SlideShare a Scribd company logo
1 of 83
Download to read offline
MEMORIA 2019
Museo Pazo de Tor
1
ÍNDICE
1. LIMIAR 2
2. ESTATÍSTICA 6
3. PROGRAMA ARQUITECTÓNICO 11
4. PROGRAMA DIDÁCTICO 27
5. PROGRAMA DE ACCIÓN CULTURAL 40
6. MUSEOLOXÍA SOCIAL 46
7. DIM. DÍA INTERNACIONAL DOS MUSEOS 49
8. PROGRAMA EXPOSITIVO 52
9. CONGRESOS 61
10. PROGRAMA DE COLECCIÓNS 71
11. PUBLICACIÓNS, INTERACCIÓNS, REDES SOCIAIS 79
12. PROGRAMA DE PERSOAL 82
Museo Pazo de Tor
2
1. LIMIAR
Museo Pazo de Tor da Rede Museísitca Provincial de
Lugo.
O actual Museo, froito da doazón efectuada por Mª Paz
Taboada de Andrés no 1998, forma parte da Rede
Museísitca Provincial de Lugo. A Rede, creada no ano
2006, sendo Encarna Lago González , Xerente da mesma é un ente sen
personalidade xurídica propia dependente da Deputación de Lugo; os 4
museos que integran a Rede (Museo Provincial de Lugo, Museo Fortaleza
San Paio de Narla, Museo Provincial do Mar e Museo Pazo de Tor) comparten
obxectivos e recursos de cara a un servizo cultural, social e didáctico público
e gratuíto.
O Pazo de Tor é unha fermosa mostra da arquitectura pacega galega.
Presenta unha colección musealizable que transmite a vida da fidalguía
galega. A visita ao Pazo de Tor non só permite coñecer de primeira man unha
das máis importantes mostras da arquitectura galega do século XVIII, senón
tamén coñecer gran parte das dependencias do mesmo, co seu mobiliario
orixinal e coas coleccións artísticas que a familia foi atesourando ao longo
dos séculos, coleccións que van dende a época castrexa ata a época actual;
en definitiva, un testemuño privilexiado do modo de vida da nobreza na
Galicia da Idade Moderna e Contemporánea. Isto confire ao interior e exterior
do Pazo de certa sensación de “maxia” que servíu ao Séptimo Arte para que
estes espazos servisen para relatar fabulosas historias a través do cine como
“Beatríz” , “El Rey del Río” ou recentemente “A Esmorga” de Ignacio Villar.
As salas do Museo Pazo de Tor tamén son espazos expositivos e de
intervencións artísticas de diversas de obras contemporáneas, sendo incluso
centro de convivencia e traballo de artistas de todas as disciplinas. A laboura
didáctica está presente ao longo de todo o ano. O Museo Pazo de Tor dispón
dunha aula didáctica que serve de taller de aprendizaxe tendo como soporte
material e documental o Pazo de Tor, estas actividades son complementadas
Museo Pazo de Tor
3
con diversos actos de efemérides, actuacións musicais, teatrais. É por elo que
o Museo Pazo de Tor segue a ofrecernos un sin fín de posibilidades para
aprender, imaxinar, compartir e disfrutar.
Actualmente o Museo Pazo de Tor é distinguido pola guía PREDIF. Os
museos da Rede Museística da deputación de Lugo (Museo Provincial de
Lugo, Museo Provincial do Mar e Museo Pazo de Tor) foron recoñecidos por
PREDIF (Plataforma Representativa Estatal de Personas con Discapacidad
Física) co distintivo de Turismo Accesible, distintivo otorgado a aqueles
establecementos turísticos que traballan para mellorar a accesibilidade das
súas instalacións e servizos.
Este distintivo ofrece información obxectiva sobre as condicións de
accesibilidade dos diferentes establecementos recoñecidos a persoas con
discapacidade, a persoas maiores e familias con nenos, etc., o que se traduce
Museo Pazo de Tor
4
nunha difusión na app de Turismo Accesible de PREDIF, TUR4all, no
Geoportal de Turismo Accesible e na capa Layar de realidade aumentada,
ademais de mellorar a imaxe destes museos como establecementos
socialmente responsables.
Con este distintivo, estes museos da Rede Museística suman un novo
recoñecemento ao seu constante labor de integración das persoas con
discapacidade, labor que constitúe un dos obxectivos nos que se basea a súa
xestión museística.
O Museo Pazo de Tor, está a ter unha moi boa acollida nas redes sociais e as
opinións no conxunto poden ser consideradas moi favorables. Na actualidade
o Museo Pazo de Tor figura como o 1º dos recursos a visitar na Comarca de
Lemos según o servizo web Tripadvisor e sendo tamén o museo que máis
opinións recolle. Obtendo de novo na actualidade o distintivo de
Excelencia de TripAdvisor no presente ano 2019
Museo Pazo de Tor
5
Museo Pazo de Tor
6
2. ESTATÍSTICA DE VISITAS.
Antes de abordar as cifras polo miudo compre sinalar, de forma reiterada,
certas particularidades nas visitas ao Pazo que por unha banda son un
aliciente pero en certo modo consideramos que son un condicionante nas
visitas. Debido a singularidade exposistiva como museo, onde as coleccións
están dispostas de xeito fidedigno en tempos de Doña Mari Paz, todas as
visitas son guiadas e comentadas cunha duración que vai dende os 35 min
aos 60 min. Están organizadas en xornadas de catro quendas de martes
a domingo durante todo o ano festivos incluídos agás, Santa Rita 22 de
maio; 24, 25, 31 de Nadal; 1 de xaneiro e os festivos locais de Monforte
de Lemos (2 días) Os horarios de visita ao Pazo teñen comenzo ás
11:00h,12:30, 16:30h e 18:00h. Desde o 2018, estase a pedir reserva de
visita, para ter certa previsión a hora de repartir os grupos e así non facelos
coincidir con visitas individuais e comprometer a seguridade e tamén para
preservar a colección. Estas condicións implican ao visitante as seguintes
condicións, non poderán realizar visita libre e deberán realizar a visita nas
quendas de visitas en horario puntual para facer a visita completa deberá de
dispoñer do tempo necesario (mínimo 50 min) En canto aos grupos de máis
de 25 persoas e particularmente aos grupos de autocares, debido as
condicións especiais do Pazo, o acceso ao mesmo é limitado a grupos
pequenos de arpox 25 persoas que divididos (máximo de 2 grupos
simultáneos).
Museo Pazo de Tor
7
Non hai un número mínimo para a visitas.
Cada ano o Museo Pazo de Tor veu incrementando o número de visitas nos
sucesivos anos (...ano 2014 con 7601 vistias, ano 2015 con 9066 visitas, ano
2016 con 10592 visitas) a súa consolidación como recurso turístico de interés
e a un calendario de actividades estable, contribue o incremento global en
idade e procedencia con respecto aos anos anteriores sucesivamente. O
incremento de ata o de agora veuse dando de xeito sostido a pesar da
localización e do déficit de infraestrutura de servizo na zona (non hai cafetería,
restaurante, tenda… o Pazo de Tor está a 10 km de Monforte (4 km da crta.
Monforte-Chantada) por unha banda hai que velo de xeito natural, 13 anos de
apertura ao público e por outra banda creemos que debemos de mencionar
varios factores. O principal factor inicial por suposto é o indudable interés no
conxunto, non só polos seus fondos moi diversos e
moitos deles de grande valor patrimonial e artístico,
senón tamén polo conxunto de continente e contido
que xunto coa familia que xeración tras xeración (3
séculos aprox) seguiro facendo uso de xeito natural
como residencia ata a doazón da última propietaria
e benfeitora Dª Maria Paz Taboada De Andrés. As
canles de difusión deste interés son diversos. O
“boca a boca” segue a ser unha canle de promoción
importante, o propio usuario é o promotor, facendo
máis de unha visita co motivo de achegar a
familiares e amigos para dar a coñecer o Pazo pero
son cada vez máis relevantes tamén outros medios
como a redes socias e os establecementos
dependentes do turismo como Casas Rurais, Bare,
Restaurantes.O Centro de Información Turística de
Monforte de Lemos cumpre o cometido de informar
a que chegue de todos os recursos da Comarca
aínda que moitos dos visitantes que pasan polo
Pazo veñen de xeito directo xa que accede a
información previa ben polo medio institucional ou de prensa, como tamén de
Arestora no ano
2019 realizáronse
un total de 913
visitas guiadas,
quedando
pendente o mes de
decembro.
No presente ano
constátase o
incremento de
visitas sendo polo
momento,
sorprendentes de
en torno a un 20%.
Un incremento
proporcional en
grupos e visitas
individuais
Museo Pazo de Tor
8
xeito cada vez máis habitual polos servizos como Google ou TripAdvisor.
Seguidamente temos que facer especial mención un ano máis a Paradores
(Parador de Monforte de Lemos) por achegar información aos clientes sobre
os recursos da zona e sobre todo ao Balneario de Augas Santas de Pantón
que conta con animador, estimado Segundo, organizador de circuitos de
visitas, moitas veces en grupos para visitar os diferentes recursos turísticos
da Comarca de Lemos onde o Pazo de Tor figura como elemento de grande
interés.
Museo Pazo de Tor
9
Museo Pazo de Tor
10
Resumo visitas e visitantes:
Houbo un total de 12.950 visitantes, cando no 2018 acadamos a
cifra de 10.545.
Fixéronse 1.051 visitas guiadas en todo o 2019.
Museo Pazo de Tor
11
3. PROGRAMA ARQUITECTÓNICO.
3.1 ANEXOS.
O Museo Pazo de Tor conta con diversos espazos para uso interno e público;
é un complexo que no conxunto supera os 5000 metros cadrados de supeficie
útil nun espazo aproximado de 3 Ha (2,3 Ha aprox. con muro). Todos os
espazos cubertos contan con instalación de puntos de luz e toma eléctrica,
con elevador para accesibilidade en zona de uso público, sensores
volumétricos para a iluminación das salas, alarma, video vixilancia, alarma de
incendios (só nos anexos) 5 estacións deshumidificadores/humidificadores de
900w
As zonas de traballo dotadas con material informático son a biblioteca, o
arquivo ( e colección de patrimonio inmaterial) e recepción que cumpre tamén
as funcións de oficina para traballos ofimáticos diversos; contando con
equipamente que consisten nun teléfono, PC sobremesa (ano 2016) con SAI,
2 portátiles (ano 2011 e 2013) e impresora laser multifunción (ano 2017)
Museo Pazo de Tor
12
Outros espazos restrinxidos ao público. Son o garaxe de
(hoxe
almacén) os cortellos de
cabalerizas, antigo
garaxe, garaxe novo,
salas de tear, 3
dormitorios de
tecedeiras, adega de diario con diferentes estancias, cuarto de saleiros e
despensas ademáis o Pazo conta como almacén para material didáctico e
arquivo e obras expositivas a antiga biblioteca, outro espazo por certo singualr
son os calabazos situados a unha pranta inferior da pranta baixa do Pazo,
Sala de caldeiras e na Horta do Pazo a casa do Hortelelano
3.1.1a Apartado eléctrico e informático.
Logo da subsanación de obsolescencias e déficit de potencia.
Logo dunha revisión exaustiva de toda a instalación eléctrica, levouse a cabo
a finais do 2018 e unha adecuación de reparto de potencia melloras diversas
e adaptación de circuitería e cadros (térmicos e limitadores) as novas
necesidades, xa que se levouse a cabo un incremento de potencia, 10 kw/h.
3.1.1b Instalación de novos routers 4G
3.2 MANTEMENTO.
No presente 2019 estableceronse protocolos de mantemento e conservación
por medio de dispositivos de humidificadores e desumidificadores a diario.
Tamén se instalaron en diferentes zonas canóns de calor en diferentes zonas
do Pazo para evitar o enfriamento extremo. Que se encenden únicamente en
horario de visita. Compre sinalar que se detectou un problema de potencia en
fases do cadro de térmicos no que deducimos que certas fases están sobre
cargadas de conexións e outras non están aproveitadas o que limita a
calefaccón en determidadas zonas.
3.3. SEGURIDADE
Museo Pazo de Tor
13
Apartado de seguridade. A modo preventivo estas actuacións contribullen na
mellor da preservación das coleccións e acceso a información máis precisa
de actividades levadas a cabo no Pazo. As actuacións neste senso
contemplan a seguridade activa e pasiva. Pero debemos mencio nar certas
carencias tamén
3.3.1 Operatividade de sistemas de alarma, activación en linia,
revisión e mellora da conexión a centralita. Revisión e
reposición de sensores de movemento nos espazos das
coleccións.
3.3.2 Operatividade das cámaras os correspondentes equipos para vixilancia
de todos os accesos tanto interiores como exteriores, grabación simultánea
e acceso en vivo.
Museo Pazo de Tor
14
Museo Pazo de Tor
15
3.4. RECINTOS ABERTOS.
Recinto Rede Museísitca – Museo Pazo de Tor.
Comprende aproximadamente 2,7 Ha dividida en tres zonas Xardín de
Entrada. Museo Pazo de Tor, espazode acceso pola entrada pincipal. Frutais
coníferas e árbores de folla caduca como plataneros, tilos, olivo son
exemplares de interés debido a antigüedade das mesmas, hai cespede con
prantas diversas principalmente rosáceas e arbustos compostos
principalmente por buxos e abundan loureiros, maiormente o “real”. Existe
unha subzona que correspode ao cecais antigo patio de armas ou de honor,
patio interior onde está a fonte e ao redor predominan principalmente
rosáceas e un espectacular acerolo de grande interés porque se trata dun
exemplar de grandes dimensións para a súa especie. A zona da Horta ten o
acceso por un portalón lateral cun escudo dos Varelas no enrriba do dintel. O
muro e o portalón presenta claras
deficiencias de estabilidade con
risco de derrube, actualmente está
apuntalado. Da acceso a zona onde
está situado o Xardín Francés do
Pazo, xardín do S XVIII feito en
chantos de pizarra que consta de
catro estanques e un laberínto de 8
camiños. Hai presenza de frutais
principlamente, pereiras, mazairas e
tamén de caducas como freixos, a
extensión é de aproximadamente de
1,7 Ha. O terceiro espazo exterior
comprende principalmente a zona
de aparcadoiro principal que ten
entrada ao carón do portalón de
entrada principla e que continúa na
parte de atrás dos anexos ao carón
do camiño que da acceso a
Museo Pazo de Tor
16
finca de Tor chegando a parte Norte do
Pazo antiga zona de paso para carros
polo portalón Norte e Adega. As
intervencións abranguen dous aspectos
principais.
3.4.1. Anexos e entrada principal do
Pazo de Tor
Conforme ao compromiso de
accesibilidade ao Pazo e aos servizos
que presta, remátase o chan de lousas
que concecta a pasarela de madeira
que conduce aos lavabos. Procédese
tamén a mellora en apartado de
seguridade na pasarela de madeira
dotándoa dunha baranda. Engadíronse
tamén bandas antideslizamento pero
estas comenzaron a romperse e
Museo Pazo de Tor
17
procederase a recolocación dunhas novas bandas
3.4.2. Zona se almacenaxe.
Procedeuse a recolocación e organización de material expositivo e dépositos
temporais de diferentes obras e intalacións artísticas en:
Museo Pazo de Tor
18
- Garaxe almacén. Vitrinas, paneis da Rede Museística, Taller de Violeta
Bernardo, Paneis e demáis elementos de Fotografía a Cegas.
- Cabaleirizas e e Cuarto de Liteiro. Peanas para exposicións, vitrinas,
maniquís; en canto ás coleccións destacar xogo de banco e sillas estilo
Tonet, púlpito
- Zona Común de Carto de Telar. Mobiliario (mesas refertorio) nos
cuartos, camas, baúles; en canto ás coleccións, escultura de E Osorio.
Biblioteca Vella/Cuarto de Caseiros. Mateiral
didáctico, arquivo de actividades e xestión
documental xerada, Exposición.Almacén de
coleccións de escribanías, un don pedro, mesas,
escribanías
- Zona Común de Carto de Telar. Mobiliario (mesas
refertorio) nos cuartos, camas, baúles; en canto ás
coleccións, escultura de E Osorio.
Museo Pazo de Tor
19
3.5 MANTEMENTO DE ZONA VERDE E XARDÍN
3.5.1 Mantemento de xardíns, tarefas como
a corta de cespede, poda de rosáceas,
árbores, desbroze de herbas, limpeza de
edras e trepadoras, e eliminación de
especies invasoras (Reynoutria Japónica)
se veñen levando a cabo de xeito regular polo servizo de SUPLUSA.
3.5.2 Por parte da Área de Medio Ambiente da Deputación de Lugo, se ven
facendo un seguimento das diferentes árbores principalmente das especies
máis raras e frutais, e un control de pragas, como avespas e tamén de abellas
(problema recurrente xa que é moi habitual que as abellas enaméen o Pazo
principalmente polo tellado. Se está a levar cabo tratamento nas diferentes
árbores para evitar unha praga de orugas.
3.5.2 Control apícola. O edificio principal do complexo do Pazo está a recibir
de xeito constantes enxames de abellas, principalmente autóctonas de varios
tipos abellas carpinteiras, abellas negras e a abella común; sendo necesaria
a intervención por parte dos servizos de arquitectura da Deputación Provincial
de Lugo para a retirada das mesmas e o seu traslado a colmeas. As
actuacións foron principalmente no tellado na parte Suroeste do edifico
principal e na parte Sur do patio interior e recepción no caso da abella negra
Museo Pazo de Tor
20
. Tamén foi víctima de outras especies menos desexadas como a avespa
cravo e tamén a tan temida velutina, sendo destruidos 3 enxames situados no
desván do Pazo, cunha posible localización dun cuarto, este novo, na solaina
da ala sur do Pazo que ao final foi descartado.
A última intervención importante, neste
apartado, foi na parte Este do Pazo, a
centenaria “glicina-china”, Wisteria
Sinensis amezaba a parte estructural
da solaina que dá ao xardín francés,
zona que forma parte do itinerario de
visita. Logo da retirada de gran parte
das guías que estaban a intruducirse
dentro da pedra e mesmo do tellado pocedeuse a limpar as guías,
conservando unha parte do tronco principal da mesma xa que trátase dun
especimen espectacular polo seu tamaño debido a súa lonxevidade.
Recupérase así unha zona arquitectónica intrigante e cecais de grande
interese que axude a desvelar partes estructurais antigas.
Museo Pazo de Tor
21
Non foi posible retirar a glicina na parte do muro da Horta, por perigo de
derrube definitivo, muro que actualmente está apuntalado e presenta un
deterioro irreversible ao igual que o seu portalón de acceso.
Museo Pazo de Tor
22
MA DIDÁCTICO
4.1 PROGRAMA DE ACTIVIDADES PARA O CURSO
ESCOLAR 2018_2019
A Rede Museística Provincial, dependente da área de Cultura da Deputación
de Lugo, a través dos departamentos de didáctica dos catro museos que a
integran (Museo Provincial de Lugo, Museo Fortaleza San Paio de Narla,
Museo Provincial do Mar e Museo Pazo de Tor) puxo a disposición dos centros
escolares a súa nova programación para o curso escolar 2018 / 2019 coa idea
de fomentar o achegamento do alumnado ao patrimonio conservado nos
nosos museos.
A Rede Museística, coa nosa longa experiencia e o apoio de
numerosos docentes que participaron nestas actividades en
precedentes cursos, procuramos tender pontes de colaboración
entre diferentes espazos educativos, presentando actividades
lúdicas pero rigorosas con contidos que entroncan coas
programacións escolares.
»Historias ilustradas
Metodoloxía: Vivimos nun mundo absolutamente visual, no que as imaxes nos
contan historias que se viralizan e chegan a todos os rincóns do mundo e a
Museo Pazo de Tor
23
todo tipo de xente. Imos crear unha historia en grupo
a través das imaxes que cada alumno capte ó longo
da nosa visita. Cada neno sacará unha foto co seu
teléfono ou coa súa cámara, dunha peza, dun
personaxe, do que queira ou máis lle chame a
atención, e entre todos crearán unha historia común a
partir de todas as imaxes recollidas. O relato
resultante formará parte da nosa historia, mais tamén
da vosa, porque despois cada unha desas historias se irán subindo ao
facebook e ás nosas redes sociais para que todos poidamos acceder a elas e
compartilas.
Nivel educativo: ESO
»O Museo como retrovisor histórico
Metodoloxía: As coleccións do museo permitirán ao alumnado interpretar os
vestixios do pasado e analizar a súa importancia no desenvolvemento da nosa
cultura .
Nivel educativo: 4ª, 5º e 6º de Educación Primaria e ESO.
»A luminaria en Tor
Metodoloxía: A sensación espacial dos interiores e exteriores do Pazo á
noitiña, non fai moito eran ben diferentes. O xeito de iluminar estes espazos
mudou ben: velas, candís, quinqués de gas, carburo, lámpadas de aceite …
proxectaban sombras e arumes que lle conferían unha sensación
espacial máxica e misteriosa. Estes obxectos, hoxe pezas de
museo, rememoran fórmulas prácticas e enxeñosas para a época, e tamén
nos falan da historia da humanidade.
Demos luz ao asunto repasando as diferentes fórmulas de iluminación, para
levarmos a práctica algunha delas
Nivel educativo: Primaria e ESO
»Tor como escenario de achegamento a heráldica
Museo Pazo de Tor
24
Metodoloxía: Códigos, normas, historias; a heráldica é hoxe por
hoxe un tema de interese e motivo de moitas consultas na rede.
Independente do motivo de consulta: xenealoxía,
representación dun apelido e a súa orixe; se investigamos un
pouco descubriremos que este sempre nos achega a
momentos históricos e tamén pode que a eventos de grande transcendencia
na historia. Xogaremos elaborando o noso propio brasón e de paso
indagaremos un pouco sobre nós
Nivel educativo: ESO.
»Sentido e sensibilidade, a viaxe dos
sentidos polo Pazo de Tor
Metodoloxía: Mergullarémonos no
pasado pescudando entre as pezas e
as estancias do pazo, tratando de
captar os misterios e sensacións que
envolven o noso museo. Xogo de
probas no que os sentidos xogan un
papel esencial para o coñecemento do
museo desde dentro. O museo constituirá o noso panel de xogo, cada
estancia será unha casiña a percorrer na nosa viaxe, iremos facendo paradas
para desenvolver as diferentes probas do xogo: de memoria, de sons, de
mímica, de coñecementos, de idiomas…
Nivel educativo: Primaria e ESO
»De safari polo Pazo
Metodoloxía: Percorrido buscando animais representados en
distintas obras expostas no Museo. Logo da busca, podemos
xogar a agrupar os animais localizados segundo sexan de pelo
ou de pluma, de terra ou de aire, mamíferos, etc. Remataremos
a actividade completando un álbum cos cromos
correspondentes aos animais avistados durante o safari.
Nivel educativo: Educación Infantil, 1º,2º, 3º de E. Primario.
»Crea o teu museo.
Museo Pazo de Tor
25
Metodoloxía: Fago o meu museo, facemos o noso museo, creamos una rede.
Os museos son relatores de historias. Desde a Rede Museística invitámosvos
a que creedes o voso propio museo a partir dun diálogo aberto coas nosas
coleccións e cos profesionais que traballan neste espazo. Se queres saber
como, pregúntanos!
Nivel educativo: Infantil e 3º, 4ª, 5º e 6º de Educación Primaria
A NOVA PROGRAMACIÓN ESCOLAR 2019/20
Programa de actividades escolares curso 2019_2020: Museo Provincial de
Lugo
A vicepresidenta da Deputación de Lugo, Tereixa A. Ferreiro Tallón, xunto
coa xerente da Rede Museística, Encarna Lago, presentaron esta mañá no
Museo Fortaleza San Paio de Narla en Friol os programas de actividades
Museo Pazo de Tor
26
escolares dos museos integrados na Rede da Deputación para o curso
2019-2020.
A Rede Museística Provincial, dependente da área de Cultura da Deputación
de Lugo, a través dos departamentos de didáctica dos catro museos que a
integran (Museo Provincial de Lugo, Museo Fortaleza San Paio de Narla,
Museo Provincial do Mar e Museo Pazo de Tor) pon a disposición dos
centros escolares a súa programación para o curso escolar 2019 / 2020 e,
como sempre, co obxectivo de fomentar o achegamento do alumnado ao
patrimonio conservado nos nosos museos.
PROGRAMA ESPECÍFICO MUSEO PAZO DE TOR – REDE MUSEÍSITICA
Museo Pazo de Tor
27
4.2 OBRADOIROS DE VERÁN
VERÁN (2019) NA REDE MUSEÍSTICA: Museo Pazo de Tor
Este verán de 2019 mudamos a proposta, que non a filosofía, da nosa
oferta de actividades e obradoiros para os máis pequenos. Cada un dos
catro museos que compoñen a Rede Museística da Deputación de Lugo
conta cun programa continuado de actividades moi variadas, sempre
lúdicas, que se irán sucedendo ao longo dos días establecidos para cada
quenda e cuxo obxectivo prioritario é achegar os asistentes ás fontes
primarias de coñecemento para APRENDER a SER, a FACER, a
COÑECER e a VIVIR COMPARTINDO.
Chamámoslles campamentos porque nos xuntamos para “acampar”, neste
caso nos museos. Acampar no sentido de compartir e colaborar na procura
dun obxectivo común: a experiencia e a motivación que nos poden ofrecer os
múltiples e variados contidos destes catro museos: O Museo Provincial de
Lugo (cidade de Lugo), o Museo Fortaleza San Paio de Narla (Friol), O Museo
Provincial do Mar (San Cibrao, Cervo) e o Museo Pazo de Tor (Monforte de
Lemos).
A intención, ademais de adquirir coñecementos, é promover a convivencia
nestes espazos con tan importante legado histórico, lugares que convidan a
coñecer e crear (imaxinar) desde as ciencias, artes e técnicas artísticas ou
arqueolóxicas, sempre desde parámetros de igualdade, interdisciplinariedade
e sostibilidade.
Museo Pazo de Tor
28
As distintas actividades a realizar serán impartidas exclusivamente por
profesionais dos museos da Rede Museística da Deputación de Lugo.
CAMPAMENTOS
Idades: de 4 a 12 anos e membros do
Club Pequeamig@s.
Prazas: 12 para cada quenda.
Horario: de 11:00 a 14:00h.
Quendas
1º.-quenda: do 9 ao 12 de xullo.
2º.-quenda: do 27 ao 30 de agosto.
Inscricións
Foi mediante o formulario específico no Departamento de Didáctica do
Museo Pazo de Tor os días, 25, 26 e 27 de xuño.
Comunicación admitidos: O día 1 de xullo comunicarase a listaxe de
admitidos.
A acollida de inscritos foi un éxito completándose a totalidade de
prazas para os 4 días de campamento na primeira quenda, esperando
que se repita a boa acollida da proposta de actividades do campamento
por parte de nais e país e por supostos dos usuarios principais as
nenas e nenos
Museo Pazo de Tor
29
Foron un total de 3 actividades: dúas xornadas para o campamento de
arqueoloxía cunha proxección de información dídáctica ao respecto e
na que se levaron a cabo prospeccións e extracións de obxectos e
fragmentos de diversos materiais, seguidamente as/os nenas/os
levaron a cabo traballos de gabinete en canto a catalogación
reconstrucción e argumentación dos diferentes achadegos para logo
facer unha interpretación dos achádegos e posibles criterios
expositicos de carácter museolóxicos. Esta actividade foi levada a cabo
por Enrique Alcorta, Responsable do Departamento de Arqueoloxía da
Rede Museística Provincial de Lugo.
Museo Pazo de Tor
30
Unha xornada para a visita-actividade “A fauna no Museo
Pazo de Tor e a última actividade “Un día de labores nun
Pazo” actividade que contou cun obradoiro de prantación
e recolección nas mini-hortas do Pazo e a elaboración do
Pan en forno de leña do Pazo.
Museo Pazo de Tor
31
ACTIVIDADES PARA O CLUB SÉNIOR
»Álbum de Memoria
Data: 13 de agosto.
Horario: De 11:00 a 13:00h.
ACTIVIDADES PARA O CLUB EI!
»Todos os camiños levan a Tor
Animamos a membros do Club Ei! e a mozas e mozos interesados a participar
nesta iniciativa coa que vos propoñemos coñecer os fondos do Museo Pazo
de Tor. Abonda con que vos acheguedes ao Museo e o solicitedes.
Así, ademais de apoiarmos a
declaración da Ribeira Sacra
como Patrimonio da Humanidade,
chamamos a atención sobre a
necesidade de dar visibilidade ao
noso patrimonio e dámos
continuidade ao proxecto
deseñado por Antonella Sturla
(Buenos Aires) e Tatiana
Fernández (Lugo) que realizaron
as prácticas na Rede Museística
baixo o título “Todos los caminos
llegan a Tor”.
Se te animas, fáinolo saber. Se
investigas sobre os fondos do
Pazo de Tor, podemos “dar
visibilidade” ao teu esforzo a
través da web da Rede Museística
da Deputación de Lugo.
Museo Pazo de Tor
32
Actividade contra a violencia machista: 26 de novembro de 2019
As amigas e amigos da
Residencia de Maiores de
Monforte, logo de realizar
a visita- obradoiro,
procederon á apertura do
"Libro de Sinaturas contra
a violencia de Xénero e a
opresión dos discursos
de poder". Dende o 26 de
Novembro de 2019 ao 24
de Novembro de 2020
estará exposto e a
disposición das visitas
para que podan expresar
os seus desexos. Porque
a violencia e a opresión son crimes persistentes para que no 2020 se acade o obxetivo:
Violencia Cero.
Museo Pazo de Tor
33
4.3 ACTIVIDADES DE NADAL 2019 -
MUSEO PAZO DE TOR REDE MUSEÍSITICA
NECESIDADES URXENTES – OBXECTIVOS DE DESENRROLO
SOSTIBEL
ALIANZAS PARA LOGRAR OS OBXECTIVOS
ACTIVIDADE: As tarefas nun museo. Un xogo ben divertido e reflexivo.
Hoxe toca catalogar!
O fin dos museos e polo tanto os compromisos que adquiren foron
mudando ao longo do tempo. Na actualidade a nova museoloxía está a
repensar os discursos sobre as propias institucións e as súas coleccións,
en canto as coleccións compre salientar que os seus catálogos son
revisados periódicamente.
Metodoloxía: Ben pois mans a obra! A poner o mandil e imos
darlle un repaso as coleccións do Pazo e adicarémonos a
recatalagor algúnhas pezas nos apartados dos 17 obxectivos
sostíbles de Nacións Unidas
Nova actividade.
DESCRIPCIÓN / PROCEDEMENTO.
Museo Pazo de Tor
34
Nenxs e monitores reuniranse nunha sala para explicar por medio de
preguntas e aclaracións as definicións e funcións dos museos, o seus
cometidos.
Explicar que estamos nun deles e que ten que cumplir as diferentes
funcións definidas.
Dentro dos obxectivos dos propios museos falaremos dos obxectivos
que nos son comúns a nivel global e compre empezar actuar ao respecto
partindo dese momento coa reflexión sobre os 17 Obxectivos da axenda
de NU 2020/2030. Procederase a repartir as cartulinas cos 17 obxectivos
Seguidamente pasaremos a práctica, poñendo cada un seu mandilón e
se fará entrega de diferentes fichas de catalogación das diferentes pezas
previamente escolleitas que están no museo e que escollerán por
votación. Reflexionaremos sobre elas.
Museo Pazo de Tor
35
Un vez dentro do Pazo o monitor fará unha breve intro recordando onde
que estamos nun museo falando da benefactora. O monitor guiará cara
as diferentes obras escolleitas. Fronte a obra colectivamente trataremos
de atribuir a un obxectivo ou obxectivos que creemos que pode
transmiter e así incluílo no catálogo.
Unha vez rematado o percorrido
catalogando as pezas da colección
regresaremos a aula para
depositar o material
(mandilóns) e cada
neno levará e falará da
recén catalogada e que
cousas ve
distintas a antes e despois
de catalogala
Data: 28/12/2019
Horairo: de 11:00h a 12:30h
Idades: de 6 a 14 anos
(orientativas)
Museo Pazo de Tor
36
ACCIÓN URXENTE – VIDA DE ECOSISTEMAS TERRESTRES
Obradoiro que non sería posible se non fose polas abellas, as cales lles temos moito
que agradecer e comprobaremos o porqué.
ACTIVIDADE: A Luminaria en Tor. Entre luz e fusco a luz da candea.
A sensación espacial dos interiores e exteriores do Pazo á noitiña, non
fai moito eran ben diferentes. O xeito de iluminar estes espazos mudou
ben! Velas, candís, quinqués de gas, carburo ou lámpadas de aceite…
proxectaban sombras e arumes que lle conferían unha
sensación espacial máxica e misteriosa. Es tes obxectos,
hoxe pezas de museo, rememoran fórmulas prácticas e
enxeñosas para
a época e tamén
nos falan da
historia da
humanidade.
Demos luz ao
asunto
repasando as diferentes fórmulas de iluminación, para levarmos a
práctica algunhas delas.
Data: 21/12/2019
Horario: de 11:00h a 12:30h
Idades: de 6 a 14 anos (orientativas)
Museo Pazo de Tor
37
ACTIVIDADE: As tarefas nun museo. Un xogo ben divertido e reflexivo.
Hoxe toca catalogar!
O fin dos museos e polo tanto os compromisos que adquiren foron
mudando ao longo do tempo. Na actualidade a nova museoloxía está a
repensar os discursos sobre as propias institucións e as súas coleccións,
en canto as coleccións compre salientar que os seus catálogos son
revisados periódicamente.
Metodoloxía: Ben pois mans a obra! A poner o mandil e imos darlle un
repaso as coleccións do Pazo e adicarémonos a recatalagor algúnhas
pezas nos apartados dos 17 obxectivos sostíbles de Nacións Unidas
Nova actividade.
DESCRIPCIÓN / PROCEDEMENTO.
Nenxs e monitores reuniranse nunha sala para explicar por medio de
preguntas e aclaracións as definicións e funcións dos museos, o seus
cometidos.
Explicar que estamos nun deles e que ten que cumplir as diferentes
funcións definidas.
Dentro dos obxectivos
dos propios museos
falaremos dos
obxectivos que nos son
comúns a nivel global e
compre empezar actuar
ao respecto partindo
dese momento coa
reflexión sobre os 17
Obxectivos da axenda
de NU 2020/2030.
Procederase a repartir as cartulinas cos 17 obxectivos repasando cada
un deles
Museo Pazo de Tor
38
Seguidamente pasaremos a práctica, poñendo cada un seu mandilón e
se fará entrega de diferentes fichas de catalogación das diferentes pezas
previamente escolleitas que están no museo e que escollerán por
votación. Reflexionaremos sobre elas.
Un vez dentro do Pazo o monitor fará unha breve intro recordando onde
que estamos nun museo falando da benefactora. O monitor guiará cara
as diferentes obras escolleitas. Fronte a obra colectivamente trataremos
de atribuir a un obxectivo ou obxectivos que creemos que pode
transmiter e así incluílo no catálogo.
Unha vez rematado o percorrido catalogando as pezas da colección
regresaremos a aula para depositar o material (mandilóns) e cada neno
levará e falará da súa ficha de colección recén catalogada e que cousas
ve distintas a antes e despois de catalogala.
Data: 28/12/2019
Horario: de 11:00h a 12:30h
Idades: de 6 a 14 anos (orientativas)
Museo Pazo de Tor
39
Exemplo de ficha para a actividade ODS. Axenda 2020 – 2030.
Museo Pazo de Tor
40
5. PROGRAMA DE ACCIÓN CULTURAL
17 DE MAIO: DÍA DAS LETRAS GALEGAS
O historiador, investigador e profesor Antón Fraguas Fraguas é o personaxe
escollido pola RAG neste 2019 para homenaxear no Día das Letras
Galegas. Naceu en Cotobade, 1905 e faleceu en Santiago de Compostela
de1999. Foi director e presidente do Museo do Pobo Galego, fundador da
Sociedade de Lingua, membro das Irmandades da Fala e do Seminario de
Estudos Galegos.
»Escénicas en Rede
Actividades de danza, teatro, artes plásticas que se realizan en colaboración
con colectivos externos e que se desenvolven en distintas sedes, dentro e
fóra do propio museo. Os días 13, 20 e 27 de maio realizaranse actividades
no Centro Ágora, de Monforte, co colectivo ACADAR.
VISITAS GUIADAS
»Musalinguas
Visitas dialogadas a diferentes salas deste Museo. Un modo de
comunicación e intercambio de saberes e experiencias entre o guía e os
visitantes, tendo en conta ás súas linguas e culturas.
Duración da visita: 1 hora.
Museo Pazo de Tor
41
Todos os días, entre o 14 e o 19 de maio, ás 11:00h.
EXPOSICIÓNS
Exposición: A muller do século XXI. Mans Unidas (do 8 ao 30 de maio).
Exposición: Bruxa! Libres, rebeldes, insubmisas (do 8 de maio ao 9 de
xuño).
O Museo Pazo de Tor durante a semana das letras galegas, preparou un
guión especial para as vistias. O Cuarto de Estar como punto de intrahistoria
do Pazo, onde cada mércores se celebraba o encontro de poesía e os recitáis
nos que asiduamente participaban Manuel María, Uxío Novoneyra.
Os museos da Rede Museística da Deputación de Lugo sumámonos á
celebración do Día de Rosalía de Castro o
próximo domingo, 24 de febreiro, data que
coincide coa de aniversario de nacemento da
ilustre escritora.
A celebración consiste en que cada visitante que
se achegue a algún dos 4 museos da Rede
Museísitica Provincial de Lugo ou sala de
exposicións recibirá de agasallo (ata fin de
existencias) unha lámina da autoría de Noemí
López e unha rosa.
Museo Pazo de Tor
42
A lámina de agasallo é da autoría de Noemí López, está inspirada no poema
31 do libro Cantares Gallegos de Rosalía.
5.2 O ENTROIDO.
Como é ben sabido o Entroido ten moito arraigo
na comarca de Lemos, sendo estas últimas
décadas moi fructíferas na recuperación desta
tradición anterga e singular en cada lugar; grazas
ao esforzo por manter unha tradición que é parte
da nosa cultura e é un lazo vivo interxeracional.
Se na ribeira de chantada están os volantes, na
Pobra do Brollón o Oso, en Monforte, sempre
houbo moito esmero nos compadres e comadres,
coma sempre... non queda títere con cabeza
como se di :-D
Museo Pazo de Tor
43
Este ano a temática escollida foi de corte medieval tendo como episodio
histórico a famosa Batalla de Campo Ramiro, suceso cun esceario aínda non
moi claro nas proximidades de Chantada no lugar de Castro Candaz a beira
do Miño. Sendo na actualidade un lugar moi concurrido por mor dos restos
constructivos que emerxen do río cando baixa o encoro, a liña argumental de
tal relación está na suposta participación con resultado victorioso para os
Museo Pazo de Tor
44
locais contra os normandos no século X, as principais familias da zona entre
eles os Garza de Tor se lles supón a participación en tal batalla.
Debido ao fenómeno tv payperview de “Juego de Tronos” recreouse unha
paradoio sobre tal evento con certos guiños, un pouco retranqueiras sobre a
serie onde parece que logo da batalla os de Moreda non saíron moi ben
parados cos de Tor
Nesta iniciativa tratouse de manter os elementos tradicionais de compadres e
comadres da Comarca. Estes terán un carácter burlesco, facendo referencias
a fenómenos ou noticias de certa envergadura e trasladalas de xeito local a
lugares ou oficios ou mesmo persoeiros coñecidos.
DE MUSEO A MUSEO: ROTEIROS DA REDE MUSEÍSTICA
» Roteiro do Museo Provincial do Mar ao Pazo de Tor
» Roteiro do Museo Provincial do Mar ao Museo Provincial de Lugo
» Roteiro do Museo Provincial do Mar ao Pazo de Tor
» Roteiro do Museo-Fortaleza San Paio de Narla ao Museo Provincial do Mar
» Roteiro do Museo Provincial do Mar ao Museo-Fortaleza San Paio de Narla
Museo Pazo de Tor
45
I TORNEO DE XADREZ MUSEO PAZO DE TOR
SÁBADO 27 DE XULLO 2019
Dentro do programa de actividades e obradoiros de verán que ven
desenvolvendo a Rede Museística Provincial de Lugo xunto co Terceiro
Sector, o Museo Pazo de Tor acolle este sábado 27 de xullo a celebración dun
torneo de Xadrez en colaboración coa Asociación
Galega de Axedrecistas. Serán preto de 30
participantes de todas as edades e categorías. O
propósito do torneo é facermos comunidade e
difundir o patrimonio moble cunha pequena
exposición das mesiñas de xadrez antigas que ten
este museo, e tamén promover un deporte que
formou parte da historia lúdica dun pazo que tiña un
dos seus salóns adicados ao xogo, una actividade
que non hai tanto era propia das clases aristocráticas.
Museo Pazo de Tor
46
6. MUSEOLOXÍA SOCIAL
Programa de visitas, adaptadas para capacidades diferentes.
Tamén se mantén contacto con diferentes entidades de servizos
socias e especialmente con xeriatros para a oferta de talleres
adaptados e con carácter interxeracional.
Museo Pazo de Tor
47
Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller
O Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller
celébrase en todo o mundo o 25 de novembro, data sinalada pola NU
para chamar a atención sobre a discriminación e a desigualdade por
razón de xénero. Os museos da Rede Museística da Deputación de
Lugo conmemoran esta data reivindicativa cun programa de
actividades nos 4 museos da Rede.
Museo Pazo de Tor
48
O Museo Pazo de Tor fixoo coa
colaboración de Residencia de
Maiores de Monforte, logo de realizar
a visita- obradoiro, procedemos á
apertura do "Libro de Sinaturas contra
a violencia de Xénero e a opresión
dos discursos de poder". Dende o 26
de Novembro de 2019 ao 24 de
Novembro de 2020 estará exposto e a
disposición das visitas para que
podan expresar os seus desexos.
Porque a violencia e a opresión son
crimes persistentes para que no 2020
se acade o obxetivo: Violencia Cero.
Museo Pazo de Tor
49
7. DÍA INTERNACIONAL DOS MUSEOS
7.1 DÍA INTERNACIONAL DOS MUSEOS – SEMANA DOS
MUSEOS 2019
Día Internacional dos Museos 2019. Os museos como eixos
culturais: o futuro das tradicións
Este ano o tema escollido para o Día Internacional dos Museos (DIM)
2019 é “Os Museos como eixos culturais: o futuro das tradicións”, que
encaixa á perfección coas teimas museolóxicas da Rede Museística
Provincial de Lugo.
O Pazo de Tor esforzase por enfrentar os desafíos da sociedade actual
de maneira proactiva. Como institución situada no corazón da súa
comunidade, rescataremos tradicións que terán novos significados para
as xeracións futuras e relevancia para un público global cada vez máis
diverso.
Actividades no Museo Pazo de Tor: 14-18 de maio de 2019
Ao longo da semana veremos outras caras menos coñecidas do Museo
Pazo de Tor que nos conectan con certas tradicións. Invitámosvos a que
Museo Pazo de Tor
50
veñades participar nas seguintes actividades deseñadas para todos os
públicos, cativos e maiores (Clube Pequeamigos, Clube Ei! e Clube
Sénior) para lembrar algunhas tradicións ou as aprender.
OPORTUNIDADE ÚNICA!!!
Sodes moita xente a que leva tempo agardando a restauración da planta
baixa do Pazo de Tor, a mesma xente que se pregunta se algún día a
poderá visitar. Pois esta semana é a vosa oportunidade… Por primeira
vez na historia deste museo, e de forma excepcional, o Pazo de Tor abre
as portas de varias estancias destinadas hai moito tempo ao servizo
doméstico dos señores.
-Falamos da antiga BODEGA DE DIARIO e da SALA do SALGADOIRO.
Nelas poderedes ver o espazo que ocupaba a bodega, coas estruturas
de madeira orixinais para dispor as pipas de viño, e un enorme
salgadoiro de Chopo Negro para salgar a carne de porco despois da
matanza.
-Nunca se mostraran os TRILLOS e os FORNOS e outros uteis
relacionados co mundo do pan. Agora poderedes desfrutar dunha visita
a eses fornos de leña, poderedes ver dous trillos espectaculares, e
aprenderedes como se facían estes aperos con madeira e lascas de
pedra, como se trillaba o trigo para despois facer a fariña e cocer o pan.
-Cando visitades o primeiro andar do Pazo, sempre vos fixades nas
cornamentas dos cervos e pelexos que alfombran os salóns. Pois resulta
que o Pazo de Tor contaba cun COMEDOR exclusivo para os
CAZADORES. Na planta baixa do edificio, temos descuberto hai pouco
uns MURAIS con motivos decorativos relacionados co mundo da caza
que adornaban esta estancia.
Museo Pazo de Tor
51
Museo Pazo de Tor
52
8. PROGRAMA EXPOSITIVO.
8.1EXPOSICIÓN: UN DE CEN: Comprendendo o Espectro
Con motivo do DÍA MUNDIAL da CONCIECIACIÓN do AUTISMO vai ter
lugar no Refectorio do MPlugo o luns, 1 de maio, ás 13:00h., o acto de
inauguración da mostra “UN DE CEN: Comprendendo o Espectro”,
mostra que se vai poder ver tamén nos demais museos da Rede
Museística Provincial.
No mesmo acto, promovido pola Federación Autismo Galicia, presentarase o
proxecto co mesmo nome que se leva a diante en colaboración coa
Universidade de Santiago de Compostela. Intervirán no acto o presidente da
Deputación de Lugo, don Darío Campos Conde e a presidenta da Federación
Autismo Galicia, dona María José Álvarez Folgar.
O proxecto “UN DE CEN: Comprendendo o Espectro” é o resultado da
colaboración entre a Universidade de Santiago de Compostela e a Federación
Autismo Galicia. A mostra propón afianzar o potencial creativo das persoas
con Tea (Trastorno do Espectro do Autismo). Cada unha das obras é o
Museo Pazo de Tor
53
resultado da participación das distintas entidades que conforman a
Federación Autismo Galicia, coa que pretendemos xerar un mirada renovada
e empática cara ao colectivo.
A mostra consta de máis de 35 obras individuais e corais inspiradas nas
manifestacións artísticas máis actuais. A visión xeral é que as persoas con
TEA presentan unha baixa fluidez nas tarefas de pensamento diverxente. Con
todo, xeran un alto número de respostas fóra do usual nas mesmas tarefas de
pensamento diverxente. A xeración de novas ideas é un requisito para
calquera resolución creativa polo que pode considerarse unha avantaxe
adaptativa asociada aos trazos autísticos. Con esta mostra queremos facer
visibles estas capacidades, e ampliar a visión xeral que existe sobre as
aptitudes das persoas con TEA.
Museo Pazo de Tor
54
8.2 EXPOSICIÓN: Conversas, de Sabela Arias Castro
Inauguración: xoves, 11 de abril, ás 20:00h. Sala Multiusos do MPLugo.
EXPOSICIÓN: Conversas, de Sabela Arias Castro
Mostra integrada no proxecto expositivo “EU… TI… ELAS…
NOSOUTRAS… NOSOUTRXS EN REDE 2019”, repartida polos catro
museos da Rede Museística Provincial do 11 ao 30 de abril de 2019.
EXPOSICIONS INDIVIDUAIS
-2011
-"Paisaje cotidiano" Sala de exposiciones Multiusos A Xunqueira,
septiembre, catálogo, Redondela, Pontevedra
- "Habitación ocupada" intervención del espacio, Museo Pazo de Tor, Red
Museística Provincial, agosto, Tor, Lugo
- "Paseo por la playa" audiovisual y pintura, Museo del Mar, Red Museística
Provincial, agosto, San Cibrao, Lugo
- "Musas" intervención, Museo-Fortaleza San Paio-Narla, Red Museística
Provincial, agosto, San Paio-Narla, Lugo
Museo Pazo de Tor
55
8.3 EXPOSICIÓN: BRUXA! Libres, rebeldes, insubmisas, de Viki Rivadulla
Inauguración: Mércores, 8 de maio de 2019, 20:00h.
Actuación musical: Fabiola García Rangel "Canto latinoamericano de muller"
Datas: Desde o 8 de maio ao 9 de xuño de 2019.
Organiza: Rede Museística Provincial.
Lugar: Refectorio do MPLugo e Museos da Rede Museística Provincial
Museo Pazo de Tor, Monforte (+horario de visitas)
Viki Rivadulla ( A Coruña 1964)
É pintora e escultora autodidacta .
Tamén é artesá bonequeira ( obtivo a carta
de artesá no ano 2002).
Ten experiencia docente tanto no campo
da filosofía (traballou como profesora de
Filosofía e Historia Contemporánea na
Academia Aula Nosa da Coruña e como
profesora de Técnicas de Estudio e Clases
de Apoio para alumnos do IES Ramón
Caamaño de Muxía) coma na artesanía
(dou numerosos cursos de modelado e
bonequería, sobre todo para nenos/as).
Actualmente é técnica de cultura do Concello de Muxía.
Museo Pazo de Tor
56
EXPOSICIÓN: O poder da presenza. Eliminando os límites autoimpostos
Esta exposición amosa obra das galegas Ana Kala, Luz Darriba, Mónica
Alonso, Nuria Lago, Paula Noya, Reme Remedios, Ruth Lodeiro, Ruth Montiel
Arias, Yolanda Dorda e Xisela Franco, as asturianas Emma Fernández
Granada e Natalia Pastor, e as castelán-leonesas Mariña Núñez e Yolanda
Santamaría.
Tivo lugar na Sala de Exposicións Pazo de San Marcos (sede da Deputación
de Lugo).
Inauguración: 31 de outubro ás 20.00 h.
Desde o 31 de outubro ao 18 de decembro de 2019
Parte das obras están expostas no Museo Fortaleza San Paio de Narla,
Museo Provincial do Mar e Museo Pazo de Tor.
Comisariado: Mujeres Mirando Mujeres
Patrocina: Deputación Provincial de Lugo. Rede Museística de Lugo.
Organiza: Arte a un Click
Horario de visitas
Luns a venres: 11:00 a 14 e de 17:30 a 20:30 h.
Sábados: 10:30 a 14 e de 16:30 a 20 h.
Domingos e festivos: 11 a 14 h.
Entrada gratuíta
Ademais de na Sala de Exposicións do Pazo de San Marcos, a exposición
estenderase a todos os museos da Rede Museística Provincial de Lugo. Así,
poderá verse a obra de Natalia Pastor no Museo Provincial de Lugo, de Reme
Remedios no Museo Fortaleza San Paio de Narla, de Ruth Lodeiro no Museo
Provincial do Mar, e de Xisela Franco, no Museo Pazo de Tor. Nestes casos,
farase unha relectura das obras para xerar un diálogo reivindicativo e natural
coas obras dos propios museos.
O PODER DA PRESENZA. ELIMINANDO OS LÍMITES AUTOIMPOSTOS
A segunda edición do PODER DA PRESENZA de Mujeres Mirando Mujeres.
ELIMINANDO OS LÍMITES AUTOIMPOSTOS, organizada por Arte a un Click
e comisariada por Mujeres Mirando Mujeres, foi convidada pola Deputación
Provincial de Lugo como parte da súa programación cultural, sumándose así
Museo Pazo de Tor
57
ao proxecto da Rede EU... TI... ELAS... NOSOUTRAS, NOSOUTRXS EN
REDE".
A mostra puidose visitar na Sala de Exposicións do Pazo de San Marcos da
Deputación Provincial de Lugo e estenderase a toda a Rede Museística de
Lugo. Unha edición marcada por unha profunda análise e unha ampla
presenza de artistas galegas.
14 artistas, procedentes de Galicia, Asturias, Cantabria e Castela e León,
presentadas nas distintas edicións de Mujeres Mirando Mujeres por xestoras
culturais mostraron os seus traballos nesta segunda edición de “O poder da
presenza”.
Mujeres Mirando Mujeres é un proxecto de arte e xénero que celebrou xa a
súa V edición, cuxo obxectivo é poñer en valor e dar visibilidade ao traballo
de mulleres artistas e axentes de arte. Con “O poder da Presenza. Eliminando
os límites autoimpostos” dá continuidade ao proxecto expositivo iniciado o ano
pasado dando o salto do plano virtual ao espazo físico.
Seguindo o ronsel desa primeira edición na que se presentou o traballo de
artistas, xestoras e comunicadoras das tres primeiras edicións de “Mujeres
Mirando Mujeres”, presentaranse, nesta ocasión, o traballo de 14 artistas
procedentes de Galicia, Asturias, Castela e León e Cantabria, participantes
nas cinco primeiras edicións de MMM.
Os traballos das artistas que aquí se expoñen tratan de cuestionar, utilizando
a arte como unha ferramenta de cambio e reflexión, os lugares aos que a
muller foi relegada, mesmo dunha forma autoimposta, como consecuencia do
Museo Pazo de Tor
58
sistema patriarcal. Estas obras falan dos cambios que se están producindo na
actualidade, da eliminación deses límites autoimpostos, de novas formas de
interacción, das batallas que se libran no ámbito do feminino de forma externa
pero tamén interna, cuestionando o discurso de dominación heteropatriarcal.
Premio Luisa Pita Galería de Arte
A galería de arte Luisa Pita quixo sumarse ao evento patrocinando o premio
que levará o seu nome. Unha das artistas será seleccionada para expoñer de
forma individual na galería Luisa Pita de Santiago de Compostela en 2020 con
apoio e difusión de Mujeres Mirando Mujeres.
O xurado encargado da selección estará composto por Luisa Pita (directora
da galería Luisa Pita de Santiago de Compostela), Adriana Pazos Ottón e Mila
Abadía (Mujeres Mirando Mujeres), Encarna Lago (xestora da Rede
Museística Provincial de Lugo) e Paula Cabaleiro (comisaria).
Artistas participantes
Ana Kala (fotografía) presentada por Doll Ida.
Emma Fernández Selecta (fotografía) presentada por Patricia Acal.
Luz Darriba (instalación) presentada por Pilar Sánchez.
Mariña Núñez (vídeo) presentada por Mariña Fertré.
Mónica Alonso (debuxo) presentada por Adriana Pazos Ottón.
Natalia Pastor (debuxo) presentada por Susana Carro.
Nuria Lago (pintura) presentada por Elena Bangueses.
Paula Noya (instalación) presentada por Paula Cabaleiro.
Reme Remedios (debuxo e pintura) presentada por Pilar Bonet.
Ruth Lodeiro (instalación) presentada por Sara Pérez Belo.
Ruth Montiel Arias (vídeo) presentada por Audrey García.
Yolanda Dorda (pintura) presentada por Luisa Pita.
Yolanda Santamaría (pintura) presentada por Montaña Furtado.
Xisela Franco (vídeo) presentada por Elena Bangueses.
Museo Pazo de Tor
59
EXPOSICIÓN: Rafael Úbeda. Cromatismo expresivo
Inauguración: martes, 1 de outubro de 2019, 20:00h.
Datas: Desde o 1 de outubro ao 8 de decembro de 2019.
ÚBEDA, CROMATISMO MELÓDICO
Desde a experiencia que lle proporciona a súa continuada e sólida
posición como artista, Rafael Úbeda encóntrase, actualmente, nunha
etapa na que afronta a creación, trazando unha realidade nunca
vista, inmerso no seu particular mundo plástico sonoro, de atrevidas
sucesións de formas, equilibrios e contorsións. O propio pintor expresou
nalgunha ocasión: “ … a miña pintura camiña cara a unha continuada
síntese; eu diría cara á máxima esencia, pero sen desbotar a figuración,
por moi deformada que a presente, pois sinto viva necesidade desa
tensión que a propia vida nos ofrece, xa que a nosa máis enérxica
obsesión nos
despraza – antes que
nada - ao noso eu,
con todas as súas
manifestacións,
alegres ou
dramáticas.
Interésame o
dinamismo, a
procura de novas
formas, o ritmo e a
modalidade que
constitúen “esencia”,
as sucesivas
improntas de cor ben
marcadas, para conseguir ese difícil resultado expresivo”....
Pilar Corredoira. Historiadora de Arte Contemporánea
CROMATISMO EXPRESIVO
Museo Pazo de Tor
60
EXPOSICIÓN: Rastro material. Aprender do arquivo (Notas para a
construción dun arquivo de Ephemera), de Silvia García González
(do 5 de decembro de 2019 ao 26 de xaneiro de 2020)
Nesta exposición os libros de
artista, como
artefactos, dialogan cos
espazos domésticos do Pazo
de Tor, nos que podemos ler
os rastros de outras vidas,
obxectos que foron herdados
e colocados na escenografía
sentimental e simbólica que
todos imos construíndo ao
longo da vida.
Que papeis gardamos? notas, listas, papeliños, todo ese material
efémero fala de nós.
Os ephemera no ámbito dos arquivos alude a aqueles documentos que
non foron creados para perdurar (e niso distínguense dos libros e os
documentos administrativos).
Na casa dos meus pais, había unha carpetiña de cartón que gardaba
todo o rastro material do meu avó paterno. A súa vida legal estaba
recollida nesa carpeta de cartón. Os papeis que gardamos son, sobre
todo, os papeis que a sociedade nos obriga a gardar, papeis que teñen
que ver co rexistro da nosa identidade, coas propiedades herdadas, cos
estudos, con trámites administrativos. Nesa carpeta, no medio dos
papeis importantes, aparecían como intrusos pequenos rastros do
cotián, modestas listas da compra nas que se apuntaban os víveres que
precisaba un pequeno barco de baixura que faenaba na costa de
Portugal.
Esta cuestión acerca dos papeis e o rastro material espertou o meu
interese cando me decatei que na nosa sociedade tiramos moitos rastros
do pasado, porque non teñen "valor" porque non son xoias nin vaixelas
fermosas. O prezo do metro cadrado da vivenda fai que haxa unha
verdadeira praga de bibliotecas desfeitas (algunhas acaban en
contedores). Non é so pola falta de espazo, parece que todo está na
"nube" que todo está dixitalizado, e o feito de tocar e manipular os libros
e os papeis como obxectos físicos converteuse en algo secundario.
Silvia García González. Universidade de Vigo
Museo Pazo de Tor
61
9. CONGRESOS.
O VI Congreso Xéneros, Museos, Arte e Educación (celebrado en Lugo 9, 10
e 11 de maio 2019)1, partindo do recollido polo MDPP do ICOM en decembro
de 2018, centrou a súa temática na “redefinición actual de museo”.
Organizado pola Rede Museística Provincial de Lugo e xa a súa sexta edición,
o Congreso propúxose como o foro idóneo no que iniciar o proceso de
reinterpretación, revisión, reescritura e reformulación da definición actual de
museo; aportando innovación e implementando a perspectiva de xénero. O fin
do mesmo perseguía a creación dunha ferramenta de traballo válida,
transparente, igualitaria de recomendacións efectivas para facer da definición
e dos museos espazos reais de igualdade, colaboración e compromiso coa
sociedade. Seguindo ditas premisas, e co fin de proporcionar dita ferramenta
ás Administracións e Organismos que velan polos mesmos, realízase este
informe.
Museo Pazo de Tor
62
Un foro dirixido a profesionais dos Museos O VI Congreso Xéneros, Museos,
Arte e Educación estivo dirixido a persoas que; xa desde o exercicio
profesional, da investigación ou a formación, xa por interese e participación
social sentíranse atraídas polas ciencias e disciplinas que conflúen na
temática do congreso: museoloxía, museografía, deseño, xestión cultural e
patrimonial, historia, arqueoloxía, restauración de bens culturais... e a todos
aqueles grupos de investigación, empresas e institucións que desenvolven a
súa labor no ámbito da musealización e/ou posta en valor do Patrimonio
Cultural.
Un novo formato novidoso e participativo Co fin de proporcionar un verdadeiro
foro de debate activo, o VI Congreso Xéneros, Museos, Arte e Educación,
cambiou o seu formato e organizouse en Mesas de Traballo nas que se
agruparon xs participantes. Estas, paralelas e simultáneas, promoveron o
diálogo e implementaron a participación dxs persoas asistentes de xeito
guiado, coherente e crítico de cara analizar os temas específicos
encomendados. O principal obxectivo era o de obter conclusións que se
concretasen en directrices, recomendacións ou suxerencias reunidas nas
Sesións Plenarias asociadas e que conforman o presente documento.
A segunda xornada desenvolveuse no Museo Pazo de Tor creándose as
seguintes mesas de traballo e abranguendo a seguintes temáticas
Museo Pazo de Tor
63
Mesa de Traballo 2 Observando a semente II Museo Pazo de Tor
10/5 11-12h O VI Congreso de Xéneros, Arte, Museos e Educación
seguindo o enunciado instou, nesta segunda mesa de traballo, a reflexionar
sobre a construción da igualdade e en igualdade; debendo xs profesionais
aproximarse aos seguintes temas e contestar, en base a estes, as preguntas
cara a unha igualdade real desde os diferentes departamentos e funcións dos
museos. Preguntas chave: Que poido facer eu? O eu individual, o eu
profesional? O museo como institución, pode fomentar o cambio social?
Recollido o desenvolvemento de cada un dos grupos e lido polxs
representantes na Sesión Plenaria conxunta, a maioría dxs profesionais
coinciden en: Ante a pregunta Que poido facer eu? a. Incorporar a linguaxe
de xénero, inclusiva, subliñando o feito de que: “ Nomear é existir, é definir; e
o que non se nomea non se define e non existe ”. b. “ Incorporarnos á Historia
-ao relato- xa !”. Os museos deben ser sostíbeis, ofrecer referentes, ser
feministas e chegar á sociedade. c. Apostan polo activismo e as actitudes
proactivas; subliñando a importancia da incorporación destas actitudes, as
persoais, á colectividade como aportación á institución. “ Tenemos que hacer
lo que sea y además tenemos que hacerlo como sea. Tenemos que
empoderarnos nosotras, porque las instituciones no van a hacerlo ”, Margarita
Sala. d. Son conscientes da lentitude institucional e das dificultades ou
Museo Pazo de Tor
64
barreiras inherentes ao fin marcado e propio espírito feminista: as primeiras
relativas á frustración ou o cansancio pola falta de implicación institucional e/o
do propio persoal dos museos, xs nosxs compañeirxs e as segundas as
propias para o empoderamento persoal e colectivo; polo que subliñan a
importancia de perseverar e de buscar motivacións. Ante a pregunta O eu
individual, o eu profesional? a. Subliñan que serán as actitudes proactivas e o
activismo as que xerarán e/ou implementarán o deseño de estratexias e
planos que contemplen a perspectiva de xénero de forma sistemática e cotiá
dentro da institución. b. Inciden en que a acción individual pode fomentar o
cambio institucional a través da visibilización do conflito e a apertura do debate
colectivo. c. Subliñan a importancia do papel individual e colectivo do
Director/a. Esta figura que; debería evitar a inxerencia superior -cargos e
políticas institucionais- e o anquilosamento inferior -dos diferentes
departamentos e o seu persoal; ten a potestade de establecer unha liña clara
de actuación, marcado e definindo un camiño a seguir que en cuestión de
xéneros e inclusión debería non ter retroceso posible. Ante a pregunta O
museo como institución, pode
fomentar o cambio social? a.
Si -resposta por unanimidade-.
b. Subliñan a importancia das
accións presentes; as
exposicións temporais e as
actividades complementarias
que están desenvolver desde
as institucións de cara á
potenciación da perspectiva de
xénero no patrimonio cultural;
mais instan á creación de
novas dinámicas permanentes
que rachen coa xerarquía
piramidal, cos metarrelatos
e/ou discursos de poder.
Museo Pazo de Tor
65
Mesa de Traballo 3 Observando a semente III Museo Pazo de Tor
10/5 12-13h Continuando coa dinámica e a temática proposta na anterior
sesión de traballo; o VI Congreso de Xéneros, Arte, Museos e Educación
instou nesta terceira mesa a reflexionar sobre a construción dos discursos e
a súa accesibilidade/disponibilidade social, debendo xs profesionais
aproximarse aos seguintes temas e contestar, en base a estes, as preguntas
reflexivos públicos.
discursos museolóxicos e a súa relación coa sociedade. Preguntas chave:
Que relato estamos a facer? Que relato estamos a trasladar? Que hai da
transversalidade? Está ao servizo da sociedade? Recollido o
desenvolvemento de cada un dos grupos e lido polxs representantes na
Sesión Plenaria conxunta, a maioría dxs profesionais coinciden en: Ante a
pregunta Que relato estamos a facer? a. Estamos a facer discursos de poder,
sometidos á metahistoria. b. Inciden e valoran positivamente o proceso que
están a vivir un bo número de museos na actualidade, en diferentes fases de
resignificación dos seus discursos. Un proceso que, aínda que non
homoxéneo; uns aínda en deconstrución mentres ca outros xa en construción
de novos discursos museolóxicos; si de reflexión e actualización dos
discursos. Ante a pregunta Que relato estamos a trasladar? a. Estamos a
Museo Pazo de Tor
66
trasladar o metarrelato dominante, academicista, instaurado na metahistoria;
o aceitado polas estruturas institucionais. b. Subliñan o inmobilismo e a
lentitude dos procesos institucionais de cara ao cambio dos discursos. c. Só
se albiscan os microrrelatos inclusivos nas actividades complementarias e/ou
temporais non permanentes, agás algúns casos illados. Ante a pregunta Que
hai da transversalidade? a. Os relatos permanentes existentes non transladan
con inclusión nin transversalidade a igualdade de xéneros ou á colectividade.
b. Inciden na manipulación desde o poder do termo “inclusivo”, para evitar
definir a diversidade. Ante a pregunta Está ao servizo da sociedade? a. Si,
mais en xeral dun xeito anacrónico; o que amosa un distanciamento desta cos
espazos museísticos. b. O uso de novas ferramentas como as RR.SS.
implementan as accións inclusivas e palían o distanciamento dos museos da
sociedade e da súa diversidade.
Mesa de Traballo 4 Que e como sementar? Museo Pazo de Tor
10/5 15:30-17:30h Tralas reflexións; e de cara crear unha ferramenta de
traballo válida, transparente, igualitaria de recomendacións efectivas para
facer da definición e dos museos espazos reais de igualdade; o VI Congreso
de Xéneros, Arte, Museos e Educación instou nesta cuarta sesión de traballo
á creación das solucións, debendo xs profesionais aproximarse aos seguintes
ndo e
actual e as observacións realizadas, dotar e implementar a perspectiva e
igualdade de xéneros nos discursos, nas institucións, nos departamentos e na
labor profesional, debemos realizar propostas. Preguntas chave: Que cremos
que se debe facer? Como podemos logralo? Ante a pregunta Que cremos que
se debe facer? 1. Tomar conciencia de xénero. 2. Implementar a aprendizaxe
e a formación na igualdade dxs profesionais e con elxs, a sensibilización dos
equipos técnicos e políticos. Son as persoas os verdadeiros motores de
cambio. 3. Mudar a perspectiva dos estudos, dos discursos e dos roles na
xerarquía piramidal institucionalizada: proxectando e desenvolvendo estudos
multidisciplinares, xerando discursos que fagan visíbel a igualdade de xénero
de xeito transversal -en prol da responsabilidade social e a honestidade
Museo Pazo de Tor
67
científica- e establecendo proxectos nos que se propicie a transversalidade e
a interacción de cada un dos departamentos existentes na estrutura. Serán
estes proxectos os que deben dar corpo aos Plans Estratéxicos e nos que se
deberán especificar as diferentes pautas de coresponsabilidade, por exemplo;
a coordinación itinerante ou a axenda das reunións de traballo
interdepartamentais. 4. Buscar a autonomía executiva dos museos sobre os
seus proxectos e, asemade, atopar canles de participación e partillamento coa
Administración e cxs representantes públicos. Ante a pregunta Como
podemos logralo? 1. Creando Plans Estratéxicos, liñas de actuación
consensuadas e compromisos reais, non eventuais, que atinxan non só á
institución tamén á Administración; debendo incluír o xénero dun xeito
contundente desde a normativa -nas propias leis- e/ou nos temarios
específicos dos diferentes procedementos laborais. 2. Creando ferramentas e
recursos humanos, materiais e económicos, de cara ao desenvolvemento dos
Plans Estratéxicos que deberán estar integrados por proxectos con obxectivos
e accións calidade; sendo consubstanciais a estes unha maior implicación da
Administración, vital tanto no cronograma de obxectivos coma na dotación
orzamentaria. 3. Pasando da reflexión á acción; facéndonos permeábeis ás
persoas, ás comunidades, creando novas resignificacións e construíndo
novas pontes. Ámbalas dúas preguntas resúmense na Parábola da semente
enunciada coma resume dunha dos grupos:
Museo Pazo de Tor
68
RELATORIO SOBRE CRUCEIROS, CRUCES E
PETOS DE ÁNIMAS DE MONFORTE DE LEMOS, A
CARGO DE FERNANDO ARRIBAS.
Continuamos no Museo Pazo de Tor coas celebracións arredor do Día Internacional
do Patrimonio Mundial. Nesta ocasión será Fernando Arribas Arias, responsable do
departamento de Difusión da Rede Museística e presidente da Asociación de
Amigos dos Cruceiros de Galicia quen impartirá o relatorio “Un exemplo de
patrimonio esquecido e pouco valorado. Cruceiros, cruces e petos de Monforte de
Lemos”.
Celebrouse o mércores, 27 de novembro ás 18:00h. na Aula de Didáctica. Entrada
foi de carácter libre ata completar aforo.
Un cruceiro e un peto singulares
Relatorio organizado pola Rede Museística da Deputación de Lugo con motivo do
Día Internacional do Patrimonio Mundial. Nesta conferencia, Fernando Arribas Arias
vai falar sobre un dos aspectos máis esquecidos e menos valorados do Patrimonio
Cultural da Ribeira Sacra: os
cruceiros, cruces e petos de ánimas;
centrándose, neste caso, nestes
monumentos de Monforte, concello
no que se atopa un dos cruceiros
máis singulares de Galicia: o do
Campo de San Antón; así como
tamén un peto único en Galicia, o de
Tor. Neste relatorio vaise desvelar a
historia destes monumentos, así
como tamén os rituais que se realizan
en torno a eles.
Museo Pazo de Tor
69
CONFERENCIA NO MUSEO PAZOA DE TOR SOBRE O VIÑO NA IDADE MEDIA
A CARGO DE VICTOR RODRÍGUEZ.
Para coñecer as orixes medievais do viño na Ribeira Sacra, dentro do ciclo ‘Do viño
de Galicia 2019’.
Celebrouse o venres, 22 de novembro, ás 20:00h. no Museo Pazo de Tor o
medievalista Víctor Rodríguez Muñoz impartiu a conferencia ‘O viño na Idade Media
na actual D.O. Ribeira Sacra’. Este ciclo, organizado polo Museo do Viño de Galicia
en colaboración coa D.O. Riberia Sacra, conta coa colaboración da Rede
Museística. Entrada foi libre ata completar aforo.
Case ninguén lembra o rei visigodo Chintila (549-639), pero unha medida impulsada
por el infíltrase a través dos camiños da historia, ata chegar ata nós. Tras ser
nomeado rei grazas ao impulso dos bispos hispanos, agradeceulles o xesto
convocado o VI concilio de Toledo, que lle recoñeceu ás igrexas “o dominio
absoluto e perpetuo” dos bens que obtiveran por doazón dos fieis. Nos séculos
posteriores, animados desde os púlpitos, os cristiáns comezaron en gran número a
deixar herdanzas e legados a cambio de salvación eterna.
Na Ribeira Sacra do s. XXI, ás portas de ser declarada Patrimonio da Humanidade,
aínda se poden observar as consecuencias da febre de doazóns que comezou
Museo Pazo de Tor
70
entón. A igrexa converteuse na maior propietaria de terreos agrícolas e non dubidou
en dedicalos a viñedos, aglutinados en torno a unha ampla rede de mosteiros.
As pegadas documentais destas prácticas e as súas consecuencias serán
analizadas este venres na conferencia que o medievalista Víctor Rodríguez Muñiz
impartirá no Museo Pazo de Tor sobre o viño da Ribeira Sacra neste período
cronolóxico.
Museo Pazo de Tor
71
10. PROGRAMA DE COLECCIÓNS.
10.1 INVENTARIO TOPOGRÁFICO, NOVA BASE DE
DATOS DE INVENTARIO TOPOGRÁFICO.
Co motivo da futura inclusión do Museo Pazo de Tor
Ao longo do ano 2017 procedeuse a unha revisión do inventario topográfico
para adecualo aos novos inventarios museolóxicos actuais, coa adaptación
de novos campos da base de datos e unha revisión ao completo dos tesauros.
Tamén se está a aproveitar este proceso para a incorporación de novas pezas
inventariadas pero que non figuraban na localización topográfica. O
procedemento parte da escolama dunha ferramenta ofimática de Microsoft,
Acces 2013. A base anterior tamén estaba en Acces (2003) esta constaba
dunha única táboa onde figuraban todos os campos, un total de 43 campos
de consulta.
Captura da Vista Deseño da anterior base de datos:
A base de datos contaba cun modelo de formulario na que figuraraban 33
campos de consulta
Museo Pazo de Tor
72
A actual base de datos consta de 63 campos de consulta con 10 táboas
anexas onde 9 son bases de datos de tesauros que corresponden aos
seguintes campos:
- Clasificación xenérica
- Decoración
- Estado de conservación
- Materia
- Museo
- Nome do obxecto
- Técnica
- Temas
Achégase abaixo unha captura de Vista deseño da táboa principal
Museo Pazo de Tor
73
Achegamos a Vista Deseños dunha tábaoa anexa.
Este novo formato permite consultas e aplicar filtros máis precisos, permitindo cotexar
diferentes tipoloxías de pezas para o seu estudo comparativo. Permite tamén crear
un inventario de consulta e un catálogo topográfico.
Actualmente estase a ultimar a documentación do Plan Museolóxico (o total)
laboura non sen dificultades debido a complexidade das coleccións, do entorno e
mesmamente dos propios contenedores das coleccións; proceso que por certo está
a facer emerxer moita máis información sexa polo proceso reflexivo ou mesmamente
pola propia revisión das coleccións e o arquivo (Juan Marquez)
Museo Pazo de Tor
74
Museo Pazo de Tor
75
Recentemente fíxose a publicación do inventario topográfico do Museo Pazo de Tor,
1162 pezas. Laboura que non remata
Museo Pazo de Tor
76
10.2 NOVAS SALAS DE EXPOSICIÓNS
PERMANENTES.
Con motivo da Semana dos Museos e o DIM, Día Internacional dos Museos.
Polo período de 1 semana abrironse ao público tres novas Salas; dúas Salas
nos Anexos do Pazo: Sala de Fornos e a Lareira de Xornaleiros. Na ala
Sureste do Pazo abriuse o Comedor de Caza, antigo Tinelo.
Dase así un paso máis en canto á recuperación de expacio expositivo e polo
tanto da memoria do Pazo nos usos dos diferentes espazos e tamén se
consegue visibilizar coleccións propias no se espazo natural que no
conxunto repercuten nunha maior comprensión do funcionamento, usos e
costumes dun pazo galego, comcretamente no Pazo de Tor.
Sala de Fornos. Expazo imprescindible nun Pazo, o servizo de forno forma
parte da infraesturctura servizo a señores e caseiros nun Pazo. Os fornos
teñen labrado a data de reforma no ano 1954, o forno principal de cantería
no exteriro, está composto de ladrillo refractario oco sendo visibles nalgúnhs
visibles a oquedade ciruclar por estar dispostos de traveso. O forno menor
tamén de cantería no exterior e na boca está composto de ladrillo refractario
macizo. As cheminesa que son individuais a cada forno están composto de
argamasa de terracompacta (o mesmo que o chan)
As coleccións alí expostas, constan de pas para a introducción de viandas,
varais para mover as brasas, un banquiño para sentarse e a artesa.
Museo Pazo de Tor
77
Sala de Cociña de Xornaleiros. Trata dun espazo que comunica coa Sala
de Fornos (o que ten certa lóxica) consérvase na mesma parte do
empedrado amarre de lareira esquineira en 90º da gramalleira e dúas parte
principais do guindastre conservando a columna principal vertical e o pau
horizontal de suxeición da gramalleira, faltando o pau de reforzo de unión
entre os dous. Tamén se conserva parte dunha grande alacena da cal non
se conservan as portas. A modo temporal expositivo exíbense as coleccións
de 2 trillos un deles con serra, caixa lascas de silex de reposto para os trillos,
un ferrado, peza de cestaría (bandexa para limpar e secar leguminosas)
peneiras, barutos, cribo e criba por útimo tamén a rastra, trátase dun modelo
non moi corrente de rastras enteiramente en ferro articulada, modelo
probablemente de finais do S.XIX ou principios do XX.
Sala do Comedor de Caza, Sala de Estado. O antigo comedor de caseiros
ou Sala de Estado compartíu usos comúns nos Pazos a outra antigo
comedor de casiros ou Sala de Estado de entrada, hoxe zona de recepción
no que ambos comunican coa antiga cociña ou Tinelo, ambas a traves de
torno dos cales só se conserva o da Sala do Comedor de Caza estando o
outro tapiado detrás do elevador. Na historia recenteo a antigua Sala de
Museo Pazo de Tor
78
Estado da zona Sureste do Pazo, acolleu na
historia do S XX do Pazo un comedor de Caza,
reservados aos cazadores convidados en
tempos de Fernando Taboada de Andrés y
Zúñiga.
A Sala está situado na pranta inferior da parte
Sureste do Pazo, a súa vez baixo desta Sala
existe outra inferior con tres tragaluces sin un fin
claro. A exposición compose de mesa refectorio
con 8 sillas en castaño, fonte-centro de mesa en
peltre, armero para escopetas, e trofeo (taxidermia), dous cinturóns de
cartuchera, funda de pistola de tipo sobaquera, unha pel e un fusil de
instrucción.
Museo Pazo de Tor
79
11. PUBLICACIÓNS, INTERACIÓNS CO PÚBLICO E NAS REDES
SOCIAIS.
11.1 FACEBOOK
O Museo Pazo de Tor está presente en diferentes plataformas
de redes sociais, facebook e a rede máis activa (info gráfica
indice 1.1 – anexo O Museo Pazo de Tor e as redes sociais. A
mesma ten unha actualización diaria, informando aos usuarios
e aos seguidores. Establécese tamén un típo de interacción
non só de ralato senón de reflexión e de difusión. En canto a interacción
destacamos a actividade “A parte polo todo” no cal os usuarios tiñan que
averiguar qué peza é do fondo do museo a partir da visualización dun
fragmento. https://es-es.facebook.com/museopazodetor/
Museo Pazo de Tor
80
Museo Pazo de Tor
81
11.2 BLOGUER
O Museo Pazo de Tor tamén está presente en Twitter canlen que
principalmente ten un uso de difusión de novas publicadas no facebook.
Oblog do Museo Pazo de Tor tamén é unha canle de grande interes onde, o
publicado, alí está máis polo miudo, recentemente fíxose unha laboura
descriptiva e de catalogación de certas pezas de interés do museo, onde
tamén a modo participativo dende facebook se invita a achegar información
por parte dos seguidores sobre as pezas presentadas no muro
Museo Pazo de Tor
82
11.3
INSTAGRAM
No instagram, períodicamente publícanse fotos da pezas da colección
do Museo Pazo de Tor ou de espazos visitables ben interiores ou
exteriores.
12. PROGRAMA DE PERSOAL
Equipo do Museo Pazo de Tor – Rede Museísitca Provincial de Lugo.
Xerencia: Encarna Lago González
Arquivo e Biblioteca: Juan Márquez Barro
Auxiliar de Sala: Verónica Fernández Fulgencio
Auxiliar de Sala: Simón Vicente López
Vixilancia-Guía: Tar López López.
Este ano aparte de participar den Conferencia e Cursos formativos de
prenvención de riscos laborais, participouse nun de extinción de incendios que
resultou moi útil non só pola parte teórica senón tamén pola parte práctica
grazas a colaboración do corpo de bombeiros da Deputación Provincial de
Lugo.

More Related Content

Similar to mptor_memoria_2019 definitiva

Folleto Museo do mar en galego
Folleto Museo do mar en galego Folleto Museo do mar en galego
Folleto Museo do mar en galego rmplugo
 
Proxecto fin de prácticas cristina
Proxecto fin de prácticas cristinaProxecto fin de prácticas cristina
Proxecto fin de prácticas cristinaEncarna Lago
 
Programación escolar multicanle da Rede Museistica Provincial de Lugo
Programación escolar  multicanle  da Rede Museistica Provincial de LugoProgramación escolar  multicanle  da Rede Museistica Provincial de Lugo
Programación escolar multicanle da Rede Museistica Provincial de LugoEncarna Lago
 
Maremágnum de cultura correxido e modificado (1)
Maremágnum de cultura correxido e modificado (1)Maremágnum de cultura correxido e modificado (1)
Maremágnum de cultura correxido e modificado (1)Encarna Lago
 
Maremágnum de cultura correxido pdf
Maremágnum de cultura correxido pdfMaremágnum de cultura correxido pdf
Maremágnum de cultura correxido pdfEncarna Lago
 
UNiDADE DIDÁCTICA 2017 /2018 PAZO DE TOR REDE MUSEÍSTICA
UNiDADE DIDÁCTICA 2017 /2018 PAZO DE TOR REDE MUSEÍSTICAUNiDADE DIDÁCTICA 2017 /2018 PAZO DE TOR REDE MUSEÍSTICA
UNiDADE DIDÁCTICA 2017 /2018 PAZO DE TOR REDE MUSEÍSTICAEncarna Lago
 
Novospublicos 2017 NA REDEMUSEISTICA PROVINCIAL DE LUGO
Novospublicos 2017 NA REDEMUSEISTICA PROVINCIAL DE LUGONovospublicos 2017 NA REDEMUSEISTICA PROVINCIAL DE LUGO
Novospublicos 2017 NA REDEMUSEISTICA PROVINCIAL DE LUGOEncarna Lago
 
Diptico lugo arxentina
Diptico lugo arxentinaDiptico lugo arxentina
Diptico lugo arxentinaEncarna Lago
 
JORNADAS EUROPEAS DEL PATRIMONIO
JORNADAS EUROPEAS DEL PATRIMONIOJORNADAS EUROPEAS DEL PATRIMONIO
JORNADAS EUROPEAS DEL PATRIMONIOEncarna Lago
 
Programación da Rede Museística Provincial de Lugo
Programación da Rede Museística Provincial de LugoProgramación da Rede Museística Provincial de Lugo
Programación da Rede Museística Provincial de LugoEncarna Lago
 
10 anos construindo comunidade
10 anos construindo comunidade10 anos construindo comunidade
10 anos construindo comunidadeEncarna Lago
 
Balance novospúblicosxul2017 Primer Semestre 2017 Rede Museistica Lugo
Balance novospúblicosxul2017  Primer Semestre 2017 Rede Museistica LugoBalance novospúblicosxul2017  Primer Semestre 2017 Rede Museistica Lugo
Balance novospúblicosxul2017 Primer Semestre 2017 Rede Museistica LugoEncarna Lago
 
MUSEOS HISTORIAS CONTROVERTIDAS. DICIR O INDICIBLE EN MUSEOS. REDEMUSEÍSTICA ...
MUSEOS HISTORIAS CONTROVERTIDAS. DICIR O INDICIBLE EN MUSEOS. REDEMUSEÍSTICA ...MUSEOS HISTORIAS CONTROVERTIDAS. DICIR O INDICIBLE EN MUSEOS. REDEMUSEÍSTICA ...
MUSEOS HISTORIAS CONTROVERTIDAS. DICIR O INDICIBLE EN MUSEOS. REDEMUSEÍSTICA ...Encarna Lago
 
Folleto bloque ii xornadas 26,27 Agosto
Folleto bloque ii xornadas 26,27 AgostoFolleto bloque ii xornadas 26,27 Agosto
Folleto bloque ii xornadas 26,27 AgostoAna Ferro Fernández
 
Memoria 2010 Rede Museística Lugo . Museo Pazo de Tor
Memoria 2010 Rede Museística Lugo . Museo Pazo de TorMemoria 2010 Rede Museística Lugo . Museo Pazo de Tor
Memoria 2010 Rede Museística Lugo . Museo Pazo de TorEncarna Lago
 
Memoria prácticas Máster Servizos Culturais
Memoria prácticas Máster Servizos CulturaisMemoria prácticas Máster Servizos Culturais
Memoria prácticas Máster Servizos CulturaisEncarna Lago
 

Similar to mptor_memoria_2019 definitiva (20)

Folleto Museo do mar en galego
Folleto Museo do mar en galego Folleto Museo do mar en galego
Folleto Museo do mar en galego
 
Proxecto fin de prácticas cristina
Proxecto fin de prácticas cristinaProxecto fin de prácticas cristina
Proxecto fin de prácticas cristina
 
Museo Do Mar
Museo Do MarMuseo Do Mar
Museo Do Mar
 
Programación escolar multicanle da Rede Museistica Provincial de Lugo
Programación escolar  multicanle  da Rede Museistica Provincial de LugoProgramación escolar  multicanle  da Rede Museistica Provincial de Lugo
Programación escolar multicanle da Rede Museistica Provincial de Lugo
 
Maremágnum de cultura correxido e modificado (1)
Maremágnum de cultura correxido e modificado (1)Maremágnum de cultura correxido e modificado (1)
Maremágnum de cultura correxido e modificado (1)
 
Maremágnum de cultura correxido pdf
Maremágnum de cultura correxido pdfMaremágnum de cultura correxido pdf
Maremágnum de cultura correxido pdf
 
Hojas para a3 (1)
Hojas para a3 (1)Hojas para a3 (1)
Hojas para a3 (1)
 
UNiDADE DIDÁCTICA 2017 /2018 PAZO DE TOR REDE MUSEÍSTICA
UNiDADE DIDÁCTICA 2017 /2018 PAZO DE TOR REDE MUSEÍSTICAUNiDADE DIDÁCTICA 2017 /2018 PAZO DE TOR REDE MUSEÍSTICA
UNiDADE DIDÁCTICA 2017 /2018 PAZO DE TOR REDE MUSEÍSTICA
 
Novospublicos 2017 NA REDEMUSEISTICA PROVINCIAL DE LUGO
Novospublicos 2017 NA REDEMUSEISTICA PROVINCIAL DE LUGONovospublicos 2017 NA REDEMUSEISTICA PROVINCIAL DE LUGO
Novospublicos 2017 NA REDEMUSEISTICA PROVINCIAL DE LUGO
 
Memoria 2013 san paio
Memoria 2013 san paioMemoria 2013 san paio
Memoria 2013 san paio
 
Diptico lugo arxentina
Diptico lugo arxentinaDiptico lugo arxentina
Diptico lugo arxentina
 
JORNADAS EUROPEAS DEL PATRIMONIO
JORNADAS EUROPEAS DEL PATRIMONIOJORNADAS EUROPEAS DEL PATRIMONIO
JORNADAS EUROPEAS DEL PATRIMONIO
 
Programación da Rede Museística Provincial de Lugo
Programación da Rede Museística Provincial de LugoProgramación da Rede Museística Provincial de Lugo
Programación da Rede Museística Provincial de Lugo
 
10 anos construindo comunidade
10 anos construindo comunidade10 anos construindo comunidade
10 anos construindo comunidade
 
Balance novospúblicosxul2017 Primer Semestre 2017 Rede Museistica Lugo
Balance novospúblicosxul2017  Primer Semestre 2017 Rede Museistica LugoBalance novospúblicosxul2017  Primer Semestre 2017 Rede Museistica Lugo
Balance novospúblicosxul2017 Primer Semestre 2017 Rede Museistica Lugo
 
MUSEOS HISTORIAS CONTROVERTIDAS. DICIR O INDICIBLE EN MUSEOS. REDEMUSEÍSTICA ...
MUSEOS HISTORIAS CONTROVERTIDAS. DICIR O INDICIBLE EN MUSEOS. REDEMUSEÍSTICA ...MUSEOS HISTORIAS CONTROVERTIDAS. DICIR O INDICIBLE EN MUSEOS. REDEMUSEÍSTICA ...
MUSEOS HISTORIAS CONTROVERTIDAS. DICIR O INDICIBLE EN MUSEOS. REDEMUSEÍSTICA ...
 
Folleto bloque ii xornadas 26,27 Agosto
Folleto bloque ii xornadas 26,27 AgostoFolleto bloque ii xornadas 26,27 Agosto
Folleto bloque ii xornadas 26,27 Agosto
 
Memoria 2010 Rede Museística Lugo . Museo Pazo de Tor
Memoria 2010 Rede Museística Lugo . Museo Pazo de TorMemoria 2010 Rede Museística Lugo . Museo Pazo de Tor
Memoria 2010 Rede Museística Lugo . Museo Pazo de Tor
 
Memoria Tor 2014
Memoria Tor 2014Memoria Tor 2014
Memoria Tor 2014
 
Memoria prácticas Máster Servizos Culturais
Memoria prácticas Máster Servizos CulturaisMemoria prácticas Máster Servizos Culturais
Memoria prácticas Máster Servizos Culturais
 

More from rmplugo

Memoria 2019 mar
Memoria 2019 marMemoria 2019 mar
Memoria 2019 marrmplugo
 
Memoria 2019 san paio
Memoria 2019 san paioMemoria 2019 san paio
Memoria 2019 san paiormplugo
 
Guia pictogramas san paio de narla
Guia pictogramas san paio de narlaGuia pictogramas san paio de narla
Guia pictogramas san paio de narlarmplugo
 
Guia pictogramas pazo de tor
Guia pictogramas pazo de torGuia pictogramas pazo de tor
Guia pictogramas pazo de torrmplugo
 
Guia pictogramas museo Lugo
Guia pictogramas museo LugoGuia pictogramas museo Lugo
Guia pictogramas museo Lugormplugo
 
Programa Rede Semana Museos 2019
Programa Rede Semana Museos 2019Programa Rede Semana Museos 2019
Programa Rede Semana Museos 2019rmplugo
 
VII Xornadas Carballo Vivo
VII Xornadas Carballo VivoVII Xornadas Carballo Vivo
VII Xornadas Carballo Vivormplugo
 
Mpl egipto
Mpl  egiptoMpl  egipto
Mpl egiptormplugo
 
IV Congreso Xéneros, Museos, Arte e Educación
IV Congreso Xéneros, Museos, Arte e EducaciónIV Congreso Xéneros, Museos, Arte e Educación
IV Congreso Xéneros, Museos, Arte e Educaciónrmplugo
 
Resume anual 2015 museo do mar
Resume anual 2015 museo do marResume anual 2015 museo do mar
Resume anual 2015 museo do marrmplugo
 
Resume anual 2015 san paio
Resume anual 2015 san paioResume anual 2015 san paio
Resume anual 2015 san paiormplugo
 
Resume anual 2015 pazo de tor
Resume anual 2015 pazo de torResume anual 2015 pazo de tor
Resume anual 2015 pazo de torrmplugo
 
De museo a museo
De museo a museoDe museo a museo
De museo a museormplugo
 
Nadal 2015 na rede museística
Nadal 2015 na rede museísticaNadal 2015 na rede museística
Nadal 2015 na rede museísticarmplugo
 
Noite museos
Noite museosNoite museos
Noite museosrmplugo
 
2015 05 15 foto palabra facebook
2015 05 15 foto palabra facebook2015 05 15 foto palabra facebook
2015 05 15 foto palabra facebookrmplugo
 
Programa Día Internacional dos museos 2015
Programa Día Internacional dos museos 2015Programa Día Internacional dos museos 2015
Programa Día Internacional dos museos 2015rmplugo
 
Proxecto xaponesas
Proxecto xaponesasProxecto xaponesas
Proxecto xaponesasrmplugo
 
A CONTACONTOS CHARO PITA EN SAN PAIO DE NARLA
A CONTACONTOS CHARO PITA EN SAN PAIO DE NARLAA CONTACONTOS CHARO PITA EN SAN PAIO DE NARLA
A CONTACONTOS CHARO PITA EN SAN PAIO DE NARLArmplugo
 

More from rmplugo (20)

Memoria 2019 mar
Memoria 2019 marMemoria 2019 mar
Memoria 2019 mar
 
Memoria 2019 san paio
Memoria 2019 san paioMemoria 2019 san paio
Memoria 2019 san paio
 
Guia pictogramas san paio de narla
Guia pictogramas san paio de narlaGuia pictogramas san paio de narla
Guia pictogramas san paio de narla
 
Guia pictogramas pazo de tor
Guia pictogramas pazo de torGuia pictogramas pazo de tor
Guia pictogramas pazo de tor
 
Guia pictogramas museo Lugo
Guia pictogramas museo LugoGuia pictogramas museo Lugo
Guia pictogramas museo Lugo
 
Programa Rede Semana Museos 2019
Programa Rede Semana Museos 2019Programa Rede Semana Museos 2019
Programa Rede Semana Museos 2019
 
VII Xornadas Carballo Vivo
VII Xornadas Carballo VivoVII Xornadas Carballo Vivo
VII Xornadas Carballo Vivo
 
Egipto
EgiptoEgipto
Egipto
 
Mpl egipto
Mpl  egiptoMpl  egipto
Mpl egipto
 
IV Congreso Xéneros, Museos, Arte e Educación
IV Congreso Xéneros, Museos, Arte e EducaciónIV Congreso Xéneros, Museos, Arte e Educación
IV Congreso Xéneros, Museos, Arte e Educación
 
Resume anual 2015 museo do mar
Resume anual 2015 museo do marResume anual 2015 museo do mar
Resume anual 2015 museo do mar
 
Resume anual 2015 san paio
Resume anual 2015 san paioResume anual 2015 san paio
Resume anual 2015 san paio
 
Resume anual 2015 pazo de tor
Resume anual 2015 pazo de torResume anual 2015 pazo de tor
Resume anual 2015 pazo de tor
 
De museo a museo
De museo a museoDe museo a museo
De museo a museo
 
Nadal 2015 na rede museística
Nadal 2015 na rede museísticaNadal 2015 na rede museística
Nadal 2015 na rede museística
 
Noite museos
Noite museosNoite museos
Noite museos
 
2015 05 15 foto palabra facebook
2015 05 15 foto palabra facebook2015 05 15 foto palabra facebook
2015 05 15 foto palabra facebook
 
Programa Día Internacional dos museos 2015
Programa Día Internacional dos museos 2015Programa Día Internacional dos museos 2015
Programa Día Internacional dos museos 2015
 
Proxecto xaponesas
Proxecto xaponesasProxecto xaponesas
Proxecto xaponesas
 
A CONTACONTOS CHARO PITA EN SAN PAIO DE NARLA
A CONTACONTOS CHARO PITA EN SAN PAIO DE NARLAA CONTACONTOS CHARO PITA EN SAN PAIO DE NARLA
A CONTACONTOS CHARO PITA EN SAN PAIO DE NARLA
 

mptor_memoria_2019 definitiva

  • 2. Museo Pazo de Tor 1 ÍNDICE 1. LIMIAR 2 2. ESTATÍSTICA 6 3. PROGRAMA ARQUITECTÓNICO 11 4. PROGRAMA DIDÁCTICO 27 5. PROGRAMA DE ACCIÓN CULTURAL 40 6. MUSEOLOXÍA SOCIAL 46 7. DIM. DÍA INTERNACIONAL DOS MUSEOS 49 8. PROGRAMA EXPOSITIVO 52 9. CONGRESOS 61 10. PROGRAMA DE COLECCIÓNS 71 11. PUBLICACIÓNS, INTERACCIÓNS, REDES SOCIAIS 79 12. PROGRAMA DE PERSOAL 82
  • 3. Museo Pazo de Tor 2 1. LIMIAR Museo Pazo de Tor da Rede Museísitca Provincial de Lugo. O actual Museo, froito da doazón efectuada por Mª Paz Taboada de Andrés no 1998, forma parte da Rede Museísitca Provincial de Lugo. A Rede, creada no ano 2006, sendo Encarna Lago González , Xerente da mesma é un ente sen personalidade xurídica propia dependente da Deputación de Lugo; os 4 museos que integran a Rede (Museo Provincial de Lugo, Museo Fortaleza San Paio de Narla, Museo Provincial do Mar e Museo Pazo de Tor) comparten obxectivos e recursos de cara a un servizo cultural, social e didáctico público e gratuíto. O Pazo de Tor é unha fermosa mostra da arquitectura pacega galega. Presenta unha colección musealizable que transmite a vida da fidalguía galega. A visita ao Pazo de Tor non só permite coñecer de primeira man unha das máis importantes mostras da arquitectura galega do século XVIII, senón tamén coñecer gran parte das dependencias do mesmo, co seu mobiliario orixinal e coas coleccións artísticas que a familia foi atesourando ao longo dos séculos, coleccións que van dende a época castrexa ata a época actual; en definitiva, un testemuño privilexiado do modo de vida da nobreza na Galicia da Idade Moderna e Contemporánea. Isto confire ao interior e exterior do Pazo de certa sensación de “maxia” que servíu ao Séptimo Arte para que estes espazos servisen para relatar fabulosas historias a través do cine como “Beatríz” , “El Rey del Río” ou recentemente “A Esmorga” de Ignacio Villar. As salas do Museo Pazo de Tor tamén son espazos expositivos e de intervencións artísticas de diversas de obras contemporáneas, sendo incluso centro de convivencia e traballo de artistas de todas as disciplinas. A laboura didáctica está presente ao longo de todo o ano. O Museo Pazo de Tor dispón dunha aula didáctica que serve de taller de aprendizaxe tendo como soporte material e documental o Pazo de Tor, estas actividades son complementadas
  • 4. Museo Pazo de Tor 3 con diversos actos de efemérides, actuacións musicais, teatrais. É por elo que o Museo Pazo de Tor segue a ofrecernos un sin fín de posibilidades para aprender, imaxinar, compartir e disfrutar. Actualmente o Museo Pazo de Tor é distinguido pola guía PREDIF. Os museos da Rede Museística da deputación de Lugo (Museo Provincial de Lugo, Museo Provincial do Mar e Museo Pazo de Tor) foron recoñecidos por PREDIF (Plataforma Representativa Estatal de Personas con Discapacidad Física) co distintivo de Turismo Accesible, distintivo otorgado a aqueles establecementos turísticos que traballan para mellorar a accesibilidade das súas instalacións e servizos. Este distintivo ofrece información obxectiva sobre as condicións de accesibilidade dos diferentes establecementos recoñecidos a persoas con discapacidade, a persoas maiores e familias con nenos, etc., o que se traduce
  • 5. Museo Pazo de Tor 4 nunha difusión na app de Turismo Accesible de PREDIF, TUR4all, no Geoportal de Turismo Accesible e na capa Layar de realidade aumentada, ademais de mellorar a imaxe destes museos como establecementos socialmente responsables. Con este distintivo, estes museos da Rede Museística suman un novo recoñecemento ao seu constante labor de integración das persoas con discapacidade, labor que constitúe un dos obxectivos nos que se basea a súa xestión museística. O Museo Pazo de Tor, está a ter unha moi boa acollida nas redes sociais e as opinións no conxunto poden ser consideradas moi favorables. Na actualidade o Museo Pazo de Tor figura como o 1º dos recursos a visitar na Comarca de Lemos según o servizo web Tripadvisor e sendo tamén o museo que máis opinións recolle. Obtendo de novo na actualidade o distintivo de Excelencia de TripAdvisor no presente ano 2019
  • 7. Museo Pazo de Tor 6 2. ESTATÍSTICA DE VISITAS. Antes de abordar as cifras polo miudo compre sinalar, de forma reiterada, certas particularidades nas visitas ao Pazo que por unha banda son un aliciente pero en certo modo consideramos que son un condicionante nas visitas. Debido a singularidade exposistiva como museo, onde as coleccións están dispostas de xeito fidedigno en tempos de Doña Mari Paz, todas as visitas son guiadas e comentadas cunha duración que vai dende os 35 min aos 60 min. Están organizadas en xornadas de catro quendas de martes a domingo durante todo o ano festivos incluídos agás, Santa Rita 22 de maio; 24, 25, 31 de Nadal; 1 de xaneiro e os festivos locais de Monforte de Lemos (2 días) Os horarios de visita ao Pazo teñen comenzo ás 11:00h,12:30, 16:30h e 18:00h. Desde o 2018, estase a pedir reserva de visita, para ter certa previsión a hora de repartir os grupos e así non facelos coincidir con visitas individuais e comprometer a seguridade e tamén para preservar a colección. Estas condicións implican ao visitante as seguintes condicións, non poderán realizar visita libre e deberán realizar a visita nas quendas de visitas en horario puntual para facer a visita completa deberá de dispoñer do tempo necesario (mínimo 50 min) En canto aos grupos de máis de 25 persoas e particularmente aos grupos de autocares, debido as condicións especiais do Pazo, o acceso ao mesmo é limitado a grupos pequenos de arpox 25 persoas que divididos (máximo de 2 grupos simultáneos).
  • 8. Museo Pazo de Tor 7 Non hai un número mínimo para a visitas. Cada ano o Museo Pazo de Tor veu incrementando o número de visitas nos sucesivos anos (...ano 2014 con 7601 vistias, ano 2015 con 9066 visitas, ano 2016 con 10592 visitas) a súa consolidación como recurso turístico de interés e a un calendario de actividades estable, contribue o incremento global en idade e procedencia con respecto aos anos anteriores sucesivamente. O incremento de ata o de agora veuse dando de xeito sostido a pesar da localización e do déficit de infraestrutura de servizo na zona (non hai cafetería, restaurante, tenda… o Pazo de Tor está a 10 km de Monforte (4 km da crta. Monforte-Chantada) por unha banda hai que velo de xeito natural, 13 anos de apertura ao público e por outra banda creemos que debemos de mencionar varios factores. O principal factor inicial por suposto é o indudable interés no conxunto, non só polos seus fondos moi diversos e moitos deles de grande valor patrimonial e artístico, senón tamén polo conxunto de continente e contido que xunto coa familia que xeración tras xeración (3 séculos aprox) seguiro facendo uso de xeito natural como residencia ata a doazón da última propietaria e benfeitora Dª Maria Paz Taboada De Andrés. As canles de difusión deste interés son diversos. O “boca a boca” segue a ser unha canle de promoción importante, o propio usuario é o promotor, facendo máis de unha visita co motivo de achegar a familiares e amigos para dar a coñecer o Pazo pero son cada vez máis relevantes tamén outros medios como a redes socias e os establecementos dependentes do turismo como Casas Rurais, Bare, Restaurantes.O Centro de Información Turística de Monforte de Lemos cumpre o cometido de informar a que chegue de todos os recursos da Comarca aínda que moitos dos visitantes que pasan polo Pazo veñen de xeito directo xa que accede a información previa ben polo medio institucional ou de prensa, como tamén de Arestora no ano 2019 realizáronse un total de 913 visitas guiadas, quedando pendente o mes de decembro. No presente ano constátase o incremento de visitas sendo polo momento, sorprendentes de en torno a un 20%. Un incremento proporcional en grupos e visitas individuais
  • 9. Museo Pazo de Tor 8 xeito cada vez máis habitual polos servizos como Google ou TripAdvisor. Seguidamente temos que facer especial mención un ano máis a Paradores (Parador de Monforte de Lemos) por achegar información aos clientes sobre os recursos da zona e sobre todo ao Balneario de Augas Santas de Pantón que conta con animador, estimado Segundo, organizador de circuitos de visitas, moitas veces en grupos para visitar os diferentes recursos turísticos da Comarca de Lemos onde o Pazo de Tor figura como elemento de grande interés.
  • 10. Museo Pazo de Tor 9
  • 11. Museo Pazo de Tor 10 Resumo visitas e visitantes: Houbo un total de 12.950 visitantes, cando no 2018 acadamos a cifra de 10.545. Fixéronse 1.051 visitas guiadas en todo o 2019.
  • 12. Museo Pazo de Tor 11 3. PROGRAMA ARQUITECTÓNICO. 3.1 ANEXOS. O Museo Pazo de Tor conta con diversos espazos para uso interno e público; é un complexo que no conxunto supera os 5000 metros cadrados de supeficie útil nun espazo aproximado de 3 Ha (2,3 Ha aprox. con muro). Todos os espazos cubertos contan con instalación de puntos de luz e toma eléctrica, con elevador para accesibilidade en zona de uso público, sensores volumétricos para a iluminación das salas, alarma, video vixilancia, alarma de incendios (só nos anexos) 5 estacións deshumidificadores/humidificadores de 900w As zonas de traballo dotadas con material informático son a biblioteca, o arquivo ( e colección de patrimonio inmaterial) e recepción que cumpre tamén as funcións de oficina para traballos ofimáticos diversos; contando con equipamente que consisten nun teléfono, PC sobremesa (ano 2016) con SAI, 2 portátiles (ano 2011 e 2013) e impresora laser multifunción (ano 2017)
  • 13. Museo Pazo de Tor 12 Outros espazos restrinxidos ao público. Son o garaxe de (hoxe almacén) os cortellos de cabalerizas, antigo garaxe, garaxe novo, salas de tear, 3 dormitorios de tecedeiras, adega de diario con diferentes estancias, cuarto de saleiros e despensas ademáis o Pazo conta como almacén para material didáctico e arquivo e obras expositivas a antiga biblioteca, outro espazo por certo singualr son os calabazos situados a unha pranta inferior da pranta baixa do Pazo, Sala de caldeiras e na Horta do Pazo a casa do Hortelelano 3.1.1a Apartado eléctrico e informático. Logo da subsanación de obsolescencias e déficit de potencia. Logo dunha revisión exaustiva de toda a instalación eléctrica, levouse a cabo a finais do 2018 e unha adecuación de reparto de potencia melloras diversas e adaptación de circuitería e cadros (térmicos e limitadores) as novas necesidades, xa que se levouse a cabo un incremento de potencia, 10 kw/h. 3.1.1b Instalación de novos routers 4G 3.2 MANTEMENTO. No presente 2019 estableceronse protocolos de mantemento e conservación por medio de dispositivos de humidificadores e desumidificadores a diario. Tamén se instalaron en diferentes zonas canóns de calor en diferentes zonas do Pazo para evitar o enfriamento extremo. Que se encenden únicamente en horario de visita. Compre sinalar que se detectou un problema de potencia en fases do cadro de térmicos no que deducimos que certas fases están sobre cargadas de conexións e outras non están aproveitadas o que limita a calefaccón en determidadas zonas. 3.3. SEGURIDADE
  • 14. Museo Pazo de Tor 13 Apartado de seguridade. A modo preventivo estas actuacións contribullen na mellor da preservación das coleccións e acceso a información máis precisa de actividades levadas a cabo no Pazo. As actuacións neste senso contemplan a seguridade activa e pasiva. Pero debemos mencio nar certas carencias tamén 3.3.1 Operatividade de sistemas de alarma, activación en linia, revisión e mellora da conexión a centralita. Revisión e reposición de sensores de movemento nos espazos das coleccións. 3.3.2 Operatividade das cámaras os correspondentes equipos para vixilancia de todos os accesos tanto interiores como exteriores, grabación simultánea e acceso en vivo.
  • 15. Museo Pazo de Tor 14
  • 16. Museo Pazo de Tor 15 3.4. RECINTOS ABERTOS. Recinto Rede Museísitca – Museo Pazo de Tor. Comprende aproximadamente 2,7 Ha dividida en tres zonas Xardín de Entrada. Museo Pazo de Tor, espazode acceso pola entrada pincipal. Frutais coníferas e árbores de folla caduca como plataneros, tilos, olivo son exemplares de interés debido a antigüedade das mesmas, hai cespede con prantas diversas principalmente rosáceas e arbustos compostos principalmente por buxos e abundan loureiros, maiormente o “real”. Existe unha subzona que correspode ao cecais antigo patio de armas ou de honor, patio interior onde está a fonte e ao redor predominan principalmente rosáceas e un espectacular acerolo de grande interés porque se trata dun exemplar de grandes dimensións para a súa especie. A zona da Horta ten o acceso por un portalón lateral cun escudo dos Varelas no enrriba do dintel. O muro e o portalón presenta claras deficiencias de estabilidade con risco de derrube, actualmente está apuntalado. Da acceso a zona onde está situado o Xardín Francés do Pazo, xardín do S XVIII feito en chantos de pizarra que consta de catro estanques e un laberínto de 8 camiños. Hai presenza de frutais principlamente, pereiras, mazairas e tamén de caducas como freixos, a extensión é de aproximadamente de 1,7 Ha. O terceiro espazo exterior comprende principalmente a zona de aparcadoiro principal que ten entrada ao carón do portalón de entrada principla e que continúa na parte de atrás dos anexos ao carón do camiño que da acceso a
  • 17. Museo Pazo de Tor 16 finca de Tor chegando a parte Norte do Pazo antiga zona de paso para carros polo portalón Norte e Adega. As intervencións abranguen dous aspectos principais. 3.4.1. Anexos e entrada principal do Pazo de Tor Conforme ao compromiso de accesibilidade ao Pazo e aos servizos que presta, remátase o chan de lousas que concecta a pasarela de madeira que conduce aos lavabos. Procédese tamén a mellora en apartado de seguridade na pasarela de madeira dotándoa dunha baranda. Engadíronse tamén bandas antideslizamento pero estas comenzaron a romperse e
  • 18. Museo Pazo de Tor 17 procederase a recolocación dunhas novas bandas 3.4.2. Zona se almacenaxe. Procedeuse a recolocación e organización de material expositivo e dépositos temporais de diferentes obras e intalacións artísticas en:
  • 19. Museo Pazo de Tor 18 - Garaxe almacén. Vitrinas, paneis da Rede Museística, Taller de Violeta Bernardo, Paneis e demáis elementos de Fotografía a Cegas. - Cabaleirizas e e Cuarto de Liteiro. Peanas para exposicións, vitrinas, maniquís; en canto ás coleccións destacar xogo de banco e sillas estilo Tonet, púlpito - Zona Común de Carto de Telar. Mobiliario (mesas refertorio) nos cuartos, camas, baúles; en canto ás coleccións, escultura de E Osorio. Biblioteca Vella/Cuarto de Caseiros. Mateiral didáctico, arquivo de actividades e xestión documental xerada, Exposición.Almacén de coleccións de escribanías, un don pedro, mesas, escribanías - Zona Común de Carto de Telar. Mobiliario (mesas refertorio) nos cuartos, camas, baúles; en canto ás coleccións, escultura de E Osorio.
  • 20. Museo Pazo de Tor 19 3.5 MANTEMENTO DE ZONA VERDE E XARDÍN 3.5.1 Mantemento de xardíns, tarefas como a corta de cespede, poda de rosáceas, árbores, desbroze de herbas, limpeza de edras e trepadoras, e eliminación de especies invasoras (Reynoutria Japónica) se veñen levando a cabo de xeito regular polo servizo de SUPLUSA. 3.5.2 Por parte da Área de Medio Ambiente da Deputación de Lugo, se ven facendo un seguimento das diferentes árbores principalmente das especies máis raras e frutais, e un control de pragas, como avespas e tamén de abellas (problema recurrente xa que é moi habitual que as abellas enaméen o Pazo principalmente polo tellado. Se está a levar cabo tratamento nas diferentes árbores para evitar unha praga de orugas. 3.5.2 Control apícola. O edificio principal do complexo do Pazo está a recibir de xeito constantes enxames de abellas, principalmente autóctonas de varios tipos abellas carpinteiras, abellas negras e a abella común; sendo necesaria a intervención por parte dos servizos de arquitectura da Deputación Provincial de Lugo para a retirada das mesmas e o seu traslado a colmeas. As actuacións foron principalmente no tellado na parte Suroeste do edifico principal e na parte Sur do patio interior e recepción no caso da abella negra
  • 21. Museo Pazo de Tor 20 . Tamén foi víctima de outras especies menos desexadas como a avespa cravo e tamén a tan temida velutina, sendo destruidos 3 enxames situados no desván do Pazo, cunha posible localización dun cuarto, este novo, na solaina da ala sur do Pazo que ao final foi descartado. A última intervención importante, neste apartado, foi na parte Este do Pazo, a centenaria “glicina-china”, Wisteria Sinensis amezaba a parte estructural da solaina que dá ao xardín francés, zona que forma parte do itinerario de visita. Logo da retirada de gran parte das guías que estaban a intruducirse dentro da pedra e mesmo do tellado pocedeuse a limpar as guías, conservando unha parte do tronco principal da mesma xa que trátase dun especimen espectacular polo seu tamaño debido a súa lonxevidade. Recupérase así unha zona arquitectónica intrigante e cecais de grande interese que axude a desvelar partes estructurais antigas.
  • 22. Museo Pazo de Tor 21 Non foi posible retirar a glicina na parte do muro da Horta, por perigo de derrube definitivo, muro que actualmente está apuntalado e presenta un deterioro irreversible ao igual que o seu portalón de acceso.
  • 23. Museo Pazo de Tor 22 MA DIDÁCTICO 4.1 PROGRAMA DE ACTIVIDADES PARA O CURSO ESCOLAR 2018_2019 A Rede Museística Provincial, dependente da área de Cultura da Deputación de Lugo, a través dos departamentos de didáctica dos catro museos que a integran (Museo Provincial de Lugo, Museo Fortaleza San Paio de Narla, Museo Provincial do Mar e Museo Pazo de Tor) puxo a disposición dos centros escolares a súa nova programación para o curso escolar 2018 / 2019 coa idea de fomentar o achegamento do alumnado ao patrimonio conservado nos nosos museos. A Rede Museística, coa nosa longa experiencia e o apoio de numerosos docentes que participaron nestas actividades en precedentes cursos, procuramos tender pontes de colaboración entre diferentes espazos educativos, presentando actividades lúdicas pero rigorosas con contidos que entroncan coas programacións escolares. »Historias ilustradas Metodoloxía: Vivimos nun mundo absolutamente visual, no que as imaxes nos contan historias que se viralizan e chegan a todos os rincóns do mundo e a
  • 24. Museo Pazo de Tor 23 todo tipo de xente. Imos crear unha historia en grupo a través das imaxes que cada alumno capte ó longo da nosa visita. Cada neno sacará unha foto co seu teléfono ou coa súa cámara, dunha peza, dun personaxe, do que queira ou máis lle chame a atención, e entre todos crearán unha historia común a partir de todas as imaxes recollidas. O relato resultante formará parte da nosa historia, mais tamén da vosa, porque despois cada unha desas historias se irán subindo ao facebook e ás nosas redes sociais para que todos poidamos acceder a elas e compartilas. Nivel educativo: ESO »O Museo como retrovisor histórico Metodoloxía: As coleccións do museo permitirán ao alumnado interpretar os vestixios do pasado e analizar a súa importancia no desenvolvemento da nosa cultura . Nivel educativo: 4ª, 5º e 6º de Educación Primaria e ESO. »A luminaria en Tor Metodoloxía: A sensación espacial dos interiores e exteriores do Pazo á noitiña, non fai moito eran ben diferentes. O xeito de iluminar estes espazos mudou ben: velas, candís, quinqués de gas, carburo, lámpadas de aceite … proxectaban sombras e arumes que lle conferían unha sensación espacial máxica e misteriosa. Estes obxectos, hoxe pezas de museo, rememoran fórmulas prácticas e enxeñosas para a época, e tamén nos falan da historia da humanidade. Demos luz ao asunto repasando as diferentes fórmulas de iluminación, para levarmos a práctica algunha delas Nivel educativo: Primaria e ESO »Tor como escenario de achegamento a heráldica
  • 25. Museo Pazo de Tor 24 Metodoloxía: Códigos, normas, historias; a heráldica é hoxe por hoxe un tema de interese e motivo de moitas consultas na rede. Independente do motivo de consulta: xenealoxía, representación dun apelido e a súa orixe; se investigamos un pouco descubriremos que este sempre nos achega a momentos históricos e tamén pode que a eventos de grande transcendencia na historia. Xogaremos elaborando o noso propio brasón e de paso indagaremos un pouco sobre nós Nivel educativo: ESO. »Sentido e sensibilidade, a viaxe dos sentidos polo Pazo de Tor Metodoloxía: Mergullarémonos no pasado pescudando entre as pezas e as estancias do pazo, tratando de captar os misterios e sensacións que envolven o noso museo. Xogo de probas no que os sentidos xogan un papel esencial para o coñecemento do museo desde dentro. O museo constituirá o noso panel de xogo, cada estancia será unha casiña a percorrer na nosa viaxe, iremos facendo paradas para desenvolver as diferentes probas do xogo: de memoria, de sons, de mímica, de coñecementos, de idiomas… Nivel educativo: Primaria e ESO »De safari polo Pazo Metodoloxía: Percorrido buscando animais representados en distintas obras expostas no Museo. Logo da busca, podemos xogar a agrupar os animais localizados segundo sexan de pelo ou de pluma, de terra ou de aire, mamíferos, etc. Remataremos a actividade completando un álbum cos cromos correspondentes aos animais avistados durante o safari. Nivel educativo: Educación Infantil, 1º,2º, 3º de E. Primario. »Crea o teu museo.
  • 26. Museo Pazo de Tor 25 Metodoloxía: Fago o meu museo, facemos o noso museo, creamos una rede. Os museos son relatores de historias. Desde a Rede Museística invitámosvos a que creedes o voso propio museo a partir dun diálogo aberto coas nosas coleccións e cos profesionais que traballan neste espazo. Se queres saber como, pregúntanos! Nivel educativo: Infantil e 3º, 4ª, 5º e 6º de Educación Primaria A NOVA PROGRAMACIÓN ESCOLAR 2019/20 Programa de actividades escolares curso 2019_2020: Museo Provincial de Lugo A vicepresidenta da Deputación de Lugo, Tereixa A. Ferreiro Tallón, xunto coa xerente da Rede Museística, Encarna Lago, presentaron esta mañá no Museo Fortaleza San Paio de Narla en Friol os programas de actividades
  • 27. Museo Pazo de Tor 26 escolares dos museos integrados na Rede da Deputación para o curso 2019-2020. A Rede Museística Provincial, dependente da área de Cultura da Deputación de Lugo, a través dos departamentos de didáctica dos catro museos que a integran (Museo Provincial de Lugo, Museo Fortaleza San Paio de Narla, Museo Provincial do Mar e Museo Pazo de Tor) pon a disposición dos centros escolares a súa programación para o curso escolar 2019 / 2020 e, como sempre, co obxectivo de fomentar o achegamento do alumnado ao patrimonio conservado nos nosos museos. PROGRAMA ESPECÍFICO MUSEO PAZO DE TOR – REDE MUSEÍSITICA
  • 28. Museo Pazo de Tor 27 4.2 OBRADOIROS DE VERÁN VERÁN (2019) NA REDE MUSEÍSTICA: Museo Pazo de Tor Este verán de 2019 mudamos a proposta, que non a filosofía, da nosa oferta de actividades e obradoiros para os máis pequenos. Cada un dos catro museos que compoñen a Rede Museística da Deputación de Lugo conta cun programa continuado de actividades moi variadas, sempre lúdicas, que se irán sucedendo ao longo dos días establecidos para cada quenda e cuxo obxectivo prioritario é achegar os asistentes ás fontes primarias de coñecemento para APRENDER a SER, a FACER, a COÑECER e a VIVIR COMPARTINDO. Chamámoslles campamentos porque nos xuntamos para “acampar”, neste caso nos museos. Acampar no sentido de compartir e colaborar na procura dun obxectivo común: a experiencia e a motivación que nos poden ofrecer os múltiples e variados contidos destes catro museos: O Museo Provincial de Lugo (cidade de Lugo), o Museo Fortaleza San Paio de Narla (Friol), O Museo Provincial do Mar (San Cibrao, Cervo) e o Museo Pazo de Tor (Monforte de Lemos). A intención, ademais de adquirir coñecementos, é promover a convivencia nestes espazos con tan importante legado histórico, lugares que convidan a coñecer e crear (imaxinar) desde as ciencias, artes e técnicas artísticas ou arqueolóxicas, sempre desde parámetros de igualdade, interdisciplinariedade e sostibilidade.
  • 29. Museo Pazo de Tor 28 As distintas actividades a realizar serán impartidas exclusivamente por profesionais dos museos da Rede Museística da Deputación de Lugo. CAMPAMENTOS Idades: de 4 a 12 anos e membros do Club Pequeamig@s. Prazas: 12 para cada quenda. Horario: de 11:00 a 14:00h. Quendas 1º.-quenda: do 9 ao 12 de xullo. 2º.-quenda: do 27 ao 30 de agosto. Inscricións Foi mediante o formulario específico no Departamento de Didáctica do Museo Pazo de Tor os días, 25, 26 e 27 de xuño. Comunicación admitidos: O día 1 de xullo comunicarase a listaxe de admitidos. A acollida de inscritos foi un éxito completándose a totalidade de prazas para os 4 días de campamento na primeira quenda, esperando que se repita a boa acollida da proposta de actividades do campamento por parte de nais e país e por supostos dos usuarios principais as nenas e nenos
  • 30. Museo Pazo de Tor 29 Foron un total de 3 actividades: dúas xornadas para o campamento de arqueoloxía cunha proxección de información dídáctica ao respecto e na que se levaron a cabo prospeccións e extracións de obxectos e fragmentos de diversos materiais, seguidamente as/os nenas/os levaron a cabo traballos de gabinete en canto a catalogación reconstrucción e argumentación dos diferentes achadegos para logo facer unha interpretación dos achádegos e posibles criterios expositicos de carácter museolóxicos. Esta actividade foi levada a cabo por Enrique Alcorta, Responsable do Departamento de Arqueoloxía da Rede Museística Provincial de Lugo.
  • 31. Museo Pazo de Tor 30 Unha xornada para a visita-actividade “A fauna no Museo Pazo de Tor e a última actividade “Un día de labores nun Pazo” actividade que contou cun obradoiro de prantación e recolección nas mini-hortas do Pazo e a elaboración do Pan en forno de leña do Pazo.
  • 32. Museo Pazo de Tor 31 ACTIVIDADES PARA O CLUB SÉNIOR »Álbum de Memoria Data: 13 de agosto. Horario: De 11:00 a 13:00h. ACTIVIDADES PARA O CLUB EI! »Todos os camiños levan a Tor Animamos a membros do Club Ei! e a mozas e mozos interesados a participar nesta iniciativa coa que vos propoñemos coñecer os fondos do Museo Pazo de Tor. Abonda con que vos acheguedes ao Museo e o solicitedes. Así, ademais de apoiarmos a declaración da Ribeira Sacra como Patrimonio da Humanidade, chamamos a atención sobre a necesidade de dar visibilidade ao noso patrimonio e dámos continuidade ao proxecto deseñado por Antonella Sturla (Buenos Aires) e Tatiana Fernández (Lugo) que realizaron as prácticas na Rede Museística baixo o título “Todos los caminos llegan a Tor”. Se te animas, fáinolo saber. Se investigas sobre os fondos do Pazo de Tor, podemos “dar visibilidade” ao teu esforzo a través da web da Rede Museística da Deputación de Lugo.
  • 33. Museo Pazo de Tor 32 Actividade contra a violencia machista: 26 de novembro de 2019 As amigas e amigos da Residencia de Maiores de Monforte, logo de realizar a visita- obradoiro, procederon á apertura do "Libro de Sinaturas contra a violencia de Xénero e a opresión dos discursos de poder". Dende o 26 de Novembro de 2019 ao 24 de Novembro de 2020 estará exposto e a disposición das visitas para que podan expresar os seus desexos. Porque a violencia e a opresión son crimes persistentes para que no 2020 se acade o obxetivo: Violencia Cero.
  • 34. Museo Pazo de Tor 33 4.3 ACTIVIDADES DE NADAL 2019 - MUSEO PAZO DE TOR REDE MUSEÍSITICA NECESIDADES URXENTES – OBXECTIVOS DE DESENRROLO SOSTIBEL ALIANZAS PARA LOGRAR OS OBXECTIVOS ACTIVIDADE: As tarefas nun museo. Un xogo ben divertido e reflexivo. Hoxe toca catalogar! O fin dos museos e polo tanto os compromisos que adquiren foron mudando ao longo do tempo. Na actualidade a nova museoloxía está a repensar os discursos sobre as propias institucións e as súas coleccións, en canto as coleccións compre salientar que os seus catálogos son revisados periódicamente. Metodoloxía: Ben pois mans a obra! A poner o mandil e imos darlle un repaso as coleccións do Pazo e adicarémonos a recatalagor algúnhas pezas nos apartados dos 17 obxectivos sostíbles de Nacións Unidas Nova actividade. DESCRIPCIÓN / PROCEDEMENTO.
  • 35. Museo Pazo de Tor 34 Nenxs e monitores reuniranse nunha sala para explicar por medio de preguntas e aclaracións as definicións e funcións dos museos, o seus cometidos. Explicar que estamos nun deles e que ten que cumplir as diferentes funcións definidas. Dentro dos obxectivos dos propios museos falaremos dos obxectivos que nos son comúns a nivel global e compre empezar actuar ao respecto partindo dese momento coa reflexión sobre os 17 Obxectivos da axenda de NU 2020/2030. Procederase a repartir as cartulinas cos 17 obxectivos Seguidamente pasaremos a práctica, poñendo cada un seu mandilón e se fará entrega de diferentes fichas de catalogación das diferentes pezas previamente escolleitas que están no museo e que escollerán por votación. Reflexionaremos sobre elas.
  • 36. Museo Pazo de Tor 35 Un vez dentro do Pazo o monitor fará unha breve intro recordando onde que estamos nun museo falando da benefactora. O monitor guiará cara as diferentes obras escolleitas. Fronte a obra colectivamente trataremos de atribuir a un obxectivo ou obxectivos que creemos que pode transmiter e así incluílo no catálogo. Unha vez rematado o percorrido catalogando as pezas da colección regresaremos a aula para depositar o material (mandilóns) e cada neno levará e falará da recén catalogada e que cousas ve distintas a antes e despois de catalogala Data: 28/12/2019 Horairo: de 11:00h a 12:30h Idades: de 6 a 14 anos (orientativas)
  • 37. Museo Pazo de Tor 36 ACCIÓN URXENTE – VIDA DE ECOSISTEMAS TERRESTRES Obradoiro que non sería posible se non fose polas abellas, as cales lles temos moito que agradecer e comprobaremos o porqué. ACTIVIDADE: A Luminaria en Tor. Entre luz e fusco a luz da candea. A sensación espacial dos interiores e exteriores do Pazo á noitiña, non fai moito eran ben diferentes. O xeito de iluminar estes espazos mudou ben! Velas, candís, quinqués de gas, carburo ou lámpadas de aceite… proxectaban sombras e arumes que lle conferían unha sensación espacial máxica e misteriosa. Es tes obxectos, hoxe pezas de museo, rememoran fórmulas prácticas e enxeñosas para a época e tamén nos falan da historia da humanidade. Demos luz ao asunto repasando as diferentes fórmulas de iluminación, para levarmos a práctica algunhas delas. Data: 21/12/2019 Horario: de 11:00h a 12:30h Idades: de 6 a 14 anos (orientativas)
  • 38. Museo Pazo de Tor 37 ACTIVIDADE: As tarefas nun museo. Un xogo ben divertido e reflexivo. Hoxe toca catalogar! O fin dos museos e polo tanto os compromisos que adquiren foron mudando ao longo do tempo. Na actualidade a nova museoloxía está a repensar os discursos sobre as propias institucións e as súas coleccións, en canto as coleccións compre salientar que os seus catálogos son revisados periódicamente. Metodoloxía: Ben pois mans a obra! A poner o mandil e imos darlle un repaso as coleccións do Pazo e adicarémonos a recatalagor algúnhas pezas nos apartados dos 17 obxectivos sostíbles de Nacións Unidas Nova actividade. DESCRIPCIÓN / PROCEDEMENTO. Nenxs e monitores reuniranse nunha sala para explicar por medio de preguntas e aclaracións as definicións e funcións dos museos, o seus cometidos. Explicar que estamos nun deles e que ten que cumplir as diferentes funcións definidas. Dentro dos obxectivos dos propios museos falaremos dos obxectivos que nos son comúns a nivel global e compre empezar actuar ao respecto partindo dese momento coa reflexión sobre os 17 Obxectivos da axenda de NU 2020/2030. Procederase a repartir as cartulinas cos 17 obxectivos repasando cada un deles
  • 39. Museo Pazo de Tor 38 Seguidamente pasaremos a práctica, poñendo cada un seu mandilón e se fará entrega de diferentes fichas de catalogación das diferentes pezas previamente escolleitas que están no museo e que escollerán por votación. Reflexionaremos sobre elas. Un vez dentro do Pazo o monitor fará unha breve intro recordando onde que estamos nun museo falando da benefactora. O monitor guiará cara as diferentes obras escolleitas. Fronte a obra colectivamente trataremos de atribuir a un obxectivo ou obxectivos que creemos que pode transmiter e así incluílo no catálogo. Unha vez rematado o percorrido catalogando as pezas da colección regresaremos a aula para depositar o material (mandilóns) e cada neno levará e falará da súa ficha de colección recén catalogada e que cousas ve distintas a antes e despois de catalogala. Data: 28/12/2019 Horario: de 11:00h a 12:30h Idades: de 6 a 14 anos (orientativas)
  • 40. Museo Pazo de Tor 39 Exemplo de ficha para a actividade ODS. Axenda 2020 – 2030.
  • 41. Museo Pazo de Tor 40 5. PROGRAMA DE ACCIÓN CULTURAL 17 DE MAIO: DÍA DAS LETRAS GALEGAS O historiador, investigador e profesor Antón Fraguas Fraguas é o personaxe escollido pola RAG neste 2019 para homenaxear no Día das Letras Galegas. Naceu en Cotobade, 1905 e faleceu en Santiago de Compostela de1999. Foi director e presidente do Museo do Pobo Galego, fundador da Sociedade de Lingua, membro das Irmandades da Fala e do Seminario de Estudos Galegos. »Escénicas en Rede Actividades de danza, teatro, artes plásticas que se realizan en colaboración con colectivos externos e que se desenvolven en distintas sedes, dentro e fóra do propio museo. Os días 13, 20 e 27 de maio realizaranse actividades no Centro Ágora, de Monforte, co colectivo ACADAR. VISITAS GUIADAS »Musalinguas Visitas dialogadas a diferentes salas deste Museo. Un modo de comunicación e intercambio de saberes e experiencias entre o guía e os visitantes, tendo en conta ás súas linguas e culturas. Duración da visita: 1 hora.
  • 42. Museo Pazo de Tor 41 Todos os días, entre o 14 e o 19 de maio, ás 11:00h. EXPOSICIÓNS Exposición: A muller do século XXI. Mans Unidas (do 8 ao 30 de maio). Exposición: Bruxa! Libres, rebeldes, insubmisas (do 8 de maio ao 9 de xuño). O Museo Pazo de Tor durante a semana das letras galegas, preparou un guión especial para as vistias. O Cuarto de Estar como punto de intrahistoria do Pazo, onde cada mércores se celebraba o encontro de poesía e os recitáis nos que asiduamente participaban Manuel María, Uxío Novoneyra. Os museos da Rede Museística da Deputación de Lugo sumámonos á celebración do Día de Rosalía de Castro o próximo domingo, 24 de febreiro, data que coincide coa de aniversario de nacemento da ilustre escritora. A celebración consiste en que cada visitante que se achegue a algún dos 4 museos da Rede Museísitica Provincial de Lugo ou sala de exposicións recibirá de agasallo (ata fin de existencias) unha lámina da autoría de Noemí López e unha rosa.
  • 43. Museo Pazo de Tor 42 A lámina de agasallo é da autoría de Noemí López, está inspirada no poema 31 do libro Cantares Gallegos de Rosalía. 5.2 O ENTROIDO. Como é ben sabido o Entroido ten moito arraigo na comarca de Lemos, sendo estas últimas décadas moi fructíferas na recuperación desta tradición anterga e singular en cada lugar; grazas ao esforzo por manter unha tradición que é parte da nosa cultura e é un lazo vivo interxeracional. Se na ribeira de chantada están os volantes, na Pobra do Brollón o Oso, en Monforte, sempre houbo moito esmero nos compadres e comadres, coma sempre... non queda títere con cabeza como se di :-D
  • 44. Museo Pazo de Tor 43 Este ano a temática escollida foi de corte medieval tendo como episodio histórico a famosa Batalla de Campo Ramiro, suceso cun esceario aínda non moi claro nas proximidades de Chantada no lugar de Castro Candaz a beira do Miño. Sendo na actualidade un lugar moi concurrido por mor dos restos constructivos que emerxen do río cando baixa o encoro, a liña argumental de tal relación está na suposta participación con resultado victorioso para os
  • 45. Museo Pazo de Tor 44 locais contra os normandos no século X, as principais familias da zona entre eles os Garza de Tor se lles supón a participación en tal batalla. Debido ao fenómeno tv payperview de “Juego de Tronos” recreouse unha paradoio sobre tal evento con certos guiños, un pouco retranqueiras sobre a serie onde parece que logo da batalla os de Moreda non saíron moi ben parados cos de Tor Nesta iniciativa tratouse de manter os elementos tradicionais de compadres e comadres da Comarca. Estes terán un carácter burlesco, facendo referencias a fenómenos ou noticias de certa envergadura e trasladalas de xeito local a lugares ou oficios ou mesmo persoeiros coñecidos. DE MUSEO A MUSEO: ROTEIROS DA REDE MUSEÍSTICA » Roteiro do Museo Provincial do Mar ao Pazo de Tor » Roteiro do Museo Provincial do Mar ao Museo Provincial de Lugo » Roteiro do Museo Provincial do Mar ao Pazo de Tor » Roteiro do Museo-Fortaleza San Paio de Narla ao Museo Provincial do Mar » Roteiro do Museo Provincial do Mar ao Museo-Fortaleza San Paio de Narla
  • 46. Museo Pazo de Tor 45 I TORNEO DE XADREZ MUSEO PAZO DE TOR SÁBADO 27 DE XULLO 2019 Dentro do programa de actividades e obradoiros de verán que ven desenvolvendo a Rede Museística Provincial de Lugo xunto co Terceiro Sector, o Museo Pazo de Tor acolle este sábado 27 de xullo a celebración dun torneo de Xadrez en colaboración coa Asociación Galega de Axedrecistas. Serán preto de 30 participantes de todas as edades e categorías. O propósito do torneo é facermos comunidade e difundir o patrimonio moble cunha pequena exposición das mesiñas de xadrez antigas que ten este museo, e tamén promover un deporte que formou parte da historia lúdica dun pazo que tiña un dos seus salóns adicados ao xogo, una actividade que non hai tanto era propia das clases aristocráticas.
  • 47. Museo Pazo de Tor 46 6. MUSEOLOXÍA SOCIAL Programa de visitas, adaptadas para capacidades diferentes. Tamén se mantén contacto con diferentes entidades de servizos socias e especialmente con xeriatros para a oferta de talleres adaptados e con carácter interxeracional.
  • 48. Museo Pazo de Tor 47 Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller O Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller celébrase en todo o mundo o 25 de novembro, data sinalada pola NU para chamar a atención sobre a discriminación e a desigualdade por razón de xénero. Os museos da Rede Museística da Deputación de Lugo conmemoran esta data reivindicativa cun programa de actividades nos 4 museos da Rede.
  • 49. Museo Pazo de Tor 48 O Museo Pazo de Tor fixoo coa colaboración de Residencia de Maiores de Monforte, logo de realizar a visita- obradoiro, procedemos á apertura do "Libro de Sinaturas contra a violencia de Xénero e a opresión dos discursos de poder". Dende o 26 de Novembro de 2019 ao 24 de Novembro de 2020 estará exposto e a disposición das visitas para que podan expresar os seus desexos. Porque a violencia e a opresión son crimes persistentes para que no 2020 se acade o obxetivo: Violencia Cero.
  • 50. Museo Pazo de Tor 49 7. DÍA INTERNACIONAL DOS MUSEOS 7.1 DÍA INTERNACIONAL DOS MUSEOS – SEMANA DOS MUSEOS 2019 Día Internacional dos Museos 2019. Os museos como eixos culturais: o futuro das tradicións Este ano o tema escollido para o Día Internacional dos Museos (DIM) 2019 é “Os Museos como eixos culturais: o futuro das tradicións”, que encaixa á perfección coas teimas museolóxicas da Rede Museística Provincial de Lugo. O Pazo de Tor esforzase por enfrentar os desafíos da sociedade actual de maneira proactiva. Como institución situada no corazón da súa comunidade, rescataremos tradicións que terán novos significados para as xeracións futuras e relevancia para un público global cada vez máis diverso. Actividades no Museo Pazo de Tor: 14-18 de maio de 2019 Ao longo da semana veremos outras caras menos coñecidas do Museo Pazo de Tor que nos conectan con certas tradicións. Invitámosvos a que
  • 51. Museo Pazo de Tor 50 veñades participar nas seguintes actividades deseñadas para todos os públicos, cativos e maiores (Clube Pequeamigos, Clube Ei! e Clube Sénior) para lembrar algunhas tradicións ou as aprender. OPORTUNIDADE ÚNICA!!! Sodes moita xente a que leva tempo agardando a restauración da planta baixa do Pazo de Tor, a mesma xente que se pregunta se algún día a poderá visitar. Pois esta semana é a vosa oportunidade… Por primeira vez na historia deste museo, e de forma excepcional, o Pazo de Tor abre as portas de varias estancias destinadas hai moito tempo ao servizo doméstico dos señores. -Falamos da antiga BODEGA DE DIARIO e da SALA do SALGADOIRO. Nelas poderedes ver o espazo que ocupaba a bodega, coas estruturas de madeira orixinais para dispor as pipas de viño, e un enorme salgadoiro de Chopo Negro para salgar a carne de porco despois da matanza. -Nunca se mostraran os TRILLOS e os FORNOS e outros uteis relacionados co mundo do pan. Agora poderedes desfrutar dunha visita a eses fornos de leña, poderedes ver dous trillos espectaculares, e aprenderedes como se facían estes aperos con madeira e lascas de pedra, como se trillaba o trigo para despois facer a fariña e cocer o pan. -Cando visitades o primeiro andar do Pazo, sempre vos fixades nas cornamentas dos cervos e pelexos que alfombran os salóns. Pois resulta que o Pazo de Tor contaba cun COMEDOR exclusivo para os CAZADORES. Na planta baixa do edificio, temos descuberto hai pouco uns MURAIS con motivos decorativos relacionados co mundo da caza que adornaban esta estancia.
  • 52. Museo Pazo de Tor 51
  • 53. Museo Pazo de Tor 52 8. PROGRAMA EXPOSITIVO. 8.1EXPOSICIÓN: UN DE CEN: Comprendendo o Espectro Con motivo do DÍA MUNDIAL da CONCIECIACIÓN do AUTISMO vai ter lugar no Refectorio do MPlugo o luns, 1 de maio, ás 13:00h., o acto de inauguración da mostra “UN DE CEN: Comprendendo o Espectro”, mostra que se vai poder ver tamén nos demais museos da Rede Museística Provincial. No mesmo acto, promovido pola Federación Autismo Galicia, presentarase o proxecto co mesmo nome que se leva a diante en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela. Intervirán no acto o presidente da Deputación de Lugo, don Darío Campos Conde e a presidenta da Federación Autismo Galicia, dona María José Álvarez Folgar. O proxecto “UN DE CEN: Comprendendo o Espectro” é o resultado da colaboración entre a Universidade de Santiago de Compostela e a Federación Autismo Galicia. A mostra propón afianzar o potencial creativo das persoas con Tea (Trastorno do Espectro do Autismo). Cada unha das obras é o
  • 54. Museo Pazo de Tor 53 resultado da participación das distintas entidades que conforman a Federación Autismo Galicia, coa que pretendemos xerar un mirada renovada e empática cara ao colectivo. A mostra consta de máis de 35 obras individuais e corais inspiradas nas manifestacións artísticas máis actuais. A visión xeral é que as persoas con TEA presentan unha baixa fluidez nas tarefas de pensamento diverxente. Con todo, xeran un alto número de respostas fóra do usual nas mesmas tarefas de pensamento diverxente. A xeración de novas ideas é un requisito para calquera resolución creativa polo que pode considerarse unha avantaxe adaptativa asociada aos trazos autísticos. Con esta mostra queremos facer visibles estas capacidades, e ampliar a visión xeral que existe sobre as aptitudes das persoas con TEA.
  • 55. Museo Pazo de Tor 54 8.2 EXPOSICIÓN: Conversas, de Sabela Arias Castro Inauguración: xoves, 11 de abril, ás 20:00h. Sala Multiusos do MPLugo. EXPOSICIÓN: Conversas, de Sabela Arias Castro Mostra integrada no proxecto expositivo “EU… TI… ELAS… NOSOUTRAS… NOSOUTRXS EN REDE 2019”, repartida polos catro museos da Rede Museística Provincial do 11 ao 30 de abril de 2019. EXPOSICIONS INDIVIDUAIS -2011 -"Paisaje cotidiano" Sala de exposiciones Multiusos A Xunqueira, septiembre, catálogo, Redondela, Pontevedra - "Habitación ocupada" intervención del espacio, Museo Pazo de Tor, Red Museística Provincial, agosto, Tor, Lugo - "Paseo por la playa" audiovisual y pintura, Museo del Mar, Red Museística Provincial, agosto, San Cibrao, Lugo - "Musas" intervención, Museo-Fortaleza San Paio-Narla, Red Museística Provincial, agosto, San Paio-Narla, Lugo
  • 56. Museo Pazo de Tor 55 8.3 EXPOSICIÓN: BRUXA! Libres, rebeldes, insubmisas, de Viki Rivadulla Inauguración: Mércores, 8 de maio de 2019, 20:00h. Actuación musical: Fabiola García Rangel "Canto latinoamericano de muller" Datas: Desde o 8 de maio ao 9 de xuño de 2019. Organiza: Rede Museística Provincial. Lugar: Refectorio do MPLugo e Museos da Rede Museística Provincial Museo Pazo de Tor, Monforte (+horario de visitas) Viki Rivadulla ( A Coruña 1964) É pintora e escultora autodidacta . Tamén é artesá bonequeira ( obtivo a carta de artesá no ano 2002). Ten experiencia docente tanto no campo da filosofía (traballou como profesora de Filosofía e Historia Contemporánea na Academia Aula Nosa da Coruña e como profesora de Técnicas de Estudio e Clases de Apoio para alumnos do IES Ramón Caamaño de Muxía) coma na artesanía (dou numerosos cursos de modelado e bonequería, sobre todo para nenos/as). Actualmente é técnica de cultura do Concello de Muxía.
  • 57. Museo Pazo de Tor 56 EXPOSICIÓN: O poder da presenza. Eliminando os límites autoimpostos Esta exposición amosa obra das galegas Ana Kala, Luz Darriba, Mónica Alonso, Nuria Lago, Paula Noya, Reme Remedios, Ruth Lodeiro, Ruth Montiel Arias, Yolanda Dorda e Xisela Franco, as asturianas Emma Fernández Granada e Natalia Pastor, e as castelán-leonesas Mariña Núñez e Yolanda Santamaría. Tivo lugar na Sala de Exposicións Pazo de San Marcos (sede da Deputación de Lugo). Inauguración: 31 de outubro ás 20.00 h. Desde o 31 de outubro ao 18 de decembro de 2019 Parte das obras están expostas no Museo Fortaleza San Paio de Narla, Museo Provincial do Mar e Museo Pazo de Tor. Comisariado: Mujeres Mirando Mujeres Patrocina: Deputación Provincial de Lugo. Rede Museística de Lugo. Organiza: Arte a un Click Horario de visitas Luns a venres: 11:00 a 14 e de 17:30 a 20:30 h. Sábados: 10:30 a 14 e de 16:30 a 20 h. Domingos e festivos: 11 a 14 h. Entrada gratuíta Ademais de na Sala de Exposicións do Pazo de San Marcos, a exposición estenderase a todos os museos da Rede Museística Provincial de Lugo. Así, poderá verse a obra de Natalia Pastor no Museo Provincial de Lugo, de Reme Remedios no Museo Fortaleza San Paio de Narla, de Ruth Lodeiro no Museo Provincial do Mar, e de Xisela Franco, no Museo Pazo de Tor. Nestes casos, farase unha relectura das obras para xerar un diálogo reivindicativo e natural coas obras dos propios museos. O PODER DA PRESENZA. ELIMINANDO OS LÍMITES AUTOIMPOSTOS A segunda edición do PODER DA PRESENZA de Mujeres Mirando Mujeres. ELIMINANDO OS LÍMITES AUTOIMPOSTOS, organizada por Arte a un Click e comisariada por Mujeres Mirando Mujeres, foi convidada pola Deputación Provincial de Lugo como parte da súa programación cultural, sumándose así
  • 58. Museo Pazo de Tor 57 ao proxecto da Rede EU... TI... ELAS... NOSOUTRAS, NOSOUTRXS EN REDE". A mostra puidose visitar na Sala de Exposicións do Pazo de San Marcos da Deputación Provincial de Lugo e estenderase a toda a Rede Museística de Lugo. Unha edición marcada por unha profunda análise e unha ampla presenza de artistas galegas. 14 artistas, procedentes de Galicia, Asturias, Cantabria e Castela e León, presentadas nas distintas edicións de Mujeres Mirando Mujeres por xestoras culturais mostraron os seus traballos nesta segunda edición de “O poder da presenza”. Mujeres Mirando Mujeres é un proxecto de arte e xénero que celebrou xa a súa V edición, cuxo obxectivo é poñer en valor e dar visibilidade ao traballo de mulleres artistas e axentes de arte. Con “O poder da Presenza. Eliminando os límites autoimpostos” dá continuidade ao proxecto expositivo iniciado o ano pasado dando o salto do plano virtual ao espazo físico. Seguindo o ronsel desa primeira edición na que se presentou o traballo de artistas, xestoras e comunicadoras das tres primeiras edicións de “Mujeres Mirando Mujeres”, presentaranse, nesta ocasión, o traballo de 14 artistas procedentes de Galicia, Asturias, Castela e León e Cantabria, participantes nas cinco primeiras edicións de MMM. Os traballos das artistas que aquí se expoñen tratan de cuestionar, utilizando a arte como unha ferramenta de cambio e reflexión, os lugares aos que a muller foi relegada, mesmo dunha forma autoimposta, como consecuencia do
  • 59. Museo Pazo de Tor 58 sistema patriarcal. Estas obras falan dos cambios que se están producindo na actualidade, da eliminación deses límites autoimpostos, de novas formas de interacción, das batallas que se libran no ámbito do feminino de forma externa pero tamén interna, cuestionando o discurso de dominación heteropatriarcal. Premio Luisa Pita Galería de Arte A galería de arte Luisa Pita quixo sumarse ao evento patrocinando o premio que levará o seu nome. Unha das artistas será seleccionada para expoñer de forma individual na galería Luisa Pita de Santiago de Compostela en 2020 con apoio e difusión de Mujeres Mirando Mujeres. O xurado encargado da selección estará composto por Luisa Pita (directora da galería Luisa Pita de Santiago de Compostela), Adriana Pazos Ottón e Mila Abadía (Mujeres Mirando Mujeres), Encarna Lago (xestora da Rede Museística Provincial de Lugo) e Paula Cabaleiro (comisaria). Artistas participantes Ana Kala (fotografía) presentada por Doll Ida. Emma Fernández Selecta (fotografía) presentada por Patricia Acal. Luz Darriba (instalación) presentada por Pilar Sánchez. Mariña Núñez (vídeo) presentada por Mariña Fertré. Mónica Alonso (debuxo) presentada por Adriana Pazos Ottón. Natalia Pastor (debuxo) presentada por Susana Carro. Nuria Lago (pintura) presentada por Elena Bangueses. Paula Noya (instalación) presentada por Paula Cabaleiro. Reme Remedios (debuxo e pintura) presentada por Pilar Bonet. Ruth Lodeiro (instalación) presentada por Sara Pérez Belo. Ruth Montiel Arias (vídeo) presentada por Audrey García. Yolanda Dorda (pintura) presentada por Luisa Pita. Yolanda Santamaría (pintura) presentada por Montaña Furtado. Xisela Franco (vídeo) presentada por Elena Bangueses.
  • 60. Museo Pazo de Tor 59 EXPOSICIÓN: Rafael Úbeda. Cromatismo expresivo Inauguración: martes, 1 de outubro de 2019, 20:00h. Datas: Desde o 1 de outubro ao 8 de decembro de 2019. ÚBEDA, CROMATISMO MELÓDICO Desde a experiencia que lle proporciona a súa continuada e sólida posición como artista, Rafael Úbeda encóntrase, actualmente, nunha etapa na que afronta a creación, trazando unha realidade nunca vista, inmerso no seu particular mundo plástico sonoro, de atrevidas sucesións de formas, equilibrios e contorsións. O propio pintor expresou nalgunha ocasión: “ … a miña pintura camiña cara a unha continuada síntese; eu diría cara á máxima esencia, pero sen desbotar a figuración, por moi deformada que a presente, pois sinto viva necesidade desa tensión que a propia vida nos ofrece, xa que a nosa máis enérxica obsesión nos despraza – antes que nada - ao noso eu, con todas as súas manifestacións, alegres ou dramáticas. Interésame o dinamismo, a procura de novas formas, o ritmo e a modalidade que constitúen “esencia”, as sucesivas improntas de cor ben marcadas, para conseguir ese difícil resultado expresivo”.... Pilar Corredoira. Historiadora de Arte Contemporánea CROMATISMO EXPRESIVO
  • 61. Museo Pazo de Tor 60 EXPOSICIÓN: Rastro material. Aprender do arquivo (Notas para a construción dun arquivo de Ephemera), de Silvia García González (do 5 de decembro de 2019 ao 26 de xaneiro de 2020) Nesta exposición os libros de artista, como artefactos, dialogan cos espazos domésticos do Pazo de Tor, nos que podemos ler os rastros de outras vidas, obxectos que foron herdados e colocados na escenografía sentimental e simbólica que todos imos construíndo ao longo da vida. Que papeis gardamos? notas, listas, papeliños, todo ese material efémero fala de nós. Os ephemera no ámbito dos arquivos alude a aqueles documentos que non foron creados para perdurar (e niso distínguense dos libros e os documentos administrativos). Na casa dos meus pais, había unha carpetiña de cartón que gardaba todo o rastro material do meu avó paterno. A súa vida legal estaba recollida nesa carpeta de cartón. Os papeis que gardamos son, sobre todo, os papeis que a sociedade nos obriga a gardar, papeis que teñen que ver co rexistro da nosa identidade, coas propiedades herdadas, cos estudos, con trámites administrativos. Nesa carpeta, no medio dos papeis importantes, aparecían como intrusos pequenos rastros do cotián, modestas listas da compra nas que se apuntaban os víveres que precisaba un pequeno barco de baixura que faenaba na costa de Portugal. Esta cuestión acerca dos papeis e o rastro material espertou o meu interese cando me decatei que na nosa sociedade tiramos moitos rastros do pasado, porque non teñen "valor" porque non son xoias nin vaixelas fermosas. O prezo do metro cadrado da vivenda fai que haxa unha verdadeira praga de bibliotecas desfeitas (algunhas acaban en contedores). Non é so pola falta de espazo, parece que todo está na "nube" que todo está dixitalizado, e o feito de tocar e manipular os libros e os papeis como obxectos físicos converteuse en algo secundario. Silvia García González. Universidade de Vigo
  • 62. Museo Pazo de Tor 61 9. CONGRESOS. O VI Congreso Xéneros, Museos, Arte e Educación (celebrado en Lugo 9, 10 e 11 de maio 2019)1, partindo do recollido polo MDPP do ICOM en decembro de 2018, centrou a súa temática na “redefinición actual de museo”. Organizado pola Rede Museística Provincial de Lugo e xa a súa sexta edición, o Congreso propúxose como o foro idóneo no que iniciar o proceso de reinterpretación, revisión, reescritura e reformulación da definición actual de museo; aportando innovación e implementando a perspectiva de xénero. O fin do mesmo perseguía a creación dunha ferramenta de traballo válida, transparente, igualitaria de recomendacións efectivas para facer da definición e dos museos espazos reais de igualdade, colaboración e compromiso coa sociedade. Seguindo ditas premisas, e co fin de proporcionar dita ferramenta ás Administracións e Organismos que velan polos mesmos, realízase este informe.
  • 63. Museo Pazo de Tor 62 Un foro dirixido a profesionais dos Museos O VI Congreso Xéneros, Museos, Arte e Educación estivo dirixido a persoas que; xa desde o exercicio profesional, da investigación ou a formación, xa por interese e participación social sentíranse atraídas polas ciencias e disciplinas que conflúen na temática do congreso: museoloxía, museografía, deseño, xestión cultural e patrimonial, historia, arqueoloxía, restauración de bens culturais... e a todos aqueles grupos de investigación, empresas e institucións que desenvolven a súa labor no ámbito da musealización e/ou posta en valor do Patrimonio Cultural. Un novo formato novidoso e participativo Co fin de proporcionar un verdadeiro foro de debate activo, o VI Congreso Xéneros, Museos, Arte e Educación, cambiou o seu formato e organizouse en Mesas de Traballo nas que se agruparon xs participantes. Estas, paralelas e simultáneas, promoveron o diálogo e implementaron a participación dxs persoas asistentes de xeito guiado, coherente e crítico de cara analizar os temas específicos encomendados. O principal obxectivo era o de obter conclusións que se concretasen en directrices, recomendacións ou suxerencias reunidas nas Sesións Plenarias asociadas e que conforman o presente documento. A segunda xornada desenvolveuse no Museo Pazo de Tor creándose as seguintes mesas de traballo e abranguendo a seguintes temáticas
  • 64. Museo Pazo de Tor 63 Mesa de Traballo 2 Observando a semente II Museo Pazo de Tor 10/5 11-12h O VI Congreso de Xéneros, Arte, Museos e Educación seguindo o enunciado instou, nesta segunda mesa de traballo, a reflexionar sobre a construción da igualdade e en igualdade; debendo xs profesionais aproximarse aos seguintes temas e contestar, en base a estes, as preguntas cara a unha igualdade real desde os diferentes departamentos e funcións dos museos. Preguntas chave: Que poido facer eu? O eu individual, o eu profesional? O museo como institución, pode fomentar o cambio social? Recollido o desenvolvemento de cada un dos grupos e lido polxs representantes na Sesión Plenaria conxunta, a maioría dxs profesionais coinciden en: Ante a pregunta Que poido facer eu? a. Incorporar a linguaxe de xénero, inclusiva, subliñando o feito de que: “ Nomear é existir, é definir; e o que non se nomea non se define e non existe ”. b. “ Incorporarnos á Historia -ao relato- xa !”. Os museos deben ser sostíbeis, ofrecer referentes, ser feministas e chegar á sociedade. c. Apostan polo activismo e as actitudes proactivas; subliñando a importancia da incorporación destas actitudes, as persoais, á colectividade como aportación á institución. “ Tenemos que hacer lo que sea y además tenemos que hacerlo como sea. Tenemos que empoderarnos nosotras, porque las instituciones no van a hacerlo ”, Margarita Sala. d. Son conscientes da lentitude institucional e das dificultades ou
  • 65. Museo Pazo de Tor 64 barreiras inherentes ao fin marcado e propio espírito feminista: as primeiras relativas á frustración ou o cansancio pola falta de implicación institucional e/o do propio persoal dos museos, xs nosxs compañeirxs e as segundas as propias para o empoderamento persoal e colectivo; polo que subliñan a importancia de perseverar e de buscar motivacións. Ante a pregunta O eu individual, o eu profesional? a. Subliñan que serán as actitudes proactivas e o activismo as que xerarán e/ou implementarán o deseño de estratexias e planos que contemplen a perspectiva de xénero de forma sistemática e cotiá dentro da institución. b. Inciden en que a acción individual pode fomentar o cambio institucional a través da visibilización do conflito e a apertura do debate colectivo. c. Subliñan a importancia do papel individual e colectivo do Director/a. Esta figura que; debería evitar a inxerencia superior -cargos e políticas institucionais- e o anquilosamento inferior -dos diferentes departamentos e o seu persoal; ten a potestade de establecer unha liña clara de actuación, marcado e definindo un camiño a seguir que en cuestión de xéneros e inclusión debería non ter retroceso posible. Ante a pregunta O museo como institución, pode fomentar o cambio social? a. Si -resposta por unanimidade-. b. Subliñan a importancia das accións presentes; as exposicións temporais e as actividades complementarias que están desenvolver desde as institucións de cara á potenciación da perspectiva de xénero no patrimonio cultural; mais instan á creación de novas dinámicas permanentes que rachen coa xerarquía piramidal, cos metarrelatos e/ou discursos de poder.
  • 66. Museo Pazo de Tor 65 Mesa de Traballo 3 Observando a semente III Museo Pazo de Tor 10/5 12-13h Continuando coa dinámica e a temática proposta na anterior sesión de traballo; o VI Congreso de Xéneros, Arte, Museos e Educación instou nesta terceira mesa a reflexionar sobre a construción dos discursos e a súa accesibilidade/disponibilidade social, debendo xs profesionais aproximarse aos seguintes temas e contestar, en base a estes, as preguntas reflexivos públicos. discursos museolóxicos e a súa relación coa sociedade. Preguntas chave: Que relato estamos a facer? Que relato estamos a trasladar? Que hai da transversalidade? Está ao servizo da sociedade? Recollido o desenvolvemento de cada un dos grupos e lido polxs representantes na Sesión Plenaria conxunta, a maioría dxs profesionais coinciden en: Ante a pregunta Que relato estamos a facer? a. Estamos a facer discursos de poder, sometidos á metahistoria. b. Inciden e valoran positivamente o proceso que están a vivir un bo número de museos na actualidade, en diferentes fases de resignificación dos seus discursos. Un proceso que, aínda que non homoxéneo; uns aínda en deconstrución mentres ca outros xa en construción de novos discursos museolóxicos; si de reflexión e actualización dos discursos. Ante a pregunta Que relato estamos a trasladar? a. Estamos a
  • 67. Museo Pazo de Tor 66 trasladar o metarrelato dominante, academicista, instaurado na metahistoria; o aceitado polas estruturas institucionais. b. Subliñan o inmobilismo e a lentitude dos procesos institucionais de cara ao cambio dos discursos. c. Só se albiscan os microrrelatos inclusivos nas actividades complementarias e/ou temporais non permanentes, agás algúns casos illados. Ante a pregunta Que hai da transversalidade? a. Os relatos permanentes existentes non transladan con inclusión nin transversalidade a igualdade de xéneros ou á colectividade. b. Inciden na manipulación desde o poder do termo “inclusivo”, para evitar definir a diversidade. Ante a pregunta Está ao servizo da sociedade? a. Si, mais en xeral dun xeito anacrónico; o que amosa un distanciamento desta cos espazos museísticos. b. O uso de novas ferramentas como as RR.SS. implementan as accións inclusivas e palían o distanciamento dos museos da sociedade e da súa diversidade. Mesa de Traballo 4 Que e como sementar? Museo Pazo de Tor 10/5 15:30-17:30h Tralas reflexións; e de cara crear unha ferramenta de traballo válida, transparente, igualitaria de recomendacións efectivas para facer da definición e dos museos espazos reais de igualdade; o VI Congreso de Xéneros, Arte, Museos e Educación instou nesta cuarta sesión de traballo á creación das solucións, debendo xs profesionais aproximarse aos seguintes ndo e actual e as observacións realizadas, dotar e implementar a perspectiva e igualdade de xéneros nos discursos, nas institucións, nos departamentos e na labor profesional, debemos realizar propostas. Preguntas chave: Que cremos que se debe facer? Como podemos logralo? Ante a pregunta Que cremos que se debe facer? 1. Tomar conciencia de xénero. 2. Implementar a aprendizaxe e a formación na igualdade dxs profesionais e con elxs, a sensibilización dos equipos técnicos e políticos. Son as persoas os verdadeiros motores de cambio. 3. Mudar a perspectiva dos estudos, dos discursos e dos roles na xerarquía piramidal institucionalizada: proxectando e desenvolvendo estudos multidisciplinares, xerando discursos que fagan visíbel a igualdade de xénero de xeito transversal -en prol da responsabilidade social e a honestidade
  • 68. Museo Pazo de Tor 67 científica- e establecendo proxectos nos que se propicie a transversalidade e a interacción de cada un dos departamentos existentes na estrutura. Serán estes proxectos os que deben dar corpo aos Plans Estratéxicos e nos que se deberán especificar as diferentes pautas de coresponsabilidade, por exemplo; a coordinación itinerante ou a axenda das reunións de traballo interdepartamentais. 4. Buscar a autonomía executiva dos museos sobre os seus proxectos e, asemade, atopar canles de participación e partillamento coa Administración e cxs representantes públicos. Ante a pregunta Como podemos logralo? 1. Creando Plans Estratéxicos, liñas de actuación consensuadas e compromisos reais, non eventuais, que atinxan non só á institución tamén á Administración; debendo incluír o xénero dun xeito contundente desde a normativa -nas propias leis- e/ou nos temarios específicos dos diferentes procedementos laborais. 2. Creando ferramentas e recursos humanos, materiais e económicos, de cara ao desenvolvemento dos Plans Estratéxicos que deberán estar integrados por proxectos con obxectivos e accións calidade; sendo consubstanciais a estes unha maior implicación da Administración, vital tanto no cronograma de obxectivos coma na dotación orzamentaria. 3. Pasando da reflexión á acción; facéndonos permeábeis ás persoas, ás comunidades, creando novas resignificacións e construíndo novas pontes. Ámbalas dúas preguntas resúmense na Parábola da semente enunciada coma resume dunha dos grupos:
  • 69. Museo Pazo de Tor 68 RELATORIO SOBRE CRUCEIROS, CRUCES E PETOS DE ÁNIMAS DE MONFORTE DE LEMOS, A CARGO DE FERNANDO ARRIBAS. Continuamos no Museo Pazo de Tor coas celebracións arredor do Día Internacional do Patrimonio Mundial. Nesta ocasión será Fernando Arribas Arias, responsable do departamento de Difusión da Rede Museística e presidente da Asociación de Amigos dos Cruceiros de Galicia quen impartirá o relatorio “Un exemplo de patrimonio esquecido e pouco valorado. Cruceiros, cruces e petos de Monforte de Lemos”. Celebrouse o mércores, 27 de novembro ás 18:00h. na Aula de Didáctica. Entrada foi de carácter libre ata completar aforo. Un cruceiro e un peto singulares Relatorio organizado pola Rede Museística da Deputación de Lugo con motivo do Día Internacional do Patrimonio Mundial. Nesta conferencia, Fernando Arribas Arias vai falar sobre un dos aspectos máis esquecidos e menos valorados do Patrimonio Cultural da Ribeira Sacra: os cruceiros, cruces e petos de ánimas; centrándose, neste caso, nestes monumentos de Monforte, concello no que se atopa un dos cruceiros máis singulares de Galicia: o do Campo de San Antón; así como tamén un peto único en Galicia, o de Tor. Neste relatorio vaise desvelar a historia destes monumentos, así como tamén os rituais que se realizan en torno a eles.
  • 70. Museo Pazo de Tor 69 CONFERENCIA NO MUSEO PAZOA DE TOR SOBRE O VIÑO NA IDADE MEDIA A CARGO DE VICTOR RODRÍGUEZ. Para coñecer as orixes medievais do viño na Ribeira Sacra, dentro do ciclo ‘Do viño de Galicia 2019’. Celebrouse o venres, 22 de novembro, ás 20:00h. no Museo Pazo de Tor o medievalista Víctor Rodríguez Muñoz impartiu a conferencia ‘O viño na Idade Media na actual D.O. Ribeira Sacra’. Este ciclo, organizado polo Museo do Viño de Galicia en colaboración coa D.O. Riberia Sacra, conta coa colaboración da Rede Museística. Entrada foi libre ata completar aforo. Case ninguén lembra o rei visigodo Chintila (549-639), pero unha medida impulsada por el infíltrase a través dos camiños da historia, ata chegar ata nós. Tras ser nomeado rei grazas ao impulso dos bispos hispanos, agradeceulles o xesto convocado o VI concilio de Toledo, que lle recoñeceu ás igrexas “o dominio absoluto e perpetuo” dos bens que obtiveran por doazón dos fieis. Nos séculos posteriores, animados desde os púlpitos, os cristiáns comezaron en gran número a deixar herdanzas e legados a cambio de salvación eterna. Na Ribeira Sacra do s. XXI, ás portas de ser declarada Patrimonio da Humanidade, aínda se poden observar as consecuencias da febre de doazóns que comezou
  • 71. Museo Pazo de Tor 70 entón. A igrexa converteuse na maior propietaria de terreos agrícolas e non dubidou en dedicalos a viñedos, aglutinados en torno a unha ampla rede de mosteiros. As pegadas documentais destas prácticas e as súas consecuencias serán analizadas este venres na conferencia que o medievalista Víctor Rodríguez Muñiz impartirá no Museo Pazo de Tor sobre o viño da Ribeira Sacra neste período cronolóxico.
  • 72. Museo Pazo de Tor 71 10. PROGRAMA DE COLECCIÓNS. 10.1 INVENTARIO TOPOGRÁFICO, NOVA BASE DE DATOS DE INVENTARIO TOPOGRÁFICO. Co motivo da futura inclusión do Museo Pazo de Tor Ao longo do ano 2017 procedeuse a unha revisión do inventario topográfico para adecualo aos novos inventarios museolóxicos actuais, coa adaptación de novos campos da base de datos e unha revisión ao completo dos tesauros. Tamén se está a aproveitar este proceso para a incorporación de novas pezas inventariadas pero que non figuraban na localización topográfica. O procedemento parte da escolama dunha ferramenta ofimática de Microsoft, Acces 2013. A base anterior tamén estaba en Acces (2003) esta constaba dunha única táboa onde figuraban todos os campos, un total de 43 campos de consulta. Captura da Vista Deseño da anterior base de datos: A base de datos contaba cun modelo de formulario na que figuraraban 33 campos de consulta
  • 73. Museo Pazo de Tor 72 A actual base de datos consta de 63 campos de consulta con 10 táboas anexas onde 9 son bases de datos de tesauros que corresponden aos seguintes campos: - Clasificación xenérica - Decoración - Estado de conservación - Materia - Museo - Nome do obxecto - Técnica - Temas Achégase abaixo unha captura de Vista deseño da táboa principal
  • 74. Museo Pazo de Tor 73 Achegamos a Vista Deseños dunha tábaoa anexa. Este novo formato permite consultas e aplicar filtros máis precisos, permitindo cotexar diferentes tipoloxías de pezas para o seu estudo comparativo. Permite tamén crear un inventario de consulta e un catálogo topográfico. Actualmente estase a ultimar a documentación do Plan Museolóxico (o total) laboura non sen dificultades debido a complexidade das coleccións, do entorno e mesmamente dos propios contenedores das coleccións; proceso que por certo está a facer emerxer moita máis información sexa polo proceso reflexivo ou mesmamente pola propia revisión das coleccións e o arquivo (Juan Marquez)
  • 75. Museo Pazo de Tor 74
  • 76. Museo Pazo de Tor 75 Recentemente fíxose a publicación do inventario topográfico do Museo Pazo de Tor, 1162 pezas. Laboura que non remata
  • 77. Museo Pazo de Tor 76 10.2 NOVAS SALAS DE EXPOSICIÓNS PERMANENTES. Con motivo da Semana dos Museos e o DIM, Día Internacional dos Museos. Polo período de 1 semana abrironse ao público tres novas Salas; dúas Salas nos Anexos do Pazo: Sala de Fornos e a Lareira de Xornaleiros. Na ala Sureste do Pazo abriuse o Comedor de Caza, antigo Tinelo. Dase así un paso máis en canto á recuperación de expacio expositivo e polo tanto da memoria do Pazo nos usos dos diferentes espazos e tamén se consegue visibilizar coleccións propias no se espazo natural que no conxunto repercuten nunha maior comprensión do funcionamento, usos e costumes dun pazo galego, comcretamente no Pazo de Tor. Sala de Fornos. Expazo imprescindible nun Pazo, o servizo de forno forma parte da infraesturctura servizo a señores e caseiros nun Pazo. Os fornos teñen labrado a data de reforma no ano 1954, o forno principal de cantería no exteriro, está composto de ladrillo refractario oco sendo visibles nalgúnhs visibles a oquedade ciruclar por estar dispostos de traveso. O forno menor tamén de cantería no exterior e na boca está composto de ladrillo refractario macizo. As cheminesa que son individuais a cada forno están composto de argamasa de terracompacta (o mesmo que o chan) As coleccións alí expostas, constan de pas para a introducción de viandas, varais para mover as brasas, un banquiño para sentarse e a artesa.
  • 78. Museo Pazo de Tor 77 Sala de Cociña de Xornaleiros. Trata dun espazo que comunica coa Sala de Fornos (o que ten certa lóxica) consérvase na mesma parte do empedrado amarre de lareira esquineira en 90º da gramalleira e dúas parte principais do guindastre conservando a columna principal vertical e o pau horizontal de suxeición da gramalleira, faltando o pau de reforzo de unión entre os dous. Tamén se conserva parte dunha grande alacena da cal non se conservan as portas. A modo temporal expositivo exíbense as coleccións de 2 trillos un deles con serra, caixa lascas de silex de reposto para os trillos, un ferrado, peza de cestaría (bandexa para limpar e secar leguminosas) peneiras, barutos, cribo e criba por útimo tamén a rastra, trátase dun modelo non moi corrente de rastras enteiramente en ferro articulada, modelo probablemente de finais do S.XIX ou principios do XX. Sala do Comedor de Caza, Sala de Estado. O antigo comedor de caseiros ou Sala de Estado compartíu usos comúns nos Pazos a outra antigo comedor de casiros ou Sala de Estado de entrada, hoxe zona de recepción no que ambos comunican coa antiga cociña ou Tinelo, ambas a traves de torno dos cales só se conserva o da Sala do Comedor de Caza estando o outro tapiado detrás do elevador. Na historia recenteo a antigua Sala de
  • 79. Museo Pazo de Tor 78 Estado da zona Sureste do Pazo, acolleu na historia do S XX do Pazo un comedor de Caza, reservados aos cazadores convidados en tempos de Fernando Taboada de Andrés y Zúñiga. A Sala está situado na pranta inferior da parte Sureste do Pazo, a súa vez baixo desta Sala existe outra inferior con tres tragaluces sin un fin claro. A exposición compose de mesa refectorio con 8 sillas en castaño, fonte-centro de mesa en peltre, armero para escopetas, e trofeo (taxidermia), dous cinturóns de cartuchera, funda de pistola de tipo sobaquera, unha pel e un fusil de instrucción.
  • 80. Museo Pazo de Tor 79 11. PUBLICACIÓNS, INTERACIÓNS CO PÚBLICO E NAS REDES SOCIAIS. 11.1 FACEBOOK O Museo Pazo de Tor está presente en diferentes plataformas de redes sociais, facebook e a rede máis activa (info gráfica indice 1.1 – anexo O Museo Pazo de Tor e as redes sociais. A mesma ten unha actualización diaria, informando aos usuarios e aos seguidores. Establécese tamén un típo de interacción non só de ralato senón de reflexión e de difusión. En canto a interacción destacamos a actividade “A parte polo todo” no cal os usuarios tiñan que averiguar qué peza é do fondo do museo a partir da visualización dun fragmento. https://es-es.facebook.com/museopazodetor/
  • 81. Museo Pazo de Tor 80
  • 82. Museo Pazo de Tor 81 11.2 BLOGUER O Museo Pazo de Tor tamén está presente en Twitter canlen que principalmente ten un uso de difusión de novas publicadas no facebook. Oblog do Museo Pazo de Tor tamén é unha canle de grande interes onde, o publicado, alí está máis polo miudo, recentemente fíxose unha laboura descriptiva e de catalogación de certas pezas de interés do museo, onde tamén a modo participativo dende facebook se invita a achegar información por parte dos seguidores sobre as pezas presentadas no muro
  • 83. Museo Pazo de Tor 82 11.3 INSTAGRAM No instagram, períodicamente publícanse fotos da pezas da colección do Museo Pazo de Tor ou de espazos visitables ben interiores ou exteriores. 12. PROGRAMA DE PERSOAL Equipo do Museo Pazo de Tor – Rede Museísitca Provincial de Lugo. Xerencia: Encarna Lago González Arquivo e Biblioteca: Juan Márquez Barro Auxiliar de Sala: Verónica Fernández Fulgencio Auxiliar de Sala: Simón Vicente López Vixilancia-Guía: Tar López López. Este ano aparte de participar den Conferencia e Cursos formativos de prenvención de riscos laborais, participouse nun de extinción de incendios que resultou moi útil non só pola parte teórica senón tamén pola parte práctica grazas a colaboración do corpo de bombeiros da Deputación Provincial de Lugo.