SlideShare a Scribd company logo
1 of 13
Download to read offline
Apéndice léxico
                                       Sufixos e       terminacións
        No referente a sufixos e terminacións, o galego adopta solucións propias, que unhas veces son
específicas e outras veces coinciden, en xeral, co portugués e, parcialmente, co castelán e con outras
linguas románicas. A continuación faise referencia aos sufixos e terminacións que poden presentar
algún problema.


1. -ancia, - encia, - iencia, - uencia, - cia, - cio, - za, - zo
       Nas palabras cultas, en xeral as de entrada máis recente, coincide o galego co castelán e co
portugués, pois nos tres idiomas se conservan estas terminacións sen alteración na forma.
       Así, teñen -ancia, entre outros, os substantivos abundancia, alternancia, arrogancia,
circunstancia, constancia, discordancia, distancia, elegancia, extravagancia, exuberancia, ganancia,
ignorancia, importancia, infancia, petulancia, redundancia, repugnancia, resonancia, substancia,
tolerancia, vixilancia etc.
        Teñen terminación -encia, - iencia ou -uencia, entre outros, adolescencia, aparencia,
ascendencia, descendencia, diverxencia, esixencia, incidencia, independencia, indulxencia, inocencia,
intelixencia, presidencia, procedencia, referencia, residencia, reticencia, urxencia, virulencia, vixencia;
audiencia, ciencia, conciencia, consciencia, conveniencia, deficiencia, desobediencia, eficiencia,
experiencia, impaciencia, inconsciencia, inconveniencia, inexperiencia, insuficiencia, obediencia,
omnisciencia, paciencia, proveniencia, sapiencia, subconsciencia, suficiencia; afluencia, altilocuencia,
anuencia, confluencia, consecuencia, delincuencia, efluencia, elocuencia, fluencia, frecuencia,
grandilocuencia, incongruencia, inconsecuencia, influencia, secuencia etc.
        Teñen terminación -cia, entre outros, acacia, audacia, avaricia, contumacia, delicia, eficacia,
falacia, farmacia, ictericia, impericia, inmundicia, malicia, milicia, noticia, pericia, perspicacia,
pertinacia, suspicacia, etc. Entre estas palabras está Galicia, voz lexítima galega, denominación oficial
do país e maioritaria na expresión oral e escrita moderna. Galiza é tamén unha forma lexitimamente
galega, amplamente documentada na época medieval, que foi recuperada no galego contemporáneo.

        Teñen terminación -cio formas coma anuncio, artificio, beneficio, bulicio, cartapacio, cilicio,
comercio, consorcio, desperdicio, divorcio, edificio, exercicio, ficticio, hospicio, maleficio, necio,
negocio, nuncio, oficio, orificio, palacio, patricio, precipicio, prefacio, propicio, sacerdocio, sacrificio,
silencio, socio, vicio, xentilicio etc.
        Noutras palabras o galego conserva as formas con solución patrimonial -zo, - za: andazo, avinza,
cansazo, cobiza (cobizar, cobizoso etc.), crenza (descrenza), diferenza (indiferenza), doenza, espazo
(espazar, espazoso), estanza ('estrofa'), finanza (financeiro), graza (desgraza), habenza, licenza,
nacenza (renacenza), novizo, perseveranza, pertenza (xunto ao cultismo pertinencia, con significado
diferente), postizo, preguiza (preguiceiro, preguizoso), presenza, prezo (desprezo, menosprezo, prezar,
desprezar), querenza (benquerenza, malquerenza), sentenza, servizo (servizal), tenza (mantenza), terzo
(terza, terzá, terzar), xuízo (axuizar, prexuízo), xustiza (axustizar, inxustiza, xusticeiro) A maioría
delas son formas xa amplamente documentadas desde antigo na nosa lingua, e algunhas son préstamos
que se incorporaron con esta solución (estanza, finanza...).




                                    Complemento léxico-semántica 1
2. -eo, - eu e –ao, - au

        Cómpre distinguir na escrita as terminacións -eo e -eu, que se corresponden cunha diferenza
fonética real. Rematan en -eo as palabras populares procedentes das latinas rematadas en -AELUM, -ELUM,
-OEDUM, -ENUM (calquera que sexa o timbre da vogal tónica) e as formadas co sufixo -eo a partir de
verbos en -ear: ceo, receo, veo, feo, cheo, freo, arqueo, bloqueo etc. Esta secuencia tradicional en
galego facilita que os cultismos procedentes de palabras rematadas en -EUM, esdrúxulas ou graves, se
acomoden en -eo; téñase en conta que, en xeral, a todo -U latino lle corresponde en galego -o, e as
palabras deste grupo non fan excepción: aéreo, arbóreo, arxénteo, áureo, cetáceo, ciclópeo, coetáneo,
consanguíneo, contemporáneo, córneo, corpóreo, crustáceo, curvilíneo, cutáneo, erróneo, espontáneo,
larínxeo, linóleo, marmóreo, mediterráneo, momentáneo, núcleo, óleo, óseo, pétreo, petróleo, purpúreo,
rectilíneo, róseo, sanguíneo, terráqueo, térreo, venéreo, violáceo, vítreo; apoxeo, arameo, ateo,
camafeo, corifeo, europeo, fariseo, filisteo, hebreo, himeneo, liceo, mausoleo, museo, peritoneo,
pigmeo, plebeo, reo, trofeo, xacobeo. Tamén os galicismos ou catalanismos fideo e manteo.
       Rematan en -eu as seguintes palabras patrimoniais: eu, meu, teu, seu, chapeu, romeu, sandeu
(fem. sandía), xubileu, xudeu (fem. xudía). Tamén ten esta terminación a voz leu (pl. lei) ‘unidade
monetaria de Romanía’.
        Rematan en -ao: arao, cacao, callao, grao, nicolao, pardao, peirao, pronao, tao, vao. Rematan en –
au: bacallau e pau.


3. Masc. -án / fem. -á, masc. -ano / fem. -ana

         Nas palabras populares, a terminación latina -ANUM presenta tres solucións distintas no dominio
lingüístico galego: -ao/- án/- á (irmao / irmán / irmá). En troques, a correspondente forma feminina
-ANAM só ten dous resultados: -á/- án (irmá / irmán).
        Estas formas pódense atopar na fala con distintas combinacións, pero desde o séc. XIX os
escritores veñen mostrando unha preferencia polo seguinte esquema, hoxe unanimemente aceptado na
lingua escrita:

      (meu) irmán              (miña) irmá
      (meus) irmáns            (miñas) irmás

        Así, en alazán, alazá; aldeán, aldeá; ancián, anciá; artesán, artesá; barregán, barregá; bosquimán,
bosquimá; capitán, capitá; chan, chá; cidadán, cidadá; cirurxián, cirurxiá; comarcán, comarcá;
concidadán, concidadá; cortesán, cortesá; cotián, cotiá; cristián, cristiá; curmán, curmá; ermitán,
ermitá; escribán, escribá; gardián, gardiá; gran e gra; insán, insá; irmán, irmá; livián, liviá; louzán, louzá;
malsán, malsá; marrán, marrá; musulmán, musulmá; nugallán, nugallá; pagán, pagá; rufián, rufiá; san, sa;
sancristán, sancristá; sultán, sultá; tecelán, tecelá; temperán, temperá; temporán, temporá; truán,
truá; van, va; verán; vilán, vilá.
        Este é un dos sufixos produtivos con que conta o galego para a formación de xentilicios. Seguen
este modelo afgán, afgá; alemán, alemá; castelán, castelá; catalán, catalá; coimbrán, coimbrá, e,
especialmente, os referidos a entidades de poboación galegas: aresán, aresá; arousán, arousá; arzuán,
arzuá; bergantiñán, bergantiñá; caldelán, caldelá; carnotán, carnotá; compostelán, compostelá; ferrolán,
ferrolá; fisterrán, fisterrá; mariñán, mariñá; muradán, muradá; muxián, muxiá; ourensán, ourensá;
ponteareán, ponteareá; pontecaldelán, pontecaldelá; redondelán, redondelá; ribeirán, ribeirá; salnesán,
salnesá; ullán, ullá; vilagarcián, vilagarciá.
        Algúns xentilicios galegos poden conservar a súa forma local –ao / -á: arnoiao, arnoiá; burelao,
burelá; courelao, courelá; caldelao, caldelá (do Castro Caldelas); dezao, dezá; lancarao, lancará; limiao,
limiá; mariñao, mariñá (da Mariña luguesa); masidao, masidá; meirao, meirá; melidao, melidá; ribeirao,



                                     Complemento léxico-semántica 2
ribeirá (do Ribeiro) etc. Pola mesma razón, admitirase tamén a forma feminina local – án en casos como
unha carnotán, unha fisterrán, unha muradán etc.
        Nas palabras cultas incorporadas con posterioridade á época en que deixou de operar a lei da
caída do -n- intervocálico, a terminación latina -ANUM, -ANAM foi adaptada conforme á norma xeral de
acomodación de cultismos. Levan esta terminación -ano (fem. -ana): africano, americano, anglicano,
arcano, artesiano, asturiano, australiano, bacteriano, boliviano, colombiano, cubano, decano, diluviano,
franciscano, fulano, gregoriano, hispano, humano, inhumano, italiano, lusitano, luterano, mahometano,
meridiano, metropolitano, miliciano, mundano, oufano, paisano, peruano, pondaliano, profano,
provinciano, puritano, republicano, romano, rosaliano, semana, soberano, tirano, transmontano,
ultramontano, urbano, valenciano, veterano, vexetariano, xermano etc.
       As palabras cultas conservan o sufixo latino sen cambiar; isto afecta tamén os vocábulos que
teñen esta terminación aínda que a súa orixe non sexa latina. Así, bibliómano, bímano, cleptómano,
cocainómano, diáfano, ébano, melómano, mitómano, morfinómano, órgano, pínfano, plátano, tétano,
tímpano.


3.1. Masc. -án / fem. -ana

         A terminación –án / -ana aparece nunha serie de nomes, substantivos e adxectivos, que
xeralmente actúan como caracterizadores pexorativos: balandrán, balandrana; baleigán, baleigana;
barbuzán, barbuzana; barrigán, barrigana; barullán, barullana; bocalán, bocalana; brután, brutana;
buleirán, buleirana; burrán, burrana; burricán, burricana; cabezán, cabezana; cachamoulán,
cachamoulana; cachán, cachana; cacholán, cacholana; cagán, cagana; canelán, canelana; cangallán,
cangallana; carallán, carallana; carcamán, carcamana; carneirán, carneirana; carroulán, carroulana;
chalán, chalana; charlatán, charlatana; cornelán, cornelana; farfallán, farfallana; folán, folana; folgazán,
folgazana; galbán, galbana; guedellán, guedellana; lacazán, lacazana; langrán, langrana; larpán, larpana;
leilán, leilana; lerchán, lerchana; lorán, lorana; lordán, lordana; loubán, loubana; mentirán, mentirana;
orellán, orellana; paduán, paduana; pailán, pailana; palafustrán, palafustrana; papán, papana; parvallán,
parvallana; paspán, paspana; pastrán, pastrana; pelandrán, pelandrana; pertegán, pertegana; pillabán,
pillabana; porcallán, porcallana; ruán, ruana; tangueleirán, tangueleirana; testalán, testalana; testán,
testana; toleirán, toleirana; vergallán, vergallana; zalapastrán, zalapastrana; zampallán, zampallana.


3.2. Masc. -ón / fem. -oa, - ona

        Forman o feminino en -oa unha serie de adxectivos e substantivos en que –ón non pode
analizarse como sufixo: anfitrión, anfitrioa; bretón, bretoa; campión, campioa; ladrón, ladroa (que tamén
ten un feminino ladra); león, leoa; patrón, patroa; saxón, saxoa; teutón, teutoa.
       Rematan en –ón / -ona as palabras en que esta terminación é un sufixo aumentativo ou deverbal
pexorativo: homón, mullerona, zapatón, casona; abusón, abusona; acusón, acusona; faltón, faltona;
preguntón, preguntona etc.
        Existe ademais un grupo de palabras cultas coa terminación -on átona: canon, colon, corion,
décathlon, épsilon, ípsilon, micron, epíploon, cripton, isquion, necton, neon, newton, ómicron, párkinson,
radon, taxon, telson. O anglicismo nylon adáptase ao galego como nailon.


4. -aría /- ería

        Os substantivos formados con este sufixo referíanse orixinariamente a cousas e indicaban o
lugar onde se fabricaban, onde se vendían ou onde había abundancia delas. A forma –aría, maioritaria no
galego medieval, era o resultado fonético regular da correspondente latina -ARÍA. Por iso debe dárselle
preferencia a esta solución: armaría, artillaría, bruxaría, camisaría, carnizaría, carpintaría, cervexaría,


                                    Complemento léxico-semántica 3
cestaría, chancelaría, charlatanaría, chocolataría, enfermaría, enxeñaría, ferraría, gandaría, infantaría,
lavandaría, leprosaría, libraría, moblaría, panadaría, papelaría, pedraría, peixaría, perfumaría, pradaría,
refinaría, reloxaría, tesouraría, tinturaría, zapataría...
        Con esta solución conflúen tamén aqueloutros vocábulos derivados co sufixo – ía sobre bases en –
ario: comisaría, notaría, secretaría, testamentaría etc., derivados a partir de comisario, notario,
secretario e testamentario, respectivamente.
        A solución –ería, documentada tamén no galego medieval, fíxose case xeral no galego moderno,
polo que se admite así mesmo como normativa.
       En calquera caso, téñase en conta que algúns galicismos modernos, como batería, galería,
galantería ou mercería presentan unicamente a terminación –ería.
       Por ultracorrección úsase ás veces un falso sufixo *- eiría, creado a partir dos substantivos
derivados en -eiro e non dos primitivos. Así, de ferreiro fíxose *ferreiría ou de leiteiro, *leiteiría etc.
Estas formas deben evitarse.



            LÉXICO         ESTÁNDAR               E    Desviacións        DA       NORMA

        0 Rexurdimento supuxo a recuperación literaria do galego escrito, pero a falta de tradición
escrita e dunha autoridade que establecese a norma dificultaba a fixación da variedade culta da lingua.
Para evitar os castelanismos resultantes da presión exercida polo castelán a escrita do galego incorreu
por veces en desvíos coma os que vemos a continuación.
1. Hipergaleguismos ou diferencialismos

       Estas desviacións léxicas responden á vontade de afastar as formas galegas correspondentes
castelás. Son resultado de aplicar a cultismos ou semicultismos evolucións fonéticas propias das
palabras patrimoniais.
• Supresión indiscriminada de -n- ou -l- intervocálicos: escea, orgaizar, ordear, abandoar, zoa, cristaíño
(por escena, organizar, ordenar, abandonar, zona, cr:_ talíno).
• Redución de ditongos crecentes etimolóxicos (ambente, impacente, inconvinte por ambiente,
impaciente, inconveniente).
• Alteración de sufixos e terminacións (humán, amerícán, urbán, medicíña, gasoliña, sínceíro, primaveira
por humano, americano, urbano, medicina, gasolina, sincero, primavera).
• Alteración de consoantes ou grupos consonánticos (refrexo, híno, símpre, direicíón, ausoluto, por
reflexo, himno, simple, dirección, absoluto).


2. Vulgarismos
       Son palabras que presentan determinadas alteracións propias da lingua oral en rexistros
vulgares, pero rexeitadas pola norma escrita:
• Asimilacións e disimilacións vocálicas (harmonización: anduriña, pidir, por andoriña, pedir; labialización:
lovar, somana, por levar, semana; disimilación: miñá, teléfano por mañá, teléfono).
• Adicións ou supresións de fonemas (prótese: amoto, arradio, por moto, radio; epéntese: a ¡alma,
ademirar, por a alma, admirar; paragoxe: mullere, facere, por mullerfacer; síncope: vran, espranza;
apócope: virtú, verdá, por virtude, verdade).


                                    Complemento léxico-semántica 4
• Metáteses: probe, Calros, por pobre, Carlos.

• Reducións ou vocalizacións en grupos consonánticos (alto, aluno, perfeuto, ínorante por acto, alumno,
perfecto, ignorante).


3. Arcaísmos

        A maior parte dos arcaísmos usados na escrita do galego moderno consisten en formas propias
da lingua literaria medieval, empregadas para substituír formas coincidentes co castelán (conquerir
'conquistar, usado en lugar de conseguir, vegada por vez, tiduo por título...). Noutros casos ha¡ que falar
de grafías arcaizantes: nascer, coor, door, etc.


4. Lusismos

        Dada a común orixe, o portugués foi e segue a ser un referente inescusable para a substitución
de castelanismos e a incorporación de neoloxismos ao léxico galego. Non obstante, en ocasións botouse
man de formas portuguesas en detrimento das correspondentes galegas: até, sul, simplesmente,
próprio, ponta, rexistrar no canto de ata, sur, simplemente, propio, punta, rexistrar... Tamén se pode
falar de lusismos morfolóxicos (cais, úteis por cales, útiles) e lusismos gráficos (governo, povo, sem,
vozes no canto de goberno, pobo, sen, voces).


5. Dialectalismos

        Son solucións morfolóxicas propias da fala de determinadas áreas pero diferentes das fixadas
na norma (pantalois, ran, curmau, narís por pantalóns, ra, curmán, nariz). Non debemos confundir estas
variantes diatópicas, que propiamente afectan á morfoloxía, cos localismos léxicos, que aínda que sexan
exclusivos dunha zona están incorporados ao galego normativo común (raposo-golpe; rapante-meiga;
-xouba-parrocha).




                                   Complemento léxico-semántica 5
1. Indica os monemas das seguintes palabras:
solteiroa               espirraba                   mar                       abotoar
ramallada               mañanciña                   contradición              fervellasverzas
cafetería               fortísimo                   cerralleiro               rechamante
admirablemente          personificar                pescudar

2. Na seguinte lista de palabras con sufixo alterativo hai tres que non teñen sufixo diminutivo.
Márcaas:
agrelo                  leiruca                 cabuxa                  cuartucho
campelo                 bonachón                lamela                  rillote
lugarexo                fontela                 rabecho                 varexa
fachuco                 raiola                  molete

3. Diferencia os sufixos despectivos (D) dos aumentativos (A):
cachón                   toleirón                ferragancho
casoupa                  millaco                 paredón

4. Tedes, a continuación, unha lista de palabras con sufixos diminutivos e despectivos que hoxe en
día están lexicalizados. Coloca o significado correspondente despois de indicar que columna contén
sufixos diminutivos e cal despectivos:

cachelo                  cubertallo                 correla
chavello                 cazola                     galleta
cachote                  poalla                     mantelo
pataca cocida, prenda que se ata á cintura, cintura, vasilla, pasador, chuvia miúda, fragmento de pedra,
pano enroscado, ferramenta agraria.

5. Formar os antónimos   das seguintes palabras antepondo os prefixos des- ou in-:
abotoar                   real                    coidar                  culto
diferente                 posibilidade            embarcar                aproveitar
capaz                     lexítimo                dobrar                  coser
popularidade              humano                  moralidade              regular
racional                  facer                   obedecer                confianza
material                  calzar                  cómodo                  apto

6. Indicar que dúas palabras sobran en cada serie de sinónimos
abarcar, meter, abranguer, comprender, tomar, conter
achar, atopar, coller, bater, encontrar, descubrir
labazada, caricia, cariño, azoute, afago, agarimo
aflición, pesar, mágoa, nostalxia, dor, contento
querer, alcanzar, atinxir, lograr, conseguir, tentar
enxergar, albiscar, ollar, fitar, divisar, avistar
morte, crime, pasamento, falecemento, óbito, homicidio
orgullo, soberbia, teima, valía, vaidade, arrogancia
catástrofe, desgraza, desdita, desventura, infelicidade, sorte
deserto, despoboado, ermo, carente, ruín, solitario
pulo, chouto, salto, caída, pirueta, brinco
rubio, azul, vermello, encarnado, marelo, colorado



                                  Complemento léxico-semántica 6
7. Indicar o antónimo da palabra resaltada
A comida está sosa.
O frío excesivo non é bo.
O café está moi frío.
Non é fácil saír de aquí.
A botella do aceite está baleira.
Deitouse ás catro da mañá.
Achega un pouco ese cinceiro.
Gastou moitos cartos ese ano.
Nesa corte hai un boi bravo.
Este peixe está ben cocido.
Se pos a folla do dereito, verala mellor.

8. Relaciona os sufixos, das palabras que se relacionan ao final, con cada noción expresada:
colectivos ou acción:
colectivos ou cargos:
colectivos ou abundancia:
golpe:
abstracción:
lugar ou actividade:
sistemas, actitudes ou fenómenos:
oficio ou ocupación:
calidade, condición ou estado:
individuo que segue un sistema, actitude ou actividade:

arboreda, budista, burremia, poderío, xordeira, carteiro, abadía, enfermería, almirantado, toxal,
equipaxe, ferramenta, dentista, armamento, consumismo, campesiñado, griterío, penedo, carballeira,
reumatismo, panadería, pedrada, trallado, follaxe, velame, dentamia, instrumental, camada, plumeiro,
armario, funcionariado, balneario, marquesado, navallada, bandada.

9. Indicar algún sinónimo da palabra remarcada
Deulle unha forte aperta.
O demo do can mordeume.
Fun vender un porquiño.
O doutor mandoume durmir sen almofada.
O leite aínda está morno.
Limpa a cinza da lareira.
Sempre se bican ao marcharen.
Non ouses volver por aquí.
Armaron unha boa pelexa.

10. Sinala os prefixos das palabras e indica o seu valor. Por exemplo, contrapeso: contra =
oposición; someter: so = posición inferior
hipersensíbel            diámetro                  hipocentro               ápodo
trifásico                encéfalo                  circumpolar              predestinar
isotérmico               periscopio                antítese                 decrecer
perdurar                 cooperar                  absorber                 desenvolver
contrapunto              antonte                   internacional            posposición
anteproxecto             extraordinario            subcutáneo               discordar


                                 Complemento léxico-semántica 7
11. Busca o significado das seguintes palabras a través do prefixo:




12. Indica os prefixos e o seu valor nas palabras   seguintes:
cisalpino:                                           ablación:
                         sobrecella:                                        extravagante:
contraalmirante:                                    bípede:
                         insinuar:                                          posdata:
vizconde:                                           coadxutor:
                         preludio:                                          retrógrado:
opor:                                               estender:

13. Encadra as palabras nos respectivos cadros atendendo ao significado dos seus prefixos:




14. A seguir están definicións do Dicionario da Lingua Galega. Indica a palabra correspondente a
cada definición.
Terreo cercado que acostuman ter as igrexas en fronte ou arredor.
Embaixador do Papa xunto dun goberno estranxeiro.
O conxunto das abellas dunha colmea.
Festa anual dos cristiáns que conmemora a Resurrección de Cristo.
Esfera oca de metal que ten dentro dúas ou máis boliñas que, ao axitárense, producen son (lévanas cans
e gatos).
Especie de asento que se coloca sobre o cabalo para maior comodidade do xinete.
Aquilo que inventou Gutemberg na Alemaña en 1441.
Arte de adiviñar o futuro examinando as liñas da palma da man.
Dispositivo para amortecer as oscilacións dos resortes de suspensión dun vehículo e que pode ser de
fricción ou hidráulico.
Unidade eléctrica equivalente a 1000 vatios.
Aquel que ten unha soa esposa ou muller.

                                  Complemento léxico-semántica 8
Vicio de comer e beber en exceso.

adro                     imprenta                  sela                      Pascua
gula                     nuncio                    enxame                    monógamo
axóuxere                 quiromancia               amortecedor               quilovatio

15. Agora procurarase definir de xeito semellante ás anteriores esta lista de palabras. Logo
convén consultar un dicionario.
acoirazado               aterraxe             cranio                detrito
albanel                  beberaxe             crocodilo             efeméride
anteface                 bordel               desvantaxe            eiruga

16. Corrixir todos os erros das frases e despois sinalar se se trata de castelanismos, vulgarismos,
arcaísmos ou hiperenxebrismos
O tercer tomo tiduábase “Como conseguir en tres semanas esa pel soave que causará a envexa de todos
os seus amigos”.
“É que o meu destiño será erguer durante toda a miña vida moimentos a outros homes que sobresaíron
polas súas vertudes?”, preguntábase con desesperación aquel famoso arquitecto.
Lembra con saudades aquel lexano día en que decidira adequirir o coche que agora ía a vender por estar
moi vello.
Eses dous son os que traduxeron do inglés aquela novela de policías coa que tan ben o pasaches.
Que sinifica esa nova caloña que inventaron os nosos adversarios para nos avergoñaren?
Xa sei que viñestes a despedir ao Calros, mais iso non vos dá dereito a barullardes como se non houbese
ninguén máis na estación.
Non me ademira que adoure así ao seu irmán máis vello: á súa idade todos tivemos algunha vez o mesmo
sentimento.
Seica hai un método infalíbel para adiviñar o porvir: examinar as entranas dun animal morto.
Teño moitas gañas de que chegue o verán para poder ir á praia e ver como o sol se oculta sobre a auga
no hourizonte, mentres aínda podo continuar deitado.
Ese neno sempre nos leva a contraria en todo, non sei se será por teimosía ou por desobedencia.

17. define: campo semántico, familia léxica, homonimia, polisemia e alomorfo.

18. Opinións expresadas por tres alumnos despois de veren Prólogo, de M. Abad sobre unha cantiga
de Afonso X. (ano l987).

-As imaxes que vimos no vídeo empezan cunhas imaxes moi rápidas e cunhas cancións moi lentas o vídeo
empezou cunha manifestación logo cunhas imaxes dun coche que ia moi rápido e veiase dentro doutra
televisión logo parece a cara dunha muller nun hospital a camara enfoca cada vez cousas diferentes dos
distintos lugares da habitación habia musica instrumental de repente aparece na sala un ruido que decia
o latido do corazón ese ruido significaba que habia muerto sigue a musica con novas cousas da
habitación e o terminar o video producese un berro infernal era a muller que estaba viva.

-Neste vídeo intercalábase a musica moderna coa música medieval. A musica medieval que se utilizaba
cantaba o prologo das Cantigas de Santa Maria no que narraba que unha rapaza que traballaba nunha
oficina e que lle gustaba moito beilar tuvo que ingresar nun hospital e que no último momento despertou
dun soño moi profundo (a morte) no que os apararatos do hospital xa non o rexistraban.

-Tratabase dunha muller que traballaba nunha oficina e practicaba ximnasia que esta nun hospital a


                                    Complemento léxico-semántica 9
punto de morrer mentras vese o mundo indiferente ante esa persoa. A muller morre, e vese a soledade
que queda en todo o que facia antes, o seu lugar de traballo esta baldeiro. Pero o fin desperta como
saida dun mal sono.
Redactar convenientemente estes tres textos facendo as modificacións necesarias a todos os
niveis.

19. É un filme moi especial. Na primeira escena aparece ao lonxe a espadana da ermida. A cámara vai
baixando para se ir achegando á figura dun entangarañado que se axusta a súa perruca. Volta a cámara
á ermida, e descendo agora pola parte de atrás vemos como un enorme lobo lle bota as gadoupas a un
cuxo deixándoo rabelo. O entangarañado ceiba un urro que fai fuxir ao lobo. O pucho fica no chan co
lombo escalazado. Aos poucos, vaise erguendo e, tartariñando, afástase mentres a néboa escasa se vai
esvaecendo. O entangarañado é agora un mozote rexo que se pon a facerlle garatuxas ao becerro. Este,
que xa está san e lustroso como un año de quince días, ponse a morder nas follas da sebe que serve de
muro ao adro da ermida. A cámara céntrase agora na mirada do cuxo, nos seus enormes e doces ollos,
onde vai aparecendo o elenco de todos os participantes por orde alfabética; despois o produtor,
realizador e todos os de costume.

19. 1.- Buscar no dicionario todas as palabras que non se comprendan.

19. 2.- Composición: Describir varias escenas dunha película, facendo uso da terminoloxía usual: zoom,
flash-back, etc.
19. 3.- Tema para falar: o cine e a televisión; futuro do cine, comparación cos telefilmes.

20. Indicar os substantivos correspondentes aos     seguintes adxectivos
ex: amagor, amargura
acedo                    longo                      perverso                  moderno
doce                     ingrato                    vivo                      baixo
lixeiro                  alegre                     escuro                    mao
xordo                    enfermo                    apto                      lento
prudente                 maduro                     ancho                     elegante

21. ¿Cales destas palabras se poden considerar derivadas? Nas que o sexan separa o lexema dos
afixos.
inexplicable, enxeñeira, sentimento, bacharelato, ervella, engaiolar, fariña, escachanoces, moedeiro,
engraxar, escaiolada, autoestrada.

22. Escribe dez frases usando en diminutivo as palabras que se indican:
pé     pao    re¡    só     irmá   flor    can     mel
nai    sol    café muller calor avea sinal leite

23. Forma o aumentativo das seguintes palabras engadindo un sufixo:
home, lagarta, muller, nariz, orella, home.

24. Explica o que significan estas palabras. En que casos cres que o sufixo xa está totalmente
lexicalizado e as palabras teñen entrada independente nos dicionarios?
casiña, cachelo, camisón, camisola, olliños, mesiña, cidadela, fociño, mantelo, feirón, corpiño, raiola,
xogueta, codela, foguete.

25. Subliña as palabras que leven un sufixo alterativo e explica que valor engaden ao lexema:


                                  Complemento léxico-semántica 10
afectivo. empequenecedor, despectivo, aumentativo...

       Era Ampariño nena ben noviña cando misia Rosario se encargou do agarimo da súa orfandade
temperá,- unha rapaza que erguía os ventos da loanza por onde quería que pousase os pequerrechiños
pés e amostrase a mata de pelo blondo. sedosiño e cerrizo. A boquiña, as carniñas pretas...

26. Escribe a partir da palabra base que se indica unha cadea de derivados con sufixos. Modelo:
substantivo ---- verbo        ------- substantivo
arma ---------- armar ------- armamento
re¡              imaxe            nome            coroa           útil            débil
illa             sal              orde            pobo            san             escuro

27. A partir da palabra derivada que se dá va¡ indicando outros derivados ata chegar a palabra
primitiva. Modelo: quincenalmente --quincenal ---quincena --quince.
Razoablemente            ordenadamente            autorizadamente      ameazadoramente
orixinariamente          erradamente              imaxinariamente      civilizadamente

28. Transforma cada un dos seguintes verbos noutras palabras coa adición de sufixos derivativos.
Di a que categoria gramatical pertencen os derivados.
- eliminar    - falecer      rebentar       - comer
- tinguir     - sentircoñecer       - bater

29. Explica o significado de cada un dos adxectivos seguintes e di cal é o substantivo co que se
relacionan.
Clerical, voluminoso, salubre, umbilical, primaveral, voluntarioso.

30. Transforma os complementos do nome en adxectivos por medio da adición de sufixos
derivativos.
- un regueiro de augas de cristal.
- A explotación dos recursos da natureza debe facerse sen alterar o equilibrio do ambiente.
- Corrixiron os sinais da urbe.
- Están en folga os empregados do municipio.

31. Distingue o uso das palabras desenvolver e desenrolar.
Desenvolver: 1. Abrir o que está envolto ou empaquetado. 2. Expor unha idea amplamente e con detalle,
3. Facer que creza ou mellore un sector económico, unha rexión,    etc.
Desenrolar: Estender o que estaba enrolado ou feito un rolo.

Introduce un deses verbos segundo o sentido das frases.
Non se pode____________este cable de arame.
___________ o tema con moitísima claridade.
Os países do Terceiro Mundo non poden ______________ por causa da débeda externa.
A conferencia de desarme _______________ nun clima de cordialidade.

32. As palabras que veñen a continuación teñen máis dun significado. Razoa se se trata de casos de
homonimia ou polisemia:
Viña (vide, videira, planta que dá uvas / imperfecto de vir.
Cegar (facer perder a visión / derramar o gume dun instrumento cortante).



                                 Complemento léxico-semántica 11
Cumprir (dar cumprimento / ser preciso, ser conveniente, ser necesario).
Coidar (atender, vixiar / pensar).
Xornal (soldo ou paga / publicación diaria).

33. Agrupa as seguintes palabras en parellas de sinónimos:
laiarse, amolecer, ousar, nugallán, amañar, queixarse, atopar, ataúde, bolboreta, preguiceiro, engadir,
apestar, mercar, abrandar, cal, canle, arranxar, cadaleito, ensarillar, derruír, paxarela, comprar, luso,
esvarar, atreverse, portugués, enguedellar, feder, agregar, achar, derrubar, escorregar

34. Nos seguintes pares, indica se os seus termos son sinónimos ou contrarios:
casado/solteiro         pedir/dar                atopar/achar            subir/baixar
comezar/rematar         pechado/choído           macho/femia             esvarar/escorregar
asado/cru               procurar/buscar          mollado/seco            alumno/profesor
alto/baixo              aberto/pechado           secar/enxugar           serodio/tardío
espido/nu               aceptar/rexeitar         temperán/serodio        emisor/receptor
sempre/nunca            encontrar/atopar         mercar/vender           oprimido/opresor

35. Enumera hipónimos de deportista, músico, profesional, animal, europeo.

36. Dá varios cohipónimos de cada unha das seguintes palabras: troita, carpinteiro, febreiro,
mércores, pesqueiro.

37. Indica cal é o hiperónimo das seguintes series de palabras:
carrizo, pardal, paporrubio, xílgaro, canario.
escano, tallo, cadeira, mesa.
sarxento, tenente, xeneral, coronel, cabo.

38. Colócalles -a- ou -e- ós sufixos das seguintes palabras.
Albanel____ría       Gard_____ría        Pedant____ría         Xastr____ría          Mobl_____ría
Gal____ría           Parc___ría          Disent_____ría        Deposit_____ría       Galant_____ría
Ouriv___ría          Tol____ría          Coquet____ría         Merc_____ría
Rom____ría           Brux____ría         Meig____ría           Refin_____ría
Bat____ría           Lot____ría          Pirat_____ría         Ebanist_____ría

39. Forma o substantivo que indica 'profesión' ou lugar onde se fabrica ou vende'. (Exemplo:
BARBEIRO-Barbería)
Zapateiro      Pasteleiro     Froiteiro      Panadeiro      Artilleiro     Enxeñeiro      Reloxeiro
Leiteiro       Libreiro       Oleiro         Xoie¡ro        Enfermeiro     Canteiro       Cesteiro
Xardineiro     Floreiro       Peleteiro      Ferreiro       Queixeiro      Tesoureiro     Cristaleiro
Cafeteiro      Peixeiro       Caldeireiro    Cabaleiro      Reposteiro     Cereiro


40. Corrixir todos os erros das frases e despois sinalar se se trata de castelanismos,
vulgarismos, arcaísmos ou hiperenxebrismos
O tercer tomo tiduábase “Como conseguir en tres semanas esa pel soave que causará a envexa de todos
os seus amigos”.

“É que o meu destiño será erguer durante toda a miña vida moimentos a outros homes que sobresaíron
polas súas vertudes?”, preguntábase con desesperación aquel famoso arquitecto.


                                  Complemento léxico-semántica 12
Lembra con saudades aquel lexano día en que decidira adequirir o coche que agora ía a vender por estar
moi vello.
Eses dous son os que traduxeron do inglés aquela novela de policías coa que tan ben o pasaches.

Que sinifica esa nova caloña que inventaron os nosos adversarios para nos avergoñaren?
Xa sei que viñestes a despedir ao Calros, mais iso non vos dá dereito a barullardes como se non houbese
ninguén máis na estación.
Non me ademira que adoure así ao seu irmán máis vello: á súa idade todos tivemos algunha vez o mesmo
sentimento.
Seica hai un método infalíbel para adiviñar o porvir: examinar as entranas dun animal morto.

Teño moitas gañas de que chegue o verán para poder ir á praia e ver como o sol se oculta sobre a auga
no hourizonte, mentres aínda podo continuar deitado.

Ese neno sempre nos leva a contraria en todo, non sei se será por teimosía ou por desobedencia.

41. .- Cal das dúas é a correcta? Se son as dúas, explicar a diferenza de significado
1.      persoa ou persona          8.   xeralizar ou xeneralizar    14. segredo ou secreto
2.     persoaxe ou personaxe       9.   xeralato ou xeneralato      15. meio ou medio
3.     persoalizar ou personalizar 10. xerador ou xenerador         16. dorido ou dolorido
4.     persoalismo ou personalismo 11. xeralidade ou xeneralidade 17. doroso ou doloroso
5.     persoificar ou personificar 11. xerar ou xenerar             18. corado ou colorado
6.     persoal ou personal         12. xeración ou xeneración       19. corante ou colorante
7.     xeral ou xeneral            13. vixiar ou vixilar            20. corar ou colorar

42. Corrixir todos os erros das frases:

- Vaia cansancio que me quedou de anoar os zapatos de todos os cativos que teñen amizade co Luís! Nun
día tan caluroso como hoxe xa me apetecería tomar uns amorodos con xeo e frambuesa, que xantei
garbanzos con feixóns.
- Antes de subir no teleférico tiven que tomar unha pílula para o vértigo. Son un home valeroso, mais se
alá arriba se me dá por ollar pola portela, e antes non tomei a vacuna, vólvome un cobarde.
- Viña moi ufano porque na selva capturara un papagaio, un xabaril e un reptil venenoso. Logo trocounos
por unha marabillosa sortilla e unha papoula de almafí.
- Teña coidado de non esvarar coa grasa que caeu dun automóbil nesa curva. Agora deixan as estradas
cheas de suciedade e colillas.
- Disminúen as súas enfermidades, agora xa só ten as encías inchadas e un quiste encetado no calcañal;
só lle faltaba que lle saíse un cactus nas engurras da empeña.
- Dimitiu o director do club de élite que está ao pé da confitería. Seica o relacionaron co soborno na
venda dun novo misil ao Iraque.
- Que non lle pasase a chuleta non é unha traizón, que el é un rencoroso e non me empresta nin un lápiz;
oxalá lle dea unha cambra no entrenamento de hoxe.
- Hai un novo remedio para a sífilis: medio gramo de pole de margarita, un gramo de lexía común
mesturado con gaseosa sabor cola e dous gramos de morcilla castelá. Todo ben revolto e en pequenas
doses. Durante o tratamento absterase de comer fiambres e de obter boas calificacións en Literatura.
NOTA: tamén vale para a SIDA.




                                  Complemento léxico-semántica 13

More Related Content

What's hot

Variedades xeográficas do galego moderno--
Variedades xeográficas do galego moderno--Variedades xeográficas do galego moderno--
Variedades xeográficas do galego moderno--Celia Díaz
 
Carlos Garrido: «Léxico galego actual: ingenuidades, imposturas e escándalos»
Carlos Garrido: «Léxico galego actual: ingenuidades, imposturas e escándalos»Carlos Garrido: «Léxico galego actual: ingenuidades, imposturas e escándalos»
Carlos Garrido: «Léxico galego actual: ingenuidades, imposturas e escándalos»vitinhoourense
 
Manual aula de_galego_4_resumo_gramatical
Manual aula de_galego_4_resumo_gramaticalManual aula de_galego_4_resumo_gramatical
Manual aula de_galego_4_resumo_gramaticalTNTrinidadviturro
 
Bloques e áreas lingüísticas do galego
Bloques e áreas lingüísticas do galegoBloques e áreas lingüísticas do galego
Bloques e áreas lingüísticas do galegocarlalago95
 
As variedades dialectais da lingua galega, por Noemí Pazó
As variedades dialectais da lingua galega, por Noemí PazóAs variedades dialectais da lingua galega, por Noemí Pazó
As variedades dialectais da lingua galega, por Noemí PazóRomán Landín
 
Lingua padrón e variantes lingúísticas
Lingua padrón e variantes lingúísticasLingua padrón e variantes lingúísticas
Lingua padrón e variantes lingúísticascostadebanga
 
Variantes xeográficas do galego
Variantes xeográficas do galegoVariantes xeográficas do galego
Variantes xeográficas do galegonoagaliza
 
Cambios normas ortográficas do galego.
Cambios normas ortográficas do galego.Cambios normas ortográficas do galego.
Cambios normas ortográficas do galego.Celsa
 
Substantuvos e edxectivos
Substantuvos e edxectivosSubstantuvos e edxectivos
Substantuvos e edxectivosLOPEZMOURENZA
 
Normas ortográficas e morfolóxicas da lingua galega
Normas ortográficas e morfolóxicas da lingua galegaNormas ortográficas e morfolóxicas da lingua galega
Normas ortográficas e morfolóxicas da lingua galegaAntonio Salvadores
 
Latín lingua flexiva 2.2 (outubro 2013)
Latín lingua flexiva 2.2 (outubro 2013)Latín lingua flexiva 2.2 (outubro 2013)
Latín lingua flexiva 2.2 (outubro 2013)Dives Gallaecia
 
Presentación dialectoloxía
Presentación dialectoloxíaPresentación dialectoloxía
Presentación dialectoloxíanatividad1981
 

What's hot (17)

Variedades xeográficas do galego moderno--
Variedades xeográficas do galego moderno--Variedades xeográficas do galego moderno--
Variedades xeográficas do galego moderno--
 
Carlos Garrido: «Léxico galego actual: ingenuidades, imposturas e escándalos»
Carlos Garrido: «Léxico galego actual: ingenuidades, imposturas e escándalos»Carlos Garrido: «Léxico galego actual: ingenuidades, imposturas e escándalos»
Carlos Garrido: «Léxico galego actual: ingenuidades, imposturas e escándalos»
 
Pronome persoal
Pronome persoalPronome persoal
Pronome persoal
 
Manual aula de_galego_4_resumo_gramatical
Manual aula de_galego_4_resumo_gramaticalManual aula de_galego_4_resumo_gramatical
Manual aula de_galego_4_resumo_gramatical
 
Bloques e áreas lingüísticas do galego
Bloques e áreas lingüísticas do galegoBloques e áreas lingüísticas do galego
Bloques e áreas lingüísticas do galego
 
As variedades dialectais da lingua galega, por Noemí Pazó
As variedades dialectais da lingua galega, por Noemí PazóAs variedades dialectais da lingua galega, por Noemí Pazó
As variedades dialectais da lingua galega, por Noemí Pazó
 
Lingua padrón e variantes lingúísticas
Lingua padrón e variantes lingúísticasLingua padrón e variantes lingúísticas
Lingua padrón e variantes lingúísticas
 
Variantes xeográficas do galego
Variantes xeográficas do galegoVariantes xeográficas do galego
Variantes xeográficas do galego
 
Cambios normas ortográficas do galego.
Cambios normas ortográficas do galego.Cambios normas ortográficas do galego.
Cambios normas ortográficas do galego.
 
Substantuvos e edxectivos
Substantuvos e edxectivosSubstantuvos e edxectivos
Substantuvos e edxectivos
 
A AcentuaciÓN
A AcentuaciÓNA AcentuaciÓN
A AcentuaciÓN
 
Normas ortográficas e morfolóxicas da lingua galega
Normas ortográficas e morfolóxicas da lingua galegaNormas ortográficas e morfolóxicas da lingua galega
Normas ortográficas e morfolóxicas da lingua galega
 
Latín lingua flexiva 2.2 (outubro 2013)
Latín lingua flexiva 2.2 (outubro 2013)Latín lingua flexiva 2.2 (outubro 2013)
Latín lingua flexiva 2.2 (outubro 2013)
 
Alfabeto Latino
Alfabeto LatinoAlfabeto Latino
Alfabeto Latino
 
Presentación dialectoloxía
Presentación dialectoloxíaPresentación dialectoloxía
Presentación dialectoloxía
 
Alfabeto latino 1.6
Alfabeto latino 1.6Alfabeto latino 1.6
Alfabeto latino 1.6
 
Galicia
GaliciaGalicia
Galicia
 

Viewers also liked

MVVM Light e Cimbalino Toolkits - Sara Silva
MVVM Light e Cimbalino Toolkits - Sara SilvaMVVM Light e Cimbalino Toolkits - Sara Silva
MVVM Light e Cimbalino Toolkits - Sara SilvaComunidade NetPonto
 
Marketing Communication and IMC
Marketing Communication and IMCMarketing Communication and IMC
Marketing Communication and IMCMayanka Singh
 
Web 2.0 and Marketing Presentation in Spanish
Web 2.0 and Marketing Presentation in SpanishWeb 2.0 and Marketing Presentation in Spanish
Web 2.0 and Marketing Presentation in SpanishMarifer Rodriguez
 
programme Murten Classics 2014 (traduction M. Bellot pp. 25-125)
programme Murten Classics 2014 (traduction M. Bellot pp. 25-125)programme Murten Classics 2014 (traduction M. Bellot pp. 25-125)
programme Murten Classics 2014 (traduction M. Bellot pp. 25-125)Bellot Magali
 
Evento Seguridad Logicalis Perú
Evento Seguridad Logicalis PerúEvento Seguridad Logicalis Perú
Evento Seguridad Logicalis PerúLogicalis Latam
 
Repartir certificado por active directory
Repartir certificado por active directoryRepartir certificado por active directory
Repartir certificado por active directoryabfckg54
 
Modulation of pluripotency in the porcine embryo and i ps cells (Dec.27,2012)
Modulation of pluripotency in the  porcine embryo and i ps cells (Dec.27,2012) Modulation of pluripotency in the  porcine embryo and i ps cells (Dec.27,2012)
Modulation of pluripotency in the porcine embryo and i ps cells (Dec.27,2012) Ahmad Usama
 
395442849 kev1 leccion11
395442849 kev1 leccion11395442849 kev1 leccion11
395442849 kev1 leccion11Nacho Gutierrez
 
Presentacion1
Presentacion1Presentacion1
Presentacion1morehnoz
 
Unión de enfermos misioneros
Unión de enfermos misionerosUnión de enfermos misioneros
Unión de enfermos misionerosmisionmadrid
 
Lingo users manual
Lingo users manualLingo users manual
Lingo users manualkeilyxita
 
Curriculum del Ingeniero Genris G. Reyes Vásquez, M.S.C.
Curriculum del Ingeniero Genris  G. Reyes Vásquez, M.S.C.Curriculum del Ingeniero Genris  G. Reyes Vásquez, M.S.C.
Curriculum del Ingeniero Genris G. Reyes Vásquez, M.S.C.FUNDEIMES
 

Viewers also liked (20)

MVVM Light e Cimbalino Toolkits - Sara Silva
MVVM Light e Cimbalino Toolkits - Sara SilvaMVVM Light e Cimbalino Toolkits - Sara Silva
MVVM Light e Cimbalino Toolkits - Sara Silva
 
Tarea
Tarea Tarea
Tarea
 
Semiotica de la cult. Heron
Semiotica de la cult. HeronSemiotica de la cult. Heron
Semiotica de la cult. Heron
 
Marketing Communication and IMC
Marketing Communication and IMCMarketing Communication and IMC
Marketing Communication and IMC
 
Web 2.0 and Marketing Presentation in Spanish
Web 2.0 and Marketing Presentation in SpanishWeb 2.0 and Marketing Presentation in Spanish
Web 2.0 and Marketing Presentation in Spanish
 
Final Brochure
Final BrochureFinal Brochure
Final Brochure
 
programme Murten Classics 2014 (traduction M. Bellot pp. 25-125)
programme Murten Classics 2014 (traduction M. Bellot pp. 25-125)programme Murten Classics 2014 (traduction M. Bellot pp. 25-125)
programme Murten Classics 2014 (traduction M. Bellot pp. 25-125)
 
MCloud
MCloudMCloud
MCloud
 
Evento Seguridad Logicalis Perú
Evento Seguridad Logicalis PerúEvento Seguridad Logicalis Perú
Evento Seguridad Logicalis Perú
 
Saeco aulika brochure
Saeco aulika brochureSaeco aulika brochure
Saeco aulika brochure
 
Km surbhi d 54
Km surbhi d 54Km surbhi d 54
Km surbhi d 54
 
Repartir certificado por active directory
Repartir certificado por active directoryRepartir certificado por active directory
Repartir certificado por active directory
 
Modulation of pluripotency in the porcine embryo and i ps cells (Dec.27,2012)
Modulation of pluripotency in the  porcine embryo and i ps cells (Dec.27,2012) Modulation of pluripotency in the  porcine embryo and i ps cells (Dec.27,2012)
Modulation of pluripotency in the porcine embryo and i ps cells (Dec.27,2012)
 
395442849 kev1 leccion11
395442849 kev1 leccion11395442849 kev1 leccion11
395442849 kev1 leccion11
 
Presentacion1
Presentacion1Presentacion1
Presentacion1
 
Creando endpoint http
Creando endpoint httpCreando endpoint http
Creando endpoint http
 
Unión de enfermos misioneros
Unión de enfermos misionerosUnión de enfermos misioneros
Unión de enfermos misioneros
 
El motor
El motorEl motor
El motor
 
Lingo users manual
Lingo users manualLingo users manual
Lingo users manual
 
Curriculum del Ingeniero Genris G. Reyes Vásquez, M.S.C.
Curriculum del Ingeniero Genris  G. Reyes Vásquez, M.S.C.Curriculum del Ingeniero Genris  G. Reyes Vásquez, M.S.C.
Curriculum del Ingeniero Genris G. Reyes Vásquez, M.S.C.
 

More from xenevra

Postal dos correios.pdf
Postal dos correios.pdfPostal dos correios.pdf
Postal dos correios.pdfxenevra
 
Finssec XX
Finssec XXFinssec XX
Finssec XXxenevra
 
A prosa de fins do século XX
A prosa de fins do século XXA prosa de fins do século XX
A prosa de fins do século XXxenevra
 
A poesía de finais do XX
A poesía de finais do XXA poesía de finais do XX
A poesía de finais do XXxenevra
 
Literatura do exilio.
Literatura do exilio.Literatura do exilio.
Literatura do exilio.xenevra
 
Apuntes sintaxe
Apuntes sintaxe Apuntes sintaxe
Apuntes sintaxe xenevra
 
A poesía de vangarda
A poesía de vangardaA poesía de vangarda
A poesía de vangardaxenevra
 
Poesia das irmandades 21
Poesia das irmandades 21Poesia das irmandades 21
Poesia das irmandades 21xenevra
 
Xeracion nos 21
Xeracion nos 21Xeracion nos 21
Xeracion nos 21xenevra
 
A prosa do primeiro terzo do século XX
A prosa do primeiro terzo do século XXA prosa do primeiro terzo do século XX
A prosa do primeiro terzo do século XXxenevra
 
Tema6 20
Tema6 20Tema6 20
Tema6 20xenevra
 
Tema5 lite20
Tema5 lite20Tema5 lite20
Tema5 lite20xenevra
 
primeiro terzo lingua
primeiro terzo linguaprimeiro terzo lingua
primeiro terzo linguaxenevra
 
Xeracion Nós
Xeracion NósXeracion Nós
Xeracion Nósxenevra
 
Prexuizos
PrexuizosPrexuizos
Prexuizosxenevra
 
A prosa do 36 ao 75
A prosa do 36 ao 75A prosa do 36 ao 75
A prosa do 36 ao 75xenevra
 
Era uma vez 25 de abril
Era uma vez 25 de abrilEra uma vez 25 de abril
Era uma vez 25 de abrilxenevra
 
Primeiro terzo lingua
Primeiro terzo linguaPrimeiro terzo lingua
Primeiro terzo linguaxenevra
 

More from xenevra (20)

Postal dos correios.pdf
Postal dos correios.pdfPostal dos correios.pdf
Postal dos correios.pdf
 
Tema 7
Tema 7Tema 7
Tema 7
 
Finssec XX
Finssec XXFinssec XX
Finssec XX
 
A prosa de fins do século XX
A prosa de fins do século XXA prosa de fins do século XX
A prosa de fins do século XX
 
A poesía de finais do XX
A poesía de finais do XXA poesía de finais do XX
A poesía de finais do XX
 
Literatura do exilio.
Literatura do exilio.Literatura do exilio.
Literatura do exilio.
 
Apuntes sintaxe
Apuntes sintaxe Apuntes sintaxe
Apuntes sintaxe
 
A poesía de vangarda
A poesía de vangardaA poesía de vangarda
A poesía de vangarda
 
Poesia das irmandades 21
Poesia das irmandades 21Poesia das irmandades 21
Poesia das irmandades 21
 
Xeracion nos 21
Xeracion nos 21Xeracion nos 21
Xeracion nos 21
 
A prosa do primeiro terzo do século XX
A prosa do primeiro terzo do século XXA prosa do primeiro terzo do século XX
A prosa do primeiro terzo do século XX
 
Tema6 20
Tema6 20Tema6 20
Tema6 20
 
Tema5 lite20
Tema5 lite20Tema5 lite20
Tema5 lite20
 
primeiro terzo lingua
primeiro terzo linguaprimeiro terzo lingua
primeiro terzo lingua
 
Xeracion Nós
Xeracion NósXeracion Nós
Xeracion Nós
 
Prexuizos
PrexuizosPrexuizos
Prexuizos
 
A prosa do 36 ao 75
A prosa do 36 ao 75A prosa do 36 ao 75
A prosa do 36 ao 75
 
Carta
CartaCarta
Carta
 
Era uma vez 25 de abril
Era uma vez 25 de abrilEra uma vez 25 de abril
Era uma vez 25 de abril
 
Primeiro terzo lingua
Primeiro terzo linguaPrimeiro terzo lingua
Primeiro terzo lingua
 

Apéndice e exercicios lexicoloxía

  • 1. Apéndice léxico Sufixos e terminacións No referente a sufixos e terminacións, o galego adopta solucións propias, que unhas veces son específicas e outras veces coinciden, en xeral, co portugués e, parcialmente, co castelán e con outras linguas románicas. A continuación faise referencia aos sufixos e terminacións que poden presentar algún problema. 1. -ancia, - encia, - iencia, - uencia, - cia, - cio, - za, - zo Nas palabras cultas, en xeral as de entrada máis recente, coincide o galego co castelán e co portugués, pois nos tres idiomas se conservan estas terminacións sen alteración na forma. Así, teñen -ancia, entre outros, os substantivos abundancia, alternancia, arrogancia, circunstancia, constancia, discordancia, distancia, elegancia, extravagancia, exuberancia, ganancia, ignorancia, importancia, infancia, petulancia, redundancia, repugnancia, resonancia, substancia, tolerancia, vixilancia etc. Teñen terminación -encia, - iencia ou -uencia, entre outros, adolescencia, aparencia, ascendencia, descendencia, diverxencia, esixencia, incidencia, independencia, indulxencia, inocencia, intelixencia, presidencia, procedencia, referencia, residencia, reticencia, urxencia, virulencia, vixencia; audiencia, ciencia, conciencia, consciencia, conveniencia, deficiencia, desobediencia, eficiencia, experiencia, impaciencia, inconsciencia, inconveniencia, inexperiencia, insuficiencia, obediencia, omnisciencia, paciencia, proveniencia, sapiencia, subconsciencia, suficiencia; afluencia, altilocuencia, anuencia, confluencia, consecuencia, delincuencia, efluencia, elocuencia, fluencia, frecuencia, grandilocuencia, incongruencia, inconsecuencia, influencia, secuencia etc. Teñen terminación -cia, entre outros, acacia, audacia, avaricia, contumacia, delicia, eficacia, falacia, farmacia, ictericia, impericia, inmundicia, malicia, milicia, noticia, pericia, perspicacia, pertinacia, suspicacia, etc. Entre estas palabras está Galicia, voz lexítima galega, denominación oficial do país e maioritaria na expresión oral e escrita moderna. Galiza é tamén unha forma lexitimamente galega, amplamente documentada na época medieval, que foi recuperada no galego contemporáneo. Teñen terminación -cio formas coma anuncio, artificio, beneficio, bulicio, cartapacio, cilicio, comercio, consorcio, desperdicio, divorcio, edificio, exercicio, ficticio, hospicio, maleficio, necio, negocio, nuncio, oficio, orificio, palacio, patricio, precipicio, prefacio, propicio, sacerdocio, sacrificio, silencio, socio, vicio, xentilicio etc. Noutras palabras o galego conserva as formas con solución patrimonial -zo, - za: andazo, avinza, cansazo, cobiza (cobizar, cobizoso etc.), crenza (descrenza), diferenza (indiferenza), doenza, espazo (espazar, espazoso), estanza ('estrofa'), finanza (financeiro), graza (desgraza), habenza, licenza, nacenza (renacenza), novizo, perseveranza, pertenza (xunto ao cultismo pertinencia, con significado diferente), postizo, preguiza (preguiceiro, preguizoso), presenza, prezo (desprezo, menosprezo, prezar, desprezar), querenza (benquerenza, malquerenza), sentenza, servizo (servizal), tenza (mantenza), terzo (terza, terzá, terzar), xuízo (axuizar, prexuízo), xustiza (axustizar, inxustiza, xusticeiro) A maioría delas son formas xa amplamente documentadas desde antigo na nosa lingua, e algunhas son préstamos que se incorporaron con esta solución (estanza, finanza...). Complemento léxico-semántica 1
  • 2. 2. -eo, - eu e –ao, - au Cómpre distinguir na escrita as terminacións -eo e -eu, que se corresponden cunha diferenza fonética real. Rematan en -eo as palabras populares procedentes das latinas rematadas en -AELUM, -ELUM, -OEDUM, -ENUM (calquera que sexa o timbre da vogal tónica) e as formadas co sufixo -eo a partir de verbos en -ear: ceo, receo, veo, feo, cheo, freo, arqueo, bloqueo etc. Esta secuencia tradicional en galego facilita que os cultismos procedentes de palabras rematadas en -EUM, esdrúxulas ou graves, se acomoden en -eo; téñase en conta que, en xeral, a todo -U latino lle corresponde en galego -o, e as palabras deste grupo non fan excepción: aéreo, arbóreo, arxénteo, áureo, cetáceo, ciclópeo, coetáneo, consanguíneo, contemporáneo, córneo, corpóreo, crustáceo, curvilíneo, cutáneo, erróneo, espontáneo, larínxeo, linóleo, marmóreo, mediterráneo, momentáneo, núcleo, óleo, óseo, pétreo, petróleo, purpúreo, rectilíneo, róseo, sanguíneo, terráqueo, térreo, venéreo, violáceo, vítreo; apoxeo, arameo, ateo, camafeo, corifeo, europeo, fariseo, filisteo, hebreo, himeneo, liceo, mausoleo, museo, peritoneo, pigmeo, plebeo, reo, trofeo, xacobeo. Tamén os galicismos ou catalanismos fideo e manteo. Rematan en -eu as seguintes palabras patrimoniais: eu, meu, teu, seu, chapeu, romeu, sandeu (fem. sandía), xubileu, xudeu (fem. xudía). Tamén ten esta terminación a voz leu (pl. lei) ‘unidade monetaria de Romanía’. Rematan en -ao: arao, cacao, callao, grao, nicolao, pardao, peirao, pronao, tao, vao. Rematan en – au: bacallau e pau. 3. Masc. -án / fem. -á, masc. -ano / fem. -ana Nas palabras populares, a terminación latina -ANUM presenta tres solucións distintas no dominio lingüístico galego: -ao/- án/- á (irmao / irmán / irmá). En troques, a correspondente forma feminina -ANAM só ten dous resultados: -á/- án (irmá / irmán). Estas formas pódense atopar na fala con distintas combinacións, pero desde o séc. XIX os escritores veñen mostrando unha preferencia polo seguinte esquema, hoxe unanimemente aceptado na lingua escrita: (meu) irmán (miña) irmá (meus) irmáns (miñas) irmás Así, en alazán, alazá; aldeán, aldeá; ancián, anciá; artesán, artesá; barregán, barregá; bosquimán, bosquimá; capitán, capitá; chan, chá; cidadán, cidadá; cirurxián, cirurxiá; comarcán, comarcá; concidadán, concidadá; cortesán, cortesá; cotián, cotiá; cristián, cristiá; curmán, curmá; ermitán, ermitá; escribán, escribá; gardián, gardiá; gran e gra; insán, insá; irmán, irmá; livián, liviá; louzán, louzá; malsán, malsá; marrán, marrá; musulmán, musulmá; nugallán, nugallá; pagán, pagá; rufián, rufiá; san, sa; sancristán, sancristá; sultán, sultá; tecelán, tecelá; temperán, temperá; temporán, temporá; truán, truá; van, va; verán; vilán, vilá. Este é un dos sufixos produtivos con que conta o galego para a formación de xentilicios. Seguen este modelo afgán, afgá; alemán, alemá; castelán, castelá; catalán, catalá; coimbrán, coimbrá, e, especialmente, os referidos a entidades de poboación galegas: aresán, aresá; arousán, arousá; arzuán, arzuá; bergantiñán, bergantiñá; caldelán, caldelá; carnotán, carnotá; compostelán, compostelá; ferrolán, ferrolá; fisterrán, fisterrá; mariñán, mariñá; muradán, muradá; muxián, muxiá; ourensán, ourensá; ponteareán, ponteareá; pontecaldelán, pontecaldelá; redondelán, redondelá; ribeirán, ribeirá; salnesán, salnesá; ullán, ullá; vilagarcián, vilagarciá. Algúns xentilicios galegos poden conservar a súa forma local –ao / -á: arnoiao, arnoiá; burelao, burelá; courelao, courelá; caldelao, caldelá (do Castro Caldelas); dezao, dezá; lancarao, lancará; limiao, limiá; mariñao, mariñá (da Mariña luguesa); masidao, masidá; meirao, meirá; melidao, melidá; ribeirao, Complemento léxico-semántica 2
  • 3. ribeirá (do Ribeiro) etc. Pola mesma razón, admitirase tamén a forma feminina local – án en casos como unha carnotán, unha fisterrán, unha muradán etc. Nas palabras cultas incorporadas con posterioridade á época en que deixou de operar a lei da caída do -n- intervocálico, a terminación latina -ANUM, -ANAM foi adaptada conforme á norma xeral de acomodación de cultismos. Levan esta terminación -ano (fem. -ana): africano, americano, anglicano, arcano, artesiano, asturiano, australiano, bacteriano, boliviano, colombiano, cubano, decano, diluviano, franciscano, fulano, gregoriano, hispano, humano, inhumano, italiano, lusitano, luterano, mahometano, meridiano, metropolitano, miliciano, mundano, oufano, paisano, peruano, pondaliano, profano, provinciano, puritano, republicano, romano, rosaliano, semana, soberano, tirano, transmontano, ultramontano, urbano, valenciano, veterano, vexetariano, xermano etc. As palabras cultas conservan o sufixo latino sen cambiar; isto afecta tamén os vocábulos que teñen esta terminación aínda que a súa orixe non sexa latina. Así, bibliómano, bímano, cleptómano, cocainómano, diáfano, ébano, melómano, mitómano, morfinómano, órgano, pínfano, plátano, tétano, tímpano. 3.1. Masc. -án / fem. -ana A terminación –án / -ana aparece nunha serie de nomes, substantivos e adxectivos, que xeralmente actúan como caracterizadores pexorativos: balandrán, balandrana; baleigán, baleigana; barbuzán, barbuzana; barrigán, barrigana; barullán, barullana; bocalán, bocalana; brután, brutana; buleirán, buleirana; burrán, burrana; burricán, burricana; cabezán, cabezana; cachamoulán, cachamoulana; cachán, cachana; cacholán, cacholana; cagán, cagana; canelán, canelana; cangallán, cangallana; carallán, carallana; carcamán, carcamana; carneirán, carneirana; carroulán, carroulana; chalán, chalana; charlatán, charlatana; cornelán, cornelana; farfallán, farfallana; folán, folana; folgazán, folgazana; galbán, galbana; guedellán, guedellana; lacazán, lacazana; langrán, langrana; larpán, larpana; leilán, leilana; lerchán, lerchana; lorán, lorana; lordán, lordana; loubán, loubana; mentirán, mentirana; orellán, orellana; paduán, paduana; pailán, pailana; palafustrán, palafustrana; papán, papana; parvallán, parvallana; paspán, paspana; pastrán, pastrana; pelandrán, pelandrana; pertegán, pertegana; pillabán, pillabana; porcallán, porcallana; ruán, ruana; tangueleirán, tangueleirana; testalán, testalana; testán, testana; toleirán, toleirana; vergallán, vergallana; zalapastrán, zalapastrana; zampallán, zampallana. 3.2. Masc. -ón / fem. -oa, - ona Forman o feminino en -oa unha serie de adxectivos e substantivos en que –ón non pode analizarse como sufixo: anfitrión, anfitrioa; bretón, bretoa; campión, campioa; ladrón, ladroa (que tamén ten un feminino ladra); león, leoa; patrón, patroa; saxón, saxoa; teutón, teutoa. Rematan en –ón / -ona as palabras en que esta terminación é un sufixo aumentativo ou deverbal pexorativo: homón, mullerona, zapatón, casona; abusón, abusona; acusón, acusona; faltón, faltona; preguntón, preguntona etc. Existe ademais un grupo de palabras cultas coa terminación -on átona: canon, colon, corion, décathlon, épsilon, ípsilon, micron, epíploon, cripton, isquion, necton, neon, newton, ómicron, párkinson, radon, taxon, telson. O anglicismo nylon adáptase ao galego como nailon. 4. -aría /- ería Os substantivos formados con este sufixo referíanse orixinariamente a cousas e indicaban o lugar onde se fabricaban, onde se vendían ou onde había abundancia delas. A forma –aría, maioritaria no galego medieval, era o resultado fonético regular da correspondente latina -ARÍA. Por iso debe dárselle preferencia a esta solución: armaría, artillaría, bruxaría, camisaría, carnizaría, carpintaría, cervexaría, Complemento léxico-semántica 3
  • 4. cestaría, chancelaría, charlatanaría, chocolataría, enfermaría, enxeñaría, ferraría, gandaría, infantaría, lavandaría, leprosaría, libraría, moblaría, panadaría, papelaría, pedraría, peixaría, perfumaría, pradaría, refinaría, reloxaría, tesouraría, tinturaría, zapataría... Con esta solución conflúen tamén aqueloutros vocábulos derivados co sufixo – ía sobre bases en – ario: comisaría, notaría, secretaría, testamentaría etc., derivados a partir de comisario, notario, secretario e testamentario, respectivamente. A solución –ería, documentada tamén no galego medieval, fíxose case xeral no galego moderno, polo que se admite así mesmo como normativa. En calquera caso, téñase en conta que algúns galicismos modernos, como batería, galería, galantería ou mercería presentan unicamente a terminación –ería. Por ultracorrección úsase ás veces un falso sufixo *- eiría, creado a partir dos substantivos derivados en -eiro e non dos primitivos. Así, de ferreiro fíxose *ferreiría ou de leiteiro, *leiteiría etc. Estas formas deben evitarse. LÉXICO ESTÁNDAR E Desviacións DA NORMA 0 Rexurdimento supuxo a recuperación literaria do galego escrito, pero a falta de tradición escrita e dunha autoridade que establecese a norma dificultaba a fixación da variedade culta da lingua. Para evitar os castelanismos resultantes da presión exercida polo castelán a escrita do galego incorreu por veces en desvíos coma os que vemos a continuación. 1. Hipergaleguismos ou diferencialismos Estas desviacións léxicas responden á vontade de afastar as formas galegas correspondentes castelás. Son resultado de aplicar a cultismos ou semicultismos evolucións fonéticas propias das palabras patrimoniais. • Supresión indiscriminada de -n- ou -l- intervocálicos: escea, orgaizar, ordear, abandoar, zoa, cristaíño (por escena, organizar, ordenar, abandonar, zona, cr:_ talíno). • Redución de ditongos crecentes etimolóxicos (ambente, impacente, inconvinte por ambiente, impaciente, inconveniente). • Alteración de sufixos e terminacións (humán, amerícán, urbán, medicíña, gasoliña, sínceíro, primaveira por humano, americano, urbano, medicina, gasolina, sincero, primavera). • Alteración de consoantes ou grupos consonánticos (refrexo, híno, símpre, direicíón, ausoluto, por reflexo, himno, simple, dirección, absoluto). 2. Vulgarismos Son palabras que presentan determinadas alteracións propias da lingua oral en rexistros vulgares, pero rexeitadas pola norma escrita: • Asimilacións e disimilacións vocálicas (harmonización: anduriña, pidir, por andoriña, pedir; labialización: lovar, somana, por levar, semana; disimilación: miñá, teléfano por mañá, teléfono). • Adicións ou supresións de fonemas (prótese: amoto, arradio, por moto, radio; epéntese: a ¡alma, ademirar, por a alma, admirar; paragoxe: mullere, facere, por mullerfacer; síncope: vran, espranza; apócope: virtú, verdá, por virtude, verdade). Complemento léxico-semántica 4
  • 5. • Metáteses: probe, Calros, por pobre, Carlos. • Reducións ou vocalizacións en grupos consonánticos (alto, aluno, perfeuto, ínorante por acto, alumno, perfecto, ignorante). 3. Arcaísmos A maior parte dos arcaísmos usados na escrita do galego moderno consisten en formas propias da lingua literaria medieval, empregadas para substituír formas coincidentes co castelán (conquerir 'conquistar, usado en lugar de conseguir, vegada por vez, tiduo por título...). Noutros casos ha¡ que falar de grafías arcaizantes: nascer, coor, door, etc. 4. Lusismos Dada a común orixe, o portugués foi e segue a ser un referente inescusable para a substitución de castelanismos e a incorporación de neoloxismos ao léxico galego. Non obstante, en ocasións botouse man de formas portuguesas en detrimento das correspondentes galegas: até, sul, simplesmente, próprio, ponta, rexistrar no canto de ata, sur, simplemente, propio, punta, rexistrar... Tamén se pode falar de lusismos morfolóxicos (cais, úteis por cales, útiles) e lusismos gráficos (governo, povo, sem, vozes no canto de goberno, pobo, sen, voces). 5. Dialectalismos Son solucións morfolóxicas propias da fala de determinadas áreas pero diferentes das fixadas na norma (pantalois, ran, curmau, narís por pantalóns, ra, curmán, nariz). Non debemos confundir estas variantes diatópicas, que propiamente afectan á morfoloxía, cos localismos léxicos, que aínda que sexan exclusivos dunha zona están incorporados ao galego normativo común (raposo-golpe; rapante-meiga; -xouba-parrocha). Complemento léxico-semántica 5
  • 6. 1. Indica os monemas das seguintes palabras: solteiroa espirraba mar abotoar ramallada mañanciña contradición fervellasverzas cafetería fortísimo cerralleiro rechamante admirablemente personificar pescudar 2. Na seguinte lista de palabras con sufixo alterativo hai tres que non teñen sufixo diminutivo. Márcaas: agrelo leiruca cabuxa cuartucho campelo bonachón lamela rillote lugarexo fontela rabecho varexa fachuco raiola molete 3. Diferencia os sufixos despectivos (D) dos aumentativos (A): cachón toleirón ferragancho casoupa millaco paredón 4. Tedes, a continuación, unha lista de palabras con sufixos diminutivos e despectivos que hoxe en día están lexicalizados. Coloca o significado correspondente despois de indicar que columna contén sufixos diminutivos e cal despectivos: cachelo cubertallo correla chavello cazola galleta cachote poalla mantelo pataca cocida, prenda que se ata á cintura, cintura, vasilla, pasador, chuvia miúda, fragmento de pedra, pano enroscado, ferramenta agraria. 5. Formar os antónimos das seguintes palabras antepondo os prefixos des- ou in-: abotoar real coidar culto diferente posibilidade embarcar aproveitar capaz lexítimo dobrar coser popularidade humano moralidade regular racional facer obedecer confianza material calzar cómodo apto 6. Indicar que dúas palabras sobran en cada serie de sinónimos abarcar, meter, abranguer, comprender, tomar, conter achar, atopar, coller, bater, encontrar, descubrir labazada, caricia, cariño, azoute, afago, agarimo aflición, pesar, mágoa, nostalxia, dor, contento querer, alcanzar, atinxir, lograr, conseguir, tentar enxergar, albiscar, ollar, fitar, divisar, avistar morte, crime, pasamento, falecemento, óbito, homicidio orgullo, soberbia, teima, valía, vaidade, arrogancia catástrofe, desgraza, desdita, desventura, infelicidade, sorte deserto, despoboado, ermo, carente, ruín, solitario pulo, chouto, salto, caída, pirueta, brinco rubio, azul, vermello, encarnado, marelo, colorado Complemento léxico-semántica 6
  • 7. 7. Indicar o antónimo da palabra resaltada A comida está sosa. O frío excesivo non é bo. O café está moi frío. Non é fácil saír de aquí. A botella do aceite está baleira. Deitouse ás catro da mañá. Achega un pouco ese cinceiro. Gastou moitos cartos ese ano. Nesa corte hai un boi bravo. Este peixe está ben cocido. Se pos a folla do dereito, verala mellor. 8. Relaciona os sufixos, das palabras que se relacionan ao final, con cada noción expresada: colectivos ou acción: colectivos ou cargos: colectivos ou abundancia: golpe: abstracción: lugar ou actividade: sistemas, actitudes ou fenómenos: oficio ou ocupación: calidade, condición ou estado: individuo que segue un sistema, actitude ou actividade: arboreda, budista, burremia, poderío, xordeira, carteiro, abadía, enfermería, almirantado, toxal, equipaxe, ferramenta, dentista, armamento, consumismo, campesiñado, griterío, penedo, carballeira, reumatismo, panadería, pedrada, trallado, follaxe, velame, dentamia, instrumental, camada, plumeiro, armario, funcionariado, balneario, marquesado, navallada, bandada. 9. Indicar algún sinónimo da palabra remarcada Deulle unha forte aperta. O demo do can mordeume. Fun vender un porquiño. O doutor mandoume durmir sen almofada. O leite aínda está morno. Limpa a cinza da lareira. Sempre se bican ao marcharen. Non ouses volver por aquí. Armaron unha boa pelexa. 10. Sinala os prefixos das palabras e indica o seu valor. Por exemplo, contrapeso: contra = oposición; someter: so = posición inferior hipersensíbel diámetro hipocentro ápodo trifásico encéfalo circumpolar predestinar isotérmico periscopio antítese decrecer perdurar cooperar absorber desenvolver contrapunto antonte internacional posposición anteproxecto extraordinario subcutáneo discordar Complemento léxico-semántica 7
  • 8. 11. Busca o significado das seguintes palabras a través do prefixo: 12. Indica os prefixos e o seu valor nas palabras seguintes: cisalpino: ablación: sobrecella: extravagante: contraalmirante: bípede: insinuar: posdata: vizconde: coadxutor: preludio: retrógrado: opor: estender: 13. Encadra as palabras nos respectivos cadros atendendo ao significado dos seus prefixos: 14. A seguir están definicións do Dicionario da Lingua Galega. Indica a palabra correspondente a cada definición. Terreo cercado que acostuman ter as igrexas en fronte ou arredor. Embaixador do Papa xunto dun goberno estranxeiro. O conxunto das abellas dunha colmea. Festa anual dos cristiáns que conmemora a Resurrección de Cristo. Esfera oca de metal que ten dentro dúas ou máis boliñas que, ao axitárense, producen son (lévanas cans e gatos). Especie de asento que se coloca sobre o cabalo para maior comodidade do xinete. Aquilo que inventou Gutemberg na Alemaña en 1441. Arte de adiviñar o futuro examinando as liñas da palma da man. Dispositivo para amortecer as oscilacións dos resortes de suspensión dun vehículo e que pode ser de fricción ou hidráulico. Unidade eléctrica equivalente a 1000 vatios. Aquel que ten unha soa esposa ou muller. Complemento léxico-semántica 8
  • 9. Vicio de comer e beber en exceso. adro imprenta sela Pascua gula nuncio enxame monógamo axóuxere quiromancia amortecedor quilovatio 15. Agora procurarase definir de xeito semellante ás anteriores esta lista de palabras. Logo convén consultar un dicionario. acoirazado aterraxe cranio detrito albanel beberaxe crocodilo efeméride anteface bordel desvantaxe eiruga 16. Corrixir todos os erros das frases e despois sinalar se se trata de castelanismos, vulgarismos, arcaísmos ou hiperenxebrismos O tercer tomo tiduábase “Como conseguir en tres semanas esa pel soave que causará a envexa de todos os seus amigos”. “É que o meu destiño será erguer durante toda a miña vida moimentos a outros homes que sobresaíron polas súas vertudes?”, preguntábase con desesperación aquel famoso arquitecto. Lembra con saudades aquel lexano día en que decidira adequirir o coche que agora ía a vender por estar moi vello. Eses dous son os que traduxeron do inglés aquela novela de policías coa que tan ben o pasaches. Que sinifica esa nova caloña que inventaron os nosos adversarios para nos avergoñaren? Xa sei que viñestes a despedir ao Calros, mais iso non vos dá dereito a barullardes como se non houbese ninguén máis na estación. Non me ademira que adoure así ao seu irmán máis vello: á súa idade todos tivemos algunha vez o mesmo sentimento. Seica hai un método infalíbel para adiviñar o porvir: examinar as entranas dun animal morto. Teño moitas gañas de que chegue o verán para poder ir á praia e ver como o sol se oculta sobre a auga no hourizonte, mentres aínda podo continuar deitado. Ese neno sempre nos leva a contraria en todo, non sei se será por teimosía ou por desobedencia. 17. define: campo semántico, familia léxica, homonimia, polisemia e alomorfo. 18. Opinións expresadas por tres alumnos despois de veren Prólogo, de M. Abad sobre unha cantiga de Afonso X. (ano l987). -As imaxes que vimos no vídeo empezan cunhas imaxes moi rápidas e cunhas cancións moi lentas o vídeo empezou cunha manifestación logo cunhas imaxes dun coche que ia moi rápido e veiase dentro doutra televisión logo parece a cara dunha muller nun hospital a camara enfoca cada vez cousas diferentes dos distintos lugares da habitación habia musica instrumental de repente aparece na sala un ruido que decia o latido do corazón ese ruido significaba que habia muerto sigue a musica con novas cousas da habitación e o terminar o video producese un berro infernal era a muller que estaba viva. -Neste vídeo intercalábase a musica moderna coa música medieval. A musica medieval que se utilizaba cantaba o prologo das Cantigas de Santa Maria no que narraba que unha rapaza que traballaba nunha oficina e que lle gustaba moito beilar tuvo que ingresar nun hospital e que no último momento despertou dun soño moi profundo (a morte) no que os apararatos do hospital xa non o rexistraban. -Tratabase dunha muller que traballaba nunha oficina e practicaba ximnasia que esta nun hospital a Complemento léxico-semántica 9
  • 10. punto de morrer mentras vese o mundo indiferente ante esa persoa. A muller morre, e vese a soledade que queda en todo o que facia antes, o seu lugar de traballo esta baldeiro. Pero o fin desperta como saida dun mal sono. Redactar convenientemente estes tres textos facendo as modificacións necesarias a todos os niveis. 19. É un filme moi especial. Na primeira escena aparece ao lonxe a espadana da ermida. A cámara vai baixando para se ir achegando á figura dun entangarañado que se axusta a súa perruca. Volta a cámara á ermida, e descendo agora pola parte de atrás vemos como un enorme lobo lle bota as gadoupas a un cuxo deixándoo rabelo. O entangarañado ceiba un urro que fai fuxir ao lobo. O pucho fica no chan co lombo escalazado. Aos poucos, vaise erguendo e, tartariñando, afástase mentres a néboa escasa se vai esvaecendo. O entangarañado é agora un mozote rexo que se pon a facerlle garatuxas ao becerro. Este, que xa está san e lustroso como un año de quince días, ponse a morder nas follas da sebe que serve de muro ao adro da ermida. A cámara céntrase agora na mirada do cuxo, nos seus enormes e doces ollos, onde vai aparecendo o elenco de todos os participantes por orde alfabética; despois o produtor, realizador e todos os de costume. 19. 1.- Buscar no dicionario todas as palabras que non se comprendan. 19. 2.- Composición: Describir varias escenas dunha película, facendo uso da terminoloxía usual: zoom, flash-back, etc. 19. 3.- Tema para falar: o cine e a televisión; futuro do cine, comparación cos telefilmes. 20. Indicar os substantivos correspondentes aos seguintes adxectivos ex: amagor, amargura acedo longo perverso moderno doce ingrato vivo baixo lixeiro alegre escuro mao xordo enfermo apto lento prudente maduro ancho elegante 21. ¿Cales destas palabras se poden considerar derivadas? Nas que o sexan separa o lexema dos afixos. inexplicable, enxeñeira, sentimento, bacharelato, ervella, engaiolar, fariña, escachanoces, moedeiro, engraxar, escaiolada, autoestrada. 22. Escribe dez frases usando en diminutivo as palabras que se indican: pé pao re¡ só irmá flor can mel nai sol café muller calor avea sinal leite 23. Forma o aumentativo das seguintes palabras engadindo un sufixo: home, lagarta, muller, nariz, orella, home. 24. Explica o que significan estas palabras. En que casos cres que o sufixo xa está totalmente lexicalizado e as palabras teñen entrada independente nos dicionarios? casiña, cachelo, camisón, camisola, olliños, mesiña, cidadela, fociño, mantelo, feirón, corpiño, raiola, xogueta, codela, foguete. 25. Subliña as palabras que leven un sufixo alterativo e explica que valor engaden ao lexema: Complemento léxico-semántica 10
  • 11. afectivo. empequenecedor, despectivo, aumentativo... Era Ampariño nena ben noviña cando misia Rosario se encargou do agarimo da súa orfandade temperá,- unha rapaza que erguía os ventos da loanza por onde quería que pousase os pequerrechiños pés e amostrase a mata de pelo blondo. sedosiño e cerrizo. A boquiña, as carniñas pretas... 26. Escribe a partir da palabra base que se indica unha cadea de derivados con sufixos. Modelo: substantivo ---- verbo ------- substantivo arma ---------- armar ------- armamento re¡ imaxe nome coroa útil débil illa sal orde pobo san escuro 27. A partir da palabra derivada que se dá va¡ indicando outros derivados ata chegar a palabra primitiva. Modelo: quincenalmente --quincenal ---quincena --quince. Razoablemente ordenadamente autorizadamente ameazadoramente orixinariamente erradamente imaxinariamente civilizadamente 28. Transforma cada un dos seguintes verbos noutras palabras coa adición de sufixos derivativos. Di a que categoria gramatical pertencen os derivados. - eliminar - falecer rebentar - comer - tinguir - sentircoñecer - bater 29. Explica o significado de cada un dos adxectivos seguintes e di cal é o substantivo co que se relacionan. Clerical, voluminoso, salubre, umbilical, primaveral, voluntarioso. 30. Transforma os complementos do nome en adxectivos por medio da adición de sufixos derivativos. - un regueiro de augas de cristal. - A explotación dos recursos da natureza debe facerse sen alterar o equilibrio do ambiente. - Corrixiron os sinais da urbe. - Están en folga os empregados do municipio. 31. Distingue o uso das palabras desenvolver e desenrolar. Desenvolver: 1. Abrir o que está envolto ou empaquetado. 2. Expor unha idea amplamente e con detalle, 3. Facer que creza ou mellore un sector económico, unha rexión, etc. Desenrolar: Estender o que estaba enrolado ou feito un rolo. Introduce un deses verbos segundo o sentido das frases. Non se pode____________este cable de arame. ___________ o tema con moitísima claridade. Os países do Terceiro Mundo non poden ______________ por causa da débeda externa. A conferencia de desarme _______________ nun clima de cordialidade. 32. As palabras que veñen a continuación teñen máis dun significado. Razoa se se trata de casos de homonimia ou polisemia: Viña (vide, videira, planta que dá uvas / imperfecto de vir. Cegar (facer perder a visión / derramar o gume dun instrumento cortante). Complemento léxico-semántica 11
  • 12. Cumprir (dar cumprimento / ser preciso, ser conveniente, ser necesario). Coidar (atender, vixiar / pensar). Xornal (soldo ou paga / publicación diaria). 33. Agrupa as seguintes palabras en parellas de sinónimos: laiarse, amolecer, ousar, nugallán, amañar, queixarse, atopar, ataúde, bolboreta, preguiceiro, engadir, apestar, mercar, abrandar, cal, canle, arranxar, cadaleito, ensarillar, derruír, paxarela, comprar, luso, esvarar, atreverse, portugués, enguedellar, feder, agregar, achar, derrubar, escorregar 34. Nos seguintes pares, indica se os seus termos son sinónimos ou contrarios: casado/solteiro pedir/dar atopar/achar subir/baixar comezar/rematar pechado/choído macho/femia esvarar/escorregar asado/cru procurar/buscar mollado/seco alumno/profesor alto/baixo aberto/pechado secar/enxugar serodio/tardío espido/nu aceptar/rexeitar temperán/serodio emisor/receptor sempre/nunca encontrar/atopar mercar/vender oprimido/opresor 35. Enumera hipónimos de deportista, músico, profesional, animal, europeo. 36. Dá varios cohipónimos de cada unha das seguintes palabras: troita, carpinteiro, febreiro, mércores, pesqueiro. 37. Indica cal é o hiperónimo das seguintes series de palabras: carrizo, pardal, paporrubio, xílgaro, canario. escano, tallo, cadeira, mesa. sarxento, tenente, xeneral, coronel, cabo. 38. Colócalles -a- ou -e- ós sufixos das seguintes palabras. Albanel____ría Gard_____ría Pedant____ría Xastr____ría Mobl_____ría Gal____ría Parc___ría Disent_____ría Deposit_____ría Galant_____ría Ouriv___ría Tol____ría Coquet____ría Merc_____ría Rom____ría Brux____ría Meig____ría Refin_____ría Bat____ría Lot____ría Pirat_____ría Ebanist_____ría 39. Forma o substantivo que indica 'profesión' ou lugar onde se fabrica ou vende'. (Exemplo: BARBEIRO-Barbería) Zapateiro Pasteleiro Froiteiro Panadeiro Artilleiro Enxeñeiro Reloxeiro Leiteiro Libreiro Oleiro Xoie¡ro Enfermeiro Canteiro Cesteiro Xardineiro Floreiro Peleteiro Ferreiro Queixeiro Tesoureiro Cristaleiro Cafeteiro Peixeiro Caldeireiro Cabaleiro Reposteiro Cereiro 40. Corrixir todos os erros das frases e despois sinalar se se trata de castelanismos, vulgarismos, arcaísmos ou hiperenxebrismos O tercer tomo tiduábase “Como conseguir en tres semanas esa pel soave que causará a envexa de todos os seus amigos”. “É que o meu destiño será erguer durante toda a miña vida moimentos a outros homes que sobresaíron polas súas vertudes?”, preguntábase con desesperación aquel famoso arquitecto. Complemento léxico-semántica 12
  • 13. Lembra con saudades aquel lexano día en que decidira adequirir o coche que agora ía a vender por estar moi vello. Eses dous son os que traduxeron do inglés aquela novela de policías coa que tan ben o pasaches. Que sinifica esa nova caloña que inventaron os nosos adversarios para nos avergoñaren? Xa sei que viñestes a despedir ao Calros, mais iso non vos dá dereito a barullardes como se non houbese ninguén máis na estación. Non me ademira que adoure así ao seu irmán máis vello: á súa idade todos tivemos algunha vez o mesmo sentimento. Seica hai un método infalíbel para adiviñar o porvir: examinar as entranas dun animal morto. Teño moitas gañas de que chegue o verán para poder ir á praia e ver como o sol se oculta sobre a auga no hourizonte, mentres aínda podo continuar deitado. Ese neno sempre nos leva a contraria en todo, non sei se será por teimosía ou por desobedencia. 41. .- Cal das dúas é a correcta? Se son as dúas, explicar a diferenza de significado 1. persoa ou persona 8. xeralizar ou xeneralizar 14. segredo ou secreto 2. persoaxe ou personaxe 9. xeralato ou xeneralato 15. meio ou medio 3. persoalizar ou personalizar 10. xerador ou xenerador 16. dorido ou dolorido 4. persoalismo ou personalismo 11. xeralidade ou xeneralidade 17. doroso ou doloroso 5. persoificar ou personificar 11. xerar ou xenerar 18. corado ou colorado 6. persoal ou personal 12. xeración ou xeneración 19. corante ou colorante 7. xeral ou xeneral 13. vixiar ou vixilar 20. corar ou colorar 42. Corrixir todos os erros das frases: - Vaia cansancio que me quedou de anoar os zapatos de todos os cativos que teñen amizade co Luís! Nun día tan caluroso como hoxe xa me apetecería tomar uns amorodos con xeo e frambuesa, que xantei garbanzos con feixóns. - Antes de subir no teleférico tiven que tomar unha pílula para o vértigo. Son un home valeroso, mais se alá arriba se me dá por ollar pola portela, e antes non tomei a vacuna, vólvome un cobarde. - Viña moi ufano porque na selva capturara un papagaio, un xabaril e un reptil venenoso. Logo trocounos por unha marabillosa sortilla e unha papoula de almafí. - Teña coidado de non esvarar coa grasa que caeu dun automóbil nesa curva. Agora deixan as estradas cheas de suciedade e colillas. - Disminúen as súas enfermidades, agora xa só ten as encías inchadas e un quiste encetado no calcañal; só lle faltaba que lle saíse un cactus nas engurras da empeña. - Dimitiu o director do club de élite que está ao pé da confitería. Seica o relacionaron co soborno na venda dun novo misil ao Iraque. - Que non lle pasase a chuleta non é unha traizón, que el é un rencoroso e non me empresta nin un lápiz; oxalá lle dea unha cambra no entrenamento de hoxe. - Hai un novo remedio para a sífilis: medio gramo de pole de margarita, un gramo de lexía común mesturado con gaseosa sabor cola e dous gramos de morcilla castelá. Todo ben revolto e en pequenas doses. Durante o tratamento absterase de comer fiambres e de obter boas calificacións en Literatura. NOTA: tamén vale para a SIDA. Complemento léxico-semántica 13