SlideShare a Scribd company logo
1 of 160
UNIDADE 1. A PREHISTORIA
0. Introdución
a Prehistoria
• A Prehistoria divídese en tres etapas: Paleolítico,
Neolítico e Idade dos Metais.
• No Paleolítico (a primeira etapa da Prehistoria), a
humanidade vivía da caza, da recolección e era
nómada.
• No Neolítico, aprendeu a domesticar animais e cultivar
a terra, e volveuse sedentaria. Xurdiron os primeiros
poboados e actividades como o tecido e a cerámica.
• Na Idade dos Metais, o ser humano aprendeu a arte da
metalurxia. Isto abriralle paso ás primeiras civilizacións.
PREHISTORIA
PALEOLÍTICO
3.500.000 /2.500.000 anos Australopithecus
(Homínido)
2.300.000 Homo habilis a.C. (primeiros utensilios)
1.900.000 a.C. Homo erectus (lume)
150.000 a.C. Homo neanderthalensis (primeiros
enterramentos)
120.000 a.C. Homo sapiens Sapiens (primeiras
mostras de arte)
NEOLÍTICO
8.000 a.C. Agricultura
7.000 a.C. a 5.000 a.C. difusión da agricultura cara
Europa
5.500 a.C. Primeiras culturas neolíticas na
Península Ibérica
IDADE DOS
METAIS
2.500 a.C.-1.800 a.C. Idade de Cobre ou Calcolítico
1.800 a.C.-1.000 a.C. Idade de Bronce
1.000 a.C. Idade de Ferro
Cronoloxía da prehistoria na Península Ibérica
Paleolítico 800.000-VII milenio a.C.
Neolítico VII milenio a.C.-3.000 a.C.
Idade de Cobre 3.000 a.C.-1.700 a.C.
Idade de Bronce 1.700 a.C.-1.000 a.C.
Idade de Ferro
e civilizacións
protohistóricas
I milenio a.C.
0. Os primeiros seres humanos
0.1. O proceso de hominización
• Os cambios que converteron aos primates en seres humanos foron lentos e
complexos. Os fósiles atopados permítennos coñecer a evolución:
• O primeiro paso foi a posición vertical e marcha bípede (maior campo de
visión e autonomía da man)
• Mantemento da cabeza en equilibrio: aumento da capacidade cranial e, con
iso, desenvolvemento do cerebro.
• As mans usáronse para a fabricación de utensilios.
• O uso do lume e dos útiles para abrandar e cortar os alimentos deu lugar á
diminución do tamaño das mandíbulas e dos dentes e á aparición do
queixo e da fronte plana.
• Incremento da intelixencia e comunicación (linguaxe).
• Traslado de coñecemento a outras xeracións.
PRIMEIROS HOMÍNIDOSHai 7 millóns de anos
AUSTRALOPITHECUS
Hai 4
millóns
de anos
AUSTRALOPITHECUS
ROBUSTUS
AUSTRALOPITHECUS
AFRICANUS
Hai 3
millóns
de anos
XÉNERO HOMO
HOMO HABILIS
Hai 2
millóns
de anos
Hai 1
millón
de anos
500.000 anos
40.000 anos
HOMO ERGASTER
HOMO ERECTUS
HOMO
ANTECESSOR
HOMO HEIDELBERGENSIS
HOMO NEANDERTHALENSIS
HOMO SAPIENS
Fte. E. Carbonell e R. Sala: Planeta humano.
Dos primates ao ser humano actual?
Dos primates ao Homer Sapien
0. A evolución humana
• O Australopithecus (3.500.000 anos) era un homínido situado entre os
grandes primates e o ser humano. Xa era bípede e utlizaba utensilios
(paus, pedras) para axudarse nos seus labores, pero non os fabricaba de
forma consciente.
• O primeiro que tivo este comportamento e que, xa que logo, se considera o
primeiro humano foi o Homo habilis (2.300.000 anos).
• O Homo erectus (1.900.000 anos) tiña xa un cerebro máis desenvolvido e
camiñaba erguido.
• Seguidamente atopamos ao Homo neanderthalensis (150.000 anos) e,
finalmente, o Homo sapiens sapiens (120.000 anos).
• Despois dun período onde conviviron, o Home neanderthalensis
desapareceu pola superioridade do Homo sapiens sapiens, que ten o
aspecto físico, o volume e a complexidade cerebral do ser humano actual.
HOMÍNIDO/HOMO CRONOLOXÍA CONTINENTE TALLA/PESO CARACTERÍSTICAS
Australopitecus afarensis
Homínido bípedo.
3.500.000 África
Oriental (Rift
Valley)
Macho: 1,40 m. 40 kg
Femia: 1,10 m. 30 kg
450 cm3
Posición bípeda.
Usa instrumentos de
pedra pero non os
fabrica.
Non sabe falar.
Homo Habilis 2.300.000 África Oriental Macho: 1,30 m. 50 kg
Femia: 1 m. 40 kg
800 cm3
Fabrica instrumentos de
pedra (seixo afiado-
chopper)
Homo Erectus 1.600.000 Toda África e Asia Macho: 1,70 m. 70 kg
Femia: 1,30 m. 60 kg
1.000 cm3
Parece que hai un
antecesor africano:
homo ergaster (lago
Turkana).
Pedra de sílex (bifaz).
Cazarías en grupo.
Uso do lume.
Homo Neanderthal 200.000 anos Europa
Península Ibérica
(hai 90.000 anos)
Macho: 1,65 m. 75 kg
Femia: 1,50 m. 65 kg
1.500 cm3
Antecedentes:
Antecessor (800.000
anos) e Heidelbergensis
(600.000)
Especialización de
instrumentos de sílex
(frecha, raspadeira,
perforador...).
Primeiros
enterramentos.
Homo Sapiens 200.000 anos Tódolos
continentes
Europa (hai 40.000
anos)
Macho: 1,75 m. 70 kg
Femia: 1,60 m. 50 kg
1.450 cm3
Apareceu en África
oriental e de aí cara a
todos os continentes.
Europa 40.000 anos.
Útiles de óso e hasta
(propulsor, arpón...).
Primeiras
manifestacións
artísticas.
Jean-Jaques Annaud. En busca do lume (1981)
1. O Paleolítico
• Os recentes descubrimentos arqueolóxicos na
Península confirman que estaba habitada por
grupos do xénero Homo hai case un millón de
anos.
• Estes primeiros seres humanos evolucionaron
dunhas sociedades cazadoras e colleiteiras
(Paleolítico) a outras produtoras de alimentos
(Neolítico), que descubriron a fundición e mais
a aliaxe dos metais (Idade dos Metais).
O Paleolítico: de Atapuerca ao Homo Sapiens
• Os restos máis antigos de seres humanos
na Península foron atopados no
xacemento ou depósito da Gran Dolina,
na serra de Atapuerca (Burgos). Estes
achados descubriron un conxunto de
restos humanos (86 fósiles pertencentes a
seis individuos) cunha antigüidade duns
800.000 anos.
Xacemento da Serra de Atapuerca (Burgos)
Sima dos Ósos
Gran Dolina
Sima Elefante
Xacemento da Serra de Atapuerca (Burgos)
1. O Paleolítico: de Atapuerca ao Homo Sapiens
• Os arqueólogos chegaron á conclusión de que
se trataba dunha nova especie de orixe africana
á que lle chamaron Homo antecessor
(“explorador”), un antepasado común tanto do
Homo sapiens, nado tamén en África, como do
Homo neanderthalensis.
• O homo antecessor era moi parecido ao Homo
sapiens e presentaba unha capacidade cranial
que podía superar os 1.000 cm3
.
Homo antecessor
1. O Paleolítico: de Atapuerca ao Homo Sapiens
• En Atapuerca na Sima dos Ósos, identificáronse 32
individuos pertencentes ao Homo heidelbergensis, de
350.000 anos de antigüidade.
• Do seu sucesor, o Homo neanderthalensis atopáronse
restos de hai 45.000 a 35.000 anos noutros lugares da
Península.
• O Homo neanderthalensis tiña un aspecto moito máis
robusto (cellas promientes, fronte fuxidía e grandes
mandíbulas) e presentaba unha capacidade cranel de
1.500 cm3
. A chegada a Europa do Homo sapiens tivo
lugar hai uns 40.000 anos e implicou a extinción dos
últimos neanderthales.
Paleolítico Inferior
(800.000-90.000 a.C.)
Paleolítico Medio
(90.000-35.000 a.C.)
Paleolítico Superior e
Epipaleolítico
(35.000-5.000 a.C.)
Homos
Hábitat e
útiles
Homo Antecessor e Helibergensis
en Atapuerca.
Habitaban en abrigos das rochas e
campamentos ao aire libre.
Croios golpeados para obter gume e
bifaces. Achelense.
Habitado polo Homo
neanderthalensis, que coñecía o lume
e vivía en covas.
Instrumentos de sílex: raedeiras,
raspadeiras, puntas, denticulados,
coitelos... Musteriense,
Habitado polo Homo Sapiens, moi
parecido á especie actual.
Perfeccionamento da industria
lítica. Solutrense, Magdaleniense.
Diminución do tamaño e uso do óso
e hasta.
Aparición da arte rupestre e
mobiliar.
Xacementos
importantes
Atapuerca (Burgos)
Torralba e Ambrona (Soria),
abundantes restos de elefantes,
rinocerontes, cabalos, cervos, bois...
Bolomor (Valencia)
Galicia: Piteira (Toén), Gándaras de
Budiño (O Porriño), Camposancos
(A Guarda)
Covas nas zonas montañosas: El
Castillo (Cantabria), Lezetxiki
(Guipúscoa), Peña Miel (A Rioxa),
L’Abreda (Xirona), Xibraltar.
Cova de Morín (Cantabria), na que se
documentou a práctica de rituais
funerarios.
Galicia: Cova de Eirós (Triacastela)
Altamira (Cantabria)
Tito Bustillo (Asturias)
Parpalló (Valencia)
Santimamiñe (Biscaia)
Urtiaga (Guipúscoa)
Galicia: Prado do Inferno (Muras),
Pena Grande Férvedes (Xermade),
cova Valvadara (Becerreá).
Fte. Historia de España 2º Bacharelato. Vicens Vives
Fte. Ed. Vicens Vives
Paleolítico: elaboración dun biface
Fte. Ed. Vicens Vives
Cova de Eirós
(Triacastela)
1.1. Paleolítico: a arte rupestre
• Forte presenza na Península Ibérica.
• Paleolítico Superior.
• Distinguimos dúas zonas:
• Cantábrica e levantina.
1.1. Paleolítico: as pinturas rupestres
• A península Ibérica foi rica en arte rupestre. Destacan
dúas zonas: cantábrica e mediterránea ou levantina.
• Na zona cantábrica predomina a representación
naturalista de animais, normalmente illados e de cores
vivas. Salienta a cova de Altamira (Cantabria),
considerada unha das mellores do mundo en pintura
rupestre.
• A zona mediterránea ou levantina aparecen escenas de
grupo cunha técnica máis esquemática, que adoitan
representar a vida cotiá (caza, recolección...) e están
pintadas cunha soa cor.
Fte. Ed. Vicens Vives
Aspectos Cantábrica Levantina
Cronoloxía A partir do 30.000
a.C.
A partir do 6.000
a.C.
Características
xerais
Naturalista Esquemática
Cores Policromada con
cores vivas
Monocromática
Exemplos de covas
e abrigos
Altamira, Tito
Bustillo, El Castillo
Valtorta, Cova da
Araña, Cogul
Temas Animais illados. Non
aparece a figura
humana
Escenas grupais
(danza, caza,
recolección).
Aparece a figura
humana
Bisonte de Altamira
Reprodución sala dos bisontes
de Altamira
Silueta de mans. Cova de El Castillo
(Cantabria)
Abric dels Cavalls
Barranc de la Valltorta (Castellón)
Cova de Cogul (Lleida)
6.000 a.C.
2. O Neolítico
• Cara ao ano 6.000 a.C. xurdiron na
Península Ibérica as primeiras
comunidades neolíticas, debido, seica, á
difusión polas costas mediterráneas de
correntes culturais procedentes de Oriente
Próximo e tamén á progresiva evolución
das culturas autóctonas en contacto con
estas novas influencias.
Fte. Fisterra 1º ESO. Vicens Vives
Fte. Ed. Vicens Vives
Fte. Fisterra 1º ESO. Vicens Vives
Fte. Ed. Vicens Vives
2. O Neolítico: a produción de alimentos
Novos útiles e técnicas
• Apareceron novos instrumentos como a fouce,
a aixada, a machada, o muíño.
• Unha técnica nova: a pedra puída.
• A cerámica (de forma manual aínda non se
utiliza o torno).
• Tecidos: fuso e tear.
• Xoias: minaría de pedras semipreciosas.
Fte.Ed. Vicens Vives
2. O Neolítico: características
comparación co período anterior: Paleolítico
• Estas comunidades, a diferencia do Paleolítico que eran
sociedades predadoras, iniciaron a produción de
alimentos (agricultura e gandaría) e a elaboración de
cerámica e tecidos. A práctica de agricultura, coa
necesidade de atender a evolución dos cultivos,
propiciou o sedentarismo e as primeiras comunidades
estables fronte ao nomadismo paleolítico. O instrumento
fundamental sera a pedra pero pasarase do modelo
tallado do Paleolítico ao puído no Neolítico.
• Paralelamente, as estruturas sociais fixéronse máis
complexas como resultado dunha organización do
traballo máis diversificado e a acumulación do
excedente alimentario por un pequeno grupo dentro da
sociedade. Xerarquización social fronte a unha
organización comunitaria do Paleolítico.
Neolítico na
Península
Ibérica
C. Font Major
CULTURA
DOS SEPULCROS
DE FOSA
CULTURA
DE ALMERÍA
2. O Neolítico: etapas
• Distinguimos dúas etapas: Neolítico inicial (6.000-4.000
a.C.) e pleno (4.000-3.000 a.C.).
• Neolítico inicial (6.000-4.000 a.C.)
• Esta primeira fase desenvolveuse fundamentalmente ao
redor do Mediterráneo e, sobre todo, na costa valenciana
(cova da Sarsa, cova de l’Or), aínda que tamén son
relevantes as covas de Nerja (Málaga) e da Font Major
(Tarragona).
• Os asentamentos son fundamentalmente covas e
identifícanse pola presenza de cerámica cardial, chamada
así pola súa decoración con cunhas de molusco (cardium
edule) e pola aparición dos primeiros utensilios relacionados
cos traballos agrícolas (machadas, aixadas de pedra puída,
fouces, muíños de man.
• Existen evidencias de que cultivaban trigo, cebada e
leguminosas e de que domesticaban animais, especialmente
ovellas e cabras.
Cerámica
Cardial l’Or Alcoy (Valencia)
2. O Neolítico: etapas
• Neolítico pleno (4.000-3.000 a.C.)
• Entre o cuarto e terceiro milenio a.C.
desenvolveuse unha segunda fase destas
comunidades agrícolas. Nesta etapa, os
depósitos non se sitúan en zonas montañosas,
senón que ocupan as terras fértiles e ben
regadas dos solos chans, nos que se
construíron poboados estables. Nesta época, o
Neolítico tamén se expande polo interior da
Península con asentamentos nas dúas mesetas,
no val do Ebro e o norte e noroeste peninsular.
Cerámica almagra
Zuheros (Córdoba)
Asociada á Cultura de Almería
(Neolítico pleno)
Poboado neolítico de El Garcel (Almería)
Asociado á Cultura de Almería (Neolítico pleno)
2. O Neolítico pleno
• No sueste peninsular destacan os xacementos de La Carigüela
(Granada) e a chamada cultura de Almería, con vivendas
circulares. Un elemento identificador desta cultura constitúeo a
proliferación de sepulturas organizadas por primeira vez en
necrópoles.
• No nordés peninsular desenvolveuse a denominada cultura dos
sepulcros de foxa, onde os defuntos eran enterrados en foxas
escavadas no solo, en cistas ou sepulcros de corredor e
acompañados dun enxoval funerario. O achado de obxectos de
prestixio nalgunhas das tumbas incide na existencia, como
indicamos na introdución, da xerarquización social. Entre os
obxectos aparece a variscita, unha pedra de cor verde coa que se
elaboraban ornamentos. Este mineral amosa a existencia de
actividades mineiras e do seu comercio a longa distancia.
• En Galicia a aparición do neolítico asóciase ás primeiras
manifestacións de petróglifos e megálitos aínda que estes
plenamente pertencen a un período posterior (Idade dos Metais).
Cultura sepupulcros de foxa
(Neolítico pleno)
Paraxe Bòbila de Madurell
(Sant Quirze del Vallès)
Minas neolíticas
de Can Tintoner
(Gavà),
as minas en
galería máis
antigas de
Europa,
Imaxe inferior:
mineral de
variscita.
Imaxe dereita
colar
3. A Idade dos Metais
• A metalurxia iniciouse no Oriente
Próximo contra o V milenio a.C.
• O primeiro mineral coñecido foi o
cobre (5.000 a.C.), pero era moi
brando e os utensilios deformábanse
moi rapidamente.
3. A Idade dos Metais
• Séculos máis tarde, algúns artesáns
comezaron a mesturar o cobre co estaño e
obtiveron o bronce (3.000 a.C.), un metal
duro e cortante que podía substituír á
pedra. Fabricáronse obxectos e armas
para os máis poderosos.
• Cara o II milenio a.C. comezouse a
traballar o ferro, un metal excelente para
as armas e os utensilios agrícolas.
METALURXIA CRONOLOXÍA
Cobre 5.000 a.C. (Península Ibérica 3.000-
1.700 a.C.)
Bronce 3.000 a.C. (Península Ibérica 1.700-
1.000 a.C.)
Ferro 2.000 a.C. (Península Ibérica a partir
do 1.000 a.C.)
Fte. Ed. Vicens Vives
• Os primeiros útiles fixéronse golpeando os metais
(cobre) en frío. Pero a verdadeira metalurxia aparece
cando se empeza a utilizar a forxa. Ao bater no metal
aplicábaselle lume e calor o que permitía modelalo
mellor.
• Unha nova fase comeza coa fundición consistente en
fundir o metal (bronce) e darlle a forma desexada
verténdoo en moldes.
• Finalmente coa siderurxia (ferro) a tecnoloxía fíxose
máis complexa precisando de altas temperaturas.
3. A Idade dos Metais
• A metalurxia era un traballo duro. Precisaba de
especialización. Foi, quizais, o primeiro oficio
polo que os artesáns recibían alimentos a cambio
dos seus produtos.
• Foron aparecendo outros oficios (xoieiros,
ferreiros, ceramistas...).
• A produción estimulou o comercio que mellorou
coa mellora nas técnicas de navegación e o uso
da roda.
3. A Idade dos Metais
Novidades no
transporte
durante a Idade dos
Metais
Fte. Ed. Vicens Vives
• As antigas aldeas neolíticas do Oriente Próximo medraron
considerablemente. Tiñan moitos edificios e murallas
para defenderse, convertéronse en verdadeiras cidades.
• Co desenvolvemento dos oficios especializados aparecen
os grupos sociais diferenciados e determinadas persoas
comezaron a acumular riqueza e poder.
• A existencia de terras cultivadas, rabaños ou obxectos que
podían ser roubados implicou a necesidade de defensa
fronte a pillaxe. Entre os guerreiros que defenden as
cidades nace un caudillo ou rei que goberna a cidade.
3. A Idade dos Metais
Cronoloxía Culturas Localización
Idade de cobre (3.000-1.700 a.C.)
Difusión do megalitismo Galicia e Andalucía
Cultura do vaso campaniforme Centro, sur e
Mediterráneo
Os Millares Almería
Idade de bronce (1.700-1.000 a.C.) Cultura do Argar
Cultura Talaiótica (Taula, Naveta e
Talaiot)
Murcia, Granada e
Almería, costa de Málaga
Baleares (Mallorca e
Menorca)
Idade de Ferro (I milenio a.C.) Cultura do campo de urnas
Tartesos
Colonizacións mediterráneas e
Indoeuropeas (protohistoria):
Fenicios, Gregos, Cataxineses,
Íberos
Cultura castrexa
Toda a Península e
Mediterráneo
Noroeste peninsular
• En Europa a partir do V milenio a.C., nas sociedades
agrícolas máis avanzadas, os seres humanos erixiron uns
monumentos construídos con grandes lousas de pedra que
se denominan megálitos.
• Grandes monumentos megalíticos atopanse diseminados por
Europa, pero os focos máis importantes están na costa
atlántica (onde destaca Galicia) e no norte de África. Un dos
monumentos megalíticos máis importantes é o de
Stonehenge, en Gran Bretaña.
• Existen diferentes tipos de megalitos: menhir, dolmen e
crómlech.
3. A Idade dos Metais
3.1.O Megalistimo
Difusión do megalitismo
Por Europa e norte de
África
Fte. Wikipedia
Fte. Ed. Vicens Vives
Construción
de
megálitos
3. Megalitismo
Menhir ou pedrafita
• Consiste nunha
gran pedra
cravada
verticalmente
sobre o chan.
Crese que podían
ser
conmemorativos
ou unha marca
territorial.
Lapa de Gargantáns (Pontevedra)
Obelix
porteador
de menhires
• É unha cámara
formada por
grandes pedras
verticais que
sosteñen unhas
lousas de
cobertura. Servía
de sepultura
funeraria colectiva.
3. Megalitismo
Dolmen ou mámoa
Dolmen Axeitos
(Ribeira)
Mapa megalitismo
Galicia
Dolmen Pedra da Arca
Cerqueda (Malpica)
Dolmen Dombate
Borneiro (Cabana)
Dolmen Dombate
Borneiro (Cabana)
Dolmen Axeitos
(Ribeira)
3. Megalistimo
Crómlech ou círculos líticos
• Formado por un
conxunto de pedras
verticais e lousas
horizontais dispostas
formando un círculo.
A súa función
podería estar
relacionada con
algún culto agrario
ou solar. Crómlech de Stonehenge (Reino Unido)
Reprodución do
Crómlech de Stonehenge
(Reino Unido)
Fte. Ed. Vicens Vives
Círculo lítico da
Mourela (As Pontes)
lamentablemente
destruído no 2006
coa construción
da autovía de Ferrol-
Vilalba
Círculo lítico do Freixo (As Pontes.
Serra da Faladoira)
Imaxes da dereita
Círculo lítico do monte Lobeira
(Vilanova de Arousa)
• Extremadura e, sobre todo,
Andalucía, son especialmente ricas
polo número e grandiosidade dos
seus megálitos;
• Destacan os de Menga, Viera, Los
Millares, El Romeral e La Pastora.
3. Megalistimo
noutros puntos da Península Ibérica
Menga, Antequera (Málaga)
Dolmen do Romeral
Antequera (Málaga)
3. Idade dos metais
• Cara o III milenio a.C. estendeuse a metalurxia
do cobre. Salienta a cultura dos Millares
(2.300 a.C.), que se orixinou en Almería.
• II milenio a.C., culturas coñecedoras da
metalurxia de bronce, como a do Argar
(Almería) con enterramentos individuais e casas
de pedra e adobe.
• A idade de Ferro (I milenio a.C.) iniciouse coa
chegada de pobos colonizadores do
Mediterráneo (fenicios, gregos e cartaxineses) e
celtas de Centroeuropa.
3. Idade dos metais
Idade de cobre
• O uso de sistema de rega, o fertilizante dos campos e a
introdución do arado reforzaron o papel da agricultura na
alimentación humana e, con iso, a sendentarización.
• As poboacións apegáronse ás súas terras de cultivo e
empezaron a construír poboados amurallados en zonas
elevadas como o de Los Millares (Almería), iniciado
cara o ano 2.400 a.C.
• No exterior situábanse as necrópoles con abundancia de
enterramentos megalíticos colectivos, pero que
presentaban unha acusada diferenciación social nas
tumbas.
Idade de Cobre
Los Millares (Almería)
Reprodución
Fte. Ed. Vicens Vives
3. Idade dos metais
Os petróglifos
• Constitúen a expresión máis característica da arte
rupestre galega. O petróglifo é un gravado feito sobre as
rochas de granito ao aire libre. Teñen formas moi
variadas. Predominan os temas xeométricos como
espirais e círculos concéntricos, mais tamén aparecen
motivos zoomorfos ou antropomorfos sempre moi
esquematizados.
• A maior parte concéntranse nas Rías Baixas
principalmente na de Pontevedra e Vigo, e, sobre todo,
en Campo Lameiro.
• Na Coruña destacamos a parroquia de Louro en Muros.
Petroglifos
Louro (Muros)
Petroglifos
A Pedra da Boullosa
Campo Lameiro
(Pontevedra)
Coto das Sombriñas
Tourón-Ponte Caldelas
(Pontevedra)
3. Idade dos metais
Idade de cobre e bronce
• No paso da metalurxia do cobre á
do bronce, a partir
aproximadamente do ano 2.200
a.C., aparece un novo tipo de
cerámica en forma de campá
invertida (vaso campaniforme),
que se espallou por toda Europa
e que se relaciona co comercio
do metal.
Difusión do vaso campaniforme
Vaso campaniforme de Ciempozuelos (Madrid)
II milenio a.C.Fte. Imaxes Wikipedia
3. Idade dos metais
Idade de bronce
• Cara o ano 1.700 a.C. desenvólvese a metalurxia de
bronce destacando a cultura de El Argar (Almería),
cuxos poboados ocupaban unha ampla zona do sueste
peninsular (Alacante, Murcia, Xaén, Almería e Albacete).
• Estes poboados rodeados de murallas e de torres
defensivas, presentaban un urbanismo moi evolucionado
con estreitas rúas e vivendas rectangulares medianeiras.
• Amosan unha sociedade estratificada, cunha clase
privilexiada (ao redor dun 10% dos individuos) que
gozaría de privilexios e que se distinguen por ter unhas
tumbas cos enxovais máis ricos, entre os cales figuran
armas (alabardas e espadas).
Idade de Bronce
El Argar (Almería)
Reprodución
3. Idade dos metais
Idade de bronce
• Do mesmo período data a cultura talaiótica
das illas Baleares coa construción de murallas
ciclópeas na edificación dos poboados e a
aparición de megálitos con formas peculiares:
• Talaiots (torres de recintos amurallados).
• Taulas (especies de mesas con función incerta)
• Navetas (recintos en forma de nave invertida
con finalidade fueneraria)
Talaiot de Cornia Nou (Menorca)
Taula de Torralba (Menorca)
Naveta de Tudons (Menorca)
• A partir do II milenio a.C. desenvólvese a Idade de
Bronce. A riqueza mineral de Galicia, principalmente en
estaño, favorece a chegada de buscadores de metais
que difundiron a metalurxia.
• Xurdiron moitos focos mineiros e fabricaron moitas
ferramentas de metal e inícianse trocos comerciais con
Bretaña (Francia), Cornualles (Inglaterra), Portugal e
outras civilizacións do Mediterráneo.
• Aparecen moitas alfaias destacando o Tesouro de
Caldas de Reis con numerosas pezas de ouro.
3. Idade dos metais
Idade de bronce en Galicia
Machados de bronce
Saiáns (Vigo)
Tesouro de Caldas
Museo Provincial (Pontevedra)
Caso de Leiro (Rianxo)
Museo Aqueolóxico Provincial
Castelo de San Antón (A Coruña)
Idade de Bronce
• A partir do I milenio a.C. desenvólvese a Idade de Ferro.
• Dende finais do século XI ata aproximadamente o final do
século VI a.C., grupos de pobos indoeuropeos chegaron á
Península polos Pireneos.
• Era xente procedente de centroeuropa cun mesmo substrato
lingüístico: o indoeuropeo. Establecéronse sobre todo en
Cataluña e na Meseta, dende onde se expandiron cara ao
norte e o oeste peninsular.
• Coñecían e introduciron o ferro, tiñan unha economía
baseada na agricultura e mais na gandaría, e algúns
practicaban un ritual funerario consistente en incinerar o
cadáver, depositar as cinzas en urnas e soterralas (campos
de furnas).
3. Idade dos metais
Idade de ferro
Urna da necrópole de
Can Missert (Terrassa)
Idade de Ferro
Asociada á cultura indoeuropea dos
campos de urnas
• A finais do II milenio a.C. e principalmente
no I milenio a.C. foi unha época de
grandes cambios na Península Ibérica.
• A través do Mediterráneo chegaron ás
costas levantinas fenicios, gregos e
cartaxineses.
• Mentres pobos indoeuropeos
penetraban a través dos Pireneos e
establecíanse no norte peninsular.
• Paralelamente, no sur desenvolveuse o
reino de Tartesos.
4. Os pobos prerromanos na Península Ibérica
Ondadas migratorias
e formación dos
pobos prerromanos
I milenio a.C.
Fte. Vicens Vives
• O sur da Península, rico en cobre,
prata e ouro, e estratexicamente
situado na ruta do estaño (que a
través do Atlántico chegaba ao
noroeste peninsular e ás illas
Británicas) foi o lugar escollido por
pobos provenientes do Mediterráneo
oriental (fenicios, gregos e
cartaxineses) para fundar
establecementos comerciais.
4. Os pobos prerromanos na Península Ibérica
Fenicios, gregos e cartaxineses
Fte. Vicens Vives
• Os contactos comerciais entre os
colonizadores púnicos e gregos e
os pobos indíxenas favoreceron
nestas comunidades o
desenvolvemento da agricultura
(difusión do arado, novos cultivos
como a vide e a oliveira...), das
actividade artesanais (torno...) e
da metalurxia do ferro.
4. Os pobos prerromanos na Península Ibérica
Fenicios, gregos e cartaxineses
O Legado dos pobos colonizadores
Agricultura
Difusión do arado.
Novos cultivos (vide, oliveira, esparto)
Artesanía Difusión do torno oleiro
Minaría e
industria
Novas técnicas na minaría
Metalurxia de ferro
Aproveitamento das salinas
Salgadura de peixe
Comercio Contactos comerciais a través do
Mediterráneo
Difusión da moeda
Novas técnicas de navegación
Sociedade e
cultura
Escritura alfabética (fenicia e grega)
Novos conceptos urbanísticos
Novas formas artísticas
Novas deidades
• Os fenicios procedentes de Tiro
(Líbano) fundaron na costa
mediterránea as súas primeiras
colonias, entre as que destaca Gadir
(Cádiz), estendéronse despois pola
costa andaluza : Malaca, Sexi, Abdera...
Controlaron a ruta dos metais (prata,
chumbo e estaño).
• Tiñan alfabeto e divinidades propias.
4. Os pobos prerromanos na Península Ibérica
Fenicios
Reprodución dun gaulos
(embarcación fenicia)
• Procedentes de Massalia (actual Marsella,
creada por gregos de Focea en Asia Menor)
desembocaron na Península Ibérica cara ao
s. VIII a.C., aínda que as súas actividades
non están ben documentadas ata o s. VI a.C.
Fundaron enclaves coloniais como
Emporiom (Ampurias, Girona) e costa
lenvantina dende os cales estableceron
contactos comerciais e culturais cos pobos
indíxenas, que estimularon o
desenvolvemento das súas cidades.
4. Os pobos prerromanos na Península Ibérica
Gregos
Restos arqueolóxicos
de Emporiom
(Ampurias, Girona)
Reprodución dunha
colonia grega
Fte. Vicens Vives
• Algo posterior foi a chegada dos
cartaxineses (s. VI-V a.C.), antiga colonia
fenicia situada na costa da actual Túnez, tras
a conquista de Fenicia polos asirios.
• Fundaron colonias como Ebusus (Eivisa) e
Villaricos (Almería), aínda que Carthago Nova
(Cartaxena) foi o expoñente máis claro do
poder cartaxinés na Península.
• Crearán un novo imperio dirixido pola familia
dos Barca (Amílcar, Asdrúbal, Anibal) que se
enfrontará cos romanos a finais do século III
a.C. (guerras púnicas).
4. Os pobos prerromanos na Península Ibérica
Cartaxineses
Estatuiñas femininas
procedentes da
necrópole cartaxinesa
de Puig de Molins (Ibiza)
• Os historiadores gregos e romanos deixaron constancia escrita
da existencia dun pobo coñecido por este nome. Tivo a súa
expansión entre o 1.000 e 500 a.C. Espallouse por Andalucía
occidental (desembocadura do Guadalquivir) e Extremadura.
Non se atoparon restos de cidades pero si magníficos tesouros
de ouro e prata (El Carambolo, en Sevilla e Aliseda, en
Cáceres).
• Aínda que a base da subsistencia debía ser a agricultura, a zona
era enormente rica en minas de ouro, prata, cobre ou ferro.
Desenvolveron un intenso comercio con asentamentos gregos e
fenicios (perfumes, ámbar, cerámica e xoias).
• A sociedade debía estar dominada por unha aristocracia. Textos
antigos relatan a presenza dun monarca lendario, Argantonio
(século VII-VI a.C.). Coñecían a escritura. No século VI esta
civilización desapareceu por causas descoñecidas (esgotamento
das minas ou dominio cartaxinés).
4. Os pobos prerromanos na Península Ibérica
Tartesos
Tesouro de Carambolo (Sevilla)
Cultura tartésica
Fte. Wikipedia
Pobos iberos
Fte. Vicens Vives
• A cultura ibérica reflicte o impacto fenicio, grego e
tartésico sobre o substrato indíxena. Desenvolveuse a
partir do século VI a.C. na zona costeira do sur e leste
peninsular, penetrando cara o interior polo val do río
Ebro.
• Estaba formada por un conxunto de pobos
independentes pero que mantiñan trazos culturais e
idiomáticos semellantes. Nos seus poboados vivían
hábiles artesáns e agricultores, usaban a moeda e a
escritura, e a sociedade estaba xerarquizada.
• Ademais de restos de poboados, conservamos fermosas
esculturas relacionadas con ritos funerarios e relixiosos
(dama de Elche, dama de Baza, figuras do santuario
do Cerro dos Santos...).
4. Os pobos prerromanos na Península Ibérica
Íberos
Cerámica ibérica
Fte. Vicens Vives
A dama de Elche (V-IV a.C.)
Estatuiña feminina
Castillar de Santiesteban (Xaén)
A dama de Baza (IV a.C.) A dama de Cerro
dos Santos (IV a.C.)
Porcuna (Xaén)
V a.C.
• Sitúase no interior peninsular.
• Os celtas principalmente na parte oeste
das dúas submesetas
• Os celtiberos na parte oriental da meseta
norte.
• Desenvolveron unha agricultura
agropecuaria e fabricaban instrumentos e
armas de ferro e bronce. Falaban un
idioma indoeuropeo pero non coñecían
nin a moeda nin a escritura.
4. Os pobos prerromanos na Península Ibérica
Celtas e celtíberos
Pobos celtas
e celtíberos
Expansión dos Celtas
Verróns chamados Touros de Guisando
(Ávila) IV-I a.C.
Fibelas para o cinto
Fíbulas para unir a vestimenta
Torques para o pescozo
e brazos
Reconstrución
dunha vivenda celtíbera
Numancia (Soria)
Fte. Wikipedia
• Desenvolveuse no noroeste peninsular durante
a Idade de Ferro a partir dun substrado indíxena
da época final do Bronce sobre o que actuaron
influencias culturais indoeuropeas de orixe celta.
O elemento máis significativo será o castro,
poboado defendido por fortificacións que
acollen, no seu interior, construcións domésticas
realizadas en pedra e nas que domina a planta
redondeada. A maioría deles, como o caso do
castro de Elviña, non foron inicialmente
abandonados durante a romanización.
4. Os pobos prerromanos na Península Ibérica
Cultura castrexa
POBO LOCALIZACIÓN XEOGRÁFICA APROXIMADA
ALBIÓNS val do Navia-Eo
ARRÓNS Ortegal-Viveiro
ÁRTABROS (ou Arrotrebas) ría de Ferrol-Betanzos-A Coruña
BAEDIOS Betanzos
BÍBALOS val do Búbal-O Bolo
BRIGANTINOS Bergantiños
CAPOBOS (ou Coporos) entre Padrón e Lugo
CÉLTICOS entre Tambre e Begantiños
CIBARCOS (ou Cabarcos) vales do Masma e o Eo
CILENOS Caldas de Reis-Cuntis
COELERNOS val de Arnoia-Celanova
EGOVARROS-NAMARINOS val do Masma-serra de Meira?
GROVIOS Tui-Baiona
IADONES (ou Iadobes) Ortegal-Bares-Fazouro
LAPATIENCOS ría de Ferrol-Ortigueira
LEMAVOS Terra de Lemos
LÍMICOS Limia
NERIOS Fisterra-Terra de Soneira
POEMANOS Lugo?
PRAESTAMARCOS Barbanza
SEURROS TRANSMINIENSES Alto Ulla-Sarria-Becerreá
SUPERTAMARCOS val do Tambre-Noia
SUSARROS Courel-Cebreiro
TAMAGANOS Monterrei-Val do Támega
POBOS CASTREXOS
LOCALIZACIÓN
APROXIMADA
Pobos castrexos
Localización aproximada
Fte. Proxecto Terra. COAG
• A manifestación máis enxebre da cultura castrexa é o castro.
Os castros celtas son poboados situados en montes e cantís
qu normalmente teñen un acceso complicado. Están trazados
con escaso sentido urbanístico e adoitan estar defendidos por
foxos e sólidas murallas.
• Consérvanse restos de moitos castros en toda Galicia: Sta.
Tegra (A Guarda), Viladonga (Castro de Rei), Baroña (Porto
do Son), Borneiro (Cabana), Fazouro (Foz) ou Elviña (A
Coruña).
• As súas casas son de estrutura circular ou rectangular,
construíanse con pedra e tiñan teito cónico de palla e porta
de madeira. Fóra dispoñína de almacén, forno e muíño de
auga; o gando atábase ás paredes da casa.
4. Os pobos prerromanos na Península Ibérica
Cultura castrexa
Fte. Proxecto Terra. COAG
Fte. Wikipedia
Santa Tegra
(A Guarda)
Santa Tegra
Patrimonio ou merendeiro?
Festa do Monte.
Agosto de 2018
Fte. La Voz de Galicia
Fte. Proxecto Terra.
COAG
Viladonga
(Castro de Rei)
Fte. Wikipedia
Baroña
(Porto do Son)
Fte. Wikipedia
Borneiro
(Cabana)
Fte. Wikipedia
Fazouro
(Foz)
Fte. Wikipedia
Coaña
(Asturias)
Fte. Wikipedia
Castro Bergidum
(O Bierzo)
Fte. Wikipedia
Briteiros
(Portugal)
Fte. Wikipedia
Castro de Elviña Fte. Wikipedia
Castro de Elviña
Imaxe aérea
Castro de Elviña
Fte. Wikipedia
Tesouro de Elviña
Museo Arqueolóxico Provincial
Fte. Concello da Coruña
Reprodución
dun castro
Fte. Vicens Vives
Reprodución
de vivenda
castrexa
Fte. Vicens Vives
4. Os pobos prerromanos na Península Ibérica
Cultura castrexa
• A destreza no traballo dos metais permitiu a
elaboración de xoias, como torques, diademas,
brazaletes que forman parte da ourivaría
castrexa.
• As crenzas relixiosas eran moi diversificadas.
Dábaselles culto ás divinidades protectoras
dos animais e outras relacionadas coa guerra,
os montes, a auga, os bosques e as
encrucilladas de camiños. Os pobos galaicos
non coñecían a escritura, aínda que deles
temos novas a través de historiadores clásicos.
Torque de Xanceda (Oroso)
Estatua sedente
(Xinzo de Limia)Diadema de Ribadeo
Arracada de Berdoias
(Vimianzo) III a.C.
Guerreiro de Lesenho
(Portugal)
Cabeza
(Rubiás-Bande)

More Related Content

What's hot

A evolución humana
A evolución humanaA evolución humana
A evolución humanaAna Urbieta
 
Paleolítico e Neolítico
Paleolítico e NeolíticoPaleolítico e Neolítico
Paleolítico e NeolíticoJosé Ramón
 
Flipbook 6 prehistoria
Flipbook 6 prehistoria Flipbook 6 prehistoria
Flipbook 6 prehistoria begoxin 1
 
Evolucion Humana
Evolucion HumanaEvolucion Humana
Evolucion HumanaAnd
 
Atapuerca(jose e anxo)
Atapuerca(jose e anxo)Atapuerca(jose e anxo)
Atapuerca(jose e anxo)Marga Bio
 
Tema 1.Lecciones 1 2. Prehistoria Peninsular Colonizadores
Tema 1.Lecciones 1 2. Prehistoria Peninsular ColonizadoresTema 1.Lecciones 1 2. Prehistoria Peninsular Colonizadores
Tema 1.Lecciones 1 2. Prehistoria Peninsular Colonizadoresdudashistoria
 
Homo heidelbergensis
Homo heidelbergensisHomo heidelbergensis
Homo heidelbergensisElena
 
Tema 3 2011-a galicia prerromana
Tema 3  2011-a galicia prerromanaTema 3  2011-a galicia prerromana
Tema 3 2011-a galicia prerromanabienesgalicia
 
Unidade 5 Por que comemos de máis?
Unidade 5 Por que comemos de máis?Unidade 5 Por que comemos de máis?
Unidade 5 Por que comemos de máis?nieveslopez
 
Unidade 8 Que é a cultura
Unidade 8 Que é a culturaUnidade 8 Que é a cultura
Unidade 8 Que é a culturanieveslopez
 
Xenealoxia humana
Xenealoxia humanaXenealoxia humana
Xenealoxia humanasignoluilli
 
Evolución humana nova
Evolución humana novaEvolución humana nova
Evolución humana novaAna Urbieta
 

What's hot (20)

A evolución humana
A evolución humanaA evolución humana
A evolución humana
 
Paleolítico e Neolítico
Paleolítico e NeolíticoPaleolítico e Neolítico
Paleolítico e Neolítico
 
Flipbook 6 prehistoria
Flipbook 6 prehistoria Flipbook 6 prehistoria
Flipbook 6 prehistoria
 
El paleolitico
El paleoliticoEl paleolitico
El paleolitico
 
Prehistoria
PrehistoriaPrehistoria
Prehistoria
 
Evolucion Humana
Evolucion HumanaEvolucion Humana
Evolucion Humana
 
A prehistoria
A prehistoriaA prehistoria
A prehistoria
 
Paleolítico
PaleolíticoPaleolítico
Paleolítico
 
Paleolítico
PaleolíticoPaleolítico
Paleolítico
 
Neolítico e idade dos metais
Neolítico e idade dos metaisNeolítico e idade dos metais
Neolítico e idade dos metais
 
Atapuerca(jose e anxo)
Atapuerca(jose e anxo)Atapuerca(jose e anxo)
Atapuerca(jose e anxo)
 
Tema 1.Lecciones 1 2. Prehistoria Peninsular Colonizadores
Tema 1.Lecciones 1 2. Prehistoria Peninsular ColonizadoresTema 1.Lecciones 1 2. Prehistoria Peninsular Colonizadores
Tema 1.Lecciones 1 2. Prehistoria Peninsular Colonizadores
 
Homo heidelbergensis
Homo heidelbergensisHomo heidelbergensis
Homo heidelbergensis
 
Tema 3 2011-a galicia prerromana
Tema 3  2011-a galicia prerromanaTema 3  2011-a galicia prerromana
Tema 3 2011-a galicia prerromana
 
Unidade 5 Por que comemos de máis?
Unidade 5 Por que comemos de máis?Unidade 5 Por que comemos de máis?
Unidade 5 Por que comemos de máis?
 
Tetón
TetónTetón
Tetón
 
CCSS 1ºESO Unidade 6 A Prehistoria
CCSS 1ºESO Unidade 6  A PrehistoriaCCSS 1ºESO Unidade 6  A Prehistoria
CCSS 1ºESO Unidade 6 A Prehistoria
 
Unidade 8 Que é a cultura
Unidade 8 Que é a culturaUnidade 8 Que é a cultura
Unidade 8 Que é a cultura
 
Xenealoxia humana
Xenealoxia humanaXenealoxia humana
Xenealoxia humana
 
Evolución humana nova
Evolución humana novaEvolución humana nova
Evolución humana nova
 

Similar to Unidade 01. Prehistoria na Península Ibérica

Unidade 9. a prehistoria
Unidade 9. a prehistoriaUnidade 9. a prehistoria
Unidade 9. a prehistoriaAgrela Elvixeo
 
A prehistoria
A prehistoriaA prehistoria
A prehistoriamasinisa
 
Cranios dos homínidos do paleolítico platega
Cranios dos homínidos do paleolítico   plategaCranios dos homínidos do paleolítico   platega
Cranios dos homínidos do paleolítico plategaluisbaltar
 
A orixe da especie humana e a súa evolución. aharón, pablo e esther. 1º bach c.
A orixe da especie humana e a súa evolución. aharón, pablo e esther. 1º bach c.A orixe da especie humana e a súa evolución. aharón, pablo e esther. 1º bach c.
A orixe da especie humana e a súa evolución. aharón, pablo e esther. 1º bach c.danilorenzo
 
A prehistoria víctor
A prehistoria víctorA prehistoria víctor
A prehistoria víctoroblogdeasun
 
Tema IX: A Prehistoria
Tema IX: A PrehistoriaTema IX: A Prehistoria
Tema IX: A PrehistoriaSanti Pazos
 
Tema 9 A prehistoria
Tema 9 A prehistoriaTema 9 A prehistoria
Tema 9 A prehistoriarubempaul
 
2003 presentacion origen de la vida definitiva
2003 presentacion origen de la vida definitiva2003 presentacion origen de la vida definitiva
2003 presentacion origen de la vida definitivatamaraclara
 
O homo erectus josé ramón vilar dios
O homo erectus  josé ramón vilar diosO homo erectus  josé ramón vilar dios
O homo erectus josé ramón vilar diosencarnavilla
 
Nuevo PresentacióN De Microsoft Office Power Point
Nuevo PresentacióN De Microsoft Office Power PointNuevo PresentacióN De Microsoft Office Power Point
Nuevo PresentacióN De Microsoft Office Power PointMaite Zaitut
 
A prehistoria
A prehistoriaA prehistoria
A prehistoriaxmgomba
 

Similar to Unidade 01. Prehistoria na Península Ibérica (18)

Unidade 9. a prehistoria
Unidade 9. a prehistoriaUnidade 9. a prehistoria
Unidade 9. a prehistoria
 
A prehistoria
A prehistoriaA prehistoria
A prehistoria
 
El paleolitico
El paleoliticoEl paleolitico
El paleolitico
 
Cranios dos homínidos do paleolítico platega
Cranios dos homínidos do paleolítico   plategaCranios dos homínidos do paleolítico   platega
Cranios dos homínidos do paleolítico platega
 
A orixe da especie humana e a súa evolución. aharón, pablo e esther. 1º bach c.
A orixe da especie humana e a súa evolución. aharón, pablo e esther. 1º bach c.A orixe da especie humana e a súa evolución. aharón, pablo e esther. 1º bach c.
A orixe da especie humana e a súa evolución. aharón, pablo e esther. 1º bach c.
 
Lucy Copia
Lucy   CopiaLucy   Copia
Lucy Copia
 
A prehistoria víctor
A prehistoria víctorA prehistoria víctor
A prehistoria víctor
 
Tema IX: A Prehistoria
Tema IX: A PrehistoriaTema IX: A Prehistoria
Tema IX: A Prehistoria
 
Tema 9 A prehistoria
Tema 9 A prehistoriaTema 9 A prehistoria
Tema 9 A prehistoria
 
2003 presentacion origen de la vida definitiva
2003 presentacion origen de la vida definitiva2003 presentacion origen de la vida definitiva
2003 presentacion origen de la vida definitiva
 
O homo erectus josé ramón vilar dios
O homo erectus  josé ramón vilar diosO homo erectus  josé ramón vilar dios
O homo erectus josé ramón vilar dios
 
Nuevo PresentacióN De Microsoft Office Power Point
Nuevo PresentacióN De Microsoft Office Power PointNuevo PresentacióN De Microsoft Office Power Point
Nuevo PresentacióN De Microsoft Office Power Point
 
Temas 9 y 10. 1º eso
Temas 9 y 10. 1º esoTemas 9 y 10. 1º eso
Temas 9 y 10. 1º eso
 
A evolución
A evoluciónA evolución
A evolución
 
I. A Prehistoria
I. A PrehistoriaI. A Prehistoria
I. A Prehistoria
 
A prehistoria
A prehistoriaA prehistoria
A prehistoria
 
Paleolítico
PaleolíticoPaleolítico
Paleolítico
 
Paleolítico
PaleolíticoPaleolítico
Paleolítico
 

More from Agrela Elvixeo

Unidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa VillaltaUnidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa VillaltaAgrela Elvixeo
 
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES MonelosLuísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES MonelosAgrela Elvixeo
 
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES MonelosLuísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES MonelosAgrela Elvixeo
 
Ruth Matilda Anderson. Hispanic Society of America. Imaxes de Galicia
Ruth Matilda Anderson. Hispanic Society of America. Imaxes de GaliciaRuth Matilda Anderson. Hispanic Society of America. Imaxes de Galicia
Ruth Matilda Anderson. Hispanic Society of America. Imaxes de GaliciaAgrela Elvixeo
 
Peixeiras da Coruña. O Muro da Coruña. IES Monelos
Peixeiras da Coruña. O Muro da Coruña. IES MonelosPeixeiras da Coruña. O Muro da Coruña. IES Monelos
Peixeiras da Coruña. O Muro da Coruña. IES MonelosAgrela Elvixeo
 
Xardín de San Carlos (A Coruña) IES Monelos
Xardín de San Carlos (A Coruña) IES MonelosXardín de San Carlos (A Coruña) IES Monelos
Xardín de San Carlos (A Coruña) IES MonelosAgrela Elvixeo
 
Lavandeiras e lavadoiros da Coruña. IES Monelos
Lavandeiras e lavadoiros da Coruña. IES MonelosLavandeiras e lavadoiros da Coruña. IES Monelos
Lavandeiras e lavadoiros da Coruña. IES MonelosAgrela Elvixeo
 
Os xudeus na Coruña durante a Idade Media
Os xudeus na Coruña durante a Idade MediaOs xudeus na Coruña durante a Idade Media
Os xudeus na Coruña durante a Idade MediaAgrela Elvixeo
 
A Galera ou prisión de mulleres da Coruña
A Galera ou prisión de mulleres da CoruñaA Galera ou prisión de mulleres da Coruña
A Galera ou prisión de mulleres da CoruñaAgrela Elvixeo
 
As cigarreiras da Fábrica de Tabacos da Coruña
As cigarreiras da Fábrica de Tabacos da CoruñaAs cigarreiras da Fábrica de Tabacos da Coruña
As cigarreiras da Fábrica de Tabacos da CoruñaAgrela Elvixeo
 
ANTIGA FÁBRICA DE TABACOS DA CORUÑA. HISTORIAS DA CIDADE
ANTIGA FÁBRICA DE TABACOS DA CORUÑA. HISTORIAS DA CIDADEANTIGA FÁBRICA DE TABACOS DA CORUÑA. HISTORIAS DA CIDADE
ANTIGA FÁBRICA DE TABACOS DA CORUÑA. HISTORIAS DA CIDADEAgrela Elvixeo
 
O Muro da Coruña. A actividade pesqueira no porto da Coruña
O Muro da Coruña. A actividade pesqueira no porto da CoruñaO Muro da Coruña. A actividade pesqueira no porto da Coruña
O Muro da Coruña. A actividade pesqueira no porto da CoruñaAgrela Elvixeo
 
Francisco Espoz y Mina. Liberal vinculado A Coruña
Francisco Espoz y Mina. Liberal vinculado A CoruñaFrancisco Espoz y Mina. Liberal vinculado A Coruña
Francisco Espoz y Mina. Liberal vinculado A CoruñaAgrela Elvixeo
 
Historias da Coruña: Juan Díaz Porlier "O Marquesiño"
Historias da Coruña: Juan Díaz Porlier "O Marquesiño"Historias da Coruña: Juan Díaz Porlier "O Marquesiño"
Historias da Coruña: Juan Díaz Porlier "O Marquesiño"Agrela Elvixeo
 
Xoana de Vega (persoeiro importante do liberalismo coruñés)
Xoana de Vega (persoeiro importante do liberalismo coruñés)Xoana de Vega (persoeiro importante do liberalismo coruñés)
Xoana de Vega (persoeiro importante do liberalismo coruñés)Agrela Elvixeo
 
50 aniversario das obras do encoro de Cecebre
50 aniversario das obras do encoro de Cecebre50 aniversario das obras do encoro de Cecebre
50 aniversario das obras do encoro de CecebreAgrela Elvixeo
 
A CORUÑA E A EDICIÓN DO LIBRO EN GALEGO.pptx
A CORUÑA E A EDICIÓN DO LIBRO EN GALEGO.pptxA CORUÑA E A EDICIÓN DO LIBRO EN GALEGO.pptx
A CORUÑA E A EDICIÓN DO LIBRO EN GALEGO.pptxAgrela Elvixeo
 
As Irmandades da Fala. As Irmandades da Fala créanse na Coruña en 1916
As Irmandades da Fala. As Irmandades da Fala créanse na Coruña en 1916As Irmandades da Fala. As Irmandades da Fala créanse na Coruña en 1916
As Irmandades da Fala. As Irmandades da Fala créanse na Coruña en 1916Agrela Elvixeo
 
Castelo de San Diego (A Coruña)
Castelo de San Diego (A Coruña)Castelo de San Diego (A Coruña)
Castelo de San Diego (A Coruña)Agrela Elvixeo
 

More from Agrela Elvixeo (20)

Unidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa VillaltaUnidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
 
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES MonelosLuísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
 
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES MonelosLuísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
 
Ruth Matilda Anderson. Hispanic Society of America. Imaxes de Galicia
Ruth Matilda Anderson. Hispanic Society of America. Imaxes de GaliciaRuth Matilda Anderson. Hispanic Society of America. Imaxes de Galicia
Ruth Matilda Anderson. Hispanic Society of America. Imaxes de Galicia
 
Peixeiras da Coruña. O Muro da Coruña. IES Monelos
Peixeiras da Coruña. O Muro da Coruña. IES MonelosPeixeiras da Coruña. O Muro da Coruña. IES Monelos
Peixeiras da Coruña. O Muro da Coruña. IES Monelos
 
Xardín de San Carlos (A Coruña) IES Monelos
Xardín de San Carlos (A Coruña) IES MonelosXardín de San Carlos (A Coruña) IES Monelos
Xardín de San Carlos (A Coruña) IES Monelos
 
Lavandeiras e lavadoiros da Coruña. IES Monelos
Lavandeiras e lavadoiros da Coruña. IES MonelosLavandeiras e lavadoiros da Coruña. IES Monelos
Lavandeiras e lavadoiros da Coruña. IES Monelos
 
Os xudeus na Coruña durante a Idade Media
Os xudeus na Coruña durante a Idade MediaOs xudeus na Coruña durante a Idade Media
Os xudeus na Coruña durante a Idade Media
 
A Galera ou prisión de mulleres da Coruña
A Galera ou prisión de mulleres da CoruñaA Galera ou prisión de mulleres da Coruña
A Galera ou prisión de mulleres da Coruña
 
As cigarreiras da Fábrica de Tabacos da Coruña
As cigarreiras da Fábrica de Tabacos da CoruñaAs cigarreiras da Fábrica de Tabacos da Coruña
As cigarreiras da Fábrica de Tabacos da Coruña
 
ANTIGA FÁBRICA DE TABACOS DA CORUÑA. HISTORIAS DA CIDADE
ANTIGA FÁBRICA DE TABACOS DA CORUÑA. HISTORIAS DA CIDADEANTIGA FÁBRICA DE TABACOS DA CORUÑA. HISTORIAS DA CIDADE
ANTIGA FÁBRICA DE TABACOS DA CORUÑA. HISTORIAS DA CIDADE
 
O Muro da Coruña. A actividade pesqueira no porto da Coruña
O Muro da Coruña. A actividade pesqueira no porto da CoruñaO Muro da Coruña. A actividade pesqueira no porto da Coruña
O Muro da Coruña. A actividade pesqueira no porto da Coruña
 
Francisco Espoz y Mina. Liberal vinculado A Coruña
Francisco Espoz y Mina. Liberal vinculado A CoruñaFrancisco Espoz y Mina. Liberal vinculado A Coruña
Francisco Espoz y Mina. Liberal vinculado A Coruña
 
Historias da Coruña: Juan Díaz Porlier "O Marquesiño"
Historias da Coruña: Juan Díaz Porlier "O Marquesiño"Historias da Coruña: Juan Díaz Porlier "O Marquesiño"
Historias da Coruña: Juan Díaz Porlier "O Marquesiño"
 
Xoana de Vega (persoeiro importante do liberalismo coruñés)
Xoana de Vega (persoeiro importante do liberalismo coruñés)Xoana de Vega (persoeiro importante do liberalismo coruñés)
Xoana de Vega (persoeiro importante do liberalismo coruñés)
 
50 aniversario das obras do encoro de Cecebre
50 aniversario das obras do encoro de Cecebre50 aniversario das obras do encoro de Cecebre
50 aniversario das obras do encoro de Cecebre
 
A CORUÑA E A EDICIÓN DO LIBRO EN GALEGO.pptx
A CORUÑA E A EDICIÓN DO LIBRO EN GALEGO.pptxA CORUÑA E A EDICIÓN DO LIBRO EN GALEGO.pptx
A CORUÑA E A EDICIÓN DO LIBRO EN GALEGO.pptx
 
As Irmandades da Fala. As Irmandades da Fala créanse na Coruña en 1916
As Irmandades da Fala. As Irmandades da Fala créanse na Coruña en 1916As Irmandades da Fala. As Irmandades da Fala créanse na Coruña en 1916
As Irmandades da Fala. As Irmandades da Fala créanse na Coruña en 1916
 
60 ANOS DE GRIAL.pptx
60 ANOS DE GRIAL.pptx60 ANOS DE GRIAL.pptx
60 ANOS DE GRIAL.pptx
 
Castelo de San Diego (A Coruña)
Castelo de San Diego (A Coruña)Castelo de San Diego (A Coruña)
Castelo de San Diego (A Coruña)
 

Unidade 01. Prehistoria na Península Ibérica

  • 1. UNIDADE 1. A PREHISTORIA
  • 2.
  • 3.
  • 4. 0. Introdución a Prehistoria • A Prehistoria divídese en tres etapas: Paleolítico, Neolítico e Idade dos Metais. • No Paleolítico (a primeira etapa da Prehistoria), a humanidade vivía da caza, da recolección e era nómada. • No Neolítico, aprendeu a domesticar animais e cultivar a terra, e volveuse sedentaria. Xurdiron os primeiros poboados e actividades como o tecido e a cerámica. • Na Idade dos Metais, o ser humano aprendeu a arte da metalurxia. Isto abriralle paso ás primeiras civilizacións.
  • 5. PREHISTORIA PALEOLÍTICO 3.500.000 /2.500.000 anos Australopithecus (Homínido) 2.300.000 Homo habilis a.C. (primeiros utensilios) 1.900.000 a.C. Homo erectus (lume) 150.000 a.C. Homo neanderthalensis (primeiros enterramentos) 120.000 a.C. Homo sapiens Sapiens (primeiras mostras de arte) NEOLÍTICO 8.000 a.C. Agricultura 7.000 a.C. a 5.000 a.C. difusión da agricultura cara Europa 5.500 a.C. Primeiras culturas neolíticas na Península Ibérica IDADE DOS METAIS 2.500 a.C.-1.800 a.C. Idade de Cobre ou Calcolítico 1.800 a.C.-1.000 a.C. Idade de Bronce 1.000 a.C. Idade de Ferro
  • 6. Cronoloxía da prehistoria na Península Ibérica Paleolítico 800.000-VII milenio a.C. Neolítico VII milenio a.C.-3.000 a.C. Idade de Cobre 3.000 a.C.-1.700 a.C. Idade de Bronce 1.700 a.C.-1.000 a.C. Idade de Ferro e civilizacións protohistóricas I milenio a.C.
  • 7.
  • 8.
  • 9. 0. Os primeiros seres humanos 0.1. O proceso de hominización • Os cambios que converteron aos primates en seres humanos foron lentos e complexos. Os fósiles atopados permítennos coñecer a evolución: • O primeiro paso foi a posición vertical e marcha bípede (maior campo de visión e autonomía da man) • Mantemento da cabeza en equilibrio: aumento da capacidade cranial e, con iso, desenvolvemento do cerebro. • As mans usáronse para a fabricación de utensilios. • O uso do lume e dos útiles para abrandar e cortar os alimentos deu lugar á diminución do tamaño das mandíbulas e dos dentes e á aparición do queixo e da fronte plana. • Incremento da intelixencia e comunicación (linguaxe). • Traslado de coñecemento a outras xeracións.
  • 10. PRIMEIROS HOMÍNIDOSHai 7 millóns de anos AUSTRALOPITHECUS Hai 4 millóns de anos AUSTRALOPITHECUS ROBUSTUS AUSTRALOPITHECUS AFRICANUS Hai 3 millóns de anos XÉNERO HOMO HOMO HABILIS Hai 2 millóns de anos Hai 1 millón de anos 500.000 anos 40.000 anos HOMO ERGASTER HOMO ERECTUS HOMO ANTECESSOR HOMO HEIDELBERGENSIS HOMO NEANDERTHALENSIS HOMO SAPIENS Fte. E. Carbonell e R. Sala: Planeta humano.
  • 11. Dos primates ao ser humano actual?
  • 12. Dos primates ao Homer Sapien
  • 13. 0. A evolución humana • O Australopithecus (3.500.000 anos) era un homínido situado entre os grandes primates e o ser humano. Xa era bípede e utlizaba utensilios (paus, pedras) para axudarse nos seus labores, pero non os fabricaba de forma consciente. • O primeiro que tivo este comportamento e que, xa que logo, se considera o primeiro humano foi o Homo habilis (2.300.000 anos). • O Homo erectus (1.900.000 anos) tiña xa un cerebro máis desenvolvido e camiñaba erguido. • Seguidamente atopamos ao Homo neanderthalensis (150.000 anos) e, finalmente, o Homo sapiens sapiens (120.000 anos). • Despois dun período onde conviviron, o Home neanderthalensis desapareceu pola superioridade do Homo sapiens sapiens, que ten o aspecto físico, o volume e a complexidade cerebral do ser humano actual.
  • 14.
  • 15.
  • 16.
  • 17.
  • 18.
  • 19. HOMÍNIDO/HOMO CRONOLOXÍA CONTINENTE TALLA/PESO CARACTERÍSTICAS Australopitecus afarensis Homínido bípedo. 3.500.000 África Oriental (Rift Valley) Macho: 1,40 m. 40 kg Femia: 1,10 m. 30 kg 450 cm3 Posición bípeda. Usa instrumentos de pedra pero non os fabrica. Non sabe falar. Homo Habilis 2.300.000 África Oriental Macho: 1,30 m. 50 kg Femia: 1 m. 40 kg 800 cm3 Fabrica instrumentos de pedra (seixo afiado- chopper) Homo Erectus 1.600.000 Toda África e Asia Macho: 1,70 m. 70 kg Femia: 1,30 m. 60 kg 1.000 cm3 Parece que hai un antecesor africano: homo ergaster (lago Turkana). Pedra de sílex (bifaz). Cazarías en grupo. Uso do lume. Homo Neanderthal 200.000 anos Europa Península Ibérica (hai 90.000 anos) Macho: 1,65 m. 75 kg Femia: 1,50 m. 65 kg 1.500 cm3 Antecedentes: Antecessor (800.000 anos) e Heidelbergensis (600.000) Especialización de instrumentos de sílex (frecha, raspadeira, perforador...). Primeiros enterramentos. Homo Sapiens 200.000 anos Tódolos continentes Europa (hai 40.000 anos) Macho: 1,75 m. 70 kg Femia: 1,60 m. 50 kg 1.450 cm3 Apareceu en África oriental e de aí cara a todos os continentes. Europa 40.000 anos. Útiles de óso e hasta (propulsor, arpón...). Primeiras manifestacións artísticas.
  • 20. Jean-Jaques Annaud. En busca do lume (1981)
  • 21. 1. O Paleolítico • Os recentes descubrimentos arqueolóxicos na Península confirman que estaba habitada por grupos do xénero Homo hai case un millón de anos. • Estes primeiros seres humanos evolucionaron dunhas sociedades cazadoras e colleiteiras (Paleolítico) a outras produtoras de alimentos (Neolítico), que descubriron a fundición e mais a aliaxe dos metais (Idade dos Metais).
  • 22. O Paleolítico: de Atapuerca ao Homo Sapiens • Os restos máis antigos de seres humanos na Península foron atopados no xacemento ou depósito da Gran Dolina, na serra de Atapuerca (Burgos). Estes achados descubriron un conxunto de restos humanos (86 fósiles pertencentes a seis individuos) cunha antigüidade duns 800.000 anos.
  • 23. Xacemento da Serra de Atapuerca (Burgos) Sima dos Ósos Gran Dolina Sima Elefante
  • 24. Xacemento da Serra de Atapuerca (Burgos)
  • 25. 1. O Paleolítico: de Atapuerca ao Homo Sapiens • Os arqueólogos chegaron á conclusión de que se trataba dunha nova especie de orixe africana á que lle chamaron Homo antecessor (“explorador”), un antepasado común tanto do Homo sapiens, nado tamén en África, como do Homo neanderthalensis. • O homo antecessor era moi parecido ao Homo sapiens e presentaba unha capacidade cranial que podía superar os 1.000 cm3 .
  • 27. 1. O Paleolítico: de Atapuerca ao Homo Sapiens • En Atapuerca na Sima dos Ósos, identificáronse 32 individuos pertencentes ao Homo heidelbergensis, de 350.000 anos de antigüidade. • Do seu sucesor, o Homo neanderthalensis atopáronse restos de hai 45.000 a 35.000 anos noutros lugares da Península. • O Homo neanderthalensis tiña un aspecto moito máis robusto (cellas promientes, fronte fuxidía e grandes mandíbulas) e presentaba unha capacidade cranel de 1.500 cm3 . A chegada a Europa do Homo sapiens tivo lugar hai uns 40.000 anos e implicou a extinción dos últimos neanderthales.
  • 28. Paleolítico Inferior (800.000-90.000 a.C.) Paleolítico Medio (90.000-35.000 a.C.) Paleolítico Superior e Epipaleolítico (35.000-5.000 a.C.) Homos Hábitat e útiles Homo Antecessor e Helibergensis en Atapuerca. Habitaban en abrigos das rochas e campamentos ao aire libre. Croios golpeados para obter gume e bifaces. Achelense. Habitado polo Homo neanderthalensis, que coñecía o lume e vivía en covas. Instrumentos de sílex: raedeiras, raspadeiras, puntas, denticulados, coitelos... Musteriense, Habitado polo Homo Sapiens, moi parecido á especie actual. Perfeccionamento da industria lítica. Solutrense, Magdaleniense. Diminución do tamaño e uso do óso e hasta. Aparición da arte rupestre e mobiliar. Xacementos importantes Atapuerca (Burgos) Torralba e Ambrona (Soria), abundantes restos de elefantes, rinocerontes, cabalos, cervos, bois... Bolomor (Valencia) Galicia: Piteira (Toén), Gándaras de Budiño (O Porriño), Camposancos (A Guarda) Covas nas zonas montañosas: El Castillo (Cantabria), Lezetxiki (Guipúscoa), Peña Miel (A Rioxa), L’Abreda (Xirona), Xibraltar. Cova de Morín (Cantabria), na que se documentou a práctica de rituais funerarios. Galicia: Cova de Eirós (Triacastela) Altamira (Cantabria) Tito Bustillo (Asturias) Parpalló (Valencia) Santimamiñe (Biscaia) Urtiaga (Guipúscoa) Galicia: Prado do Inferno (Muras), Pena Grande Férvedes (Xermade), cova Valvadara (Becerreá).
  • 29. Fte. Historia de España 2º Bacharelato. Vicens Vives
  • 31. Paleolítico: elaboración dun biface Fte. Ed. Vicens Vives
  • 33. 1.1. Paleolítico: a arte rupestre • Forte presenza na Península Ibérica. • Paleolítico Superior. • Distinguimos dúas zonas: • Cantábrica e levantina.
  • 34. 1.1. Paleolítico: as pinturas rupestres • A península Ibérica foi rica en arte rupestre. Destacan dúas zonas: cantábrica e mediterránea ou levantina. • Na zona cantábrica predomina a representación naturalista de animais, normalmente illados e de cores vivas. Salienta a cova de Altamira (Cantabria), considerada unha das mellores do mundo en pintura rupestre. • A zona mediterránea ou levantina aparecen escenas de grupo cunha técnica máis esquemática, que adoitan representar a vida cotiá (caza, recolección...) e están pintadas cunha soa cor.
  • 36. Aspectos Cantábrica Levantina Cronoloxía A partir do 30.000 a.C. A partir do 6.000 a.C. Características xerais Naturalista Esquemática Cores Policromada con cores vivas Monocromática Exemplos de covas e abrigos Altamira, Tito Bustillo, El Castillo Valtorta, Cova da Araña, Cogul Temas Animais illados. Non aparece a figura humana Escenas grupais (danza, caza, recolección). Aparece a figura humana
  • 38. Reprodución sala dos bisontes de Altamira
  • 39. Silueta de mans. Cova de El Castillo (Cantabria)
  • 40. Abric dels Cavalls Barranc de la Valltorta (Castellón)
  • 41. Cova de Cogul (Lleida) 6.000 a.C.
  • 42. 2. O Neolítico • Cara ao ano 6.000 a.C. xurdiron na Península Ibérica as primeiras comunidades neolíticas, debido, seica, á difusión polas costas mediterráneas de correntes culturais procedentes de Oriente Próximo e tamén á progresiva evolución das culturas autóctonas en contacto con estas novas influencias.
  • 43.
  • 44. Fte. Fisterra 1º ESO. Vicens Vives
  • 46.
  • 47. Fte. Fisterra 1º ESO. Vicens Vives
  • 49. 2. O Neolítico: a produción de alimentos Novos útiles e técnicas • Apareceron novos instrumentos como a fouce, a aixada, a machada, o muíño. • Unha técnica nova: a pedra puída. • A cerámica (de forma manual aínda non se utiliza o torno). • Tecidos: fuso e tear. • Xoias: minaría de pedras semipreciosas.
  • 51. 2. O Neolítico: características comparación co período anterior: Paleolítico • Estas comunidades, a diferencia do Paleolítico que eran sociedades predadoras, iniciaron a produción de alimentos (agricultura e gandaría) e a elaboración de cerámica e tecidos. A práctica de agricultura, coa necesidade de atender a evolución dos cultivos, propiciou o sedentarismo e as primeiras comunidades estables fronte ao nomadismo paleolítico. O instrumento fundamental sera a pedra pero pasarase do modelo tallado do Paleolítico ao puído no Neolítico. • Paralelamente, as estruturas sociais fixéronse máis complexas como resultado dunha organización do traballo máis diversificado e a acumulación do excedente alimentario por un pequeno grupo dentro da sociedade. Xerarquización social fronte a unha organización comunitaria do Paleolítico.
  • 52. Neolítico na Península Ibérica C. Font Major CULTURA DOS SEPULCROS DE FOSA CULTURA DE ALMERÍA
  • 53. 2. O Neolítico: etapas • Distinguimos dúas etapas: Neolítico inicial (6.000-4.000 a.C.) e pleno (4.000-3.000 a.C.). • Neolítico inicial (6.000-4.000 a.C.) • Esta primeira fase desenvolveuse fundamentalmente ao redor do Mediterráneo e, sobre todo, na costa valenciana (cova da Sarsa, cova de l’Or), aínda que tamén son relevantes as covas de Nerja (Málaga) e da Font Major (Tarragona). • Os asentamentos son fundamentalmente covas e identifícanse pola presenza de cerámica cardial, chamada así pola súa decoración con cunhas de molusco (cardium edule) e pola aparición dos primeiros utensilios relacionados cos traballos agrícolas (machadas, aixadas de pedra puída, fouces, muíños de man. • Existen evidencias de que cultivaban trigo, cebada e leguminosas e de que domesticaban animais, especialmente ovellas e cabras.
  • 55. 2. O Neolítico: etapas • Neolítico pleno (4.000-3.000 a.C.) • Entre o cuarto e terceiro milenio a.C. desenvolveuse unha segunda fase destas comunidades agrícolas. Nesta etapa, os depósitos non se sitúan en zonas montañosas, senón que ocupan as terras fértiles e ben regadas dos solos chans, nos que se construíron poboados estables. Nesta época, o Neolítico tamén se expande polo interior da Península con asentamentos nas dúas mesetas, no val do Ebro e o norte e noroeste peninsular.
  • 56. Cerámica almagra Zuheros (Córdoba) Asociada á Cultura de Almería (Neolítico pleno) Poboado neolítico de El Garcel (Almería) Asociado á Cultura de Almería (Neolítico pleno)
  • 57. 2. O Neolítico pleno • No sueste peninsular destacan os xacementos de La Carigüela (Granada) e a chamada cultura de Almería, con vivendas circulares. Un elemento identificador desta cultura constitúeo a proliferación de sepulturas organizadas por primeira vez en necrópoles. • No nordés peninsular desenvolveuse a denominada cultura dos sepulcros de foxa, onde os defuntos eran enterrados en foxas escavadas no solo, en cistas ou sepulcros de corredor e acompañados dun enxoval funerario. O achado de obxectos de prestixio nalgunhas das tumbas incide na existencia, como indicamos na introdución, da xerarquización social. Entre os obxectos aparece a variscita, unha pedra de cor verde coa que se elaboraban ornamentos. Este mineral amosa a existencia de actividades mineiras e do seu comercio a longa distancia. • En Galicia a aparición do neolítico asóciase ás primeiras manifestacións de petróglifos e megálitos aínda que estes plenamente pertencen a un período posterior (Idade dos Metais).
  • 58. Cultura sepupulcros de foxa (Neolítico pleno) Paraxe Bòbila de Madurell (Sant Quirze del Vallès)
  • 59. Minas neolíticas de Can Tintoner (Gavà), as minas en galería máis antigas de Europa, Imaxe inferior: mineral de variscita. Imaxe dereita colar
  • 60. 3. A Idade dos Metais • A metalurxia iniciouse no Oriente Próximo contra o V milenio a.C. • O primeiro mineral coñecido foi o cobre (5.000 a.C.), pero era moi brando e os utensilios deformábanse moi rapidamente.
  • 61. 3. A Idade dos Metais • Séculos máis tarde, algúns artesáns comezaron a mesturar o cobre co estaño e obtiveron o bronce (3.000 a.C.), un metal duro e cortante que podía substituír á pedra. Fabricáronse obxectos e armas para os máis poderosos. • Cara o II milenio a.C. comezouse a traballar o ferro, un metal excelente para as armas e os utensilios agrícolas.
  • 62. METALURXIA CRONOLOXÍA Cobre 5.000 a.C. (Península Ibérica 3.000- 1.700 a.C.) Bronce 3.000 a.C. (Península Ibérica 1.700- 1.000 a.C.) Ferro 2.000 a.C. (Península Ibérica a partir do 1.000 a.C.)
  • 64. • Os primeiros útiles fixéronse golpeando os metais (cobre) en frío. Pero a verdadeira metalurxia aparece cando se empeza a utilizar a forxa. Ao bater no metal aplicábaselle lume e calor o que permitía modelalo mellor. • Unha nova fase comeza coa fundición consistente en fundir o metal (bronce) e darlle a forma desexada verténdoo en moldes. • Finalmente coa siderurxia (ferro) a tecnoloxía fíxose máis complexa precisando de altas temperaturas. 3. A Idade dos Metais
  • 65. • A metalurxia era un traballo duro. Precisaba de especialización. Foi, quizais, o primeiro oficio polo que os artesáns recibían alimentos a cambio dos seus produtos. • Foron aparecendo outros oficios (xoieiros, ferreiros, ceramistas...). • A produción estimulou o comercio que mellorou coa mellora nas técnicas de navegación e o uso da roda. 3. A Idade dos Metais
  • 66. Novidades no transporte durante a Idade dos Metais Fte. Ed. Vicens Vives
  • 67. • As antigas aldeas neolíticas do Oriente Próximo medraron considerablemente. Tiñan moitos edificios e murallas para defenderse, convertéronse en verdadeiras cidades. • Co desenvolvemento dos oficios especializados aparecen os grupos sociais diferenciados e determinadas persoas comezaron a acumular riqueza e poder. • A existencia de terras cultivadas, rabaños ou obxectos que podían ser roubados implicou a necesidade de defensa fronte a pillaxe. Entre os guerreiros que defenden as cidades nace un caudillo ou rei que goberna a cidade. 3. A Idade dos Metais
  • 68. Cronoloxía Culturas Localización Idade de cobre (3.000-1.700 a.C.) Difusión do megalitismo Galicia e Andalucía Cultura do vaso campaniforme Centro, sur e Mediterráneo Os Millares Almería Idade de bronce (1.700-1.000 a.C.) Cultura do Argar Cultura Talaiótica (Taula, Naveta e Talaiot) Murcia, Granada e Almería, costa de Málaga Baleares (Mallorca e Menorca) Idade de Ferro (I milenio a.C.) Cultura do campo de urnas Tartesos Colonizacións mediterráneas e Indoeuropeas (protohistoria): Fenicios, Gregos, Cataxineses, Íberos Cultura castrexa Toda a Península e Mediterráneo Noroeste peninsular
  • 69. • En Europa a partir do V milenio a.C., nas sociedades agrícolas máis avanzadas, os seres humanos erixiron uns monumentos construídos con grandes lousas de pedra que se denominan megálitos. • Grandes monumentos megalíticos atopanse diseminados por Europa, pero os focos máis importantes están na costa atlántica (onde destaca Galicia) e no norte de África. Un dos monumentos megalíticos máis importantes é o de Stonehenge, en Gran Bretaña. • Existen diferentes tipos de megalitos: menhir, dolmen e crómlech. 3. A Idade dos Metais 3.1.O Megalistimo
  • 70. Difusión do megalitismo Por Europa e norte de África Fte. Wikipedia
  • 73. 3. Megalitismo Menhir ou pedrafita • Consiste nunha gran pedra cravada verticalmente sobre o chan. Crese que podían ser conmemorativos ou unha marca territorial. Lapa de Gargantáns (Pontevedra)
  • 75. • É unha cámara formada por grandes pedras verticais que sosteñen unhas lousas de cobertura. Servía de sepultura funeraria colectiva. 3. Megalitismo Dolmen ou mámoa Dolmen Axeitos (Ribeira)
  • 77. Dolmen Pedra da Arca Cerqueda (Malpica)
  • 81. 3. Megalistimo Crómlech ou círculos líticos • Formado por un conxunto de pedras verticais e lousas horizontais dispostas formando un círculo. A súa función podería estar relacionada con algún culto agrario ou solar. Crómlech de Stonehenge (Reino Unido)
  • 82. Reprodución do Crómlech de Stonehenge (Reino Unido) Fte. Ed. Vicens Vives
  • 83. Círculo lítico da Mourela (As Pontes) lamentablemente destruído no 2006 coa construción da autovía de Ferrol- Vilalba
  • 84. Círculo lítico do Freixo (As Pontes. Serra da Faladoira) Imaxes da dereita Círculo lítico do monte Lobeira (Vilanova de Arousa)
  • 85. • Extremadura e, sobre todo, Andalucía, son especialmente ricas polo número e grandiosidade dos seus megálitos; • Destacan os de Menga, Viera, Los Millares, El Romeral e La Pastora. 3. Megalistimo noutros puntos da Península Ibérica
  • 88. 3. Idade dos metais • Cara o III milenio a.C. estendeuse a metalurxia do cobre. Salienta a cultura dos Millares (2.300 a.C.), que se orixinou en Almería. • II milenio a.C., culturas coñecedoras da metalurxia de bronce, como a do Argar (Almería) con enterramentos individuais e casas de pedra e adobe. • A idade de Ferro (I milenio a.C.) iniciouse coa chegada de pobos colonizadores do Mediterráneo (fenicios, gregos e cartaxineses) e celtas de Centroeuropa.
  • 89. 3. Idade dos metais Idade de cobre • O uso de sistema de rega, o fertilizante dos campos e a introdución do arado reforzaron o papel da agricultura na alimentación humana e, con iso, a sendentarización. • As poboacións apegáronse ás súas terras de cultivo e empezaron a construír poboados amurallados en zonas elevadas como o de Los Millares (Almería), iniciado cara o ano 2.400 a.C. • No exterior situábanse as necrópoles con abundancia de enterramentos megalíticos colectivos, pero que presentaban unha acusada diferenciación social nas tumbas.
  • 90. Idade de Cobre Los Millares (Almería) Reprodución Fte. Ed. Vicens Vives
  • 91. 3. Idade dos metais Os petróglifos • Constitúen a expresión máis característica da arte rupestre galega. O petróglifo é un gravado feito sobre as rochas de granito ao aire libre. Teñen formas moi variadas. Predominan os temas xeométricos como espirais e círculos concéntricos, mais tamén aparecen motivos zoomorfos ou antropomorfos sempre moi esquematizados. • A maior parte concéntranse nas Rías Baixas principalmente na de Pontevedra e Vigo, e, sobre todo, en Campo Lameiro. • Na Coruña destacamos a parroquia de Louro en Muros.
  • 93. Petroglifos A Pedra da Boullosa Campo Lameiro (Pontevedra) Coto das Sombriñas Tourón-Ponte Caldelas (Pontevedra)
  • 94. 3. Idade dos metais Idade de cobre e bronce • No paso da metalurxia do cobre á do bronce, a partir aproximadamente do ano 2.200 a.C., aparece un novo tipo de cerámica en forma de campá invertida (vaso campaniforme), que se espallou por toda Europa e que se relaciona co comercio do metal.
  • 95. Difusión do vaso campaniforme Vaso campaniforme de Ciempozuelos (Madrid) II milenio a.C.Fte. Imaxes Wikipedia
  • 96. 3. Idade dos metais Idade de bronce • Cara o ano 1.700 a.C. desenvólvese a metalurxia de bronce destacando a cultura de El Argar (Almería), cuxos poboados ocupaban unha ampla zona do sueste peninsular (Alacante, Murcia, Xaén, Almería e Albacete). • Estes poboados rodeados de murallas e de torres defensivas, presentaban un urbanismo moi evolucionado con estreitas rúas e vivendas rectangulares medianeiras. • Amosan unha sociedade estratificada, cunha clase privilexiada (ao redor dun 10% dos individuos) que gozaría de privilexios e que se distinguen por ter unhas tumbas cos enxovais máis ricos, entre os cales figuran armas (alabardas e espadas).
  • 97. Idade de Bronce El Argar (Almería) Reprodución
  • 98. 3. Idade dos metais Idade de bronce • Do mesmo período data a cultura talaiótica das illas Baleares coa construción de murallas ciclópeas na edificación dos poboados e a aparición de megálitos con formas peculiares: • Talaiots (torres de recintos amurallados). • Taulas (especies de mesas con función incerta) • Navetas (recintos en forma de nave invertida con finalidade fueneraria)
  • 99. Talaiot de Cornia Nou (Menorca) Taula de Torralba (Menorca) Naveta de Tudons (Menorca)
  • 100. • A partir do II milenio a.C. desenvólvese a Idade de Bronce. A riqueza mineral de Galicia, principalmente en estaño, favorece a chegada de buscadores de metais que difundiron a metalurxia. • Xurdiron moitos focos mineiros e fabricaron moitas ferramentas de metal e inícianse trocos comerciais con Bretaña (Francia), Cornualles (Inglaterra), Portugal e outras civilizacións do Mediterráneo. • Aparecen moitas alfaias destacando o Tesouro de Caldas de Reis con numerosas pezas de ouro. 3. Idade dos metais Idade de bronce en Galicia
  • 101. Machados de bronce Saiáns (Vigo) Tesouro de Caldas Museo Provincial (Pontevedra)
  • 102. Caso de Leiro (Rianxo) Museo Aqueolóxico Provincial Castelo de San Antón (A Coruña) Idade de Bronce
  • 103. • A partir do I milenio a.C. desenvólvese a Idade de Ferro. • Dende finais do século XI ata aproximadamente o final do século VI a.C., grupos de pobos indoeuropeos chegaron á Península polos Pireneos. • Era xente procedente de centroeuropa cun mesmo substrato lingüístico: o indoeuropeo. Establecéronse sobre todo en Cataluña e na Meseta, dende onde se expandiron cara ao norte e o oeste peninsular. • Coñecían e introduciron o ferro, tiñan unha economía baseada na agricultura e mais na gandaría, e algúns practicaban un ritual funerario consistente en incinerar o cadáver, depositar as cinzas en urnas e soterralas (campos de furnas). 3. Idade dos metais Idade de ferro
  • 104. Urna da necrópole de Can Missert (Terrassa) Idade de Ferro Asociada á cultura indoeuropea dos campos de urnas
  • 105. • A finais do II milenio a.C. e principalmente no I milenio a.C. foi unha época de grandes cambios na Península Ibérica. • A través do Mediterráneo chegaron ás costas levantinas fenicios, gregos e cartaxineses. • Mentres pobos indoeuropeos penetraban a través dos Pireneos e establecíanse no norte peninsular. • Paralelamente, no sur desenvolveuse o reino de Tartesos. 4. Os pobos prerromanos na Península Ibérica
  • 106. Ondadas migratorias e formación dos pobos prerromanos I milenio a.C. Fte. Vicens Vives
  • 107.
  • 108. • O sur da Península, rico en cobre, prata e ouro, e estratexicamente situado na ruta do estaño (que a través do Atlántico chegaba ao noroeste peninsular e ás illas Británicas) foi o lugar escollido por pobos provenientes do Mediterráneo oriental (fenicios, gregos e cartaxineses) para fundar establecementos comerciais. 4. Os pobos prerromanos na Península Ibérica Fenicios, gregos e cartaxineses
  • 110. • Os contactos comerciais entre os colonizadores púnicos e gregos e os pobos indíxenas favoreceron nestas comunidades o desenvolvemento da agricultura (difusión do arado, novos cultivos como a vide e a oliveira...), das actividade artesanais (torno...) e da metalurxia do ferro. 4. Os pobos prerromanos na Península Ibérica Fenicios, gregos e cartaxineses
  • 111. O Legado dos pobos colonizadores Agricultura Difusión do arado. Novos cultivos (vide, oliveira, esparto) Artesanía Difusión do torno oleiro Minaría e industria Novas técnicas na minaría Metalurxia de ferro Aproveitamento das salinas Salgadura de peixe Comercio Contactos comerciais a través do Mediterráneo Difusión da moeda Novas técnicas de navegación Sociedade e cultura Escritura alfabética (fenicia e grega) Novos conceptos urbanísticos Novas formas artísticas Novas deidades
  • 112. • Os fenicios procedentes de Tiro (Líbano) fundaron na costa mediterránea as súas primeiras colonias, entre as que destaca Gadir (Cádiz), estendéronse despois pola costa andaluza : Malaca, Sexi, Abdera... Controlaron a ruta dos metais (prata, chumbo e estaño). • Tiñan alfabeto e divinidades propias. 4. Os pobos prerromanos na Península Ibérica Fenicios
  • 114. • Procedentes de Massalia (actual Marsella, creada por gregos de Focea en Asia Menor) desembocaron na Península Ibérica cara ao s. VIII a.C., aínda que as súas actividades non están ben documentadas ata o s. VI a.C. Fundaron enclaves coloniais como Emporiom (Ampurias, Girona) e costa lenvantina dende os cales estableceron contactos comerciais e culturais cos pobos indíxenas, que estimularon o desenvolvemento das súas cidades. 4. Os pobos prerromanos na Península Ibérica Gregos
  • 116.
  • 118. • Algo posterior foi a chegada dos cartaxineses (s. VI-V a.C.), antiga colonia fenicia situada na costa da actual Túnez, tras a conquista de Fenicia polos asirios. • Fundaron colonias como Ebusus (Eivisa) e Villaricos (Almería), aínda que Carthago Nova (Cartaxena) foi o expoñente máis claro do poder cartaxinés na Península. • Crearán un novo imperio dirixido pola familia dos Barca (Amílcar, Asdrúbal, Anibal) que se enfrontará cos romanos a finais do século III a.C. (guerras púnicas). 4. Os pobos prerromanos na Península Ibérica Cartaxineses
  • 119. Estatuiñas femininas procedentes da necrópole cartaxinesa de Puig de Molins (Ibiza)
  • 120. • Os historiadores gregos e romanos deixaron constancia escrita da existencia dun pobo coñecido por este nome. Tivo a súa expansión entre o 1.000 e 500 a.C. Espallouse por Andalucía occidental (desembocadura do Guadalquivir) e Extremadura. Non se atoparon restos de cidades pero si magníficos tesouros de ouro e prata (El Carambolo, en Sevilla e Aliseda, en Cáceres). • Aínda que a base da subsistencia debía ser a agricultura, a zona era enormente rica en minas de ouro, prata, cobre ou ferro. Desenvolveron un intenso comercio con asentamentos gregos e fenicios (perfumes, ámbar, cerámica e xoias). • A sociedade debía estar dominada por unha aristocracia. Textos antigos relatan a presenza dun monarca lendario, Argantonio (século VII-VI a.C.). Coñecían a escritura. No século VI esta civilización desapareceu por causas descoñecidas (esgotamento das minas ou dominio cartaxinés). 4. Os pobos prerromanos na Península Ibérica Tartesos
  • 121. Tesouro de Carambolo (Sevilla) Cultura tartésica Fte. Wikipedia
  • 123. • A cultura ibérica reflicte o impacto fenicio, grego e tartésico sobre o substrato indíxena. Desenvolveuse a partir do século VI a.C. na zona costeira do sur e leste peninsular, penetrando cara o interior polo val do río Ebro. • Estaba formada por un conxunto de pobos independentes pero que mantiñan trazos culturais e idiomáticos semellantes. Nos seus poboados vivían hábiles artesáns e agricultores, usaban a moeda e a escritura, e a sociedade estaba xerarquizada. • Ademais de restos de poboados, conservamos fermosas esculturas relacionadas con ritos funerarios e relixiosos (dama de Elche, dama de Baza, figuras do santuario do Cerro dos Santos...). 4. Os pobos prerromanos na Península Ibérica Íberos
  • 124.
  • 127. A dama de Elche (V-IV a.C.) Estatuiña feminina Castillar de Santiesteban (Xaén)
  • 128. A dama de Baza (IV a.C.) A dama de Cerro dos Santos (IV a.C.)
  • 130. • Sitúase no interior peninsular. • Os celtas principalmente na parte oeste das dúas submesetas • Os celtiberos na parte oriental da meseta norte. • Desenvolveron unha agricultura agropecuaria e fabricaban instrumentos e armas de ferro e bronce. Falaban un idioma indoeuropeo pero non coñecían nin a moeda nin a escritura. 4. Os pobos prerromanos na Península Ibérica Celtas e celtíberos
  • 133. Verróns chamados Touros de Guisando (Ávila) IV-I a.C.
  • 134. Fibelas para o cinto Fíbulas para unir a vestimenta Torques para o pescozo e brazos
  • 136. • Desenvolveuse no noroeste peninsular durante a Idade de Ferro a partir dun substrado indíxena da época final do Bronce sobre o que actuaron influencias culturais indoeuropeas de orixe celta. O elemento máis significativo será o castro, poboado defendido por fortificacións que acollen, no seu interior, construcións domésticas realizadas en pedra e nas que domina a planta redondeada. A maioría deles, como o caso do castro de Elviña, non foron inicialmente abandonados durante a romanización. 4. Os pobos prerromanos na Península Ibérica Cultura castrexa
  • 137. POBO LOCALIZACIÓN XEOGRÁFICA APROXIMADA ALBIÓNS val do Navia-Eo ARRÓNS Ortegal-Viveiro ÁRTABROS (ou Arrotrebas) ría de Ferrol-Betanzos-A Coruña BAEDIOS Betanzos BÍBALOS val do Búbal-O Bolo BRIGANTINOS Bergantiños CAPOBOS (ou Coporos) entre Padrón e Lugo CÉLTICOS entre Tambre e Begantiños CIBARCOS (ou Cabarcos) vales do Masma e o Eo CILENOS Caldas de Reis-Cuntis COELERNOS val de Arnoia-Celanova EGOVARROS-NAMARINOS val do Masma-serra de Meira? GROVIOS Tui-Baiona IADONES (ou Iadobes) Ortegal-Bares-Fazouro LAPATIENCOS ría de Ferrol-Ortigueira LEMAVOS Terra de Lemos LÍMICOS Limia NERIOS Fisterra-Terra de Soneira POEMANOS Lugo? PRAESTAMARCOS Barbanza SEURROS TRANSMINIENSES Alto Ulla-Sarria-Becerreá SUPERTAMARCOS val do Tambre-Noia SUSARROS Courel-Cebreiro TAMAGANOS Monterrei-Val do Támega POBOS CASTREXOS LOCALIZACIÓN APROXIMADA
  • 139. • A manifestación máis enxebre da cultura castrexa é o castro. Os castros celtas son poboados situados en montes e cantís qu normalmente teñen un acceso complicado. Están trazados con escaso sentido urbanístico e adoitan estar defendidos por foxos e sólidas murallas. • Consérvanse restos de moitos castros en toda Galicia: Sta. Tegra (A Guarda), Viladonga (Castro de Rei), Baroña (Porto do Son), Borneiro (Cabana), Fazouro (Foz) ou Elviña (A Coruña). • As súas casas son de estrutura circular ou rectangular, construíanse con pedra e tiñan teito cónico de palla e porta de madeira. Fóra dispoñína de almacén, forno e muíño de auga; o gando atábase ás paredes da casa. 4. Os pobos prerromanos na Península Ibérica Cultura castrexa
  • 142. Santa Tegra Patrimonio ou merendeiro? Festa do Monte. Agosto de 2018 Fte. La Voz de Galicia
  • 146.
  • 152. Castro de Elviña Fte. Wikipedia
  • 155. Tesouro de Elviña Museo Arqueolóxico Provincial Fte. Concello da Coruña
  • 158. 4. Os pobos prerromanos na Península Ibérica Cultura castrexa • A destreza no traballo dos metais permitiu a elaboración de xoias, como torques, diademas, brazaletes que forman parte da ourivaría castrexa. • As crenzas relixiosas eran moi diversificadas. Dábaselles culto ás divinidades protectoras dos animais e outras relacionadas coa guerra, os montes, a auga, os bosques e as encrucilladas de camiños. Os pobos galaicos non coñecían a escritura, aínda que deles temos novas a través de historiadores clásicos.
  • 159. Torque de Xanceda (Oroso) Estatua sedente (Xinzo de Limia)Diadema de Ribadeo
  • 160. Arracada de Berdoias (Vimianzo) III a.C. Guerreiro de Lesenho (Portugal) Cabeza (Rubiás-Bande)