As Eiroás éun pequeno barrio situado na zona Norte do perímetro urbán do concello de Ourense. Conserva unha identidade rural, procedente da idiosincrasia que posuía até hai poucos anos. AS EIROÁS (Ourense)
3.
Cabe salientar oPazo d’As Eiroás, reformado no século XIII, o Castro do Val de Gola e un xacemento Paleolítico, ademáis da Necrópole de San Mamede (conxunto de tombas antropomorfas), no monte comunal entre As Eiroás e Vilar de Astrés, espazo este onde aínda se pode gozar das distintas especies do bosque autóctono galego (bon, o que deixou delas a vaga de lumes de hai 2 anos).
4.
A mediados doséculo XX, un matrimonio entre 2 viúvos, deu orixe a unha festa, cando menos, singular. Esta coincidiu co Entroido e pasou a ser este núcleo un dos poucos lugares na cidade e arredores nos que se celebraba a festa pagá que antecede á Coaresma.
5.
Como queira quefose, esta deixouse de celebrar nos comezos da década dos ‘70 e no ano 1999, desde a A VV, decídese resgatar a memoria daquela celebración. Nos anos posteriores vanse engadindo contidos a esta festa, entre os que destaca a creación dunha máscada que nacía coa intención de ser un dos símbolos do futuro barrio d’As Eiroás.
6.
Querémosche achegar oprograma da festa para este ano 2008, ano no que chegamos á 10ª edición, e convidarte a participar da mesma. Se decides vir, será unha grande ledícia para nós. Se non, estés onde estés... VIVE O ENTROIDO!!! que é o mellor xeito de gozar da festa. Nós agardarémoste nas vindeiras edicións.
7.
Domingo Fareleiro20 de xaneiro.- 12 h (máis ou menos).- Colga do Meco 17 h (máis ou menos).- Guerra fareleira , amenizada pola Charanga CHUNDA-CHUNDA .
Domingo Oleiro27 de xaneiro.- 17 h (máis ou menos).- O xogo das olas , amenizado pola Charanga CHUNDA-CHUNDA . As Pitas serán as encargadas de levar as olas á praza d’As Eiroás. Na xornada previa haberá un Obradoiro de decoración de olas, dirixido nomeadamente ás/aos máis cativas/os.
12.
As Pitas saenpor primeira vez este domingo. son as encargadas de levar as olas á praza
13.
O xogo dasolas deixa a praza chea de anacos de barro As/Os máis pequenas/os substitúen as olas de barro por globos de auga
Martes de Entroido5 de febreiro.- 12 h.- Folión do Entroido . Pitas, gaiteiras/os e máscaras percorrerán o barrio anunciando a chegada do día grande. 13 h.- Voda da Pita . 14 h.- Xantar (neste ano, cadaquén trae o seu) 17 h.- Baile de máscaras , amenizado pola Grande Orquestra NEVADA 21 h. (máis ou menos).- Queima do Meco.
A Voda daPita é unha representación teatral por conta das/os veciñas/os do que “puido” ser a orixe da festa...
19.
As “forzas daorden” que interrumpían a cotío a festa nun tempo de autocracia, son “neutralizadas” polas Pitas, novo símbolo dun futuro conxunto de traballo pola comunidade desde a festa popular do Entroido.