PROGRAMACIÓN DE LATÍN I

   1º DE BACHARELATO

 DEPARTAMENTO DE CULTURA

         CLÁSICA

    I.E.S. DA TERRA CHÁ

      CASTRO DE REI

             LUGO

     CURSO 2009-2010




       © Lorenzo Fraga Montero
       (Xefe de Departamento)




                  1
ÍNDICE



1. INTRODUCCIÓN:

  1. CONTEXTUALIZACIÓN.

  2. MARCO LEXISLATIVO.

2. OBXECTIVOS.

3. CONTIDOS.

4. EIXOS TRANSVERSAIS DO CURRÍCULO.

5. ORGANIZACIÓN, SECUENCIACIÓN E TEMPORALIZACIÓN DOS

  CONTIDOS.

6. METODOLOXÍA.

7. CRITERIOS DE AVALIACIÓN.

8. MATERIAIS E RECURSOS DIDÁCTICOS.

9. ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES.

10. ATENCIÓN Á DIVERSIDADE.

11. SEGUEMENTO DA PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA.




                              2
1. INTRODUCCIÓN.

  1. CONTEXTUALIZACIÓN.

     A programación da asignatura de Latín I forma parte do Proxecto

     Curricular de Centro do I.E.S. da Terra Chá de Castro de Rei, na

     provincia de Lugo. Esta asignatura forma parte do Bacharelato na

     súa modalidade de Humanidades e Ciencias Sociais, impartíndose

     no primeiro curso. O grupo de Latín I está formado por 3 alumnas.

     Non hai ningún/ha alumno/a de 2º de bacharelato con esta

     asignatura pendente.

  2. MARCO LEXISLATIVO.

     O marco lexislativo desta programación constitúeno as seguintes

     normas:

     1. Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (B.O.E. de 4

        de maio de 2006)

     2. Decreto 126/2008, do 19 de xuño, polo que se establece a

        ordenación e o currículo de bacharelato na Comunidade

        Autónoma de Galicia (DOG do 23 de xuño de 2008)

     3. Orde do 24 de xuño de 2008 pola que se desenvolve a

        organización e o currículo das ensinanzas de bacharelato na

        Comunidade Autónoma de Galicia (DOG do 27 de xuño de 2008)



2. OBXECTIVOS.

  Os obxectivos establecidos para a asignatura de Latín (I e II) no

  Decreto 126/2008, do 19 de xuño, polo que se establece a ordenación

  e o currículo de bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia

  (DOG do 23 de xuño de 2008) son:

  1. Iniciarse na lectura, interpretación e tradución de textos de

                                3
dificultade    progresiva,       utilizando,   para   este   fin,   o

     coñecemento dos elementos morfolóxicos, sintácticos e léxicos

     básicos da lingua latina.

  2. Reflexionar sobre os elementos substanciais que conforman as

     linguas e recoñecer compoñentes significativos da flexión nominal,

     pronominal e verbal latina nas linguas modernas derivadas do latín

     ou influídas por el.

  3. Achegarse a textos latinos diversos, orixinais, adaptados e

     traducidos, mediante unha lectura comprensiva e distinguir as

     súas características esenciais e o xénero literario ao que

     pertencen.

  4. Recoñecer elementos da lingua latina que evolucionaron ou que

     permanecen nas nosas linguas e aprecialos como clave para a

     súa interpretación.

  5. Buscar información sobre aspectos relevantes da civilización

     romana, indagando en documentos e en fontes variadas, analizalos

     criticamente e constatar a súa presenza ao longo da historia.

  6. Identificar e valorar as principais achegas da civilización romana

     no noso contorno e apreciar a lingua latina como instrumento

     transmisor de cultura.

  7. Valorar a contribución do mundo romano na súa calidade de

     sistema integrador de diferentes correntes de pensamento e

     actitudes (éticas e estéticas) que conforman o ámbito cultural

     europeo.



3. CONTIDOS.

  O anexo I do Decreto 126/2008, do 19 de xuño, polo que se

                                  4
establece a ordenación e o currículo de bacharelato na Comunidade

Autónoma de Galicia (DOG do 23 de xuño de 2008), estrutura os

contidos da asignatura de Latín I en 5 bloques:

1. CONTIDOS COMÚNS:

   ▪   A lectura, comprensión e tradución de textos latinos: a

       precisión na expresión en calquera lingua; a expresión dos

       matices.

   ▪   As relacións políticas e sociais en Roma: orixinalidade con

       respecto a outras culturas anteriores ou contemporáneas;

       evolución posterior e influencia na sociedade occidental.

       Farase fincapé nas estruturas políticas, na situación da muller

       e da infancia e na escravitude.

   ▪   Imbricación cultural entre        a antiga Roma   e o mundo

       contemporáneo.

2. A LINGUA LATINA.

   •   Do indoeuropeo ás linguas romances.

   •   A escritura en Roma. Abecedario, pronunciación e acentuación.

   •   Flexión nominal, pronominal e verbal. Formas non flexivas.

   •   Sintaxe dos casos. Uso das preposicións máis frecuentes.

   •   A estrutura da oración.

       ◦   A concordancia.

       ◦   Orde de palabras.

       ◦   Oracións simples e compostas.

       ◦   Coordinación.

       ◦   Inicio do estudo da subordinación.

3. OS TEXTOS LATINOS E A SÚA INTERPRETACIÓN.

   ▪   Iniciación á lectura comprensiva e ás técnicas de tradución e

                                 5
comentario de textos latinos.

  ▪   Análise morfosintáctica.

  ▪   Lectura comprensiva de obras e fragmentos traducidos con

      comentario do seu contexto histórico, social e cultural.

4. O LÉXICO LATINO E A SÚA EVOLUCIÓN.

  ▪   Aprendizaxe do vocabulario básico latino en función da súa

      frecuencia de uso e da súa relevancia en galego e castelán.

  ▪   Nocións básicas de evolución fonética, morfolóxica e semántica

      do latín ás linguas romances. Palabras patrimoniais e cultismos.

  ▪   Expresións latinas incorporadas á lingua coloquial e literaria.

5. ROMA E O SEU LEGADO.

  ▪   Sinopse histórica do mundo romano dos séculos VIII a. C. ao V

      d. C.

  ▪   Organización política e social de Roma. Maxistraturas e clases

      sociais. O dereito romano e a súa pervivencia. A relixión. O

      exército.

  ▪   Aspectos máis relevantes da cultura e da vida cotiá en Roma. O

      urbanismo e a vivenda, a educación, a familia, os espectáculos.

  ▪   A romanización de Hispania e as súas pegadas.




                                 6
4. EIXES TRANSVERSAIS DO CURRÍCULO.

      No cadro que segue recóllense os eixes transversais do currículo e

      aquelas unidades nas que serán tratados preferentemente.




   5. ORGANIZACIÓN, SECUENCIACIÓN E TEMPORALIZACIÓN DOS

      CONTIDOS.

      Os contidos desta programación organízanse en unidades didácticas

que seguen unha secuenciación progresiva, da 0 á 32. A súa temporalización

hase concretar na programación de aula.

      De seguido enuméranse as unidades didácticas, diferenciando os

contidos de cada unha nun bloque relativo á lingua, no que se tratan os

contidos dos bloques temáticos 1º, 2º, 3º y 4º. Establécese unha

temporalización por avaliacións que é puramente estimativa. Non se fai

referencia ós textos e ás actividades, pero toda unidade didáctica vai

acompañada de textos, actividades e o vocabulario correspondente; a

concreción de todo isto déixase para a programación de aula.

      Ademais, establécese unha secuenciación independente para os


                                     7
contidos de legado e historia (bloques 1º e 5º), estructurado en unidades

didácticas que se incorporarán segundo se considere oportuno ó longo do

curso.

   •     CONTIDOS DOS BLOQUES 1º, 2º, 3º E 4º.

             1ª AVALIACIÓN.

         ➢   Unidade 00:

                   Lingua:

                          Historia e evolución da lingua latina.

                          A pronunciación clásica do latín.

                          Cantidade e acentuación en latín.

         ➢   Unidade 01:

                   Lingua:

                          oracións predicativas e atributivas.

         ➢   Unidade 02:

                   Lingua:

                          Nominativo e acusativo.

         ➢   Unidade 03:

                   Lingua:

                          Primeira e segunda declinacións.

                          Formas verbais.

                          Xénero: masculino, feminino e neutro.

                          Adxectivos

                          Latinismos, cultismos e palabras patrimoniais.

         ➢   Unidade 04:

                   Lingua:

                          Singular e plural.

                          Ille, illa: uso e valor.

                                             8
➢   Unidade 05:

         Lingua:

                 Verbos: o presente de indicativo.

                 O caso ablativo.

                 Preposicións.

➢   Unidade 06:

         Lingua:

                 Infinitivos.

                 A conxugación mixta.

                 O caso vocativo.

                 Oracións interrogativas.

                 Gramática histórica: primeiras regras de evolución

                  fonética do latín ó galego / castelán.

➢   Unidade 07:

         Lingua:

                 A terceira declinación.

                 Adxectivos.

                 Verbos irregulares.

➢   Unidade 08:

         Lingua:

                 O imperativo.

                 Preposicións.

                 Verbos compostos.

➢   Unidade 09:

         Lingua:

                 O xenitivo.

                 Adverbios.

                                  9
   Gramática histórica:

                        •   Regras de evolución fonética do latín ó galego /

                            castelán.

                        •   Formación de palabras.

➢   Unidade 10:

           Lingua:

                   Sustantivos neutros e adxectivos.

                   Adxectivos.

2ª AVALIACIÓN

    ➢   Unidade 11

               Lingua:

                       O caso dativo: o complemento indirecto.

    ➢   Unidade 12

               Lingua:

                       Sustantivos e adxectivos; repaso.

                       “Est” e “sunt”.

                       Gramática histórica:

                            •   Regras de evolución fonética do latín ó

                                galego / castelán.

                            •   Formación de palabras.

    ➢   Unidade 13:

               Lingua:

                       Oracións subordinadas.

                       O pronome relativo.

    ➢   Unidade 14:

               Lingua:

                       Pronomes demostrativos.

                                     10
   Pronomes persoais.

                 Os posesivos.

➢   Unidade 15

          Lingua:

                 Os verbos irregulares “uolo” e “nolo”.

                 Imperativos irregulares.

                 Outros pronomes e adxectivos demostrativos.

                 Gramática histórica:

                          •   Regras de evolución fonética do latín ó

                              galego / castelán.

                              •    Formación de palabras.

➢   Unidade 16:

          Lingua: repaso.

➢   Unidade 17:

          Lingua:

                 Os tempos verbais:

                      •   pretérito imperfecto de indicativo.

                      •   pretérito perfecto de indicativo.

➢   Unidad 18:

          Lingua:

                 Temas de perfecto.

                 Numerais.

                 Expresións de tempo.

                 Os significados do tema de perfecto.

                 Gramática histórica:

                  •   Regras de evolución fonética do latín ó galego /

                      castelán.

                                  11
•   Formación de palabras.

  ➢   Unidade 19:

            Lingua:

                   O tema de perfecto.

                   O pretérito pluscuamperfecto.

                   Expresións de lugar.

                   O locativo.

  ➢   Unidade 20:

            Lingua:

                   O tema de perfecto.

                   A cuarta declinación.

3ª AVALIACIÓN

  ➢   Unidade 21:

            Lingua:

                   O tema de perfecto.

                   A quinta declinación.

                   Gramática histórica:

                       •   Regras de evolución fonética do latín ó

                           galego / castelán.

                       •   Formación de palabras.

  ➢   Unidade 22:

            Lingua:

                   Temas de perfecto.

                   Usos do caso ablativo.

  ➢   Unidade 23:

            Lingua:

                   o verbo “fero”.

                                  12
    Outros usos do caso ablativo.

➢   Unidade 24:

         Lingua:

                 a comparación nos adxectivos:

                     •   Declinación      do      comparativo       de

                         superioridade e do superlativo.

                     •   Comparativos e superlativos irregulares.

                 Réximen do comparativo de superioridade.

                 Gramática histórica:

                     •   Regras de evolución fonética do latín ó

                         galego / castelán.

                     •   Formación de palabras.

➢   Unidade 25:

         Lingua:

                 Superlativos irregulares.

                 A comparación nos adverbios.

                 Adverbios comparativos irregulares.

➢   Unidade 26:

         Lingua:

                 o participio de presente.

➢   Unidade 27:

         Lingua:

                 o futuro imperfecto.

                 o futuro perfecto.

                 Oracións subordinadas de relativo.

                 Gramática histórica:

                     •   Regras de evolución fonética do latín ó

                              13
galego / castelán.

                           •   Formación de palabras.

      ➢   Unidade 28:

                Lingua:

                       “Alter”, “uter” e “uterque”.

      ➢   Unidade 29:

                Lingua:

                       a voz activa e a pasiva.

                       o participio de perfecto pasivo.

      ➢   Unidade 30:

                Lingua:

                       Pretérito perfecto, pretérito pluscuamperfecto e

                        futuro perfecto da voz pasiva.

                       Gramática histórica:

                           •   Regras de evolución fonética do latín ó

                               galego / castelán.

                           •   Formación de palabras.

      ➢   Unidad 31:

                Lingua:

                       Presente, futuro e imperfecto da voz pasiva.

      ➢   Unidad 32:

                Lingua:

                       Repaso dos contidos de todo o curso.


•   CONTIDOS DE HISTORIA E LEGADO (BLOQUES 1º E 5º).

      1. Unidade didáctica 01: Roma e o seu imperio.

          1. Orixe de Roma.


                                    14
2. A Roma monárquica e a Roma republicana.

       3. O imperio (27 a.C. - 476 d.C.)

       4. A relixión en Roma.

       5. A conquista romana de Hispania. A romanización.

    2. Unidade didáctica 02: A sociedade romana.

       1. Estrutura social en Roma.

       2. Órganos de goberno.

       3. O dereito romano.

       4. A familia.

       5. A vida cotiá do romano.

       6. A casa romana.

    3. Unidade didáctica 03: Lingua e literatura latinas.

       1. A lingua latina e as linguas románicas.

       2. O teatro latino.

       3. Poesía épica, lírica e elexíaca.

       4. A historiografía latina.

       5. A oratoria e a filosofía.

    4. Unidade didáctica 04: As obras públicas e a arte romana.

          1. Obras de enxeñería.

          2. Vías de comunicación.

          3. Edificios públicos.

          4. Edificios de ocio.

          5. As artes plásticas.

          6. Pegadas romanas en Hispania.

6. METODOLOXÍA.

    Advertencia previa: por razóns prácticas agrúpanse nun mesmo

    apartado os contidos correspondentes ós bloques de Lingua latina,

    Interpretación dos textos e O léxico e a súa evolución.



                                   15
1. Lingua latina, Interpretación dos textos e Léxico e a súa

  evolución.

  1. Presentación: toda unidade didáctica iniciarase presentando

     ós/ás alumnos/as os obxectivos que se prevé acadar, ben

     oralmente, ben mediante esquemas ou presentacións.

  2. Explicación: deseguido explicaranse os contidos teóricos de

     morfoloxía e sintaxe, e faranse os exercicios correspondentes

     propostos no libro de texto. Normalmente os exercicios de

     tradución faranse na aula e en grupo, mentres que os de

     morfoloxía hanse mandar para casa e hanse corrixir despois,

     xa na aula, xa de modo individualizado.

  3. Textos. Dos varios textos que presenta cada unidade

     didáctica, polo menos un hase facer na aula de modo conxunto

     entre os/as alumnos/as e o profesor, e outro de modo

     individual   polos/as   alumnos/as,   para    ser   corrixido    polo

     profesor. Trátase de que os/as alumnos/as aprendan dun modo

     práctico as técnicas de tradución e mailo vocabulario. Así

     mesmo, os textos serán a excusa para o comentario e reflexión

     sobre aspectos de cultura e legado da Grecia clásica.

  4. Léxico e a súa evolución:

     1. Léxico.    É   importante   que    dende    o    principio   os/as

        alumnos/as estean afeitos a aprender vocabulario latino. É

        por iso que se considera que todo o vocabulario que se

        utilice nos exercicios e nos textos, agás que se diga o

        contrario, debe ser coñecido. O obxectivo desta medida é

        que os/as alumnos/as asuman dende o primeiro día que a

        aprendizaxe do grego e mailo latín é neste eido moi similar

                               16
á das linguas modernas.

     2. A súa evolución. En cada unidade didáctica hai unha serie de

        contidos relativos á evolución do latín ó galego ou castelán.

        En función da dispoñibilidade de tempo e da importancia,

        hanse tratar estes apartados na aula ou hanse remitir para

        unha simple lectura na casa.

2. Roma e o seu legado. A literatura romana.

  Este bloque de contidos precisa un tratamento específico, porque

  a metodoloxía a empregar nel é moi distinta á do resto dos

  bloques.

  Para aborda-la metodoloxía que se vai empregar neste apartado

  da programación partimos de dous principios:

  1. os/as alumnos/as deben aprender a traballar de seu, ben en

     grupo, ben individualmente, na procura de novo coñecemento.

  2. para acadaren este obxectivo, os/as alumnos/as deben face-lo

     maior uso posible de tódolos recursos das TICs que coñezan, e,

     ó mesmo tempo, introducirse no uso de novos recursos.

  Así pois a metodoloxía que se propón para tratar este bloque de

  contidos é a seguinte:

  1. hase asignar a cada alumno/a polo menos un dos temas do

     bloque de legado. O modo de asignación quedará a discreción

     do profesor.

  2. cada alumno/a elaborará un traballo a partir do guión

     entregado      polo    profesor.   No   guión   hanse   recolle-los

     obxectivos, o modo de realiza-lo traballo, o formato ou soporte

     do traballo e, sobre todo, o material mínimo a partir do que

     elabora-lo traballo.

                                17
3. o traballo será entregado ó profesor para a súa corrección e

       valoración. Se o traballo está ben, o/a alumno procederá a

       colgalo nun recurso da internet a tal efecto para o poñer á

       disposición dos seus compañeiros. Se o traballo non estivera

       ben, volvería ó/á alumno/a para a súa corrección.

    4. unha vez que o traballo está colgado na internet, a alumna fará

       unha exposición pública na aula na que utilizará como apoio

       todos eses materiais en soporte informático.



7. CRITERIOS DE AVALIACIÓN E MÉTODO DE AVALIACIÓN.

  1. CRITERIOS DE AVALIACIÓN:

       Os criterios de avaliación recollidos no Anexo I do Decreto

       126/2008, do 19 de xuño, polo que se establece a ordenación e

       o currículo de bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia

       son:

    1. Comprender e ser capaz de traducir textos latinos breves e

       sinxelos, orixinais, adaptados ou elaborados, coa maior

       fidelidade posible.

       Con este criterio       preténdese   comprobar,     a través de

       exercicios de comprensión e posterior tradución literal dun

       texto, a competencia lingüística en latín e a capacidade de

       recoñecer as diversas estruturas dunha lingua flexiva.

       Os textos serán breves, orixinais ou elaborados e de

       dificultade   mínima.   Poderán   contribuír   á    valoración   da

       consecución de obxectivos os exercicios doados de tradución

       inversa ou de elaboración en latín de pequenas mensaxes orais

       e escritas.

                                18
2. Recoñecer en textos latinos sinxelos os elementos básicos

  da morfoloxía regular e da sintaxe da oración, en función

  da comprensión do texto latino, apreciando variantes e

  coincidencias con outras linguas coñecidas, especialmente co

  galego e co castelán.

  Este criterio pretende comprobar se o alumnado adquiriu as

  nocións de morfoloxía e de sintaxe que lle permitan recoñecer

  as características dunha lingua flexiva e identificar formas,

  funcións e elementos fundamentais, todo iso sempre co

  obxectivo primordial de comprender e traducir o texto latino.

  O alumnado relacionará eses elementos básicos cos das linguas

  galega e castelá ou outras coñecidas por el.

3. Ler e comentar textos traducidos de diversos xéneros ou

  referentes     ao   mundo       romano   e    distinguir   aspectos

  históricos e culturais contidos neles.

  Con este criterio preténdese determinar a capacidade de

  comprender o contido esencial dun texto, delimitar as súas

  partes e establecer a relación entre elas. O estudante poderá

  manifestar a súa competencia mediante exercicios de lectura

  comprensiva de textos con sentido completo, contrastando os

  textos latinos con textos de literatura actual e valorando a súa

  vixencia na actualidade.

4. Recoñecer no léxico do galego, do castelán e doutras

  linguas faladas na Península palabras de orixe latina e

  analizar a súa evolución fonética, morfolóxica e semántica,

  así   como     deducir     regras   básicas    de    derivación   e

  composición.

                             19
Este criterio trata de constatar se o alumnado ten conciencia

  de que as linguas faladas na Península evolucionaron desde o

  latín, agás o eúscaro, que recibiu del importantes achegas

  léxicas. Deberanse relacionar palabras do galego e do castelán

  ou doutras linguas romances cos seus correspondentes étimos

  latinos e identificar os cambios fonéticos, morfolóxicos e

  semánticos producidos no curso da súa evolución.

5. Identificar os aspectos máis importantes da historia do

  pobo romano e da súa presenza no noso país e recoñecer as

  pegadas      da    cultura    romana    en   diversos    aspectos    da

  civilización actual.

  Con este criterio comprobarase o coñecemento do pasado

  romano, especialmente centrado na Península Ibérica, e a

  constatación da súa vixencia no mundo actual. Posibles

  exercicios        son   o    traballo   sobre   fontes    escritas    e

  iconográficas, sobre pezas conservadas nos fondos museísticos

  e xacementos arqueolóxicos, ou a procura nos medios de

  comunicación de referencias ao mundo romano.

6. Planificar e realizar, seguindo as pautas do profesorado,

  algún traballo de investigación sobre a presenza do mundo

  romano no contorno, consultando as fontes directas (restos

  arqueolóxicos, epigrafía, textos antigos) e utilizando as

  TIC como ferramenta de organización e comunicación dos

  resultados.

  Este criterio pretende verificar que o alumnado distingue no

  seu contorno os elementos do mundo clásico, recoñecéndoos

  como herdanza do noso propio pasado, e que os interpreta

                                20
correctamente mediante a utilización selectiva de fontes

    diversas. Tamén trata de avaliar a capacidade de indagar nas

    fontes directas e tomar contacto cos materiais ordenando os

    datos obtidos e elaborando o traballo mediante o uso das TIC

    como ferramentas fundamentais. Neste sentido recoméndase o

    uso de páxinas web, blogs, páxinas colaborativas, enciclopedias

    e dicionarios en liña, programas de presentacións e outras

    ferramentas da internet.

  7. Comentar narracións didácticas, novelas históricas, bandas

    deseñadas ou películas documentais e de ficción relativas ao

    mundo romano.

    Este criterio pretende que o alumnado practique o hábito da

    lectura comprensiva e a visión crítica de películas documentais

    e de ficción relacionadas co mundo romano.

2. MÉTODO DE AVALIACIÓN:

  1. A avaliación nesta materia caracterízase por ser CONTINUA,

    polo tanto, en principio, NON SE LIBERARÁ MATERIA.

  2. AVALIACIÓN INICIAL.

    Este departamento ha levar a cabo unha avaliación inicial do

    seguinte modo:

    1. mediante unha proba escrita sobre contidos morfolóxicos e

       sintácticos.   Nesta    proba   hase   tratar   de   valora-lo

       coñecemento que de conceptos de morfoloxía e sintaxe

       xeral ten o alumnado.

    2. mediante unha proba escrita sobre contidos de historia e

       legado. Con esta proba preténdese valorar o grao de

       coñecemento que o alumnado ten sobre a historia de Roma

                              21
en xeral e sobre a súa vinculación con España e, en

     particular, con Galicia.

  3. mediante a conversa os primeiros días de clase hase tratar

     de coñece-las razóns que levaron ó alumnado a cursar esta

     asignatura.

3. AVALIACIÓN ORDINARIA. Para establece-las cualificacións

  establécese o siguinte procedemento:

  1. Cualificación avaliación:

     1. en cada avaliación hase realizar, polo menos, un exame

        ou proba completa (preferiblemente dúas). Cada exame

        ou proba completa constará das seguintes partes:

        1. proba de morfoloxía e sintaxe (teoría); exame no que

           o/a alumno/a deberá demostrar un coñecemento

           suficiente dos contidos explicados en clase sobre

           morfoloxía, sintaxe teórica e evolución da lingua

           latina (inclúense aquí os latinismos e aforismos

           latinos).

           Esta proba aporta o 40 % da cualificación final do

           exame.

        2. Proba de tradución e léxico; exame no que o/a

           alumno/a ten que demostrar e aplicar dun modo

           práctico    os   seus   coñecementos   de   morfoloxía,

           sintaxe e léxico.

           Para a realización desta proba hase dispoñer dun

           léxico latino sen tradución ó galego/castelán.

           Esta proba pode constar de ata tres partes;

           1. unha para traducir de latín a galego/castelán

                            22
(valor 1/3).

  2. outra para traducir de galego/castelán a latín

     (valor 1/3).

  3. outra para traducir do latín ó galego/castelán un

     texto visto en clase (valor 1/3).

  A proba de tradución aporta o 60 % da cualificación

  final do exame.

3. NOTA DE CORTE:

  1. Nun exame: se o/a alumno/a non acadase polo

     menos 4 puntos sobre 10 en cada unha das partes

     do exame mencionadas, o exame no seu conxunto

     hase considerar suspenso e a nota máxima,

     automáticamente, un tres.

  2. Na avaliación: para poder aproba-la avaliación é

     preciso, en todo caso, obter máis dun 4 sobre 10

     na cualificación do segundo exame de avaliación.

     De     non          ser   así,   automáticamente   e

     independentemente da cualificación do primeiro

     exame, a avaliación darase por suspensa, sendo a

     nota máxima un 3.

4. DOBRE VALOR DA NOTA DO SEGUNDO EXAME: en

  tanto que a avaliación desta materia se concibe coma

  continua, se nunha mesma avaliación se realizan dous

  exames completos, hase prima-la cualificación do

  segundo sobre a do primeiro (multiplicarase a

  cualificación do segundo por dous, sumaráselle a

  cualificación do primeiro e dividirase o total entre

                    23
tres).

2. Cualificación final.

   1. É o resultado da seguinte fórmula: ((cualificación 1ª

      aval.)+(cualific. 2ª aval. X 2)+(cualific. 3ª aval. X 3)) /

      6. Esta fórmula hase aplicar sempre e cando o/a

      alumno supere a 3ª avaliación. Polo tanto, para poder

      aproba-lo curso é preciso aproba-la 3ª avaliación.

   2. A fórmula do punto anterior só é de aplicación cando

      beneficia ó/á alumno/a. Se a cualificación obtida é

      inferior a cualificación da terceira avaliación, a

      cualificación final neste apartado da materia será a

      desta avaliación.

   3. A fórmula do punto primeiro ou a cualificación do

      segundo aportará o 90% da cualificación final. O 10%

      restante obterase a partir da calificación obtida na

      elaboración e exposición dun traballo realizado sobre

      os contidos de legado.

3. Recuperación.

   1. Nesta asignatura non hai exames de recuperación.

      Dado que non se libera materia, os/as alumnas que

      suspendan        unha       avaliación       recuperarán

      automáticamente a anterior aprobando a seguinte.

4. Proba extraordinaria de setembro.

   Exame similar ó final da 3ª avaliación. Calquera

   restricción dos contidos farase pública no mes de xuño.

   Queda a discreción do profesor esixir ou non os

   contidos de legado na proba de setembro. En todo caso

                     24
esta circunstancia comunicarase ós/as alumnos/as no

          mes de xuño.

     5. Redondeos.

          Ademais das probas escritas, valorarase especialmente

          para a determinación dos redondeos das cualificacións

          de avaliación a participación activa en clase, acreditando

          a realización das actividades mandadas para casa e o

          coñecemento da materia explicado ata o momento, así

          como curiosidade polos distintos aspectos da materia.

     6. Lecturas obrigadas.

          Para o presente curso establecerase, como mínimo, unha

          lectura obrigada. Para acredita-la efectiva lectura desta

          o profesor poderá optar pola realización dunha breve

          proba tipo test, xa por escrito, xa oral. A superación da

          proba que acredita a lectura non aportará nada a

          cualificación, pero será un requisito indispensable para

          poder aproba-la asignatura.

4. Mínimos esixibles e proba para alumnos/as de 2º de

  bacharelato con Latín I de 1º de pendente.

  Ó remate do curso os/as alumnos/as de primeiro deberán

  poder    traducir   do    latín   ó   galego/castelán     as   oracións

  traballadas na aula durante o curso, e do mesmo xeito deberán

  poder    traducir   do    galego/castelán     ó   latín   as   oracións

  traballadas na aula durante o curso. Estas traducións faranse

  co apoio dun glosario do vocabulario latino preciso sen

  tradución,   e   irán    acompañadas     da   análise     sintáctica   e

  morfolóxica explicada na aula. Tamén deberán poder traducir,

                             25
sen axuda do dicionario, ó galego/castelán un texto latino visto

     e traballado na aula, e coñecer aqueles aspectos da xeografía,

     historia, sociedade y legado da Roma clásica que se traballaran

     durante o curso.

  5. ADDENDA: para evita-las desgraciadamente habituais faltas

     de asistencia masivas nos días anteriores ó remate de cada

     avaliación, este departamento dispón que toda falta non

     xustificada expresamente polos titores legais do/a alumno/a

     durante as últimas dúas semanas de cada avaliación poderá

     conlevar que non se lle permita ó/á alumno/a a realización dos

     exames de avaliación, e no caso de que a ausencia se producise

     con posterioridade á devandita proba, que se lle suspenda a

     avaliación independientemente da cualificación obtida.



3. AVALIACIÓN DOS PROCESOS DE ENSINO E DA PRÁCTICA

  DOCENTE.

  Para poder facer un seguemento e avaliación tanto dos procesos

  de ensino como da práctica docente do profesor, establécense os

  siguintes procedementos:

  1. En cada avaliación hanse adicar total ou parcialmente polo

     menos dúas sesións de clase para comentar cos/as alumnos/as

     a marcha do curso; aspectos relativos á práctica docente do

     profesor, problemas que lles xurdan cos distintos contidos da

     asignatura, etc. O obxectivo é manter unha comunicación

     directa cos/as alumnos/as para poder reflexionar sobre a

     marcha da asignatura e, sobre todo, sobre a metodoloxía

     empregada.

                             26
2. Ó remate de cada avaliación, na acta de departamento, hase

              recoller unha reflexión sobre estes aspectos. Nesta reflexión

              terase en conta expresa e especialmente os comentarios

              dos/as alumnos/as.

         3. Ó remate do curso o profesor pasará aos alumnos/as algún tipo

              de cuestionario para poder avalia-los procesos de ensino e a

              práctica docente.



   8. MATERIAIS E RECURSOS DIDÁCTICOS:

      1. Libro de Texto: Este departamento non vai utiliza-lo libro de

         aprobado polo Consello escolar ata o curso 2011-12. O manual de

         referencia ha se-lo libro de Latín 1.º de Bachillerato (de Oxford
         EDUCACIÓN), que ten coma autores a M. Balme, J. Morwood, D. Pardo e

         J. M. Sánchez (os dous últimos autores da versión española). En tanto

         que este manual non se pode poñer como obrigado, queda na man deste

         departamento conseguir que este material estea a disposición dos/as

         alumnos/as co menor custo posible.

      2. Libro de lectura (OBRIGADO): Miles Gloriosus de Plauto (provisional).
      3. Conta de correo electrónico (OBRIGADA).

      4. Conta en Slideshare (OBRIGADA)

      5. Outros recursos didácticos: a través da páxina web do departamento
         ofrecerase aos/as alumnos/as recursos didácticos dispoñibles en

         internet (http://www.departlatin.260mb.com/).



   9. ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS Y EXTRAESCOLARES.

         Este    departamento       ten    previsto     desenvolve-las    seguintes

actividades   extraescolares      cos/as       alumnos/as   de   Latín   de   1º   de



                                          27
bacharelato:

   1. 2ª Avaliación: Festival Grecolatino de teatro de Lugo (datas e obras

      pendentes de determinar)



   10.ATENCIÓN Á DIVERSIDADE.

      O tratamento da diversidade en Bacharelato ven dado pola mesma

      natureza e organización desta etapa, na que os/as alumnos/as

      optaron por unha das modalidades, e, dentro de cada modalidade,

      escolleron entre varias materias optativas. Polo tanto, non pode te-la

      mesma consideración ca nas etapas educativas obrigadas.

      En calquera caso, a atención á diversidade realizarase dentro da aula

      de acordo coa realidade concreta dos/as alumnos/as que constitúen o

      grupo; en función disto seleccionaranse e distribuirán os contidos e

      actividades na forma que resulte máis conveniente.



   11.SEGUEMENTO DA PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA.

      Para segui-lo axeitado desenvolvemento da programación durante o

      curso, polo menos unha vez ó mes hase recoller expresamente no

      libro    de   actas   do   departamento   unha   valoración   acerca do

      desenvolvemento da programación. Nesta valoración hase indicar se a

      programación se está a desenvolver segundo estaba previsto ou non.

      En caso de non ser así, hanse indicar expresamente as razóns e hanse

      propo-las medidas correctoras oportunas.




      En Castro de Rei (Lugo) a 25 de setembro de 2009.

                                       28
Asdo.: Lorenzo Fraga Montero
(Xefe de Departamento de Cultura Clásica)




     29

PROGRAMACIÓN LATÍN I

  • 1.
    PROGRAMACIÓN DE LATÍNI 1º DE BACHARELATO DEPARTAMENTO DE CULTURA CLÁSICA I.E.S. DA TERRA CHÁ CASTRO DE REI LUGO CURSO 2009-2010 © Lorenzo Fraga Montero (Xefe de Departamento) 1
  • 2.
    ÍNDICE 1. INTRODUCCIÓN: 1. CONTEXTUALIZACIÓN. 2. MARCO LEXISLATIVO. 2. OBXECTIVOS. 3. CONTIDOS. 4. EIXOS TRANSVERSAIS DO CURRÍCULO. 5. ORGANIZACIÓN, SECUENCIACIÓN E TEMPORALIZACIÓN DOS CONTIDOS. 6. METODOLOXÍA. 7. CRITERIOS DE AVALIACIÓN. 8. MATERIAIS E RECURSOS DIDÁCTICOS. 9. ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES. 10. ATENCIÓN Á DIVERSIDADE. 11. SEGUEMENTO DA PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA. 2
  • 3.
    1. INTRODUCCIÓN. 1. CONTEXTUALIZACIÓN. A programación da asignatura de Latín I forma parte do Proxecto Curricular de Centro do I.E.S. da Terra Chá de Castro de Rei, na provincia de Lugo. Esta asignatura forma parte do Bacharelato na súa modalidade de Humanidades e Ciencias Sociais, impartíndose no primeiro curso. O grupo de Latín I está formado por 3 alumnas. Non hai ningún/ha alumno/a de 2º de bacharelato con esta asignatura pendente. 2. MARCO LEXISLATIVO. O marco lexislativo desta programación constitúeno as seguintes normas: 1. Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (B.O.E. de 4 de maio de 2006) 2. Decreto 126/2008, do 19 de xuño, polo que se establece a ordenación e o currículo de bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG do 23 de xuño de 2008) 3. Orde do 24 de xuño de 2008 pola que se desenvolve a organización e o currículo das ensinanzas de bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG do 27 de xuño de 2008) 2. OBXECTIVOS. Os obxectivos establecidos para a asignatura de Latín (I e II) no Decreto 126/2008, do 19 de xuño, polo que se establece a ordenación e o currículo de bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG do 23 de xuño de 2008) son: 1. Iniciarse na lectura, interpretación e tradución de textos de 3
  • 4.
    dificultade progresiva, utilizando, para este fin, o coñecemento dos elementos morfolóxicos, sintácticos e léxicos básicos da lingua latina. 2. Reflexionar sobre os elementos substanciais que conforman as linguas e recoñecer compoñentes significativos da flexión nominal, pronominal e verbal latina nas linguas modernas derivadas do latín ou influídas por el. 3. Achegarse a textos latinos diversos, orixinais, adaptados e traducidos, mediante unha lectura comprensiva e distinguir as súas características esenciais e o xénero literario ao que pertencen. 4. Recoñecer elementos da lingua latina que evolucionaron ou que permanecen nas nosas linguas e aprecialos como clave para a súa interpretación. 5. Buscar información sobre aspectos relevantes da civilización romana, indagando en documentos e en fontes variadas, analizalos criticamente e constatar a súa presenza ao longo da historia. 6. Identificar e valorar as principais achegas da civilización romana no noso contorno e apreciar a lingua latina como instrumento transmisor de cultura. 7. Valorar a contribución do mundo romano na súa calidade de sistema integrador de diferentes correntes de pensamento e actitudes (éticas e estéticas) que conforman o ámbito cultural europeo. 3. CONTIDOS. O anexo I do Decreto 126/2008, do 19 de xuño, polo que se 4
  • 5.
    establece a ordenacióne o currículo de bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG do 23 de xuño de 2008), estrutura os contidos da asignatura de Latín I en 5 bloques: 1. CONTIDOS COMÚNS: ▪ A lectura, comprensión e tradución de textos latinos: a precisión na expresión en calquera lingua; a expresión dos matices. ▪ As relacións políticas e sociais en Roma: orixinalidade con respecto a outras culturas anteriores ou contemporáneas; evolución posterior e influencia na sociedade occidental. Farase fincapé nas estruturas políticas, na situación da muller e da infancia e na escravitude. ▪ Imbricación cultural entre a antiga Roma e o mundo contemporáneo. 2. A LINGUA LATINA. • Do indoeuropeo ás linguas romances. • A escritura en Roma. Abecedario, pronunciación e acentuación. • Flexión nominal, pronominal e verbal. Formas non flexivas. • Sintaxe dos casos. Uso das preposicións máis frecuentes. • A estrutura da oración. ◦ A concordancia. ◦ Orde de palabras. ◦ Oracións simples e compostas. ◦ Coordinación. ◦ Inicio do estudo da subordinación. 3. OS TEXTOS LATINOS E A SÚA INTERPRETACIÓN. ▪ Iniciación á lectura comprensiva e ás técnicas de tradución e 5
  • 6.
    comentario de textoslatinos. ▪ Análise morfosintáctica. ▪ Lectura comprensiva de obras e fragmentos traducidos con comentario do seu contexto histórico, social e cultural. 4. O LÉXICO LATINO E A SÚA EVOLUCIÓN. ▪ Aprendizaxe do vocabulario básico latino en función da súa frecuencia de uso e da súa relevancia en galego e castelán. ▪ Nocións básicas de evolución fonética, morfolóxica e semántica do latín ás linguas romances. Palabras patrimoniais e cultismos. ▪ Expresións latinas incorporadas á lingua coloquial e literaria. 5. ROMA E O SEU LEGADO. ▪ Sinopse histórica do mundo romano dos séculos VIII a. C. ao V d. C. ▪ Organización política e social de Roma. Maxistraturas e clases sociais. O dereito romano e a súa pervivencia. A relixión. O exército. ▪ Aspectos máis relevantes da cultura e da vida cotiá en Roma. O urbanismo e a vivenda, a educación, a familia, os espectáculos. ▪ A romanización de Hispania e as súas pegadas. 6
  • 7.
    4. EIXES TRANSVERSAISDO CURRÍCULO. No cadro que segue recóllense os eixes transversais do currículo e aquelas unidades nas que serán tratados preferentemente. 5. ORGANIZACIÓN, SECUENCIACIÓN E TEMPORALIZACIÓN DOS CONTIDOS. Os contidos desta programación organízanse en unidades didácticas que seguen unha secuenciación progresiva, da 0 á 32. A súa temporalización hase concretar na programación de aula. De seguido enuméranse as unidades didácticas, diferenciando os contidos de cada unha nun bloque relativo á lingua, no que se tratan os contidos dos bloques temáticos 1º, 2º, 3º y 4º. Establécese unha temporalización por avaliacións que é puramente estimativa. Non se fai referencia ós textos e ás actividades, pero toda unidade didáctica vai acompañada de textos, actividades e o vocabulario correspondente; a concreción de todo isto déixase para a programación de aula. Ademais, establécese unha secuenciación independente para os 7
  • 8.
    contidos de legadoe historia (bloques 1º e 5º), estructurado en unidades didácticas que se incorporarán segundo se considere oportuno ó longo do curso. • CONTIDOS DOS BLOQUES 1º, 2º, 3º E 4º. 1ª AVALIACIÓN. ➢ Unidade 00:  Lingua:  Historia e evolución da lingua latina.  A pronunciación clásica do latín.  Cantidade e acentuación en latín. ➢ Unidade 01:  Lingua:  oracións predicativas e atributivas. ➢ Unidade 02:  Lingua:  Nominativo e acusativo. ➢ Unidade 03:  Lingua:  Primeira e segunda declinacións.  Formas verbais.  Xénero: masculino, feminino e neutro.  Adxectivos  Latinismos, cultismos e palabras patrimoniais. ➢ Unidade 04:  Lingua:  Singular e plural.  Ille, illa: uso e valor. 8
  • 9.
    Unidade 05:  Lingua:  Verbos: o presente de indicativo.  O caso ablativo.  Preposicións. ➢ Unidade 06:  Lingua:  Infinitivos.  A conxugación mixta.  O caso vocativo.  Oracións interrogativas.  Gramática histórica: primeiras regras de evolución fonética do latín ó galego / castelán. ➢ Unidade 07:  Lingua:  A terceira declinación.  Adxectivos.  Verbos irregulares. ➢ Unidade 08:  Lingua:  O imperativo.  Preposicións.  Verbos compostos. ➢ Unidade 09:  Lingua:  O xenitivo.  Adverbios. 9
  • 10.
    Gramática histórica: • Regras de evolución fonética do latín ó galego / castelán. • Formación de palabras. ➢ Unidade 10:  Lingua:  Sustantivos neutros e adxectivos.  Adxectivos. 2ª AVALIACIÓN ➢ Unidade 11  Lingua:  O caso dativo: o complemento indirecto. ➢ Unidade 12  Lingua:  Sustantivos e adxectivos; repaso.  “Est” e “sunt”.  Gramática histórica: • Regras de evolución fonética do latín ó galego / castelán. • Formación de palabras. ➢ Unidade 13:  Lingua:  Oracións subordinadas.  O pronome relativo. ➢ Unidade 14:  Lingua:  Pronomes demostrativos. 10
  • 11.
    Pronomes persoais.  Os posesivos. ➢ Unidade 15  Lingua:  Os verbos irregulares “uolo” e “nolo”.  Imperativos irregulares.  Outros pronomes e adxectivos demostrativos.  Gramática histórica: • Regras de evolución fonética do latín ó galego / castelán. • Formación de palabras. ➢ Unidade 16:  Lingua: repaso. ➢ Unidade 17:  Lingua:  Os tempos verbais: • pretérito imperfecto de indicativo. • pretérito perfecto de indicativo. ➢ Unidad 18:  Lingua:  Temas de perfecto.  Numerais.  Expresións de tempo.  Os significados do tema de perfecto.  Gramática histórica: • Regras de evolución fonética do latín ó galego / castelán. 11
  • 12.
    Formación de palabras. ➢ Unidade 19:  Lingua:  O tema de perfecto.  O pretérito pluscuamperfecto.  Expresións de lugar.  O locativo. ➢ Unidade 20:  Lingua:  O tema de perfecto.  A cuarta declinación. 3ª AVALIACIÓN ➢ Unidade 21:  Lingua:  O tema de perfecto.  A quinta declinación.  Gramática histórica: • Regras de evolución fonética do latín ó galego / castelán. • Formación de palabras. ➢ Unidade 22:  Lingua:  Temas de perfecto.  Usos do caso ablativo. ➢ Unidade 23:  Lingua:  o verbo “fero”. 12
  • 13.
    Outros usos do caso ablativo. ➢ Unidade 24:  Lingua:  a comparación nos adxectivos: • Declinación do comparativo de superioridade e do superlativo. • Comparativos e superlativos irregulares.  Réximen do comparativo de superioridade.  Gramática histórica: • Regras de evolución fonética do latín ó galego / castelán. • Formación de palabras. ➢ Unidade 25:  Lingua:  Superlativos irregulares.  A comparación nos adverbios.  Adverbios comparativos irregulares. ➢ Unidade 26:  Lingua:  o participio de presente. ➢ Unidade 27:  Lingua:  o futuro imperfecto.  o futuro perfecto.  Oracións subordinadas de relativo.  Gramática histórica: • Regras de evolución fonética do latín ó 13
  • 14.
    galego / castelán. • Formación de palabras. ➢ Unidade 28:  Lingua:  “Alter”, “uter” e “uterque”. ➢ Unidade 29:  Lingua:  a voz activa e a pasiva.  o participio de perfecto pasivo. ➢ Unidade 30:  Lingua:  Pretérito perfecto, pretérito pluscuamperfecto e futuro perfecto da voz pasiva.  Gramática histórica: • Regras de evolución fonética do latín ó galego / castelán. • Formación de palabras. ➢ Unidad 31:  Lingua:  Presente, futuro e imperfecto da voz pasiva. ➢ Unidad 32:  Lingua:  Repaso dos contidos de todo o curso. • CONTIDOS DE HISTORIA E LEGADO (BLOQUES 1º E 5º). 1. Unidade didáctica 01: Roma e o seu imperio. 1. Orixe de Roma. 14
  • 15.
    2. A Romamonárquica e a Roma republicana. 3. O imperio (27 a.C. - 476 d.C.) 4. A relixión en Roma. 5. A conquista romana de Hispania. A romanización. 2. Unidade didáctica 02: A sociedade romana. 1. Estrutura social en Roma. 2. Órganos de goberno. 3. O dereito romano. 4. A familia. 5. A vida cotiá do romano. 6. A casa romana. 3. Unidade didáctica 03: Lingua e literatura latinas. 1. A lingua latina e as linguas románicas. 2. O teatro latino. 3. Poesía épica, lírica e elexíaca. 4. A historiografía latina. 5. A oratoria e a filosofía. 4. Unidade didáctica 04: As obras públicas e a arte romana. 1. Obras de enxeñería. 2. Vías de comunicación. 3. Edificios públicos. 4. Edificios de ocio. 5. As artes plásticas. 6. Pegadas romanas en Hispania. 6. METODOLOXÍA. Advertencia previa: por razóns prácticas agrúpanse nun mesmo apartado os contidos correspondentes ós bloques de Lingua latina, Interpretación dos textos e O léxico e a súa evolución. 15
  • 16.
    1. Lingua latina,Interpretación dos textos e Léxico e a súa evolución. 1. Presentación: toda unidade didáctica iniciarase presentando ós/ás alumnos/as os obxectivos que se prevé acadar, ben oralmente, ben mediante esquemas ou presentacións. 2. Explicación: deseguido explicaranse os contidos teóricos de morfoloxía e sintaxe, e faranse os exercicios correspondentes propostos no libro de texto. Normalmente os exercicios de tradución faranse na aula e en grupo, mentres que os de morfoloxía hanse mandar para casa e hanse corrixir despois, xa na aula, xa de modo individualizado. 3. Textos. Dos varios textos que presenta cada unidade didáctica, polo menos un hase facer na aula de modo conxunto entre os/as alumnos/as e o profesor, e outro de modo individual polos/as alumnos/as, para ser corrixido polo profesor. Trátase de que os/as alumnos/as aprendan dun modo práctico as técnicas de tradución e mailo vocabulario. Así mesmo, os textos serán a excusa para o comentario e reflexión sobre aspectos de cultura e legado da Grecia clásica. 4. Léxico e a súa evolución: 1. Léxico. É importante que dende o principio os/as alumnos/as estean afeitos a aprender vocabulario latino. É por iso que se considera que todo o vocabulario que se utilice nos exercicios e nos textos, agás que se diga o contrario, debe ser coñecido. O obxectivo desta medida é que os/as alumnos/as asuman dende o primeiro día que a aprendizaxe do grego e mailo latín é neste eido moi similar 16
  • 17.
    á das linguasmodernas. 2. A súa evolución. En cada unidade didáctica hai unha serie de contidos relativos á evolución do latín ó galego ou castelán. En función da dispoñibilidade de tempo e da importancia, hanse tratar estes apartados na aula ou hanse remitir para unha simple lectura na casa. 2. Roma e o seu legado. A literatura romana. Este bloque de contidos precisa un tratamento específico, porque a metodoloxía a empregar nel é moi distinta á do resto dos bloques. Para aborda-la metodoloxía que se vai empregar neste apartado da programación partimos de dous principios: 1. os/as alumnos/as deben aprender a traballar de seu, ben en grupo, ben individualmente, na procura de novo coñecemento. 2. para acadaren este obxectivo, os/as alumnos/as deben face-lo maior uso posible de tódolos recursos das TICs que coñezan, e, ó mesmo tempo, introducirse no uso de novos recursos. Así pois a metodoloxía que se propón para tratar este bloque de contidos é a seguinte: 1. hase asignar a cada alumno/a polo menos un dos temas do bloque de legado. O modo de asignación quedará a discreción do profesor. 2. cada alumno/a elaborará un traballo a partir do guión entregado polo profesor. No guión hanse recolle-los obxectivos, o modo de realiza-lo traballo, o formato ou soporte do traballo e, sobre todo, o material mínimo a partir do que elabora-lo traballo. 17
  • 18.
    3. o traballoserá entregado ó profesor para a súa corrección e valoración. Se o traballo está ben, o/a alumno procederá a colgalo nun recurso da internet a tal efecto para o poñer á disposición dos seus compañeiros. Se o traballo non estivera ben, volvería ó/á alumno/a para a súa corrección. 4. unha vez que o traballo está colgado na internet, a alumna fará unha exposición pública na aula na que utilizará como apoio todos eses materiais en soporte informático. 7. CRITERIOS DE AVALIACIÓN E MÉTODO DE AVALIACIÓN. 1. CRITERIOS DE AVALIACIÓN: Os criterios de avaliación recollidos no Anexo I do Decreto 126/2008, do 19 de xuño, polo que se establece a ordenación e o currículo de bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia son: 1. Comprender e ser capaz de traducir textos latinos breves e sinxelos, orixinais, adaptados ou elaborados, coa maior fidelidade posible. Con este criterio preténdese comprobar, a través de exercicios de comprensión e posterior tradución literal dun texto, a competencia lingüística en latín e a capacidade de recoñecer as diversas estruturas dunha lingua flexiva. Os textos serán breves, orixinais ou elaborados e de dificultade mínima. Poderán contribuír á valoración da consecución de obxectivos os exercicios doados de tradución inversa ou de elaboración en latín de pequenas mensaxes orais e escritas. 18
  • 19.
    2. Recoñecer entextos latinos sinxelos os elementos básicos da morfoloxía regular e da sintaxe da oración, en función da comprensión do texto latino, apreciando variantes e coincidencias con outras linguas coñecidas, especialmente co galego e co castelán. Este criterio pretende comprobar se o alumnado adquiriu as nocións de morfoloxía e de sintaxe que lle permitan recoñecer as características dunha lingua flexiva e identificar formas, funcións e elementos fundamentais, todo iso sempre co obxectivo primordial de comprender e traducir o texto latino. O alumnado relacionará eses elementos básicos cos das linguas galega e castelá ou outras coñecidas por el. 3. Ler e comentar textos traducidos de diversos xéneros ou referentes ao mundo romano e distinguir aspectos históricos e culturais contidos neles. Con este criterio preténdese determinar a capacidade de comprender o contido esencial dun texto, delimitar as súas partes e establecer a relación entre elas. O estudante poderá manifestar a súa competencia mediante exercicios de lectura comprensiva de textos con sentido completo, contrastando os textos latinos con textos de literatura actual e valorando a súa vixencia na actualidade. 4. Recoñecer no léxico do galego, do castelán e doutras linguas faladas na Península palabras de orixe latina e analizar a súa evolución fonética, morfolóxica e semántica, así como deducir regras básicas de derivación e composición. 19
  • 20.
    Este criterio tratade constatar se o alumnado ten conciencia de que as linguas faladas na Península evolucionaron desde o latín, agás o eúscaro, que recibiu del importantes achegas léxicas. Deberanse relacionar palabras do galego e do castelán ou doutras linguas romances cos seus correspondentes étimos latinos e identificar os cambios fonéticos, morfolóxicos e semánticos producidos no curso da súa evolución. 5. Identificar os aspectos máis importantes da historia do pobo romano e da súa presenza no noso país e recoñecer as pegadas da cultura romana en diversos aspectos da civilización actual. Con este criterio comprobarase o coñecemento do pasado romano, especialmente centrado na Península Ibérica, e a constatación da súa vixencia no mundo actual. Posibles exercicios son o traballo sobre fontes escritas e iconográficas, sobre pezas conservadas nos fondos museísticos e xacementos arqueolóxicos, ou a procura nos medios de comunicación de referencias ao mundo romano. 6. Planificar e realizar, seguindo as pautas do profesorado, algún traballo de investigación sobre a presenza do mundo romano no contorno, consultando as fontes directas (restos arqueolóxicos, epigrafía, textos antigos) e utilizando as TIC como ferramenta de organización e comunicación dos resultados. Este criterio pretende verificar que o alumnado distingue no seu contorno os elementos do mundo clásico, recoñecéndoos como herdanza do noso propio pasado, e que os interpreta 20
  • 21.
    correctamente mediante autilización selectiva de fontes diversas. Tamén trata de avaliar a capacidade de indagar nas fontes directas e tomar contacto cos materiais ordenando os datos obtidos e elaborando o traballo mediante o uso das TIC como ferramentas fundamentais. Neste sentido recoméndase o uso de páxinas web, blogs, páxinas colaborativas, enciclopedias e dicionarios en liña, programas de presentacións e outras ferramentas da internet. 7. Comentar narracións didácticas, novelas históricas, bandas deseñadas ou películas documentais e de ficción relativas ao mundo romano. Este criterio pretende que o alumnado practique o hábito da lectura comprensiva e a visión crítica de películas documentais e de ficción relacionadas co mundo romano. 2. MÉTODO DE AVALIACIÓN: 1. A avaliación nesta materia caracterízase por ser CONTINUA, polo tanto, en principio, NON SE LIBERARÁ MATERIA. 2. AVALIACIÓN INICIAL. Este departamento ha levar a cabo unha avaliación inicial do seguinte modo: 1. mediante unha proba escrita sobre contidos morfolóxicos e sintácticos. Nesta proba hase tratar de valora-lo coñecemento que de conceptos de morfoloxía e sintaxe xeral ten o alumnado. 2. mediante unha proba escrita sobre contidos de historia e legado. Con esta proba preténdese valorar o grao de coñecemento que o alumnado ten sobre a historia de Roma 21
  • 22.
    en xeral esobre a súa vinculación con España e, en particular, con Galicia. 3. mediante a conversa os primeiros días de clase hase tratar de coñece-las razóns que levaron ó alumnado a cursar esta asignatura. 3. AVALIACIÓN ORDINARIA. Para establece-las cualificacións establécese o siguinte procedemento: 1. Cualificación avaliación: 1. en cada avaliación hase realizar, polo menos, un exame ou proba completa (preferiblemente dúas). Cada exame ou proba completa constará das seguintes partes: 1. proba de morfoloxía e sintaxe (teoría); exame no que o/a alumno/a deberá demostrar un coñecemento suficiente dos contidos explicados en clase sobre morfoloxía, sintaxe teórica e evolución da lingua latina (inclúense aquí os latinismos e aforismos latinos). Esta proba aporta o 40 % da cualificación final do exame. 2. Proba de tradución e léxico; exame no que o/a alumno/a ten que demostrar e aplicar dun modo práctico os seus coñecementos de morfoloxía, sintaxe e léxico. Para a realización desta proba hase dispoñer dun léxico latino sen tradución ó galego/castelán. Esta proba pode constar de ata tres partes; 1. unha para traducir de latín a galego/castelán 22
  • 23.
    (valor 1/3). 2. outra para traducir de galego/castelán a latín (valor 1/3). 3. outra para traducir do latín ó galego/castelán un texto visto en clase (valor 1/3). A proba de tradución aporta o 60 % da cualificación final do exame. 3. NOTA DE CORTE: 1. Nun exame: se o/a alumno/a non acadase polo menos 4 puntos sobre 10 en cada unha das partes do exame mencionadas, o exame no seu conxunto hase considerar suspenso e a nota máxima, automáticamente, un tres. 2. Na avaliación: para poder aproba-la avaliación é preciso, en todo caso, obter máis dun 4 sobre 10 na cualificación do segundo exame de avaliación. De non ser así, automáticamente e independentemente da cualificación do primeiro exame, a avaliación darase por suspensa, sendo a nota máxima un 3. 4. DOBRE VALOR DA NOTA DO SEGUNDO EXAME: en tanto que a avaliación desta materia se concibe coma continua, se nunha mesma avaliación se realizan dous exames completos, hase prima-la cualificación do segundo sobre a do primeiro (multiplicarase a cualificación do segundo por dous, sumaráselle a cualificación do primeiro e dividirase o total entre 23
  • 24.
    tres). 2. Cualificación final. 1. É o resultado da seguinte fórmula: ((cualificación 1ª aval.)+(cualific. 2ª aval. X 2)+(cualific. 3ª aval. X 3)) / 6. Esta fórmula hase aplicar sempre e cando o/a alumno supere a 3ª avaliación. Polo tanto, para poder aproba-lo curso é preciso aproba-la 3ª avaliación. 2. A fórmula do punto anterior só é de aplicación cando beneficia ó/á alumno/a. Se a cualificación obtida é inferior a cualificación da terceira avaliación, a cualificación final neste apartado da materia será a desta avaliación. 3. A fórmula do punto primeiro ou a cualificación do segundo aportará o 90% da cualificación final. O 10% restante obterase a partir da calificación obtida na elaboración e exposición dun traballo realizado sobre os contidos de legado. 3. Recuperación. 1. Nesta asignatura non hai exames de recuperación. Dado que non se libera materia, os/as alumnas que suspendan unha avaliación recuperarán automáticamente a anterior aprobando a seguinte. 4. Proba extraordinaria de setembro. Exame similar ó final da 3ª avaliación. Calquera restricción dos contidos farase pública no mes de xuño. Queda a discreción do profesor esixir ou non os contidos de legado na proba de setembro. En todo caso 24
  • 25.
    esta circunstancia comunicaraseós/as alumnos/as no mes de xuño. 5. Redondeos. Ademais das probas escritas, valorarase especialmente para a determinación dos redondeos das cualificacións de avaliación a participación activa en clase, acreditando a realización das actividades mandadas para casa e o coñecemento da materia explicado ata o momento, así como curiosidade polos distintos aspectos da materia. 6. Lecturas obrigadas. Para o presente curso establecerase, como mínimo, unha lectura obrigada. Para acredita-la efectiva lectura desta o profesor poderá optar pola realización dunha breve proba tipo test, xa por escrito, xa oral. A superación da proba que acredita a lectura non aportará nada a cualificación, pero será un requisito indispensable para poder aproba-la asignatura. 4. Mínimos esixibles e proba para alumnos/as de 2º de bacharelato con Latín I de 1º de pendente. Ó remate do curso os/as alumnos/as de primeiro deberán poder traducir do latín ó galego/castelán as oracións traballadas na aula durante o curso, e do mesmo xeito deberán poder traducir do galego/castelán ó latín as oracións traballadas na aula durante o curso. Estas traducións faranse co apoio dun glosario do vocabulario latino preciso sen tradución, e irán acompañadas da análise sintáctica e morfolóxica explicada na aula. Tamén deberán poder traducir, 25
  • 26.
    sen axuda dodicionario, ó galego/castelán un texto latino visto e traballado na aula, e coñecer aqueles aspectos da xeografía, historia, sociedade y legado da Roma clásica que se traballaran durante o curso. 5. ADDENDA: para evita-las desgraciadamente habituais faltas de asistencia masivas nos días anteriores ó remate de cada avaliación, este departamento dispón que toda falta non xustificada expresamente polos titores legais do/a alumno/a durante as últimas dúas semanas de cada avaliación poderá conlevar que non se lle permita ó/á alumno/a a realización dos exames de avaliación, e no caso de que a ausencia se producise con posterioridade á devandita proba, que se lle suspenda a avaliación independientemente da cualificación obtida. 3. AVALIACIÓN DOS PROCESOS DE ENSINO E DA PRÁCTICA DOCENTE. Para poder facer un seguemento e avaliación tanto dos procesos de ensino como da práctica docente do profesor, establécense os siguintes procedementos: 1. En cada avaliación hanse adicar total ou parcialmente polo menos dúas sesións de clase para comentar cos/as alumnos/as a marcha do curso; aspectos relativos á práctica docente do profesor, problemas que lles xurdan cos distintos contidos da asignatura, etc. O obxectivo é manter unha comunicación directa cos/as alumnos/as para poder reflexionar sobre a marcha da asignatura e, sobre todo, sobre a metodoloxía empregada. 26
  • 27.
    2. Ó rematede cada avaliación, na acta de departamento, hase recoller unha reflexión sobre estes aspectos. Nesta reflexión terase en conta expresa e especialmente os comentarios dos/as alumnos/as. 3. Ó remate do curso o profesor pasará aos alumnos/as algún tipo de cuestionario para poder avalia-los procesos de ensino e a práctica docente. 8. MATERIAIS E RECURSOS DIDÁCTICOS: 1. Libro de Texto: Este departamento non vai utiliza-lo libro de aprobado polo Consello escolar ata o curso 2011-12. O manual de referencia ha se-lo libro de Latín 1.º de Bachillerato (de Oxford EDUCACIÓN), que ten coma autores a M. Balme, J. Morwood, D. Pardo e J. M. Sánchez (os dous últimos autores da versión española). En tanto que este manual non se pode poñer como obrigado, queda na man deste departamento conseguir que este material estea a disposición dos/as alumnos/as co menor custo posible. 2. Libro de lectura (OBRIGADO): Miles Gloriosus de Plauto (provisional). 3. Conta de correo electrónico (OBRIGADA). 4. Conta en Slideshare (OBRIGADA) 5. Outros recursos didácticos: a través da páxina web do departamento ofrecerase aos/as alumnos/as recursos didácticos dispoñibles en internet (http://www.departlatin.260mb.com/). 9. ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS Y EXTRAESCOLARES. Este departamento ten previsto desenvolve-las seguintes actividades extraescolares cos/as alumnos/as de Latín de 1º de 27
  • 28.
    bacharelato: 1. 2ª Avaliación: Festival Grecolatino de teatro de Lugo (datas e obras pendentes de determinar) 10.ATENCIÓN Á DIVERSIDADE. O tratamento da diversidade en Bacharelato ven dado pola mesma natureza e organización desta etapa, na que os/as alumnos/as optaron por unha das modalidades, e, dentro de cada modalidade, escolleron entre varias materias optativas. Polo tanto, non pode te-la mesma consideración ca nas etapas educativas obrigadas. En calquera caso, a atención á diversidade realizarase dentro da aula de acordo coa realidade concreta dos/as alumnos/as que constitúen o grupo; en función disto seleccionaranse e distribuirán os contidos e actividades na forma que resulte máis conveniente. 11.SEGUEMENTO DA PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA. Para segui-lo axeitado desenvolvemento da programación durante o curso, polo menos unha vez ó mes hase recoller expresamente no libro de actas do departamento unha valoración acerca do desenvolvemento da programación. Nesta valoración hase indicar se a programación se está a desenvolver segundo estaba previsto ou non. En caso de non ser así, hanse indicar expresamente as razóns e hanse propo-las medidas correctoras oportunas. En Castro de Rei (Lugo) a 25 de setembro de 2009. 28
  • 29.
    Asdo.: Lorenzo FragaMontero (Xefe de Departamento de Cultura Clásica) 29