1. IES ELVIÑA DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN
OS PROGRAMAS DE CUALIFICACIÓN
PROFESIONAL INICIAL
QUE SON?
Son programas de iniciación profesional destinados ao alumnado que non acade os
obxectivos da ESO e que teñen como finalidadeproporcionarlleunha formación básica e profesional
que lle posibilite incorporarse á vida laboral ouproseguilosestudos posteriores.
QUE OBXECTIVOS TEÑEN?
Teñen un dobreobxectivo:
1. Ofrecer unha formación básica que che permita continuar estudos nos ciclos
deformación profesional de grao medio ouacadar o título de ESO.
2. Formarte para que posúas as competencias profesionaisiniciais propias dun oficio.
QUE REQUISITOS HAI QUE CUMPLIR PARA ACCEDER A ESTOS PROGRAMAS?
Debes cumplir as seguintescondicións:
1ª Ter entre 15 e 20 anoscumpridos dentro do ano de inicio do programa.
2ª Non estar en posesión do título de ESO.
3ª Non ter cursado antes un PCPI.
4ª Estar en grave risco de abandono escolar ( axuízo do equipo de profesores) e ter escasas
posibilidades de continuar na ESO para acadar o título, ben por grave desmotivación, ben
por grandes dificultades de aprendizaxeou por atraso académico xeneralizado.
Os grupos de alumnos que constitúen os programas será dun mínimo de 8 e un máximo de
15 alumnos.
QUE MODALIDADES HAI E CANTO DURAN?
Estes programas teñenunha duración de dous cursos académicos, de setembro a xuño.
O 1º curso divídese en tres trimestres e é obrigatorio.
O 2º curso divídese en dous cuadrimestres. O primeiro cuadrimestre é obrigatorio e o
segundo é voluntario.
MODALIDADE A: Todos os módulos se imparten nunmesmo centro educativo, agás o de
formación en centros de traballo.
MODALIDADE B: Os módulos específicos se imparten nun centro educativo deformación
profesional, agás o de formación en centros de traballo, e os módulos deformación básica
impártensenoutro.
MODALIDADE C: outras entidades, asociacións, empresas, … poden participar na
impartición dos módulos.
QUE MÓDULOS SE ESTUDAN NO PROGRAMA?
Estes programas teñendous tipos de módulos. Unsobrigatorios e outros voluntarios, que se
os superas obterías o título de ESO.
I. MÓDULOS OBRIGATORIOS:
1. MÓDULOS ESPECÍFICOS:formarantenas competencias propias da profesión que ti
escolleras. Terás 18 horas semanais e no 3º trimestre terásunha fase de prácticas nun
centro de traballo. Impártensesó no 1ºcurso.
2. MÓDULOS FORMATIVOS DE CARÁCTER XERAL:
Impártense no 1º curso e no 1º cuadrimestre do 2º curso. Se os superas, tes acceso
directo a un Ciclo de Grao Medio.
A) Módulo de competencia comunicativa e dixital I e II: lectura, comprensión e
expresión oral e escrita en lingua galega e castelá. 4 sesiónsemanais.
B) Módulo de sociedade e cidadanía I e II:coñecemento do mundo actual, da
sociedade e da súa organización, asó como dos dereitos e dos deberes da
2. IES ELVIÑA DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN
cidadanía. 3 sesiónssemanais.
C) Módulo científico-matemático I e II: Resolución de problemas do entorno. 4
sesións semanas
D) Módulo de iniciativa persoal e relaciónslaborais I e II: dereitos e obrigas no
traballo, hixiene e prevención de riscos, creación de empresa. 2 sesiónssemanais.
E) Formación complementaria de acceso a ciclos: impártesesó no 1º cuadrimestre
do 2º curso. 3 sesiónssemanais.
II. MÓDULOS VOLUNTARIOS:
Impártense no 2º cuadrimestre do 2º curso, e se os superas obtés o título deESO.
A) Ámbito de comunicación: lingua galega e literatura, linguacastelá e
literatura,linguaestranxeira.
B) Ámbito social: Cienciassociais, xeografía e historia, educación para a cidadanía,
educación plástica e visual, música.
C) Ámbito científico – tecnolóxico: ciencias da natureza, matemáticas,
tecnoloxíaeeducación física.
D) Recuperación de módulos pendentes do 1º cuadrimestre: 3 sesiónssemanais.
Terástaménunha sesión detitoría semanal. O teutitor/a será un dos profesores que
che dan clase no centro. Será o encargado de facer un seguimentona empresa e o
contacto coa familia. Natitoría semanal faraseseguimento do traballona empresa,
sesións de técnicas de estudo e organización do traballo académico, resolución de
conflitos, habilidades comunicativas e traballo en grupo.
COMO É O PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN?
1º PROPOSTA DO EQUIPO DE PROFESORES: O alumnado que procede de ESO deberá ser
proposto polo equipo de profesores que lle imparten clase, o seutitor e a orientadora.Se o
alumno ten 15 anos debe ser autorizado pola Inspección Educativa.
2º CONFORMIDADE DO ALUMNO E O SEU PAI/NAI/TITOR LEGAL: De ser proposto a
orientadora citará ao alumno e á súa familia para recomendar a proposta e informar do
programa. Tanto o alumno como o seupai/nai/titor legal deben dar a conformidade.
3º SOLICITUDE DE PRAZA: O alumno que sexaproposto deberá realizar unhasolicitude de
prazana 1ª quincena de setembro, e de ser admitido, formalizará a matrícula na 3ªsemana
de setembro. En 2º curso hai que facerunha nova matrícula.
A documentación que hai que entregar é a seguinte:
- Folla de solicitudecubertacos datos personais
- Fotocopia do DNI.
- Conformidade do alumno e o seupai/nai/ titor legal.
- Comunicación de autorización para cursar PCPI (só para alumnado que no curso anterior
fixo ESO).
- Certificado de recoñecemento de minusvalía no caso de alumnado con discapacidade.
COMO SE ADXUDICA A PRAZA:
• Para a adxudicación de prazas, teráprioridade o alumnado matriculado no curso
anterior no centro.
• Finalizado o prazo de presentación de solicitudes, no caso de existir maior número
delas que prazas ofrecidas, o Consello Escolar ouConsello Social, tendoen conta o
establecido no punto anterior, asignará as prazas conforme os seguintes criterios de
prioridade, polaorde en que figuran a seguir:
a) Alumnado incorporado en idade de escolarización obrigatoria.
b) Alumnado escolarizado na educación secundaria obrigatoria no curso anterior.
c) O resto de alumnado.
3. IES ELVIÑA DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN
d) De persistir o empate, aplicarase para a asignación de prazas o resultado do
sorteopúblico que se realizará anualmente naConsellería de Educación e Ordenación
Universitaria para a admisión noutras etapas educativas.
• O alumnado ao cal non se lle asignase praza por algunha das causas descritas nos
puntos anteriores terá a posibilidade de matricularse noutro programa en que existan
prazasdispoñibles.
COMO É A AVALIACIÓN NESTES PROGRAMAS?
- As cualificaciónsexprésanse por módulos mediante unha escala numérica do 1 ao10.
Considéranse positivas as cualificaciónsiguaisou superiores ao 5.
- No caso do módulo de formación en centros de traballoexpresarase como APTO
ouNON APTO.
- Para poder cursar o módulo de Formación en centros de traballohaberá que superar os
módulos do centro (modalidades A e B).
- Hai que aprobar tódolos módulos de 1º para poder pasar a 2º
- Quen non supere todos os módulos de 1º poderá repetir unhasóa vez, e cursará a
totalidade dos módulos. O alumno pode cambiar de perfil.
- Coa superación do programa, para o cal hai que superar tódolos módulos
obrigatoriosobtense un certificado no que se sinala que o alumno superou o PCPI
ecoas notas acadadas en cada un dos módulos.
- Para a obtención do título de ESO haberá que superar tódolos módulos de carácter
voluntario.
- A asistencia a clase é obrigatoria para poder ser avaliado.
QUE SAÍDAS TEÑEN ESTOS PROGRAMAS?
NO CASO DE SUPERAR SÓ OS MÓDULOSOBRIGATORIOS do 1º CURSO:
1. INCORPORACIÓN AO MUNDO LABORAL desempeñando postos de traballo como
aprendiz, axudanteou operario.
2. PRESENTARSE ÁS PROBAS DE ACCESO A CICLOS DE GRAO MEDIO, senterque esperar
a cumprir os 17 anos (que é a idade legalmente esixidaparapresentarse a estas
probas). Ademais estarás exento de realizar os exames da parte científico – técnica (
CienciasNaturais e tecnoloxía).
3. ACADAR O TÍTULO DE EDUCACIÓN SECUNDARIAnamodalidade de adultos(ESA)
sen ter que esperar a cumplir os 18 anos (idade legalmente esixida).
4. PRESENTARTE ÁS PROBAS PARA A OBTENCIÓN DO TÍTULO DE EDUCACIÓN
SECUNDARIA POR LIBRE.
Pero para esto debes esperar a ter os 18 anoscumpridos.
NO CASO DE SUPERAR TAMÉN OS MÓDULOS OBRIGATORIOS DO 2º curso –
1ºCUADRIMESTRE:
1. INCORPORACIÓN AO MUNDO LABORAL desempeñando postos de traballo como
aprendiz, axudanteou operario. Obterás o certificado do PCPI.
2. ACCEDER DIRECTAMENTE A CALQUERA CICLO DE FORMACIÓNPROFESIONAL DE
GRAO MEDIO
NO CASO DE SUPERAR OS MÓDULOS VOLUNTARIOS DO 2º CURSO – 2ºCUADRIMESTRE:
1. Obter o título de ESO e ademáis o certificado do PCPI.
2. ACCEDER DIRECTAMENTE A UN CICLO DE GRAO MEDIO.
3. ACCEDER AO BACHARELATO, xa que terás o título de ESO.
4. IES ELVIÑA DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN
OFERTA DE PROGRAMAS DE
CUALIFICACIÓNPROFESIONAL INICIAL
Os módulos profesionais dos programas de cualificación profesional inicial desenvolven as
competencias dun determinado perfil profesional con sentido no emprego e inclúen,como
mínimo, unha cualificación profesional completa de nivel 1 do Catálogo Nacionalde
CualificaciónsProfesionais. Os perfísprofesionais que se poden realizar naactualidade e que
facilitan unha correcta inserción sociolaboral son os que se relacionan:
PCPI de servizos administrativos.
PCPI de pedra natural.
PCPI de asistencia en actividades e en instalacións deportivas.
PCPI de informática.
PCPI de xardinaría e viveirismo.
PCPI de fontanaría, calefacción e climatización doméstica.
PCPI de producións agrícolas.
PCPI de estética.
PCPI de arranxosflorais.
PCPI de peiteado.PCPI de reprografía.
PCPI de carpintaría.
PCPI de operacións en industrias gráficas.
PCPI de pesca e transporte marítimo.
PCPI de moldes e pezas cerámicas artesanais.
PCPI de emprego doméstico.
PCPI de comercio.
PCPI de limpeza de edificios, locais e moblaxe.
PCPI de instalacións electrotécnicas e de telecomunicacións.
PCPI de costura.
PCPI de montaxe de redes eléctricas.
PCPI de reparación de calzado e marroquinaría.
PCPI de albanelaría.
PCPI de tapizaría.
PCPI de revestimentos de obra.
PCPI de cortinaxe e complementos de decoración.
PCPI de fabricación mecánica.
PCPI de lavandaría.
PCPI de cociña.
PCPI de mantemento de vehículos.
PCPI de servizos de restauración.
PCPI de mantementoestrutural e superficial de embarcacións.
PCPI de aloxamento.
PCPI de cerámica.
PCPI de pastelaría.