Durante toda ahistoria, o ser humano intentou entender, dominar e crear a
enerxía de todas as formas posibles.
Antigamente, o home primitivo, indefenso e espido dispoñía soamente da enerxía
do seu corpo que proviña dos alimentos que inxería e, por suposto, do Sol que lles
transmitía a súa enerxía. Unha importante proporción da súa enerxía corporal
consumíaa en desprazarse, recoller froitos, loitar para defenderse dos inimigos... Esta
enerxía multiplicábase cando se reunían varios individuos co fin de realizar un
determinado traballo, por exemplo, cazar animais para comer ou aproveitar as súas
partes.
Ata fai 350.000 anos o home tiña un xeito de vida nómada e vivía en grupos
reducidos. Polo tanto, o home consumía moi pouca cantidade de enerxía e os residuos
tamén eran escasos e biodegradables. O Homo sapiens comezou a estenderse polo
mundo e a colonizar novos territorios: de África pasou a Oriente Próximo, Asia, Europa e
ata Australia e América.
Co tempo descubriu o valor do lume, xeralmente, co esforzo das súas propias
mans e a importancia do dominio desta fonte enerxética foi escenificado perfectamente
pola mitoloxía grega no Mito de Prometeo:
Prometeo estaba reunido con Zeus e todos os demais
deuses. Zeus propúxolle a Prometeo repartir unha caza.
Prometeo aceptou. Comezaron a descuartizar ao animal e
Prometeo separou unha parte do suculento touciño e
outra dos restos da criatura. Ofreceulle as dúas a Zeus e o
gran deus escolleu a mais apetitosa sen pensalo. Cando
limpou toda a graxa, encontrou un terrible engano: eran
todas as partes malas do animal.
Zeus preguntoulle a Prometeo o motivo de tal engano.
Este díxolle que os humanos tamén merecían a boa carne.
Para castigar a Prometeo, Zeus prohibiu aos humanos o
privilexio do lume divino, que caia á Terra en forma de
lóstrego.
Prometeo considerou que os humanos debían valerse por si mesmos e para compensar a
súa desgraza, otorgoulles a habilidade de crear lume.
Existían 2 tipos de lume:
- Lume Divino: Na etapa na que o ser humano non é capaz de controlar o lume e entón
pensaba que era un acto dos deuses. Caía á terra dos mortais en forma de lóstregos.
2.
- Lume Humano:A partir do control do lume polo home comeza unha busca continua de
novos recursos para mantelo vivo e para conseguir enerxía a partir del.
O home coñece a agricultura e a
gandería, co cal o lume vai ter
cambios no seu uso. Isto mellorou
moito a calidade da vida xa que
antes,
non
podían
cociñar,
defenderse dos animais, quentarse
nin alumear. Agora con todas estas
vantaxes a calidade de vida aumenta
considerablemente.
Sen embargo, o efecto máis
importante de todo este proceso foi
que o cerebro dos nosos ancestros
medrou e polo tanto, diversificouse
e
realizou
funcións
novas,
desenvolvendo capacidades como a
memoria a longo prazo e a solución
de problemas. Isto debeuse ao seguinte:
- Grazas á cocción dos alimentos, estes sabían mellor e dixeríanse máis facilmente polo
que as proteínas e os nutrientes influíron no seu sistema nervioso, modificándoo.
- En torno o lume e aos fogares desenvolveuse a familia con interaccións sociais con
outras familias e melloras na linguaxe e a comunicación.
- Co lume afiábanse con facilidade puntas de lanza,
combábase a madeira para facer arcos ou canoas,
traballábase a cerámica, moldeábase o ferro e outros
metais para elaborar utensilios.
- Sen o lume non habería a posibilidade de ter unha
iluminación dentro das covas para poder realizar as
pinturas rupestres. O lume permitiu levar a cabo a
tarefa de pintar e a tarefa de que outros contemplen
as pinturas, é dicir, a creación do artista e a visión
dos espectadores. Un cerebro que pinta ou un
cerebro que observa é un cerebro que pensa.
Podiamos resumir dicindo que o dominio do lume produciu, ao longo do tempo,
unha serie de cambios significativos:
3.
•
•
•
•
•
•
•
Cambio tecnolóxico: Aumentaa variedade de instrumental grazas ao dominio dos
metais.
Paso do nomadismo ao sedentarismo: Aparición dos primeiros poboados
Por primeira vez na historia hai excedente, o que á súa vez vai ter consecuencias
socioeconómicas e políticas:
Primeira revolución demográfica: Aumento significativo da poboación, coa
conseguinte necesidade de organización.
Aparición das clases sociais e a riqueza.
División do traballo, non por habilidades, forza física, sexo… senón por sectores:
primario, secundario e terciario, coa conseguinte aparición da artesanía e
comercio.
Aparecen as clases dirixentes: político - sacerdotais e militares (as guerras).
No
Neolítico
fixeron
outro
dos
descubrimentos que marcaría á humanidade:
a roda, invento fundamental na historia pola
súa gran utilidade en muíños, transportes e
como compoñente fundamental de distintas
máquinas .
Todos os cambios que se produciron
no Neolítico, fixeron que na Antigüidade o
consumo de enerxía aumentara.
A
poboación aumentou moito (de 15 a 200
millóns de habitantes) e as súas
necesidades tamén. As fontes de enerxía
principais eran tres e producían residuos reciclables:
•
•
•
Carbón vexetal e sobe todo a madeira : utilizábase para fornos alfareiros, para
fundir metais, para a construción, para cociñar... Este material suporá un gran
cambio xa que facilitara moito os medios de transporte, a industrialización e as
formas de vida pero tamén teremos a
primeira consecuencia negativa: unha
gran deforestación.
Nada era posible sen unha man de obra
abundante e barata: os escravos.
Esta man de obra foi facilitada polo uso
da enerxía animal (cabalos, mulas, bois,
4.
asnos...) que foimellorada con diversos instrumentos: o xugo frontal nos bois, o
colar ríxido nos cabalos ( de orixe centroasiático ), o estribo ( nacido na India no
S II a.C.) , o aparello en fileira ou atelaxe para aproveitar máis a forza de tracción,
a ferraxe para protexer os cascos.
Os
romanos melloraron
algunhas
técnicas agrícolas: Introduciron o arado
romano, prepararon muíños máis eficaces,
a prensa do aceite, técnicas de regadío e o
uso do abono.
Ao longo dos séculos os avances tecnolóxicos foron lentos. Os romanos do S.I non
terían ningunha dificultade para comprender a ciencia do S XVI , aínda que podemos
dicir que houbo importantes melloras no transcurso da Idade Media, sobre todo entre os
S XII e XIII. Por exemplo, no transcurso do S XI difundiuse o uso dun novo tipo de arado,
chamado de rodas e vertedoiro, que viña a substituír ó arado romano ou lixeiro (agás no
mundo mediterráneo). Tiña unha reixa para cortar o chan, un vertedoiro para voltear a
terra e unhas rodas
dianteiras.
Así
podíase penetrar a
maior profundidade
no solo, podendo
limpar, humidificar,
airear e recuperar a
fertilidade. Todo isto,
unido ó maior aproveitamento da enerxía animal e aos novos sistemas de rotacións de
cultivos fixeron que a agricultura mellorase.
Os pobos que vivían preto das augas
aprenderon a navegar sobre elas por medio de
canoas a remos, utilizando a súa propia enerxía .
Moi lentamente, aprenderon a aplicar a forza do
vento para empurrar velas montadas sobre as
súas primitivas embarcacións. Así, puideron
navegar máis rápido e máis lonxe e con menos
esforzo. A navegación con barcos de vela xunto
co uso de animais para desprazarse por terra,
5.
fixeron posible aexploración e a conquista doutros territorios. O comercio non sería
posible sen eses medios de transporte. Foron moitos os intentos que se realizaron
durante os séculos XVII e XVIII para descubrir un sistema de vapor para desprazar
embarcacións. Houbo que esperar ata finais do S XIX, en plena Revolución industrial, á
chegada da máquina de vapor que innovou profundamente a navegación, permitindo ao
home prescindir dos remos e do vento.
A humanidade sempre se caracterizou por intentar aproveitar os recursos que a
natureza lle ofrecía. Así, inventou os muíños
que permitían aforrar unha gran cantidade
de traballo humano ( un muíño hidráulico
equivale ó traballo de 40 homes). En primeiro
lugar apareceron
os muíños de auga,
xeneralizados a partir do S XI ( aínda que
coñecidos xa a partires do S II a.c.), e logo os
de vento.
En canto ós primeiros, dedicábanse a diversos
usos: batáns para panos , papeleiros para a
polpa, cervexeiros, de carballo para obter o
tanino para curtir as peles,… e sobe todo muíños cerealísticos. Un muíño fariñeiro podía
moer 1,5 Tm de trigo en 10 horas ( o equivalente ó traballo de 40 homes ). Polo que
respecta ós muíños de vento, empezáronse a introducir a partires do S XII, con eles
aumentaron as posibilidades de moer cereal en zonas de pouca auga ou moi chas ( por
exemplo, en Holanda, onde tivo un gran difusión). Tiñan unha plataforma xiratoria, o
que facilitaba o aproveitamento dos ventos de diferente dirección.
A forza da auga tamén se usaba para mover reloxos , para aserrar troncos, para
mover serras mecánicas para cortar pedras e mármore, nos martinetes de forxas e
ferrerías para cortar o ferro, para machucar vexetais na produción de mostos e cervexas,
noras ...
Como corresponde a unha época pre - industrial, predominan na Idade Media as
ferramentas sobre as máquinas. De tódolos xeitos, non se deixa de buscar un
movemento rotatorio continuo e autoxerado, e a súa transformación en movemento
lineal, o que acabou coa aparición do sistema biela-manivela a finais do S XIV.
A
Revolución
industrial supón un novo
comezo na utilización da
enerxía. Ata aquel momento,
as
fontes
enerxéticas
principais eran a madeira, a
auga, o vento e a enerxía
animal e humana.
6.
As novas fontesenerxéticas serán, a partir de agora o carbón, o petróleo e o gas
natural. Isto terá como consecuencia a expulsión á atmosfera de inxentes cantidades de
dióxido de carbono e outros gases de efecto invernadoiro.
Dise
que a Revolución
Industrial foi unha revolución porque
xerou importantes cambios na forma
de vida. O sector clave foi o sector
téxtil, que cos novos modos de
produción, podía producir máis
roupa que antes e a máis baixo
prezo. Un dos
cambios máis
importantes da época foi o uso do
vapor como enerxía. A forza do
vapor da auga (obtida co uso de
caldeiras alimentadas con carbón)
empezouse a empregar para mover
as pezas dos teares: xa non era o home quen tiña que mover as partes máis pesadas.
Un sector moi prexudicado pola expansión industrial foi o sector dos artesáns
,que non puideron competir coa velocidade e o baixo custo da produción industrial.
A máquina de vapor vai aumentar,
principalmente, a produción industrial e a
velocidade dos transportes por terra ao
principio (sobre todo co ferrocarril ) e despois
por mar (barco a vapor).
O
acontecido
durante
a
revolución industrial, vai ter
efectos inmediatos, xa non tan só
no sistema económico e político,
senón no social: Aparecen as
clases sociais. Hai quen ten que
traballar nas
fábricas
con
horarios de 12, 14 ó 16 horas por
día sen ningún dereito e
recibindo soldos miserables e hai
quen recibe moitos beneficios.
7.
Se tiveramos queextraer unha conclusión do consumo enerxético dende o S XIX
sería a absoluta dependencia dos hidrocarburos e da biomasa tradicional, ricos en
carbono e as súas consecuencias no medio ambiente.
Durante os séculos XX e XXI, a humanidade efectuou máis descubrimentos e
invencións que durante os milenios anteriores. Isto é debido a que calquera novo
descubrimento científico conduce a outro achegamento, polo que a innovación está
continuamente acumulándose. Sen embargo, o factor clave foi a transformación política
cara formas de maior liberdade persoal experimentada pola humanidade. Unha persoa
libre síntese ben co resultado das súas accións, ten un maior incentivo para inventar
ferramentas que lle axuden a aumentar a súa produtividade e o seu benestar; a
liberdade produce creatividade. O ser humano ten unha enorme capacidade para
inventar e progresar, que seguirá exercendo para que a nosa civilización siga
avanzando. O reto que ten é o descubrimento de enerxías limpas que permitan que as
xeracións futuras disfruten dun planeta nas mellores condicións.
Alberto Becerra Lampón
Jorge Castro Pérez
Alberte Fernández Castro
Miguel Pérez Domínguez
3º ESO A