SlideShare a Scribd company logo
1 of 11
Download to read offline
CClaqueta Coquetalaqueta Coqueta
DESDE OS 12 AOS 17 ANOS
FACER CINE EN GALICIA
necesario
É POSIBLE
e
é
facelo en galego
Chano Piñeiro
Oidiomapropioéamanifestaciónmáissalientabledaidentidade
dun pobo e é imprescindible traballar en prol da lingua para
incrementar o seu uso e valoración xa desde a infancia e a
mocidade.
Para iso, son de enorme importancia as tecnoloxías da
información e da comunicación, a Internet, as redes sociais
e os recursos audiovisuais, ao seren do gusto das xeracións
novas, todas elas nativas dixitais.
A revolucióndixitalsupuxounavancemoigrande,aopermitirnos
coñecer historias, costumes e idiomas doutros países e do
noso a través das redes, con pequenos vídeos. Poderiamos
estar ante a “xeración da barra espazadora” que, segundo o
que dure un vídeo en Internet, decide velo ou non.
Propoñemos unha actividade lúdica e creativa destinada a
rapazas e rapaces en idade escolar, consistente na creación de
microrrelatos levados á imaxe por medio de pequenos vídeos
que amosen os nosos costumes, as nosas paisaxes, as nosas
vilas, a nosa xente, a nosa fala..., en definitiva, que consigan
plasmar a esencia da nosa terra e, así mesmo, aumentar o uso
e a valoración da lingua galega entre a mocidade.
LINGUA RODADA
CONCEPTO
Título: Lingua rodada
Lingua: Galego
Xénero: Narrativo audiovisual
Participantes:
Idades: Comprendidas entre os 12 e os 17 anos
	 (ambas as idades incluídas)
	
Admisión: envío de solicitude de inscrición a
linguarodada@gmail.com
Duración: Xaneiro 2020 - maio 2020
Organiza: Secretaría Xeral de Política Lingüística
Produce: Produtora Claqueta Coqueta
		 Unha idea orixinal de Rubén Riós
Alumnado de centros de
titularidade da Consellería de
Educación, Universidade e
Formación Profesional que
curse ensinanzas de educación
secundaria (ESO, 1.º de
bacharelato, formación profesional
básica, ciclos formativos de grao
medio) e especiais de grao medio
1 Obxectivos
2 A actividade
3 Ficha técnica
4 O cronograma
5 Bases
ÍNDICE
OBXECTIVOS
1 Fomentar o uso da lingua galega entre o alumnado, en
especial na comunicación oral, dentro e fóra do centro de
ensino.
2 Promover unha imaxe positiva e actual da nosa lingua entre
a mocidade por medio da vinculación coas tecnoloxías da
información e da comunicación e co audiovisual.
3 Incrementar a valoración social do galego e ampliar os seus ámbitos de
uso.
4 Impulsar o coñecemento do cinema galego e do
seu valor lingüístico, artístico, histórico e
cultural entre a xente nova e a sociedade en
xeral.
5 Favorecer a presenza do galego en novos espazos
e soportes.
6 Trasladarlle á nosa xuventude os valores da terra
galega, ao tomala como fonte de inspiración para as
súas creacións.
7 Difundir a nosa cultura e a nosa lingua usando as ferramentas
dixitais e os medios audiovisuais.
OBXECTIVOS
Proba de selección aberta co
obxectivo final de atopar unha
novaxeracióndeartistasgalegos.
Os centros de ensino deberán
inscribir o alumnado participante
por medio dunha solicitude e
dispoñer da autorización previa
da nai, do pai ou representante
legal deste.
Creación e envío dun relato
curto plasmado en imaxe a través
de aparellos móbiles, realizado
polo alumnado e baseado nas
temáticas do rural, costumes,
lendas, emigración etc.
Selección dos 3 mellores
traballos de cadanseu
centro de ensino por medio
dun xurado que contará
na súa composición con 3
personalidades recoñecidas do
ámbito audiovisual e do mundo
da escrita.
Obradoiro de 3 h de duración,
impartido en horario escolar por
un/unha escritor/a e un/unha
especialista do sector audiovisual
nos 3 centros seleccionados, no
cal se abordarán as temáticas do
vídeo-relato a través do cinema
co fin de deseñar filmes.
Cando alguén ten talento o
que hai que facer é potencialo e
darlleaoportunidadedeamosalo
ante o público.
E iso é o que imos facer!
Selección do vídeo-relato
gañador, realizada polo xurado
experto de Lingua rodada,
e comunicación ao centro
seleccionado.
Durante 2 días, os/as
participantes seleccionados/as
convivirán nun contorno rural co
obxectivo de rodar o seu vídeo-
relato cun equipo de profesionais
do audiovisual ao seu cargo.
As persoas
gañadoras asistirán á XVII
edición do Festival de Cans para
compartiren co gran público o
seu audiovisual e narraren as
súas experiencias e anécdotas.
“Buscamos rapazas e rapaces que sintan paixón por escribir
e contar historias a través de relatos curtos en galego e por
levalos logo á imaxe cos seus aparellos móbiles”
BASES
FICHATÉCNICA
TÍTULO Lingua rodada
IDIOMA Galego
INSCRICIÓN Do centro escolar, mediante o envío dunha solicitude ao
enderezo linguarodada@gmail.com. Con autorización previa
imprescindible da nai, do pai ou representante legal do
alumnado.
DESTINATARIOS Alumnado de centros docentes de titularidade da Consellería
de Educación, Universidade e Formación Profesional que
curse ensinanzas de educación secundaria (ESO, 1.º de
bacharelato, formación profesional básica e ciclos formativos
de grao medio) e especiais de grao medio.
Constituirá grupos de 3 a 5 alumnas/os do mesmo centro
escolar, de idades comprendidas entre os 12 e os 17 anos
(ambas incluídas).
TÉMATICA DOS RELATOS E VÍDEOS As nosas raíces, a despoboación do rural, emigración, rural,
posta en valor do rural, patrimonio, paisaxes, historia,
gastronomía, lendas, costumes, problemáticas, avances.
RELATO Dúas páxinas máximo escritas en galego con letra Arial
regular número 12.
VÍDEO 1:30 min máximo con fala integramente galega e coa
reprodución total ou parcial do relato escrito, realizado con
dispositivos móbiles de boa calidade (teléfonos, tabletas, etc).
ENVÍO DE RELATOS E VÍDEOS Enviaranse ao enderezo linguarodada@gmail.com, a través
de We Transfer, Velaquí ou Myairbridge.
FINALISTAS Obradoiro audiovisual de 3 horas de duración nos 3 centros
seleccionados.
GAÑADORAS/ES Gravación profesional do vídeo-relato, cun equipo audiovisual
de primeira, con rodaxe e convivencia de dous días no rural
galego.
PRESENTACIÓN Presentación do vídeo-relato na XVII edición do Festival de
Cans.
CRONOGRAMA
19 -23
ANO 2020
22-16
04-04
10-03
BASES
1 Destinatarios/as do programa
Alumnado de centros docentes de titularidade da Consellería de Educación, Universidade e
Formación Profesional que curse ensinanzas de educación secundaria (ESO, 1.º de bacharelato,
formación profesional básica e ciclos formativos de grao medio) e especiais de grao medio.
2 Fases do programa
Fase I: Escolla de 3 vídeo-relatos mediante unha proba de selección
Inscrición
Realizaraa a dirección do centro de ensino mediante o envío dunha solicitude (modelo dispoñible
en www.lingua.gal) por correo electrónico a linguarodada@gmail.com. No asunto indicarase o
nome do centro. Presentarase unha solicitude diferente para cada vídeo-relato.
A inscrición no programa implica a obriga de participar en todas as fases, en caso de resultar
seleccionado.
Prazos
O prazo de inscrición abranguerá do 10 de xaneiro ao 3 de febreiro, e o prazo de envío dos vídeo-
relatos, do 4 de febreiro ao 4 de marzo de 2020 (todas as datas incluídas).
Participantes
O grupo de alumnado participante en cada vídeo-relato estará composto por un mínimo de 3
persoas e un máximo de 5, con idades comprendidas entre os 12 e os 17 anos (ambas incluídas)
e pertencentes ao mesmo centro. Cada grupo poderá presentar un único vídeo-relato.
O traballo estará supervisado por un/unha docente que exercerá como responsable da xestión dos
contidos, das imaxes e do son do vídeo.
Presentación
Os vídeo-relatos enviaranse a través de Wetransfer, Velaquí ou Myairbridge a linguarodada@
gmail.com. Incluirase no envío o relato, o vídeo e mais un documento cos seguintes datos (anexos
I e II):
- Título do vídeo-relato
- Centro educativo: nome, código, enderezo, teléfono, enderezo electrónico
- Listaxe do alumnado participante e profesorado supervisor
- Certificación da dirección de contar coa autorización escrita do pai, nai ou representante legal do
alumnado para participar no programa e usar a súa imaxe persoal nos vídeos e nas accións de
difusión deste en webs, redes sociais etc., con fins educativos e de promoción da lingua.
Características do vídeo-relato
- Temática dos relatos e vídeos: As nosas raíces, a despoboación do rural, emigración, rural, posta
en valor do rural, patrimonio, paisaxes, historia, gastronomía, lendas, costumes, problemáticas,
avances.
- Relato: Dúas páxinas máximo escritas en galego con letra Arial regular número 12.
- Vídeo: 1:30 min máximo con fala integramente galega e coa reprodución total ou parcial do relato
escrito. Realizarase con calquera dispositivo móbil de boa calidade (teléfono, tableta, cámara de
vídeo), con licenza «Creative Commons», que combine as propiedades «recoñecemento» «non
comercial» e «compartir igual». Presentarase en formato dixital mp4.
Selección e comunicación ao centro
Un xurado que contará entre os seus membros con 3 personalidades recoñecidas do ámbito
audiovisual e do mundo da escrita seleccionará as 3 mellores obras, que deberán corresponder
a 3 centros de ensino diferentes.
Os vídeo-relatos valoraranse segundo os seguintes criterios:
- Calidade lingüística oral e escrito
- Orixinalidade, creatividade e innovación
- Calidade técnica, estética e artística
O xurado poderá desbotar aquelas producións cuxo contido non se axuste ás bases ou que
promovan unha mensaxe ofensiva, violenta ou discriminatoria.
Non se valorarán os vídeo-relatos que incumpran as bases.
A produtora comunicaralles a decisión do xurado aos 3 centros finalistas o 9 de marzo* de
2020.
*Os centros aos que non se lles comunique a selección nesta data deberán entender que non
superaron esta fase.
+ INFORMACIÓN
Enderezo electrónico: info@claquetacoqueta.com
Teléfono: 645 400 581 - 618 512 435
Documentación necesaria
A produtora remitiralle ao centro que elaborou o vídeo-relato gañador a documentación necesaria
por correo electrónico. Este deberá devolvela polo mesmo medio, cuberta e asinada pola nai/pai/
representante legal:
- Autorización de difusión da imaxe persoal
- DNI
- Tarxeta sanitaria
- Datos de contacto da familia
- Ficha de inscrición
- Autorización de saída
Equipamento para a convivencia-rodaxe
Útiles de aseo persoal, repelente de mosquitos, roupa interior, calcetíns, roupa de vestir axeitada
(usada e cómoda), roupa de abrigo e chuvia, luvas, roupa deportiva, calzado deportivo, calzado forte
e cómodo, sombreiro ou gorra, roupa de baño (traxe de baño, chanclas, toalla, gorro de piscina,
protector solar), saco de durmir, esteira, lanterna e mochila ou bolsa cómoda para excursións e
saídas, cantimplora.
3 Difusión
A inscrición no programa Lingua rodada implicará, no caso do traballo premiado, a colaboración nas
accións de difusión que se organicen.
Os vídeos participantes e gañadores poderán ser difundidos polas entidades organizadoras e pola
produtora en webs, plataformas dixitais, canles de YouTube, redes sociais etc., sempre con fins
educativos e de promoción do idioma, sen ánimo de lucro.
Todas as obras que se presenten ao proceso de selección do programa Lingua rodada difundiranse
con licenza «Creative Commons», que combine as propiedades «recoñecemento», «non comercial»
e «compartir igual».
En todas as accións informativas e divulgativas e nas publicacións relacionadas con este programa
e nos vídeos elaborados farase constar nun lugar destacado que é unha iniciativa da Secretaría
Xeral de Política e utilizarase, cando proceda, o logo da Xunta de Galicia, de acordo coa normativa
de identidade corporativa.
Os vídeos gañadores e finalistas incluirán nos créditos os logos institucionais da Xunta de Galicia,
dos EDLG, do programa Lingua rodada e da Produtora Claqueta Coqueta e o texto “Vídeo elaborado
ao abeiro do programa Lingua rodada da Secretaría Xeral de Política Lingüística”.
Fase II
Obradoiros de formación
Os 3 centros finalistas da proba de selección recibirán un obradoiro de 3 h de duración, entre o 11
e o 13 de marzo de 2020, para todo o grupo. Será impartido no propio centro en horario escolar por
un/unha escritor/a e un/unha especialista do sector audiovisual e nel abordaranse as temáticas do
vídeo-relato a través do cinema co fin de deseñar un novo filme.
O centro deberá dispor dos medios necesarios para a proxección dos contidos (TV, pantalla, son). A
produtora proporcionaralle unha cámara para gravar a experiencia diaria do alumnado participante.
Prazo da fase II
Os centros enviarán o novo vídeo-relato a linguarodada@gmail.com entre o 16 de marzo e o 22 de
abril de 2020.
Selección do vídeo-relato gañador
O xurado experto de Lingua rodada seleccionará o vídeo-relato gañador e comunicarallo ao centro o
24 de abril de 2020.
Os centros aos que non se lles comunique a selección nesta data deberán entender que non superaron
esta fase.
Fase III
Convivencia-rodaxe
O alumnado participante na obra gañadora terá a oportunidade de realizar a gravación do seu vídeo-
-relato cun equipo de profesionais do audiovisual de primeira, durante unha convivencia de dous días
no rural galego para a rodaxe. Estará acompañado do profesorado responsable.
Debido ao contido, esta convivencia para a rodaxe será gravada na súa totalidade.
Participación no Festival de Cans
O alumnado gañador e o profesorado responsable asistirán á presentación do seu vídeo-relato
profesional na XVII Edición do Festival de Cans.
Obrigas durante a convivencia-rodaxe
- Incorporarse á actividade e a regresar nos prazos establecidos e polos medios que proporcionará
a produtora para o desenvolvemento da actividade de gravación.
-Non abandonar a actividade antes da finalización e sen o permiso da persoa responsable. En todo
caso, o abandono requirirá a comunicación previa do centro á produtora e a comparecencia da nai/
pai/representante legal e será responsabilidade súa o traslado para o regreso ao seu domicilio, así
como os gastos que por tal causa se ocasionen.
- Respectar as normas establecidas polos equipos de animación e docentes e as normas de réxime
interior das respectivas instalacións.
Servizos durante a convivencia-rodaxe
- O aloxamento
- A manutención en réxime de pensión completa
- As clases e master class así como o material necesario para a actividade
- Un equipo técnico de persoal especializado
PROGRAMA DE DINAMIZACIÓN DAPROGRAMA DE DINAMIZACIÓN DA
LINGUA GALEGALINGUA GALEGA
COA COLABORACIÓN DE:

More Related Content

Similar to Lingua rodada-programa v2

Proxecto intercultural 2013
Proxecto intercultural 2013Proxecto intercultural 2013
Proxecto intercultural 2013Iolidesarandon
 
Nos tamen-creamos-convocatoria-ntc-2018 2019
Nos tamen-creamos-convocatoria-ntc-2018 2019Nos tamen-creamos-convocatoria-ntc-2018 2019
Nos tamen-creamos-convocatoria-ntc-2018 2019satelite1
 
Convocatoriaouffescola
ConvocatoriaouffescolaConvocatoriaouffescola
Convocatoriaouffescolasatelite1
 
Dando moito que falar
Dando moito que falarDando moito que falar
Dando moito que falarsatelite1
 
Bases lingua de_namorar_2015
Bases lingua de_namorar_2015Bases lingua de_namorar_2015
Bases lingua de_namorar_2015satelite1
 
PNDL do IES Chano Piñeiro de Forcarei. Un posible modelo para un contexto gal...
PNDL do IES Chano Piñeiro de Forcarei. Un posible modelo para un contexto gal...PNDL do IES Chano Piñeiro de Forcarei. Un posible modelo para un contexto gal...
PNDL do IES Chano Piñeiro de Forcarei. Un posible modelo para un contexto gal...Román Landín
 
Bases%20video
Bases%20videoBases%20video
Bases%20videoMaria
 
Programa escolar pazo tor-2015
Programa escolar pazo tor-2015Programa escolar pazo tor-2015
Programa escolar pazo tor-2015Encarna Lago
 
A4 basesvideocreacion
A4 basesvideocreacionA4 basesvideocreacion
A4 basesvideocreacionsatelite1
 
Albares 2017. Revista Escolar
Albares 2017. Revista EscolarAlbares 2017. Revista Escolar
Albares 2017. Revista EscolarYolanda Castro
 
Lingua de namorar
Lingua de namorarLingua de namorar
Lingua de namorarsatelite1
 
Bases Lingua De Amor 09
Bases Lingua De Amor 09Bases Lingua De Amor 09
Bases Lingua De Amor 09cenlf
 
Colexio de cervo o cine
Colexio de cervo o cineColexio de cervo o cine
Colexio de cervo o cinemaria
 
Obradoiros ops e sabemos portugués
Obradoiros ops e sabemos portuguésObradoiros ops e sabemos portugués
Obradoiros ops e sabemos portuguéscenlf
 
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacion
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacionCcg ac 2020_xxii-encontros_normalizacion
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacionsatelite1
 
Ogalegonascienciastecnoloxia
OgalegonascienciastecnoloxiaOgalegonascienciastecnoloxia
OgalegonascienciastecnoloxiaXosé Rodríguez
 

Similar to Lingua rodada-programa v2 (20)

Proxecto intercultural 2013
Proxecto intercultural 2013Proxecto intercultural 2013
Proxecto intercultural 2013
 
Nos tamen-creamos-convocatoria-ntc-2018 2019
Nos tamen-creamos-convocatoria-ntc-2018 2019Nos tamen-creamos-convocatoria-ntc-2018 2019
Nos tamen-creamos-convocatoria-ntc-2018 2019
 
Convocatoriaouffescola
ConvocatoriaouffescolaConvocatoriaouffescola
Convocatoriaouffescola
 
Dando moito que falar
Dando moito que falarDando moito que falar
Dando moito que falar
 
Bases lingua de_namorar_2015
Bases lingua de_namorar_2015Bases lingua de_namorar_2015
Bases lingua de_namorar_2015
 
PNDL do IES Chano Piñeiro de Forcarei. Un posible modelo para un contexto gal...
PNDL do IES Chano Piñeiro de Forcarei. Un posible modelo para un contexto gal...PNDL do IES Chano Piñeiro de Forcarei. Un posible modelo para un contexto gal...
PNDL do IES Chano Piñeiro de Forcarei. Un posible modelo para un contexto gal...
 
PNDL IES Chano Piñeiro Forcarei
PNDL IES Chano Piñeiro ForcareiPNDL IES Chano Piñeiro Forcarei
PNDL IES Chano Piñeiro Forcarei
 
Bases%20video
Bases%20videoBases%20video
Bases%20video
 
Programa escolar pazo tor-2015
Programa escolar pazo tor-2015Programa escolar pazo tor-2015
Programa escolar pazo tor-2015
 
A4 basesvideocreacion
A4 basesvideocreacionA4 basesvideocreacion
A4 basesvideocreacion
 
Albares 2017. Revista Escolar
Albares 2017. Revista EscolarAlbares 2017. Revista Escolar
Albares 2017. Revista Escolar
 
Lingua de namorar
Lingua de namorarLingua de namorar
Lingua de namorar
 
Bases Lingua De Amor 09
Bases Lingua De Amor 09Bases Lingua De Amor 09
Bases Lingua De Amor 09
 
Colexio de cervo o cine
Colexio de cervo o cineColexio de cervo o cine
Colexio de cervo o cine
 
Ciconi@ 20 (galego)
Ciconi@ 20 (galego)Ciconi@ 20 (galego)
Ciconi@ 20 (galego)
 
Obradoiros ops e sabemos portugués
Obradoiros ops e sabemos portuguésObradoiros ops e sabemos portugués
Obradoiros ops e sabemos portugués
 
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacion
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacionCcg ac 2020_xxii-encontros_normalizacion
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacion
 
Ogalegonascienciastecnoloxia
OgalegonascienciastecnoloxiaOgalegonascienciastecnoloxia
Ogalegonascienciastecnoloxia
 
Pasaporte rede
Pasaporte redePasaporte rede
Pasaporte rede
 
Pasaporte rede
Pasaporte redePasaporte rede
Pasaporte rede
 

More from satelite1

Dossier escolar pacc 2019
Dossier escolar pacc 2019Dossier escolar pacc 2019
Dossier escolar pacc 2019satelite1
 
Convocatoria concurso-letras-galegas-2021
Convocatoria concurso-letras-galegas-2021Convocatoria concurso-letras-galegas-2021
Convocatoria concurso-letras-galegas-2021satelite1
 
Revista ef novembro comprimido
Revista ef novembro comprimidoRevista ef novembro comprimido
Revista ef novembro comprimidosatelite1
 
Monografico monfero solidario
Monografico monfero solidarioMonografico monfero solidario
Monografico monfero solidariosatelite1
 
Proposta semana 2
Proposta semana 2Proposta semana 2
Proposta semana 2satelite1
 
Proposta semana 1
Proposta semana 1Proposta semana 1
Proposta semana 1satelite1
 
1 revista ef movete xa
1 revista ef  movete xa1 revista ef  movete xa
1 revista ef movete xasatelite1
 
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)satelite1
 
Feira do grelo 2020 andrea rivera.
Feira do grelo 2020 andrea rivera.Feira do grelo 2020 andrea rivera.
Feira do grelo 2020 andrea rivera.satelite1
 
Magosto 2020
Magosto 2020Magosto 2020
Magosto 2020satelite1
 
Bases premio-galego-ep cg
Bases premio-galego-ep cgBases premio-galego-ep cg
Bases premio-galego-ep cgsatelite1
 
Invitacion cafe coruna 2020
Invitacion cafe coruna 2020Invitacion cafe coruna 2020
Invitacion cafe coruna 2020satelite1
 
Xornadas becreativa 2020_borrador_03
Xornadas becreativa 2020_borrador_03Xornadas becreativa 2020_borrador_03
Xornadas becreativa 2020_borrador_03satelite1
 
Entrevista sobre o cancioneiro de monfero
Entrevista sobre o cancioneiro de monferoEntrevista sobre o cancioneiro de monfero
Entrevista sobre o cancioneiro de monferosatelite1
 
8 marzo actividades.docx
8 marzo actividades.docx8 marzo actividades.docx
8 marzo actividades.docxsatelite1
 
8 maio de ninas-a-leyendas
8 maio de ninas-a-leyendas8 maio de ninas-a-leyendas
8 maio de ninas-a-leyendassatelite1
 
A voz do xestal
A voz do xestalA voz do xestal
A voz do xestalsatelite1
 
Calendarioescolar20202021
Calendarioescolar20202021Calendarioescolar20202021
Calendarioescolar20202021satelite1
 
Asamblea cierre 2020
Asamblea cierre 2020Asamblea cierre 2020
Asamblea cierre 2020satelite1
 
Marcos areosa volta ao cole
Marcos areosa volta ao coleMarcos areosa volta ao cole
Marcos areosa volta ao colesatelite1
 

More from satelite1 (20)

Dossier escolar pacc 2019
Dossier escolar pacc 2019Dossier escolar pacc 2019
Dossier escolar pacc 2019
 
Convocatoria concurso-letras-galegas-2021
Convocatoria concurso-letras-galegas-2021Convocatoria concurso-letras-galegas-2021
Convocatoria concurso-letras-galegas-2021
 
Revista ef novembro comprimido
Revista ef novembro comprimidoRevista ef novembro comprimido
Revista ef novembro comprimido
 
Monografico monfero solidario
Monografico monfero solidarioMonografico monfero solidario
Monografico monfero solidario
 
Proposta semana 2
Proposta semana 2Proposta semana 2
Proposta semana 2
 
Proposta semana 1
Proposta semana 1Proposta semana 1
Proposta semana 1
 
1 revista ef movete xa
1 revista ef  movete xa1 revista ef  movete xa
1 revista ef movete xa
 
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
 
Feira do grelo 2020 andrea rivera.
Feira do grelo 2020 andrea rivera.Feira do grelo 2020 andrea rivera.
Feira do grelo 2020 andrea rivera.
 
Magosto 2020
Magosto 2020Magosto 2020
Magosto 2020
 
Bases premio-galego-ep cg
Bases premio-galego-ep cgBases premio-galego-ep cg
Bases premio-galego-ep cg
 
Invitacion cafe coruna 2020
Invitacion cafe coruna 2020Invitacion cafe coruna 2020
Invitacion cafe coruna 2020
 
Xornadas becreativa 2020_borrador_03
Xornadas becreativa 2020_borrador_03Xornadas becreativa 2020_borrador_03
Xornadas becreativa 2020_borrador_03
 
Entrevista sobre o cancioneiro de monfero
Entrevista sobre o cancioneiro de monferoEntrevista sobre o cancioneiro de monfero
Entrevista sobre o cancioneiro de monfero
 
8 marzo actividades.docx
8 marzo actividades.docx8 marzo actividades.docx
8 marzo actividades.docx
 
8 maio de ninas-a-leyendas
8 maio de ninas-a-leyendas8 maio de ninas-a-leyendas
8 maio de ninas-a-leyendas
 
A voz do xestal
A voz do xestalA voz do xestal
A voz do xestal
 
Calendarioescolar20202021
Calendarioescolar20202021Calendarioescolar20202021
Calendarioescolar20202021
 
Asamblea cierre 2020
Asamblea cierre 2020Asamblea cierre 2020
Asamblea cierre 2020
 
Marcos areosa volta ao cole
Marcos areosa volta ao coleMarcos areosa volta ao cole
Marcos areosa volta ao cole
 

Lingua rodada-programa v2

  • 2. FACER CINE EN GALICIA necesario É POSIBLE e é facelo en galego Chano Piñeiro
  • 3. Oidiomapropioéamanifestaciónmáissalientabledaidentidade dun pobo e é imprescindible traballar en prol da lingua para incrementar o seu uso e valoración xa desde a infancia e a mocidade. Para iso, son de enorme importancia as tecnoloxías da información e da comunicación, a Internet, as redes sociais e os recursos audiovisuais, ao seren do gusto das xeracións novas, todas elas nativas dixitais. A revolucióndixitalsupuxounavancemoigrande,aopermitirnos coñecer historias, costumes e idiomas doutros países e do noso a través das redes, con pequenos vídeos. Poderiamos estar ante a “xeración da barra espazadora” que, segundo o que dure un vídeo en Internet, decide velo ou non. Propoñemos unha actividade lúdica e creativa destinada a rapazas e rapaces en idade escolar, consistente na creación de microrrelatos levados á imaxe por medio de pequenos vídeos que amosen os nosos costumes, as nosas paisaxes, as nosas vilas, a nosa xente, a nosa fala..., en definitiva, que consigan plasmar a esencia da nosa terra e, así mesmo, aumentar o uso e a valoración da lingua galega entre a mocidade. LINGUA RODADA CONCEPTO Título: Lingua rodada Lingua: Galego Xénero: Narrativo audiovisual Participantes: Idades: Comprendidas entre os 12 e os 17 anos (ambas as idades incluídas) Admisión: envío de solicitude de inscrición a linguarodada@gmail.com Duración: Xaneiro 2020 - maio 2020 Organiza: Secretaría Xeral de Política Lingüística Produce: Produtora Claqueta Coqueta Unha idea orixinal de Rubén Riós Alumnado de centros de titularidade da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional que curse ensinanzas de educación secundaria (ESO, 1.º de bacharelato, formación profesional básica, ciclos formativos de grao medio) e especiais de grao medio
  • 4. 1 Obxectivos 2 A actividade 3 Ficha técnica 4 O cronograma 5 Bases ÍNDICE
  • 5. OBXECTIVOS 1 Fomentar o uso da lingua galega entre o alumnado, en especial na comunicación oral, dentro e fóra do centro de ensino. 2 Promover unha imaxe positiva e actual da nosa lingua entre a mocidade por medio da vinculación coas tecnoloxías da información e da comunicación e co audiovisual. 3 Incrementar a valoración social do galego e ampliar os seus ámbitos de uso. 4 Impulsar o coñecemento do cinema galego e do seu valor lingüístico, artístico, histórico e cultural entre a xente nova e a sociedade en xeral. 5 Favorecer a presenza do galego en novos espazos e soportes. 6 Trasladarlle á nosa xuventude os valores da terra galega, ao tomala como fonte de inspiración para as súas creacións. 7 Difundir a nosa cultura e a nosa lingua usando as ferramentas dixitais e os medios audiovisuais. OBXECTIVOS
  • 6. Proba de selección aberta co obxectivo final de atopar unha novaxeracióndeartistasgalegos. Os centros de ensino deberán inscribir o alumnado participante por medio dunha solicitude e dispoñer da autorización previa da nai, do pai ou representante legal deste. Creación e envío dun relato curto plasmado en imaxe a través de aparellos móbiles, realizado polo alumnado e baseado nas temáticas do rural, costumes, lendas, emigración etc. Selección dos 3 mellores traballos de cadanseu centro de ensino por medio dun xurado que contará na súa composición con 3 personalidades recoñecidas do ámbito audiovisual e do mundo da escrita. Obradoiro de 3 h de duración, impartido en horario escolar por un/unha escritor/a e un/unha especialista do sector audiovisual nos 3 centros seleccionados, no cal se abordarán as temáticas do vídeo-relato a través do cinema co fin de deseñar filmes. Cando alguén ten talento o que hai que facer é potencialo e darlleaoportunidadedeamosalo ante o público. E iso é o que imos facer! Selección do vídeo-relato gañador, realizada polo xurado experto de Lingua rodada, e comunicación ao centro seleccionado. Durante 2 días, os/as participantes seleccionados/as convivirán nun contorno rural co obxectivo de rodar o seu vídeo- relato cun equipo de profesionais do audiovisual ao seu cargo. As persoas gañadoras asistirán á XVII edición do Festival de Cans para compartiren co gran público o seu audiovisual e narraren as súas experiencias e anécdotas. “Buscamos rapazas e rapaces que sintan paixón por escribir e contar historias a través de relatos curtos en galego e por levalos logo á imaxe cos seus aparellos móbiles”
  • 7. BASES FICHATÉCNICA TÍTULO Lingua rodada IDIOMA Galego INSCRICIÓN Do centro escolar, mediante o envío dunha solicitude ao enderezo linguarodada@gmail.com. Con autorización previa imprescindible da nai, do pai ou representante legal do alumnado. DESTINATARIOS Alumnado de centros docentes de titularidade da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional que curse ensinanzas de educación secundaria (ESO, 1.º de bacharelato, formación profesional básica e ciclos formativos de grao medio) e especiais de grao medio. Constituirá grupos de 3 a 5 alumnas/os do mesmo centro escolar, de idades comprendidas entre os 12 e os 17 anos (ambas incluídas). TÉMATICA DOS RELATOS E VÍDEOS As nosas raíces, a despoboación do rural, emigración, rural, posta en valor do rural, patrimonio, paisaxes, historia, gastronomía, lendas, costumes, problemáticas, avances. RELATO Dúas páxinas máximo escritas en galego con letra Arial regular número 12. VÍDEO 1:30 min máximo con fala integramente galega e coa reprodución total ou parcial do relato escrito, realizado con dispositivos móbiles de boa calidade (teléfonos, tabletas, etc). ENVÍO DE RELATOS E VÍDEOS Enviaranse ao enderezo linguarodada@gmail.com, a través de We Transfer, Velaquí ou Myairbridge. FINALISTAS Obradoiro audiovisual de 3 horas de duración nos 3 centros seleccionados. GAÑADORAS/ES Gravación profesional do vídeo-relato, cun equipo audiovisual de primeira, con rodaxe e convivencia de dous días no rural galego. PRESENTACIÓN Presentación do vídeo-relato na XVII edición do Festival de Cans.
  • 9. BASES 1 Destinatarios/as do programa Alumnado de centros docentes de titularidade da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional que curse ensinanzas de educación secundaria (ESO, 1.º de bacharelato, formación profesional básica e ciclos formativos de grao medio) e especiais de grao medio. 2 Fases do programa Fase I: Escolla de 3 vídeo-relatos mediante unha proba de selección Inscrición Realizaraa a dirección do centro de ensino mediante o envío dunha solicitude (modelo dispoñible en www.lingua.gal) por correo electrónico a linguarodada@gmail.com. No asunto indicarase o nome do centro. Presentarase unha solicitude diferente para cada vídeo-relato. A inscrición no programa implica a obriga de participar en todas as fases, en caso de resultar seleccionado. Prazos O prazo de inscrición abranguerá do 10 de xaneiro ao 3 de febreiro, e o prazo de envío dos vídeo- relatos, do 4 de febreiro ao 4 de marzo de 2020 (todas as datas incluídas). Participantes O grupo de alumnado participante en cada vídeo-relato estará composto por un mínimo de 3 persoas e un máximo de 5, con idades comprendidas entre os 12 e os 17 anos (ambas incluídas) e pertencentes ao mesmo centro. Cada grupo poderá presentar un único vídeo-relato. O traballo estará supervisado por un/unha docente que exercerá como responsable da xestión dos contidos, das imaxes e do son do vídeo. Presentación Os vídeo-relatos enviaranse a través de Wetransfer, Velaquí ou Myairbridge a linguarodada@ gmail.com. Incluirase no envío o relato, o vídeo e mais un documento cos seguintes datos (anexos I e II): - Título do vídeo-relato - Centro educativo: nome, código, enderezo, teléfono, enderezo electrónico - Listaxe do alumnado participante e profesorado supervisor - Certificación da dirección de contar coa autorización escrita do pai, nai ou representante legal do alumnado para participar no programa e usar a súa imaxe persoal nos vídeos e nas accións de difusión deste en webs, redes sociais etc., con fins educativos e de promoción da lingua. Características do vídeo-relato - Temática dos relatos e vídeos: As nosas raíces, a despoboación do rural, emigración, rural, posta en valor do rural, patrimonio, paisaxes, historia, gastronomía, lendas, costumes, problemáticas, avances. - Relato: Dúas páxinas máximo escritas en galego con letra Arial regular número 12. - Vídeo: 1:30 min máximo con fala integramente galega e coa reprodución total ou parcial do relato escrito. Realizarase con calquera dispositivo móbil de boa calidade (teléfono, tableta, cámara de vídeo), con licenza «Creative Commons», que combine as propiedades «recoñecemento» «non comercial» e «compartir igual». Presentarase en formato dixital mp4. Selección e comunicación ao centro Un xurado que contará entre os seus membros con 3 personalidades recoñecidas do ámbito audiovisual e do mundo da escrita seleccionará as 3 mellores obras, que deberán corresponder a 3 centros de ensino diferentes. Os vídeo-relatos valoraranse segundo os seguintes criterios: - Calidade lingüística oral e escrito - Orixinalidade, creatividade e innovación - Calidade técnica, estética e artística O xurado poderá desbotar aquelas producións cuxo contido non se axuste ás bases ou que promovan unha mensaxe ofensiva, violenta ou discriminatoria. Non se valorarán os vídeo-relatos que incumpran as bases. A produtora comunicaralles a decisión do xurado aos 3 centros finalistas o 9 de marzo* de 2020. *Os centros aos que non se lles comunique a selección nesta data deberán entender que non superaron esta fase.
  • 10. + INFORMACIÓN Enderezo electrónico: info@claquetacoqueta.com Teléfono: 645 400 581 - 618 512 435 Documentación necesaria A produtora remitiralle ao centro que elaborou o vídeo-relato gañador a documentación necesaria por correo electrónico. Este deberá devolvela polo mesmo medio, cuberta e asinada pola nai/pai/ representante legal: - Autorización de difusión da imaxe persoal - DNI - Tarxeta sanitaria - Datos de contacto da familia - Ficha de inscrición - Autorización de saída Equipamento para a convivencia-rodaxe Útiles de aseo persoal, repelente de mosquitos, roupa interior, calcetíns, roupa de vestir axeitada (usada e cómoda), roupa de abrigo e chuvia, luvas, roupa deportiva, calzado deportivo, calzado forte e cómodo, sombreiro ou gorra, roupa de baño (traxe de baño, chanclas, toalla, gorro de piscina, protector solar), saco de durmir, esteira, lanterna e mochila ou bolsa cómoda para excursións e saídas, cantimplora. 3 Difusión A inscrición no programa Lingua rodada implicará, no caso do traballo premiado, a colaboración nas accións de difusión que se organicen. Os vídeos participantes e gañadores poderán ser difundidos polas entidades organizadoras e pola produtora en webs, plataformas dixitais, canles de YouTube, redes sociais etc., sempre con fins educativos e de promoción do idioma, sen ánimo de lucro. Todas as obras que se presenten ao proceso de selección do programa Lingua rodada difundiranse con licenza «Creative Commons», que combine as propiedades «recoñecemento», «non comercial» e «compartir igual». En todas as accións informativas e divulgativas e nas publicacións relacionadas con este programa e nos vídeos elaborados farase constar nun lugar destacado que é unha iniciativa da Secretaría Xeral de Política e utilizarase, cando proceda, o logo da Xunta de Galicia, de acordo coa normativa de identidade corporativa. Os vídeos gañadores e finalistas incluirán nos créditos os logos institucionais da Xunta de Galicia, dos EDLG, do programa Lingua rodada e da Produtora Claqueta Coqueta e o texto “Vídeo elaborado ao abeiro do programa Lingua rodada da Secretaría Xeral de Política Lingüística”. Fase II Obradoiros de formación Os 3 centros finalistas da proba de selección recibirán un obradoiro de 3 h de duración, entre o 11 e o 13 de marzo de 2020, para todo o grupo. Será impartido no propio centro en horario escolar por un/unha escritor/a e un/unha especialista do sector audiovisual e nel abordaranse as temáticas do vídeo-relato a través do cinema co fin de deseñar un novo filme. O centro deberá dispor dos medios necesarios para a proxección dos contidos (TV, pantalla, son). A produtora proporcionaralle unha cámara para gravar a experiencia diaria do alumnado participante. Prazo da fase II Os centros enviarán o novo vídeo-relato a linguarodada@gmail.com entre o 16 de marzo e o 22 de abril de 2020. Selección do vídeo-relato gañador O xurado experto de Lingua rodada seleccionará o vídeo-relato gañador e comunicarallo ao centro o 24 de abril de 2020. Os centros aos que non se lles comunique a selección nesta data deberán entender que non superaron esta fase. Fase III Convivencia-rodaxe O alumnado participante na obra gañadora terá a oportunidade de realizar a gravación do seu vídeo- -relato cun equipo de profesionais do audiovisual de primeira, durante unha convivencia de dous días no rural galego para a rodaxe. Estará acompañado do profesorado responsable. Debido ao contido, esta convivencia para a rodaxe será gravada na súa totalidade. Participación no Festival de Cans O alumnado gañador e o profesorado responsable asistirán á presentación do seu vídeo-relato profesional na XVII Edición do Festival de Cans. Obrigas durante a convivencia-rodaxe - Incorporarse á actividade e a regresar nos prazos establecidos e polos medios que proporcionará a produtora para o desenvolvemento da actividade de gravación. -Non abandonar a actividade antes da finalización e sen o permiso da persoa responsable. En todo caso, o abandono requirirá a comunicación previa do centro á produtora e a comparecencia da nai/ pai/representante legal e será responsabilidade súa o traslado para o regreso ao seu domicilio, así como os gastos que por tal causa se ocasionen. - Respectar as normas establecidas polos equipos de animación e docentes e as normas de réxime interior das respectivas instalacións. Servizos durante a convivencia-rodaxe - O aloxamento - A manutención en réxime de pensión completa - As clases e master class así como o material necesario para a actividade - Un equipo técnico de persoal especializado
  • 11. PROGRAMA DE DINAMIZACIÓN DAPROGRAMA DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGALINGUA GALEGA COA COLABORACIÓN DE: