SlideShare a Scribd company logo
ÍNDICE
- Entrevista a Alba Losada e Javier Souto ……………….. Páx. 2
- Falamos con Manuel ……………………………………..Páx. 4
- Así é a nosa vida no centro ………………………………. Páx. 5
- Estivemos con …………………………………………….... Páx.7
- Radio Ras ………………………………………………… Páx. 10
- 25 de novembro e 31 de Xaneiro ………………………... Páx. 11
-Artigos de interese …………………………………………..Páx.14
- A nosa biblioteca ………………………………………….. Páx. 16
- Argalleiros das letras ………………………….. Páx. 18 e páx. 27
- Cómic ……………………………………………………… Páx. 19
- Entrevista a Constantino Rodríguez ……………………. Páx. 23
- Axenda cultural …………………………………………… Páx. 24
- O día do libro …………………………………………….. Páx. 25
- Día das letras galegas ……………………………………Páx. 28
- Compartimos as nosas creacións ……………………… Páx. 31
- Pasa o tempo con nós ……………………………………Páx. 37
- Coñece a túa sorte ……………………………………… Páx. 39
Entrevista a Alba Losada e Javier Souto, alumnos de
2ºBAC que empezaron e remataron con nós.
Ola a todos! Esta entrevista será o editorial da revista e con ela queremos dicirvos adeus, pero
ata sempre, compañeiros.
Se estades preparados, comezamos coas preguntas.
- Agora que xa marchades, estades ansiosos por irvos ou pensades que ides ter algo de
morriña?
Alba: (Dubida) Pois non creo que vaia ter morriña, é broma (ri). Un pouco si, pero non estou
nerviosa porque é o que queremos todos, irnos xa.
Javier: Quérome ir xa. Levo moitos anos aquí metido.
- Sexa como sexa, que pensades que ides botar máis de menos?
Alba: Pois aos meus compañeiros sen dúbida, e tamén a ¡¡ algúns!!! profesores, en definitiva,
a boa vida dun estudante de... BAC
Javier: Ás cativas.
-Que pensades que vai cambiar máis na vosa “nova vida” con respecto á de agora?
Alba: Todo, non?
Javier: Que vou vivir noutro sitio, se deus quere.
-Despois de todos os cursos polos que levades pasado, cal vos resultou máis difícil? É o
máis fácil?
Alba: Difícil? Ningún ¡jajajaj! 2ºBAC non é difícil, fano difícil os profesores. É extresante, pero
podes rascar o nariz. Eu cando máis estudaba era en 1º e 2º, despois todo foi en decadencia.
O máis fácil, 1ºBAC.
Javier: O máis difícil, 2ºBAC. O máis fácil, 4ºESO, é a maior “chorrada” de curso.
-Atreveriádesvos a dicir cal foi o voso profesor favorito ou o que máis vos axudou?
Alba: Consuelo Devesa Nogueiras. Si, si, si, a modo profe e amiga, pero unha profe coa que
aprendín moito foi con Marina, á que lle temos moito cariño porque levamos moito tempo con
ela.
Javier: Pssss. Chelo, tío. Non que va! Pensei que non ía aprobar galego na vida porque non
estudei literatura. Marina ou alguén por aí, ou Feás que non suspendín nunca, e tampouco
nunca estudei. JAJAJAJA
-Cal credes que foi a vosa mellor experiencia ao longo de todos estes anos? E por
suposto, a peor?
Alba: Bua... só unha? Jajajaja. Mala, algún suspenso por aí que outro e boas... Pffff É que
boas son demasiadas. Cantando polo corredor, o día da sentada, a excursión ao Courel...
Javier: Non hai moitas boas, eh! A excursión ao Courel que foi graciosa. A peor, roubar un
cacho de empanada e estar expulsado do colexio tres días. Estiven no sofá tirado mirando para
o vento.
-Pasastes por mans de un montón de profesores, botaredes algún en falta?
Alba: A Chelo e despois profesores tan míticos, propios do IES, como Begoñita, Pilar (Así
non!), Manuel Feás, Shopi, Cris, Aurora, Fede, Marina, Antonio, tío!, as bromas de Antonio (ri),
Mariajo.
Javier: A Chelo! Iso que o ano pasado suspendín todos os exames, pero aprobei a
recuperación final de todo.
-Xa sabedes o que ides facer, ou aínda estades indecisos?
Alba: Pois tecnoloxía de enxeñería civil (Camiños)
Javier: Non teño pensado nada. Facer o selectivo de momento, que me vai chegar ben.
-Sempre din que os profesores en 2º de bacharelato meten moita presión co “rollo” da
selectividade, de verdade credes que é para tanto? Daredes a talla?
Alba: Si, é máis, están totalmente “rebentados da cabeza” co tema da selectividade. Non creo
que sexa para tanto. Non daremos a talla, estaremos por riba, todos e cada un de nós.
Podemos con iso e moito máis. Vimos do Castro da uz ( chisco de ollos)
Javier: Son uns pesados, sobre todo na primeira avaliación. Escóitase a palabra selectividade
en cada clase polo menos cinco veces.
Espero, menos en literatura e historia...
-Considerádesvos bos estudantes?
Alba: (sorriso pícaro) Depende do que se entenda por boa estudante. O estudo é como un
xogo e hai que saber cada un como xogar as súas cartas, tratando sempre de ir polo legal,
claro (sorriso pícaro, outra vez).
Javier: Moito. ¡¡¡ Buenismo!!! ¡¡¡ Son dun bo!!! A verdade é que aprobei BAC estudando
bastante pouco, e , ás veces, de... sorte.
-En 2º de BAC, pódese compaxinar a “troula” co estudo, ou é tan duro como din?
Alba: Pódese compaxinar a troula co estudo, pero non o estudo coa troula. JAJAJA. Si, pódese
perfectamente, é máis, saír é algo totalmente necesario para estudar, se non acabarías tolo.
Así que... para estudar, tes que saír.
Javier: Non, ho! Si que se pode facilmente. É cando máis presta saír. Podes saír ata a hora
que che saía....
-Para rematar, que momento vivido vos gustaría repetir?
Alba: (Pensa) Cal non??? Quedo con todos os momentos vividos coa nosa clase de 1ºESO,
cando se foron e quedamos nós sós, ata que chegaron todas estas “balas perdidas” que temos
agora na clase e fixemos un grupo de amigos para sempre: Rosiña, Alicita, Carlitos, Javi,
Marcos .. e tamén os que deixamos polo camiño como Fran, Carla, Samu... En definitiva,
volvería repetir todos e cada un dos momentos logrando que fosen, incluso, mellores.
Javier: E.......... nin idea. Cando caeu Alicia antes de entrar en física. ¡Que “batacazo” se
meteu! Estiven rindo media hora e Mariajo botoume a bronca.
Gozade a tope este verán, pasádeo en grande e ¡POR FAVOR! Non vos esquezades de
nós e vídenos visitar sempre que poidades.
Desexámosvos que teñades moitísima sorte no futuro e que vos vaia tal e como
queredes.
Alba: Grazas e ata sempre.
Javier: Grazas, grazas.
Esta entrevista decidimos facerlla a estes alumnos porque levaban connosco dende o
principio, pero sen dúbida que nos gustaría terlla feito ao resto de compañeiros. Non foi
posible porque o tempo non corría ao noso favor. Desexámosvos moitísima sorte a
todos no futuro. Aproveitade este verán ao máximo e non hai nin que dicir que seredes
moi ben reicibidos entre nós.
Cris Moirón,
Sabela López,
Paula López,
4ºESO
FALAMOS CON MANUEL
Imos realizar unha entrevista ao guitarrista do grupo "Face
off".
Comecemos:
-Como está?
-Moi ben, coma sempre.
-Podería definir en dúas palabras a mensaxe que intenta transmitir o grupo?
-Penso que o principal é divertirse tocando, e esa é a mensaxe que transmitimos, aínda que
cando teñamos cancións propias xa che direi, haha!!!
-Ten pensado acadar exito con Face Off?
-Ese é o meu soño, pero non é doado e teremos que traballar moito para conseguilo
-Tedes programado algún concerto nas vindeiras datas?
-Pois agora temos un parón, xa que o noso baixista tívonos que deixar, así que haberá que
esperar.
- Non é moi dificil compaxinar ensaios e estudos?
-Tiñamos algúns problemas para quedar algúns días, pero o maior problema é que non todos
vivimos en As Pontes.
-Podería citar enlaces web de Face Off, coma facebook, myspace...?
-Só temos un par de videos en youtube, pero tiñamos pensado crear un myspace. Todo
chegará !!!haha!!!
-Tería a amabilidade de "crear" o grupo perfecto, con xente xa coñecida a nivel mundial?
-Buf, iso non é doado e os instrumentistas que máis me gustan son bastante diferentes, sobre
todo nas guitarras; pero gustaríame ver a Tom Morello con Flea ou con Vinnie Paul.
- Podería dicirnos tres cancións que formarían parte da súa persoal Historia musical?
-“Under the bridge” de Red Hot Chili Peppers (esta foi a que fixo que comezase a tocar a
guitarra), “Freedom” de Rage Against the Manchine e “Cowboys from hell” de Pantera
-Cando empezou a tocar a guitarra?
-Haberá uns tres anos, aproximadamente.
-Cando decidiches formar o grupo? Foi idea túa?
Comezei a tocar en grupo cando me chamaron os anteriormente coñecidos como Eklipse, e
cando este grupo se disolveu, Simón (o noso actual batería) mais eu decidimos formar un
grupo e buscamos a xente para tocar, e atopamos a Clara e a Juan (que xa non está no
grupo).
-Que tipo de música escoitas? Tocas esa música no grupo?
Escoito de todo, dende grunge, metal, trash, funk, hardcore etc...
No grupo tocamos un estilo bastante variado, pero coa nosa recente perdida de baixista quizás
enfoquemos máis o noso estilo cara a algo máis hardcore.Por certo, agora cambiamos o noso
nome a “Banana’s Blood” (risas).
-Neste colexio case todos pensan que o hardcore, metal etc....é ruído,que opina de iso?
Penso que todas as opinións son respectables, pero este tipo de música teñen que escoitarse
detenidamente e moitas veces para collerlles o gusto e o cariño.
Moitas grazas pola fantástica entrevista, Manuel, deica outra.
Pablo del Moral, Darío Ledo, Dani Corral
ASÍ É A NOSA VIDA NO CENTRO
O día do AMOR e AMIZADE no IES Castro da Uz celebrouse o 14 de febreiro, popularmente
coñecido como o día de San Valentín, con diferentes actividades:
Como todos os anos repartíronse as cartas de amor. Este ano os “Carteiros “ foron Alba
Losada de 2º BAC e Marcos Otero de 4º ESO, tamén encargados de repartir os regalos do
amigo invisible.
Por primeira vez fíxose un concurso de microrrelatos co tema do amor, onde o gañador foi
Diego Filgueiras de 3º ESO.
O amor
Hai moitos tipos de amor, amor de nai a fillo, de fillo a nai, amor de amigo, amor á primeira
vista, o amor verdadeiro e outras parvadas máis. Dise que o amor é cego porque Cupido lanza as
frechas cos ollos pechados, pero se cae nun animal non é amor, é zoofilia.
Buscade o amor, pero non perdades moito tempo.
Por último celebrouse un concurso á mellor parella, na que houbo que facer unha
segunda votación por fraude electoral na primeira, organizado por Radio Ras. Os
gañadores foron Andrea Castro de 4ºESO e Alexandro Cabarcos de 1º Bacharelato.
Silvia Gómez Anca, 3ºESO
UN DÍA CO ALCALDE DAS PONTES
Un día de febreiro de 2011 o IES Castro da Uz abriulle ás portas a Valentín
González, o actual alcalde de As Pontes. Estivo arredor de 90 minutos, respondendo a todas
as preguntas que os alumnos lle fixeron e xa tiñamos seleccionadas, querendo “imitar” o
programa televisivo “Teño unha pregunta para vostede”, unha idea de Radio Ras.
Carmen e Lía conduciron o programa e moderaron a quenda das preguntas que partían do
público- formado polos alumnos e alumnas do centro-.
Así comezou todo:
¡ Bos días a todos e todas e grazas por estar con nós, alcalde!
Somos Carmen e Lía. Cursamos 2º de ESO e intentaremos que
pase uns momentos agradables con nós e que as preguntas non
sexan demasiado comprometidas...
Valentín é alcalde da nosa vila dende as eleccións do 27 de maio
de 2007 nas que se presentou polo PSdG- PSOE.
A árbore celta da súa vida é o pradairo que o define como persoa
imaxinativa, orixinal e inconformista. Tímido e reservado.
Ambicioso, orgulloso e seguro de si. Nervioso e de difícil trato.
Con facilidade para a aprendizaxe e boa capacidade memorística
e cunha vida amorosa complicada.
¿Está de acordo coa simboloxía da súa árbore?
...............
A alumna Lara Cal Prieto de 4º da ESO preguntoulle a Valentín se se ofrecía a
poñer uns bancos no instituto para axudarnos a facer “o paseo literario” arredor
das nosas árbores celtas. O alcalde comprometeuse a facelo, e… ¡Aínda non os
temos! Fixemos numerosas chamadas para saber se se estaba tramitando, pero
esas chamadas non foron contestadas.
Preguntámoslle cal era o seu libro favorito, ao que el contestou: Los pilares de
la tierra, porque lle marcara moito.
Quixemos saber se tiña un lado simpático, pero… non, posto que cando o alumno Diego
Filgueiras díxolle que contara un chiste, el pensou e pensou e non lle viña ningún á cabeza,
entón decidiu contarnos unha graciosa anécdota sobre Einstein, aínda que as risas non
estiveron presentes ao final de dita anécdota...
Preguntámoslle que opinaba sobre “O decreto do carbón” ao que el respondeu que todo se
solucionaría. Sobre os lugares de ocio para a mocidade das Pontes...
Dende aquí dámoslle as grazas ao alcalde por “someterse” ao noso interrogatorio e esperamos
que cumpra a súa promesa. OS NOSOS BANCOS!!!
Sara Uceira Castro, 3ºESO
COIDANDO AS NOSAS ÁRBORES
Como todos os anos, no mes de febreiro “toca” poda. As árbores celtas, que plantaron hai anos
os nosos compañeiros, seguen medrando e nós seguimos coidándoas.
Este ano estamos moi enfadados porque vimos que “algúns” non coidan o que é noso. A
nogueira estaba moi ferida porque alguén lle fixera dano... Non entendemos que culpa teñen as
árbores para ter que meterse con elas. Que saiban esas “persoas” que nós imos seguir
coidándoas, que imos plantar para o ano o tileiro, a faia e a nogueira e que crecerán fortes,
porque estaremos ao seu lado. Tamén “recuperaremos” o cartel que tiñamos na entrada do
centro con todas as árbores que están arredor do instituto e alguén queimou “sen querer”.
SEGUIMOS SENDO SOLIDARIOS
Este ano non puidemos ter un “recreo solidario” por falta de tempo de algunhas... Iso non
impediu que seguísemos facendo cousiñas que logo venderiamos para axudar aos nosos “ex –
soldado da RDC”. Son moitos anos os que levamos con eles e elas e non imos fallarlle. O
alumnado “solidario” elaborou deseños para facer postais, calendarios.... que logo venderon e
recadaron cartiños que se enviarán no mes de xuño xunto co recadado pola venda da revista.
Lucía Calvo, 4ºESO
ESTIVEMOS CON….
MARÍA LADO E LUCÍA ALDAO
O día 22 de novembro María Lado e Lucía Aldao compartiron con nós o seu xeito de entender
a poesía.
Así as recibimos:
Celia: Hoxe, como todos sabemos, imos ter o pracer de presenciar un recital de poesía da man
de dúas importantes voces galegas, María Lado e Lucía Aldao.
Tino: Non vai ser un recital normal, xa que como temos entendido, María e Lucía poñen en
práctica outro modelo de recital que vai tirar os prexuízos que tedes sobre a poesía.
Celia: María Lado naceu en Cee e está licenciada en Filoloxía Galega, pero profesionalmente
dedícase ao teatro, traballa para editoriais e é bloguera.
Tino: Lucía Aldao comezou a súa carreira en Filoloxía Galega, pero como non lle gustaba,
preferiu estudar Corte e confección e un curso de patronaxe industrial.
Celia: Xuntas forman un binomio lírico que abraia co seu espectáculo de ironía e humor.
Tino: Cabe destacar que estas dúas poetisas comezaron a involucrarse neste mundo desde xa
moi noviñas participando en concursos escolares.
Celia: Esperamos disfrutar co espectáculo destas dúas poetisas galegas.
Nada mellor que algunhas palabras do público para comentar esta experiencia poética:
" Lucía e María son unhas boas poetisas que escriben sobre o que a elas lles apetece e con
esta temática e coa súa vitalidade chegan moi ben á xente. Creo que Lucía Aldao, escribindo
como escribe e cantando como canta, podería dedicarse profesionalmente á música".
"O recital foi innovador e produtivo. O xeito de amosar a literatura foi, simplemente, diferente.
Ensináronos poesía dun xeito divertido e entretido e incluso contaron coa participación do
público. Se houbera máis recitais coma este e máis accesibles, a xente interesaríase pola
poesía galega que parece ser un tema de pouco interese social."
“ Abraioume a forma de expoñer a poesía que estas dúas mulleres nos ofreceron, pois penso
que é o mellor xeito de que esta chegue aos máis novos, aínda que teñan diferentes gustos. O
espectáculo creo que non deixa a ninguén indiferente porque combina moi ben varias artes, o
que máis me gustou foi como combinaron a musica variando o volume”.
“A visita destas poetisas pareceume moi interesante e entretida, unha maneira moi divertida de
escoitar poesía, pensándoa e emocionándote con ela. As diferentes actividades que realizaron
gustáronme xa que grazas a elas faime pensar que calquera persoa pode facer poesía só
mostrando os seus sentimentos.”
“Pareceume unha moi boa presentación para este xénero tan descoñecido nas nosas
xeracións, mais alá de libros e gramáticas que fan da poesía un xénero repelente. Así pois,
onte coñecemos unha poesía moi diferente e verdadeira, por fin!!!
Celia Díaz, 2ºBAC
Dedicatoria que
deixaron para a
biblioteca do centro
A TROPA DE TRAPO
Dende hai tres anos compartimos o Día da Paz cos nosos amigos Brais e
Marta, A tropa de trapo. Desta vez presentaron os “ Contos coas mans
abertas”
Estes contos, como eles din "están cheos de esperanza, de humor, de amor,
de realidade, de pequenas loitas posibles e de grandes soños no horizonte.
Contos para mellorar o mundo, para entendelo mellor, para traballar por el.
Sempre coas nosas mans, as que temos, as que tanto valen: as nosas mans
abertas."
Brais e Marta contaron as súas historias acompañados pola guitarra e laúde árabe para
meternos aínda máis nas súas historias. Pero despois...
Despois chegaron os talleres. Distribuímonos en grupos (un con Brais e outro con Marta) para
recordar o necesario que é compartir, ser solidario...
¿Que traeredes o ano que vén?
Grazas, Brais e Marta
Argalleiros das letras
OWEI E DONLLO
Logo de ler Makinaria, "os argalleiros e argalleiras", eliximos o poema que
máis nos gustou do libro - xa sabedes, "Game Over"- para recitalo ao noso
xeito. Como non saíu como esperabamos decidimos pedir axuda. No camiño
cruzáronse Owei e Donllo , dous rapeiros que se achegaron ata o instituto a
rapear, facer beatboxing e outras cousas máis.
Comezaron o taller cunhas breves explicacións sobre fonética, pausas,
ritmo, entoación...
Como os compoñentes do club de lectura somos solidarios, botámoslles unha man aos de
1ºBAC, que andan traballando no blog de Lois Pereiro -autor a quen se lle dedica o día das
letras galegas este ano- , e pedímoslles a Owei e Donllo que nos axudasen a rapear uns
poemas que nos achegaran os nosos compañeiros para logo ensinarlles nós a "rapealos".
Neste taller custounos un pouquiño "entrar" porque estabamos algo "cortados", pero acabamos
meténdonos, non como as "profes" que non se atreveron.
Coas bases musicais e cos apuntamentos que nos deixaron os nosos rapeiros esperamos que
os compañeiros de 1ºBAC “rapeen” como se merecen os poemas de Lois Pereiro.
Os argalleiros e argalleiras deixámosvos o enlace da páxina que teñen Owei e Donllo:
http://www.myspace.com/delalazrecords
DAVID RUBÍN
Este ano no club de lectura, lemos Onde ninguén pode chegar do autor
David Rubín. O libro era tan bo que o chamamos para que viñera
falarnos sobre o seu libro e a súa vida como escritor e ilustrador.
A nosa compañeira, Silvia fixo unha pps na que recollía información do autor e da obra para
presentalo, pero non foi necesaria porque David xa foi directamente ao que lle interesaba. Aquí
vai unha mostra do seu traballo:
Onde ninguén pode chegar foi gañadora no 2005, do premio Castealo de
banda deseñada, instituído pola Deputación Provincial da Coruña.
En decembro de 2005, esta historieta foi publicada (integrada na novela
gráfica O circo do desalento) pola editorial vasca Astiberri, mentres que a
versión en galego foi publicada por Edicións Lea.
Conta a historia dunha antiga parella que se reencontra dez anos despois
da súa ruptura. Rubín vai alternando na narración o pasado e o presente. “A
intriga do relato mantense ata a última páxina, que é cando o lector pode
atar todos os cabos”
Na súa visita comezou falándonos sobre o seus cómics publicados, amosándonos o proceso
de ilustración, como os borradores o pasado a tinta e o acabado final.
Contounos as historias dos seus cómics e de porque os escribira. Os primeiros cómics que
publicou estaban baseados na súa vida, pero dende un punto de vista máis atractivo cara ao
publico, por exemplo dos seus desamores.
Logo chegou a hora das nosas preguntas: ¿Cando decidiches que serías escritor ? ¿Quen che
inspirou para comezar a escribir? Dos libros que escribiches, ¿ cal é o teu favorito? ¿Alguén
che deu a idea para os nomes dos personaxes dos teus cómics? Sobre o teu último cómic, O
Heroe, ¿Poderíasnos facer un adianto da segunda parte? ¿Algunha vez sentiches que
perderas a túa inspiración para debuxar ou narrar? ¿De onde procede a tristeza que teñen
algúns personaxes? ¿En que outros proxectos estas traballando na actualidade? ¿Por que
empregas esa cor rosa? ¿Cales son os teus autores de culto?... e todas tiveron resposta.
A nosa impresión foi moi boa, e fixo que nos interesaramos máis polos cómics.
Ademais despediuse cuns debuxos a modo de agasallo nos que amosou que é un ARTISTA.
Se visitades a biblioteca poderedes ver e ler as súas
obras. Merece a pena.
Marcos García, Jennifer Somoza, 3ºESO
Dende Radio Ras, as rapazas e rapaces que día a día traballamos nela, queremos
mostrar un pouco do que facemos cada día para intentar que todos vós gocedes da
nosa música e das nosas noticias.
Este ano unha das cousas que quixemos facer dende a radio foi realizar polo día do
amor e da amizade un concurso para escoller a parella ideal do IES Castro da Uz.
(Eleccións) (A parella ideal escollida (Eleccións)
polo alumnado, Alejandro
Cabarcos e Andrea Castro)
Gustaríanos que todos vos animedes a participar na Radio e a darnos consellos
mediante o noso buzón de suxerencias (na biblioteca), o noso tuenti (Radio Ras) ou
mediante o noso correo (radiorasiescastrodauz@hotmail.com). E recordade que
estaremos todos os recreos posibles ofrecendo noticias de todo tipo e moita
música.
Todos os membros da Radio:
Carmela, Noelia, Natalia, Carmen e Lucía de 1º E.S.O
DÍA 25 DE NOVEMBRO, día internacional contra a violencia de
xénero
A orixe do 25 de novembro remóntase ao ano
1960, ano no que as tres irmáns Mirabal foron violentamente
asasinadas ( os seus corpos esnaquizados apareceron no fondo dun
precipicio) por membros da policía secreta do ditador Trujillo na
República Dominicana polo seu activismo político.
Patria, Minerva e María Teresa - coñecidas coma as bolboretas
inesquecibles - convertéronse no máximo expoñente da crise de
violencia contra a muller en América Latina. O 25 de novembro foi a data elixida para
conmemorar as súas vidas e promover o recoñecemento da violencia de xénero. No Encontro
Feminista de Latinoamérica e do Caribe, celebrado en xuño de 1981 en Bogotá, as mulleres
denunciaron a violencia de xénero a nivel doméstico, as violacións, o acoso sexual ás que se
vían sometidas só polo feito de ser muller diante dos Estados. As Nacións Unidas, no ano
1999, a proposta da República Dominicana e co apoio de 60 países máis, decidiu declarar o 25
de novembro como O DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A
MULLER.
Sandra, Mario, Mireya e Brais, 2ºESO.
En Radio RAS achegabamos información sobre os traballos de investigación que estaban
a facer os de 2ºESO para recordar a todas as mulleres vítimas da violencia de xénero
durante o ano 2010. Puxéronlle nome: Josefa, Ivana, Victoria, Isabel, Teresa, Carme,
Antonia, Silvia, Enma, Fátima, María Fernanda, Fatna, Ana, Guadalupe, Farida, Mercedes,
Dolores, Mónica, Delfina, Rafaela, Milagros, Felicia, Laura,Cecilia, Carme, Amelia,
Monserrat, Nikauris, Damiana, Johana, María Rosa, María del Rocio, Piedad, Cristina... e
outras máis que aparecían só as súas iniciais… De todas soubemos a súa historia e
démonos conta que moitas delas NUNCA DENUNCIARAN OS MALOS TRATOS.
Para rematar co traballo, Fátima deseñou o lazo no que aparecía o lema: DEBERÍAS
ESTAR CON NÓS.
Os alumnos e alumnas de 1ºESO puxémonos na pel dunha muller
mal tratada, fixemos fotos que amosaban esta violencia, pensamos
en lemas para berrar contra esta violencia: NON AO MALTRATO,
PAREMOS A VIOLENCIA DE XÉNERO, ELIMINEMOS A
VIOLENCIA!!!
4ºESO decidimos realizar vídeos que representasen esta violencia
para velos e comentalos.
Tratamos o tema “literariamente”
Sangue, dor,
inxustiza, maltrato,
recordos?
Non hai recordos.
Só a busca de razóns,
de verlle o sentido,
non ten sentido,
non ten razón, non ten xuízo...
A dor
mata a felicidade,
a morte
mata a vida.
Corazóns rotos,
conciencias intranquilas,
silencio das testemuñas,
dolorosos recordos.
Alejandro Cabarcos, 1ºBAC
Brutal obsesión,
sombrío illamento
triste final.
Daniela Barro, 1ºBAC
Neste silencio
patadas e patadas
caras marcadas.
David González, 1ºBAC
Golpes, patadas,
choros, dores, insultos,
vida perdida.
Francisco Prieto, 1ºBAC
Ollos vermellos,
berros entristecidos:
corazóns rotos.
Samuel Laguarda, 1ºBAC
Sente por dentro
a muller maltratada
o seu silencio.
Mauro López, 1ºBAC
Aflora a dor,
bágoas, pel morada,
ollos sen vida.
Andrea Fornos, 1ºBAC
PAZ + IGUALDADE = UN MUNDO MELLOR
Receitas para a igualdade
Primeira:
INGREDIENTES:
-1 gramiño de solidariedade -2kg de humildade
-1 chisco de preocupación polos demais. - 1 gramo de integración
-1 kg de cariño - 1000 e 1000 persoas que
colaboren
ELABORACIÓN
Mesturando estas cinco cousiñas cun chisco de azucre xa teremos igualdade no mundo
enteiro.
Mireya Cabarcos 2ºESO
Segunda:
INGREDIENTES:
Fariña, azucre, leite, auga, lévedo, e 1kg de paz.
ELABORACIÓN:
Primeiro mesturamos a auga coa fariña e removemos todo. Unha vez remexido botámoslle o
azucre e o leite e seguimos remexendo. Agregamos un pouco de lévedo, 1 kg de paz e
metémolo ao forno.
GRAO DE DIFICULTADE: non presenta ningunha.
Carla Barro Almeida, 2ºESO
Receitas para conseguir un mundo mellor:
Primeira
NOTA: o prato que presentamos hoxe é verdadeiramente difícil de cociñar, así que apuntade
ben as cantidades exactas e os ingredientes cos que imos traballar.
ELABORACIÓN: Engadimos 100 kg de amor ( se algún de vostedes mercou odio é mellor que
o devolva ou tire ao lixo porque nesta receita non ten cabida). Deseguido botamos igualdade,
toda a que queiramos, xa que é un dos compoñentes fundamentais deste prato. Despois disto
tócanos verter paz, sempre despois de lavala para evitar que a guerra non emporcalle o menú.
Finalmente, e por iso non menos importante, debemos engadir na pota na que estamos a
cociñar moita moita ledicia e sorrisos.
Só, e para rematar, queda comela para que estea no seu punto xusto e ¡¡¡ A COMPARTIR
MESA CON TODOS!
Mario Formoso David, 2ºESO
Segunda
INGREDIENTES: 1 quilogramo de comprensión, medio quilogramo de dozura e 3
quilogramos de amizade e igualdade. 2 quilogramos de ilusión e felicidade e unha pouquiña
paciencia.
ELABORACIÓN: Bótanse todos os ingredientes nunha cunca e mestúranse ben mesturados.
Cando remates mételo no forno a 250ºC durante 2 horas. Sácalo e esperas a que enfríe para
metelo na neveira. Haberá que esperar dúas semanas para que o prato calle e adquira un
sabor exquisito.
GRAO DE DIFICULTADE: se todos axudaramos sería todo máis fácil.
Patricia Bermúdez Purriños, 2ºESO
Receita para a amizade
Grao de dificultade: fácil
INGREDIENTES:
-500 g de fidelidade
-100g de amor
-1 kg de diversión
- un chisco de risos
- 200 g de confianza
ELABORACIÓN:
Mesturar a fidelidade coa confianza e cando estean totalmente mesturadas, engadir o
amor e a diversión. Coidar todo moi ben sen esquecerse de engadir risos.
O ALUMNADO DE 3º ESO E A PAZ
O mar azul xoga,O mar azul xoga,O mar azul xoga,O mar azul xoga,
as ondas suaves soñan.as ondas suaves soñan.as ondas suaves soñan.as ondas suaves soñan.
A branca escuA branca escuA branca escuA branca escuma ri,ma ri,ma ri,ma ri,
o ceo brillante canta,o ceo brillante canta,o ceo brillante canta,o ceo brillante canta,
o amor vermello ama,o amor vermello ama,o amor vermello ama,o amor vermello ama,
o sol claro escoita, eo sol claro escoita, eo sol claro escoita, eo sol claro escoita, e
a luz ea luz ea luz ea luz e a paza paza paza paz camiñan buscando a vida.camiñan buscando a vida.camiñan buscando a vida.camiñan buscando a vida.
Francisco José Corral
Camiña nun mar brillante e suaveCamiña nun mar brillante e suaveCamiña nun mar brillante e suaveCamiña nun mar brillante e suave
xogando nun ceo azul.xogando nun ceo azul.xogando nun ceo azul.xogando nun ceo azul.
Ama unha vida clara, cantadaAma unha vida clara, cantadaAma unha vida clara, cantadaAma unha vida clara, cantada
por unha branca luz.por unha branca luz.por unha branca luz.por unha branca luz.
Cando rinCando rinCando rinCando rin as ondas, a escumaas ondas, a escumaas ondas, a escumaas ondas, a escuma
soña coasoña coasoña coasoña coa pazpazpazpaz e co amore co amore co amore co amor
escoitando un vermello solescoitando un vermello solescoitando un vermello solescoitando un vermello sol.
Silvia Gómez Anca
Ondas suaves rían,Ondas suaves rían,Ondas suaves rían,Ondas suaves rían,
o mar azul xogaba coa vida,o mar azul xogaba coa vida,o mar azul xogaba coa vida,o mar azul xogaba coa vida,
o amor vermello soñaba con amaro amor vermello soñaba con amaro amor vermello soñaba con amaro amor vermello soñaba con amar
un sol brillante coma a luzun sol brillante coma a luzun sol brillante coma a luzun sol brillante coma a luz
mentres escoitabanmentres escoitabanmentres escoitabanmentres escoitaban a paza paza paza paz no claro ceo.no claro ceo.no claro ceo.no claro ceo.
A escuma brancaA escuma brancaA escuma brancaA escuma branca cantabacantabacantabacantaba
mentres camiñaba.mentres camiñaba.mentres camiñaba.mentres camiñaba.
A paz,A paz,A paz,A paz, no claro ceo escoitábaos.no claro ceo escoitábaos.no claro ceo escoitábaos.no claro ceo escoitábaos.
Alba Vázquez Fraga
O mar azul escoitaO mar azul escoitaO mar azul escoitaO mar azul escoita
as suaves ondas,as suaves ondas,as suaves ondas,as suaves ondas,
que xogan a amar a vida,que xogan a amar a vida,que xogan a amar a vida,que xogan a amar a vida,
mentres o brillante ceo cántallementres o brillante ceo cántallementres o brillante ceo cántallementres o brillante ceo cántalle
ao vermello sol, que camiña con luz eao vermello sol, que camiña con luz eao vermello sol, que camiña con luz eao vermello sol, que camiña con luz e
amor.amor.amor.amor.
Esa luz soña coa branca escuma eEsa luz soña coa branca escuma eEsa luz soña coa branca escuma eEsa luz soña coa branca escuma e
coa brancacoa brancacoa brancacoa branca paz.paz.paz.paz.
Diego Filgueiras Castrillón
O sol xogaba coa clara luzO sol xogaba coa clara luzO sol xogaba coa clara luzO sol xogaba coa clara luz
no brillante ceo azul.no brillante ceo azul.no brillante ceo azul.no brillante ceo azul.
As ondas do mar soñaban con amar.As ondas do mar soñaban con amar.As ondas do mar soñaban con amar.As ondas do mar soñaban con amar.
A escuma suave e branca escoitaba a vida.A escuma suave e branca escoitaba a vida.A escuma suave e branca escoitaba a vida.A escuma suave e branca escoitaba a vida.
A vermella vida camiñaba e ríaA vermella vida camiñaba e ríaA vermella vida camiñaba e ríaA vermella vida camiñaba e ría
porque a brancaporque a brancaporque a brancaporque a branca pazpazpazpaz cantaba.cantaba.cantaba.cantaba.
Sara Uceira Castro
As ondas do mar azulAs ondas do mar azulAs ondas do mar azulAs ondas do mar azul
xogan coa escuma branca.xogan coa escuma branca.xogan coa escuma branca.xogan coa escuma branca.
A luz suave do sol claro,A luz suave do sol claro,A luz suave do sol claro,A luz suave do sol claro,
soña con camiñar polo ceo.soña con camiñar polo ceo.soña con camiñar polo ceo.soña con camiñar polo ceo.
A vida soña coaA vida soña coaA vida soña coaA vida soña coa pazpazpazpaz
mentres os escoita rir.mentres os escoita rir.mentres os escoita rir.mentres os escoita rir.
A luz vermella do sol claro,A luz vermella do sol claro,A luz vermella do sol claro,A luz vermella do sol claro,
canta por riba do ceo.canta por riba do ceo.canta por riba do ceo.canta por riba do ceo.
Marcos García Carballeira
A escuma branca xoga cA escuma branca xoga cA escuma branca xoga cA escuma branca xoga coas ondas no maroas ondas no maroas ondas no maroas ondas no mar
azul,azul,azul,azul,
o ceo claro escóitaos rir mentres canta.o ceo claro escóitaos rir mentres canta.o ceo claro escóitaos rir mentres canta.o ceo claro escóitaos rir mentres canta.
A suave e brillante luz do Sol vermelloA suave e brillante luz do Sol vermelloA suave e brillante luz do Sol vermelloA suave e brillante luz do Sol vermello
Camiña soñando co amor,Camiña soñando co amor,Camiña soñando co amor,Camiña soñando co amor,
coacoacoacoa pazpazpazpaz............
Amando a vida.Amando a vida.Amando a vida.Amando a vida.
Uxía Pico García
As ondas do mar azulAs ondas do mar azulAs ondas do mar azulAs ondas do mar azul
soñan co brillante ceo,soñan co brillante ceo,soñan co brillante ceo,soñan co brillante ceo,
coa suave luz do sol ecoa suave luz do sol ecoa suave luz do sol ecoa suave luz do sol e
xogan a amar axogan a amar axogan a amar axogan a amar a vida,vida,vida,vida,
a escoitar a brancaa escoitar a brancaa escoitar a brancaa escoitar a branca pazpazpazpaz,,,,
a camiñar, rir e cantar ao amora camiñar, rir e cantar ao amora camiñar, rir e cantar ao amora camiñar, rir e cantar ao amor
coa escuma vermella brillando ao sol.coa escuma vermella brillando ao sol.coa escuma vermella brillando ao sol.coa escuma vermella brillando ao sol.
Daniel Corral López
O ceo azul escoitaba a brillante escuma noO ceo azul escoitaba a brillante escuma noO ceo azul escoitaba a brillante escuma noO ceo azul escoitaba a brillante escuma no
mar.mar.mar.mar.
A luz do sol vermello xogaba e cantaba.A luz do sol vermello xogaba e cantaba.A luz do sol vermello xogaba e cantaba.A luz do sol vermello xogaba e cantaba.
O amor claro e branco soñaba na vida coaO amor claro e branco soñaba na vida coaO amor claro e branco soñaba na vida coaO amor claro e branco soñaba na vida coa
pazpazpazpaz e co amor.e co amor.e co amor.e co amor.
O ceo camiñaba mentres a escuma do marO ceo camiñaba mentres a escuma do marO ceo camiñaba mentres a escuma do marO ceo camiñaba mentres a escuma do mar
o amaba.o amaba.o amaba.o amaba.
Yennifer Somoza Vilasuso
"TODO O PODER PARA OS SOVIETS"
O día 15 de Abril do 2011, o I.E.S. Castro da Uz, (o noso vamos), apareceu inundado dunha serie de
panfletos e pancartas. As máis grandes dicían “Todo o poder para os soviets”, pero ademais había outras
que pouca xente entendeu, e non é para menos, xa que algunhas estaban en ruso. A incertidume por
coñecer a que facían referencia estes cartaces xurdiu entre a comunidade escolar. ¿Que é isto dos
soviets? Foi a pregunta máis estendida esa mañá. A través deste artigo pretendemos dar resposta a esta
cuestión, (e a algunha máis).
A clase de Historia do Mundo Contemporáneo, por veces, pode ser tediosa, (e non dicimos sempre,
porque o profe vai ler isto e pódese enfadar). Todas esas revolucións, burguesas, industriais... todas esas
guerras e todos eses conceptos dos que ninguén escoitou falar, e que nunca poderemos empregar en
Hermo para ligar, por veces poden resultar áridos e aburridos. Así, aproveitando que Jacobo e Adrián
marchaban para Francia, ou o que é o mesmo, que faltaba o 33% da clase máis musculado (e non
falamos de Jacobo), decidimos afrontar o estudo da Revolución Rusa dunha maneira alternativa. Isto
permitiunos afrontar un tema especialmente denso dun modo máis dinámico e entretido.
Así, aproveitando que estabamos no mes de Abril, e as teses de Abril son un elemento fundamental da
Revolución Rusa e da historia do Mundo Contemporáneo, decidimos centrar o noso traballo na análise,
no estudo e na difusión das mesmas dentro do instituto. Xa se sabe que as penas (e o aburrimento), se
son compartidas lévanse mellor.
Deste modo, puxemos en marcha o noso plan, que tiña algo de investigación, bastante de reflexión, e
moito de gamberro (que foi o que máis lle gustou a Mauro). Ademais, tamén tiña uns
toques de artístico, de práctico e de clandestino, que nos permitiron divertirnos e
enriquecernos dende a perspectiva non só intelectual (esta última é outra desas palabras
que non deberiades de empregar en Hermo, xa postos tampouco no Pepe).
O primeiro e máis importante foi buscar as Teses de Abril, non só no extracto que aparecía
no noso libro, que, aproveitamos para dicilo, é un tocho dos gordos, senón nas fontes
orixinais. Neste caso, internet, e Google en concreto, xogaron un papel básico. Introducimos “Teses de
Abril” no buscador, e descubrimos que ante nós aparecían un montón de páxinas que facían referencia ó
tema. Agora tocaba facer o traballo máis difícil, sintetizar e plasmar graficamente a información que tiñamos diante.
Limos, debatemos, redactamos, borramos, volvemos redactar, volvemos debater, perdemos o redactado..., ata que ó
final chegamos a un acordo definitivo. A parte teórica estaba feita, só faltaba o mellor, levar o noso plan á práctica.
Que necesitamos para difundir “a nosa obra”? Non imos desvelalo aquí, é un segredo só reservado para
os artistas (Alex empeñouse en que éramos artistas, así, aínda que non temos moi claro onde está a nosa
arte, pois poñémolo igual), o que si debemos recoñecer é que foi máis difícil do que poda parecer, e
tivemos que molestar a máis de un e a máis de dous para conseguir todo o necesario.
Porén o máis difícil de todo foi gardar o segredo. O factor sorpresa era a cuestión clave do noso plan. Sen sorpresa,
todo o traballo realizado non tiña sentido. E non vos podedes imaxinar o difícil que é gardar un segredo neste instituto.
Así, cada vez que alguén entraba na aula e nos collía cas mans nas patacas (e xa sabedes que non hai nada como
estar cas mans nas patacas para que apareza alguén), dabámoslle dúas opcións, ou uníanse a nós ou tiñan que
empezar a cavar a súa tumba, non lles quedaba outra . E tendo en conta o vagos que son por aquí os nosos
compañeiros, todos decidiron unirse a nós, salvo Fran (3º ESO) que nin baixo a ameaza directa de Mauro... Así, máis
mal que ben, conseguimos manter o efecto sorpresa. Iso si, non sen ter provocado algunha situación de risa total, e
con “vaciles” incluídos ós de 2º de Bach., non vaia ser que se foran moi de guais (como se nota que xa non están no
instituto e agora mandamos nós).
En conclusión, foi unha actividade que mereceu a pena. Aprendemos, divertímonos, e ademais nos quedamos con
toda a peña. Así que xa sabedes que foi o que pasou. Todo o poder para os Soviets.
Alba, Adrián, Alejandro, Mauro, Iago e Jacobo de 1º de BACH.
ACCIDENTE NUCLEAR EN XAPÓN
Hoxe en día aínda a xente non se conciencia do perigosa que pode chegar a ser a enerxía
nuclear, das graves consecuencias que pode provocar un problema nunha central etc…
A enerxía nuclear considérase unha forma de obter enerxía rápida é barata, porén ten
numerosos puntos negativos. Un deles, a eliminación de residuos radioactivos xerados pola
produción, xa que son moi difíciles de poder desfacerse deles.Os produtos radioactivos tardan
millóns de anos en desaparecer
Ao longo da historia non son moitos os casos de crises nucleares ou de problemas orixinados
pola radiación…. Pero, o que é certo é que cando se produce un destes feitos as súas
consecuencias son devastadoras..
.
Certo é que ata fai poucos anos a xente aínda non sabía ben o perigosa que podía chegar a
ser a enerxía nuclear. O 26 de abril de 1986 en Chernobyl - Ucrania- produciuse un fallo no
sistema da central, o que provocou unha explosión e o escape de miles de toneladas de
radiación á atmosfera. Combater contra un inimigo invisible é moi complicado. A xente non se
podía defender de algo tan mortífero. Ademais tardouse un mes en coñecer a verdade en todo
o mundo. As autoridades quizais non se querían ver implicadas nun feito
coma este. As persoas que traballaron para poder controlar esta crise na
central morreron aos poucos meses, ao igual que outras que vivían preto.
Apareceron numerosos casos de cancro mutacións, enfermidades nunca
vistas etc… Chernobyl na actualidade é coñecida como a cidade
fantasma polo simple feito de que ninguén pode vivir alí polas altas
radiacións que hai no aire. ( Ocorrerá o mesmo en Xapón )
O 11 de marzo de 2011, Xapón padeceu –e segue padecendo- os efectos doutra crise nuclear
xerada polo terremoto, que afectou a rexión de Tohoku e rexistrou unha magnitude de 9,0 MW,
e polo posterior tsunami.
Xapón posúe 17 centrais nucleares con 55 reactores de múltiples modelos. 11 reactores pecharon a súa
actividade tras o terremoto. Destes 11, os situados na centrais de Fukushima I (con 6 reactores de vapor
de auga, unha tecnoloxía dos anos 70) e Fukushima II (da mesma tecnoloxía e con outros 4 reactores),
situados a uns 80 quilómetros do epicentro recibiron numerosos danos na súa estrutura. Na central
Fukushima I perderon o sistema de refrixeración de emerxencia do primeiro reactor e comezou a
fusionarse o núcleo (emitindo cesio), estoupando a cúpula exterior do reactor o sábado 12 de marzo de
2011 ás 6 da tarde. O goberno xaponés ordenou bombear auga de mar para evitar a fusión total do
núcleo. O fallo cualificouse pola Axencia internacional da Enerxia Atómica como de nivel 4. Existe un
perímetro de emerxencia de 20 quilómetros na central Fukushima I e outro de 10 quilómetros na central
Fukushima II. As consecuencias deste “accidente” nuclear, serán as mesmas ou peores que as padecidas
en Chernobil?
E nós somos os que agora nos preguntamos
¿ Porque non se tomaron as medidas necesarias de seguridade logo do ocorrido en
Chernobyl?
¿Alguén pensou en preguntarlle ao resto do mundo se estaba de acordo con este tipo de
enerxía?
Se todos sabemos que a enerxía nuclear pode causar danos irreparables, ¿ porque non se
cerran as centrais para poder evitar masacres coma estas?
Nós sabemos que hai outras alternativas.
Lara Cal Prieto Marcos Otero Pedre. 4º ESO
A NOSA BIBLIOTECA
Como todos os anos, seguimos informándovos das “novidades” da nosa biblioteca porque
somos nós quen a sacamos adiante.
A principios de curso decidimos comezar coa sinalización da biblioteca porque nos demos
conta que era o único lugar do centro que non aparecía anunciado por ningures. Comezamos o
traballo e, despois de moitas discusións polo deseño, cambios obrigados por cuestións
económicas.... chegamos a un acordo. Empregando as cores da CDU deseñamos un camiño
feito con cadradiños que partira de todas as aulas -respectando as cores que lle
correspondían- e chegase ata a biblioteca. Non vexades as contas que tivemos que facer para
contar os cadrados que había para cada cor...(¿Que pasaría pola mente de toda a comunidade
educativa cando saían das aulas e vían só cadradiños de cores nos corredores sen saber que
significaban???)
Logo houbo que pensar como converxían eses camiños nos
descansos e na entrada do centro. Chegounos a "iluminación",
coma sempre. ¡ Que mellor que aproveitar o noso ex-libris para
que, cun fondo de cores coñecidas, fose dando pistas!
Aí vai a mostra final.
Rematado este traballo comezamos o seguinte: pintar as estanterías da biblioteca para facilitar
a búsqueda dos libros e ir recordando a CDU. ¿Quen faría o traballo?? Si, os que estades
pensando, os de sempre. Levounos tempo –todo o curso-, tivemos que escoitar algúns
comentarios simpáticos dos que entraban ( “isto parece a bandeira do orgullo gay”, e claro
está, nós explicabámoslles), pero ao final ben contentiños que estamos porque fixádevos como
quedou.
O alumnado de 4ºESO matriculado en plástica,
moitos tamén membros do club de lectura,
démoslle o aspecto que nos gustaba á nosa
biblioteca.
Un ano máis, a biblioteca convocou o 5º concurso de caligramas para todos os centros de
Galicia, e nós, claro está, participamos todos os anos sabendo que iamos ver como o premio
marchaba lonxe do noso centro. En fin...
O xurado que elixiu os gañadores foi: Celia, Rosa Alba, Ana e Alba Losada. E MENUDA
SORPRESA QUE NOS LEVAMOS...
Un descanso ben merecido.
SECUNDARIASECUNDARIASECUNDARIASECUNDARIA PPPPRIMARIARIMARIARIMARIARIMARIA
.
FINALISTAS DE SECUNDARIA
FINALISTAS DE PRIMARIA
¡¡¡ POR FIN, O CASTRO DA UZ conseguiu o primeiro premio de secundaria!!! Lucía Calvo
gozará dunha fin de semana nunha casa de turismo rural acompañada por dúas persoas máis
¿a quen levará???
Lucía, Natalia, Lara, Alba, Candela, Paula, Cristina, Andrea, Manuel, Francisco, Sergio, 4ºESO
----Primeiro Premio:Primeiro Premio:Primeiro Premio:Primeiro Premio: Lucía Calvo FigueiraLucía Calvo FigueiraLucía Calvo FigueiraLucía Calvo Figueira (baixo o
pseudónimo de Caramelo), alumna do IES Castro da
uz, As Pontes. A Coruña.
Primeiro Premio:Primeiro Premio:Primeiro Premio:Primeiro Premio: Rocío López JuanesRocío López JuanesRocío López JuanesRocío López Juanes (baixo o
pseudónimo de A Pedrafiteña), alumna do CPI
Uxío Novoneira, Pedrafita do Cebreiro, Lugo.
Fátima García
“Nina Mifa”
IES CASTRO DA UZ
Jorge Pérez
“ Gejor”
IES VIRXE DO MAR
Sergio Lema
“Busquets”
IES AGRA DAS RAÍCES
Natalia Fraga
“Piruleta”
IES CASTRO DA UZ
Miriam Catoira
“ O Principiño”
CPI PROGRESO
Andrea Valle
“Nevado”
CPI UXÍO NOVONEIRA
ARGALLEIROS DAS LETRAS II
Un día na reunión do club de lectura xurdiu unha pregunta. Se tiverades que
salvar un libro, ¿cal salvariades? Non foi fácil a resposta, pero hóuboas.
SALVO :
La flor del Tamarindo, Luísa Villar Liébana porque me ensinou que só as persoas con
verdadeiro corazón poden pedir desexos; que nós nos queixamos de ir á escola mentres que
os nenos e nenas do terceiro mundo queren ir á escola. (Natalia Fraga)
Persépolis, Marjane Satrapi. Porque, ademais de ser moi interesante, nos ensina parte da
historia e da situación da muller.
Como facer un cómic, Lewis Trondheim & Sergio García. Porque así se farían máis cómics e
poderíanse ler moitísimos máis libros, non só un.
Estudio en escarlata, Arthur Conan Doyle. Porque ten moitos misterios e ata podes intentar
descubrir ti mesmo o autor do crime.
La biblia, porque nos explica a nosa creación e, en tempos de incultos é unha boa arma.
(Daniel)
El diario rojo de Carlota, Gemma Lienas. Porque aclara moitas dúbidas sobre a adolescencia.
(Sara)
Diario de Greg 4, Kinney Jeff. Porque me encanta é moi gracioso e, menos o cinco, lin toda a
colección.
Come, reza y ama, Elizabeth Gilbert. Porque trata dun matrimonio que se divorcia, pero aínda
así, cada un fai unha nova familia e volve ser moi feliz porque se encontran a si mesmos.
(Jennifer)
Death Note 13, Takeshi Obata, Tsugumi Ohba. Porque dá toda a información que ocorre na
saga completa e revela o verdadeiro nome dun detective do que ninguén sabe o seu nome.
Tamén di como estivo a piques de ser o primeiro libro da colección e a información dos
personaxes. (Brais)
Brisingr, Christopher Paolini. É o terceiro libro da colección. Paréceme un libro moi
interesante, fantástico, de aventuras e misterio, con romances e amor no que aparecen
dragóns, elfos, ananos e moitas outras criaturas. (Ana)
O inferno de Marta, Alepont, Pasqual. Porque foi un dos poucos libros que me chegou ao
fondo e me engatusou con dúas escenas que me meteron nel. ( Miriam P.)
¿Que me queres amor?, Rivas, Manuel. Porque me gustou e é dun autor galego.(Daniel)
Aire negro, Agustín Fdz. Paz. Faime recordar cando ía en 2ªESO e téñolle un cariño especial
(Sabela)
Cando petan na porta pola noite, Xabier P. Docampo. Gustoume moito, en especial o relato
da vella que cae no forno.(Ismael)
Sherlock Holmes ,Arthur Conan Doyle. Salvaría calquera dos libros deste personaxe porque
me gustan as novelas policíacas. ( Francisco)
Anxos en tempos de chuvia, Vázquez Freire, Manuel. Porque é un libro moi bonito e ten
fragmentos que encerran pensamentos e ensinanzas para a vida. (Miriam M.)
O único que queda é o amor, Agustín Fdz. Paz. É un libro que me fai reflexionar e pensar
moito.(Cristina)
Palabras de caramelo, Gonzalo Moure. Porque é un claro exemplo de amizade. (Alba)
A expedición ao Pacífico, Marilar Aleixandre. Porque conta como é a vida nun barco. (Dario)
Arrugas, Roca, Paco. Porque me puxo os pelos de punta, é precioso e amosa moi ben a
realidade.(Paula e Janira)
Robinson Crusoe, Daniel Defoe. Porque é un libro de aventuras que ten acción e trata da
soidade. ( Alejandro)
Cartas de inverno, Agustín Fdz. Paz. Porque foi un dos mellores libros que lin na miña vida e
conta unha historia preciosa e é un libro que lle pode gustar a todo o mundo.
Bolboretas, Xabier P. Docampo e Xosé Cobas. Polas súas preciosas imaxes e pola súa
sinxela letra.(Natalia)
Emigrantes, Shau Tan. Salvaría este libro para que ninguén nunca esquecese o que sufriron
as persoas na emigración. Para que sempre recorden ese pasado. (Lara). É real e ensina
moitas cousas que te axudan a reflexionar.( Marcos)
Memorias dun neno labrego, Neira Vilas, X. Porque é un libro moi bonito e que reflicte o
pasado de Galicia. (Manuel)
ENTREVISTA REALIZADA POR ÁLVARO RODRÍGUEZ, 1ºESO
Póñase cómodo Constantino.Póñase cómodo Constantino.Póñase cómodo Constantino.Póñase cómodo Constantino.
Comecemos coas preguntas.Comecemos coas preguntas.Comecemos coas preguntas.Comecemos coas preguntas.
-Cando foi a primeira vez que liches un libro?Cando foi a primeira vez que liches un libro?Cando foi a primeira vez que liches un libro?Cando foi a primeira vez que liches un libro?
Lembras o título?Lembras o título?Lembras o título?Lembras o título?
-O primeiro libro que lin sen contar contos e libros de
aventuras foi Sinuhé o exipcio aos doce anos. Non
lembro o prezo porque mo comprou o meu pai.
-Que les habitualmente?Que les habitualmente?Que les habitualmente?Que les habitualmente?
-Novelas, poesía e ensaio.
-Onde les habitualmente? A que? Por que?Onde les habitualmente? A que? Por que?Onde les habitualmente? A que? Por que?Onde les habitualmente? A que? Por que?
-Normalmente leo na cama nunha franxa horaria entre as dez e as doce,
porque nesa hora estou tranquilamente, cómodo e estou concentrado.
-Que temática é a que máis che gusta?Que temática é a que máis che gusta?Que temática é a que máis che gusta?Que temática é a que máis che gusta?
-Recentemente púxenme a ler libros de historia e agora gústame moito.
-En que lingua les habitualmente?En que lingua les habitualmente?En que lingua les habitualmente?En que lingua les habitualmente?
En galego e en castelán.
-Cantos libros liches o ano pasado?Cantos libros liches o ano pasado?Cantos libros liches o ano pasado?Cantos libros liches o ano pasado? Poderíasnos dicir cales?Poderíasnos dicir cales?Poderíasnos dicir cales?Poderíasnos dicir cales?
-Seis ou sete, un era da historia de España, outro de historia de Galicia,
outro de historia medieval e algunha novela.
-Cal foi o último libro que liches?Cal foi o último libro que liches?Cal foi o último libro que liches?Cal foi o último libro que liches?
Non recordo moi ben, pero o último libro que lin posiblemente fora o da
historia de España.
-Como leva a túa familia que sexasComo leva a túa familia que sexasComo leva a túa familia que sexasComo leva a túa familia que sexas un granun granun granun granpésimo lector?pésimo lector?pésimo lector?pésimo lector?
Eu son un gran lector e creo que a miña familia lévao ben.
-Que libro lle recomendarías a toda clase de lector?Que libro lle recomendarías a toda clase de lector?Que libro lle recomendarías a toda clase de lector?Que libro lle recomendarías a toda clase de lector?
É difícil escoller só un libro pero creo que eu lles recomendaría Merlín e
familia do célebre Álvaro Cunqueiro.
-Que autores en lingua galega (actuais) coñeces?Que autores en lingua galega (actuais) coñeces?Que autores en lingua galega (actuais) coñeces?Que autores en lingua galega (actuais) coñeces?
-Méndez Ferrín, Manuel Rivas, Xavier Alcalá.
-Que libro non liches pero che gustaría ler?Que libro non liches pero che gustaría ler?Que libro non liches pero che gustaría ler?Que libro non liches pero che gustaría ler?
-O Ulises de James Joice.
-E aquí remata a nosa entrevista ata outro verE aquí remata a nosa entrevista ata outro verE aquí remata a nosa entrevista ata outro verE aquí remata a nosa entrevista ata outro ver e só unha pregunta máis.e só unha pregunta máis.e só unha pregunta máis.e só unha pregunta máis.
----Gustaríache volver a outra entrevisGustaríache volver a outra entrevisGustaríache volver a outra entrevisGustaríache volver a outra entrevistttta?a?a?a?
-Non habería ningún problema.
AXENDA CULTURAL
LECTURA
Título: Ana Frank, la biografía gráfica
Autor: Sid Jacobson
Ilustrador: Ernie Colón
Editorial: Norma
Colaboración: a casa de Ana Frank
Este libro cóntanos o que foi a vida de Ana e da súa familia antes e despois
de recibir o seu diario.
No libro revélanse pensamentos de todos os membros da familia; como se
coñecen os seus pais, a morte da súa avoa, as constantes mudanzas, etc.
Tamén se contan cousas sobre como comezou o partido nazi, cando
chegou á cima, as primeiras normas que ditaron , como fuxiron os xudeus (a
maioría marcharon para Os Estados Unidos).
Recomendo este libro a todos os que xa leron o Diario de Ana Frank,
porque revela moitas máis cousas sobre a súa vida social, e non tanto sobre os seus
pensamentos e soños.
PELÍCULA
Dirección: Clint Eastwood
Produción: Clint Eastwood
Hill Gerber
Robert Lorenz
Guión: Nick Schenk
Música: Kyle Eastwood
Michael Stevens
Fotografía: Tom Stern
Montaxe: Joel Cox
Gary. D. Roach
Reparto: Bee Vang
Clint Eastwood
Walt Kowalski( Clint Eastwood) é un xubilado polaco-americano que vive nun
barrio pouco seguro; despois do falecemento da súa muller decide tomarse
unha vida moi relaxada coa súa cadela Daisy en Míchigan. Á hora de actuar a súa dureza vese
resaltada porque é un veterano de Corea.Na película terá que volver ao seu pasado e cambiar
o xeito de ver a vida.
MÚSICA
Slipknot é unha banda estadounidense de metal alternativo,
formada en Des Moines, Iowa. Os seus integrantes son Chris
Fehn, Corey Taylor, Craig Jones, James Root, Joey Jordison,
Mick Thomson, Shawn Crahan, Sid Wilson y Paul Gray (falecido
en 2010), ocupando o seu lugar Donnie Steele.
O album Slipknot foi lanzado en 1999. Contén algunhas das
cancións máis coñecidas do grupo “Wait and bleed”,“Spit it out”.
Gañou o dobre platino no ano 2005.
Sara Uceira, Jenniefer Somoza, Francisco Corral, 3ºESO
O DÍA DO LIBRO
Como todos os anos, os membros do club de lectura, fixeron unha
excursión para conmemorar este día, xunto cos seus compañeiros do
CPI Castro Baxoi de Miño,este ano, o 28 e 29 de abril, visitaron a cidade
de Ourense.
Segundo chegamos a Ourense, o primeiro que fixemos foi gozar das augas termais de Outariz.
Deseguido tivémonos que ir, xa que nos estaba esperando unha guía para mostrarnos os
encantos desta cidade ( As Burgas, a Catedral, a Praza Maior, a rúa dos viños…).
Despois da visita polo centro da cidade, ceamos na Universidade Laboral e “durminos” no
pavillón.
Á mañá do 29, fomos agraciados co recibimento do alcalde e da concelleira de Participación
Cidadá. Eles foron os que nos facilitaron a nosa estancia en Ourense.
Finalizada a recepción, chegou o momento que todos esperabamos, a lectura do libro O
principiño que lemos en varios idiomas: francés, portugués, galego e castelán. Logo cada un
escolleu a palabra que quixo do segmento que lera e formamos un precioso poema.
Achegamos as palabras elixidas e o poema.
As palabras elixidas para a composición do poema foron:
Alba L.: Floresta Virgem ( Selva Virxe), Pablo: Estrelas,
Sabela: Désert ( deserto), Alejandro: Mystère Misterio, Silvia:
Pequena, Dani: Rosas, Álex: Príncipe, Alba Pr.: Baobab,
Silvia: Tierra, Andrea: Suavidad, Marcos: Crepúsculo, Lucía:
Inxenuas, Uxía: Noite, Iago: Cores, Ángela: Erupción, Irene:
Dozura, Carla: Vermello, Alba V.: Sol, Candela: Mar, Paula:
Sabio, Tino: Vanidoso, Elena: Admirar, Aldara: Olvidar,
Helena: Doradas, Nerea: Illa, Claudia: Divertido, Cris:
Extraordinarias, Andrea: Noites, Tamara: Alancadas, Juan:
Océanos, Raquel: Libros, Adrián: Xeógrafo, Diego: Borracho,
Óscar: Grandioso, Tamara B.: Lúa, Patricia: Débil, Cristian: Rochas, Alba: Camiño, Andrea P.:
Raposo, Yurena: Planeta, Árancha: Tiempo, Paula: Lonxe, Álvaro: Comprenderás, Adrián:
Secreto, Lucia: Présa, Carmen: Viaxeiros,Natalia: Fuente.
Nun libro sobre a Selva Virxe
fálase de miles de estrelas
dun esquecido deserto
onde habita un antigo misterio.
Alí, unha pequena e máxica fada,
ferida por espiñas de rosas,
agarda a chegada dun príncipe
sentada á sombra dun baobab.
La tierra en que vivía
representaba la suavidad eterna
e durante o crepúsculo,
as inxenuas estrelas
desaparecían co fin da noite.
Con multitude de cores
unha erupción se mostraba,
con moita dozura ao amencer,
e a cor vermella asomaba.
A insoportable queimazón do Sol
arelaba o extenso mar,
un mar sabio, profundo e perigoso
que sólo un vanidoso héroe podría surcar.
Só a el deberiamos admirar.
Pero...es preciso no olvidar el misterio del desierto
de dunas de arenas doradas,
nin a esquecida illa rodeada de arrecifes de coral.
Fantasías divertidas,
e aventuras extraordinarias,
noites claras
que o príncipe devecía por percorrer a alancadas
que o mergullasen en brillantes océanos venturosos.
Todos estes misterios non se poden ler nos libros,
nin desvelar naqueles mapas debuxados por xeográfos,
borrachos de paisaxes,
que sucumben a grandiosos e infinitos ceos de zafiro
escurecidos pola lúa de prata.
A xa débil fada, cansa de esperar,
camiña por rochas perigosas,
labrando un camiño firme e seguro,
sendo astuta coma un raposo.
Na súa longa viaxe atopou un planeta
en el que el tiempo no pasaba
lonxe da sombra do baobab.
E alí, nese planeta... comprenderás
que hay un secreto y un misterio siempre presentes...
ata que ...camiñando de présa,
agochado entre os viaxeiros,
llegue el príncipe a la fuente del árbol de paraíso!
Esperamos que vos gustase o poema e a ilustración que están facendo Lucía, Alba e Andrea
de 4ºESO.
Lucía e Carmen, 1ºESO
ARGALLEIROS DAS LETRAS I, II
O club de lectura volveu co principio de curso. Os antigos
compoñentes sorprendémonos cando vimos que eran moitos os que
acudían este ano... Todo era un caos, e houbo que poñer orde.
Decidimos facer dous clubs, un para cómics e outro para “as
lecturas normais”.
Nas primeiras reunións decidimos que había que ter un logo que nos identificase –tamén o
tiñan os de radio Ras- e comezamos. Como moitos de nós somos de 4ºESO e imos a plástica,
puxémonos ao traballo. Aí tedes os logos que concursaron e o gañador, realizado por Natalia
Martínez.
.
Imos explicarvos o que simboliza: emprega a bolboreta -ex-libris da biblioteca- e
recorda o camiño que conduce dende todas as aulas, dende todos os puntos do
centro á biblioteca, lugar onde nos reunimos todos os martes e venres os
argalleiros das letras.
Comezamos as reunións para elixir os libros que leriamos ao longo do curso.
Argalleiros das letras I:Moccia, Federico: Tres metros sobre el cielo; Núñez
Singala, Manuel: Menú de enganos; Roca, Paco: Arrugas; Martín Acero, Begoña:
Termodonte e outros contos; Jaureguizar: Corazón de chocolate; Negro, Carlos:
Makinaria; Sierra i Fabra, Jordi: Nun lugar chamado guerra
Argalleiros das letras II: Fortes, Antón: Fume; Digilio, David: Vento do norte; Roca, Paco:
Arrugas; Satrapi, Marjane: Persépolis; Altarriba, Antonio: El arte de volar; Rubín, David: Onde
ninguén pode chegar; Gallego, Laura: Memorias de Idhún; Ríos, Emma e Nelson, Alán; Hexed.
Como somos uns alumnos con moitas ocupacións, algúns días esqueciamos asisitir ou tiñamos
exame, ou tocaba ponte, ou saída cultural e non chegou o tempo para nada.
Só puidemos ler e comentar: Tres metros sobre el cielo, Termodonte, Arrugas, Makinaria e
comezamos con Nun mundo chamado guerra. No outro club leron: Fume, Vento do norte,
Arrugas, Persépolis, Onde ninguén pode chegar...
Todo moi bonito, pero os argalleiros e argalleiras estamos en todo: pintar, podar, deseñar,
colocar, presentar, LER... e, tamén temos exames, claro está. Por iso os títulos que eliximos
nun principio tiveron que adaptarse ás nosas necesidades.. Iso si, de todos os que lemos
tivemos un recordo satisfactorio: comentamos, discutimos... e pensamos en facer un “maratón
de cine” con pelis que trataran os temas que leramos nos libros, que aínda non fixemos, por
certo.
Recomendámosvos as nosas lecturas para que gocedes deste tempo de lecer e se queredes
ter algunha idea de por onde van...non esquezades entrar no noso blog e no noso foro –aínda
que non estean todas as opinións- para asesorarvos un pouco...
Lucia e Sabela, 4ºESO
DÍA DAS LETRAS GALEGAS
Realizamos unha exposición no centro do cómic que Pinto e Chinto
fixeran sobre a historia deste día e dos autores e autoras
homenaxeados. Como faltaban algunhas caricaturas... atrevémonos
a realizalas nós.
O NOSO BLOG DEDICADO A LOIS
Neste curso 2010-2011 nós, os alumnos de 1º de Bacharelato, vímonos metidos nun proxecto
(idea da nosa profesora Chelo) destinado a homenaxear a figura de Lois Pereiro, poeta ao que
se lle dedican este ano as Letras Galegas. Este traballo, o cal levounos practicamente todo o
curso (TODO o curso), conseguiu levar á desesperación á nosa profesora, ata o punto de
chegar a pensar que nunca podería saír á luz.
A pesar de todo, pouco a pouco cada un de nós fomos facendo o que nos correspondía: uns
dedicáronse a analizar a obra de Lois, outros á súa biografía; algúns buscaron información
sobre os grupos de música que lle gustaba, os demais, sobre o cine. Pasamos moitos días na
biblioteca, só buscando información (feito que enfurecía máis a Chelo), o proxecto non
avanzaba, cada día aparecían novas ideas e o traballo ía acumulándose cada vez máis.
Mentres, o blog cobraba vida na rede. Foron moitos os intentos ata chegar a un deseño
adecuado para Lois, unha vía de tren. Fomos aprendendo como era o poeta, realizamos
algunha que outra posta en común na clase; parecía que por fin empezabamos a coller
carrerilla e que o noso blog empezaba a crecer.
Comezamos a facer entradas, escribímoslle unha carta a Lois, buscamos imaxes, Chelo cada
vez toleaba máis e máis, repetimos as entradas, lemos os seus poemas, vimos vídeos en
Internet, volvemos repetir as entradas, e repetímolas, e repetímolas…
Pouco a pouco o monte de traballo ía diminuíndo, quitándonos un gran peso de enriba e o noso
blog enchíase cada vez máis.
Unha vez “finalizado” o blog, fomos a Monforte, vila na que naceu o poeta. Alí colaboramos na
elaboración dun graffiti para Lois (o cal podemos ver no inicio de blog), coa axuda de Manuel
Grueiro e Rubén Moledo, e vimos os lugares polos que andou Lois. Xogamos a un pasapalabra
para demostrar todo o que aprendemos, o cal tamén se atopa no blog e teredes aquí.
Despois de todo o tempo invertido no proxecto, por fin podemos dicir (e ademais con voz firme)
que nos sentimos orgullosos do noso traballo e que desexamos que o visitedes e o disfrutedes.
Podedes atopalo na seguinte dirección: http://lpereiro.blogspot.com
Moitas grazas pola vosa atención, ¡xa nos diredes que vos parece!
Agora van unhas imaxes que apoian estas palabras.
(noticia que saíu en La Voz de Galicia sobre a actividade e testemuñas do recordo
que deixamos en Monforte)
Nestas mesmas escaleiras sentaron os homes das Irmandades da
fala alá polo 1922.
No “pasapalabra de Lois” houbo un grupo gañador “con moita
claridade” que aínda está esperando a súa recompensa...
Agora poñémosvos a proba, retándovos a que contestedes as
seguintes preguntas.
Estades preparados???
A:
Comeza por A...
Título dun poema incluído en Poesía última de Amor e Enfermidade no que lemos a palabra
SIDA.
B:
Comeza por B...
Título da película rodada por David Lean en 1945 á que fai referencia o poeta nun dos seus
poemas de Poesía Última de Amor e Enfermidade. Tamén vale que acheguedes o título do
poema.
C:
Comeza por C...
Árbore celta que rexeu a vida do poeta.
D:
Comeza por D...
Nestas coleccións apareceron moitos dos poemas do autor.
E:
O seu nome e apelido conteñen a letra E...
Compositor da banda sonora da película Philadelphia, apodado como “o xefe”.
F:
Comeza por F...
Apelido do autor a quen Lois Pereiro lle dedica un poema no que aparecen os seguinte versos
“Terra e máis terra brava/ brava mais maina e cruel...”
G:
Comeza por G...
Aldea lucense intimamente relacionada co poeta.
H:
Comeza por H...
Apelido do poeta alemán do s.XVIII a quen cita Lois Pereiro antes de comezar o poema “A
través do colchón”, incluído en Poesía última de amor e enfermidade
I:
Comeza por I
Título do poema incluído en Poemas 1981- 1991 que recorda á máquina de ruídos que creou
Luigi Russolo.
L:
Comeza por L...
Paxaro amigo do ar libre e das paisaxes montesías que canta na gloria das mañás.
M:
Comeza por M...
No poema “Amor e sangue en Chiapas” o poeta fai referencia ao líder da revolución. ¿Cal é o
seu nome?
N:
Comeza por N...
Poema de Lois Pereiro musicado por Radio Océano que foi o que máis sona lles deu.
Ñ:
Comeza por Ñ.
Sabendo a forma de ser que caracterizaba a Lois Pereiro. O QUE NUNCA FOI, COMO NUNCA
SE AMOSOU o poeta.
O:
Comeza por O
Creador da bomba atómica a quen Lois Pereiro recorda cunha das súas citas “Eu son a
morte..”
P:
Comeza por P...
Movemento musical nacido en Londres a mediados dos setenta como protesta ante as
condutas e comportamentos convencionais. Os seguidores caracterizábanse por levar unha
indumentaria antiestética e enfrontarse á vida violentamente.
Q:
Comeza por Q...
Neste distrito de New York naceron Los Ramones, banda musical que lle gustaba ao poeta.
R:
Comeza por R...
Apelido do escritor e amigo de Lois que, en Madrid, e xunto con outros, sacaron a luz a revista
Loia.
S:
Dúas palabras que forman o título levan S...
Única novela escrita por Lois Pereiro.
T:
Contén o T...
O poema “Mitoloxía” de Poemas 1981-1991 fai referencia á deusa mesopotámica
do amor e dos praceres carnais... ¿Cal é o seu nome?
U:
Comeza por U...
¿Que forma ten o único caligrama realizado por Lois Pereiro que se inclúe en Poesía última de
amor e enfermidade?
V:
Comeza por V...
Apelido do poeta ourensán que nomea na cita que introduce o poema “ debilidadedebilidade
pola luz do anxo caído” de poesía última de amor e enfermidade
X:
Contén o X...
Carreira que comezou a estudar Lois Pereiro e abandonou porque non satisfacía as súas
demandas.
Z:
Contén o Z...
Título da revista na que se publicaron os primeiros poemas e a novela de Lois Pereiro.
Para coñecer as respostas, por se vos fan falta, podedes consultalas no noso blog.
Daniela Barro Trastoy, 1º de Bacharelato.
COMPARTIMOS AS NOSAS CREACIÓNS
A VIDA DUNHA CHINCHETA
Unha chincheta é un obxecto parecido a un cravo pequeno con cabeza moi chata. As
chinchetas están sendo moi menosprezadas pero as súas accións, como suxeitar o recordo
dun ser querido, pode chegar ós nosos corazóns.
É o exemplo das dúas chinchetas que hai na miña habitación. Elas aguantan a camisa do meu
curmán Andrés. El era o mellor, era como se fose eu mesmo, como se fósemos a mesma
persoa no interior aínda que el tivese 19 anos e eu 11. Gustábame moito ir visitalo, vivía en
Pontevedra, baixo o piso dos meus avós.
Sempre que chegaba eu, el facía o mesmo. Entrabamos no portal e el xa estaba nas escaleiras
esperándome e se non estaba, xa ía eu rápido saudar os meus avós e logo subía ao piso de
Andrés. Alí pasaba eu todo o día, con el, xogando ó ordenador os dous ou xogando ó noso
videoxogo favorito. Cando eu tiña problemas con algunha fase xa ía el axudarme ata que
conseguía pasala. Aínda que se tirase horas sempre me axudaba a rematar a partida, nunca
fallaba!
Grazas a el agora amo os videoxogos; parece incrible que un ser querido poida darlle a volta á
túa vida, pero o que sucedeu foi peor ¡foi unha volta criminal! Todo o que eu sei sobre os xogos
e demais é grazas a el, ó meu curmán Andrés, co que tanto tiña en común e que perdeu a vida
o xoves vinte e nove de abril ó volver de Santiago onde cursaba os seus estudos de Enxeñería
Informática.
E agora o seu recordo estará presente sempre no meu cuarto grazas á acción destas
dúas chinchetas, algo que nunca pensara ata agora.
Adrián Ramos González, 1º ESO B
A ILLA MÁXICA
Nate River era un neno cando descubriu unha pequena illa ó sur do océano Pacífico. Near era
como lle chamaban os seus pais, eles eran exploradores e a Near sempre lle gustou ese
traballo. El sempre ía cos seus pais a todas as viaxes que facían, sempre que non houbese
clase, claro. Nate sempre foi un pouco marxinado por parte dos seus compañeiros porque o
vían como un bicho raro pero a el non lle importaba.
O 29 de decembro foi a unha exploración no océano Índico pero o barco naufragou. Os pais
morreron, pero Nate sobreviviu e despois de tres semanas á deriva polo mar chegou a unhas
terras descoñecidas. Pasados tres días viu unha pequena criatura duns 83 centímetros de alto
coa que se empezou a relacionar. Esta levouno coa súa tribo que eran igual de baixos e que se
comunicaban só a partir de sons coa boca e coas mans pero a única palabra que dicían era
“crosnar” , así que Nate decidiu chamalos así : Crosnars. Esa mesma noite , Nate durmiu con
eles e a medianoite todos eles se levantaron das follas nas que durmían e foron, en fila de un,
ata o alto do volcán da illa. O volcán parecía inactivo pero en canto os Crosnars se colleron
das mans ó redor do cráter empezou a botar unha especie de fume azul que brillaba moito,
pero Nate viu que ese fume era producido por unhas sementes da árbore nai da illa. Estas
sementes eran como medusas e colleron a Nate cos seus finos e delicados tentáculos ata
levalo ó interior do volcán. Nate intentaba liberarse pero foi inútil. Cando atravesou a ardente
lava as sementes cubrírono totalmente e levárono ata unha cova do interior do volcán. Alí
había un Shinigami. Este era un deus da illa pero medía tres metros e estaba sentado nunha
cadeira de ouro macizo. Púxolle a man sobre a cabeza e empezou a emitir sons e nese
momento aparece un fogonazo de luz e Nate apareceu convertido nun Crosnar máis. Non
botou de menos a súa vida pasada, aprendeu a falar co ma eles e os seus costumes. Quería
formar parte xa desa nova comunidade.
Juan Vérez Escudero,1º ESO B
CADERNO DE VIDEOTÁCORA
11-4-11
Si, son Mario. O outro día non escribín eu porque algún rapaz nos roubou as mochilas
mentres descansabamos. Despois atopámolas baixo unha árbore. Ademais, hoxe, como é data
capicúa, todo o pobo está de festa. Non atopamos a nosa nave por ningunha parte por mor da
xente que se acumula en todos os lugares. Seguiremos buscando.
12-4-11
Ola, diario de Mario! son eu, Luigi, o compañeiro de Mario. Secuestrárono hai unhas
horas e estou moi preocupado. Se non o atopo cando o reloxo dea as dúas, terei que seguir a
aventura eu só. Se isto pasa (espero que non), este diario pertencerame a min. Confío en que
Mario volva.
13-4-11
Desgraciadamente, si, son Luigi de novo. Onte non atopei a Mario, así que supoño que
seguirei a aventura sen compaña. Agora non atino a facer nada ben porque sen Mario síntome
só. Estou triste e asustado. Sei que debo ser un heroe para salvar ao noso país, pero sen nave
e sen Mario, a miña vida carece de sentido. Creo.
14-4-11
Por fin atopei a nave! Agora poderei saír deste pobo e dirixirme a Sapentia, o noso
país, para recibir novas instrucións. Pero tamén terei que dicirlles que Mario está secuestrado.
No camiño de volta a Sapentia cavilarei sobre quen pode ser o secuestrador do meu querido
compañeiro. Espero sacar algo en limpo, porque teño a cabeza moi revolta.
15-4-11
Hoxe cheguei a Sapentia de madrugada. Xusto cando aterrei, comunicáronme que no
palacio había unha cama quentiña esperándome. Tamén me preguntaron por Mario, e
respondinlles que llo contaría todo ao día seguinte pola mañá.
16-4-11
Creo que me levan con Mario. Refírome a uns homes vestidos con gabardina que me
levan ao pobo no que Mario e eu estivemos hai uns días. Temo que tamén secuestraron a
Mario e que teñan a intención de matarnos xuntos. Creo que así é, porque uns gardas veñen a
sacarme o caderno.
Adeus…
Lucía Dapena Barba,1ºESOA
MEDO
Vai moito frío.Unha rúa ás escuras chea de calexas das que, por mor da escuridade, non se ve
o final. E eu no comezo da rúa só, con apenas uns segundos para decidir onde me podo
esconder; ou simplemente por onde podo fuxir e correr con todas as miñas forzas.
Xa me atoparon; volveron dar comigo. Xa noto as súas pisadas preto das miñas costas. Teño
que escapar. Non quero que me dean outra tunda...
Sempre me fan o mesmo. Só me buscan para pegarme e rirse de min; ou humillarme diante
doutras persoas. Só o fan por diversión. Son desprezables. Non entendo porque me chaman a
min desprezable, se eu non lles fixen nada. Só polo feito de que unha persoa cambie o seu
país de residencia non se transforma nun ninguén desprezable.
Pero non teño tempo de pensar. Só podo correr. Unhas columnas, moi ben, pódenme servir. Aí
non me verán. Agáchome apertándome moi forte contra a parede. Só teño que esperar a que
se afasten. E as pisadas vanse facendo cada vez máis imperceptibles.
Asómome despois de esperar uns segundos. Non vexo movemento. Saio cara a fóra e boto
unha visual. Ninguén. Perfecto. Conseguín despistalos.
De súpeto, escoito crepitar unha póla nas miñas costas. Penso en botar a correr, pero é
demasiado tarde. Vírome de golpe para ver quen hai detrás; pero o único que vexo é unha
sombra e un pau enorme. Despois nada máis. Só escuridade e frío.
Lucía Calvo Figueira, 4ºESO
UNS MINUTOS DE FELICIDADE
.
-Firas, Firas!
É miña irmá, facía moitísimo tempo que non a vía.
Era hora de erguerse e botamos unha carreira ata a cociña.
Alí estaba a mamá, tan guapa coma sempre, preparando as torradas que todos os días nos
facía para almorzar.
Tamén estaba o papá vestíndose para ir traballar ao campo.
Moito me tardaba ser grande para poderlle ir axudar e que non fixera el todo.
Despois saímos miña irmá e eu da casa coma raios, por fin era a hora da escola!
Gustábame moito ir, víaos a todos; a Akem, a Edée, a Ishmael...
Cando chegaba a hora do recreo, íamos xogar ó fútbol co balón de trapos que nos fixera a nai
de Nasim.
Daquela tocábame a min, era bo pero hoxe tíñao que ser aínda máis xa que estaba Zina, a
nena que me gustaba.
Pero xusto cando ía tirar a portería...
-Firas, Firas! Arriba dunha vez!
Era o sarxento Beah, di que nos toca ir ao río Moa a recrutar a nenos de doce anos coma min.
Sacóuseme o sorriso de súpeto.
Todas as mañás recordo o que lle fixeron a miña irmá e aos meus pais: un día sen máis
entraron na casa e nunca máis os volvín ver.
Que será de Nasim, Ishmael e Aken?
Seguramente a eles tamén lles pasou o mesmo, ó mellor agora xogan no outro equipo, ou
incluso están mortos.
Non o quero nin pensar.
Fixéronme coller a metralleta e cargala. Sen tomar torradas, só nos deron un anaquiño de pan.
Teño moita fame...
Puxéronnos en marcha e metéronos a todos nun camión no que case non se respira.
Ao meu lado hai un neno, parece incluso máis pequeno ca min, vai descalzo e fáltanlle dous
dedos do pé dereito.
Enfronte hai outro, ten un ollo morado.
Hai outro máis adiante ao que lle falta unha man.
Eu estou contento, ao fin e ao cabo estou enteiro.
No camión ninguén fala, só se escoita a risa do sarxento contando como berraban os homes
aos que fusilaron onte.
Póñenseme os pelos de punta recordando cando viñeran á miña aldea.
De súpeto paramos e dannos ordes.
- Poñédevos diante de cada porta e que ninguén escape!
Empezo a tremer, non quero ir, necesito escapar de aquí, case prefiro que me maten a min, eu
non podo. Mamá, por favor, porque teño que facer eu isto?
Non me dá tempo nin de buscar unha saída, veu o sarxento e deume coa culata no lombo.
- Bule! Tócache esa casa.
Hoxe tiven sorte, non había ninguén dentro pero disparei ao aire, se non seguramente
mandábanme a outra.
Ao cabo dun anaco estabamos de volta no camión, pero desta vez viñan sete máis.
Non quero pensar no que acaba de suceder, só desexo que chegue á noite e poda soñar outra
vez que me levanta miña irmá, que como as torradas de mamá, que axudo ao papá no campo
e que por fin meto o gol para impresionar a Zina.
Só así consigo ter uns minutos de felicidade.
Sabela López, 4ºESO
OS TRES IRMÁNS
Hai uns anos vivían nunha caseta no medio do monte tres trillizos. Chamábanse Alberto, Luís e
Luís Alberto. Vivían eles sós, sen axuda dos seus pais porque os cambiaran por tres becerros
e tiveran que buscarse a vida eles. Cociñaban, araban as patacas e sabían facer de todo.
Tiñan tres mascotas, un porco para cada un.Chamábanse Pinto, Manchas e Fuciños. Pinto e
Manchas eran moi grandes e espelidos, pero Fuciños non, era pequeno e un pouco parviño.
Os porquiños axudaba a facer todo.
Un día, Alberto, Luís e Luís Alberto erguéronse – coma sempre, o último, un pouco máis tarde-
e viron que os porcos non estaban. DESAPARECERAN.
Saíron a buscalos; preguntáronlles a todos os animais porque por alí non había xente, pero non
tiveron ningunha resposta. Continuaron a súa busca e encontraron a Manchas bañándose no
río.
-Manchas, que fas aquí? – preguntaron os tres.
- Estoume bañando para quitar a cheirume. Pinto e Fuciños escapan de min sempre por iso e
agora non sei onde van.
Os trillizos seguiron buscando e atoparon a Pinto nunha corte parolando cunhas porquiñas.
- ¿Que fas aí? – preguntáronlle. ¿Onde está Fuciños?
-Non sei, boteino porque as porquiñas son para min.- contestou.
Tras buscar día e noite a Fuciños volveron á casa sen atopalo. Cando ían deitarse
preocupados e tristes escoitaron un ruído. Entón, levantaron a alfombra e encontraron a
Fuciños debaixo.
-Metinme sen querer e logo non sabía saír –dixo Fuciños.
Ao final todos riron de alegría porque volvían estar xuntos.
Diego Filgueiras Castrillón, 3ºESO
FELIZ ANIVERSARIO, MARTA
Estabamos a 15 de maio de 2010, cadraba sábado e era o aniversario de Marta, que non
estaba moi contenta porque das súas amigas a única que estaba na vila era Alejandra. Eran
moi boas amigas, así que decidiron celebrar o aniversario xuntas. Pasou a tarde e ía sendo
hora de volver á casa, pero como o estaban a pasar xenial decidiron quedar a durmir xuntas na
casa encantada da vila. Deron as dez e media, estaban a piques de entrar, pero o medo
apoderouse delas, só escoitaban o son do vento petando contra aquelas ventás vellas e o da
chuvia caendo. Comezaron a camiñar cara á porta, Álex abriuna, entraron e acomodáronse en
dúas cadeiras vellas. Comezaron a falar ata que adormeceron. Ás doce e dez, Marta escoitou
un ruído e espertou a súa amiga para ir investigar. Subiron ao piso de arriba e viron un gran
corredor, entón decidiron separarse. Álex entrou pola porta da dereita e Marta pola da
esquerda. Nisto oíuse un berro, Marta supuxo que Álex atopara un bicho ou algo semellante e
non lle deu demasiada importancia. Ao cabo dun pouco foi ao encontro da súa amiga. Entrou
na habitación e o único que viu foi un gran regueiro de sangue ao redor do corpo morto de
Álex. Comezou a chorar, non sabía qué facer. De súpeto notou unha man nas súas costas...
Era un home vello. Quedou paralizada. O home cravoulle un coitelo no estómago mentres
dicía:
“FELIZ ANIVERSARIO, MARTA”.
Sara Uceira Castro, 3ºESO
UN CAMIÑO DE ESCURIDADE
Presentía que alguén a seguía. Despois dunha longa noite de cine, música e festa, Laura ía
camiño da súa casa. Pasaban xa das tres da mañá. Era moi tarde para ela. Ían castigala, pero
iso agora non lle importaba, alguén a seguía. Quedaba aínda un longo camiño ata casa. Un
camiño bañado de escuridade, solitario, cheo de árbores, coa lúa chea brillando no ceo
desprendendo algo de luz naquel pozo de escuridade.
Camiñaba amodo, moi amodiño, xirábase de cando en vez para comprobar que estaba soa.
Nunca había ninguén tras dela, pero... de súpeto, escoitou un crepitar de herbas. Mirou cara a
atrás, só se vía unha sombra, era alguén moi alto e musculoso. Parecía un home, pero non tiña
pensado quedar a comprobalo. Correu. Faltaba pouco para chegar ao final do camiño, sentíase
moi aliviada, aínda que non sabía que ese alivio pouco duraría. Detrás dela volveu notar a
aquel home, pero moito máis lonxe ca antes. Laura escapou. Chegou preto da porta da casa.
Intentouna abrir, pero do nerviosa que estaba non o conseguiu. Timbrou. O home cada vez
estaba máis preto. Ninguén abría. Decidiu ir ata a porta traseira e ver se estaba aberta. Así era.
Entrou na casa e pechou con chave a porta. Meteuse na cama e cerrou os ollos. Escoitou un
ruído e abriu os ollos de novo. Viu un rostro diante súa e notou como unhas mans a collían polo
pescozo.
Dende aí non se soubo máis.
Uxía Pico García,3ºESO
Unha nova vida.
Nunha pequena vila vivía Lucía, unha nena de 15 anos. Vivía na casa con seus pais, Juan e
Rocío. Estes acabábanse de mudar a causa do cambio de traballo de seu pai. A nena tivo que
comezar o novo curso noutro colexio distinto, onde non coñecía a ningún dos rapaces que
estudaban alí, sempre andaba soa polos corredores, nas aulas e incluso facía os traballos sen
ningunha axuda, traballos que a profesora lles mandaba facer en grupos.
Ninguén se acercaba a ela excepto para meterse con ela, insultábana e facíanlle bromas que a
ninguén lle gustaría que lle fixesen. Pasaron meses e todo seguía igual, pero os abusos eran
cada vez maiores. Lucía, xa non quería ir ao colexio, nin saír da casa. Ía ao colexio obrigada
polos seus país, que lle axudaban a pasar todo o que lle estaba acontecendo.
Cando chegaba ao colexio o primeiro que facía era ir para onde ninguén a vise, onde ninguén
fose, escondíase de todos en cada recanto que atopaba, nos baños... e chegou a non saír das
aulas nos recreos e esperar a que todos se foran ao remataren as clases para saír ela.
Estaba completamente soa e non tiña ninguén con quen falar e contarlle o que lle estaba a
pasar. Un día unha nena da súa mesma clase, María, viuna escondida e chorando, viuna tan
soa que se acercou a ela e comezou a falarlle. Pouco a pouco foron collendo confianza e
facéndose amigas. Lucía xa non estaba soa agora tiña unha boa amiga que a apoiaba e que
falaba con ela sen insultos polo medio.
María axudáballe a levar a situación, ensinoulle que non podía terlle medo á xente que se
metía con ela e dicíalle que só o facían para divertirse a costa dos demais sen preocuparse do
dano que facían. Dende aquel día non se volveron separar unha do lado da outra. A xente ao
ver que xa non andaba soa, que non era unha estraña e que era igual ca eles foron deixando
de insultala. Comezaron a recoñecer que estaban a facer mal meténdose con ela e empezaron
a falarlle, a xuntarse con ela e formar un gran grupo de amigos onde Lucía tamén estaba.
Todo para Lucía comezou a cambiar ese día, xa non era esa marxinada, era unha deles,
alguén igual a eles, que non era nin máis nin menos que ninguén, senón igual ca todos.
Mirian Piñón Prieto 4º ESO
Neste mundo hai millóns e millóns de lugares. Pois nun pequeno recuncho atópase unha nena
bastante especial chamada Carol. A Carol cada día gustáballe recordar moito os seus
momentos de cando ela era pequeña…as súas tardes nos bambáns do parque, os días que
viñan as súas amigas xogar a casa, o ratonciño Pérez, a maxia do Nadal… a que é bonito
pensar en todo iso? A lástima é que eses momentos nunca se van repetir…porque son únicos.
Carol tiña a esperanza de que a vida ía seguir tendo partes boas como estas, pero…as cousas
cambian! Ela con só doce anos tiña que ser máis responsable cunha nena normal e sobre
todo…tiña que soportar moitas cousas. A súa irmá tiña unha enfermidade bastante grave e o
seu pai tiña un problema na perna, polo que súa nai sempre estaba mal, triste…Carol todos os
días vía aquel panorama e sufría. A súa familia estaba mal e..aínda por riba pagábano con ela.
Os seus pais non o facían con malas intencións, pero ela tíñao que aguantar. Os seus amigos
percatábanse de que ela estaba moito máis triste ca sempre. Preguntáronlle porque estaba
así, e ela o único que dicía era que estaba ben..porque non quería facelos sufrir..Un día os
amigos falaron e decidiron intentala distraer e pasar moito máis tempo con ela, porque aínda
que a vida fora dura e tivera eses pequenos atrancos, ela tiña que ser a de sempre, e, sobre
todo tiña que intentar ser feliz.
Natalia Martínez Montero 4º ESO
OS PRIMEIROS HAIKUS DE 2ºESO
Fátima García Piñón
Mar, claridade.
Auga, brillo, frescura,
tranquilidade.
Dores e bágoas,
alma ennegrecida,
corazóns rotos.
Felicidade:
cor, luz, vida, sorriso,
alegría, sons.
Sandra Bello Giz
Volve a vida:
azul, verde, vermello
fermosas flores.
A cor da vida,
natural e pura é.
Arbore verde.
Beleza, paixón,
Piruleta vermella,
Lume, tenrura.
Claudia Franco Lladró
Sol, calor, verde.
Alegre primavera,
Sorriso feliz.
Mar, auga, azul.
Ceo negro chuvioso,
Inverno frío.
Choros, bágoas,
un adeus á dura vida.
Choros, tristeza.
Andrea Cazás Chao
Nacen as flores,
sol brillante e grande,
días fermosos.
Cor da tristeza,
a cor da soidade.
Cor da noite.
O sufrimento,
desexo negativo:
escuridade.
Mireya Cabarcos Souto
Flores fermosas,
xente cantando feliz,
o sol ledo, ri.
Sangue, crueza,
guerras, maltrato,medo:
escuridade.
Imaxinando,
berrando ao mundo:
quero ser feliz!
Sara González Formoso
Paixón ou furia,
marmelada de fresa,
papel e lume.
Bosques e campos,
a brisa vespertina.
É primavera.
Liberdade e paz,
debuxos e redaccións,
Expresións de cor.
Minas e gomas,
afialapis, papel,
sombras ou brillos.
Patricia Bermúdez
Cor azul, verde...
Natureza, mar, ceo.
Fermosas cores.
Crecen as flores,
alegres os paxaros,
fermoso sol.
Choros, bágoas,
Cor morada na cara.
Morte e sangue.
Naim García Hermida
Bicos, sensacións,
abrazos, natureza.
Flores cantando.
Rancor, bágoas,
suspensos, aprobados:
broncas na casa.
Brincos, abrazos,
Verde, azul, vermello.
¡Explosións de cor!
Andrea Martínez Navó
Flores e cores,
hai verde, moito verde,
chega a chuvia.
Na lúa, na paz,
no papel e na nube.
Brancura pura.
Verdes ou azuis,
faros na túa cara.
Marabillosos.
Carla Barro Almeida
Corazón puro,
Vermellos grandes beizos
Paixón, loucura.
Días fermosos,
mañá esperanzada,
sol, claridade.
Feminidade
e mil rosas violetas
tenras e doces.
Brais Martínez Fernández
Árbores verdes,
natureza florida,
ceo nubrado.
Campo, árbores,
natureza, lagartos:
planeta Terra.
Dor, presión, dano,
bágoas e saloucos.
Triste sensación.
Mario Formoso Ramil
A primavera
todo desequilibra.
Quen o evita?
Verde no campo,
cor da omnipresencia,
a cor máis viva.
Escuro pesar,
castigo duradeiro,
dor verdadeira.
Daniel García Tembrás
Roza a lingua.
Vermello, amarelo,
Pequeno, longo.
Vida alegre.
Fermosa natureza.
Sabedoría.
Verde, moi verde.
Paz. Etapa de xogar.
Felicidade.
PASA O TEMPO CON NÓS
RESOLVE O SEGUINTE ENCRUCILLADO:
HORIZONTAIS:
1.Árbore da familia das fagáceas de copa
redonda e folla caduca.
2. Banda terrorista. Cincuenta en romanos.
Serve para limpar os mocos (ao revés).
3. Si. Conxunción copulativa. Consoantes de
nota. Consoante dental xorda.
4. A 19 letra do abecedario galego. Consoante
do sinónimo de mamas nos animais. Nota
musical. Demostrativo feminino.
5. Muller que reina. Abreviatura de ciencias
naturais. ???
6. Así se chamaba antes a ANPA. Dianteiro
da Roma.
7. Depósito de auga menor có lago. Provincia
de Andalucia con V ao final.
8. Someter algo á decisión da sorte. Vogal.
9. Encabeza o abecedario. Principio que
determina o comezo da vida, ao revés. Policía
nazi.
10. Pasta.
VERTICAIS:
1. Relativo ao centro. Carta máis importante no tute.
2. 1ªpersoa do presente de indicativo do verbo atar. Burato por onde se enchen os bocois, ao
revés e con seseo. Símbolo do fósforo.
3. Nome dun apóstolo de Xesús. Vogal.
4. Consoante. Consoante nasal palatal. Dise da auga choca, ao revés e en masculino.
5. Que non recibiu lesión ou dano, en feminino. Preposición con falta de ortografía e ao revés.
6. Consoante que leva til. Número romano. Abreviatura de tonelada. Teléeefonoooo, mi
casaaaaaaaa...
7. Período de tempo indefinido e de longa duración. Dise da que lle falta unha perna ou camiña
mal, en castelán. Consoante do pronome persoal tónico de 2ªpersoa.
8. Ter o propósito de realizar algo. Consoante dunha infusión.
9. Anfibio da familia dos ránidos. Serve para formar o plural. Infusión. Afirmación.
10. Opcional, que admite unha escolla, en plural.
Brais, Naim, Sara, Dani, Patricia B., Andrea M., Mario, 2ºESO
ATOPA NAS SOPAS DE LETRAS, realizadas por Mario e Andrea C., 2ºESO
1- Nome ou apelido de oito tenistas
que gañaran Wimbledon
2- Nome ou alcume de
oito ciclistas.
ADIVIÑA ADIVIÑA …
1- Dous irmanciños moi igualiños
que cando van velliños
abren os olliños.
.............
2- Un estraño animal son,
e cada día cambio de cor.
Cando eu queira non me verás
e cando o fagas dubidarás.
.....................
3- Quen será, será
que vive na piña
debaixo do mar?
..................
Sandra, Patricia, Fátima e Carla, 2ºESO
PENSA E NON ROMPAS MOITO A CABEZA!!!
1.-¿Que ovellas dan máis la, as brancas ou as negras?
2.-Se Ánxela fala máis baixo que Rosa e Celia fala máis alto que Rosa ¿Fala Ánxela máis alto
ou máis baixo que Celia?
3.-¿Cantos animais teño na miña corte, se todos son cans, menos dous; todos son gatos,
menos dous e todos son cabalos, menos dous? Son moitos menos dos que pensas…
4.-Un pastor ten que pasar un lobo, unha cabra e unha leituga á outra beira do río, dispón
dunha barca na que só caben el e unha das outras cousas. Se o lobo queda só coa cabra
cómea, se a cabra queda soa coa leituga cómea ¿Como debe facelo?
5.- Utilizando só catro noves e dúas operacións diferentes debes conseguir o número cen. Es
quen de facelo?
6.- Unha galiña pon dous ovos en tres días. ¿Cantos días se necesitan para que catro galiñas
poñan dúas ducias de ovos?
7.- Rosendo non quere dicir nunca canto pesa. Só nos contou isto: “Peso 60 quilogramos máis
que a metade do meu peso”.
Cal é o peso de Rosendo?
8.- Teño unha corda de 20 metros. Cantos cortes teño que facer para ter anacos de 5 metros
de corda?
9.- Un caracol tarda unha hora e media en percorrer un circuíto no sentido das agullas do
reloxo, pero cando fai o percorrido en sentido contrario só tarda noventa minutos. Como podes
explicar esta diferenza?
10.- Carlos está mirando unha fotografía e alguén lle pregunta:
Quen é ese da fotografía?
El contesta:
Non teño irmáns nin irmás, pero o pai dese home é o fillo do meu pai.
De quen era a fotografía que estaba mirando Carlos?
Míriam Piñón Prieto, 4ºESO
4- Por un pau me agarrarás
e cunha lambetada
me desfrutarás.
.................
5- Comigo pintas sen temor
e o meu cabelo tingues de cor.
...............
6- Son da familia real
e pavonéome como un galán.
Pensa e atinarás.
RESPOSTAS AOS PASATEMPOS
ENCRUCILLADO
SOPA DE LETRAS
1 2
-ADIVIÑAS
1- os zapatos. 2- camaleón. 3- Bob Esponja. 4- Piruleta. 5- Pincel. 6- Pavo Real.
- PENSA E NON ROMPAS A CABEZA
1- (As brancas porque hai máis). 2- (máis baixo) 3. (Tres animais: un can un gato e un cabalo)
4. (O pastor pasa primeiro a cabra, déixaa na beira e regresa polo lobo, ao cruzar deixa o lobo
e volve coa cabra, deixa a cabra e cruza coa leituga, deixa a leituga co lobo e regresa pola
cabra) 5- (99 por un lado.Logo 9/9=1 sumamos 99 mais 1,igual a cen.) 6- (9 días) 7- (60
KG é a outra metade, polo tanto pesará Rosendo 120 kg.) 8- (Terei catro anacos de cinco
metros, pero para cortar os catro anacos só necesito facer tres cores.) 9- (1 hora e igual a 60
minutos mais 30 serian 90 minutos, e dicir e o mesmo 90 minutos que 1 hora e media) 10- (É o
fillo de Carlos)
Revista 2010  2011 en word
Revista 2010  2011 en word

More Related Content

What's hot

Revista Rañolas Nº 9 - Abril 2013 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 9 - Abril 2013 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)Revista Rañolas Nº 9 - Abril 2013 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 9 - Abril 2013 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista_Ranholas
 
Revista Rañolas Nº 7 - Abril 2011 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 7 - Abril 2011 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)Revista Rañolas Nº 7 - Abril 2011 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 7 - Abril 2011 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista_Ranholas
 
Revista Rañolas Nº 3 - Abril 2007 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 3 - Abril 2007 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)Revista Rañolas Nº 3 - Abril 2007 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 3 - Abril 2007 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista_Ranholas
 
Discurso de graduación definitivo (1)
Discurso de graduación definitivo (1)Discurso de graduación definitivo (1)
Discurso de graduación definitivo (1)satelite1
 
Revista Rañolas Nº 6 - Abril 2010 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 6 - Abril 2010 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)Revista Rañolas Nº 6 - Abril 2010 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 6 - Abril 2010 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista_Ranholas
 
Revista Rañolas Nº 8 - Abril 2012 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 8 - Abril 2012 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)Revista Rañolas Nº 8 - Abril 2012 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 8 - Abril 2012 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista_Ranholas
 
Revista Rañolas Nº 4 - Abril 2008 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 4 - Abril 2008 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)Revista Rañolas Nº 4 - Abril 2008 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 4 - Abril 2008 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista_Ranholas
 
Revista Rañolas Nº 1 - Abril 2005 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 1 - Abril 2005 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)Revista Rañolas Nº 1 - Abril 2005 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 1 - Abril 2005 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista_Ranholas
 
Revista Rañolas Nº 11 - Mayo 2015 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 11 - Mayo 2015 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)Revista Rañolas Nº 11 - Mayo 2015 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 11 - Mayo 2015 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista_Ranholas
 
Revista Rañolas Nº 10 - Maio 2014 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 10 - Maio 2014 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)Revista Rañolas Nº 10 - Maio 2014 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 10 - Maio 2014 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista_Ranholas
 
Revista A Batea nº 13
Revista A Batea nº 13Revista A Batea nº 13
Revista A Batea nº 13
Manuel Busto
 
Revista xslr 2019
Revista xslr 2019Revista xslr 2019
Revista xslr 2019
Chelo Alvarez Veira
 
Concha Blanco
Concha BlancoConcha Blanco
Concha Blanco
Asnosasletras
 
Todo mercedes
Todo mercedesTodo mercedes
Todo mercedes
satelite1
 
Revista Argalladas 2017/ 2018
Revista Argalladas 2017/ 2018Revista Argalladas 2017/ 2018
Revista Argalladas 2017/ 2018
radiorasca
 
Revista uxio novoneira 2021
Revista uxio novoneira 2021Revista uxio novoneira 2021
Revista uxio novoneira 2021
CPI Uxío Novoneira, Pedrafita do Cebreiro
 
1. acepto a invitación ós sesenta e sete anos
1. acepto a invitación  ós sesenta e sete anos1. acepto a invitación  ós sesenta e sete anos
1. acepto a invitación ós sesenta e sete anos
satelite1
 

What's hot (20)

Revista Rañolas Nº 9 - Abril 2013 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 9 - Abril 2013 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)Revista Rañolas Nº 9 - Abril 2013 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 9 - Abril 2013 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
 
revista cumes 2016
revista cumes 2016revista cumes 2016
revista cumes 2016
 
Revista Rañolas Nº 7 - Abril 2011 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 7 - Abril 2011 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)Revista Rañolas Nº 7 - Abril 2011 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 7 - Abril 2011 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
 
Revista Rañolas Nº 3 - Abril 2007 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 3 - Abril 2007 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)Revista Rañolas Nº 3 - Abril 2007 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 3 - Abril 2007 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
 
Discurso de graduación definitivo (1)
Discurso de graduación definitivo (1)Discurso de graduación definitivo (1)
Discurso de graduación definitivo (1)
 
Revista Rañolas Nº 6 - Abril 2010 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 6 - Abril 2010 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)Revista Rañolas Nº 6 - Abril 2010 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 6 - Abril 2010 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
 
Revista Rañolas Nº 8 - Abril 2012 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 8 - Abril 2012 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)Revista Rañolas Nº 8 - Abril 2012 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 8 - Abril 2012 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
 
Revista Rañolas Nº 4 - Abril 2008 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 4 - Abril 2008 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)Revista Rañolas Nº 4 - Abril 2008 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 4 - Abril 2008 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
 
Revista Rañolas Nº 1 - Abril 2005 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 1 - Abril 2005 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)Revista Rañolas Nº 1 - Abril 2005 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 1 - Abril 2005 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
 
Revista Rañolas Nº 11 - Mayo 2015 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 11 - Mayo 2015 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)Revista Rañolas Nº 11 - Mayo 2015 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 11 - Mayo 2015 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
 
Revista junta
Revista juntaRevista junta
Revista junta
 
Revista Rañolas Nº 10 - Maio 2014 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 10 - Maio 2014 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)Revista Rañolas Nº 10 - Maio 2014 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 10 - Maio 2014 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
 
Revista A Batea nº 13
Revista A Batea nº 13Revista A Batea nº 13
Revista A Batea nº 13
 
Revista xslr 2019
Revista xslr 2019Revista xslr 2019
Revista xslr 2019
 
Concha Blanco
Concha BlancoConcha Blanco
Concha Blanco
 
Todo mercedes
Todo mercedesTodo mercedes
Todo mercedes
 
Revista Argalladas 2017/ 2018
Revista Argalladas 2017/ 2018Revista Argalladas 2017/ 2018
Revista Argalladas 2017/ 2018
 
Revista toda juntga
Revista toda juntgaRevista toda juntga
Revista toda juntga
 
Revista uxio novoneira 2021
Revista uxio novoneira 2021Revista uxio novoneira 2021
Revista uxio novoneira 2021
 
1. acepto a invitación ós sesenta e sete anos
1. acepto a invitación  ós sesenta e sete anos1. acepto a invitación  ós sesenta e sete anos
1. acepto a invitación ós sesenta e sete anos
 

Viewers also liked

Vi maratón de cine
Vi maratón de cineVi maratón de cine
Vi maratón de cine
radiorasca
 
Presentación día do libro 2015
Presentación día do libro 2015Presentación día do libro 2015
Presentación día do libro 2015
radiorasca
 
Primeiro Maratón de cine 2010 2011
 Primeiro Maratón de cine 2010 2011 Primeiro Maratón de cine 2010 2011
Primeiro Maratón de cine 2010 2011
radiorasca
 
2 Maratón de cine 2011 2012
2 Maratón de cine 2011 20122 Maratón de cine 2011 2012
2 Maratón de cine 2011 2012
radiorasca
 
Iii maratón de cine 2012 2013
Iii maratón de cine 2012 2013Iii maratón de cine 2012 2013
Iii maratón de cine 2012 2013
radiorasca
 
V maratón de cine2014 2015
V maratón de cine2014 2015V maratón de cine2014 2015
V maratón de cine2014 2015
radiorasca
 
Iv maratón de cine 2013 2014
Iv maratón de cine 2013 2014Iv maratón de cine 2013 2014
Iv maratón de cine 2013 2014
radiorasca
 

Viewers also liked (7)

Vi maratón de cine
Vi maratón de cineVi maratón de cine
Vi maratón de cine
 
Presentación día do libro 2015
Presentación día do libro 2015Presentación día do libro 2015
Presentación día do libro 2015
 
Primeiro Maratón de cine 2010 2011
 Primeiro Maratón de cine 2010 2011 Primeiro Maratón de cine 2010 2011
Primeiro Maratón de cine 2010 2011
 
2 Maratón de cine 2011 2012
2 Maratón de cine 2011 20122 Maratón de cine 2011 2012
2 Maratón de cine 2011 2012
 
Iii maratón de cine 2012 2013
Iii maratón de cine 2012 2013Iii maratón de cine 2012 2013
Iii maratón de cine 2012 2013
 
V maratón de cine2014 2015
V maratón de cine2014 2015V maratón de cine2014 2015
V maratón de cine2014 2015
 
Iv maratón de cine 2013 2014
Iv maratón de cine 2013 2014Iv maratón de cine 2013 2014
Iv maratón de cine 2013 2014
 

Similar to Revista 2010 2011 en word

A nena e o grilo nun barquiño unidade didactica
A nena e o grilo nun barquiño   unidade didactica A nena e o grilo nun barquiño   unidade didactica
A nena e o grilo nun barquiño unidade didactica cenlf
 
Carta puca5
Carta puca5Carta puca5
Carta puca5
maria
 
Cultural news
Cultural newsCultural news
Cultural news
BibliotecaRevoltas
 
Carta de puca 3
Carta de puca 3Carta de puca 3
Carta de puca 3
maria
 
A voz da escola. Curso 2014-2015
A voz da escola. Curso 2014-2015A voz da escola. Curso 2014-2015
A voz da escola. Curso 2014-2015
Diana Sánchez
 
Sofán News. Febreiro
Sofán News. FebreiroSofán News. Febreiro
Sofán News. Febreiro
Prensasofan
 
Revista argalladas 2016/ 2017
Revista argalladas 2016/ 2017Revista argalladas 2016/ 2017
Revista argalladas 2016/ 2017
radiorasca
 
REVISTA ALBORADA 2020
REVISTA ALBORADA 2020REVISTA ALBORADA 2020
REVISTA ALBORADA 2020
anxovila
 
5º cancioneiro ceip da espiñeira aldán 2015
5º cancioneiro ceip da espiñeira aldán 20155º cancioneiro ceip da espiñeira aldán 2015
5º cancioneiro ceip da espiñeira aldán 2015
EDLGESPINHEIRA
 
Faladurías
FaladuríasFaladurías
Faladurías
opapaventos
 
REVISTA ALBORADA 2023
REVISTA ALBORADA 2023REVISTA ALBORADA 2023
REVISTA ALBORADA 2023
anxovila
 
Sofan News xaneiro
Sofan News xaneiroSofan News xaneiro
Sofan News xaneiro
Prensasofan
 
Adeus a dona celia
Adeus a dona celiaAdeus a dona celia
Adeus a dona celiasatelite1
 
Mes do libro (Abril 2014): Horarios Contacontos e talleres
Mes do libro (Abril 2014): Horarios Contacontos e talleresMes do libro (Abril 2014): Horarios Contacontos e talleres
Mes do libro (Abril 2014): Horarios Contacontos e talleresbibliobrozos
 
Miguel Suárez Abel
Miguel Suárez AbelMiguel Suárez Abel
Miguel Suárez Abel
Asnosasletras
 
áLbum (1) 1
áLbum (1) 1áLbum (1) 1
áLbum (1) 1
Fiz
 

Similar to Revista 2010 2011 en word (20)

A nena e o grilo nun barquiño unidade didactica
A nena e o grilo nun barquiño   unidade didactica A nena e o grilo nun barquiño   unidade didactica
A nena e o grilo nun barquiño unidade didactica
 
Carta puca5
Carta puca5Carta puca5
Carta puca5
 
Cultural news
Cultural newsCultural news
Cultural news
 
Carta de puca 3
Carta de puca 3Carta de puca 3
Carta de puca 3
 
Revista 2013
Revista 2013Revista 2013
Revista 2013
 
A voz da escola. Curso 2014-2015
A voz da escola. Curso 2014-2015A voz da escola. Curso 2014-2015
A voz da escola. Curso 2014-2015
 
Sofán News. Febreiro
Sofán News. FebreiroSofán News. Febreiro
Sofán News. Febreiro
 
Revista argalladas 2016/ 2017
Revista argalladas 2016/ 2017Revista argalladas 2016/ 2017
Revista argalladas 2016/ 2017
 
REVISTA ALBORADA 2020
REVISTA ALBORADA 2020REVISTA ALBORADA 2020
REVISTA ALBORADA 2020
 
REVISTA ESCOLAR 2011-12
REVISTA ESCOLAR 2011-12REVISTA ESCOLAR 2011-12
REVISTA ESCOLAR 2011-12
 
Revista anduriña. pdf
Revista anduriña. pdfRevista anduriña. pdf
Revista anduriña. pdf
 
5º cancioneiro ceip da espiñeira aldán 2015
5º cancioneiro ceip da espiñeira aldán 20155º cancioneiro ceip da espiñeira aldán 2015
5º cancioneiro ceip da espiñeira aldán 2015
 
Faladurías
FaladuríasFaladurías
Faladurías
 
REVISTA ALBORADA 2023
REVISTA ALBORADA 2023REVISTA ALBORADA 2023
REVISTA ALBORADA 2023
 
Sofan News xaneiro
Sofan News xaneiroSofan News xaneiro
Sofan News xaneiro
 
Adeus a dona celia
Adeus a dona celiaAdeus a dona celia
Adeus a dona celia
 
Mes do libro (Abril 2014): Horarios Contacontos e talleres
Mes do libro (Abril 2014): Horarios Contacontos e talleresMes do libro (Abril 2014): Horarios Contacontos e talleres
Mes do libro (Abril 2014): Horarios Contacontos e talleres
 
Miguel Suárez Abel
Miguel Suárez AbelMiguel Suárez Abel
Miguel Suárez Abel
 
áLbum (1) 1
áLbum (1) 1áLbum (1) 1
áLbum (1) 1
 
Analizando a miña vida
Analizando a miña vidaAnalizando a miña vida
Analizando a miña vida
 

More from radiorasca

Taller. as 21 plantas celtas. impartido por camino perez martin
Taller. as 21 plantas celtas. impartido por camino perez martinTaller. as 21 plantas celtas. impartido por camino perez martin
Taller. as 21 plantas celtas. impartido por camino perez martin
radiorasca
 
Para ti
Para tiPara ti
Para ti
radiorasca
 
Libro as vinte e unha plantas celtas, formato b5
Libro as vinte e unha plantas celtas, formato b5Libro as vinte e unha plantas celtas, formato b5
Libro as vinte e unha plantas celtas, formato b5
radiorasca
 
Antoloxía poética das árbores celtas
Antoloxía poética das árbores celtasAntoloxía poética das árbores celtas
Antoloxía poética das árbores celtas
radiorasca
 
Revista Argalladas 2015/ 2016
Revista Argalladas 2015/ 2016Revista Argalladas 2015/ 2016
Revista Argalladas 2015/ 2016
radiorasca
 
Presentación día do libro 2016, Sevilla
Presentación  día do libro 2016, SevillaPresentación  día do libro 2016, Sevilla
Presentación día do libro 2016, Sevilla
radiorasca
 
Adoptamos un cacho de río 2007 2008
Adoptamos un cacho de río 2007  2008Adoptamos un cacho de río 2007  2008
Adoptamos un cacho de río 2007 2008
radiorasca
 
As nosas árbores 2007 2008
As nosas árbores 2007  2008As nosas árbores 2007  2008
As nosas árbores 2007 2008
radiorasca
 
Pérdeste comigo?
Pérdeste comigo?Pérdeste comigo?
Pérdeste comigo?
radiorasca
 
Simboloxía das árbores celtas
Simboloxía das árbores celtasSimboloxía das árbores celtas
Simboloxía das árbores celtas
radiorasca
 
Taller de encadernación
Taller de encadernaciónTaller de encadernación
Taller de encadernación
radiorasca
 
Os mozos aprendendo dos maiores
Os mozos aprendendo dos maioresOs mozos aprendendo dos maiores
Os mozos aprendendo dos maiores
radiorasca
 
O soño das árbores celtas
O soño das árbores celtasO soño das árbores celtas
O soño das árbores celtas
radiorasca
 
O libro dos nomes e das árbores
O libro dos nomes e das árboresO libro dos nomes e das árbores
O libro dos nomes e das árbores
radiorasca
 
Identificación das árbores celtas do
Identificación das árbores celtas doIdentificación das árbores celtas do
Identificación das árbores celtas do
radiorasca
 
Presentación do herbario das árbores celtas
Presentación do herbario das árbores celtasPresentación do herbario das árbores celtas
Presentación do herbario das árbores celtas
radiorasca
 
Definitiva plantación das cinco árbores celtas
Definitiva plantación das cinco árbores celtasDefinitiva plantación das cinco árbores celtas
Definitiva plantación das cinco árbores celtas
radiorasca
 

More from radiorasca (17)

Taller. as 21 plantas celtas. impartido por camino perez martin
Taller. as 21 plantas celtas. impartido por camino perez martinTaller. as 21 plantas celtas. impartido por camino perez martin
Taller. as 21 plantas celtas. impartido por camino perez martin
 
Para ti
Para tiPara ti
Para ti
 
Libro as vinte e unha plantas celtas, formato b5
Libro as vinte e unha plantas celtas, formato b5Libro as vinte e unha plantas celtas, formato b5
Libro as vinte e unha plantas celtas, formato b5
 
Antoloxía poética das árbores celtas
Antoloxía poética das árbores celtasAntoloxía poética das árbores celtas
Antoloxía poética das árbores celtas
 
Revista Argalladas 2015/ 2016
Revista Argalladas 2015/ 2016Revista Argalladas 2015/ 2016
Revista Argalladas 2015/ 2016
 
Presentación día do libro 2016, Sevilla
Presentación  día do libro 2016, SevillaPresentación  día do libro 2016, Sevilla
Presentación día do libro 2016, Sevilla
 
Adoptamos un cacho de río 2007 2008
Adoptamos un cacho de río 2007  2008Adoptamos un cacho de río 2007  2008
Adoptamos un cacho de río 2007 2008
 
As nosas árbores 2007 2008
As nosas árbores 2007  2008As nosas árbores 2007  2008
As nosas árbores 2007 2008
 
Pérdeste comigo?
Pérdeste comigo?Pérdeste comigo?
Pérdeste comigo?
 
Simboloxía das árbores celtas
Simboloxía das árbores celtasSimboloxía das árbores celtas
Simboloxía das árbores celtas
 
Taller de encadernación
Taller de encadernaciónTaller de encadernación
Taller de encadernación
 
Os mozos aprendendo dos maiores
Os mozos aprendendo dos maioresOs mozos aprendendo dos maiores
Os mozos aprendendo dos maiores
 
O soño das árbores celtas
O soño das árbores celtasO soño das árbores celtas
O soño das árbores celtas
 
O libro dos nomes e das árbores
O libro dos nomes e das árboresO libro dos nomes e das árbores
O libro dos nomes e das árbores
 
Identificación das árbores celtas do
Identificación das árbores celtas doIdentificación das árbores celtas do
Identificación das árbores celtas do
 
Presentación do herbario das árbores celtas
Presentación do herbario das árbores celtasPresentación do herbario das árbores celtas
Presentación do herbario das árbores celtas
 
Definitiva plantación das cinco árbores celtas
Definitiva plantación das cinco árbores celtasDefinitiva plantación das cinco árbores celtas
Definitiva plantación das cinco árbores celtas
 

Revista 2010 2011 en word

  • 1.
  • 2. ÍNDICE - Entrevista a Alba Losada e Javier Souto ……………….. Páx. 2 - Falamos con Manuel ……………………………………..Páx. 4 - Así é a nosa vida no centro ………………………………. Páx. 5 - Estivemos con …………………………………………….... Páx.7 - Radio Ras ………………………………………………… Páx. 10 - 25 de novembro e 31 de Xaneiro ………………………... Páx. 11 -Artigos de interese …………………………………………..Páx.14 - A nosa biblioteca ………………………………………….. Páx. 16 - Argalleiros das letras ………………………….. Páx. 18 e páx. 27 - Cómic ……………………………………………………… Páx. 19 - Entrevista a Constantino Rodríguez ……………………. Páx. 23 - Axenda cultural …………………………………………… Páx. 24 - O día do libro …………………………………………….. Páx. 25 - Día das letras galegas ……………………………………Páx. 28 - Compartimos as nosas creacións ……………………… Páx. 31 - Pasa o tempo con nós ……………………………………Páx. 37 - Coñece a túa sorte ……………………………………… Páx. 39
  • 3. Entrevista a Alba Losada e Javier Souto, alumnos de 2ºBAC que empezaron e remataron con nós. Ola a todos! Esta entrevista será o editorial da revista e con ela queremos dicirvos adeus, pero ata sempre, compañeiros. Se estades preparados, comezamos coas preguntas. - Agora que xa marchades, estades ansiosos por irvos ou pensades que ides ter algo de morriña? Alba: (Dubida) Pois non creo que vaia ter morriña, é broma (ri). Un pouco si, pero non estou nerviosa porque é o que queremos todos, irnos xa. Javier: Quérome ir xa. Levo moitos anos aquí metido. - Sexa como sexa, que pensades que ides botar máis de menos? Alba: Pois aos meus compañeiros sen dúbida, e tamén a ¡¡ algúns!!! profesores, en definitiva, a boa vida dun estudante de... BAC Javier: Ás cativas. -Que pensades que vai cambiar máis na vosa “nova vida” con respecto á de agora? Alba: Todo, non? Javier: Que vou vivir noutro sitio, se deus quere. -Despois de todos os cursos polos que levades pasado, cal vos resultou máis difícil? É o máis fácil? Alba: Difícil? Ningún ¡jajajaj! 2ºBAC non é difícil, fano difícil os profesores. É extresante, pero podes rascar o nariz. Eu cando máis estudaba era en 1º e 2º, despois todo foi en decadencia. O máis fácil, 1ºBAC. Javier: O máis difícil, 2ºBAC. O máis fácil, 4ºESO, é a maior “chorrada” de curso. -Atreveriádesvos a dicir cal foi o voso profesor favorito ou o que máis vos axudou? Alba: Consuelo Devesa Nogueiras. Si, si, si, a modo profe e amiga, pero unha profe coa que aprendín moito foi con Marina, á que lle temos moito cariño porque levamos moito tempo con ela. Javier: Pssss. Chelo, tío. Non que va! Pensei que non ía aprobar galego na vida porque non estudei literatura. Marina ou alguén por aí, ou Feás que non suspendín nunca, e tampouco nunca estudei. JAJAJAJA -Cal credes que foi a vosa mellor experiencia ao longo de todos estes anos? E por suposto, a peor? Alba: Bua... só unha? Jajajaja. Mala, algún suspenso por aí que outro e boas... Pffff É que boas son demasiadas. Cantando polo corredor, o día da sentada, a excursión ao Courel... Javier: Non hai moitas boas, eh! A excursión ao Courel que foi graciosa. A peor, roubar un cacho de empanada e estar expulsado do colexio tres días. Estiven no sofá tirado mirando para o vento. -Pasastes por mans de un montón de profesores, botaredes algún en falta? Alba: A Chelo e despois profesores tan míticos, propios do IES, como Begoñita, Pilar (Así non!), Manuel Feás, Shopi, Cris, Aurora, Fede, Marina, Antonio, tío!, as bromas de Antonio (ri), Mariajo. Javier: A Chelo! Iso que o ano pasado suspendín todos os exames, pero aprobei a recuperación final de todo. -Xa sabedes o que ides facer, ou aínda estades indecisos? Alba: Pois tecnoloxía de enxeñería civil (Camiños) Javier: Non teño pensado nada. Facer o selectivo de momento, que me vai chegar ben. -Sempre din que os profesores en 2º de bacharelato meten moita presión co “rollo” da selectividade, de verdade credes que é para tanto? Daredes a talla?
  • 4. Alba: Si, é máis, están totalmente “rebentados da cabeza” co tema da selectividade. Non creo que sexa para tanto. Non daremos a talla, estaremos por riba, todos e cada un de nós. Podemos con iso e moito máis. Vimos do Castro da uz ( chisco de ollos) Javier: Son uns pesados, sobre todo na primeira avaliación. Escóitase a palabra selectividade en cada clase polo menos cinco veces. Espero, menos en literatura e historia... -Considerádesvos bos estudantes? Alba: (sorriso pícaro) Depende do que se entenda por boa estudante. O estudo é como un xogo e hai que saber cada un como xogar as súas cartas, tratando sempre de ir polo legal, claro (sorriso pícaro, outra vez). Javier: Moito. ¡¡¡ Buenismo!!! ¡¡¡ Son dun bo!!! A verdade é que aprobei BAC estudando bastante pouco, e , ás veces, de... sorte. -En 2º de BAC, pódese compaxinar a “troula” co estudo, ou é tan duro como din? Alba: Pódese compaxinar a troula co estudo, pero non o estudo coa troula. JAJAJA. Si, pódese perfectamente, é máis, saír é algo totalmente necesario para estudar, se non acabarías tolo. Así que... para estudar, tes que saír. Javier: Non, ho! Si que se pode facilmente. É cando máis presta saír. Podes saír ata a hora que che saía.... -Para rematar, que momento vivido vos gustaría repetir? Alba: (Pensa) Cal non??? Quedo con todos os momentos vividos coa nosa clase de 1ºESO, cando se foron e quedamos nós sós, ata que chegaron todas estas “balas perdidas” que temos agora na clase e fixemos un grupo de amigos para sempre: Rosiña, Alicita, Carlitos, Javi, Marcos .. e tamén os que deixamos polo camiño como Fran, Carla, Samu... En definitiva, volvería repetir todos e cada un dos momentos logrando que fosen, incluso, mellores. Javier: E.......... nin idea. Cando caeu Alicia antes de entrar en física. ¡Que “batacazo” se meteu! Estiven rindo media hora e Mariajo botoume a bronca. Gozade a tope este verán, pasádeo en grande e ¡POR FAVOR! Non vos esquezades de nós e vídenos visitar sempre que poidades. Desexámosvos que teñades moitísima sorte no futuro e que vos vaia tal e como queredes. Alba: Grazas e ata sempre. Javier: Grazas, grazas. Esta entrevista decidimos facerlla a estes alumnos porque levaban connosco dende o principio, pero sen dúbida que nos gustaría terlla feito ao resto de compañeiros. Non foi posible porque o tempo non corría ao noso favor. Desexámosvos moitísima sorte a todos no futuro. Aproveitade este verán ao máximo e non hai nin que dicir que seredes moi ben reicibidos entre nós. Cris Moirón, Sabela López, Paula López, 4ºESO
  • 5. FALAMOS CON MANUEL Imos realizar unha entrevista ao guitarrista do grupo "Face off". Comecemos: -Como está? -Moi ben, coma sempre. -Podería definir en dúas palabras a mensaxe que intenta transmitir o grupo? -Penso que o principal é divertirse tocando, e esa é a mensaxe que transmitimos, aínda que cando teñamos cancións propias xa che direi, haha!!! -Ten pensado acadar exito con Face Off? -Ese é o meu soño, pero non é doado e teremos que traballar moito para conseguilo -Tedes programado algún concerto nas vindeiras datas? -Pois agora temos un parón, xa que o noso baixista tívonos que deixar, así que haberá que esperar. - Non é moi dificil compaxinar ensaios e estudos? -Tiñamos algúns problemas para quedar algúns días, pero o maior problema é que non todos vivimos en As Pontes. -Podería citar enlaces web de Face Off, coma facebook, myspace...? -Só temos un par de videos en youtube, pero tiñamos pensado crear un myspace. Todo chegará !!!haha!!! -Tería a amabilidade de "crear" o grupo perfecto, con xente xa coñecida a nivel mundial? -Buf, iso non é doado e os instrumentistas que máis me gustan son bastante diferentes, sobre todo nas guitarras; pero gustaríame ver a Tom Morello con Flea ou con Vinnie Paul. - Podería dicirnos tres cancións que formarían parte da súa persoal Historia musical? -“Under the bridge” de Red Hot Chili Peppers (esta foi a que fixo que comezase a tocar a guitarra), “Freedom” de Rage Against the Manchine e “Cowboys from hell” de Pantera -Cando empezou a tocar a guitarra? -Haberá uns tres anos, aproximadamente. -Cando decidiches formar o grupo? Foi idea túa? Comezei a tocar en grupo cando me chamaron os anteriormente coñecidos como Eklipse, e cando este grupo se disolveu, Simón (o noso actual batería) mais eu decidimos formar un grupo e buscamos a xente para tocar, e atopamos a Clara e a Juan (que xa non está no grupo). -Que tipo de música escoitas? Tocas esa música no grupo? Escoito de todo, dende grunge, metal, trash, funk, hardcore etc... No grupo tocamos un estilo bastante variado, pero coa nosa recente perdida de baixista quizás enfoquemos máis o noso estilo cara a algo máis hardcore.Por certo, agora cambiamos o noso nome a “Banana’s Blood” (risas). -Neste colexio case todos pensan que o hardcore, metal etc....é ruído,que opina de iso? Penso que todas as opinións son respectables, pero este tipo de música teñen que escoitarse detenidamente e moitas veces para collerlles o gusto e o cariño. Moitas grazas pola fantástica entrevista, Manuel, deica outra. Pablo del Moral, Darío Ledo, Dani Corral
  • 6. ASÍ É A NOSA VIDA NO CENTRO O día do AMOR e AMIZADE no IES Castro da Uz celebrouse o 14 de febreiro, popularmente coñecido como o día de San Valentín, con diferentes actividades: Como todos os anos repartíronse as cartas de amor. Este ano os “Carteiros “ foron Alba Losada de 2º BAC e Marcos Otero de 4º ESO, tamén encargados de repartir os regalos do amigo invisible. Por primeira vez fíxose un concurso de microrrelatos co tema do amor, onde o gañador foi Diego Filgueiras de 3º ESO. O amor Hai moitos tipos de amor, amor de nai a fillo, de fillo a nai, amor de amigo, amor á primeira vista, o amor verdadeiro e outras parvadas máis. Dise que o amor é cego porque Cupido lanza as frechas cos ollos pechados, pero se cae nun animal non é amor, é zoofilia. Buscade o amor, pero non perdades moito tempo. Por último celebrouse un concurso á mellor parella, na que houbo que facer unha segunda votación por fraude electoral na primeira, organizado por Radio Ras. Os gañadores foron Andrea Castro de 4ºESO e Alexandro Cabarcos de 1º Bacharelato. Silvia Gómez Anca, 3ºESO UN DÍA CO ALCALDE DAS PONTES Un día de febreiro de 2011 o IES Castro da Uz abriulle ás portas a Valentín González, o actual alcalde de As Pontes. Estivo arredor de 90 minutos, respondendo a todas as preguntas que os alumnos lle fixeron e xa tiñamos seleccionadas, querendo “imitar” o programa televisivo “Teño unha pregunta para vostede”, unha idea de Radio Ras. Carmen e Lía conduciron o programa e moderaron a quenda das preguntas que partían do público- formado polos alumnos e alumnas do centro-. Así comezou todo: ¡ Bos días a todos e todas e grazas por estar con nós, alcalde! Somos Carmen e Lía. Cursamos 2º de ESO e intentaremos que pase uns momentos agradables con nós e que as preguntas non sexan demasiado comprometidas... Valentín é alcalde da nosa vila dende as eleccións do 27 de maio de 2007 nas que se presentou polo PSdG- PSOE. A árbore celta da súa vida é o pradairo que o define como persoa imaxinativa, orixinal e inconformista. Tímido e reservado. Ambicioso, orgulloso e seguro de si. Nervioso e de difícil trato. Con facilidade para a aprendizaxe e boa capacidade memorística e cunha vida amorosa complicada. ¿Está de acordo coa simboloxía da súa árbore? ...............
  • 7. A alumna Lara Cal Prieto de 4º da ESO preguntoulle a Valentín se se ofrecía a poñer uns bancos no instituto para axudarnos a facer “o paseo literario” arredor das nosas árbores celtas. O alcalde comprometeuse a facelo, e… ¡Aínda non os temos! Fixemos numerosas chamadas para saber se se estaba tramitando, pero esas chamadas non foron contestadas. Preguntámoslle cal era o seu libro favorito, ao que el contestou: Los pilares de la tierra, porque lle marcara moito. Quixemos saber se tiña un lado simpático, pero… non, posto que cando o alumno Diego Filgueiras díxolle que contara un chiste, el pensou e pensou e non lle viña ningún á cabeza, entón decidiu contarnos unha graciosa anécdota sobre Einstein, aínda que as risas non estiveron presentes ao final de dita anécdota... Preguntámoslle que opinaba sobre “O decreto do carbón” ao que el respondeu que todo se solucionaría. Sobre os lugares de ocio para a mocidade das Pontes... Dende aquí dámoslle as grazas ao alcalde por “someterse” ao noso interrogatorio e esperamos que cumpra a súa promesa. OS NOSOS BANCOS!!! Sara Uceira Castro, 3ºESO COIDANDO AS NOSAS ÁRBORES Como todos os anos, no mes de febreiro “toca” poda. As árbores celtas, que plantaron hai anos os nosos compañeiros, seguen medrando e nós seguimos coidándoas. Este ano estamos moi enfadados porque vimos que “algúns” non coidan o que é noso. A nogueira estaba moi ferida porque alguén lle fixera dano... Non entendemos que culpa teñen as árbores para ter que meterse con elas. Que saiban esas “persoas” que nós imos seguir coidándoas, que imos plantar para o ano o tileiro, a faia e a nogueira e que crecerán fortes, porque estaremos ao seu lado. Tamén “recuperaremos” o cartel que tiñamos na entrada do centro con todas as árbores que están arredor do instituto e alguén queimou “sen querer”. SEGUIMOS SENDO SOLIDARIOS Este ano non puidemos ter un “recreo solidario” por falta de tempo de algunhas... Iso non impediu que seguísemos facendo cousiñas que logo venderiamos para axudar aos nosos “ex – soldado da RDC”. Son moitos anos os que levamos con eles e elas e non imos fallarlle. O alumnado “solidario” elaborou deseños para facer postais, calendarios.... que logo venderon e recadaron cartiños que se enviarán no mes de xuño xunto co recadado pola venda da revista. Lucía Calvo, 4ºESO
  • 8. ESTIVEMOS CON…. MARÍA LADO E LUCÍA ALDAO O día 22 de novembro María Lado e Lucía Aldao compartiron con nós o seu xeito de entender a poesía. Así as recibimos: Celia: Hoxe, como todos sabemos, imos ter o pracer de presenciar un recital de poesía da man de dúas importantes voces galegas, María Lado e Lucía Aldao. Tino: Non vai ser un recital normal, xa que como temos entendido, María e Lucía poñen en práctica outro modelo de recital que vai tirar os prexuízos que tedes sobre a poesía. Celia: María Lado naceu en Cee e está licenciada en Filoloxía Galega, pero profesionalmente dedícase ao teatro, traballa para editoriais e é bloguera. Tino: Lucía Aldao comezou a súa carreira en Filoloxía Galega, pero como non lle gustaba, preferiu estudar Corte e confección e un curso de patronaxe industrial. Celia: Xuntas forman un binomio lírico que abraia co seu espectáculo de ironía e humor. Tino: Cabe destacar que estas dúas poetisas comezaron a involucrarse neste mundo desde xa moi noviñas participando en concursos escolares. Celia: Esperamos disfrutar co espectáculo destas dúas poetisas galegas. Nada mellor que algunhas palabras do público para comentar esta experiencia poética: " Lucía e María son unhas boas poetisas que escriben sobre o que a elas lles apetece e con esta temática e coa súa vitalidade chegan moi ben á xente. Creo que Lucía Aldao, escribindo como escribe e cantando como canta, podería dedicarse profesionalmente á música". "O recital foi innovador e produtivo. O xeito de amosar a literatura foi, simplemente, diferente. Ensináronos poesía dun xeito divertido e entretido e incluso contaron coa participación do público. Se houbera máis recitais coma este e máis accesibles, a xente interesaríase pola poesía galega que parece ser un tema de pouco interese social." “ Abraioume a forma de expoñer a poesía que estas dúas mulleres nos ofreceron, pois penso que é o mellor xeito de que esta chegue aos máis novos, aínda que teñan diferentes gustos. O espectáculo creo que non deixa a ninguén indiferente porque combina moi ben varias artes, o que máis me gustou foi como combinaron a musica variando o volume”. “A visita destas poetisas pareceume moi interesante e entretida, unha maneira moi divertida de escoitar poesía, pensándoa e emocionándote con ela. As diferentes actividades que realizaron gustáronme xa que grazas a elas faime pensar que calquera persoa pode facer poesía só mostrando os seus sentimentos.” “Pareceume unha moi boa presentación para este xénero tan descoñecido nas nosas xeracións, mais alá de libros e gramáticas que fan da poesía un xénero repelente. Así pois, onte coñecemos unha poesía moi diferente e verdadeira, por fin!!! Celia Díaz, 2ºBAC Dedicatoria que deixaron para a biblioteca do centro
  • 9. A TROPA DE TRAPO Dende hai tres anos compartimos o Día da Paz cos nosos amigos Brais e Marta, A tropa de trapo. Desta vez presentaron os “ Contos coas mans abertas” Estes contos, como eles din "están cheos de esperanza, de humor, de amor, de realidade, de pequenas loitas posibles e de grandes soños no horizonte. Contos para mellorar o mundo, para entendelo mellor, para traballar por el. Sempre coas nosas mans, as que temos, as que tanto valen: as nosas mans abertas." Brais e Marta contaron as súas historias acompañados pola guitarra e laúde árabe para meternos aínda máis nas súas historias. Pero despois... Despois chegaron os talleres. Distribuímonos en grupos (un con Brais e outro con Marta) para recordar o necesario que é compartir, ser solidario... ¿Que traeredes o ano que vén? Grazas, Brais e Marta Argalleiros das letras OWEI E DONLLO Logo de ler Makinaria, "os argalleiros e argalleiras", eliximos o poema que máis nos gustou do libro - xa sabedes, "Game Over"- para recitalo ao noso xeito. Como non saíu como esperabamos decidimos pedir axuda. No camiño cruzáronse Owei e Donllo , dous rapeiros que se achegaron ata o instituto a rapear, facer beatboxing e outras cousas máis. Comezaron o taller cunhas breves explicacións sobre fonética, pausas, ritmo, entoación... Como os compoñentes do club de lectura somos solidarios, botámoslles unha man aos de 1ºBAC, que andan traballando no blog de Lois Pereiro -autor a quen se lle dedica o día das letras galegas este ano- , e pedímoslles a Owei e Donllo que nos axudasen a rapear uns poemas que nos achegaran os nosos compañeiros para logo ensinarlles nós a "rapealos". Neste taller custounos un pouquiño "entrar" porque estabamos algo "cortados", pero acabamos meténdonos, non como as "profes" que non se atreveron. Coas bases musicais e cos apuntamentos que nos deixaron os nosos rapeiros esperamos que os compañeiros de 1ºBAC “rapeen” como se merecen os poemas de Lois Pereiro. Os argalleiros e argalleiras deixámosvos o enlace da páxina que teñen Owei e Donllo: http://www.myspace.com/delalazrecords
  • 10. DAVID RUBÍN Este ano no club de lectura, lemos Onde ninguén pode chegar do autor David Rubín. O libro era tan bo que o chamamos para que viñera falarnos sobre o seu libro e a súa vida como escritor e ilustrador. A nosa compañeira, Silvia fixo unha pps na que recollía información do autor e da obra para presentalo, pero non foi necesaria porque David xa foi directamente ao que lle interesaba. Aquí vai unha mostra do seu traballo: Onde ninguén pode chegar foi gañadora no 2005, do premio Castealo de banda deseñada, instituído pola Deputación Provincial da Coruña. En decembro de 2005, esta historieta foi publicada (integrada na novela gráfica O circo do desalento) pola editorial vasca Astiberri, mentres que a versión en galego foi publicada por Edicións Lea. Conta a historia dunha antiga parella que se reencontra dez anos despois da súa ruptura. Rubín vai alternando na narración o pasado e o presente. “A intriga do relato mantense ata a última páxina, que é cando o lector pode atar todos os cabos” Na súa visita comezou falándonos sobre o seus cómics publicados, amosándonos o proceso de ilustración, como os borradores o pasado a tinta e o acabado final. Contounos as historias dos seus cómics e de porque os escribira. Os primeiros cómics que publicou estaban baseados na súa vida, pero dende un punto de vista máis atractivo cara ao publico, por exemplo dos seus desamores. Logo chegou a hora das nosas preguntas: ¿Cando decidiches que serías escritor ? ¿Quen che inspirou para comezar a escribir? Dos libros que escribiches, ¿ cal é o teu favorito? ¿Alguén che deu a idea para os nomes dos personaxes dos teus cómics? Sobre o teu último cómic, O Heroe, ¿Poderíasnos facer un adianto da segunda parte? ¿Algunha vez sentiches que perderas a túa inspiración para debuxar ou narrar? ¿De onde procede a tristeza que teñen algúns personaxes? ¿En que outros proxectos estas traballando na actualidade? ¿Por que empregas esa cor rosa? ¿Cales son os teus autores de culto?... e todas tiveron resposta. A nosa impresión foi moi boa, e fixo que nos interesaramos máis polos cómics. Ademais despediuse cuns debuxos a modo de agasallo nos que amosou que é un ARTISTA. Se visitades a biblioteca poderedes ver e ler as súas obras. Merece a pena. Marcos García, Jennifer Somoza, 3ºESO
  • 11. Dende Radio Ras, as rapazas e rapaces que día a día traballamos nela, queremos mostrar un pouco do que facemos cada día para intentar que todos vós gocedes da nosa música e das nosas noticias. Este ano unha das cousas que quixemos facer dende a radio foi realizar polo día do amor e da amizade un concurso para escoller a parella ideal do IES Castro da Uz. (Eleccións) (A parella ideal escollida (Eleccións) polo alumnado, Alejandro Cabarcos e Andrea Castro) Gustaríanos que todos vos animedes a participar na Radio e a darnos consellos mediante o noso buzón de suxerencias (na biblioteca), o noso tuenti (Radio Ras) ou mediante o noso correo (radiorasiescastrodauz@hotmail.com). E recordade que estaremos todos os recreos posibles ofrecendo noticias de todo tipo e moita música. Todos os membros da Radio: Carmela, Noelia, Natalia, Carmen e Lucía de 1º E.S.O
  • 12. DÍA 25 DE NOVEMBRO, día internacional contra a violencia de xénero A orixe do 25 de novembro remóntase ao ano 1960, ano no que as tres irmáns Mirabal foron violentamente asasinadas ( os seus corpos esnaquizados apareceron no fondo dun precipicio) por membros da policía secreta do ditador Trujillo na República Dominicana polo seu activismo político. Patria, Minerva e María Teresa - coñecidas coma as bolboretas inesquecibles - convertéronse no máximo expoñente da crise de violencia contra a muller en América Latina. O 25 de novembro foi a data elixida para conmemorar as súas vidas e promover o recoñecemento da violencia de xénero. No Encontro Feminista de Latinoamérica e do Caribe, celebrado en xuño de 1981 en Bogotá, as mulleres denunciaron a violencia de xénero a nivel doméstico, as violacións, o acoso sexual ás que se vían sometidas só polo feito de ser muller diante dos Estados. As Nacións Unidas, no ano 1999, a proposta da República Dominicana e co apoio de 60 países máis, decidiu declarar o 25 de novembro como O DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER. Sandra, Mario, Mireya e Brais, 2ºESO. En Radio RAS achegabamos información sobre os traballos de investigación que estaban a facer os de 2ºESO para recordar a todas as mulleres vítimas da violencia de xénero durante o ano 2010. Puxéronlle nome: Josefa, Ivana, Victoria, Isabel, Teresa, Carme, Antonia, Silvia, Enma, Fátima, María Fernanda, Fatna, Ana, Guadalupe, Farida, Mercedes, Dolores, Mónica, Delfina, Rafaela, Milagros, Felicia, Laura,Cecilia, Carme, Amelia, Monserrat, Nikauris, Damiana, Johana, María Rosa, María del Rocio, Piedad, Cristina... e outras máis que aparecían só as súas iniciais… De todas soubemos a súa historia e démonos conta que moitas delas NUNCA DENUNCIARAN OS MALOS TRATOS. Para rematar co traballo, Fátima deseñou o lazo no que aparecía o lema: DEBERÍAS ESTAR CON NÓS. Os alumnos e alumnas de 1ºESO puxémonos na pel dunha muller mal tratada, fixemos fotos que amosaban esta violencia, pensamos en lemas para berrar contra esta violencia: NON AO MALTRATO, PAREMOS A VIOLENCIA DE XÉNERO, ELIMINEMOS A VIOLENCIA!!! 4ºESO decidimos realizar vídeos que representasen esta violencia para velos e comentalos. Tratamos o tema “literariamente” Sangue, dor, inxustiza, maltrato, recordos? Non hai recordos. Só a busca de razóns, de verlle o sentido, non ten sentido, non ten razón, non ten xuízo... A dor mata a felicidade, a morte mata a vida. Corazóns rotos, conciencias intranquilas, silencio das testemuñas, dolorosos recordos. Alejandro Cabarcos, 1ºBAC Brutal obsesión, sombrío illamento triste final. Daniela Barro, 1ºBAC Neste silencio patadas e patadas caras marcadas. David González, 1ºBAC Golpes, patadas, choros, dores, insultos, vida perdida. Francisco Prieto, 1ºBAC Ollos vermellos, berros entristecidos: corazóns rotos. Samuel Laguarda, 1ºBAC Sente por dentro a muller maltratada o seu silencio. Mauro López, 1ºBAC Aflora a dor, bágoas, pel morada, ollos sen vida. Andrea Fornos, 1ºBAC
  • 13. PAZ + IGUALDADE = UN MUNDO MELLOR Receitas para a igualdade Primeira: INGREDIENTES: -1 gramiño de solidariedade -2kg de humildade -1 chisco de preocupación polos demais. - 1 gramo de integración -1 kg de cariño - 1000 e 1000 persoas que colaboren ELABORACIÓN Mesturando estas cinco cousiñas cun chisco de azucre xa teremos igualdade no mundo enteiro. Mireya Cabarcos 2ºESO Segunda: INGREDIENTES: Fariña, azucre, leite, auga, lévedo, e 1kg de paz. ELABORACIÓN: Primeiro mesturamos a auga coa fariña e removemos todo. Unha vez remexido botámoslle o azucre e o leite e seguimos remexendo. Agregamos un pouco de lévedo, 1 kg de paz e metémolo ao forno. GRAO DE DIFICULTADE: non presenta ningunha. Carla Barro Almeida, 2ºESO Receitas para conseguir un mundo mellor: Primeira NOTA: o prato que presentamos hoxe é verdadeiramente difícil de cociñar, así que apuntade ben as cantidades exactas e os ingredientes cos que imos traballar. ELABORACIÓN: Engadimos 100 kg de amor ( se algún de vostedes mercou odio é mellor que o devolva ou tire ao lixo porque nesta receita non ten cabida). Deseguido botamos igualdade, toda a que queiramos, xa que é un dos compoñentes fundamentais deste prato. Despois disto tócanos verter paz, sempre despois de lavala para evitar que a guerra non emporcalle o menú. Finalmente, e por iso non menos importante, debemos engadir na pota na que estamos a cociñar moita moita ledicia e sorrisos. Só, e para rematar, queda comela para que estea no seu punto xusto e ¡¡¡ A COMPARTIR MESA CON TODOS! Mario Formoso David, 2ºESO Segunda INGREDIENTES: 1 quilogramo de comprensión, medio quilogramo de dozura e 3 quilogramos de amizade e igualdade. 2 quilogramos de ilusión e felicidade e unha pouquiña paciencia. ELABORACIÓN: Bótanse todos os ingredientes nunha cunca e mestúranse ben mesturados. Cando remates mételo no forno a 250ºC durante 2 horas. Sácalo e esperas a que enfríe para metelo na neveira. Haberá que esperar dúas semanas para que o prato calle e adquira un sabor exquisito. GRAO DE DIFICULTADE: se todos axudaramos sería todo máis fácil. Patricia Bermúdez Purriños, 2ºESO Receita para a amizade Grao de dificultade: fácil INGREDIENTES: -500 g de fidelidade -100g de amor -1 kg de diversión - un chisco de risos - 200 g de confianza ELABORACIÓN: Mesturar a fidelidade coa confianza e cando estean totalmente mesturadas, engadir o amor e a diversión. Coidar todo moi ben sen esquecerse de engadir risos.
  • 14. O ALUMNADO DE 3º ESO E A PAZ O mar azul xoga,O mar azul xoga,O mar azul xoga,O mar azul xoga, as ondas suaves soñan.as ondas suaves soñan.as ondas suaves soñan.as ondas suaves soñan. A branca escuA branca escuA branca escuA branca escuma ri,ma ri,ma ri,ma ri, o ceo brillante canta,o ceo brillante canta,o ceo brillante canta,o ceo brillante canta, o amor vermello ama,o amor vermello ama,o amor vermello ama,o amor vermello ama, o sol claro escoita, eo sol claro escoita, eo sol claro escoita, eo sol claro escoita, e a luz ea luz ea luz ea luz e a paza paza paza paz camiñan buscando a vida.camiñan buscando a vida.camiñan buscando a vida.camiñan buscando a vida. Francisco José Corral Camiña nun mar brillante e suaveCamiña nun mar brillante e suaveCamiña nun mar brillante e suaveCamiña nun mar brillante e suave xogando nun ceo azul.xogando nun ceo azul.xogando nun ceo azul.xogando nun ceo azul. Ama unha vida clara, cantadaAma unha vida clara, cantadaAma unha vida clara, cantadaAma unha vida clara, cantada por unha branca luz.por unha branca luz.por unha branca luz.por unha branca luz. Cando rinCando rinCando rinCando rin as ondas, a escumaas ondas, a escumaas ondas, a escumaas ondas, a escuma soña coasoña coasoña coasoña coa pazpazpazpaz e co amore co amore co amore co amor escoitando un vermello solescoitando un vermello solescoitando un vermello solescoitando un vermello sol. Silvia Gómez Anca Ondas suaves rían,Ondas suaves rían,Ondas suaves rían,Ondas suaves rían, o mar azul xogaba coa vida,o mar azul xogaba coa vida,o mar azul xogaba coa vida,o mar azul xogaba coa vida, o amor vermello soñaba con amaro amor vermello soñaba con amaro amor vermello soñaba con amaro amor vermello soñaba con amar un sol brillante coma a luzun sol brillante coma a luzun sol brillante coma a luzun sol brillante coma a luz mentres escoitabanmentres escoitabanmentres escoitabanmentres escoitaban a paza paza paza paz no claro ceo.no claro ceo.no claro ceo.no claro ceo. A escuma brancaA escuma brancaA escuma brancaA escuma branca cantabacantabacantabacantaba mentres camiñaba.mentres camiñaba.mentres camiñaba.mentres camiñaba. A paz,A paz,A paz,A paz, no claro ceo escoitábaos.no claro ceo escoitábaos.no claro ceo escoitábaos.no claro ceo escoitábaos. Alba Vázquez Fraga O mar azul escoitaO mar azul escoitaO mar azul escoitaO mar azul escoita as suaves ondas,as suaves ondas,as suaves ondas,as suaves ondas, que xogan a amar a vida,que xogan a amar a vida,que xogan a amar a vida,que xogan a amar a vida, mentres o brillante ceo cántallementres o brillante ceo cántallementres o brillante ceo cántallementres o brillante ceo cántalle ao vermello sol, que camiña con luz eao vermello sol, que camiña con luz eao vermello sol, que camiña con luz eao vermello sol, que camiña con luz e amor.amor.amor.amor. Esa luz soña coa branca escuma eEsa luz soña coa branca escuma eEsa luz soña coa branca escuma eEsa luz soña coa branca escuma e coa brancacoa brancacoa brancacoa branca paz.paz.paz.paz. Diego Filgueiras Castrillón O sol xogaba coa clara luzO sol xogaba coa clara luzO sol xogaba coa clara luzO sol xogaba coa clara luz no brillante ceo azul.no brillante ceo azul.no brillante ceo azul.no brillante ceo azul. As ondas do mar soñaban con amar.As ondas do mar soñaban con amar.As ondas do mar soñaban con amar.As ondas do mar soñaban con amar. A escuma suave e branca escoitaba a vida.A escuma suave e branca escoitaba a vida.A escuma suave e branca escoitaba a vida.A escuma suave e branca escoitaba a vida. A vermella vida camiñaba e ríaA vermella vida camiñaba e ríaA vermella vida camiñaba e ríaA vermella vida camiñaba e ría porque a brancaporque a brancaporque a brancaporque a branca pazpazpazpaz cantaba.cantaba.cantaba.cantaba. Sara Uceira Castro As ondas do mar azulAs ondas do mar azulAs ondas do mar azulAs ondas do mar azul xogan coa escuma branca.xogan coa escuma branca.xogan coa escuma branca.xogan coa escuma branca. A luz suave do sol claro,A luz suave do sol claro,A luz suave do sol claro,A luz suave do sol claro, soña con camiñar polo ceo.soña con camiñar polo ceo.soña con camiñar polo ceo.soña con camiñar polo ceo. A vida soña coaA vida soña coaA vida soña coaA vida soña coa pazpazpazpaz mentres os escoita rir.mentres os escoita rir.mentres os escoita rir.mentres os escoita rir. A luz vermella do sol claro,A luz vermella do sol claro,A luz vermella do sol claro,A luz vermella do sol claro, canta por riba do ceo.canta por riba do ceo.canta por riba do ceo.canta por riba do ceo. Marcos García Carballeira A escuma branca xoga cA escuma branca xoga cA escuma branca xoga cA escuma branca xoga coas ondas no maroas ondas no maroas ondas no maroas ondas no mar azul,azul,azul,azul, o ceo claro escóitaos rir mentres canta.o ceo claro escóitaos rir mentres canta.o ceo claro escóitaos rir mentres canta.o ceo claro escóitaos rir mentres canta. A suave e brillante luz do Sol vermelloA suave e brillante luz do Sol vermelloA suave e brillante luz do Sol vermelloA suave e brillante luz do Sol vermello Camiña soñando co amor,Camiña soñando co amor,Camiña soñando co amor,Camiña soñando co amor, coacoacoacoa pazpazpazpaz............ Amando a vida.Amando a vida.Amando a vida.Amando a vida. Uxía Pico García As ondas do mar azulAs ondas do mar azulAs ondas do mar azulAs ondas do mar azul soñan co brillante ceo,soñan co brillante ceo,soñan co brillante ceo,soñan co brillante ceo, coa suave luz do sol ecoa suave luz do sol ecoa suave luz do sol ecoa suave luz do sol e xogan a amar axogan a amar axogan a amar axogan a amar a vida,vida,vida,vida, a escoitar a brancaa escoitar a brancaa escoitar a brancaa escoitar a branca pazpazpazpaz,,,, a camiñar, rir e cantar ao amora camiñar, rir e cantar ao amora camiñar, rir e cantar ao amora camiñar, rir e cantar ao amor coa escuma vermella brillando ao sol.coa escuma vermella brillando ao sol.coa escuma vermella brillando ao sol.coa escuma vermella brillando ao sol. Daniel Corral López O ceo azul escoitaba a brillante escuma noO ceo azul escoitaba a brillante escuma noO ceo azul escoitaba a brillante escuma noO ceo azul escoitaba a brillante escuma no mar.mar.mar.mar. A luz do sol vermello xogaba e cantaba.A luz do sol vermello xogaba e cantaba.A luz do sol vermello xogaba e cantaba.A luz do sol vermello xogaba e cantaba. O amor claro e branco soñaba na vida coaO amor claro e branco soñaba na vida coaO amor claro e branco soñaba na vida coaO amor claro e branco soñaba na vida coa pazpazpazpaz e co amor.e co amor.e co amor.e co amor. O ceo camiñaba mentres a escuma do marO ceo camiñaba mentres a escuma do marO ceo camiñaba mentres a escuma do marO ceo camiñaba mentres a escuma do mar o amaba.o amaba.o amaba.o amaba. Yennifer Somoza Vilasuso
  • 15. "TODO O PODER PARA OS SOVIETS" O día 15 de Abril do 2011, o I.E.S. Castro da Uz, (o noso vamos), apareceu inundado dunha serie de panfletos e pancartas. As máis grandes dicían “Todo o poder para os soviets”, pero ademais había outras que pouca xente entendeu, e non é para menos, xa que algunhas estaban en ruso. A incertidume por coñecer a que facían referencia estes cartaces xurdiu entre a comunidade escolar. ¿Que é isto dos soviets? Foi a pregunta máis estendida esa mañá. A través deste artigo pretendemos dar resposta a esta cuestión, (e a algunha máis). A clase de Historia do Mundo Contemporáneo, por veces, pode ser tediosa, (e non dicimos sempre, porque o profe vai ler isto e pódese enfadar). Todas esas revolucións, burguesas, industriais... todas esas guerras e todos eses conceptos dos que ninguén escoitou falar, e que nunca poderemos empregar en Hermo para ligar, por veces poden resultar áridos e aburridos. Así, aproveitando que Jacobo e Adrián marchaban para Francia, ou o que é o mesmo, que faltaba o 33% da clase máis musculado (e non falamos de Jacobo), decidimos afrontar o estudo da Revolución Rusa dunha maneira alternativa. Isto permitiunos afrontar un tema especialmente denso dun modo máis dinámico e entretido. Así, aproveitando que estabamos no mes de Abril, e as teses de Abril son un elemento fundamental da Revolución Rusa e da historia do Mundo Contemporáneo, decidimos centrar o noso traballo na análise, no estudo e na difusión das mesmas dentro do instituto. Xa se sabe que as penas (e o aburrimento), se son compartidas lévanse mellor. Deste modo, puxemos en marcha o noso plan, que tiña algo de investigación, bastante de reflexión, e moito de gamberro (que foi o que máis lle gustou a Mauro). Ademais, tamén tiña uns toques de artístico, de práctico e de clandestino, que nos permitiron divertirnos e enriquecernos dende a perspectiva non só intelectual (esta última é outra desas palabras que non deberiades de empregar en Hermo, xa postos tampouco no Pepe). O primeiro e máis importante foi buscar as Teses de Abril, non só no extracto que aparecía no noso libro, que, aproveitamos para dicilo, é un tocho dos gordos, senón nas fontes orixinais. Neste caso, internet, e Google en concreto, xogaron un papel básico. Introducimos “Teses de Abril” no buscador, e descubrimos que ante nós aparecían un montón de páxinas que facían referencia ó tema. Agora tocaba facer o traballo máis difícil, sintetizar e plasmar graficamente a información que tiñamos diante. Limos, debatemos, redactamos, borramos, volvemos redactar, volvemos debater, perdemos o redactado..., ata que ó final chegamos a un acordo definitivo. A parte teórica estaba feita, só faltaba o mellor, levar o noso plan á práctica. Que necesitamos para difundir “a nosa obra”? Non imos desvelalo aquí, é un segredo só reservado para os artistas (Alex empeñouse en que éramos artistas, así, aínda que non temos moi claro onde está a nosa arte, pois poñémolo igual), o que si debemos recoñecer é que foi máis difícil do que poda parecer, e tivemos que molestar a máis de un e a máis de dous para conseguir todo o necesario. Porén o máis difícil de todo foi gardar o segredo. O factor sorpresa era a cuestión clave do noso plan. Sen sorpresa, todo o traballo realizado non tiña sentido. E non vos podedes imaxinar o difícil que é gardar un segredo neste instituto. Así, cada vez que alguén entraba na aula e nos collía cas mans nas patacas (e xa sabedes que non hai nada como estar cas mans nas patacas para que apareza alguén), dabámoslle dúas opcións, ou uníanse a nós ou tiñan que empezar a cavar a súa tumba, non lles quedaba outra . E tendo en conta o vagos que son por aquí os nosos compañeiros, todos decidiron unirse a nós, salvo Fran (3º ESO) que nin baixo a ameaza directa de Mauro... Así, máis mal que ben, conseguimos manter o efecto sorpresa. Iso si, non sen ter provocado algunha situación de risa total, e con “vaciles” incluídos ós de 2º de Bach., non vaia ser que se foran moi de guais (como se nota que xa non están no instituto e agora mandamos nós). En conclusión, foi unha actividade que mereceu a pena. Aprendemos, divertímonos, e ademais nos quedamos con toda a peña. Así que xa sabedes que foi o que pasou. Todo o poder para os Soviets. Alba, Adrián, Alejandro, Mauro, Iago e Jacobo de 1º de BACH.
  • 16. ACCIDENTE NUCLEAR EN XAPÓN Hoxe en día aínda a xente non se conciencia do perigosa que pode chegar a ser a enerxía nuclear, das graves consecuencias que pode provocar un problema nunha central etc… A enerxía nuclear considérase unha forma de obter enerxía rápida é barata, porén ten numerosos puntos negativos. Un deles, a eliminación de residuos radioactivos xerados pola produción, xa que son moi difíciles de poder desfacerse deles.Os produtos radioactivos tardan millóns de anos en desaparecer Ao longo da historia non son moitos os casos de crises nucleares ou de problemas orixinados pola radiación…. Pero, o que é certo é que cando se produce un destes feitos as súas consecuencias son devastadoras.. . Certo é que ata fai poucos anos a xente aínda non sabía ben o perigosa que podía chegar a ser a enerxía nuclear. O 26 de abril de 1986 en Chernobyl - Ucrania- produciuse un fallo no sistema da central, o que provocou unha explosión e o escape de miles de toneladas de radiación á atmosfera. Combater contra un inimigo invisible é moi complicado. A xente non se podía defender de algo tan mortífero. Ademais tardouse un mes en coñecer a verdade en todo o mundo. As autoridades quizais non se querían ver implicadas nun feito coma este. As persoas que traballaron para poder controlar esta crise na central morreron aos poucos meses, ao igual que outras que vivían preto. Apareceron numerosos casos de cancro mutacións, enfermidades nunca vistas etc… Chernobyl na actualidade é coñecida como a cidade fantasma polo simple feito de que ninguén pode vivir alí polas altas radiacións que hai no aire. ( Ocorrerá o mesmo en Xapón ) O 11 de marzo de 2011, Xapón padeceu –e segue padecendo- os efectos doutra crise nuclear xerada polo terremoto, que afectou a rexión de Tohoku e rexistrou unha magnitude de 9,0 MW, e polo posterior tsunami. Xapón posúe 17 centrais nucleares con 55 reactores de múltiples modelos. 11 reactores pecharon a súa actividade tras o terremoto. Destes 11, os situados na centrais de Fukushima I (con 6 reactores de vapor de auga, unha tecnoloxía dos anos 70) e Fukushima II (da mesma tecnoloxía e con outros 4 reactores), situados a uns 80 quilómetros do epicentro recibiron numerosos danos na súa estrutura. Na central Fukushima I perderon o sistema de refrixeración de emerxencia do primeiro reactor e comezou a fusionarse o núcleo (emitindo cesio), estoupando a cúpula exterior do reactor o sábado 12 de marzo de 2011 ás 6 da tarde. O goberno xaponés ordenou bombear auga de mar para evitar a fusión total do núcleo. O fallo cualificouse pola Axencia internacional da Enerxia Atómica como de nivel 4. Existe un perímetro de emerxencia de 20 quilómetros na central Fukushima I e outro de 10 quilómetros na central Fukushima II. As consecuencias deste “accidente” nuclear, serán as mesmas ou peores que as padecidas en Chernobil? E nós somos os que agora nos preguntamos ¿ Porque non se tomaron as medidas necesarias de seguridade logo do ocorrido en Chernobyl? ¿Alguén pensou en preguntarlle ao resto do mundo se estaba de acordo con este tipo de enerxía? Se todos sabemos que a enerxía nuclear pode causar danos irreparables, ¿ porque non se cerran as centrais para poder evitar masacres coma estas? Nós sabemos que hai outras alternativas. Lara Cal Prieto Marcos Otero Pedre. 4º ESO
  • 17. A NOSA BIBLIOTECA Como todos os anos, seguimos informándovos das “novidades” da nosa biblioteca porque somos nós quen a sacamos adiante. A principios de curso decidimos comezar coa sinalización da biblioteca porque nos demos conta que era o único lugar do centro que non aparecía anunciado por ningures. Comezamos o traballo e, despois de moitas discusións polo deseño, cambios obrigados por cuestións económicas.... chegamos a un acordo. Empregando as cores da CDU deseñamos un camiño feito con cadradiños que partira de todas as aulas -respectando as cores que lle correspondían- e chegase ata a biblioteca. Non vexades as contas que tivemos que facer para contar os cadrados que había para cada cor...(¿Que pasaría pola mente de toda a comunidade educativa cando saían das aulas e vían só cadradiños de cores nos corredores sen saber que significaban???) Logo houbo que pensar como converxían eses camiños nos descansos e na entrada do centro. Chegounos a "iluminación", coma sempre. ¡ Que mellor que aproveitar o noso ex-libris para que, cun fondo de cores coñecidas, fose dando pistas! Aí vai a mostra final. Rematado este traballo comezamos o seguinte: pintar as estanterías da biblioteca para facilitar a búsqueda dos libros e ir recordando a CDU. ¿Quen faría o traballo?? Si, os que estades pensando, os de sempre. Levounos tempo –todo o curso-, tivemos que escoitar algúns comentarios simpáticos dos que entraban ( “isto parece a bandeira do orgullo gay”, e claro está, nós explicabámoslles), pero ao final ben contentiños que estamos porque fixádevos como quedou. O alumnado de 4ºESO matriculado en plástica, moitos tamén membros do club de lectura, démoslle o aspecto que nos gustaba á nosa biblioteca. Un ano máis, a biblioteca convocou o 5º concurso de caligramas para todos os centros de Galicia, e nós, claro está, participamos todos os anos sabendo que iamos ver como o premio marchaba lonxe do noso centro. En fin... O xurado que elixiu os gañadores foi: Celia, Rosa Alba, Ana e Alba Losada. E MENUDA SORPRESA QUE NOS LEVAMOS... Un descanso ben merecido.
  • 18. SECUNDARIASECUNDARIASECUNDARIASECUNDARIA PPPPRIMARIARIMARIARIMARIARIMARIA . FINALISTAS DE SECUNDARIA FINALISTAS DE PRIMARIA ¡¡¡ POR FIN, O CASTRO DA UZ conseguiu o primeiro premio de secundaria!!! Lucía Calvo gozará dunha fin de semana nunha casa de turismo rural acompañada por dúas persoas máis ¿a quen levará??? Lucía, Natalia, Lara, Alba, Candela, Paula, Cristina, Andrea, Manuel, Francisco, Sergio, 4ºESO ----Primeiro Premio:Primeiro Premio:Primeiro Premio:Primeiro Premio: Lucía Calvo FigueiraLucía Calvo FigueiraLucía Calvo FigueiraLucía Calvo Figueira (baixo o pseudónimo de Caramelo), alumna do IES Castro da uz, As Pontes. A Coruña. Primeiro Premio:Primeiro Premio:Primeiro Premio:Primeiro Premio: Rocío López JuanesRocío López JuanesRocío López JuanesRocío López Juanes (baixo o pseudónimo de A Pedrafiteña), alumna do CPI Uxío Novoneira, Pedrafita do Cebreiro, Lugo. Fátima García “Nina Mifa” IES CASTRO DA UZ Jorge Pérez “ Gejor” IES VIRXE DO MAR Sergio Lema “Busquets” IES AGRA DAS RAÍCES Natalia Fraga “Piruleta” IES CASTRO DA UZ Miriam Catoira “ O Principiño” CPI PROGRESO Andrea Valle “Nevado” CPI UXÍO NOVONEIRA
  • 19. ARGALLEIROS DAS LETRAS II Un día na reunión do club de lectura xurdiu unha pregunta. Se tiverades que salvar un libro, ¿cal salvariades? Non foi fácil a resposta, pero hóuboas. SALVO : La flor del Tamarindo, Luísa Villar Liébana porque me ensinou que só as persoas con verdadeiro corazón poden pedir desexos; que nós nos queixamos de ir á escola mentres que os nenos e nenas do terceiro mundo queren ir á escola. (Natalia Fraga) Persépolis, Marjane Satrapi. Porque, ademais de ser moi interesante, nos ensina parte da historia e da situación da muller. Como facer un cómic, Lewis Trondheim & Sergio García. Porque así se farían máis cómics e poderíanse ler moitísimos máis libros, non só un. Estudio en escarlata, Arthur Conan Doyle. Porque ten moitos misterios e ata podes intentar descubrir ti mesmo o autor do crime. La biblia, porque nos explica a nosa creación e, en tempos de incultos é unha boa arma. (Daniel) El diario rojo de Carlota, Gemma Lienas. Porque aclara moitas dúbidas sobre a adolescencia. (Sara) Diario de Greg 4, Kinney Jeff. Porque me encanta é moi gracioso e, menos o cinco, lin toda a colección. Come, reza y ama, Elizabeth Gilbert. Porque trata dun matrimonio que se divorcia, pero aínda así, cada un fai unha nova familia e volve ser moi feliz porque se encontran a si mesmos. (Jennifer) Death Note 13, Takeshi Obata, Tsugumi Ohba. Porque dá toda a información que ocorre na saga completa e revela o verdadeiro nome dun detective do que ninguén sabe o seu nome. Tamén di como estivo a piques de ser o primeiro libro da colección e a información dos personaxes. (Brais) Brisingr, Christopher Paolini. É o terceiro libro da colección. Paréceme un libro moi interesante, fantástico, de aventuras e misterio, con romances e amor no que aparecen dragóns, elfos, ananos e moitas outras criaturas. (Ana) O inferno de Marta, Alepont, Pasqual. Porque foi un dos poucos libros que me chegou ao fondo e me engatusou con dúas escenas que me meteron nel. ( Miriam P.) ¿Que me queres amor?, Rivas, Manuel. Porque me gustou e é dun autor galego.(Daniel) Aire negro, Agustín Fdz. Paz. Faime recordar cando ía en 2ªESO e téñolle un cariño especial (Sabela) Cando petan na porta pola noite, Xabier P. Docampo. Gustoume moito, en especial o relato da vella que cae no forno.(Ismael) Sherlock Holmes ,Arthur Conan Doyle. Salvaría calquera dos libros deste personaxe porque me gustan as novelas policíacas. ( Francisco) Anxos en tempos de chuvia, Vázquez Freire, Manuel. Porque é un libro moi bonito e ten fragmentos que encerran pensamentos e ensinanzas para a vida. (Miriam M.) O único que queda é o amor, Agustín Fdz. Paz. É un libro que me fai reflexionar e pensar moito.(Cristina) Palabras de caramelo, Gonzalo Moure. Porque é un claro exemplo de amizade. (Alba) A expedición ao Pacífico, Marilar Aleixandre. Porque conta como é a vida nun barco. (Dario) Arrugas, Roca, Paco. Porque me puxo os pelos de punta, é precioso e amosa moi ben a realidade.(Paula e Janira) Robinson Crusoe, Daniel Defoe. Porque é un libro de aventuras que ten acción e trata da soidade. ( Alejandro) Cartas de inverno, Agustín Fdz. Paz. Porque foi un dos mellores libros que lin na miña vida e conta unha historia preciosa e é un libro que lle pode gustar a todo o mundo. Bolboretas, Xabier P. Docampo e Xosé Cobas. Polas súas preciosas imaxes e pola súa sinxela letra.(Natalia) Emigrantes, Shau Tan. Salvaría este libro para que ninguén nunca esquecese o que sufriron as persoas na emigración. Para que sempre recorden ese pasado. (Lara). É real e ensina moitas cousas que te axudan a reflexionar.( Marcos) Memorias dun neno labrego, Neira Vilas, X. Porque é un libro moi bonito e que reflicte o pasado de Galicia. (Manuel)
  • 20.
  • 21.
  • 22.
  • 23.
  • 24. ENTREVISTA REALIZADA POR ÁLVARO RODRÍGUEZ, 1ºESO Póñase cómodo Constantino.Póñase cómodo Constantino.Póñase cómodo Constantino.Póñase cómodo Constantino. Comecemos coas preguntas.Comecemos coas preguntas.Comecemos coas preguntas.Comecemos coas preguntas. -Cando foi a primeira vez que liches un libro?Cando foi a primeira vez que liches un libro?Cando foi a primeira vez que liches un libro?Cando foi a primeira vez que liches un libro? Lembras o título?Lembras o título?Lembras o título?Lembras o título? -O primeiro libro que lin sen contar contos e libros de aventuras foi Sinuhé o exipcio aos doce anos. Non lembro o prezo porque mo comprou o meu pai. -Que les habitualmente?Que les habitualmente?Que les habitualmente?Que les habitualmente? -Novelas, poesía e ensaio. -Onde les habitualmente? A que? Por que?Onde les habitualmente? A que? Por que?Onde les habitualmente? A que? Por que?Onde les habitualmente? A que? Por que? -Normalmente leo na cama nunha franxa horaria entre as dez e as doce, porque nesa hora estou tranquilamente, cómodo e estou concentrado. -Que temática é a que máis che gusta?Que temática é a que máis che gusta?Que temática é a que máis che gusta?Que temática é a que máis che gusta? -Recentemente púxenme a ler libros de historia e agora gústame moito. -En que lingua les habitualmente?En que lingua les habitualmente?En que lingua les habitualmente?En que lingua les habitualmente? En galego e en castelán. -Cantos libros liches o ano pasado?Cantos libros liches o ano pasado?Cantos libros liches o ano pasado?Cantos libros liches o ano pasado? Poderíasnos dicir cales?Poderíasnos dicir cales?Poderíasnos dicir cales?Poderíasnos dicir cales? -Seis ou sete, un era da historia de España, outro de historia de Galicia, outro de historia medieval e algunha novela. -Cal foi o último libro que liches?Cal foi o último libro que liches?Cal foi o último libro que liches?Cal foi o último libro que liches? Non recordo moi ben, pero o último libro que lin posiblemente fora o da historia de España. -Como leva a túa familia que sexasComo leva a túa familia que sexasComo leva a túa familia que sexasComo leva a túa familia que sexas un granun granun granun granpésimo lector?pésimo lector?pésimo lector?pésimo lector? Eu son un gran lector e creo que a miña familia lévao ben. -Que libro lle recomendarías a toda clase de lector?Que libro lle recomendarías a toda clase de lector?Que libro lle recomendarías a toda clase de lector?Que libro lle recomendarías a toda clase de lector? É difícil escoller só un libro pero creo que eu lles recomendaría Merlín e familia do célebre Álvaro Cunqueiro. -Que autores en lingua galega (actuais) coñeces?Que autores en lingua galega (actuais) coñeces?Que autores en lingua galega (actuais) coñeces?Que autores en lingua galega (actuais) coñeces? -Méndez Ferrín, Manuel Rivas, Xavier Alcalá. -Que libro non liches pero che gustaría ler?Que libro non liches pero che gustaría ler?Que libro non liches pero che gustaría ler?Que libro non liches pero che gustaría ler? -O Ulises de James Joice. -E aquí remata a nosa entrevista ata outro verE aquí remata a nosa entrevista ata outro verE aquí remata a nosa entrevista ata outro verE aquí remata a nosa entrevista ata outro ver e só unha pregunta máis.e só unha pregunta máis.e só unha pregunta máis.e só unha pregunta máis. ----Gustaríache volver a outra entrevisGustaríache volver a outra entrevisGustaríache volver a outra entrevisGustaríache volver a outra entrevistttta?a?a?a? -Non habería ningún problema.
  • 25. AXENDA CULTURAL LECTURA Título: Ana Frank, la biografía gráfica Autor: Sid Jacobson Ilustrador: Ernie Colón Editorial: Norma Colaboración: a casa de Ana Frank Este libro cóntanos o que foi a vida de Ana e da súa familia antes e despois de recibir o seu diario. No libro revélanse pensamentos de todos os membros da familia; como se coñecen os seus pais, a morte da súa avoa, as constantes mudanzas, etc. Tamén se contan cousas sobre como comezou o partido nazi, cando chegou á cima, as primeiras normas que ditaron , como fuxiron os xudeus (a maioría marcharon para Os Estados Unidos). Recomendo este libro a todos os que xa leron o Diario de Ana Frank, porque revela moitas máis cousas sobre a súa vida social, e non tanto sobre os seus pensamentos e soños. PELÍCULA Dirección: Clint Eastwood Produción: Clint Eastwood Hill Gerber Robert Lorenz Guión: Nick Schenk Música: Kyle Eastwood Michael Stevens Fotografía: Tom Stern Montaxe: Joel Cox Gary. D. Roach Reparto: Bee Vang Clint Eastwood Walt Kowalski( Clint Eastwood) é un xubilado polaco-americano que vive nun barrio pouco seguro; despois do falecemento da súa muller decide tomarse unha vida moi relaxada coa súa cadela Daisy en Míchigan. Á hora de actuar a súa dureza vese resaltada porque é un veterano de Corea.Na película terá que volver ao seu pasado e cambiar o xeito de ver a vida. MÚSICA Slipknot é unha banda estadounidense de metal alternativo, formada en Des Moines, Iowa. Os seus integrantes son Chris Fehn, Corey Taylor, Craig Jones, James Root, Joey Jordison, Mick Thomson, Shawn Crahan, Sid Wilson y Paul Gray (falecido en 2010), ocupando o seu lugar Donnie Steele. O album Slipknot foi lanzado en 1999. Contén algunhas das cancións máis coñecidas do grupo “Wait and bleed”,“Spit it out”. Gañou o dobre platino no ano 2005. Sara Uceira, Jenniefer Somoza, Francisco Corral, 3ºESO
  • 26. O DÍA DO LIBRO Como todos os anos, os membros do club de lectura, fixeron unha excursión para conmemorar este día, xunto cos seus compañeiros do CPI Castro Baxoi de Miño,este ano, o 28 e 29 de abril, visitaron a cidade de Ourense. Segundo chegamos a Ourense, o primeiro que fixemos foi gozar das augas termais de Outariz. Deseguido tivémonos que ir, xa que nos estaba esperando unha guía para mostrarnos os encantos desta cidade ( As Burgas, a Catedral, a Praza Maior, a rúa dos viños…). Despois da visita polo centro da cidade, ceamos na Universidade Laboral e “durminos” no pavillón. Á mañá do 29, fomos agraciados co recibimento do alcalde e da concelleira de Participación Cidadá. Eles foron os que nos facilitaron a nosa estancia en Ourense. Finalizada a recepción, chegou o momento que todos esperabamos, a lectura do libro O principiño que lemos en varios idiomas: francés, portugués, galego e castelán. Logo cada un escolleu a palabra que quixo do segmento que lera e formamos un precioso poema. Achegamos as palabras elixidas e o poema. As palabras elixidas para a composición do poema foron: Alba L.: Floresta Virgem ( Selva Virxe), Pablo: Estrelas, Sabela: Désert ( deserto), Alejandro: Mystère Misterio, Silvia: Pequena, Dani: Rosas, Álex: Príncipe, Alba Pr.: Baobab, Silvia: Tierra, Andrea: Suavidad, Marcos: Crepúsculo, Lucía: Inxenuas, Uxía: Noite, Iago: Cores, Ángela: Erupción, Irene: Dozura, Carla: Vermello, Alba V.: Sol, Candela: Mar, Paula: Sabio, Tino: Vanidoso, Elena: Admirar, Aldara: Olvidar, Helena: Doradas, Nerea: Illa, Claudia: Divertido, Cris: Extraordinarias, Andrea: Noites, Tamara: Alancadas, Juan: Océanos, Raquel: Libros, Adrián: Xeógrafo, Diego: Borracho, Óscar: Grandioso, Tamara B.: Lúa, Patricia: Débil, Cristian: Rochas, Alba: Camiño, Andrea P.: Raposo, Yurena: Planeta, Árancha: Tiempo, Paula: Lonxe, Álvaro: Comprenderás, Adrián: Secreto, Lucia: Présa, Carmen: Viaxeiros,Natalia: Fuente.
  • 27. Nun libro sobre a Selva Virxe fálase de miles de estrelas dun esquecido deserto onde habita un antigo misterio. Alí, unha pequena e máxica fada, ferida por espiñas de rosas, agarda a chegada dun príncipe sentada á sombra dun baobab. La tierra en que vivía representaba la suavidad eterna e durante o crepúsculo, as inxenuas estrelas desaparecían co fin da noite. Con multitude de cores unha erupción se mostraba, con moita dozura ao amencer, e a cor vermella asomaba. A insoportable queimazón do Sol arelaba o extenso mar, un mar sabio, profundo e perigoso que sólo un vanidoso héroe podría surcar. Só a el deberiamos admirar. Pero...es preciso no olvidar el misterio del desierto de dunas de arenas doradas, nin a esquecida illa rodeada de arrecifes de coral. Fantasías divertidas, e aventuras extraordinarias, noites claras que o príncipe devecía por percorrer a alancadas que o mergullasen en brillantes océanos venturosos. Todos estes misterios non se poden ler nos libros, nin desvelar naqueles mapas debuxados por xeográfos, borrachos de paisaxes, que sucumben a grandiosos e infinitos ceos de zafiro escurecidos pola lúa de prata. A xa débil fada, cansa de esperar, camiña por rochas perigosas, labrando un camiño firme e seguro, sendo astuta coma un raposo. Na súa longa viaxe atopou un planeta en el que el tiempo no pasaba lonxe da sombra do baobab. E alí, nese planeta... comprenderás que hay un secreto y un misterio siempre presentes... ata que ...camiñando de présa, agochado entre os viaxeiros, llegue el príncipe a la fuente del árbol de paraíso! Esperamos que vos gustase o poema e a ilustración que están facendo Lucía, Alba e Andrea de 4ºESO. Lucía e Carmen, 1ºESO
  • 28. ARGALLEIROS DAS LETRAS I, II O club de lectura volveu co principio de curso. Os antigos compoñentes sorprendémonos cando vimos que eran moitos os que acudían este ano... Todo era un caos, e houbo que poñer orde. Decidimos facer dous clubs, un para cómics e outro para “as lecturas normais”. Nas primeiras reunións decidimos que había que ter un logo que nos identificase –tamén o tiñan os de radio Ras- e comezamos. Como moitos de nós somos de 4ºESO e imos a plástica, puxémonos ao traballo. Aí tedes os logos que concursaron e o gañador, realizado por Natalia Martínez. . Imos explicarvos o que simboliza: emprega a bolboreta -ex-libris da biblioteca- e recorda o camiño que conduce dende todas as aulas, dende todos os puntos do centro á biblioteca, lugar onde nos reunimos todos os martes e venres os argalleiros das letras. Comezamos as reunións para elixir os libros que leriamos ao longo do curso. Argalleiros das letras I:Moccia, Federico: Tres metros sobre el cielo; Núñez Singala, Manuel: Menú de enganos; Roca, Paco: Arrugas; Martín Acero, Begoña: Termodonte e outros contos; Jaureguizar: Corazón de chocolate; Negro, Carlos: Makinaria; Sierra i Fabra, Jordi: Nun lugar chamado guerra Argalleiros das letras II: Fortes, Antón: Fume; Digilio, David: Vento do norte; Roca, Paco: Arrugas; Satrapi, Marjane: Persépolis; Altarriba, Antonio: El arte de volar; Rubín, David: Onde ninguén pode chegar; Gallego, Laura: Memorias de Idhún; Ríos, Emma e Nelson, Alán; Hexed. Como somos uns alumnos con moitas ocupacións, algúns días esqueciamos asisitir ou tiñamos exame, ou tocaba ponte, ou saída cultural e non chegou o tempo para nada. Só puidemos ler e comentar: Tres metros sobre el cielo, Termodonte, Arrugas, Makinaria e comezamos con Nun mundo chamado guerra. No outro club leron: Fume, Vento do norte, Arrugas, Persépolis, Onde ninguén pode chegar... Todo moi bonito, pero os argalleiros e argalleiras estamos en todo: pintar, podar, deseñar, colocar, presentar, LER... e, tamén temos exames, claro está. Por iso os títulos que eliximos nun principio tiveron que adaptarse ás nosas necesidades.. Iso si, de todos os que lemos tivemos un recordo satisfactorio: comentamos, discutimos... e pensamos en facer un “maratón de cine” con pelis que trataran os temas que leramos nos libros, que aínda non fixemos, por certo. Recomendámosvos as nosas lecturas para que gocedes deste tempo de lecer e se queredes ter algunha idea de por onde van...non esquezades entrar no noso blog e no noso foro –aínda que non estean todas as opinións- para asesorarvos un pouco... Lucia e Sabela, 4ºESO
  • 29. DÍA DAS LETRAS GALEGAS Realizamos unha exposición no centro do cómic que Pinto e Chinto fixeran sobre a historia deste día e dos autores e autoras homenaxeados. Como faltaban algunhas caricaturas... atrevémonos a realizalas nós. O NOSO BLOG DEDICADO A LOIS Neste curso 2010-2011 nós, os alumnos de 1º de Bacharelato, vímonos metidos nun proxecto (idea da nosa profesora Chelo) destinado a homenaxear a figura de Lois Pereiro, poeta ao que se lle dedican este ano as Letras Galegas. Este traballo, o cal levounos practicamente todo o curso (TODO o curso), conseguiu levar á desesperación á nosa profesora, ata o punto de chegar a pensar que nunca podería saír á luz. A pesar de todo, pouco a pouco cada un de nós fomos facendo o que nos correspondía: uns dedicáronse a analizar a obra de Lois, outros á súa biografía; algúns buscaron información sobre os grupos de música que lle gustaba, os demais, sobre o cine. Pasamos moitos días na biblioteca, só buscando información (feito que enfurecía máis a Chelo), o proxecto non avanzaba, cada día aparecían novas ideas e o traballo ía acumulándose cada vez máis. Mentres, o blog cobraba vida na rede. Foron moitos os intentos ata chegar a un deseño adecuado para Lois, unha vía de tren. Fomos aprendendo como era o poeta, realizamos algunha que outra posta en común na clase; parecía que por fin empezabamos a coller carrerilla e que o noso blog empezaba a crecer. Comezamos a facer entradas, escribímoslle unha carta a Lois, buscamos imaxes, Chelo cada vez toleaba máis e máis, repetimos as entradas, lemos os seus poemas, vimos vídeos en Internet, volvemos repetir as entradas, e repetímolas, e repetímolas… Pouco a pouco o monte de traballo ía diminuíndo, quitándonos un gran peso de enriba e o noso blog enchíase cada vez máis. Unha vez “finalizado” o blog, fomos a Monforte, vila na que naceu o poeta. Alí colaboramos na elaboración dun graffiti para Lois (o cal podemos ver no inicio de blog), coa axuda de Manuel Grueiro e Rubén Moledo, e vimos os lugares polos que andou Lois. Xogamos a un pasapalabra para demostrar todo o que aprendemos, o cal tamén se atopa no blog e teredes aquí. Despois de todo o tempo invertido no proxecto, por fin podemos dicir (e ademais con voz firme) que nos sentimos orgullosos do noso traballo e que desexamos que o visitedes e o disfrutedes. Podedes atopalo na seguinte dirección: http://lpereiro.blogspot.com Moitas grazas pola vosa atención, ¡xa nos diredes que vos parece! Agora van unhas imaxes que apoian estas palabras. (noticia que saíu en La Voz de Galicia sobre a actividade e testemuñas do recordo que deixamos en Monforte)
  • 30. Nestas mesmas escaleiras sentaron os homes das Irmandades da fala alá polo 1922. No “pasapalabra de Lois” houbo un grupo gañador “con moita claridade” que aínda está esperando a súa recompensa... Agora poñémosvos a proba, retándovos a que contestedes as seguintes preguntas. Estades preparados??? A: Comeza por A... Título dun poema incluído en Poesía última de Amor e Enfermidade no que lemos a palabra SIDA. B: Comeza por B... Título da película rodada por David Lean en 1945 á que fai referencia o poeta nun dos seus poemas de Poesía Última de Amor e Enfermidade. Tamén vale que acheguedes o título do poema. C: Comeza por C... Árbore celta que rexeu a vida do poeta. D: Comeza por D... Nestas coleccións apareceron moitos dos poemas do autor. E: O seu nome e apelido conteñen a letra E... Compositor da banda sonora da película Philadelphia, apodado como “o xefe”. F: Comeza por F... Apelido do autor a quen Lois Pereiro lle dedica un poema no que aparecen os seguinte versos “Terra e máis terra brava/ brava mais maina e cruel...” G: Comeza por G... Aldea lucense intimamente relacionada co poeta. H: Comeza por H... Apelido do poeta alemán do s.XVIII a quen cita Lois Pereiro antes de comezar o poema “A través do colchón”, incluído en Poesía última de amor e enfermidade I: Comeza por I Título do poema incluído en Poemas 1981- 1991 que recorda á máquina de ruídos que creou Luigi Russolo. L: Comeza por L... Paxaro amigo do ar libre e das paisaxes montesías que canta na gloria das mañás. M: Comeza por M... No poema “Amor e sangue en Chiapas” o poeta fai referencia ao líder da revolución. ¿Cal é o seu nome?
  • 31. N: Comeza por N... Poema de Lois Pereiro musicado por Radio Océano que foi o que máis sona lles deu. Ñ: Comeza por Ñ. Sabendo a forma de ser que caracterizaba a Lois Pereiro. O QUE NUNCA FOI, COMO NUNCA SE AMOSOU o poeta. O: Comeza por O Creador da bomba atómica a quen Lois Pereiro recorda cunha das súas citas “Eu son a morte..” P: Comeza por P... Movemento musical nacido en Londres a mediados dos setenta como protesta ante as condutas e comportamentos convencionais. Os seguidores caracterizábanse por levar unha indumentaria antiestética e enfrontarse á vida violentamente. Q: Comeza por Q... Neste distrito de New York naceron Los Ramones, banda musical que lle gustaba ao poeta. R: Comeza por R... Apelido do escritor e amigo de Lois que, en Madrid, e xunto con outros, sacaron a luz a revista Loia. S: Dúas palabras que forman o título levan S... Única novela escrita por Lois Pereiro. T: Contén o T... O poema “Mitoloxía” de Poemas 1981-1991 fai referencia á deusa mesopotámica do amor e dos praceres carnais... ¿Cal é o seu nome? U: Comeza por U... ¿Que forma ten o único caligrama realizado por Lois Pereiro que se inclúe en Poesía última de amor e enfermidade? V: Comeza por V... Apelido do poeta ourensán que nomea na cita que introduce o poema “ debilidadedebilidade pola luz do anxo caído” de poesía última de amor e enfermidade X: Contén o X... Carreira que comezou a estudar Lois Pereiro e abandonou porque non satisfacía as súas demandas. Z: Contén o Z... Título da revista na que se publicaron os primeiros poemas e a novela de Lois Pereiro. Para coñecer as respostas, por se vos fan falta, podedes consultalas no noso blog. Daniela Barro Trastoy, 1º de Bacharelato.
  • 32. COMPARTIMOS AS NOSAS CREACIÓNS A VIDA DUNHA CHINCHETA Unha chincheta é un obxecto parecido a un cravo pequeno con cabeza moi chata. As chinchetas están sendo moi menosprezadas pero as súas accións, como suxeitar o recordo dun ser querido, pode chegar ós nosos corazóns. É o exemplo das dúas chinchetas que hai na miña habitación. Elas aguantan a camisa do meu curmán Andrés. El era o mellor, era como se fose eu mesmo, como se fósemos a mesma persoa no interior aínda que el tivese 19 anos e eu 11. Gustábame moito ir visitalo, vivía en Pontevedra, baixo o piso dos meus avós. Sempre que chegaba eu, el facía o mesmo. Entrabamos no portal e el xa estaba nas escaleiras esperándome e se non estaba, xa ía eu rápido saudar os meus avós e logo subía ao piso de Andrés. Alí pasaba eu todo o día, con el, xogando ó ordenador os dous ou xogando ó noso videoxogo favorito. Cando eu tiña problemas con algunha fase xa ía el axudarme ata que conseguía pasala. Aínda que se tirase horas sempre me axudaba a rematar a partida, nunca fallaba! Grazas a el agora amo os videoxogos; parece incrible que un ser querido poida darlle a volta á túa vida, pero o que sucedeu foi peor ¡foi unha volta criminal! Todo o que eu sei sobre os xogos e demais é grazas a el, ó meu curmán Andrés, co que tanto tiña en común e que perdeu a vida o xoves vinte e nove de abril ó volver de Santiago onde cursaba os seus estudos de Enxeñería Informática. E agora o seu recordo estará presente sempre no meu cuarto grazas á acción destas dúas chinchetas, algo que nunca pensara ata agora. Adrián Ramos González, 1º ESO B A ILLA MÁXICA Nate River era un neno cando descubriu unha pequena illa ó sur do océano Pacífico. Near era como lle chamaban os seus pais, eles eran exploradores e a Near sempre lle gustou ese traballo. El sempre ía cos seus pais a todas as viaxes que facían, sempre que non houbese clase, claro. Nate sempre foi un pouco marxinado por parte dos seus compañeiros porque o vían como un bicho raro pero a el non lle importaba. O 29 de decembro foi a unha exploración no océano Índico pero o barco naufragou. Os pais morreron, pero Nate sobreviviu e despois de tres semanas á deriva polo mar chegou a unhas terras descoñecidas. Pasados tres días viu unha pequena criatura duns 83 centímetros de alto coa que se empezou a relacionar. Esta levouno coa súa tribo que eran igual de baixos e que se comunicaban só a partir de sons coa boca e coas mans pero a única palabra que dicían era “crosnar” , así que Nate decidiu chamalos así : Crosnars. Esa mesma noite , Nate durmiu con eles e a medianoite todos eles se levantaron das follas nas que durmían e foron, en fila de un, ata o alto do volcán da illa. O volcán parecía inactivo pero en canto os Crosnars se colleron das mans ó redor do cráter empezou a botar unha especie de fume azul que brillaba moito, pero Nate viu que ese fume era producido por unhas sementes da árbore nai da illa. Estas sementes eran como medusas e colleron a Nate cos seus finos e delicados tentáculos ata levalo ó interior do volcán. Nate intentaba liberarse pero foi inútil. Cando atravesou a ardente lava as sementes cubrírono totalmente e levárono ata unha cova do interior do volcán. Alí había un Shinigami. Este era un deus da illa pero medía tres metros e estaba sentado nunha cadeira de ouro macizo. Púxolle a man sobre a cabeza e empezou a emitir sons e nese momento aparece un fogonazo de luz e Nate apareceu convertido nun Crosnar máis. Non botou de menos a súa vida pasada, aprendeu a falar co ma eles e os seus costumes. Quería formar parte xa desa nova comunidade. Juan Vérez Escudero,1º ESO B
  • 33. CADERNO DE VIDEOTÁCORA 11-4-11 Si, son Mario. O outro día non escribín eu porque algún rapaz nos roubou as mochilas mentres descansabamos. Despois atopámolas baixo unha árbore. Ademais, hoxe, como é data capicúa, todo o pobo está de festa. Non atopamos a nosa nave por ningunha parte por mor da xente que se acumula en todos os lugares. Seguiremos buscando. 12-4-11 Ola, diario de Mario! son eu, Luigi, o compañeiro de Mario. Secuestrárono hai unhas horas e estou moi preocupado. Se non o atopo cando o reloxo dea as dúas, terei que seguir a aventura eu só. Se isto pasa (espero que non), este diario pertencerame a min. Confío en que Mario volva. 13-4-11 Desgraciadamente, si, son Luigi de novo. Onte non atopei a Mario, así que supoño que seguirei a aventura sen compaña. Agora non atino a facer nada ben porque sen Mario síntome só. Estou triste e asustado. Sei que debo ser un heroe para salvar ao noso país, pero sen nave e sen Mario, a miña vida carece de sentido. Creo. 14-4-11 Por fin atopei a nave! Agora poderei saír deste pobo e dirixirme a Sapentia, o noso país, para recibir novas instrucións. Pero tamén terei que dicirlles que Mario está secuestrado. No camiño de volta a Sapentia cavilarei sobre quen pode ser o secuestrador do meu querido compañeiro. Espero sacar algo en limpo, porque teño a cabeza moi revolta. 15-4-11 Hoxe cheguei a Sapentia de madrugada. Xusto cando aterrei, comunicáronme que no palacio había unha cama quentiña esperándome. Tamén me preguntaron por Mario, e respondinlles que llo contaría todo ao día seguinte pola mañá. 16-4-11 Creo que me levan con Mario. Refírome a uns homes vestidos con gabardina que me levan ao pobo no que Mario e eu estivemos hai uns días. Temo que tamén secuestraron a Mario e que teñan a intención de matarnos xuntos. Creo que así é, porque uns gardas veñen a sacarme o caderno. Adeus… Lucía Dapena Barba,1ºESOA MEDO Vai moito frío.Unha rúa ás escuras chea de calexas das que, por mor da escuridade, non se ve o final. E eu no comezo da rúa só, con apenas uns segundos para decidir onde me podo esconder; ou simplemente por onde podo fuxir e correr con todas as miñas forzas. Xa me atoparon; volveron dar comigo. Xa noto as súas pisadas preto das miñas costas. Teño que escapar. Non quero que me dean outra tunda... Sempre me fan o mesmo. Só me buscan para pegarme e rirse de min; ou humillarme diante doutras persoas. Só o fan por diversión. Son desprezables. Non entendo porque me chaman a min desprezable, se eu non lles fixen nada. Só polo feito de que unha persoa cambie o seu país de residencia non se transforma nun ninguén desprezable. Pero non teño tempo de pensar. Só podo correr. Unhas columnas, moi ben, pódenme servir. Aí non me verán. Agáchome apertándome moi forte contra a parede. Só teño que esperar a que se afasten. E as pisadas vanse facendo cada vez máis imperceptibles.
  • 34. Asómome despois de esperar uns segundos. Non vexo movemento. Saio cara a fóra e boto unha visual. Ninguén. Perfecto. Conseguín despistalos. De súpeto, escoito crepitar unha póla nas miñas costas. Penso en botar a correr, pero é demasiado tarde. Vírome de golpe para ver quen hai detrás; pero o único que vexo é unha sombra e un pau enorme. Despois nada máis. Só escuridade e frío. Lucía Calvo Figueira, 4ºESO UNS MINUTOS DE FELICIDADE . -Firas, Firas! É miña irmá, facía moitísimo tempo que non a vía. Era hora de erguerse e botamos unha carreira ata a cociña. Alí estaba a mamá, tan guapa coma sempre, preparando as torradas que todos os días nos facía para almorzar. Tamén estaba o papá vestíndose para ir traballar ao campo. Moito me tardaba ser grande para poderlle ir axudar e que non fixera el todo. Despois saímos miña irmá e eu da casa coma raios, por fin era a hora da escola! Gustábame moito ir, víaos a todos; a Akem, a Edée, a Ishmael... Cando chegaba a hora do recreo, íamos xogar ó fútbol co balón de trapos que nos fixera a nai de Nasim. Daquela tocábame a min, era bo pero hoxe tíñao que ser aínda máis xa que estaba Zina, a nena que me gustaba. Pero xusto cando ía tirar a portería... -Firas, Firas! Arriba dunha vez! Era o sarxento Beah, di que nos toca ir ao río Moa a recrutar a nenos de doce anos coma min. Sacóuseme o sorriso de súpeto. Todas as mañás recordo o que lle fixeron a miña irmá e aos meus pais: un día sen máis entraron na casa e nunca máis os volvín ver. Que será de Nasim, Ishmael e Aken? Seguramente a eles tamén lles pasou o mesmo, ó mellor agora xogan no outro equipo, ou incluso están mortos. Non o quero nin pensar. Fixéronme coller a metralleta e cargala. Sen tomar torradas, só nos deron un anaquiño de pan. Teño moita fame... Puxéronnos en marcha e metéronos a todos nun camión no que case non se respira. Ao meu lado hai un neno, parece incluso máis pequeno ca min, vai descalzo e fáltanlle dous dedos do pé dereito. Enfronte hai outro, ten un ollo morado. Hai outro máis adiante ao que lle falta unha man. Eu estou contento, ao fin e ao cabo estou enteiro. No camión ninguén fala, só se escoita a risa do sarxento contando como berraban os homes aos que fusilaron onte. Póñenseme os pelos de punta recordando cando viñeran á miña aldea. De súpeto paramos e dannos ordes. - Poñédevos diante de cada porta e que ninguén escape! Empezo a tremer, non quero ir, necesito escapar de aquí, case prefiro que me maten a min, eu non podo. Mamá, por favor, porque teño que facer eu isto? Non me dá tempo nin de buscar unha saída, veu o sarxento e deume coa culata no lombo. - Bule! Tócache esa casa. Hoxe tiven sorte, non había ninguén dentro pero disparei ao aire, se non seguramente mandábanme a outra. Ao cabo dun anaco estabamos de volta no camión, pero desta vez viñan sete máis. Non quero pensar no que acaba de suceder, só desexo que chegue á noite e poda soñar outra vez que me levanta miña irmá, que como as torradas de mamá, que axudo ao papá no campo e que por fin meto o gol para impresionar a Zina. Só así consigo ter uns minutos de felicidade. Sabela López, 4ºESO
  • 35. OS TRES IRMÁNS Hai uns anos vivían nunha caseta no medio do monte tres trillizos. Chamábanse Alberto, Luís e Luís Alberto. Vivían eles sós, sen axuda dos seus pais porque os cambiaran por tres becerros e tiveran que buscarse a vida eles. Cociñaban, araban as patacas e sabían facer de todo. Tiñan tres mascotas, un porco para cada un.Chamábanse Pinto, Manchas e Fuciños. Pinto e Manchas eran moi grandes e espelidos, pero Fuciños non, era pequeno e un pouco parviño. Os porquiños axudaba a facer todo. Un día, Alberto, Luís e Luís Alberto erguéronse – coma sempre, o último, un pouco máis tarde- e viron que os porcos non estaban. DESAPARECERAN. Saíron a buscalos; preguntáronlles a todos os animais porque por alí non había xente, pero non tiveron ningunha resposta. Continuaron a súa busca e encontraron a Manchas bañándose no río. -Manchas, que fas aquí? – preguntaron os tres. - Estoume bañando para quitar a cheirume. Pinto e Fuciños escapan de min sempre por iso e agora non sei onde van. Os trillizos seguiron buscando e atoparon a Pinto nunha corte parolando cunhas porquiñas. - ¿Que fas aí? – preguntáronlle. ¿Onde está Fuciños? -Non sei, boteino porque as porquiñas son para min.- contestou. Tras buscar día e noite a Fuciños volveron á casa sen atopalo. Cando ían deitarse preocupados e tristes escoitaron un ruído. Entón, levantaron a alfombra e encontraron a Fuciños debaixo. -Metinme sen querer e logo non sabía saír –dixo Fuciños. Ao final todos riron de alegría porque volvían estar xuntos. Diego Filgueiras Castrillón, 3ºESO FELIZ ANIVERSARIO, MARTA Estabamos a 15 de maio de 2010, cadraba sábado e era o aniversario de Marta, que non estaba moi contenta porque das súas amigas a única que estaba na vila era Alejandra. Eran moi boas amigas, así que decidiron celebrar o aniversario xuntas. Pasou a tarde e ía sendo hora de volver á casa, pero como o estaban a pasar xenial decidiron quedar a durmir xuntas na casa encantada da vila. Deron as dez e media, estaban a piques de entrar, pero o medo apoderouse delas, só escoitaban o son do vento petando contra aquelas ventás vellas e o da chuvia caendo. Comezaron a camiñar cara á porta, Álex abriuna, entraron e acomodáronse en dúas cadeiras vellas. Comezaron a falar ata que adormeceron. Ás doce e dez, Marta escoitou un ruído e espertou a súa amiga para ir investigar. Subiron ao piso de arriba e viron un gran corredor, entón decidiron separarse. Álex entrou pola porta da dereita e Marta pola da esquerda. Nisto oíuse un berro, Marta supuxo que Álex atopara un bicho ou algo semellante e non lle deu demasiada importancia. Ao cabo dun pouco foi ao encontro da súa amiga. Entrou na habitación e o único que viu foi un gran regueiro de sangue ao redor do corpo morto de Álex. Comezou a chorar, non sabía qué facer. De súpeto notou unha man nas súas costas... Era un home vello. Quedou paralizada. O home cravoulle un coitelo no estómago mentres dicía: “FELIZ ANIVERSARIO, MARTA”. Sara Uceira Castro, 3ºESO UN CAMIÑO DE ESCURIDADE Presentía que alguén a seguía. Despois dunha longa noite de cine, música e festa, Laura ía camiño da súa casa. Pasaban xa das tres da mañá. Era moi tarde para ela. Ían castigala, pero iso agora non lle importaba, alguén a seguía. Quedaba aínda un longo camiño ata casa. Un camiño bañado de escuridade, solitario, cheo de árbores, coa lúa chea brillando no ceo desprendendo algo de luz naquel pozo de escuridade. Camiñaba amodo, moi amodiño, xirábase de cando en vez para comprobar que estaba soa. Nunca había ninguén tras dela, pero... de súpeto, escoitou un crepitar de herbas. Mirou cara a atrás, só se vía unha sombra, era alguén moi alto e musculoso. Parecía un home, pero non tiña pensado quedar a comprobalo. Correu. Faltaba pouco para chegar ao final do camiño, sentíase moi aliviada, aínda que non sabía que ese alivio pouco duraría. Detrás dela volveu notar a aquel home, pero moito máis lonxe ca antes. Laura escapou. Chegou preto da porta da casa. Intentouna abrir, pero do nerviosa que estaba non o conseguiu. Timbrou. O home cada vez estaba máis preto. Ninguén abría. Decidiu ir ata a porta traseira e ver se estaba aberta. Así era.
  • 36. Entrou na casa e pechou con chave a porta. Meteuse na cama e cerrou os ollos. Escoitou un ruído e abriu os ollos de novo. Viu un rostro diante súa e notou como unhas mans a collían polo pescozo. Dende aí non se soubo máis. Uxía Pico García,3ºESO Unha nova vida. Nunha pequena vila vivía Lucía, unha nena de 15 anos. Vivía na casa con seus pais, Juan e Rocío. Estes acabábanse de mudar a causa do cambio de traballo de seu pai. A nena tivo que comezar o novo curso noutro colexio distinto, onde non coñecía a ningún dos rapaces que estudaban alí, sempre andaba soa polos corredores, nas aulas e incluso facía os traballos sen ningunha axuda, traballos que a profesora lles mandaba facer en grupos. Ninguén se acercaba a ela excepto para meterse con ela, insultábana e facíanlle bromas que a ninguén lle gustaría que lle fixesen. Pasaron meses e todo seguía igual, pero os abusos eran cada vez maiores. Lucía, xa non quería ir ao colexio, nin saír da casa. Ía ao colexio obrigada polos seus país, que lle axudaban a pasar todo o que lle estaba acontecendo. Cando chegaba ao colexio o primeiro que facía era ir para onde ninguén a vise, onde ninguén fose, escondíase de todos en cada recanto que atopaba, nos baños... e chegou a non saír das aulas nos recreos e esperar a que todos se foran ao remataren as clases para saír ela. Estaba completamente soa e non tiña ninguén con quen falar e contarlle o que lle estaba a pasar. Un día unha nena da súa mesma clase, María, viuna escondida e chorando, viuna tan soa que se acercou a ela e comezou a falarlle. Pouco a pouco foron collendo confianza e facéndose amigas. Lucía xa non estaba soa agora tiña unha boa amiga que a apoiaba e que falaba con ela sen insultos polo medio. María axudáballe a levar a situación, ensinoulle que non podía terlle medo á xente que se metía con ela e dicíalle que só o facían para divertirse a costa dos demais sen preocuparse do dano que facían. Dende aquel día non se volveron separar unha do lado da outra. A xente ao ver que xa non andaba soa, que non era unha estraña e que era igual ca eles foron deixando de insultala. Comezaron a recoñecer que estaban a facer mal meténdose con ela e empezaron a falarlle, a xuntarse con ela e formar un gran grupo de amigos onde Lucía tamén estaba. Todo para Lucía comezou a cambiar ese día, xa non era esa marxinada, era unha deles, alguén igual a eles, que non era nin máis nin menos que ninguén, senón igual ca todos. Mirian Piñón Prieto 4º ESO Neste mundo hai millóns e millóns de lugares. Pois nun pequeno recuncho atópase unha nena bastante especial chamada Carol. A Carol cada día gustáballe recordar moito os seus momentos de cando ela era pequeña…as súas tardes nos bambáns do parque, os días que viñan as súas amigas xogar a casa, o ratonciño Pérez, a maxia do Nadal… a que é bonito pensar en todo iso? A lástima é que eses momentos nunca se van repetir…porque son únicos. Carol tiña a esperanza de que a vida ía seguir tendo partes boas como estas, pero…as cousas cambian! Ela con só doce anos tiña que ser máis responsable cunha nena normal e sobre todo…tiña que soportar moitas cousas. A súa irmá tiña unha enfermidade bastante grave e o seu pai tiña un problema na perna, polo que súa nai sempre estaba mal, triste…Carol todos os días vía aquel panorama e sufría. A súa familia estaba mal e..aínda por riba pagábano con ela. Os seus pais non o facían con malas intencións, pero ela tíñao que aguantar. Os seus amigos percatábanse de que ela estaba moito máis triste ca sempre. Preguntáronlle porque estaba así, e ela o único que dicía era que estaba ben..porque non quería facelos sufrir..Un día os amigos falaron e decidiron intentala distraer e pasar moito máis tempo con ela, porque aínda que a vida fora dura e tivera eses pequenos atrancos, ela tiña que ser a de sempre, e, sobre todo tiña que intentar ser feliz. Natalia Martínez Montero 4º ESO
  • 37. OS PRIMEIROS HAIKUS DE 2ºESO Fátima García Piñón Mar, claridade. Auga, brillo, frescura, tranquilidade. Dores e bágoas, alma ennegrecida, corazóns rotos. Felicidade: cor, luz, vida, sorriso, alegría, sons. Sandra Bello Giz Volve a vida: azul, verde, vermello fermosas flores. A cor da vida, natural e pura é. Arbore verde. Beleza, paixón, Piruleta vermella, Lume, tenrura. Claudia Franco Lladró Sol, calor, verde. Alegre primavera, Sorriso feliz. Mar, auga, azul. Ceo negro chuvioso, Inverno frío. Choros, bágoas, un adeus á dura vida. Choros, tristeza. Andrea Cazás Chao Nacen as flores, sol brillante e grande, días fermosos. Cor da tristeza, a cor da soidade. Cor da noite. O sufrimento, desexo negativo: escuridade. Mireya Cabarcos Souto Flores fermosas, xente cantando feliz, o sol ledo, ri. Sangue, crueza, guerras, maltrato,medo: escuridade. Imaxinando, berrando ao mundo: quero ser feliz! Sara González Formoso Paixón ou furia, marmelada de fresa, papel e lume. Bosques e campos, a brisa vespertina. É primavera. Liberdade e paz, debuxos e redaccións, Expresións de cor. Minas e gomas, afialapis, papel, sombras ou brillos. Patricia Bermúdez Cor azul, verde... Natureza, mar, ceo. Fermosas cores. Crecen as flores, alegres os paxaros, fermoso sol. Choros, bágoas, Cor morada na cara. Morte e sangue. Naim García Hermida Bicos, sensacións, abrazos, natureza. Flores cantando. Rancor, bágoas, suspensos, aprobados: broncas na casa. Brincos, abrazos, Verde, azul, vermello. ¡Explosións de cor! Andrea Martínez Navó Flores e cores, hai verde, moito verde, chega a chuvia. Na lúa, na paz, no papel e na nube. Brancura pura. Verdes ou azuis, faros na túa cara. Marabillosos. Carla Barro Almeida Corazón puro, Vermellos grandes beizos Paixón, loucura. Días fermosos, mañá esperanzada, sol, claridade. Feminidade e mil rosas violetas tenras e doces. Brais Martínez Fernández Árbores verdes, natureza florida, ceo nubrado. Campo, árbores, natureza, lagartos: planeta Terra. Dor, presión, dano, bágoas e saloucos. Triste sensación. Mario Formoso Ramil A primavera todo desequilibra. Quen o evita? Verde no campo, cor da omnipresencia, a cor máis viva. Escuro pesar, castigo duradeiro, dor verdadeira. Daniel García Tembrás Roza a lingua. Vermello, amarelo, Pequeno, longo. Vida alegre. Fermosa natureza. Sabedoría. Verde, moi verde. Paz. Etapa de xogar. Felicidade.
  • 38. PASA O TEMPO CON NÓS RESOLVE O SEGUINTE ENCRUCILLADO: HORIZONTAIS: 1.Árbore da familia das fagáceas de copa redonda e folla caduca. 2. Banda terrorista. Cincuenta en romanos. Serve para limpar os mocos (ao revés). 3. Si. Conxunción copulativa. Consoantes de nota. Consoante dental xorda. 4. A 19 letra do abecedario galego. Consoante do sinónimo de mamas nos animais. Nota musical. Demostrativo feminino. 5. Muller que reina. Abreviatura de ciencias naturais. ??? 6. Así se chamaba antes a ANPA. Dianteiro da Roma. 7. Depósito de auga menor có lago. Provincia de Andalucia con V ao final. 8. Someter algo á decisión da sorte. Vogal. 9. Encabeza o abecedario. Principio que determina o comezo da vida, ao revés. Policía nazi. 10. Pasta. VERTICAIS: 1. Relativo ao centro. Carta máis importante no tute. 2. 1ªpersoa do presente de indicativo do verbo atar. Burato por onde se enchen os bocois, ao revés e con seseo. Símbolo do fósforo. 3. Nome dun apóstolo de Xesús. Vogal. 4. Consoante. Consoante nasal palatal. Dise da auga choca, ao revés e en masculino. 5. Que non recibiu lesión ou dano, en feminino. Preposición con falta de ortografía e ao revés. 6. Consoante que leva til. Número romano. Abreviatura de tonelada. Teléeefonoooo, mi casaaaaaaaa... 7. Período de tempo indefinido e de longa duración. Dise da que lle falta unha perna ou camiña mal, en castelán. Consoante do pronome persoal tónico de 2ªpersoa. 8. Ter o propósito de realizar algo. Consoante dunha infusión. 9. Anfibio da familia dos ránidos. Serve para formar o plural. Infusión. Afirmación. 10. Opcional, que admite unha escolla, en plural. Brais, Naim, Sara, Dani, Patricia B., Andrea M., Mario, 2ºESO ATOPA NAS SOPAS DE LETRAS, realizadas por Mario e Andrea C., 2ºESO 1- Nome ou apelido de oito tenistas que gañaran Wimbledon 2- Nome ou alcume de oito ciclistas.
  • 39. ADIVIÑA ADIVIÑA … 1- Dous irmanciños moi igualiños que cando van velliños abren os olliños. ............. 2- Un estraño animal son, e cada día cambio de cor. Cando eu queira non me verás e cando o fagas dubidarás. ..................... 3- Quen será, será que vive na piña debaixo do mar? .................. Sandra, Patricia, Fátima e Carla, 2ºESO PENSA E NON ROMPAS MOITO A CABEZA!!! 1.-¿Que ovellas dan máis la, as brancas ou as negras? 2.-Se Ánxela fala máis baixo que Rosa e Celia fala máis alto que Rosa ¿Fala Ánxela máis alto ou máis baixo que Celia? 3.-¿Cantos animais teño na miña corte, se todos son cans, menos dous; todos son gatos, menos dous e todos son cabalos, menos dous? Son moitos menos dos que pensas… 4.-Un pastor ten que pasar un lobo, unha cabra e unha leituga á outra beira do río, dispón dunha barca na que só caben el e unha das outras cousas. Se o lobo queda só coa cabra cómea, se a cabra queda soa coa leituga cómea ¿Como debe facelo? 5.- Utilizando só catro noves e dúas operacións diferentes debes conseguir o número cen. Es quen de facelo? 6.- Unha galiña pon dous ovos en tres días. ¿Cantos días se necesitan para que catro galiñas poñan dúas ducias de ovos? 7.- Rosendo non quere dicir nunca canto pesa. Só nos contou isto: “Peso 60 quilogramos máis que a metade do meu peso”. Cal é o peso de Rosendo? 8.- Teño unha corda de 20 metros. Cantos cortes teño que facer para ter anacos de 5 metros de corda? 9.- Un caracol tarda unha hora e media en percorrer un circuíto no sentido das agullas do reloxo, pero cando fai o percorrido en sentido contrario só tarda noventa minutos. Como podes explicar esta diferenza? 10.- Carlos está mirando unha fotografía e alguén lle pregunta: Quen é ese da fotografía? El contesta: Non teño irmáns nin irmás, pero o pai dese home é o fillo do meu pai. De quen era a fotografía que estaba mirando Carlos? Míriam Piñón Prieto, 4ºESO 4- Por un pau me agarrarás e cunha lambetada me desfrutarás. ................. 5- Comigo pintas sen temor e o meu cabelo tingues de cor. ............... 6- Son da familia real e pavonéome como un galán. Pensa e atinarás.
  • 40. RESPOSTAS AOS PASATEMPOS ENCRUCILLADO SOPA DE LETRAS 1 2 -ADIVIÑAS 1- os zapatos. 2- camaleón. 3- Bob Esponja. 4- Piruleta. 5- Pincel. 6- Pavo Real. - PENSA E NON ROMPAS A CABEZA 1- (As brancas porque hai máis). 2- (máis baixo) 3. (Tres animais: un can un gato e un cabalo) 4. (O pastor pasa primeiro a cabra, déixaa na beira e regresa polo lobo, ao cruzar deixa o lobo e volve coa cabra, deixa a cabra e cruza coa leituga, deixa a leituga co lobo e regresa pola cabra) 5- (99 por un lado.Logo 9/9=1 sumamos 99 mais 1,igual a cen.) 6- (9 días) 7- (60 KG é a outra metade, polo tanto pesará Rosendo 120 kg.) 8- (Terei catro anacos de cinco metros, pero para cortar os catro anacos só necesito facer tres cores.) 9- (1 hora e igual a 60 minutos mais 30 serian 90 minutos, e dicir e o mesmo 90 minutos que 1 hora e media) 10- (É o fillo de Carlos)