SlideShare a Scribd company logo
A ARTE ROMANA
TEMA 3
REFERENTES HISTÓRICOS
●
A finais do século VIII a península itálica estaba habitada por
diferentes Pobos: os ligures, os umbros, os etruscos, os samitas, os
sabinos e os latinos.
●
Este últimos fundaron, no ano 753 a. C., un poboado, Roma, que co
tempo se converteu na capota dun dos imperios máis poderosos.
●
As orixes fundacionais da cidade son confusas e nelas mestúrase a
historia e a lenda, pois algunhas fontes atribúen a fundación de Roma
aos irmáns Rómulo e Remo.
●
A historia de Roma divídese entre tres grandes períodos:
– Monarquía (753-509 a. C.): estapa escura gobernada por reis, dos
cales os tres últimos eran de orixe etrusca, un pobo estranxeiro que
entre os séculos VIII e IV habitou a zona da actual Toscana e deixou
unha pegada artística fundamental na evolución da arte romana.
– República (509-31 a. C.): etapa na que os romanos levaron a cabo a
conquista e a colonización doutros territorios e derrotaron, nas
chamadas Guerras Púnicas, aos exércitos cartaxineses.
– Imperio (31 a. C.-476 d. C.): etapa na que se establece un novo
sistema político, liderado por un emperador, e se divide o territorio
en provincias. Pero a partir do século V, as tribos bárbaras do norte
de Europa iniciaron a reconquista dos seus dominios e asediaro o
Imperio, ata que o ano 476 Odoacro, rei dos hérulos, derrotou o
emperador Rómulo Augusto e puxo fin ao Imperio Romano de
Occidente.
ANTECEDENTES
• A cultura e a arte da Antiga Roma é moi ecléctica (variada), xa que
asimilaron as influencias dos diferentes pobos que foron
conquistando. As herdanzas máis destacadas foron: a etrusca, a
grega e a da escola helenística procedente do Próximo Oriente e de
Exipto.
• A diversidade de influencias apréciase sobre todo na arquitectura, na
que os referentes grego e etrusco fusiónanse na construcción dos
edificios.
• Entre os antecendentes da arte romana debe sinalarse a arte etrusca, que
alcanzou o seu máximo esplendor entre os séculos VII e V a. C. e
abrangueu gran parte do norte da península itálica.
• Posteriormente, Roma, despois de dominar todos os territorios da
península Itálica, e de poner fin así á civilización etrusca, estendeu o seu
dominio político e cultural por todas as terras mediterráneas, unha parte
da Europa continental, as illas Británicas, Siria e Mesopotamia.
• Cronolóxicamente pódese falar de Roma desde o ano 509 a. C., cando os
etruscos foros expulsados, ata o 476 d. C. Non obstante, desde un punto
de vista cultural e artístico, non se pode falar dunha arte propiamente
romana ata o século II a. C. Tradicionalmente, non obstante, diferenciouse
a arte romana en dous períodos:
• O Republicano (séculos III-I a. C.), durante o que se observa a influencia das formas
culturais gregas e etruscas.
• O Imperial (séculos I a. C.-V d. C.), no que se inclúe a arte tardorromana iniciada a
finais dos século III d. C.
ANTECEDENTES ETRuSCOS
• Os Etruscos foron un pobo
ubicado na rexión da Toscana
actual, procedente de Asia
Menor. Se coñecen datos sobre
eles dende o século X a. C., pero
durante o século VIII xa
comerciaban coas colonias
helénicas da Magna Grecia, así
como con otros pobos, como os
latinos ou os sabinos, que vivían
no centro da Península Itálica.
• Características da arte etrusca que asimilou a arte
romana:
• En arquitectura:
• Utilización do arco de medio punto e da bóveda de canón ou de
aresta; elemento arquitectónicos de orixe mesopotámica,
chegaron ao continente europeo a través da arquitecura etrusca e
foron base técnica da arquitectura romana.
• Introducción da Orde Toscana, unha orde arquitectónica
arquitrabada que adoptarán despois os arquitectos romanos.
Destaca por:
• Unha columna lisa, con base e capitel xeométrico ao xeito dórico,
composto tamén de colariño, equino e ábaco.
• Fuste fino e sen éntase.
• Un entaboamento formado por unha arquitrabe lisa, un friso sinxelo
sen tríglifos nin metopas, e unha cornixa.
• Uso do ladrillo para a confección de muros e murallas.
• Interese no concepto de Arco de Triunfo.
• Forma e distribución do templo e os tipos de enterramento
(mausoleos).
• En escultura:
• O xénero do retrato, moi popular, cuxo elevado realismo tivo unha
grande incidencia na estatuaria romana. Igualmente importantes
foron as representacións escultóricas de animais míticos ou
fantásticos, como, por exemplo, a Quimera de Arezzo.
• En pintura:
• Destaca a representación de escenas da vida cotiá do pobo
etrusco, incluso na decoración mural das tumbas.
«O sarcófago dos esposos», parella funeraria etrusca
Retrato de Bruto, busto de
posible orixe etrusca
• Na mitoloxía grega, a monstruosa Quimera devastaba o
seu lugar natal, Lycia (Turquía), ata que lle deu morte o
heroe Belerofonte. Nun principio, os descubridores da
estatua en Arezzo pensaron que a estatua representaba a
un león, debido a que a súa cola, que debese ter (segundo
a lenda) a forma dunha serpe, perdeuse. Con todo, pronto
se viu que se trataba da Quimera do mito e, de feito, a cola
foi eventualmente recuperada entre outras pezas de
bronce, segundo Giorgio Vasari. A actual cola é unha
restauración do século XVIII.
• A Quimera formaba parte dun aínda maior tesouro de
estatuas de bronce enterradas nalgún momento da
antigüidade. Foron atopadas por casualidade, mentres se
construían gabias nos arredores da cidade, xusto na parte
exterior de Pórtaa San Laurentino, con todo a imaxe de
Belerofonte que debería acompañar á quimera non se
atopou. Actualmente, unha réplica do mesmo material
exhíbese naquel lugar.
• Na súa pata dianteira hai unha inscrición, que tras
numerosas lecturas chegouse á conclusión que di TINSCVIL,
cuxa tradución sería «doada ao deus Tinia» demostrando
que a Quimera era un elemento usado para venerar ao
deus etrusco do día, Tinia.
ANTECEDENTES gREgOS
• Características da Arte Grega que
asimilou a Arte Romana:
• En arquitectura:
• Utiliza ordes gregas tradicionais
(dórica, xónica e corintia).
• En escultura:
• Gran realismo.
• Diferencias respecto a Arte Grega:
1.A arquitectura romana ten un maior
sentido ornamental na arquitectura:
aumentan as molduras e os
elementos decorativos (guirnaldas,
bucráneos, etc.)
Bucráneos
Guirnaldas
2. Os romanos utilizan a
columna como elemento máis
ornamental que tectónico,
como consecuencia, aparecen
os arcos de triunfo, con
sentido conmemorativo.
Arco de Tito. I d. C.
3. Os romanos teñen unha
valoración diferente dos
espazos interiores; o edificio
romano enténdese tamén
dentro, e é aquí onde se dan
as maiores innovacións. Panteón de Agripa. 118-125 d. C.
CARACTERíSTICAS XERAIS
DA ARquITECTuRA ROMANA
ArquitecturA romAnA
1. Debido al concepto centralista de Roma, o seu arte é máis
uniforme e non atopamos escolas tan definidas como as do mundo
grego (excepto na parte oriental).
2. A civilización romana é ante todo utilitaria e de cidades e, ao haber
un grande desenvolvemento do urbanismo, hai unha
transformación na arquitectura.
3. Roma é, ante todo, un imperio militar e esa idea de dominio,
pervivencia, etc., implica a construcción de todos un sistema de
estradas e calzadas, ademáis da construcción de grandes murallas
que conformar enormes fortalezas. A arte como propaganda do
poder.
4. A convicción de inmortalidade do Imperio, fai que a súa
arquitectura ríxase polo principio de que o facer o esforzo inicial
duradeiro é bo á larga porque aforra esforzo.
5. Problemas arquitectónicos que deben resolver:
• O uso da bóveda e o da cúpula: necesitan bos materiais. Utilizan o sistema da
cimbra (armazón de madeira que se utiliza para facer a montaxe da cúpula) e
a cerran no interior a través de casetóns.
• Teñen que crear un sistema para soportar o peso e o empuxe da bóveda,
polo tanto os romanos van utilizar un muro espeso e pilastras en lugar de
columnas.
6. Diversifícase o material construtivo
(ladrillo, pedra e formigón),
combinado de diferente maneira:
• Opus Incertum ou cachotaría
(mampostería).
• Opus Reticulatum (sillares).
• Opus Cuadratum (sistema a soga e tizón).
• Opus Cementinium (unha especie de
formigón actual: auga, arena, cal e pedras
pequenas).
• Opus Mixtum (mestura de pedra e
ladrillo).
O emprego de formigón e ladrillo fai que
Roma teña materiais baratos e
doados de acadar, pero sen unha
gran estética, polo tanto, adóitanse
cubrir (a pedra incluída), con placas
de alabastro ou mármore para
mellorar a arquitectura
estéticamente.
7. Ademáis de herdar a Orde
Toscana do mundo etrusco,
crea unha orde nova, a Orde
Composta, que consiste en
mesturar elementos do capitel
xónico (as volutas) e do
corintio (as follas de acanto).
urbAnismo e ArquitecturA
• Urbanismo e arquitectura son as máximas representacións do carácter romano e son
considerados os instrumentos de romanización máis importantes, xa que homoxeneizan
todas as grandes ciudades das terras conquistadas.
• Os romanos aplican a toda cidade de nova construcción un sistema de ordenamento
xeométrico en cuadrícula, seguindo o trazado dos campamentos militares primitivos. Así,
a cidade dividíase en catro parcelas separadas por dúas rúas principais:
• O cardo (N-S).
• O decumano (L-O).
• No cruzamento resultante constrúese o foro, unha praza na que se levantan os edificios
públicos máis importantes, moi similar a antiga ágora grega. Os templos, basílicas, a
curia (aínda que o termo sufre variacións ao longo do tempo, refírese ao edificio
administrativo ou de goberno), o arquivo, os monumentos conmemorativos (arcos e
columnas), fan do foro romano un conglomerado incoherente de construcción. O máis
complexo e grandioso de todos é o Foro de Trajano en Roma.
Foro de Trajano. Apolodoro de Damasco. 107-112 d. C.
Foro de Trajano. Apolodoro de Damasco. 107-112 d. C.
Foro de Trajano. Apolodoro de Damasco. 107-112 d. C.
• De grande importancia para o
desenvolvemento do territorio e da cidade son
as vías de comunicación entre os distintos
territorios. A principal vía no sistema de
comunicacións romano foi a Vía Augusta, que
unía Roma con Cádiz, pasando por Tarragona.
• Tamén foron moi importantes as obras de
enxeñaría, como por exemplo as pontes e os
acueductos, extraordinarios monumentos con
arcadas, encargados de levar a auga aos
núcleos urbanos desde os pantanos ou ríos das
montañas. En España existe un dos máis
importantes e mellor conservados: o
acueducto de Segovia.
• Exemplos de ciudades recuperadas e
conservadas son Pompeia e Herculano, en
Nápoles e, parcialmente, Mérida e Tarragona,
en España.
Acueducto romAno de segoviA
• Identificación:
• Trátase dunha obra de enxeñería
romana que claramente manifesta
a grande importancia e
desenvolvemento das vías de
comunicación dentro do Imperio
Romano, fundamentais como
instrumento romanizador que se
expande e homoxeneiza as grandes
ciudades das terras conquistadas.
• A súa tipoloxía é a de acueducto e
foi realizada en granito entre os
anos 90 e 105 d. C. Está localizado
en Segovia e é de estilo romano.
• Análise e comentario:
• A necesidade de dotar ás cidades de auga
fixo que se crease unha rede de
acueductos que a trasladasen desde os
pantanos ata os núcleos urbanos. Para iso
creáronse canalizacións que aproveitando
unha pendente que debía permanecer
constante ao longo do percorrido
transportaban a auga ata cisternas desde
onde se distribuía.
• O acueducto comeza a uns 16 k da cidade
de Segovia, na serra de Guadarrama, onde
recolle a auga do caudal do río Frío. Dende
aquí parte unha canle de 30 cm de
diámetro que se dirixe ata unha torre –El
Caserón- construída na cidade de Segovia,
onde se eliminaba a sucidade que
arrastraba a auga.
• A partir de aquí comeza a parte visible e
arquitectónica do acueduto, dividida en dous
grandes tramos:
• Un primeiro tramo con 78 arcos de medio punto.
• Un segundo tramo, con 44 arcadas dobres sobrepostas.
• En total son 778 m de lonxitude, cunha altura
mínima de 7 metros e unha máxima de case 29.
• A arquería superior mantense sempre invariable;
non obstante, os piares da arquería inferior varían
de medida para adaptarse ao terreo.
• Todos os arcos están construídos con grandes
perpiaños (sillar ou pedra que atravesa ou alcanza
todo un muro ou parede -atravésaa dun lado ao
outro-) graníticos unidos entre sí sen ningún tipo
de argamasa que asegure a adherencia, é dicir, “ao
seco”, agás o opus caementicium, que pode
considerarse un equivalente ao formigón actual.
• Contexto histórico, función, contido e significado:
• Aludir á información estudiada anteriormente, relativa ao
interese polas distintas tipoloxías arquitectónicas, a
expansión romana no Imperio, á Romanización e ao estudio
da enxeñería.
• O acueduto é a imaxe principal da paisaxe urbana segoviana,
é a obra de enxeñaría romana máis importante da Península
Ibérica e unha das máis destacadas de Europa, só
comparable ao Pont du Gard que forma parte do acueduto
de Nimes.
• Este acueduto foi construído para abastecer de auga a parte
alta da cidade de Segovia, onde se instalou un enclave miliar
romano de importancia estratéxica. Tras unha pequena
modificación, o acueduto continúa en funcionamento.
• O acueducto de Segovía é un magnífico exemplo de
enxeñería civil romana en España e demóstranos a
importancia que se deu a tales obras sendo onde mellor
móstrase o carácter práctico da arte romano e os grandes
avances que lograron en obras de enxeñería civil como
pontes, calzadas e acueductos, tan vitais para a
administración dun imperio baseado en grandes cidades.
Pont du Gard. Nimes
tipoloxíAs ArquitectónicAs
• Os edificios romanos pódense
diferenciar segundo sexan
privados ou públicos.
• Privados: deben sinalarse as
casas, que poden ser
unifamiliares (domus) ou de
veciños (insulae). Tamén
destacan as vilas, construídas
polos emperadores para o seu
propio gozo e beneficio,
adoitando ser grandes e fastosas,
ao igual que os palacios, nas
aforas das cidades.
• Públicos: distínguense os
edificios relixiosos e os edificios
civís.
Insulae Romana
Vila Romana
• Entre os edificios públicos relixiosos destacan os
templos
• Foron erixidos para o culto aos deuses e seguen moitas
das características do templo etrusco:
• A súa elevación mediante un podio.
• A preeminencia dunha fachada principal, resaltada cun
pórtico de entrada alto, ao que se accedía por unha
escalinata.
• Tamén é posible atopar elementos do templo grego,
como por exemplo:
• A forma rectangular da planta.
• A división do interior en dous espazos diferenciados, o pronao
ou pórtico e a cela ou naos, en cuxo interior se gardaba a
estatua do deus.
• O feito de rodear todo o edificio de columnas, que no caso da
cela están pegadas.
• Un dos templos mellor conservados é a Maison Carrée
en Nimes (ficha 15), que se tomou como modelo na
construcción da igrexa neoclásica da Madeleine en París.
• Tamén hai que mencionar os templos de pranta circular
que, partindo do tholos grego, ás veces foron cubertos
con grandes cúpulas, coma o Templo de Vesta en Trípoli
e, sobre todo, o Panteón de Agripa en Roma.
Maison Carrée en Nimes. Século I a. C.
Reconstrucción Templo
de Vesta. S. VII a. C.
pAnteón de AgripA
• Identificación:
• Trátase dun templo de estilo romano imperial, elaborado en formigón, granito, ladrillo, mármore e madeira,
entre os anos 118 e 125 d. C. Localízase no Campo de Marte, em Roma.
• Análise e comentario:
• O Panteón de Agripa recibe o nome do primitivo templo construído por mandato do xeral Marco Agripa
(amigo do emperador Augusto) no primeiro terzo do século I. Un incendio arrasouno, só quedou a inscrición
que aparece no arquitrabe. O actual construíuse en época de Adriano no século II.
• Para construír o templo utilizaron materiais diversos: opus caementecium nos grosos muros; ladrillo e pedra
volcánica na cúpula para alixeirar o peso e mármore e granito nas columnas. O interior está decorado con
mármores de diferentes tonalidades.
• A planta consta de dúas partes:
• O pórtico de planta rectangular que lembra aos templos gregos,
• A cella de planta circular rematada por unha impresionante cúpula sobre tambor,
• A intersección entre ámbalas zonas realízase a través dos propileos (vestíbulo simple situado na fronte da
entrada a un santuario) que morren no arranque do tambor.
• O pórtico de clara influencia grega é períptero, octástilo e arquitrabado. Ten tres rúas, a central máis ancha.
Sobre as monumentais columnas de 18 m de altura e de capitel corintio, repousa o entablamento coa
inscrición de Agripa e sobre el, un frontón actualmente sen decoración.
• Unha vez cruzado o pórtico e a través dunhas portas de bronce
accédese á cella ou naos. Aquí demóstrase que os romanos foron
auténticos arquitectos. Crean espazos internos. A sala é unha esfera
perfecta de 43,30 metros de base por 43,30 metros de altura. É un
círculo dentro dun cadrado. A cella transmite grandiosidade, harmonía
e nitidez.
• Os romanos souberon construír atendendo a uns principios de simetría
e a unha concepción axial do espazo tanto en vertical como en
horizontal. Se trazásemos un eixo, o templo quedaría dividido en dous
partes simétricas desde o óculo ao centro do chan e desde a ábsida á
porta.
• Os elementos sustentantes son, no exterior, un muro groso de 7m que esconde nos
seus interior pilares que suxeitan e distribúen o peso da cúpula. No interior utilizan
columnas, pilares e intercalando hornacinas e frontóns.
• A gran achega está na cuberta, unha enorme cúpula remata o templo, esta cuberta
semiesférica, construída con pedra volcánica e ladrillo para alixeirar o peso, susténtase
nun enorme tambor que vai trasladando o peso a semiesferas, columnas, pilares e ao
gran muro exterior. A cúpula remátase na parte central cun óculo por onde entra a luz
cenital, toda ela está decorada con casetones. Esta solución dá unha sensación de
amplitude, protección e de espazo diáfano.
• O ritmo compositivo interior márcao a alternancia de elementos arquitrabados como
frontóns con hornacinas de arco de medio punto. Destaca en fronte da porta principal
unha gran ábsida rematada cunha cúpula de cuarto de esfera que influirá nas cabeceiras
das igrexas cristiás. O ritmo decorativo interior está remarcado coa alternancia de
columnas corintias, frontóns arquitrabados e abovedados, todos eles recubertos de ricos
mármores. Os nichos contiñan estatuas dos deuses romanos.
• O Panteón de Agripa é quizá a obra cume da arquitectura romana. É o
edificio mellor conservado. Os romanos demostran que son auténticos
arquitectos, crean e acoutan o espazo interior. Os gregos, en cambio,
dan prioridade ao exterior, os templos constrúenos como esculturas
para ser contempladas desde fóra.
• Este templo ten unha enorme simboloxía, foi construído no momento
de maior esplendor do Imperio Romano, dedicado a todos os deuses, a
cúpula simboliza o ceo e o resto do templo ao poder terreal centrado
en Roma (as sete ábsidas estaban consagradas ás sete divinidades
celestes: o Sol, a Luna, Mercurio, Venus, Marte, Júpiter e Saturno), as
perfectas esferas representan a unión do ceo e o centro do Imperio. A
Unión de ceo e terra.
• O Panteón é un dos mellores exemplos do concepto que tiñan os romanos
da arquitectura e da arte, trátase dunha arquitectura ecléctica onde funden
o grego e o romano, son construcións pragmáticas, útiles, ao servizo do
poder, deixan constancia da grandeza de Roma. Tamén nos permite coñecer
a relixión politeísta.
• A súa gran achega é saber fundir nun mesmo espazo elementos
arquitrabados e esféricos. Crean un espazo interno diáfano, nítido, simétrico
e cunha luz envolvente onde tradición e audacia únense.
• O Panteón de Agripa, as solucións técnicas e sobre todo a cúpula influirán
nas obras arquitectónicas de movementos artísticos posteriores do
Renacemento, Barroco ou Neoclasicismo. A cúpula do Duomo de Florencia
de Brunelleschi ou a de San Pedro do Vaticano do Miguel Ángel tiveron moi
presente esta obra que acabamos de comentar. Unha obra única, incrible
con solucións arquitectónicas descoñecidas ata agora.
Tipoloxías arquiTecTónicas:
arquiTecTura civil
• Os romanos levantaron un gran número de edificios, que respondían
perfectamente ás necesidades dunha sociedade complexa e evolucionada
como a súa:
• Monumentos destinados á diversión:
• Termas. Edificios públicos destinados, principalmente, aos baños en piscinas de auga quente
(caldarium), de auga morna (tepidarium) e de auga fría (frigidarium). Cabe destacar as
Termas de Caracalla en Roma.
• Teatros. Locais de estrutura semicircular parecida á dos teatros gregos, pero construídos sen
aproveitar o desnivel do terreo. En España cabe sinalar os de Mérida, Sagunto e Tarragona.
• Anfiteatros. De planta elíptica, xorde da unión de dous teatros. Alí celebrábanse loitas de
gladiadores, naumaquias e venationes (loitas de animais). O Coliseo de Roma é o exemplo
máis importante, pero tamén cabe destacar o anfiteatro de Nimes, Francia e os de Mérida e
Tarragona.
• Circo. Lugar onde se organizaban as carreiras de cuadrigas (cabalos e carros) e se realizaban
actividades atléticas. A pesar do seu mal estado de conservación, destaca a magnificencia do
circo Máximo en Roma.
TeaTro romano de mérida
• Identificación:
• O teatro romano de Mérida, de autor descoñecido, ubícase cronolóxicamente no século
I a. C., polo que o seu estilo é romano imperial. Esta construido en pedra e mármore e
localízase en Emérita Augusta, actual Mérida (Badaxoz).
• Análise e comentario:
• O teatro de Mérida pertence ao denominado tipo mixto, é dicir, alzado en parte ao aire
e en parte escavado no monte. Non está, pois, nin totalmente resgardado por un
declive montañoso, como os teatros gregos, nin é do todo exento, como os romanos.
• Estrutúrase en dúas partes fundamentais:
• A monumental escena, de 17, 5 m de altura, coas dependencias para os actores.
• A cávea, espazo destinado ao público.
• Entre ambas as partes atópase a orquestra, zona semicircular onde se situaba o coro.
• Hai tamén um amplo proscenio de 60 m de longo por 7 m de profundidade, onde se
realizaban as representacións. Detrás do proscenio aparece a escena propiamente dita,
reconstruída con materiais atopados, parcialmente, in situ.
• A escena esta formada por tres tramos non aliñados, co que se consegue un forte
contraste de luz e sombra. No tramo central ábrese unha porta principal e en cada un
dos laterais sendas portas que comunicaban coas dependencias ou camerinos.
• A fachada da escena consta de dous
corpos de columnas corintias situados
sobre un sólido zócalo. O seu
entablamento está rematado por
unha cornixa decorada de palmetas,
ovas e outros ornamentos. Nos
intercolumnios situábanse estatuas de
personaxes públicos (da familia
imperial) e divindades, proba da súa
dualidade relixiosa e política.
• No plano inferior, o da orquestra,
cuxo chan está recuberto de
mármore, hai dúas entradas
chamadas parodos utilizadas para
acceder ás localidades de máis
categoría, dispostas en tres filas de
asentos. Sobre estas dispoñíanse as
bancadas que formaban a chamada
"ima cavea", con vinte e dúas filas
para os patricios, concentradas en
cada un dos seis "cunei" ou sectores
en forma de cuña en que se dividían
as graderías.
• Accedíase ás localidades por trece
portas de acceso oi vomitorium que
comunicaban con galerías
abovedadas. O público de menor
categoría situábase na parte alta do
teatro.
• Contexto histórico, función, contido e
significado:
• Os teatros son os edificios máis espectaculares
de todas as arquitecturas públicas. A súa función
non é soamente a de albergar representacións
teatrais -comedias e traxedias-, senón tamén
celebracións, rituais, reunións políticas, xogos,
etc.
• O teatro de Mérida, encargo de Marco Agripa
forma, xunto co anfiteatro e o circo, unha
triloxía difícil de atopar noutros conxuntos da
época romana.
• Está situado no punto máis alto da cidade. A
estrutura urbana romana sitúa a zona lúdica algo
afastada do centro da cidade para evitar
aglomeracións.
• O seu modelo é o teatro grego, cuxo mellor
exemplo o atopamos no teatro de Epidauro.
Palladio, no século XVI, rescatou esta tipoloxía
constructiva no seu Teatro Olímpico de Vicenza
(Italia), onde repetiu todos os elementos do
teatro clásico. A estrutura do teatro clásico
influíu na disposición dos teatros desde o
Renacemento ata os nosos días.
coliseo ou anfiTeaTro flavio
• Identificación:
• O Coliseo ou Anfiteatro Flavio foi encargado polo emperador Flavio
Vespasiano e inaugurado polo seu fillo Tito, e levouse a cabo entre os anos 72
e 80 d. C., polo que se corresponde ao estilo romano altoimperial.
• Mantén a tipoloxía de anfiteatro e está elaborado en diversos materiais,
como son o mármore travertino, formigón, ladrillo, pedra e estuco.
• O Nome de Coliseo procede da gran estatua de Nerón que se alzaba fronte a
el. A súa verdadeira denominación é a de Anfiteatro Flavio, debido á dinastía
de emperadores reinante.
• Análise e comentario:
• O nome de anfiteatro significa dous
teatros e é unha construción orixinal
romana expoñente do seu carácter
pragmático. Destinado á diversión do
pobo.
• O anfiteatro ten forma ovalada ou en
elipse con dimensións extraordinarias,
indicando a capacidade da arquitectura
romana para facer grandes obras.
• Exteriormente estrutúrase en catro niveis:
• Os tres primeiros formados por arquerías de medio punto enmarcados por columnas
con superposición de ordes: toscano, jónico e corintio. Encima das columnas un
entablamento ou dintel. O espazo entre arco e dintel de forma triangular chámase
enxoita (enjuta).
• O cuarto nivel , construído en tempo de Domiciano , é o atrio con lesemas que son
estreitas pilastras corintias que enmarcan xanelas cadradas. Consérvanse algunhas
ménsulas que suxeitaban os mastros (mástiles) que servían para fixar un inmenso toldo
que cubría o edificio.
• O acceso e a saída realizábase a través dos 80 arcos do piso inferior.
• O ritmo é por unha banda ondulado (arcos) compensado pola verticalidade das
columnas adosadas con función decorativa e non sustentante.
• O interior, divídese nos seguintes espazos:
• A zona subterránea está conformada por unha complexa rede de galerias, estancias
abovedades para albergar as distintas dependencias de servizo e as celas para as feras,
escaleiras, ascensores de poleas para subir as feras (fieras) e as tramoias á area.
• A Area. Espazo no que se desenvolvían loita de gladiadores, batallas mitólógicas ou
históricas , mesmo se podía inundar para as naumaquias as representacións de batallas
navais. Era tal o gusto por estes espectáculos que había equipos encargados de buscar e
proporcionar animais.
• Graderio ou cávea. Está formado por aneis concéntricos graduados. Este é un espazo
construído, é dicir, levántase sobre bóvedas superpostas de canón, arestas, sustentadas
por pilastras.
O interior é por tanto unha complexa rede de galerías abovedadas.
• Este edificio podía dar acollida a 50.000 espectadores e era unha espazo
xerárquico. Estaba dividido en cinco niveis:
• O máis baixo con palcos para senadores e tribunos.
• Ata o terceiro nivel, os asentos eran de mármore e a partir de aquí de madeira para as
clases inferiores que veían os espectáculos de pé, o feito de ser de madeira contribuía a
reducir a presión sobre paredes, bóvedas e pilares interiores.
• A rede de galerías permitía un rápido acceso e evacuación a través dos
vomitorios. Probablemente estas galerías estarían decoradas con pinturas ou
mosaicos.
• Gran importancia do espazo interior funcional, pragmático e con sentido de
duradeiro.
• Contexto, función, significado:
• Sitúase esta obra nos comezos do Imperio que tras a crise producida por emperadores como Calígula e
Nerón, a dinastía Flavia , que chegou con Vespasiano á dignidade imperial consolidou a nova forma de poder
e trouxo estabilidade e unha gran actividade construtiva e escultórica.
• A construción do Coliseo pódese considerar como un agasallo do emperador ao pobo de Roma e por tanto
acto de propaganda . É un novo edificio que indica o carácter funcional da súa cultura que une dous teatros
gregos coa orixinalidade dos subterráneos.
• En canto á súa función, trátase dun edificio de lecer, entreter dentro do contexto "pan e circo" que
exemplifica o costume dos emperadores romanos de alimentar ao pobo e darlle espectáculo para mantelo
distraído dos asuntos políticos.
• Posteriormente, a Igrexa católica adóptoo como un símbolo dos mártires que pereceron na súa area.
• Exemplo de duradeiro aínda mantense( aínda que deteriorado porque durante moito tempo serviu de
canteira), exemplo do carácter funcional e pragmático da arquitectura romana xa que era capaz de acoller a
50.000 espectadores e exemplo de monumentalidade e grandiosidade ao servizo da funcionalidade, pero
tamén da propaganda do emperador.
• Por último, en canto á súa valoración, a súa estrutura que permite levantar a cavea a base de superposición
de bóvedas , é un exemplo do dominio que os arquitectos romanos exerceron sobre a enxeñería, do mesmo
xeito que a construción de acueductos, pontes que aínda hoxe consérvanse en bo estado. Por outra banda a
superposición de ordes , a uníón de arco e dintel serán elementos que inflúan no Renacemento. Este tipo de
construcións esténdese polo Imperio como exemplo de romanización : como o anfiteatro de Nimes en
Francia e o anfiteatro de Itálica en Hispania.
• Monumentos de carácter administrativo:
• Basílica, É o edificio máis importante. Tratase dun edificio xeralmente rectangular formado
por tres naves cubertas cunha bóveda de canón e media cúpula ao fondo, destinada ao
comercio, á administración de xustiza e a diversos actos públicos. A máis importante é a
Basílica de Maxencio en Roma (ficha 19).
• Monumentos conmemorativos: Son elementos arquitectónicos coma os altares,
columnas e arcos, extraídos do seu contexto constructivo habitual, individualizados e
magnificados, que recordan perennemente as xestas do Imperio.
• Columnas conmemorativas. Poden ser de dous tipos:
• A columna rostral, co fuste decorado con elementos escultóricos que representan a proa dun
barco (rostrum), e que recordaba vitorias navais.
• A columna historiada, co fuste recuberto con relevos de xestas bélicas, como a Columna Traxana
(ficha 23).
• Arcos de Triunfo. Construídos no foro ou nos accesos das cidades; podían ser dunha ou de
tres arcadas. Os arcos de Tito e de Septimio Severo en Roma e o de Bará en Tarragona, son
excelentes exemplos.
Tipoloxías arquiTecTónicas:
arquiTecTura civil
arco de TiTo • Identificación: O Arco de Tito é un arco de triunfo de
estilo romano imperial, con función conmemorativa,
en honra ao emperador Tito. Está conformado por
perpiaños de pedra (podium) e mármore e está
localizado na Vía Sacra de Roma. A súa cronoloxía é o
ano 81 d. C.
• Análise e comentario:
• É de mármore, cun só van e dobre alzado.
• Combinación arquitectura abovedada e adintelada.
• Consta de tres partes:
• Podium.
• Arco de medio punto flanqueado por dous grandes pilares con
bóveda de canón no seu interior e entablamento formado por
un arquitrabe.
• Un friso que representa o desfile das lexións romanas en
Xerusalén e unha cornixa que soporta o ático onde se atopa a
inscrición coa dedicatoria.
• Ten unha ornamentación moi sobria. Está adornado con
columnas de fustes estriados e lisos e entablamentos
clásicos, presenta capiteis compostos que combinan as
volutas jónicas cos acantos corintios.
• Unha línea de imposta separa o zócalo do corpo
principal, no que destacan catro semicolumnas con
capiteis compostos, situadas nos ángulos dos pilares.
• A ambos os dous lados do gran arco hai vans cegos.
• Relevos do Arco de Tito:
• Na bóveda do interior do arco aparecen
dous interesantes altorrelieves de gran
formato colocados a ambos os dous lados no
corpo central do pilar, alusivos á conquista
do emperador Tito da cidade de Xerusalén.
• No da dereita represéntase ao emperador
Tito na súa entrada triunfal en Roma, nun
gran carro coroado pola Vitoria e no da
esquerda, unha comitiva co botín tomado en
Xerusalén: candelabro dos sete brazos e
parece ser que a famosa mesa de ouro do
templo de Salomón. Os relevos teñen un
gran valor histórico, narran con gran
realismo as vitorias e utilizan símbolos que
nos permiten coñecer os trazos esenciais
deste pobo.
• Para logran profundidade e perspectiva
esculpen utilizando o alto relevo, medio e
baixo. os á conquista do emperador Tito da
cidade de Xerusalén.
• Contexto, función, significado:
• Erixido por orde do Senado e do pobo romano en tempos do emperador Domiciano
para conmemorar as épicas vitorias do seu irmán Tito en Xudea, que falecera no ano
81 despóis dun breve reinado de dous anos e medio. Está ubicado na Vía Sacra.
• No seu piso superior está colocado o epígrafe que lembra o acontecemento que
motivou a súa construción: Senatus populusque romanus divo Tito divi Vespasiano
filius Vespasiano Augusto. O Senado e o pobo de Roma ao divino Tito, fillo do divino
Vespasiano e a Vespasiano Augusto.
• Na Idade Media, a familiar patricia dos Frangispane converteu o Coliseo nunha
fortaleza e incorporou o arco de Tito á muralla medieval. Afortunadamente, en 1823
o monumento recuperou todo o seu antigo esplendor grazas á restauración
encargada polo Papa Pío VII, que a liberou da estrutura medieval, tal como lembra a
inscrición que dá cara ao lado do Foro.
• O arco de Tito é un claro exemplo de como a arte romana está ao servizo do
poder, levántase para conmemorar a conquista de Xerusalén. Este tipo de
obras conmemorativas construíanse nas grandes calzadas que daban acceso
ao Foro; polas portas pasaban os xenerais coas súas tropas vitoriosas.
• Os romanos son grandes enxeñeiros e arquitectos, souberon crear unha arte
pragmática e ecléctico, aquí observamos como unen elementos
arquitrabados con abovedados, arquitectura e escultura para cantar as
grandezas de Roma nun momento de gran expansión militar, territorial e
política como corresponde ao Imperio do século I coincidindo coa Pax
Romana e en plena Romanización.
• Trátase dunha arquitectura propagandística, que narra as vitorias militares
dos seus xenerais e emperadores, a grandeza de Roma.
• Xunto ao arco de Tito destacan outros arcos como o de Septimio Severo, ou
o de Constantino de tres vans, en España destaca o de Bará en Tarragona.
• Outro tipo de construcións conmemorativas foron as columnas, a máis
famosa é a de Trajano.
• Os arcos de triunfo tiveron unha enorme repercusión posterior, sobre todo a
partir do Barroco e durante os séculos XVIII e XIX.
• Portas como a de Brandenburgo en Berlín, o Arco de Triunfo en París, a Porta
de Alcalá en Madrid inspíranse nos modelos romanos.
FicHas a elaBorar
• Basílica de Maxencio e Constantino.
• Termas de Caracalla (por enriba).
• Columna Traxana.
• Escultura Ecuestre de Marco Aurelio.

More Related Content

What's hot

Vocabulario de conceptos e termos artísticos de Historia da Arte (ABAU)
Vocabulario de conceptos e termos artísticos de Historia da Arte (ABAU)Vocabulario de conceptos e termos artísticos de Historia da Arte (ABAU)
Vocabulario de conceptos e termos artísticos de Historia da Arte (ABAU)Agrela Elvixeo
 
Arquitectura Románica
Arquitectura RománicaArquitectura Románica
Arquitectura RománicaAgrela Elvixeo
 
Comentario templo Atenea Nike
Comentario templo Atenea NikeComentario templo Atenea Nike
Comentario templo Atenea Nikelorenaamarelle
 
Tema 4 arte paleocristiá e bizantino
Tema 4 arte paleocristiá e bizantinoTema 4 arte paleocristiá e bizantino
Tema 4 arte paleocristiá e bizantinoagreloroberto
 
2013 bande, naranco, celanova
2013 bande, naranco, celanova 2013 bande, naranco, celanova
2013 bande, naranco, celanova Jorgeccalle
 
A Arte Romana. Primeira Parte
A Arte Romana. Primeira ParteA Arte Romana. Primeira Parte
A Arte Romana. Primeira ParteDudas-Historia
 
Unidade 3 Cidade Romana
Unidade 3 Cidade RomanaUnidade 3 Cidade Romana
Unidade 3 Cidade Romanacamposseijo
 
Unidade 1 Arquitectura Grega
Unidade 1 Arquitectura GregaUnidade 1 Arquitectura Grega
Unidade 1 Arquitectura Gregacamposseijo
 
Santa Sofía de Constantinopla 2013
Santa Sofía de Constantinopla 2013Santa Sofía de Constantinopla 2013
Santa Sofía de Constantinopla 2013Jorgeccalle
 
Tema 4. A arte exipcia
Tema 4. A arte exipciaTema 4. A arte exipcia
Tema 4. A arte exipciamaikarequejo
 
Arte paleocristiá, bizantina e musulmá
Arte paleocristiá, bizantina e musulmáArte paleocristiá, bizantina e musulmá
Arte paleocristiá, bizantina e musulmáAgrela Elvixeo
 
U N I D A D E 6 Arte Románica
U N I D A D E 6  Arte RománicaU N I D A D E 6  Arte Románica
U N I D A D E 6 Arte Románicacamposseijo
 

What's hot (20)

Tema 3. A arte romana
Tema 3. A arte romanaTema 3. A arte romana
Tema 3. A arte romana
 
Vocabulario de conceptos e termos artísticos de Historia da Arte (ABAU)
Vocabulario de conceptos e termos artísticos de Historia da Arte (ABAU)Vocabulario de conceptos e termos artísticos de Historia da Arte (ABAU)
Vocabulario de conceptos e termos artísticos de Historia da Arte (ABAU)
 
Arquitectura Románica
Arquitectura RománicaArquitectura Románica
Arquitectura Románica
 
Comentario templo Atenea Nike
Comentario templo Atenea NikeComentario templo Atenea Nike
Comentario templo Atenea Nike
 
Arte romana
Arte romanaArte romana
Arte romana
 
Tema 4 arte paleocristiá e bizantino
Tema 4 arte paleocristiá e bizantinoTema 4 arte paleocristiá e bizantino
Tema 4 arte paleocristiá e bizantino
 
Arte romana
Arte romanaArte romana
Arte romana
 
Tema II. A arte grega
Tema II. A arte gregaTema II. A arte grega
Tema II. A arte grega
 
2013 bande, naranco, celanova
2013 bande, naranco, celanova 2013 bande, naranco, celanova
2013 bande, naranco, celanova
 
A Arte Romana. Primeira Parte
A Arte Romana. Primeira ParteA Arte Romana. Primeira Parte
A Arte Romana. Primeira Parte
 
Obras tema 3
Obras tema 3Obras tema 3
Obras tema 3
 
Unidade 3 Cidade Romana
Unidade 3 Cidade RomanaUnidade 3 Cidade Romana
Unidade 3 Cidade Romana
 
Unidade 1 Arquitectura Grega
Unidade 1 Arquitectura GregaUnidade 1 Arquitectura Grega
Unidade 1 Arquitectura Grega
 
Tema 2. A arte grega
Tema 2. A arte gregaTema 2. A arte grega
Tema 2. A arte grega
 
Renacemento europeo e español
Renacemento europeo e españolRenacemento europeo e español
Renacemento europeo e español
 
Santa Sofía de Constantinopla 2013
Santa Sofía de Constantinopla 2013Santa Sofía de Constantinopla 2013
Santa Sofía de Constantinopla 2013
 
Tema 4. A arte exipcia
Tema 4. A arte exipciaTema 4. A arte exipcia
Tema 4. A arte exipcia
 
Arte paleocristiá, bizantina e musulmá
Arte paleocristiá, bizantina e musulmáArte paleocristiá, bizantina e musulmá
Arte paleocristiá, bizantina e musulmá
 
U N I D A D E 6 Arte Románica
U N I D A D E 6  Arte RománicaU N I D A D E 6  Arte Románica
U N I D A D E 6 Arte Románica
 
Tema 6. A arte romana
Tema 6. A arte romanaTema 6. A arte romana
Tema 6. A arte romana
 

Viewers also liked

Modelo de Comentario I
Modelo de Comentario IModelo de Comentario I
Modelo de Comentario IDudas-Historia
 
Tema 0. Parte de urbanismo e arquitectura
Tema 0. Parte de urbanismo e arquitecturaTema 0. Parte de urbanismo e arquitectura
Tema 0. Parte de urbanismo e arquitecturaDudas-Historia
 
El Sexenio Democrático
El Sexenio DemocráticoEl Sexenio Democrático
El Sexenio DemocráticoDudas-Historia
 
A Arte Paleocristiana e a Arte Bizantina
A Arte Paleocristiana e a Arte BizantinaA Arte Paleocristiana e a Arte Bizantina
A Arte Paleocristiana e a Arte BizantinaDudas-Historia
 
Comentario de Textos Históricos
Comentario de Textos HistóricosComentario de Textos Históricos
Comentario de Textos HistóricosDudas-Historia
 
Primera Guerra Carlista
Primera Guerra CarlistaPrimera Guerra Carlista
Primera Guerra CarlistaDudas-Historia
 
El Sexenio Democrático
El Sexenio DemocráticoEl Sexenio Democrático
El Sexenio DemocráticoDudas-Historia
 
Tema 15. Dictadura Franquista de posguerra. 1939-1959
Tema 15. Dictadura Franquista de posguerra. 1939-1959Tema 15. Dictadura Franquista de posguerra. 1939-1959
Tema 15. Dictadura Franquista de posguerra. 1939-1959Dudas-Historia
 
Tema 10. Lecciones 4-9
Tema 10. Lecciones 4-9Tema 10. Lecciones 4-9
Tema 10. Lecciones 4-9Dudas-Historia
 
Ideas para tener en cuenta en la elaboración de una composición de texto hist...
Ideas para tener en cuenta en la elaboración de una composición de texto hist...Ideas para tener en cuenta en la elaboración de una composición de texto hist...
Ideas para tener en cuenta en la elaboración de una composición de texto hist...Dudas-Historia
 
Tema 4. El siglo XVIII en España. el reformismo de los primeros Borbones
Tema 4. El siglo XVIII en España. el reformismo de los primeros BorbonesTema 4. El siglo XVIII en España. el reformismo de los primeros Borbones
Tema 4. El siglo XVIII en España. el reformismo de los primeros BorbonesDudas-Historia
 
La construcción del Estado Liberal. 1833 1868 (actualizado)
La construcción del Estado Liberal. 1833 1868 (actualizado)La construcción del Estado Liberal. 1833 1868 (actualizado)
La construcción del Estado Liberal. 1833 1868 (actualizado)Dudas-Historia
 
Actividades 2º Bachillerato
Actividades 2º BachilleratoActividades 2º Bachillerato
Actividades 2º BachilleratoDudas-Historia
 
Evolución económica durante el franquismo
Evolución económica durante el franquismoEvolución económica durante el franquismo
Evolución económica durante el franquismoDudas-Historia
 

Viewers also liked (17)

Modelo de Comentario I
Modelo de Comentario IModelo de Comentario I
Modelo de Comentario I
 
Tema 0. Parte de urbanismo e arquitectura
Tema 0. Parte de urbanismo e arquitecturaTema 0. Parte de urbanismo e arquitectura
Tema 0. Parte de urbanismo e arquitectura
 
El Sexenio Democrático
El Sexenio DemocráticoEl Sexenio Democrático
El Sexenio Democrático
 
Tema 11
Tema 11Tema 11
Tema 11
 
A Arte Paleocristiana e a Arte Bizantina
A Arte Paleocristiana e a Arte BizantinaA Arte Paleocristiana e a Arte Bizantina
A Arte Paleocristiana e a Arte Bizantina
 
Comentario de Textos Históricos
Comentario de Textos HistóricosComentario de Textos Históricos
Comentario de Textos Históricos
 
Primera Guerra Carlista
Primera Guerra CarlistaPrimera Guerra Carlista
Primera Guerra Carlista
 
El Sexenio Democrático
El Sexenio DemocráticoEl Sexenio Democrático
El Sexenio Democrático
 
Tema 15. Dictadura Franquista de posguerra. 1939-1959
Tema 15. Dictadura Franquista de posguerra. 1939-1959Tema 15. Dictadura Franquista de posguerra. 1939-1959
Tema 15. Dictadura Franquista de posguerra. 1939-1959
 
Tema 10. Lecciones 4-9
Tema 10. Lecciones 4-9Tema 10. Lecciones 4-9
Tema 10. Lecciones 4-9
 
Tema 0. Escultura
Tema 0. EsculturaTema 0. Escultura
Tema 0. Escultura
 
Ideas para tener en cuenta en la elaboración de una composición de texto hist...
Ideas para tener en cuenta en la elaboración de una composición de texto hist...Ideas para tener en cuenta en la elaboración de una composición de texto hist...
Ideas para tener en cuenta en la elaboración de una composición de texto hist...
 
Tema 4. El siglo XVIII en España. el reformismo de los primeros Borbones
Tema 4. El siglo XVIII en España. el reformismo de los primeros BorbonesTema 4. El siglo XVIII en España. el reformismo de los primeros Borbones
Tema 4. El siglo XVIII en España. el reformismo de los primeros Borbones
 
Arte Islámico
Arte IslámicoArte Islámico
Arte Islámico
 
La construcción del Estado Liberal. 1833 1868 (actualizado)
La construcción del Estado Liberal. 1833 1868 (actualizado)La construcción del Estado Liberal. 1833 1868 (actualizado)
La construcción del Estado Liberal. 1833 1868 (actualizado)
 
Actividades 2º Bachillerato
Actividades 2º BachilleratoActividades 2º Bachillerato
Actividades 2º Bachillerato
 
Evolución económica durante el franquismo
Evolución económica durante el franquismoEvolución económica durante el franquismo
Evolución económica durante el franquismo
 

Similar to A ARTE ROMANA

Similar to A ARTE ROMANA (20)

Tema 7. A arte romana
Tema 7. A arte romanaTema 7. A arte romana
Tema 7. A arte romana
 
Tema 3. A arte romana
Tema 3. A arte romanaTema 3. A arte romana
Tema 3. A arte romana
 
T.6.el arte romano
T.6.el arte romanoT.6.el arte romano
T.6.el arte romano
 
Tema 3 arte romano
Tema 3 arte romanoTema 3 arte romano
Tema 3 arte romano
 
Arquitectura clásica grega
Arquitectura  clásica gregaArquitectura  clásica grega
Arquitectura clásica grega
 
Tema 14 A herdanza da cultura clásica
Tema 14 A herdanza da cultura clásicaTema 14 A herdanza da cultura clásica
Tema 14 A herdanza da cultura clásica
 
Tema 3 arte romano
Tema 3 arte romanoTema 3 arte romano
Tema 3 arte romano
 
Construcións romanas.
Construcións romanas.Construcións romanas.
Construcións romanas.
 
Arte prerrománica
Arte prerrománicaArte prerrománica
Arte prerrománica
 
Roma
RomaRoma
Roma
 
Hispania Romana
Hispania RomanaHispania Romana
Hispania Romana
 
Arquitectura grega e romana
Arquitectura grega e romanaArquitectura grega e romana
Arquitectura grega e romana
 
Tema 6 románico
Tema 6 románicoTema 6 románico
Tema 6 románico
 
Vrbs Roma
Vrbs RomaVrbs Roma
Vrbs Roma
 
Elementos da arquitectura
Elementos da arquitecturaElementos da arquitectura
Elementos da arquitectura
 
A arquitectura romana
A arquitectura romanaA arquitectura romana
A arquitectura romana
 
O imperio bizantino
O imperio bizantinoO imperio bizantino
O imperio bizantino
 
Novo Exipto
Novo ExiptoNovo Exipto
Novo Exipto
 
Cidades de Italia
Cidades de ItaliaCidades de Italia
Cidades de Italia
 
Unidade 1. Hispania romana
Unidade 1. Hispania romanaUnidade 1. Hispania romana
Unidade 1. Hispania romana
 

More from Dudas-Historia

Legislation and human resources. 2020 2021
Legislation and human resources. 2020 2021Legislation and human resources. 2020 2021
Legislation and human resources. 2020 2021Dudas-Historia
 
Vocabulary Lesson 1. 2019 2020
Vocabulary Lesson 1. 2019 2020Vocabulary Lesson 1. 2019 2020
Vocabulary Lesson 1. 2019 2020Dudas-Historia
 
Tema 1. A Idade Moderna
Tema 1. A Idade ModernaTema 1. A Idade Moderna
Tema 1. A Idade ModernaDudas-Historia
 
Obras en las que se debe hacer especial incidencia
Obras en las que se debe hacer especial incidenciaObras en las que se debe hacer especial incidencia
Obras en las que se debe hacer especial incidenciaDudas-Historia
 
Impresionismo-Posimpresionismo
Impresionismo-PosimpresionismoImpresionismo-Posimpresionismo
Impresionismo-PosimpresionismoDudas-Historia
 
Legislation and Human Resources
Legislation and Human ResourcesLegislation and Human Resources
Legislation and Human ResourcesDudas-Historia
 
Tema 1. O inicio da Idade Moderna
Tema 1. O inicio da Idade ModernaTema 1. O inicio da Idade Moderna
Tema 1. O inicio da Idade ModernaDudas-Historia
 
Neoclasicismo, Goya e Romanticismo
Neoclasicismo, Goya e RomanticismoNeoclasicismo, Goya e Romanticismo
Neoclasicismo, Goya e RomanticismoDudas-Historia
 
Marketing mix Exercises
Marketing mix Exercises Marketing mix Exercises
Marketing mix Exercises Dudas-Historia
 
Tema 16. Segunda etapa de la dictadura. 1959-1975
Tema 16. Segunda etapa de la dictadura. 1959-1975Tema 16. Segunda etapa de la dictadura. 1959-1975
Tema 16. Segunda etapa de la dictadura. 1959-1975Dudas-Historia
 
Tema 15. Dictadura franquista de posguerra. 1939 1959
Tema 15. Dictadura franquista de posguerra. 1939 1959Tema 15. Dictadura franquista de posguerra. 1939 1959
Tema 15. Dictadura franquista de posguerra. 1939 1959Dudas-Historia
 

More from Dudas-Historia (20)

Legislation and human resources. 2020 2021
Legislation and human resources. 2020 2021Legislation and human resources. 2020 2021
Legislation and human resources. 2020 2021
 
Vocabulary Lesson 1. 2019 2020
Vocabulary Lesson 1. 2019 2020Vocabulary Lesson 1. 2019 2020
Vocabulary Lesson 1. 2019 2020
 
Tema 1. A Idade Moderna
Tema 1. A Idade ModernaTema 1. A Idade Moderna
Tema 1. A Idade Moderna
 
Obras en las que se debe hacer especial incidencia
Obras en las que se debe hacer especial incidenciaObras en las que se debe hacer especial incidencia
Obras en las que se debe hacer especial incidencia
 
Impresionismo-Posimpresionismo
Impresionismo-PosimpresionismoImpresionismo-Posimpresionismo
Impresionismo-Posimpresionismo
 
Pintura Barroca
Pintura BarrocaPintura Barroca
Pintura Barroca
 
Escultura Barroca
Escultura BarrocaEscultura Barroca
Escultura Barroca
 
Legislation and Human Resources
Legislation and Human ResourcesLegislation and Human Resources
Legislation and Human Resources
 
Directrices ABAU 2019
Directrices ABAU 2019Directrices ABAU 2019
Directrices ABAU 2019
 
Tema 1. O inicio da Idade Moderna
Tema 1. O inicio da Idade ModernaTema 1. O inicio da Idade Moderna
Tema 1. O inicio da Idade Moderna
 
Franquismo. 1959-1975
Franquismo. 1959-1975Franquismo. 1959-1975
Franquismo. 1959-1975
 
Neoclasicismo, Goya e Romanticismo
Neoclasicismo, Goya e RomanticismoNeoclasicismo, Goya e Romanticismo
Neoclasicismo, Goya e Romanticismo
 
Pintura barroca
Pintura barrocaPintura barroca
Pintura barroca
 
Marketing mix Exercises
Marketing mix Exercises Marketing mix Exercises
Marketing mix Exercises
 
Finance
Finance Finance
Finance
 
Finance
FinanceFinance
Finance
 
Bernini como modelo
Bernini como modeloBernini como modelo
Bernini como modelo
 
Tema 16. Segunda etapa de la dictadura. 1959-1975
Tema 16. Segunda etapa de la dictadura. 1959-1975Tema 16. Segunda etapa de la dictadura. 1959-1975
Tema 16. Segunda etapa de la dictadura. 1959-1975
 
Tema 15. Dictadura franquista de posguerra. 1939 1959
Tema 15. Dictadura franquista de posguerra. 1939 1959Tema 15. Dictadura franquista de posguerra. 1939 1959
Tema 15. Dictadura franquista de posguerra. 1939 1959
 
Definiciones
DefinicionesDefiniciones
Definiciones
 

A ARTE ROMANA

  • 3. ● A finais do século VIII a península itálica estaba habitada por diferentes Pobos: os ligures, os umbros, os etruscos, os samitas, os sabinos e os latinos. ● Este últimos fundaron, no ano 753 a. C., un poboado, Roma, que co tempo se converteu na capota dun dos imperios máis poderosos. ● As orixes fundacionais da cidade son confusas e nelas mestúrase a historia e a lenda, pois algunhas fontes atribúen a fundación de Roma aos irmáns Rómulo e Remo.
  • 4. ● A historia de Roma divídese entre tres grandes períodos: – Monarquía (753-509 a. C.): estapa escura gobernada por reis, dos cales os tres últimos eran de orixe etrusca, un pobo estranxeiro que entre os séculos VIII e IV habitou a zona da actual Toscana e deixou unha pegada artística fundamental na evolución da arte romana. – República (509-31 a. C.): etapa na que os romanos levaron a cabo a conquista e a colonización doutros territorios e derrotaron, nas chamadas Guerras Púnicas, aos exércitos cartaxineses. – Imperio (31 a. C.-476 d. C.): etapa na que se establece un novo sistema político, liderado por un emperador, e se divide o territorio en provincias. Pero a partir do século V, as tribos bárbaras do norte de Europa iniciaron a reconquista dos seus dominios e asediaro o Imperio, ata que o ano 476 Odoacro, rei dos hérulos, derrotou o emperador Rómulo Augusto e puxo fin ao Imperio Romano de Occidente.
  • 5.
  • 7. • A cultura e a arte da Antiga Roma é moi ecléctica (variada), xa que asimilaron as influencias dos diferentes pobos que foron conquistando. As herdanzas máis destacadas foron: a etrusca, a grega e a da escola helenística procedente do Próximo Oriente e de Exipto. • A diversidade de influencias apréciase sobre todo na arquitectura, na que os referentes grego e etrusco fusiónanse na construcción dos edificios.
  • 8.
  • 9. • Entre os antecendentes da arte romana debe sinalarse a arte etrusca, que alcanzou o seu máximo esplendor entre os séculos VII e V a. C. e abrangueu gran parte do norte da península itálica. • Posteriormente, Roma, despois de dominar todos os territorios da península Itálica, e de poner fin así á civilización etrusca, estendeu o seu dominio político e cultural por todas as terras mediterráneas, unha parte da Europa continental, as illas Británicas, Siria e Mesopotamia. • Cronolóxicamente pódese falar de Roma desde o ano 509 a. C., cando os etruscos foros expulsados, ata o 476 d. C. Non obstante, desde un punto de vista cultural e artístico, non se pode falar dunha arte propiamente romana ata o século II a. C. Tradicionalmente, non obstante, diferenciouse a arte romana en dous períodos: • O Republicano (séculos III-I a. C.), durante o que se observa a influencia das formas culturais gregas e etruscas. • O Imperial (séculos I a. C.-V d. C.), no que se inclúe a arte tardorromana iniciada a finais dos século III d. C.
  • 10. ANTECEDENTES ETRuSCOS • Os Etruscos foron un pobo ubicado na rexión da Toscana actual, procedente de Asia Menor. Se coñecen datos sobre eles dende o século X a. C., pero durante o século VIII xa comerciaban coas colonias helénicas da Magna Grecia, así como con otros pobos, como os latinos ou os sabinos, que vivían no centro da Península Itálica.
  • 11. • Características da arte etrusca que asimilou a arte romana: • En arquitectura: • Utilización do arco de medio punto e da bóveda de canón ou de aresta; elemento arquitectónicos de orixe mesopotámica, chegaron ao continente europeo a través da arquitecura etrusca e foron base técnica da arquitectura romana. • Introducción da Orde Toscana, unha orde arquitectónica arquitrabada que adoptarán despois os arquitectos romanos. Destaca por: • Unha columna lisa, con base e capitel xeométrico ao xeito dórico, composto tamén de colariño, equino e ábaco. • Fuste fino e sen éntase. • Un entaboamento formado por unha arquitrabe lisa, un friso sinxelo sen tríglifos nin metopas, e unha cornixa. • Uso do ladrillo para a confección de muros e murallas. • Interese no concepto de Arco de Triunfo. • Forma e distribución do templo e os tipos de enterramento (mausoleos). • En escultura: • O xénero do retrato, moi popular, cuxo elevado realismo tivo unha grande incidencia na estatuaria romana. Igualmente importantes foron as representacións escultóricas de animais míticos ou fantásticos, como, por exemplo, a Quimera de Arezzo. • En pintura: • Destaca a representación de escenas da vida cotiá do pobo etrusco, incluso na decoración mural das tumbas.
  • 12.
  • 13. «O sarcófago dos esposos», parella funeraria etrusca Retrato de Bruto, busto de posible orixe etrusca
  • 14. • Na mitoloxía grega, a monstruosa Quimera devastaba o seu lugar natal, Lycia (Turquía), ata que lle deu morte o heroe Belerofonte. Nun principio, os descubridores da estatua en Arezzo pensaron que a estatua representaba a un león, debido a que a súa cola, que debese ter (segundo a lenda) a forma dunha serpe, perdeuse. Con todo, pronto se viu que se trataba da Quimera do mito e, de feito, a cola foi eventualmente recuperada entre outras pezas de bronce, segundo Giorgio Vasari. A actual cola é unha restauración do século XVIII. • A Quimera formaba parte dun aínda maior tesouro de estatuas de bronce enterradas nalgún momento da antigüidade. Foron atopadas por casualidade, mentres se construían gabias nos arredores da cidade, xusto na parte exterior de Pórtaa San Laurentino, con todo a imaxe de Belerofonte que debería acompañar á quimera non se atopou. Actualmente, unha réplica do mesmo material exhíbese naquel lugar. • Na súa pata dianteira hai unha inscrición, que tras numerosas lecturas chegouse á conclusión que di TINSCVIL, cuxa tradución sería «doada ao deus Tinia» demostrando que a Quimera era un elemento usado para venerar ao deus etrusco do día, Tinia.
  • 15. ANTECEDENTES gREgOS • Características da Arte Grega que asimilou a Arte Romana: • En arquitectura: • Utiliza ordes gregas tradicionais (dórica, xónica e corintia). • En escultura: • Gran realismo. • Diferencias respecto a Arte Grega: 1.A arquitectura romana ten un maior sentido ornamental na arquitectura: aumentan as molduras e os elementos decorativos (guirnaldas, bucráneos, etc.) Bucráneos Guirnaldas
  • 16. 2. Os romanos utilizan a columna como elemento máis ornamental que tectónico, como consecuencia, aparecen os arcos de triunfo, con sentido conmemorativo. Arco de Tito. I d. C.
  • 17. 3. Os romanos teñen unha valoración diferente dos espazos interiores; o edificio romano enténdese tamén dentro, e é aquí onde se dan as maiores innovacións. Panteón de Agripa. 118-125 d. C.
  • 18.
  • 20. ArquitecturA romAnA 1. Debido al concepto centralista de Roma, o seu arte é máis uniforme e non atopamos escolas tan definidas como as do mundo grego (excepto na parte oriental). 2. A civilización romana é ante todo utilitaria e de cidades e, ao haber un grande desenvolvemento do urbanismo, hai unha transformación na arquitectura. 3. Roma é, ante todo, un imperio militar e esa idea de dominio, pervivencia, etc., implica a construcción de todos un sistema de estradas e calzadas, ademáis da construcción de grandes murallas que conformar enormes fortalezas. A arte como propaganda do poder.
  • 21. 4. A convicción de inmortalidade do Imperio, fai que a súa arquitectura ríxase polo principio de que o facer o esforzo inicial duradeiro é bo á larga porque aforra esforzo. 5. Problemas arquitectónicos que deben resolver: • O uso da bóveda e o da cúpula: necesitan bos materiais. Utilizan o sistema da cimbra (armazón de madeira que se utiliza para facer a montaxe da cúpula) e a cerran no interior a través de casetóns. • Teñen que crear un sistema para soportar o peso e o empuxe da bóveda, polo tanto os romanos van utilizar un muro espeso e pilastras en lugar de columnas.
  • 22. 6. Diversifícase o material construtivo (ladrillo, pedra e formigón), combinado de diferente maneira: • Opus Incertum ou cachotaría (mampostería). • Opus Reticulatum (sillares). • Opus Cuadratum (sistema a soga e tizón). • Opus Cementinium (unha especie de formigón actual: auga, arena, cal e pedras pequenas). • Opus Mixtum (mestura de pedra e ladrillo). O emprego de formigón e ladrillo fai que Roma teña materiais baratos e doados de acadar, pero sen unha gran estética, polo tanto, adóitanse cubrir (a pedra incluída), con placas de alabastro ou mármore para mellorar a arquitectura estéticamente.
  • 23. 7. Ademáis de herdar a Orde Toscana do mundo etrusco, crea unha orde nova, a Orde Composta, que consiste en mesturar elementos do capitel xónico (as volutas) e do corintio (as follas de acanto).
  • 24. urbAnismo e ArquitecturA • Urbanismo e arquitectura son as máximas representacións do carácter romano e son considerados os instrumentos de romanización máis importantes, xa que homoxeneizan todas as grandes ciudades das terras conquistadas. • Os romanos aplican a toda cidade de nova construcción un sistema de ordenamento xeométrico en cuadrícula, seguindo o trazado dos campamentos militares primitivos. Así, a cidade dividíase en catro parcelas separadas por dúas rúas principais: • O cardo (N-S). • O decumano (L-O). • No cruzamento resultante constrúese o foro, unha praza na que se levantan os edificios públicos máis importantes, moi similar a antiga ágora grega. Os templos, basílicas, a curia (aínda que o termo sufre variacións ao longo do tempo, refírese ao edificio administrativo ou de goberno), o arquivo, os monumentos conmemorativos (arcos e columnas), fan do foro romano un conglomerado incoherente de construcción. O máis complexo e grandioso de todos é o Foro de Trajano en Roma.
  • 25.
  • 26.
  • 27. Foro de Trajano. Apolodoro de Damasco. 107-112 d. C.
  • 28. Foro de Trajano. Apolodoro de Damasco. 107-112 d. C.
  • 29. Foro de Trajano. Apolodoro de Damasco. 107-112 d. C.
  • 30. • De grande importancia para o desenvolvemento do territorio e da cidade son as vías de comunicación entre os distintos territorios. A principal vía no sistema de comunicacións romano foi a Vía Augusta, que unía Roma con Cádiz, pasando por Tarragona. • Tamén foron moi importantes as obras de enxeñaría, como por exemplo as pontes e os acueductos, extraordinarios monumentos con arcadas, encargados de levar a auga aos núcleos urbanos desde os pantanos ou ríos das montañas. En España existe un dos máis importantes e mellor conservados: o acueducto de Segovia. • Exemplos de ciudades recuperadas e conservadas son Pompeia e Herculano, en Nápoles e, parcialmente, Mérida e Tarragona, en España.
  • 31. Acueducto romAno de segoviA • Identificación: • Trátase dunha obra de enxeñería romana que claramente manifesta a grande importancia e desenvolvemento das vías de comunicación dentro do Imperio Romano, fundamentais como instrumento romanizador que se expande e homoxeneiza as grandes ciudades das terras conquistadas. • A súa tipoloxía é a de acueducto e foi realizada en granito entre os anos 90 e 105 d. C. Está localizado en Segovia e é de estilo romano.
  • 32. • Análise e comentario: • A necesidade de dotar ás cidades de auga fixo que se crease unha rede de acueductos que a trasladasen desde os pantanos ata os núcleos urbanos. Para iso creáronse canalizacións que aproveitando unha pendente que debía permanecer constante ao longo do percorrido transportaban a auga ata cisternas desde onde se distribuía. • O acueducto comeza a uns 16 k da cidade de Segovia, na serra de Guadarrama, onde recolle a auga do caudal do río Frío. Dende aquí parte unha canle de 30 cm de diámetro que se dirixe ata unha torre –El Caserón- construída na cidade de Segovia, onde se eliminaba a sucidade que arrastraba a auga.
  • 33. • A partir de aquí comeza a parte visible e arquitectónica do acueduto, dividida en dous grandes tramos: • Un primeiro tramo con 78 arcos de medio punto. • Un segundo tramo, con 44 arcadas dobres sobrepostas. • En total son 778 m de lonxitude, cunha altura mínima de 7 metros e unha máxima de case 29. • A arquería superior mantense sempre invariable; non obstante, os piares da arquería inferior varían de medida para adaptarse ao terreo. • Todos os arcos están construídos con grandes perpiaños (sillar ou pedra que atravesa ou alcanza todo un muro ou parede -atravésaa dun lado ao outro-) graníticos unidos entre sí sen ningún tipo de argamasa que asegure a adherencia, é dicir, “ao seco”, agás o opus caementicium, que pode considerarse un equivalente ao formigón actual.
  • 34. • Contexto histórico, función, contido e significado: • Aludir á información estudiada anteriormente, relativa ao interese polas distintas tipoloxías arquitectónicas, a expansión romana no Imperio, á Romanización e ao estudio da enxeñería. • O acueduto é a imaxe principal da paisaxe urbana segoviana, é a obra de enxeñaría romana máis importante da Península Ibérica e unha das máis destacadas de Europa, só comparable ao Pont du Gard que forma parte do acueduto de Nimes. • Este acueduto foi construído para abastecer de auga a parte alta da cidade de Segovia, onde se instalou un enclave miliar romano de importancia estratéxica. Tras unha pequena modificación, o acueduto continúa en funcionamento. • O acueducto de Segovía é un magnífico exemplo de enxeñería civil romana en España e demóstranos a importancia que se deu a tales obras sendo onde mellor móstrase o carácter práctico da arte romano e os grandes avances que lograron en obras de enxeñería civil como pontes, calzadas e acueductos, tan vitais para a administración dun imperio baseado en grandes cidades. Pont du Gard. Nimes
  • 35. tipoloxíAs ArquitectónicAs • Os edificios romanos pódense diferenciar segundo sexan privados ou públicos. • Privados: deben sinalarse as casas, que poden ser unifamiliares (domus) ou de veciños (insulae). Tamén destacan as vilas, construídas polos emperadores para o seu propio gozo e beneficio, adoitando ser grandes e fastosas, ao igual que os palacios, nas aforas das cidades. • Públicos: distínguense os edificios relixiosos e os edificios civís.
  • 37. • Entre os edificios públicos relixiosos destacan os templos • Foron erixidos para o culto aos deuses e seguen moitas das características do templo etrusco: • A súa elevación mediante un podio. • A preeminencia dunha fachada principal, resaltada cun pórtico de entrada alto, ao que se accedía por unha escalinata. • Tamén é posible atopar elementos do templo grego, como por exemplo: • A forma rectangular da planta. • A división do interior en dous espazos diferenciados, o pronao ou pórtico e a cela ou naos, en cuxo interior se gardaba a estatua do deus. • O feito de rodear todo o edificio de columnas, que no caso da cela están pegadas. • Un dos templos mellor conservados é a Maison Carrée en Nimes (ficha 15), que se tomou como modelo na construcción da igrexa neoclásica da Madeleine en París. • Tamén hai que mencionar os templos de pranta circular que, partindo do tholos grego, ás veces foron cubertos con grandes cúpulas, coma o Templo de Vesta en Trípoli e, sobre todo, o Panteón de Agripa en Roma. Maison Carrée en Nimes. Século I a. C. Reconstrucción Templo de Vesta. S. VII a. C.
  • 38. pAnteón de AgripA • Identificación: • Trátase dun templo de estilo romano imperial, elaborado en formigón, granito, ladrillo, mármore e madeira, entre os anos 118 e 125 d. C. Localízase no Campo de Marte, em Roma. • Análise e comentario: • O Panteón de Agripa recibe o nome do primitivo templo construído por mandato do xeral Marco Agripa (amigo do emperador Augusto) no primeiro terzo do século I. Un incendio arrasouno, só quedou a inscrición que aparece no arquitrabe. O actual construíuse en época de Adriano no século II. • Para construír o templo utilizaron materiais diversos: opus caementecium nos grosos muros; ladrillo e pedra volcánica na cúpula para alixeirar o peso e mármore e granito nas columnas. O interior está decorado con mármores de diferentes tonalidades. • A planta consta de dúas partes: • O pórtico de planta rectangular que lembra aos templos gregos, • A cella de planta circular rematada por unha impresionante cúpula sobre tambor, • A intersección entre ámbalas zonas realízase a través dos propileos (vestíbulo simple situado na fronte da entrada a un santuario) que morren no arranque do tambor. • O pórtico de clara influencia grega é períptero, octástilo e arquitrabado. Ten tres rúas, a central máis ancha. Sobre as monumentais columnas de 18 m de altura e de capitel corintio, repousa o entablamento coa inscrición de Agripa e sobre el, un frontón actualmente sen decoración.
  • 39.
  • 40. • Unha vez cruzado o pórtico e a través dunhas portas de bronce accédese á cella ou naos. Aquí demóstrase que os romanos foron auténticos arquitectos. Crean espazos internos. A sala é unha esfera perfecta de 43,30 metros de base por 43,30 metros de altura. É un círculo dentro dun cadrado. A cella transmite grandiosidade, harmonía e nitidez. • Os romanos souberon construír atendendo a uns principios de simetría e a unha concepción axial do espazo tanto en vertical como en horizontal. Se trazásemos un eixo, o templo quedaría dividido en dous partes simétricas desde o óculo ao centro do chan e desde a ábsida á porta.
  • 41.
  • 42.
  • 43.
  • 44. • Os elementos sustentantes son, no exterior, un muro groso de 7m que esconde nos seus interior pilares que suxeitan e distribúen o peso da cúpula. No interior utilizan columnas, pilares e intercalando hornacinas e frontóns. • A gran achega está na cuberta, unha enorme cúpula remata o templo, esta cuberta semiesférica, construída con pedra volcánica e ladrillo para alixeirar o peso, susténtase nun enorme tambor que vai trasladando o peso a semiesferas, columnas, pilares e ao gran muro exterior. A cúpula remátase na parte central cun óculo por onde entra a luz cenital, toda ela está decorada con casetones. Esta solución dá unha sensación de amplitude, protección e de espazo diáfano. • O ritmo compositivo interior márcao a alternancia de elementos arquitrabados como frontóns con hornacinas de arco de medio punto. Destaca en fronte da porta principal unha gran ábsida rematada cunha cúpula de cuarto de esfera que influirá nas cabeceiras das igrexas cristiás. O ritmo decorativo interior está remarcado coa alternancia de columnas corintias, frontóns arquitrabados e abovedados, todos eles recubertos de ricos mármores. Os nichos contiñan estatuas dos deuses romanos.
  • 45.
  • 46. • O Panteón de Agripa é quizá a obra cume da arquitectura romana. É o edificio mellor conservado. Os romanos demostran que son auténticos arquitectos, crean e acoutan o espazo interior. Os gregos, en cambio, dan prioridade ao exterior, os templos constrúenos como esculturas para ser contempladas desde fóra. • Este templo ten unha enorme simboloxía, foi construído no momento de maior esplendor do Imperio Romano, dedicado a todos os deuses, a cúpula simboliza o ceo e o resto do templo ao poder terreal centrado en Roma (as sete ábsidas estaban consagradas ás sete divinidades celestes: o Sol, a Luna, Mercurio, Venus, Marte, Júpiter e Saturno), as perfectas esferas representan a unión do ceo e o centro do Imperio. A Unión de ceo e terra.
  • 47.
  • 48. • O Panteón é un dos mellores exemplos do concepto que tiñan os romanos da arquitectura e da arte, trátase dunha arquitectura ecléctica onde funden o grego e o romano, son construcións pragmáticas, útiles, ao servizo do poder, deixan constancia da grandeza de Roma. Tamén nos permite coñecer a relixión politeísta. • A súa gran achega é saber fundir nun mesmo espazo elementos arquitrabados e esféricos. Crean un espazo interno diáfano, nítido, simétrico e cunha luz envolvente onde tradición e audacia únense. • O Panteón de Agripa, as solucións técnicas e sobre todo a cúpula influirán nas obras arquitectónicas de movementos artísticos posteriores do Renacemento, Barroco ou Neoclasicismo. A cúpula do Duomo de Florencia de Brunelleschi ou a de San Pedro do Vaticano do Miguel Ángel tiveron moi presente esta obra que acabamos de comentar. Unha obra única, incrible con solucións arquitectónicas descoñecidas ata agora.
  • 49.
  • 50. Tipoloxías arquiTecTónicas: arquiTecTura civil • Os romanos levantaron un gran número de edificios, que respondían perfectamente ás necesidades dunha sociedade complexa e evolucionada como a súa: • Monumentos destinados á diversión: • Termas. Edificios públicos destinados, principalmente, aos baños en piscinas de auga quente (caldarium), de auga morna (tepidarium) e de auga fría (frigidarium). Cabe destacar as Termas de Caracalla en Roma. • Teatros. Locais de estrutura semicircular parecida á dos teatros gregos, pero construídos sen aproveitar o desnivel do terreo. En España cabe sinalar os de Mérida, Sagunto e Tarragona. • Anfiteatros. De planta elíptica, xorde da unión de dous teatros. Alí celebrábanse loitas de gladiadores, naumaquias e venationes (loitas de animais). O Coliseo de Roma é o exemplo máis importante, pero tamén cabe destacar o anfiteatro de Nimes, Francia e os de Mérida e Tarragona. • Circo. Lugar onde se organizaban as carreiras de cuadrigas (cabalos e carros) e se realizaban actividades atléticas. A pesar do seu mal estado de conservación, destaca a magnificencia do circo Máximo en Roma.
  • 51. TeaTro romano de mérida • Identificación: • O teatro romano de Mérida, de autor descoñecido, ubícase cronolóxicamente no século I a. C., polo que o seu estilo é romano imperial. Esta construido en pedra e mármore e localízase en Emérita Augusta, actual Mérida (Badaxoz). • Análise e comentario: • O teatro de Mérida pertence ao denominado tipo mixto, é dicir, alzado en parte ao aire e en parte escavado no monte. Non está, pois, nin totalmente resgardado por un declive montañoso, como os teatros gregos, nin é do todo exento, como os romanos. • Estrutúrase en dúas partes fundamentais: • A monumental escena, de 17, 5 m de altura, coas dependencias para os actores. • A cávea, espazo destinado ao público. • Entre ambas as partes atópase a orquestra, zona semicircular onde se situaba o coro. • Hai tamén um amplo proscenio de 60 m de longo por 7 m de profundidade, onde se realizaban as representacións. Detrás do proscenio aparece a escena propiamente dita, reconstruída con materiais atopados, parcialmente, in situ. • A escena esta formada por tres tramos non aliñados, co que se consegue un forte contraste de luz e sombra. No tramo central ábrese unha porta principal e en cada un dos laterais sendas portas que comunicaban coas dependencias ou camerinos.
  • 52.
  • 53. • A fachada da escena consta de dous corpos de columnas corintias situados sobre un sólido zócalo. O seu entablamento está rematado por unha cornixa decorada de palmetas, ovas e outros ornamentos. Nos intercolumnios situábanse estatuas de personaxes públicos (da familia imperial) e divindades, proba da súa dualidade relixiosa e política. • No plano inferior, o da orquestra, cuxo chan está recuberto de mármore, hai dúas entradas chamadas parodos utilizadas para acceder ás localidades de máis categoría, dispostas en tres filas de asentos. Sobre estas dispoñíanse as bancadas que formaban a chamada "ima cavea", con vinte e dúas filas para os patricios, concentradas en cada un dos seis "cunei" ou sectores en forma de cuña en que se dividían as graderías. • Accedíase ás localidades por trece portas de acceso oi vomitorium que comunicaban con galerías abovedadas. O público de menor categoría situábase na parte alta do teatro.
  • 54. • Contexto histórico, función, contido e significado: • Os teatros son os edificios máis espectaculares de todas as arquitecturas públicas. A súa función non é soamente a de albergar representacións teatrais -comedias e traxedias-, senón tamén celebracións, rituais, reunións políticas, xogos, etc. • O teatro de Mérida, encargo de Marco Agripa forma, xunto co anfiteatro e o circo, unha triloxía difícil de atopar noutros conxuntos da época romana. • Está situado no punto máis alto da cidade. A estrutura urbana romana sitúa a zona lúdica algo afastada do centro da cidade para evitar aglomeracións. • O seu modelo é o teatro grego, cuxo mellor exemplo o atopamos no teatro de Epidauro. Palladio, no século XVI, rescatou esta tipoloxía constructiva no seu Teatro Olímpico de Vicenza (Italia), onde repetiu todos os elementos do teatro clásico. A estrutura do teatro clásico influíu na disposición dos teatros desde o Renacemento ata os nosos días.
  • 55.
  • 56. coliseo ou anfiTeaTro flavio • Identificación: • O Coliseo ou Anfiteatro Flavio foi encargado polo emperador Flavio Vespasiano e inaugurado polo seu fillo Tito, e levouse a cabo entre os anos 72 e 80 d. C., polo que se corresponde ao estilo romano altoimperial. • Mantén a tipoloxía de anfiteatro e está elaborado en diversos materiais, como son o mármore travertino, formigón, ladrillo, pedra e estuco. • O Nome de Coliseo procede da gran estatua de Nerón que se alzaba fronte a el. A súa verdadeira denominación é a de Anfiteatro Flavio, debido á dinastía de emperadores reinante.
  • 57.
  • 58. • Análise e comentario: • O nome de anfiteatro significa dous teatros e é unha construción orixinal romana expoñente do seu carácter pragmático. Destinado á diversión do pobo. • O anfiteatro ten forma ovalada ou en elipse con dimensións extraordinarias, indicando a capacidade da arquitectura romana para facer grandes obras.
  • 59.
  • 60. • Exteriormente estrutúrase en catro niveis: • Os tres primeiros formados por arquerías de medio punto enmarcados por columnas con superposición de ordes: toscano, jónico e corintio. Encima das columnas un entablamento ou dintel. O espazo entre arco e dintel de forma triangular chámase enxoita (enjuta). • O cuarto nivel , construído en tempo de Domiciano , é o atrio con lesemas que son estreitas pilastras corintias que enmarcan xanelas cadradas. Consérvanse algunhas ménsulas que suxeitaban os mastros (mástiles) que servían para fixar un inmenso toldo que cubría o edificio. • O acceso e a saída realizábase a través dos 80 arcos do piso inferior. • O ritmo é por unha banda ondulado (arcos) compensado pola verticalidade das columnas adosadas con función decorativa e non sustentante.
  • 61.
  • 62. • O interior, divídese nos seguintes espazos: • A zona subterránea está conformada por unha complexa rede de galerias, estancias abovedades para albergar as distintas dependencias de servizo e as celas para as feras, escaleiras, ascensores de poleas para subir as feras (fieras) e as tramoias á area. • A Area. Espazo no que se desenvolvían loita de gladiadores, batallas mitólógicas ou históricas , mesmo se podía inundar para as naumaquias as representacións de batallas navais. Era tal o gusto por estes espectáculos que había equipos encargados de buscar e proporcionar animais. • Graderio ou cávea. Está formado por aneis concéntricos graduados. Este é un espazo construído, é dicir, levántase sobre bóvedas superpostas de canón, arestas, sustentadas por pilastras. O interior é por tanto unha complexa rede de galerías abovedadas.
  • 63.
  • 64.
  • 65. • Este edificio podía dar acollida a 50.000 espectadores e era unha espazo xerárquico. Estaba dividido en cinco niveis: • O máis baixo con palcos para senadores e tribunos. • Ata o terceiro nivel, os asentos eran de mármore e a partir de aquí de madeira para as clases inferiores que veían os espectáculos de pé, o feito de ser de madeira contribuía a reducir a presión sobre paredes, bóvedas e pilares interiores. • A rede de galerías permitía un rápido acceso e evacuación a través dos vomitorios. Probablemente estas galerías estarían decoradas con pinturas ou mosaicos. • Gran importancia do espazo interior funcional, pragmático e con sentido de duradeiro.
  • 66. • Contexto, función, significado: • Sitúase esta obra nos comezos do Imperio que tras a crise producida por emperadores como Calígula e Nerón, a dinastía Flavia , que chegou con Vespasiano á dignidade imperial consolidou a nova forma de poder e trouxo estabilidade e unha gran actividade construtiva e escultórica. • A construción do Coliseo pódese considerar como un agasallo do emperador ao pobo de Roma e por tanto acto de propaganda . É un novo edificio que indica o carácter funcional da súa cultura que une dous teatros gregos coa orixinalidade dos subterráneos. • En canto á súa función, trátase dun edificio de lecer, entreter dentro do contexto "pan e circo" que exemplifica o costume dos emperadores romanos de alimentar ao pobo e darlle espectáculo para mantelo distraído dos asuntos políticos. • Posteriormente, a Igrexa católica adóptoo como un símbolo dos mártires que pereceron na súa area. • Exemplo de duradeiro aínda mantense( aínda que deteriorado porque durante moito tempo serviu de canteira), exemplo do carácter funcional e pragmático da arquitectura romana xa que era capaz de acoller a 50.000 espectadores e exemplo de monumentalidade e grandiosidade ao servizo da funcionalidade, pero tamén da propaganda do emperador. • Por último, en canto á súa valoración, a súa estrutura que permite levantar a cavea a base de superposición de bóvedas , é un exemplo do dominio que os arquitectos romanos exerceron sobre a enxeñería, do mesmo xeito que a construción de acueductos, pontes que aínda hoxe consérvanse en bo estado. Por outra banda a superposición de ordes , a uníón de arco e dintel serán elementos que inflúan no Renacemento. Este tipo de construcións esténdese polo Imperio como exemplo de romanización : como o anfiteatro de Nimes en Francia e o anfiteatro de Itálica en Hispania.
  • 67. • Monumentos de carácter administrativo: • Basílica, É o edificio máis importante. Tratase dun edificio xeralmente rectangular formado por tres naves cubertas cunha bóveda de canón e media cúpula ao fondo, destinada ao comercio, á administración de xustiza e a diversos actos públicos. A máis importante é a Basílica de Maxencio en Roma (ficha 19). • Monumentos conmemorativos: Son elementos arquitectónicos coma os altares, columnas e arcos, extraídos do seu contexto constructivo habitual, individualizados e magnificados, que recordan perennemente as xestas do Imperio. • Columnas conmemorativas. Poden ser de dous tipos: • A columna rostral, co fuste decorado con elementos escultóricos que representan a proa dun barco (rostrum), e que recordaba vitorias navais. • A columna historiada, co fuste recuberto con relevos de xestas bélicas, como a Columna Traxana (ficha 23). • Arcos de Triunfo. Construídos no foro ou nos accesos das cidades; podían ser dunha ou de tres arcadas. Os arcos de Tito e de Septimio Severo en Roma e o de Bará en Tarragona, son excelentes exemplos. Tipoloxías arquiTecTónicas: arquiTecTura civil
  • 68. arco de TiTo • Identificación: O Arco de Tito é un arco de triunfo de estilo romano imperial, con función conmemorativa, en honra ao emperador Tito. Está conformado por perpiaños de pedra (podium) e mármore e está localizado na Vía Sacra de Roma. A súa cronoloxía é o ano 81 d. C. • Análise e comentario: • É de mármore, cun só van e dobre alzado. • Combinación arquitectura abovedada e adintelada. • Consta de tres partes: • Podium. • Arco de medio punto flanqueado por dous grandes pilares con bóveda de canón no seu interior e entablamento formado por un arquitrabe. • Un friso que representa o desfile das lexións romanas en Xerusalén e unha cornixa que soporta o ático onde se atopa a inscrición coa dedicatoria. • Ten unha ornamentación moi sobria. Está adornado con columnas de fustes estriados e lisos e entablamentos clásicos, presenta capiteis compostos que combinan as volutas jónicas cos acantos corintios. • Unha línea de imposta separa o zócalo do corpo principal, no que destacan catro semicolumnas con capiteis compostos, situadas nos ángulos dos pilares. • A ambos os dous lados do gran arco hai vans cegos.
  • 69.
  • 70. • Relevos do Arco de Tito: • Na bóveda do interior do arco aparecen dous interesantes altorrelieves de gran formato colocados a ambos os dous lados no corpo central do pilar, alusivos á conquista do emperador Tito da cidade de Xerusalén. • No da dereita represéntase ao emperador Tito na súa entrada triunfal en Roma, nun gran carro coroado pola Vitoria e no da esquerda, unha comitiva co botín tomado en Xerusalén: candelabro dos sete brazos e parece ser que a famosa mesa de ouro do templo de Salomón. Os relevos teñen un gran valor histórico, narran con gran realismo as vitorias e utilizan símbolos que nos permiten coñecer os trazos esenciais deste pobo. • Para logran profundidade e perspectiva esculpen utilizando o alto relevo, medio e baixo. os á conquista do emperador Tito da cidade de Xerusalén.
  • 71. • Contexto, función, significado: • Erixido por orde do Senado e do pobo romano en tempos do emperador Domiciano para conmemorar as épicas vitorias do seu irmán Tito en Xudea, que falecera no ano 81 despóis dun breve reinado de dous anos e medio. Está ubicado na Vía Sacra. • No seu piso superior está colocado o epígrafe que lembra o acontecemento que motivou a súa construción: Senatus populusque romanus divo Tito divi Vespasiano filius Vespasiano Augusto. O Senado e o pobo de Roma ao divino Tito, fillo do divino Vespasiano e a Vespasiano Augusto. • Na Idade Media, a familiar patricia dos Frangispane converteu o Coliseo nunha fortaleza e incorporou o arco de Tito á muralla medieval. Afortunadamente, en 1823 o monumento recuperou todo o seu antigo esplendor grazas á restauración encargada polo Papa Pío VII, que a liberou da estrutura medieval, tal como lembra a inscrición que dá cara ao lado do Foro.
  • 72. • O arco de Tito é un claro exemplo de como a arte romana está ao servizo do poder, levántase para conmemorar a conquista de Xerusalén. Este tipo de obras conmemorativas construíanse nas grandes calzadas que daban acceso ao Foro; polas portas pasaban os xenerais coas súas tropas vitoriosas. • Os romanos son grandes enxeñeiros e arquitectos, souberon crear unha arte pragmática e ecléctico, aquí observamos como unen elementos arquitrabados con abovedados, arquitectura e escultura para cantar as grandezas de Roma nun momento de gran expansión militar, territorial e política como corresponde ao Imperio do século I coincidindo coa Pax Romana e en plena Romanización. • Trátase dunha arquitectura propagandística, que narra as vitorias militares dos seus xenerais e emperadores, a grandeza de Roma.
  • 73.
  • 74. • Xunto ao arco de Tito destacan outros arcos como o de Septimio Severo, ou o de Constantino de tres vans, en España destaca o de Bará en Tarragona. • Outro tipo de construcións conmemorativas foron as columnas, a máis famosa é a de Trajano. • Os arcos de triunfo tiveron unha enorme repercusión posterior, sobre todo a partir do Barroco e durante os séculos XVIII e XIX. • Portas como a de Brandenburgo en Berlín, o Arco de Triunfo en París, a Porta de Alcalá en Madrid inspíranse nos modelos romanos.
  • 75. FicHas a elaBorar • Basílica de Maxencio e Constantino. • Termas de Caracalla (por enriba). • Columna Traxana. • Escultura Ecuestre de Marco Aurelio.