1. Lingua galega
• Linguaxe culta
• Os cultismos
• Derivación sufixal
• Rexurdimento (prosa)
• Narrativa do século XIX
2. A linguaxe culta
Un acto lingüístico culto deberá cinguirse á normativa do idioma
fonética, morfolóxica e léxicamente,e non debe presentar rasgos
de linguaxe coloquial.
Segundo a situación debe empregarse un léxico específico ou
coloquial.
Cando se adopta unha perspectiva formal, o léxico relacionado co
tema debe ser o máis culto posible
A sintaxe para a adecuada exposición das ideas é importante.
3. Os cultismos
Son palabras que proceden do latín ou do grego e que na súa
evolución á nosa lingua non sufriron cambios relevantes (pl, cl, fl,
bl e gl)
4. Derivación sufixal
Consiste en engadirlle un sufixo a un lexema.
Os sufixos que orixinan substantivos ou adxectivos son nominais.
◦ Dentro dos nominais, existen os sufixos apreciativos, diminutivos,
aumentativos ou despectivos.
-iño/a (diminutivo apreciativo) Maletiña, avoíño, mulleriña...
-azo/a (aumentativo apreciativo) Viñazo, festaza, cochazo
-ón/a (aumentativo) Casona, feirón...
-acho/a (diminutivo despectivo) Riacho, mesacha
-allo/a (diminutivo despectivo) Ramallo, chocallo...
-elo/a (diminutivo) Mantelo, portela...
-ello/a (diminutivo) Casarello, cortella...
-ete/a (diminutivo afectivo) Ramallante, banqueta
-ote/a (aumentativo despectivo
afectivo)
Librote, mozote...
5. Rexurdimento (prosa)
1863-1891: Consolídase o galego como lingua literaria,
créanse moitas obras teatrais, aparece a prensa monolingüe en
galego e o seu éxito débese a Valentín Lamas Carvajal, que
animou a aparición doutras publicacións, elaboración da prosa
didáctica en galego. Xorde o Rexionalismo, liderado por
Alfredo Brañas e Manuel Murguía. Publícanse as primeiras
gramáticas e dicionarios en galego.
6. A narrativa do século XIX
A narrativa do Prerrexurdimento:
Diálogos satíricos. Ex: La tertulia en La Quintana (1820), Bartolo e
Freitoso (1836) ou La Tertulia de Picaños (1836). Debido ao
carácter dos escritos os autores eran anónimos.
A narrativa do Rexurdimento:
Comeza coa publicación no 1880 da novela bilingüe “Maxina ou a
filla espúrea” de Marcial Valladares Núñez. Entre os temas destaca a
Narrativa histórica.