SlideShare a Scribd company logo
1 of 7
Download to read offline
O XORNAL DA XENTE MIÚDADirector: Abraham Carreiro Número 7. Ano 4 / Abril de 2020
A EVOLUCIÓN DAS
ESPECIES NON PARA
Páxina 9
A CACA DE CAN EMPEZA A
SER UN PROBLEMA
Páxina 3
AS PORTAS DE EUROPA
Moitas nenas e nenos sirios que foxen da guerra do seu país están atrapados na fronteira de Asia con Europa.
Non se fala moito deles, pero aí os están! Teñen dereito a ser acollidos por calquera país europeo, mais polo
momento só reciben gas e disparos. Páxina 3
OS VOITRES SÁLVANNOS
DE ENFERMIDADES
INFECCIOSAS
Páxina 7
2
Edita: Edicións Moito Conto
Director: Abraham Carreiro
Redacción: Policarpo Sanz, 17 - 3º A
36202 Vigo. Telf.: 986225899
Colaboradores: Abraham Carreiro (Pierrot e
Lupo); Andrés Magán (Popicci); Antonio Hitos
(Órbita); Bea Lema (Ciencia); Cristian Robles
(Os inventos dos Coscobellos); Darío Vilas
(Os Lumens); Fermín Blanco (Construíndo
con Lupo); germán Torres (O Refuxio); iago
Araújo (inventos da humanidade); María
Lema (guión); Martín Romero (Actualidade);
Pepe Carreiro (Historia).
Subscricións: www.edicionsmoitoconto.com
Distribución: Consorcio Editorial galego
Av. Estación, 25. 36812 Redondela. Telf. 986
405 051. pedimentos@coegal.com
Depósito legal: Vg 628-2017
3
O PAPAgAiO imprímese en papel reciclado
54
6 7
Pode afectar psicoloxicamente aos ne-
nos o illamento polo coronavirus?
Si, depende do carácter ou personalidade
que teñan pode afectarlles de diferentes
maneiras. Por exemplo, os rapaces máis
sensibles poden sentirse abrumados polos
cambios repentinos, e poden chorar máis
a miúdo e chegar a experimentar altera-
cións no sono. Por outro lado, aos rapaces
cun temperamento dificil adoitan costarlles
máis aceptar instrucións ou normas. Os
adultos temos que ser máis tolerantes
estes días, xa que os nenos poden mostrarse
máis nerviosos ca de costume.
Como poden pasar mellor estes días
de encerro na casa?
Hai que establecer unhas rutinas para que
os nenos se sintan seguros e saiban o que
vai ocurrir. Deben entender que non son
unhas vacacións, por iso, deseñar un horario
de comidas, de estudo, etc… é importante.
Tamén axuda facer actividades en familia
como ver películas, xogar a xo-
gos de mesa, bailar, etc.
As redes sociais poden
ser unha axuda?
Somosanimaissociais,así
que está ben facer cha-
madas ou videochamadas
afamiliaresouamigaspara
relacionarnos e manter o
contactoconoutraspersoas
e outros nenos.
Recomendas algún libro
para ler estes días?
Gústame moito o conto Rosa
Contra el Virus para que os nenos poidan
entender o que está a ocorrer.
Deberían as nenas poder saír un tempo
á rúa, como en Alemaña ou Bélxica?
Se presentan algún problema psicolóxico
polo que necesiten saír a rúa, si.
Cal é a mellor maneira de recuperarse
cando pase todo isto?
Volver realizar as rutinas que faciamos
antes. E, sobre todo, volver retomar o con-
tacto físico, como bicarse ou abrazarse
cos nosos seres queridos.
Cando volvamos á escola deberiamos
falar das experiencias vividas ou mellor
esquecer o coronavirus para sempre?
Debemos falar do que nos preocupe e das
experiencias vividas para tomar conciencia
do problema que atravesamos.
CANDO PASE TODO
DEBEMOS BICARNOS E
ABRAZARNOS”
Entrevista con Saray Bonet,
psicóloga infantil
“
ABRAHAMCARREiRO
8 9
A xente dos castros comía ma-
risco e peixe fresco canto que-
ría. Unha mariscada seguida
dun rodaballo ao forno era algo
corrente, de diario. Incluso xa
debía aborrecer. Non é que fo-
sen ricos, pero tíñano ao pé da
casa. Dos castros da costa, claro;
a xente do interior era máis de
carne: porco bravo, lebre, corzo,
perdiz, etc.
Pode parecer raro, pero naquela
época xa había zamburiñas,
mexillóns, percebes, nécoras,
lorchos, xurelos, rinchas e todo
o marisco e peixe que hoxe po-
demos mercar nunha peixaría.
Os castrexos non deixaron nada
escrito sobre estas cousas nin
sobre cousa ningunha, pero sá-
bese o que comían polos restos
que quedaron nos cuncheiros,
vertedoiros onde botaban os
restos da comida: cunchas, es-
piñas, ósos, mondas, etc.
Busca polo castro:
Landra. Froito do carballo co
que os castrexos facían fariña.
Muíño. Este é de man. Cun rolo
de pedra esmágase o gran sobre
outra pedra en forma de nave,
para obter a fariña.
Anzol. Gancho no que se pon
o engado para pescar.
Forno. Este é de pedra. Eran
máis lentos que os de micro-
ondas, pero cociñaban con máis
sabor.
Alxibe. Depósito onde se re-
colle a auga da chuvia.
Arracada. Pendente en forma
de aro. As mulleres castrexas
usábanos de ouro.
Cuncheiro. Depósito onde os
castrexos botaban cunchas, es-
piñas, ósos e outro refugallo.
Lapa. Molusco univalvo mariño,
de cuncha cónica, que vive pe-
gado ás rochas.
Cervexa. Bebida feita de orxo
que se bebía nos castros. Polo
menos antes de que os romanos
trouxesen a moda do viño.
Ollomol. Peixe rosado, moi sa-
boroso cociñado ao forno.
A B C D E F G H
8
7
6
5
4
3
MARISCO E PEIXE DA RÍA
2
1
SOLUCIÓNS:landra(3F);muíño
(3D);anzol(7F);forno(3,4FG);
alxibe(1,EF);arracada(5E);cun-
cheiro(5,6BC);lapa(8A);cervexa
(1B);ollomol(3FG).
HISTORIA
10 11
uen precisa ser un Lumen? Vaia
cuadrilla de frikis.
Brais repetíao cada día para
convencerse a si mesmo. Pero
o certo é que sempre qui-
xera pertencer a aquela
banda. As súas bromas
en clase acostumaban estar destinadas
a chamar a atención de Xurxo e Tristán.
Sabía que tiña que demostrar algún
talento se quería integrarse, e nada se
lle daba mellor que as trasgadas.
Pero Os Lumens non adoitaban me-
terse en problemas, así que a súa ha-
bilidade adoitaba causar o efecto con-
trario.
Tampouco podía evitar ser como
era. Se tan comprensivos se conside-
raban os seus compañeiros, deberían
aceptalo.
Pero, algunha vez pedíralles expre-
samente formar parte da cuadrilla?
A eles non. Desexábao con toda a
súa alma e suplicábao a forzas invisi-
bles, en lugar de facer o máis doado
do mundo, que sería achegarse a eles
e propoñelo. Temía un rexeitamento
directo, non soportaba que lle dixesen
que non.
Así pois, aquela noite plantouse
diante de xanela do seu cuarto, subiu
a persiana e empezou a espreitear o
ceo na procura da
da que o seu profesor de Ciencias
Naturais lles falara aquela mesma mañá.
Para que logo digan que nunca presto
atención en clase, pensou.
Segundo tiña entendido, as estrelas
fugaces posuían o poder de conceder
desexos. Así que lle pediría ao asteroide
que os seus compañeiros de clase o
convidasen a formar parte dos Lu-
mens.
Que aventuras vivirían aqueles ra-
paces? O certo era que non o sabía,
pero a súa imaxinación exaltábase cada
vez que pensaba niso.
Ao cabo dun intre longo, cando em-
pezaba a entrarlle o sono e acordou
meterse na cama, viu unha luz que
despuntaba no medio da escuridade.
Un ronsel cruzou o horizonte e Brais
achegouse ata pegar o nariz contra o
cristal da xanela.
De xeito sorprendente, a estrela non
seguiu na dirección que
levaba. De súpeto
virou de forma
brusca e colocouse
de fronte ao edi-
ficio do neno, que
non puido percibir
o movemento por-
que xusto nese intre
pechara os ollos
para pedir o seu
desexo.
Pero que
demo pasa?,
preguntouse
ao volver abrir
os ollos e dar-
se conta de
que a luz
viña di-
recta cara
a el. Fací-
ase cada
vez máis
grande e nítida.
O máis rechamante era que,
en lugar de coruscar con máis forza,
perdía a súa intensidade segundo se
aproximaba.
Cando a luz se apagou case por
completo viu algo máis: sobre ela, coma
se cabalgase a lombos do meteorito,
ía unha criatura horrible. Unha especie
de monstro cuberto de pelo marrón,
cos ollos moi grandes, verdes e coas
pupilas vermellas e brillantes. As súas
mans eran como garras afiadas que se
cravaban na pedra sobre a que viaxara
ata alí desde o espazo exterior.
Aínda que non o escoitaba, parecía
gorlar como un can rabioso. Abría e
pechaba a súa boca chea de dentes
tan afiados como as súas garras.
Viña a por el.
Preso do pánico, a punto estivo de
berrar para chamar os seus pais. Pero,
en lugar diso, da súa boca saíu nun
berro o nome que daba voltas na súa
cabeza a diario:
—Lumens!
O monstro alieníxena estaba
a poucos metros del, xa podía
ver con claridade a
súa pelame gra-
xenta e os
músculos
tensos como
os dun lobo sal-
vaxe que
está a pi-
ques de
saltar so-
bre as ga-
liñas para
devoralas.
Entón su-
cedeu algo
tan inespe-
rado como
aquel atacan-
te chegado desde
o espazo exterior.
Ao seu lado apareceu unha
figura, apenas unha silueta escura
un pouco máis baixiña que el. Estendeu
a súa man negra e tomou a de Brais.
Estaba quente e o seu tacto éralle
familiar.
A sombra achegouse a el e rumore-
oulle con voz tranquilizadora:
« »
As verbas de Mariola —aínda que
non podía saber que as pronunciaba
ela— funcionaron como unha alarma
e o neno incorporouse de súbito na
cama, sobresaltado.
Nin sequera lembraba cando se me-
tera entre as sabas e quedara durmi-
do.
QUERO SER UN LUMEN
ABRAHAMCARREiRO
Abril 2020
Edita: Edicións Moito Conto
www.edicionsmoitoconto.com
https://www.facebook.com/edicionsmoitoconto/
edicionsmoitoconto@gmail.com / Telf.: 986225899
R/ Policarpo Sanz, 17 - 3º A. 36202 Vigo
Os nenos e as nenas mental
ou fisicamente impedidos teñen
dereito a gozar dunha vida plena.
Artigo 23 da Convención sobre os Dereitos do Neno e a Nena

More Related Content

What's hot

Obradoiro do medo 2015
Obradoiro do medo 2015Obradoiro do medo 2015
Obradoiro do medo 2015Fiz
 
Revista galegando 2014
Revista galegando 2014Revista galegando 2014
Revista galegando 2014TeacherBelen
 
Prácticas de morfosintaxe para preparar as probas finais
Prácticas de morfosintaxe para preparar as  probas finaisPrácticas de morfosintaxe para preparar as  probas finais
Prácticas de morfosintaxe para preparar as probas finaisvicloba
 

What's hot (6)

Obradoiro do medo 2015
Obradoiro do medo 2015Obradoiro do medo 2015
Obradoiro do medo 2015
 
Tríptico 1º pr
Tríptico 1º prTríptico 1º pr
Tríptico 1º pr
 
Guia Nadal 09
Guia Nadal 09Guia Nadal 09
Guia Nadal 09
 
Os piratas de infantil
Os piratas de infantilOs piratas de infantil
Os piratas de infantil
 
Revista galegando 2014
Revista galegando 2014Revista galegando 2014
Revista galegando 2014
 
Prácticas de morfosintaxe para preparar as probas finais
Prácticas de morfosintaxe para preparar as  probas finaisPrácticas de morfosintaxe para preparar as  probas finais
Prácticas de morfosintaxe para preparar as probas finais
 

Similar to Papagaio7 abril 2020 dixital

20 DE NOVEMBRO, DÍA DOS DEREITOS DA INFANCIA
20 DE NOVEMBRO, DÍA DOS DEREITOS DA INFANCIA20 DE NOVEMBRO, DÍA DOS DEREITOS DA INFANCIA
20 DE NOVEMBRO, DÍA DOS DEREITOS DA INFANCIAPatricia Pena Barbeito
 
Revista "Caramiñas"
Revista "Caramiñas"Revista "Caramiñas"
Revista "Caramiñas"Fiz
 
Recomendacións de lectura - Nadal de 2023.pdf
Recomendacións de lectura - Nadal de 2023.pdfRecomendacións de lectura - Nadal de 2023.pdf
Recomendacións de lectura - Nadal de 2023.pdfmarcoscorbacho
 
Novidades en galego na biblioteca Xaquín Yebra curso 2016-17
Novidades en galego na biblioteca Xaquín Yebra curso 2016-17Novidades en galego na biblioteca Xaquín Yebra curso 2016-17
Novidades en galego na biblioteca Xaquín Yebra curso 2016-17soigca
 
Recomendacións lectoras
Recomendacións lectorasRecomendacións lectoras
Recomendacións lectorasBiblioBece
 
Obradoiro De CreacióN PoéTica
Obradoiro De CreacióN PoéTicaObradoiro De CreacióN PoéTica
Obradoiro De CreacióN PoéTicaRomán Landín
 
Revista Rañolas Nº 1 - Abril 2005 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 1 - Abril 2005 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)Revista Rañolas Nº 1 - Abril 2005 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 1 - Abril 2005 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)Revista_Ranholas
 
Revista Rañolas Nº 7 - Abril 2011 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 7 - Abril 2011 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)Revista Rañolas Nº 7 - Abril 2011 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 7 - Abril 2011 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)Revista_Ranholas
 
Recomendacións Nadal 2017
Recomendacións Nadal 2017Recomendacións Nadal 2017
Recomendacións Nadal 2017bibliobrozos
 
Ler e xogar sen parar.( enlaces.)
Ler e xogar sen parar.( enlaces.)Ler e xogar sen parar.( enlaces.)
Ler e xogar sen parar.( enlaces.)Angeles Saco López
 
MICRORRELATOS TEMPOS MAIORES.pptx
MICRORRELATOS TEMPOS MAIORES.pptxMICRORRELATOS TEMPOS MAIORES.pptx
MICRORRELATOS TEMPOS MAIORES.pptxAtalaParedes1
 
Revista argalladas 2016/ 2017
Revista argalladas 2016/ 2017Revista argalladas 2016/ 2017
Revista argalladas 2016/ 2017radiorasca
 
Guia Nadal Primaria
Guia Nadal PrimariaGuia Nadal Primaria
Guia Nadal Primariaceipalaxe
 

Similar to Papagaio7 abril 2020 dixital (20)

20 DE NOVEMBRO, DÍA DOS DEREITOS DA INFANCIA
20 DE NOVEMBRO, DÍA DOS DEREITOS DA INFANCIA20 DE NOVEMBRO, DÍA DOS DEREITOS DA INFANCIA
20 DE NOVEMBRO, DÍA DOS DEREITOS DA INFANCIA
 
Revista "Caramiñas"
Revista "Caramiñas"Revista "Caramiñas"
Revista "Caramiñas"
 
O papagaio 8 maio 2020
O papagaio 8   maio 2020O papagaio 8   maio 2020
O papagaio 8 maio 2020
 
O papagaio 8 maio 2020
O papagaio 8   maio 2020O papagaio 8   maio 2020
O papagaio 8 maio 2020
 
Recomendacións de lectura - Nadal de 2023.pdf
Recomendacións de lectura - Nadal de 2023.pdfRecomendacións de lectura - Nadal de 2023.pdf
Recomendacións de lectura - Nadal de 2023.pdf
 
Novidades en galego na biblioteca Xaquín Yebra curso 2016-17
Novidades en galego na biblioteca Xaquín Yebra curso 2016-17Novidades en galego na biblioteca Xaquín Yebra curso 2016-17
Novidades en galego na biblioteca Xaquín Yebra curso 2016-17
 
Revista uxio novoneira 2021
Revista uxio novoneira 2021Revista uxio novoneira 2021
Revista uxio novoneira 2021
 
Recomendacións lectoras
Recomendacións lectorasRecomendacións lectoras
Recomendacións lectoras
 
Contos con clase 3
Contos con clase 3Contos con clase 3
Contos con clase 3
 
Obradoiro De CreacióN PoéTica
Obradoiro De CreacióN PoéTicaObradoiro De CreacióN PoéTica
Obradoiro De CreacióN PoéTica
 
Guía de lectura. IlustrArte
Guía de lectura. IlustrArteGuía de lectura. IlustrArte
Guía de lectura. IlustrArte
 
Revista Rañolas Nº 1 - Abril 2005 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 1 - Abril 2005 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)Revista Rañolas Nº 1 - Abril 2005 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 1 - Abril 2005 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
 
Revista
RevistaRevista
Revista
 
Revista Rañolas Nº 7 - Abril 2011 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 7 - Abril 2011 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)Revista Rañolas Nº 7 - Abril 2011 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 7 - Abril 2011 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
 
Recomendacións Nadal 2017
Recomendacións Nadal 2017Recomendacións Nadal 2017
Recomendacións Nadal 2017
 
Ler e xogar sen parar
Ler e xogar sen pararLer e xogar sen parar
Ler e xogar sen parar
 
Ler e xogar sen parar.( enlaces.)
Ler e xogar sen parar.( enlaces.)Ler e xogar sen parar.( enlaces.)
Ler e xogar sen parar.( enlaces.)
 
MICRORRELATOS TEMPOS MAIORES.pptx
MICRORRELATOS TEMPOS MAIORES.pptxMICRORRELATOS TEMPOS MAIORES.pptx
MICRORRELATOS TEMPOS MAIORES.pptx
 
Revista argalladas 2016/ 2017
Revista argalladas 2016/ 2017Revista argalladas 2016/ 2017
Revista argalladas 2016/ 2017
 
Guia Nadal Primaria
Guia Nadal PrimariaGuia Nadal Primaria
Guia Nadal Primaria
 

More from Carmela Garcia

More from Carmela Garcia (20)

Patio
PatioPatio
Patio
 
Paseo
PaseoPaseo
Paseo
 
Xeografia espanha
Xeografia espanhaXeografia espanha
Xeografia espanha
 
Trens de Asier
Trens de AsierTrens de Asier
Trens de Asier
 
A auga de anxo h
A auga de anxo hA auga de anxo h
A auga de anxo h
 
O polbo de Sheila
O polbo de SheilaO polbo de Sheila
O polbo de Sheila
 
Os coches
Os cochesOs coches
Os coches
 
Os coches
Os cochesOs coches
Os coches
 
Actividades produtivas aroa
Actividades produtivas aroaActividades produtivas aroa
Actividades produtivas aroa
 
Vacinas irene
Vacinas ireneVacinas irene
Vacinas irene
 
A paisaxe jacobo
A paisaxe jacobo A paisaxe jacobo
A paisaxe jacobo
 
As pontes de violeta
As pontes de violetaAs pontes de violeta
As pontes de violeta
 
A materia e os materiais azahara dominguez corzo
A materia e os materiais azahara dominguez corzoA materia e os materiais azahara dominguez corzo
A materia e os materiais azahara dominguez corzo
 
As canteiras de pizarra
As canteiras de pizarra As canteiras de pizarra
As canteiras de pizarra
 
As xirafas
As xirafasAs xirafas
As xirafas
 
Programacion sos terra actuamos aqui e agora 202021
Programacion sos terra actuamos aqui e agora 202021Programacion sos terra actuamos aqui e agora 202021
Programacion sos terra actuamos aqui e agora 202021
 
Dinosaurios de cristian
Dinosaurios de cristianDinosaurios de cristian
Dinosaurios de cristian
 
Dinosaurios de cristian
Dinosaurios de cristianDinosaurios de cristian
Dinosaurios de cristian
 
A evolucion da vivenda ao longo da historia de asier
A evolucion da vivenda ao longo da historia de asierA evolucion da vivenda ao longo da historia de asier
A evolucion da vivenda ao longo da historia de asier
 
As paisaxes agrarias de david
As paisaxes agrarias de davidAs paisaxes agrarias de david
As paisaxes agrarias de david
 

Papagaio7 abril 2020 dixital

  • 1. O XORNAL DA XENTE MIÚDADirector: Abraham Carreiro Número 7. Ano 4 / Abril de 2020 A EVOLUCIÓN DAS ESPECIES NON PARA Páxina 9 A CACA DE CAN EMPEZA A SER UN PROBLEMA Páxina 3 AS PORTAS DE EUROPA Moitas nenas e nenos sirios que foxen da guerra do seu país están atrapados na fronteira de Asia con Europa. Non se fala moito deles, pero aí os están! Teñen dereito a ser acollidos por calquera país europeo, mais polo momento só reciben gas e disparos. Páxina 3 OS VOITRES SÁLVANNOS DE ENFERMIDADES INFECCIOSAS Páxina 7
  • 2. 2 Edita: Edicións Moito Conto Director: Abraham Carreiro Redacción: Policarpo Sanz, 17 - 3º A 36202 Vigo. Telf.: 986225899 Colaboradores: Abraham Carreiro (Pierrot e Lupo); Andrés Magán (Popicci); Antonio Hitos (Órbita); Bea Lema (Ciencia); Cristian Robles (Os inventos dos Coscobellos); Darío Vilas (Os Lumens); Fermín Blanco (Construíndo con Lupo); germán Torres (O Refuxio); iago Araújo (inventos da humanidade); María Lema (guión); Martín Romero (Actualidade); Pepe Carreiro (Historia). Subscricións: www.edicionsmoitoconto.com Distribución: Consorcio Editorial galego Av. Estación, 25. 36812 Redondela. Telf. 986 405 051. pedimentos@coegal.com Depósito legal: Vg 628-2017 3 O PAPAgAiO imprímese en papel reciclado
  • 3. 54
  • 4. 6 7 Pode afectar psicoloxicamente aos ne- nos o illamento polo coronavirus? Si, depende do carácter ou personalidade que teñan pode afectarlles de diferentes maneiras. Por exemplo, os rapaces máis sensibles poden sentirse abrumados polos cambios repentinos, e poden chorar máis a miúdo e chegar a experimentar altera- cións no sono. Por outro lado, aos rapaces cun temperamento dificil adoitan costarlles máis aceptar instrucións ou normas. Os adultos temos que ser máis tolerantes estes días, xa que os nenos poden mostrarse máis nerviosos ca de costume. Como poden pasar mellor estes días de encerro na casa? Hai que establecer unhas rutinas para que os nenos se sintan seguros e saiban o que vai ocurrir. Deben entender que non son unhas vacacións, por iso, deseñar un horario de comidas, de estudo, etc… é importante. Tamén axuda facer actividades en familia como ver películas, xogar a xo- gos de mesa, bailar, etc. As redes sociais poden ser unha axuda? Somosanimaissociais,así que está ben facer cha- madas ou videochamadas afamiliaresouamigaspara relacionarnos e manter o contactoconoutraspersoas e outros nenos. Recomendas algún libro para ler estes días? Gústame moito o conto Rosa Contra el Virus para que os nenos poidan entender o que está a ocorrer. Deberían as nenas poder saír un tempo á rúa, como en Alemaña ou Bélxica? Se presentan algún problema psicolóxico polo que necesiten saír a rúa, si. Cal é a mellor maneira de recuperarse cando pase todo isto? Volver realizar as rutinas que faciamos antes. E, sobre todo, volver retomar o con- tacto físico, como bicarse ou abrazarse cos nosos seres queridos. Cando volvamos á escola deberiamos falar das experiencias vividas ou mellor esquecer o coronavirus para sempre? Debemos falar do que nos preocupe e das experiencias vividas para tomar conciencia do problema que atravesamos. CANDO PASE TODO DEBEMOS BICARNOS E ABRAZARNOS” Entrevista con Saray Bonet, psicóloga infantil “ ABRAHAMCARREiRO
  • 5. 8 9 A xente dos castros comía ma- risco e peixe fresco canto que- ría. Unha mariscada seguida dun rodaballo ao forno era algo corrente, de diario. Incluso xa debía aborrecer. Non é que fo- sen ricos, pero tíñano ao pé da casa. Dos castros da costa, claro; a xente do interior era máis de carne: porco bravo, lebre, corzo, perdiz, etc. Pode parecer raro, pero naquela época xa había zamburiñas, mexillóns, percebes, nécoras, lorchos, xurelos, rinchas e todo o marisco e peixe que hoxe po- demos mercar nunha peixaría. Os castrexos non deixaron nada escrito sobre estas cousas nin sobre cousa ningunha, pero sá- bese o que comían polos restos que quedaron nos cuncheiros, vertedoiros onde botaban os restos da comida: cunchas, es- piñas, ósos, mondas, etc. Busca polo castro: Landra. Froito do carballo co que os castrexos facían fariña. Muíño. Este é de man. Cun rolo de pedra esmágase o gran sobre outra pedra en forma de nave, para obter a fariña. Anzol. Gancho no que se pon o engado para pescar. Forno. Este é de pedra. Eran máis lentos que os de micro- ondas, pero cociñaban con máis sabor. Alxibe. Depósito onde se re- colle a auga da chuvia. Arracada. Pendente en forma de aro. As mulleres castrexas usábanos de ouro. Cuncheiro. Depósito onde os castrexos botaban cunchas, es- piñas, ósos e outro refugallo. Lapa. Molusco univalvo mariño, de cuncha cónica, que vive pe- gado ás rochas. Cervexa. Bebida feita de orxo que se bebía nos castros. Polo menos antes de que os romanos trouxesen a moda do viño. Ollomol. Peixe rosado, moi sa- boroso cociñado ao forno. A B C D E F G H 8 7 6 5 4 3 MARISCO E PEIXE DA RÍA 2 1 SOLUCIÓNS:landra(3F);muíño (3D);anzol(7F);forno(3,4FG); alxibe(1,EF);arracada(5E);cun- cheiro(5,6BC);lapa(8A);cervexa (1B);ollomol(3FG). HISTORIA
  • 6. 10 11 uen precisa ser un Lumen? Vaia cuadrilla de frikis. Brais repetíao cada día para convencerse a si mesmo. Pero o certo é que sempre qui- xera pertencer a aquela banda. As súas bromas en clase acostumaban estar destinadas a chamar a atención de Xurxo e Tristán. Sabía que tiña que demostrar algún talento se quería integrarse, e nada se lle daba mellor que as trasgadas. Pero Os Lumens non adoitaban me- terse en problemas, así que a súa ha- bilidade adoitaba causar o efecto con- trario. Tampouco podía evitar ser como era. Se tan comprensivos se conside- raban os seus compañeiros, deberían aceptalo. Pero, algunha vez pedíralles expre- samente formar parte da cuadrilla? A eles non. Desexábao con toda a súa alma e suplicábao a forzas invisi- bles, en lugar de facer o máis doado do mundo, que sería achegarse a eles e propoñelo. Temía un rexeitamento directo, non soportaba que lle dixesen que non. Así pois, aquela noite plantouse diante de xanela do seu cuarto, subiu a persiana e empezou a espreitear o ceo na procura da da que o seu profesor de Ciencias Naturais lles falara aquela mesma mañá. Para que logo digan que nunca presto atención en clase, pensou. Segundo tiña entendido, as estrelas fugaces posuían o poder de conceder desexos. Así que lle pediría ao asteroide que os seus compañeiros de clase o convidasen a formar parte dos Lu- mens. Que aventuras vivirían aqueles ra- paces? O certo era que non o sabía, pero a súa imaxinación exaltábase cada vez que pensaba niso. Ao cabo dun intre longo, cando em- pezaba a entrarlle o sono e acordou meterse na cama, viu unha luz que despuntaba no medio da escuridade. Un ronsel cruzou o horizonte e Brais achegouse ata pegar o nariz contra o cristal da xanela. De xeito sorprendente, a estrela non seguiu na dirección que levaba. De súpeto virou de forma brusca e colocouse de fronte ao edi- ficio do neno, que non puido percibir o movemento por- que xusto nese intre pechara os ollos para pedir o seu desexo. Pero que demo pasa?, preguntouse ao volver abrir os ollos e dar- se conta de que a luz viña di- recta cara a el. Fací- ase cada vez máis grande e nítida. O máis rechamante era que, en lugar de coruscar con máis forza, perdía a súa intensidade segundo se aproximaba. Cando a luz se apagou case por completo viu algo máis: sobre ela, coma se cabalgase a lombos do meteorito, ía unha criatura horrible. Unha especie de monstro cuberto de pelo marrón, cos ollos moi grandes, verdes e coas pupilas vermellas e brillantes. As súas mans eran como garras afiadas que se cravaban na pedra sobre a que viaxara ata alí desde o espazo exterior. Aínda que non o escoitaba, parecía gorlar como un can rabioso. Abría e pechaba a súa boca chea de dentes tan afiados como as súas garras. Viña a por el. Preso do pánico, a punto estivo de berrar para chamar os seus pais. Pero, en lugar diso, da súa boca saíu nun berro o nome que daba voltas na súa cabeza a diario: —Lumens! O monstro alieníxena estaba a poucos metros del, xa podía ver con claridade a súa pelame gra- xenta e os músculos tensos como os dun lobo sal- vaxe que está a pi- ques de saltar so- bre as ga- liñas para devoralas. Entón su- cedeu algo tan inespe- rado como aquel atacan- te chegado desde o espazo exterior. Ao seu lado apareceu unha figura, apenas unha silueta escura un pouco máis baixiña que el. Estendeu a súa man negra e tomou a de Brais. Estaba quente e o seu tacto éralle familiar. A sombra achegouse a el e rumore- oulle con voz tranquilizadora: « » As verbas de Mariola —aínda que non podía saber que as pronunciaba ela— funcionaron como unha alarma e o neno incorporouse de súbito na cama, sobresaltado. Nin sequera lembraba cando se me- tera entre as sabas e quedara durmi- do. QUERO SER UN LUMEN ABRAHAMCARREiRO
  • 7. Abril 2020 Edita: Edicións Moito Conto www.edicionsmoitoconto.com https://www.facebook.com/edicionsmoitoconto/ edicionsmoitoconto@gmail.com / Telf.: 986225899 R/ Policarpo Sanz, 17 - 3º A. 36202 Vigo Os nenos e as nenas mental ou fisicamente impedidos teñen dereito a gozar dunha vida plena. Artigo 23 da Convención sobre os Dereitos do Neno e a Nena