SlideShare a Scribd company logo
PAAU (LOE)                            Código:

                                             2010                               08

                             HISTORIA DA FILOSOFÍA

                                              Opción A

Lea atentamente o seguinte e texto e a partir del compoña un texto de carácter filosófico que dea
resposta ás cuestións que se formulan.

Teña en conta que:
   a) non se trata de contestar meramente esas cuestións senón de integrar a resposta no texto, que
       ha de ser composto de maneira unitaria. As cuestións han ser tomadas como unha sorte de
       guión interno do texto.
   b) na avaliación da proba teranse en conta non só a maior ou menor corrección no que atinxe ao
       contido do exposto, senón tamén á forma da exposición, o vocabulario e a corrección sintáctica,
       ortográfica e retórica.


                                                TEXTO
               Xa que existen dúas clases de virtude, a dianoética e a ética, a dianoética xorde e
       medra principalmente pola aprendizaxe e por iso precisa de experiencia e de tempo. En cambio
       a ética xorde do costume, por iso o seu nome varía un pouco do de costume. Deste feito resulta
       evidente que ningunha das virtudes éticas se dá en nós por natureza, pois nada do que existe
       por natureza cambia por costume. Así, por exemplo, a pedra, que por natureza vai para abaixo,
       non se afaría a ir para arriba por máis que se intentase meterlle o costume tirándoa moitas
       veces cara a arriba, nin o lume se afaría a ir cara a abaixo, nin ningunha outra cousa que é de
       certa natureza podería afacerse a ter outra distinta. Así é que as virtudes non se producen por
       natureza nin contra a natureza, senón porque temos de noso aptitude para recibilas e
       perfeccionalas mediante o costume. Ademais, de todo o que está na nosa natureza, primeiro
       acadamos as capacidades e logo desenvolvemos as actividades (isto é evidente no tocante ós
       sentidos; non adquirimos os sentidos por ver moitas veces ou oír moitas veces, senón o
       contrario: usámolos porque os temos, non os temos porque os usamos). En cambio, as virtudes
       adquirímolas porque antes as exercitamos, como ocorre coas demais artes. Pois o que hai que
       facer despois de aprendelo, aprendémolo facéndoo. Por exemplo, facémonos construtores
       construíndo e citaristas tocando a cítara. Así, tamén, practicando a xustiza facémonos xustos,
       moderados practicando a moderación e fortes practicando a fortaleza. Proba disto é o que
       sucede nas cidades. Os lexisladores fan bos ós cidadáns ensinándolles certos costumes, e esa
       é a vontade de todo lexislador; os que non o fan ben equivócanse e niso distínguese un bo
       réxime dun mal réxime.
                                                  ARISTÓTELES, Etíca a Nicómaco, libro II, 1103a14


           CUESTIÓNS PRINCIPAIS ÁS QUE DEBE DAR RESPOSTA A COMPOSICIÓN

I) Marco histórico e conceptual : O tránsito cara á época helenística. (avaliación:de 0 a 3
puntos)

II ) Comprensión: A ética aristotélica: ethos e praxe, o concepto de areté. (avaliación:de 0 a 4
puntos)

III) Coñecemento específico: Diferenza fundamental entre a ética material de Aristóteles e a
formal de Kant (avaliación:de 0 a 3 puntos)
PAAU (LOE)                            Código:

                                             2010                              08

                             HISTORIA DA FILOSOFÍA


                                              Opción B

Lea atentamente o seguinte e texto e a partir del compoña un texto de carácter filosófico que dea
resposta ás cuestións que se formulan.

Teña en conta que:
   c) non se trata de contestar meramente esas cuestións senón de integrar a resposta no texto, que
       ha de ser composto de maneira unitaria. As cuestións han de ser tomadas como unha sorte
       de guión interno do texto.
   d) na avaliación da proba teranse en conta non só a maior ou menor corrección no que atinxe ao
       contido do exposto, senón tamén á forma da exposición, o vocabulario e a corrección sintáctica,
       ortográfica e retórica.


                                               TEXTO
              A autonomía da vontade é o único principio de todas as leis morais e de todos os
       deberes conformes a elas: toda heteronomía do libre arbitrio, pola contra, non só non funda
       ningunha obrigatoriedade senón que é máis ben contraria ó principio desta e da moralidade da
       vontade. É que o principio único da moralidade consiste na independencia da lei verbo de toda
       materia (a saber, dun obxecto desexado) e, ó tempo, na determinación do libre arbitrio pola
       mera forma lexisladora universal de que unha máxima ten que ser capaz. Aquela
       independencia é a liberdade en sentido negativo, mais esta lexislación propia da razón pura e,
       en canto tal, práctica, é a liberdade en sentido positivo. Por conseguinte, a lei moral non
       expresa nada máis que a autonomía da razón pura práctica, é dicir, a liberdade, e esta é
       mesmo a condición formal de todas as máximas, as cales unicamente baixo de tal condición
       poden coincidir coa lei práctica suprema.

                      I. KANT; Crítica da razón práctica (1788); Parte 1ª: Doutrina elemental da
                      razón práctica. L.I: Analítica da razón práctica pura; Cap-I: Dos principios da
                      razón práctica pura. §8 Teorema IV. (Trad. de Rafael Martínez, USC)


           CUESTIÓNS PRINCIPAIS ÁS QUE DEBE DAR RESPOSTA A COMPOSICIÓN

I) Marco histórico e conceptual: Características da razón ilustrada. (avaliación:de 0 a 3
puntos)

II ) Comprensión: O formalismo moral en Kant. (avaliación:de 0 a 4 puntos)

III) Coñecemento específico: Liberdade e determinismo. ¿En que medida o ser humano é
libre e en que medida está determinado? (avaliación:de 0 a 3 puntos)

More Related Content

Similar to Modelo Exame Filosofía

Pau 2015 h_filosofia
Pau 2015 h_filosofiaPau 2015 h_filosofia
Pau 2015 h_filosofia
Filosofia Ies A Pinguela
 
Pau 2012 h_filosofia
Pau 2012 h_filosofiaPau 2012 h_filosofia
Pau 2012 h_filosofia
Filosofia Ies A Pinguela
 
Pau 2014 h_filosofia
Pau 2014 h_filosofiaPau 2014 h_filosofia
Pau 2014 h_filosofia
Filosofia Ies A Pinguela
 
Modelo de exame
Modelo de exameModelo de exame
Modelo de exame
Eva Garea
 
Pau 2013 h_filosofia
Pau 2013 h_filosofia Pau 2013 h_filosofia
Pau 2013 h_filosofia
Filosofia Ies A Pinguela
 
Ensaiosubversivo
EnsaiosubversivoEnsaiosubversivo
Ensaiosubversivo
premiogd
 
Unidade 1: O saber filosófico
Unidade 1: O saber filosóficoUnidade 1: O saber filosófico
Unidade 1: O saber filosófico
Eva Garea
 
Pautas para realizar un comentario de texto filosófico
Pautas para realizar un comentario de texto filosóficoPautas para realizar un comentario de texto filosófico
Pautas para realizar un comentario de texto filosóficonieveslopez
 
Pau 2010 filosofia (1)
Pau 2010 filosofia (1)Pau 2010 filosofia (1)
Pau 2010 filosofia (1)
Filosofia Ies A Pinguela
 
Comentario de Textos Históricos
Comentario de Textos HistóricosComentario de Textos Históricos
Comentario de Textos Históricos
Dudas-Historia
 

Similar to Modelo Exame Filosofía (10)

Pau 2015 h_filosofia
Pau 2015 h_filosofiaPau 2015 h_filosofia
Pau 2015 h_filosofia
 
Pau 2012 h_filosofia
Pau 2012 h_filosofiaPau 2012 h_filosofia
Pau 2012 h_filosofia
 
Pau 2014 h_filosofia
Pau 2014 h_filosofiaPau 2014 h_filosofia
Pau 2014 h_filosofia
 
Modelo de exame
Modelo de exameModelo de exame
Modelo de exame
 
Pau 2013 h_filosofia
Pau 2013 h_filosofia Pau 2013 h_filosofia
Pau 2013 h_filosofia
 
Ensaiosubversivo
EnsaiosubversivoEnsaiosubversivo
Ensaiosubversivo
 
Unidade 1: O saber filosófico
Unidade 1: O saber filosóficoUnidade 1: O saber filosófico
Unidade 1: O saber filosófico
 
Pautas para realizar un comentario de texto filosófico
Pautas para realizar un comentario de texto filosóficoPautas para realizar un comentario de texto filosófico
Pautas para realizar un comentario de texto filosófico
 
Pau 2010 filosofia (1)
Pau 2010 filosofia (1)Pau 2010 filosofia (1)
Pau 2010 filosofia (1)
 
Comentario de Textos Históricos
Comentario de Textos HistóricosComentario de Textos Históricos
Comentario de Textos Históricos
 

More from nieveslopez

Unha dieta saudable
Unha dieta saudableUnha dieta saudable
Unha dieta saudable
nieveslopez
 
Ficha 2
Ficha 2Ficha 2
Ficha 2
nieveslopez
 
Enquisa alimentación final
Enquisa alimentación finalEnquisa alimentación final
Enquisa alimentación final
nieveslopez
 
Unit Democracy
Unit DemocracyUnit Democracy
Unit Democracy
nieveslopez
 
A orixe do estado
A orixe do estadoA orixe do estado
A orixe do estado
nieveslopez
 
Unidade 4 As sociedades igualitarias
Unidade 4 As sociedades igualitariasUnidade 4 As sociedades igualitarias
Unidade 4 As sociedades igualitarias
nieveslopez
 
Unidade 3 Modelos de subsistencia
Unidade 3 Modelos de subsistenciaUnidade 3 Modelos de subsistencia
Unidade 3 Modelos de subsistencia
nieveslopez
 
Unidade 2 As relación de parentesco
Unidade 2 As relación de parentescoUnidade 2 As relación de parentesco
Unidade 2 As relación de parentesco
nieveslopez
 
Unidade 8 Que é a cultura
Unidade 8 Que é a culturaUnidade 8 Que é a cultura
Unidade 8 Que é a culturanieveslopez
 
Unidade 7 Dominados polos xenes
Unidade 7 Dominados polos xenesUnidade 7 Dominados polos xenes
Unidade 7 Dominados polos xenesnieveslopez
 
Unidade 6 A evolución, cousa de mulleres
Unidade 6 A evolución, cousa de mulleresUnidade 6 A evolución, cousa de mulleres
Unidade 6 A evolución, cousa de mulleresnieveslopez
 
Unidade 5 Por que comemos de máis?
Unidade 5 Por que comemos de máis?Unidade 5 Por que comemos de máis?
Unidade 5 Por que comemos de máis?nieveslopez
 
Unidade 3 Mellores brancos ou negros?
Unidade 3 Mellores brancos ou negros?Unidade 3 Mellores brancos ou negros?
Unidade 3 Mellores brancos ou negros?nieveslopez
 
Unidade 4 por que somos máis listos
Unidade 4 por que somos máis listosUnidade 4 por que somos máis listos
Unidade 4 por que somos máis listos
nieveslopez
 
Unidade 2 Bipedismo
Unidade 2 BipedismoUnidade 2 Bipedismo
Unidade 2 Bipedismo
nieveslopez
 
Unidade 1 As orixes do ser humano
Unidade 1 As orixes do ser humanoUnidade 1 As orixes do ser humano
Unidade 1 As orixes do ser humano
nieveslopez
 
Que é a Antropoloxía
Que é a AntropoloxíaQue é a Antropoloxía
Que é a Antropoloxía
nieveslopez
 
Person, family, society
Person, family, societyPerson, family, society
Person, family, society
nieveslopez
 
Unidade 5 natureza e cultura final
Unidade 5 natureza e cultura finalUnidade 5 natureza e cultura final
Unidade 5 natureza e cultura finalnieveslopez
 

More from nieveslopez (20)

Unha dieta saudable
Unha dieta saudableUnha dieta saudable
Unha dieta saudable
 
Ficha 2
Ficha 2Ficha 2
Ficha 2
 
Enquisa alimentación final
Enquisa alimentación finalEnquisa alimentación final
Enquisa alimentación final
 
Unit Democracy
Unit DemocracyUnit Democracy
Unit Democracy
 
A orixe do estado
A orixe do estadoA orixe do estado
A orixe do estado
 
Unidade 4 As sociedades igualitarias
Unidade 4 As sociedades igualitariasUnidade 4 As sociedades igualitarias
Unidade 4 As sociedades igualitarias
 
Unidade 3 Modelos de subsistencia
Unidade 3 Modelos de subsistenciaUnidade 3 Modelos de subsistencia
Unidade 3 Modelos de subsistencia
 
Unidade 2 As relación de parentesco
Unidade 2 As relación de parentescoUnidade 2 As relación de parentesco
Unidade 2 As relación de parentesco
 
Unidade 8 Que é a cultura
Unidade 8 Que é a culturaUnidade 8 Que é a cultura
Unidade 8 Que é a cultura
 
Unidade 7 Dominados polos xenes
Unidade 7 Dominados polos xenesUnidade 7 Dominados polos xenes
Unidade 7 Dominados polos xenes
 
Unidade 6 A evolución, cousa de mulleres
Unidade 6 A evolución, cousa de mulleresUnidade 6 A evolución, cousa de mulleres
Unidade 6 A evolución, cousa de mulleres
 
Unidade 5 Por que comemos de máis?
Unidade 5 Por que comemos de máis?Unidade 5 Por que comemos de máis?
Unidade 5 Por que comemos de máis?
 
Unidade 3 Mellores brancos ou negros?
Unidade 3 Mellores brancos ou negros?Unidade 3 Mellores brancos ou negros?
Unidade 3 Mellores brancos ou negros?
 
Unidade 4 por que somos máis listos
Unidade 4 por que somos máis listosUnidade 4 por que somos máis listos
Unidade 4 por que somos máis listos
 
Unidade 2 Bipedismo
Unidade 2 BipedismoUnidade 2 Bipedismo
Unidade 2 Bipedismo
 
Unidade 1 As orixes do ser humano
Unidade 1 As orixes do ser humanoUnidade 1 As orixes do ser humano
Unidade 1 As orixes do ser humano
 
Que é a Antropoloxía
Que é a AntropoloxíaQue é a Antropoloxía
Que é a Antropoloxía
 
Antropoloxía
AntropoloxíaAntropoloxía
Antropoloxía
 
Person, family, society
Person, family, societyPerson, family, society
Person, family, society
 
Unidade 5 natureza e cultura final
Unidade 5 natureza e cultura finalUnidade 5 natureza e cultura final
Unidade 5 natureza e cultura final
 

Modelo Exame Filosofía

  • 1. PAAU (LOE) Código: 2010 08 HISTORIA DA FILOSOFÍA Opción A Lea atentamente o seguinte e texto e a partir del compoña un texto de carácter filosófico que dea resposta ás cuestións que se formulan. Teña en conta que: a) non se trata de contestar meramente esas cuestións senón de integrar a resposta no texto, que ha de ser composto de maneira unitaria. As cuestións han ser tomadas como unha sorte de guión interno do texto. b) na avaliación da proba teranse en conta non só a maior ou menor corrección no que atinxe ao contido do exposto, senón tamén á forma da exposición, o vocabulario e a corrección sintáctica, ortográfica e retórica. TEXTO Xa que existen dúas clases de virtude, a dianoética e a ética, a dianoética xorde e medra principalmente pola aprendizaxe e por iso precisa de experiencia e de tempo. En cambio a ética xorde do costume, por iso o seu nome varía un pouco do de costume. Deste feito resulta evidente que ningunha das virtudes éticas se dá en nós por natureza, pois nada do que existe por natureza cambia por costume. Así, por exemplo, a pedra, que por natureza vai para abaixo, non se afaría a ir para arriba por máis que se intentase meterlle o costume tirándoa moitas veces cara a arriba, nin o lume se afaría a ir cara a abaixo, nin ningunha outra cousa que é de certa natureza podería afacerse a ter outra distinta. Así é que as virtudes non se producen por natureza nin contra a natureza, senón porque temos de noso aptitude para recibilas e perfeccionalas mediante o costume. Ademais, de todo o que está na nosa natureza, primeiro acadamos as capacidades e logo desenvolvemos as actividades (isto é evidente no tocante ós sentidos; non adquirimos os sentidos por ver moitas veces ou oír moitas veces, senón o contrario: usámolos porque os temos, non os temos porque os usamos). En cambio, as virtudes adquirímolas porque antes as exercitamos, como ocorre coas demais artes. Pois o que hai que facer despois de aprendelo, aprendémolo facéndoo. Por exemplo, facémonos construtores construíndo e citaristas tocando a cítara. Así, tamén, practicando a xustiza facémonos xustos, moderados practicando a moderación e fortes practicando a fortaleza. Proba disto é o que sucede nas cidades. Os lexisladores fan bos ós cidadáns ensinándolles certos costumes, e esa é a vontade de todo lexislador; os que non o fan ben equivócanse e niso distínguese un bo réxime dun mal réxime. ARISTÓTELES, Etíca a Nicómaco, libro II, 1103a14 CUESTIÓNS PRINCIPAIS ÁS QUE DEBE DAR RESPOSTA A COMPOSICIÓN I) Marco histórico e conceptual : O tránsito cara á época helenística. (avaliación:de 0 a 3 puntos) II ) Comprensión: A ética aristotélica: ethos e praxe, o concepto de areté. (avaliación:de 0 a 4 puntos) III) Coñecemento específico: Diferenza fundamental entre a ética material de Aristóteles e a formal de Kant (avaliación:de 0 a 3 puntos)
  • 2. PAAU (LOE) Código: 2010 08 HISTORIA DA FILOSOFÍA Opción B Lea atentamente o seguinte e texto e a partir del compoña un texto de carácter filosófico que dea resposta ás cuestións que se formulan. Teña en conta que: c) non se trata de contestar meramente esas cuestións senón de integrar a resposta no texto, que ha de ser composto de maneira unitaria. As cuestións han de ser tomadas como unha sorte de guión interno do texto. d) na avaliación da proba teranse en conta non só a maior ou menor corrección no que atinxe ao contido do exposto, senón tamén á forma da exposición, o vocabulario e a corrección sintáctica, ortográfica e retórica. TEXTO A autonomía da vontade é o único principio de todas as leis morais e de todos os deberes conformes a elas: toda heteronomía do libre arbitrio, pola contra, non só non funda ningunha obrigatoriedade senón que é máis ben contraria ó principio desta e da moralidade da vontade. É que o principio único da moralidade consiste na independencia da lei verbo de toda materia (a saber, dun obxecto desexado) e, ó tempo, na determinación do libre arbitrio pola mera forma lexisladora universal de que unha máxima ten que ser capaz. Aquela independencia é a liberdade en sentido negativo, mais esta lexislación propia da razón pura e, en canto tal, práctica, é a liberdade en sentido positivo. Por conseguinte, a lei moral non expresa nada máis que a autonomía da razón pura práctica, é dicir, a liberdade, e esta é mesmo a condición formal de todas as máximas, as cales unicamente baixo de tal condición poden coincidir coa lei práctica suprema. I. KANT; Crítica da razón práctica (1788); Parte 1ª: Doutrina elemental da razón práctica. L.I: Analítica da razón práctica pura; Cap-I: Dos principios da razón práctica pura. §8 Teorema IV. (Trad. de Rafael Martínez, USC) CUESTIÓNS PRINCIPAIS ÁS QUE DEBE DAR RESPOSTA A COMPOSICIÓN I) Marco histórico e conceptual: Características da razón ilustrada. (avaliación:de 0 a 3 puntos) II ) Comprensión: O formalismo moral en Kant. (avaliación:de 0 a 4 puntos) III) Coñecemento específico: Liberdade e determinismo. ¿En que medida o ser humano é libre e en que medida está determinado? (avaliación:de 0 a 3 puntos)