obsesionada pola reprodución literal da realidade, fría e distanciada. Céntrase tanto en motivos cotiáns de orixe pop, ou ben revitalizando temas e tradicións académicas.

24. 27.

En España destaca o realismo máxico de Antonio López  plasma a soidade de xente anónima con minuciosidade obsesiva, en temas de contorno inmediato, onde o tempo envellece ás cousas, ás persoas e mesmo aos cadros

25. 28. LAVAMANS E ESPELLO ANTONIO LÓPEZ

Pintura hiperrealista.

Óleo sobre lenzo. 1967.

Motivo: interior doméstico

26. 29.

Antonio López, pintor realista, aspira a dar testemuña do mundo que o rodea: a cidade, os espazos íntimos, os obxectos irrelevantes do contorno doméstico. Desde mediados dos sesenta abandona a influencia fantástica do surrealismo para desvelar coa pintura significados máis profundos cos da simple representación. O seu xeito minucioso de recrear os obxectos cotiáns insúflalles tal intensidade expresiva que os fai desacougantes: cargar de significado o insignificante. Percibimos a mesma tensión entre presencia dos obxectos, a claridade da súa representación, e o enigma do significado da imaxe, que parece escapársenos.

27. 30.

Amosa un interese crecente pola fidelidade da representación, dentro dun clasicismo táctil e volumétrica. Nesta etapa de realismo máxico os seus cadros achéganse cada vez máis á recreación case obsesiva do motivo, polo que non dará nunca por rematadas moitas pintura. Sen estudios previos, cada etapa do lenzo constitúe o boceto da seguinte, nunha permanente superposición de materia, engadindo e quitando, como se o cadro fora unha pel sobre a que se deposita o tempo continuo.

28. 31.

Lavamans e espello impacta polo seu motivo infrecuente (e seica vulgar) minuciosamente descrito nas cousas íntimas e próximas  detalles: manchas do lavamáns e azulexos, o descascado do espello. A materia pictórica, homoxénea na textura lisa e brillante de azulexos, espello ou aceiros, faise máis densa nos obxectos pequenos e privados.

A precisión do detalle resulta absoluta en cada obxecto: o brillo metálico, os reflexos do espello, a untuosidade do xabón ou a acumulación da suciedade polo paso do tempo. A metade superior e inferior, pintadas desde puntos de vista diferentes para captar mellor a exactitude dos obxectos, están unidas por unha banda horizontal. O uso case que exclusivo de 2 tons: o frío azul e a non cor branca, acentúa aínda máis ese aire atemporal, de afastamento e misterio, compénsanse con pinceladas cálidas que subliña un achegamento intimista a cada obxecto cotián.