Guía fp básica para as familias

1,351 views

Published on

Información sobre a FP básica para as familias e o propio alumnado.

Published in: Education
0 Comments
0 Likes
Statistics
Notes
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

No Downloads
Views
Total views
1,351
On SlideShare
0
From Embeds
0
Number of Embeds
787
Actions
Shares
0
Downloads
7
Comments
0
Likes
0
Embeds 0
No embeds

No notes for slide

Guía fp básica para as familias

  1. 1. Guía Formación Profesional Básica Mª SILVINA PARICIO (Dpto. Orientación do IES ELVIÑA) GUÍA DA FORMACIÓN PROFESIONAL BÁSICA INFORMACIÓN PARA AS FAMILIAS 1. REQUISITOS DE ACCESO · Ser propostos polo equipo docente a través do Consello Orientador. · Facer 15 ou 16 anos no ano de inicio do ciclo formativo. · Ter cursado 3º ESO ou, excepcionalmente, 2º ESO. · Consentimento dos país, nais ou titores/-as legais. 2. DURACIÓN · 2 cursos académicos (2000 horas). · Pode ser ampliada a 3 cursos no caso da Formación Profesional Dual · O alumnado pode permanecer cursando un ciclo de FP Básica durante un máximo de 4 anos. 3. ESTRUTURA e TIPOS DE MÓDULOS · Os ciclos estrutúranse en módulos profesionais, que son de 3 tipos: a) Módulos asociados a unidades de competencia do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais. b) Módulos asociados aos bloques comúns:  Módulo de Comunicación e sociedade I, e módulo de Comunicación e sociedade II, nos que se desenvolven competencias do bloque común de Comunicación e ciencias sociais, que abranguen as seguintes materias: Lingua galega, Lingua castelá, Lingua estranxeira e Ciencias sociais.  Módulo de Ciencias aplicadas I e módulo de Ciencias aplicadas II, nos que se desenvolven competencias das materias do bloque común de Ciencias aplicadas, que abrangue as seguintes materias: Matemáticas aplicadas ao contexto persoal e de aprendizaxe dun campo profesional, e Ciencias aplicadas ao contexto persoal e de aprendizaxe dun campo profesional. c) Módulo de formación en centros de traballo: Prácticas na empresa, cunha duración dun mínimo do 12% da duración total do ciclo formativo. 1
  2. 2. Guía Formación Profesional Básica Mª SILVINA PARICIO (Dpto. Orientación do IES ELVIÑA) d) Ademáis, o alumnado terá unha hora semanal de titoría. 4. AVALIACIÓN · A avaliación do alumnado terá carácter continuo, formativo e integrador, e realizarase por módulos profesionais. · A superación dos ciclos de FP Básica requerirá a avaliación positiva en todos os módulos e, no seu caso, nos bloques e materias que os componen. · Haberá dúas convocatorias anuais (xuño e setembro). · O alumnado poderá repetir cada curso unha soa vez como máximo, aínda que excepciónalmente poderá repetir un dos cursos unha segunda vez, logo do informe favorable do equipo docente. 5. PROMOCIÓN · Se supera o 80% do 1º curso, o alumnado promocionará ao 2º matriculándose das pendentes. · Se supera o 50% do 1º curso, e previo informe do equipo docente, o alumnado poderá matricularse dos módulo pendentes e dalgún de 2º curso ata completar o horario. 6. TITULACIÓN · Obtense o Título Profesional Básico da familia correspondente, cuxa competencia profesional será o Nivel I do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais. 7. CERTIFICACIÓN · O alumnado que non obteña o título recibirá unha Certificación Académica dos módulos profesionais superados. 8. SAÍDAS · O Título Profesional Básico permitirá o acceso aos Ciclos Formativos de Grao Medio de Formación Profesional. · O Título Profesional Básico non da o título da ESO. O alumnado que desexe obter o título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria deberá presentarse e superar a proba de Avaliación Final da ESO en calquera das súas dúas modalidades (académica ou profesional). 9. OFERTA EN GALICIA: 21 Títulos profesionais básicos, - Servizos administrativos - Electricidade e electrónica - Fabricación e montaxe - Informática e comunicación - Cociña e restauración - Mantemento de vehículos - Agroxardinaría e composicións florais - Peiteado e estética - Servizos comerciais - Carpintería e moble 2
  3. 3. Guía Formación Profesional Básica Mª SILVINA PARICIO (Dpto. Orientación do IES ELVIÑA) - Reforma e mantemento de edificios - Arranxos e reparación de artigos textiles e de pel - Tapizaría e cortinaxe - Vidraría e olaría - Actividades agropecuarias - Actividades marítimo-pesqueiras - Aloxamento e lavandaría - Aporoveitamentos forestais - Artes gráficas - Industrias Alimentarias - Informática de oficina 10. OFERTA EN A CORUÑA (CONCELLO) CENTRO Tfno. CICLO FP BÁSICA CENTRO ASOCIADO CIFP Paseo das Pontes 981160196 - Aloxamento e lavandaría (20 prazas) -Arranxos e reparación de artigos textiles e de pel (20 prazas) IES Urbano Lugrís CIFP Someso 981282200 -Fabricación e montaxe (20 p) -Mantemento de vehículos (20 p) -Peiteado e estética (20 p) -Reforma e mantemento de edificios (20 p) IES A Sardiñeira IES Plurilingüe Elviña IES Plurilingüe Elviña IES A Sardiñeira IES Calvo Sotelo 981252600 -Artes gráficas (20 p) -Carpintaría e moble (20 p) -Fabricación e montaxe (20 p) IES Fernando Wirtz Suárez 981230643 -Informática e comunicación (20 p) CPR Fogar de Santa Margarida 981251090 -Servizos comerciais (20 p) (concertado) CPR Nebrija Torre de Hércules (concertado) 981259009 -Informática e comunicación (20 p) -Servizos administrativos (20 p) CPR Plurilingüe La Grande Obra de Atocha 981222542 -Servizos administrativos (20 p) 11. PRAZO SOLICITUDE ADMISIÓN: Do día 1 de setembro ata as 13 horas do día 10 de setembro. 12. PUBLICACIÓN LISTAXE ADMITIDOS: 12 de setembro. 3
  4. 4. Guía Formación Profesional Básica Mª SILVINA PARICIO (Dpto. Orientación do IES ELVIÑA) 13. PRAZO DE MATRÍCULA: Do día 12 ao 19 de setembro. 14. DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR: · Solicitude de admisión e matrícula debidamente cuberta a entregar no centro no que pretenda ser admitido. A solicitude pode descargarse en https://sede.xunta.es co código de procedemento ED522A. · Copia do DNI ou NIE. · Comunicación de incorporación á formación profesional básica. · Certifixado de discapacidade, se é o caso. 15. MÁIS INFORMACIÓN: http://www.edu.xunta.es/fp/category/etiquetas/fp-basica 16. NORMATIVA DE REFERENCIA: · Orde do 5 de agosto de 2014 pola que se regulan aspectos específicos para a implantación das ensinanzas de formación profesional básica no ano académico 2014/15 (DOG de 13 de agosto). · Orde do 14 de agosto de 2014 pola que se regula o acceso e admisión aos ciclos de formación profesional básica e se autoriza a súa oferta para o curso 2014/15 (DOG de 26 de agosto). 4

×