2. Índice
Quen foi?
Etapas da súa vida.
Primeiros poemas.
Obra literaria:
- ”Aires da miña terra”.
- ”O divino sainete”.
3. Quen foi?
Manuel Curros
Enríquez foi un poeta
galego e un dos
máximos
representantes do
período denominado
Rexurdimento. A súa
obra caracterízase por
un fondo contido social.
4. Etapas da súa vida
Naceu en Celanova no ano 1851 e pasou alí
toda a infancia, caracterizada polos conflitos co
seu pai debido ao mal carácter deste último e
aos seus ideales.
Con 15 anos trasládase a Madrid, que se atopa
en tempos complicados.
Estuda Bacharelato, comeza a carreira de
Dereito e colabora en diversos xornais.
A partir de aí, escribe os seus primeiros poemas
en lingua galega.
5. En 1871 dáse a coñecer como poeta.
Regresa a Galicia para traballar como funcionario na
Delegación de Facenda. Ao mesmo tempo, vai escribindo
os poemas de “Aires da miña terra”.
Estes publícanse en 1880, sendo considerados ofensivos
polo bispo de Ourense para a fe católica, quen o
excomulga e denuncia ante o Goberno.
Foi condenado, pero transcorre a sentenza e sae absolto.
En 1894 emigra a Cuba, onde colabora con xornais e
participa na creación da RAG.
Falece na Habana no ano 1908. Os seus restos foron
trasladados e enterrados na Coruña nunha última
homenaxe.
7. Primeiros poemas
O seu primeiro poema
titúlase “Cántiga”.
Con 20 anos dase a
coñecer como poeta
ao gañar en Ourense
un premio literario
coas composicións “A
Virxe do Cristal”, “O
gueiteiro” e “Unha
voda en Einobó”.
8. OBRA LITERARIA
Aires da miña terra
(1880): contén 21
poemas con 3 liñas
temáticas presentes.
-Poesía social ou
cívica.
-Poesía costumista.
-Poesía lírica.
9. O divino sainete (1888):
É un longo poema narrativo de temática satírica
e social. Nel relata unha imaxinaria
peregrinación a Roma acompañado de
Francisco Añón nun tren de sete vagóns que
representan os sete pecados capitais. A partir
deste tema, Curros realiza unha forte sátira
anticlerical, social e literaria.