SlideShare a Scribd company logo
SÍNTESE DA PROGRAMACIÓN (LOE) 3º ESO
2. Lexislación de referencia
- Real Decreto 1631/2006, polo que se establecen as ensinanzas mínimas
correspondentes á ESO (BOE 5 de xaneiro do 2007).
-Decreto 133/2007 polo que se establece o currículo da ESO na Comunidade
autónoma de Galicia (DOG 13 de xullo de 2007).
-Orde do 21 de decembro de 2007 pola que se regula a avaliación e
cualificación do alumnado da ESO na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG
7 de xaneiro do 2008) Corrección de erros (DOG 8 de febrero de 2008).
-Orde do 30 de xullo de 2007 pola que se regulan os programas de
diversificación curricular na ESO (DOG 21/08/2007)
-Orde do 23 de xuño de 2008 que modifica á do 21 de decembro de 2007 pola
que se regula a avaliación na educación secundaria obrigatoria na Comunidade
Autónoma de Galicia (DOG 24/06/2008)
3. Aspectos xerais da programación
Esta programación levarase a cabo no IES María Sarmiento de Viveiro,
poboación duns 16.211 habitantes, pero o centro recibe alumnos de concellos
póximos coma o de Mañón, Ourol, O Vicedo,Ortigueira, Xove,…Todo isto,
xunto co número de alumnos, distintos tipos de ensinanza, grupos, etc está
recollido no Proxecto Educativo de Centro (PEC) e no Proxecto Curricular do
Centro.
A respeito das propostas da Memoria do curso anterior, este ano cambiáronse
os libros de texto de 1º e 3º da ESO. Ao longo do 1º trimestre revisaremos o
sistema de recuperación de pendentes.
No mes de outubro faremos algunha proba, especialmente de comprensión
lectora e sen calificación numérica para preparar a avaliación inicial.
Este departamento imparte todas as materias en lingua galega.
Aspectos específicos da materia
O Departamento de Lingua galega e literatura traballará en colaboración co
Equipo de Normalización Lingüística do centro en todos os aspectos e
naquelas actividades que se plantexen ao longo do curso como así se veu
facendo estes anos anteriores.
4. Contribución da materia ás 8 competencias básicas: c. en comunicación
lingüística, c. matemática, c. no coñecemento e interacción co mundo físico,
Tratamento da información e competencia dixital, C. social e cidadá, C. cultural
e artística, C. aprender a aprender e Autonomia e iniciativa persoal.
Competencia en comunicación lingüística
- Recoñecemento de distintos tipos de textos segundo as súas características e
os recursos que empregan: descritivos, dialogados (diferenza entre estilo
directo e estilo indirecto), expositivos-informativos (contido, estrutura e
expresión), actas, regulamentos, editorial, artigo de opinión, columna, noticia,
crónica, entrevista, textos publicitarios, banda deseñada.
- Composición de textos de distintas tipoloxías tendo en conta as súas
características: actas de reunión e solicitudes, regulamentos, textos
xornalísticos, crónica, noticia, reportaxe, entrevista, textos descritivos.
- Identificación dos distintos tipos de morfemas que compoñen as palabras.
- Utilización adecuada do xénero e o número dos substantivos.
- Recoñecemento da frase nominal, da frase substantiva, da frase adxectiva, da
frase preposicional e da frase adverbial, así como das principais funcións
sintácticas que desempeñan na cláusula.
- Recoñecemento do adxectivo e das súas formas e funcións.
- Recoñecemento dos determinantes e da función que desempeñan: artigos,
demostrativos, posesivos, indefinidos, numerais.
- Recoñecemento das características do pronome persoal tónico e átono, así
como das súas formas e das funcións que realizan.
- Uso correcto do pronome de solidariedade e do pronome de segunda persoa
(te e che).
- Coñecemento das regras para a adecuada colocación do pronome átono.
- Recoñecemento das características formais do verbo, así como das funcións
que desempeña na cláusula.
- Coñecemento do modo e do tempo verbais.
- Diferenza entre verbos regulares e irregulares e coñecemento das
características particulares que presentan estes últimos.
- Coñecemento e identificación das formas nominais dos verbos: infinitivo,
xerundio e participio.
- Coñecemento da forma do infinitivo conxugado, así como dos casos en que
se pode usar e os casos en que non.
- Recoñecemento das perífrases verbais e do significado que adquiren nun
enunciado.
- Recoñecemento das preposicións, dos adverbios, das conxuncións e das
interxeccións, así como das funcións que desempeñan na cláusula.
- Recoñecemento e diferenciación das relacións semánticas que se producen
entre determinadas palabras.
- Recoñecemento das grafías, dígrafos e fonemas do galego, así como dos
seus nomes.
- Uso correcto dos grupos consonánticos.
- Recoñecemento e uso correcto do ditongo, tritongo e hiato.
- Coñecemento das regras de acentuación ortográfica e uso correcto destas
normas, diferenciando entre palabras agudas, graves e esdrúxulas, así como
coñecemento e uso correcto do til diacrítico.
- Uso correcto da puntuación: os dous puntos, os puntos suspensivos e o
guión.
- Recoñecemento das principais características que presenta a lingua medieval
empregada nas cantigas.
Competencia social e cidadá
- Participación en debates orais organizados, amosando unha actitude de
interese, cooperación e respecto cara ás intervencións de quen fala.
- Coñecemento das distintas linguas existentes na Península e valoración do
plurilingüismo como expresión da riqueza cultural da humanidade.
- Comprensión da situación sociolingüística galega coñecendo os fenómenos
de contacto de linguas.
- Comprensión da situación sociolingüística galega e das medidas
normalizadoras que se levan a cabo dende diversos ámbitos sociais.
- Recoñecemento das distintas variedades e rexistros da lingua galega.
- Participación en debates sobre o emprego da lingua galega nas aulas,
adoptando o rexistro adecuado a este tipo de situacións comunicativas.
- Coñecemento do contexto socioeconómico e cultural de Galicia durante a
Idade Media e relación coa literatura realizada naquela época.
- Coñecemento da evolución que sufriu a lingua galega dende a Ilustración ata
o 1900.
- Recoñecemento da cultura inmaterial galego-portuguesa e da necesidade de
conservala como legado cultural transmitido oralmente de xeración en xeración.
- Reflexión en grupo e análise crítica de temas de actualidade: situación social
da muller, a importancia dos avances científicos e tecnolóxicos, a situación
actual da inmigración, os problemas do medio natural...
Competencia no tratamento da información e dixital
- Uso das tecnoloxías da información e da comunicación para buscar
información e ampliar coñecementos sobre as características da lingua e sobre
distintos autores, autoras ou períodos literarios.
- Utilización das TIC para informarse e realizar traballos de investigación
referidos ao ámbito da sociolingüística.
- Coñecemento do emprego que se fai da lingua galega en Internet, así como
dos recursos tecnolóxicos que contribúen ao seu uso.
- Elaboración de resumos despois de buscar información sobre un asunto
determinado.
- Selección e análise de reportaxes, traballando en equipo.
- Coñecemento do papel das bibliotecas como elementos de promoción e
difusión da cultura.
Competencia cultural e artística
- Recoñecemento dos principais cancioneiros medievais da literatura galego-
portuguesa.
- Coñecemento dos axentes e dos xéneros literarios da lírica medieval galego-
portuguesa.
- Coñecemento das características das cantigas medievais (de amor, de amigo,
de escarnio e de maldicir, cantigas de Santa María) e da prosa medieval, tendo
en conta as principais características que presentan.
- Lectura expresiva e comprensiva e mais audición e recitado de textos
poéticos da lírica medieval galego-portuguesa.
- Creación de textos de intención literaria partindo das características das
cantigas de amigo e das cantigas de amor.
- Creación de textos de intención literaria partindo das características das
cantigas de escarnio e de maldicir, así como de modelos contemporáneos que
seguiron aquelas manifestacións.
- Coñecemento do contexto histórico dos Seculos Escuros, así como das
mostras literarias que se conservan desa época.
- Recoñecemento dos precursores da lingua e da literatura galega, e das
principais obras: Xoán Manuel Pintos e Francisco Añón.
- Coñecemento do contexto socio-histórico en que se produciu o Rexurdimento,
así como das distintas fases polas que pasou o galeguismo: provincialismo,
federalismo, rexionalismo e nacionalismo.
- Coñecemento biobibliográfico dos autores do Rexurdimento e das
características estruturais e temáticas das súas principais obras: Rosalía de
Castro (Cantares gallegos e Follas novas); Curros Enríquez (Aires da miña
terra e O divino sainete); Eduardo Pondal (Queixumes do pinos e Os Eoas).
- Coñecemento das principais características e xéneros da literatura popular de
transmisión oral.
- Composición de textos de intención literaria partindo doutros traballados na
aula.
- Recoñecemento e análise das principais características da linguaxe
cinematográfica.
- Coñecemento das características da lingua galega durante a Idade Moderna.
Competencia para aprender a aprender
- Ampliación do vocabulario e manexo da orde alfabética por medio da busca
de determinadas palabras no dicionario.
- Lectura, comprensión e análise de textos de distintas tipoloxías: narrativo,
informativo, poético, cómic, entrevista.
- Identificación das diversas clases de textos, así como as funcións da linguaxe
que presenta cada texto.
- Ampliación do léxico propio de distintos campos semánticos: a saúde e a
sanidade, o tempo meteorolóxico, as árbores, o libro e as bibliotecas, as novas
tecnoloxías, os peixes, os sentidos e a acción, as vacacións.
- Recoñecemento dos textos narrativos e dos principais elementos que os
caracterizan.
- Coñecemento das propiedades que deben presentar os textos: adecuación,
coherencia, cohesión e presentación.
- Identificación dos factores que inflúen na adecuación textual (intención, tema,
destinatario e soporte), así como identificación dalgúns procedementos de
cohesión textual (anáfora, substitución e deíxe).
Competencia para aprender a aprender
− Ampliación do coñecemento do vocabulario e da información que ofrece
o dicionario.
− Aplicación de técnicas de estudo que posibiliten a aprendizaxe e a
análise textual.
− Identificación das ideas principais dun texto.
− Elaboración de resumos, esquemas etc., tendo en conta a corrección
lingüística e a presentación coidada.
− Identificación do tema dun texto e aprender a titular escritos.
- Uso da técnica do subliñado para resaltar as ideas máis importantes dun
texto
Competencia para o desenvolvemento da autonomía e iniciativa persoal
− Lectura de maneira reflexiva e crítica e extracción de conclusións.
− Busca de información de maneira autónoma sobre os temas propostos.
4. Obxectivos da materia
a) Comprender discursos orais e escritos nos diversos contextos da actividade,
social, cultural e académica.
b) Expresarse oralmente de xeito correcto, coherente, creativo e adecuado aos
distintos contextos da actividade social, laboral e cultural, adoptando mediante
o diálogo actitudes de respecto e de colaboración cos demais.
c) Expresarse por escrito de xeito correcto, coherente, creativo e adecuado aos
distintos contextos da actividade social, laboral e cultural.
d) Utilizar eficazmente a lingua na actividade escolar para buscar, procesar e
analizar información e mais para redactar ou expoñer textos propios do ámbito
académico.
e) Utilizar criticamente e con progresiva autonomía as bibliotecas, os medios de
comunicación social e as TIC para obter, intepretar, elaborar e valorar
información de diversos tipos e opinións diferentes.
f) Aplicar con certa autonomía os coñecementos sobre a lingua e as normas de
uso lingüístico para comprender textos orais e escritos e mais para escribir e
falar con adecuación, coherencia e corrección.
g) Comprender as circunstancias que condicionaron a historia social da lingua
galega, afirmándoa como propia de Galicia, así como as que hoxe condicionan
o seu uso, de xeito que se estea en disposición de superar as que supoñen
obstáculo para a súa utilización en calquera contexto e situación.
h) Coñecer e respectar a realidade plurilingüe e pluricultural do Estado español,
de Europa e do mundo actual, facerse consciente da riqueza que representa e
entender as situacións que provoca o contacto de linguas.
i) Analizar os diferentes usos sociais das linguas para evitar os estereotipos
que supoñen xuízos de valor e prexuízos clasistas, racistas ou sexistas.
5. Contidos secuenciados e temporalizados
Nº Unidades didácticas Libro Temporalizac
.
Sesións/mes
Probas Avali
a
ción
1 Liter. Popular.
A narración. Estrutura, voz narradora,…
Adecuación textual
Diccionario.Relac. semánticas.
Formación das linguas peninsulares.
Morfoloxía.
O alfabeto.
Tema 1 Set./out.
1ª
2 Galicia na I.M.
A Cantiga de Amor.
Texto informativo
Coherencia textual.
Léx.;saúde e sanidade.
Hª social da lingua: o explendor
Substantivo. F subst. e f.n.
Sistema vocálico
Tema 2 Out. si
3 Cantiga de amigo.
A descrición
A cohesión textual.
Léx.: tempo meteorolóxico.
Linguas en contacto. O bilingüismo.
O adxectivo. A f. adxect.
Sistema consonántico.
Tema 3 Nov./dec si
4 Cont. Liter. Mval:escarnio e maldicir, CSMª
e prosa mval.
A noticia,A crónica.
Mecanismos de cohesión textual.
Tema 4 Xan. si
Léx.: as árbores
Linguas en contacto: proceso de substituc.
Lgca.
Os determinantes.
Grupos consonánticos.
2ª
5 Séculos Escuros e Precursores.
A entrevista.
Mecanismos de cohesión textual II.
Léx. O libro e as bibliotecas.
Hª social da lingua galega.A decadencia.
Os pronomes.
Grupos consonánticos.
Tema 5 Feb.
6 O Rexurdimento.Rosalía de Castro.
O diálogo
Mecanismos de cohesión textual III
Léx. As novas tecnoloxías.
Hª social da lingua gal..A dignificación.
O verbo.
Ditongo, tritongo,hiato.
Tema 6 marzo si
7 Curros Enríquez.
Textos formalizados: actas…
Conectores textuais I
Léx.:peixe
O proceso de normalizac. Lgca.
Fonmas nominais do
verbo.Perífrases.Regras de acentuación.
Tema 7 abril
3ª
8
Eduardo Pondal.
O cine
Conectores textuais II
Léx. Os sentidos e a acción.
Niveis e rexistros.
Preposicións.Adverbios.
Til diacrítico.
Tema 8
maio si
9 Prosa e teatro no XIX.
A banda deseñada.
A linguaxe non sexista.
Léx.: as vacacións.
Ling. En contacto: mestura de códigos…
Conxuncións e interxeccións
A diérese.
Tema 9 xuño si
6. Metodoloxía didáctica.
Proba ou probas de avaliación inicial a principio de curso, seguimento do libro
de texto, seleccionando as actividades oportunas e podendo darlle outros
materiais elexidos polo profesor. Farase un sondeo previo a cada unidade
didáctica para ver o que saben, o profesor explicará e o alumnado fará
exercicios escritos e orais (lectura, comprensión lectora, gramática,
vocabulario,redacción, ortografía, literatura,etc). Os exercicios correxiranse en
voz alta e usando o encerado, tamén se revisarán periodicamente os cadernos.
Fomentarase o uso das novas tecnoloxías e tamén o uso da biblioteca do
centro e da prensa.Realizaranse actividades extraescolares ao longo do curso
e diferentes probas (exames, traballos, fichas,… para comprobar o nivel de
adquisición de coñecementos.
Utilizarase o libro Lingua e literatura, 3º ESO de Xerais, dicionario,
ordenadores, encerado dixital,e algunha que outra fotocopia aportada polo
profesor; asimesmo haberá un libro de lectura cada avaliación.
7.Criterios de avaliación de 3º ESO
a) Comprende a intención comunicativa implícita, o tema, a idea principal e as
secundarias de textos propios dos medios de comunicación audiovisual. Así
mesmo, é quen de seguir e recoller resumidamente o desenvolvemento oral
dunha exposición académica.
b) Identifica e contrasta o propósito comunicativo en textos escritos do ámbito
público e dos medios de comunicación, así como da vida académica,
analizando criticamente os seus contidos, interpretando as connotacións e
mensaxes implícitas que deles se deduzan e inferindo o tema principal e os
secundarios. Comprende e segue nas instrucións que regulan a vida social e
os procesos de aprendizaxe complexos.
c) Realiza exposicións orais planificadas claras e áxiles de traballos e de
informacións de actualidade contrastando os diferentes puntos de vista e
opinións expresadas en distintos medios audiovisuais. Participa de forma
construtiva en diversas interaccións comunicativas (simulacións, traballos
colaborativos... ) respectando as regras que as rexen. Adopta o rexistro
adecuado a cada tipo de texto e situación.
d) Escribe textos propios dos medios de comunicación e dos ámbitos social e
académico, usando con progresiva liberdade os modelos propostos na aula.
Planifica e revisa os mencionados textos de maneira case autónoma para
asegurar a súa coherencia, cohesión, corrección e precisión léxica.
e) Consulta de maneira case autónoma textos en diferentes soportes co fin de
seleccionar e analizar criticamente a información relevante para integrala nas
propias producións, especialmente en traballos do ámbito académico
adecuados ao nivel.
f) Aplica os coñecementos sobre a lingua e as normas do uso lingüístico para
resolver problemas de comprensión e para compoñer e revisar de xeito
progresivamente autónomo os propios textos.
g) Recoñece, a través da reflexión sobre os usos discursivos, os mecanismos
da lingua, e coñece e usa a terminoloxía lingüística adecuada.
h) Identifica as causas e consecuencias dos feitos máis relevantes da historia
social da lingua galega anterior ao século XX; extrae os trazos principais que
definen a actual situación sociolingüística de Galicia, analizando criticamente
os condicionamentos da valoración e uso social do galego; utiliza a lingua
galega con fluidez e normalidade nos máis diversos contextos comunicativos.
i) Recoñece as causas da diversidade lingüística e dos procesos
sociolingüísticos e mais coñece e fai uso dos dereitos nesta materia.
l) Le con regularidade obras literarias e desenvolve criterio lector; expón unha
opinión persoal sobre a lectura dunha obra axeitada á idade, relacionando o
seu sentido coa propia experiencia e valorando a estrutura, os puntos de vista
e o emprego da linguaxe.
m) Utiliza os coñecementos literarios na comprensión de textos breves ou
fragmentos, atendendo especialmente á relación co contexto, á evolución dos
xéneros, formas e estilos e á funcionalidade dos recursos retóricos.
n) Participa de maneira activa na creación de textos de intención estética
tomando como modelo os lidos e comprendendo os recursos a empregar;
explica as relacións das obras co contexto histórico e literario en que aparecen
e os autores máis relevantes, realizando un traballo de información e de
síntese ou de resolución de problemas.
8. Procedementos e instrumentos de avaliación
A avaliación en Lingua e Literatura galegas é continua. Avalíanse
conxuntamente os contidos conceptuais e procedementais, que serán
avaliados fundamentalmente a partir dos exames escritos e aportan un 70%:
realizaranse 2 exames escritos por trimestre.
A lectura dun libro cada trimestre, a realización de exercicios, fichas e
exposicións orais tamén serán valoradas ao longo do curso.
En canto aos contidos actitudinais, estes aportarán un 10% da nota
concederase especial relevancia, xunto coa actitude, á entrega de exercícios, á
atención, participación e interese.
Os instrumentos de avaliación son:
A) Exames escritos.
B) Exercicios nos que se valorará a comprensión e a expresión oral e
escrita.
Probas escritas
Traballos individuais
Traballos en grupo
Probas orais
Traballo na aula
Observación e rexistro
Para a avaliación extraordinaria só se terá en conta o exame extraordinario.
Non se admiten outro tipo de probas.
10.Criterios de cualificación
-70%: realizaranse 2 exames escritos por trimestre.
-10%: Libro de lectura.
-10 %: Realización e corrección de exercicios e fichas, exposicións orais.
-10%: Actitude: 50% para a entrega de exercicios e 50% para a atención,
participación e interese.
11. Programa de recuperación e reforzo
-Avaliación dos alumnos con Lingua e Literatura Galega pendente de 1º:
1) Entregarásenlles exercicios ao longo do primeiro trimestre sobre os
contidos mínimos que establece a programación de aula de 2º da ESO, que
deberán devolver realizados ao profesor que imparte 3º da ESO ou ao Xefe de
Departamento, para a súa corrección e valoración. A puntuación destes
exercicios poderá ser ata un máximo de 4 puntos.
2) Exame escrito sobre os contidos mínimos establecidos para 2º da ESO,
polo que os alumnos poderán obter ata un máximo de 6 puntos. Este exame
realizarase en abril ou maio e a data seralles comunicada aos alumnos
alomenos cunha semana de antelación.
12. Medidas de atencion á diversidade
O departamento de Lingua Galega márcase o seguinte plan de traballo de cara
á atención á divesidade:
1.Avaliación inicial para detectar os alumnos con dificultades de comprensión,
expresión, com ritmos lentos e dificultades de aprendizaxe, descoñecemento
da lingua ou outras problemáticas.
2.Exercicios de reforzo axeitados para os alumnos con dificultades de
comprensión lectora e de expresión.
3.Exercicios específicos e adaptación curricular para os alumnos con ritmos
lentos e outras dificultades de aprendizaxe; sempre em colaboración co
departamento de Orientación.
4.Petición dun profesor de apoio para os casos máis complexos e colaboración
co departamento de Orientación para tratar cos casos dos alumnos con
grandes dificultades de aprendizaxe a todos os niveis, alumnos con
discapacidade psíquica e/ou sensorial.
5.Petición dun profesor de apoio e traballo específico con alumnos que
proceden de fóra de Galicia e non coñecen a lingua galega.
6. Adaptacións curriculares.
13. Actividades complementarias e extraescolares
-Asistencia a algunha representación teatral.
-Contacontos.
-Charlas e conferencias de escritores galegos de cara ao fomento da lectura.
-Viaxe cultural, relacionada con algún escritor galego ou outra figura da nosa
cultura, como pode ser ao Mondoñedo de Cunqueiro, á Terra Chá de Manuel
María, ao Viveiro dos Irmáns Vilar Ponte, etc. Sempre que sexa posible,
buscarase a colaboración con outros departamentos para levar a cabo unha
actividade transversal.
-Colaboración con outros departamentos e profesores que desenvolven
actividades relacionadas coa cultura e a lingua galega:
-na elaboración do xornal escolar O Provisional.
-nas actividades relacionadas co Día das Letras Galegas.
-nas campañas de fomento da lectura desenvolvidas pola Biblioteca do
Centro e noutras actividades que esta leve a cabo ao longo do curso a prol da
cultura galega.
Club de lectura
Visita a unha emisora de radio /periódico, biblioteca,exposicións, casa
museo,…
Representacións teatrais ou lectura teatralizada
Recitales poéticos ou maraton de lectura
Celebración de efemérides (día de Rosalía, da poesía,…)
14. Accións de contirbución ao plan lector
A programación de aula de Lingua e Literatura Galega de 3º da ESO xa inclúe
entre os seus obxectivos e contidos todo o relacionado coa lectura de todo tipo
de textos, encamiñada tanto a fomentar o gusto pola lectura cunha finalidade
lúdica como para mellorar a comprensión e a expresión do alumnado.
Cada tema ou unidade do libro de texto que se está empregando este curso
iníciase cun fragmento dun texto literario, do que os alumnos realizan a súa
lectura no seu momento e a partir da cal deberán responder unha serie de
cuestións, que teñen como obxectivo enriquecer o seu vocabulario, mellorar a
comprensión e realizar a análise dos recursos que os autores empregan e a
valoración crítica dos contidos que se tratan neles.
Tamén se valora ao longo do curso cun 10% da nota total a lectura dun libro en
cada un dos trimestres. A selección, que se fai tendo en conta a idade do
alumnado e mais os contidos e obxectivos establecidos para este curso, irase
completando ao longo do curso; Mais, como se dixo antes, a listaxe vai estar
aberta ás suxerencias do alumnado e aos novos libros que vaian aparecendo,
sempre e cando sexan axeitados.
Ademais dedicaranse á lectura as horas que estableza o plan lector elaborado
polo centro.
15. Accións de contribución ao plan TIC
Como podemos comprobar entre os contidos de 3º da ESO de Lingua Galega
xa se contempla no bloque de Comunicación oral e escrita o emprego das TIC
para as exposicións, a busca de información, a produción de textos escritos,
aproveitando as posibilidades dos procesadores de textos, correctores
ortográficos, etc.
O departamento de Lingua e Literatura Galega bota man destes recursos en
momentos puntuais, sobre todo para completar determinados temas:
-O diarios dixitais para o tema da prensa e os textos xornalísticos.
-Internet para completar as biografías dos autores estudados ao longo do
curso, en especial a dos autores aos que se lles foron dedicando o Día das
Letras Galegas e ao que se homenaxea este ano.
-Internet para as lecturas e/ou audicións de textos da literatura galega
axeitados ao alumnado.
-Internet para o estudo da orixe e a historia da lingua galega, páxinas coma a
de Galipedia ou Intergalcom.
Dicionarios online.
Uso de blogs específicos: son de poetas,..-
17. Educación en valores.
Educación para a igualdade,para a saúde, ambiental, para a paz,para a
solidariedade.A materia,lingua e literaturapode lograr unha educación en
valores, cunha boa escolla de textos, para que o alumno adquira valores
recoñecidos na nosa sociedade e presente unha actitude crítica e respectuosa
á vez coas opinións alleas; tamén se prestan para a introdución de valores as
exposicións orais que xurdan na aula.
18. Sistema para a acreditación de coñecementos previos
Avaliación inicial e sondaxe ao comezo de cada unidade didáctica.
19. Procedemento para avaliar a programación.
Seguimento trimestral: ao remate de cada trimestre analizaranse os resultados,
a programación impartida e o seu grao de cumprimento con respecto á
temporalización que se realizara a comezo de curso. De non cumprirse na súa
totalidade o plan establecido, tentarase, cando menos, desenvolver aqueles
apartados máis importantes no seguinte trimestre
A final de curso revisión de todos os puntos da programación e todos os
cambios han quedar recollidos na memoria final do curso para subsanar as
deficiencias atopadas.
20. Constancia de información ao alumnado
Exposición oral o primeiro día de clase dando a coñecer os aspectos máis
relevantes da programación; débeno recoller na 1ª páxina do caderno que
utilicen para a materia.Ao longo do curso expoñerase no taboleiro da aula.

More Related Content

Similar to Síntese da programación( 3º ESO) LOE

LOMLOE-CADRO CONTIDOS ESO para educación en galicia.docx.pdf
LOMLOE-CADRO CONTIDOS ESO para educación en galicia.docx.pdfLOMLOE-CADRO CONTIDOS ESO para educación en galicia.docx.pdf
LOMLOE-CADRO CONTIDOS ESO para educación en galicia.docx.pdf
MoniVL1
 
Prog. cultura clásica
Prog.  cultura clásicaProg.  cultura clásica
Prog. cultura clásicaxoserivas
 
Prog. cultura clásica
Prog.  cultura clásicaProg.  cultura clásica
Prog. cultura clásicaxoserivas
 
Orientación 2º eso
Orientación 2º esoOrientación 2º eso
Orientación 2º eso
Loudes Otero
 
Di Se Li 22 Fil
Di Se Li 22 FilDi Se Li 22 Fil
Di Se Li 22 FilLuz Zas
 
Reunion pais e nais 2º curso
Reunion pais e nais 2º cursoReunion pais e nais 2º curso
Reunion pais e nais 2º curso
psargibay
 
Di Se Li 22
Di Se Li 22Di Se Li 22
Di Se Li 22Luz Zas
 
Di Se Li 22
Di Se Li 22Di Se Li 22
Di Se Li 22Luz Zas
 
PROGRAMACIÓN LATÍN I
PROGRAMACIÓN LATÍN IPROGRAMACIÓN LATÍN I
XesúS Ferro Ruibal
XesúS Ferro RuibalXesúS Ferro Ruibal
XesúS Ferro Ruibalequipobiblio
 
As orixes do galego
As orixes do galegoAs orixes do galego
As orixes do galegoMarlou
 
Evaluacion y estándares de aprendizaje
Evaluacion y estándares de aprendizajeEvaluacion y estándares de aprendizaje
Evaluacion y estándares de aprendizaje
asblas
 
Tui, historia e naturaleza
Tui, historia e naturalezaTui, historia e naturaleza
Tui, historia e naturaleza
guillareta
 

Similar to Síntese da programación( 3º ESO) LOE (20)

LOMLOE-CADRO CONTIDOS ESO para educación en galicia.docx.pdf
LOMLOE-CADRO CONTIDOS ESO para educación en galicia.docx.pdfLOMLOE-CADRO CONTIDOS ESO para educación en galicia.docx.pdf
LOMLOE-CADRO CONTIDOS ESO para educación en galicia.docx.pdf
 
Prog. cultura clásica
Prog.  cultura clásicaProg.  cultura clásica
Prog. cultura clásica
 
Prog. cultura clásica
Prog.  cultura clásicaProg.  cultura clásica
Prog. cultura clásica
 
Programación de Latín II (2010-2011)
Programación de Latín II (2010-2011)Programación de Latín II (2010-2011)
Programación de Latín II (2010-2011)
 
PROGRAMACIÓN LATÍN II
PROGRAMACIÓN LATÍN IIPROGRAMACIÓN LATÍN II
PROGRAMACIÓN LATÍN II
 
Reunion de decembro
Reunion de decembroReunion de decembro
Reunion de decembro
 
Guía de Poesía
Guía de PoesíaGuía de Poesía
Guía de Poesía
 
Orientación 2º eso
Orientación 2º esoOrientación 2º eso
Orientación 2º eso
 
Di Se Li 22 Fil
Di Se Li 22 FilDi Se Li 22 Fil
Di Se Li 22 Fil
 
Reunión pais outubro2017
Reunión pais outubro2017Reunión pais outubro2017
Reunión pais outubro2017
 
Reunión pais outubro2017
Reunión pais outubro2017Reunión pais outubro2017
Reunión pais outubro2017
 
Reunion pais e nais 2º curso
Reunion pais e nais 2º cursoReunion pais e nais 2º curso
Reunion pais e nais 2º curso
 
Di Se Li 22
Di Se Li 22Di Se Li 22
Di Se Li 22
 
Di Se Li 22
Di Se Li 22Di Se Li 22
Di Se Li 22
 
PROGRAMACIÓN LATÍN I
PROGRAMACIÓN LATÍN IPROGRAMACIÓN LATÍN I
PROGRAMACIÓN LATÍN I
 
XesúS Ferro Ruibal
XesúS Ferro RuibalXesúS Ferro Ruibal
XesúS Ferro Ruibal
 
As orixes do galego
As orixes do galegoAs orixes do galego
As orixes do galego
 
Evaluacion y estándares de aprendizaje
Evaluacion y estándares de aprendizajeEvaluacion y estándares de aprendizaje
Evaluacion y estándares de aprendizaje
 
Tâche 2
Tâche 2Tâche 2
Tâche 2
 
Tui, historia e naturaleza
Tui, historia e naturalezaTui, historia e naturaleza
Tui, historia e naturaleza
 

More from Isabel Bsoto

A Idade Media PMAR
A Idade Media PMARA Idade Media PMAR
A Idade Media PMAR
Isabel Bsoto
 
Lecturas
LecturasLecturas
Lecturas
Isabel Bsoto
 
Orientacións para o comentario de texto da lírica medieval
Orientacións para o comentario de texto da lírica medievalOrientacións para o comentario de texto da lírica medieval
Orientacións para o comentario de texto da lírica medieval
Isabel Bsoto
 
Rúbrica traballo grupo Materia de Bretaña
Rúbrica traballo grupo Materia de BretañaRúbrica traballo grupo Materia de Bretaña
Rúbrica traballo grupo Materia de Bretaña
Isabel Bsoto
 
Proxecto mínimo viable
Proxecto mínimo viableProxecto mínimo viable
Proxecto mínimo viable
Isabel Bsoto
 
Guión de proyecto de investigación abp
Guión de proyecto de investigación abpGuión de proyecto de investigación abp
Guión de proyecto de investigación abp
Isabel Bsoto
 
Poemas pedra letras galegas 2014
Poemas pedra letras galegas 2014Poemas pedra letras galegas 2014
Poemas pedra letras galegas 2014
Isabel Bsoto
 
Proyecto mínimo viable
Proyecto mínimo viableProyecto mínimo viable
Proyecto mínimo viable
Isabel Bsoto
 
Análisis Proyecto ABP para # ABP mooc intef
Análisis Proyecto ABP para # ABP mooc intefAnálisis Proyecto ABP para # ABP mooc intef
Análisis Proyecto ABP para # ABP mooc intef
Isabel Bsoto
 
Rúbrica traballo en grupo
Rúbrica traballo en grupoRúbrica traballo en grupo
Rúbrica traballo en grupo
Isabel Bsoto
 
Traballamos a descrición, 1º ESO, 1ª avaliación
Traballamos a descrición, 1º ESO, 1ª avaliaciónTraballamos a descrición, 1º ESO, 1ª avaliación
Traballamos a descrición, 1º ESO, 1ª avaliaciónIsabel Bsoto
 
O texto publicitario
O texto publicitarioO texto publicitario
O texto publicitario
Isabel Bsoto
 
Time rime é unha aplicación web en liña que permite crear liñas do tempo.
Time rime é unha aplicación web en liña que permite crear liñas do tempo.Time rime é unha aplicación web en liña que permite crear liñas do tempo.
Time rime é unha aplicación web en liña que permite crear liñas do tempo.
Isabel Bsoto
 
Time rime é unha aplicación web en liña que permite crear
Time rime é unha aplicación web en liña que permite crearTime rime é unha aplicación web en liña que permite crear
Time rime é unha aplicación web en liña que permite crearIsabel Bsoto
 
Prospecto
ProspectoProspecto
Prospecto
Isabel Bsoto
 
Comentario 1º ESO (B)
Comentario 1º ESO (B)Comentario 1º ESO (B)
Comentario 1º ESO (B)
Isabel Bsoto
 
Proba 29 novembro,1 º ESO A
Proba 29 novembro,1 º ESO AProba 29 novembro,1 º ESO A
Proba 29 novembro,1 º ESO A
Isabel Bsoto
 
Plantilla descrición 1
Plantilla descrición 1Plantilla descrición 1
Plantilla descrición 1Isabel Bsoto
 
4º eso ( pdc ) contidos do curso. ies maría sarmiento.viveiro
4º eso ( pdc ) contidos do curso. ies maría sarmiento.viveiro4º eso ( pdc ) contidos do curso. ies maría sarmiento.viveiro
4º eso ( pdc ) contidos do curso. ies maría sarmiento.viveiro
Isabel Bsoto
 

More from Isabel Bsoto (19)

A Idade Media PMAR
A Idade Media PMARA Idade Media PMAR
A Idade Media PMAR
 
Lecturas
LecturasLecturas
Lecturas
 
Orientacións para o comentario de texto da lírica medieval
Orientacións para o comentario de texto da lírica medievalOrientacións para o comentario de texto da lírica medieval
Orientacións para o comentario de texto da lírica medieval
 
Rúbrica traballo grupo Materia de Bretaña
Rúbrica traballo grupo Materia de BretañaRúbrica traballo grupo Materia de Bretaña
Rúbrica traballo grupo Materia de Bretaña
 
Proxecto mínimo viable
Proxecto mínimo viableProxecto mínimo viable
Proxecto mínimo viable
 
Guión de proyecto de investigación abp
Guión de proyecto de investigación abpGuión de proyecto de investigación abp
Guión de proyecto de investigación abp
 
Poemas pedra letras galegas 2014
Poemas pedra letras galegas 2014Poemas pedra letras galegas 2014
Poemas pedra letras galegas 2014
 
Proyecto mínimo viable
Proyecto mínimo viableProyecto mínimo viable
Proyecto mínimo viable
 
Análisis Proyecto ABP para # ABP mooc intef
Análisis Proyecto ABP para # ABP mooc intefAnálisis Proyecto ABP para # ABP mooc intef
Análisis Proyecto ABP para # ABP mooc intef
 
Rúbrica traballo en grupo
Rúbrica traballo en grupoRúbrica traballo en grupo
Rúbrica traballo en grupo
 
Traballamos a descrición, 1º ESO, 1ª avaliación
Traballamos a descrición, 1º ESO, 1ª avaliaciónTraballamos a descrición, 1º ESO, 1ª avaliación
Traballamos a descrición, 1º ESO, 1ª avaliación
 
O texto publicitario
O texto publicitarioO texto publicitario
O texto publicitario
 
Time rime é unha aplicación web en liña que permite crear liñas do tempo.
Time rime é unha aplicación web en liña que permite crear liñas do tempo.Time rime é unha aplicación web en liña que permite crear liñas do tempo.
Time rime é unha aplicación web en liña que permite crear liñas do tempo.
 
Time rime é unha aplicación web en liña que permite crear
Time rime é unha aplicación web en liña que permite crearTime rime é unha aplicación web en liña que permite crear
Time rime é unha aplicación web en liña que permite crear
 
Prospecto
ProspectoProspecto
Prospecto
 
Comentario 1º ESO (B)
Comentario 1º ESO (B)Comentario 1º ESO (B)
Comentario 1º ESO (B)
 
Proba 29 novembro,1 º ESO A
Proba 29 novembro,1 º ESO AProba 29 novembro,1 º ESO A
Proba 29 novembro,1 º ESO A
 
Plantilla descrición 1
Plantilla descrición 1Plantilla descrición 1
Plantilla descrición 1
 
4º eso ( pdc ) contidos do curso. ies maría sarmiento.viveiro
4º eso ( pdc ) contidos do curso. ies maría sarmiento.viveiro4º eso ( pdc ) contidos do curso. ies maría sarmiento.viveiro
4º eso ( pdc ) contidos do curso. ies maría sarmiento.viveiro
 

Síntese da programación( 3º ESO) LOE

  • 1. SÍNTESE DA PROGRAMACIÓN (LOE) 3º ESO 2. Lexislación de referencia - Real Decreto 1631/2006, polo que se establecen as ensinanzas mínimas correspondentes á ESO (BOE 5 de xaneiro do 2007). -Decreto 133/2007 polo que se establece o currículo da ESO na Comunidade autónoma de Galicia (DOG 13 de xullo de 2007). -Orde do 21 de decembro de 2007 pola que se regula a avaliación e cualificación do alumnado da ESO na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG 7 de xaneiro do 2008) Corrección de erros (DOG 8 de febrero de 2008). -Orde do 30 de xullo de 2007 pola que se regulan os programas de diversificación curricular na ESO (DOG 21/08/2007) -Orde do 23 de xuño de 2008 que modifica á do 21 de decembro de 2007 pola que se regula a avaliación na educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG 24/06/2008) 3. Aspectos xerais da programación Esta programación levarase a cabo no IES María Sarmiento de Viveiro, poboación duns 16.211 habitantes, pero o centro recibe alumnos de concellos póximos coma o de Mañón, Ourol, O Vicedo,Ortigueira, Xove,…Todo isto, xunto co número de alumnos, distintos tipos de ensinanza, grupos, etc está recollido no Proxecto Educativo de Centro (PEC) e no Proxecto Curricular do Centro. A respeito das propostas da Memoria do curso anterior, este ano cambiáronse os libros de texto de 1º e 3º da ESO. Ao longo do 1º trimestre revisaremos o sistema de recuperación de pendentes. No mes de outubro faremos algunha proba, especialmente de comprensión lectora e sen calificación numérica para preparar a avaliación inicial. Este departamento imparte todas as materias en lingua galega. Aspectos específicos da materia O Departamento de Lingua galega e literatura traballará en colaboración co Equipo de Normalización Lingüística do centro en todos os aspectos e naquelas actividades que se plantexen ao longo do curso como así se veu facendo estes anos anteriores.
  • 2. 4. Contribución da materia ás 8 competencias básicas: c. en comunicación lingüística, c. matemática, c. no coñecemento e interacción co mundo físico, Tratamento da información e competencia dixital, C. social e cidadá, C. cultural e artística, C. aprender a aprender e Autonomia e iniciativa persoal. Competencia en comunicación lingüística - Recoñecemento de distintos tipos de textos segundo as súas características e os recursos que empregan: descritivos, dialogados (diferenza entre estilo directo e estilo indirecto), expositivos-informativos (contido, estrutura e expresión), actas, regulamentos, editorial, artigo de opinión, columna, noticia, crónica, entrevista, textos publicitarios, banda deseñada. - Composición de textos de distintas tipoloxías tendo en conta as súas características: actas de reunión e solicitudes, regulamentos, textos xornalísticos, crónica, noticia, reportaxe, entrevista, textos descritivos. - Identificación dos distintos tipos de morfemas que compoñen as palabras. - Utilización adecuada do xénero e o número dos substantivos. - Recoñecemento da frase nominal, da frase substantiva, da frase adxectiva, da frase preposicional e da frase adverbial, así como das principais funcións sintácticas que desempeñan na cláusula. - Recoñecemento do adxectivo e das súas formas e funcións. - Recoñecemento dos determinantes e da función que desempeñan: artigos, demostrativos, posesivos, indefinidos, numerais. - Recoñecemento das características do pronome persoal tónico e átono, así como das súas formas e das funcións que realizan. - Uso correcto do pronome de solidariedade e do pronome de segunda persoa (te e che). - Coñecemento das regras para a adecuada colocación do pronome átono. - Recoñecemento das características formais do verbo, así como das funcións que desempeña na cláusula. - Coñecemento do modo e do tempo verbais. - Diferenza entre verbos regulares e irregulares e coñecemento das características particulares que presentan estes últimos. - Coñecemento e identificación das formas nominais dos verbos: infinitivo, xerundio e participio.
  • 3. - Coñecemento da forma do infinitivo conxugado, así como dos casos en que se pode usar e os casos en que non. - Recoñecemento das perífrases verbais e do significado que adquiren nun enunciado. - Recoñecemento das preposicións, dos adverbios, das conxuncións e das interxeccións, así como das funcións que desempeñan na cláusula. - Recoñecemento e diferenciación das relacións semánticas que se producen entre determinadas palabras. - Recoñecemento das grafías, dígrafos e fonemas do galego, así como dos seus nomes. - Uso correcto dos grupos consonánticos. - Recoñecemento e uso correcto do ditongo, tritongo e hiato. - Coñecemento das regras de acentuación ortográfica e uso correcto destas normas, diferenciando entre palabras agudas, graves e esdrúxulas, así como coñecemento e uso correcto do til diacrítico. - Uso correcto da puntuación: os dous puntos, os puntos suspensivos e o guión. - Recoñecemento das principais características que presenta a lingua medieval empregada nas cantigas. Competencia social e cidadá - Participación en debates orais organizados, amosando unha actitude de interese, cooperación e respecto cara ás intervencións de quen fala. - Coñecemento das distintas linguas existentes na Península e valoración do plurilingüismo como expresión da riqueza cultural da humanidade. - Comprensión da situación sociolingüística galega coñecendo os fenómenos de contacto de linguas. - Comprensión da situación sociolingüística galega e das medidas normalizadoras que se levan a cabo dende diversos ámbitos sociais. - Recoñecemento das distintas variedades e rexistros da lingua galega. - Participación en debates sobre o emprego da lingua galega nas aulas, adoptando o rexistro adecuado a este tipo de situacións comunicativas. - Coñecemento do contexto socioeconómico e cultural de Galicia durante a Idade Media e relación coa literatura realizada naquela época.
  • 4. - Coñecemento da evolución que sufriu a lingua galega dende a Ilustración ata o 1900. - Recoñecemento da cultura inmaterial galego-portuguesa e da necesidade de conservala como legado cultural transmitido oralmente de xeración en xeración. - Reflexión en grupo e análise crítica de temas de actualidade: situación social da muller, a importancia dos avances científicos e tecnolóxicos, a situación actual da inmigración, os problemas do medio natural... Competencia no tratamento da información e dixital - Uso das tecnoloxías da información e da comunicación para buscar información e ampliar coñecementos sobre as características da lingua e sobre distintos autores, autoras ou períodos literarios. - Utilización das TIC para informarse e realizar traballos de investigación referidos ao ámbito da sociolingüística. - Coñecemento do emprego que se fai da lingua galega en Internet, así como dos recursos tecnolóxicos que contribúen ao seu uso. - Elaboración de resumos despois de buscar información sobre un asunto determinado. - Selección e análise de reportaxes, traballando en equipo. - Coñecemento do papel das bibliotecas como elementos de promoción e difusión da cultura. Competencia cultural e artística - Recoñecemento dos principais cancioneiros medievais da literatura galego- portuguesa. - Coñecemento dos axentes e dos xéneros literarios da lírica medieval galego- portuguesa. - Coñecemento das características das cantigas medievais (de amor, de amigo, de escarnio e de maldicir, cantigas de Santa María) e da prosa medieval, tendo en conta as principais características que presentan. - Lectura expresiva e comprensiva e mais audición e recitado de textos poéticos da lírica medieval galego-portuguesa. - Creación de textos de intención literaria partindo das características das cantigas de amigo e das cantigas de amor.
  • 5. - Creación de textos de intención literaria partindo das características das cantigas de escarnio e de maldicir, así como de modelos contemporáneos que seguiron aquelas manifestacións. - Coñecemento do contexto histórico dos Seculos Escuros, así como das mostras literarias que se conservan desa época. - Recoñecemento dos precursores da lingua e da literatura galega, e das principais obras: Xoán Manuel Pintos e Francisco Añón. - Coñecemento do contexto socio-histórico en que se produciu o Rexurdimento, así como das distintas fases polas que pasou o galeguismo: provincialismo, federalismo, rexionalismo e nacionalismo. - Coñecemento biobibliográfico dos autores do Rexurdimento e das características estruturais e temáticas das súas principais obras: Rosalía de Castro (Cantares gallegos e Follas novas); Curros Enríquez (Aires da miña terra e O divino sainete); Eduardo Pondal (Queixumes do pinos e Os Eoas). - Coñecemento das principais características e xéneros da literatura popular de transmisión oral. - Composición de textos de intención literaria partindo doutros traballados na aula. - Recoñecemento e análise das principais características da linguaxe cinematográfica. - Coñecemento das características da lingua galega durante a Idade Moderna. Competencia para aprender a aprender - Ampliación do vocabulario e manexo da orde alfabética por medio da busca de determinadas palabras no dicionario. - Lectura, comprensión e análise de textos de distintas tipoloxías: narrativo, informativo, poético, cómic, entrevista. - Identificación das diversas clases de textos, así como as funcións da linguaxe que presenta cada texto. - Ampliación do léxico propio de distintos campos semánticos: a saúde e a sanidade, o tempo meteorolóxico, as árbores, o libro e as bibliotecas, as novas tecnoloxías, os peixes, os sentidos e a acción, as vacacións. - Recoñecemento dos textos narrativos e dos principais elementos que os caracterizan.
  • 6. - Coñecemento das propiedades que deben presentar os textos: adecuación, coherencia, cohesión e presentación. - Identificación dos factores que inflúen na adecuación textual (intención, tema, destinatario e soporte), así como identificación dalgúns procedementos de cohesión textual (anáfora, substitución e deíxe). Competencia para aprender a aprender − Ampliación do coñecemento do vocabulario e da información que ofrece o dicionario. − Aplicación de técnicas de estudo que posibiliten a aprendizaxe e a análise textual. − Identificación das ideas principais dun texto. − Elaboración de resumos, esquemas etc., tendo en conta a corrección lingüística e a presentación coidada. − Identificación do tema dun texto e aprender a titular escritos. - Uso da técnica do subliñado para resaltar as ideas máis importantes dun texto Competencia para o desenvolvemento da autonomía e iniciativa persoal − Lectura de maneira reflexiva e crítica e extracción de conclusións. − Busca de información de maneira autónoma sobre os temas propostos. 4. Obxectivos da materia a) Comprender discursos orais e escritos nos diversos contextos da actividade, social, cultural e académica. b) Expresarse oralmente de xeito correcto, coherente, creativo e adecuado aos distintos contextos da actividade social, laboral e cultural, adoptando mediante o diálogo actitudes de respecto e de colaboración cos demais. c) Expresarse por escrito de xeito correcto, coherente, creativo e adecuado aos distintos contextos da actividade social, laboral e cultural. d) Utilizar eficazmente a lingua na actividade escolar para buscar, procesar e analizar información e mais para redactar ou expoñer textos propios do ámbito académico. e) Utilizar criticamente e con progresiva autonomía as bibliotecas, os medios de comunicación social e as TIC para obter, intepretar, elaborar e valorar información de diversos tipos e opinións diferentes.
  • 7. f) Aplicar con certa autonomía os coñecementos sobre a lingua e as normas de uso lingüístico para comprender textos orais e escritos e mais para escribir e falar con adecuación, coherencia e corrección. g) Comprender as circunstancias que condicionaron a historia social da lingua galega, afirmándoa como propia de Galicia, así como as que hoxe condicionan o seu uso, de xeito que se estea en disposición de superar as que supoñen obstáculo para a súa utilización en calquera contexto e situación. h) Coñecer e respectar a realidade plurilingüe e pluricultural do Estado español, de Europa e do mundo actual, facerse consciente da riqueza que representa e entender as situacións que provoca o contacto de linguas. i) Analizar os diferentes usos sociais das linguas para evitar os estereotipos que supoñen xuízos de valor e prexuízos clasistas, racistas ou sexistas. 5. Contidos secuenciados e temporalizados Nº Unidades didácticas Libro Temporalizac . Sesións/mes Probas Avali a ción 1 Liter. Popular. A narración. Estrutura, voz narradora,… Adecuación textual Diccionario.Relac. semánticas. Formación das linguas peninsulares. Morfoloxía. O alfabeto. Tema 1 Set./out. 1ª 2 Galicia na I.M. A Cantiga de Amor. Texto informativo Coherencia textual. Léx.;saúde e sanidade. Hª social da lingua: o explendor Substantivo. F subst. e f.n. Sistema vocálico Tema 2 Out. si 3 Cantiga de amigo. A descrición A cohesión textual. Léx.: tempo meteorolóxico. Linguas en contacto. O bilingüismo. O adxectivo. A f. adxect. Sistema consonántico. Tema 3 Nov./dec si 4 Cont. Liter. Mval:escarnio e maldicir, CSMª e prosa mval. A noticia,A crónica. Mecanismos de cohesión textual. Tema 4 Xan. si
  • 8. Léx.: as árbores Linguas en contacto: proceso de substituc. Lgca. Os determinantes. Grupos consonánticos. 2ª 5 Séculos Escuros e Precursores. A entrevista. Mecanismos de cohesión textual II. Léx. O libro e as bibliotecas. Hª social da lingua galega.A decadencia. Os pronomes. Grupos consonánticos. Tema 5 Feb. 6 O Rexurdimento.Rosalía de Castro. O diálogo Mecanismos de cohesión textual III Léx. As novas tecnoloxías. Hª social da lingua gal..A dignificación. O verbo. Ditongo, tritongo,hiato. Tema 6 marzo si 7 Curros Enríquez. Textos formalizados: actas… Conectores textuais I Léx.:peixe O proceso de normalizac. Lgca. Fonmas nominais do verbo.Perífrases.Regras de acentuación. Tema 7 abril 3ª 8 Eduardo Pondal. O cine Conectores textuais II Léx. Os sentidos e a acción. Niveis e rexistros. Preposicións.Adverbios. Til diacrítico. Tema 8 maio si 9 Prosa e teatro no XIX. A banda deseñada. A linguaxe non sexista. Léx.: as vacacións. Ling. En contacto: mestura de códigos… Conxuncións e interxeccións A diérese. Tema 9 xuño si 6. Metodoloxía didáctica.
  • 9. Proba ou probas de avaliación inicial a principio de curso, seguimento do libro de texto, seleccionando as actividades oportunas e podendo darlle outros materiais elexidos polo profesor. Farase un sondeo previo a cada unidade didáctica para ver o que saben, o profesor explicará e o alumnado fará exercicios escritos e orais (lectura, comprensión lectora, gramática, vocabulario,redacción, ortografía, literatura,etc). Os exercicios correxiranse en voz alta e usando o encerado, tamén se revisarán periodicamente os cadernos. Fomentarase o uso das novas tecnoloxías e tamén o uso da biblioteca do centro e da prensa.Realizaranse actividades extraescolares ao longo do curso e diferentes probas (exames, traballos, fichas,… para comprobar o nivel de adquisición de coñecementos. Utilizarase o libro Lingua e literatura, 3º ESO de Xerais, dicionario, ordenadores, encerado dixital,e algunha que outra fotocopia aportada polo profesor; asimesmo haberá un libro de lectura cada avaliación. 7.Criterios de avaliación de 3º ESO a) Comprende a intención comunicativa implícita, o tema, a idea principal e as secundarias de textos propios dos medios de comunicación audiovisual. Así mesmo, é quen de seguir e recoller resumidamente o desenvolvemento oral dunha exposición académica. b) Identifica e contrasta o propósito comunicativo en textos escritos do ámbito público e dos medios de comunicación, así como da vida académica, analizando criticamente os seus contidos, interpretando as connotacións e mensaxes implícitas que deles se deduzan e inferindo o tema principal e os secundarios. Comprende e segue nas instrucións que regulan a vida social e os procesos de aprendizaxe complexos. c) Realiza exposicións orais planificadas claras e áxiles de traballos e de informacións de actualidade contrastando os diferentes puntos de vista e opinións expresadas en distintos medios audiovisuais. Participa de forma construtiva en diversas interaccións comunicativas (simulacións, traballos colaborativos... ) respectando as regras que as rexen. Adopta o rexistro adecuado a cada tipo de texto e situación. d) Escribe textos propios dos medios de comunicación e dos ámbitos social e académico, usando con progresiva liberdade os modelos propostos na aula. Planifica e revisa os mencionados textos de maneira case autónoma para asegurar a súa coherencia, cohesión, corrección e precisión léxica. e) Consulta de maneira case autónoma textos en diferentes soportes co fin de seleccionar e analizar criticamente a información relevante para integrala nas propias producións, especialmente en traballos do ámbito académico adecuados ao nivel.
  • 10. f) Aplica os coñecementos sobre a lingua e as normas do uso lingüístico para resolver problemas de comprensión e para compoñer e revisar de xeito progresivamente autónomo os propios textos. g) Recoñece, a través da reflexión sobre os usos discursivos, os mecanismos da lingua, e coñece e usa a terminoloxía lingüística adecuada. h) Identifica as causas e consecuencias dos feitos máis relevantes da historia social da lingua galega anterior ao século XX; extrae os trazos principais que definen a actual situación sociolingüística de Galicia, analizando criticamente os condicionamentos da valoración e uso social do galego; utiliza a lingua galega con fluidez e normalidade nos máis diversos contextos comunicativos. i) Recoñece as causas da diversidade lingüística e dos procesos sociolingüísticos e mais coñece e fai uso dos dereitos nesta materia. l) Le con regularidade obras literarias e desenvolve criterio lector; expón unha opinión persoal sobre a lectura dunha obra axeitada á idade, relacionando o seu sentido coa propia experiencia e valorando a estrutura, os puntos de vista e o emprego da linguaxe. m) Utiliza os coñecementos literarios na comprensión de textos breves ou fragmentos, atendendo especialmente á relación co contexto, á evolución dos xéneros, formas e estilos e á funcionalidade dos recursos retóricos. n) Participa de maneira activa na creación de textos de intención estética tomando como modelo os lidos e comprendendo os recursos a empregar; explica as relacións das obras co contexto histórico e literario en que aparecen e os autores máis relevantes, realizando un traballo de información e de síntese ou de resolución de problemas. 8. Procedementos e instrumentos de avaliación A avaliación en Lingua e Literatura galegas é continua. Avalíanse conxuntamente os contidos conceptuais e procedementais, que serán avaliados fundamentalmente a partir dos exames escritos e aportan un 70%: realizaranse 2 exames escritos por trimestre. A lectura dun libro cada trimestre, a realización de exercicios, fichas e exposicións orais tamén serán valoradas ao longo do curso. En canto aos contidos actitudinais, estes aportarán un 10% da nota concederase especial relevancia, xunto coa actitude, á entrega de exercícios, á atención, participación e interese. Os instrumentos de avaliación son:
  • 11. A) Exames escritos. B) Exercicios nos que se valorará a comprensión e a expresión oral e escrita. Probas escritas Traballos individuais Traballos en grupo Probas orais Traballo na aula Observación e rexistro Para a avaliación extraordinaria só se terá en conta o exame extraordinario. Non se admiten outro tipo de probas. 10.Criterios de cualificación -70%: realizaranse 2 exames escritos por trimestre. -10%: Libro de lectura. -10 %: Realización e corrección de exercicios e fichas, exposicións orais. -10%: Actitude: 50% para a entrega de exercicios e 50% para a atención, participación e interese. 11. Programa de recuperación e reforzo -Avaliación dos alumnos con Lingua e Literatura Galega pendente de 1º: 1) Entregarásenlles exercicios ao longo do primeiro trimestre sobre os contidos mínimos que establece a programación de aula de 2º da ESO, que deberán devolver realizados ao profesor que imparte 3º da ESO ou ao Xefe de Departamento, para a súa corrección e valoración. A puntuación destes exercicios poderá ser ata un máximo de 4 puntos. 2) Exame escrito sobre os contidos mínimos establecidos para 2º da ESO, polo que os alumnos poderán obter ata un máximo de 6 puntos. Este exame realizarase en abril ou maio e a data seralles comunicada aos alumnos alomenos cunha semana de antelación. 12. Medidas de atencion á diversidade
  • 12. O departamento de Lingua Galega márcase o seguinte plan de traballo de cara á atención á divesidade: 1.Avaliación inicial para detectar os alumnos con dificultades de comprensión, expresión, com ritmos lentos e dificultades de aprendizaxe, descoñecemento da lingua ou outras problemáticas. 2.Exercicios de reforzo axeitados para os alumnos con dificultades de comprensión lectora e de expresión. 3.Exercicios específicos e adaptación curricular para os alumnos con ritmos lentos e outras dificultades de aprendizaxe; sempre em colaboración co departamento de Orientación. 4.Petición dun profesor de apoio para os casos máis complexos e colaboración co departamento de Orientación para tratar cos casos dos alumnos con grandes dificultades de aprendizaxe a todos os niveis, alumnos con discapacidade psíquica e/ou sensorial. 5.Petición dun profesor de apoio e traballo específico con alumnos que proceden de fóra de Galicia e non coñecen a lingua galega. 6. Adaptacións curriculares. 13. Actividades complementarias e extraescolares -Asistencia a algunha representación teatral. -Contacontos. -Charlas e conferencias de escritores galegos de cara ao fomento da lectura. -Viaxe cultural, relacionada con algún escritor galego ou outra figura da nosa cultura, como pode ser ao Mondoñedo de Cunqueiro, á Terra Chá de Manuel María, ao Viveiro dos Irmáns Vilar Ponte, etc. Sempre que sexa posible, buscarase a colaboración con outros departamentos para levar a cabo unha actividade transversal. -Colaboración con outros departamentos e profesores que desenvolven actividades relacionadas coa cultura e a lingua galega: -na elaboración do xornal escolar O Provisional. -nas actividades relacionadas co Día das Letras Galegas. -nas campañas de fomento da lectura desenvolvidas pola Biblioteca do Centro e noutras actividades que esta leve a cabo ao longo do curso a prol da cultura galega. Club de lectura
  • 13. Visita a unha emisora de radio /periódico, biblioteca,exposicións, casa museo,… Representacións teatrais ou lectura teatralizada Recitales poéticos ou maraton de lectura Celebración de efemérides (día de Rosalía, da poesía,…) 14. Accións de contirbución ao plan lector A programación de aula de Lingua e Literatura Galega de 3º da ESO xa inclúe entre os seus obxectivos e contidos todo o relacionado coa lectura de todo tipo de textos, encamiñada tanto a fomentar o gusto pola lectura cunha finalidade lúdica como para mellorar a comprensión e a expresión do alumnado. Cada tema ou unidade do libro de texto que se está empregando este curso iníciase cun fragmento dun texto literario, do que os alumnos realizan a súa lectura no seu momento e a partir da cal deberán responder unha serie de cuestións, que teñen como obxectivo enriquecer o seu vocabulario, mellorar a comprensión e realizar a análise dos recursos que os autores empregan e a valoración crítica dos contidos que se tratan neles. Tamén se valora ao longo do curso cun 10% da nota total a lectura dun libro en cada un dos trimestres. A selección, que se fai tendo en conta a idade do alumnado e mais os contidos e obxectivos establecidos para este curso, irase completando ao longo do curso; Mais, como se dixo antes, a listaxe vai estar aberta ás suxerencias do alumnado e aos novos libros que vaian aparecendo, sempre e cando sexan axeitados. Ademais dedicaranse á lectura as horas que estableza o plan lector elaborado polo centro. 15. Accións de contribución ao plan TIC Como podemos comprobar entre os contidos de 3º da ESO de Lingua Galega xa se contempla no bloque de Comunicación oral e escrita o emprego das TIC para as exposicións, a busca de información, a produción de textos escritos, aproveitando as posibilidades dos procesadores de textos, correctores ortográficos, etc. O departamento de Lingua e Literatura Galega bota man destes recursos en momentos puntuais, sobre todo para completar determinados temas: -O diarios dixitais para o tema da prensa e os textos xornalísticos.
  • 14. -Internet para completar as biografías dos autores estudados ao longo do curso, en especial a dos autores aos que se lles foron dedicando o Día das Letras Galegas e ao que se homenaxea este ano. -Internet para as lecturas e/ou audicións de textos da literatura galega axeitados ao alumnado. -Internet para o estudo da orixe e a historia da lingua galega, páxinas coma a de Galipedia ou Intergalcom. Dicionarios online. Uso de blogs específicos: son de poetas,..- 17. Educación en valores. Educación para a igualdade,para a saúde, ambiental, para a paz,para a solidariedade.A materia,lingua e literaturapode lograr unha educación en valores, cunha boa escolla de textos, para que o alumno adquira valores recoñecidos na nosa sociedade e presente unha actitude crítica e respectuosa á vez coas opinións alleas; tamén se prestan para a introdución de valores as exposicións orais que xurdan na aula. 18. Sistema para a acreditación de coñecementos previos Avaliación inicial e sondaxe ao comezo de cada unidade didáctica. 19. Procedemento para avaliar a programación. Seguimento trimestral: ao remate de cada trimestre analizaranse os resultados, a programación impartida e o seu grao de cumprimento con respecto á temporalización que se realizara a comezo de curso. De non cumprirse na súa totalidade o plan establecido, tentarase, cando menos, desenvolver aqueles apartados máis importantes no seguinte trimestre A final de curso revisión de todos os puntos da programación e todos os cambios han quedar recollidos na memoria final do curso para subsanar as deficiencias atopadas. 20. Constancia de información ao alumnado Exposición oral o primeiro día de clase dando a coñecer os aspectos máis relevantes da programación; débeno recoller na 1ª páxina do caderno que utilicen para a materia.Ao longo do curso expoñerase no taboleiro da aula.