2. DIFERENCIA ENTRE SERES
VIVOS E SERES INERTES
Os seres inertes non teñen vida.
Os seres vivos cambian ao longo do
tempo: nacen, crecen, relaciónanse,
reprodúcense e morren.
Os seres vivos levan a cabo as 3
funcións vitais: a de nutrición, a de
relación e a de reprodución. Os seres
inertes non.
4. O REINO DAS PLANTAS
Como se alimentan?
Fabrican o seu propio alimento a partir
da auga, dos sales minerais, do aire e
da luz solar. Obteñen enerxía do
alimento que fabricaron e do osíxeno do
aire.
As follas recollen o dióxido de carbono
do aire e desprenden osíxeno durante a
fotosíntese. A planta fabrica o seu
propio alimento.
5. O REINO DAS PLANTAS
Como se relacionan?
Viven fixas ao solo e non teñen órganos
dos sentidos, pero son capaces de
relacionarse co medio. Por exemplo,
cando se moven en busca da luz solar.
6. O REINO DAS PLANTAS
Como se reproducen?
Poden reproducirse a través das sementes
(xerminación) ou a partir dun anaco da
mesma planta.
Na fecundación, o pole dunha planta ten
que chegar a outra por medio do vento ou
un animal (polinización). O pole únese co
óvulo e forman sementes. Así, o ovario
tranfórmase en froito.
A flor é o órgano reprodutor da maioría das
plantas.
8. AS PARTES DA FLOR
As máis importantes son: a corola, o
cáliz, os estames e o pistilo.
9. CLASIFICACIÓN DAS
PLANTAS
Segundo a flor:
◦ Plantas con flor (como o xirasol)
◦ Plantas sen flor (como o musgo)
Segundo o seu talo:
◦ Plantas leñosas (como as árbores e os
arbustos)
◦ Plantas herbáceas ou herbas (como o trigo)
Outras clasificacións: segundo a forma das
follas (cordiforme, oval, lanceolada); segundo o
bordo das follas (serrada, lisa, lobulada)