pataca
patata
potatoe
A pataca é orixinaria dos Andes Chilenos e
Peruanos.
A primeira mención ao cultivo de patacas en
Galicia é do século XVI no Mosteiro de Herbón,
pero comezou a estenderse no século XVIII.
É un dos cultivos máis difundidos e que máis
superficie ocupa en Galicia, e o primeiro en
volume de produción (arredor de 600.000 tn).
Talos subterráneos nos
que almacena substancias
de reserva (tubérculos).

Talos aéreos: herbáceos,
cilíndricos, con costelas,
de cor verde.
FOLLAS
Alternas, compostas, de
cor verde escura co
envés veludo.
FLORES
Simples, completas, de cor branca ou rosa.
Aparecen agrupadas en cimas no alto dos talos aéreos.
FROITOS
Bagas esféricas de 1 a 2 cm de diámetro, de
cor azul-violeta escura, con varias sementes
pequenas de cor branca.

Toda a planta é tóxica agás os
tubérculos, e mesmo istes se se
expoñen á luz e se volven verdes.
CICLO ANUAL-PATACA
Folla
Flor
Froito
xaneiro

febreiro

marzo

abril

maio

xuño

xullo

agosto

setembro

outubro

novembro

decembro
Xeralmente plántase na primavera
(marzo-abril) usando cachelos
(anacos de tubérculos con ollos
ou xemas) e páñase en agostosetembro.
Nas zonas costeiras (A Mariña e
Rías Baixas) cultívanse patacas
do cedo que se plantan en
xaneiro-febreiro e recóllense an
abril-maio.

Pataca agrelada. O desenvolvemento
das xemas latentes que teñen os
tubérculos son a orixe das novas
plantas.
sementeira de patacas na Limia con máquina

sementeira á man
Trátanse contra o
escarabello e o mildeu e
nos sitios secos réganse.

larvas de escaravellos comendo nas follas de pataca
colleita con máquinas na Limia

colleita á man
SELECCIÓN E ENVASADO
No mundo coñécense varios milleiros de variedades
de patacas, só no Perú hai máis de 3.000.
USOS
Os tubérculos (patacas) empréganse como
alimento directamente ou transformadas en
multitude de produtos: fariñas, purés,
petiscos...
A pataca ten
numerosos usos
industriais:
almidóns como
xelificantes, para
fabricar papeis e
cartóns, colas,
cosméticos,
alcohol, licores,
plásticos...
A pataca como inspiración
A pataca galega de consumo da variedade
Kennebec está acollida a unha Indicación
Xeográfica Protexida que inclúe a
producción das zonas de Bergantiños,
Lemos, Terra Cha-A Mariña e A Limia.
ADIVIÑA

TRADICIÓN ORAL
REFRÁNS
-Onde non hai mata non hai pataca.
-Canta a bubela, pataca á terra,
canta o cuco, pataca ao suco.
-Quen queira comer patacas no maio,
que as semente encetado o ano.
-As patacas de xaneiro van na cesta e
veñen no sombreiro.

Que cousa cousiña é
que ten ollos e non ve,
ten pés e non anda
e por dentro toda é branca.
(A pataca)
MONTAXE: Adela Leiro
FOTOS: Adela Leiro, Internet

A pataca (primaria)