11.SITUAR NUN MAPAMUDO DE EUROPA OS NOMES DOS ESTADOS BURGUESES DO SÉCULO XIX E COLOCAR ALGUNHA CARACTERÍSTICA DELES.Reino de Gran Bretaña e Irlanda, España, Portugal, Francia, Bélxica, Holanda, Luxemburgo, Dinamarca, Imperio Alemán, Imperio Austro-Húngaro...Gobernos liberais conservadores, Parlamentos subordinados ao Xefe do Estado, con dúas cámaras, restrición na aplicación de dereitos e liberdades, dereito de propiedade e liberdade económica, sufraxio censatario. Cando chegaban ao poder os gobernos progresistas ampliábanse estes dereitos.
3.
22.DICIR CALES SONCONSIDERADOS POTENCIAS E POR QUE.Gran Bretaña, Francia, Alemaña en Europa. Estados Unidos en América.Polo poderío económico, debido á industrialización e posterior expansión imperialista. Uns máis ca outros.
4.
33. DETERMINAR CALESSON MÁIS CONSERVADORES E CALES MENOS, CON RAZOAMENTO.Máis conservadores: Alemaña e en menor medida Francia e Gran Bretaña nalgúns momentos de goberno conservador.Francia sería das menos conservadoras polas medidas adoptadas: liberdades de reunión, de prensa e sindical; ensinanza estatal, gratuíta, obrigatoria e laica; separación Igrexa e Estado; divorcio; xornada laboral de 8 horas.Estados Unidos, que despois dunha guerra civil (Norte-Sur) aboliu a escravitude.
5.
44. CRONOLOXÍA DA2ª REVOLUCIÓN INDUSTRIAL. PAÍSES QUE A VIVEN NESE MOMENTO.A partires das décadas de 1860-1870.Europa occidental, Estados Unidos e Xapón
6.
55. PRINCIPAIS FONTESDE ENERXÍA. A SÚA APLICACIÓN NOVEDOSA.Petróleo e electricidade.Petróleo: para combustión dos novos motores. A electricidade: iluminación de casas e cidades, enerxía motriz para máquinas e medios de transporte, enerxía eléctrica para aparatos domésticos...
7.
66. QUE TIVOQUE VER O DESENVOLVEMENTO DA INDUSTRIA SIDEROMETALÚRXICA E A QUÍMICA NO ÉXITO DO IMPERIALISMO E COLONIALISMO EN ÁFRICA E ASIA?Considerable mellora nas aliaxes e emprego de aceiro para a industria armamentística, coa conseguinte superioridade fronte aos nativos. Coa química tamén se desenvolve o mundo dos explosivos.Mellora nos transportes, o que permite a mobilización rápida e numerosa das tropas e para o a explotación económica das colonias.
8.
77. COMO SETRANSFORMARON OS TRANSPORTES A PARTIRES DA 2ª R.I.?Coa invención do motor de explosión aparecerán os automóbiles e os avións, melloraranse os barcos. Tamén aparecerán os trens eléctricos, tranvías e metros.Abarataranse os custos de transporte, tanto para persoas como para mercadorías.
9.
88. COMO SENOTARON ESES AVANCES NAS CIDADES?Nas melloras das condicións de vida: alumado público, auga, medios de transportes para todos, alimentos, sumidoiros. (Servizos urbanos).Derrubamento de antigas murallas (novas ideas sobre o urbanismo: planificación, pénsase nas clases traballadoras)Aparición de rañaceos, ascensores...Melloras na medicina e hixiene.
10.
99. EXPLICA COMOHENRY FORD APLICOU AS IDEAS DE TAYLOR NAS SÚAS INDUSTRIAS.- No traballo en cadea de Henry Ford procurou que os movementos dos seus traballadores foran só os precisos, eliminando os innecesarios. Cada traballador fai un só traballo, así non ten que desprazarse, coller novos instrumentos, e redúcense ao mínimo os seus movementos. Fará máis en menos tempo.
11.
1010.COMO EXPLICARÍAS ESTAFRASE DE FORD: “Os salarios altos contribúen ábaixada do custo da fabricación; os obreiros fanse cada vez máis laboriosos, unha vez liberados de preocupacións alleas ao traballo.”Cando un traballador está ben pagado non pensa en buscar outro mellor, non ten preocupación sobre o seu futuro , nin o da súa familia. Estará motivado para non perder este que ten, por iso traballará o mellor que saiba.
12.
1111. ELIXE UNDOS INVENTOS DO CADRO E DI QUE IMPORTANCIA TIVO NESE MOMENTO E ACTUALMENTE.RESPOSTA LIBRE
13.
1212. QUE RAZÓNSEXPLICAN O CRECEMENTO DEMOGRÁFICO DO SÉCULO XIX? NOMEA AS DÚAS QUE CHE PAREZAN MÁIS IMPORTANTES.O descenso da mortalidade, sobre todo a infantil polo aumento de alimentos que eliminaron as fames cíclicas. Os avances médicos e na hixiene.Aumento alimentos e avances médicos. (Resposta aberta)
14.
1313. OBSERVANDO OCADRO DA EVOLUCIÓN DA POBOACIÓN ONDE EXPLICA O MODELO DE TRANSICIÓN DEMOGRÁFICO E O DO CRECEMENTO DEMOGRÁFICO EUROPEO, CRES QUE TODOS ESES PAÍSES SE AXUSTAN AO MESMO MODELO AO MESMO TEMPO?Gran Bretaña foi algo máis avanzada á altura de 1850. diminuíu antes a mortalidade.En 1900 RusiaFrancia foi a que menos medrou en proporción, pero case todos os países máis industrializados levaron o mesmo ritmo.
15.
1414. POR QUEILDEFONSO CERDÁ DESEÑA O ENSANCHE DE BARCELONA? COMO É TRAZADO? EXISTE HOXE EN DÍA?Polo gran aumento da poboación traballadora que chega a Barcelona, que é unha das principais cidades industriais de España.Un trazado pensado para albergar a moitas persoas, pero xa trazado con lóxica de gran cidade, procurando acurtar os tempos de desprazamento e no tráfico, co chafado das esquinas dos edificios. Ademais incorpora a idea do benestar con zonas verdes e a circulación do aire.Emprego de diagonais para axilizar o tráfico.
16.
1515. CRONOLOXÍA DOIMPERIALISMO E DO COLONIALISMO. DIFERENCIAS ENTRE AMBOS CONCEPTOS.Comeza entre 1830 e 1870, segundo os países colonizadores.Política de expansión e dominación política, económica e militar fóra das súas fronteiras: IMPERIALISMO.Ocupación de territorios e tranformalos en territorios(colonias) de explotación e poboamento: COLONIALISMO
17.
1616. CAUSAS ECONSECUENCIAS.ECONÓMICAS: necesidade dos países industrializados de materias primas, alimentos, mercados, investimento de capitais.POLÍTICAS: prestixio da nación. Cantas máis colonias, máis poderoso se consideraba un país.DEMOGRÁFICAS E SOCIAIS: excedentes de poboación das metrópoles se desviaban ás colonias, dándolles unha posibilidade de futuro e evitar tensións sociais nas metrópolesIDEOLÓXICAS: superioridade da raza branca (racismo). Levar civilización superior, adoutrinar nas relixións europeas.
18.
ConsecuenciasPOTENCIAS COLONIZADORAS:Positivas: mercados,materias primas, fontes de enerxía a unsprezosmoibaixos, formación fortunas, desfacerse de man de obra no paro…COLONIZADOS:Positivas: avances técnicos, médicos e novas correntesideolóxicas como o liberalismo ou o marxismo.Negativas: guerras de conquista, masacres, desprezo cultural e étnico, alteración fronteirastribais, explotación recursos e persoas de xeito brutal…
19.
1717. COLOCA NOSMAPAS MUDOS AS COLONIAS DOS PRINCIPAIS PAÍSES IMPERIALISTAS EN ÁFRICA E ASIA. CAL É A METRÓPOLE MÁIS IMPORTANTE?- Gran Bretaña.
20.
1818. POR QUEE PARA QUE TIVO LUGAR A CONFERENCIA DE BERLÍN EN 1885?Os países industrializados botáronse a ocupar e colonizar territorios extraeuropeos sen máis criterio que o máis rápido e poderoso. O avance en África provocou continuos enfrontamentos, ata case chegar ás armas.Para evitar enfrontamentos, en 1885 os países interesados nas posesión colonias, reuníronse en Berlín, nun Congreso, auspiciado por Bismarck
21.
1919. CAL OUCALES DAS CAUSAS DA EXPANSIÓN COLONIAL CRES QUE SE REFLICTEN NO TEXTO DE JULES FERRY?Necesidade de investir capitaisMercado para vender os seus produtosLevar civilización superior.
22.
2020. QUE SEENTENDE POR RESTAURACIÓN BORBÓNICA? A QUE MONARCAS IMPLICA?Período da historia de España que vai de 1875 ata 1923.O rei Afonso XII, a raíña María Cristina de Habsburgo, como rexente e o rei Afonxo XIII.
23.
2121. EN QUECONSISTÍA A QUENDA PACÍFICA DE PARTIDOS EN ESPAÑA? QUE PARTIDOS ESTABAN IMPLICADOS E NOME DOS LÍDERES.Un pacto entre os dous partidos maioritarios, Conservador (Cánovas) e o Liberal (Sagasta), para alternarse pacificamente no poder.A raíña destituía o goberno e nomeaba a un novo, que tiña que convocar eleccións e gañalas
24.
2222. PARA QUESE PRECISABA O FRAUDE ELECTORAL E AOS CACIQUES NA ESPAÑA DE FINAIS DO XIX E PRINCIPIOS DO XX?Para garantir que o partido elixido polo rei para gobernar fose o que saíse vencedor das eleccións xerais.Os caciques eran os líderes locais que garantían os votos para os seus candidatos.
25.
2323. QUE PASOUEN 1898?Perda das últimas colonias de España, Cuba e Filipinas. Venda das illas do Pacífico.Forte impacto emocional e corrente intelectual, chamada rexeneracionismo, liderada por Joaquín Costa
26.
2424. POR QUEENTRA EN CRISE O SISTEMA DA RESTAURACIÓN?Constantes intervencións do monarca nos asuntos políticos e militares, moitas veces pouco afortunadas.Incremento do papel do exército na vida pública.División e disputas internas nos partidos políticos que se alternaban no poder.Incremento das forzas opositoras.
27.
2525. QUE FOIO DESASTRE DE ANNUAL?- España ocupaba unha parte de Marrocos e no ano 1921 as tropas marroquís, dirixidas por Abdel-Krim, enfrontáronse ao exército español, que sufriu unha terrible derrota, xa que morreron case todos os nosos soldados, dirixidos polo xeneral Silvestre. Ademais, perdeuse ese territorio.
28.
2626. QUE RAZÓNSEXPLICAN O PODER DOS CACIQUES EN GALICIA? DURANTE CANTO TEMPO?Predominio rural, dispersión da poboación, escaso desenvolvemento económico e debilidade do Estado que permitiu a extensión das redes clientelares dos caciques: intercambio de votos por favores, tanto económicos coma políticos.Desde fins XIX e primeiras décadas XX.
29.
2727. CARA ONDEEMIGRARON OS GALEGOS E POR QUE TIVERON QUE FACELO?Cara a América LatinaIncremento da poboación e escaso desenvolvemento económico galego para facer fronte ás súas necesidades.
30.
2828. QUE FASESSE PASAN ATA CHEGAR AO NACIONALISMO?Rexurdimento cultural da linguaRexionalismo: descentralización do poderNacionalismo e defensa da propia comunidade como nación diferenciada da española.
31.
2929. CANDO XURDEO NACIONALISMO CATALÁN E QUEN É O SEU LÍDER? EXISTEN HOXE? COMO SE CHAMAN OS SEUS PARTIDOS? LÍDERESA partir de 1894Henrique Prat de la RibaSiCIU: Albert MasERC: JosepLluisCarodRovira
32.
3030. QUEN FOIO MÁXIMO REPRESENTANTE DO NACIONALISMO VASCO? QUE PARTIDO FUNDOU? EXISTE HOXE? QUEN É O SEU LÍDER?Sabino AranaPNVSiUrkullo: presidente
33.
3131. QUE ACONTECEMENTOMARCOU O INICIO DO NACIONALISMO GALEGO? QUE DEFENDE? NOME DALGÚN LÍDER.Fundación Irmandades da Fala: 1916.Nación propia e diferenciada do resto de España pola súa lingua, xeografía e espírito.Vilar Ponte, Vicente Risco...
34.
3232. HOXE ENDÍA EXISTE ALGÚN PARTIDO NACIONALISTA EN GALICIA? LÍDER. É DE TIPO CONSERVADOR OU PROGRESISTA?SiBNG: Guillerme VázquezProgresista.