2. Miguel Anxo Fernández
1. Como lembra aqueles anos de xuventude e o seu paso á Universidade naqueles convulsos anos de fins da ditadura? Até que punto
estas experiencias foron o xermolo dalgunha súa obra literaria ou simplemente un referente?
Tocoume, certo, o final da ditadura cando estaba a estudar na Escola de Formación do Profesorado de Ourense, e lembro aqueles
anos como convulsos, pero tamén intensos, nunha fervenza cultural que a mocidade viviamos con verdadeira paixón e ilusión. Ao
tempo, na miña vila, no Carballiño, xa estaba a colaborar co “Cine club Carballiño”, do que sería presidente con apenas 22 anos e
desde onde fixemos numerosas actividades a prol da cultura audiovisual, da normalización cinematográfica e xa desde o os
primeiros 80, coas Xornadas de Cine e Vídeo en Galicia (XOCIVIGA), das que sairían moitas propostas fundacionais no audiovisual
galego. Pero daqueles anos mozos gardo o recordo de estar metido en moitas actividades con outros compañeiros: cine, teatro,
recitais, mesmo a cousa deportiva… E sobre todo, moita lectura. Comecei a ler sobre cine moi cedo, pero tamén aos clásicos na
biblioteca municipal do Carballiño. Así e todo, pese a que os profesores me insistían en que debería dedicarme a escribir, non o
fixen ata moitos anos despois. E comecei precisamente facendo crítica de cine no xornal “La Voz de Galicia”, na edición de
Ourense, tamén con vinte e poucos anos, 22 ou 23...
2. Choca un chisco que primeiro Vostede estudase a carreira de Historia da Arte para despois se diplomar en “Comunicación e
xornalismo”. Cando se decatou do seu interese por esta segunda especialidade e que foi o que o levou a iso?
Realmente comecei primeiro por Profesorado de E.X.B. na rama de Ciencias Sociais, que leva asociada a Historia e mais a Arte,
dúas disciplinas das que me sinto moi debedor e que sempre me interesaron moito. Ao rematar a de Profesorado, marchei para
Santiago para facer unha cousa que se chamaba “curso de adaptación” e que che permitía, despois dun ano, pasar a 4º de carreira
(daquela duraban cinco anos…). Mentres fixen o citado curso, preparei oposicións a profesor de E.X.B., con tan boa sorte que as
saquei na primeira convocatoria. Iso obrigoume a incorporarme a un destino e houben de pospór o remate de Historia da Arte, que
non chegaría ata comezos dos 90. De seguido fixen o que se chaman estudios de Terceiro Ciclo e escollín “Comunicación e
Xornalismo” porque son dous campos aos que me sinto moi vinculado. Iso permitiume dar o salto a profesor da Universidade de
Vigo, en Comunicación Audiovisual, coa Tese de doutoramento a piques de ser lida. Arte, Cine, Comunicación e Xornalismo, son
disciplinas vinculadas e case transversais …
3. Vostede busca caracterizar as súas novelas polo ritmo da acción e a capacidade visual do texto, unha influencia directa do cine.
Que outros aspectos considera “salpicados” polos seus amplos coñecementos cinematográficos?
Unha cousa é o que eu pretenda ou intente, e outra ben diferente a opinión do lector, pois moitas veces o autor non é consciente
de ter esta ou aquela influencia. Din que si, que o cine afecta moito á miña escrita. Debo recoñecer que escribo desde a
experiencia vital e ao longo da miña vida levo visto centos, miles de películas. Supoño que iso nótase no ritmo, na estrutura
(concibo os capítulos como secuencias…), no deseño dos personaxes e mais nos diálogos. Imaxino que todo iso vén do cine, pero
tamén admito que busco unha comunicación directa e efectiva co lector. Entendo que sen comunicación, só hai fracaso por parte do
escritor…
viernes 5 de diciembre de 2014
3. Como todos os nenos dos anos 60, eu xa lera a Sherlock Holmes e
tamén me interesaba o cine de suspense na medida que podía
interesar a un neno, pero no servizo militar (que, en efecto, era unha
perda de tempo a todos os niveis, agás a oportunidade de convivir
con xente chegada doutros lugares do Estado) comecei a interesarme
pola novela policial porque fixen amizade cun recruta de Madrid,
algo maior ca min (daquela xa profesor na Complutense e un
apaixonado do cómic clásico) e con outro mozo catalán (xa profesor
de instituto e poeta, moi posto na novela negra). Eu aportaba o cine
(pois aínda estando na mili en Sevilla, seguía presidindo o “Cine club
Carballiño), José Antonio o cómic, e Tom a novela negra.
Conversabamos moito (outra cousa boa da mili, tempo abondo para
falar…). Os domingos tiñamos o día libre e iamos a un mercadiño de
libros de segunda man, no que mercabamos moitos exemplares. Foi aí
cando me acheguei á novela negra norteamericana, sobre todo nunha
colección que tiña Bruguera, e na que estaban Chandler, Hammett,
McDonald, Highsmith, Thompson, Cain, o francés Boris Vian, tamén o
belga Simenon. Moito lin naqueles meses (en novelas que, por certo,
aínda conservo…). Pero superada aquela etapa militar, regresei ao
activismo cinematográfico, e non sería ata finais dos 90, cando volvín
a ler, sobre todo aos europeos: Mankell, Sciascia, Camilleri,
Márkaris… E así, ata hoxe.
Miguel Anxo Fernández
4. Vostede considera o tempo que estivo no servizo militar unha “perda de tempo espectacular”, mais foi nesa etapa da súa vida
onde espertou o seu interese pola novela negra. Cóntenos un pouco máis sobre como foi a primeira toma de contacto con este
xénero tan de moda agora
Con Carlos Velo (e Luis Álvarez Pousa, no medio), nas Xociviga do Carballiño, en 1985.
viernes 5 de diciembre de 2014
4. Miguel Anxo Fernández
5. No 90 comeza en vostede a coller forza a idea de crear unha novela negra na que o protagonista fose unha personaxe fóra do
común. Á parte desa característica sorna galega e a chulería americana tan características de Frank, que outros aspectos o
diferencian doutros detectives da literatura como Sherlock Holmes ou o inspector galego Leo Caldas?
Recoñezo que, pode que cun aquel de soberbia, me encirrei en dar cun
personaxe que fose diferente aos outros. Non quería caer nos tópicos
(aínda que finalmente sexa inevitable caer neles…), e procurei argallar un
detective que mesturase as maneiras norteamericanas filtradas polo cine
e a literatura, coas da retranca galega. Dáse a casualidade de que a miña
madriña é norteamericana, filla dunha galega de Vigo e dun galego de
Punxín, en Ourense. Madriña que agora con 80 anos aínda segue a visitar
Galicia ano a ano. Sempre me chamou a atención a súa maneira de vivir
tan norteamericana (naceu en Nova York), e a súa querenza pola terra dos
seus pais. Semella unha galega máis. Foi así como saquei moitos trazos,
pasando, claro, por un cambio de sexo. Frank Soutelo resolve moitos dos
seus casos cun aquel de casualidade e por ter escollido bos colaboradores.
Non é necesariamente un chispa, só que é intuitivo e as máis das veces
adiántase ás cousas. Foi policía, estivo na guerra do Vietnam, en fin, viviu
abondo como para afrontarse aos casos con certa posibilidade de éxito.
Na presentación de SEMPRE XONXA con Chano Piñeiro en Vigo, en novembro de 1989.
6. Actualmente a novela negra é un dos xéneros emerxentes que está a marcar o mercado literario. Porén, cre que este
incremento de produción literaria vai ligado a unha boa calidade artística? Calquera pode escribir neste momento sobre
detectives, asasinatos, armas do crime,...?
Recoñezo que a novela policial está de moda e que realmente nunca deixou de interesar aos lectores. Hainos moi fieis a todas as
novidades que saen do prelo. Iso provoca que se estenda a idea do éxito e moi poucos escritores se resisten a achegarse ao xénero.
Non me corresponde xulgalos, pois sería de pésimo gusto … Pero se me poño a carón do lector e deixo no colgadoiro a miña
vertente de escritor, atopo que a calidade non sempre existe. En parte porque entendo que a novela policial require de moita
observación, moita conversa coa xente e moito coñecemento da sociedade real. Pecharse no teu estudo e comezar a darlle ao
teclado confiando só na túa imaxinación, pode que a algún lle resulte, pero no meu caso teño claro que primeiro busco unha boa
historia (e sobre todo un bo remate), poñamos que a estrutura do edificio, e despois vou levantando panos e paredes nos que colgo
a fala da xente común, a vida cotiá, o lado escuro que todos temos… Non deixo tamén de utilizar recursos do cine en canto ao
discurso narrativo, de maneira que ideo os capítulos como secuencias, visto aos personaxes con atributos que beben moito do
cine…
viernes 5 de diciembre de 2014
5. Esa novela fora rexeitada previamente por unha editora galega polo seu contido necrófilo. O
editor non lle vía cabida na idea de que os lectores galegos están nos institutos, e seica era un
tema forte para eles... Non foi quen de atopar a carga irónica que destilaba o personaxe, a
moita carga cinéfila que se agachaba nas súas páxinas. Pasara a lela a algunha xente amiga que
a atopara divertida e foi así como decidín presentala ao premio. A sorpresa foi grande, pero sei
que tampouco o xurado fora unánime, pois algún dos seus membros compartían a idea daquel
primeiro editor. Cos anos converteuse nunha referencia no xénero policial, aínda que recoñezo
os meus desexos de reescribila. Quizais agora me sinta mellor capacitado para redondeala
doutra maneira. En todo caso, doce anos despois aínda segue a gañar lectores, e iso, para
alguén que non vive da literatura e só aspira a satisfacer aos lectores, é un grande premio.
Naturalmente, o premio garantiu a supervivencia de Frank.
Miguel Anxo Fernández
7. Un nicho para Marilyn, co que gañou o “Premio de Novela Manuel García Barros”, marcou o
punto de partida para o seu detective Frank Soutelo. Foi o feito de ser premiado o que o
decidiu pola novela negra ou ben o seu amor polo cinema?
8. Chama a atención que un autor coma Vostede tan amante da imaxe, da posta en escena...
aínda non se estrease publicando algunha peza teatral...
Recibindo o premio Manuel García Barros de novela, 2002.
Por momentos penso niso, si. Hai algún relato de Capitol, última sesión que me gustaría converter en peza teatral, pero sería un
atrevemento pola miña parte e unha falta de respecto para a dramaturxia. Guión si, teño un escrito sobre outro relato de “O
sabre do francés”, pero dorme nun caixón.
9. Dixo Vostede que “Frank é o policía xusticeiro que un non pode ser normalmente, pero si ten a oportunidade de transformarse
nel cando escribe”. Que ten Frank Soutelo de Miguel Anxo Fernández e á inversa?
Quen me coñece ben dime que cando le a Frank Soutelo non pode deixar de imaxinarse que son eu metido no personaxe. Excesivo.
Nada teño de Frank máis alá dos rexistros da fala. Moitas das expresións de Frank, son miñas, pero iso é inevitable. Narra en
primeira persoa e quen escribe as verbas son eu, pero máis alá diso, nada temos en común. Non me gusta a violencia, as armas, en
fin…
viernes 5 de diciembre de 2014
6. Miguel Anxo Fernández
10. Ten falado Vostede das circunstancias que o levaron a ler e ir ao cine... Que influxo tiveron esas circunstancias na súa obra
literaria futura e no seu futuro profesional e persoal?
De neno era moi introvertido e procuraba
refuxio na lectura e no cine. A miña avidez
cinéfila era moi insólita nos nenos do meu
tempo. E foi medrando, pero sempre no
plano da teórica. Despois chegou o “Cine
club Carballiño”, no que ingresei con 20
anos. Dous anos despois xa o presidía e xa
facía crítica en “La Voz de Galicia”, na súa
delegación de Ourense. Mentres a miña
profesión era a de mestre, a miña paixón era
o c i n e , c u n a q u e l d e mi t oma n í a :
coleccionada programiñas de man, carteis de
cine, fotocromos, mercaba revistas de cine…
Iso foime levando a unha especialización
sempre secundaria en canto a que non era a
miña profesión, como tampouco é agora,
claro. Sigo mirando moito cine, escribindo de
cine, coleccionando, en fin. A miña colección
de carteis de cine ben pode pasar dos
30.000…
Con Antonio Durán Morris e o director Ángel de la Cruz, caracterizado de crego para OS MORTOS VAN ÁS PRESAS, filme de 2009.
viernes 5 de diciembre de 2014
7. Miguel Anxo Fernández
11. Vostede dixo que é importante para un escritor contar co apoio das editoriais e do comercio, mais tamén é consciente da
dificultade que teñen os autores galegos para facerse visibles. Que consello lle daría vostede a eses escritores tímidos que
buscan dar a coñecer as súas obras?
Levo moi mal cando algún autor novo se achega a min
pedíndome axuda para publicar. Por impotencia propia, porque
non teño maneira de axudalos. Recoñezo que a min iso veume
dado, grazas sobre todo á miña vinculación ao medio
audiovisual, e a ter unha certa sona como crítico de cine no
xornal “La Voz de Galicia”. Para máis coñecía a moitos editores,
pero nunca se me dera por facer ficción. E cando chegou a
oportunidade, fun directamente a Galaxia e a Carlos Casares, a
través de Damián Villalaín, daquela o director editorial. E así
saíu o primeiro libro, os relatos históricos de O sabre do
francés. O resto veu dado… Consello? Que escriban moito, que o
dean a ler, que insistan diante das editoriais. Isto cambiou
moito. Agora as redes sociais e a autoedición, permite que se
poida editar a baixo custe e darlle moita difusión. Pero sendo
conscientes de que o nivel de lectura baixou, pois é moi
preocupante entre a xente nova. Despois está o comercio, a
promoción. Se non te promocionas, o teu libro non existe. Se
non existe, non se merca. Se non se merca, a editorial non che
editará o seguinte libro…
No acto do 25 aniversario da creación do Premio de Novela Manuel García Barros na Cidade da Cultura
12. E claro, non podiamos deixar de lle preguntar para cando se encontrarán no camiño as súas grandes actividades: a literatura e
o cinema. Para cando Frank Soutelo nas pantallas do cinema?
Recoñezo que me gustaría. Están vendidos os dereitos de Lume de cobiza a unha produtora que deu en dificultades… Co cal, mal
asunto. En principio, mentres haxa saúde, haberá Frank Soutelo para máis novelas. O primeiro paso será dar o salto a outras
linguas, e iso fai máis doadas posibles adaptacións audiovisuais, sexa para cine ou para televisión. Pero tamén niso andamos
frouxos. Carecemos de axentes literarios. Por veces penso que outro galo cantaría na literatura galega se as súas obras se
coñecesen noutras linguas. Hai moito por facer.
viernes 5 de diciembre de 2014
8. 13. O espido de Gina supón un descanso para Frank ou é que preferiu voltar ás lembranzas de infancia e de pasaxes posteriores?
Esa novela era algo que quería facer porque é unha homenaxe a
tempos idos. Sei que non se tería editado de non ter eu un nome un
chisco asentado no panorama editorial galego. Pero quería facela,
cunha estrutura clásica e unhas maneiras tradicionais, na idea de que
os anos a respectarán. Estoulle moi agradecido a esa novela, que por
certo acadou unha unanimidade crítica que me sorprendeu
gratamente. En canto a Frank, non descansa. O que penso é que o
lector necesita perder de vista a Frank durante un tempo…
14. Supoñemos que todo premio supón unha fonda gratificación persoal,
pero con cales se sente máis a gusto, cos literarios ou cos
cinematográficos?
Miguel Anxo Fernández
Os premios danme moito apuro porque te sinalan e eu síntome moi
cómodo co anonimato. Sempre penso que son inmerecidos, non teño a
sensación de ter feito nada para ser premiado. E, claro, quéroos a
todos por igual porque creo na xente a na súa boa vontade cando os
concede. Quen premia está convencido de acertar e sería de moi mal
gusto, decepcionalos. Pásoo fatal cando teño que recollelos porque
sempre penso que calquera mereceríao mellor ca min.
No programa GALICIA NO CINE, na TVG, 1987, conversando con Manuel Abad.
15. Finalmente, non cre Vostede que na CRTVG, da que ten sido asesor, non está na actualidade a promocionar debidamente o
cinema?
Ufff… Hai moito tempo diso. Aquela TVG dos 80, apoiaba ao cinema clásico, pero agora todas as televisións (agás caso moi
puntuais) deixaron de lado a emisión de boas películas de referencia na historia do Cine, sobre todo para servilas aos novos
espectadores. Unha mágoa. Con todo, cómpre considerar o grande paradoxo de que de non ser pola Televisión de Galicia, o
audiovisual galego apenas existiría, pois son a primeira produtora do país.
Moitas grazas por nos respostar a estas nosas inquedanzas xuvenís.
O agradecido son eu, e aquí regreso ao dito sobre os premios. Que un grupo de alumnos me pidan unha entrevista xa é un
premio, pois non me sinto merecente de tal atención. Así que moitas grazas a vós.
viernes 5 de diciembre de 2014
9. CUESTIONARIO
Con outr@s gañador@s do Premio de Novela Manuel García Barros na Cidade da Cultura
viernes 5 de diciembre de 2014
10. Un personaxe literario co que se
identifique?
Un monumento
salientábel?
O “Guernika”, de
Picasso.
Un/ha autor/-a e unha obra
literaria galegos?
“Ilustrísima”, de
Carlos Casares.
Unha película de cine?
Un personaxe galego e
un estranxeiro?
Dos galegos pode que o
Mestre Mateo, dos
estranxeiros non
sabería dar cun en
concreto.
Cal é a súa fonte de
inspiración
Un/ha autor/-a e unha obra literaria
estranxeiros?
Petros
grego policía
mesmo o serie con Markaris Agora e Kostas a súa Jaritos.
Cada vez máis con Don Quixote.
A vida mesma, os
amigos, a
conversa…
Esa pregunta é como
aquela de a quen queres
máis, a nai ou o pai…
Diriavos moitas. Prefiro
calar… por amor.
Unha obra teatral?
Son moi simple. Quédome
co clásico Aristófanes e “As
nubes”.
viernes 5 de diciembre de 2014
11. Un feito histórico?
Un anceio por
realizar?
imposible:
que xa sei única
soño libros
Un xuntar nunha de biblioteca dispersos os miles por varios
que teño lugares.
Un lugar para visitar? e un lugar
para descansar?
Galicia é un paraíso integral,
pero se me pedides unha cidade:
París e Roma.
Mundo rural/urbano?
Praia/montaña?
Rural, vilego. Máis que
praia, mar. Máis que
montaña, monte.
Máis que feito, a
Grecia clásica.
Unha utopía?
Ter a miña propia sala
privada de cine, cousa
que xa sei imposible…
Un tipo de música? Unha
canción?
Vivaldi e “As catro
estacións”. En canto a
canción, hai varias e moi
variados estilos. Son un
melómano moi ecléctivo.
Un lugar axeitado para a
lectura?
Calquera se o libro é bo.
Un/ha autor/-a con quen se
identifique?
Confeso que nunha reparei niso e
calquera que fose a resposta,
soaría falsa.
Outro entretemento
ademais da lectura?
Cae de caixón: cine, cine,
cine...
viernes 5 de diciembre de 2014