SlideShare a Scribd company logo
1 of 5
Download to read offline
OFICINA PARLAMENTAR
                                        Parlamento de Galiza
                                  Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
                            Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
                                       gp-bng@parlamentodegalicia.es
                                       15702 Santiago de Compostela
                                                   Galiza

                                   Á Mesa do Parlamento

       O Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego (BNG) ao
abeiro do disposto no Regulamento da Cámara, por iniciativa da deputada
Montserrat Prado Cores e a través do seu portavoz Francisco Jorquera
Caselas, apresenta a seguinte emenda á totalidade de devolución ao proxecto
de lei de modificación da Lei 13/2006, do 27 de decembro, de horarios
comerciais de Galicia. Doc.2625, polos seguintes motivos.
      O proxecto de lei de reforma da normativa galega sobre horarios
comerciais supón unha nova sumisión aos ditados do Goberno central, neste caso
no seu sentido literal, posto que o Goberno galego asume sen matices unha
decisión imposta desde o Goberno central ao sector, sen negociación nin
consultas previas.

       Con este proxecto de lei estase a trasladar na súa integridade o criterio do
Goberno central de ampliar os horarios de apertura semanal e dominicial do
comercio galego, á súa vez imposto por organismos internacionais, como se
recoñece na propia exposición de motivos, cuxo papel na xestión da crise cada
vez está máis cuestionado ante o fracaso das medidas e reformas que inspiran a
política económica que se está a levar a termo.

       Alén da renuncia a defender as competencias galegas na materia, así como
do que significa de dimisión á hora de respaldar e facer valer os intereses do
sector comercial maioritario en Galiza, a aprobación deste Proxecto de Lei
implica unha fonda incoherencia, que se expresa na súa exposición de motivos.
Así, por unha banda, faise unha referencia ao peculiar modelo comercial galego,
OFICINA PARLAMENTAR
                                       Parlamento de Galiza
                                 Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
                           Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
                                      gp-bng@parlamentodegalicia.es
                                      15702 Santiago de Compostela
                                                  Galiza

perfilado de acordo ao asentamento territorial, mais, por outra parte, como
solución adóptase importar unha regulación normativa homoxénea para todo o
Estado. Ao tempo, tamén se incide en que o réxime de horarios comerciais é
chave para a preservación de dito modelo de comercio galego, pero non hai
problema para derrogalo pola vía da asimilación dunha regulación común estatal.

       A actividade comercial desenvólvese en Galiza de xeito maioritario a
través do comercio tradicional, conformado por pequenas empresas e
emprendedores que exerceron e exercen un papel social e económico
transcendental, que ademais nun contexto de aguda crise como a actual
contribúen á xeración de emprego estábel e a ter un impacto positivo na
economía local, unha función na que destaca fronte aos formatos das grandes
superficies comerciais.

       A pesar desa realidade, e de que Galiza tamén conta con competencias
exclusivas en materia de comercio, o Goberno galego amósase cómplice coa
decisión de ampliar e liberalizar aínda máis os horarios comerciais, é partidario
de aplicar en Galiza unha medida que agudizará máis aínda a crise do noso
comercio tradicional.

       A solución debe ir en sentido oposto ao trazado polo Goberno central e
secundado polo Goberno galego, xa que partindo da especificidade do modelo
comercial galego non se pode confluír cara medidas homoxéneas, senón que se
ha de apostar por implementar medidas destinadas a robustecer o comercio
tradicional e de proximidade, por fixar horarios que faciliten a conciliación
OFICINA PARLAMENTAR
                                        Parlamento de Galiza
                                  Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
                            Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
                                       gp-bng@parlamentodegalicia.es
                                       15702 Santiago de Compostela
                                                   Galiza

familiar e laboral e por regular condicións de exercicio da actividade comercial
que garantan un equilibrio na oferta comercial.

       Tamén con este proxecto de Lei o Goberno impón unha norma que vai
derrogar un modelo consensuado co sector. O resultado da exposición pública é
claro a este respecto pois, como se recoñece, a maioría das alegacións formuladas
(tamén no seu caso formuladas maioritariamente por entidades asociativas
representativas do sector) propuxeron o mantemento do réxime actual de horarios
comerciais, ao que este Goberno responde simplemente en base á seguridade
xurídica. Mais o que precisa realmente o comercio galego non é unha cuestión
formal, senón máis material como é a “seguridade económica”, isto é, un marco
para exercer a súa actividade estábel que lles proporcione protección fronte ás
agresivas prácticas das grandes cadeas comerciais, que agora se van a ver máis
favorecidas en Galiza cun réxime horario máis flexíbel.

       No eido comercial, como en outros, Galiza ten unha dinámica económica
propia, co que está xustificado manter unha regulación propia, consonte os nosos
propios intereses. Mesmo nun contexto de crise como o actual, onde se está a
demostrar que as consecuencias máis negativas veñen da man de medidas
inspiradas e dirixidas por institucións e organismos cada vez máis afastados
dunha concreta realidade económica e social, é máis necesario defender unha
capacidade de decisión propia no canto dunha continua asimilación de diagnoses
e solucións erróneas. Este proxecto de Lei recoñece a súa inspiración nas receitas
do FMI, asumidas acriticamente polo Goberno central, ideadas non para
favorecer a protección do operadores comerciais das economías nacionais máis
vulnerábeis, como o caso de Galiza, senón para impor un modelo económico e
OFICINA PARLAMENTAR
                                        Parlamento de Galiza
                                  Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
                            Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
                                       gp-bng@parlamentodegalicia.es
                                       15702 Santiago de Compostela
                                                   Galiza

comercial transnacionalizado que provocará graves desequilibrios, engadidos aos
da crise actual, nestas economías. A súa aprobación suporá, adaptar un deseño
económico para o pequeno e mediano comercio galego ideado por quen en
realidade está ideando e influíndo para favorecer a posición e dominio da grande
distribución comercial. Significará en suma, facerlle o traballo a intereses alleos
aos da maioría do sector comercial do país, que ademais das eivas económicas
que conleva, implicará unha maior degradación do territorio ao acelerar a
destrución do tecido comercial en moitas vilas e cidades de Galiza asentadas nas
tramas urbanas tradicionais, que eran un elemento fundamental para o manter o
dinamismo e vitalidade dos centros das nosas vilas e cidades.

       Por todo, iso o grupo parlamentar do BNG presenta esta emenda de
totalidade ao Proxecto de Lei de modificación da Lei 13/2006, do 27 de
decembro, de horarios comerciais de Galiza, solicitando a súa devolución ao
Goberno.

       Santiago de Compostela, 11 de Febreiro de 2013

       Asdo. Montserrat Prado Cores
              Deputada do G.P. do BNG
              Francisco Jorquera Caselas
              Portavoz do G.P. do BNG
OFICINA PARLAMENTAR
                                        Parlamento de Galiza
                                  Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
                            Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
                                       gp-bng@parlamentodegalicia.es
                                       15702 Santiago de Compostela
                                                   Galiza

Asinado dixitalmente por:

María Montserrat Prado Cores na data 11/02/2013 18:24:28

Francisco Xesús Jorquera Caselas na data 11/02/2013 18:24:34

More Related Content

Viewers also liked

Unep fish supply chains report
Unep fish supply chains reportUnep fish supply chains report
Unep fish supply chains report
Raihanul Islam
 
Carcaixent cuna del clarinete
Carcaixent cuna del clarineteCarcaixent cuna del clarinete
Carcaixent cuna del clarinete
joansoco
 
T8 la diversitat dels éssers vius
T8 la diversitat dels éssers viusT8 la diversitat dels éssers vius
T8 la diversitat dels éssers vius
dexperimentals.an
 
Producto Biofreeze de Performance Health en el vademecum Naturpharma
Producto Biofreeze de Performance Health en el vademecum NaturpharmaProducto Biofreeze de Performance Health en el vademecum Naturpharma
Producto Biofreeze de Performance Health en el vademecum Naturpharma
Naturpharma (Medicina Biológica)
 
3 laeducacioneneldesarrollohist.demex.ii
3 laeducacioneneldesarrollohist.demex.ii3 laeducacioneneldesarrollohist.demex.ii
3 laeducacioneneldesarrollohist.demex.ii
Karen Marroquin
 
Casa sostenible
Casa sostenibleCasa sostenible
Casa sostenible
Sagui Lab
 
Analisis y observaciones sobre derechos sexuales y reproductivos en el codigo...
Analisis y observaciones sobre derechos sexuales y reproductivos en el codigo...Analisis y observaciones sobre derechos sexuales y reproductivos en el codigo...
Analisis y observaciones sobre derechos sexuales y reproductivos en el codigo...
Silvia Salgado
 
Anfibios y reptiles 1
Anfibios y reptiles 1Anfibios y reptiles 1
Anfibios y reptiles 1
apafle
 
Viewers also liked (20)

Gif animados
Gif animadosGif animados
Gif animados
 
Unep fish supply chains report
Unep fish supply chains reportUnep fish supply chains report
Unep fish supply chains report
 
Folleto programa aragón negro 2015
Folleto programa aragón negro 2015Folleto programa aragón negro 2015
Folleto programa aragón negro 2015
 
Protocolo enfermos mentales
Protocolo enfermos mentalesProtocolo enfermos mentales
Protocolo enfermos mentales
 
Relación concedidos
Relación concedidosRelación concedidos
Relación concedidos
 
Carcaixent cuna del clarinete
Carcaixent cuna del clarineteCarcaixent cuna del clarinete
Carcaixent cuna del clarinete
 
A Una Persona Estupenda
A Una Persona EstupendaA Una Persona Estupenda
A Una Persona Estupenda
 
T8 la diversitat dels éssers vius
T8 la diversitat dels éssers viusT8 la diversitat dels éssers vius
T8 la diversitat dels éssers vius
 
Rane full line catalog 2013 eu
Rane full line catalog 2013 euRane full line catalog 2013 eu
Rane full line catalog 2013 eu
 
Tyranids5 E Preview English
Tyranids5 E Preview EnglishTyranids5 E Preview English
Tyranids5 E Preview English
 
Media kit 2014 www.EnDondeCorrer.com
Media kit 2014 www.EnDondeCorrer.comMedia kit 2014 www.EnDondeCorrer.com
Media kit 2014 www.EnDondeCorrer.com
 
Distrito Centro
Distrito CentroDistrito Centro
Distrito Centro
 
Producto Biofreeze de Performance Health en el vademecum Naturpharma
Producto Biofreeze de Performance Health en el vademecum NaturpharmaProducto Biofreeze de Performance Health en el vademecum Naturpharma
Producto Biofreeze de Performance Health en el vademecum Naturpharma
 
3 laeducacioneneldesarrollohist.demex.ii
3 laeducacioneneldesarrollohist.demex.ii3 laeducacioneneldesarrollohist.demex.ii
3 laeducacioneneldesarrollohist.demex.ii
 
Casa sostenible
Casa sostenibleCasa sostenible
Casa sostenible
 
Collection 2015
Collection 2015Collection 2015
Collection 2015
 
Analisis y observaciones sobre derechos sexuales y reproductivos en el codigo...
Analisis y observaciones sobre derechos sexuales y reproductivos en el codigo...Analisis y observaciones sobre derechos sexuales y reproductivos en el codigo...
Analisis y observaciones sobre derechos sexuales y reproductivos en el codigo...
 
Citarea surselor de informare
Citarea surselor de informareCitarea surselor de informare
Citarea surselor de informare
 
Anfibios y reptiles 1
Anfibios y reptiles 1Anfibios y reptiles 1
Anfibios y reptiles 1
 
CODE BLUE 2014 : [基調講演] サイバーセキュリティの5つの問題 - セキュリティプロフェッショナルとハッカーが地球を救う by ケレン・...
CODE BLUE 2014 : [基調講演] サイバーセキュリティの5つの問題 - セキュリティプロフェッショナルとハッカーが地球を救う by ケレン・...CODE BLUE 2014 : [基調講演] サイバーセキュリティの5つの問題 - セキュリティプロフェッショナルとハッカーが地球を救う by ケレン・...
CODE BLUE 2014 : [基調講演] サイバーセキュリティの5つの問題 - セキュリティプロフェッショナルとハッカーが地球を救う by ケレン・...
 
Similar to Bng

Presidencia da xunta
Presidencia da xuntaPresidencia da xunta
Presidencia da xunta
oscargaliza
 
Respuesta domingos isabel
Respuesta domingos isabelRespuesta domingos isabel
Respuesta domingos isabel
oscargaliza
 
Respuesta domingos isabel
Respuesta domingos isabelRespuesta domingos isabel
Respuesta domingos isabel
oscargaliza
 
Galicia sindical 13
Galicia sindical 13Galicia sindical 13
Galicia sindical 13
oscargaliza
 
Similar to Bng (15)

Presidencia da xunta
Presidencia da xuntaPresidencia da xunta
Presidencia da xunta
 
[Xerais 2019 (10N)] 30 ideas claras
[Xerais 2019 (10N)] 30 ideas claras[Xerais 2019 (10N)] 30 ideas claras
[Xerais 2019 (10N)] 30 ideas claras
 
Age
AgeAge
Age
 
Mocion en defensa do sector lacteo galego
Mocion en defensa do sector lacteo galegoMocion en defensa do sector lacteo galego
Mocion en defensa do sector lacteo galego
 
Psdeg
PsdegPsdeg
Psdeg
 
Propostas de resolución presentadas no Debate sobre o estado da Nación Galega...
Propostas de resolución presentadas no Debate sobre o estado da Nación Galega...Propostas de resolución presentadas no Debate sobre o estado da Nación Galega...
Propostas de resolución presentadas no Debate sobre o estado da Nación Galega...
 
Programa electoral das Xerais de 2023
Programa electoral das Xerais de 2023Programa electoral das Xerais de 2023
Programa electoral das Xerais de 2023
 
Programa electoral del BNG - Nós
Programa electoral del BNG - NósPrograma electoral del BNG - Nós
Programa electoral del BNG - Nós
 
Antidecretazo
AntidecretazoAntidecretazo
Antidecretazo
 
Respuesta domingos isabel
Respuesta domingos isabelRespuesta domingos isabel
Respuesta domingos isabel
 
Respuesta domingos isabel
Respuesta domingos isabelRespuesta domingos isabel
Respuesta domingos isabel
 
Por un sector lácteo con poder
Por un sector lácteo con poderPor un sector lácteo con poder
Por un sector lácteo con poder
 
Galicia sindical 13
Galicia sindical 13Galicia sindical 13
Galicia sindical 13
 
Mellor local. Mellor Galego. Campaña comercio local 2023
Mellor local. Mellor Galego. Campaña comercio local 2023Mellor local. Mellor Galego. Campaña comercio local 2023
Mellor local. Mellor Galego. Campaña comercio local 2023
 
Programa del BNG para las elecciones de Galicia 2024
Programa del BNG para las elecciones de Galicia 2024Programa del BNG para las elecciones de Galicia 2024
Programa del BNG para las elecciones de Galicia 2024
 
More from oscargaliza

Informe sanidade galega sos 2014
Informe sanidade galega sos 2014 Informe sanidade galega sos 2014
Informe sanidade galega sos 2014
oscargaliza
 
Manifesto galicia 28 abril 2014 (2)
Manifesto galicia 28 abril 2014 (2)Manifesto galicia 28 abril 2014 (2)
Manifesto galicia 28 abril 2014 (2)
oscargaliza
 
28 de abril 20132gallego (3)diptico normaliza
28 de abril 20132gallego (3)diptico normaliza28 de abril 20132gallego (3)diptico normaliza
28 de abril 20132gallego (3)diptico normaliza
oscargaliza
 
Bases bolsa emprego pereiro aguiar (11 04-2014)
Bases bolsa emprego pereiro aguiar (11 04-2014)Bases bolsa emprego pereiro aguiar (11 04-2014)
Bases bolsa emprego pereiro aguiar (11 04-2014)
oscargaliza
 
Gran acto sindical 5 abril 2014. primer encuentro secciones sindicales ccoo
Gran acto sindical 5 abril 2014. primer encuentro secciones sindicales ccooGran acto sindical 5 abril 2014. primer encuentro secciones sindicales ccoo
Gran acto sindical 5 abril 2014. primer encuentro secciones sindicales ccoo
oscargaliza
 
Comunicado materiais construción pont 01
Comunicado materiais construción pont 01Comunicado materiais construción pont 01
Comunicado materiais construción pont 01
oscargaliza
 
140307 nota plataforma
140307 nota plataforma140307 nota plataforma
140307 nota plataforma
oscargaliza
 
Plataforma ccoo ii plan de de igualdad eci 070314
Plataforma  ccoo ii plan de de igualdad eci  070314Plataforma  ccoo ii plan de de igualdad eci  070314
Plataforma ccoo ii plan de de igualdad eci 070314
oscargaliza
 
Estatuto actualizado marzo 2014
Estatuto actualizado marzo 2014Estatuto actualizado marzo 2014
Estatuto actualizado marzo 2014
oscargaliza
 
Normas fecoht congreso de fusion Comfia-Fecoht
Normas fecoht congreso de fusion Comfia-FecohtNormas fecoht congreso de fusion Comfia-Fecoht
Normas fecoht congreso de fusion Comfia-Fecoht
oscargaliza
 
Que és el Polígono Virtual de Galicia
Que és el Polígono Virtual de Galicia Que és el Polígono Virtual de Galicia
Que és el Polígono Virtual de Galicia
oscargaliza
 
Boe ESTATUTO DE LOS TRABAJADORES -ULTIMA VERSIÓN-
Boe ESTATUTO DE LOS TRABAJADORES -ULTIMA VERSIÓN-Boe ESTATUTO DE LOS TRABAJADORES -ULTIMA VERSIÓN-
Boe ESTATUTO DE LOS TRABAJADORES -ULTIMA VERSIÓN-
oscargaliza
 
Comunicado a toda a afiliación de fecoht galicia
Comunicado a toda a afiliación de fecoht galiciaComunicado a toda a afiliación de fecoht galicia
Comunicado a toda a afiliación de fecoht galicia
oscargaliza
 
Anexo normas congresuais proceso fusión comfia fecoht (14-02-14)
Anexo normas congresuais proceso fusión comfia fecoht (14-02-14)Anexo normas congresuais proceso fusión comfia fecoht (14-02-14)
Anexo normas congresuais proceso fusión comfia fecoht (14-02-14)
oscargaliza
 
Acuerdo Cierre Restaurantes Nostrus
Acuerdo Cierre Restaurantes NostrusAcuerdo Cierre Restaurantes Nostrus
Acuerdo Cierre Restaurantes Nostrus
oscargaliza
 
Estatutos fusion comfia fecoht para debate
Estatutos fusion comfia fecoht para debateEstatutos fusion comfia fecoht para debate
Estatutos fusion comfia fecoht para debate
oscargaliza
 
Documento integracion sindical comfia fecoht (1)
Documento  integracion sindical comfia fecoht (1)Documento  integracion sindical comfia fecoht (1)
Documento integracion sindical comfia fecoht (1)
oscargaliza
 
Anexo normas congresuais de fecoht proceso fusión comfia fecoht
Anexo normas congresuais de fecoht proceso  fusión comfia fecohtAnexo normas congresuais de fecoht proceso  fusión comfia fecoht
Anexo normas congresuais de fecoht proceso fusión comfia fecoht
oscargaliza
 
Normas generales aprobadas en el Consejo Confederal 28/01/2014, para los proc...
Normas generales aprobadas en el Consejo Confederal 28/01/2014, para los proc...Normas generales aprobadas en el Consejo Confederal 28/01/2014, para los proc...
Normas generales aprobadas en el Consejo Confederal 28/01/2014, para los proc...
oscargaliza
 
Convenio Colectivo Mercadona 2014
Convenio Colectivo Mercadona 2014Convenio Colectivo Mercadona 2014
Convenio Colectivo Mercadona 2014
oscargaliza
 
More from oscargaliza (20)

Bng

  • 1. OFICINA PARLAMENTAR Parlamento de Galiza Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545 Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421 gp-bng@parlamentodegalicia.es 15702 Santiago de Compostela Galiza Á Mesa do Parlamento O Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego (BNG) ao abeiro do disposto no Regulamento da Cámara, por iniciativa da deputada Montserrat Prado Cores e a través do seu portavoz Francisco Jorquera Caselas, apresenta a seguinte emenda á totalidade de devolución ao proxecto de lei de modificación da Lei 13/2006, do 27 de decembro, de horarios comerciais de Galicia. Doc.2625, polos seguintes motivos. O proxecto de lei de reforma da normativa galega sobre horarios comerciais supón unha nova sumisión aos ditados do Goberno central, neste caso no seu sentido literal, posto que o Goberno galego asume sen matices unha decisión imposta desde o Goberno central ao sector, sen negociación nin consultas previas. Con este proxecto de lei estase a trasladar na súa integridade o criterio do Goberno central de ampliar os horarios de apertura semanal e dominicial do comercio galego, á súa vez imposto por organismos internacionais, como se recoñece na propia exposición de motivos, cuxo papel na xestión da crise cada vez está máis cuestionado ante o fracaso das medidas e reformas que inspiran a política económica que se está a levar a termo. Alén da renuncia a defender as competencias galegas na materia, así como do que significa de dimisión á hora de respaldar e facer valer os intereses do sector comercial maioritario en Galiza, a aprobación deste Proxecto de Lei implica unha fonda incoherencia, que se expresa na súa exposición de motivos. Así, por unha banda, faise unha referencia ao peculiar modelo comercial galego,
  • 2. OFICINA PARLAMENTAR Parlamento de Galiza Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545 Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421 gp-bng@parlamentodegalicia.es 15702 Santiago de Compostela Galiza perfilado de acordo ao asentamento territorial, mais, por outra parte, como solución adóptase importar unha regulación normativa homoxénea para todo o Estado. Ao tempo, tamén se incide en que o réxime de horarios comerciais é chave para a preservación de dito modelo de comercio galego, pero non hai problema para derrogalo pola vía da asimilación dunha regulación común estatal. A actividade comercial desenvólvese en Galiza de xeito maioritario a través do comercio tradicional, conformado por pequenas empresas e emprendedores que exerceron e exercen un papel social e económico transcendental, que ademais nun contexto de aguda crise como a actual contribúen á xeración de emprego estábel e a ter un impacto positivo na economía local, unha función na que destaca fronte aos formatos das grandes superficies comerciais. A pesar desa realidade, e de que Galiza tamén conta con competencias exclusivas en materia de comercio, o Goberno galego amósase cómplice coa decisión de ampliar e liberalizar aínda máis os horarios comerciais, é partidario de aplicar en Galiza unha medida que agudizará máis aínda a crise do noso comercio tradicional. A solución debe ir en sentido oposto ao trazado polo Goberno central e secundado polo Goberno galego, xa que partindo da especificidade do modelo comercial galego non se pode confluír cara medidas homoxéneas, senón que se ha de apostar por implementar medidas destinadas a robustecer o comercio tradicional e de proximidade, por fixar horarios que faciliten a conciliación
  • 3. OFICINA PARLAMENTAR Parlamento de Galiza Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545 Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421 gp-bng@parlamentodegalicia.es 15702 Santiago de Compostela Galiza familiar e laboral e por regular condicións de exercicio da actividade comercial que garantan un equilibrio na oferta comercial. Tamén con este proxecto de Lei o Goberno impón unha norma que vai derrogar un modelo consensuado co sector. O resultado da exposición pública é claro a este respecto pois, como se recoñece, a maioría das alegacións formuladas (tamén no seu caso formuladas maioritariamente por entidades asociativas representativas do sector) propuxeron o mantemento do réxime actual de horarios comerciais, ao que este Goberno responde simplemente en base á seguridade xurídica. Mais o que precisa realmente o comercio galego non é unha cuestión formal, senón máis material como é a “seguridade económica”, isto é, un marco para exercer a súa actividade estábel que lles proporcione protección fronte ás agresivas prácticas das grandes cadeas comerciais, que agora se van a ver máis favorecidas en Galiza cun réxime horario máis flexíbel. No eido comercial, como en outros, Galiza ten unha dinámica económica propia, co que está xustificado manter unha regulación propia, consonte os nosos propios intereses. Mesmo nun contexto de crise como o actual, onde se está a demostrar que as consecuencias máis negativas veñen da man de medidas inspiradas e dirixidas por institucións e organismos cada vez máis afastados dunha concreta realidade económica e social, é máis necesario defender unha capacidade de decisión propia no canto dunha continua asimilación de diagnoses e solucións erróneas. Este proxecto de Lei recoñece a súa inspiración nas receitas do FMI, asumidas acriticamente polo Goberno central, ideadas non para favorecer a protección do operadores comerciais das economías nacionais máis vulnerábeis, como o caso de Galiza, senón para impor un modelo económico e
  • 4. OFICINA PARLAMENTAR Parlamento de Galiza Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545 Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421 gp-bng@parlamentodegalicia.es 15702 Santiago de Compostela Galiza comercial transnacionalizado que provocará graves desequilibrios, engadidos aos da crise actual, nestas economías. A súa aprobación suporá, adaptar un deseño económico para o pequeno e mediano comercio galego ideado por quen en realidade está ideando e influíndo para favorecer a posición e dominio da grande distribución comercial. Significará en suma, facerlle o traballo a intereses alleos aos da maioría do sector comercial do país, que ademais das eivas económicas que conleva, implicará unha maior degradación do territorio ao acelerar a destrución do tecido comercial en moitas vilas e cidades de Galiza asentadas nas tramas urbanas tradicionais, que eran un elemento fundamental para o manter o dinamismo e vitalidade dos centros das nosas vilas e cidades. Por todo, iso o grupo parlamentar do BNG presenta esta emenda de totalidade ao Proxecto de Lei de modificación da Lei 13/2006, do 27 de decembro, de horarios comerciais de Galiza, solicitando a súa devolución ao Goberno. Santiago de Compostela, 11 de Febreiro de 2013 Asdo. Montserrat Prado Cores Deputada do G.P. do BNG Francisco Jorquera Caselas Portavoz do G.P. do BNG
  • 5. OFICINA PARLAMENTAR Parlamento de Galiza Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545 Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421 gp-bng@parlamentodegalicia.es 15702 Santiago de Compostela Galiza Asinado dixitalmente por: María Montserrat Prado Cores na data 11/02/2013 18:24:28 Francisco Xesús Jorquera Caselas na data 11/02/2013 18:24:34