SlideShare a Scribd company logo
1 of 2
Download to read offline
30
UN BREVE RESUMO DO QUE VOS
DEPARA A NOVA LEI EDUCATIVA.
Jose Regueiro- Xefe do Departamento de Orientación
Como a maioría de vos xa sabedes o próximo curso 2014-2015 comeza a implantarse a
Lei Orgánica 8/2013 para a Mellora da Calidade Educativa, máis coñecida como LOMCE. A
implantación da mesma será progresiva, no curso que comeza en setembro implantarase en 1º,
3º e 5º de Educación Primaria e tamén a Formación Profesional Básica e ao longo dos dous
vindeiros cursos continuará a súa implantación no resto dos cursos de Educación Primaria,
Educación Secundaria, Bacharelato e Formación Profesional con importantes novidades que
tanto as familias coma os alumnos e alumnas debedes ir tendo en conta de cara o voso futuro
académico e profesional.
Neste artigo pretendemos darvos a coñecer brevemente os cambios máis importantes que
trae esta nova lei educativa.
En Educación Primaria a LOMCE incorpora como novidade máis destacable dúas
avaliacións:
Unha avaliación individualizada no terceiro curso para
comprobar o grao de adquisición das competencias lingüística
e matemática e detectar posibles dificultades de aprendizaxe.
Unha avaliación final de etapa ao finalizar o sexto curso de
Educación Primaria, con carácter informativo e orientador,
para comprobar o grado de adquisición das competencias
lingüística, matemática e das competencias básicas en ciencia
e tecnoloxía, así como o grao de adquisición dos obxectivos
da etapa.
Os grandes cambios veñen na Educación Secundaria:
A promoción de curso será posible con dúas materias suspensas, sempre que non sexan
Linguas e Matemáticas de modo simultáneo.
En terceiro curso o alumnado deberá elixir entre cursar Matemáticas orientadas as
Ensinanzas Académicas ou Matemáticas orientadas as Ensinanzas Aplicadas.
En cuarto curso o/as alumnos/as terán que elixir entre dúas opcións: a) Opción de
Ensinanzas Académicas para a iniciación ao Bacharelato ou b) Opción de Ensinanzas
Aplicadas para a iniciación a Formación Profesional.
31
Para a acadar o título da ESO ademais de aprobar o cuarto curso haberá que aprobar un
exame final de ESO, diferente segundo a opción elixida. O exame ponderará o 30% e a
nota media das materias cursadas na ESO un 70%.
O título de ESO pola opción de Ensinanzas Académicas dará acceso a Bacharelato. O
título de ESO pola opción de Ensinanzas Aplicadas dará acceso a Formación Profesional
de Grao Medio.
No Bacharelato a principal novidade é que haberá que superar un exame final para conseguir
o título de Bacharelato e poder acceder a Universidade; dito exame ponderará o 40% e a nota
media das materias de Bacharelato o 60%. Senón se supera ese exame a única opción posible
dende Bacharelato será acceder aos Ciclos Formativos de Grao Superior. Desaparecen as
probas de acceso a Universidade (PAU ou selectividade), aínda que as Universidades poderán
fixar procedementos específicos de admisión.
No ámbito da Formación Profesional as principias novidades son a aparición da Formación
Profesional Básica (que ven a sustituir os actuais Programas de Cualificación Profesional Inicial,
mais coñecidos como PCPI) a cal se accederá a proposta do equipo docente tras cursar 2º ou 3º
da ESO cunha idade entre 15 e 17 anos. Dende a Formación Profesional Básica poderá
accederse aos Ciclos Formativos de Grao Medio e tamén acadar o título da ESO aprobando o
exame final da ESO.
O acceso dende Formación Profesional de Grao Medio a Grao Superior tamén se facilita
sempre que haxa prazas libres.
A LOMCE tamén propón cambios nas
asignaturas e moito máis, pero isto e só un esbozo
das principais novidades.
Como vedes os cambios son sustanciais e
incrementan o nivel das esixencias a superar nas
diferentes etapas educativas; non son inminentes,
pero pronto chegan, polo tanto haberá que ilos
tendo en conta e esforzarse un pouco máis nos
vindeiros cursos; non esquezades que todo
incremento no esforzo redunda nun mellor futuro
para vós.

More Related Content

Similar to 19 un breve resumo do que vos depara a nova lei educativa

Cuaderno de información académica para 3º ESO
Cuaderno de información académica para 3º ESOCuaderno de información académica para 3º ESO
Cuaderno de información académica para 3º ESOMónica Diz Besada
 
Cuaderno de información académica para 4º ESO
Cuaderno de información académica para 4º ESOCuaderno de información académica para 4º ESO
Cuaderno de información académica para 4º ESOMónica Diz Besada
 
Youblisher.com 1403603-caderno de-informaci_n_acad_mica_4_eso_2016
Youblisher.com 1403603-caderno de-informaci_n_acad_mica_4_eso_2016Youblisher.com 1403603-caderno de-informaci_n_acad_mica_4_eso_2016
Youblisher.com 1403603-caderno de-informaci_n_acad_mica_4_eso_2016Silvina Paricio Tato
 
Caderno 3º ESO xuño 2022.pdf
Caderno 3º ESO xuño 2022.pdfCaderno 3º ESO xuño 2022.pdf
Caderno 3º ESO xuño 2022.pdfMónica Diz Besada
 
Cuaderno de información académica para 2º ESO
Cuaderno de información académica para 2º ESOCuaderno de información académica para 2º ESO
Cuaderno de información académica para 2º ESOMónica Diz Besada
 
Orientación académica PCPI
Orientación académica PCPIOrientación académica PCPI
Orientación académica PCPIbegootero
 
Guia orient prof_4eso_19_20
Guia orient prof_4eso_19_20Guia orient prof_4eso_19_20
Guia orient prof_4eso_19_20modguez
 
Youblisher.com 1406032-cuaderno de-informaci_n_acad_mica_para_2_de_eso_2016 (2)
Youblisher.com 1406032-cuaderno de-informaci_n_acad_mica_para_2_de_eso_2016 (2)Youblisher.com 1406032-cuaderno de-informaci_n_acad_mica_para_2_de_eso_2016 (2)
Youblisher.com 1406032-cuaderno de-informaci_n_acad_mica_para_2_de_eso_2016 (2)Silvina Paricio Tato
 
Youblisher.com 1406032-cuaderno de-informaci_n_acad_mica_para_2_de_eso_2016 (...
Youblisher.com 1406032-cuaderno de-informaci_n_acad_mica_para_2_de_eso_2016 (...Youblisher.com 1406032-cuaderno de-informaci_n_acad_mica_para_2_de_eso_2016 (...
Youblisher.com 1406032-cuaderno de-informaci_n_acad_mica_para_2_de_eso_2016 (...Silvina Paricio Tato
 
Caderno de Orientación Académica 4º ESO
Caderno de Orientación Académica 4º ESOCaderno de Orientación Académica 4º ESO
Caderno de Orientación Académica 4º ESObegootero
 

Similar to 19 un breve resumo do que vos depara a nova lei educativa (20)

Charlapaisnovidadesesolomce
CharlapaisnovidadesesolomceCharlapaisnovidadesesolomce
Charlapaisnovidadesesolomce
 
Cuaderno de información académica para 3º ESO
Cuaderno de información académica para 3º ESOCuaderno de información académica para 3º ESO
Cuaderno de información académica para 3º ESO
 
Cuaderno de información académica para 4º ESO
Cuaderno de información académica para 4º ESOCuaderno de información académica para 4º ESO
Cuaderno de información académica para 4º ESO
 
Youblisher.com 1403603-caderno de-informaci_n_acad_mica_4_eso_2016
Youblisher.com 1403603-caderno de-informaci_n_acad_mica_4_eso_2016Youblisher.com 1403603-caderno de-informaci_n_acad_mica_4_eso_2016
Youblisher.com 1403603-caderno de-informaci_n_acad_mica_4_eso_2016
 
Caderno 3º ESO xuño 2022.pdf
Caderno 3º ESO xuño 2022.pdfCaderno 3º ESO xuño 2022.pdf
Caderno 3º ESO xuño 2022.pdf
 
Cuaderno de información académica para 2º ESO
Cuaderno de información académica para 2º ESOCuaderno de información académica para 2º ESO
Cuaderno de información académica para 2º ESO
 
Caderno 2º ESO maio 2022.pdf
Caderno 2º ESO maio 2022.pdfCaderno 2º ESO maio 2022.pdf
Caderno 2º ESO maio 2022.pdf
 
E despois da eso qué
E despois da eso quéE despois da eso qué
E despois da eso qué
 
Orientación académica PCPI
Orientación académica PCPIOrientación académica PCPI
Orientación académica PCPI
 
Guia orient prof_4eso_19_20
Guia orient prof_4eso_19_20Guia orient prof_4eso_19_20
Guia orient prof_4eso_19_20
 
Calendario implantacion lomce
Calendario implantacion lomceCalendario implantacion lomce
Calendario implantacion lomce
 
Youblisher.com 1406032-cuaderno de-informaci_n_acad_mica_para_2_de_eso_2016 (2)
Youblisher.com 1406032-cuaderno de-informaci_n_acad_mica_para_2_de_eso_2016 (2)Youblisher.com 1406032-cuaderno de-informaci_n_acad_mica_para_2_de_eso_2016 (2)
Youblisher.com 1406032-cuaderno de-informaci_n_acad_mica_para_2_de_eso_2016 (2)
 
Youblisher.com 1406032-cuaderno de-informaci_n_acad_mica_para_2_de_eso_2016 (...
Youblisher.com 1406032-cuaderno de-informaci_n_acad_mica_para_2_de_eso_2016 (...Youblisher.com 1406032-cuaderno de-informaci_n_acad_mica_para_2_de_eso_2016 (...
Youblisher.com 1406032-cuaderno de-informaci_n_acad_mica_para_2_de_eso_2016 (...
 
Caderno de Orientación Académica 4º ESO
Caderno de Orientación Académica 4º ESOCaderno de Orientación Académica 4º ESO
Caderno de Orientación Académica 4º ESO
 
Orientación pcpi
Orientación pcpiOrientación pcpi
Orientación pcpi
 
Eso alumnado pwpoint
Eso alumnado pwpointEso alumnado pwpoint
Eso alumnado pwpoint
 
Pcpi
PcpiPcpi
Pcpi
 
Pcpi
PcpiPcpi
Pcpi
 
Pcpi
PcpiPcpi
Pcpi
 
Guia de orientación académica IES
Guia de orientación académica IESGuia de orientación académica IES
Guia de orientación académica IES
 

More from CPI Uxío Novoneira, Pedrafita do Cebreiro

More from CPI Uxío Novoneira, Pedrafita do Cebreiro (20)

Revista uxio novoneira 2021
Revista uxio novoneira 2021Revista uxio novoneira 2021
Revista uxio novoneira 2021
 
Programa congreso
Programa congresoPrograma congreso
Programa congreso
 
Carta familias libros 2021
Carta familias libros 2021Carta familias libros 2021
Carta familias libros 2021
 
Carta familias libros 2021
Carta familias libros 2021Carta familias libros 2021
Carta familias libros 2021
 
Pintores na minna casa
Pintores na minna casaPintores na minna casa
Pintores na minna casa
 
comezo das ligas internas de ping pong e badminton
comezo das ligas internas de ping pong e badmintoncomezo das ligas internas de ping pong e badminton
comezo das ligas internas de ping pong e badminton
 
Plan de continxencia
Plan de continxenciaPlan de continxencia
Plan de continxencia
 
Horario curso 20 21
Horario curso 20 21Horario curso 20 21
Horario curso 20 21
 
Plan adaptacion covid substitucions
Plan adaptacion covid substitucionsPlan adaptacion covid substitucions
Plan adaptacion covid substitucions
 
Informacion sorteo mesa xunta electoral
Informacion sorteo mesa xunta electoralInformacion sorteo mesa xunta electoral
Informacion sorteo mesa xunta electoral
 
Pxa 20 21
Pxa 20 21Pxa 20 21
Pxa 20 21
 
Declaracion responsable covid
Declaracion responsable covidDeclaracion responsable covid
Declaracion responsable covid
 
Plan de continxencia
Plan de continxenciaPlan de continxencia
Plan de continxencia
 
Plan adaptacion covid web e familias
Plan adaptacion covid web e familiasPlan adaptacion covid web e familias
Plan adaptacion covid web e familias
 
Plan de acollida tras covid
Plan de acollida tras covidPlan de acollida tras covid
Plan de acollida tras covid
 
Plan adaptacion covid web e familias
Plan adaptacion covid web e familiasPlan adaptacion covid web e familias
Plan adaptacion covid web e familias
 
Plan de acollida tras covid
Plan de acollida tras covidPlan de acollida tras covid
Plan de acollida tras covid
 
Plan de acollida tras covid2
Plan de acollida tras covid2Plan de acollida tras covid2
Plan de acollida tras covid2
 
Plan adaptacion covid web
Plan adaptacion covid webPlan adaptacion covid web
Plan adaptacion covid web
 
Plan de continxencia
Plan de continxenciaPlan de continxencia
Plan de continxencia
 

19 un breve resumo do que vos depara a nova lei educativa

  • 1. 30 UN BREVE RESUMO DO QUE VOS DEPARA A NOVA LEI EDUCATIVA. Jose Regueiro- Xefe do Departamento de Orientación Como a maioría de vos xa sabedes o próximo curso 2014-2015 comeza a implantarse a Lei Orgánica 8/2013 para a Mellora da Calidade Educativa, máis coñecida como LOMCE. A implantación da mesma será progresiva, no curso que comeza en setembro implantarase en 1º, 3º e 5º de Educación Primaria e tamén a Formación Profesional Básica e ao longo dos dous vindeiros cursos continuará a súa implantación no resto dos cursos de Educación Primaria, Educación Secundaria, Bacharelato e Formación Profesional con importantes novidades que tanto as familias coma os alumnos e alumnas debedes ir tendo en conta de cara o voso futuro académico e profesional. Neste artigo pretendemos darvos a coñecer brevemente os cambios máis importantes que trae esta nova lei educativa. En Educación Primaria a LOMCE incorpora como novidade máis destacable dúas avaliacións: Unha avaliación individualizada no terceiro curso para comprobar o grao de adquisición das competencias lingüística e matemática e detectar posibles dificultades de aprendizaxe. Unha avaliación final de etapa ao finalizar o sexto curso de Educación Primaria, con carácter informativo e orientador, para comprobar o grado de adquisición das competencias lingüística, matemática e das competencias básicas en ciencia e tecnoloxía, así como o grao de adquisición dos obxectivos da etapa. Os grandes cambios veñen na Educación Secundaria: A promoción de curso será posible con dúas materias suspensas, sempre que non sexan Linguas e Matemáticas de modo simultáneo. En terceiro curso o alumnado deberá elixir entre cursar Matemáticas orientadas as Ensinanzas Académicas ou Matemáticas orientadas as Ensinanzas Aplicadas. En cuarto curso o/as alumnos/as terán que elixir entre dúas opcións: a) Opción de Ensinanzas Académicas para a iniciación ao Bacharelato ou b) Opción de Ensinanzas Aplicadas para a iniciación a Formación Profesional.
  • 2. 31 Para a acadar o título da ESO ademais de aprobar o cuarto curso haberá que aprobar un exame final de ESO, diferente segundo a opción elixida. O exame ponderará o 30% e a nota media das materias cursadas na ESO un 70%. O título de ESO pola opción de Ensinanzas Académicas dará acceso a Bacharelato. O título de ESO pola opción de Ensinanzas Aplicadas dará acceso a Formación Profesional de Grao Medio. No Bacharelato a principal novidade é que haberá que superar un exame final para conseguir o título de Bacharelato e poder acceder a Universidade; dito exame ponderará o 40% e a nota media das materias de Bacharelato o 60%. Senón se supera ese exame a única opción posible dende Bacharelato será acceder aos Ciclos Formativos de Grao Superior. Desaparecen as probas de acceso a Universidade (PAU ou selectividade), aínda que as Universidades poderán fixar procedementos específicos de admisión. No ámbito da Formación Profesional as principias novidades son a aparición da Formación Profesional Básica (que ven a sustituir os actuais Programas de Cualificación Profesional Inicial, mais coñecidos como PCPI) a cal se accederá a proposta do equipo docente tras cursar 2º ou 3º da ESO cunha idade entre 15 e 17 anos. Dende a Formación Profesional Básica poderá accederse aos Ciclos Formativos de Grao Medio e tamén acadar o título da ESO aprobando o exame final da ESO. O acceso dende Formación Profesional de Grao Medio a Grao Superior tamén se facilita sempre que haxa prazas libres. A LOMCE tamén propón cambios nas asignaturas e moito máis, pero isto e só un esbozo das principais novidades. Como vedes os cambios son sustanciais e incrementan o nivel das esixencias a superar nas diferentes etapas educativas; non son inminentes, pero pronto chegan, polo tanto haberá que ilos tendo en conta e esforzarse un pouco máis nos vindeiros cursos; non esquezades que todo incremento no esforzo redunda nun mellor futuro para vós.