Nº 14 de "Ollos de Aula" a "revista para as familias do alumnado". Edita: CGENDL. Maio 2014. Descarga directa en http://www.coordinadoraendl.org/limiar.php?pax=ollosdeaula/ollosdeaula.html
Nº 14 de "Ollos de Aula" a "revista para as familias do alumnado". Edita: CGENDL. Maio 2014. Descarga directa en http://www.coordinadoraendl.org/limiar.php?pax=ollosdeaula/ollosdeaula.html
Nº 14 de "Ollos de Aula" a "revista para as familias do alumnado". Edita: CGENDL. Maio 2014. Descarga directa en http://www.coordinadoraendl.org/limiar.php?pax=ollosdeaula/ollosdeaula.html
Este documento es una lista de nombres de estudiantes que asistieron a una clase de "Colaxes e caligramas" el viernes 22 de abril de 2016. Contiene 26 nombres de estudiantes seguidos de la fecha de la clase.
Este documento es una lista de nombres de estudiantes que asistieron a un curso de collages e caligramas el 14 de abril de 2016. La lista contiene los nombres de 25 estudiantes con su fecha de asistencia.
Este documento presenta las citas y nombres de varios estudiantes. Cada entrada incluye el nombre de un estudiante seguido de una cita o frase atribuida a un autor diferente. Las citas tratan sobre una variedad de temas como la literatura, la vida, la música, la libertad y Galicia.
2. Olimpio Arca
1. Supoñemos que as súas lembranzas da República sexan case nulas pero como lembra Vostede a Guerra Civil e as súas
consecuencias posteriores? Houbo circunstancias devengadas destas vivencias persoais que o marcasen a nivel individual?
O primeiro recordo corresponde aos carteis de “Votad al Estatuto de Galicia”. Había un cartel no portalón da casa dunha dona
chamada Alicia e todos os nenos deveciamos por borrarlle o G.
Sen embargo dous feitos magoaron fondamente o meu espíritu de neno: presenciar a brutal paliza que un mestre lle propinou a
un compañeiro de once anos por negarse a cantar o “Cara al sol”. O mestre ben sabía que era fillo dun coñecido afiliado ao
Frente Popular.
Así mesmo, os domingos do 1937 e 38, unha panda de mozos dunha localidade veciña chegaban nunha furgoneta vestidos con
uniforme e bandeiras fascistas e co grito “Arriba España”, brazo en alto, obrigaban aos veciños a corresponder co saúdo . Un
deses domingos, a un mozo que ía á herba coa cesta e o fouciño, ocorréuselle, malpocado, erguer o fouciño. Se súpeto o coche
dos fascistas freou e, como feras, colléreno e metérono na furgoneta. Apareceu días despois todo mazado.
2. Vostede naceu na mesma vila en que dous insignes galeguistas “paseados” no 36 (Roberto Blanco Torres e Xoán Xesús
González). Puideron influír estes dous viciños no seu compromiso posterior con Galiza, aínda que Vostede puider ter
coñecemento deles máis tarde cós acontecementos?
Souben de Xoán Xesús González por miña nai, que mo puña de exemplo polo seu ascenso social (de canteiro a avogado), por mor
dos estudos. De Blanco Torres tiven novas aos vinte anos. Penso que non influíron no meu pensamento.
3. Sempre foi coñecido Vostede polo seu labor de MESTRE (en maiúsculas), mais podería decirnos se había grandes diferenzas
entre o labor docente dos anos cincuenta e sesenta e o ensino durante a democracia?
O ensino foi para min unha fonda vocación. Dende os dezaoito anos, sempre puxen escola: no verán, na casa, aos rapaces da
contorna; no inverno, clases nocturnas a mozos. Fun cofundador en Cuntis da Academia Lumen (1949); cofundador da Academia
San Pelayo na Estrada (1961), con clases de bacharelato e maxisterio e impartín clases particulares fóra do horario oficial da
escola pública.
Ata 1970, o material didáctico, os libros, eran moi escasos e moitas veces antipedagóxicos e as condicións dos locais onde se
impartía escola non eran os máis axeitados (ausencia de aseos). O ensino memorístico era característico do nacionalcatolicismo
do Réxime. O mestre desfrutaba de consideración social, malia o soldo de miseria co que era retribuído.
No ano 1975 comeza o desenvolvemento económico, orfo do necesario desenvolvemento intelectual. Melloran as escolas, os libros
e o material didáctico resultan máis aceptables pero nas familias mingua a autoridade dos pais. Os alumnos, axudados por leis
permisivas no rendemento escolar baixaron no proveito do estudo e o mestre, progresivamente, vai perdendo autoridade social.
En resume, o labor docente atopa máis facilidades pero a receptividade do alumno é menor.
martes 4 de diciembre de 2012
3. Olimpio Arca
4. Hai varios datos que nos indican o seu compromiso coa docencia e as inxustizas que nela había. Foi dura a súa loita por
acadar unha escola unitaria de nenas e nenos a fins dos anos sesenta?
O nacionalcatolicismo tiña o concepto do sexo coma un tabú e ordeou a separación de xéneros.
Cando en Couso se nos entregan as dúas aulas nun mesmo edificio, pensei no absurdo da
educación dos mesmos coñecementos en aulas distintas. Expoño a idea da integración á
mestra, que o entende ben, pero teme á Administración. Entrevisteime co Inspector quen, coa
lei na man, intenta disuadirme de tal idea. Pero como tiña eu certa ascendencia sobre aquel
inspector (dúas fillas súas asistían ás miñas clases particulares), insistín pero, malia que el
tamén compartía a miña idea, non estaba disposto a “quebrantar a lei”. Na terceira ou cuarta
entrevista claudicou: “Alá ti, eu non sei nada”. Fixemos a unificación e o inspector non volveu
facer visitas.
5. Outro do seu compromiso co ensino foi o de enfócalo cara a unha vertente máis práctica
ca teórica como demostra a súa tendencia de sempre a fomentar as actividades. Supuña
iso unha innovación na docencia da época ou máis ben unha corrente xa máis extendida?
Recordaba que de neno, na escola, sacáballe máis proveito ás excursións que ás ensinanzas na
aula.
No ano 1946, nas clases particulares substituía, ás veces, a clase por unha excursión na mesma
aldea: os hórreos, os cabazos, as palleiras,… servían para a historia alimenticia da humanidade.
A carballeira era un libro aberto de ciencias, etc. Obra de Olimpio Arca,
Comprobei os bos resultados e non me pareceu innovación senón unha forma leda do ensino. “O Tren”
Non estaba extendida esta modalidade, de feito había compañeiros que me criticaban.
6. Nos seus primeiros tempos como docente este labor estaba bastante prestixiado socialmente. Que pensa Vostede na
actualidade cando vemos que este labor carece abondo dese prestixio tan necesario?
Dixen antes que o desenvolvemento económico non veu parello co desenvolvemento cultural. Nunha sociedade onde impera o
espíritu de que “vale quen ten”, o mestre perdeu o prestixio. Como mostra, un diálogo sostido alá no ano 93, na etapa final da
miña docencia, cun alumno ao que eu trataba de inculcarlle a importancia do estudo na súa vida futura:
“-Mestre, de que vale tanto estudo: ti cantos pisos tes?
–Un- respondinlle.
-Bo, meu pai non é mestre e ten tres…”
martes 4 de diciembre de 2012
4. Olimpio Arca
7. Desas actividades prácticas posibelmente a máis empregada por Vostede foi o
teatro. Por que se decidiu por ese xénero dinamizador? Foi este aspecto o que máis
satisfaccións lle supuxo? Foi este o xénero literario no que primeiro puxo a súa
pluma?
Tres horas seguidas de clase poden levar ao alumno ao desinterés pola materia ou ao
cansanzo. Resulta necesario un descanso ledo: cantar, debuxar, imitar… como eu non
sabía entoar e o debuxo dábaseme moi mal, pensei na lectura escenificada dun conto
breve. Recordo que na lectura do diálogo do pastor co lobo para que non lle comera a
ovelliña, moitos nenos de sete anos tiñan bágoas nos ollos. Así comecei: primeiro,
lectura expresiva, segundo, diálogos entre alumnos, terceiro, escenificación.
Olimpio Arca co alumnado de Literatura
Galega do século XX e da actualidade no
IES Manuel García Barros.
8. E seguindo co teatro, sabemos que moitas das súas pezas ao final saíron do baúl para seren publicadas e daquela
transmitidas a outras xeracións. Aínda quedan algunhas no baúl ou xa volveron todas a cobrar vida?
Só quedan no baúl uns cantos “esqueches” da conmemoración de distintas datas: a festa da árbore, o Día das Letras Galegas, o
día do libro, o día da paz….
9. Que lle supuxo maiores satisfaccións, os múltiples premios acadados polo seu labor docente e polas actividades
desenvolvidas ou ver as súas obras teatrais postas en escena polo seu alumnado?
A maior satisfacción como docente foi xestionar e acadar para os nenos da zona de Vea a implantación da Segunda Etapa, oito
anos antes da construción do edificio do colexio. Logo, no teatro a gran satisfacción foi saber que dúas obriñas de teatro escolar
miñas estiveran nos andeis da Feira do Libro de Frankfurt.
martes 4 de diciembre de 2012
5. Olimpio Arca
10. Supoñemos que de todos os premios acadados gardará gratos recordos pero con cal ou cales se quedaría e por que? Que sente
unha persoa cando pasea, parrafea ou simplemente pasa por unha rúa que leva o seu nome?
O premio máis importante foi a concesión da Cruz da Orden de Alfonso X El Sabio, no ano 1977,
por iniciativa do Ministerio de Educación e Ciencia. Mérito que me foi outorgado con tan só 49
anos, cando o normal é a súa concesión logo de toda unha vida adicada á educación, á docencia.
Ao respecto da segunda pregunta, direivos que polo antigo camiño parello á rúa que leva o meu
nome en Cuntis, ía ao muíño, ás troitas, ás clases de bacharelato,… así que, cando agora paso por
aquel lugar, voltan os recordos infantís e vivencias inesquecibles.
11. Outro dos xéneros que máis cultivou foi o ensaio. Que pretendeu vostede coa maior parte
dos seus ensaios? Era vostede consciente ao escribir os ensaios que estaba a sacar á luz
moita memoria histórica de personaxes e oficios abondo esquecidos dos seus pobos de Inauguración dunha rúa ao
nacemento e “adopción”?
seu nome en Cuntis.
Coa edición dos ensaios buscaba en exclusiva, elevar a autoestima dos lectores galegos. Fonte: La Voz de Galicia.
12. Supoñemos que non se quererá mollar e ser “políticamente correcto” pero con todo imos preguntarllo: é Vostede de onde
naceu ou de onde paceu?
Nunca fun politicamente correcto, pois teño no meu currículo o feito de desertar de concelleiro de educación do Concello da
Estrada antes de mediar a lexislatura.
Dixo Rilke que a patria do home era a súa infancia. Non sei eu cantos anos tería Rilke cando fixo esta afirmación. Na longa costa da
vida, canto máis arriba estás, máis afloran as lembranzas da infancia, pero vas quedando só pola ausencia daqueles íntimos amigos.
Agora, tes outros compañeiros que comparten unha existencia común. O corazón ten catro cavidades: dúas para a infancia, dúas
para a vellez.
13. Que está a escribir ou que lle queda por escribir? Hai algo que, ou sobre que, lle gustaría investigar e escribir?
Na actualidade comparto investigación co secretario da Fundación Terratermarum de Castrolandín, Cuntis, Mario Touceda para
compoñer unha obra de teatro sobre unha voda celta. O noso desexo é representala unha noite de plenilunio na cima do castro.
martes 4 de diciembre de 2012
6. Olimpio Arca
14. Foi quen de transmitir a afección por escribir, investigar… a achegados, alumnado?...
Sei de alumnos que fixeron os seus “pinitos” na literatura, e abofé que a máis dun lle picou algunha vez o verme da investigación.
15. Vostede foi dos precursores do castro de Castro Landín. Agardaba daquela que este proxecto de recuperación acadase o
recoñecemento actual?
Era socio de “Amigos dos castros de Cuntis”. Cando empezamos as xestións para a posta en valor do castro de Castrolandín houbo
que asinar documentos coa Universidade, coa Xunta de Galicia, coa Comunidade Europea e, como eu era o máis vello do grupo,
nomeáronme para comezar as xestións. Agora ben, todo o traballo para acadar o resultado actual débese ao labor do secretario da
Fundación, Mario Touceda. Eu fun só un testaferro. Estou plenamente satisfeito dos riscos que houbo que afrontar e da resposta
favorable dos donos dos terreos e do concello de Cuntis.
16. E para rematarmos, desde a voz da súa experiencia, como albisca o futuro da nosa cultura e do noso idioma? E o da xuventude
actual nestes eidos?
Penso, espero, que a cultura galega seguirá unha liña ascendente. A lingua precisa dun cambio forte no pensamento dos galegos.
Olimpio Arca co alumnado de Literatura
Galega do s. XX no IES Manuel Garcia
Barros.
martes 4 de diciembre de 2012
7. A R IO
IO N
ES T
CU
martes 4 de diciembre de 2012
8. Un personaxe galego e
un estranxeiro?
Un p
obra ficci ersonax
a ón c
unh A muller do mariscal
Om o qu e de cien
/-a e gos? estre e se i c
dent ia-
a utor gale Pardo de Cela. alum de S ifiqu
/ha raria e no d hun
Un lite
Ga rcía And
es ar
unh
a esc
ko. S
hun
e?
erea m ing nove xent ola r ko er
ón V r Fle la S inos ural a
.Oa nos
Ram ande
hun utor
ko é
Jorge da
Alex Un/ha autor/-a e unha obra Ábal
os
literaria estranxeiros?
o
ment Jorge Luis Borges. Hamlet, de
nu bel? Shakespeare
mo tá
Un lien
sa
de
al Unha película de cine
edr go
cat tia
A an
Los chicos del coro
l? Cal é
S te atra a súa
obra teiro insp fonte
Unha
ca rpin iraci
ón?
de
is do A vida
O láp cotiá
martes 4 de diciembre de 2012
9. Un feito histórico? Un lugar para visitar? e un lugar para descansar?
O voo do Plus Ultra, de A illa de Madeira e Cuntis
Ramón Franco
a? Un l
u topí ugar
Un tipo Unha axeit
de músi l egos os lectu ado para
Unha ca ca?
O s ga se tod Om ra? a
nción?
ndo gua ostei
Melódica resá lin
exp súa
ro de
noite na
, Unha
na de S Ribas
eira do t
rigo
il
Outro entretemento
ademais da literatura?
? A numismática
ano Un/h
l /urb ? a
quen autor/-
o rura taña a con ?
M und /mon se id
entif l izar
Pr aia taña ique r rea
mon No n ch ? eio po da
ral e dia
Ru me ego a Un
anc r afía
s
tant f otog
o…. r as a vida
O rdea miñ
martes 4 de diciembre de 2012