1. Patacas
Autor : Ana Fernández FueyoAutor : Ana Fernández Fueyo
5ª primaria curso 20135ª primaria curso 2013
2. Orixe das patacas
● A pataca ou castaña da terra é unha planta orixinaria de América do
Sur e cultivada en case todo o mundo polo seu tubérculo comestible.
● O berce da pataca estivo na fronteira peruano-boliviana pero a man e
intelixencia incaicas tiveron moito que ver na multiplicación das súas
variedades.
● Foron tamén eles os que desenvolveron a técnica para deshidratala, e
apreciárona máis porque resiste moito tempo de almacenamento.
3. Orixe das patacas
● Cando os conquistadores chegaron a Sudamérica, rexeitaron o
tubérculo, porque crían que se trataba dun vexetal velenoso. Esta non
sería a única acusación á que se enfrontarían as patacas, das que se
dixo que eran fonte de luxuria, de lepra e doutras desordes e
enfermidades.
● Os escoceses negáronse inicialmente a comela polo simple feito de
non a atopar mencionada na Biblia.
● A pataca foi introducida en Europa en 1573, e cara finais do século xa
era un alimento común en Italia, Alemaña, Polonia e Rusia.