Proxecto de dinamización lingüística presentado por Xaime Varela, do IES de Forcarei, no IV Seminario de Dinamización Lingüística organizado pola SXPL da Xunta de Galicia (maio 2009)
PNDL do IES Chano Piñeiro de Forcarei. Un posible modelo para un contexto gal...Román Landín
Proxecto de dinamización lingüística presentado por Xaime Varela, do IES de Forcarei no IV Seminario de Dinamización Lingüística organizado pola SXPL da Xunta de Galiza (maio 2009)
Guía da intervención en marzo de 2011 nun curso organizado polo Cefore da Coruña enfocado cara ao aproveitamento da rede no ensino da lingua e da literatura galegas.
Proxecto de dinamización lingüística presentado por Xaime Varela, do IES de Forcarei, no IV Seminario de Dinamización Lingüística organizado pola SXPL da Xunta de Galicia (maio 2009)
PNDL do IES Chano Piñeiro de Forcarei. Un posible modelo para un contexto gal...Román Landín
Proxecto de dinamización lingüística presentado por Xaime Varela, do IES de Forcarei no IV Seminario de Dinamización Lingüística organizado pola SXPL da Xunta de Galiza (maio 2009)
Guía da intervención en marzo de 2011 nun curso organizado polo Cefore da Coruña enfocado cara ao aproveitamento da rede no ensino da lingua e da literatura galegas.
4º eso ( pdc ) contidos do curso. ies maría sarmiento.viveiro
Proxecto mínimo viable
1. PROXECTO MÍNIMO VIABLE: "A NOSA BRETOÑA"
¿QUE É A "MATERIA DE BRETAÑA"?
sabelaals@gmail.com
MODALIDADE E ETAPA EDUCATIVA
Está pensado para alumnos do primeiro ciclo diso en réxime diurno nas
materias de Educación para a cidadanía, Educación Plástica, Música e
Lingua galega.
PERFIL DOS ALUMNOS
Estudantes ( 140 alumnos de 1º e 2º de ESO - tres primeiros e catro
segundos- pertencentes ao Proxecto Abalar con ordenadores para cada
2. un e EDI na aula. Motivados e cunha pequeñísima experiencia de
traballo por proxectos.
DESCRICIÓN DO PROXECTO
Este é un proxecto suscitado na materia de Lingua galega e xorde no
contexto da celebración da Semana dás Letras Galegas. Os alumnos de
1º de ESO teñen que traballar no currículo, durante a 3ª avaliación o
texto poético e o texto narrativo. A idea é que o traballen en grupos e en
torno a un tema unificador: a "Materia de Bretaña", o que lles permitirá
traballalo tamén na materia de Educación Plástica. Buscando socios
propóñollo ao profesor de Lingua galega de 2º . Os alumnos de 2º teñen
que traballar no seu currículo "Como se fai unha presentación de
traballos" e o "texto de tipo académico". A profesora que imparte
Educación para a cidadanía e Música en 2º quere aportar o seu traballo
para a celebración das Letras Galegas. Esta parte é a que vexo de máis
difícil integración. Son catro cursos de 2º nos que a mesma profesora
imparte dúas materias diferentes. A súa proposta é traballar o mito
artúrico desde o campo dos valores (autonomía, fidelidade,
solidariedade); creo que é un bo símbolo para axudar a configurar unha
identidade social nos alumnos que están buscando o seu Graal. E con
isto intento crear o meu proxecto.
A cuestión suscitada é: Que é a Materia de Bretaña? Como se
manifesta? A primeira parte do traballo no aula dedicareilla á poesía e a
segunda á narrativa.
PRODUTO FINAL
O produto final sería unha antoloxía comentada de textos poéticos.
No comentario incluímos:
- Argumento
- Idea principal
- Tema
- Figuras literarias
Os textos seleccionaranse de dúas bibliotecas virtuais:
http://bvg.udc.es/
3. http://sondepoetas.blogspot.com.es/
En 2º da ESO, a tarefa final será un traballo de investigación sobre os
autores e o contexto histórico-xeográfico dos mesmos autores que
traballan os alumnos de 1º. Expoñerán os traballos en formato de
cartolina no hall do centro, xunto co debuxo, pintura,...alusivo ao mito
artúrico; o profesor de Plástica suscitarao como unha recreación dun
cadro/imaxe/cartel... que aporto nun taboleiro de Pinterest.
http://www.pinterest.com/isabelmbs/a-materia-de-bretaña/
E finalmente, para esta exposición, xunto coas pinturas, un poema-
pedra cos textos que comentaron. Neste último traballo colaboran
tamén os alumnos de Cidadanía.
Os alumnos poden enviar os seus traballos a un DOCUMENTO
compartido en Google Drive:
https://docs.google.com/document/d/1uA7ZbNoSzOZRVjCRfRnKbnet0
EV8YMZw9pk9mvO5W4/edit
RELACIÓN CO CURRÍCULO
Traballarán practicamente todas as competencias, salvo a matemática.