Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.

Linguas en contacto. Desvíos normativos.

4,812 views

Published on

Published in: Education, Travel, Technology
  • Be the first to comment

Linguas en contacto. Desvíos normativos.

  1. 1. DESVÍOS NORMATIVOS FENÓMENOS DE LINGUAS EN CONTACTO
  2. 2. DÚAS LINGUAS NUNHA SOCIEDADE Causas polas que nos atopamos con dúas ou máis linguas nun territorio: -expansión dun pobo (como o romano) -unificación política dun territorio liderada por un dos pobos dese territorio (como o castelán, o francés ou o italiano) -colonialismo duns reinos ou imperios (como o español, o portugués, o francés, ou o inglés ) sobre outros territorios do planeta.
  3. 3. DÚAS LINGUAS NUNHA SOCIEDADE
  4. 4. O CONFLITO LINGÜÍSTICO  1.- Bilingüismo e diglosia  1.1.- Bilingüismo individual e bilingüismo social  1.2.- Consecuencias da diglosia en Galicia. Actitudes lingüísticas  2.- O proceso de normalización lingüística do galego
  5. 5. O CONFLITO LINGÜÍSTICO
  6. 6. Bilingüismo e diglosia
  7. 7. Bilingüismo individual e bilingüismo social
  8. 8. Consecuencias da diglosia en Galicia. Actitudes lingüísticas - De andar a servir se me esquenció de todo el jallego. - Vaites, vaites.
  9. 9. Consecuencias da diglosia en Galicia. Actitudes lingüísticas  Restrición de usos: 1. Emprego minoritario do galego nas funcións cultas da lingua. 2. Emprego do galego polas clases populares e do castelán polas clases medias e altas. 3. Emprego do galego no rural e do castelán na cidade. 4. Emprego maior do galego a nivel oral e do castelán a nivel escrito.
  10. 10. Consecuencias da diglosia en Galicia. Actitudes lingüísticas CONSECUENCIAS: MINORIZACIÓN DESPRESTIXIO AUTO-ODIO “GALEGO PARA POBRES E PALETOS” “GALEGO: DO MONTE”
  11. 11. Consecuencias da diglosia en Galicia. Actitudes lingüísticas SOLUCIÓN: NORMALIZACIÓN
  12. 12. O proceso de normalización lingüística do galego
  13. 13. O proceso de normalización lingüística do galego
  14. 14. O proceso de normalización lingüística do galego
  15. 15. Consecuencias da diglosia en Galicia. Actitudes lingüísticas  Interferencias lingüísticas. cuchillo pasillo silla peine él azúcar boda conexo cuchara Dios reies aquelos calquer creín lees quenes calle carcaxada hola adiós
  16. 16. Consecuencias da diglosia en Galicia. Actitudes lingüísticas SOLUCIÓN: NORMATIVIZACIÓN
  17. 17. Interferencias lingüísticas e alternancias de códigos 1.- "Lo qué? Qué va, hija! Cuando estaba en el pueblo no era así; de aquella te era unha persona estupenda“ 2.- Estábamos todos tirados en el suelo muertos de risa y en esto llega el paisano y se pone a berrar como un tolo porque le esmagaran todo el pastel 3.- "O profesor me dixo que o exercicio estaba moi deficiente“ 4.- "Cominme unha costilleta de ternera e unha ensalada enteira de lechuga e tomate; e de postre, unha tarta de almendra con cabello de ángel“
  18. 18. Interferencias lingüísticas e alternancias de códigos 1.- "Sal de ahí, que te vas caer! Cuántas veces te lo tengo repetido? Demo de rapaz que non pode estar tranquilo un momento! Habías de levar unha boa a ver si aprendías“ 2.- "Y conste que yo no te tengo nada contra el gallego eh? Yo te soy gallega como la que más. Y si ahora los políticos o gente que sale en la televisión falando galego, pues muy bien, yo no sé lo que harán luego en casa, que o mesmo educan os fillos en galego que non, iso xa non o sabe unha, que el otro día te estaba delante mía una presentadora una presentadora desas de la tele gallega y bien que te hablaba el castejano, en la tele el galleguiño porque les obligan pero después, a la que salen, nadiña, así que mira, que vayan todos por ahí."
  19. 19. Interferencias lingüísticas e alternancias de códigos
  20. 20. Tipos de interferencias  a) Castelanismos. Interferencias que provocan a substitución da forma galega pola castelá.  b) Escolla da forma semellante á castelá (encontrar por atopar).  c) Diferencialismo co castelán:  Entre labios e beizos escollerase a segunda  Hipergaleguismos ou hiperenxebrismos, que supoñen unha ultracorrección, xa que se galeguiza algo que xa é galego de seu, (primaveira, hourizonte, escea...).  Lusismos: omelete por tortilla  Arcaísmos: conquerir por conseguir
  21. 21. Interferencias directas do castelán. Os castelanismos  Castelanismos ortográficos: qué queres?, compróu, fácilmente, éste, baranda, abogado, maravilla, automóvil, hirmán , ahí...  Castelanismos fonolóxicos: bola fronte a bóla ou présa fronte a presa, a pronuncia próxima ao s do fonema palatal x...  Castelanismos morfolóxicos: a leite, a sangue, o ponte, o viaxe; o auga, o aula; ferrolana, animales, israelíes; produxera, establezca; había feito, habería chegado; lees, creín, veo, sabremos; estos, esos, aquelos; calquer, primer; encontrei teu libro; botáronte a culpa; non lle avisei a tempo; quenes...
  22. 22. Interferencias directas do castelán. Os castelanismos  Castelanismos sintácticos: o escoitei na radio, lle manda saúdos, nunca esquecereime dela, bebinme unha copa de augardente, lavouse as mans, vou a facelo...  Castelanismos léxicos: escoba/vasoira, grifo/billa ou moa/muela; axuntamento, carcaxada, carreteira ou almexa; árbol, iglesia, Dios, fecha, calle, adiós, peine, rodilla, pueblo...  Castelanismos fraseolóxicos: chegar e bicar o santo, arrimar a ascua á súa sardiña ou correr un tupido veo, tradución literal das castelás que en galego terían unha mellor expresión con chegar e encher, varrer para a casa e botar terra ao asunto. En ocasións, a literalidade da tradución leva a enunciados case inintelixíbeis, como estar feito po / polbo ('estar desfeito, esgotado, derrotado')
  23. 23. Interferencias directas do castelán.
  24. 24. Interferencias indirectas do castelán: Arcaísmos Os arcaísmos  son formas en desuso, que non deben ser empregadas na lingua moderna. Moitos escritores, sobre todo a inicios do século XX, descubriron formas medievais que, sendo diferentes das modernas, se apartaban ao mesmo tempo das castelás. Isto provocou que se identificaran como castelanismos voces galegas correctas coincidentes co castelán, como conseguir, vez, título ou calumnia e foran remprazadas polas correspondentes formas arcaicas conquerir, vegada, tiduo e caloña.
  25. 25. Interferencias indirectas do castelán: Arcaísmos
  26. 26. Interferencias indirectas do castelán: Dialectalismos. Outra maneira de fuxir da confluencia co castelán foi procurar variantes dialectais que, a pesar de seren minoritarias ou teren unha menor vinculación coa lingua culta e literaria, foron preferidas por seren diferentes do castelán. Así, aparecen na lingua culta dialectalismos como iste, il ou  corasón.
  27. 27. Interferencias indirectas do castelán: Hipergaleguismos. Un paso máis alá na obsesiva procura do diferencialismo levou á creación de novos vocábulos. Son os denominados hipergaleguismos ou hiperenxebrismos. O mecanismo para a creación dos hipergaleguismos responde sempre ao mesmo esquema: galego e castelán correspondencia hipergaleguismo indutora nutriente e-ie (ben-bien) nutrente primavera eira-era (primeira-primera) primaveira brillar l – ll (cabalo-caballo) brilar colaborar ou-o (pouco-poco) colabourar gasolina ñ-n (poñer-poner) gasoliña
  28. 28. Interferencias indirectas do castelán: Invencións caprichosas. Noutros casos, a invención obedece a creacións caprichosas, ás veces de procedencia individual, que en certas épocas chegaron a ter unha difusión bastante grande. Son formas como televexo, rubidoiro ou cheúra, afortunadamente xa totalmente desterradas da lingua, en lugar de televisor, ascensor e enchente.
  29. 29. Interferencias indirectas do castelán: Vulgarismos. Unha maior repercusión tivo a introdución de vulgarismos con afán diferencialista, que proliferarán no galego literario sobre todo no primeiro terzo do século XX. Deste xeito, encontramos as formas ademirar, múseca, probe, espranza, leutor, etc. en lugar das correspondentes voces galegas correctas e coincidentes co castelán.
  30. 30. Tipos de vulgarismos  Por adición de fonemas: -Prótese: arradio -Epéntese: ademirar -Parágoxe: bailare  Por supresión de fonemas: -Aférese: lacena -Síncopa: espranza -Apócope: “en cas de”  Por transformación de vogais: múseca  Por cambio de posición de fonemas: probe  Por vocalización de consoantes: leutor
  31. 31. resumindo... DESVÍOS NORMATIVOS  INTERFERENCIAS LINGÜÍSTICAS 1. Por proximidade 2. Por diferencialismo a) Arcaísmos b) Vulgarismos c) Hipergaleguismos d) Invencións caprichosas e) Dialectalismos (*) 3. Por substitución. Castelanismos a) Ortográficos e Fonolóxicos b) Morfolóxicos e Sintácticos c) Léxicos e Fraseolóxicos  VULGARISMOS (*)
  32. 32. resumindo...
  33. 33. Cuestións para a reflexión...  Como chega a sociedade a sentir a necesidade de comunicarse utilizando dúas linguas?  Poden dúas linguas vivir no mesmo territorio e desempeñar as mesmas funcións?  Que é o bilingüismo diglósico?  É necesaria a normalización lingüística?
  34. 34. DOCUMENTACIÓN E ANEXOS  Lingua e sociedade na Galiza, M.Portas  Material de elaboración propia  Tiras cómicas obtidas en distintos xornais  Texto de Sempre en Galiza, Castelao  Textos de Made in Galiza, Sechu Sende  Libro de Apoio, páxinas 143-145

×