A Quinta dos libros. CPI Manuel Suárez Marquier (O Rosal)
Proxecto Documental Integrado MigrAndo
Curso 2016-2017
1. Xustificación
O principal obxectivo das actividades e dinámicas neste tema (como noutros) é a
deslocalización da aprendizaxe das clases: aprendemos en moitos lugares, por
exemplo na biblioteca. Tamén, e de maneira moi especial, a cohesión entre
profesionais de diferentes etapas: a primaria e a secundaria traballando sen
barreiras nun espazo-concepto común, a biblioteca, onde maiores e pequenos
poidan exercer de protagonistas e colaboradores mutuos, para poñer en práctica
a titorización entre iguais, tan enriquecedora para as súas autoestimas.
O eixe temático proposto para o proxecto deste ano xirará arredor da
migración.
2. Obxectivos
• Espertar o interese do alumnado polas diferentes formas de migracións
(humana, fauna, flora, alimentos, palabras...).
• Investigar sobre os diferentes tipos de migración humana: segundo o
tempo (temporal ou permanente), segundo o carácter (forzada ou
voluntaria), segundo o destino (interna ou internacional)…
• Coñecer a existencia doutras realidades culturais do entorno
aceptándoas e valorándoas.
• Reflexionar sobre a situación da migración desenvolvendo actitudes de
tolerancia, empatía e respecto cara a culturas e razas diferentes
(inmigrantes, refuxiados, exiliados...).
• Experimentar e investigar a partir de diferentes fontes documentais.
• Fomentar e facilitar a lectura de diversidade de textos en calquera tipo de
soporte.
• Discriminar a información importante da que non é.
1
• Aprender a procesar a información e a comunicala.
• Elaborar material de produción propia.
• Respectar os puntos dos demais.
• Desenvolver hábitos de axuda, colaboración e cooperación cos demais.
• Ter unha actitude de respecto cara as características, calidades dos
demais e comezar a valoralas sen actitudes de discriminación.
3. Planificación do traballo
A) A primeira fase do proxecto é planificar o traballo que se vai realizar.
 Que podo traballar co meu alumnado?
 Que tarefas se poden facer?
 Cal será o produto final?
B) A segunda fase será a investigación, a busca e selección de
información por parte do alumnado.
 Na biblioteca poderanse atopar recursos e materiais.
 Un dos principais obxectivos do proxecto é fomentar a autonomía e
a capacidade de aprender a aprender do noso alumnado.
C) Por último, a fase final do proxecto será a elaboración do produto
final.
 Pódense crear materiais de produción propia para expoñer ou que
queden na biblioteca: libros, carteis, xogos...
 Poden ser materiais dixitais que se poden colgar no blog.
 Poden ser traballos de expresión gráfica: graffiti ou carteis en
diferentes espazos do centro ou da vila.
 É importante que todos coñezan o que están a facer os seus
compañeiros, que compartan esa información e que se sintan
protagonistas do seu proceso de aprendizaxe.
2
4. Algunhas propostas de traballo
(Ben nas clases, ben en proxectos interdisciplinarios, na biblioteca...)
• Entrevistas a persoas inmigrantes.
• Intercambio virtual (a través dun blog, dunha páxina de facebook…) cun
centro doutro lugar: de Portugal, de Madrid, de Inglaterra... O departamento
de inglés vai iniciar una experiencia deste tipo cun centro de Manchester.
• Convidar algunha ONG que trate con inmigrantes a vir ao centro e contar
experiencias. Un exemplo: a ONG Ecodesenvolvento GAIA, especializada
en dar cobertura a inmigrantes, principalmente subsaharianos. Outro
exemplo: a ONG Equus Zebra, cuxo director é camerunés (avogado e
escritor).
• Convidar algún autor dalgún libro relacionado coa inmigración. Un
exemplo: Francisco Castro (que está en Vigo).
• Dar voz dalgunha maneira ao alumnado que temos no centro procedente
doutros lugares: na clase ante os compañeiros, nalgunha sesión de club de
lectura...
• Organizar a FESTA DAS CULTURAS na biblioteca, que podería estar
adicada a varias culturas a un tempo, ou ben a diferentes culturas en
diferentes momentos. Un exemplo: “a semana de Portugal”, “a semana de
Inglaterra”…
• Sesións de contacontos na biblioteca (ou nalgunha clase) con historias
doutros países: contos tradicionais lituanos, suecos, marroquís,
americanos…
• Folletos informativos (Pódenos levar polos típicos lugares da emigración
a modo de guías turísticas).
• Receitas típicas da emigración (Poden ser de comidas ou receitas para
non emigrar).
• Xornal.
• Murais diversos.
3
• Blog sobre a emigración.
• Traballamos algún conto sobre a emigración.
• Poemas migrANDO (Inventados ou xa coñecidos).
• Exposición de fotos antigas e recentes recompiladas entre o alumnado
(Emigrantes do Rosal ou dos alumnos do Rosal).
• Teatriño sobre a emigración.
5. Puntos que se poderían traballar
• As palabras que migran. Verbas migratorias.
• O éxodo dos xudeus.
• Aves migratorias.
• Paseos polo mar: baleas e golfiños.
• Arxentina, un país de Tanos...
• Galegos polo mundo. Unha historia real.
• A escravitude.
• A revolución Industrial. Emigración cara as cidades.
• Refuxiados
• A música viaxeira. Caboverdianios en Burela.
• Plantas en movemento. A pataca, chocolate...
• Grandes rutas polo mundo antigo:
 A ruta das especies. Marco Polo.
 A Meca. Grandes peregrinacións.
 O camiño de Santiago.
 As invasións
 Roma, un gran pobo viaxeiro.
• Poetas na emigración.
• Cristóbal Colón. Explorando un novo continente.
• Os esquimós. Pobo emigrante.
4
ANOTACIÓN: O EFECTO A PERSEGUIR EN TODAS AS ACTIVIDADES
SERÍA O DE POÑER EN VALOR OUTRAS CULTURAS, ASÍ COMO AFONDAR
NOS COMPOÑENTES HUMANOS QUE TEN O DESPRAZAMENTO DAS
PERSOAS, E A PERDA DO CONTROL DA ZONA DE CONFORT.
6. Seguimento do proxecto/ exposición no blog
Unha parte moi importante ao mesmo tempo que enriquecedora é compartir o
que se está a facer con toda a comunidade educativa. Así que utilizaremos o
Google Drive para dar a coñecer tanto o produto final do voso proxecto coma as
fases que se seguiron para alcanzalo e desta maneira poderemos publicalo no
blog para seguirvos e aprender todos do voso traballo. Deberase especificar ao
máximo en que consiste o voso proxecto: contidos, obxectivos, metodoloxía,
temporalización, materiais, actividades e FOTOS ou vídeos.
Os pasos a seguir para subir material a Google Drive son:
-Abrir a propia conta de gmail.
- Acceder ao menú na parte superior dereita a Google Drive.
- No menú despregable á esquerda premer en “compartido comigo”.
- Entrar na carpeta PDI migrANDO.
- Engadir os arquivos arrastrándoos directamente á carpeta ou premendo en
“novo”.
7. Materiais e recursos
Os seguintes libros e películas están na nosa biblioteca:
BANDA DESEÑADA:
MAGASIN GÉNERAL (de 10 anos en diante)
Loisel & Tripp
NORMA EDITORIAL
Unha serie de tres libros sobre un home sensible e fondamente humano que
chega a una comunidade rural, e atopa as dificultades da integración por ser
5
diferente. De gran interese polo coidado guión e a mestría do debuxo.
RING CIRCUS (de 10 anos en diante)
Chauvel & Pedrosa
NORMA EDITORIAL
Serie de tres libros baseados nas aventuras dun circo itinerante. Percorre toda
Europa, ata chegar á Rusia da revolución bolxevique. Interesante polas culturas
que atravesa, e pola trama de suspense que sucede entre os membros da gran
familia.
ABDEL (de 10 anos en diante)
Chechu Ramírez e Paco Vílchez
Editorial DIBBUKS
O drama dos emigrantes subsaharianos que intentan saltar a valla de Melilla ou
cruzar en pateira o Estreito de Xibraltar. Un colorido cómic titulado que, con forza
e paixón, retrata a dura historia dun africano que o deixa todo para intentar
chegar a Europa.
PALESTINA (de 10 anos en diante)
Joe Sacco
Editorial RINOCERONTE, 2013
A principios da década do 1990, un mozo historietista chamado Joe Sacco
decidiu viaxar por Palestina para documentar as súas vivencias baixo a forma
artística do cómic.
GORAZDE, ZONA SEGURA (de 10 anos en diante)
Joe Sacco
Editorial RINOCERONTE, 2013
Premio Will Eisner á Mellor Novela Gráfica Orixinal no 2001. Joe Sacco
desenvolve outra das súas características crónicas, mesturándoa con historias
persoais. Así, ao tempo que narra o asedio a esta zona segura designada pola
ONU durante a guerra de Bosnia, tamén retrata as persoas coas que se
6
encontrou ao longo das súas viaxes, realizadas entre 1995 e 1996.
PERSÉPOLIS (de 10 anos en diante)
Marjane Satrapi
NORMA EDITORIAL
Historia autobiográfica da iraniana Marjane Satrapi de como medrou nun réxime
fundamentalista islámico que a acabaría levando a abandonar o seu país.
NÓMADES (de 10 anos en diante)
Xosé Tomás
EDITORIAL GALAXIA
As protagonistas das historias que conforman Nómades son mulleres
inmigrantes, fortes, que arriscan todo por un futuro mellor, aínda que non sempre
o conseguen.
EMIGRANTES (de 10 anos en diante)
Shaun Tan
Editorial BÁRBARA FIORE, 2007
Historia dunha emigración contada por medio dunha serie de imaxes sen
palabras que poderían parecer propias dun tempo afastado e esquecido. Un
home deixa a súa esposa e o seu fillo nunha cidade miserábel para intentar
prosperar nun país descoñecido ao outro lado dun vasto océano.
MIGRAR (de 10 anos en diante)
José Manuel Mateo
Editorial FAKTORA K DE LIBROS, 2012
Pero as cousas cambiaron de golpe! Os veciños deixaron de sementar. Primeiro
don Augusto foise. Despois regresou e levouse os seus fillos varóns. E o
mesmo fixeron os demais adultos.
7
LIBROS LECTURA:
SODES VÓS OS REIS MAGOS? (de 0 a 12 anos)
Paco Abril
EDITORIAL GALAXIA
MILA VAI Á ESCOLA (primeiros lectores)
VVAA
EDITORIAL GALAXIA
Mila vén de Bulgaria e non entende nada. Pero aínda así é capaz de facer
amigos.
LÚA DO SENEGAL (de 10 anos en diante)
Agustín Fernández Paz
Editorial XERAIS
Khoedi, unha nena de dez anos, ten que deixar a súa casa de Casamence, unha
rexión ao sur do Senegal, para instalarse en Vigo.
ALMA Y LA ISLA (de 6 anos en diante)
Mónica Rodríguez
Editorial ANAYA
Alma chegou do mar e Otto non entende o seu idioma e tivo que deixarlle a súa
habitación...
EL VIAJE (de 6 anos en diante)
Francesca Sanna
Editorial IMPEDIMENTA
O relato en primeira persoa do tortuoso periplo que emprenderá unha familia
para escapar dos horrores da guerra para poder formar un novo fogar.
VIAXEIRAS DA AUGA (de 10 anos en diante)
Estanislao Fernández de la Cigoña
Editorial XERAIS
8
Libro sobre aves mariñas e acuáticas de Galicia e norte de Portugal.
A REPÚBLICA DOS SOÑOS (ESO)
Nélida Piñón
Editorial GALAXIA
Dous rapaces embarcan en Vigo rumbo a Brasil.
EL PRÍNCIPE FELIZ ( de 0 a 6 anos)
Oscar Wilde
Editorial EVEREST
Breve conto sobre unha andoriña que se detén sobre unha estatua na súa
migración.
PELÍCULAS:
14 KILÓMETROS
"Catorce quilómetros" é a distancia que separa África de Europa polo Estreito de
Xibraltar. En África hai millóns de persoas cuxo único obxectivo é entrar en
Europa.
ÉXODO
Superprodución sobre o nacemento do estado de Israel (1948). Seiscentos once
xudeus que sobreviviron aos campos de exterminio nazis, abandonan Alemaña
nun barco (o "Estrela de David") que atraca en Chipre.
LAS UVAS DE LA IRA
Tom Joad (Henry Fonda) regresa o seu fogar tras cumprir condena en prisión,
pero a ilusión de volver a ver os seus transfórmase en frustración ao ver como
son expulsados das súas terras.
INTOCABLE
Philippe, un aristócrata millonario que quedou tetrapléxico a causa dun accidente
de parapente, contrata como coidador a domicilio a Driss, un inmigrante dun
barrio marxinal saído recentemente do cárcere.
9
OUTROS MATERIAIS
http://mediorural.xunta.gal/fileadmin/arquivos/publicacions/biodiversidade/guia_aves_es.
pdf (libro sobre aves galegas).
BREVE DICCIONARIO ETIMOLÓGICO DE LA LENGUA CASTELLANA
Joan Corominas
DICCIONARIO DE NOMBRES PROPIOS
Fauré. 2002. Espasa.
DICCIONARIOS DE APELLIDOS ESPAÑOLES
Fauré, Ribes, García. 2001. Espasa.
Os seguintes libros e películas son materiais relacionados coa migración
que non están na biblioteca pero pódense pedir:
BANDA DESEÑADA:
WAMBA E A VIAXE DO MEL
García Graciell, David Villanueva.
Editorial DEMIPAGE
Non queda nada para botar á boca e Wamba cambia as chairas da súa aldea
africana polas beirarrúas de mel dunha cidade europea, pero a cidade tórcelle o
lombo.
CAL É A MIÑA COR ( de 9 a 12 anos)
Antoine Guilloppé
Editorial XERAIS
Aborda a complexa cuestión da definición da identidade cultural dos nenos e
nenas inmigrantes no entorno das sociedades de acollida.
10
EL ÁRABE DEL FUTURO (ESO)
Riad Sattouf
Editorial SALAMANDRA
Historia real dun neno louro e da súa familia na Libia de Gadafi e a Siria de
Hafez o Asad.
LA LLAVE ( de máis de 6 anos)
Angele Delaunois
LOGUEZ EDICIONES
Os homes van á guerra, mentres as mulleres e os nenos ocúltanse nun campo
de refuxiados.
ELOÍSA Y LOS BICHOS (de 5 a 8 anos)
Jairo Buitrago
Editorial EL JINETE AZUL
É unha bela reflexión sobre as cousas novas, sobre todo aquilo que é
descoñecido para nós. Fala de medos, aprendizaxes, estrañezas, costumes,
rexeitamento e amizade.
¡AL FURGÓN! (de 5 a 8 anos)
Henri Meunier
Editorial TAKATUKA
Unha reflexión divertida sobre a intolerancia e o racismo.
STEFANO (máis de 12 anos)
María Teresa Andruetto
Editorial SM
Stefano foxe da pobreza da posguerra italiana cara a Arxentina.
70 MILLAS HASTA EL PARAÍSO (de 12 a 15 anos)
Robert Klement
Editorial TAKATUKA
Unha historia sobre a inmigración africana en Europa.
11
LA NARRADORA DEL DESIERTO (de 9 a 12 anos)
Josep Antoni Fluixa
Editorial: ALGAR
Amira vive no deserto e o que máis lle gusta é contar historias aos seus amigos.
Pero un día, por culpa das guerras e a fame, xa non queda ninguén que a
escoite.
AL OTRO LADO (ESO)
Moisés Yagues
Editorial TRIFOLIUM: TALLER DE JUAN
Colección Lunalimón sobre o tema das fronteiras e a migración.
ME LLAMO YOON (de 5 a 8 anos)
Helen Recorvits
Editorial JUVENTUD
Difícil proceso de adaptación dunha nena que vai vivir lonxe do seu país.
ZIBA VINO EN UN BARCO (de 5 a 8 anos)
Liz Lofthouse
Editorial: LOGUEZ EDICIONES
Un libro sobre a inmigración e os recordos brumosos dun fogar perdido.
¡VAMOS A VER A PAPÁ! (de 8 anos en diante)
Lawrence Schimel
Editorial S.L. EKARE EUROPA
Relato sobre a experiencia de emigrar, narrado por dous autores que máis
dunha vez mudáronse de país.
GRISCLARITO ( de 0 a 6 anos)
Elzbieta
Editorial: Macmillan
Conta a historia dunha familia sen casa, unha familia pobre no material pero de
grandes valores...
12
LIBROS LECTURA:
UN BOSQUE CHEO DE FAIAS (ESO)
Francisco Castro
Editorial: EVEREST
Un bosque cheo de faias é unha historia sobre a violencia neonazi.
CANDO HITLER ROUBOU O COELLO ROSA (ESO)
Judith Kerr
Editorial ALFAGUARA
Anna é unha nena que ten que escapar de Alemaña por culpa de Hitler.
A LAGOA DAS NENAS MUDAS (ESO)
Fina Casalderrey
Editorial XERAIS
Relato da emigración e o rexeitamento e as dificultades que sofren moitos
emigrantes.
ME LLAMO SULEIMÁN (ESO)
Antonio Lozano
Editorial: ANAYA
Chegarán ata a fronteira con Melilla, pero alí o cruce do valo complicarase.
COMO SI NO HUBIERA QUE CRUZAR EL MAR (ESO)
Cecilia Pisos
Editorial ALFAGUARA
Carolina (12 anos) viaxa por primeira vez soa en avión cara a Madrid, onde a
espera seu tío. Acompañada polas cartas de María, a súa bisavoa, que tamén
cruzou o mar soa, pero en barco e desde España cara a Arxentina.
13
LA NOCHE DEL POLIZÓN (ESO)
Andrea Ferrari
Editorial NORMA
Brutal exclusión de continentes enteiros de seres humanos, mulleres, nenos e
xoves, inmigrantes, refuxiados de guerra, famentos, sedentos, enfermos,
sobreviventes do día a día.
VUELTA AL SUR (ESO)
Mario Méndez
Editorial EDELVIVES
O protagonista reconstrúe a historia da súa avoa cando escapa da pobreza e a
violencia doméstica a costa dun sacrificio supremo: desprenderse dos seus
fillos.
LA RUTA DE LA SEDA (ESO)
Thomas Hollman
ALIANZA EDITORIAL
Percorrido histórico sobre a primeira ruta comercial e de intercambio entre
Oriente e Occidente.
LOS HIJOS DE LA TIERRA (ESO)
Jean M. Auel
Editorial Maeva
Serie de seis libros que narra a viaxe dunha Cromagnon buscando a súa tribo
perdida.
BUENO, ME LARGO (ESO)
Hape Kerkeling
Editorial: SUMA
Espéranlle seis semanas só consigo mesmo e a súa mochila vermella de once
quilos recorrendo o lendario Camiño Francés.
14
POR EL CAMINO DE LAS PEREGRINACIONES (de 10 anos en diante)
Álvaro Cunqueiro
ALBA EDITORIAL
Crónica dunha viaxe entre Pedrafita e Santiago realizada por Álvaro Cunqueiro.
LOS PEREGRINOS DEL CAMINO DE SANTIAGO (de 10 anos en diante)
Juan García Atienza
Editorial EDAF
Desvela as claves da supervivencia do Camiño de Santiago.
EL DESVIO A SANTIAGO (ESO)
Cees Nooteboom
Editorial SIRUELA
Cees Nooteboom encarna o viaxeiro que sempre se deixa tentar polos camiños
laterais aínda que o seu destino é Santiago de Compostela.
No expositor do proxecto pódense atopar materiais. Colgaranse no blog os
recursos que teñamos tamén.
Farase una selección de películas para poder traballar na aula. Estarán
colocadas nunha cesta na zona de préstamo. Nos blogs atoparedes información:
A Quinta dos libros e Cine na Quinta.
A biblioteca organizará, na medida do posíbel, obradoiros ou actividades
relacionadas co proxecto durante todo o curso para cada nivel educativo.
O equipo da biblioteca está á vosa disposición. Se necesitades máis
información ou mercar material que vos pareza interesante falade con nós.
Moitas grazas pola vosa colaboración.
O equipo de biblioteca.
15

Proxecto biblioteca 2016 2017 migrANDO

  • 1.
    A Quinta doslibros. CPI Manuel Suárez Marquier (O Rosal) Proxecto Documental Integrado MigrAndo Curso 2016-2017 1. Xustificación O principal obxectivo das actividades e dinámicas neste tema (como noutros) é a deslocalización da aprendizaxe das clases: aprendemos en moitos lugares, por exemplo na biblioteca. Tamén, e de maneira moi especial, a cohesión entre profesionais de diferentes etapas: a primaria e a secundaria traballando sen barreiras nun espazo-concepto común, a biblioteca, onde maiores e pequenos poidan exercer de protagonistas e colaboradores mutuos, para poñer en práctica a titorización entre iguais, tan enriquecedora para as súas autoestimas. O eixe temático proposto para o proxecto deste ano xirará arredor da migración. 2. Obxectivos • Espertar o interese do alumnado polas diferentes formas de migracións (humana, fauna, flora, alimentos, palabras...). • Investigar sobre os diferentes tipos de migración humana: segundo o tempo (temporal ou permanente), segundo o carácter (forzada ou voluntaria), segundo o destino (interna ou internacional)… • Coñecer a existencia doutras realidades culturais do entorno aceptándoas e valorándoas. • Reflexionar sobre a situación da migración desenvolvendo actitudes de tolerancia, empatía e respecto cara a culturas e razas diferentes (inmigrantes, refuxiados, exiliados...). • Experimentar e investigar a partir de diferentes fontes documentais. • Fomentar e facilitar a lectura de diversidade de textos en calquera tipo de soporte. • Discriminar a información importante da que non é. 1
  • 2.
    • Aprender aprocesar a información e a comunicala. • Elaborar material de produción propia. • Respectar os puntos dos demais. • Desenvolver hábitos de axuda, colaboración e cooperación cos demais. • Ter unha actitude de respecto cara as características, calidades dos demais e comezar a valoralas sen actitudes de discriminación. 3. Planificación do traballo A) A primeira fase do proxecto é planificar o traballo que se vai realizar.  Que podo traballar co meu alumnado?  Que tarefas se poden facer?  Cal será o produto final? B) A segunda fase será a investigación, a busca e selección de información por parte do alumnado.  Na biblioteca poderanse atopar recursos e materiais.  Un dos principais obxectivos do proxecto é fomentar a autonomía e a capacidade de aprender a aprender do noso alumnado. C) Por último, a fase final do proxecto será a elaboración do produto final.  Pódense crear materiais de produción propia para expoñer ou que queden na biblioteca: libros, carteis, xogos...  Poden ser materiais dixitais que se poden colgar no blog.  Poden ser traballos de expresión gráfica: graffiti ou carteis en diferentes espazos do centro ou da vila.  É importante que todos coñezan o que están a facer os seus compañeiros, que compartan esa información e que se sintan protagonistas do seu proceso de aprendizaxe. 2
  • 3.
    4. Algunhas propostasde traballo (Ben nas clases, ben en proxectos interdisciplinarios, na biblioteca...) • Entrevistas a persoas inmigrantes. • Intercambio virtual (a través dun blog, dunha páxina de facebook…) cun centro doutro lugar: de Portugal, de Madrid, de Inglaterra... O departamento de inglés vai iniciar una experiencia deste tipo cun centro de Manchester. • Convidar algunha ONG que trate con inmigrantes a vir ao centro e contar experiencias. Un exemplo: a ONG Ecodesenvolvento GAIA, especializada en dar cobertura a inmigrantes, principalmente subsaharianos. Outro exemplo: a ONG Equus Zebra, cuxo director é camerunés (avogado e escritor). • Convidar algún autor dalgún libro relacionado coa inmigración. Un exemplo: Francisco Castro (que está en Vigo). • Dar voz dalgunha maneira ao alumnado que temos no centro procedente doutros lugares: na clase ante os compañeiros, nalgunha sesión de club de lectura... • Organizar a FESTA DAS CULTURAS na biblioteca, que podería estar adicada a varias culturas a un tempo, ou ben a diferentes culturas en diferentes momentos. Un exemplo: “a semana de Portugal”, “a semana de Inglaterra”… • Sesións de contacontos na biblioteca (ou nalgunha clase) con historias doutros países: contos tradicionais lituanos, suecos, marroquís, americanos… • Folletos informativos (Pódenos levar polos típicos lugares da emigración a modo de guías turísticas). • Receitas típicas da emigración (Poden ser de comidas ou receitas para non emigrar). • Xornal. • Murais diversos. 3
  • 4.
    • Blog sobrea emigración. • Traballamos algún conto sobre a emigración. • Poemas migrANDO (Inventados ou xa coñecidos). • Exposición de fotos antigas e recentes recompiladas entre o alumnado (Emigrantes do Rosal ou dos alumnos do Rosal). • Teatriño sobre a emigración. 5. Puntos que se poderían traballar • As palabras que migran. Verbas migratorias. • O éxodo dos xudeus. • Aves migratorias. • Paseos polo mar: baleas e golfiños. • Arxentina, un país de Tanos... • Galegos polo mundo. Unha historia real. • A escravitude. • A revolución Industrial. Emigración cara as cidades. • Refuxiados • A música viaxeira. Caboverdianios en Burela. • Plantas en movemento. A pataca, chocolate... • Grandes rutas polo mundo antigo:  A ruta das especies. Marco Polo.  A Meca. Grandes peregrinacións.  O camiño de Santiago.  As invasións  Roma, un gran pobo viaxeiro. • Poetas na emigración. • Cristóbal Colón. Explorando un novo continente. • Os esquimós. Pobo emigrante. 4
  • 5.
    ANOTACIÓN: O EFECTOA PERSEGUIR EN TODAS AS ACTIVIDADES SERÍA O DE POÑER EN VALOR OUTRAS CULTURAS, ASÍ COMO AFONDAR NOS COMPOÑENTES HUMANOS QUE TEN O DESPRAZAMENTO DAS PERSOAS, E A PERDA DO CONTROL DA ZONA DE CONFORT. 6. Seguimento do proxecto/ exposición no blog Unha parte moi importante ao mesmo tempo que enriquecedora é compartir o que se está a facer con toda a comunidade educativa. Así que utilizaremos o Google Drive para dar a coñecer tanto o produto final do voso proxecto coma as fases que se seguiron para alcanzalo e desta maneira poderemos publicalo no blog para seguirvos e aprender todos do voso traballo. Deberase especificar ao máximo en que consiste o voso proxecto: contidos, obxectivos, metodoloxía, temporalización, materiais, actividades e FOTOS ou vídeos. Os pasos a seguir para subir material a Google Drive son: -Abrir a propia conta de gmail. - Acceder ao menú na parte superior dereita a Google Drive. - No menú despregable á esquerda premer en “compartido comigo”. - Entrar na carpeta PDI migrANDO. - Engadir os arquivos arrastrándoos directamente á carpeta ou premendo en “novo”. 7. Materiais e recursos Os seguintes libros e películas están na nosa biblioteca: BANDA DESEÑADA: MAGASIN GÉNERAL (de 10 anos en diante) Loisel & Tripp NORMA EDITORIAL Unha serie de tres libros sobre un home sensible e fondamente humano que chega a una comunidade rural, e atopa as dificultades da integración por ser 5
  • 6.
    diferente. De graninterese polo coidado guión e a mestría do debuxo. RING CIRCUS (de 10 anos en diante) Chauvel & Pedrosa NORMA EDITORIAL Serie de tres libros baseados nas aventuras dun circo itinerante. Percorre toda Europa, ata chegar á Rusia da revolución bolxevique. Interesante polas culturas que atravesa, e pola trama de suspense que sucede entre os membros da gran familia. ABDEL (de 10 anos en diante) Chechu Ramírez e Paco Vílchez Editorial DIBBUKS O drama dos emigrantes subsaharianos que intentan saltar a valla de Melilla ou cruzar en pateira o Estreito de Xibraltar. Un colorido cómic titulado que, con forza e paixón, retrata a dura historia dun africano que o deixa todo para intentar chegar a Europa. PALESTINA (de 10 anos en diante) Joe Sacco Editorial RINOCERONTE, 2013 A principios da década do 1990, un mozo historietista chamado Joe Sacco decidiu viaxar por Palestina para documentar as súas vivencias baixo a forma artística do cómic. GORAZDE, ZONA SEGURA (de 10 anos en diante) Joe Sacco Editorial RINOCERONTE, 2013 Premio Will Eisner á Mellor Novela Gráfica Orixinal no 2001. Joe Sacco desenvolve outra das súas características crónicas, mesturándoa con historias persoais. Así, ao tempo que narra o asedio a esta zona segura designada pola ONU durante a guerra de Bosnia, tamén retrata as persoas coas que se 6
  • 7.
    encontrou ao longodas súas viaxes, realizadas entre 1995 e 1996. PERSÉPOLIS (de 10 anos en diante) Marjane Satrapi NORMA EDITORIAL Historia autobiográfica da iraniana Marjane Satrapi de como medrou nun réxime fundamentalista islámico que a acabaría levando a abandonar o seu país. NÓMADES (de 10 anos en diante) Xosé Tomás EDITORIAL GALAXIA As protagonistas das historias que conforman Nómades son mulleres inmigrantes, fortes, que arriscan todo por un futuro mellor, aínda que non sempre o conseguen. EMIGRANTES (de 10 anos en diante) Shaun Tan Editorial BÁRBARA FIORE, 2007 Historia dunha emigración contada por medio dunha serie de imaxes sen palabras que poderían parecer propias dun tempo afastado e esquecido. Un home deixa a súa esposa e o seu fillo nunha cidade miserábel para intentar prosperar nun país descoñecido ao outro lado dun vasto océano. MIGRAR (de 10 anos en diante) José Manuel Mateo Editorial FAKTORA K DE LIBROS, 2012 Pero as cousas cambiaron de golpe! Os veciños deixaron de sementar. Primeiro don Augusto foise. Despois regresou e levouse os seus fillos varóns. E o mesmo fixeron os demais adultos. 7
  • 8.
    LIBROS LECTURA: SODES VÓSOS REIS MAGOS? (de 0 a 12 anos) Paco Abril EDITORIAL GALAXIA MILA VAI Á ESCOLA (primeiros lectores) VVAA EDITORIAL GALAXIA Mila vén de Bulgaria e non entende nada. Pero aínda así é capaz de facer amigos. LÚA DO SENEGAL (de 10 anos en diante) Agustín Fernández Paz Editorial XERAIS Khoedi, unha nena de dez anos, ten que deixar a súa casa de Casamence, unha rexión ao sur do Senegal, para instalarse en Vigo. ALMA Y LA ISLA (de 6 anos en diante) Mónica Rodríguez Editorial ANAYA Alma chegou do mar e Otto non entende o seu idioma e tivo que deixarlle a súa habitación... EL VIAJE (de 6 anos en diante) Francesca Sanna Editorial IMPEDIMENTA O relato en primeira persoa do tortuoso periplo que emprenderá unha familia para escapar dos horrores da guerra para poder formar un novo fogar. VIAXEIRAS DA AUGA (de 10 anos en diante) Estanislao Fernández de la Cigoña Editorial XERAIS 8
  • 9.
    Libro sobre avesmariñas e acuáticas de Galicia e norte de Portugal. A REPÚBLICA DOS SOÑOS (ESO) Nélida Piñón Editorial GALAXIA Dous rapaces embarcan en Vigo rumbo a Brasil. EL PRÍNCIPE FELIZ ( de 0 a 6 anos) Oscar Wilde Editorial EVEREST Breve conto sobre unha andoriña que se detén sobre unha estatua na súa migración. PELÍCULAS: 14 KILÓMETROS "Catorce quilómetros" é a distancia que separa África de Europa polo Estreito de Xibraltar. En África hai millóns de persoas cuxo único obxectivo é entrar en Europa. ÉXODO Superprodución sobre o nacemento do estado de Israel (1948). Seiscentos once xudeus que sobreviviron aos campos de exterminio nazis, abandonan Alemaña nun barco (o "Estrela de David") que atraca en Chipre. LAS UVAS DE LA IRA Tom Joad (Henry Fonda) regresa o seu fogar tras cumprir condena en prisión, pero a ilusión de volver a ver os seus transfórmase en frustración ao ver como son expulsados das súas terras. INTOCABLE Philippe, un aristócrata millonario que quedou tetrapléxico a causa dun accidente de parapente, contrata como coidador a domicilio a Driss, un inmigrante dun barrio marxinal saído recentemente do cárcere. 9
  • 10.
    OUTROS MATERIAIS http://mediorural.xunta.gal/fileadmin/arquivos/publicacions/biodiversidade/guia_aves_es. pdf (librosobre aves galegas). BREVE DICCIONARIO ETIMOLÓGICO DE LA LENGUA CASTELLANA Joan Corominas DICCIONARIO DE NOMBRES PROPIOS Fauré. 2002. Espasa. DICCIONARIOS DE APELLIDOS ESPAÑOLES Fauré, Ribes, García. 2001. Espasa. Os seguintes libros e películas son materiais relacionados coa migración que non están na biblioteca pero pódense pedir: BANDA DESEÑADA: WAMBA E A VIAXE DO MEL García Graciell, David Villanueva. Editorial DEMIPAGE Non queda nada para botar á boca e Wamba cambia as chairas da súa aldea africana polas beirarrúas de mel dunha cidade europea, pero a cidade tórcelle o lombo. CAL É A MIÑA COR ( de 9 a 12 anos) Antoine Guilloppé Editorial XERAIS Aborda a complexa cuestión da definición da identidade cultural dos nenos e nenas inmigrantes no entorno das sociedades de acollida. 10
  • 11.
    EL ÁRABE DELFUTURO (ESO) Riad Sattouf Editorial SALAMANDRA Historia real dun neno louro e da súa familia na Libia de Gadafi e a Siria de Hafez o Asad. LA LLAVE ( de máis de 6 anos) Angele Delaunois LOGUEZ EDICIONES Os homes van á guerra, mentres as mulleres e os nenos ocúltanse nun campo de refuxiados. ELOÍSA Y LOS BICHOS (de 5 a 8 anos) Jairo Buitrago Editorial EL JINETE AZUL É unha bela reflexión sobre as cousas novas, sobre todo aquilo que é descoñecido para nós. Fala de medos, aprendizaxes, estrañezas, costumes, rexeitamento e amizade. ¡AL FURGÓN! (de 5 a 8 anos) Henri Meunier Editorial TAKATUKA Unha reflexión divertida sobre a intolerancia e o racismo. STEFANO (máis de 12 anos) María Teresa Andruetto Editorial SM Stefano foxe da pobreza da posguerra italiana cara a Arxentina. 70 MILLAS HASTA EL PARAÍSO (de 12 a 15 anos) Robert Klement Editorial TAKATUKA Unha historia sobre a inmigración africana en Europa. 11
  • 12.
    LA NARRADORA DELDESIERTO (de 9 a 12 anos) Josep Antoni Fluixa Editorial: ALGAR Amira vive no deserto e o que máis lle gusta é contar historias aos seus amigos. Pero un día, por culpa das guerras e a fame, xa non queda ninguén que a escoite. AL OTRO LADO (ESO) Moisés Yagues Editorial TRIFOLIUM: TALLER DE JUAN Colección Lunalimón sobre o tema das fronteiras e a migración. ME LLAMO YOON (de 5 a 8 anos) Helen Recorvits Editorial JUVENTUD Difícil proceso de adaptación dunha nena que vai vivir lonxe do seu país. ZIBA VINO EN UN BARCO (de 5 a 8 anos) Liz Lofthouse Editorial: LOGUEZ EDICIONES Un libro sobre a inmigración e os recordos brumosos dun fogar perdido. ¡VAMOS A VER A PAPÁ! (de 8 anos en diante) Lawrence Schimel Editorial S.L. EKARE EUROPA Relato sobre a experiencia de emigrar, narrado por dous autores que máis dunha vez mudáronse de país. GRISCLARITO ( de 0 a 6 anos) Elzbieta Editorial: Macmillan Conta a historia dunha familia sen casa, unha familia pobre no material pero de grandes valores... 12
  • 13.
    LIBROS LECTURA: UN BOSQUECHEO DE FAIAS (ESO) Francisco Castro Editorial: EVEREST Un bosque cheo de faias é unha historia sobre a violencia neonazi. CANDO HITLER ROUBOU O COELLO ROSA (ESO) Judith Kerr Editorial ALFAGUARA Anna é unha nena que ten que escapar de Alemaña por culpa de Hitler. A LAGOA DAS NENAS MUDAS (ESO) Fina Casalderrey Editorial XERAIS Relato da emigración e o rexeitamento e as dificultades que sofren moitos emigrantes. ME LLAMO SULEIMÁN (ESO) Antonio Lozano Editorial: ANAYA Chegarán ata a fronteira con Melilla, pero alí o cruce do valo complicarase. COMO SI NO HUBIERA QUE CRUZAR EL MAR (ESO) Cecilia Pisos Editorial ALFAGUARA Carolina (12 anos) viaxa por primeira vez soa en avión cara a Madrid, onde a espera seu tío. Acompañada polas cartas de María, a súa bisavoa, que tamén cruzou o mar soa, pero en barco e desde España cara a Arxentina. 13
  • 14.
    LA NOCHE DELPOLIZÓN (ESO) Andrea Ferrari Editorial NORMA Brutal exclusión de continentes enteiros de seres humanos, mulleres, nenos e xoves, inmigrantes, refuxiados de guerra, famentos, sedentos, enfermos, sobreviventes do día a día. VUELTA AL SUR (ESO) Mario Méndez Editorial EDELVIVES O protagonista reconstrúe a historia da súa avoa cando escapa da pobreza e a violencia doméstica a costa dun sacrificio supremo: desprenderse dos seus fillos. LA RUTA DE LA SEDA (ESO) Thomas Hollman ALIANZA EDITORIAL Percorrido histórico sobre a primeira ruta comercial e de intercambio entre Oriente e Occidente. LOS HIJOS DE LA TIERRA (ESO) Jean M. Auel Editorial Maeva Serie de seis libros que narra a viaxe dunha Cromagnon buscando a súa tribo perdida. BUENO, ME LARGO (ESO) Hape Kerkeling Editorial: SUMA Espéranlle seis semanas só consigo mesmo e a súa mochila vermella de once quilos recorrendo o lendario Camiño Francés. 14
  • 15.
    POR EL CAMINODE LAS PEREGRINACIONES (de 10 anos en diante) Álvaro Cunqueiro ALBA EDITORIAL Crónica dunha viaxe entre Pedrafita e Santiago realizada por Álvaro Cunqueiro. LOS PEREGRINOS DEL CAMINO DE SANTIAGO (de 10 anos en diante) Juan García Atienza Editorial EDAF Desvela as claves da supervivencia do Camiño de Santiago. EL DESVIO A SANTIAGO (ESO) Cees Nooteboom Editorial SIRUELA Cees Nooteboom encarna o viaxeiro que sempre se deixa tentar polos camiños laterais aínda que o seu destino é Santiago de Compostela. No expositor do proxecto pódense atopar materiais. Colgaranse no blog os recursos que teñamos tamén. Farase una selección de películas para poder traballar na aula. Estarán colocadas nunha cesta na zona de préstamo. Nos blogs atoparedes información: A Quinta dos libros e Cine na Quinta. A biblioteca organizará, na medida do posíbel, obradoiros ou actividades relacionadas co proxecto durante todo o curso para cada nivel educativo. O equipo da biblioteca está á vosa disposición. Se necesitades máis información ou mercar material que vos pareza interesante falade con nós. Moitas grazas pola vosa colaboración. O equipo de biblioteca. 15