Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.

Psdeg

504 views

Published on

  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

Psdeg

  1. 1. Grupo Parlamentario Á Mesa do Parlamento O Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, a través do seu portavoz, e ao abeiro do disposto no artigo 112 do Regulamento da Partido dos Cámara, presenta ante esa Mesa a seguinte emenda á totalidade, con Socialistas petición de devolución, ao Proxecto de lei de modificación da Lei 13/2006 de Galicia do 27 de decembro, de horarios comerciais de Galicia (doc. núm. 2625). O texto remitido polo Goberno debe ser devolto, en base as seguintes consideracións:  O proxecto de lei tivo un proceso de tramitación interno da Xunta de Galicia que durou case que medio ano, con departamentos da Administración autonómica que tiveron varios meses para a realización dos seus informes, ao ser unha cuestión con múltiples consideracións e matices de índoles legais e sociais, polo que non se comparte o criterio de lectura única co que tentase aprobar cuestións tan relevantes, cun trámite parlamentario total inferior a unha semana soamente.  Segundo o Regulamento do Parlamento de Galicia, a lectura única pode realizarse para un proxecto de lei “cando a súa natureza o aconsellar ou a súa simplicidade de formulación o permitir". Non compartimos o criterio que o proxecto mereza o cualificativo de "simple", xa que ademais terá unhas consecuencias importantes para o sector que regulará.  Imposibilita ademais aos grupos parlamentarios á formulación de emendas parciais, co que se dificulta - cando non directamente impide - o necesario debate e formulación de propostas concretas que posibilitarían, no seu caso, o poder chegar a acordos, constituíndose nun obstáculo que na práctica terá como consecuencia o rematar co consenso que existía ata este momento nestas materias.  O proxecto de lei basea a súa formulación no mandato dunha normativa aprobada a nivel xeral para toda España, pero cunha incidencia directa sobre un área competencial claramente exclusivaRúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA gp-socialista@parlamentodegalicia.es
  2. 2. Grupo Parlamentario da Comunidade Autónoma, sendo incerta a facultade do Estado para poder establecela.  O proxecto de lei é obxecto de desacordo por parte de múltiples Partido dos asociacións e axentes sociais do sector, especialmente dos Socialistas representantes do pequeno comercio, sen que estea baseada a de Galicia formulación prevista en criterios obxectivos e claros, nin exista unha mínima valoración sobre os seus efectos futuros para Galicia.  Constitúe un paso atrás cara á mellora das condicións sociais dos traballadores e autónomos dos establecementos comerciais, xa que incrementa a súa xornada laboral como consecuencia dun maior número de horas de apertura, dificultando a necesaria conciliación da súa vida familiar e laboral.  A modificación introducida respecto á superficie dos establecementos comerciais, na súa consideración respecto á desafección do réxime xeral de horarios e aperturas de domingos e festivos, carecen de fundamento que poida constatarse.  Existe unha desproporción evidente entre as contías das sancións agora propostas e as existentes, cunha rebaixa do 97,5 % sobre as mínimas e un aumento do 66,7 % sobre as máximas, cando habían sido obxecto de acordo na normativa vixente. Pazo do Parlamento, 11 de febreiro de 2013 Asdo.: Abel Losada Álvarez Portavoz do G.P. dos Socialistas de GaliciaRúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA gp-socialista@parlamentodegalicia.es
  3. 3. Grupo Parlamentario Asinado dixitalmente por: Abel Fermín Losada Álvarez na data 11/02/2013 16:30:18 Partido dos Socialistas de GaliciaRúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA gp-socialista@parlamentodegalicia.es

×