SlideShare a Scribd company logo
1 of 10
CIRCE OU O PRACER DO AZUL
Aida Álvarez Suárez. 1º Bach.
BEGOÑA
CAAMAÑO
Begoña Caamaño,viguesa nacida en 1964,
escribiu esta,a súa primeira novela,en catro meses.
Cando se lle pregunta se os xornalistas son
escritores en potencia, ela ironiza:"Non sei cando
se fai máis fición, se na literatura ou no
xornalismo, cando fago unha información ou
cando escribo". Cre que o xornalismo é "bastante
embrutecedor" en canto á linguaxe e "acabamos
perdendo moitas palabras ou expresións”.
Traballa no Diario Cultural da Radio Galega xunto
con tres poetas. É unha apaixonada lectora e
seareira das mitoloxías, e cre "como feminista, que
moito do que hoxe somos vén do que se escribiu
desde hai moitos séculos". Pensa que o relato de
Homero estaba cheo de mulleres que son meros
accesorios e decidiuse a expoñer que pensaban.
INFORMACIÓN SOBRE AS PERSONAXES
MITOLÓXICAS Penélope é unha personaxe da Odisea,
esposa do rei de Ítaca, Odiseo ou
Ulises. Espera durante vinte anos a
volta do seu marido da guerra de Troia.
Por esta razón é considerada un símbolo
da fidelidade conxugal ata hoxe.
Mentres o seu esposo está fóra,
Penélope é pretendida por múltiples
homes. Para manter a súa castidade,
pensa nun plan. Dilles aos pretendentes
que aceptará a desaparición de Ulises,
coa promesa dun novo enlace, cando
acabe de tecer un sudario para o antigo
rei, Laertes, no que estaba traballando.
Para manter o maior tempo posible este
tecido en elaboración, procura desfacer
pola noite o que creou durante o día, e
desta forma pasan os 20 anos. Xusto
cando Ulises chega á casa, Penélope
acaba o sudario, Ulises mata os
pretendentes e permanece con ela.
Ulises ou Odiseo, un dos heroes
lendarios gregos, un dos
protagonistas da Ilíada e
finalmente a personaxe central e
que dá nome á Odisea. Era rei
de Ítaca, unha das illas xónicas,
situada fronte á costa occidental
de Grecia.
Fillo de Laertes e Anticlea na
Odisea, e en relatos posteriores
de Sísifo e Anticlea. Esposo de
Penélope, pai de Telémaco e
irmán maior de Ctímene, que
sufriron esperándoo durante
vinte anos: dez de eles pasáranos
loitando na guerra de Troia e os
outros dez intentando voltar a
Ítaca cunha serie de problemas e
obstáculos que tivo que afrontar.
Circe: Deusa e feiticeira que viviu na illa de
Eea.
Filla de Helios e Perseis, transformaba os
inimigos ou os que a ofendían en animais
mediante o uso de pocións máxicas. Era
coñecida polos seus coñecementos de
herboristería e medicina.
Namorou de Odiseo e axudoulle na súa viaxe
de regreso a casa despois de que el e a súa
tripulación pasasen un ano con ela na súa
illa.. Hesíodo conta que Circe tivo tres fillos
de Odiseo: Agrio, Latino e Telégono. Cando
este último se fixo adulto, contan que Circe o
enviou a buscar seu pai, quen regresara
había moito tempo, pero, ao chegar,
matouno por accidente, levando o seu corpo
de volta a Eea xunto coa súa viúva Penélope
e o seu fillo Telémaco. Circe fíxoos inmortais
e desposou a Telémaco, mentres Telégono
casou con Penélope.
Telémaco era un neno cando seu pai
marchou á guerra de Troia e
medrou durante vinte anos sen
coñecelo. Despois de que os deuses
en asemblea decidiran que Ulises
volvera a casa dende a illa de
Ogigia, Atenea adverrtiuno para
que expulsase da súa casa os
pretendentes de súa nai e se dirixise
a Pilos e Esparta para recoller
información sobre o pai. Telémaco
seguiu o consello, pero estes
negáronse a abandonar Ítaca. Foi a
Pilos e alí foi recibido por Néstor.
Marchou a Esparta e dende alí
Telémaco regresou á casa, onde
atopou a seu pai. Ambos acordaron
castigar os pretendentes.
Laertes, fillo de Arcisio e
Calcomedusa e rei de Ítaca. É
célebre por ser considerado por
Homero como pai de Ulises e
Ctímene e pola súa esposa Anticlea,
filla do ladrón e argonauta
Autólico. Na Odisea aparece nun
segundo plano, retirado e triste ata a
volta do seu fillo.
Anticlea, casada con Laertes,
raíña de Ítaca que antecedeu a
Penélope. Foi a nai de Ulises.
Sufriu tanto pola ausencia do seu
fillo que se suicidou desesperada
ao ver que este non volvía da
expedición que os gregos
emprenderan contra a cidade de
Troia.
RESUMOA novela está protagonizada por personaxes mitolóxicas que aparecen na Ilíada e na Odisea de
Homero. Ten como fío condutor a relación epistolar que se establece entre Circe e Penélope. Cando
Ulises e a súa tripulación volvían cara a Ítaca da guerra de Troia, naufragan na illa de Eea,
rexentada pola maga Circe, famosa polas apócemas que daba aos homes que se comportaban mal e a
trataban de maneira machista. Mais Circe queda encantada con Ulises ao ver que non é como ningún
outro home que ela coñecera. Comezan unha relación, pero Circe séntese na necesidade de
comunicarlle a Penélope, esposa de Ulises, que o seu marido está ben, e pedirlle perdón polo que ela
considera unha traizón de muller a muller. Penélope queda moi sorprendida pola amabilidade e
humildade da maga e responde á carta. Así comeza unha relación que xa nunca remataría. Circe vai
contándolle a Penélope canto cambiou Ulises dende que marchara de Ítaca, as razóns polas que lles
tiña xenreira aos homes... , mentres Penélope lle conta de que maneira ten que cumprir ella soa as
funcións dela e de Ulises: ser raíña de Ítaca, preservar o patrimonio do seu marido e o seu trono dos
pretendentes que querían quitarllo antes de que o seu fillo Telémaco o puidera herdar, así como
exercer de nai e pai con este. Mediante esa relación, aínda que por carta, Circe pode curar as feridas
do pasado de Penélope, pois sofre as consecuencias da sociedade patriarcal na que viven (sendo moi
nova é levada a unha terra afastada e descoñecida para casar cun descoñecido que nun ano de
convivencia non lle facía caso nada máis que para posuíla todas as noites, á parte de que a violara a
noite de vodas). Así mesmo pode prometerlle que, cando Ulises volte á terra, elas poderán xuntarse
en Eea e gozar desa estraña pero profunda amizade.
VALORACIÓN PERSOAL
O libro gustoume bastante.
Por unha parte, gústame que reivindica os dereitos das
mulleres, cando conta as historias de Andrómaca e Helena (a
primeira, escrava do fillo do asasino do seu marido,como
trofeo de guerra e a segunda, maltratada polo seu marido e
tratada como un mero obxecto polos homes), a de Medea,
sobriña de Ceres (burlada polo seu namorado tras entregarse a
el coa promesa deste de casamento) e a da propia Penélope.
Por outra parte, paréceme que está ben escrito pero que en
certos momentos se lía un pouco e pode confundirte.
Finalmente,se tivera que puntualo do 1 ao 10, poríalle un
7,5.

More Related Content

What's hot

As mulleres das lendas galegas.gabriela
As mulleres das lendas galegas.gabrielaAs mulleres das lendas galegas.gabriela
As mulleres das lendas galegas.gabrielabibliomoas
 
LECTURAS EN GALEGO RECOMENDADAS PARA LER NO VERÁN
LECTURAS EN GALEGO RECOMENDADAS PARA LER NO VERÁNLECTURAS EN GALEGO RECOMENDADAS PARA LER NO VERÁN
LECTURAS EN GALEGO RECOMENDADAS PARA LER NO VERÁNangelciencia
 
A odisea candela
A odisea candelaA odisea candela
A odisea candelasatelite1
 

What's hot (8)

Mitoloxía en feminino
Mitoloxía en femininoMitoloxía en feminino
Mitoloxía en feminino
 
As mulleres das lendas galegas.gabriela
As mulleres das lendas galegas.gabrielaAs mulleres das lendas galegas.gabriela
As mulleres das lendas galegas.gabriela
 
As Sereas
As SereasAs Sereas
As Sereas
 
Once contos medievais
Once contos medievaisOnce contos medievais
Once contos medievais
 
LECTURAS EN GALEGO RECOMENDADAS PARA LER NO VERÁN
LECTURAS EN GALEGO RECOMENDADAS PARA LER NO VERÁNLECTURAS EN GALEGO RECOMENDADAS PARA LER NO VERÁN
LECTURAS EN GALEGO RECOMENDADAS PARA LER NO VERÁN
 
A odisea candela
A odisea candelaA odisea candela
A odisea candela
 
Mitoloxía 6º
Mitoloxía 6ºMitoloxía 6º
Mitoloxía 6º
 
Eros
ErosEros
Eros
 

Similar to Circe ou o pracer do azul

Mitoloxía, literatura e xénero
Mitoloxía, literatura e xéneroMitoloxía, literatura e xénero
Mitoloxía, literatura e xéneroZoel Otero Riveiro
 
Mitoloxía, literatura e xénero
Mitoloxía, literatura e xéneroMitoloxía, literatura e xénero
Mitoloxía, literatura e xéneroNerea_nm
 
Narrativa medieval 1 ppt
Narrativa medieval 1 pptNarrativa medieval 1 ppt
Narrativa medieval 1 pptMrc558688
 
TRALAS PEGADAS DE MULLERES HISTÓRICAS
TRALAS PEGADAS DE MULLERES HISTÓRICASTRALAS PEGADAS DE MULLERES HISTÓRICAS
TRALAS PEGADAS DE MULLERES HISTÓRICAScabeiroweb
 
Novidades en galego na biblioteca Xaquín Yebra curso 2016-17
Novidades en galego na biblioteca Xaquín Yebra curso 2016-17Novidades en galego na biblioteca Xaquín Yebra curso 2016-17
Novidades en galego na biblioteca Xaquín Yebra curso 2016-17soigca
 
Raiola de lecturas-- guía para o verán 2017
 Raiola de lecturas-- guía para o verán 2017  Raiola de lecturas-- guía para o verán 2017
Raiola de lecturas-- guía para o verán 2017 Xenza
 
Papeis de muller, mulleres de papel
Papeis de muller, mulleres de papelPapeis de muller, mulleres de papel
Papeis de muller, mulleres de papeltudense
 
Letras e Mulleres No Mundo Antigo Feminino Pl
Letras e Mulleres No Mundo Antigo Feminino PlLetras e Mulleres No Mundo Antigo Feminino Pl
Letras e Mulleres No Mundo Antigo Feminino Plxmlores
 
C:\Fakepath\ Feminino, Plural
C:\Fakepath\ Feminino, PluralC:\Fakepath\ Feminino, Plural
C:\Fakepath\ Feminino, Pluralmfarpon
 
Feminino, Plural
Feminino, PluralFeminino, Plural
Feminino, Pluralmfarpon
 
A nosa visión sobre o Antigo Exipto
A nosa visión sobre o Antigo ExiptoA nosa visión sobre o Antigo Exipto
A nosa visión sobre o Antigo ExiptoPaulaReySilva
 

Similar to Circe ou o pracer do azul (20)

De Troia a Roma
De Troia a RomaDe Troia a Roma
De Troia a Roma
 
Mitoloxía, literatura e xénero
Mitoloxía, literatura e xéneroMitoloxía, literatura e xénero
Mitoloxía, literatura e xénero
 
Mitoloxía, literatura e xénero
Mitoloxía, literatura e xéneroMitoloxía, literatura e xénero
Mitoloxía, literatura e xénero
 
Exeria
Exeria Exeria
Exeria
 
Narrativa medieval 1 ppt
Narrativa medieval 1 pptNarrativa medieval 1 ppt
Narrativa medieval 1 ppt
 
TRALAS PEGADAS DE MULLERES HISTÓRICAS
TRALAS PEGADAS DE MULLERES HISTÓRICASTRALAS PEGADAS DE MULLERES HISTÓRICAS
TRALAS PEGADAS DE MULLERES HISTÓRICAS
 
Novidades en galego na biblioteca Xaquín Yebra curso 2016-17
Novidades en galego na biblioteca Xaquín Yebra curso 2016-17Novidades en galego na biblioteca Xaquín Yebra curso 2016-17
Novidades en galego na biblioteca Xaquín Yebra curso 2016-17
 
Ana Domínguez e Ana Freire ... sobre o amor
Ana Domínguez e Ana Freire ... sobre o amorAna Domínguez e Ana Freire ... sobre o amor
Ana Domínguez e Ana Freire ... sobre o amor
 
Raiola de lecturas-- guía para o verán 2017
 Raiola de lecturas-- guía para o verán 2017  Raiola de lecturas-- guía para o verán 2017
Raiola de lecturas-- guía para o verán 2017
 
Papeis de muller, mulleres de papel
Papeis de muller, mulleres de papelPapeis de muller, mulleres de papel
Papeis de muller, mulleres de papel
 
Poesía épica: Virxilio
Poesía épica: VirxilioPoesía épica: Virxilio
Poesía épica: Virxilio
 
Letras e Mulleres No Mundo Antigo Feminino Pl
Letras e Mulleres No Mundo Antigo Feminino PlLetras e Mulleres No Mundo Antigo Feminino Pl
Letras e Mulleres No Mundo Antigo Feminino Pl
 
Os mellores do humor
Os mellores do humorOs mellores do humor
Os mellores do humor
 
Alexandría (un pouco de historia)
Alexandría (un pouco de historia)Alexandría (un pouco de historia)
Alexandría (un pouco de historia)
 
Mulleres
MulleresMulleres
Mulleres
 
Muller Na Lite1
Muller Na Lite1Muller Na Lite1
Muller Na Lite1
 
C:\Fakepath\ Feminino, Plural
C:\Fakepath\ Feminino, PluralC:\Fakepath\ Feminino, Plural
C:\Fakepath\ Feminino, Plural
 
Feminino, Plural
Feminino, PluralFeminino, Plural
Feminino, Plural
 
A guerra de Troia
A guerra de TroiaA guerra de Troia
A guerra de Troia
 
A nosa visión sobre o Antigo Exipto
A nosa visión sobre o Antigo ExiptoA nosa visión sobre o Antigo Exipto
A nosa visión sobre o Antigo Exipto
 

Circe ou o pracer do azul

  • 1. CIRCE OU O PRACER DO AZUL Aida Álvarez Suárez. 1º Bach.
  • 2. BEGOÑA CAAMAÑO Begoña Caamaño,viguesa nacida en 1964, escribiu esta,a súa primeira novela,en catro meses. Cando se lle pregunta se os xornalistas son escritores en potencia, ela ironiza:"Non sei cando se fai máis fición, se na literatura ou no xornalismo, cando fago unha información ou cando escribo". Cre que o xornalismo é "bastante embrutecedor" en canto á linguaxe e "acabamos perdendo moitas palabras ou expresións”. Traballa no Diario Cultural da Radio Galega xunto con tres poetas. É unha apaixonada lectora e seareira das mitoloxías, e cre "como feminista, que moito do que hoxe somos vén do que se escribiu desde hai moitos séculos". Pensa que o relato de Homero estaba cheo de mulleres que son meros accesorios e decidiuse a expoñer que pensaban.
  • 3. INFORMACIÓN SOBRE AS PERSONAXES MITOLÓXICAS Penélope é unha personaxe da Odisea, esposa do rei de Ítaca, Odiseo ou Ulises. Espera durante vinte anos a volta do seu marido da guerra de Troia. Por esta razón é considerada un símbolo da fidelidade conxugal ata hoxe. Mentres o seu esposo está fóra, Penélope é pretendida por múltiples homes. Para manter a súa castidade, pensa nun plan. Dilles aos pretendentes que aceptará a desaparición de Ulises, coa promesa dun novo enlace, cando acabe de tecer un sudario para o antigo rei, Laertes, no que estaba traballando. Para manter o maior tempo posible este tecido en elaboración, procura desfacer pola noite o que creou durante o día, e desta forma pasan os 20 anos. Xusto cando Ulises chega á casa, Penélope acaba o sudario, Ulises mata os pretendentes e permanece con ela.
  • 4. Ulises ou Odiseo, un dos heroes lendarios gregos, un dos protagonistas da Ilíada e finalmente a personaxe central e que dá nome á Odisea. Era rei de Ítaca, unha das illas xónicas, situada fronte á costa occidental de Grecia. Fillo de Laertes e Anticlea na Odisea, e en relatos posteriores de Sísifo e Anticlea. Esposo de Penélope, pai de Telémaco e irmán maior de Ctímene, que sufriron esperándoo durante vinte anos: dez de eles pasáranos loitando na guerra de Troia e os outros dez intentando voltar a Ítaca cunha serie de problemas e obstáculos que tivo que afrontar.
  • 5. Circe: Deusa e feiticeira que viviu na illa de Eea. Filla de Helios e Perseis, transformaba os inimigos ou os que a ofendían en animais mediante o uso de pocións máxicas. Era coñecida polos seus coñecementos de herboristería e medicina. Namorou de Odiseo e axudoulle na súa viaxe de regreso a casa despois de que el e a súa tripulación pasasen un ano con ela na súa illa.. Hesíodo conta que Circe tivo tres fillos de Odiseo: Agrio, Latino e Telégono. Cando este último se fixo adulto, contan que Circe o enviou a buscar seu pai, quen regresara había moito tempo, pero, ao chegar, matouno por accidente, levando o seu corpo de volta a Eea xunto coa súa viúva Penélope e o seu fillo Telémaco. Circe fíxoos inmortais e desposou a Telémaco, mentres Telégono casou con Penélope.
  • 6. Telémaco era un neno cando seu pai marchou á guerra de Troia e medrou durante vinte anos sen coñecelo. Despois de que os deuses en asemblea decidiran que Ulises volvera a casa dende a illa de Ogigia, Atenea adverrtiuno para que expulsase da súa casa os pretendentes de súa nai e se dirixise a Pilos e Esparta para recoller información sobre o pai. Telémaco seguiu o consello, pero estes negáronse a abandonar Ítaca. Foi a Pilos e alí foi recibido por Néstor. Marchou a Esparta e dende alí Telémaco regresou á casa, onde atopou a seu pai. Ambos acordaron castigar os pretendentes.
  • 7. Laertes, fillo de Arcisio e Calcomedusa e rei de Ítaca. É célebre por ser considerado por Homero como pai de Ulises e Ctímene e pola súa esposa Anticlea, filla do ladrón e argonauta Autólico. Na Odisea aparece nun segundo plano, retirado e triste ata a volta do seu fillo.
  • 8. Anticlea, casada con Laertes, raíña de Ítaca que antecedeu a Penélope. Foi a nai de Ulises. Sufriu tanto pola ausencia do seu fillo que se suicidou desesperada ao ver que este non volvía da expedición que os gregos emprenderan contra a cidade de Troia.
  • 9. RESUMOA novela está protagonizada por personaxes mitolóxicas que aparecen na Ilíada e na Odisea de Homero. Ten como fío condutor a relación epistolar que se establece entre Circe e Penélope. Cando Ulises e a súa tripulación volvían cara a Ítaca da guerra de Troia, naufragan na illa de Eea, rexentada pola maga Circe, famosa polas apócemas que daba aos homes que se comportaban mal e a trataban de maneira machista. Mais Circe queda encantada con Ulises ao ver que non é como ningún outro home que ela coñecera. Comezan unha relación, pero Circe séntese na necesidade de comunicarlle a Penélope, esposa de Ulises, que o seu marido está ben, e pedirlle perdón polo que ela considera unha traizón de muller a muller. Penélope queda moi sorprendida pola amabilidade e humildade da maga e responde á carta. Así comeza unha relación que xa nunca remataría. Circe vai contándolle a Penélope canto cambiou Ulises dende que marchara de Ítaca, as razóns polas que lles tiña xenreira aos homes... , mentres Penélope lle conta de que maneira ten que cumprir ella soa as funcións dela e de Ulises: ser raíña de Ítaca, preservar o patrimonio do seu marido e o seu trono dos pretendentes que querían quitarllo antes de que o seu fillo Telémaco o puidera herdar, así como exercer de nai e pai con este. Mediante esa relación, aínda que por carta, Circe pode curar as feridas do pasado de Penélope, pois sofre as consecuencias da sociedade patriarcal na que viven (sendo moi nova é levada a unha terra afastada e descoñecida para casar cun descoñecido que nun ano de convivencia non lle facía caso nada máis que para posuíla todas as noites, á parte de que a violara a noite de vodas). Así mesmo pode prometerlle que, cando Ulises volte á terra, elas poderán xuntarse en Eea e gozar desa estraña pero profunda amizade.
  • 10. VALORACIÓN PERSOAL O libro gustoume bastante. Por unha parte, gústame que reivindica os dereitos das mulleres, cando conta as historias de Andrómaca e Helena (a primeira, escrava do fillo do asasino do seu marido,como trofeo de guerra e a segunda, maltratada polo seu marido e tratada como un mero obxecto polos homes), a de Medea, sobriña de Ceres (burlada polo seu namorado tras entregarse a el coa promesa deste de casamento) e a da propia Penélope. Por outra parte, paréceme que está ben escrito pero que en certos momentos se lía un pouco e pode confundirte. Finalmente,se tivera que puntualo do 1 ao 10, poríalle un 7,5.