SlideShare a Scribd company logo
1 of 13
Download to read offline
PROXECTO DE VIAXES: a publicidade. O debate. O correo electrónico


Un dos primeiros antecedentes da publicidade exterior foron os carteis. Nun primeiro
momento cunhas mensaxes pouco comerciais:
      -Axons en Grecia, pezas de madeira unidas e pintadas de branco onde aparecían,
principalmente, mensaxes do goberno ou outro tipo de información. Unha variante desta
modalidade eran os kyrbos, de forma cilíndrica.
      - Os alba e os libeli, papiros fixados en distintas superficies de lugares moi
frecuentados que servían para comunicar mensaxes oficiais. Os alba reutilizábanse
pintábanse de branco para poder pór novas inscricións.
      -Os graffiti eran pintadas informais que facía a cidadanía nas paredes,
normalmente para pedir ou protestar por algo.


A relación comunicativa da publicidade vén de vello: comunicar a existencia de produtos,
ofrecer servizos, difundir información e opinións etc. En cada época, oriéntanse os medios
e as ferramentas que funcionan e dos que se dispón ao obxectivo que se quere conseguir.
Postais coma estas responden ao método que hoxe coñecemos como postal free.



ACTIVIDADE 1

Velaquí varios anuncios para a xente galega que viaxaba a América a principios do século
XX.
Na linguaxe publicitaria unha das técnicas máis coñecidas é a USP (unique selling
proposition –proposta única de venda-). Baséase na idea de que as persoas que
consomen os produtos só recordan unha idea ou un argumento dos anuncios.
Agora que xa sabedes algo máis da emigración á América e do que podía implicar este
tipo de publicidade:
    Que elementos pensades que definen estas dúas imaxes? Indica as diferenzas
      entre os dous tipos de postais. Fixádevos nas cores, o tipo de letra, o encadrado
      das imaxes etc.
_______________________________________________________________
_______________________________________________________________


   Con que ideas da viaxe quedaría un galego ou unha galega á hora de decidir se
     embarcar para América?
_______________________________________________________________
_______________________________________________________________




   Investiga nos libros de historia da biblioteca do voso centro o valor que terían para
     os emigrantes galegos a cantidade de 553,50 pesetas. Pon exemplos de produtos
     que poderían conseguir con esta cantidade de diñeiro. Anotade no voso caderno
     os valores que atopades para diferentes produtos, isto permitiravos facer
     comparacións.
 Seriades quen de facer unha comparación económica cos actuais euros?
      Argumentade con exemplos as vosas propostas.


Recentemente, Miguel A. Murado no libro Otra idea de Galicia ofrece unha ollada fresca
no tratamento de tópicos sobre as persoas galegas e tamén sobre o tema da emigración.
Velaquí un pequeno fragmento.




   “Isto fixo que a emigración se dirixise a partir de entón cara ao hemisferio
   sur. As autoridades arxentinas fixeran un chamamento para poboar o “novo
   país”. A súa esperanza era que acudisen inmigrantes escandinavos e
   centroeuropeos, como en Estados Unidos. Mais tiveron que se conformar
   con centenares de miles de galegos, sobre todo a partir da fame de 1880, e
   máis aínda despois de 1904, cando as grandes navais europeas incluíron
   Coruña e Vigo como rendibles escalas nos traxectos dos seus
   transatlánticos. O billete era moi caro (250 pesetas en 1913), o que o poñía
   ao alcance de campesiños con propiedades que vender, e aínda que fose
   máis humano, seguía a ser penoso. Un pasaxeiro do Poitou contará con
   horror como se declarara un andazo de varíola en terceira clase. Non só
   non se aillaran os infectados, senón que os seus colchóns se reutilizaban
   unha vez que morrían e eran lanzados ao mar. Outro andazo de sarampelo
   no Orterik matou a máis de medio cento de nenos en 1911. Non, a viaxe a
   América non era un cruceiro recreativo. Nun revelador lapso, o anuncio
   dunha naval publicado na prensa galega di que o seu barco, o Cap
   Polonio, pode transportar un grande número de “persoas” en “primeira
   clase” e de “emigrantes” en “terceira”. (Tradución de Anxo Gómez)

   Miguel A. Murado (2008), Otra idea de Galicia, ed. Debate, pp. 125-126.




ACTIVIDADE 2
Isto lémbravos algunha situación que se está a vivir na Península Ibérica na actualidade?
_____________________________________________________________


E nós, que opinamos? Cal pode ser a nosa achega construtiva á sociedade neste ámbito.


Velaquí dúas imaxes moi distanciadas no tempo mais bastante similares canto a contidos.
 Organizade a clase en catro grupos. Dous grupos investigarán sobre a inmigración
   galega a comezos do século XX e a inmigración africana á Península Ibérica no
   século XXI. Lembrade que ao final desta unidade e nos marcadores sociais tamén
   tedes referencias bibliográficas de interese). Seleccionade imaxes, textos,
   testemuños etc. para elaborar cadanseu mural.
ACTIVIDADE 3

O debate
O debate é unha actividade oral, formal e planificada. As persoas que participan nos
debates convócanse para defender as súas posicións sobre un tema determinado. Ten un
discurso claramente argumentativo.


As persoas que participan nun debate saben que deben respectar unha serie de normas
que permiten o seu adecuado desenvolvemento. Estas normas afectan:
   1. Ao coñecemento do tema sobre o que se vai falar.
   2. Ao xeito de falar en público.
   3. Ao xeito de comportarse coas outras persoas participantes e ante o público.


    Redactade un breve conxunto de normas (entre cinco e dez) que regulen o
      funcionamento dun debate. Estas normas serán do tipo:
“As persoas participantes dun debate deberán / non deberán...”
_______________________________________________________________
_______________________________________________________________
_______________________________________________________________
_______________________________________________________________
_______________________________________________________________
_______________________________________________________________
_______________________________________________________________
_______________________________________________________________
_______________________________________________________________
_______________________________________________________________




DÁMOSLLE VOLTAS CUN TEXTO


                                           O MAIO


                                        Aquí vén o maio
                                      de frores cuberto...
                                      puxéronse á porta
cantándome os nenos;
                                   i os puchos furados
                                   pra min estendendo,
                                    pedíronme crocas
                                  dos meus castiñeiros.


                                     Pasai, rapaciños,
                                    calados e quedos;
                                que o que é poIo de hoxe
                                  que darvos non teño.
                                    eu sónvo-lo probe
                                     do pobo gallego:
                                  pra min non hai maio,
                              ¡pra min sempre é inverno!....

                                     Cando eu me atopare
                                       de donos liberto
                                   i o pan non me quiten
                                  trabucos e préstemos,
                                     e como os do abade
                                    frorezan meus éidos,
                                 chegado habrá estonces
                                  o maio que eu quero..

                                    ¿Queredes castañas
                                 dos meus castiñeiros?...
                                   Cantádeme un maio
                                  sin bruxas nin demos:
                                    un maio sin segas,
                                    usuras nin preitos.
                                  sin quintas, nin portas,
                                   nin foros, nin cregos.



Preparamos o poema por grupos [lembrade as indicacións para preparar o recitado dun
poema]
    Collamos o substantivo maio no seu sentido metafórico. Cal pensas que é o
      referente real neste poema?
    En que versos aparecen reflectidos os motivos polos que emigraba a xente?
    Quen son os “donos” aos que se refire Curros no verso 18?
    No poema aparece a palabra “probe”. Pensades que o termo pobreza ten as
      mesmas connotacións hoxe ca na época de Curros? Cal pensades que é a
      diferenza entre pobreza e necesidade?
    Que quererán dicir os versos da última estrofa “Cantádeme un maio / sin bruxas nin
      demos: / un maio sin segas, / usuras nin preitos (...)”. Investigada sobre a tradición
dos maios na cultura galega. Facede un resumo explicando en que consiste esta
      tradición.
    Cal era o maio das persoas que emigraban na época de Curros? E das persoas
      galegas que emigran hoxe?
    Na túa opinión, por que pensas que emigra a xente hoxe en día? E ás persoas
      inmigrantes, que pensas que razóns a move para chegaren á Península Ibérica?


a) Arredor dos diferentes temas que teñen que ver coa inmigración, define polo menos
   dúas posicións que se poidan dar en cada caso. Escolle temas propios do século XX e
   XXI:


Propoñémosvos que escribades varios temas que se tratarían nun debate sobre a
emigración e que posicións se poden defender en cada caso. Aproveitade o que
aprendestes até o de agora neste tema sobre a emigración.


   Tema 1:
          Posición A
          Posición B


   Tema 2:
          Posición A
          Posición B


b) Pensa noutros temas de debate e escribe, polo menos, dúas posicións que se poidan
   defender para cada caso.


Agora toca representar o debate. Cada quen de vós terá un rol e preparará a fondo o seu
papel no debate.


       Organizade un debate na clase sobre algún dos temas anteriores. Antes
          debedes delimitar:
          o Quen será a persoa moderadora.
          o Que persoas defenderán cada postura.
          o Que persoas forman parte do público (non máis de 10).
          o Canto durará o debate no seu conxunto.
o Canto durarán as quendas das persoas participantes.
   o Que aspectos valorará o público cando remate o debate.
As persoas que non teñen papel asignado no debate avaliarán a participación dos
diferentes membros.


 Preparación de papeis: a persoa que modera o debate debe preparar unha
   breve presentación, na que explique quen participa e que posicións vai
   defender cada unha.
Presentación do debate sobre a inmigración, do século XX ao século XXI


[Poñemos de fondo, para comezar o poema de Curros musicado por Luís E.
Batallán “O maio” ]


[Saúdo inicial] O debate que hoxe presentamos ten como tema:
É un tema (importante / de actualidade /interesante... relacionado coa figura de
Manuel Curros Enríquez) porque ...
Sobre que aspectos debaterán as nosas convidadas? Por unha banda,
defenderase a idea de que ...
Por outra banda, escoitaremos ás que pensan que...
Para iniciar este debate, formularei unha (pregunta/cuestión) inicial...



   -As persoas que participan nun debate rigoroso deben defender unha determinada
   posición achegando as razóns e os exemplos que a fundamenten.


   Arredor dos temas relacionados con Curros, elixide unha das posicións estabelecidas
   e realizade un breve esquema coas razóns e os exemplos que, ao voso xuízo, vos
   permiten defendela.


   Modelo de ficha de preparación dunha persoa convidada nun debate:




Tema:


Postura que defende:.
        Razóns:
        1.
         Exemplo:


        2.
         Exemplo:
(...)




ACTIVIDADE 6

O correo electrónico é un servizo de rede que permite enviar mensaxes de texto entre
usuarias. Só podemos enviar correos a unha persoa se coñecemos o seu enderezo.


O correo electrónico está formado polo nome da usuaria o símbolo @ e un dominio
(.com, .edu. org, .mil, .net, .es). O nome de usuaria pode responder ao noso nome real, a
un alcume ou a calquera tipo de combinación de letras e números que nos identifique.
Exemplo: uxiaabeixon@eduxove.xunta.es, forester08@clubedelecturagz.org.


Cada xestor ten trazos e formas particulares, e cada usuaria configúrao ao seu gusto.
Mais, case sempre, o xénero consta destas compoñentes:

a) Encabezado:
       Para: nome e enderezo da receptora. Todas as mensaxes deben ter unha persoa
destinataria.
       CC: ou CCO: nome e enderezo das que reciben unha copia (CC:) ou unha copia
oculta (CCO:) que só ve a persoa que a recibe.


       Asunto: todas as mensaxes deben ir co seu asunto ben especificado; os envíos de
       mensaxes sen asunto poden facer desconfiar aos destinatarios. No asunto teremos
       que ser especialmente coidadosos se lle escribimos a xente que non coñecemos e
       debemos procurar a brevidade en todos os casos.


       Engadir arquivos: cando temos unha mensaxe moi longa ou queremos achegar un
       documento á persoa que vai recibir o noso correo podemos usar esta opción. Os
       arquivos que enviamos poden ter diferentes formatos: .sxw, .rtf, .pdf, .doc, .tif, .jpg
       etc. No envío de arquivos anexos é recomendábel que na mensaxe se dean probas
       suficientes de que somos quen dicimos ser. Se os arquivos son longos convén
       avisar antes, para que o destinatario lles faga sitio eliminando da súa conta as
       mensaxes vellas.
b) Corpo da mensaxe: as mensaxes dos correos electrónicos non son moi longas, para
textos grandes podemos botar man do man da opción engadir documentos.
       No corpo da mensaxe cada un redactará o que desexe, mais seguindo a norma
xeral de non usar maiúsculas (agás despois de puntos ou nos nomes propios).


       As cariñas emotivas :-) <3 B*) teñen un pequeno oco en mensaxes redactadas cun
rexistro coloquial.


       Sinatura: vai na parte inferior da mensaxe. Na sinatura podemos engadir os nosos
datos persoais (Nome e apelidos, curso e instituto no que estamos ou outros datos sobre
a nosa formación, enderezo postal, teléfono de contacto e/ou unha
frase/sentenza/refrán/versos significativa para nós).


Cando recibimos un correo electrónico, o encabezado dinos de onde vén, cando e como
foi enviado. Se na mensaxe leva sinatura tamén nós dará máis información sobre o
emisor da mensaxe.


Para responder o correo podemos facelo a través da opción Responder que aparece na
pestana do xestor, deste xeito podemos seguir o fío da comunicación.


Máis información sobre o uso do correo electrónico (consellos útiles para usar o correo
electrónico, como configurar unha conta de correo electrónico etc.):
       http://delicious.com/manuelcurrosenriquez/correoelectronico ou en
       http://www.blogoteca.com/cadernodecuarto




ACTIVIDADE
Enviade un correo electrónico á axencia de viaxes que seleccionastes. No correo debedes
solicitar información para realizar unha viaxe na viaxe de fin de curso e outra a Cuba.


    Debedes redactar un correo o máis detallado posíbel. Da seriedade e veracidade
       do contido dependerá a contestación por parte da axencia. Enviade unha copia
       oculta ao enderezo da vosa profesora ou do voso profesor para que esta/e realice
as correccións que considere precisas.


Comparade os resultados da organización das viaxes: lugares de saída e chegada,
escalas, hoteis e menús, información sobre documentación que precisades, moedas etc.
Observade en que lingua vos responden.

More Related Content

What's hot

Entrevista a Clara do Roxo
Entrevista a Clara do RoxoEntrevista a Clara do Roxo
Entrevista a Clara do RoxoAsnosasletras
 
Agustín fernández paz
Agustín fernández pazAgustín fernández paz
Agustín fernández pazAsnosasletras
 
Letras galegas2014 guiasecundaria
Letras galegas2014 guiasecundariaLetras galegas2014 guiasecundaria
Letras galegas2014 guiasecundariasatelite1
 
Actividades filgueira valverde
Actividades filgueira valverdeActividades filgueira valverde
Actividades filgueira valverdeEDLGVILAVERDE
 
Letras galegas2014 guiaprimaria
Letras galegas2014 guiaprimariaLetras galegas2014 guiaprimaria
Letras galegas2014 guiaprimariasatelite1
 
Xosé luis franco grande
Xosé luis franco grandeXosé luis franco grande
Xosé luis franco grandeAsnosasletras
 
Mulleres en / para / por / desde / ante o Museo. A Exposición.
Mulleres en / para / por / desde / ante o Museo. A Exposición.Mulleres en / para / por / desde / ante o Museo. A Exposición.
Mulleres en / para / por / desde / ante o Museo. A Exposición.PSM
 

What's hot (18)

Suso de toro
Suso de toroSuso de toro
Suso de toro
 
Entrevista a Clara do Roxo
Entrevista a Clara do RoxoEntrevista a Clara do Roxo
Entrevista a Clara do Roxo
 
Guía de lectura Xosé María Díaz Castro-Letras Galegas 2014
Guía de lectura Xosé María Díaz Castro-Letras Galegas 2014Guía de lectura Xosé María Díaz Castro-Letras Galegas 2014
Guía de lectura Xosé María Díaz Castro-Letras Galegas 2014
 
Agustín fernández paz
Agustín fernández pazAgustín fernández paz
Agustín fernández paz
 
Domingo villar
Domingo villarDomingo villar
Domingo villar
 
Letras galegas2014 guiasecundaria
Letras galegas2014 guiasecundariaLetras galegas2014 guiasecundaria
Letras galegas2014 guiasecundaria
 
Actividades filgueira valverde
Actividades filgueira valverdeActividades filgueira valverde
Actividades filgueira valverde
 
Fina casalderrei
Fina casalderreiFina casalderrei
Fina casalderrei
 
Paco Martín
Paco MartínPaco Martín
Paco Martín
 
Mendez ferrin
Mendez ferrinMendez ferrin
Mendez ferrin
 
Letras galegas2014 guiaprimaria
Letras galegas2014 guiaprimariaLetras galegas2014 guiaprimaria
Letras galegas2014 guiaprimaria
 
Xosé luis franco grande
Xosé luis franco grandeXosé luis franco grande
Xosé luis franco grande
 
Pepe Carballude
Pepe CarballudePepe Carballude
Pepe Carballude
 
Fiadeiro 2017
Fiadeiro 2017Fiadeiro 2017
Fiadeiro 2017
 
Francisco castro
Francisco castroFrancisco castro
Francisco castro
 
Xabier p docampo
Xabier p docampoXabier p docampo
Xabier p docampo
 
Mulleres en / para / por / desde / ante o Museo. A Exposición.
Mulleres en / para / por / desde / ante o Museo. A Exposición.Mulleres en / para / por / desde / ante o Museo. A Exposición.
Mulleres en / para / por / desde / ante o Museo. A Exposición.
 
Francisco Pillado
Francisco PilladoFrancisco Pillado
Francisco Pillado
 

Viewers also liked

GuíA AtencióN Ssms Sename
GuíA AtencióN Ssms SenameGuíA AtencióN Ssms Sename
GuíA AtencióN Ssms Senamejuaninmtb
 
Catalogo Inmuebles 17 Julio 2007
Catalogo Inmuebles 17 Julio 2007Catalogo Inmuebles 17 Julio 2007
Catalogo Inmuebles 17 Julio 2007inmuebles
 
Unidad de conocimiento 5 - Técnicas para la presentación de entrevistas
Unidad de conocimiento 5 - Técnicas para la presentación de entrevistasUnidad de conocimiento 5 - Técnicas para la presentación de entrevistas
Unidad de conocimiento 5 - Técnicas para la presentación de entrevistasVirtualización Distancia Empresas
 
El aprendizaje está ahí fuera las nuevas formas de comunicación en la red y l...
El aprendizaje está ahí fuera las nuevas formas de comunicación en la red y l...El aprendizaje está ahí fuera las nuevas formas de comunicación en la red y l...
El aprendizaje está ahí fuera las nuevas formas de comunicación en la red y l...Departament de Justicia
 
Herramientas colaborativas en las aulas: microblogging
Herramientas colaborativas en las aulas: microbloggingHerramientas colaborativas en las aulas: microblogging
Herramientas colaborativas en las aulas: microbloggingIsmael Peña-López
 
Leyes de Murphy. Nueva version. Vida real
Leyes de Murphy. Nueva version. Vida realLeyes de Murphy. Nueva version. Vida real
Leyes de Murphy. Nueva version. Vida realgaia
 
La Verdad Del Matrimonio
La Verdad Del MatrimonioLa Verdad Del Matrimonio
La Verdad Del Matrimonionicoh
 
Te quiero decir que ...
Te quiero decir que ...Te quiero decir que ...
Te quiero decir que ...Eme Palacios
 
Gracias Mi General....
Gracias Mi General....Gracias Mi General....
Gracias Mi General....marioleopoldo
 
nutricion
nutricionnutricion
nutricionsibiacp
 
Arboribus presentacion - webinar-1385052305124
Arboribus   presentacion - webinar-1385052305124Arboribus   presentacion - webinar-1385052305124
Arboribus presentacion - webinar-1385052305124Rankia
 
Rincon De Lectura
Rincon De LecturaRincon De Lectura
Rincon De Lecturaguest73e3d1
 
Capital de-riesgo presentacionk
Capital de-riesgo presentacionkCapital de-riesgo presentacionk
Capital de-riesgo presentacionkcapital_de_riesgo
 
Cartagena de Indias
Cartagena de IndiasCartagena de Indias
Cartagena de Indiaspacho54
 
Sexualidad Crisis y Estrés
Sexualidad Crisis y EstrésSexualidad Crisis y Estrés
Sexualidad Crisis y EstrésPsyGnos
 
El apoyo a Wellington de los ejércitos españoles en 1812 (y IV)
El apoyo a Wellington de los ejércitos españoles en 1812 (y IV)El apoyo a Wellington de los ejércitos españoles en 1812 (y IV)
El apoyo a Wellington de los ejércitos españoles en 1812 (y IV)urtantta
 

Viewers also liked (20)

GuíA AtencióN Ssms Sename
GuíA AtencióN Ssms SenameGuíA AtencióN Ssms Sename
GuíA AtencióN Ssms Sename
 
Catalogo Inmuebles 17 Julio 2007
Catalogo Inmuebles 17 Julio 2007Catalogo Inmuebles 17 Julio 2007
Catalogo Inmuebles 17 Julio 2007
 
Unidad de conocimiento 5 - Técnicas para la presentación de entrevistas
Unidad de conocimiento 5 - Técnicas para la presentación de entrevistasUnidad de conocimiento 5 - Técnicas para la presentación de entrevistas
Unidad de conocimiento 5 - Técnicas para la presentación de entrevistas
 
El aprendizaje está ahí fuera las nuevas formas de comunicación en la red y l...
El aprendizaje está ahí fuera las nuevas formas de comunicación en la red y l...El aprendizaje está ahí fuera las nuevas formas de comunicación en la red y l...
El aprendizaje está ahí fuera las nuevas formas de comunicación en la red y l...
 
Monaquía II
Monaquía IIMonaquía II
Monaquía II
 
energía libre
energía libreenergía libre
energía libre
 
Herramientas colaborativas en las aulas: microblogging
Herramientas colaborativas en las aulas: microbloggingHerramientas colaborativas en las aulas: microblogging
Herramientas colaborativas en las aulas: microblogging
 
lactantia
lactantialactantia
lactantia
 
Leyes de Murphy. Nueva version. Vida real
Leyes de Murphy. Nueva version. Vida realLeyes de Murphy. Nueva version. Vida real
Leyes de Murphy. Nueva version. Vida real
 
La Verdad Del Matrimonio
La Verdad Del MatrimonioLa Verdad Del Matrimonio
La Verdad Del Matrimonio
 
Te quiero decir que ...
Te quiero decir que ...Te quiero decir que ...
Te quiero decir que ...
 
Gracias Mi General....
Gracias Mi General....Gracias Mi General....
Gracias Mi General....
 
nutricion
nutricionnutricion
nutricion
 
Arboribus presentacion - webinar-1385052305124
Arboribus   presentacion - webinar-1385052305124Arboribus   presentacion - webinar-1385052305124
Arboribus presentacion - webinar-1385052305124
 
Ciencia 24
Ciencia 24Ciencia 24
Ciencia 24
 
Rincon De Lectura
Rincon De LecturaRincon De Lectura
Rincon De Lectura
 
Capital de-riesgo presentacionk
Capital de-riesgo presentacionkCapital de-riesgo presentacionk
Capital de-riesgo presentacionk
 
Cartagena de Indias
Cartagena de IndiasCartagena de Indias
Cartagena de Indias
 
Sexualidad Crisis y Estrés
Sexualidad Crisis y EstrésSexualidad Crisis y Estrés
Sexualidad Crisis y Estrés
 
El apoyo a Wellington de los ejércitos españoles en 1812 (y IV)
El apoyo a Wellington de los ejércitos españoles en 1812 (y IV)El apoyo a Wellington de los ejércitos españoles en 1812 (y IV)
El apoyo a Wellington de los ejércitos españoles en 1812 (y IV)
 

Similar to 03 Relatosdeviaxes

Manuel Curros Enríquez
Manuel Curros EnríquezManuel Curros Enríquez
Manuel Curros EnríquezCEG de Leipzig
 
Celso Emilio Ferreiro: Longa noite de pedra
Celso Emilio Ferreiro: Longa noite de pedraCelso Emilio Ferreiro: Longa noite de pedra
Celso Emilio Ferreiro: Longa noite de pedraprofelinguagalega
 
Fina casalderrei óptima
Fina casalderrei óptimaFina casalderrei óptima
Fina casalderrei óptimaAsnosasletras
 
2.1. a poesía de vangarda. características xerais
2.1. a poesía de vangarda. características xerais2.1. a poesía de vangarda. características xerais
2.1. a poesía de vangarda. características xeraisLourenço Alvarez Ruiz
 
08 Viaxealinguaeliteraturadoxix
08 Viaxealinguaeliteraturadoxix08 Viaxealinguaeliteraturadoxix
08 Viaxealinguaeliteraturadoxixcadernodecores
 
viaxealinguaeliteraturadoxix
viaxealinguaeliteraturadoxixviaxealinguaeliteraturadoxix
viaxealinguaeliteraturadoxixcadernodecores
 
Secundaria guia didactica_2013
Secundaria guia didactica_2013Secundaria guia didactica_2013
Secundaria guia didactica_2013satelite1
 
Boletín abril 2012
Boletín abril 2012Boletín abril 2012
Boletín abril 2012martafp
 
Méndez Ferrín: Reclamo a liberdade para o meu pobo
Méndez Ferrín: Reclamo a liberdade para o meu poboMéndez Ferrín: Reclamo a liberdade para o meu pobo
Méndez Ferrín: Reclamo a liberdade para o meu pobonoagaliza
 
Guía lectura "Los girasoles ciegos" (Club de lectura do IES de Pastoriza curs...
Guía lectura "Los girasoles ciegos" (Club de lectura do IES de Pastoriza curs...Guía lectura "Los girasoles ciegos" (Club de lectura do IES de Pastoriza curs...
Guía lectura "Los girasoles ciegos" (Club de lectura do IES de Pastoriza curs...mercedesdans
 
Celso Emilio
Celso EmilioCelso Emilio
Celso Emiliocallobre
 
Guía para a recollida da tradición oral da zona
Guía para a recollida da tradición oral da zonaGuía para a recollida da tradición oral da zona
Guía para a recollida da tradición oral da zonasatelite1
 
Boletín de novidades electrónicas Letras Galegas 2018
Boletín de novidades electrónicas Letras Galegas 2018Boletín de novidades electrónicas Letras Galegas 2018
Boletín de novidades electrónicas Letras Galegas 2018Bibliotecadicoruna
 
Rosalía De Castro
Rosalía De CastroRosalía De Castro
Rosalía De Castroboello
 

Similar to 03 Relatosdeviaxes (20)

Manuel Curros Enríquez
Manuel Curros EnríquezManuel Curros Enríquez
Manuel Curros Enríquez
 
Celso Emilio Ferreiro: Longa noite de pedra
Celso Emilio Ferreiro: Longa noite de pedraCelso Emilio Ferreiro: Longa noite de pedra
Celso Emilio Ferreiro: Longa noite de pedra
 
Manuel Curros Enríquez
Manuel Curros EnríquezManuel Curros Enríquez
Manuel Curros Enríquez
 
Fina casalderrei óptima
Fina casalderrei óptimaFina casalderrei óptima
Fina casalderrei óptima
 
Castelao
CastelaoCastelao
Castelao
 
2.1. a poesía de vangarda. características xerais
2.1. a poesía de vangarda. características xerais2.1. a poesía de vangarda. características xerais
2.1. a poesía de vangarda. características xerais
 
Xosé neira vilas
Xosé neira vilasXosé neira vilas
Xosé neira vilas
 
08 Viaxealinguaeliteraturadoxix
08 Viaxealinguaeliteraturadoxix08 Viaxealinguaeliteraturadoxix
08 Viaxealinguaeliteraturadoxix
 
viaxealinguaeliteraturadoxix
viaxealinguaeliteraturadoxixviaxealinguaeliteraturadoxix
viaxealinguaeliteraturadoxix
 
Poesia social
Poesia socialPoesia social
Poesia social
 
Secundaria guia didactica_2013
Secundaria guia didactica_2013Secundaria guia didactica_2013
Secundaria guia didactica_2013
 
Boletín abril 2012
Boletín abril 2012Boletín abril 2012
Boletín abril 2012
 
A lingua no_xogo_infantil
A lingua no_xogo_infantilA lingua no_xogo_infantil
A lingua no_xogo_infantil
 
Anxos Sumai
Anxos SumaiAnxos Sumai
Anxos Sumai
 
Méndez Ferrín: Reclamo a liberdade para o meu pobo
Méndez Ferrín: Reclamo a liberdade para o meu poboMéndez Ferrín: Reclamo a liberdade para o meu pobo
Méndez Ferrín: Reclamo a liberdade para o meu pobo
 
Guía lectura "Los girasoles ciegos" (Club de lectura do IES de Pastoriza curs...
Guía lectura "Los girasoles ciegos" (Club de lectura do IES de Pastoriza curs...Guía lectura "Los girasoles ciegos" (Club de lectura do IES de Pastoriza curs...
Guía lectura "Los girasoles ciegos" (Club de lectura do IES de Pastoriza curs...
 
Celso Emilio
Celso EmilioCelso Emilio
Celso Emilio
 
Guía para a recollida da tradición oral da zona
Guía para a recollida da tradición oral da zonaGuía para a recollida da tradición oral da zona
Guía para a recollida da tradición oral da zona
 
Boletín de novidades electrónicas Letras Galegas 2018
Boletín de novidades electrónicas Letras Galegas 2018Boletín de novidades electrónicas Letras Galegas 2018
Boletín de novidades electrónicas Letras Galegas 2018
 
Rosalía De Castro
Rosalía De CastroRosalía De Castro
Rosalía De Castro
 

More from cadernodecores

More from cadernodecores (7)

Xestor blogaliza
Xestor blogalizaXestor blogaliza
Xestor blogaliza
 
02 Relatosdeviaxes
02 Relatosdeviaxes02 Relatosdeviaxes
02 Relatosdeviaxes
 
01presentacion Reportaxe
01presentacion Reportaxe01presentacion Reportaxe
01presentacion Reportaxe
 
06 Viaxemusical
06 Viaxemusical06 Viaxemusical
06 Viaxemusical
 
04 Viaxeentren
04 Viaxeentren04 Viaxeentren
04 Viaxeentren
 
estratexias de comprensión lectora
estratexias de comprensión lectoraestratexias de comprensión lectora
estratexias de comprensión lectora
 
Poguepua Normas
Poguepua NormasPoguepua Normas
Poguepua Normas
 

03 Relatosdeviaxes

  • 1. PROXECTO DE VIAXES: a publicidade. O debate. O correo electrónico Un dos primeiros antecedentes da publicidade exterior foron os carteis. Nun primeiro momento cunhas mensaxes pouco comerciais: -Axons en Grecia, pezas de madeira unidas e pintadas de branco onde aparecían, principalmente, mensaxes do goberno ou outro tipo de información. Unha variante desta modalidade eran os kyrbos, de forma cilíndrica. - Os alba e os libeli, papiros fixados en distintas superficies de lugares moi frecuentados que servían para comunicar mensaxes oficiais. Os alba reutilizábanse pintábanse de branco para poder pór novas inscricións. -Os graffiti eran pintadas informais que facía a cidadanía nas paredes, normalmente para pedir ou protestar por algo. A relación comunicativa da publicidade vén de vello: comunicar a existencia de produtos, ofrecer servizos, difundir información e opinións etc. En cada época, oriéntanse os medios e as ferramentas que funcionan e dos que se dispón ao obxectivo que se quere conseguir. Postais coma estas responden ao método que hoxe coñecemos como postal free. ACTIVIDADE 1 Velaquí varios anuncios para a xente galega que viaxaba a América a principios do século XX.
  • 2. Na linguaxe publicitaria unha das técnicas máis coñecidas é a USP (unique selling proposition –proposta única de venda-). Baséase na idea de que as persoas que consomen os produtos só recordan unha idea ou un argumento dos anuncios. Agora que xa sabedes algo máis da emigración á América e do que podía implicar este tipo de publicidade:  Que elementos pensades que definen estas dúas imaxes? Indica as diferenzas entre os dous tipos de postais. Fixádevos nas cores, o tipo de letra, o encadrado das imaxes etc.
  • 3. _______________________________________________________________ _______________________________________________________________  Con que ideas da viaxe quedaría un galego ou unha galega á hora de decidir se embarcar para América? _______________________________________________________________ _______________________________________________________________  Investiga nos libros de historia da biblioteca do voso centro o valor que terían para os emigrantes galegos a cantidade de 553,50 pesetas. Pon exemplos de produtos que poderían conseguir con esta cantidade de diñeiro. Anotade no voso caderno os valores que atopades para diferentes produtos, isto permitiravos facer comparacións.
  • 4.  Seriades quen de facer unha comparación económica cos actuais euros? Argumentade con exemplos as vosas propostas. Recentemente, Miguel A. Murado no libro Otra idea de Galicia ofrece unha ollada fresca no tratamento de tópicos sobre as persoas galegas e tamén sobre o tema da emigración. Velaquí un pequeno fragmento. “Isto fixo que a emigración se dirixise a partir de entón cara ao hemisferio sur. As autoridades arxentinas fixeran un chamamento para poboar o “novo país”. A súa esperanza era que acudisen inmigrantes escandinavos e centroeuropeos, como en Estados Unidos. Mais tiveron que se conformar con centenares de miles de galegos, sobre todo a partir da fame de 1880, e máis aínda despois de 1904, cando as grandes navais europeas incluíron Coruña e Vigo como rendibles escalas nos traxectos dos seus transatlánticos. O billete era moi caro (250 pesetas en 1913), o que o poñía ao alcance de campesiños con propiedades que vender, e aínda que fose máis humano, seguía a ser penoso. Un pasaxeiro do Poitou contará con horror como se declarara un andazo de varíola en terceira clase. Non só non se aillaran os infectados, senón que os seus colchóns se reutilizaban unha vez que morrían e eran lanzados ao mar. Outro andazo de sarampelo no Orterik matou a máis de medio cento de nenos en 1911. Non, a viaxe a América non era un cruceiro recreativo. Nun revelador lapso, o anuncio dunha naval publicado na prensa galega di que o seu barco, o Cap Polonio, pode transportar un grande número de “persoas” en “primeira clase” e de “emigrantes” en “terceira”. (Tradución de Anxo Gómez) Miguel A. Murado (2008), Otra idea de Galicia, ed. Debate, pp. 125-126. ACTIVIDADE 2 Isto lémbravos algunha situación que se está a vivir na Península Ibérica na actualidade? _____________________________________________________________ E nós, que opinamos? Cal pode ser a nosa achega construtiva á sociedade neste ámbito. Velaquí dúas imaxes moi distanciadas no tempo mais bastante similares canto a contidos.
  • 5.  Organizade a clase en catro grupos. Dous grupos investigarán sobre a inmigración galega a comezos do século XX e a inmigración africana á Península Ibérica no século XXI. Lembrade que ao final desta unidade e nos marcadores sociais tamén tedes referencias bibliográficas de interese). Seleccionade imaxes, textos, testemuños etc. para elaborar cadanseu mural.
  • 6. ACTIVIDADE 3 O debate O debate é unha actividade oral, formal e planificada. As persoas que participan nos debates convócanse para defender as súas posicións sobre un tema determinado. Ten un discurso claramente argumentativo. As persoas que participan nun debate saben que deben respectar unha serie de normas que permiten o seu adecuado desenvolvemento. Estas normas afectan: 1. Ao coñecemento do tema sobre o que se vai falar. 2. Ao xeito de falar en público. 3. Ao xeito de comportarse coas outras persoas participantes e ante o público.  Redactade un breve conxunto de normas (entre cinco e dez) que regulen o funcionamento dun debate. Estas normas serán do tipo: “As persoas participantes dun debate deberán / non deberán...” _______________________________________________________________ _______________________________________________________________ _______________________________________________________________ _______________________________________________________________ _______________________________________________________________ _______________________________________________________________ _______________________________________________________________ _______________________________________________________________ _______________________________________________________________ _______________________________________________________________ DÁMOSLLE VOLTAS CUN TEXTO O MAIO Aquí vén o maio de frores cuberto... puxéronse á porta
  • 7. cantándome os nenos; i os puchos furados pra min estendendo, pedíronme crocas dos meus castiñeiros. Pasai, rapaciños, calados e quedos; que o que é poIo de hoxe que darvos non teño. eu sónvo-lo probe do pobo gallego: pra min non hai maio, ¡pra min sempre é inverno!.... Cando eu me atopare de donos liberto i o pan non me quiten trabucos e préstemos, e como os do abade frorezan meus éidos, chegado habrá estonces o maio que eu quero.. ¿Queredes castañas dos meus castiñeiros?... Cantádeme un maio sin bruxas nin demos: un maio sin segas, usuras nin preitos. sin quintas, nin portas, nin foros, nin cregos. Preparamos o poema por grupos [lembrade as indicacións para preparar o recitado dun poema]  Collamos o substantivo maio no seu sentido metafórico. Cal pensas que é o referente real neste poema?  En que versos aparecen reflectidos os motivos polos que emigraba a xente?  Quen son os “donos” aos que se refire Curros no verso 18?  No poema aparece a palabra “probe”. Pensades que o termo pobreza ten as mesmas connotacións hoxe ca na época de Curros? Cal pensades que é a diferenza entre pobreza e necesidade?  Que quererán dicir os versos da última estrofa “Cantádeme un maio / sin bruxas nin demos: / un maio sin segas, / usuras nin preitos (...)”. Investigada sobre a tradición
  • 8. dos maios na cultura galega. Facede un resumo explicando en que consiste esta tradición.  Cal era o maio das persoas que emigraban na época de Curros? E das persoas galegas que emigran hoxe?  Na túa opinión, por que pensas que emigra a xente hoxe en día? E ás persoas inmigrantes, que pensas que razóns a move para chegaren á Península Ibérica? a) Arredor dos diferentes temas que teñen que ver coa inmigración, define polo menos dúas posicións que se poidan dar en cada caso. Escolle temas propios do século XX e XXI: Propoñémosvos que escribades varios temas que se tratarían nun debate sobre a emigración e que posicións se poden defender en cada caso. Aproveitade o que aprendestes até o de agora neste tema sobre a emigración. Tema 1: Posición A Posición B Tema 2: Posición A Posición B b) Pensa noutros temas de debate e escribe, polo menos, dúas posicións que se poidan defender para cada caso. Agora toca representar o debate. Cada quen de vós terá un rol e preparará a fondo o seu papel no debate.  Organizade un debate na clase sobre algún dos temas anteriores. Antes debedes delimitar: o Quen será a persoa moderadora. o Que persoas defenderán cada postura. o Que persoas forman parte do público (non máis de 10). o Canto durará o debate no seu conxunto.
  • 9. o Canto durarán as quendas das persoas participantes. o Que aspectos valorará o público cando remate o debate. As persoas que non teñen papel asignado no debate avaliarán a participación dos diferentes membros.  Preparación de papeis: a persoa que modera o debate debe preparar unha breve presentación, na que explique quen participa e que posicións vai defender cada unha.
  • 10. Presentación do debate sobre a inmigración, do século XX ao século XXI [Poñemos de fondo, para comezar o poema de Curros musicado por Luís E. Batallán “O maio” ] [Saúdo inicial] O debate que hoxe presentamos ten como tema: É un tema (importante / de actualidade /interesante... relacionado coa figura de Manuel Curros Enríquez) porque ... Sobre que aspectos debaterán as nosas convidadas? Por unha banda, defenderase a idea de que ... Por outra banda, escoitaremos ás que pensan que... Para iniciar este debate, formularei unha (pregunta/cuestión) inicial... -As persoas que participan nun debate rigoroso deben defender unha determinada posición achegando as razóns e os exemplos que a fundamenten. Arredor dos temas relacionados con Curros, elixide unha das posicións estabelecidas e realizade un breve esquema coas razóns e os exemplos que, ao voso xuízo, vos permiten defendela. Modelo de ficha de preparación dunha persoa convidada nun debate: Tema: Postura que defende:. Razóns: 1. Exemplo: 2. Exemplo:
  • 11. (...) ACTIVIDADE 6 O correo electrónico é un servizo de rede que permite enviar mensaxes de texto entre usuarias. Só podemos enviar correos a unha persoa se coñecemos o seu enderezo. O correo electrónico está formado polo nome da usuaria o símbolo @ e un dominio (.com, .edu. org, .mil, .net, .es). O nome de usuaria pode responder ao noso nome real, a un alcume ou a calquera tipo de combinación de letras e números que nos identifique. Exemplo: uxiaabeixon@eduxove.xunta.es, forester08@clubedelecturagz.org. Cada xestor ten trazos e formas particulares, e cada usuaria configúrao ao seu gusto. Mais, case sempre, o xénero consta destas compoñentes: a) Encabezado: Para: nome e enderezo da receptora. Todas as mensaxes deben ter unha persoa destinataria. CC: ou CCO: nome e enderezo das que reciben unha copia (CC:) ou unha copia oculta (CCO:) que só ve a persoa que a recibe. Asunto: todas as mensaxes deben ir co seu asunto ben especificado; os envíos de mensaxes sen asunto poden facer desconfiar aos destinatarios. No asunto teremos que ser especialmente coidadosos se lle escribimos a xente que non coñecemos e debemos procurar a brevidade en todos os casos. Engadir arquivos: cando temos unha mensaxe moi longa ou queremos achegar un documento á persoa que vai recibir o noso correo podemos usar esta opción. Os arquivos que enviamos poden ter diferentes formatos: .sxw, .rtf, .pdf, .doc, .tif, .jpg etc. No envío de arquivos anexos é recomendábel que na mensaxe se dean probas suficientes de que somos quen dicimos ser. Se os arquivos son longos convén avisar antes, para que o destinatario lles faga sitio eliminando da súa conta as mensaxes vellas.
  • 12. b) Corpo da mensaxe: as mensaxes dos correos electrónicos non son moi longas, para textos grandes podemos botar man do man da opción engadir documentos. No corpo da mensaxe cada un redactará o que desexe, mais seguindo a norma xeral de non usar maiúsculas (agás despois de puntos ou nos nomes propios). As cariñas emotivas :-) <3 B*) teñen un pequeno oco en mensaxes redactadas cun rexistro coloquial. Sinatura: vai na parte inferior da mensaxe. Na sinatura podemos engadir os nosos datos persoais (Nome e apelidos, curso e instituto no que estamos ou outros datos sobre a nosa formación, enderezo postal, teléfono de contacto e/ou unha frase/sentenza/refrán/versos significativa para nós). Cando recibimos un correo electrónico, o encabezado dinos de onde vén, cando e como foi enviado. Se na mensaxe leva sinatura tamén nós dará máis información sobre o emisor da mensaxe. Para responder o correo podemos facelo a través da opción Responder que aparece na pestana do xestor, deste xeito podemos seguir o fío da comunicación. Máis información sobre o uso do correo electrónico (consellos útiles para usar o correo electrónico, como configurar unha conta de correo electrónico etc.): http://delicious.com/manuelcurrosenriquez/correoelectronico ou en http://www.blogoteca.com/cadernodecuarto ACTIVIDADE Enviade un correo electrónico á axencia de viaxes que seleccionastes. No correo debedes solicitar información para realizar unha viaxe na viaxe de fin de curso e outra a Cuba.  Debedes redactar un correo o máis detallado posíbel. Da seriedade e veracidade do contido dependerá a contestación por parte da axencia. Enviade unha copia oculta ao enderezo da vosa profesora ou do voso profesor para que esta/e realice
  • 13. as correccións que considere precisas. Comparade os resultados da organización das viaxes: lugares de saída e chegada, escalas, hoteis e menús, información sobre documentación que precisades, moedas etc. Observade en que lingua vos responden.