Sra. Concelleira, representantes do Consello Municipal da Lingua,representantes dos
partidos políticos, asociacións colaboradoras, veciños e veciñas:
A súa presenza neste acto conmemorativo do 150 aniversario da publicación de
Cantares Gallegos e 50 da institucionalización do 17 de maio como día das Letras
Galegas reflicte o grande interese por todo o relacionado coa nosa cultura e, pola súa
expresión máis xenuína, a nosa lingua.
Prégolles que me acompañen nun saúdo afectuoso e cheo de éxitos
( pois tamén serán para Ferrol) para o Sr. Vilariño que inicia unha nova andaina na súa
prolongada vida política.
A Coruña 28 de abril de 1963
[...] O secretario deu a coñecer unha interesantísima proposición que subscriben os
numerarios señores Fernández del Riego, Gómez Román e Ferro Couselo, en relación
coa publicación de "Cantares Gallegos" de Rosalía de Castro, que se cumpre o 17 de
maio vindeiro. Na súa vista, a asemblea acordou declarar "Día das Letras Galegas" o 17
de maio de cada ano, a partir do presente que esta Corporación celebrará coa máxima
solemnidade, recabando, como se solicita, a colaboración das institucións culturais
do país e a de todos os Centros Galegos do mundo para o maior realce de tan sinalada
efemérede.
Deste xeito resume a acta do Plenario da RAG a decisión de institucionalizar o 17
de maio como día das letras galegas.
1
Na proposta que se lle realizou ao Consello Municipal da Lingua de Ferrol para que
tomara en consideración a realización deste acto-homenaxe decíamos que :
“Entre as funcións proprias dunha língua está a da creación literaria. Porén, no noso
país, a literatura xogou e xoga un papel imprescindíbel para manter acesa a chama dun
horizonte normalizado da nosa lingua e de liberdade para o noso país. Foi esa, alén dos
valores literarios, a achega da obra de Rosalía ...” tal como o expresa a propria autora:
“non... pode o poeta prescindir do medio en que vive, nin ser alleo ao seu tempo.”
Cantares Gallegos vénse considerando o libro inaugural do Rexurdimento, non só por
ser o 1º libro de extraordinaria calidade poética escrito integramente en galego, pero
tamén, e sobre todo, pola intención e toma de posición da súa autora, que xa fica explícita
na propia dedicatoria e no prólogo :
1.- Demostrar que o noso idioma “ ´... é tan apropiado como o primeiro para
toda clase de versificación ... e “non é aquela lingua que bastardean e chapurran
torpemente ... cunha risa de mofa”.
2.- Combater a imaxe negativa que se tiña da nosa lingua e de Galicia:
“... pra desvanecer os errores que manchan e ofenden a miña patria.... pra dicir
dunha vez ... aos que sin razón nin coñecimento algún nos desprezan que a nosa
terra é digna de alabanza”
3.- Denunciar a emigración provocada pola grave crise económica, e mesmo no
poema “A Gaita Gallega” manifestar un claro posicionamento en defensa de
Galicia fronte ao centralismo político dominante.
En conclusión, Rosalía utiliza a súa pluma para a defensa dun idioma desprezado, a
denuncia das inxustizas e discriminación que sofren Galicia e os galegos, e reclama o
dereito das mulleres a seren consideradas en razón ao seu talento e non ao seu xénero,
nunha sociedade na que a súa marxinación era considerada unha consecuencia da súa
natureza inferior.
O seu compromiso social e a súa postura, contraria á moral dominante, carrexaríalle
non poucos problemas e a incomprensión manifesta da maioría da intelectualidade da
época. Ese rexeitamento foi recollido por Curros naqueles versos:
2
Ai, dos que levan no bico unha estrela!
Ai dos que levan no bico un cantar!
Apelamos , pois, a lle render homenaxe a unha muller e a súa obra que nos situou na
cartografía dos pobos que teñen lingua e cultura de seu e están orgullosos de posuílas e
cultivalas.
No contexto desta solemnidade, permitídeme unha outra licenza :
Daquel plenario da RAG de 1963 que instituíu a celebración anual do Día das Letras
Galegas, tamén formaba parte un ferrolán que dedicou gran parte das súas
investigacións a rescatar a figura de Rosalía. Refírome ao ilustre D. Ricardo Carvalho
Calero.
D. Ricardo tamén escolleu a mesma data de 1963 para publicar a súa obra de
investigación máis importante: Historia da literatura Galega Contemporánea. O valor
compilador dese estudo, a importancia doutros sobre Rosalía (Estudos rosalianos. –Vigo
1974-), o seu labor como filólogo, ademais da súa obra de creación, a xuízo de moitos
deberan ser avais suficientes para incluílo na nómina dos que destacaron pola
dignificación e defensa da nosa lingua e da nosa cultura.
Fique, pois, nas asas do vento o devezo de que o 2014 sexa o ano no que o Día das
Letras sexa para Carvalho Calero.
Ferrol 28 de abril de 2013
Recollendo o mandato da Real Academia Galega a cidadanía de Ferrol ( obreiros e
empresarios, funcionarios, labregos, relixiosos, mocidade, cidadanía en xeral)
manifestamos que a nosa presenza, nesta praza que recolle a memoria da nosa insigne
poeta nacional, obedece a expresarmos, de xeito plural – porque diversa é a realidade
que nos arrodea- o compromiso para acadarmos que a lingua nacional, a lingua propia
de Galiza ( como proprios de Galiza son os carvalhos e as roseiras) acade un status que
lle permita continuar sendo útil á humanidade.
Que asi sexa.
E así aparece recollido este acto no Libro de Actas da historia que está por
escribir.
3

Discurso manolo acto 28 de abril

  • 1.
    Sra. Concelleira, representantesdo Consello Municipal da Lingua,representantes dos partidos políticos, asociacións colaboradoras, veciños e veciñas: A súa presenza neste acto conmemorativo do 150 aniversario da publicación de Cantares Gallegos e 50 da institucionalización do 17 de maio como día das Letras Galegas reflicte o grande interese por todo o relacionado coa nosa cultura e, pola súa expresión máis xenuína, a nosa lingua. Prégolles que me acompañen nun saúdo afectuoso e cheo de éxitos ( pois tamén serán para Ferrol) para o Sr. Vilariño que inicia unha nova andaina na súa prolongada vida política. A Coruña 28 de abril de 1963 [...] O secretario deu a coñecer unha interesantísima proposición que subscriben os numerarios señores Fernández del Riego, Gómez Román e Ferro Couselo, en relación coa publicación de "Cantares Gallegos" de Rosalía de Castro, que se cumpre o 17 de maio vindeiro. Na súa vista, a asemblea acordou declarar "Día das Letras Galegas" o 17 de maio de cada ano, a partir do presente que esta Corporación celebrará coa máxima solemnidade, recabando, como se solicita, a colaboración das institucións culturais do país e a de todos os Centros Galegos do mundo para o maior realce de tan sinalada efemérede. Deste xeito resume a acta do Plenario da RAG a decisión de institucionalizar o 17 de maio como día das letras galegas. 1
  • 2.
    Na proposta quese lle realizou ao Consello Municipal da Lingua de Ferrol para que tomara en consideración a realización deste acto-homenaxe decíamos que : “Entre as funcións proprias dunha língua está a da creación literaria. Porén, no noso país, a literatura xogou e xoga un papel imprescindíbel para manter acesa a chama dun horizonte normalizado da nosa lingua e de liberdade para o noso país. Foi esa, alén dos valores literarios, a achega da obra de Rosalía ...” tal como o expresa a propria autora: “non... pode o poeta prescindir do medio en que vive, nin ser alleo ao seu tempo.” Cantares Gallegos vénse considerando o libro inaugural do Rexurdimento, non só por ser o 1º libro de extraordinaria calidade poética escrito integramente en galego, pero tamén, e sobre todo, pola intención e toma de posición da súa autora, que xa fica explícita na propia dedicatoria e no prólogo : 1.- Demostrar que o noso idioma “ ´... é tan apropiado como o primeiro para toda clase de versificación ... e “non é aquela lingua que bastardean e chapurran torpemente ... cunha risa de mofa”. 2.- Combater a imaxe negativa que se tiña da nosa lingua e de Galicia: “... pra desvanecer os errores que manchan e ofenden a miña patria.... pra dicir dunha vez ... aos que sin razón nin coñecimento algún nos desprezan que a nosa terra é digna de alabanza” 3.- Denunciar a emigración provocada pola grave crise económica, e mesmo no poema “A Gaita Gallega” manifestar un claro posicionamento en defensa de Galicia fronte ao centralismo político dominante. En conclusión, Rosalía utiliza a súa pluma para a defensa dun idioma desprezado, a denuncia das inxustizas e discriminación que sofren Galicia e os galegos, e reclama o dereito das mulleres a seren consideradas en razón ao seu talento e non ao seu xénero, nunha sociedade na que a súa marxinación era considerada unha consecuencia da súa natureza inferior. O seu compromiso social e a súa postura, contraria á moral dominante, carrexaríalle non poucos problemas e a incomprensión manifesta da maioría da intelectualidade da época. Ese rexeitamento foi recollido por Curros naqueles versos: 2
  • 3.
    Ai, dos quelevan no bico unha estrela! Ai dos que levan no bico un cantar! Apelamos , pois, a lle render homenaxe a unha muller e a súa obra que nos situou na cartografía dos pobos que teñen lingua e cultura de seu e están orgullosos de posuílas e cultivalas. No contexto desta solemnidade, permitídeme unha outra licenza : Daquel plenario da RAG de 1963 que instituíu a celebración anual do Día das Letras Galegas, tamén formaba parte un ferrolán que dedicou gran parte das súas investigacións a rescatar a figura de Rosalía. Refírome ao ilustre D. Ricardo Carvalho Calero. D. Ricardo tamén escolleu a mesma data de 1963 para publicar a súa obra de investigación máis importante: Historia da literatura Galega Contemporánea. O valor compilador dese estudo, a importancia doutros sobre Rosalía (Estudos rosalianos. –Vigo 1974-), o seu labor como filólogo, ademais da súa obra de creación, a xuízo de moitos deberan ser avais suficientes para incluílo na nómina dos que destacaron pola dignificación e defensa da nosa lingua e da nosa cultura. Fique, pois, nas asas do vento o devezo de que o 2014 sexa o ano no que o Día das Letras sexa para Carvalho Calero. Ferrol 28 de abril de 2013 Recollendo o mandato da Real Academia Galega a cidadanía de Ferrol ( obreiros e empresarios, funcionarios, labregos, relixiosos, mocidade, cidadanía en xeral) manifestamos que a nosa presenza, nesta praza que recolle a memoria da nosa insigne poeta nacional, obedece a expresarmos, de xeito plural – porque diversa é a realidade que nos arrodea- o compromiso para acadarmos que a lingua nacional, a lingua propia de Galiza ( como proprios de Galiza son os carvalhos e as roseiras) acade un status que lle permita continuar sendo útil á humanidade. Que asi sexa. E así aparece recollido este acto no Libro de Actas da historia que está por escribir. 3