SlideShare a Scribd company logo

ficie puída no que choca a luz e se manifesta segundo as leis da
reflexión, principios que xogan con fíos de luminescencia, con
sons e con ondas de auga, por exemplo. E facilitan o retorno da
enerxía, sen desvíos non desexados1
.
Así que pode ser que teña uns aniños, pero quen ben o coñece di
que ten o corazón adolescente e, polo tanto, a forza toda de quen
sabe que o mundo aínda se pode cambiar para mellor.
En efecto, ao longo da historia do Premio Trasalba, o galar-
dón ten recoñecido, ademais de traxectorias e logros artísticos ou
científicos, ou da clase que sexa, a forza demostrada a través do
traballo para mellorar o mundo. Agustín leva facéndoo moitos
anos; dende as aulas; dende os libros; dende a vida do día a día
levando o seu corazón adolescente na man.
Agustín Fernández Paz é un escritor que adoitamos clasifi-
car, por iso das categorías editoriais (os editores sómoslles xente
ordenada e con afán catalogador) dentro do que se coñece como
autor de Literatura Infantil e Xuvenil. Non obstante, primei-
ro de todo e antes de nada, debemos deixar claro que é un litera-
to, un escritor, un autor, alguén que, por partir dunha definición
de literatura primeira, fai beleza usando as palabras, escriba para
o chanzo de idade que escriba. E isto é algo que cómpre que dei-
xemos claro dende o primeiro instante se estamos dispostos, que
o estamos, a falar del: Fernández Paz é autor de literatura, con L
grande, e tamén de Literatura Infantil e Xuvenil. Porque a lite-
ratura, se é boa (e abofé que o é neste caso) é literatura alén das
etiquetas, e só aqueles que viven habitados por prexuízos sobre
xéneros, formatos, tamaños e idade dos destinatarios, precisan
desas etiquetas. E hoxe non é o caso. A literatura, fóra de merca-
dos, catálogos e canons, ou é boa ou é mala. E a de Agustín, xa
1. Discurso na homenaxe de GÁLIX a Agustín Fernández Paz, en
Vigo, o 18 de outubro de 2012, ao ser nomeado Socio de Honra.
Agustín Fernández Paz,
enxeñeiro da utopía
Francisco Castro
B
enqueridas amigas e amigos:
A sombra longa, coma a do pinsapo, que sen dúbi-
da acubillou tantas veces a figura de don Ramón nes-
ta mesma Casa Grande, bendí hoxe, tamén sen dúbida, a quen
nos congrega aquí para honralo co Premio Trasalba deste ano,
o escritor de Vilalba, pero tamén vigués polos moitos anos que
leva vivindo, traballando e facendo nacer algunhas das súas máis
brillantes obras na cidade atlántica, Agustín Fernández Paz. Un
escritor que, a día de hoxe, está instalado nos 67 anos que vén de
facer, pois naceu un 29 de maio a iso das tres da tarde e, polo tan-
to, é o que tecnicamente se pode entender como un señor de ida-
de. Con todo, non debemos confundirnos por mor desta lóxica
cartesiana algo abafante coa que nos manexamos en Occidente e
que nos leva a contabilizar as viaxes ao redor do sol ás veces coma
se fosen un peso pesado e lapidario…, dicíalles que non debemos
confundirnos porque Agustín, segundo as verbas de Paz Raña
Lama, orientadora no instituto Os Rosais de Vigo, onde o noso
autor tantos anos traballou, e ademais amiga:
Agustín ten corazón adolescente e, como tal, a súa obra goza de
elementos que colocan a mocidade perante un espello de super-

tantos dos seus, estes, os libros, a literatura, ocupan un protago-
nismo central); os libros que se poden ler, e tamén os libros que
non queren que leamos, os libros que hai nas bibliotecas e os
libros que alguén pon nas nosas mans dun xeito cómplice; por
iso, tamén, en tantos, hai adultos dispostos a cambiar o mundo
(porque ler é un xeito tamén de cambiar o mundo, de protestar
contra el. Xa o di Sés, a rockeira galega: o máis punkie que hai
hoxe en día é ter o carné da biblioteca); por iso en tantos dos
seus libros, as personaxes femininas, tradicionalmente relega-
das a un segundo plano, tamén na literatura, ocupan postos
centrais como seres intelixentes, actuantes, decisivas, curiosas,
resolutivas, aventureiras; por iso, tamén, el repite que para que
os nenos e as nenas rematen sendo lectores non hai que facer
nada máis, nin nada menos, que boas obras que os engaiolen e
os encamiñen á lectura.
Ese obxectivo dicímolo nós, porque el é modesto e non vai
dicilo, está máis que conseguido nesas máis de corenta e cinco
obras ás que nos referiamos, como o estarán coas que nin sequera
soñou e coas que nos irá agasallando no futuro. Está en obras
como Contos por palabras, co seu desbordante exercicio de ima-
xinación rodariano; en Aire negro, co seu desacougante espírito
de thriller tenebroso que nos deixa preocupados páxina a páxina,
pero desexosos de saber máis, conscientes de que hai aires que
reviran o siso e que cambian a xente para sempre; está en Noite
de voraces sombras, coa súa explicación de que hai pasados te-
rribles, pero que cómpre traer ao presente para non repetilos e
perdelos na desmemoria,ou en Tres pasos polo misterio,relatos que
nos conectan co noso gusto, feliz, pola intriga e o desconcerto, ou
en ¡Que medo, mamá Raquel!, ou sexa, nun exercicio, tamén, claro
que si, por que non, de medo para os máis pequechos, pero medo
fascinante do que abraia e namora, ou en Corredores de sombra,
que nos permite saber que un esqueleto nun muro pode conter
as mil e unhas historias que hai que contar para levedar a alma
e levala máis e máis lonxe do papel, cumprindo esa premisa ou
o dixemos e xa o sabe quen teña pousado os ollos e o corazón en
calquera dos libros nacidos do seu talento, é boa.
Cando Ramón Otero Pedrayo e outros galeguistas fun-
dan a Editorial Galaxia, ou cando botan a andar outros moitos
proxectos culturais que aínda hoxe sobreviven, pensan sempre
en conseguir establecer unhas infraestruturas sólidas (aínda que
ergueitas con vimbios moitas veces ben cativos) para espallar a
cultura galega o máis posible. Para recuperala, si. Para mantela
viva na noite de voraces sombras, si. Mais tamén para levala polo
mundo adiante, co peito grande e afouto, inchados os pulmóns
ata o máximo para conseguir un vento grande que chegue ata
a derradeira das xeografías máis afastadas. En definitiva, para
loitar en pé de igualdade co resto das aproximadamente dúas
mil linguas que hai catalogadas polo mundo adiante. O labor de
Otero Pedrayo, como o de tantas outras boas xentes do seu tempo
e do noso, quere inserirse nesa actitude afastada de complexos e
que, máis ben, vai preñada, como dicimos, de altas miras. Galicia,
dicía don Ramón, é célula de universalidade. O galego, comple-
tamos, é lingua para falar entre nós, mais tamén para transmitir
versos, fantasías, teorías e soños, ao mundo enteiro. Non só ás
galegas e aos galegos que anden por aí. Para falarlle, escribirlle,
cantarlle, pintarlle, contarlle tamén ao resto do mundo.
Sabíao don Ramón e os seus compañeiros, pioneiros en tan-
tas cousas. Sóuboo de sempre Agustín.
O escritor hoxe homenaxeado é autor de máis de corenta e
cinco libros, moitos deles pensados, como ben sabemos, para iso
que chamamos o lectorado infantil e xuvenil. E que puxese o
seu talento literario, o seu proxecto de autor, aí, é consecuen-
cia dunha decisión artística, pero tamén vital e educativa. Porque
Agustín Fernández Paz é un escritor responsable e consciente, así
o ten declarado ducias de veces, de viva voz ou por escrito, de que
hai que facer lectores e lectoras, de que ninguén o é porque si
e que se rematamos séndoo é porque os libros nos seduciron,
sobre todo nos primeiros momentos da nosa vida (por iso, en

é tan válida e tan grande como calquera outra para facer unha
literatura con vocación de universal. O feito de que sexa un dos
nosos autores máis traducidos, senón o que máis, a outros idio-
mas, demostra o que xa sabiamos, aínda que de cando en vez sexa
necesario explicitar con feitos claros e con datos obxectivos: que
o galego non é unha fronteira, que non é un límite. Que o gale-
go, como don Ramón afirmara e Agustín sabe e nós sabemos e
pretendemos que todas as galegas e galegos saiban, é unha lingua
capaz de xerar unha beleza que termine viaxando cara a outras
latitudes e, transformada pola maxia da tradución, lles fale a ou-
tros corazóns exaltados que len. Agustín sempre traballa dende o
galego. Sempre dende o compromiso irrenunciable cunha lingua
e unha fala que, grazas a persoas coma el, idénticas nese espírito
a don Ramón, aínda sobrevive a pesar dos tsunamis e dos ataques
que soporta a diario, ás veces atacado por lume ferinte, mesmo
daqueles que deberían ser os primeiros en coidar da lingua. Por
iso é un orgullo saber que alguén escribe tan ben e na nosa lingua
e que o traducen para outras, e que fóra tamén se decatan do lin-
do que se pode escribir en galego. Polo tanto é un orgullo saber
que a este home, que escribe tan ben e en galego, tamén o poden
ler, entre outras linguas, en catalán, portugués, francés, coreano,
castelán, éuscaro, árabe…
Vailles soar estratosférica esta frase que vou pronunciar ago-
ra, pero debo dicila e deixala escrita aquí para sempre: Agus-
tín Fernández Paz é un dos mellores escritores do noso tempo.
Atendan ben: non estou a dicir que é un dos nosos mellores es-
critores en galego deste tempo (que tamén), senón que é un dos
mellores escritores do noso tempo. E si, quizais lles soe estratos-
férica, grandilocuente e pouco ponderada esta afirmación, pero
as verdades adoitan ter ese aspecto. Estratosféricas por elevadas.
Grandilocuentes por importantes. Imponderables. E aínda que
podo aceptar que semellante afirmación pode ser obxecto de
debate entre estudosos e expertos de toda caste e condición, o
certo é que para min, como para milleiros de lectores e lectoras
axioma supremo que di que a boa literatura, por dar agora unha
segunda definición, é a que ten un alto poder de evocación, ou
en O único que queda é o amor, a moi premiada e recoñecida obra
de Agustín, preñada toda ela dunha engaiolante poesía do cotián
que evidencia con nidia claridade que só quen sabe mirar sabe
ver, ou ao revés, que só quen sabe ver sabe mirar, que os de Vigo,
coma Agustín e coma min, non sabemos cal dos dous verbos hai
que usar. En calquera caso, vendo, mirando, coma o personaxe
de Saint-Exupèry reclamara, as cousas realmente importantes,
esas que non están á vista e que como non están diante, hai que
ver ou mirar para elas co corazón… ou, para parar nalgún sitio e
centrarme só nas que ao autor desta laudatio máis lle gorentan,
en Fantasmas de luz, onde o noso autor nos volve falar do seu
eterno amor polo cine, esa fábrica de soños románticos para os
románticos latexos de espectadores románticos coma el.
Dicíalles, e espero que o demostrase coa referencia a unhas
poucas das súas moitas obras, que esa primeira parte do seu
obxectivo de autor, escribir historias apaixonantes que engaiolen
a rapazada para a lectura, está máis que conseguido. Cando hai
calidade no texto, traballo na construción do vimbio ficcional,
paixón e lírica, e verbas e historia, e unha administración sabia
da loucura das palabras que é a escrita, daquela, lógrase sempre
ese obxectivo ideal da sedución que todos os que escribimos pro-
curamos. Porque a literatura é un xogo de dous, un exercicio de
comunicación, un Eu que busca un Ti.
É tamén importante que subliñemos aquí que hai un segundo
obxectivo que tamén se alcanza grazas á presenza nas librerías
do país de obras de tanta calidade como as que saen do maxín do
noso autor. Refírome a que eses lectores e lectoras que traemos
para a literatura, traémolos tamén, para a lectura en galego.
Agustín Fernández Paz é escritor exclusivamente en lingua
galega. A demostración, e tamén por isto é grande, que dende
o galego se poden conseguir lectores e lectoras en todo o mundo
a través das traducións. A demostración de que a nosa lingua

só un candidato por España. Con todo, a OEPLI entendeu, logo
da nosa exposición en Madrid, onde cada sección levaba a súa
proposta, que a candidatura de Fernández Paz era a mellor. E a
México foi e alí lle concederon, para orgullo de todos e de todas as
galegas, o galardón. E ata aí chegou dende o galego, dende a lin-
gua de nós. Dende a súa imaxinación e sabedoría narrativa nacidas
na nosa fala. Dende a súa capacidade para tecer historias que nos
levan a mundos de papel máis verdadeiros que a verdade.
Agora está proposto, como vén sendo habitual dende o ano
2008, para o Astrid Lindgren, de todos os premios gorentados por
un autor de LIX, probablemente, o máis alto. Non dubiden de que
a pesar de ter que competir con 238 candidaturas, será este ano,
ou cando teña que ser, que o seu talento sexa recoñecido co que se
considera o Nobel Infantil e Xuvenil. E iremos celebralo co noso
veciño, co noso amigo, e agora, tamén, co noso Premio Trasalba.
Cando falo de Agustín Fernández Paz teño a tentación de
falarlles do meu veciño da rúa Areal, en Vigo, cidade na que leva
instalado unha morea de anos levado polo traballo de profesor,
que exerceu ata o ano 2007 no instituto Os Rosais 2 da cidade
olívica. E xa que nas biográficas cuestións empezamos a intro-
ducirnos, déixame dicirche, querido Agustín, que nunca vou ser
quen de perdoarche que te xubilases xusto no ano en que o meu
fillo maior entrou no instituto…; non imaxinas as ganas que tiña
de que pasase polas túas mans, de que te escoitase falar tamén
dende as clases, de que lle deses doses masivas desa Arma de
Construción Masiva que é a literatura… escoitada da túa voz.
Mais isto xa non poderá ser.
(Disto ti non tes a culpa e non che resta méritos para recibir
este galardón que hoxe che entregamos…)
Se teño que falarlles da súa figura, o primeiro que me pide
o corazón é referirme ao seu porte humilde e sempre próximo,
situando nun terreo relativo os propios logros, que os demais
non lle discutimos. Isto é algo digno de valorar e que fala moi
ben do meu veciño. Porque hai quen vai pola vida crendo que é
ben informados na literatura, nos libros, na produción editorial,
en definitiva, nos froitos todos da ficción escrita e publicada e
difundida e criticada e analizada e recomendada etcétera, moitos
dos libros cos que nos agasallou o noso escritor, polo que nos
produciron, polas horas de goce, polos pensamentos (moitas ve-
ces novos) provocados, pola electricidade feliz páxina tras páxina,
por todo o que de máis hai dentro de cada historia... por todo iso
é polo que nos sentimos lexitimados para pronunciar con pleno
coñecemento que non estamos a movernos no terreo do grandi-
locuente ou esaxerado. Así que repito e reitero. Agustín Fernán-
dez Paz é un dos mellores escritores do noso tempo.
Este tipo de cousas tivémolas claras, por exemplo, dende a
asociación que teño a honra de presidir (e da que Agustín Fer-
nández Paz foi socio fundador e, dende hai uns anos, Socio de
Honra), dende GÁLIX, a Asociación Galega do Libro Infantil e
Xuvenil, cando no ano 2011 propuxemos a súa candidatura ao
Premio Iberoamericano de Literatura, un galardón non menor,
convocado anualmente pola Fundación SM e institucións como
o Centro Regional para el Fomento del Libro en América Latina
y el Caribe (CERLALC), a IBBY, a Organización de Estados
Iberoamericanos para la Educación,la Ciencia y la Cultura (OEI),
a Oficina Regional de Educación para América Latina y el Caribe
de la Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Cien-
cia e a Cultura (UNESCO/OREALC) e a Feria Internacional
del Libro de Guadalajara. O noso reto era convencer a Organi-
zación Española para el Libro Infantil y Juvenil, a OEPLI, para
que presentase a Agustín como candidato do Estado español
para ese galardón. Imaxinarán vostedes que a tentación, e o cos-
tume, levaría a presentar un autor que escribise en castelán, se do
que se trata é de promover para o premio a alguén que representa
a España. Porque, a diferenza doutros certames de relevancia in-
ternacional, nos que se poden presentar candidatos por linguas,
neste caso só poden presentarse polo que política e oficialmente
se coñece como “países”, e, daquela, tiña que ser un candidato e

un bo enxeñeiro. Mais, dende logo, gañou un gran mestre e un
mellor escritor.
E coma bo enxeñeiro, pero entre encerados e xiz e rapazada, de-
dicouse tamén a inventar o mundo. Como esoutra escritora da súa
xeración —tan ben bautizada polo editor Manuel Bragado como
“Xeración Lamote”—, Fina Casalderrey, antes de entrar de cabeza,
e de corazón, no océano inesgotable da ficción, dedicarán parte do
seu esforzo e talento a inventar ese mundo do galego no ensi-
no. Que non existía. Que non era. Que moitos querían que non
existise xamais. Pero existirá o galego no ensino e será o galego
no ensino (e queremos que siga sendo, non se esqueza) grazas a
Agustines e Finas e Susojareses e tantos e tantas que van facer do
ensino en galego, xa non bandeira, senón reivindicación ines-
cusable e innegociable (tamén hoxe, insistimos). E así como as
editoriais galegas fornecemos o mundo do ensino con libros de
texto e outros materiais complementarios (incluso aulas virtuais
ou plataformas interactivas para iso que damos en chamar a Es-
cola 2.0), Agustín e outros tiveron que inventar, tal Enxeñeiros da
Utopía, a Escola 1.0 en galego, ou con algo de galego, ou cun galego
primeiro que servise de referencia física concreta para poder empezar
a traballar na nosa lingua nas aulas. Aí estivo el, nesa batalla. Como
en tantas outras. Construíndo un futuro partindo dun presente que
cumpría, que cómpre, mellorar, organizando e creando equipos de
Normalización Lingüística ou o que fose necesario facer para con-
seguir o que se quería conseguir.
Se hoxe temos todo iso, galego na escola, materiais dignos na
nosa lingua con rigor científico, etc., é porque antes, en tempos
máis heroicos por difíciles, el e outros coma el asumiron, por conta
propia e por pura xenerosidade e amor por este país, poñer o seu
talento, creatividade e esforzo a prol da normalización lingüís-
tica na escola (hoxe tan cuestionada, incriblemente cuestionada,
inxustamente cuestionada), a didáctica da lingua (para dotar o
ensino do galego dun status pedagóxico semellante ao das outras
linguas instauradas dende moito antes no sistema educativo), ou
Lord Byron por escribir catro letras máis ou menos afortuna-
das (ou mesmo catro letras pouco afortunadas pero publicadas).
Agustín, que asinou algunhas das mellores páxinas da literatura
(e non digo da nosa LIX, digo da literatura galega e universal,
xa antes o expliquei) vive aínda instalado nesa actitude tranquila
e, repito, humilde, que fai que o vexamos como o que realmente
é: un grande.
Mais non é do meu veciño co que comparto o supermercado
da rúa García Barbón, ou do que lle fai festas á miña peque-
rrecha cando nos vemos na rúa ou no parque, de quen lles vou
falar aquí, aínda que moito me apeteza (deixarémolo para o
xantar de despois), senón do escritor, do seu traballo e dunha
traxectoria e dun proxecto global que se vai tecendo, como ben
di na frase que escolleu para abrir o seu espazo na rede, cos
fíos da vida.
Agustín Fernández Paz deu en diplomarse en Enxeñería
Industrial, mais axiña reconverteu o seu camiño cara ás terras
do ensino, licenciándose en Ciencias da Educación e exercendo
como profesor de Lingua Galega. Unha vez puiden ver, xunto a
un grupo abraiado de rapazas e rapaces tan fascinados coma min
diante do que estabamos contemplando, os planos do pazo onde
transcorre a trama de Corredores de sombra. Agustín sacara alí o
señor técnico que quizais, aínda que só fose por unha cuestión
de formación, algunha vez foi, e amosounos os cuartos, as esca-
leiras, as estruturas dun mundo que nacera do seu maxín pero
que tamén se materializara sobre papeis xigantescos que, como el
explicou, necesitaba ter diante para ser quen de escribir con xeito
a historia que quería contar. Cando tal vin, un sábado pola mañá
nun colexio de Santiago onde a ambos os dous nos premiaron
co Frei Martín Sarmiento (un dos galardóns máis gorentados
polos que a isto nos dedicamos, porque son os propios escolares,
sen que un se presente, quen o dá), lembrei iso da enxeñería e
da construción e das máquinas e das estruturas que un Agustín
mozo estudara. E pensei que probablemente o mundo perdera

positivo, converténdose a escola, nas historias que literariamente
vai tecendo, xa non nun lugar de sufrimento, como sen dúbida
na súa nenez e primeira mocidade se entendía e padecía, senón
nun lugar onde o coñecemento, o intercambio e o camiño cara á
luz é posible. O profesor, o mestre, aparece, en moitas obras do
noso autor, concibido como un adulto liberador, que cre noutra
realidade mellor, que sabe que a mocidade é semente de futuro
e que cómpre fertilizar ben esa terra aínda virxe para que dea o
seu froito doce, e que aposta por conxugar a linguaxe do corazón
para superar o pasado, entendelo ou, en calquera caso, para axu-
dar os máis novos a imaxinar, e levar á práctica, un futuro.
Nas novelas e relatos de Fernández Paz espérannos mestres
ou profesores, ou en xeral adultos que, nutridos fortemente polos
libros e as historias que viven neles, actúan como pedagogos, no
senso máis clásico do termo, levando da man a outros máis novos
e, daquela, alimentando os cerebros e as emocións dos que viven
desexosos de atopar mans que os guíen, brazos que os aperten e
ollos que os miren. En definitiva: desexosos de entrar en con-
tacto coa sabedoría. No fin de contas, educar, en grego, significa
‘levar da man’. Sócrates concibía así o acto maiéutico de dar a luz
a verdade. Logo, o seu discípulo Platón explicouno do mesmo
xeito no famoso e hoxe tan actual Mito da Caverna: un adulto,
xa formado e xeneroso, axuda, levando da man a quen aínda non
sabe, cara á saída da escuridade, onde se pode contemplar o Ben,
a Beleza e a Xustiza. Así entende o noso autor a educación, como
un exercicio de acompañamento, de camiño común, de guieiro
compartido entre toda a sociedade que, como reza o vello dito, é
necesaria como tribo completa para educar un só neno ou unha
soa nena. E el, así entendido este labor que desenvolveu durante
toda a súa vida docente, foi tamén, e con letras grandes e gregas,
un Pedagogo, un Educador (que o meu fillo, manda truco na
Habana, perdeu por esa excentricidade súa de se xubilar antes de
tempo), alguén que fixo da Lectura e dos Libros trabe esencial
do seu concepto da ensinanza. Alguén que sabe que o verdadeiro
o fomento da lectura, entre outros moitos labores que Agustín,
con outros, botou a andar, e practicou con amor e entrega dende
as catro paredes da súa aula pechada ao mundo, pero aberta ao
bendito soño dun país orgulloso de seu e normal.
Froito de toda esa batalla, dese esforzo intenso, maquetando
á man cada páxina, como o propio Agustín nos contou un día
case de verán de 2012, cando un grupo de amigos e amigas lle
fixeron unha homenaxe en Vigo, naceu o xa mítico O noso galego,
cando comezaba a década dos oitenta do século pasado.
Agustín Fernández Paz, como o xa citado Suso Jares, como
Herminio Barreiro, como Antón Costa Rico, e tantos outros que
agora non podemos traer aquí e que eran homes de acción —por
tanto, perigosos para o Réxime—, soñaban xa non só unha edu-
cación en galego, senón, tamén, outra educación, outro xeito de
facer as cousas logo de corenta anos entendendo as aulas como
a casa dun discurso aterrador, cando non por veces aberrante,
preñado de mestres todopoderosos na súa moitas veces impuni-
dade bárbara e torturadora, sempre opresiva. Un tipo de escola,
a franquista, autoritaria, militarizada, represora, ensotanizada, se
me permiten a invención da palabra, que tamén o propio autor
padeceu, como nos lembra no seu libro O rastro que deixamos
(aínda que con fermosas excepcións), cando nos di, para exem-
plificar como se aplicaba aquel vello e espantoso adagio “de a
letra con sangue entra”:
Todos os mestres pegaban moito. Uns por rutina, outros por sa-
dismo. Un deles fomentaba a violencia entre nós e parecía gozar
co que hoxe chamariamos “acoso escolar”.
Agustín Fernández Paz vai facer, diante desta memoria dos pro-
fesores,convertido el en profesor,pero tamén en escritor,un exer-
cicio de xustiza poética… mais ao revés, facendo que aparezan
en moitas das súas obras, precisamente, a figura do mestre, do
profesor, un personaxe que adoita estar asociado a un elemento

e deixar atrás a escuridade (os corredores de sombra, os aires
negros, as noites de voraces sombras que sempre nos ameazan e
dos que se sae vitorioso, coma das gadoupas do dragón Smaug
ou dos centros escuros dos labirintos).
Agustín Fernández Paz é un escritor de éxito. Un autor que
conseguiu materializar o que todos os que escriben ambicionan
dende o máis profundo: que o exercicio absoluto de comunica-
ción, que é escribir (sexa ficción ou non) e publicar, se produza,
é dicir, que chegue aos lectores. Porque ninguén escribe para si
mesmo. Ninguén deita palabras nun papel, ou na interface do
computador ou a tablet, sen aspirar a que alguén o lea. O desexo
pode ser incluso inconsciente. Mais, cando un escribe libros, e
sobre todo, cando un escribe libros sabendo que ten milleiros
de seguidores esperando con devoción un novo texto, daquela é
cando podemos falar de éxito. Porque o éxito literario non ten
que ver con publicar un libro e que se venda moito. Hai centos
de exemplos na historia da literatura de autoras e autores dun
único, ou de poucos, libros ben tratados polo mercado. Eses, en-
tendemos, non son autores de éxito. Escritor de éxito é Agustín,
que ten unha lexión de seareiros agardando por el, dispostos a
achegarse ás librerías para mercar ese novo agasallo saído da súa
vizosa imaxinación.
Sobre isto, cómpre sinalar dúas cousas.
En primeiro lugar, que aínda que é ben certo que a nosa Li-
teratura Infantil e Xuvenil goza de moi boa saúde, tamén en ven-
das (sendo maior o seu peso na nosa comunidade —13 por cento
da edición global— ca na media do sector, 7 por cento), non o é
menos que temos unha dependencia do ensino e da prescrición
educativa excesiva e insá, se o que queremos é ter un sistema lite-
rario normalizado onde a xente vai ás tendas de libros e merque o
que lle interesa, obriguen ou non a lectura dende as aulas. E sendo
iso así, podemos afirmar, e temos dabondo datos e intuicións
para corroborar o que dicimos, que o noso autor é dos poucos,
dos pouquísimos, que son quen de rachar con esa inercia. Os
éxito educativo non é só que os estudantes nosos non fiquen tan
abaixo na clasificación de informes coma o PISA, senón que o
éxito ten que ver, tamén, con facer xente lectora.
E para iso cómpre que inventemos unha Nova Escola.
Esa nova escola que Agustín Fernández Paz quería, tiña que
aparecer e,como as estruturas de poder existentes daquela (e semella
ás veces que tamén as de hoxe) non querían (pois sabían que unha
escola ben feita e ben pensada e ben traballada e ben ideada pode
Cambiar o Mundo, porque sabían que o ensino é algo importante,
que é un Axente Revolucionario), pois que había que facer como
cando se escribe: inventala a pesar de todo, sacala do nada, poñela
fóra. Por iso el vai estar no equipo fundacional da Nova Escola Ga-
lega e na organización das primeiras xornadas pedagóxicas que se
van celebrar polo país adiante preñadas dese espírito de renovación
e de movemento e de necesidade de saír da quietude que a sociedade
posfranquista demandaba e que o corazón grande de Agustín pedía
con máis forza aínda.
E nesa batalla por unha escola nova, pola renovación peda-
góxica e en galego, estivo Agustín dende o primeiro momento.
Batallando. Pelexando. Porque el, unha das persoas que máis
tranquilidade me transmite no mundo, no seu falar, no seu mirar
e incluso no seu xeito de rir (transmite tranquilidade malia terse
definido en máis dunha e de dúas ocasións como un depreda-
dor… pero da realidade), nunca esquivou as batallas. Estivo na
do galego nas aulas en tempos aínda de incomprensión e belixe-
rancia contra nós. Ou berrando Nunca Máis cando pasou aquela
grande aldraxe. Ou recentemente, dicindo non á LOMCE nas
rúas. El sabe que o noso compromiso máis importante é aquilo
que dicimos e aquilo que escribimos… mais tamén aquilo que
calamos. Quizais por iso, tamén nas súas obras se destila o com-
promiso coa liberdade, coa procura dos propios camiños co peito
afouto. Sendas que, en moitos casos, veñen envolvidas e alumea-
das, xa o anunciamos antes, polos libros, tan presentes nas súas
obras como vehículo seguro para abrir a razón, activar a utopía

só citar uns poucos, pero cun currículo así o pouco é moito, por
ese libro delicioso a medio camiño entre as memorias e a decla-
ración de amor ás cousas que lle gustan (refírome a O rastro que
deixamos), de momento, o Fervenzas Literarias e o Ánxel Casal
da AGE.
Por outra banda, e para ser xustos nesta relación de loureiros,
convén que digamos que algunhas das súas obras están incluídas
na prestixiosa Lista de Honra da IBBY que recoñece os cin-
cuenta mellores libros publicados no mundo cada dous anos (o
xa citado Contos por palabras, no ano 1992), ou The White Ra-
vens (da Internationale Jugend Bibliothek) pola obra Aire negro
que, en 2001 atesouraría tamén o Protagonista Jove, ademais de
entrar, de novo, na Lista de Honra da IBBY. Á súa vez, impor-
tantes colectivos culturais recoñeceron o seu traballo con distin-
cións honoríficas, como a Asociación de Escritores e Escritoras
en Lingua Galega, a Federación de Libreiros, a Universidade de
Vigo (onde ingresou como doutor Honoris Causa en 2013), a
Asociación Galega de Editores, ou a Asociación Galega do Li-
bro Infantil e Xuvenil (GÁLIX), que teño a honra de presidir e
que o nomeou Socio de Honra en outubro de 2012.
En definitiva, premiamos hoxe un autor que xa estará far-
to de que lle digan, como frase que lle collemos prestada para
sempre e que metemos no corazón, que pensa que “o único que
queda é o amor”, título dun dos seus máis galardoados libros e
que xa antes citamos (levou o Frei Martín Sarmiento 2009, o da
AELG á mellor obra de Literatura Infantil e Xuvenil do ano
2007, o Neira Vilas 2007 da Asociación de Editores Galegos e
o xa referido, ao ano seguinte, Premio Nacional do Ministerio).
Premiamos hoxe un escritor e home de verdade, fiel á memoria, á
súa, á dos devanceiros. Un home, tamén, cos ollos no futuro pero
que sabe, como os realmente grandes, que só se pode construír un
futuro tendo os pés ben chantados no que algún día fomos.
Por iso, teño que rematar a miña intervención citando o noso
homenaxeado, cando escribiu:
lectores e lectoras de Agustín Fernández Paz sono porque son lec-
tores e lectoras de Agustín Fernández Paz, independentemente
ou non do que aconteza dentro dos plans de estudo.
E a segunda cousa que cómpre sinalar en relación ao éxito
do noso escritor hoxe homenaxeado é que, se algún de vostedes
se dedica a escribir, ten que negarse a que o conviden a asinar
nunha feira ou nalgún sitio se hai que facelo a carón deste home.
A min pasoume hai anos na Feira do Libro de Vigo. Se xa é
humillante ver que pasan as horas e ninguén se achega para que
lle asines o libro, peor é compartir espazo con Agustín e termi-
nar ordenándolle o tráfico de fans para que poida atendelos a
todos… Sei ben do que lles falo, porque iso mesmo tiven que
facer unha vez.
Agora que entramos neste apartado do éxito, do éxito real e
de verdade, debemos dicir que o home que hoxe recibe o Premio
Trasalba atesoura os máis cobizados da nosa literatura e algúns
tamén de alén das nosas fronteiras. Así, ademais dos xa citados
Frei Martín Sarmiento (por Corredores de sombra, en 2006), o
Nacional de Literatura do Ministerio de Cultura (por O único
que queda é o amor, en 2008) ou o Iberoamericano, no seu patri-
monio de galardóns atopamos outros ben importantes como o
Merlín (en 1989, por As flores radiactivas), o Lazarillo (en 1990,
por Contos por palabras), o Rañolas (en 1995, por Cartas de inver-
no, recentemente reconvertido en novela gráfica en colaboración
co ilustrador Antonio Seijas) ou o Raíña Lupa (en 1998, por Cos
pés no aire), entre moitos outros. Mais, por só salientar algúns,
porque a lista sería interminable, citaremos tamén o Edebé de
Literatura Xuvenil, en 1994, por Trece anos de Branca; O Barco
de Vapor, en 2003, por O meu nome é Skywalker; o Edebé de
Literatura Infantil en 2005, por A escola dos piratas; ou varios por
Non hai noite tan longa (o Fervenzas Literarias, o Ánxel Casal
ao libro de ficción, o Irmandade do Libro, o Losada Diéguez…,
todos en 2011), o da AELG, o Losada Diéguez e o da Crítica, en
2012 a Fantasmas de luz… e, para ir rematando, que prometemos

Os fíos cos que vou urdindo as miñas historias teñen a súa
orixe nos anos da infancia, nunha Vilalba onde aprendín
a nomear o mundo: nos contos que escoitei, nos libros e
tebeos que lin, nas películas que vin nuns cines que xa non
existen, nos fríos días escolares e nas aventuras daqueles
veráns luminosos e eternos… Todo segue alí, nas paisaxes
gardadas na miña memoria.
En Vilalba aprendiches a nomear o mundo. En Trasalba no-
meamos o teu mundo, o que nos agasallas en cada historia, en
cada reflexión, en cada conversa pola rúa, as que deches xenero-
so nas aulas e que o meu fillo grande perdeu. Hoxe nomeámos-
te, Agustín Fernández Paz, Premio Trasalba 2014. E damos
grazas a aqueles cines que xa non existen por alimentarte, a
aqueles tebeos (aínda non lles dicían banda deseñada) que che
fixeron ser o home que hoxe es, a aqueles contos que che conta-
ron e que logo ti nos contaches mellor aínda, por regarte coma
árbore rexa, cos pés enraizados na terra galega, coma o pinsapo
de don Ramón, mais co corazón e a razón no mundo da fanta-
sía. Parabéns, Agustín z

More Related Content

What's hot

Arcadio lópez casanova
Arcadio lópez casanovaArcadio lópez casanova
Arcadio lópez casanovaAsnosasletras
 
María xosé queizán
 María xosé queizán María xosé queizán
María xosé queizánAsnosasletras
 
Entrevista a Clara do Roxo
Entrevista a Clara do RoxoEntrevista a Clara do Roxo
Entrevista a Clara do Roxo
Asnosasletras
 
Xente ao lonxe eduardo blanco amor
Xente ao lonxe   eduardo blanco amorXente ao lonxe   eduardo blanco amor
Xente ao lonxe eduardo blanco amorMaría Sánchez
 
Agustín fernández paz
Agustín fernández pazAgustín fernández paz
Agustín fernández pazAsnosasletras
 
Pepe Carballude
Pepe CarballudePepe Carballude
Pepe Carballude
Asnosasletras
 
Literaturas peninsulares na idade media
Literaturas peninsulares na idade mediaLiteraturas peninsulares na idade media
Literaturas peninsulares na idade media
Marlou
 
Guía de lectura "Os mellores da lingua"
Guía de lectura "Os mellores da lingua"Guía de lectura "Os mellores da lingua"
Guía de lectura "Os mellores da lingua"
Bibliotecas Municipais de A Coruña
 
Entrevista a Ramón Caride
Entrevista a Ramón CarideEntrevista a Ramón Caride
Entrevista a Ramón Caride
Asnosasletras
 
María Reimóndez
María ReimóndezMaría Reimóndez
María Reimóndez
Asnosasletras
 
Carlos G. Reigosa
Carlos G. ReigosaCarlos G. Reigosa
Carlos G. Reigosa
Asnosasletras
 
Manolo portas
Manolo portasManolo portas
Manolo portas
Asnosasletras
 
Fina casalderrei óptima
Fina casalderrei óptimaFina casalderrei óptima
Fina casalderrei óptimaAsnosasletras
 

What's hot (19)

Yolanda castaño
Yolanda castañoYolanda castaño
Yolanda castaño
 
Arcadio lópez casanova
Arcadio lópez casanovaArcadio lópez casanova
Arcadio lópez casanova
 
María xosé queizán
 María xosé queizán María xosé queizán
María xosé queizán
 
Entrevista a Clara do Roxo
Entrevista a Clara do RoxoEntrevista a Clara do Roxo
Entrevista a Clara do Roxo
 
Xente ao lonxe eduardo blanco amor
Xente ao lonxe   eduardo blanco amorXente ao lonxe   eduardo blanco amor
Xente ao lonxe eduardo blanco amor
 
Agustín fernández paz
Agustín fernández pazAgustín fernández paz
Agustín fernández paz
 
Pepe Carballude
Pepe CarballudePepe Carballude
Pepe Carballude
 
Literaturas peninsulares na idade media
Literaturas peninsulares na idade mediaLiteraturas peninsulares na idade media
Literaturas peninsulares na idade media
 
Guía de lectura "Os mellores da lingua"
Guía de lectura "Os mellores da lingua"Guía de lectura "Os mellores da lingua"
Guía de lectura "Os mellores da lingua"
 
Entrevista a Ramón Caride
Entrevista a Ramón CarideEntrevista a Ramón Caride
Entrevista a Ramón Caride
 
Luz pozo garza
Luz pozo garzaLuz pozo garza
Luz pozo garza
 
María Reimóndez
María ReimóndezMaría Reimóndez
María Reimóndez
 
Carlos G. Reigosa
Carlos G. ReigosaCarlos G. Reigosa
Carlos G. Reigosa
 
Marica campo
Marica campoMarica campo
Marica campo
 
Poesía
Poesía Poesía
Poesía
 
Manolo portas
Manolo portasManolo portas
Manolo portas
 
Domingo villar
Domingo villarDomingo villar
Domingo villar
 
Fina casalderrei óptima
Fina casalderrei óptimaFina casalderrei óptima
Fina casalderrei óptima
 
Luz pozo garza
Luz pozo garzaLuz pozo garza
Luz pozo garza
 

Viewers also liked

Serverless Architecture for Augmenting WordPress
Serverless Architecture for Augmenting WordPressServerless Architecture for Augmenting WordPress
Serverless Architecture for Augmenting WordPress
Japheth Thomson
 
ZenoemenhemHomoLudens14022014
ZenoemenhemHomoLudens14022014ZenoemenhemHomoLudens14022014
ZenoemenhemHomoLudens14022014
Cor Noltee, MEd
 
SP Advisors Обзор сырьевых рынков 16-22 августа 2016
SP Advisors Обзор сырьевых рынков 16-22 августа 2016SP Advisors Обзор сырьевых рынков 16-22 августа 2016
SP Advisors Обзор сырьевых рынков 16-22 августа 2016
Ruslan Sivoplyas
 
Great makers ship
Great makers shipGreat makers ship
Great makers ship
HAX
 
Design goes Social
Design goes SocialDesign goes Social
Design goes Social
Rosy Battaglia
 
Cv julian rubio
Cv julian rubioCv julian rubio
Cv julian rubio
JulianDikey
 
Affordable Care Act, HIPAA & Wellness Promotion
Affordable Care Act, HIPAA & Wellness PromotionAffordable Care Act, HIPAA & Wellness Promotion
Affordable Care Act, HIPAA & Wellness Promotion
Employers Association of New Jersey
 
Which Tablet Is Right for You?
Which Tablet Is Right for You?Which Tablet Is Right for You?
Which Tablet Is Right for You?
Mashable
 
Top mobile trends 2014
Top mobile trends 2014Top mobile trends 2014
Top mobile trends 2014
DMI
 
The Hispanic Market
The Hispanic MarketThe Hispanic Market
The Hispanic Market
Littlefield
 
Generation We
Generation WeGeneration We
Generation We
Littlefield
 
Job Search Tactical Tips
Job Search Tactical TipsJob Search Tactical Tips
Job Search Tactical Tips
Adrian Tan
 
How My Shortcomings in WordPress Make Me a Better Contributor
How My Shortcomings in WordPress Make Me a Better ContributorHow My Shortcomings in WordPress Make Me a Better Contributor
How My Shortcomings in WordPress Make Me a Better Contributor
Lisa Melegari
 
Lâmina de saúde do homem #Campanha #novembroazul
Lâmina de saúde do homem  #Campanha #novembroazulLâmina de saúde do homem  #Campanha #novembroazul
Lâmina de saúde do homem #Campanha #novembroazul
André Crevilaro
 
Thainox WB 8140
Thainox WB 8140Thainox WB 8140
Thainox WB 8140
Químicas Thái
 
Google+ Hangouts: A Quick Start Guide
Google+ Hangouts: A Quick Start GuideGoogle+ Hangouts: A Quick Start Guide
Google+ Hangouts: A Quick Start Guide
Mike Lee
 
Guía para principiantes sobre optimización para motores de búsqueda
Guía para principiantes sobre optimización para motores de búsquedaGuía para principiantes sobre optimización para motores de búsqueda
Guía para principiantes sobre optimización para motores de búsqueda
Juan Carlos Mejía Llano
 
The cold-war-1196708280940758-2
The cold-war-1196708280940758-2The cold-war-1196708280940758-2
The cold-war-1196708280940758-2
sipho mkhonto
 
Brenda Herring - 2016 Resume -Business and Cliient Support Specialist2
Brenda Herring - 2016 Resume -Business and Cliient Support Specialist2Brenda Herring - 2016 Resume -Business and Cliient Support Specialist2
Brenda Herring - 2016 Resume -Business and Cliient Support Specialist2
Brenda Herring
 
Dian sastrowardoyo
Dian sastrowardoyoDian sastrowardoyo
Dian sastrowardoyo
ayundacamelia
 

Viewers also liked (20)

Serverless Architecture for Augmenting WordPress
Serverless Architecture for Augmenting WordPressServerless Architecture for Augmenting WordPress
Serverless Architecture for Augmenting WordPress
 
ZenoemenhemHomoLudens14022014
ZenoemenhemHomoLudens14022014ZenoemenhemHomoLudens14022014
ZenoemenhemHomoLudens14022014
 
SP Advisors Обзор сырьевых рынков 16-22 августа 2016
SP Advisors Обзор сырьевых рынков 16-22 августа 2016SP Advisors Обзор сырьевых рынков 16-22 августа 2016
SP Advisors Обзор сырьевых рынков 16-22 августа 2016
 
Great makers ship
Great makers shipGreat makers ship
Great makers ship
 
Design goes Social
Design goes SocialDesign goes Social
Design goes Social
 
Cv julian rubio
Cv julian rubioCv julian rubio
Cv julian rubio
 
Affordable Care Act, HIPAA & Wellness Promotion
Affordable Care Act, HIPAA & Wellness PromotionAffordable Care Act, HIPAA & Wellness Promotion
Affordable Care Act, HIPAA & Wellness Promotion
 
Which Tablet Is Right for You?
Which Tablet Is Right for You?Which Tablet Is Right for You?
Which Tablet Is Right for You?
 
Top mobile trends 2014
Top mobile trends 2014Top mobile trends 2014
Top mobile trends 2014
 
The Hispanic Market
The Hispanic MarketThe Hispanic Market
The Hispanic Market
 
Generation We
Generation WeGeneration We
Generation We
 
Job Search Tactical Tips
Job Search Tactical TipsJob Search Tactical Tips
Job Search Tactical Tips
 
How My Shortcomings in WordPress Make Me a Better Contributor
How My Shortcomings in WordPress Make Me a Better ContributorHow My Shortcomings in WordPress Make Me a Better Contributor
How My Shortcomings in WordPress Make Me a Better Contributor
 
Lâmina de saúde do homem #Campanha #novembroazul
Lâmina de saúde do homem  #Campanha #novembroazulLâmina de saúde do homem  #Campanha #novembroazul
Lâmina de saúde do homem #Campanha #novembroazul
 
Thainox WB 8140
Thainox WB 8140Thainox WB 8140
Thainox WB 8140
 
Google+ Hangouts: A Quick Start Guide
Google+ Hangouts: A Quick Start GuideGoogle+ Hangouts: A Quick Start Guide
Google+ Hangouts: A Quick Start Guide
 
Guía para principiantes sobre optimización para motores de búsqueda
Guía para principiantes sobre optimización para motores de búsquedaGuía para principiantes sobre optimización para motores de búsqueda
Guía para principiantes sobre optimización para motores de búsqueda
 
The cold-war-1196708280940758-2
The cold-war-1196708280940758-2The cold-war-1196708280940758-2
The cold-war-1196708280940758-2
 
Brenda Herring - 2016 Resume -Business and Cliient Support Specialist2
Brenda Herring - 2016 Resume -Business and Cliient Support Specialist2Brenda Herring - 2016 Resume -Business and Cliient Support Specialist2
Brenda Herring - 2016 Resume -Business and Cliient Support Specialist2
 
Dian sastrowardoyo
Dian sastrowardoyoDian sastrowardoyo
Dian sastrowardoyo
 

Similar to Laudatio de Francisco Castro sobre a figura e a obra de Agustín Fernández Paz

08 Viaxealinguaeliteraturadoxix
08 Viaxealinguaeliteraturadoxix08 Viaxealinguaeliteraturadoxix
08 Viaxealinguaeliteraturadoxix
cadernodecores
 
Galegando 13
Galegando 13Galegando 13
Galegando 13
belengc7
 
Ollos de aula. Nº 14
Ollos de aula. Nº 14Ollos de aula. Nº 14
Ollos de aula. Nº 14
Coordinadora Galega ENDL
 
Entrevista a Marta Dacosta
Entrevista a Marta DacostaEntrevista a Marta Dacosta
Entrevista a Marta Dacosta
Asnosasletras
 
Entrevista a Marta Dacosta
Entrevista a Marta DacostaEntrevista a Marta Dacosta
Entrevista a Marta Dacosta
Asnosasletras
 
Discurso agustin fdez paz dr. hc u vigo
Discurso agustin fdez paz   dr. hc u vigoDiscurso agustin fdez paz   dr. hc u vigo
Discurso agustin fdez paz dr. hc u vigocenlf
 
don Alfonso Álvarez Cáccamo
don Alfonso Álvarez Cáccamodon Alfonso Álvarez Cáccamo
don Alfonso Álvarez Cáccamo
Asnosasletras
 
Maria Canosa
Maria Canosa Maria Canosa
Maria Canosa
Asnosasletras
 
Facerse ao mar de Marta Dacosta
Facerse ao mar de Marta DacostaFacerse ao mar de Marta Dacosta
Facerse ao mar de Marta Dacostatrafegandoronseis
 
Paz Andrade Cespón
Paz Andrade CespónPaz Andrade Cespón
Paz Andrade Cespón
lolaiglesias
 
Boletín abril 2012
Boletín abril 2012Boletín abril 2012
Boletín abril 2012martafp
 
David otero
David oteroDavid otero
David otero
Asnosasletras
 
Revista Rañolas Nº 3 - Abril 2007 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 3 - Abril 2007 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)Revista Rañolas Nº 3 - Abril 2007 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 3 - Abril 2007 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista_Ranholas
 
Areal nº 5
Areal nº 5Areal nº 5

Similar to Laudatio de Francisco Castro sobre a figura e a obra de Agustín Fernández Paz (20)

08 Viaxealinguaeliteraturadoxix
08 Viaxealinguaeliteraturadoxix08 Viaxealinguaeliteraturadoxix
08 Viaxealinguaeliteraturadoxix
 
Galegando 13
Galegando 13Galegando 13
Galegando 13
 
Ollos de aula. Nº 14
Ollos de aula. Nº 14Ollos de aula. Nº 14
Ollos de aula. Nº 14
 
Entrevista a Marta Dacosta
Entrevista a Marta DacostaEntrevista a Marta Dacosta
Entrevista a Marta Dacosta
 
Entrevista a Marta Dacosta
Entrevista a Marta DacostaEntrevista a Marta Dacosta
Entrevista a Marta Dacosta
 
Discurso agustin fdez paz dr. hc u vigo
Discurso agustin fdez paz   dr. hc u vigoDiscurso agustin fdez paz   dr. hc u vigo
Discurso agustin fdez paz dr. hc u vigo
 
don Alfonso Álvarez Cáccamo
don Alfonso Álvarez Cáccamodon Alfonso Álvarez Cáccamo
don Alfonso Álvarez Cáccamo
 
Maria Canosa
Maria Canosa Maria Canosa
Maria Canosa
 
Xosé neira vilas
Xosé neira vilasXosé neira vilas
Xosé neira vilas
 
Facerse ao mar de Marta Dacosta
Facerse ao mar de Marta DacostaFacerse ao mar de Marta Dacosta
Facerse ao mar de Marta Dacosta
 
Paz Andrade Cespón
Paz Andrade CespónPaz Andrade Cespón
Paz Andrade Cespón
 
Marta Dacosta
Marta DacostaMarta Dacosta
Marta Dacosta
 
Boletín abril 2012
Boletín abril 2012Boletín abril 2012
Boletín abril 2012
 
David otero
David oteroDavid otero
David otero
 
Revista Rañolas Nº 3 - Abril 2007 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 3 - Abril 2007 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)Revista Rañolas Nº 3 - Abril 2007 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 3 - Abril 2007 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
 
Yolanda castaño
Yolanda castañoYolanda castaño
Yolanda castaño
 
Guía de Poesía
Guía de PoesíaGuía de Poesía
Guía de Poesía
 
Areal nº 5
Areal nº 5Areal nº 5
Areal nº 5
 
Manuel pereira
Manuel pereiraManuel pereira
Manuel pereira
 
Francisco castro
Francisco castroFrancisco castro
Francisco castro
 

More from Francisco Castro

Crítica de O NENO CAN no Sermos Galiza
Crítica de O NENO CAN no Sermos GalizaCrítica de O NENO CAN no Sermos Galiza
Crítica de O NENO CAN no Sermos Galiza
Francisco Castro
 
Curso de Escrita Creativa en Vigo en decembro
Curso de Escrita Creativa en Vigo en decembroCurso de Escrita Creativa en Vigo en decembro
Curso de Escrita Creativa en Vigo en decembro
Francisco Castro
 
Programa completo do LiburuTekia de Bilbao (13 e 14 de novembro)
Programa completo do LiburuTekia de Bilbao (13 e 14 de novembro)Programa completo do LiburuTekia de Bilbao (13 e 14 de novembro)
Programa completo do LiburuTekia de Bilbao (13 e 14 de novembro)
Francisco Castro
 
Obradoiro de Escrita Creativa con Francisco Castro
Obradoiro de Escrita Creativa con Francisco CastroObradoiro de Escrita Creativa con Francisco Castro
Obradoiro de Escrita Creativa con Francisco Castro
Francisco Castro
 
II Xornadas de Literatura e Ensino (Escribir e ler na escola de hoxe para a c...
II Xornadas de Literatura e Ensino (Escribir e ler na escola de hoxe para a c...II Xornadas de Literatura e Ensino (Escribir e ler na escola de hoxe para a c...
II Xornadas de Literatura e Ensino (Escribir e ler na escola de hoxe para a c...
Francisco Castro
 
Libros de fronteira
Libros de fronteiraLibros de fronteira
Libros de fronteira
Francisco Castro
 
O neno can en Sermos Galiza
O neno can en Sermos GalizaO neno can en Sermos Galiza
O neno can en Sermos Galiza
Francisco Castro
 

More from Francisco Castro (7)

Crítica de O NENO CAN no Sermos Galiza
Crítica de O NENO CAN no Sermos GalizaCrítica de O NENO CAN no Sermos Galiza
Crítica de O NENO CAN no Sermos Galiza
 
Curso de Escrita Creativa en Vigo en decembro
Curso de Escrita Creativa en Vigo en decembroCurso de Escrita Creativa en Vigo en decembro
Curso de Escrita Creativa en Vigo en decembro
 
Programa completo do LiburuTekia de Bilbao (13 e 14 de novembro)
Programa completo do LiburuTekia de Bilbao (13 e 14 de novembro)Programa completo do LiburuTekia de Bilbao (13 e 14 de novembro)
Programa completo do LiburuTekia de Bilbao (13 e 14 de novembro)
 
Obradoiro de Escrita Creativa con Francisco Castro
Obradoiro de Escrita Creativa con Francisco CastroObradoiro de Escrita Creativa con Francisco Castro
Obradoiro de Escrita Creativa con Francisco Castro
 
II Xornadas de Literatura e Ensino (Escribir e ler na escola de hoxe para a c...
II Xornadas de Literatura e Ensino (Escribir e ler na escola de hoxe para a c...II Xornadas de Literatura e Ensino (Escribir e ler na escola de hoxe para a c...
II Xornadas de Literatura e Ensino (Escribir e ler na escola de hoxe para a c...
 
Libros de fronteira
Libros de fronteiraLibros de fronteira
Libros de fronteira
 
O neno can en Sermos Galiza
O neno can en Sermos GalizaO neno can en Sermos Galiza
O neno can en Sermos Galiza
 

Laudatio de Francisco Castro sobre a figura e a obra de Agustín Fernández Paz

  • 1.  ficie puída no que choca a luz e se manifesta segundo as leis da reflexión, principios que xogan con fíos de luminescencia, con sons e con ondas de auga, por exemplo. E facilitan o retorno da enerxía, sen desvíos non desexados1 . Así que pode ser que teña uns aniños, pero quen ben o coñece di que ten o corazón adolescente e, polo tanto, a forza toda de quen sabe que o mundo aínda se pode cambiar para mellor. En efecto, ao longo da historia do Premio Trasalba, o galar- dón ten recoñecido, ademais de traxectorias e logros artísticos ou científicos, ou da clase que sexa, a forza demostrada a través do traballo para mellorar o mundo. Agustín leva facéndoo moitos anos; dende as aulas; dende os libros; dende a vida do día a día levando o seu corazón adolescente na man. Agustín Fernández Paz é un escritor que adoitamos clasifi- car, por iso das categorías editoriais (os editores sómoslles xente ordenada e con afán catalogador) dentro do que se coñece como autor de Literatura Infantil e Xuvenil. Non obstante, primei- ro de todo e antes de nada, debemos deixar claro que é un litera- to, un escritor, un autor, alguén que, por partir dunha definición de literatura primeira, fai beleza usando as palabras, escriba para o chanzo de idade que escriba. E isto é algo que cómpre que dei- xemos claro dende o primeiro instante se estamos dispostos, que o estamos, a falar del: Fernández Paz é autor de literatura, con L grande, e tamén de Literatura Infantil e Xuvenil. Porque a lite- ratura, se é boa (e abofé que o é neste caso) é literatura alén das etiquetas, e só aqueles que viven habitados por prexuízos sobre xéneros, formatos, tamaños e idade dos destinatarios, precisan desas etiquetas. E hoxe non é o caso. A literatura, fóra de merca- dos, catálogos e canons, ou é boa ou é mala. E a de Agustín, xa 1. Discurso na homenaxe de GÁLIX a Agustín Fernández Paz, en Vigo, o 18 de outubro de 2012, ao ser nomeado Socio de Honra. Agustín Fernández Paz, enxeñeiro da utopía Francisco Castro B enqueridas amigas e amigos: A sombra longa, coma a do pinsapo, que sen dúbi- da acubillou tantas veces a figura de don Ramón nes- ta mesma Casa Grande, bendí hoxe, tamén sen dúbida, a quen nos congrega aquí para honralo co Premio Trasalba deste ano, o escritor de Vilalba, pero tamén vigués polos moitos anos que leva vivindo, traballando e facendo nacer algunhas das súas máis brillantes obras na cidade atlántica, Agustín Fernández Paz. Un escritor que, a día de hoxe, está instalado nos 67 anos que vén de facer, pois naceu un 29 de maio a iso das tres da tarde e, polo tan- to, é o que tecnicamente se pode entender como un señor de ida- de. Con todo, non debemos confundirnos por mor desta lóxica cartesiana algo abafante coa que nos manexamos en Occidente e que nos leva a contabilizar as viaxes ao redor do sol ás veces coma se fosen un peso pesado e lapidario…, dicíalles que non debemos confundirnos porque Agustín, segundo as verbas de Paz Raña Lama, orientadora no instituto Os Rosais de Vigo, onde o noso autor tantos anos traballou, e ademais amiga: Agustín ten corazón adolescente e, como tal, a súa obra goza de elementos que colocan a mocidade perante un espello de super-
  • 2.  tantos dos seus, estes, os libros, a literatura, ocupan un protago- nismo central); os libros que se poden ler, e tamén os libros que non queren que leamos, os libros que hai nas bibliotecas e os libros que alguén pon nas nosas mans dun xeito cómplice; por iso, tamén, en tantos, hai adultos dispostos a cambiar o mundo (porque ler é un xeito tamén de cambiar o mundo, de protestar contra el. Xa o di Sés, a rockeira galega: o máis punkie que hai hoxe en día é ter o carné da biblioteca); por iso en tantos dos seus libros, as personaxes femininas, tradicionalmente relega- das a un segundo plano, tamén na literatura, ocupan postos centrais como seres intelixentes, actuantes, decisivas, curiosas, resolutivas, aventureiras; por iso, tamén, el repite que para que os nenos e as nenas rematen sendo lectores non hai que facer nada máis, nin nada menos, que boas obras que os engaiolen e os encamiñen á lectura. Ese obxectivo dicímolo nós, porque el é modesto e non vai dicilo, está máis que conseguido nesas máis de corenta e cinco obras ás que nos referiamos, como o estarán coas que nin sequera soñou e coas que nos irá agasallando no futuro. Está en obras como Contos por palabras, co seu desbordante exercicio de ima- xinación rodariano; en Aire negro, co seu desacougante espírito de thriller tenebroso que nos deixa preocupados páxina a páxina, pero desexosos de saber máis, conscientes de que hai aires que reviran o siso e que cambian a xente para sempre; está en Noite de voraces sombras, coa súa explicación de que hai pasados te- rribles, pero que cómpre traer ao presente para non repetilos e perdelos na desmemoria,ou en Tres pasos polo misterio,relatos que nos conectan co noso gusto, feliz, pola intriga e o desconcerto, ou en ¡Que medo, mamá Raquel!, ou sexa, nun exercicio, tamén, claro que si, por que non, de medo para os máis pequechos, pero medo fascinante do que abraia e namora, ou en Corredores de sombra, que nos permite saber que un esqueleto nun muro pode conter as mil e unhas historias que hai que contar para levedar a alma e levala máis e máis lonxe do papel, cumprindo esa premisa ou o dixemos e xa o sabe quen teña pousado os ollos e o corazón en calquera dos libros nacidos do seu talento, é boa. Cando Ramón Otero Pedrayo e outros galeguistas fun- dan a Editorial Galaxia, ou cando botan a andar outros moitos proxectos culturais que aínda hoxe sobreviven, pensan sempre en conseguir establecer unhas infraestruturas sólidas (aínda que ergueitas con vimbios moitas veces ben cativos) para espallar a cultura galega o máis posible. Para recuperala, si. Para mantela viva na noite de voraces sombras, si. Mais tamén para levala polo mundo adiante, co peito grande e afouto, inchados os pulmóns ata o máximo para conseguir un vento grande que chegue ata a derradeira das xeografías máis afastadas. En definitiva, para loitar en pé de igualdade co resto das aproximadamente dúas mil linguas que hai catalogadas polo mundo adiante. O labor de Otero Pedrayo, como o de tantas outras boas xentes do seu tempo e do noso, quere inserirse nesa actitude afastada de complexos e que, máis ben, vai preñada, como dicimos, de altas miras. Galicia, dicía don Ramón, é célula de universalidade. O galego, comple- tamos, é lingua para falar entre nós, mais tamén para transmitir versos, fantasías, teorías e soños, ao mundo enteiro. Non só ás galegas e aos galegos que anden por aí. Para falarlle, escribirlle, cantarlle, pintarlle, contarlle tamén ao resto do mundo. Sabíao don Ramón e os seus compañeiros, pioneiros en tan- tas cousas. Sóuboo de sempre Agustín. O escritor hoxe homenaxeado é autor de máis de corenta e cinco libros, moitos deles pensados, como ben sabemos, para iso que chamamos o lectorado infantil e xuvenil. E que puxese o seu talento literario, o seu proxecto de autor, aí, é consecuen- cia dunha decisión artística, pero tamén vital e educativa. Porque Agustín Fernández Paz é un escritor responsable e consciente, así o ten declarado ducias de veces, de viva voz ou por escrito, de que hai que facer lectores e lectoras, de que ninguén o é porque si e que se rematamos séndoo é porque os libros nos seduciron, sobre todo nos primeiros momentos da nosa vida (por iso, en
  • 3.  é tan válida e tan grande como calquera outra para facer unha literatura con vocación de universal. O feito de que sexa un dos nosos autores máis traducidos, senón o que máis, a outros idio- mas, demostra o que xa sabiamos, aínda que de cando en vez sexa necesario explicitar con feitos claros e con datos obxectivos: que o galego non é unha fronteira, que non é un límite. Que o gale- go, como don Ramón afirmara e Agustín sabe e nós sabemos e pretendemos que todas as galegas e galegos saiban, é unha lingua capaz de xerar unha beleza que termine viaxando cara a outras latitudes e, transformada pola maxia da tradución, lles fale a ou- tros corazóns exaltados que len. Agustín sempre traballa dende o galego. Sempre dende o compromiso irrenunciable cunha lingua e unha fala que, grazas a persoas coma el, idénticas nese espírito a don Ramón, aínda sobrevive a pesar dos tsunamis e dos ataques que soporta a diario, ás veces atacado por lume ferinte, mesmo daqueles que deberían ser os primeiros en coidar da lingua. Por iso é un orgullo saber que alguén escribe tan ben e na nosa lingua e que o traducen para outras, e que fóra tamén se decatan do lin- do que se pode escribir en galego. Polo tanto é un orgullo saber que a este home, que escribe tan ben e en galego, tamén o poden ler, entre outras linguas, en catalán, portugués, francés, coreano, castelán, éuscaro, árabe… Vailles soar estratosférica esta frase que vou pronunciar ago- ra, pero debo dicila e deixala escrita aquí para sempre: Agus- tín Fernández Paz é un dos mellores escritores do noso tempo. Atendan ben: non estou a dicir que é un dos nosos mellores es- critores en galego deste tempo (que tamén), senón que é un dos mellores escritores do noso tempo. E si, quizais lles soe estratos- férica, grandilocuente e pouco ponderada esta afirmación, pero as verdades adoitan ter ese aspecto. Estratosféricas por elevadas. Grandilocuentes por importantes. Imponderables. E aínda que podo aceptar que semellante afirmación pode ser obxecto de debate entre estudosos e expertos de toda caste e condición, o certo é que para min, como para milleiros de lectores e lectoras axioma supremo que di que a boa literatura, por dar agora unha segunda definición, é a que ten un alto poder de evocación, ou en O único que queda é o amor, a moi premiada e recoñecida obra de Agustín, preñada toda ela dunha engaiolante poesía do cotián que evidencia con nidia claridade que só quen sabe mirar sabe ver, ou ao revés, que só quen sabe ver sabe mirar, que os de Vigo, coma Agustín e coma min, non sabemos cal dos dous verbos hai que usar. En calquera caso, vendo, mirando, coma o personaxe de Saint-Exupèry reclamara, as cousas realmente importantes, esas que non están á vista e que como non están diante, hai que ver ou mirar para elas co corazón… ou, para parar nalgún sitio e centrarme só nas que ao autor desta laudatio máis lle gorentan, en Fantasmas de luz, onde o noso autor nos volve falar do seu eterno amor polo cine, esa fábrica de soños románticos para os románticos latexos de espectadores románticos coma el. Dicíalles, e espero que o demostrase coa referencia a unhas poucas das súas moitas obras, que esa primeira parte do seu obxectivo de autor, escribir historias apaixonantes que engaiolen a rapazada para a lectura, está máis que conseguido. Cando hai calidade no texto, traballo na construción do vimbio ficcional, paixón e lírica, e verbas e historia, e unha administración sabia da loucura das palabras que é a escrita, daquela, lógrase sempre ese obxectivo ideal da sedución que todos os que escribimos pro- curamos. Porque a literatura é un xogo de dous, un exercicio de comunicación, un Eu que busca un Ti. É tamén importante que subliñemos aquí que hai un segundo obxectivo que tamén se alcanza grazas á presenza nas librerías do país de obras de tanta calidade como as que saen do maxín do noso autor. Refírome a que eses lectores e lectoras que traemos para a literatura, traémolos tamén, para a lectura en galego. Agustín Fernández Paz é escritor exclusivamente en lingua galega. A demostración, e tamén por isto é grande, que dende o galego se poden conseguir lectores e lectoras en todo o mundo a través das traducións. A demostración de que a nosa lingua
  • 4.  só un candidato por España. Con todo, a OEPLI entendeu, logo da nosa exposición en Madrid, onde cada sección levaba a súa proposta, que a candidatura de Fernández Paz era a mellor. E a México foi e alí lle concederon, para orgullo de todos e de todas as galegas, o galardón. E ata aí chegou dende o galego, dende a lin- gua de nós. Dende a súa imaxinación e sabedoría narrativa nacidas na nosa fala. Dende a súa capacidade para tecer historias que nos levan a mundos de papel máis verdadeiros que a verdade. Agora está proposto, como vén sendo habitual dende o ano 2008, para o Astrid Lindgren, de todos os premios gorentados por un autor de LIX, probablemente, o máis alto. Non dubiden de que a pesar de ter que competir con 238 candidaturas, será este ano, ou cando teña que ser, que o seu talento sexa recoñecido co que se considera o Nobel Infantil e Xuvenil. E iremos celebralo co noso veciño, co noso amigo, e agora, tamén, co noso Premio Trasalba. Cando falo de Agustín Fernández Paz teño a tentación de falarlles do meu veciño da rúa Areal, en Vigo, cidade na que leva instalado unha morea de anos levado polo traballo de profesor, que exerceu ata o ano 2007 no instituto Os Rosais 2 da cidade olívica. E xa que nas biográficas cuestións empezamos a intro- ducirnos, déixame dicirche, querido Agustín, que nunca vou ser quen de perdoarche que te xubilases xusto no ano en que o meu fillo maior entrou no instituto…; non imaxinas as ganas que tiña de que pasase polas túas mans, de que te escoitase falar tamén dende as clases, de que lle deses doses masivas desa Arma de Construción Masiva que é a literatura… escoitada da túa voz. Mais isto xa non poderá ser. (Disto ti non tes a culpa e non che resta méritos para recibir este galardón que hoxe che entregamos…) Se teño que falarlles da súa figura, o primeiro que me pide o corazón é referirme ao seu porte humilde e sempre próximo, situando nun terreo relativo os propios logros, que os demais non lle discutimos. Isto é algo digno de valorar e que fala moi ben do meu veciño. Porque hai quen vai pola vida crendo que é ben informados na literatura, nos libros, na produción editorial, en definitiva, nos froitos todos da ficción escrita e publicada e difundida e criticada e analizada e recomendada etcétera, moitos dos libros cos que nos agasallou o noso escritor, polo que nos produciron, polas horas de goce, polos pensamentos (moitas ve- ces novos) provocados, pola electricidade feliz páxina tras páxina, por todo o que de máis hai dentro de cada historia... por todo iso é polo que nos sentimos lexitimados para pronunciar con pleno coñecemento que non estamos a movernos no terreo do grandi- locuente ou esaxerado. Así que repito e reitero. Agustín Fernán- dez Paz é un dos mellores escritores do noso tempo. Este tipo de cousas tivémolas claras, por exemplo, dende a asociación que teño a honra de presidir (e da que Agustín Fer- nández Paz foi socio fundador e, dende hai uns anos, Socio de Honra), dende GÁLIX, a Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil, cando no ano 2011 propuxemos a súa candidatura ao Premio Iberoamericano de Literatura, un galardón non menor, convocado anualmente pola Fundación SM e institucións como o Centro Regional para el Fomento del Libro en América Latina y el Caribe (CERLALC), a IBBY, a Organización de Estados Iberoamericanos para la Educación,la Ciencia y la Cultura (OEI), a Oficina Regional de Educación para América Latina y el Caribe de la Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Cien- cia e a Cultura (UNESCO/OREALC) e a Feria Internacional del Libro de Guadalajara. O noso reto era convencer a Organi- zación Española para el Libro Infantil y Juvenil, a OEPLI, para que presentase a Agustín como candidato do Estado español para ese galardón. Imaxinarán vostedes que a tentación, e o cos- tume, levaría a presentar un autor que escribise en castelán, se do que se trata é de promover para o premio a alguén que representa a España. Porque, a diferenza doutros certames de relevancia in- ternacional, nos que se poden presentar candidatos por linguas, neste caso só poden presentarse polo que política e oficialmente se coñece como “países”, e, daquela, tiña que ser un candidato e
  • 5.  un bo enxeñeiro. Mais, dende logo, gañou un gran mestre e un mellor escritor. E coma bo enxeñeiro, pero entre encerados e xiz e rapazada, de- dicouse tamén a inventar o mundo. Como esoutra escritora da súa xeración —tan ben bautizada polo editor Manuel Bragado como “Xeración Lamote”—, Fina Casalderrey, antes de entrar de cabeza, e de corazón, no océano inesgotable da ficción, dedicarán parte do seu esforzo e talento a inventar ese mundo do galego no ensi- no. Que non existía. Que non era. Que moitos querían que non existise xamais. Pero existirá o galego no ensino e será o galego no ensino (e queremos que siga sendo, non se esqueza) grazas a Agustines e Finas e Susojareses e tantos e tantas que van facer do ensino en galego, xa non bandeira, senón reivindicación ines- cusable e innegociable (tamén hoxe, insistimos). E así como as editoriais galegas fornecemos o mundo do ensino con libros de texto e outros materiais complementarios (incluso aulas virtuais ou plataformas interactivas para iso que damos en chamar a Es- cola 2.0), Agustín e outros tiveron que inventar, tal Enxeñeiros da Utopía, a Escola 1.0 en galego, ou con algo de galego, ou cun galego primeiro que servise de referencia física concreta para poder empezar a traballar na nosa lingua nas aulas. Aí estivo el, nesa batalla. Como en tantas outras. Construíndo un futuro partindo dun presente que cumpría, que cómpre, mellorar, organizando e creando equipos de Normalización Lingüística ou o que fose necesario facer para con- seguir o que se quería conseguir. Se hoxe temos todo iso, galego na escola, materiais dignos na nosa lingua con rigor científico, etc., é porque antes, en tempos máis heroicos por difíciles, el e outros coma el asumiron, por conta propia e por pura xenerosidade e amor por este país, poñer o seu talento, creatividade e esforzo a prol da normalización lingüís- tica na escola (hoxe tan cuestionada, incriblemente cuestionada, inxustamente cuestionada), a didáctica da lingua (para dotar o ensino do galego dun status pedagóxico semellante ao das outras linguas instauradas dende moito antes no sistema educativo), ou Lord Byron por escribir catro letras máis ou menos afortuna- das (ou mesmo catro letras pouco afortunadas pero publicadas). Agustín, que asinou algunhas das mellores páxinas da literatura (e non digo da nosa LIX, digo da literatura galega e universal, xa antes o expliquei) vive aínda instalado nesa actitude tranquila e, repito, humilde, que fai que o vexamos como o que realmente é: un grande. Mais non é do meu veciño co que comparto o supermercado da rúa García Barbón, ou do que lle fai festas á miña peque- rrecha cando nos vemos na rúa ou no parque, de quen lles vou falar aquí, aínda que moito me apeteza (deixarémolo para o xantar de despois), senón do escritor, do seu traballo e dunha traxectoria e dun proxecto global que se vai tecendo, como ben di na frase que escolleu para abrir o seu espazo na rede, cos fíos da vida. Agustín Fernández Paz deu en diplomarse en Enxeñería Industrial, mais axiña reconverteu o seu camiño cara ás terras do ensino, licenciándose en Ciencias da Educación e exercendo como profesor de Lingua Galega. Unha vez puiden ver, xunto a un grupo abraiado de rapazas e rapaces tan fascinados coma min diante do que estabamos contemplando, os planos do pazo onde transcorre a trama de Corredores de sombra. Agustín sacara alí o señor técnico que quizais, aínda que só fose por unha cuestión de formación, algunha vez foi, e amosounos os cuartos, as esca- leiras, as estruturas dun mundo que nacera do seu maxín pero que tamén se materializara sobre papeis xigantescos que, como el explicou, necesitaba ter diante para ser quen de escribir con xeito a historia que quería contar. Cando tal vin, un sábado pola mañá nun colexio de Santiago onde a ambos os dous nos premiaron co Frei Martín Sarmiento (un dos galardóns máis gorentados polos que a isto nos dedicamos, porque son os propios escolares, sen que un se presente, quen o dá), lembrei iso da enxeñería e da construción e das máquinas e das estruturas que un Agustín mozo estudara. E pensei que probablemente o mundo perdera
  • 6.  positivo, converténdose a escola, nas historias que literariamente vai tecendo, xa non nun lugar de sufrimento, como sen dúbida na súa nenez e primeira mocidade se entendía e padecía, senón nun lugar onde o coñecemento, o intercambio e o camiño cara á luz é posible. O profesor, o mestre, aparece, en moitas obras do noso autor, concibido como un adulto liberador, que cre noutra realidade mellor, que sabe que a mocidade é semente de futuro e que cómpre fertilizar ben esa terra aínda virxe para que dea o seu froito doce, e que aposta por conxugar a linguaxe do corazón para superar o pasado, entendelo ou, en calquera caso, para axu- dar os máis novos a imaxinar, e levar á práctica, un futuro. Nas novelas e relatos de Fernández Paz espérannos mestres ou profesores, ou en xeral adultos que, nutridos fortemente polos libros e as historias que viven neles, actúan como pedagogos, no senso máis clásico do termo, levando da man a outros máis novos e, daquela, alimentando os cerebros e as emocións dos que viven desexosos de atopar mans que os guíen, brazos que os aperten e ollos que os miren. En definitiva: desexosos de entrar en con- tacto coa sabedoría. No fin de contas, educar, en grego, significa ‘levar da man’. Sócrates concibía así o acto maiéutico de dar a luz a verdade. Logo, o seu discípulo Platón explicouno do mesmo xeito no famoso e hoxe tan actual Mito da Caverna: un adulto, xa formado e xeneroso, axuda, levando da man a quen aínda non sabe, cara á saída da escuridade, onde se pode contemplar o Ben, a Beleza e a Xustiza. Así entende o noso autor a educación, como un exercicio de acompañamento, de camiño común, de guieiro compartido entre toda a sociedade que, como reza o vello dito, é necesaria como tribo completa para educar un só neno ou unha soa nena. E el, así entendido este labor que desenvolveu durante toda a súa vida docente, foi tamén, e con letras grandes e gregas, un Pedagogo, un Educador (que o meu fillo, manda truco na Habana, perdeu por esa excentricidade súa de se xubilar antes de tempo), alguén que fixo da Lectura e dos Libros trabe esencial do seu concepto da ensinanza. Alguén que sabe que o verdadeiro o fomento da lectura, entre outros moitos labores que Agustín, con outros, botou a andar, e practicou con amor e entrega dende as catro paredes da súa aula pechada ao mundo, pero aberta ao bendito soño dun país orgulloso de seu e normal. Froito de toda esa batalla, dese esforzo intenso, maquetando á man cada páxina, como o propio Agustín nos contou un día case de verán de 2012, cando un grupo de amigos e amigas lle fixeron unha homenaxe en Vigo, naceu o xa mítico O noso galego, cando comezaba a década dos oitenta do século pasado. Agustín Fernández Paz, como o xa citado Suso Jares, como Herminio Barreiro, como Antón Costa Rico, e tantos outros que agora non podemos traer aquí e que eran homes de acción —por tanto, perigosos para o Réxime—, soñaban xa non só unha edu- cación en galego, senón, tamén, outra educación, outro xeito de facer as cousas logo de corenta anos entendendo as aulas como a casa dun discurso aterrador, cando non por veces aberrante, preñado de mestres todopoderosos na súa moitas veces impuni- dade bárbara e torturadora, sempre opresiva. Un tipo de escola, a franquista, autoritaria, militarizada, represora, ensotanizada, se me permiten a invención da palabra, que tamén o propio autor padeceu, como nos lembra no seu libro O rastro que deixamos (aínda que con fermosas excepcións), cando nos di, para exem- plificar como se aplicaba aquel vello e espantoso adagio “de a letra con sangue entra”: Todos os mestres pegaban moito. Uns por rutina, outros por sa- dismo. Un deles fomentaba a violencia entre nós e parecía gozar co que hoxe chamariamos “acoso escolar”. Agustín Fernández Paz vai facer, diante desta memoria dos pro- fesores,convertido el en profesor,pero tamén en escritor,un exer- cicio de xustiza poética… mais ao revés, facendo que aparezan en moitas das súas obras, precisamente, a figura do mestre, do profesor, un personaxe que adoita estar asociado a un elemento
  • 7.  e deixar atrás a escuridade (os corredores de sombra, os aires negros, as noites de voraces sombras que sempre nos ameazan e dos que se sae vitorioso, coma das gadoupas do dragón Smaug ou dos centros escuros dos labirintos). Agustín Fernández Paz é un escritor de éxito. Un autor que conseguiu materializar o que todos os que escriben ambicionan dende o máis profundo: que o exercicio absoluto de comunica- ción, que é escribir (sexa ficción ou non) e publicar, se produza, é dicir, que chegue aos lectores. Porque ninguén escribe para si mesmo. Ninguén deita palabras nun papel, ou na interface do computador ou a tablet, sen aspirar a que alguén o lea. O desexo pode ser incluso inconsciente. Mais, cando un escribe libros, e sobre todo, cando un escribe libros sabendo que ten milleiros de seguidores esperando con devoción un novo texto, daquela é cando podemos falar de éxito. Porque o éxito literario non ten que ver con publicar un libro e que se venda moito. Hai centos de exemplos na historia da literatura de autoras e autores dun único, ou de poucos, libros ben tratados polo mercado. Eses, en- tendemos, non son autores de éxito. Escritor de éxito é Agustín, que ten unha lexión de seareiros agardando por el, dispostos a achegarse ás librerías para mercar ese novo agasallo saído da súa vizosa imaxinación. Sobre isto, cómpre sinalar dúas cousas. En primeiro lugar, que aínda que é ben certo que a nosa Li- teratura Infantil e Xuvenil goza de moi boa saúde, tamén en ven- das (sendo maior o seu peso na nosa comunidade —13 por cento da edición global— ca na media do sector, 7 por cento), non o é menos que temos unha dependencia do ensino e da prescrición educativa excesiva e insá, se o que queremos é ter un sistema lite- rario normalizado onde a xente vai ás tendas de libros e merque o que lle interesa, obriguen ou non a lectura dende as aulas. E sendo iso así, podemos afirmar, e temos dabondo datos e intuicións para corroborar o que dicimos, que o noso autor é dos poucos, dos pouquísimos, que son quen de rachar con esa inercia. Os éxito educativo non é só que os estudantes nosos non fiquen tan abaixo na clasificación de informes coma o PISA, senón que o éxito ten que ver, tamén, con facer xente lectora. E para iso cómpre que inventemos unha Nova Escola. Esa nova escola que Agustín Fernández Paz quería, tiña que aparecer e,como as estruturas de poder existentes daquela (e semella ás veces que tamén as de hoxe) non querían (pois sabían que unha escola ben feita e ben pensada e ben traballada e ben ideada pode Cambiar o Mundo, porque sabían que o ensino é algo importante, que é un Axente Revolucionario), pois que había que facer como cando se escribe: inventala a pesar de todo, sacala do nada, poñela fóra. Por iso el vai estar no equipo fundacional da Nova Escola Ga- lega e na organización das primeiras xornadas pedagóxicas que se van celebrar polo país adiante preñadas dese espírito de renovación e de movemento e de necesidade de saír da quietude que a sociedade posfranquista demandaba e que o corazón grande de Agustín pedía con máis forza aínda. E nesa batalla por unha escola nova, pola renovación peda- góxica e en galego, estivo Agustín dende o primeiro momento. Batallando. Pelexando. Porque el, unha das persoas que máis tranquilidade me transmite no mundo, no seu falar, no seu mirar e incluso no seu xeito de rir (transmite tranquilidade malia terse definido en máis dunha e de dúas ocasións como un depreda- dor… pero da realidade), nunca esquivou as batallas. Estivo na do galego nas aulas en tempos aínda de incomprensión e belixe- rancia contra nós. Ou berrando Nunca Máis cando pasou aquela grande aldraxe. Ou recentemente, dicindo non á LOMCE nas rúas. El sabe que o noso compromiso máis importante é aquilo que dicimos e aquilo que escribimos… mais tamén aquilo que calamos. Quizais por iso, tamén nas súas obras se destila o com- promiso coa liberdade, coa procura dos propios camiños co peito afouto. Sendas que, en moitos casos, veñen envolvidas e alumea- das, xa o anunciamos antes, polos libros, tan presentes nas súas obras como vehículo seguro para abrir a razón, activar a utopía
  • 8.  só citar uns poucos, pero cun currículo así o pouco é moito, por ese libro delicioso a medio camiño entre as memorias e a decla- ración de amor ás cousas que lle gustan (refírome a O rastro que deixamos), de momento, o Fervenzas Literarias e o Ánxel Casal da AGE. Por outra banda, e para ser xustos nesta relación de loureiros, convén que digamos que algunhas das súas obras están incluídas na prestixiosa Lista de Honra da IBBY que recoñece os cin- cuenta mellores libros publicados no mundo cada dous anos (o xa citado Contos por palabras, no ano 1992), ou The White Ra- vens (da Internationale Jugend Bibliothek) pola obra Aire negro que, en 2001 atesouraría tamén o Protagonista Jove, ademais de entrar, de novo, na Lista de Honra da IBBY. Á súa vez, impor- tantes colectivos culturais recoñeceron o seu traballo con distin- cións honoríficas, como a Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega, a Federación de Libreiros, a Universidade de Vigo (onde ingresou como doutor Honoris Causa en 2013), a Asociación Galega de Editores, ou a Asociación Galega do Li- bro Infantil e Xuvenil (GÁLIX), que teño a honra de presidir e que o nomeou Socio de Honra en outubro de 2012. En definitiva, premiamos hoxe un autor que xa estará far- to de que lle digan, como frase que lle collemos prestada para sempre e que metemos no corazón, que pensa que “o único que queda é o amor”, título dun dos seus máis galardoados libros e que xa antes citamos (levou o Frei Martín Sarmiento 2009, o da AELG á mellor obra de Literatura Infantil e Xuvenil do ano 2007, o Neira Vilas 2007 da Asociación de Editores Galegos e o xa referido, ao ano seguinte, Premio Nacional do Ministerio). Premiamos hoxe un escritor e home de verdade, fiel á memoria, á súa, á dos devanceiros. Un home, tamén, cos ollos no futuro pero que sabe, como os realmente grandes, que só se pode construír un futuro tendo os pés ben chantados no que algún día fomos. Por iso, teño que rematar a miña intervención citando o noso homenaxeado, cando escribiu: lectores e lectoras de Agustín Fernández Paz sono porque son lec- tores e lectoras de Agustín Fernández Paz, independentemente ou non do que aconteza dentro dos plans de estudo. E a segunda cousa que cómpre sinalar en relación ao éxito do noso escritor hoxe homenaxeado é que, se algún de vostedes se dedica a escribir, ten que negarse a que o conviden a asinar nunha feira ou nalgún sitio se hai que facelo a carón deste home. A min pasoume hai anos na Feira do Libro de Vigo. Se xa é humillante ver que pasan as horas e ninguén se achega para que lle asines o libro, peor é compartir espazo con Agustín e termi- nar ordenándolle o tráfico de fans para que poida atendelos a todos… Sei ben do que lles falo, porque iso mesmo tiven que facer unha vez. Agora que entramos neste apartado do éxito, do éxito real e de verdade, debemos dicir que o home que hoxe recibe o Premio Trasalba atesoura os máis cobizados da nosa literatura e algúns tamén de alén das nosas fronteiras. Así, ademais dos xa citados Frei Martín Sarmiento (por Corredores de sombra, en 2006), o Nacional de Literatura do Ministerio de Cultura (por O único que queda é o amor, en 2008) ou o Iberoamericano, no seu patri- monio de galardóns atopamos outros ben importantes como o Merlín (en 1989, por As flores radiactivas), o Lazarillo (en 1990, por Contos por palabras), o Rañolas (en 1995, por Cartas de inver- no, recentemente reconvertido en novela gráfica en colaboración co ilustrador Antonio Seijas) ou o Raíña Lupa (en 1998, por Cos pés no aire), entre moitos outros. Mais, por só salientar algúns, porque a lista sería interminable, citaremos tamén o Edebé de Literatura Xuvenil, en 1994, por Trece anos de Branca; O Barco de Vapor, en 2003, por O meu nome é Skywalker; o Edebé de Literatura Infantil en 2005, por A escola dos piratas; ou varios por Non hai noite tan longa (o Fervenzas Literarias, o Ánxel Casal ao libro de ficción, o Irmandade do Libro, o Losada Diéguez…, todos en 2011), o da AELG, o Losada Diéguez e o da Crítica, en 2012 a Fantasmas de luz… e, para ir rematando, que prometemos
  • 9.  Os fíos cos que vou urdindo as miñas historias teñen a súa orixe nos anos da infancia, nunha Vilalba onde aprendín a nomear o mundo: nos contos que escoitei, nos libros e tebeos que lin, nas películas que vin nuns cines que xa non existen, nos fríos días escolares e nas aventuras daqueles veráns luminosos e eternos… Todo segue alí, nas paisaxes gardadas na miña memoria. En Vilalba aprendiches a nomear o mundo. En Trasalba no- meamos o teu mundo, o que nos agasallas en cada historia, en cada reflexión, en cada conversa pola rúa, as que deches xenero- so nas aulas e que o meu fillo grande perdeu. Hoxe nomeámos- te, Agustín Fernández Paz, Premio Trasalba 2014. E damos grazas a aqueles cines que xa non existen por alimentarte, a aqueles tebeos (aínda non lles dicían banda deseñada) que che fixeron ser o home que hoxe es, a aqueles contos que che conta- ron e que logo ti nos contaches mellor aínda, por regarte coma árbore rexa, cos pés enraizados na terra galega, coma o pinsapo de don Ramón, mais co corazón e a razón no mundo da fanta- sía. Parabéns, Agustín z