SlideShare a Scribd company logo
1 of 2
Download to read offline
PAUTAS PARA REALIZAR UN COMENTARIO DE TEXTO FILOSÓFICO

   0. Introdución : ¿Que é un comentario de texto?

    Un comentario de texto adoita consistir na lectura do texto co obxecto de
captar o seu significado, analizalo e expor, nunha redacción estruturada e
coherente, a explicación do seu contido.
    Comprender un texto significa entender as ideas expresadas nel polo autor,
relacionar estas ideas cos coñecementos que xa temos, e ser capaces de xerar
unha opinión ao respecto.
    Na comprensión do texto interveñen varios factores:
    1. A capacidade lectora que teñamos baseada tanto na axilidade no acto de
       ler, coma no grao de comprensión do vocabulario que dispoñamos. Se
       carecemos de axilidade lectora, deberemos solucionalo canto antes
       practicando a lectura en xeral. Se carecemos de comprensión de
       vocabulario, deberemos utilizar o dicionario co gallo de clarexar tódolos
       termos que non coñezamos.
    2. Os coñecementos que posuamos respecto do autor do fragmento, do
       problema ou tema presentado e tamén sobre outros autores que teñen
       relación con el, aínda que non expresen a mesma opinión.

   1. Pasos para realizar un comentario de texto

   Un comentario de texto debe seguir unha serie de pautas:

   1. Lectura comprensiva do texto

       Le atentamente o texto. Non repares en tempo; asegúrate de que
   comprendes ben o texto. Subliña tódolos termos ou ideas que te parezan
   relevantes. Realiza notas ao marxe ou esquemas que nos permitan precisar:

          a) O tema ou idea principal, isto é, o problema (no noso caso
             filosófico) sobre o que versa o texto. Truco: imaxínate que llo tés
             que contar a un/unha compañeiro/a nunha ou dúas palabras).
          b) As teses principais, é dicir, as posturas que defende o autor.
          c) A estrutura do texto, dividíndoo en partes (pero sen obsesionarse
             con elo).
          d) Os conceptos (filosóficos) máis relevantes.

   2. Redacción do comentario

      Tendo diante o esquema, como axuda para ter identificados os principais
   elementos do texto, e como guía que nos garanta unha certa orde e
   coherencia no comentario, debe abordarse a redacción do comentario do
   texto, atendendo as seguintes recomendacións: [Aínda que a orde do
   comentario pode variar, e vós tedes que buscar a vosa, recoméndovos esta]
1) Contextualización do texto: contextualizar o autor na súa época, na
      corrente filosófica á que pertence. Contextualizar o texto na obra do
      autor e mais na problemática xeral filosófica. Falar das influenzas que
      recibe o autor.
   2) Análise estrutural que inclúa:
          • A idea principal
          • As ideas secundarias
          • A articulación no texto
   3) Análise semántica: precisión dos conceptos fundamentais (significado
      que teñen no autor do texto).
   4) Explicación e desenvolvemento da temática do texto
   5) Valoración crítica tanto formal como de contidos
   6) Proxección histórica do autor ou das ideas sostidas no texto

Ten en conta que:
   • Debe ter unha redacción sinxela, clara e organizada.
   • Debe demostrar comprensión do texto e presentar unha explicación
      axeitada do seu contido.
   • Debe ter un carácter persoal e fluído.
   • Debe utilizar recursos de comentario: citas (sempre entrecomiñadas),
      conexións contextualizadoras, referencias bibliográficas,...
   • E lembra que...
         o Tés que redactar o comentario coma se fose a ser lido por alguén
             que non tivese coñecemento ningún do tema.
         o Debes evitar parafrasear o texto e dar rodeos innecesarios sen
             explicalo.
         o O texto non é un pretexto para falar de calquera cousa que
             teñamos memorizada.

More Related Content

Viewers also liked

Modelo Exame Filosofía
Modelo Exame  FilosofíaModelo Exame  Filosofía
Modelo Exame Filosofíanieveslopez
 
Consellos para facer un traballo académico
Consellos para facer un traballo académicoConsellos para facer un traballo académico
Consellos para facer un traballo académiconieveslopez
 
Preguntas unidad 6 y 7
Preguntas unidad 6 y 7Preguntas unidad 6 y 7
Preguntas unidad 6 y 7nieveslopez
 
Cuestionario de control de lectura sobre el mundo de sofia
Cuestionario de control de lectura sobre el mundo de sofiaCuestionario de control de lectura sobre el mundo de sofia
Cuestionario de control de lectura sobre el mundo de sofiajairo
 

Viewers also liked (8)

Modelo Exame Filosofía
Modelo Exame  FilosofíaModelo Exame  Filosofía
Modelo Exame Filosofía
 
Platón VI
Platón  VIPlatón  VI
Platón VI
 
Platón V
Platón VPlatón V
Platón V
 
Consellos para facer un traballo académico
Consellos para facer un traballo académicoConsellos para facer un traballo académico
Consellos para facer un traballo académico
 
Preguntas unidad 6 y 7
Preguntas unidad 6 y 7Preguntas unidad 6 y 7
Preguntas unidad 6 y 7
 
Cuestionario de control de lectura sobre el mundo de sofia
Cuestionario de control de lectura sobre el mundo de sofiaCuestionario de control de lectura sobre el mundo de sofia
Cuestionario de control de lectura sobre el mundo de sofia
 
El mundo de sofia expo
El mundo de sofia expoEl mundo de sofia expo
El mundo de sofia expo
 
Mundo sofia
Mundo sofiaMundo sofia
Mundo sofia
 

Similar to Pautas para realizar un comentario de texto filosófico

Similar to Pautas para realizar un comentario de texto filosófico (20)

A redacion normas
A redacion normasA redacion normas
A redacion normas
 
Comentario de Textos Históricos
Comentario de Textos HistóricosComentario de Textos Históricos
Comentario de Textos Históricos
 
Reconstruímos a crónica
Reconstruímos a crónicaReconstruímos a crónica
Reconstruímos a crónica
 
Como crear un texto
Como crear un textoComo crear un texto
Como crear un texto
 
Como crear un texto copia
Como crear un texto   copiaComo crear un texto   copia
Como crear un texto copia
 
Boas prácticas Climantica
Boas prácticas ClimanticaBoas prácticas Climantica
Boas prácticas Climantica
 
Boas Practicas
Boas PracticasBoas Practicas
Boas Practicas
 
Para facer un resumo
Para facer un resumoPara facer un resumo
Para facer un resumo
 
Cómo estudiar un tema
Cómo estudiar un tema Cómo estudiar un tema
Cómo estudiar un tema
 
Composición de texto 2012
Composición de texto 2012Composición de texto 2012
Composición de texto 2012
 
Composición de texto
Composición de textoComposición de texto
Composición de texto
 
Cinco consellos para subliñar un texto
Cinco consellos para subliñar un textoCinco consellos para subliñar un texto
Cinco consellos para subliñar un texto
 
Esquemas textuais
Esquemas textuaisEsquemas textuais
Esquemas textuais
 
Como construír un texto
Como construír un textoComo construír un texto
Como construír un texto
 
Construír un texto 3
Construír un texto 3Construír un texto 3
Construír un texto 3
 
O texto expositivo
O texto expositivoO texto expositivo
O texto expositivo
 
O texto expositivo
O texto expositivoO texto expositivo
O texto expositivo
 
Pasos para escribir correctamente
Pasos para escribir correctamentePasos para escribir correctamente
Pasos para escribir correctamente
 
Ensaiosubversivo
EnsaiosubversivoEnsaiosubversivo
Ensaiosubversivo
 
Escribir para aprender
Escribir para aprenderEscribir para aprender
Escribir para aprender
 

More from nieveslopez

Unha dieta saudable
Unha dieta saudableUnha dieta saudable
Unha dieta saudablenieveslopez
 
Enquisa alimentación final
Enquisa alimentación finalEnquisa alimentación final
Enquisa alimentación finalnieveslopez
 
A orixe do estado
A orixe do estadoA orixe do estado
A orixe do estadonieveslopez
 
Unidade 4 As sociedades igualitarias
Unidade 4 As sociedades igualitariasUnidade 4 As sociedades igualitarias
Unidade 4 As sociedades igualitariasnieveslopez
 
Unidade 3 Modelos de subsistencia
Unidade 3 Modelos de subsistenciaUnidade 3 Modelos de subsistencia
Unidade 3 Modelos de subsistencianieveslopez
 
Unidade 2 As relación de parentesco
Unidade 2 As relación de parentescoUnidade 2 As relación de parentesco
Unidade 2 As relación de parentesconieveslopez
 
Unidade 8 Que é a cultura
Unidade 8 Que é a culturaUnidade 8 Que é a cultura
Unidade 8 Que é a culturanieveslopez
 
Unidade 7 Dominados polos xenes
Unidade 7 Dominados polos xenesUnidade 7 Dominados polos xenes
Unidade 7 Dominados polos xenesnieveslopez
 
Unidade 6 A evolución, cousa de mulleres
Unidade 6 A evolución, cousa de mulleresUnidade 6 A evolución, cousa de mulleres
Unidade 6 A evolución, cousa de mulleresnieveslopez
 
Unidade 5 Por que comemos de máis?
Unidade 5 Por que comemos de máis?Unidade 5 Por que comemos de máis?
Unidade 5 Por que comemos de máis?nieveslopez
 
Unidade 3 Mellores brancos ou negros?
Unidade 3 Mellores brancos ou negros?Unidade 3 Mellores brancos ou negros?
Unidade 3 Mellores brancos ou negros?nieveslopez
 
Unidade 4 por que somos máis listos
Unidade 4 por que somos máis listosUnidade 4 por que somos máis listos
Unidade 4 por que somos máis listosnieveslopez
 
Unidade 2 Bipedismo
Unidade 2 BipedismoUnidade 2 Bipedismo
Unidade 2 Bipedismonieveslopez
 
Unidade 1 As orixes do ser humano
Unidade 1 As orixes do ser humanoUnidade 1 As orixes do ser humano
Unidade 1 As orixes do ser humanonieveslopez
 
Que é a Antropoloxía
Que é a AntropoloxíaQue é a Antropoloxía
Que é a Antropoloxíanieveslopez
 
Person, family, society
Person, family, societyPerson, family, society
Person, family, societynieveslopez
 
Unidade 5 natureza e cultura final
Unidade 5 natureza e cultura finalUnidade 5 natureza e cultura final
Unidade 5 natureza e cultura finalnieveslopez
 

More from nieveslopez (20)

Unha dieta saudable
Unha dieta saudableUnha dieta saudable
Unha dieta saudable
 
Ficha 2
Ficha 2Ficha 2
Ficha 2
 
Enquisa alimentación final
Enquisa alimentación finalEnquisa alimentación final
Enquisa alimentación final
 
Unit Democracy
Unit DemocracyUnit Democracy
Unit Democracy
 
A orixe do estado
A orixe do estadoA orixe do estado
A orixe do estado
 
Unidade 4 As sociedades igualitarias
Unidade 4 As sociedades igualitariasUnidade 4 As sociedades igualitarias
Unidade 4 As sociedades igualitarias
 
Unidade 3 Modelos de subsistencia
Unidade 3 Modelos de subsistenciaUnidade 3 Modelos de subsistencia
Unidade 3 Modelos de subsistencia
 
Unidade 2 As relación de parentesco
Unidade 2 As relación de parentescoUnidade 2 As relación de parentesco
Unidade 2 As relación de parentesco
 
Unidade 8 Que é a cultura
Unidade 8 Que é a culturaUnidade 8 Que é a cultura
Unidade 8 Que é a cultura
 
Unidade 7 Dominados polos xenes
Unidade 7 Dominados polos xenesUnidade 7 Dominados polos xenes
Unidade 7 Dominados polos xenes
 
Unidade 6 A evolución, cousa de mulleres
Unidade 6 A evolución, cousa de mulleresUnidade 6 A evolución, cousa de mulleres
Unidade 6 A evolución, cousa de mulleres
 
Unidade 5 Por que comemos de máis?
Unidade 5 Por que comemos de máis?Unidade 5 Por que comemos de máis?
Unidade 5 Por que comemos de máis?
 
Unidade 3 Mellores brancos ou negros?
Unidade 3 Mellores brancos ou negros?Unidade 3 Mellores brancos ou negros?
Unidade 3 Mellores brancos ou negros?
 
Unidade 4 por que somos máis listos
Unidade 4 por que somos máis listosUnidade 4 por que somos máis listos
Unidade 4 por que somos máis listos
 
Unidade 2 Bipedismo
Unidade 2 BipedismoUnidade 2 Bipedismo
Unidade 2 Bipedismo
 
Unidade 1 As orixes do ser humano
Unidade 1 As orixes do ser humanoUnidade 1 As orixes do ser humano
Unidade 1 As orixes do ser humano
 
Que é a Antropoloxía
Que é a AntropoloxíaQue é a Antropoloxía
Que é a Antropoloxía
 
Antropoloxía
AntropoloxíaAntropoloxía
Antropoloxía
 
Person, family, society
Person, family, societyPerson, family, society
Person, family, society
 
Unidade 5 natureza e cultura final
Unidade 5 natureza e cultura finalUnidade 5 natureza e cultura final
Unidade 5 natureza e cultura final
 

Pautas para realizar un comentario de texto filosófico

  • 1. PAUTAS PARA REALIZAR UN COMENTARIO DE TEXTO FILOSÓFICO 0. Introdución : ¿Que é un comentario de texto? Un comentario de texto adoita consistir na lectura do texto co obxecto de captar o seu significado, analizalo e expor, nunha redacción estruturada e coherente, a explicación do seu contido. Comprender un texto significa entender as ideas expresadas nel polo autor, relacionar estas ideas cos coñecementos que xa temos, e ser capaces de xerar unha opinión ao respecto. Na comprensión do texto interveñen varios factores: 1. A capacidade lectora que teñamos baseada tanto na axilidade no acto de ler, coma no grao de comprensión do vocabulario que dispoñamos. Se carecemos de axilidade lectora, deberemos solucionalo canto antes practicando a lectura en xeral. Se carecemos de comprensión de vocabulario, deberemos utilizar o dicionario co gallo de clarexar tódolos termos que non coñezamos. 2. Os coñecementos que posuamos respecto do autor do fragmento, do problema ou tema presentado e tamén sobre outros autores que teñen relación con el, aínda que non expresen a mesma opinión. 1. Pasos para realizar un comentario de texto Un comentario de texto debe seguir unha serie de pautas: 1. Lectura comprensiva do texto Le atentamente o texto. Non repares en tempo; asegúrate de que comprendes ben o texto. Subliña tódolos termos ou ideas que te parezan relevantes. Realiza notas ao marxe ou esquemas que nos permitan precisar: a) O tema ou idea principal, isto é, o problema (no noso caso filosófico) sobre o que versa o texto. Truco: imaxínate que llo tés que contar a un/unha compañeiro/a nunha ou dúas palabras). b) As teses principais, é dicir, as posturas que defende o autor. c) A estrutura do texto, dividíndoo en partes (pero sen obsesionarse con elo). d) Os conceptos (filosóficos) máis relevantes. 2. Redacción do comentario Tendo diante o esquema, como axuda para ter identificados os principais elementos do texto, e como guía que nos garanta unha certa orde e coherencia no comentario, debe abordarse a redacción do comentario do texto, atendendo as seguintes recomendacións: [Aínda que a orde do comentario pode variar, e vós tedes que buscar a vosa, recoméndovos esta]
  • 2. 1) Contextualización do texto: contextualizar o autor na súa época, na corrente filosófica á que pertence. Contextualizar o texto na obra do autor e mais na problemática xeral filosófica. Falar das influenzas que recibe o autor. 2) Análise estrutural que inclúa: • A idea principal • As ideas secundarias • A articulación no texto 3) Análise semántica: precisión dos conceptos fundamentais (significado que teñen no autor do texto). 4) Explicación e desenvolvemento da temática do texto 5) Valoración crítica tanto formal como de contidos 6) Proxección histórica do autor ou das ideas sostidas no texto Ten en conta que: • Debe ter unha redacción sinxela, clara e organizada. • Debe demostrar comprensión do texto e presentar unha explicación axeitada do seu contido. • Debe ter un carácter persoal e fluído. • Debe utilizar recursos de comentario: citas (sempre entrecomiñadas), conexións contextualizadoras, referencias bibliográficas,... • E lembra que... o Tés que redactar o comentario coma se fose a ser lido por alguén que non tivese coñecemento ningún do tema. o Debes evitar parafrasear o texto e dar rodeos innecesarios sen explicalo. o O texto non é un pretexto para falar de calquera cousa que teñamos memorizada.